Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

100
UNIDADE 5. A INDUSTRIA ZONA FRANCA DE BARCELONA

Transcript of Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Page 1: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

UNIDADE 5. A INDUSTRIA

ZONA FRANCA DE BARCELONA

Page 2: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

0. O SECTOR SECUNDARIO: DEFINICIÓN TIPO DE ACTIVIDADES QUE O COMPOÑEN

► As actividades económicas que transforman as materias primas en produtos elaborados ou en semielaborados forman parte do sector secundario. A actividade máis importante deste sector é a industria e é o tipo de actividade que máis encaixa coa definición anterior.

► A minería, aínda que é unha actividade extractiva e non transformadora, forma tamén parte deste sector aos que se suman a produción enerxética e a construción.

► En resume as actividades económicas que comprende o sector secundario son a industria, minería, fontes de enerxía e construción.

Page 3: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

SECTORES EN ESPAÑA S.1º S. 2º S. 3º

1900 68,0% 15,0% 17,0%

1910 64,0% 16,0% 20,0%

1920 59,0% 22,0% 19,0%

1930 48,0% 31,0% 21,0%

1940 51,0% 24,0% 25,0%

1950 50,0% 25,0% 25,0%

1960 41,7% 31,8% 26,5%

1965 33,2% 35,5% 31,3%

1970 29,0% 37,3% 33,6%

1975 21,0% 38,1% 40,9%

1980 19,5% 37,1% 43,4%

1989 12,3% 30,4% 57,3%

1996 8,1% 30,0% 61,9%

2000 6,6% 31,3% 62,2%

2005 5,2% 29,6% 65,2%

2011 4,54% 21,36% 74,1%

Fte. Instituto Nacional de Estadística

Page 4: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

1. As materias primas. As materias primas de orixe mineral

► Chamamos materias primas a aqueles recursos extraídos da natureza que nos serven para transformar en produtos elaborados ou semielaborados. Éstas clasifícanse segundo a súa orixe como orgánicas (de orixe vexetal ou animal) ou mineral.

► Xa se falou na unidade dedicada ao sector primario sobre as materias de orixe orgánica. Neste apartado falarase daquelas materias primas de orixe mineral (ver cadro).

Page 5: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

CLASIFICACIÓN DAS MATERIAS PRIMAS

MATERIAS PRIMAS MINERAIS

METÁLICOS

FÉRRICOS

- Ferro.- Cromo.- Manganeso.- Niquel.- Pirita.- Volframio...

NON FERRICOS - Cobre.- Chumbo.- Aluminio (Bauxita).- Mercurio...

NON METÁLICOSROCHAS INDUSTRIAIS

- Fosfatos.- Potasas.- Cuarzo.- Lousas.- Granito.- Mármore.- Arxilas.- Caolín...

PRECIOSOS - Ouro.- Prata.- Platino.

ORGÁNICASORIXE VEXETAL - Algodón.

- Liño...

ORIXE ANIMAL - Pel.- Lá...

Page 7: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

MINA ESCAVADA

Page 8: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

1.1. Minerais: metálicos e non metálicos

► A primeira división que se fai sobre os minerais é se estes son metálicos ou non.

► Os primeiros son necesarios para elaborar metais, atópanse en pequenas cantidades na natureza polo que é necesario facer minas subterráneas ou a ceo aberto para chegar a eles. Dentro destes os dividiremos en férricos (se existe unha porcentaxe importante deste metal) e non férricos (se non hai presenza deste).

► O segundos teñen unha finalidade distinta á obtención de metais. Denomínanse tamén como minerais industriais posto que se utilizan na química, construción... Dentro destes destacan as rochas industriais (áridos, aglomerados, rochas de construción, vidro e produtos cerámicos) que se extraen, xeralmente, en canteiras ou minas a ceo aberto.

Page 9: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Os minerais metálicos Son os máis utilizados na transformación industrial

sobre todo na industria de base como a siderurxia[1] ou metalurxia. Ata hai moi poucos anos existían bastantes minas de ferro, pirita, chumbo, cinc, cobre, mercurio, volframio e estaño que foron rematando a súa actividade recentemente.

O ferro é un mineral básico na industria siderúrxica. Foi a materia prima clave da primeira revolución industrial. Na actualidade sigue sendo o mineral estrela na industria. España pasou do autoabastecemento e exportación a importación do 100% deste mineral (peche das minas das Encartaciones en Vizcaya ou de pirita en Riotinto).

[1] Chámase siderurxia a metalurxia relacionada coa fundición do ferro.

Page 10: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Os minerais metálicos► O chumbo emprégase fundamentalmente nos acumuladores de

enerxía. Os xacementos máis importantes estaban situados en Linares-La Carolina (Jaén). O cinc utilízase nas aliaxes, anticorrosivo e na industria eléctrica. O xacemento máis importante pechou no 2003 (Reocín, Cantabria). O cobre úsase para material eléctrico. As reservas máis importantes atópase en Riotinto (Huelva). O mercurio utilizouse para instrumentos de precisión, pilas ou pinturas. As minas de Almadén (Ciudad Real) (pechadas no 2001) eran as máis importantes do Mundo. O volframio utilizouse para os carburos, química, mecánica ferroaliaxes e compoñentes eléctricos. Actualmente todas as minas están pechadas. Na provincia da Coruña era onde se situaban as minas máis importantes.

► Se observas a táboa anterior observarás que actividade mineira de produtos metálicos practicamente está paralizada na actualidade importándose o 100% destas materias primas.

► Outros minerais dos que España non ten reservas pero que son moi importantes para a produción de bens industriais e ten que importar na súa totalidade son a bauxita, para elaborar aluminio; titanio, na industria química; manganeso, como ferroaliaxe e na industria química; o níquel, para producir aceiros inoxidables e o cromo, na industria metalúrxica.

