òò ××××× á á á áá á - Lengua4esosmnarancoav · îîê òòò¿ ¿ á á á á á ò ò ¾ ò á á á á á ò ò ò
SALTA Á VISTA final · SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 2. salta á vista...
Transcript of SALTA Á VISTA final · SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 2. salta á vista...
salta á vista
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 4
BO DÍA
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 1
biblioteca básica do comercio
edita: Consellaría de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Comercio
coordina: Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia
data: Xullo 2008
depósito legal:C 3896-2008
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 2
salta á vista
apuntamentos para
unha boa atención á
clientela
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 3
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 4
É unha satisfacción para min presentar estacolección de manuais prácticos para o noso sec-tor comercial que denominamos como"Biblioteca Básica do Comercio". Trátase dunhacolección de manuais cos que queremos contri-buir a unha maior formación dos/as profesionaisdo sector do comercio naqueles temas quesendo de máximo interese e actualidade teñenque ver coa súa actividade cotiá .
Pretendemos dotar ao noso comercio dunhaferramenta de apoio onde se traten temas fun-damentais dunha forma sinxela e práctica dán-dolle prioridade á elaboración de pautas erecomendacións adaptadas ás suas necesidades.
Os cambios no comercio galego deben irparellos ás profundas transformacións que seestán a producir no mercado. A clientela, cadavez máis formada e informada, precisa de comer-ciantes que respondan ás súas necesidades.
O mantemento dunha posición competitivarequire do desenvolvemento e potenciacióndos elementos que o caracterizan: atenciónpersonalizada, especialización con respecto aoutras fórmulas comerciais, maior coñece-mento dos produtos e, polo tanto, a posibili-dade dun mellor asesoramento ás persoas quese achegan aos establecementos comerciais,sendo ademáis fundamental obter unha dife-renciación competitiva e un posicionamentobaseado na calidade do servizo.
O obxectivo da Consellaría de Innovacióne Industria é precisamente consolidar ocomercio galego como un comercio de cali-dade e un sector económico de referencia.
Con esta iniciativa queremos dar un pasomáis neste sentido e, agardo que a colec-ción que presentamos sexa da súa máximautilidade.
FERNANDO X. BLANCOConselleiro de Innovación e Industria
PRESENTACIÓNA Consellaría de Innovación e Industriamárcase como un dos seus obxectivosprincipais acadar a plena profesionalizacióndo sector comercial.
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 5
LIMIARO comercio de proximidade ten na atención personalizada
unha das súas características fundamentais, que o distinguefavorablemente doutros formatos comerciais. Ao longo deste
caderno danse apuntamentos básicos que inciden nunhamellor atención á clientela.
O comercio polo miúdo, na actualidade, atópase nun proceso noque a modernización, a innovación e a mellora continua se con-verten en ferramentas fundamentais para poder convivir conoutros formatos comerciais. O trato próximo, o coñecementoprofesional dos produtos, a confianza... son as características quea clientela atopa no teu establecemento, a túa identidade.
Neste sentido, a nosa estratexia pasa por dotar o comercio polomiúdo de ferramentas que permitan a súa profesionalización e odesenvolvemento das capacidades necesarias para adaptarse conéxito ás fondas transformacións que se están a producir na formade vender e comercializar, no trato á clientela, na calidade do ser-vizo, na xestión dos establecementos, na súa imaxe, no uso denovas tecnoloxías, etc.
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 6
A Consellaría de Innovación e Industria, a travésda Dirección Xeral de Comercio da Xunta deGalicia, vén de crear a Biblioteca Básica doComercio, unha colección de manuais-guíaspara contribuír á formación dos/as profesionaisdo sector, nos aspectos clave no desenvolve-mento da súa actividade comercial.
Esta iniciativa formativa e de posta ao día dos/ascomerciantes, representa, sen dúbida, unimpulso máis a un comercio galego de calidade,competitivo e fortemente comprometido coasociedade e co seu ámbito.
A Biblioteca Básica do Comercio complementaoutras actuacións levadas a cabo polaConsellaría de Innovación, a través da DirecciónXeral de Comercio, que permitiu, con grandeéxito, a implantación do Selo de Calidade doComercio Galego.
A obra, cun enfoque divulgativo, áxil e funda-mentalmente práctico, e cunha presentaciónamena, atractiva e de fácil comprensión, constainicialmente de 13 títulos:
Apaga o candil: medidas e hábitos de aforroenerxético.
Coidadiño: prevención de riscos laborais nocomercio.
Paso libre: accesibilidade e eliminación debarreiras arquitectónicas.
Bo día: a importancia da atención aocliente.
Salta á vista: técnicas de escaparatismo.
