Secretario Xeral de I+D · 2009-04-16 · As tres rexións participantes no proxecto, Galicia,...

7

Transcript of Secretario Xeral de I+D · 2009-04-16 · As tres rexións participantes no proxecto, Galicia,...

Page 1: Secretario Xeral de I+D · 2009-04-16 · As tres rexións participantes no proxecto, Galicia, Pomerania (Polonia) e Chipre, teñen características comúns: un nivel pouco desenvolvido
Page 2: Secretario Xeral de I+D · 2009-04-16 · As tres rexións participantes no proxecto, Galicia, Pomerania (Polonia) e Chipre, teñen características comúns: un nivel pouco desenvolvido

Miguel A.RíosSecretario Xeral de I+D

Mensaxe do Secretario Xeral de I+D • 2

Mensaxe do Directordo CESGA • 2

Proxecto europeoe-MINDER • 3

Centro deCompetencias enComercio Electrónicode Galicia • 4

Observatorio deComercio Electrónico • 5

A aposta do Centropola formación • 6

A área de soportee de promoción • 7

O Foro si-Galicia • 8-9

¿Que é o comercioelectrónico? • 10-11

O futuro do negocio electrónicoen Galicia • 12

e-Negocio Galicia Centro de Competencias en Comercio ElectrónicoS.A. Xestión Centro de Supercomputación de Galicia - Sociedade participada pola Xunta de Galicia e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas

Dirección: Javier García TobíoConsello de Redacción: Fernando Bouzas, Andrés Gómez Tato, María José Rodríguez e Ramón BasantaCoordinación: Sergio Pazos González • Redacción: Olalla Cociña, Ana B. Triñanes, Juan ValladaresPersonal colaborador do Centro de Competencias: Carmen Cotelo (programación), Ignacio Javier Gómez Rodríguez (programación), Diego Nieto (análise).Deseño e maquetación: Javier Gundín • Proceso Editorial: Macrom • Depósito Legal: C- 453 - 2002 • ISSN: 1579 - 2145

Edita: CESGA • Avda. Vigo sn (Campus Sur) Santiago Compostela • A Coruña • EspañaTlf: 981 569810 • Fax: 981 594616 • Correo Electrónico: [email protected] • Web: www.e-negociogalicia.com

Javier García TobíoDirector CESGA

Os interesadosen recibir e-Negociogaliciapoden enviar un correo electrónicocos datos persoais e da súa empresa a:

[email protected]

Galicia, Pomerania (Polonia) e Chipre sonas tres rexións participantes no proxectoe-MINDER. Esta iniciativa ten comoobxectivo principal o fomento e a axuda ódesenvolvemento do comercio electrónicoe das novas tecnoloxías nas rexiónsperiféricas e menos desenvolvidas deEuropa, que arrinca coa creación dunhaRede Europea Rexional de Centros de Competencias.

O proxecto europeo e-MINDER nace coa intención de achegar ásPEMES (pequenas e medianas empresas) os novos saberestecnolóxicos que demanda a chamada “Sociedade daInformación”, sobre todo no que respecta ós procesos decomercio electrónico.As tres rexións participantes no proxecto, Galicia, Pomerania(Polonia) e Chipre, teñen características comúns: un nivel poucodesenvolvido en canto ó uso e aplicación das TIC (Tecnoloxías daInformación e das Comunicacións), as PEMES como modelo deempresa predominante e unha localización xeográfica periférica. Con estas premisas, a principal misión do proxecto e-MINDER édetectar as necesidades reais destas rexións dende un punto devista tecnolóxico, pero tamén social e económico, para activariniciativas de comercio electrónico e así diminuír asdesigualdades entre as rexións máis e menos desenvolvidas deEuropa no tocante ó uso das TIC.Os obxectivos globais que persegue o proxecto e-MINDER son:- Apoiar a introducción das PEMES nos procesos de negocioelectrónico establecendo centros de competencias en comercioelectrónico en cada rexión participante.- Ofrecer coñecemento útil e obxectivo sobre novas tecnoloxías ásPEMES, de xeito que poidan integralo nos seus procesos denegocio.- Difundir as actividades dos centros e sincronizalos con outroscentros que obtiveron resultados positivos.- Ó remate do proxecto, os centros elaborarán un manual dereferencia cos pasos que seguiron e os resultados acadados, coaintención de que sirva para a creación dunha Rede de Centros deCompetencias noutras rexións de Europa.O proxecto e-MINDER conta cun presuposto de 4.345.318 euros,dos cales 1.670.814 van destinados á comunidade galega.