Page 11: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

ANTIGA MINA DE VOLFRAMIOMONTE NEME (CARBALLO)

Page 12: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía
Page 13: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

PRODUCIÓN MINERAIS METÁLICOS 2011

1º   2º 3º   4º 5º   6º

RESTO 

MUNDO

TOTAL    (millóns 

tm) (ouro 

millóns kg)

MINERAL   % %   % %   % % %

BAUXITA AUSTRALIA 28% INDONESIA 17% CHINA 15% BRASIL 14% GUINEA 7% XAMAICA 4% 16% 248

CHUMBO INDIA 34% AUSTRALIA 12% USA 10% PERÚ 6% MÉXICO 5% RUSIA 5% 29% 12,8

CINC CHINA 32% AUSTRALIA 8% PERÚ 8% USA 7% MÉXICO 6% CANADÁ 5% 35% 16,2

COBRE CHILE 41% CHINA 19% PERÚ 14% USA 9% AUSTRALIA 3% ZIMBABWE 2% 12% 26,3

CROMO SUDÁFRICA 50% KAZAKASTÁN 13% INDIA 7% TURQUÍA 5% FINLANDIA 5% ZIMBABWE 2% 17% 4,7

ESTAÑO MYANMAR 42% INDONESIA 26% PERÚ 9% BOLIVIA 7% BRASIL 3% VIETNAM 2% 11% 0,3

FERRO CHINA 44% AUSTRALIA 16% BRASIL 15% INDIA 6% RUSIA 3% UCRAÍNA 3% 13% 3012

NÍQUEL FILIPINAS 18% RUSIA 15% INDONESIA 12% CANADÁ 12% AUSTRALIA 12% N. CALEDONIA 7% 24% 1,826

OURO CHINA 14% AUSTRALIA 11% USA 9% RUSIA 7% SUDÁFRICA 7% PERÚ 6% 46% 2,6

Informe WMP 2011

Page 14: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

1.2. Os minerais non metálicos ► Estes minerais utilízanse basicamente na construción e na industria

química. Os xacementos están moi dispersos por todo o territorio. ► Como exemplo, as potasas (os seus xacementos atópanse en concas

terciarias de orixe lacustre e estes van dende Navarra á provincia de Barcelona) empréganse na agricultura como abono e na industria química como colorante para xabóns, medicamentos ou vidros. A súa produción diminuíu por ser pouco rendibles. A produción de sal (tanto sal xema como mariño) é moi alta. Cantabria sitúase á cabeza da extracción de sal xema utilizada para a fabricación de sosa e noutras industrias químicas. O sal mariño extraese de salinas situadas na rexión suratlántica e mediterránea. O seu uso é fundamentalmente alimentario. As salinas máis antigas sitúanse en San Fernando (Cádiz) e Torrevieja (Alicante). O espato fluor, úsase na industria química e metalúrxica o xacemento máis importante está en Asturias. A magnesita utilízase para a produción de cementos, pasta de papel e pensos compostos. O caolín serve para a produción de cerámica e sanitarios, as arxilas especiais como a sepiolita ou a bentonita destínase fundamentalmente a construción. Co cuarzo elabóranse cristais para óptica e industria de precisión (reloxos...). O feldespato utilízase na industria química e como fertilizante agrícola.

Page 15: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

MINA DE CAOLÍNCASTRELO (VIMIANZO)

Page 16: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

MAGNESITARUBIÁN (BÓVEDA)

Page 17: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Canteira de granito. Porriño

Page 18: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Canteira de lousa. Valdeorras

Page 19: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Canteira de mármore. Macael (Almería)

Page 20: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

As fontes de enerxía son recursos naturais a partir dos cales é posible obter formas de enerxía necesarias para o funcionamento de industrias, transportes e para usos domésticos.

As fontes de enerxía pódense clasificar en catro grupos:

Primarias ou finais.

Segundo a posibilidade de que se esgoten, as fontes de enerxía poden ser renovables e non renovables.

En función da súa importancia económica, as fontes de enerxía clasifícanse en tradicionais e alternativas.

Desde un punto de vista ambiental: contaminantes e non contaminantes.

2. Fontes de enerxía: definición e clasificación

Page 21: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

2.1.Fontes de enerxía tradicional

O carbón. Na actualidade, emprégase principalmente como combustible para a produción de enerxía térmica.

O petróleo. É a fonte de enerxía máis utilizada, xa que posúe un gran poder calorífico, e é doado de extraer e de transportar.

Gas natural. Emprégase como combustible ou como materia prima na industria química. O seu consumo é cada vez maior.

Enerxía hidráulica. É a enerxía da auga acumulada nos encoros, que se utiliza para obter electricidade.

Enerxía nuclear. Os combustibles nucleares son unha fonte de enerxía. Nas centrais nucleares, un reactor xera a calor necesaria para obter electricidade.

Page 22: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

2.1.1. O carbón Rocha sedimentaria fósil e combustible. Existen tres tipos de carbón: antracita, hulla formado na era

primaria durante o período Carbonífero e lignito entre finais da era secundaria e principios da terciaria.

Estes carbóns diferéncianse, ademais do momento da súa formación, polo seu poder calorífico, contido en carbono e grao de pureza.

A hulla destilada denomínase coque e utilízase para fundición siderúrxica. Ademais do anterior, os principais usos do carbón é para a fundición en metalurxias e e a produción (térmica) de enerxía eléctrica. O lignito só se usa para a produción de enerxía eléctrica. O 80% do carbón utilízase para a produción termoeléctrica e o 20% restante para industria siderúrxica e cemento.

