Salvemos a igrexa de Vilasouto

1
Tfne. 676 80 02 [email protected] www.lugopatrimonio.org SALVEMOS A IGREXA VELLA DE VILASOUTO (O INCIO) A chamada igrexa Vella de San Mamede de Vilasouto, no concello do Incio, está a piques de derrubarse. É un fermoso e interesante monumento con portada románica do s. XII, espadana e nave lateral dun barroco elegante e certamente orixinal, con pinturas que aínda se poden salvar e policromías desta etapa. Esta igrexa foi queimada en 1936 e rehabilitada pouco despois, deixando de cumprír funcións relixiosas en 1970 cando se construíu outra nova dun valor artístico pobre. Desde este momento a xoia arquitectónica primitiva foi abandonada e agora está practicamente sen lousado e comeza un deterioro sen volta atrás no caso de que non lle poñamos remedio. Causa estupor tal desleixo nunha paraxe única, á beira do encoro de Vilasouto e ao pé doutros monumentos do Incio como son castros, outras igrexas, pero de menor interese, o petróglifo do Agro do Pepe ou a sonada Necrópole de Santa Mariña, o que dá alternativas de pequenos museos ou centros de interpretación para os cales esta igrexa de San Mamede podería servir dunha necesaria infraestrutura cultural. LugoPatrimonio chama a atención colectiva para salvar este interesante monumento, e dirixe este escrito ao propio concello do Incio, Bispado de Lugo, Excma. Deputación Provincial de Lugo e Xunta de Galicia, así como aos veciños e veciñas de Vilasouto. Entre todos podemos frear esta destrución se realmente hai interese e sensibilidade polo noso patrimonio. Lugo, a 25 de novembro do 2011 1

description

Comunicado de LugoPatrimonio sobre a igrexa de Vilasouto.

Transcript of Salvemos a igrexa de Vilasouto

Page 1: Salvemos a igrexa de Vilasouto

Tfne. 676 80 02 [email protected] www.lugopatrimonio.org

SALVEMOS A IGREXA VELLA DE VILASOUTO (O INCIO)

A chamada igrexa Vella de San Mamede de Vilasouto, no concello do Incio, está a piques de derrubarse. É un fermoso e interesante monumento con portada románica do s. XII, espadana e nave lateral dun barroco elegante e certamente orixinal, con pinturas que aínda se poden salvar e policromías desta etapa. Esta igrexa foi queimada en 1936 e rehabilitada pouco despois, deixando de cumprír funcións relixiosas en 1970 cando se construíu outra nova dun valor artístico pobre. Desde este momento a xoia arquitectónica primitiva foi abandonada e agora está practicamente sen lousado e comeza un deterioro sen volta atrás no caso de que non lle poñamos remedio.

Causa estupor tal desleixo nunha paraxe única, á beira do encoro de Vilasouto e ao pé doutros monumentos do Incio como son castros, outras igrexas, pero de menor interese, o petróglifo do Agro do Pepe ou a sonada Necrópole de Santa Mariña, o que dá alternativas de pequenos museos ou centros de interpretación para os cales esta igrexa de San Mamede podería servir dunha necesaria infraestrutura cultural.

LugoPatrimonio chama a atención colectiva para salvar este interesante monumento, e dirixe este escrito ao propio concello do Incio, Bispado de Lugo, Excma. Deputación Provincial de Lugo e Xunta de Galicia, así como aos veciños e veciñas de Vilasouto.

Entre todos podemos frear esta destrución se realmente hai interese e sensibilidade polo noso patrimonio.

Lugo, a 25 de novembro do 2011

1