Proxecto e-MINDER:A aposta da UE polo desenvolvementodo e-business nas rexións periféricas

Período: Setembro 2001Setembro 2003.

Proxecto:Information Society Technologies.V programa marco da UniónEuropea.

Orzamento:4.345.318 euros.Investimento en Galicia:1.670.814 euros.

Participantes:CoordinadorSchlumbergerSema(España)

GaliciaCESGAUniversidade de Santiagode Compostela (USC)Universidade deA Coruña (UDC)

Pomerania (Polonia)Presidencia da Pomerania Computer Center RegionalData Bank

ChipreVirtual IT Cyprus TelecommunicationAuthority (CYTA)UCY (University of Cyprus)

Os vectores que definen as liñas fundamentais do Plan Galego deInvestigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005(PGIDIT) responden en boa medida ás carencias detectadas no sistemaCiencia-Tecnoloxía-Empresa de Galicia, entre as que destaca o baixonivel de investimento das pequenas e medianas empresas (PEMES) en investigación, desenvolvemento e innovación. O PGIDIT atende conpreferencia ós problemas específicos de Galicia sen perder de vista asesixencias impostas polo proceso de globalización que estamos a vivir e a posta pola plena incorporación de Galicia á economía do coñecemento.As PEMES conforman a meirande parte do noso tecido empresarial esupoñen o maior axente xerador de emprego e riqueza en Galicia, e poristo son obxectivo estratéxico das nosas políticas de converxencia coresto da Unión Europea no tocante á renda per capita e indicadores debenestar social. Neste marco, a Secretaría Xeral de I+D impulsou acreación en Galicia do Centro de Competencias en Comercio Electrónicoco obxectivo de axudar ás pequenas e medianas empresas a tirarproveito das oportunidades que lles brindan as novas tecnoloxías paraoptimizar os seus procesos de negocio e maximizar os seus beneficios. O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia nace coapoio decidido do Goberno Galego e da Unión Europea, que aportafinanciación para a súa posta en marcha a través do Proxecto e-MINDER. Ó Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) encomendóuselle axestión deste Centro pola súa experiencia demostrada en proxectos de transferencia e implantación de novas tecnoloxías en institucións e empresas.

O Plan Galego de Investigación,Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxicaatende ás necesidades de Galicia

Galicia necesita xuntar esforzos para acelerar aimplantación das novas tecnoloxías nos procesosde negocio das súas PEMES

Polas súas especiais características, situación económica, xeográfica ecultural, Galicia precisa do aproveitamento das novas tecnoloxías, dasque deberá tirar o máximo partido e atopar un aliado axeitado paraacadar unha evolución económica máis rápida.A Secretaría Xeral de I+D, xunto co Centro de Supercomputación deGalicia (CESGA) deseñaron e promoveron a Rede de Centros deCompetencias de Comercio Electrónico, que foi presentada e aprobadapola Unión Europea mediante o proxecto e-MINDER. Así naceu o Centrode Competencias en Comercio Electrónico de Galicia, unha entidade concarácter de servicio tanto para o tecido empresarial galego como para anosa sociedade en xeral.Galicia necesita xuntar esforzos para acelerar a implantación das novastecnoloxías nos procesos de negocio das súas PEMES, sendo este oobxectivo que o Centro de Competencias en Comercio Electrónico tencomo meta.