Salientan pola súa produción China, Estados Unidos, India e Australia (ver táboa)

Page 23: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

CARBÓN 2011 (Tm)PAÍS PRODUCIÓN %

CHINA 3.520.000.000 45%USA 992.750.000 13%INDIA 627.570.000 8%AUSTRALIA 425.751.000 5%INDONESIA 350.000.000 5%RUSIA 334.000.000 4%SUDÁFRICA 252.756.844 3%ALEMAÑA 189.462.000 2%POLONIA 139.295.700 2%KAZAKHASTÁN 101.044.958 1%RESTO DO MUNDO 818.503.429 11%

Page 24: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

EL BUSTIELLO

POBOADO MINEIROCONCA DO ALLER. ASTURIAS

Page 25: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

EL BUSTIELLO

POBOADO MINEIROCONCA DO ALLER. ASTURIAS

Page 26: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

MUMI

Page 27: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Concas mineiras es España► Rexión astur-leonesa: É a rexión máis importante. Explótanse as minas de

hulla e antracita. Os xacementos asturianos son os que máis sobresaen xa dende 1/3 do s. XIX ata os nosos días. A conca central comprende as minas hulleras do val do Nalón con centro en Langreo e do Caudal con centro en Mieres. No conxunto de León e Palencia ten unha producción predominante a antracita. En León os principais distritos produtores son os do val do Bierzo, Fabero, Villablino, e La Robla.

► Rexión de Serra Morena e proximidades: Comprende as provincias de Badajoz, Ciudad Real, Córdoba e Sevilla. Os xacementos de Puertollano (Ciudad Real) que abastecen a central térmica e complexo industrial desta localidade. En Córdoba existen núcleos carboníferos en Bélmez e Peñarroya-Pueblonuevo.

► Zona de Cataluña e Aragón: produción de lignito en Cataluña as concas de Figols e Alto Llobregat. Aragón: Utrillas e Teruel.

► Outras áreas: Galicia esgotouse a explotación de lignito nos xacementos de As Pontes e Meirama (A Coruña). Baleares: en Mallorca hai xacementos que se explotaban (Alaró, Benisalem e Alcudia) cunha central térmica nesta última localidade que sirve para subministrar combustible á illa.

► Lago das Pontes. Xaneiro 2011

Page 28: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Central térmica de As Pontes

Page 29: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Mina de lignito das PontesAntes e despois

Page 30: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

2.1.2. O petróleoO petróleo é un aceite mineral composto por unha mestura de

hidrocarburos formado pola descomposición de restos animais e plantas que quedaron almacenados en capas xeolóxicas.

O petróleo utilízase como fonte de enerxía. E doado de extraer e transportar. Tamén pode ser utilizado como materia prima (plásticos, pinturas, deterxentes...).

Ten un problema de reserva (ao ritmo de produción e consumo actual esgotarase entre 30 e 40 anos).

Os máximos produtores son: Arabia Saudí, Rusia, USA, Irán e China.

A produción española é escasa. As sondaxes que se levaron a cabo dende 1958, tanto en terra como en zonas mariñas, deron resultados mediocres, e actualmente tan só están en explotación as plataformas da costa de Tarragona Amposta e Ayoluengo (Burgos) (a punto de pechar ou semipechada), cunha producción de 0,13 millóns de toneladas ao ano.

Esta produción non cubre máis que o 0,19% do consumo interno español.

Page 31: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

PRODUCIÓN DE PETRÓLEO NO MUNDO 2011 (Tm)

PAÍS PRODUCIÓN %

ARABIA SAUDÍ 525.800.000 13%

RUSIA 509.000.000 13%

USA 360.155.048 9%

IRÁN 205.800.000 5%

CHINA 203.646.000 5%

MÉXICO 151.687.000 4%

EAU 150.100.000 4%

CANADÁ 145.000.000 4%

KUWAIT 140.000.000 4%

VENEZUELA 139.600.000 4%

IRAK 136.900.000 3%

NIXERIA 117.400.000 3%

BRASIL 113.400.000 3%

NORUEGA 100.289.000 3%

ANGOLA 85.200.000 2%

KAZAKHASTÁN 80.060.900 2%

ALXERIA 74.300.000 2%

QATAR 71.100.000 2%

REÍNO UNIDO 63.498.000 2%

COLOMBIA 45.433.683 1%

INDONESIA 45.150.000 1%

OMAN 44.100.000 1%

AZERBAIAN 43.195.200 1%

RESTO DO MUNDO 429.000.044 11%

Page 32: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía
Page 33: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Petróleo en Ayoluengo (Burgos) En xuño de 1964 brotou por

primeira vez o petróleo da Lora, na provincia de Burgos.

Ayoluengo, Valdeajos e Sargentes, tres pequenos pobos do páramo, adicados por aquel entón á pataca de semente, atopáronse de repente rodeados de xornalistas, políticos, enxeñeiros e especuladores.

Todos buscaban a súa parte do pastel negro, todos querían ser protagonistas da nova Texas española. Bienvenido Mr. Marshall

James Dean. Xigante

A historia repítese

Page 34: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

PREZO DO BARRIL DE PETRÓLEO (BRENT)

1970 1,8 $

1974 10 $

1980 30 $

1990 40 $

2001 30 $

2008 (xaneiro) 100 $ 2008 (agosto) 147,5 $

2009 (xuño) 60 $ 2012 (10 de abril)2014 (1 de abril)

122,73 $101,11 $

Page 35: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Pozo petrolífero en Ayoluengo (Burgos)

Page 36: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Plataforma petrolífera na costa de Tarragona

Page 37: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Oleoduto

Page 38: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Procedencia do petróleoO petróleo representa en España (48% da

demanda enerxética no 2007) A principal fonte de enerxía, o que obriga a

importar o 99,80% do cru procedente no 2005 de México (15,2%), Rusia (12,3%), Nixeria (11,8%), Libia (10,3%), Arabia Saudí (9,4%), Irán (8,4%), Irak (6%), Alxeria (5%), Noruega (4,6%), Guinea Ecuatorial (3,2%), Angola (2,8%), Camerún (2,5%), Kazastán (2,1%), Venezuela (1,8%), Resto (4,6%).

Page 39: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Refinerías de petróleo► Se a produción é escasa, non o é no seu

refinado. A variedade de produtos petrolíferos e as súas aplicacións son numerosas, especialmente para o transporte e a industria (gasóleo, gasolinas para o transporte; naftas e queroseno para a petroquímica que produce xofre, amoníaco, acetona, plásticos, fertilizantes; asfaltos, aceites lubricantes, produción de electricidade...). En España hai un total de nove refinarías (oito situadas na costa e unha no interior.

