REVISTA NAVEGANTES 2012

86

description

revista, instituto

Transcript of REVISTA NAVEGANTES 2012

Page 1: REVISTA NAVEGANTES 2012
Page 2: REVISTA NAVEGANTES 2012

Equipo de redacción: Daniel Rodríguez Ló-pez, Uxía Otero Oubiña e a coordinadora da EDNL: Carmen Cuesta.

Deseño de portada: Marcos Randulfe e Diego Aguiar coa colaboración de José Luis González.

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 3: REVISTA NAVEGANTES 2012

3

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Limiar ..............................................................................1

O IES Canido na prensa .................................................5

Unhas entrevistas. ..........................................................9

Recreos literarios. ..........................................................11

Clube de lectura.............................................................12

Olimpíada cultural ..........................................................14

Troca de libros ...............................................................16

Un Entroido musical .......................................................17

Cousas da tía Carme .....................................................19

Antropoloxía da morte en Galicia ........................................................30

Paces posíbeis ......................................................................................38

Fukushima: un anos despois ...............................................................57

E ti que sabes facer ........................................................62

Como facer unha grúa de papel ..........................................................63

Mil grúas para Hiroshima ......................................................................64

Charles Darwin .......................................................................................66

Un debate, unha experiencia ..........................................70

Flores: a beleza capturada .............................................72

Poesía cooperativa .........................................................76

As fragas do Eume .........................................................78

Despedida de 2º BAC .....................................................84

Page 4: REVISTA NAVEGANTES 2012

Somos ondas, ondas que moven un mesmo barco, ondas de mar. Somos mar. Mar. Revolto, tranquilo.... Somos ondas.Hainas que o toman con calma, suaves, que se moven amodiño ccomo unha pluma danzando no vento. Hainas que rompen con forza contra as rochas, facendo o ruído dun trono na noite, hainas que brilan cando o sol se refl eza nelas, están as que solo se deixan ver pola lúa, as que só saen de noite, que sempre están ahí, pero só se deixan ver polas estrelas.Sempre hai algunha da que nadie sabía, pero que un día, por casualidade se desccubre. Hainas que van xuntas, que se separan, que chocan, que susurran, que asiubían, que cantan, ríen, falan o choran. De todolos tamaños, formas, de todolos azuis posibles, oscuras, claras, transparentes.Pero sempre todas xuntas, formando o mar, o gran mar, mecidas polo mesmo vento cambiante, todas intentantdo levar o barco a porto, intentando chegar, sempre unidas.

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

1

NavegantesUxía Otero Oubiña 4º ESO

Page 5: REVISTA NAVEGANTES 2012

O IES Canido na prensa

5

Reyes Montero Vale

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Sábado, 12 de novembro de 2011, “La Voz de Galicia”

Padres do IES Canido aforran case 13.000 € co préstamo de libros.

Cerca de 180 alumnos do centro beneficiáronse do empresteimo de libros posto en

marcha polo ANPA do centro.

Este programa consiste en que os pais/nais ceden ao instituto os libros que os seus

fillos non necesitan, deixándoos en “herdanza” ós alumnos que veñen detrás.

Esta iniciativa, non só ten por obxecto o aforro económico, senón que tamén é

unha aprendizaxe para os alumnos que deben coidar o material e axudan a coidar

o medio pois afórrase a impresión de novo material.

Esta iniciativa contou tamén coa colaboración do Profesorado que decidiu manter

a edición dos libros aínda que levase os 4 anos de vixencia estipulados en lei, e tamén

do Equipo Directivo que cedeu ao ANPA aqueles exemplares nos que remataba o

período de empresteimo instaurado pola Xunta 4 anos antes.

Page 6: REVISTA NAVEGANTES 2012

6

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Martes 24 de xaneiro de 2012, “La Voz de Galicia”

“Mil grúas de papel pola paz”

Alumnos de todo o Instituto de Canido, elaboraron grúas de “origami” para envialos a Hiroshima antes

do día 30 de xaneiro, data na que en España se conmemora o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.

Este proxecto recorda unha vella lenda xaponesa e a historia dunha das vítimas- Sadako Sasaki- da bomba

atómica lanzada por Estados Unidos en Hiroshima no ano 1945.

A actividade consistiu en que o alumnado elaborase coa técnica do pregado de papel, mil grúas, que despois

se enviarían ó Parque da Paz en Hiroshima. Alí está o monumento que os compañeiros adicaron a Sadako,

e a onde chegan tódolos días milleiros de grúas elaboradas por nenos de todo o mundo coa esperanza de

conseguila PAZ. Cabe salientar a importante colaboración dos alumnos de 3º ESO-A (Rafael Tapia, Diego

Aguiar, Marta García, Claudia Gallego e Inés Santiago) na coordinación da iniciativa coa cal conseguiron a

participación de todo o alumnado.

Martes 24 de abril de 2012, “La Voz de Galicia”

Xenios da Robótica no IES de Canido

O 4º Concurso Galego de Robótica celebrouse este ano en Lugo, no ano galego da tecnoloxía,

IGACIENCIA en colaboración co Concello de Lugo e a Fundación Barrié, no cal participaron alumnos de

Tecnoloxía de 3º e 4º curso da ESO.

O concurso consistiu en superar unha serie de retos programando un Robot de Lego, canto máis complicado

era o desafío, máis puntos se sumaban. O grupo de 3º da ESO formado por Martín Bouza, Marta García, Sergio

González e Rafael Tapia conseguiron un total de 45 puntos, acadando así o 3º premio na categoría da ESO.

Page 7: REVISTA NAVEGANTES 2012

7

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Mércores, 8 de febreiro de 2012, “Diario de Ferrol”

Os PCPI, outro camiño para a inserción laboral.

Durante os 10 anos de vida desta iniciativa, antes denominada PIP, 217 rapaces e rapazas que cursaron

esta modalidade de PCPI, conseguiron un contrato de traballo.

O Programa de Cualificación Profesional Inicial, está dirixido a mozos e mozas entre 16 e 21 anos, que non

conseguiron o título da ESO e que teñen dificultades para acceder ao mercado laboral.

Os Institutos de Catabois, Canido, Ferrol Vello, Fene, Fernando Esquío de Neda e o CPI do Feal en Narón,

firmaron un convenio conxunto destes centros educativos, cos Concellos, coa Dirección Xeral de Formación

e Colocación así como coas empresas onde farán as prácticas os alumnos desta modalidade tipo C do PCPI.

