Rimas con letra - vox.es · Manual para unha pequena bruxa, Doutor Rus –Premio Edebé de...

8
1 Rimas con letra XERAIS Título: Rimas con letra Autora: Gloria Sánchez Ilustradora: Mª Fe Quesada Editorial: Xerais Colección: Merlín Nº páxinas: 54 ISBN: 84-8302-568-X Idade: De 7 anos en diante

Transcript of Rimas con letra - vox.es · Manual para unha pequena bruxa, Doutor Rus –Premio Edebé de...

1

Rimas con letra

XERAIS

Título: Rimas con letra

Autora: Gloria Sánchez

Ilustradora: Mª Fe Quesada

Editorial: Xerais

Colección: Merlín

Nº páxinas: 54

ISBN: 84-8302-568-X

Idade: De 7 anos en diante

2

a autoraGloria Sánchez

Nace en Vilagarcía a finais dos cincuenta.Mestra. Galardoada con importantes premiosdentro e fóra do panorama literario infantilgalego. Maioritariamente, a súa obra vai diri-xida ós lectores máis novos. A súa é unha dasvoces máis orixinais e creativas da literaturainfantil actual.Froito do seu labor de investigación e actuali-zación do folclore infantil galego é o libro 303adiviñas.Entre os seus libros de poesía cóntanseFafarraios –que foi Premio Merlín 1990 eDiploma de Honra do IBBY 1994–, Rimascon letra, ¡Pum, pum!…En narrativa publicou Bichos con gaseosa,Cabeciña a paxaros e outras historias, O capitánRo e o gato Bo, Pé mais eu, A galiña da paz,Manual para unha pequena bruxa, Doutor Rus–Premio Edebé de literatura infantil–, A raíñade Turnedó, A casa de vidro do señor Clin,Chinto e Tom –Premio Lazarillo 2000– e Setecasas, sete bruxas e un ovo.

resumo argumentalRecolle un conxunto de poemas que unen a intencionalidade lúdica e a perspectiva didáctica.Preséntansenos unha serie de poemas divertidos e imaxinativos, cheos de humor e sorpresas, nos que a auto-ra vai empregando os recursos expresivos da literatura popular de tradición popular e os da poesía infantilmáis actual.Hai un poema para cada letra do alfabeto galego. A autora dedícalle un poema a cada unha das letras,tomando como punto de partida unha ou varias palabras, suxestivas e motivadoras, que conteñan esa letraconcreta. O proceso semella ser un método de aprendizaxe das letras, baseado no parecido destas co obxec-to co que o identificamos e o son que moitas veces se produce, feito dende un punto de vista creativo noque se recollen as fórmulas tradicionais e novidosas da poesía dirixida ós nenos e nenas. O título fai refe-rencia á existencia de rimas e letras. Diremos máis, está baseado nas letras e, ás veces, os versos riman.A ilustradora ofrece unha divertida versión plástica do tema desenvolvido nos versos. Ademais de xogarcoa forma da letra correspondente, procurando sempre unha identificación cun determinado conceptopresente no tema. Os debuxos, nos que ademais do branco e negro se xoga cun laranxa diluído, ocupancompletamente as páxinas nas que o texto se coloca coma se fose sobre un decorado.

3

ilustraciónMª Fe Quesada

Nace a finais dos cincuenta en Zamora, nunhafamilia de tradición artística. Dende os noveanos vive en Galicia. O seu lugar de residenciaé a cidade de Vigo.A partir dos anos oitenta dedícase ó campo dailustración, traballando para diferentes edito-riais. Foi seleccionada para a exposición de ilus-tradores do Premio Internacional Catalonia en1986 e para a Bienal Internacional de Ilustraciónde Bratislava en 1991 e 1993. Tamén pinta eparticipa en diferentes exposicións.Conta con máis de medio cento de obras ilus-tradas entre as que citamos: O día que choveu denoite, Polgariño, As mazás da prosperidade,Cincenta, Pinocho, A princesa Lúa e o enigma deKian, Así viviu Castelao, O gaiteiro e o Rato Péreze Brandón, fillo de Ferreol.