Page 40: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

EMPRESA LOCALIDADE CAPACIDADE DE REFINADO (millóns de t de cru/ano)

CEPSA San Roque (Cádiz) 12La Rábida (Huelva) 5Sta. Cruz Tenerife 4,5Meicende (A Coruña) 6Puertollano (C. Real) 7,5Cartagena 5,5Tarragona 9,4Castellón 6Somorrostro (Vizcaya) 11TOTAL 66,9

Page 42: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

2.1.3. O gas natural► Fonte de enerxía cunha orixe similar á do petróleo, xa que é un

hidrocarburo gasoso composto por etano e metano e que se atopa na codia terrestre, ás veces ao lado do petróleo. O consumo pasou dun 2,4% en 1980 da demanda final enerxética a un 21,3% no ano 2007 en España. Utilízase como combustible (calefacción e electricidade) ou materia prima (industria química). Úsase cada vez máis que o petróleo e o carbón posto que contamina menos.

► Rusia, USA e Países Árabes son os principais produtores.► España só produce o 0,5% da súa demanda os xacementos localízanse nas

marismas do Guadalquivir, Golfo de Vizcaya (La Gaviota) e o Serrablo no Pireneo aragonés. O 99,5% hai que importalo. Ata 1979 o principal país importador era Libia. Actualmente (datos do ano 2005) é Alxeria (43,3% do total de importacións). Outros países son Nixeria (15,2%), Qatar (14,8%), Exipto (9%), Noruega (5,3%).

► Transporte por gasoductos: gasoducto Mogreb-Europa (entrada por Xibraltar) e barcos metaneiros (plantas de regasificación): Mugardos-Ferrol, Musel Gijón, Bilbao, Barcelona, Sagunto-Valencia, Cartagena, Huelva, Tenerife e Gran Canarias cada unha. A rede de gasoductos, dada a forte demanda destes últimos anos, e moito máis ampla e complexa que a de oleoductos.

Page 43: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

PRODUCIÓN DE GAS NATURAL 2011 (m3)

PAÍS PRODUCIÓN %

RUSIA 669.000 20%

USA 651.292 19%

IRÁN 151.800 4%

QATAR 146.800 4%

CANADÁ 145.285 4%

CHINA 102.500 3%

NORUEGA 101.376 3%

ARABIA SAUDÍ 99.200 3%

ALXERIA 78.000 2%

PAÍSES BAIXOS 76.431 2%

INDONESIA 75.555 2%

EXIPTO 61.300 2%

MALAISIA 61.260 2%

TURKMENISTÁN 59.500 2%

UZBEKISTÁN 57.000 2%

MÉXICO 52.500 2%

EAU 51.700 2%

AUSTRALIA 51.268 2%

REÍNO UNIDO 47.790 1%

RESTO DO MUNDO 663.408 19%

Page 44: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía
Page 45: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Novo gasoductoAlxeria-Almería

Page 46: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Planta regasificadora (Mugardos)

Page 47: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

2.1.4. A enerxía nuclear Obtense actualmente por fisión (separación de

átomos pesados de uranio), aínda que está en experimentación a súa produción por fusión (unión de isótopos lixeiros de hidróxeno (deuterio ou tritio), que produce helio e grandes cantidades de enerxía). A fusión nuclear é moi complicada de producir posto que reacción prodúcese a temperaturas de cen millóns de graos centígrados e non se conseguiu probar o inicio nin o control da reacción nuclear. España colabora no proxecto internacional ITER con sede en Cadarache (Francia) para construír un reactor capaz de producir este tipo de enerxía e que sexa rendible economicamente.

Page 48: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

PRODUCIÓN ENERXÍA NUCLEAR MUNDO

País Reactores Potencia (Mw) Potencia media por reactor

EEUU 104 100.747 969

Francia 58 63.610 1097

Xapón 54 46.821 867

Rusia 32 22.693 709

Corea do Sur 21 18.698 890

India 20 4.391 220

Reino Unido 19 10.137 534

Canadá 18 12.565 698

Alemaña 17 20.490 1205

Ucraína 15 13.107 874

China 13 10.058 774Suecia 10 9.298 930

España 8 7.514 939Resto países 47 30.366 646

Page 49: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

URANIO 2011 PAÍS PRODUCIÓN %

KAZAKHASTÁN 19.451 35,79%CANADÁ 8.923 16,42%AUSTRALIA 5.886 10,83%NÍXER 4.159 7,65%NAMIBIA 3.262 6,00%UZBEKISTÁN 3.000 5,52%RUSIA 2.993 5,51%USA 1.537 2,83%CHINA 1.500 2,76%MALAWI 998 1,84%UCRAÍNA 890 1,64%SUDÁFRICA 656 1,21%INDIA 400 0,74%BRASIL 265 0,49%R. CHECA 252 0,46%ROMANÍA 77 0,14%ALEMAÑA 51 0,09%PAQUISTÁN 45 0,08%TOTAL 54.345 Toneladas m.

Page 50: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Central nuclear

de Trillo (Guadalajara)

Page 51: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía
Page 52: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

A enerxía nuclear Na actualidade, os grupos de presión económica favorables a

esta enerxía están intentando defender este modelo mediante os seguintes argumentos: as centrais nucleares melloraron moito en tecnoloxía, son moi seguras e non emiten de CO2 .

O principal problema que presenta a enerxía de fisión é: a dependencia externa no enriquecemento de uranio e na tecnoloxía; os riscos, a pesar dos sistemas de seguridade existente; e, sobre todo, o almacenamento de residuos radioactivos. Actualmente se realiza na mina de El Cabril (Córdoba).

A produción de uranio obtíñase dos xacementos de Saelices el Chico (Salamanca) e Don Benito (Badajoz) paralizados no ano 2002. Actualmente impórtase o 100% de uranio. A maioría provén de Níxer.

Por último sinalar que mentres na actualidade España ten oito reactores nucleares activos, Francia ten 58. A cantidade de enerxía que aporta ao sistema eléctrico español é do 20% fronte ao 80% francés.