A formación teórica realizase nos centros educativos e a formación práctica das distintas familias profesionais

( restauración, comercio, alimentación, limpeza, carpintaría, almacenaxe...) realizarase en empresas coma Illas

Gabeiras, Limbes, Alcampo, Froiz, Umrer, Tuimil...

Alumnos coma Cesar Fernández , conseguiron grazas ao PCPI, atopar a súa vocación no ámbito laboral que se

veu reflectida nun contrato por 6 meses nunha cafetería de Ferrol.

Page 8: REVISTA NAVEGANTES 2012

8

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Domingo, 25 de marzo de 2012, “Diario de Ferrol”

O IES Canido conseguiu o 3º posto no I Clube de debate de Ferrol e As Pontes.

“A democracia actual permite a participación cidadá” foi o tema escollido pola organización para o debate.

Tema complexo que requiriu un gran esforzo dos rapaces ós que se lle valorou a argumentación, o razoamento

, o manexo do tempo e do espazo, a corrección no uso do galego e a seguridade persoal.

Neste debate participaron alumnos do IES Canido de 4º e 3º da ESO (Martín Varela, Daniel Rodríguez,

Claudia Gallego, Marta García...), que aproveitaron moitos recreos e tardes para preparar as intervencións,

as cales acompañaron de documentación bibliográfica e audiovisual. Os alumnos manifestaron que foi unha

experiencia moi interesante e frutífera.

Venres, 16 de decembro de 2011 “Diario de Ferrol”

O IES Canido crea unha axenda escolar para os seus alumnos.

Un grupo de docentes, no marco dun seminario permanente do CFR, elaborou unha axenda escolar que

inclúe, ademais do contido de calquera axenda, textos e imaxes para animar a lectura, sobre as diferentes

efemérides que acontecen ao longo do curso, recomendacións sobre técnicas de estudo e planificación do

mesmo.

É unha ferramenta que facilitará a comunicación entre todas as partes implicadas no proceso educativo

(alumnos , profesores e familia).

Onte presentouse as familias e o luns será dada a coñecer a os alumnos de Secundaria, “agardando que lle

poidan sacar o máximo partido posible”

Page 9: REVISTA NAVEGANTES 2012

Unhas entrevistas

9

Ines Santiago leva non centro tres anos, e é alumna de 3ºA. Nestes anos, mostrou un exemplo de compaxino entre os estudos e o deporte. E isto, ademais de verse representado nas notas, tamén o demostra o seu resultado non ultimo campionato de duatlón (correr, bici, correr) no que, a nivel nacional, conseguiu o sétimo posto, e, incluíndo aos competidores portugueses, o noveno. E aí non acaba todo; fixo a mellor marca en bicicleta, que asegura máis adiante que é a práctica que mais lle gusta.

P- Estas contenta co teu resultado non último campionato de España? R -Eu creo que foi moi un moi bo resultado, xa que este é o meu primeiro ano en triatlón, e participaban máis de 50 duatletas non campionato. Espero, aínda así, mellorar este resultado a base de entrenos e máis entrenos. P- Fixeches ou mellor tempo en bicicleta, non si? R- Si, e estou moi orgullosa delo, xa que dende sempre, foi a bici o que máis me gustou, e vese reflectido aquí, demostrando que o ciclismo é o meu. P -Practicabas outros deportes anteriormente? R- Moitos, tales como o ballet, a ximnasia rítmica, a natación sincronizada, o surf....

P- Cal foi a razón pola que comezaches co triatlón? R- Porque sempre me gustou correr e andar en bicicleta, e xa tiña unha boa base de natación, polo que este deporte pareceume ou axeitado para min.P-Canto tempo lle dedicas a semana actualmente? R-Adestro todos os días dúas horas e media, e o que máis é a natación, aínda que penso que debería adicarme máis a correr, xa que é o que peor levo. P- Entón, tes algo de tempo libre? R-Si (rise). Aínda que o emprego en estudar, e só ás veces para estar cos meus amigos. P- Imos preguntarche algo máis persoal... Cal é a túa materia favorita? Gústache o noso instituto? R-A miña materia favorita é Xeografía e Historia; gústame moito o instituto porque hai un ambiente moi familiar, tanto respecto aos alumnos como aos profesores. Tamén estame gustando moito que organicen estes campionatos non instituto, tales como de voleibol e o de bádminton, que están a fomentar o deporte non centro. P- Entón, animarías á xente dá nosa idade a participar neste deporte?R- Claro! Por suposto que se, aquí hai un equipo moi bo: Club Triatlón Ferrol,que é onde eu adestro. Require moito tempo e dedicación,pero se che gusta realmente merece a pena.

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Martín Bouza e Claudia Gallego 3º ESO

Page 10: REVISTA NAVEGANTES 2012

10

P- Unha ultima pregunta: pensas adicarte nun futuro ao deporte como profesional? R- Agora mesmo non, xa que vivir del é moi complicado hoxe en día

Si tivese unha variña máxica, botaría unhas gotas de ilusión

Atopamos a Viqui Salgado a nosa profesora de galego no seu departamento, cun sorriso no rostro. Advirte que lle da algo de vergoña ser entrevistada e que non se considera unha persoa interesante.

Comezamos a entrevista coa intención de saber algo máis da profesora á que votamos tanto en falta estes últimos meses. Xa practicamente recuperada da súa caída retoma as clases. Lanzamos a primeira pregunta:

P.- Como decidiches adicarte a ensinanza?R.-Buff...- cavilando- era algo que tiña claro dende moi nova, porque sempre me gustou xogar coas bonecas a ser profe. Lembro que poñía as bonecas sentadas no chan con ladrillos ou algo diante facendo de mesas. -rememora- A ensinanza era algo que me tiraba realmente e entrei por vocación, agora xa non sei moi ben polo que estou, pero cando empecei empecei por vocación.

P.- Dende cando levas exercendo?R.-Dende os vintetrés anos

así que...-érrase a calcular e préganos que o fagamos nos por ela, dándonos a súa idade actual cincuenta e un anos.

P.- E, dende cando levas neste centro?R.-Neste centro debo levar uns oito anos, máis ou menos. Estiven vinte anos nos Concepción Arenal.

P.- Algunha persoa que fose unha referencia para ti?R.-Si, tiven unha profesora de lingua española cando estudaba BUP que me gustaba moitísimo como daba clase, e foi un pouco a que me fixo despois estudar filoloxía e estiven traballando con ela no Concepción Arenal.