2• •3

Page 3: Secretario Xeral de I+D · 2009-04-16 · As tres rexións participantes no proxecto, Galicia, Pomerania (Polonia) e Chipre, teñen características comúns: un nivel pouco desenvolvido

O Centro de Competencias en Comercio Electrónicode Galicia é a aplicación práctica na nosa comunidadedo proxecto europeo e-MINDER, que ten comoobxectivo en Europa a creación dunha Rede deCentros de Competencias en Comercio Electrónico.

Este proxecto está xestionado polo CESGA (Centrode Supercomputación de Galicia), conta coaparticipación da Universidade da Coruña e aUniversidade de Santiago e ten o respaldo daSecretaría Xeral de I+D da Xunta de Galicia e do Forosi-Galicia. A súa intención é impulsar e asesorar ásPEMES galegas na integración das novas tecnoloxíase a utilización de procesos de comercio electrónico.

O nivel de emprego e aproveitamento das novastecnoloxías e o comercio electrónico na nosacomunidade está aínda lonxe do desexable, polo quecómpre desenvolver accións concretas deasesoramento, formación e sensibilización ás PEMESe á sociedade galega en xeral.

Neste senso vai incidir o Centro de Competenciasen Comercio Electrónico de Galicia:

- Achegando a través dun Observatorio estudios eanálises e facendo un diagnóstico da situación deGalicia no tocante á implantación e ó emprego das TIC.A Universidade de Santiago de Compostela participa coCentro nesta área de traballo.

- Impartindo cursos de formación e conferenciasdirixidos ás PEMES, que se realizarán nas principaiscidades galegas coa colaboración da Universidade da Coruña. - Sensibilizando e facilitando información de valor nocampo das novas tecnoloxías e o comercio-e ás PEMES,a través da revista “e-Negocio Galicia” e da páxina webwww.e-negociogalicia.com.- Asesorando ás PEMES que decidan adoptar procesosde comercio-e, a través da área de soporte. Esteservicio achegará información de calidade ás empresasque o demanden, poñendo en contacto estas iniciativascon provedores destes servicios.

En definitiva, o Centro de Competencias en ComercioElectrónico vén cumprir o compromiso da SecretaríaXeral de I+D con Galicia na implantación e aproveitamentodas novas tecnoloxías e o comercio electrónico na nosacomunidade, a través de accións innovadoras.

Fomentar, apoiar e axudar ás PEMES galegas na posta enmarcha de procesos de negocio electrónico é o obxectivoprincipal do Centro de Competencias en ComercioElectrónico de Galicia, unha iniciativa que conta co apoio daSecretaría Xeral de I+D e está xestionada polo CESGA(Centro de Supercomputación de Galicia).

Para achegármonos ó que é o Observatoriode Comercio Electrónico de Galiciapodemos partir da idea dun “outeiro” ouposto de observación, un ollo pendente detódolos movementos, novidades etendencias no que a novas tecnoloxías ecomercio electrónico se refire.

Poderiamos engadir a esta idea de“outeiro” o concepto de brúxula, no sensode que este observatorio xerará infor-mación útil e estratéxica. Logo, con estesinformes estatísticos na man, o Centro deCompetencias poderá axudar mellor acomprender e desenvolverse de xeitoeficaz nun contexto cambiante deinnovación tecnolóxica tanto ás PEMESgalegas, como ó resto de empresas einstitucións que participan directa ouindirectamente no contorno económico.

O Observatorio do Centro de Competencias

analizará as condicións nas que se atopa apequena e mediana empresa galega e asituación xeral do mercado para afrontariniciativas de negocio electrónico. Trátase decoñecer a situación do mercado en materiade novas tecnoloxías, pero tamén asinfraestructuras que a empresa precisaincorporar á súa dinámica laboral, así comoa incidencia da Internet en Galicia, tantoentre empresas como entre consumidores.