Máis por menos: técnicas de mercadotecniae vendas.
Con todas as da lei: a normativa básica docomercio.
Envolto para que volte: guía do empaquetadoe presentación de artigos.
Coidando o meu ambiente: actuacións eprácticas que minimizan o impactomedioambiental.
O meu produto como “tic” queiras: TIC ecomercio electrónico (e-commerce).
Galeg@ vende (Tomos 1 e 2): o respectodos dereitos lingüísticos como ferramentaestratéxica e competitiva.
Sei que me queres: técnicas e prácticas paraa fidelización de clientes.
ANA MARÍA RÚA SOUTODirectora Xeral de Comercio
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 7
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 8
ÍNDICE1O escaparate
Que consigue o escaparate dun establecemento?
Que tes que ter en conta cando fagas o teu escaparate?
O frío e a calor do escaparate
Tipos de escaparates
2Elementos básicos dun escaparate
Que bonitas cores
Que luz tan marabillosa
Que cousiñas máis bonitas vendes!!
3Carteis e etiquetas no escaparate
Para que serven os carteis
As mensaxes dos carteis
Como poñer o prezo
De que tamaño
Que cores podes elixir
4Decora o teu escaparate
Mobles
Manequíns
Materiais
5Mans á obra
Fai un bosquexo da túa idea
Monta o escaparate
6Anexo
SALTA Á VISTA
9
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 9
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 10
OESCAPA-
RATE
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 11
BIBLIOTECA BÁSICA DO COMERCIO
12
Oescaparate dun
comercio é a primeira tarxeta
de visita coa que contas, é a canle de
comunicación entre o teu establece-
mento e a clientela potencial, sinteti-
zando e reflectindo o estilo do estable-
cemento e o que vendes. Se fas un bo
uso do escaparate, poderá converterse
no mellor elemento de venda porque:
posúe un carácter persuasivo e coerci-
tivo, vende sen descanso, os impactos
que reciben as persoas que pasan por
diante adoitan ser repetidos.
No entanto, isto non se consigue só
con poñer produtos no escaparate.
Hoxe en día debes ser consciente da
importancia que ten a linguaxe visual
na comunicación, seguramente acos-
tumas ver anuncios de televisión que
non conteñen nin unha soa palabra sen
perder o seu significado, así que, presta
especial atención á linguaxe visual do
escaparate e non o consideres unha
exposición dos produtos que non
resultan doados de vender.
OESCAPA-
RATE
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 12
13
SALTA Á VISTA
1Chamar a atención.
2Producir sensacións.
3Deixar unha boa imaxe.
4Aumentar a demanda, atraendo e retendoa clientela.
QUECONSIGUE O
ESCAPARATE DUN
ESTABLECEMENTO?
Lembra que preto do 70 % das entradas
aos establecementos e o 23 % das vendas
son provocadas polo escaparate.
A función do escaparate pódese resumir
en: mostrar os artigos e vendelos. No
entanto, pódense enumerar moitas outras
funcións que pode chegar a conseguir o
escaparate:
5Alegrar as rúas, formando parte do urbanismocomercial.
6Transmitir o tipo de establecemento que é eo seu estilo.
7Informar acerca da calidade, nivel de prezo evariedade de produtos do establecemento.
O escaparate é a promesa do
que a clientela atopará no
interior!!
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 13
14
BIBLIOTECA BÁSICA DO COMERCIO
QUE TES QUE TER ENCONTA CANDO FAGAS O
TEU ESCAPARATE?Hai unha serie de factores fundamentais
que van a condicionar en todo caso acomposición do teu escaparate:
1Os produtos: son o epicentro do escaparate.Independentemente do tipo de produto quesexa, trata de centrar a atención da clientelaneles.
2As características arquitectónicas: trátasedun elemento de difícil modificación, así queá hora de planificar o escaparate debes telasen conta e sacarlles o mellor partido.
3Materiais auxiliares: son o conxunto deferramentas que podes empregar pararesaltar os artigos que che interese.
Ten en conta os seguintesprincipios básicos á hora dedeseñar o teu escaparate:
1SIMPLIFICA: Fuxe da “contamina-ción visual”. Se o produto está amon-toado, a clientela non se fixará ennada. 2DESTACA: Evita sensaciónsde espazos planos, intenta que haxacontrastes que fagan que a clientelamire a cada un dos produtos indepen-dentemente. 3CLARIFICA: Nonmetas artificios innecesarios e reflictea mensaxe que queiras transmitir. 4SENÍTIDO/A: A clientela debe ver cla-ramente a mensaxe que queres trans-mitir. 5AGRUPA E DEIXA ESPAZOS:Agrupa segundo a complementarie-dade e deixa espazo para identificarpuntos de atención, se dispersas oudeixas ocos centrais sen senso, nonserá efectivo. 6QUE PREDOMINE:O escaparate non é unha continua-ción do establecemento, ten tino áhora de escoller e colocar os pro-dutos. 7FÁGASE A LUZ: Os efectostenebrosos e a escuridade están hoxeen día totalmente descartados.