P.-Que é o que máis che gusta de este instituto?R.-Gústanme os compañeiros, estou moi a gusto e tamén me gusta o alumnado. Seredes bos ou malos estudantes, pero creo que aquí hai boa xente e que non é un centro problemático. Gústame a cercanía co alumnado.alumnado, que se ve que nos faltan ganas. A todos

P.-.-Que cambiarías?R.- Deste instituto?eu que sei..- escápaselle unha risiña- Si tivese

unha variña máxica, botaría unhas

gotas de ilusión, tanto como para o

profesorado como para o.

P.- Para rematar: A pesar do dura

que foi a recuperación da túa caída

ti tiñas ganas de volver a traballar.

Realmente che gusta e te realiza o

teu oficio?

R.- A estas alturas da miña vida

profesional é difícil sabelo. Eu

síntome a gusto nas clases porque

é estar en contacto con xente nova.

Nós imos cara vellos pero vos tedes

sempre a mesma idade, e iso é moi

enriquecedor, porque nos tedes ao

día queiramos ou non. Pero por

outro lado, ás veces tamén esgota,

porque tedes unhas enerxías que

nós imos perdendo.

Con estas últimas verbas pechamos

a entrevista e marchamos para a

nosa seguinte clase. Despois de

escoitala durante algo máis de

dez minutos chegamos a unha

conclusión: aínda que ela non o

pense, é unha persoa interesante.

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 11: REVISTA NAVEGANTES 2012

Recreos literarios

Noelia González Martinez1ºBAC

11

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

     Os recreos literarios, son un tipo de recreos nos que se fala sobre temas que escollidos polas persoas que os organizan. Este ano houbo temas como: Poemas de amor, Poesía e canción, Chistes, Banda Deseñada, Microrrelatos...etc. Celébranse nos primeiros recreos do Mércores e do Xoves. vai a xente á que lle interesa o tema do cal se fala nese recreo, a través dunha entrada que se colle en conserxería. Eu acudín a todos porque todos os temas chamábanme a atención e gustábanme. Disfrutei de todos, pero en especial o de Poemas de amor, porque a min encántanme ler poemas, e de vez en cando escribo os meus , nos que conto sentimentos, alegrías, tristezas...etc. Sobre a xente que é especial e importante para min. Teño poemas nos cales falo sobre a miña familia, amigos, e persoas especiais. Tamén teño escritos dous poemas de amor que lin neste recreo literario. E por iso foi o que máis me gustou! Tamén divertinme moito o recreo literario de Chistes, que foi organizado polos conserxes, que tivo moito público de, profesores e alumnos. Este recreo foi o máis entretido, porque todos nos rimos dos chistes que se contaban, .

E por último, outro que me gustou foi o de Banda deseñada, que foi organizado polos alumnos de 3ºD e Carmen Cuesta. No primeira parte liron a Mafalda e na segunda a autores de banda deseñada de hoxe, e coñecimos a Fiz, o neno máis porco do mundo, que nos fixo moita gracia pero tamén deunos noxo. Na miña opinión, os estes recreos son a unha nova forma de aprender sobre temas que nunca se deron ou non coñecíamos. E eu recomendo a todos os alumnos e profesores que acudan a eles porque aprendemos e o pasamos moi ben.                                                                                                                                                       

Page 12: REVISTA NAVEGANTES 2012

O cómic: unha proposta para o club

de lecturaBerta Rodríguez, coordinadora

do Club de lectura

Breves

12

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Moitos rapaces tardan en descubrir o proceso de lectura. Eu tardei en caer na conta de que un club de lectura non ten que nacer como una alternativa marabillosa á literatura na aula ou nos recreos literarios Tantas voltas lle dei que me custou decidirme polo cómic como única opción, non porque o considerase pobre para o que eu pretendía (achegarnos a lecturas menos frecuentadas pero en expansión e moitas delas impecables artisticamente) senón polo meu descoñecemento. O cómic apenas formou parte das miñas lecturas infantís e xuvenís, e a súa riqueza actual era, á vez que o motivo da súa elección, un obstáculo para falarlles del aos rapaces. Pero ao fin e ao cabo pesou máis a solidez do andel de cómic da nosa biblioteca, metáfora das impactantes ilustracións de moitas das cubertas das obras, e doutra banda pesou tamén o atractivo de tocar, abrir e mergullarse en libros que apenas se leron: as páxinas deses volumes case que carecen das inevitables pegadas de mans que antes puideron remexer neles Penso, por exemplo, en El Incal de Moebius e Jodorowsky¸ que aínda estou lendo Descubrino apenas unha

semana antes de saber polas noticias do periódico que Jean Giraud acababa de falecer. Era a finais de febreiro, e eu pedíralle a Tania González e Sabela Martínez, de 3º de ESO B, que nos falaran do manga (subxéneros, autores, anime...) aos do club, pois elas son grandes afeccionadas. Eu aproveitaba máis tarde para falarlles das adaptacións ao cómic de grandes obras da literatura universal, como o “mini” Frankenstein de Marion Mousse, que lera o ano pasado, ou a de Madame Bovary, e pedíalles que lesen as novas sobre o mundo do cómic que ía publicando nas entradas do blogue “A voltas coa lectura”, un nome, por certo, que se me ocorreu aló por decembro, non sei por que razón, pero que, curiosamente, anticipaba as voltas que lle iamos dar inesperadamente a algunha das obras que limos. Supoño que, sen esperalo, máis cedo que tarde, demos coa chave da lectura , que é a esencia dun club deste tipo, en definitiva: falar do que estabamos a ler e nos sorprendía, non

CANTAREAS

DEFERROLTERRA

“No convento de Caaveirohai un frade moi alegre;dálle por confesar ás mozasque coas vellas non se entende. “(DB2, 3511)

“Pasei a Ponte do Porco,paseille a man polo lombo;meu divino san Andrés,o voso camiño é longo.” (DB2, 1695)

“Fun ao santo san Andrés,aló no cabo do mundo;sólo por te ver meu santo,tres días hai que non durmo.”(DB2, 1859)

“Os arrieiros non son homes,que non van a san Andrés;vivan os da miña terraque o van a ver cada mes.” (DB2, 2258)