Para levar a cabo todo este traballo, oObservatorio de Comercio Electrónicomanterá unha estreita colaboración cosoutros observatorios tecnolóxicos existentesen Galicia: o Observatorio TIC, o ObservatorioUrbano do Eixo Atlántico, o ObservatorioSensitic e o do Instituto Galego de Estatística.Con esta comunicación fluída entreobservatorios evitaranse solapamentos epoderánse crear sinerxias.

Para traballar sobre datos reais e axustar os seus servicios ásdemandas das PEMES, o Centro de Competencias puxo enmarcha o Observatorio de Comercio Electrónico de Galicia, coque poderá realizar unha diagnose da realidade galega nesteeido. Os estudios e análises deste observatorio oriéntanse ófomento e asesoramento en temas de comercio electrónico ásPEMES galegas. Tendo isto en conta, ¿que beneficios aporta oObservatorio de Comercio Electrónico á pequena e medianaempresa galega?

A brúxula das TIC e do comercio electrónico galegoObservatorioNace o Centro

de Competenciasen Comercio Electrónicode Galicia

O observatorio TIC ten comopromotores á Xunta de Galicia e aFundación para o Fomento daCalidade Industrial e oDesenvolvemento Tecnolóxico deGalicia. Entre as súas funciónsdestaca a avaliación daimplantación das TIC nasempresas galegas e a realizaciónde estudios comparativos deempresa e de mercado(Benchmarking).

Observatorio TIC Observatorio UrbanoEixo Atlántico

Sensitic I.G.E

O Observatorio Urbano doEixo Atlántico (OUEA), baixo ainiciativa europea RISI II,constitúe un espacio virtualpara Galicia e o Norte dePortugal. A súa finalidadeoriéntase á xeración deempregos asociados ásnovas tecnoloxías.

O observatorio Sensiticxurdiu a partir do intereseda UE porque tódalasrexións comunitariasparticipasen da Sociedadeda Información. EsteObservatorio forma parte doproxecto Sensibilización ásTecnoloxías da Información e da Comunicación.

O Instituto Galego deEstatística elabora, publicae analiza os estudiosestatísticos referentes acuestións relacionadascoas condiciónseconómicas, sociais edemográficas da nosacomunidade. O I.G.E. é un organismo autónomodependente da Xunta de Galicia.

www.observatoriotic.org www.ouea.com www.sensitic.org www.xunta.es/auto/ige

A USC,responsabledo estudioestatístico

4• •5

No proxecto participa oEquipo de InvestigaciónsPolíticas e Sociolóxicas daUniversidade de Santiagode Compostela (USC), querealizará as enquisasprecisas para chegar a uncoñecemento fiable noreferido á implantacióndas novas tecnoloxías eás dinámicas de comercioelectrónico na nosacomunidade.

A partir destas enquisaselaboradas pola USC eanalizadas poloObservatorio, o Centro deCompetencias poderáaxustar as súas acciónsás necesidades dasPEMES galegas, tanto noreferido a avancestécnicos, como áformación e soporte denovas iniciativas.

Page 4: Secretario Xeral de I+D · 2009-04-16 · As tres rexións participantes no proxecto, Galicia, Pomerania (Polonia) e Chipre, teñen características comúns: un nivel pouco desenvolvido

O contexto socioeconómico noque nos atopamos esixe unhaactualización dos saberes e asestructuras organizativas dasempresas no que respecta ósistema clásico de negocio e ásnovas tecnoloxías. Asperspectivas de futuro e a vantaxecompetitiva que aporta ocomercio electrónico ás PEMESfan que, tanto os directivos comoo resto de traballadores,demanden cada vez máisinformación e coñecementosprecisos para encarar os novostempos e tirar beneficio dasoportunidades ofrecidas polasnovas tecnoloxías.

O Centro de Competencias enComercio Electrónico de Galicia, encolaboración coa Universidade daCoruña, ofrece ás PEMES aposibilidade de adquirir formaciónespecializada cun programa deconferencias e cursos arredor dasnovas tecnoloxías e o comercioelectrónico. Este programa estádirixido principalmente aempresarios e directivos.

