SANTIAGO DE COMPOSTELA … Etura Chevi Muraday Chevi Muraday (Premio Nacional de Danza 2006) creou...

13
SANTIAGO DE COMPOSTELA www.compostelacapitalcultural.org

Transcript of SANTIAGO DE COMPOSTELA … Etura Chevi Muraday Chevi Muraday (Premio Nacional de Danza 2006) creou...

Page 1: SANTIAGO DE COMPOSTELA … Etura Chevi Muraday Chevi Muraday (Premio Nacional de Danza 2006) creou en 1997 Losdedae, unha das compañías de danza de maior relevancia nacional con

SANTIAGO DE COMPOSTELAwww.compostelacapitalcultural.org

Page 2: SANTIAGO DE COMPOSTELA … Etura Chevi Muraday Chevi Muraday (Premio Nacional de Danza 2006) creou en 1997 Losdedae, unha das compañías de danza de maior relevancia nacional con

Marta EturaChevi Muraday

Chevi Muraday (Premio Nacional de Danza 2006) creou en 1997 Losdedae, unha das compañías de danza de maior relevancia nacional con máis de 30 coreografías no seu repertorio. Da complicidade entre Chevi Muraday e Marta Etura (Goya 2010 á mellor actriz de repartición) xorde Return, novo proxecto conxunto no que comparten inquietudes e no que danza e palabra dialogan nun mesmo plano. O verdadeiro amor é unha substancia baseada na realidade ou en algo imaxinario e irreal? Dúas persoas van creando un universo no que conviven, soñan, respiran... para finalmente entender que non é máis que o espellismo dunha realidade ficticia.

Chevi Muraday dirección artística / coreografíaDavid Picazo dirección / iluminaciónRicardo Miluy / Mariano Marín música orixinalPablo Messiez textos

R E T U R NLOSDEDAE DANZA Alcalá de Henaresdanza / teatro / contemporáneo 70’

DOMINGO 23 MARZO 20.00

TEATRO PRINCIPAL

VENDA ENTRADAS12 euros / 10 euros (anfiteatro)entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado, o día do espectáculo a partir das 18.00 h)* BONO DANZA (4 espectáculos a escoller): 20% de desconto

Page 3: SANTIAGO DE COMPOSTELA … Etura Chevi Muraday Chevi Muraday (Premio Nacional de Danza 2006) creou en 1997 Losdedae, unha das compañías de danza de maior relevancia nacional con

Isabel Sánchez TempranoLeodán Rodríguez Casas

Paseo pola danza é un espectáculo no que dous mozos se adentran na historia da danza invitándonos a facer un percorrido dende as súas orixes ata a actualidade. Estes dous bailaríns aventureiros fan participe da fábula a un público familiar nun espectáculo, con fundamentos didácticos, no que amosan a variedade de etapas e funcións que a danza tivo e ten para o ser humano.

P A S E OP O L A

D A N Z A

LA INCIDENTE DT Santiago de Composteladanza / contemporánea

SÁBADO 5 ABRIL 18.30

SALA AGUSTÍN MAGÁN CSC Santa Marta

VENDA ENTRADAS5 euros / entrada familiar: 15 euros (4x3)Teatro Principal (18.00-21.00 h., de martes a sábado)CSC Santa Marta (o día do espectáculo, a partir das 17.00 h)

recomendado: + 6 anos / todos os públicos

Page 4: SANTIAGO DE COMPOSTELA … Etura Chevi Muraday Chevi Muraday (Premio Nacional de Danza 2006) creou en 1997 Losdedae, unha das compañías de danza de maior relevancia nacional con

Cristina MonteroRut Balbís

“Momento Blooming conxuga momentos íntimos con momentos superficiais, choros e risas, inxenuidade e ensoñación, realidade e ficción… Queres ser rico ou pobre? Sabemos os segredos do teu éxito. Temos a solución aos teus problemas financeiros. Non perdas esta ocasión única, onde corpo, movemento, música e danza xúntanse para facer un cóctel anticrise…”. As bailarinas e creadoras galegas Rut Balbis (cía. Pisando Ovos) e Cristina Montero unen por primeira vez os seus talentos e ideas para crear Momento Blooming.