Page 13: REVISTA NAVEGANTES 2012

Breves

13

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

non entendiamos ou nos aburría. Lembro o que nos pasou a todos con Sen mirar atrás, de Daniel Montero, un rapaz de Cangas que no 2009 mereceu o Premio Castelao de Banda Deseñada. A min custábame aceptar a violencia extrema e gratuíta dalgunhas escenas do final. Ademáis, había aspectos da trama que non me quedaban nada claros, polo que ao rematar non entendía completamente o que sucedera. Pero me gustara a modernidade da historia, a verosimilitude da soidade e a inverosimilitude da fuxida do protagonista co seu can, co que parlamenta... Os rapaces e más eu limos a obra en nada, en vinte minutos, e compartían moito do que eu lles manifestaba. Pero o importante para min era que lles gustara ler ese cómic.Persépole marcou outro fito nestas xuntanzas: para introducilos no cómic realista faláralles de Maus, que vían alí no andel e que un alumno meu de hai catro anos calificara de “clásico” da banda deseñada. Eu coincidía con iso e trataba de expoñer as razóns... Persépole carece, ao mellor, da forza do argumento e do valor da visión sobre a historia do autor, Art Spiegelman, pero é dunha sinceridade brutal coa historia persoal dun mesmo, neste caso a da autora Marjane Satrapi, iraní aínda que residente dende hai moito en Francia, que nos fala de quen é por ser de onde é, das paradoxas da necesidade

de liberdade e das contrapartidas do exilio, do desarraigamento, algo tan dos galegos, por certo...Isto que escribín ata aquí son tres cuartas partes da traxectoria deste club de lectura. Estamos aínda en maio e me pediron que redactase algo do que fixeramos. Quédanos aíndatodo xuño e temos que volver a Persépole, que descubrimos a través da versión cinematográfica que hai na biblioteca. O cómic pertence ao departamento de Filosofía. Quédannos aínda algúns proxectos que realizar, quedan aínda cómics por descubrir, nomeadamente os que chegarán en poucos días da libraría. Espero ter feito as escollas adecuadas, pois non foi fácil decidir entre tan ampla oferta e tantas críticas favorables para o cómic galego, español e internacional.De todos os xeitos, eu falo deliberadamente por min, por iso non quixen caer naimpersonalidade da terceira persoa e escollín falar dende a miña perspectiva. Habería que preguntarlle aos rapaces que se reúnen comigo todos os luns que lles pareceu. Son todos de 3º de ESO B: fieis dende o comezo son Sergio González, Tania González e Sabela Martínez, tardiamente Belén Hermida e Teresa Pita e máis esporadicamente Andrea Velo. Non son nin eran lectores apaixonados, nin tan sequera lectores algúns deles. Por iso os animei a quedar a ler os luns. John Difool, o detective protagonista de El Incal, parece saltar felizmente ao baleiro na contracuberta do cómic Eu non lle pido certezas á literatura, tan só respostas a medias que sexan convincentes, e o cómic vai camiño de ofrecelas cada vez máis válidas, polo menos aquel que ten detrás unha proposta argumental realmente “literaria”, tal é o caso de El arte de volar, de Antonio Altarriba e Kim, que obtivo o ano pasado o Premio Nacional de Cómic, e que acabamos de recibir na biblioteca.

“Adeus muelle de Ferrol,que dentro queda unha rosa,eu non a podo ir verporque está a mar perigos.” (DB2, 1982)

“Adeus muelle de Ferrol,a espalda che vou mirando,a miña cara vai rindo,o meu corazón chorando.” (DB2, 2526)

“Adeus, Ferrol, vento en popa,con todos seus arsenales,eu vou para a miña terraa curar todos meus males”. (DB2, 2571)

“Miren se xa corrín terraque estiven no Inferniño,entrei pola Porta Novasaín pola de Canido.” (DB2, 2572)

Page 14: REVISTA NAVEGANTES 2012

A olimpiada cultural

Sabela López López 3ºESO

14

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

A olimpiada cultural é unha competición na que os grupos participantes teñen que responder unha serie de preguntas de carácter cultural. Non todas as preguntas levan a mesma puntuación, ¡so faltaba iso! A olimpiada ten diferentes tipos de preguntas:- A pregunta do día, que consiste unha pregunta diferente cada dia. Os participantes teñen os dous recreos dese dia para responder .- O preguntón que consiste en que os venres ponse unha pregunta mais dicifil que as demais, e por iso se teñen varios dia para contestala, este tipo de pregunta ten unha folla especial para contestala. - O pista a pista, no que tes que adiviñar que é a persoa ou obxecto ao que se refire. Esta tipo de peguntas duran toda a semana. Cada dia ponse unha pista para que adiviñes quen ou que é, e cada dia os puntos da pregunta vanse restando, así o primeiro día a pregunta vale cinco puntos, o segunda catro e así sucesivamente. - O reto, o mais dicífil de todos. Este ten unha complicación, aparte de que é mais dificil de facer que os demais, é que ¡ariscas os teus puntos! Se respondes ven a pregunta gañas unha gran cantidade de puntos, pero se o fas mal restante os puntos, e ademais so temos ese dia para

contestala. A olimpiada comezou o dia 16 de Abril, un luns, e rematou o dia 11 de maio que era un venres. Este ano houbo moitos participantes, ainda que alguns deles non participaron ou o deixaron na metade.O grupo gañador foi o chamado MADIDAS, composto por Marcos Fernanadez, Diego Aguiar e Jose Zar. Estes mozos son os gañadores, pero non só deste ano, se non que tamen gañaron o ano pasado.Sen contar os que participaron, os alumnos, o profesor de francés Luis, e Silva, a que traballa na cafeteria, tiñan moito interes nesta competición, e todos os dias miraban a pregunta, e as adiviñaban case todas.Nesta olimpiada, como en todas partes sempre hai anecdotas. Este ano houbo bastantes, e moi divertidas! A pregunta de cal é o nome do mounstruo de 7 cabezas xa saira o ano pasado, tamén houbo unha pregunta que ninguén puido responder. Un dia puxeron a resposta dese mesmo dia. E a mais graciosa de todas, no pista a pista que comezaba o dia sete, a primeira pista dicia “É un desastre” dous dos grupos participantes responderon que era Carmen Cuesta cando era o Guernica.