Page 53: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

NUCLEARES FUNC. CESE MW

ZORITA-GUADALAJARA 1968 2006 160

GAROÑA-BURGOS 1971 2009[1] 466

ASCÓ I-TARRAGONA 1982 1.033

ASCÓ II-TARRAGONA 1985 1.027

VANDELLÓS-I TARRAGONA 1972 1989 480

VANDELLÓS-II TARRAGONA 1988 1.087

COFRENTES-VALENCIA 1984 1.092

ALMARAZ I-CÁCERES 1980 980

ALMARAZ II-CÁCERES 1983 984

TRILLO I-GUADALAJARA 1987 1.043

TRILLO II-GUADALAJARA MORATORIA

VALDECABALLEROS I-BADAJOZ MORATORIA

VALDECABALLEROS II-BADAJOZ MORATORIA

LEMÓNIZ I-VIZCAYA MORATORIA

LEMÓNIZ II-VICAYA MORATORIA

Page 54: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Central nuclear en activo

Central nuclear parada ou desmantelada

Almaraz I e II

Valdecaballeros I e II

Lemóniz I e II

Garoña

Zorita

Trillo I e II

Cofrentes

Ascó I e II

Vandellós I e II

Cementerio nuclear

El Cabril

ENERXÍA NUCLEAR

Page 55: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía
Page 56: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Petróleo

Carbón

Refinerías petróleo

Gas natural

Reservas de uranio

Oleoducto

Gasoducto

LOCALIZACIÓN DE XACEMENTOS, TRANSPORTE E TRANSFORMACIÓN DE COMBUSTIBLES FÓSILES

Regasificadora

Page 57: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

2.1.5. A enerxía hidroeléctrica

• Salientan pola súa produción de hidroelectricidade Canadá, China, Estados Unidos, Noruega e Xapón.

• España contaba ao redor de 1300 centrais hidroeléctricas (2006) con 18.466 MW (23,4% da potencia eléctrica) 8,4% da produción enerxética do Estado.

• A distribución por bacías sería a seguinte:• 1º Vertente cantábrica e galaica: subministra moita

enerxía grazas ao réxime regular dos ríos e á forza das augas que salvan niveis considerables. É de destacar o sistema hidraúlico da cunca do Miño-Sil. As empresas eléctricas están estudiando na actualidade a creación de proxectos de microcentrais[1]. No 2011 esta vertente xerou o 33% da enerxía hidroeléctrica española da que o 22% correspondeu a Galicia.

•[1] Microcentral: central hidráulica con menos de 10 Mwh de potencia. A produción enerxética compútase pola Rede Eléctrica de España como réxime especial, non como réxime ordinario.

Page 58: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Encoro de Aldeávila (Salamanca)o de maior potencia en España

Page 59: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

A enerxía hidráulica• 2º Bacía do Duero: Sobre todo na área

fronteiriza con Portugal. Destaca o encoro de Aldeávila (Salamanca), inaugurado en 1962, que é a central de maior potencia da de toda Europa Occidental e o encoro da Almendra (río Tormes) que é o de maior vaso de toda a Península. Tamén destaca o sistema hidraúlico de Ricobayo (Zamora). No 2011 xerou o 26,1% da produción hidroeléctica do estado. Aínda que é habitual na maioría dos anos que sexa a principal conca produtora.

Page 60: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía
Page 61: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

A enerxía hidráulica• 3º Bacía do Ebro As características físicas o

permiten (afluentes da marxe esquerda que teñen o nacemento nos Pireneos: precipitacións regulares, fortes pendentes que fomentan a creación de saltos) e pola demanda de enerxía da zona industrial de Barcelona á que hai que sumarlle, a partir dos anos sesenta, Zaragoza. Os pantanos dos ríos Noguera-Pallaresa (Tremp e Camarasa), Noguera-Ribagorzana, Segre, Aragón xunto coa presa de Flix no mesmo Ebro, son as realizacións máis importantes deste conxunto. Xerou no 2011 o 18,7% de España.

Page 62: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Encoro de Belesarno río Miño

Page 63: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

A enerxía hidráulica• 4ºCuncas suratlánticas: bacías do Tajo, Guadiana

e Guadalquivir: Empezouse a explotar tardiamente. Os pantanos de Buendía e Entrepeñas, no Tajo, embalsan grande cantidade de auga e o pantano de Cíjara é o máis importante do Guadiana. Os pantanos do Guadalquivir alimentan centrais de pouca potencia. 22% da produción.

• 5º Os ríos levantinos e sudorientais precisan encoros para regular as súas augas escasas e torrenciais. O encoro de Alarcón no Júcar e o máis importante. A produción hidroeléctrica é moi pequena (0,3%)

• O aproveitamento dos saltos de auga en España está acercándose ao seu límite.

Page 64: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

2.2. Enerxías alternativas• O esgotamento das enerxías tradicionais non

renovables como o carbón ou o petróleo e a contaminación que xeran fan desexable a súa substitución por outras fontes de enerxía.

• Na actualidade hai un grande interese por desenvolver fontes de enerxía alternativas que son, polo xeral, renovables e pouco contaminantes.

• As fontes de enerxía alternativas máis desenvoltas son a enerxía solar e a enerxía eólica.

• Son: eólica, biomasa, solar, xeotérmica e maremotriz

Page 65: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

2.2.1. Eólica• Actualmente é a fonte de enerxía máis importante

dentro das renovables o seu crecemento foi moi importante na última década debido a dúas causas: redución dos custos e incremento da potencia instalada nos parques eólicos. A produción eléctrica xeraba o 75,25% da enerxía eléctrica de todas as renovabeis no 2007 se exceptuamos a enerxía hidráulica) e produciu ese mesmo ano o 9,2% de toda a demanda de enerxía eléctrica do país. As principais áreas xeradoras son as dúas Castelas, Galicia, Andalucía e Aragón.