Cristina Montero / Rut Balbís direcciónAfonso Castro iluminación

M O M E N T O

B L O O M I N G

CRISTINA MONTERO & RUT BALBÍS Galiciadanza / contemporánea 45’

SÁBADO 5 ABRIL 21.00

TEATRO PRINCIPAL

VENDA ENTRADAS6 eurosentradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)* BONO DANZA (4 espectáculos a escoller): 20% de desconto

Page 5: SANTIAGO DE COMPOSTELA … Etura Chevi Muraday Chevi Muraday (Premio Nacional de Danza 2006) creou en 1997 Losdedae, unha das compañías de danza de maior relevancia nacional con

Anxela Blanco

Fume móvese entre as sombras, o cinema e a danza. Fusión do permanente e efémero, vehícula as emocións pretendidas. Fume é unha viaxe sensorial máis que narrativa… é vibración. A partir das imaxes cedidas da curtametraxe Y las chimeneas decidieron escapar do cineasta Oliver Laxe, o colectivo Fume crea un código orixinal que explora plasticamente as canles que existen entre pantalla plana e corpo en movemento. Anxela Blanco dirixe e interpreta unha galardoada peza que habita entre o cinema expandido, a video-danza e a performance.

Anxela Blanco direcciónOliver Laxe imaxes cedidasRut Balbís axuda á dirección e coreográficaMiguel Mariño tratamento visualMr. Krah (Iván Rodríguez) paisaxes sonorasDani Pais deseño da instalación e iluminaciónAlfredo Pérez asistencia técnica e de produciónSara Lesta vestiario

F U M ECOLECTIVO FUME A Coruñasombras / cinema / danza

MARTES 8 ABRIL 21.00

TEATRO PRINCIPAL

VENDA ENTRADAS6 eurosentradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)* BONO DANZA (4 espectáculos a escoller): 20% de desconto

Premio Nacional INJUVE á Creación EscénicaPremio Emprendedores da Universidade da Coruña

45’

Page 6: SANTIAGO DE COMPOSTELA … Etura Chevi Muraday Chevi Muraday (Premio Nacional de Danza 2006) creou en 1997 Losdedae, unha das compañías de danza de maior relevancia nacional con

MÉRCORES 9 | XOVES 10 ABRIL 21.00

TEATRO PRINCIPAL

ENTRADA GRATUITAPrevia retirada de invitación a partir do 18 de marzo,no despacho de billetes do Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado). Desconto de 1 euro coa presentación da entrada para o resto de espectáculos de danza (desconto non acumulable a outras ofertas).

Universidade da Beira do Interior (Portugal)Compañía TeatrUBI / Rui Pires direcciónDIAGNÓSTICO: DESGOSTO PATOLÓGICOSinto que non hai esperanza no futuro e que as cousas non poden mellorar. Estou farta e insatisfeita con todo. Míranme, xúlganme.

Universidade da CoruñaAula de Danza NORMAL UDC / Rut Balbís direcciónANIMAIS DE HÁBITOS NOCTURNOSA maioría dos animais mostran patróns de comportamento non moi diferentes aos das persoas. Trocar o día pola noite é parte do estilo dalgúns animais.

Universidade da CoruñaI+D Aula de danza da UDC / Rut Balbís direcciónPUNTO DE FUGAAs distancias, a profundidade, as perspectivas, a escala e os tamaños modifica o noso ollar. Punto de fuga xoga coa ilusión óptica coa que podemos percibir as imaxes.

Universidade de Santiago de CompostelaCompañía danzaUSCompostela / J. Carlos Zahera direcciónA ONDE SE FUGAN AS VALENTESNesta peza a experiencia dun encontro entre mulleres é o punto de partida..

Universidade de Santiago de CompostelaCompañía danzaUSClugo / Juan Carlos Zahera direcciónEMPATÍAA empatía fanos compartir espazos, sensacións, sentimentos e agudiza os nosos sentidos. É unha das ferramentas con as que se fabrican os soños.

Universidade de Vigo. Campus de OurenseD-ou-tras / trasPediante direcciónespectáculo por confirmar

Compañía Independente da USC- KaosA FUXIDAMonotonía… Estrés… Obrigas… O caos non morre, transfórmase. A orde molesta… non é natural. O caos empuxa a expresar sentimentos, á liberdade de expresión.

Compañía CISMA / Xiana Vilas direcciónENTRENANASO xogo, a inocencia, a obediencia, son elementos do mundo infantil que aínda irrompen na vida adulta, producindo pequenas fugas na rutina da vida cotiá.