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 14
15
SALTA Á VISTA
TIPOS DE ESCAPARATESSegundo o a natureza dos produtos que vaiasexpoñer, podes optar polos seguintes tipos deescaparates:
ESCAPARATES DE TEMPADAAnuncian o inicio dunha tempada, informando denovos produtos e tendencias do mercado.
ESCAPARATES DE ACONTECEMENTOSAnuncian a chegada dun acontecemento socialcomo o Antroido, o día da nai, o día do pai, o díados namorados, o Nadal, etc. Aprovéitao para ven-der produtos típicos destes días.
ESCAPARATES DE PRESTIXIOO máis importante é a beleza dos produtos expos-tos, venden prestixio e a “clase do establece-mento”. Normalmente centran a composición nunsó artigo de luxo e non adoitan empregar ele-mentos publicitarios.
ESCAPARATE COMERCIALPresentan os produtos que compoñen a variedadede artigos do establecemento cunha clara mensaxede venda. Adoitan estar algo recargados e conpouca decoración. Se queres melloralo, reduce onúmero de artigos e fai unha maior rotación.
ESCAPARATES DE PREZOEmprégaos cando queiras destacar o prezo do pro-duto. Neste tipo é corrente ver os produtos amon-toados e sen orde. Se o/a cliente/a busca unhaganga, é a mellor forma de presentar o produto.
ESCAPARATES PROMOCIONAIS E DE OFERTASe empregan para produtos promocionados, deoferta, liquidacións, saldos... identificando a oportu-nidade de merca. A decoración non é omáis importante, senón que empre-gues carteis cos prezos efrases de vendachamativas.
O FRÍO E A CALORDO ESCAPARATE
A primeira impresión é a que conta. Eno caso dos establecementos, o
escaparate é o que leva as primeirasmiradas dos/as clientes/as
potenciais.
Non todos os puntos do escaparateteñen a mesma capacidade para atraer aatención da clientela. Hai unhas zonasmáis visibles ca outras cara ás que a os/asviandantes dirixen instintivamente amirada ao pasar por diante dun escapa-rate. No escaparate, as zonas quentesson aquelas que teñen un maior poten-cial de visibilidade e, polo tanto, devenda, mentres que as zonas frías sonaquelas que non forman parte do perco-rrido visual normal.
O escaparate pode dividirse...
HORIZONTALMENTE:1A zona baixa é a que ten maioresposibilidades comerciais e de venda. Axente tende a mirar o chan do escapa-rate, así que coloca aquí o teu produtode base. 2A zona media sitúase entreos 1,50 metros e os 1,70 metros.Coloca nesta zona os produtos queatraian a mirada da clientela potencial.3A zona alta (por riba dos 1,70 metrosde altura) é apropiada para colocarcarteis ou publicidade.
VERTICALMENTE:Segundo a división vertical, a mellorzona é a central, cun valor do 47%, aesquerda tería un valor do 28 % e cun25 % estaría a dereita.
15
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 15
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 16
ELEMEN-TOS
BÁSICOSDUN
ESCAPA-RATE
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 17
BIBLIOTECA BÁSICA DO COMERCIO
Cando
definas o escaparate
ten en conta a concordancia dos
elementos que o forman.
ELEMEN-TOS
BÁSICOSDUN
ESCAPA-RATE
18
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 18
19
SALTA Á VISTA
Un truco: En verán emprega tons ver-
des ou azulados para refrescar a quen
o contemple. En inverno, se usas o ver-
mello, laranxa ou amarelo, a clientela
terá unha sensación acolledora e de
calor.
1A harmonía por gamas. É fácil de presentar,xa que é a degradación natural dunha corescura ata chegar á súa tonalidade máis claraou viceversa. Son axeitadas para todo tipo deexposicións, pero ten coidado, xa que o seuabuso levará á monotonía.
2A harmonía por contraste. É a combinaciónde cores opostas. Ten moito efecto, pero tencoidado, xa que pode ser perigosa, pois unhamala combinación de cores pode resultarrecargada. Emprega contrastes de cores fríase cálidas.
As cores teñen efectos psicolóxicos sobre aspersoas. Non hai máis que fixarse en que seadoitan empregar cores frías para expresartristeza, pesimismo, baleiro, mentres que ascálidas se identifican co vivo, coa alegría, coaacción...
QUE CORES PODES EMPREGAR?As cores provocan diferentes reaccións,sensacións e evocacións que exercen unhaconsiderable influencia sobre o ánimo e ossentidos da clientela. Un bo coñecemento dautilidade de cada cor poderá influír nos resul-tados do teu escaparate. A través das dife-rentes cores podes transmitir todo tipo desentimentos, e cada un deles pode ser axeitadopara un lugar determinado do escaparate.
QUE
BONITAS CORES
As cores do escaparate teñen unha
importancia esencial, xa que poden
determinar o equilibrio, a percepción dos
obxectos, as sensacións que provocan...
Debes pensar en harmonías ou conxugacións
de cores que poidan causar distintos efectos
na clientela que observe o escaparate:
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 19
20
BIBLIOTECA BÁSICA DO COMERCIO
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 20
QUE COR DEBES ELEXIR?Para elixir os mellores tons e gamas de corpensa nas seguintes cuestións:
1As características dos produtos. Cada produtose asocia a unhas determinadas cores que tesque aproveitar. Primeiro analiza as cores dosprodutos que vas expoñer e a partir de aí tra-balla coa decoración creando un conxunto har-mónico. Por exemplo, se o teu establecementovende artigos de xoiería, podes empregar tonosgrises e negros para destacar artigos de platino,brillantes ou plata e para artigos de ouro oudourados, podes empregar tonos suaves, neu-tros ou algúns cálidos.
Na medida do posible, retira as embalaxes ecaixas, xa que están especialmente deseñadaspara destacar entre outras semellantes e sondifíciles de combinar nun escaparate.
2O estilo do comercio e da clientela. Ten pre-sente a quen te dirixes. Transmitir a idea apro-piada será fácil se coñeces a psicoloxía dascores e fas un bo uso dela.
3A moda (o último do último). A moda non sóafecta aos establecementos téxtiles, é un factorfundamental á hora de montar calquera escapa-rate. Por exemplo: se o escaparate segue unestilo vanguardista, é mellor utilizar cores for-tes (malvas, fucsias, ou tella) que aportan untoque desenfadado e alegre. Estas cores con-trastan moi ben coa estética dos obxectos dedeseño.
4O número de cores. Non abuses do númerode cores, xa que o exceso pode “marear” á clien-tela e o escaparate pode perder a súa finalidade.
21
SALTA Á VISTA
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 21
22
BIBLIOTECA BÁSICA DO COMERCIO
QUE LUZ TAN MARABILLOSACada establecemento require dun tipo de iluminación diferente. A luz permitirachecentrar a atención da clientela e acadar distintos efectos, mesmo podes conseguirmodelar obxectos, crear ambientes, resaltar determinados produtos, etc.
A luz é imprescindible nos escaparates, dá unidade e orde a toda a composición, xa quedefine a orientación espacial e resolve o problema das luces e as sombras. Cando unobxecto está iluminado hai unha gradación de luces e sombras que dan volume e signi-ficado ao conxunto. Para isto, emprega sistemas de iluminación complementarios:
1Luz principal ou directa (iluminación ambiental). É a principal forma de iluminación.Baséase en luces fixas contra o espazo e é a que determina a forma do obxecto e definea súa sombra. En establecementos de alimentación, esta iluminación ten que ter untoque cálido, para apreciar a cor natural dos produtos e que non resulte un conxuntomoi frío.
2Luz secundaria (iluminación complementaria).Complementa a luz principal. Emprégaapara precisar o obxecto, a súa sombra e o espazo. Tamén a podes usar para matizar aluz principal e para buscar efectos de profundidade, harmonía e composición. No casodas librarías, a iluminación é xeralmente de luz indirecta, salvo naqueles escaparatesnos que se pretende destacar algunha obra; neste caso, complemetaríase con luz directa.
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 22
23
SALTA Á VISTA
QUE EFECTOS PODES CONSEGUIR COAS LUCES?Se contas con lámpadas con posibilidades de orientación, tes varias alternativas:
1FRONTAL SUPERIOR: Colócase iluminando o obxecto por riba do punto de vista do/a obser-vador/a. Produce sombras, polo que non aumenta a visibilidade dos detalles do obxecto pero sia súa simetría. 2FRONTAL SUPERIOR A 45º: Produce efectos similares á iluminación natural.Colócase na parte superior, por riba do punto de vista do/a observador/a, pero cun ángulo de45º. Conseguirás destacar a forma e as texturas dos obxectos e producirás sombras moi agra-dables. 3INFERIOR: Colócase por debaixo do punto de vista do/a observador/a. Proxecta som-bras nas paredes e o teito do escaparate, achega unha sensación artificial, pero é moi orixinal.4LATERAL: Colócase iluminando os artigos dende un dos lados e adoita empregarse á mesmaaltura que o punto de vista do/a observador/a. Se a colocas máis alta, conseguirás un efecto máisnatural. Se a completas cunha iluminación complementaria, restarás dureza ás sombras e des-tacarás as texturas. 5CONTRALUZ: Sitúase iluminando o obxecto dende a parte posterior, nosentido contrario á vista do/a observador/a. Pode resultar perigoso, xa que pode cegar ao/aobservador/a e deixar os obxectos en sombra. Utilízao para iluminar obxectos transparentes eten moito coidado de non cegar.
Emprega
lámpadas con posibi-
lidade de orientación. Se uti-
lizas luces fixas, obrigaranche a
facer composicións parecidas ao
ter que estar os artigos desta-
cados nos mesmos puntos, e non
terás a posibilidade de facer
xogos de luces (claro-
escuros).
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 23
Ademais, no peso inflúen:
1A COR E O TAMAÑO: As cores cla-ras pesan máis ca as escuras.2CARACTERÍSTICAS DO PRO-DUTO: As formas regulares pesanmáis ca as irregulares. 3ILLAMENTO :Achega maior peso e resalta os produ-tos máis importantes. 4INTERESE:Se oproduto ten interese para a clientela,pasará a primeiro plano. 5A COLOCA-CIÓN: Os produtos colocados na partebaixa teñen maior peso.
A FORMA Mostra os produtos de forma clara,permitindo crear unha imaxe mentalnítida e definida.
A MEMORIAA percepción dos obxectos se relacio-na co hábito de velos. Aínda que o fac-tor sorpresa é fundamental, o feito derecordar a imaxe achega serenidade econfianza.
QUE COUSIÑAS MÁISBONITAS VENDES!!
Á hora de montar o escaparate tes queelixir a composición que máis destaque osprodutos que queres vender. A percepción
dos artigos e imaxes que se expoñen noescaparate pode verse afectada por
elementos como a situación do espazo, asformas e cores, pero ademais tes que ter
moito ollo en elixir a colocación que máische conveña; para isto, valora...
O EQUILIBRIO Aparentemente está relacionado coa simetría;no entanto, non sempre é así. Se colocamosos produtos de forma simétrica, obteremosefectos equilibrados, pero esta é unha alterna-tiva demasiado fácil e un tanto monótona.Non abuses da simetría e saca proveito ásdesigualdades, obterás resultados sorpren-dentes e variados.
O PESO O peso visual dun obxecto aumenta en rela-ción á distancia que o separa do plano e incre-méntase en función da profundidade.Aumenta a profundidade se o que queres éresaltar produtos pequenos.
BIBLIOTECA BÁSICA DO COMERCIO
24
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 24
A COMPOSICIÓNPodes facela segundo liñas imaxinarias que levenaos/ás observadores/as a facer un percorrido visualordenado por todo o escaparate:
1XEOMÉTRICA: Coloca os produtos baseándoteen diferentes figuras xeométricas. Podes facelo ver-tical, horizontal, frontal ou oblicuamente. 2LINEAL:Forma liñas horizontais e transmitirás tranquilidadee paz. Se as fas verticais, darás sensación de seguri-dade e forza. 3CIRCULAR: Se dispós os produtosequidistantes en torno a un punto central produ-cirás un efecto de dinamismo e graza.4PIRAMIDAL: Coloca os produtos baseándoteen posicións triangulares, formando pirá-mides. Podes facelo colocandouns artigos diante deoutros ou xogandocoas altu-ras.
O ESPAZOA percepción dun obxecto pode verseinfluenciada polo que ten ao seu redor epolo lugar que ocupa no escaparate.Intenta sacar rendemento ao espazo senamontoar. Para dar profundidade podes:
1No caso de decoracións mínimasempregar a superposición, facendo queos artigos se interrompan parcialmentepero se visualicen de forma suxerida.2Baixar a liña do horizonte facendo queo fondo sexa o máis uniforme posible.3Inclinar as paredes laterais, do teito edo chan cara a atrás. Por exemplo,pechando as paredes laterais con teas.4Empregar graos de tamaño, colocandoun obxecto en primeiro plano eunha réplica de menortamaño ao fondo.
SALTA Á VISTA
25
Regras fundamentais:
Elixe artigos complementarios. Non
utilices máis dunha ou dúas formas
xeométricas.Non empregues máis de
tres cores por escaparate. Compón o
escaparate a partir de liñas imaxina-
rias.Diferencia alturas e profundi-
dades.Compón grupos.