Page 66: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Parque eólico do caboVilaño (Camariñas)

Page 67: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía
Page 68: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Enerxía eólica: potencia instalada (MW) a 01/01/2009Castilla-La Mancha 3.415,61 20,40%Castilla-León 3.334,04 19,92%Galicia 3.145,24 18,79%Andalucía 1.794,99 10,72%Aragón 1.749,31 10,45%Navarra 958,77 5,73%C. Valenciana 710,34 4,24%La Rioja 446,62 2,67%Cataluña 420,44 2,51%Asturias 304,30 1,82%País Vasco 152,77 0,91%Murcia 152,31 0,91%Canarias 134,09 0,80%Cantabria 17,85 0,11%Baleares 3,65 0,02%Extremadura 0,00 0,00%Madrid 0,00 0,00%TOTAL 16.740,33 100%Fte. Observatorio da Asociación Empresarial Eólica.

Page 69: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

ENERXÍA EÓLICA: POTENCIA ELÉCTRICA INSTALADA (MW)

1980 1998 2000 2004 2008 2011

6 835 2.292 8.317 16.740 21.091Fte. IDAE. REE. Elaboración propia. *Superouso a previsión do PER 2005-2010 en máis de 1000 MW..

Page 70: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

2.2.2. Biomasa e biogás • Obtense da combustión e fermentación de

materia orgánica de orixe agrícola, gandeira, forestal. Xera enerxía por combustión directa ou por transformación en biogás ao fermentar. Destacan en produción Andalucía e as dúas Castelas. Está en fase embrionaria a denominada biomasa verde, cultivo de plantas ricas en azucres (cereais e remolacha) ou en graxas (xirasol e colza) destinadas a produción de hidrocarburos líquidos destinados ao transporte (biocombustible).

Page 71: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía
Page 72: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Biodiesel

Planta de biodieselSarrión (Teruel)

Page 73: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

2.2.3. Solar • Obtense a partir da radiación solar. España ten o potencial

enerxético máis alto de Europa dado que o 70% do seu territorio conta con máis de 2.500 horas anuais de sol. A enerxía solar clasifícase como térmica (pasiva e activa), fotovoltaica e termoeléctrica. Chamamos térmico pasivo ao aforro enerxético dos edificios en función ao illamento e orientación. A enerxía solar térmica activa precisa de paneis solares para quentar a auga e as calefaccións das vivendas. As Comunidades Autónomas que máis equipos teñen instalados son Andalucía, Cataluña, Canarias e Baleares.

• As centrais fotovoltaicas utilizan paneis de silicio para transformar a enerxía solar en electricidade. Existen grandes centrais en provincias como Toledo, Madrid e Alicante. Tamén estase difundindo cada vez máis na paisaxe as denominadas hortas solares (agrupacións en parcelas de pequenas instalacións fotovoltaicas).

• A enerxía solar termoeléctrica, tanto de media como alta temperatura, utiliza grandes paneis de espellos para producir vapor que se transformará en enerxía eléctrica. A central máis importante está en Sanlúcar la Mayor (Sevilla). A enerxía solar só cubre na actualidade o 3% da demanda de electricidade en España (2011). Aínda que se incrementou notablmente no último cuatrienio (representaba o 0,2% no 2007)

Page 74: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía
Page 75: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Térmica pasivaa construción como eficiencia enerxética

Page 76: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Térmica activapaneis solares para quentar auga

Grupo CarmeAntes

da rehabilitación

Page 77: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Centrais fotovoltaicas

Page 78: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Central fotovoltaicahortas solares

Page 79: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Enerxía solar termoeléctrica

Page 80: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

Enerxía solar termoeléctricaPlanta de Sanlúcar la Mayor (Sevilla)

Page 81: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

2.2.4. Outras enerxías renovables

• Xeotérmica: utiliza a auga quente ou vapor subterráneo. Úsase a calefacción de invernadoiros (Murcia, Granada, Tarragona) ou uso doméstico e balnearios (Ourense e Lleida), ou para a obtención eléctrica.

• Maremotriz: utilización da forza das ondas do mar para a produción de enerxía. Actualmente está en fase experimental en Santoña (Cantabria) e Mutriku (Guipúzcoa).

Page 82: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

3. A INDUSTRIA3.1. Un pouco de historia

O traballo artesanal. Con anterioridade á industria, os artesáns elaboraban os seus produtos manualmente, aínda que se axudaban das ferramentas propias do seu oficio.

Os inicios da industrialización. No século XVIII substitúense o traballo manual e as ferramentas pola máquina-ferramenta. As máquinas aumentaron a produtividade.

As máquinas instaláronse en fábricas ou factorías situadas nas cidades ao utilizar o carbón como fonte de enerxía.

A industria actual. Caracterízase pola automatización e sofisticación dos seus procesos, a redución de man de obra e a fabricación de produtos cada vez máis diversos.

Page 83: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

ELABORA O ESQUEMA DAS FASES DE INDUSTRIALIZACIÓN NO MUNDO

FASES 1ª 2ª 3ª

CronoloxíaPrincipais países que se incorporanFontes de enerxíaMaterias primasInventos claveSectores industriaisMedios de transporteOrganización do traballoCapitalOrganización obreira

Page 84: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

ESQUEMA DAS FASES DE INDUSTRIALIZACIÓN NO MUNDO

FASES 1ª 2ª 3ª

Cronoloxía

Principais países que se incorporanFontes de enerxíaMaterias primasInventos claveSectores industriaisMedios de transporte

Organización do traballoCapitalOrganización obreira

Finais do XVIII-mediados do XIX.Gran Bretaña, Bélxica.

Carbón.Ferro, algodón.Máquina de vapor.Téxtil, siderurxia.Ferrocarril, barco de vaporAparición da fábrica.Pequeno e mediano capitalLudismo e aparición dos sindicatos.

1870-1945

Alemaña, EE_UU, Xapón.Petróleo, electricidade.Cobre, bauxita, fostatos. Motor de explosión.Metalurxia, químico, automoción, electrodomésticosAutomóbil, avión.Taylorismo e Fordismo.Gran capital. Concentración horizontal e vertical: trust, holding, cartel.Socialismo. Grandes sindicatos.

