SELECCIÓN DE TEXTOS. SSEE E ILUSTRACIÓN

9
SÉCU I SELEC LITERATUR SÉCULOS ESCURO SELEC Sofia Rama ULOS ESCUROS E ILUSTRACIÓN CCIÓN DE TEXTO RA MODERNA OS E ILUSTRACIÓN CCIÓN DE TEXTOS E OS

description

Selección de textos

Transcript of SELECCIÓN DE TEXTOS. SSEE E ILUSTRACIÓN

Page 1: SELECCIÓN DE TEXTOS. SSEE E ILUSTRACIÓN

SÉCULOS ESCUROS E ILUSTRACIÓN

SELECCIÓN DE TEXTOS

LITERATURA

SÉCULOS ESCUROS E ILUSTRACIÓN

SELECCIÓN DE TEXTOS

Sofia Rama

SÉCULOS ESCUROS E ILUSTRACIÓN

SELECCIÓN DE TEXTOS

LITERATURA MODERNA

SÉCULOS ESCUROS E ILUSTRACIÓN

SELECCIÓN DE TEXTOS

SÉCULOS ESCUROS E

SELECCIÓN DE TEXTOS

Page 2: SELECCIÓN DE TEXTOS. SSEE E ILUSTRACIÓN

LITERATURA MODERNA

SÉCULOS ESCUROS E ILUSTRACIÓN

SELECCIÓN DE TEXTOS

Sofia Rama

ANÓNIMO POPULAR (texto 1) ALALÁ DAS MARIÑAS Teño unha casiña branca na Mariña entre os loureiros teño amores, teño barcas i estou vivindo no ceo ! Ailalelo, ailalalo Adiós á miña casiña Portelo do meu quinteiro Auga da miña fontiña Sombra do meu laranxeiro Ailalelo, ailalalo

ROMANCE ANÓNIMO (texto 2)

PRANTO DA FROUSEIRA A min chaman Todomira, señora do gran tesouro; por estrela clarecida xago neste Valedouro. Mais traidor foi que un mour o vilán que me vendeu que de Lugo a Ribadeu todos me tiñan tremour. De min, a triste Frouxeira que por traición foi vendida derrubada na ribeira, que xamais se veu vencida. Por traición tamén vendido Xesús noso Redentor,

Page 3: SELECCIÓN DE TEXTOS. SSEE E ILUSTRACIÓN

LITERATURA MODERNA

SÉCULOS ESCUROS E ILUSTRACIÓN

SELECCIÓN DE TEXTOS

Sofia Rama

e por aquestes traidores Pero Pardo, meu señor. Vintedous foron chamados os que vendido lo han, non por fame de sustento, de carne, viño nin pan. Nin por outro menester que falsean de bondade senón por súa vilancia e mais por mala intención. Eles quedan por traidores e o seu amo por leal, pois os reis á súa filla as súas terras mandan dar. A Deus darán contadelo, que lles queira perdoar, co que acabou a Frouxeira e a vida do Mariscal...

SARMIENTO (texto 3)

...Es una desalmada necedad poner los niños gallego s a la jerga de la Gramática Latina antes de saber, con mucha estensión la lengua gallega, y todas las voces de l a Historia Natural, a lo menos de las visibles de su país. Ház te cargo que al portugués se le enseña el latín en portugués, al francés en francés, al italiano en italiano (...) al castellan o en castellano. Pues qué tiranía es que al gallego no se le enseñe en gallego el latín? Qué fatuidad es que al gallego se le enseñe una lengua ignota en la lengua castellana, que no entiende? Ha bía que quemar todo libro de Gramática, que pasase a Galici a, y que no estuviese explicado en lengua gallega.

Page 4: SELECCIÓN DE TEXTOS. SSEE E ILUSTRACIÓN

LITERATURA MODERNA

SÉCULOS ESCUROS E ILUSTRACIÓN

SELECCIÓN DE TEXTOS

Sofia Rama

CORNIDE SAAVEDRA (texto 4) ¿Viche, Filida amada, o pajariño que arando desos aires nas campiñas, descoidado se achanta polas liñas que cauto cazador pon no camiño? ¿Viche que forza fai para soltarse e levar a bicada ós seus pajaros (parte do corazón e fillos caros), que deixara no niño ó remontarse? Pois viche a quen che adora pola vida, que, chantado no ichó de un imposibre, cata aquí, cata alí se acha saída para fugir, podendo verse libre e acurrujarse firme no teu seo, en que chorara atento o seu deseo.

PLÁCIDO FEIXOO (texto 5) Escoiten, que falo eu na miña lingua galega, que anque teño a musa lega e pra copras non naceu, unha nai que me pareu i autra vella, miña tía, deron conmigo a porfía sobre o galego falar, e nil me mandan glossar el acaso de este día. Pero eu ben podo dezir que, anque en ela me criei, eínda falar nona sei nin eínda a sei escrivir, mas por non dar que sentir á nai que en min se revé,

Page 5: SELECCIÓN DE TEXTOS. SSEE E ILUSTRACIÓN

LITERATURA MODERNA

SÉCULOS ESCUROS E ILUSTRACIÓN

SELECCIÓN DE TEXTOS

Sofia Rama

gardando de fillo a fee, dijen: "Eu porei na glossa unha acción tan religiosa y el ver los reyes a pie".