Page 15: REVISTA NAVEGANTES 2012

15

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 16: REVISTA NAVEGANTES 2012

Troca de librosAndreea Gheorghe

2º ESO

16

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 17: REVISTA NAVEGANTES 2012

ENTROIDO 2012 Este ano o entroido do IES Canido estivo adicado á música. Un tema orixinal e amplo. Para celebrar esta festa colaboraron tanto alumnos como profesores, non só na decoración do centro, senón creando espectáculos, principalmente bailes e imitacións de músicos famo-sos que presentaron no salón de actos durante toda a mañá.

Nesta fotografía vemos a dúas alumnas de 4º da ESO pin-tando un mural no corredor de dirección.

Actuación dos alumnos de 2º de Bacharelato bailando a canción de “Y.M.C.A” do grupo Village People. Representaron este baile dúas veces, por petición do público.

17

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Ana Caneiro 1º BAC

Page 18: REVISTA NAVEGANTES 2012

Sala de xuntas, decora-da con instrumentos musi-cais e fotografías, aportadas por profesores e alumnos.

Andrés, o director, disfra-zado de Mario Vaquerizo; a Re-yes, a xefa de estudos, disfrazada de Alaska. E a Mazorra, o secretario, disfra-zado de hippie.

Actuación das alum-nas de 1º de Bacharelato, que bailaron “O rock do cárcere”, intervida por Luz, a conser-xe que ía disfrazada de Elvis Presley.

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

18

Page 19: REVISTA NAVEGANTES 2012

COUSAS DA TÍA CARME(Unhas lembrazas da traición oral)

Arturo Cibreiro

19

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

1 Da súa bisavoa contounos o seguinte:

Imos comezar cun cantar con pouco xeito, xa que esta señora cantaba as dúas estrofas xuntas, aínda que procedían de dous cantares diferentes: -Vintecinco sapos concha, dentro dunha zoca e corenta mil percebes xogando a pelota. E liouse unha formiga cun carabineiro a formiga deulle un couce e tirouno no suelo.

Moi a miúdo adoitaba dicir este refrán: De pequeniño rei, de mozo capitán, de casado burro e de vello can.

Esta señora cando lle preguntaban: Que tal? Respondía: “Coma tres nun zapato, e o zapato polo rio abaixo”.

E se lle preguntabas “que se conta?”: “Todo vello coma a miña roupa, que se me acaba e non me dan outra”

2. Dun vello ferrolán lembras as seguintes cousas:

Este vello utilizaba sempre estes marabillosos versos pera contestarlle á xente que se queixaba de que

algún imprevisto lle impedira rematar ben calquera tarefa: Se tivésemos allos e cebolas, e o cociñeiro nos prestara unha ola, faciamos sopas, se tivésemos pan.

3. Da Tía Carme do Souto (Carme García), de quen aprendeu máis refráns, cancións, romances, oracións, transcribimos as seguintes:

Esta muller naceu aló polo 1884, e vivía nunha boa casa na aldea de Esteiro (en Cedeira). Aprendeu moitas destas historias grazas a que cando era moza as escoitaba dos pobres que ían a pedir polas portas, e lle pedían casa cuberta, ou sexa quedárense a durmir na lareira ou nun alboio. Eraunha muller curiosísima e gustáballe poñer trampas aos nenos, coma por exemplo estas: Mociño que tanto sabes, quen che ensinou tanto ben? Catorce pares de bois cantos pés e uñas tén?

Mociño que tanto sabes, quen che deu tanto saber? Cantas serdas ten un porco acabado de nacer? Dígamelo usted, señora, dígamelo señorita. Una mula bien herrada cuantos clavos necesita?

Unha persoa cunha memoria extraordinaria é o noso profesor Arturo Cribeiro, que para o proxecto de recolla da tradición oral da nosa zona, contounos un lote de historias, poemas regueifas, oracións, que el garda na memoria, cando era cativo, aprendidas, maiormente, dunha señora de Esteiro (Cedeira), chamada a Tía Carme, e doutras persoas achegadas súas. Velaquí o que nos contou de palabra e que nós gravamos e logo transcribimos. Poñemos en cursiva as explicacións coas que acompañou os seus recitados.

Page 20: REVISTA NAVEGANTES 2012

Yo se lo diré señor, yo se lo diré por Dios, que una mula bien herrada necesita treinta y dos. Pero o que máis sabía esta señora eran oracións. Lembramos estas cinco: A CONFESIÓN DA VIRXE La bella estrella que adoro, sagrada del rey divino, guarnecida en voluntad me confesé un domingo. No es por pecados que tenga, nunca los he cometido, que es por cumplir el precepto que me manda mi amado hijo. Postrada estoy de rodillas ante un confesor bendito, que es San Juan Evangelista, primer hermano de Cristo. Vamos por los mandamientos que es más seguro el camino: En el primero, Señor, tanto le amo y le sirvo, tanto que no pueda más, más que los hombres del siglo. En el segundo, Señor, yo lo tengo prometido de no faltarles jamás a los que fueron mis hijos. En el tercero, Señor, las fiestas y los domingos me ocupan en servir a Dios, a Dios en su santo servicio. En el cuarto es que mis padres fueron dos santos benditos, San Joaquín y Santa Ana, abuelos de Jesucristo. En el quinto no matar, nunca a Dios he ofendido, le he cortado la cabeza a un dragón enfurecido. En el sexto es que fui madre por diferentes caminos no por obra de varón, que es por misterio divino. El séptimo concebí al más alto padre mío que he traído en mis entrañas nueve meses escondido. El octavo no mentir

mi pensamiento ha mentido: intentaba ser esclava y Dios por madre me quiso. El noveno no codiciar, todos los días del siglo, para daros a saber lo que padeció mi hijo. El décimo concebí todos los días delsiglo, para repartir a los mortales las glorias del paraíso. El confesor se admiró de la confesión que hizo, y a la Virgen, madre de Dios, con gran respeto le dijo: Levántate, blanca paloma, reliaria cristalina un golpe dio en el pecho y otra paloma se hizo que tendiendo los brazos al Señor a los cielos se ha subido. O que a sabe non a di, o que a oe non a aprende, y el día del gran juício verá que cuenta le tiene.

Con esta especie de retrouso, remataba a tía Carme todas as oracións. Unha versión moi similar desta oración pódese atopar en internet no enlace: http://serpi22.dipualba.es/wordpress2/?p=1114

A seguinte oración era unha que a Tía Carme contaba de moi mala gana, xa que cría que cando se equivocaba ao recitala, nacía un demo. Os cativos que a escoitaban facíanlle aínda máis difícil a tarefa porque non paraban de interrompela adrede para que se trabucase. Tamén se poden atopar varias versións parecidas na internet, en galego, castelán e portugués.