1960 á actualidade.

Novos Países Industriais asiáticos, latinoamérica.Nuclear, enerxías alternativas.Novos materiais. Electrónica, robótica, informática.Microelectrónica, robótica, informática.Non hai novidades.Robotización dos procesos.Gran capital.Crise do modelo socialista. Crise do modelo sindical.

Page 85: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

MODELO FORDISTA2ª FASE DA

R. INDUSTRIAL

ROBOTIZACIÓN3ª FASE DA

R. INDUSTRIAL

Tempos Modernos

Page 86: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

3. A INDUSTRIA3.2. Tipos de industria

As industrias presentan características diversas e admiten numerosas clasificacións. Un criterio de división é segundo o destino dos produtos fabricados. Pódense distinguir:

Industrias de bens de produción. Elaboran produtos que non se consomen directamente senón que son produtos semielaborados, que serven como materia prima doutras industrias. Adoita chamarse tamén industria pesada.

Industrias de bens de uso e consumo. Producen artigos que van destinados directamente ao mercado e aos consumidores. Adoitan denominarse tamén industrias lixeiras.

Page 87: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

TIPO

DE BENS DE PRODUCIÓN OU PESADAS(Concentrada

xeograficamente)

BÁSICASOU

PRIMEIRA ELABORACIÓN

EXTRACTIVAS OU MINEIRAS[1]

Minas e canteiras.

METALURXIA Siderurxia e metalurxia.

QUÍMICA PESADA Refinerías, celulosas, explosivo, ácido sulfúrico..., colorantes, adubos, corrosivos.

PRODUCIÓN DE ENERXÍA Hidráulica, térmica, nuclear.

DE EQUIPO CONSTRUCIÓN OU ASIMILADAS

Productos cerámicos e vidros.Material mecánico construcción, industria da madeira.

METALURXIA DE TRANSFORMACIÓN OU

MECÁNICAS

Utillaxe industrial e agrícola.Material para transporte.Material eléctrico ou mecánico.

Farmacia, cosmética, perfumería, tinturas, plásticos...

Confección e moda, coiro (calzado, marroquinería, guantes...), pel.

Conserveiras, azucreiras, lácteos, etc.

Turismos.

ARTES GRÁFICAS

Editorial, ímprenta.

[1] A minería, a pesar de ser un sector extractivo e non transformador, estatisticamente está considerado como unha actividade do sector secundario.

Page 88: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

3. A INDUSTRIA3.3. Industria punta

• As industrias pódense clasificar segundo o seu nivel técnico. Denomínanse industrias punta aquelas que utilizan as tecnoloxías máis avanzadas e recentes como a microelectrónica, as telecomunicacións, a informática, etc.

• Caracterízanse porque requiren un persoal moi preparado e especializado, e por manter equipos de investigación numerosos que implican investir moito capital.

Page 89: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

PARQUE TECNOLÓXICO DE ZAMUDIO (VIZCAYA)

EUSKATEL

Page 90: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

• A unidade básica da actividade industrial é a empresa. As empresas pódense clasificar das seguintes formas:

• Clasificación segundo o tamaño. Poden ser pequenas empresas, medianas ou grandes empresas.

• Clasificación segundo a organización. Poden ser sociedades limitadas ou sociedades anónimas.

• Clasificación segundo a procedencia do capital. Poden ser públicas ou privadas.

3. A INDUSTRIA3.4. Clasificación da empresa industrial

Page 91: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

• A concentración da empresa industrial pode ser horizontal ou vertical.

• Concentración horizontal. Únense varias empresas dun mesmo sector, como por exemplo a agrupación de empresas que explotan o carbón ou o petróleo.

• Concentración vertical. Agrúpanse empresas que fabrican distintos produtos dun mesmo sector. Por exemplo, no sector téxtil agrúpanse empresas de fiados, confección, etc.

• Exemplos: holding, cartel ou pool (oligopolio), trust (monopolio).

3. A INDUSTRIA3.5. Concentración empresarial

Page 92: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

3.6. FACTORES DE LOCALIZACIÓNLocalización do tecido industrial

FACTORES DE LOCALIZACIÓN EN FUNCIÓN DE ACTIVIDADE REALIZADA

1. Proximidade ás materias primas ou fontes de enerxía.2. Custo da enerxía.3. Prezo do terreo.4. Dispoñibilidade de auga abundante.5. Dispoñibilidade de moito espacio.6. Actividade industrial illada de núcleos de poboación.7. Bos medios de comunicación terrestres ou porto.8. Proximidade ao centro de consumo do produto.9. Disposición de man de obra.10. Custo da man de obra.

CEMENTEIRA (Básica) CONFECCIÓN (Consumo)

1,2,4,6,7: Moi importante.5,8: Importante.3,9,10: Pouco importante.

3,9,10 Moi importante.1,2,4,5,6,7,8 Sen importancia.

Page 93: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

3.7. Rexións industriais

• As rexións industriais máis importantes sitúanse en Europa, nos Estados Unidos e no Xapón. Tamén hai centros industriais na China, Corea do Sur, México ou no Brasil.

Page 94: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

A rexión máis importante de Europa é a do Rhur en Alemaña, que no século XIX desenvolveuunha industria siderúrxica moi potente, grazas ás súas minas de carbón. Hoxe es´ta integrada nunha granrexión industrial que se estende desde Reino Unido ata o Norte de Italia, pero que desde finais do séculoXIX entrou en proceso de decadencia e fonda desconcentración, deslocalización e desestruturación cara os NPI

En EEUU a rexión máis extensa sitúase no Nordése o sur dos Grandes Lagos. Zonas ricas en ferro ecarbón.. Desenvolveuse a industria siderúrxica emecánica e entraron en crise en 1980. A alta tecnoloxía atópase no Pacífico en California comono sur do país

Xapón é unha gran potencia. Mecánica e electrónica. Illas do sur:Tokio, Yokohama, Osaka e Nagoya.

