ENTROIDO 2020 · 2021. 4. 3. · Xa o venres 21 foi o día do festival do Entroido no que houbo...

6
ENTROIDO 2020 E coa chegada do Entroido, chegou a festa máis celebrada no Enrique Muruais. Comezamos a semana coas regueifas que preparou Enrique, profesor de Galego con alumnado e profesorado do centro e que despois interpretaron no andar da entrada, para dar a benvida a esta festa . Este ano o MECO seguiu en plan mandón e cada día cumprimos ordes.

Transcript of ENTROIDO 2020 · 2021. 4. 3. · Xa o venres 21 foi o día do festival do Entroido no que houbo...

Page 1: ENTROIDO 2020 · 2021. 4. 3. · Xa o venres 21 foi o día do festival do Entroido no que houbo concurso de comparsas que cada curso preparou poñendo moito humor e facéndonos rir

ENTROIDO 2020

E coa chegada do Entroido, chegou a festa máis celebrada no Enrique

Muruais. Comezamos a semana coas regueifas que preparou Enrique,

profesor de Galego con alumnado e profesorado do centro e que despois

interpretaron no andar da entrada, para dar a benvida a esta festa . Este

ano o MECO seguiu en plan mandón e cada día cumprimos ordes.

Page 2: ENTROIDO 2020 · 2021. 4. 3. · Xa o venres 21 foi o día do festival do Entroido no que houbo concurso de comparsas que cada curso preparou poñendo moito humor e facéndonos rir

Xa o venres 21 foi o día do festival do Entroido no que houbo concurso de

comparsas que cada curso preparou poñendo moito humor e facéndonos rir

a tod@s @s alí presentes…chistes, parodias, imitacións e moitas risas.

Entre todas elas quedou gañadora a comparsa de 4º da ESO cunha

representación dun día normal na aula.

En 2º lugar quedou a comparsa de 1º de Bac, A Resistencia.

Page 3: ENTROIDO 2020 · 2021. 4. 3. · Xa o venres 21 foi o día do festival do Entroido no que houbo concurso de comparsas que cada curso preparou poñendo moito humor e facéndonos rir

En 3ª posición quedou a comparsa de 3º da ESO.

No concurso de larpeiradas, tamén houbo premios para os tres mellores

postres, que nesta ocasión quedaron deste xeito:

1º premio para o postre presentado por Marina, Noa e Nerea de 2º da ESO

coa torta de chocolate con fresas.

Page 4: ENTROIDO 2020 · 2021. 4. 3. · Xa o venres 21 foi o día do festival do Entroido no que houbo concurso de comparsas que cada curso preparou poñendo moito humor e facéndonos rir

O 2º premio foi para o postre de freixós que elaboraron Mariña, Uxía e

Ainara de 4º da ESO

e o 3º premio para o postre presentado por Patricia de 1º da ESO coa súa

torta da avoa.

Page 5: ENTROIDO 2020 · 2021. 4. 3. · Xa o venres 21 foi o día do festival do Entroido no que houbo concurso de comparsas que cada curso preparou poñendo moito humor e facéndonos rir

Parabéns a tod@s!!

Aquí vos deixamos unha mostra dalgunhas das regueifas que se escoitaron.

Aquí temos xa o Entroido

unha festa que é anual

e a celebra o alumnado

do IES Enrique Muruais.

Xa por toda A Pontenova

e aldeas do arrabal

tá o MECO presidindo

editando o que se fai.

Benvido o noso Entroidiño!!!

o meco mandón nos di:

comeza xa a nosa troula,

luns con perruca has de vir.

Pra mañá que é día martes

o que tedes que cumprir

é poñervos gorro ou pucha

ou chapeu que faga rir.

Mércores vide con lentes

Page 6: ENTROIDO 2020 · 2021. 4. 3. · Xa o venres 21 foi o día do festival do Entroido no que houbo concurso de comparsas que cada curso preparou poñendo moito humor e facéndonos rir

neve, choiva ou faga sol.

non importa o voso estilo

importa a vosa ilusión.

Xoves vide ao instituto

coa chaqueta do revés.

éche cousa do Entroido

e do meco que aquí ves.

Venres viredes ao insti

vestidos cun bo disfraz

porque para este día

imos todos desfilar.

Para que poidades lembrar todo o que ese día aconteceu premedes aquí.