FRANCISCA ISLA LOSADA (texto 6) Romance ao Cura de Fruime “…Deixame estar á meu cabo layandome do meu mal, que abofè llas fartas teño, gracias a Deus, que mo dà” (…) “Soi mentes en Deus do Céo, agarimo podo achàr, pois cuitadiña de min, já non teño Pay, nin Nay” (…) “Eu só unha probe viuda mal pocado de min ¡aÿ! que esta remembranza sò me fay decote choràr”

VÁZQUEZ DE NEIRA (texto 7) RESPICE FINEM Morte cruel, esa tredora maña de roubar de non cato á humana vida con que ollos á podeche ver comprida na santa REINA que oge perde España? Se aquel rancor que te carcome e laña che tiña á mao para matar ergida, non deras noutra parte esa ferida

Page 6: SELECCIÓN DE TEXTOS. SSEE E ILUSTRACIÓN

LITERATURA MODERNA

SÉCULOS ESCUROS E ILUSTRACIÓN

SELECCIÓN DE TEXTOS

Sofia Rama

donde nô fora á lástima tamaña? Non se torçera aquel fatal costume y á ley que yguala do morrer na sorte, os altos Reis, co os baijos labradores? Terrible en fin é teu poder, ó Morte, pois diante de ti Reis, e señores son néboa, sombra, poo, son bento e fume.

DÉCIMAS AO APÓSTOLO, MARTÍN TORRADO (texto 8) Santo da barba dourada, vello honrado, meu patrón, raio, fillo do trebón, capitán de roxa espada, señor da cruz colorada, valente e forte guerreiro quen todo o mundo enteiro polo mar e pola terra, chama, na paz e na guerra, Sant-Iago o cabaleiro. Eu, meu santo, oín agora ao crego desta maneira: que vos dan por compañeira unha santa, gran doutora. ¡Vállame Nosa Señora! Ende, ¿vós non bastás sóo para desfacer en póo cantos mouros e xudeus houber contra a fe de Deus? Decíao el meu abóo. ¿Elo é que non podés? Eu non sei como isto sexa, ou debe ser de envexa do ben que a España facés.

Page 7: SELECCIÓN DE TEXTOS. SSEE E ILUSTRACIÓN

LITERATURA MODERNA

SÉCULOS ESCUROS E ILUSTRACIÓN

SELECCIÓN DE TEXTOS

Sofia Rama

Eu non vin tal entremés: que a un crego lle fagan ter unha freira por muller. ¡Arreda, vai Satanás! Santo, vós, se casás, dais ao mundo en que entender. Ora, pese a tal, comigo, non vos deran por compadre a San Lourenzo, ou ao padre San Vincenzo, ou San Domingo; en tal preito non delingo. E a nosa Santa Tereixa, ¿Non ha te-la mesma queixa, pois vola dan por muller sen preguntar se ela quer, se ela toma ou se ela deixa? Meu santo, agora digo eu, con perdón, se a min mo dá: a xente da miña la, ¿onde ha de ir ao xubileo? non ha de faltar un xudeu que nos diga que ninguén, sen ir a Xerusalén, nestas vosas estacións non pode gañar perdóns por Xesús de Nazarén. En fin, eu xa teño dito que acho de vende-los bois e ir a Roma despois ao Padre Santo bendito e ao noso señor o Rei, que manden pór unha lei que sexas, pois é inxusticia, patrón só da milicia de España contra Mafoma, mentres for San Pedro en Roma, vós, Sant-Iago, en Galicia.

Page 8: SELECCIÓN DE TEXTOS. SSEE E ILUSTRACIÓN

LITERATURA MODERNA

SÉCULOS ESCUROS E ILUSTRACIÓN

SELECCIÓN DE TEXTOS

Sofia Rama

ENTREÉS FAMOSO SOBRE A PESCA NO RÍO MIÑO, GABRIEL FEIXOO DE ARAÚXO (texto 9) PORTOGUESA Meu quirido, meu mimo, meu morgado, meu ouro fino, meu mui doce amado, meu espello, meu gosto, meu contento, meu bein, en quein eu tinha o pensamento. Que anamigo raivoso te matou e de joia tan bela me privou? Quein foi o desalmado i atrevido que te quebrou, espello tan lucido? Quein meu minino morgado marchitou à frol da idade? Quein vos dirribou do trono, en que posto estaváis, do cariño e mimo de teis pais? A vosa cabeleira priciosa, como está tan suja? Quein a pus ludosa? A cara que à prata aventajava, a gala que do corpo vos sobrava, os ollos, con que às mininas dávais pena co ollar grave e vista taon serena..., quein vos roubou tudo isto? Donde fica? Quein foi o que cortou rosa tão rica? Atacar as sirolas não sabia i espada de três braços ja cinjia, que, pujando por ela, fes que ciscacen mutos muta e dela. No Alantejo ganou mutas vitorias, como bein contarão largas historias; ò Doiro as espumas lle tenjeu con sangue ruiva que o castelão verteu. Era, con ser mínino, tão valente que pudia por campo a muta jente. I agora, mal-pecado, veo a morrer nun charco aufegado, i a sua moleiriña dilicada, aberta coa pura cacheirada.

Page 9: SELECCIÓN DE TEXTOS. SSEE E ILUSTRACIÓN

LITERATURA MODERNA

SÉCULOS ESCUROS E ILUSTRACIÓN

SELECCIÓN DE TEXTOS

Sofia Rama

Esperava-vos eu vitorioso e tinha três testoins de pão fromoso, meo savle cocido e meo asado, meu casco de cebola e allo petado, neto e meo de vinho na borracha pera os que convosco ivão facer cacha. Mais a raiva galega tão travesa escachou-vos a todos a cabeça. Mufina de min, mufina, que farei? Sein alma, gosto e vida, donde irei? Volve teus ollos a estes tristes braços, dar-vos-ei despois de morto mil abraços. Para ambos farei a sepoltura, e co'iço darei fin a tal tristura.