Dunha banda, as conferenciaspresentarán os aspectos máisrepresentativos do comercioelectrónico e as estratexias dexestión para facer desta canle denegocio alternativa unha realidadeviable para as empresas da nosacomunidade.

Por outra banda, os cursosdividiranse en dous tipos: un básicoe outro avanzado. Nelesdesenvolveranse e explicaranse

polo miúdo os contidos presenta-dos nas conferencias e os instru-mentos precisos para levar a caboprocesos de comercio electrónico.

O temario destes cursos,ademais de contidos básicos sobreo comercio electrónico B2B e B2C,inclúe aspectos como as técnicasde marketing en Internet, asferramentas de seguridade e depago, os custes, a loxística dedistribución e os aspectosxurídicos, entre outros. Aparte dascuestións teóricas, que iránacompañadas do correspondentematerial didáctico, impartiranseexercicios prácticos coa axuda decuestionarios, unha guía prácticade como montar un negocio enInternet, experiencias de empresas,debates e respostas ás dúbidas dosalumnos, etc.

Para facilitar a compresión doalumno, os cursos están pensadosdende un enfoque divulgativo,fuxindo de aproximacións técnicaspara persoal especializado. Estescursos serán de carácter gratuíto econtarán cunha asistencia de entredoce e vintecatro alumnos porclase. As sete principais cidadesgalegas (A Coruña, Ferrol, Ourense,Vigo, Pontevedra, Lugo e Santiagode Compostela) acollerán acelebración dos cursos econferencias.Aqueles empresarios interesadosen participar nestes cursospoderán obter no seu momentomáis información na páxina web doCentro: www.e-negociogalicia.com.

O carácter emprendedor de Galicia tradúcese no altonúmero de PEMES que existen na nosa comunidade,moitas delas con inquedanzas cara ás novastecnoloxías e ó negocio electrónico. Sen embargo,estas inquedanzas non sempre se converten enaccións concretas debido ás barreiras que para unha PEME supón a adopción de procesos de negocio on-line.Precisamente, para que estas iniciativas non caian ensaco roto, o Centro de Competencias en ComercioElectrónico de Galicia pon en marcha a área desoporte ou “helpdesk”. Esta área de soporte nace con vocación de servicio ásPEMES, o que se traduce nunha iniciativa que

aportará asesoramento e información ás empresasgalegas interesadas en aplicar as TIC ó seu procesode negocio, xa sexa vendendo os seus productos através de Internet ou adquirindo mercadorías ós seusprovedores mediante as redes interactivas.Pero, ademais de aportar información, a área desoporte pretende poñer en contacto necesidades consolucións, é dicir, empresas e iniciativas de comercioelectrónico con provedores destes servicios. Este servicio de soporte terá a súa posta en escenacun teléfono de información para as consultas dasPEMES sobre o emprego das TIC e a súa integraciónno sistema de negocio. Este servicio complementarasecon accesos a través de Internet.

A vocación de servicio do Centro de Competencias en ComercioElectrónico impulsa as áreas de soporte e promoción. Asesorarás empresas no tocante ó comercio electrónico e difundircontidos útiles e información estratéxica compoñen osobxectivos fundamentais destas dúas áreas.

A vocación de servicio do Centro de CompetenciasSoporte e promoción

A aposta pola formación do empresariado galego nas TICCursos e conferencias

O crecemento do sector empresarial na nosa comunidade e as novasiniciativas de negocio electrónico para competir no mercadointernacional pasa pola actualización dos coñecementos dosempresarios. O Centro de Competencias adquire o compromiso deaxudar á formación das PEMES ofrecendo cursos e conferencias sobreInternet, comercio electrónico e novas tecnoloxías.

A aportaciónda UDC

A Universidade daCoruña é a responsableda impartición edesenvolvemento doscursos e conferencias,en colaboración coCentro deCompetencias enComercio Electrónicode Galicia. Os cursos decomercio electrónicoterán dous niveis:básico e avanzado.

