Semana do entroido 2013
Click here to load reader
-
Upload
carmela-rodriguez -
Category
Education
-
view
74 -
download
4
description
Transcript of Semana do entroido 2013
SEMANA DO ENTROIDO: DO 4 AO 8 DE FEBREIRO DE 2013
Actividades para a semana do entroido (de luns a xoves: 4, 5, 6, 7 de febrero):
• O alumnado deberá seguir as pautas de “vestiario” que vaia indicando a diario o Meco, sendo estas acumulativas, Isto é: o martes traerán dúas cousas (a do martes e a do luns), o mércores traerán 3 cousas ( a dos dous días anteriores e a do propio día)…
• As persoas que non respecten as normas do Meco deberán “pagar prenda” e depositala na cesta situada a carón do mesmo
Actividades para o venres 7 de febreiro: • O venres día 7, a partir das 12:30 horas
faremos o tradicional desfile de disfraces que este ano versará sobre O MUNDO DOS
ANIMAIS (cada un virá disfrazado como prefira, respectando esta temática). Aconsellamos utilizar a imaxinación para facer o disfraz na casa e non compralo na tenda… Será divertido facelo
cos vosos fillos/as! • A continuación queimaremos o Meco e
remataremos con unha pequena festa na que degustaremos os manxares típicos do entroido que as
familias poidades aportar. Agradecemos a vosa colaboración e contamos coa vosa presenza para ese día.
ACTIVIDADE DE PORTAS ABERTAS A
TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA