Ruta gastronómica/€¦ · coa gastronomía galega. Unha variada e exquisita oferta culinaria:...

2
Ruta gastronómica/ A Coruña e a súa área/ Visitar A Coruña e a súa comarca é unha cita obrigada coa gastronomía galega. Unha variada e exquisita oferta culinaria: mariscos, carnes e peixes; queixos e viños da terra. Desde a cociña tradicional do polbo á feira e a empanada ata a cociña máis innovadora e contemporánea. Todo iso acompañado polos excelentes viños das denominacións de orixe galegas: Monterrei, Valdeorras, Rías Baixas e Ribeiro e o “Viño da Terra de Betanzos” e a centenaria marca de cervexa local, Estrella Galicia. Ruta Gastronómica/ UNIÓN EUROPEA FONDO EUROPEO DE DESARROLLO REGIONAL “Una manera de hacer Europa” www.turismocoruna.com www.consorcioam.org Turismo da Coruña/ Consorcio As Mariñas/ Edificio Sol Lugar de Bos. Naves O Carballal, 4 Calle Sol, s/n. 15003 A Coruña 15640 Guísamo - Bergondo Galicia - España Galicia - España Tel.: 981 184 344 Tel.: 981 784 704 Fax: 981 184 345 [email protected]

Transcript of Ruta gastronómica/€¦ · coa gastronomía galega. Unha variada e exquisita oferta culinaria:...

Ruta gastronómica/A Coruña e a súa área/

Visitar A Coruña e a súa comarca é unha cita obrigada coa gastronomía galega. Unha variada e exquisita oferta culinaria: mariscos, carnes e peixes; queixos e viños da terra. Desde a cociña tradicional do polbo á feira e a empanada ata a cociña máis innovadora e contemporánea. Todo iso acompañado polos excelentes viños das denominacións de orixe galegas: Monterrei, Valdeorras, Rías Baixas e Ribeiro e o “Viño da Terra de Betanzos” e a centenaria marca de cervexa local, Estrella Galicia.

Ruta Gastronómica/

UNIÓN EUROPEAFONDO EUROPEO DE DESARROLLO REGIONAL

“Una manera de hacer Europa”

www.turismocoruna.com www.consorcioam.org

Turismo da Coruña/ Consorcio As Mariñas/ Edificio Sol Lugar de Bos. Naves O Carballal, 4 Calle Sol, s/n. 15003 A Coruña 15640 Guísamo - Bergondo Galicia - España Galicia - España Tel.: 981 184 344 Tel.: 981 784 704 Fax: 981 184 345 [email protected]

Ruta Gastronómica/Restaurantes/

Selectos restaurantes como Pardo, Domus, Alborada, Gaioso... entre os que hai Estrellas Michelín. Dada a calidade da materia prima existe unha enorme variedade de establecementos para todos os tipos de petos, desde os máis selectos ata os máis populares e tradicionais. Na cidade, practicamente calquera zona (Praza de España, Praza de María Pita, A Mariña, Cidade Vella, Matogrande, Paseo Marítimo, Riazor, Viños) son boas alternativas á hora de decidirse por un restaurante. E na comarca a oferta amplíase con establecementos á beira do mar, en pequenos portos ou rodeados de natureza ou historia; para saborear o mellor de cada lugar, non deixe de visitar Betanzos pola súa tortilla; Lorbé, en Oleiros, para degustar os mexillóns ou Sada polos produtos da ría como a sardiña ou a luriña. Zonas de tapeo/ Nas populares rúas dos viños da cidade e da comarca pódese gozar dunha das mellores fórmulas para saborear a gastronomía galega: as tapas. Na Coruña, as principais son rúas Barrera, Troncoso, Franja, Olmos, Estrella e Galera, nas que tascas, tabernas e bares tradicionais, conviven con locais máis modernos onde se poden encontrar pratos máis populares pero non menos exquisitos. Perderse por estas rúas é un bo modo de empaparse do bulicio coruñés, comendo e bebendo a un prezo accesible. Cambre, Betanzos, Sada, Sta. Cristina, Mera ou Sta. Cruz contan tamén coas súas típicas zonas de viños.