A xeneralización do emprego de Internet e a percepción dastransaccións on-line como unha opción común axudarán ódesenvolvemento do comercio electrónico. Por iso cómpredesenvolver un labor de sensibilización e promoción das TIC e o negocio electrónico na nosa comunidade, dirixido tanto áspequenas e medianas empresas como á sociedade en xeral. Para isto, o Centro, empregará fundamentalmentetres armas: - A revista “e-Negocio Galicia”, que con carácter mensualchegará a preto de sete mil empresas galegas.- A páxina web www.e-negociogalicia.com,que reflectirá a través de Internet os contidos e a filosofíado Centro de Competencias.- Conferencias, que se van celebrar nas sete principaiscidades de Galicia.O labor destas plataformas, ademais das conferenciasprogramadas polo Centro, centrarase na difusión de contidose coñecementos de utilidade para empresarios coninquedanzas no campo das novas tecnoloxías, á vez quefomentará ideas e iniciativas relacionadas con Internet nasempresas da chamada "economía tradicional".

Sensibilización,un labor

necesario

6• •7

Page 5: Secretario Xeral de I+D · 2009-04-16 · As tres rexións participantes no proxecto, Galicia, Pomerania (Polonia) e Chipre, teñen características comúns: un nivel pouco desenvolvido

Foro si-Galicia: cara á Sociedade da Información

A Xunta de Galicia, a través daSecretaría Xeral de I+D, deu pasoó Foro para a Extensión daSociedade da Información e oComercio Electrónico, máiscoñecido como o Foro si-Galicia.En xullo de 2001 celebrouse aprimeira sesión de traballo, quepuxo en marcha os parámetrosque agora guían as actividadesdo Foro.

MEMBROSO Foro si-Galicia está compostopor entidades públicas eprivadas, así como polaAdministración. Os membros doForo inclúen á Xunta de Galicia,ás Universidades galegas, CaixaGalicia, Caixanova, o Consorcioda Zona Franca de Vigo, aConfederación de Empresariosde Galicia, as Cámaras deComercio, a Asociación deEnxeñeiros de Telecomunicaciónsde Galicia e as operadoras decomunicacións: Comunitel,Ignite, Jazztel, R, Retevisión,Telefónica, UNI2 e Vodafone.A intención coa que nace o Foro éa de coordinar as actuaciónspara a entrada plena de Galiciana Sociedade da Información eno comercio electrónico. Unhaserie de coordenadas, detalladasnos propios estatutos do Foro,subxacen a este obxectivo xeral:- Constituír un foro aberto quecoordine e promova a entrada naSociedade da Información e a

implantación do comercioelectrónico en Galicia.- Promover e proporcionarsoporte ás iniciativas queaposten polo comercioelectrónico na nosa comunidade.- Fomentar un lugar común paracompartir iniciativas e plans deactividades que programenaccións naquelas áreas máisnecesitadas.Durante tres anos, o Foro apoiaráe promoverá diversas iniciativasque beneficien a tódolosasinantes e non afecten á librecompetencia.

ESTRUCTURAA estructura organizativa do Foroestá composta por:- A Comisión Plenaria, que tencomo misión principalrepresentar ó Foro e xestionar aadmisión de novos membros.- O Comité Executivo, quecoordina os grupos de traballo ea execución das accións destesgrupos de traballo. - Os grupos de traballoestablecidos son os seguintes:a) Infraestructuras: analizarase epromoverase a implantación deinfraestructuras que axilicen e

melloren as condicións técnico-económicas para a incorporaciónda Rede á dinámica social deGalicia. b) Innovación e proxectos:proporá accións concretas eproxectos innovadores en Galicia,así como a creación dun entornopropicio para que se desenvolvanestes proxectos.c) Observación: as actividades deobservación están encamiñadas aestablecer a evolución daimplantación e uso das TIC(Tecnoloxías da Información e daComunicación) en Galicia, Españae no resto de Europa. Ademais,atenderá á evolución das liñastecnolóxicas máis significativas,así como ás leis, normas eestándares relacionados coaaplicación das TIC.d) Sensibilización e Difusión: a súa tarefa é a de sensibilizar ásociedade en xeral e a sectoresempresariais sobre a importanciade entrar na Sociedade daInformación.e) Educación e Formación:deseñará actividades paraproporcionar á sociedade e ásempresas coñecementos útilessobre a aplicación e o uso das TIC.