temáticaO xogo poético

Fórmulas tradicionais da poesía para a infancia

O gusto pola poesía

4

actividadesAntes da lectura

• Co libro na man faremos unha posta en común na que tentaremos que cada alumno e cada alumnavaia opinando acerca do que espera del:– En base ó título. ¿Que son as rimas con letra? ¿É que pode haber rimas sen letra? ¿Como nos imaxi-namos esas rimas? ¿Non sería máis apropiado falar de letras con rima? ¿Que historia poderiamos crearnós con ese título? ¿Que poema?– En base á autora. Parte do alumnado é posible que a coñeza por ler algo que escribira anteriormentee pode opinar acerca de se lle gustou ou non, de cómo escribe e acerca de qué…– En base á ilustradora. Poden coñecela por outras ilustracións, e poden opinar acerca do que lles gustaou desgusta dela.– En base á portada. Nela aparecen o título, o nome da autora e o da ilustradora. A ilustración da caparesultaralles suxerinte, dándolles pé a que opinen acerca dela e dos seus propios gustos, do que lles lem-bra… Poden describir esta ilustración e contarnos un conto que inventarán tras mirar estes personaxes. – En base á colección. A rapazada vai recoñecendo as coleccións de libros de literatura infantil e sabenxa cales lles gustan máis e cales menos, dependendo do deseño das mesmas, dos títulos ós que tivo acce-so… O formato xa os sitúa nun determinado campo, sobre o que tamén poden opinar.– En base á contracapa. Neste caso dásenos unha idea do que podemos atopar dentro do libro.• Deixaremos que o folleen, que vaian vendo as diferentes ilustracións e partes do libro e irémolascomentando entre todos e todas. Dende esa primeira folla na que as letras van formando figuras que seentrelazan e se dan a man ata o listado de títulos da colección. Todo servirá para que falemos, inter-cambiemos opinións, lembremos outros libros ou experiencias e vaiamos vendo cáles son as nosas expec-tativas en relación a el.• Falaremos do tipo de letra que se utiliza no libro. Buscaremos a causa da elección desta tipografía, opi-naremos acerca de cal nos gusta máis e, se temos a man un ordenador, xogaremos coas diferentes fon-tes de letra para ir vendo cales son as que máis nos gustan.• Na lapela atopamos unha biobibliografía da autora. Gracias á información que nos dá saberemos osanos que ten, ónde naceu, qué escribe (aparte de poemas), qué premios gañou, qué outros libros tenescritos… Agora iremos contestando a cada un destes interrogantes.• Nesta mesma lapela veñen os datos acerca da ilustradora: a qué se dedica, os anos que ten, cántos librosilustrou, cáles son algúns dos títulos que ilustrou…• Na outra lapela aparecen citados todos os libros publicados pola autora nesta colección. Repasémolose vexamos se nos soan, se limos algún deles, qué opinión nos merecen… Buscarémolos na biblioteca etraerémolos á aula para deixalos expostos o tempo que dura a lectura deste libro e poder botarlles unhaman cando nos apeteza. ¿Que historias escribiriamos nós con eses títulos?

Durante a lectura

• Pasaremos á lectura de cada un dos poemas. Podemos pedir que a fagan primeiro en voz baixa e, máistarde, lerémolos en voz alta para que gocen tamén ó escoitalos e poidan ir colléndolles o ritmo. A lectu-ra en voz alta pode facela unha soa persoa ou varias, lendo cadaquén unha estrofa ou –sempre que sexaposible– de maneira dialogada, de forma que a música nos vaia entrando e cada vez a poidamos ler máisde présa, con mellor entoación, con maior expresividade… Nesa lectura dramatizada darémoslle a súaimportancia ós sons (que ás veces esaxeraremos) e ás onomatopeas (que colaborarán nesa repetición dagrafía). Cada poema é un mundo que gozar, algo que integraremos na nosa bagaxe poética e que podedar pé ás nosas propias creacións. Por iso, non debemos ter présa.