Mercados e tendas especializadas/ Para os amantes da boa mesa, resulta obrigada a visita aos Mercados Coruñeses. A exhibición dos produtos acabados de chegar do mar (linguado, peixe sapo, pescada, rodaballo, percebes, nécoras, navallas, zamburiñas) resulta un espectáculo inigualable. Tampouco faltan as carnes de primeira calidade e unha inmensa variedade de produtos de horta. Desde ben cedo a Praza de Lugo é un fervedoiro de clientes que acoden para comprar o máis selecto do marisco e do peixe. Na zona do Ensanche viven aínda antigos ultramarinos que ofrecen auténticas delicatessen. Realizar unha parada nalgún destes establecementos é todo un pracer para os sentidos. E a versión máis popular das prazas de abastos, as feiras, pódense visitar en distintas localidades da comarca en días salteados de semana ou fin de semana; destacamos entre todos eles a de Betanzos, cuxas orixes se remontan ao século XIV. Visitando a comarca, tamén paga a pena unha parada nas panadarías de Carral para comprar o seu afamado pan ou a empanada. Feiras e festas/ Ao longo de todo o ano celébranse numerosas festas gastronómicas. As máis importantes son O Entroido, co seu menú típico (lacoada, orellas e filloas) e San Xoán (declarada de Interese Turístico Nacional), onde toda a comarca se enche de cacharelas e de sardiñas asadas, un prato simple e un exquisito manxar. A iso súmanse as festas de exaltación de distintos produtos, que combinan degustación e venda, e constitúen unha das mellores formas de saborear toda a gastronomía da comarca. Como exemplos: a Feira do Queixo ou as Xornadas Micolóxicas en Abegondo; as Festa do Viño e da Tortilla, en Betanzos; a dos cogomelos en Cambre e as do Pan e da Empanada de Carral. Oleiros celebra a Festa do Mexillón e a Feira do Mel e Sada a da Queimada.

BETANZOS

ABEGONDO

CARRAL

CAMBRE

SADA

LORBÉ

SANTA CRUZ

SANTA CRISTINA

MERA

CULLEREDO

ARTEIXO

A CORUÑA

OLEIROS

BERGONDO

AC-400

AG-55

A-6

N-550

N-550

N-VI

AP-9A-6

AP-9

A MARIÑA

PRAZA MARÍA PITA

CIDADE VELLA

PRAZA DE LUGO

TORRE DE HÉRCULES

PORTO DA CORUÑA

MILLENNIUM

PRAIA DOORZÁN

PRAIA DERIAZOR

01

ÁREA METROPOLITANA

Pincho de Mexillón de Lorbé

con algas atlánticas/

Un aperitivo que reinventa unha receita tradicional da comarca:

os mexillóns ao vapor. Novos matices de textura e sabor

proporcionados polas algas da nosa costa (foto portada).

Ingredientes/ Mexillóns de Lorbé, alga kombu deshidratada,

tartar de algas ao natural, endivia e limón.

Elaboración/ Limpar e quitar as barbas dos mexillóns. Abrir

os mexillóns ao vapor, a pouco lume, nunha pota cunha pouca

auga na base. Hidratar o kombu en auga fría durante 10

minutos e cocelo durante 40 minutos.

Presentación/ Dispoñer unha folla de endivia a modo de

recipiente e engadir unha culler de tartar de algas ao natural.

Poñer o mexillón e unha porción de alga kombu e engadir dúas

gotas de limón sobre a carne do mexillón. Acompañar con viño

branco “da Terra de Betanzos”.

Riqueza/ Tanto os mexillóns coma as algas de Galicia, son

produtos naturais, moi baixos en graxa, con fibra e alto contido

de vitamina B9 (ácido fólico). Ademais, son ricos en minerais

como iodo, ferro, calcio, fósforo e magnesio.

A CORUÑA

ASCENSOR PANORÁMICO

MONTE DE SAN PEDRO