O Foro si-Galicia ten previstoa posta en funcionamentopara este ano do GALNIX(Galician Neutral InternetExchange Point), o PuntoNeutro Galego deIntercambio en Internet,unha iniciativa que estaráxestionada polo CESGA einstalada no seu propioedificio. Comunitel, Jazztel, Re Retevisión son asoperadoras detelecomunicaciónsparticipantes na fase dearranque do proxecto. Asímesmo, intercambiarán osseus datos no Galnix aAutopista Galega daInformación (AGI) e a Redede Ciencia e Tecnoloxía deGalicia (RECETGA).O punto neutro consistenunha infraestructura derede operada por unha únicaentidade, e que pretendefacilitar o fluxo deinformación entre usuariosde diferentes operadoras.Deste xeito, auméntase avelocidade de conexión emellórase o tráfico dainformación dos internautasgalegos. En resume, co puntoneutro achegaranse oscontidos ós usuarios emellorarase cualitativamenteo uso do caudal detransmisión de redes. En España existen douspuntos neutros operativos: oEspanix e o Catnix.

Os continuos avances nas tecnoloxías da información xunto áreestructuración dos intercambios comerciais e a implantación do Euro fan que o marco tradicional no que operan e compiten asempresas precise dun cambio radical. A incorporación da sociedadegalega ós novos avances e a desconfianza por parte das empresas douso de Internet como ferramenta estratéxica para ampliar os seusmercados deron pé á creación do Foro si-Galicia, que impulsará acciónspara fomentar a participación de Galicia na Sociedade da Información e a implantación do comercio electrónico.

Page 6: Secretario Xeral de I+D · 2009-04-16 · As tres rexións participantes no proxecto, Galicia, Pomerania (Polonia) e Chipre, teñen características comúns: un nivel pouco desenvolvido
Page 7: Secretario Xeral de I+D · 2009-04-16 · As tres rexións participantes no proxecto, Galicia, Pomerania (Polonia) e Chipre, teñen características comúns: un nivel pouco desenvolvido

1. ¿Considera que a consolidación de Internet comounha canle de venda será imprescindible para amaioría das empresas a medio ou longo prazo?

2. ¿Cales son os sectores da economía galega que,ó seu xuízo, poden aproveitar mellor as vantaxesdo comercio electrónico?

D ú a s p r e g u n t a s n o a i r e :

O futuro do negocio na Rede

1. Si. As canles de distribución están cambiando rapidamente, da tendatradicional ás grandes superficies, e de aí a Internet. Os sistemas deinformación interna e externa e osprocesos de negocio estanseintegrando a gran velocidade.

2. O sector servicios, cun alto graode dixitalización. O paso detraballar cun ordenador a traballaren rede non require moito esforzode aprendizaxe.

1. Semella mellor que as empresas galegas tiren proveito de Internet non só para vender, senón tamén para mercar. É máis doado gañar cartos aforrando nas compras queestablecer unha nova canle de vendaen Internet.

2. Actualmente, as vantaxes son paraempresas que venden productos ouservicios a outras empresas. Poroutra banda, se o noso concepto de"comercio electrónico" é de novascanles de compravenda, as vantaxesson para a totalidade de empresas, ámarxe do seu sector.

1. Internet xa é un elemento esencial para a competitividadedas empresas, pois facilita a xestión en cada fase da súacadea de valor: compras, producción, recursos humanos,marketing e venda. Internet é unha ferramenta de enormepotencial na relación cos clientes, na comunicación xeral comercado e no peche das transaccións.