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 25
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 26
CARTEISE ETI-
QUETASNO
ESCAPA-RATE
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 27
BIBLIOTECA BÁSICA DO COMERCIO
O s
carteis son unha
importante ferramenta de
comunicación entre a clientela e o
establecemento. Ademais, axudan a
crear unha imaxe concreta do estilo e
posicionamento.
CARTEISE ETI-
QUETASNO
ESCAPA-RATE
28
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 28
29
SALTA Á VISTA
1Informar.
2Atraer.
3Decorar.
4Vender.
AS MENSAXES DOSCARTEISSegundo a mensaxe que queirastransmitir emprega un destes tipos decarteis:
1De promoción ou oferta. 2Informativos.3De prezo. 4De reclamo
O máis importante é a elección das palabrasque compoñerán o cartel, xa que quizaisqueiras dicir moitas cousas con poucas pala-bras: debe primar sempre a simplicidade!
PARAQUE SERVEN
OS CARTEIS
Os carteis constitúen un dos medios
empregados na denominada publicidade
exterior: todos poden velos e por iso
podes aproveitalos para incluír
información, como o nome, o logotipo,
unha cor identificativa...
Un cartel ben colocado no escaparate pode
cumprir catro funcións fundamentais:
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 29
Podes reforzar a mercadoría cun textocurto que chame a atención, como porexemplo “Oferta”, ou “Aquí tes o melloragasallo para túa nai”.
Ten en conta tamén que a terminacióndos prezos pode influír na percepción daclientela de se o produto é de luxo, barato,etc. Os prezos rematados en 99 e 95poden dar sensación de máis baratos ca osprezos redondos, rematados en 0.
O prezo adoita ser decisivo para moitaspersoas. Así, en función deste, a clientela
valora se os beneficios do produtomerecen o esforzo monetario que supón.
Un sistema para tentar diminuír a sensa-ción de prezo é facer que o texto ocupeunha terceira parte do cartel e os númeroso resto.En rebaixas, saldos, liquidacións eofertas tes varias opcións:
30
BIBLIOTECA BÁSICA DO COMERCIO
COMO POÑER O PREZO
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 30
31
SALTA Á VISTA
Ten en conta que se os prezos non sonmoi visibles, pode dar a impresión de que
se trata de produtos de luxo ou caros.
Para non saturar o escaparate de etiquetas,podes agrupalos en listaxes que recollan arelación dos artigos expostos.
O tamaño do cartel tamén incide no valordo produto, canto máis grande sexa, máissensación de barato dará.
Podes resaltar o prezo de determinadosprodutos empregando diferentes cores (porexemplo, letras vermellas sofre fondo amarelo).Estas cores poden atraer a mirada da clientela.
Nas rebaixas, promocións, descontos ou ofertasespeciais podes optar por pegar vinilos de coresno cristal do escaparate. Nesta situación ten enconta a psicoloxía das cores e, sobre todo, quechamen a atención.
DE QUE TAMAÑO QUE CORES PODES ELEXIR
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 31
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 32
DECORAO TEU
ESCAPA-RATE
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 33
BIBLIOTECA BÁSICA DO COMERCIO A
decoración do
escaparate pode axudarche a
definir a mensaxe que queres trans-
mitir pero, sobre todo, a súa función é
mellorar a presentación dos artigos e
vender. Ten en conta que o escapa-
ratismo é unha técnica creativa que
busca a diferenciación, polo tanto,
deberás espremer os teus recursos cre-
ativos. Para decorar o escaparate, podes
empregar os seguintes elementos:
Mobles ou estruturas que reforzan e
destacan os produtos.
Manequíns que dan vida aos produtos
e poden establecer unha comparativa
ou identificación.
DECORAO TEU
ESCAPA-RATE
34
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 34
35
SALTA Á VISTA
Tubos, cadeiras e mesmo bidóns podenlograr o mesmo efecto ca as mesas pero cuncarácter máis persoal. Ademais se xogas coascores, poderás conseguir atractivas montaxes.
Os elementos vivos e as fotos poden imprimircarácter ao teu escaparate. Xa sabes... unhaimaxe vale máis ca mil palabras.
Os teus provedores seguramente che facilitenmaterial decorativo das marcas que distri-búen e que podes empregar para adornar oteu escaparate. No caso de que non o fagancoméntallo, en moitas ocasións este materialserache de utilidade.
As plataformas que xiran 360º
son útiles para exhibir produtos
que necesitan ser mostrados
dende todos os ángulos.MOBLES
O primeiro que debes ter claro é que a
decoración do escaparate ten que ser algo
complementario, nunca debe anular a
visibilidade dos produtos que queiras
vender. É tan negativo sobrecargar o
escaparate como deixalo baleiro.