China: Shangai e lexte de China. Investimento estranxeiro. Man de obra barata

Taiwan, Corea do Sur, Filipinas e Indonesia, Hong Kong, Singapur, Bangkok desenvolveron maquinaria, electrónica, confección e calzado

India con núcleostradicionais situados no curso do Ganxes con centro en Calcuta e na zona de Bombai. Actualmente centros en Bangalobre: tecnoloxía avanzada.

México desenvolveIndustria inducida de EEUU

América do Sur: Sao Paulo (automóbiles e industria química)

No Sueste: relacionado con EEUU e SE asiático

Menos industrial.Sudáfrica

Page 95: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

3.8.Principais sectores industriais en EspañaSECTORES CARACTERÍSTICAS ÁREAS

Siderurxia Freou pola competencia exterior País Vasco e Asturias

Metalurxiatransformación

Maquinaria, ferramentas, electrodomésticos, aparellos de

precisión...

Barcelona, Madrid e País Vasco

Naval Afectado pola competencia exterior. Predomina o arranxo de barcos

Vigo, Ferrol, Bilbao,Cataxena, Cádiz

Automóbil En alza e boa tecnoloxía. Exportación Vigo, Valladolid, Barcelona, Valencia, Zaragoza, Vitoria,

Pamplona, MadridQuímica Moi variado: petroquímica, plásticos,

pinturas, medicina...Madrid, País Vasco, Cataluña

e Andalucía

Alimentación Moi espallada por toda España Cataluña, Valencia, Andalucía, Murcia, La Rioja e Navarra

Alta tecnoloxía Parques tecnolóxicos Tres Cantos (Madrid), El Vallés (Barcelona) Zamudio

(Biscaia)Outros sectores Téxtil (Cataluña, Valencia), coiro e calzado (Valencia, Baleares), papel

e artes gráficas (Cataluña, Madrid, Valencia, País Vasco)...

Page 96: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

INDUSTRIA EN ESPAÑA 2009

SECTOR Ocupados Facturación

Industria extractiva e do petróleo 40.305 1,8% 32.063 € 6,5%

Alimentación, bebida e tabaco 368.190 16,7% 92.443 € 18,6%

Téxtil, confección, coiro, calzado 141.747 6,4% 14.791 € 3,0%

Madeira e cortiza 68.981 3,1% 6.961 € 1,4%

Papel, edición, artes gráficas 123.408 5,6% 18.868 € 3,8%

Industria química 124.273 5,6% 44.694 € 9,0%

Caucho e materias plásticas 99.132 4,5% 16.457 € 3,3%

Produtos minerais non metálicos diversos 145.388 6,6% 23.734 € 4,8%

Metalurxia e fabricación metálica 351.714 16,0% 54.593 € 11,0%

Maquinaria e equipo mecánico 114.056 5,2% 17.514 € 3,5%

Material electrónico e óptico 106.073 4,8% 22.560 € 4,5%

Material de transporte 190.202 8,6% 58.953 € 11,9%

Manufacturas diversas 189.598 8,6% 17.151 € 3,5%

Enerxía, auga e residuos 136.467 6,2% 75.514 € 15,2%

TOTAL 2.199.534 496.296 €

Page 97: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía
Page 98: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

3.9. A industria en Galicia• O proceso de industrialización será moi tardío. A partir

dos anos cincuenta e sesenta iniciarase este proceso ligado a política dos Polos de Desenvolvemento centrados na área de A Coruña e Vigo-Porriño ou a creación da Grande Área de Expansión Industrial de Galicia (1975) que levou esta expansión a concellos como Vilagarcía de Arousa.

• A estrutura industrial galega a comezos do 2008 tiña as seguintes características: un 30% de poboación ocupada no sector secundario dos que un 18,5% correspondía á industria e un 11,5% á construción. Os niveis do sector son moi parecidos coa media española. Predominio da pequena empresa e con pouca innovación tecnolóxica. Moitas das actividades industriais teñen forte impacto ambiental como a celulosa de Pontevedra, a refinería e fábrica de aluminio de A Coruña, a fábrica de aluminio de San Cibrao-Cervo ou Carburos Metálicos en Cee.

Page 99: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía

3.9.A industria en Galicia3.9.1. Sectores

• A actividade industrial concéntrase no eixe atlántico que rematan en dous nodos: a área metropolitana de Vigo e o Golfo Ártabro (vertebrado pola A Coruña e Ferrol). Destacan os seguintes sectores:

• Industria naval: centrada en Ferrol e Vigo e empregando a 10.000 traballadores. A antiga Empresa Nacional Bazán que fabrica barcos para a mariña de guerra actualmente denominada Navantia-Ferrol. A empresa ASTANO pertencente ao grupo Pastor e posteriormente integrada no INI que sufriu un importante proceso de reconversión industrial nos anos oitenta: Navantia-Fene e Barreras-Vigo.

• Industria agroalimentaria: conserveiras e conxelado de peixe preferentemente nas Rías Baixas destaca Pescanova. vinícolas, lácteas, avícolas e carne: COREN.

• Industria automóbil: Citröen en Vigo con máis de 6.000 empregos e moitas industrias auxiliares. Destaca en Santiago a fabricación de carrozarías (Castrosúa) ou vehículos especiais (URO) asociada ao (I+D+i).

• Industria de madeira e pasta de papel. FINSA en Santiago, pequenos e mediados serradoiros e fábricas de mobles. Fábrica de celulosa ENCE en Pontevedra.

• Industria téxtil: INDiTEX, Adolfo Domínguez.... Arteixo-A Coruña, Vigo-Redondela e Ourense. Pequenos obradoiros dispersos por case tódalas comarcas galegas, moitos deles afectados pola deslocalización.

• Industria metalúrxica de alumnio: A Coruña e San Cibrao (Xove-Cervo).• Industria química: petroquímica de A Coruña.• Industria farmaceútica: Zeltia en Vigo.• Sectores punta: telecomunicacións: Televés en Santiago. É importante a presenza do parque

tecnolóxico de San Cibrao das Viñas (Ourense) onde están situadas 83 empresas de sectores emerxentes en I+D+i.

Page 100: Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía