Rutas Do Turismo Enolóxico
-
Upload
ruben-rodriguez -
Category
Documents
-
view
222 -
download
2
description
Transcript of Rutas Do Turismo Enolóxico
Rutas
Do Turismo
Enolóxico
Rubén Rodríguez Martínez
ÍNDICE
1. ¿ QUE É O TURISMO ENOLÓXICO?
2. ¿ ENOTURISMO EN ESPAÑA?
3. ¿RUTAS DO ENOTURISMO EN GALICIA?
3.1.Ruta do viño O Ribeiro
3.2.Ruta do viño Rias Baixas
3.3.Ruta do viño Ribeira Sacra
3.4.Ruta do viño Valdeorras
3.5.Ruta do viño Monterrei
4. VARIEDADES
5. ADEGAS
6. BIBLIOGRAFIA
¿ QUE É O TURISMO ENOLÓXICO?
O turismo enolóxico ou enoturismo é aquel tipo de turismo dedicado a
potenciar e xestionar a riqueza vitivinícola de unha determinada zona.
Relacionase co turismo gastronómico, cultural (arquitectura, arte) e de salud-
beleza (vinoterapia). Os turistas conocen cada una das zonas vitivinícola a
través da degustación de os seus viños, visita a bodegas e viñedos.
¿ENOTURISMO EN ESPAÑA?
En España atopámos un gran número de rutas do turismo enolóxico que te
permitirá aprender más a cerca da cultura do viño, conocer de primera man a
elaboración dos viños das bodegas, comer nos seus restaurantes e noutros
casos pernoctar na misma bodega. Rutas como as de a Rioxa, dos Viños de
Mallorca, Penedés e Priorato, Navarra, El Bierzo, Ribera del Duero, Jerez,
Ronda, Jumilla, Toro, Castilla-La Mancha, Utiel, Montilla, Somontano, Bullas,
en Galicia el Ribeiro, Valdeorras, Monterrei, Ribeira Sacra y Rías Baixas…
¿ RUTAS DO ENOTURISMO EN GALICIA?
Desde hai séculos, a viña é unha das protagonistas da paisaxe galega .
Hoxe Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei son as
denominacións de orixe que están detrás dalgúns dos mellores viños da
escena internacional. Invitámoste a saborealos aquí, na súa propia terra.
Descubre as Rutas do Viño paseando entre viñedos. Unha orixinal viaxe en
torno ao viño e a súa historia seguindo o mapa de cada denominación de orixe.
Rutas entre cepas e entre amigos, visitando bodegas, viñedos en escarpadas
ladeiras ou á beira do mar.
E ademais, pazos e mosteiros, hoteis con encanto e restaurantes con todo o
sabor de Galicia. Aromas de lenda... Albariño, mencía, godello, treixadura.
Ruta do viño O Ribeiro :
O Ribeiro está situado na parte máis occidental da provincia ourensá, na
confluencia dos vales dos ríos Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño. É este
enclave o que singulariza estas terras e confírenlle unha notable beleza
paisaxística.
Este territorio, considerado como un dos enclaves máis representativos
da arquitectura galega, atesoura un patrimonio artístico magníficamente
conservado. Nos seus pobos medievais pódense visitar castros,
xuderías (Ribadavia, coa súa Festa da Istoria no mes de agosto), pazos
(Pazos de Arenteiro), mosteiros e igrexas integrados á perfección coa
paisaxe da auga e o viño.
As épocas castrexa, románica, barroca ou moderna, conxúganse no
Ribeiro entre a nobreza do seu granito e espiritualidade da cultura. Os
recursos da Ruta do Viño do Ribeiro ofrecen un amplo abano de
posibilidades para gozar da visita.
http://www.google.es/imgres?q=o+ribeiro&um=1&hl=es&client=firefox-a&sa=N&tbo=d&rls=org.mozilla:es-
ES:official&biw=1760&bih=850&tbm=isch&tbnid=Z9479ih_3xGqRM:&imgrefurl=http
Os concellos que integran este xeodestino son: A Arnoia, Amoeiro,
Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño,
Cenlle, Cortegada, Leiro, Maside, Melón, O Carballiño, O Irixo, Piñor,
Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro e San Cristovo de Cea.
Situada no corazón da provincia de Ourense, O Ribeiro é terra de fértiles
vales sucada por numerosos ríos como o Miño, o Arnoia ou o Avia. O
Ribeiro é sinónimo de viño, e xa na Idade Media os monxes del mosteiro
de San Clodio de Leiro facíano chegar á mesas señoriais de España e
Portugal. De feito a D.O. Ribeiro é a máis antiga de Galicia e unha das
primeiras recoñecidas en España.
E para os amantes da arte, todo un mundo por descubrir. Como a Ruta
do Románico; o Parque Arqueolóxico de San Cibrao de Las, un dos
castros máis grandes e espectaculares de toda Galicia; ou o mosteiro
cisterciense de Oseira, considerado “o Escorial galego” pola súa
magnificencia.
Ademais O Ribeiro é terra de balnearios e augas termais. Arnoia, Laias,
Cortegada, Berán ou Prexigueiro son perfectos para unha relaxante
escapada. E non hai que esquecer Ribadavia, famosa pola súa xudería,
unha das máis importantes de España, e as súas grandes festas. No
veciño O Carballiño celébrase ademais a "Festa do Polbo", na que se
homenaxea un dos manxares de Galicia.
http://www.turgalicia.es/ruta-do-vino-o-ribeiro
Ruta do viño Rias Baixas :
Conta a tradición que o cultivo da vide en Rías Baixas débese aos
monxes do mosteiro cisterciense de Armenteira (Meis), aínda que a
ciencia revélanos que a viticultura xa existía moito antes da chegada dos
monxes e que variedades como o Albariño son orixinarias desta zona.
Estes territorios teñen en común un rico patrimonio vinícola que xera
viños de excelente calidade, pero ao mesmo tempo cada un ofrece
personalidades diferentes que se ven reflectidas en diferentes paisaxes
e numerosos recursos histórico-artísticos.
O paraíso podería estar aquí. No suroeste de Galicia, desde o Monte
Louro en Muros ata a desembocadura do Miño, as Rías Baixas
despregan o seus encantos en azul e verde, as cores dun mar que se
interna na terra. Praias, illas, viñedos, sendas, pazos, igrexas, mariscos,
camelias, balnearios... Noia, Cambados, Vilagarcía de Arousa,
Sanxenxo, Pontevedra, Marín, Cangas, Vigo, Mondariz, Baiona, Tui, A
Guarda… Paisaxes con historia, pequenas vilas mariñeiras e cidades
para gozar en calquera época do ano.
As Rías Baixas son sinónimo da mellor gastronomía de Galicia. Peixes e
mariscos co sabor do auténtico, que como non, se desfrutan máis cando
se acompañan co viño propio destas terras, un viño da D.O. Rías
Baixas. Para moitos, un dos mellores brancos do mundo. E no Baixo
Miño, fértil e alegre, o mellor da horta.
http://www.turgalicia.es/ruta-do-vino-rias-baixas
Ruta do viño Ribeira Sacra :
Froito deste legado son as terras do Sil e do Miño, cun valioso
patrimonio de mosteiros - que irradiaron arte, cultura e progreso material
a toda Galicia.
A Ribeira Sacra integra un conxunto de vinte municipios pertencentes
ao sur da provincia de Lugo e ao norte de Ourense, no interior de
Galicia. O seu elemento aglutinador é o curso fluvial dos ríos Miño, Sil e
Cabe, que discorren cara á súa confluencia a través de gargantas ou
canóns de forte verticalidade, configurando así unha paisaxe única e
unha terra singular.
De aí o nome Ribeira Sacra (Rivoyra Sacrata), do que existe constancia
escrita desde o século XII; ao longo dela atopamos cenobios como o de
San Estevo de Ribas de Sil (hoxe Parador), Santa Cristina, San Pedro
de Rocas, Xunqueira de Espadanedo, Montederramo, Ferreira de
Pantón, igrexas como as de San Paio de Diomondi, San Miguel de
Eiré,...-.
Neste territorio atopamos tamén dólmenes e medorras prehistóricos que
evidencian un poboamento temperán, continuado con importantes
pegadas de presenza romana. Os espectaculares miradoiros sobre o
Canón do Sil son visita obrigada para admirar a monumentalidade da
paisaxe.
http://www.turgalicia.es/ruta-do-vino-ribeira-sacra
O xeodestino Ribeira Sacra abrangue os concellos de A Peroxa, A
Pobra de Brollón, A Teixeira, Bóveda, Carballedo, Castro Caldelas,
Chantada, Esgos, Monforte de Lemos, Montederramo, Nogueira de
Ramuín, O Saviñao, Pantón, Parada de Sil, Paradela, Portomarín,
Quiroga, Ribas de Sil, Sober, Taboada e Xunqueira de Espadanedo.
Facendo de Ourense e Lugo un único reino, as augas do Sil e do Miño
corren a se atopar creando un contorno divino, a Ribeira Sacra. Un lugar
tocado polo ceo. Paraxes impoñentes como os canóns do Sil, que son
navegables, e paisaxes que albergan unha das maiores concentracións
de Europa de igrexas e mosteiros medievais. Algúns tan impresionantes
como o de Santo Estevo de Ribas de Sil, construído nunha ladeira e
arrodeado de frondosos bosques. Ou o de Montederramo, de
dimensións colosais. Ou o de Ferreira de Pantón, habitado por monxas
desde o século XII. Ou, escavado na roca, San Pedro de Rocas, o máis
antigo de Galicia.
Por que nestas terras, fértiles e cun microclima propicio, os mosteiros
crearon unha cultura do viño que hoxe está máis viva que nunca baixo a
D.O. Ribeira Sacra. Falamos de viñedos en abas tan inclinadas que o
seu cultivo require un esforzo heroico. Así nace o lendario Amandi, un
tinto que durante séculos se elaboraba en exclusiva para o Papa.
http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Mirador_de_Cabezoas_Ca%C3%B1on_del_Sil.jpg
Ruta do viño Valdeorras
A comarca está composta por nove municipios: A Rúa, O Barco, Rubiá,
Petín, O Bolo, Carballeda, Larouco, Vilamartin e A Veiga. Case todos
dispoñen de explotacións vitivinícolas que dotan ao territorio dunha
singularidade única.
Valdeorras é a comarca máis oriental da provincia de Ourense, lindando
xa con León. A riqueza dos recursos naturais e a fertilidade das súas
terras converteron a Valdeorras en espazo de acollida de numerosos
pobos ao longo da historia.
Existen abundantes restos da época megalítica no Parque Natural da
Serra da Enciña da Lastra, ademais de trazos rupestres e os petróglifos
de Valdegodos, Petín e San Esteban da Rúa Vella.
A chegada dos romanos cambiou substancialmente o val, xa que
trasladaron os núcleos poboacionais a zonas chairas e construíron unha
das vías máis importantes da Península Ibérica, a Vía "XVIII" ou "Vía
Nova" (de posterior utilización como Camiño Real ou Camiño de Inverno
no Camiño de Santiago). Pontes como a do río Bibei, lápidas como a da
Rúa Vella, os mosaicos da Cigarrosa e miliarios, forman parte do legado
imperial de Roma; aínda que a súa obra máis singular é o túnel de
Montefurado, escavado co obxectivo de desviar o curso do río para
extraer o ouro que este arrastraba e que actualmente constitúe un lugar
de gran atractivo turístico que se pode contemplar a uns cantos metros
desde a N-120.
Posteriormente, xa no século XVII eríxese o espectacular Santuario das
Ermidas rodeado de antigos socalcos de viñedo, que se converteu no
máis importante lugar de culto da zona na actualidade.
http://www.turgalicia.es/ruta-do-vino-valdeorras
Ruta do viño Monterrei
A D.O. Monterrei atópase situada ao suleste da provincia de Ourense,
lindando coa fronteira de Portugal. Esta zona basea o seu atractivo
turístico principalmente na riqueza do seu patrimonio arquitectónico e na
beleza da súa paisaxe.
Un dos seus monumentos máis emblemáticos e coñecidos -distintivo da
D.O.- é o Castelo dos Condes de Monterrei, do século XII, hoxe
monumento nacional. Neste castelo instalouse a primeira imprenta de
Galicia e no seu patio de armas atópase o denominado pozo verde,
rodeado de lendas de infidelidades e suicidios como o da esposa de D.
Pedro O Cruel.
A Ruta da Prata cruza esta D.O.; seguindo este Camiño de Santiago
atopamos a vila de Verín, célebre polo seu Entroido, cita obrigada dentro
do panorama cultural e turístico de Galicia. Trátase dun costume
ancestral que sorprende ao visitante, quen pronto pasará de ser un
espectador a participar de cheo neste gran evento popular.
http://www.google.es/imgres?q=vi%C3%B1o+de+monterrei&um=1&hl=es&client=firefox-
a&sa=N&tbo=d&rls=org. mozilla:es
Os concellos que integran o xeodestino son: A Gudiña, A Mezquita,
Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Viana
do Bolo, Vilardevós e Vilariño de Conso.
Verín, Laza e Viana do Bolo son famosas polas súas delirantes festas de
Entroido, quizá os carnavais máis antigos e exóticos de España.
Personaxes únicos como o "Cigarrón", o “Peliqueiro” ou o "Boteiro"
converten as rúas nunha explosión de vida e cor en torno a un
cerimonial máxico.
Verín está situada nun fértil val regado polas augas do río Támega e
coroado polo castelo de Monterrei, o máis grande de Galicia e próximo á
fronteira con Portugal. Esta é terra de augas curativas, xa que aquí se
dá a maior concentración de augas mineromedicinais de Galicia:
Sousas, Fontenova, Cabreiroá, Caldeliñas, Requeixo...
Verín é tamén a terra da D.O. Monterrei, que produce algúns dos viños
máis modernos de Galicia. Os caldos de Monterrei xa eran coñecidos na
Idade Media e incluso chegaron a América da man do quinto Conde de
Monterrei, que foi Vicerrei das Indias.
VARIEDADES
Variedades do viño Ribeiro .
Cun clima de influencia atlántica, de temperaturas suaves e unha
notable pluviometría, cultívanse preferentemente uvas brancas como a
Treixadura, seguida de Loureira, Torrontés, Albariño, Albilla, Godello e
as foráneas Macabeo e Palomino. En tintas a preferente é a Caiño,
complementadas pola Ferrón, Sousón, Brancellao, Mencía, Garnacha e
Tempranillo. As vides elévanse para que o froito non esté en contacto co
chan. O viño branco do Ribeiro é un viño limpo e transparente, sutil no
olfacto, con exquisitos aromas de flores e froitas; os tintos son vivos, con
tons brillantes de vermello picota, intensos en nariz e amplos e
expresivos en boca.
Variedade do viño Rias Baixas.
Os viños da D.O. Rías Baixas caracterízanse por estar elaborados con
uvas autóctonas, principalmente brancas, tendo como gran protagonista
a variedade Albariño que acapara aproximadamente o 95% da
produción. Outras variedades preferentes son Loureira branca ou
Marqués, Caiño branco e Treixadura, para as brancas, e Caiño tinto,
Espadeiro, Loureira tinta e Sousón, no caso das tintas.
http://www.vinetur.com/201201275761/rias-baixas-la-segunda-marca-de-vinos-blancos-mas-vendida-de-
espana.html
Variedade do viño Ribeira Sacra
Nas uvas brancas as variedades preferentes son o Albariño, a
Treixadura, Dona Branca, Godello, Loureira e Torrontés. Entre as uvas
tintas, que son maioritarias, son preferentes a Mencía, Brancellao e
Merenzao e autorizadas, a Garnacha e Mouratón ou Negreda. Os viños
brancos son afroitados e cun fino toque de acidez, cun lixeiro retrogusto
e delicada presenza en padal. Os tintos destacan polos seus aromas
limpos, elegantes e intensos, e a súa cor cereixa brillante con ribete
púrpura. Equilibrados e ben estruturados, resultan uns viños redondos e
amplos en boca.
http://www.ribeirasacra.org/en/web/notic.php?ide=70
Variedade do viño Valdeorras
A zona de produción desta Denominación de Orixe ocupa parte da
conca dos ríos Sil, Xares e Bibei. Presenta unha gran diversidade de
chans para a superficie de viñedo inscrita que posúe, 1.300 hectáreas. A
variedade preferente en brancas é a Godello, pero tamén se cultivan
entre outras a Dona Branca que denominan Moza Fresca; en tintas as
preferentes son a Mencía e a Merenzao ás que se permite acompañar
do Sousón, Albarello, Garnacha Tintorera e Gran Negro. Da Godello
obtéñense uns viños de intenso aroma froiteiro e florais, moi ben
estruturados en boca. Da Mencía obtéñense tintos púrpuras, de
elegantes aromas a froitos do monte e unha suave carnosidade.
http://bacchuswine.wordpress.com/2010/11/01/g-i-vinos-de-la-cata-de-noviembre-10/
Variedad do viño Monterrei
Entre as variedades de uvas brancas atopamos as autóctonas Dona
Branca, Godello, á que denominan tamén Verdello, e a Treixadura. En
tintas destacan Mencía, Merenzao e outras aclimatadas á zona como a
Araúxa (Tempranillo). Os tipos de viños que se elaboran
fundamentalmente son os brancos, que son frescos, moi agradables e
afrutados, cun excelente equilibrio entre alcol e acidez, ben estruturados
e golosos. Entre os tintos destacan os xóvenes coa súa gran viveza
aromática, frutais, con corpo e moi expresivos aos que, aos poucos,
súmanse elaboracións máis exclusivas con gran complexidade e
lonxevidade.
http://uacpp1s.preview.sasites.com.mx/img/upload/foto3pao_257.jpg
ADEGAS
- Adegas do Ribeiro
Adega Beatriz
Adega Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro
Alemparte
Arco da Vella. Adega do Eladio
Casal de Armán
Casal de Virmadeus
Cooperativa San Roque
Coto de Gomariz
Eduardo Peña
Manuel Formigo
Parente García
Pazo Casanova
Pazo de Vieite
Pousadoiro
Val do Deva
- Adegas do Rias Baixas
Valdavia
Adega e Viñedos Paco & Lola
Agro de Bazán
Aldea de Abaixo
Arousa de Bebidas
Bodegas Coto Redondo-Señorío de Rubiós
Bodegas La Val
Bouza de Carril
Carballal (Hnos. Vázquez Abal)
Casa da Barca
- Adegas do ribeira sacra
Adega Vella
Algueira
Cachín
Casa Moreiras
Mondelo
Ponte da Boga
Prádio
Rectoral de Amandi
Regina Viarium
Sollío
Val de Quiroga
Vía Romana
- Adegas do Monterrei
Abeledos
Boo Rivero
Chicheno
Crego e Monaguillo
Gargalo
Ladairo
Madrevella
Pazo de Valdeconde
Pazos del Rey
Quinta do Buble
Tapias Mariñán
Vía Arxéntea
Vinos Lara
- Adegas do Valdeorras
A Coroa
Adegas Ruchel
Alan de Val
Avelina Sat
Bodegas Roandi SAT
Cooperativa Virgen de las Viñas
Da Pinguela
D´Berna
Eladio Santalla Paradelo
Godeval
Joaquín Rebolledo
Mª Teresa Núñez Vega. Bioca
O Casal
O Cepado
Sampayolo
Valdesil Viticultores en Portela
BIBLIOGRAFÍA
http://www.turgalicia.es/presentacion-paseando-entre-vinedos
http://es.wikipedia.org/wiki/Enoturismo
http://www.google.es/search?q=turismo+enologico&hl=es&client=firefox-
a&hs=SxU&tbo=u&rls=org.mozilla:es-
ES:official&tbm=isch&source=univ&sa=X&ei=7i6vUO6DIu7J0AX6hYDQ
BQ&ved=0CGcQsAQ&biw=1760&bih=850
http://www.mardevinos.com/index.php?cPath=199