Se o teu establecemento é de artigos de
fogar, podes empregar estantes, andeis,
falsas ventás ou portas para recrear
escenas domésticas. Así, a persoa que
mira o escaparate pode identificar a súa
propia vivenda e chegar a pensar: “Que
ben quedaría na miña casa!”.
Pola contra, se o teu establecemento éunha floraría na decoración debes empregarelementos que transmitan calidade e natu-reza do produto, que evoquen a súa orixe“natural”.
Se o escaparate é aberto e non tes paredes,podes empregar bastidores de madeira recu-bertos de tea, chapas finas, papel ou outrotipo de material que simule unha parede.
As mesas poden proporcionarche o efectode distintos volumes e facer que a per-cepción do escaparate resulte máis sinxela.Ten en conta que o material con que esteanfabricadas pode dar diferentes ideas doestilo do establecemento; así, a madeiraproporciona nobreza mentres que o cristalse asocia co clásico, pero se o combinascon elementos metálicos, dará un carácterinnovador ao escaparate.
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 35
36
BIBLIOTECA BÁSICA DO COMERCIO
MATERIAISO tapizado, enteado, empapelado ouuso de diversos materiais son hoxeelementos básicos cos que debecontar calquera persoa que queiramontar un escaparate. Podesaproveitalos para conseguir efectossorprendentes.
Calquera elemento pode servirchepara ambientar o escaparate, sempree cando forme parte da idea ou amensaxe que queiras transmitir.Algunhas ideas son:
CARTÓNSe emprega pintado de cores, aíndaque o seu principal uso é comosoporte publicitario en forma de dis-play, expositor ou cartel.
PAPELHoxe en día ten un gran auxe e ofrecemoitas posibilidades, tanto en cali-dades coma en cores e estampados.
MANEQUÍNSAo longo dos anos os manequíns foron
evolucionando, tanto nos seus materiais(dende o coiro, a cera ou a estopa ata oactual plástico e a fibra de vidro) coma
nas súas formas, pasando dende asfiguras xeométricas ata o hiperrealismo e
o futurismo. Esta evolución confirma queos manequíns tamén envellecen a pesar
de non teren vida propia. A clientela dáseconta de se están anticuados ou non,
fíxanse no seu peiteado, na cara, e ata asúa postura pode delatar se están
pasados de moda ou non.
Aproveita os manequíns para montar escenasda vida cotiá, a clientela sentirase identifi-cada. Ademais, se son móbiles, xoga coassúas posturas.
Ten en conta que a mirada dun manequínpode conducir a vista dos/as clientes/as caraa determinados puntos que che intereseque vexan.
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 36
37
SALTA Á VISTA
CORDAÚsase principalmente para suxeitar oselementos do escaparate. Normal-mente utilízase corda transparente outanza; no entanto, en determinadosescaparates as cordas de hilo pódenseempregar tamén como elementosdecorativos.
TAPIZEscolle materiais elásticos, pois chefarán máis doado o traballo, e tenespecial coidado ao tapizar con mate-riais que teñan estampados, sobretodo raias.
TEASÉ importante que teñan peso, quearrastren e que as poidas lavar confacilidade. Podes incluír teas de todotipo, pero sempre en cores simi-lares para que o escapa-rate quede har-monioso.
Os elementos decorativos que podes empregar setes unha panadería son: cestas de vime, manteis decadros, utensilios de panadeiro/a. Nas froitarías, osbodegóns son sempre elementos decorativos cha-mativos e apatecibles, así como calquera outro ele-mento que evoque a natureza do produto (caixasde madeira , cestas de vime, cáñamo, etc).
Nas librarías, os elementos decorativos empre-gados con maior frecuencia son ossoportes publicitarios dos/dasdiferentes autores/as,promocionando asúa oferta.
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 37
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 38
MANS ÁOBRA
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 39
40
MANS ÁOBRA
Fagas
o que fagas, intenta
darlle un toque persoal e antes
de poñerte mans á obra, ten en conta: a
túa clientela, a zona na que está o esta-
blecemento, tipo de establecemento,
produto que queres exhibir, o medio
(urbano ou rural), datas.
BIBLIOTECA BÁSICA DO COMERCIO
FAI UN BOSQUEXODA TÚA IDEAO primeiro paso é plasmar a túaidea. Trata de converter o produtono protagonista, nin o decorado nina ambientación poden restarlleprotagonismo. Se a idea checonvence, recolle todas asmedidas para que a idea tomeforma. Analiza o espazo tendo en conta:
1Materiais arquitectónicos: pedra,madeira...2Medidas do oco: ancho,alto e profundidade. 3Escaparateinterior e exterior. 4Disposición eforma de acceso ao establecemento.5Orientación: norte, sur, leste eoeste.6Cristaleiras: medidas e colo-cación. 7Presenza de toldos e pan-tallas. 8Posibilidades de iluminación:enchufe, punto de luz e lámpadas.