5

actividades• Podemos pedirlles que preparen cada un deles un poema para facer unha lectura expresiva do mesmoou para poder recitalo de memoria, se son quen de aprendelo. Memorizar algún poema pode ser moiinteresante, sempre que lles guste.• Cando a lectura ou o recitado dos poemas estea ben preparado podemos facer unha lectura ou recita-do público. Mesmo podemos proceder á súa gravación co fin de escoitala todos xuntos máis tarde.• A medida que imos lendo cada un dos poemas iremos facendo pausas para comentalo. Expresaremos seson ou non do noso agrado e, entre todos, explicaremos o seu significado. Fixarémonos na forma en quese debuxan as letras e como aparecen na ilustración. Vemos o número de veces que aparece esa mesma gra-fía ó longo do texto e as palabras que a conteñen. Comprobaremos a existencia de onomatopeas e anali-zaremos a relación que existe entre as mesmas e a letra. Non esqueceremos botarlle unha ollada á rima e álonxitude dos versos. Buscaremos os recursos que aparecen no texto (repeticións de calquera tipo, compa-racións, personificacións…) e fixarémonos naquilo que é propio de cada texto e que queremos aproveitarpara xogar e recrear, á nosa maneira, ese texto ou facer outro con esa estructura. Unhas veces interesaranosa estructura do poema, outras os recursos que se utilizan, o tema que se trata, os xogos que permite…• Cada poema será coma un obxecto tirado á superficie da auga que produce ondas que se amplían a simesmas. Desa maneira, cada verso, cada imaxe… provocará en nós un efecto creativo e expresivo. Nestesentido, nunca nos cansaremos de pedir que non se fagan valoracións negativas das intervencións e pro-postas do alumnado. Aceptaremos todas as interpretacións sempre que sexan explicadas pois, tratándo-se dunha linguaxe connotativa, non haberá unha resposta única e válida senón que estará aberta a todasas interpretacións e cada lector pode descubrir sentidos que nin o autor nin o profesor ou crítico teñanreparado neles. Só partindo desta base conseguiremos que lles guste a poesía, que a lean con ganas e quese sintan capaces tamén de creala.• Cando nos detemos en cada poesía debemos facelo tamén no debuxo que, máis que acompañala,envólvea: observando qué outros datos nos aporta, qué historias poden estar tendo lugar nesas imaxes,qué relato ou qué poema poderiamos inventar a partir delas…• A lectura, ademais de proporcionarnos pracer, moitas veces nos conduce á escrita. A arte da autora crean-do esperta as ganas da rapazada por poñerse a facer tamén os seus intentos. Neste caso traballarán esasletras, con rima ou sen ela. Farano recordando ou axudándose de recursos coma o dicionario, que llesservirá para buscar palabras que comezan cunha determinada letra. Así mesmo, serviranse doutros librosde poesía para buscar fórmulas diferentes ás que aparecen aquí. ¡Canto máis creativa sexa a autora, comoresulta neste caso, máis os animará a que se lancen á aventura poética!• Vaiamos vendo qué actividades nos pode provocar cada poema:— Letra a letra. Do a ó aro, e deste ó poema que nos conta unha historia que poderemos ler a dúasvoces: a do aro e a da nena. O debuxo vai acompañando á poesía, achegando detalles que van dende apersonificación do a ata a ocupación de ambas páxinas converténdoas nunha plana.En base a este poema podemos escribir o propio. Un tema posible é o do propio aro. Poderán empre-gar, se así o queren, palabras que conteñan moitas letras a e tamén poden usar o mesmo esquema noque parecen conversar dúas personaxes.Pensaremos palabras que comezan por esta letra (abano, ala…) palabras que só levan esa vocal (casa,cama, tapa…), palabras que representan obxectos que recordan a forma da letra (globo…) onomatopeas(aaaaaaa…, ai, ah, aha, aggggg…) e xogaremos con elas tentando ver, por grupos, quén é capaz de facera frase máis longa con palabras que só levan a vocal a ou cál dos grupos pode facer a frase máis longa conpalabras que comecen por a.Falar do aro pode dar pé a pensar noutros xoguetes que resultaban divertidos e, tal vez, xa non atope-mos nas tendas, así como daqueloutros polos que foron cambiados. Tamén podemos ver como con cal-quera deles se podería realizar un texto.

6

actividades— Se pasamos ó b atopámonos coa billa e co recurso da aliteración, a repetición desta grafía e das pala-bras que a levan ó longo do texto. Será moi doado memorizalo para poder divertirnos recitándoo entredous ou máis se agora lle engadimos nós outras estrofas con novas palabras que cumpran as mesmascondicións (bota que bota, bate que bate…). A nós tocaranos buscar novas palabras (bebida, baba…) econverter algunha delas nun bo debuxo do b, tal e como fai a ilustradora, á vez que elaboramos un novopoemiña no que utilicemos o mesmo recurso da repetición desta letra.— O c será un caracol. O poema que se lle dedica é, de novo, moi diferente dos anteriores. Podemospreguntarnos en qué se parece e en qué non. Lerémolo a varias voces, de forma dialogada. Lembraremosoutros versos que falan do caracol, continuaremos a fórmula «Caracol, col, col…» á nosa maneira.Decatarémonos de que a verdura «col» tamén se podería prestar a representar o c e, en base a ela, facerun novo poema. Neste caso, o que nos pode resultar máis interesante para poñer en marcha a nosamáquina de creación é o diálogo que se establece a modo de adiviña:

«Dime que son! Dime que son—¿Un cuco? —¿Unha col?Non, non cuco. Non, comeríame o caracol.—¿Un quico? —¿Un coco?Non, non pico.» Non, que non toco, nin a oco.

