saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da...

16
Aventuras escolares saídas para centros de ensino Curso 2019/20

Transcript of saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da...

Page 1: saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de

Aventuras escolares saídas para centros de ensino

Curso 2019/20

Page 2: saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de

As Aventuras Escolares constitúen unha proposta de intervención educativa na que as persoas participantes poderán desfrutar dunha experiencia de vivencias e emocións compartidas con outros compañeiros e compañeiras, abordando contidos do currículo escolar mentres adquiren competencias relativas á socialización cos seus pares, á sensibilización en torno á importancia da implicación social da mocidade e ao coidado da vida en colectivo e do respecto ás demais persoas e a contorna. Así mesmo, a intervención repercutirá positivamente no ámbito persoal de cada participante, mellorando aspectos que poidan influír nas actuacións da súa vida cotiá. As actividades serán personalizadas e adaptaranse ao grupo de participantes. Todo isto irá rodeado dunha ambientación fantástica como fío condutor da actividade

Tematizar e ambientar unha excursión permite por énfase no contido da mesma, para que así sexa máis fácil captar o interese sobre o eixo principal da actividade, ao mesmo tempo que se implanta un atractivo lúdico e fantástico a todos os conceptos tratados no transcurso da excursión. Isto adoita implicar nun aumento do interese e da motivación á hora de participar activamente nas actividades propostas.

Por que unha Excursión tematizada

Page 3: saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de

1 día de excursión con - Monitoras/es titulados - Entradas aos museos e centros

de interpretación

As Irmás Touza,as

Schindler galegas

e outras historias de persecución étnica

INCLÚE - Visita ao Castelo de Ribadavia e

museo sefardí - Visita ao barrio xudeu - Descuberta histórica pola vila

ambientada na historia das Irmás Tourza

Page 4: saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de

obxectivos Ofrecer á mocidade oportunidades de aprendizaxe da Historia e costumes dunha vila medieval de importancia xudía e do impacto a nivel europeo do nazismo a través da historia das irmáns Touza, empregando técnicas de educación non formal que lles permitan vivir experiencias e desenvolver competencias relativas á responsabilidade, ao compromiso coa comunidade e ao respecto ás diversidades, entre outras

ambientación Pola mañá, recibirá ao grupo o señor feudal do pasado e lle amosará os restos do seu gran castelo e a importancia da cultura xudía nos seus dominios. Pola tarde, mergullarémonos no S.XX, concretamente na época da Segunda Guerra Mundial, onde uns refuxiados xudeus buscan a maneira de cruzar a fronteira cara Portugal para poder, dende alí, iniciar a súa fuxida a América.

25 € participante

Page 5: saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de

2 días de excursión con

- Monitoras/es titulados - Aloxamento en albergue e

manutención - A desenvolver nunha destas

localidades, a escoller

apocalipse unha aventura para estar sempre listo

INCLÚE - Obradoiro de técnica de

construcións en madeira e orientación con ruta

- Cociña campeira - Xogos e dinámicas ambientadas - Xogo nocturno

Page 6: saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de

obxectivos Valorar de xeito crítico o impacto da humanidade no planeta e os posibles perigos do desenvolvemento non sostible pondo en práctica técnicas e estratexias de supervivencia en contacto coa natureza, adquirindo e reforzando as habilidades sociais, a capacidade de diálogo, consenso e toma de decisións colectiva.

ambientación Transportámonos a un futuro misterioso do que non sabemos nada. Ao longo destes días os participantes descubrirán que lle sucedeu ao mundo e porán en marcha unha nova sociedade, se sobreviven! As persoas dinamizadoras se caracterizarán ao estilo Mad Max (sen armas) ou semellante.

78 € participante

Page 7: saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de

CASTREXOS e ROMANOS enfrontamento ou convivencia

INCLÚE - Visita ao xacemento e recursos

interpretativos do mesmo - Dinámica e xogo ambientado - Ruta pola contorna

1 día de excursión con - Monitoras/es titulados - Entradas aos museos e centros

de interpretación - A desenvolver nunha destas

localidades, a escoller

Page 8: saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de

obxectivos Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de Galicia, adquirindo perspectiva crítica cara as invasións bélicas e imposicións culturais e debatendo de forma construtiva os diferentes puntos de vista dun conflito.

ambientación Unha das persoas dinamizadoras é un xefe ou xefa castrexa, preocupado pola supervivencia do seu clan ante a inminente invasión romana. Outro dinamizador é un centurión romano, convencido de que Roma pode favorecer ao progreso e á civilización dun pobo primitivo como son os castrexos.

25 € participante

Page 9: saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de

2 días de excursión con - Monitoras/es titulados - Manutención e aloxamento - Entradas aos museos e centros

de interpretación - Actividades náuticas

A revolución industrial unha transformación económica e social

INCLÚE

- Visita ao Museo Ferroviario de Galicia - Descuberta pola vila de Monforte - Viaxe en tren Monforte Quiroga - Actividade de iniciación ao piragüismo - Dinámica xogo de roles ambientado nas

loitas obreiras - Xogo nocturno

Page 10: saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de

obxectivos Coñecer a historia do tren en Galicia e a súa importancia no contexto da Revolución Industrial experimentando a realidade da vida dos obreiros e obreiras das primeiras fábricas, debatendo e dialogando diferentes perspectivas sobre o industrialismo e os dereitos laborais, tomando decisións grupais, acadando consensos e resolvendo conflitos.

ambientación Dúas persoas animadoras poden ser un industrialista e un capataz obreiro. O industrialista representa todos os valores da ilustración, a burguesía, o progreso; e é a persoa que “guía” a actividade e a excursión durante o primeiro día. O segundo día, a segunda personaxe, o capataz, é a principal dinamizadora.

Page 11: saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de

INCLÚE - Centro de visitantes PN Baixa Limia

Serra do Xurés - Centro de Interpretación do Couto

Mixto - Ruta pola Reserva Internacional da

Biosfera Xurés – Gêres - Actividade de iniciación ao

piragüismo - Xogo nocturno

2 días de excursión con - Monitoras/es titulados - Manutención e aloxamento - Entradas aos museos e centros

de interpretación - Actividades náuticas

Couto mixto a andorra galega ·- un pobo autogobernado

Page 12: saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de

79,50 participante

obxectivos Visibilizar o valor social da participación no feito público, alentando á participación pública na infancia e na mocidade, coñecendo a singularidade histórica do Couto Mixto e reflexionando sobre a separación de poderes e as formas de goberno dende unha perspectiva histórica,

ambientación Faremos unha recreación histórica do órgano de goberno do Couto Mixto no que as participantes tomarán o rol da poboación local, nomearán a 3 “homes do acordo” e un xuíz como seu representante, debaterán a situación da perda da súa identidade e privilexios. Ao longo das actividades ademais de achegarse a esta realidade histórica poderán coñecer e empregar ferramentas de participación pública para a vida contemporánea.

86 € participante

Page 13: saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de

Unha de romanos Seguindo os seus pasos pola Ví Ia Nova

INCLÚE - Ruta pola calzada reconstruída da

Vía Nova no Parque Natural - Baño nas termas e parque fluvial de

Lobios - Centro de Interpretación do Parque

Natural e Reserva da Biosfera - Centro de Interpretación Aquis

Querquennis - Xacemento castrexo de Castromao

2 días de excursión con - Monitoras/es titulados - Manutención e aloxamento - Entradas aos museos e centros

de interpretación - Actividade nocturna de

improvisación teatral

Page 14: saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de

obxectivos Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de Galicia, adquirindo perspectiva crítica cara as invasións bélicas e imposicións culturais e debatendo de forma construtiva os diferentes puntos de vista dun conflito.

ambientación O equipo de monitores estarán caracterizados como soldados romanos asentados na zona, e amosarán aos nativos os grandes avances tecnolóxicos e tentando convencelos dos beneficios que supón estar baixo dominio romano. Serán capaces de impor a súa cultura fronte á destes habitantes rexionais?

2 días de excursión con - Monitoras/es titulados

- Manutención e aloxamento

- Entradas aos museos, centros

de intepretación e

xacementos.

- Actividade noctura de

improvisación teatral

96 € participante

Page 15: saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de

Cooperativa Somos un equipo multidisciplinar de persoas comprometidas e con moita experiencia no sector. Cremos na creación colectiva, no diálogo e nos consensos, e poñemos sempre ás persoas por diante.

Educación Para nós, o lecer e o tempo libre representan a contorna perfecta para a educación en valores, a convivencia e o crecemento persoal e colectivo. Buscamos construír un mundo mellor a través das nosas actividades.

Lecer Queremos achegar alternativas de ocio de calidade a todas as persoas. Ofrecemos campamentos, excursións, xogos e actividades de todo tipo, para aproveitar ao máximo o tempo libre de pequenos e maiores.

Que somos

Page 16: saídas para centros de ensino Curso 2019/20 · Coñecer as raíces do noso pobo a través da cultura castrexa e romana, valorando o patrimonio paisaxístico, natural e cultural de

máis información

www.aventeira.com

telf. 772 34 26 58 [email protected]