2. Aqueles sectores nos que as empresas teñan unha baseforte de clientes ou provedores habituais e que poden axilizarde xeito extraordinario o proceso comercial a través do e-business; aqueles nos queas novas tecnoloxías supoñan unha maioraportación ó longo da súa cadea de valor,en especial viaxes, inmobiliarias,financeiras, formación, comunicación,etc. Destacaría tamén os sectores conplans de crecemento que poden utilizar o comercio-e como test de mercado antesde acometer grandes investimentos.

1. Será imprescindible no sector B2B, non necesariamente no B2C. A sociedade galega está moi apegada ó comercio tradicional e isto non cambia só con alternativas. Para conseguilo é necesario incidir na formación e a confianza dos potenciais clientes.

2. Se nos referimos ó B2C, penso que aquelesque teñen unha maior demanda no exteriordo noso país. Temos unha enorme variedadede productos moi valorados, pero aínda pouco coñecidos fóra das nosasfronteiras, como a alimentación (viños,meles, queixos, conservas...), a ornamentación (xoias de acibeche,cerámicas...) ou o lecer (casas rurais). O uso da Rede acompañado dunhaloxística axeitada pode dar un pulo a ditos sectores.

1. Os avances nas tecnoloxías da comunicación e a rapidez coa que estacircula fan que camiñemos cara a esta tendencia. Isto irá en detrimentoda importancia da faceta humana e social da venda.Ás veces este tipo de canles adáptanse mellorcando se vende un producto que cando se tratadun servicio. O certo é que as vantaxes sonimportantes á hora do aforro de custos erapidez de resposta.

2. O comercio polo miúdo (roupa, vestido, calzado, fogar...), a industria textil, o sector doautomóbil, o sidero-metalúrxico, a madeira, etc...

Ramón NogueiraXerente de Dinaweb

Senén BarroCatedrático de Ciencias da Computación

e Intelixencia Artificial (USC)

José R. González LópezPresidente da Asociación Empresarios Deza

Antonio LlanosLegazpi

Marcelino L. FernándezSubdirector de Banca Virtual de Canles Alternativas de Caixa Galicia

1. Si. O aforro de tempo, as maiores posibilidades de localizare comparar productos ou a mellora da eficiencia nas relaciónsentre empresas son, entre outros, algúns factores que fan daRede unha canle natural para o consumidor, polo que asempresas deberán estar aí.

2. As vantaxes de Internet e ocomercio electrónico sonsignificativas para as empresasgalegas, calquera que sexa o seusector ou tamaño. Galicia podepoñerse ó primeiro nivel en canto átecnoloxía Internet, como o fixeronoutras rexións periféricas (paísesescandinavos). O camiño máis curtodende a periferia a calqueraoutro punto do planeta é ocamiño electrónico.

Antonio Fernández Director División Empresas R

1. Para as empresas que queiran competir con productos ouservicios cunha clientela con acceso á rede e potencialmenteextendida por outras localidades ou países resultaralles dificilmentesubstituible a súa presencia en Internet por outros métodos devenda. De todos xeitos, Internet terá máis importancia comoferramenta diaria de relación entre as empresas, e non só nomomento da venda.

2. A incorporación no ciclo de negocio propio dunhaempresa das capacidades dos provedores e dosclientes, a xestión do proceso loxístico, a respostaáxil ó mercado e a eficacia na xestión empresarialson os principais resultados da axeitadaimplantación do comercio electrónico na empresa.Con isto, os sectores que venzan as súas rixidecestradicionais serán os principais beneficiarios.

José Manuel GonzálezDirector Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas

1. Internet será unha canle complementaria para a venda a curtoprazo, a longo prazo o mercado dirá. O que si cremos que será acurto prazo é unha ferramenta deoptimización na xestión das empresas.

2. Non cabe dúbida de que os sectores queantes aproveitaron as vantaxes do comercioelectrónico serán os máis modernizados notocante ós sistemas informáticos, perotamén pode pasar que sectores poucomodernizados atopen en Internet unhaferramenta de optimización de custes.

J.A. Martínez NovasXerente de TLR Soft