Page 7: SANTIAGO DE COMPOSTELA … Etura Chevi Muraday Chevi Muraday (Premio Nacional de Danza 2006) creou en 1997 Losdedae, unha das compañías de danza de maior relevancia nacional con

Marta AlonsoBegoña CuquejoPaulina Funes

Teatro e danza interactúan con debuxos multimedia xerados ao vivo e música en directo (Madamme Cell sentada ao piano de cola) en Baleadas. Un xogo coas baleas, coas cores e tamén co público de todas as idades onde danza, plástica, música, palabras e animación bailan e se misturan no mesmo espectáculo. Inspirándose no poemario Balea2 do poeta Estevo Creus, a compañía trasPediante experimenta coa tecnoloxía que podemos ter nas nosas casas creando sorpresas, risas e baleas en anáglifo…

B A L E A D A S

trasPediante Santiago de Composteladanza / teatro / multimedia

SÁBADO 26 ABRIL 18.30

TEATRO PRINCIPAL

VENDA ENTRADAS5 euros / entrada familiar: 15 euros (4x3)entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443Teatro Principal (18.00-21.00 h., de martes a sábado, e o día do espectáculo a partir das 17.00 h.)

recomendado: + 4 anos / todos os públicos

Page 8: SANTIAGO DE COMPOSTELA … Etura Chevi Muraday Chevi Muraday (Premio Nacional de Danza 2006) creou en 1997 Losdedae, unha das compañías de danza de maior relevancia nacional con

Javier Martín

Vaidade, paixón, prexuízos, cultura e dor son os ingredentes desta poesía en movemento de Javier Martín, bailada a través das contradicións cotiás dunha vida de xeito evidente desconforme cos arredores e consigo mesma. Creador e intérprete das súas propias pezas, Javier Martín traballa en El ansia a improvisación baseada no movemento e a luz. A través da improvisación é posible crear un momento único e irrepetible, no que a propia enerxía do momento, condicionada por todos os elementos presentes na acción (espazo, tempo, artista, espectador...) plásmase instantaneamente no resultado…

Javier Martín creación / escenografía / música / textosOctavio Mas iluminaciónLa Canalla vestiario

E LA N S I AJAVIER MARTÍN A Coruñadanza / contemporánea

TEATRO PRINCIPAL

45’

MARTES 29 ABRIL 21.00

VENDA ENTRADAS6 eurosentradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)* BONO DANZA (4 espectáculos a escoller): 20% de desconto

Page 9: SANTIAGO DE COMPOSTELA … Etura Chevi Muraday Chevi Muraday (Premio Nacional de Danza 2006) creou en 1997 Losdedae, unha das compañías de danza de maior relevancia nacional con

Francesca LissiaCelso Pereira ArizagaArmando Rabanera MuroFabrizio GianniniCristiano della Monica

Con pequenas disputas e xogos de escondite, Capas lévanos a un lugar familiar feito de encontros calurosos e festivos. As artes circenses mistúranse coa música en directo e coa danza nun espectáculo cheo de poesía e humor. Un balón de fútbol, unha camba, unhas sabas brancas ou as entrañas do armario, son algúns dos elementos que se transforman en pretexto e fulcro da acción escénica e acrobática. Benvidos ao circo de “eia”!

C A P A S

COMPAÑÍA DE CIRCO “eia” Barcelonacirco / danza

DOMINGO 4 MAIO 19.30

TEATRO PRINCIPAL

VENDA ENTRADAS14 euros / 12 euros (anfiteatro)entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443Teatro Principal (18.00-21.00 h., de martes a sábado, e o día do espectáculo a partir das 17.00 h.)* BONO DANZA (4 espectáculos a escoller): 20% de desconto

recomendado: + 6 anos / todos os públicos

Page 10: SANTIAGO DE COMPOSTELA … Etura Chevi Muraday Chevi Muraday (Premio Nacional de Danza 2006) creou en 1997 Losdedae, unha das compañías de danza de maior relevancia nacional con

Alexis Fernández

O proxecto No Title Yet nace da colaboración da compañía de danza galega La Macana e do artista plástico francés Vladimir Cruells coproducida para o Centro Coreográfico Nacional Roubaix Nord-Pas de Calais que dirixe Carolyn Carlson. No Title Yet é unha peza na que o bailarín de orixe cubana Alexis Fernández conduce ao espectador a un espectáculo enormemente físico, tenro, divertido e animal. O corpo amósase capaz de responder aos estímulos externos, deixando de lado os conceptos, prexuízos, escrúpulos e convencionalismos dos adultos, e se move libremente, transformando o espazo de maneira natural, ata os seus propios límites.