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 40
SELECCIONA AS CORESSelecciona axeitadamente as cores,tanto nos materiais empregados comanos diferentes matices que podencrear as variacións da iluminación.
POSTA EN MARCHAA montaxe definitiva do escaparatepasa polas seguintes etapas:1Desmonta o escaparate anterior, des-pexa o recinto e límpao. 2Pecha oescaparate á vista da clientela.3Decora paredes e coloca elementosdecorativos. 4Coloca os elementosfixamente en estantes ou suspendidos.5Veste os manequíns (en caso de queos empregues). 6Aplica accesorios eretira etiquetas de prezos. 7Sitúareflectores en puntos estratéxicos.8Coloca os letreiros con prezos.9Elimina manchas ou residuos da mon-taxe. 10Inspecciona a exhibición.
SALTA Á VISTA
MONTA O ESCAPARATEUnha vez feito o bosquexo, elabora oescaparate. Os escaparates podenpresentar formas moi distintas, mais apesar disto, para montar un escaparate éimportante contar cun plan de traballoque che axude a traballar da mellor formaposible. Que pasos debes seguir?
PLANIFICA A DECORACIÓNA partir deste momento atoparaste co primeiroproblema: atopar a expresión da idea que sexaentendida pola maior cantidade de persoas.
SELECCIONA OS MATERIAISA montaxe do escaparate e a selección domaterial condicionan a súa elaboración edeben ser compatibles coa composición glo-bal. Algúns dos materiais que podes empregarpara a exposición do produto son:
1Elementos de adorno auxiliares arquitectó-nicos. 2Bustos. 3Brazos, pernas, mans dediferentes materiais. 4Manequíns. 5Exposi-tores, estantes ou baldas. 6Soportes.7Vitrinas.
COLOCA OS OBXECTOSÁ hora de colocar os obxectos, debes ter enconta unha serie de aspectos:
1Expón aquilo que che convén vender. 2Sitúaos obxectos dunha forma cómoda para aclientela. 3Coloca os obxectos de forma aso-ciada para que a visualización dun leve a outro.4Non esquezas que as liñas horizontais dansensación de repouso e estabilidade mentresque as verticais dan sensación de dinamismo einestabilidade. 5Non debes superar a alturados 3 metros, xa que por riba ninguén dirixe avista nun escaparate. 6Presta especial aten-ción á composición.
41
Renova o escaparate:
debe supoñer unha sorpresa
para a clientela, polo que é con-
veniente que o tempo de expo-
sición non supere os 20 días
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 41
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 42
ANEXO
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 43
ANEXONORMATIVA
1Lei 7/1996 de 15 de xaneiro, de Ordenación do Comercio polo Miúdo.
2Lei 10/1998, de 20 de xullo, de Ordenación do Comercio Interiorde Galicia.
3Anteproxecto de Lei de Ordenación do Comercio Interior deGalicia.
4Real Decreto 3423/2000 polo que se regula a indicación dos pre-zos dos produtos ofrecidos aos consumidores.
DIRECCIÓNS DE INTERESECONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIAEdificios Administrativos San Caetano, s/n15704 Santiago de CompostelaTeléfono: 981 54 54 00 - Fax: 981 54 49 49
DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIOEdificios Administrativos San Caetano, s/n15704 Santiago de CompostelaTeléfono: 981544341- Fax: 981545541Correo electrónico: [email protected]
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA“Manual de escaparatismo. Formación”. VVAA (2006). Vigo,Ideas Propias Ed.
“Manual de escaparatismo básico. Formación”. VVAA (2006),Vigo, Ideas Propias Ed.
“Manual de escaparatismo avanzado. Formación”. VVAA (2007),Vigo, Ideas Propias Ed.
“Técnicas de diseño de escaparate. Guía práctica de métodos,materiales y procedimientos”. CABEZAS FONTANILLA, C.,BASTOS BOUBETA, A. I. (2006), A Coruña, Ideas Propias Ed.
“Escaparates de mundo”. BOU, L. (2006), IJB Ediciones
“Diseño de escaparates”. MARÍN, D. (2004), Instituto Monsa deEdiciones.
“Conceptos básicos de escaparatismo”. Cámara de Comercio deValencia, www.camaravalencia.com
BIBLIOTECA BÁSICA DO COMERCIO
44
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:57 Página 44
SALTA Á VISTA_final.qxp 16/10/08 10:56 Página 4