O exemplo pódenos dar pé a xogar coas adiviñas de animais. Se distribuímos a aula en varios grupos,organizaremos un concurso no que gane aquel que máis adiviñas saiba e aquel que máis acerte.— O ch corresponderase coa chepa. Neste caso pode resultar interesante observar as rimas e xogar confórmulas coma o uso de chupa-chupa / upa-upa. Nós poderemos repetir ou inventar outras, como chin-cha-chincha / pica pica… Podemos xogar con onomatopeas que teñan relación con este son:chchhhhhhhh, atchís… Mesmo podemos escoitar o ritmo do cha cha cha e facer un poema que se lleadapte, no que haxa moitos ch.— Do d o dente e o son din-don, din-dan das campás. Partimos da adiviña da campá, aínda que pode-mos buscar outras diferentes. Logo, podemos xogar co son das campás e tamén co significado de «din»e co de «dan». Seguindo o mesmo esquema de adiviña, un son e logo o significado de cada parte, pode-mos crear un poema propio, que pode ter que ver co d ou non.— No poema do e do embigo pódenos chamar a atención a forma de diálogo con preguntas e respos-tas. A onomatopea (Eeeeee), a maneira en que esta vai aumentando o volume e pasando da minúsculaá maiúscula ou como a última frase se «escoita» moito máis alto ó estar representado con letras máisgrandes, e tamén ese par de versos que se repiten (Non oe nin sente, / non fala nin ve). Lerémolo demaneira dramatizada, a varias voces e aumentando o ton. Cambiemos algún dos elementos (Non comenin bebe…) mantendo o resto, ou creemos outra historia en base a esta. Inventade textos dialogados:«¡Eh ti! ¿qué buscas aí? / —A Elmer, o elefante./ Eeeeeeeeeeee ¿es ti ou non es?/ —É, é el, si que é». Asímesmo, podemos falar de embigos, de diferencias entre uns e outros, da relación que teñen co momen-to do nacemento…— E o f de fraco, co vento fungando fffffffffffffffff. Despois de gozar deste poema podemos buscar outrapalabra con f: fofo, fino, foguete… Agora semella que o son ffffffffffffffff pretende subir ó ceo. En moi-tos destes casos tamén poderemos traballar con palabras derivadas que conservan a mesma letra.— O poema do g (gordo) colle a forma dun enunciado de elementos que se van comendo os uns ósoutros. Neste caso, o recurso que nos dará máis posibilidades de xogo é este. Podemos partir de algo tanpróximo coma o «gran» que a autora nos agacha e que constitúe o principio dos versos; ou tamén pode-