Caterina Varela / Alexis Fernández direcciónCaterina Varela / Alexis Fernández / Vladimir Cruells creaciónVladimir Cruells espazo escénicoClaudia Faci asistente dramaturxiaOctavio Mas iluminación

N OT I T L E

Y E T

LA MACANA* A Coruñadanza / contemporánea 50’

XOVES 8 MAIO 21.00

TEATRO PRINCIPAL

VENDA ENTRADAS6 eurosentradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)* BONO DANZA (4 espectáculos a escoller): 20% de desconto

* coprodución Centro Coreográfico Nacional Roubaix Nord-Pas de Calais / La Macana

Page 11: SANTIAGO DE COMPOSTELA … Etura Chevi Muraday Chevi Muraday (Premio Nacional de Danza 2006) creou en 1997 Losdedae, unha das compañías de danza de maior relevancia nacional con

Sara CanoDaniel DoñaVanessa MedinaTeresa Nieto

Dende os meus cuarteis de inverno escribín estas seis notas para que as leas na miña ausencia. Son pequenos poemas elaborados só con luz e carne. Para ti seis buscas, seis desexos, seis emocións, seis encontros, seis estados, seis vivencias... seis evanescencias que espero recordes. Algún día afastarannos, chegará ese momento. Só pido que me deixen conservar un tempo máis os meus instrumentos de contar. Se o consigo seguirei escribindo poemas no aire con corpos prestados e emocións propias. Así resume o seu Petit Comité a veterana Teresa Nieto (Premio Nacional de Danza 2004 galardoada repetidamente nos Premios Max).

Teresa Nieto creación / direcciónHéctor González música orixinalTeresa Nieto vestiarioGloria Montesinos iluminación

P E T I T

C O M I T E

TERESA NIETO EN COMPAÑÍA Madriddanza / contemporánea 65’

MÉRCORES 15 OUTUBRO 21.00

TEATRO PRINCIPAL

VENDA ENTRADAS15 eurosentradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)* BONO DANZA (4 espectáculos a escoller): 20% de desconto

Page 12: SANTIAGO DE COMPOSTELA … Etura Chevi Muraday Chevi Muraday (Premio Nacional de Danza 2006) creou en 1997 Losdedae, unha das compañías de danza de maior relevancia nacional con

Virginia GarcíaDamián MuñozJordi Berch

O cuarto ardía lentamente ao seu arredor, todas as súas pequenas comodidades se queimaran, empapáranse e volveran entrar en combustión. Terían aproveitado calquera oportunidade de volver á normalidade. Un espectáculo de música e danza onde os tres intérpretes viaxan por unha partitura de tensións acumuladas mentres buscan, con boas intencións, o alivio. La Intrusa foi creada en 1996 por Virxinia García e Damián Muñoz (Premio Max ao mellor intérprete masculino 2009), ideadores, directores e produtores dos premiados proxectos escénicos e audiovisuais desta prestixiosa compañía catalá.

Virginia García / Damián Muñoz creación / direcciónVirginia García dramaturxiaClara Peya música orixinal / dirección musical / pianoJordi Berch iluminaciónRoc Ibàñez son

B E S TO FY O ULA INTRUSA Barcelonadanza / contemporánea 55’

MÉRCORES 29 OUTUBRO 21.00

TEATRO PRINCIPAL

VENDA ENTRADAS10 eurosentradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443 Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)* BONO DANZA (4 espectáculos a escoller): 20% de desconto

Page 13: SANTIAGO DE COMPOSTELA … Etura Chevi Muraday Chevi Muraday (Premio Nacional de Danza 2006) creou en 1997 Losdedae, unha das compañías de danza de maior relevancia nacional con

BONO DANZA *4 espectáculos a escoller: 20% de desconto

* agás os espectáculos familiares Baleadas e Paseo pola danza* só dispoñible no despacho de billetes do

Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)

www.compostelacapitalcultural.orgtodas as novidades en

programación suxeita a cambios e novas incorporacións

SANTIAGO DE COMPOSTELA