20

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 21: REVISTA NAVEGANTES 2012

COUSAS DA TÍA CARMEN(Unhas lembrazas da traición oral)

Recollidas por Arturo Cibreiro

21

AS PALABRAS DE SAN JUAN RETORNEADAS

- Amigo mío dime la una- Amigo tuyo no, siervo de Dios si.La una te diré que yo bien la sé.A la una, a la una es más claro el sol que la luna.

Ilustracións de Andrea Georgiana Gheorghe

- Amigo mío dime las dos.- Amigo tuyo no, siervo de Dios si.Las dos te diré que yo bien las sé.A las dos, dos tablas de Moiséspor onde Xesús vai e vénpara a porta santa de Jerusalén, amén.A la una, a la una es más claro el sol que la luna.

- Amigo mío dime las tres.- Amigo tuyo no, siervo de Dios si.Las tres te diré que yo bien las sé.A las tres, tres patriarcas.A las dos, dos tablas de Moiséspor onde Xesús vai e vénpara a porta santa de Jerusalén, amén.A la una, a la una es más claro el sol que la luna..

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 22: REVISTA NAVEGANTES 2012

22

- Amigo mío dime las cuatro.- Amigo tuyo no, siervo de Dios si.Las cuatro te diré que yo bien las sé.A las cuatro, cuatro evangelistas.A las tres, tres patriarcas.A las dos, dos tablas de Moiséspor onde Xesús vai e vénpara a porta santa de Jerusalén, amén.A la una, a la una es más claro el Sol que la Luna.

- Amigo mío dime las cinco.- Amigo tuyo no, siervo de Dios si.Las cinco te diré que yo bien las sé.A las cinco, las cinco llagas.A las cuatro, cuatro evangelistas.A las tres, tres patriarcas.A las dos, dos tablas de Moiséspor onde Xesús vai e vénpara a porta santa de Jerusalén, amén.A la una, a la una es más claro el Sol que la Luna.

- Amigo mío dime las seis.- Amigo tuyo no, siervo de Dios si.Las seis diré que yo bien las sé.A las seis, seis cirios.A las cinco, las cinco llagas.A las cuatro, cuatro evangelistas.A las tres, tres patriarcas.A las dos, dos tablas de Moiséspor onde Xesús vai e vénpara a porta santa de Jerusalén, amén.A la una, a la una es más claro el Sol que la Luna..- Amigo mío dime las siete.- Amigo tuyo no, siervo de Dios si.Las siete te diré que yo bien las sé.A las siete, siete lámparas.A las seis, seis cirios.A las cinco, las cinco llagas.A las cuatro, cuatro evangelistas.A las tres, tres patriarcas.A las dos, dos tablas de Moiséspor onde Xesús vai e vénpara a porta santa de Jerusalén, amén.

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 23: REVISTA NAVEGANTES 2012

23

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

- Amigo mío dime las ocho.- Amigo tuyo no, siervo de Dios si.Las ocho te diré que yo bien las sé.A las ocho, ocho puertas del paraíso.A las siete, siete lámparas.A las seis, seis cirios.A las cinco, las cinco llagas.A las cuatro, cuatro evangelistas.A las tres, tres patriarcas.A las dos, dos tablas de Moiséspor onde Xesús vai e vénpara a porta santa de Jerusalén, amén.A la una, a la una es más claro el Sol que la Luna.

- Amigo mío, dime las nueve.- Amigo tuyo no, siervo de Dios si.Las nueve te diré que yo bien las sé.A las nueve, nueve coronas de ángeles.A las ocho, ocho puertas del paraíso.A las siete, siete lámparas.A las seis, seis cirios.A las cinco, las cinco llagas.A las cuatro, cuatro evangelistas.A las tres, tres patriarcas.A las dos, dos tablas de Moiséspor onde Xesús vai e vénpara a porta santa de Jerusalén, amén.A la una, a la una es más claro el Sol que la Luna.

- Amigo mío dime las diez.- Amigo tuyo no, siervo de Dios si.Las diez te diré que yo bien las sé.A las diez, diez mandamientos.A las nueve, nueve coronas de ángeles.A las ocho, ocho puertas del paraíso.A las siete, siete lámparas.A las seis, seis cirios.A las cinco, las cinco llagas.A las cuatro, cuatro evangelistas.A las tres, tres patriarcas.A las dos, dos tablas de Moiséspor onde Xesús vai e vénpara a porta santa de Jerusalén, amén.A la una, a la una es más claro el Sol que la Luna.

Page 24: REVISTA NAVEGANTES 2012

24

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

- Amigo mío dime las once.- Amigo tuyo no, siervo de Dios si.Las once te diré que yo bien las sé.A las once, once mil vírgenes.A las diez, diez mandamientos.A las nueve, nueve coronas de ángeles.A las ocho, ocho puertas del paraíso.A las siete, siete lámparas.A las seis, seis cirios.A las cinco, las cinco llagas.A las cuatro, cuatro evangelistas.A las tres, tres patriarcas.A las dos, dos tablas de Moiséspor onde Xesús vai e vénpara a porta santa de Jerusalén, amén.A la una, a la una es más claro el Sol que la Luna.

- Amigo mío dime las doce.- Amigo tuyo no, siervo de Dios si.Las doce te diré que yo bien las sé.A las doce, doce apóstoles.A las once, once mil vírgenes.A las diez, diez mandamientos.A las nueve, nueve coronas de ángeles.A las ocho, ocho puertas del paraíso.A las siete, siete lámparas.A las seis, seis cirios.A las cinco, las cinco llagas.A las cuatro, cuatro evangelistas.A las tres, tres patriarcas.A las dos, dos tablas de Moiséspor onde Xesús vai e vénpara a porta santa de Jerusalén, amén.A la una, a la una es más claro el Sol que la Luna.

A las trece, trece raioliñas de solque entran por un cristalalumbrando a Nuestro Señor.Que rebente o demo maiore todos cantos hai derredor.Que rebente Satanáscen leguas de min atrás.

Page 25: REVISTA NAVEGANTES 2012

25

LA VIRGEN SE ESTÁ PEINANDO

La virgen se esta peinando a la sombra de una alameda. Pasó por allí José y la hablo de esta manera: ¿Por qué no canta la virgen? ¿porque no canta en la era? ¿Como ha de cantar José, hallándome en tierra ajena? Si un hijo que yo tenia mas hermoso que una estrella, me lo están crucificando ...