7

actividadesmos facer o percorrido comezando cun rato que fuxe dun gato, que á súa vez escapa dun can, que corrediante dun raposo, que escapa dun cazador… ¿E se fixeramos unha longa cadea de palabras con g, quecomecen por g ou que a leven en calquera lugar? ¿E se xogamos ás palabras encadeadas de maneira quesempre leven un g: gana - nariguda - daga - gato - toga - galego - goloso - soga - … ¿E se fixeramos opoema da gota? «Gota caía / gota a gota / auga corría / gota a gota / grifo pingaba / gota a gota / candobebía / gota a gota…»— Do i o imperdible: unha adiviña. ¡Podemos xogar a elas! Será sempre con palabras que comecen poresta vocal. ¿Será moi difícil? E do i sempre podemos sacar un «igual» e mesmo usar o signo =.¡Probemos!: «Igual = / Eme igual / un imperdible imperfecto / ou un inocente inquieto / Igual = / Emeigual / un inquilino impertinente / ou un imbécil incompetente / Igual = / Eme igual».— O l coa lora. Cóntasenos unha historia con moitos l. Nós podemos contar outra na que apareceránLola, Lalo, flores lilas… mesmo podemos introducir o tarareo do la-la-la-la-la.— Do ll a parella, e nós a buscar algunha outra palabra con ll que nos permita xogar (ollos, palla…).Tamén observaremos como o poema ten moito de trabalinguas e de diálogo entre dous, polo que o lere-mos nas voces do narrador, o loro e a lora (¡ollo, que non se nos trabe a lingua!).— Do m o mar, ¡como ten que ser! A sucesión de palabras nas que se repite a letra fai que, de novo,esteamos ante un certo trabalinguas con onomatopea final. Podemos xogar con derivados de mar, coque conseguiremos outro trabalinguas: mar mareiro / mariño mariñeiro / mareira mariñeira . Ou: Domar o marisco / o plan marisqueiro / a mariscadora é unha señora / o mariscador ¿é un pescador?…¡Xoguemos a como dea lugar! ¡Busquemos tamén onomatopeas que poidan axudarnos!— O n en núa, e o trabalinguas está servido. É posible ler o poema de maneira dialogada e tentandonon confundirse.— Se falamos do ñ, menos mal que hai niños e tamén ¡non desesperedes! todos os diminutivos, ¿ou non?Pero o máis importante será aprendermos a poesía, observala ben dende a rima ó tamaño dos versos paralogo repetir ese formato no que a segunda estrofa serve para apoiar a historia que se conta na primeira.— O o a través do ovo prestarase para que recordemos esas historias que temos que contar unha e outravez de maneira reiterativa. Seguro que nos sairá moi ben aquela que inventemos e seguro que taménpoderemos usar a onomatopea de sorpresa.— O paraugas co p. Encantaranos este poema. Disfrutaremos léndoo de maneira dialogada e xogando ainventar palabras derivadas que nos permitan repetir o son, a modo de onomatopeas (pi pi, pum pum…).— No caso do qu resultaranos, ademais de divertido, doado, inventar ese diálogo no que en vez de«queixeiro» podemos chamar «¡Querido!» / —¡Que! / ¿Quesme? / —¿A quen? / A quen che quere / —¿Que ques? / Terche aquí, meu qui-qui-ri-quí que son a galiña que vai de aquí para alí». Ou fórmulascomo «¡Qui qui ri quí! – ¿Qué pasa aquí?».— O r e o rato con todos os ruidiños que son quen de facer.— No s a serpe que sisea. Nós podemos pedir silencio: ssssssssssssss. ¡Mesmo podemos sesear, ¿ou quennolo priva?— No t, Timoteo e nós a xogar cos titiriteiros, tatexos e demais, tentando repetir ese esquema que nosfacilitará o labor se estamos cansos.— U e uñas, co ulular do moucho… E nós a xogar con esa pantasma que asusta ós nenos.— Co v, a vaca e esa maneira de repetir no final de verso xunto co diálogo no que nos rematan chaman-do burros mentres rimos. ¿Seremos quen de facer algo así conservando a estructura e o xogo poético?— No x, xuntos lémbranos a uns siameses pegados que deben berrar ¡xooooooooo! cando queren quealguén pare. En vez de «xuntos» podemos usar «xemelgos» e xogar moito con «¡xa!».— E co z, zángano, ceceando a todo dar e repetindo «moito» e «pouco». Podemos xogar co son e a gra-fía, así como coas repeticións nos versos pares que transformaremos en «máis» e «menos».

8

actividadesDespois da lectura

• Cada un elixirá o poema que máis lle gustou, recitarallo ós demais e comentarallo. Do mesmo xeito,tamén elixirán a mellor ilustración, que mostrarán ós outros e explicarán a razón desta elección.• Buscarán outros libros desta autora e tamén outros da ilustradora para facer unha exposición.• Por outra banda, elaborarán un libro no que escribirán todas as poesías que fixeron a partir destas.Ilustrarano, tentando que interveñan a maior cantidade posible de alumnos e alumnas (por non dicirtodos) na labor de escribir e na de debuxar. Logo pasará a formar parte da biblioteca da aula ou do centro.• De estarmos contentos co que fixemos, presentaremos ese libro a outros compañeiros e faremos unrecitado cos nosos poemas.• Xa que estamos en tema, debemos aproveitar para que se vaian acostumando a ler poesía, para o quelles deixaremos a man outros libros. A autora que nos ocupa pode ser unha gran porta de entrada ómundo poético.• Os poemarios son libros ós que se volve ó longo do tempo, libros que durarán moito porque, se nou-tros casos buscamos saber o final dunha historia, nestes o que queremos é sentir a maxia das palabras eo xogo que se pode facer con elas. Tamén é un bo recurso para practicar a memoria en base a algo quenos gustará recordar. Polo tanto gardaremos este libro e, dentro del, colocaremos o marcador de lectu-ras que lle fagamos ¿con un poemiña «estreito»?, ¿cun debuxo de letras parecido ó que hai na primeirapáxina? ¡Como ti queiras!

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro Martínez, 2003© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2003Depósito legal: VG. 1778-2003