Imos al monte calvario y veremos la escalera toda cubierta de sangre, de sangre toda cubierta. Aquí murió el redentor creador de cielo y tierra, no murió por sus pecados, pues ninguno cometiera. Murió por los pecadores, por darles la gloria eterna.

UNA NOCHE TRISTE

Una noche triste e oscura, en el rigor de invierno, murió una alma pecadora sin recibir sacramentos. Con sus culpas y pecados y sin arrepentimientos, fue a ver la cara divina en cuanto salio del cuerpo.

Te dejé la misa, nunca llegabas a tiempo. Entre la hostia y el cáliz siempre te hallabas durmiendo. Te dejé el rosario y lo arrastrabas por el suelo. Te dejé la disciplina si siempre te dolía en cuerpo. ¡Baja ya, alma pecadora a las penas del infierno!

Vino la virgen María: ... Hijo mío, por la leche que has mamado por estos divinos pechos, echa mano de esta alma, no ves que se va perdiendo?

San Miguel, pesador de almas, vete por el peso corriendo. Los pecados eran tantos, que el peso cayó al suelo. Tendió la virgen el manto y el peso quedó en silencio.

A ORACIÓN DE SAN FALCÓN

A tía Carme consideraba esta oración moi importante. Sempre a contaba co mesmo preámbulo: “San Falcón era un home moi malo. O último roubo que fixo, viña unha Muller de cobrar unha bolsa de dólars, que lle andaba o home nun navío: “¡Alto el coche y el cochero! “¡Ay Jesús, viene atrás la Guardia Civil! “Aquí no hay Guardia Civil ni nada. He nacido en esta estrell sin alma ni corazón y venga pacá muy pronto lo que te pide Falcón”

Pero despois arrepentíuse, escribíu unha oración e fíxose santo. A oración di así:

Madre de Dios del Carmelo, en esta hora tan presente, tened de mi compasión que peleo con la muerte. Mi cuerpo no vale nada, que es ceniza ya lo sé y mi alma la encomiendo al glorioso San José. Tengo hecho ochenta muertes y mujeres esforzado (quería decir he forzado ) y vale una ciudad lo que yo tengo robado. Mis pecados son más que de arenas tiene el mar, Dios de los cielos y tierra

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 26: REVISTA NAVEGANTES 2012

IES CANIDO

me los ha de perdonar. Ángeles y serafines lo pide mi devoción, que mi alma pecadora a Dios le pide perdón. En la catedral de Utrera se halla este cuerpo santo y todos vienen a verlo el día de Jueves Santo. De Roma vienen a verlo vestidos de peregrino familias de muy buena fama y otros de grande destino: todos vienen ayunando y durmiendo en el suelo, por ver este cuerpo santo, que Dios llevó para el cielo. El que diga esta oración todos los viernes del año se verá libre del infierno y de Jesús perdonado; el que la oiga decir y no tenga algún temor, los santos y santas dicen que de Dios no tiene perdón. Dicen los santos del Cielo, el glorioso San Facundo, que después del Paternoster que es la mejor del mundo. Nadie lo tome a broma, porque está certificado, de obispo y arzobispo y el Santo Papa Romano.

As coplas son unha parte da regueifa, o que pasa é que o século XX, sobre todo nos últimos anos do Franquismo é o tempo da liberación da Muller. Entón as relacións de parella cambian moitísimo. Ata a época desta muller, a relación consistía en que ías a unha festa polo día, que acababan á noitiña, e paseabas. Paseas conmigo? Pedía un mozo. E paseabas arredor da igrexa. E logo viña outro mozo: Paseas conmigo? E a tía Carme contárame a min que nunha festa paseara con 18 mozos diferentes! Ou ben moceaban no entreportas, á entrada da casa: o mozo petaba no poxigo e a moza dáballe entrada só ata alí. Esta relación das coplas era coma unha competición entre o mozo e a moza, a ver quen gañaba en enxeño

e habilidade: Agora que vou a coplas, agora vou empezar, tráioche un saquiño cheo, e outro por desatar.

Agora que vou a coplas, agora que vou a elas, antes de saír de aquí, hanche de temblar as pernas.

Ela presumía de que fóra a coplas co crego de Montemiau un famoso copleiro, mozo de obrigación (tiña un fillo xa, e non casara coa nai do pequeno), e gañáralle ela, porque lle dixo:

Moza: Las campanas de mi tierra tocan a la oración, No quiero tener amores con mozos de obligación.

Mozo: Las campanas de mi tierra l llaman a la vecindad, ya que tú no me quieres, habrá otra que me querrá.

E así unha restra delas da que ou non se lembraba a vella ou non me lembro eu.

Tamén a riqueza era un mérito do que se presumía (a vella non era pobre, pero o capital -montes e terras, pois cartos había poucos- repartiuse despois entre moitos irmáns), sobre todo de ter pan ou trigo suficiente. E como se manifestaba iso? Pois tendo un bo palleiro de palla fóra, porque isto quería dicir que houbera moito trigo. Se segabas moito trigo, o trigo era para facer pan e a palla para as vacas. E houbo un que lle dixo:

-Pasei pola túa casa e non vin palla no palleiro, -Pois a miña casa sen palla e a túa sen pan, ... Que ¿anda? e todo o que tes cho coma meu can.

Pasei pola túa casa e vin un letreiro que dicía: Eu para ti non nacín. E eu, como sabía ler,

26

Revista Navegantes Nº15

Page 27: REVISTA NAVEGANTES 2012

27

Revista Navegantes Nº15

quitei un e puxen outro: Se ti para mi non naciches, eu para ti tampouco.

Cala ti, porco cochino, cara de leite callado; Que aínda onte me dixeron que tiñas o cu cagado.

Cala ti, porco cochino, cara de leite fervido; Que aínda onte me dixeron que tiñas o cu cosido.

E a un que presumía de que se parara a falar con el:

As coles da miña horta pasan arriba do muro, e unha pouquiña charla dáselle a calquera burro.

Pero volvemos ao de antes, a maioría de cousas que me lembro son oracións. Algunhas son tan coñecidas que xa nin as incorporamos, pois séguense dicindo hoxe. Pero había tamén estes vellos que ían polas feiras dicindo algunhas cántigas graciosas, que non tiñan nada que ver coas oracións. Por exemplo, esta dos albaneis:

Oficiales e albañiles todos se quieren casar; las mujeres no les faltan como las sepan buscar.

Este señor albañil casó con la tía María y buen chasco se ha llevado el albañil aquel día.

Me casé con esta dama, hermosa como un lucero, y me ha salido más mala que el diablo del infierno.

Yo trabajo de albañil y mi oficio no lo niego, todos los días me gano una peseta lo menos.

Y lo entrego a la mujer para que arregle la vida, y cuando vengo a la noche ya la tiene en la barriga.

Porque le gusta la caña, y también le gusta el vino, y el dinero como es redondo, muy pronto coge camino.

Yo me salgo muchos días a ganar esta peseta, muchos días han pasado y de nada tomé cuenta.

Un día por la mañana, para más cierto un Domingo, me quise marchar a Misa y no tenía vestido.

Fui a pedirle el dinero pa comprar un pantalón, me dijo que no tenía ni siquiera un patacón.

¡Pero mujer de mil diablos, qué le haces tú al dinero! Para aguardiente y pa vino tienes un buen tragadero.

He cogido la paleta que tenía de dar barro y le planché las costillas , que se las dejé temblando.

Ella cogió la sartén que tenía en la cocina , me dio un palo en la cabeza que me la dejó torcida.

Y me asegunda otro golpe en el medio del riñón, que me dejó derrengado cantando el kirieleisón

Me casé con este hombre que se llama Nicolás, si no lo quieres creer sube arriba y lo verás.

IES CANIDO

Page 28: REVISTA NAVEGANTES 2012

28

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO Un Santo que parecía en el modo de tratar, y al cabo de quince días ya trata de me pegar.

Si llego a quedar viuda no quiero más albañiles, que quiero un habanero que me gane muchos miles,

aunque tenga la nariz de vara y media de largo, lo que sirve es el dinero pa poder echar un trago.

Y que tenga buena cama y que tenga un buen colchón y que tenga una guitarra y la ciencia en el bolsón.

Mociñas non vos casedes, agardade o meu consello, que os homiños de hoxe en día, logo tratan de ir ó pelo

Y aquí se acaba la historia de María y Nicolás, de la provincia de Orense en el valle de Ramirás.

Este debe de se un deses cantares que cantaban os cegos. Estas coplas son da localidade, de alí de Esteiro. Narran un gran acontecemento. Eu non coñecía a ningunha das dúas protagonistas, pero a miña Bisavoa si as coñecía. Estas foron unhas coplas moi celebradas na parroquia: Había un sitio, unha taberna, que xa nin a miña nai nin a miña avoa recordan, ou sexa que debeu ser hai moitísimos anos. O que si sabían era que nesa taberna había eleccións aquel día (quizais non fose difícil investigar a data, aló a finais do XIX ). Esa taberna quedaba nun camiño, o camiño de San Andrés e que se chamaba, aínda cando eu era mozo, o Camiño Real, que levaba á Vila, pois aínda non se fixera a estrada Ferrol-Cedeira (a primeira, no 1909-10, pois antes íase por Porto do Cabo, pola ponte romana que aínda se conserva hoxe). As mulleres, como había festa pararon na taberna o día das eleccións. Tomaron catro

chatos. Porque nos chama a atención ver a calquera muller tomar catro chatos? Porque era impensable, incrible, a menos que fose unha “prostituta retirada”. Senón, era impensable ver a unha Muller beber nunha taberna e, por enriba, borracha. Entón estas dúas mulleriñas saíron borrachas, e algún malitencionado veciño fixo unhas coplas referíndose á traxectoria que seguiran estas mulleres para volver á súa casa en Fontafría, ó lado do Porto.

Esas eleccións foron moi sonadas esas mulleriñas andan marmuladas Chegan a Loureiros moi ben defamadas, veña pan e viño e veñan talladas. Dálles pan, dálles viño, e saen as dúas borrachas para o camiño. Agarrouse a unha á outra e veña por alí abaixo; No medio do Cando caeron esbarradas. Levántanse dereitas: “Veciños, veciños, a de mazagatos en Redemuños (Río de muiños) Pasaron a ponte sen novedade, chegan a Pedralba con capacidade. Alí deron a volta: nin andan abaixo, nin andan arriba, A Rosenda vella e maila Peregrina. A pobre Genara, chea de vergonza: “non volvo a Loureiros nin por unha onza”. Salta a Peregrina, moi ben recachada: “Volvíache eu, Genara, gañar pa unha saia!” Saen de Pedralba e van para Campelo, a ver se atopaban quen lles peine o pelo . Saen de Campelo e van pa Tarrudeira (Tras a Rodeira) a Rosenda vella é unha macuqueira . Ó Souto da Paula se foron meter: “ de aquí non nos vamos ata anoitecer”. Veu a señora Vicenta: “Señora Josefa, que se lle pasou?” “Un vaso de viño que me emborrachou” “Señora Genara, que lle sucedeu?” “Un vaso de viño que che me fodeu”.

Page 29: REVISTA NAVEGANTES 2012

29

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

TOCATA DE SARA

Resulta que o home desta muller, que se chamaba Manuel, que eu non coñecín, tivera unha moza que se chamaba Sara. Pero non casou con ela, senón con esta vella que se chamaba Carmen García. Entón fíxose un cantar con música e letra que se cantaba cando ía a orquestra. O que despois se chamou “unha peza”, chamábase entón unha “tocata”. A tía Carmen, moi fachendosa porque era a protagonista conquistadora do mozo, cantaba a tocata e reproducía a música entre estrofa e estrofa.

Ai, Sara, Sara do vento quere casar sen ter o tempo, larán lanlá.

Ai, Sara, Sara do viño, (seica os pais tiñan unha taberna) quere casar con Manueliño, larán lanlá.

Ai, Sara, ben cho dicía, que se casaba coa de García, larán lanlá.

Ai, Sara, cacheadora, cachea ós homes pola xoroba, larán lan lá.

Ai, Sara, Sara Sareta, cachea ós homes pola chaqueta, larán lanlá.

Ai, Sara, Sara de Esteiro, foise casar ó Biouteiro, larán lanlá.

Page 30: REVISTA NAVEGANTES 2012

ANTROPOLOXÍA DA MORTE EN

GALICIARomán Verdeal e Eduardo Roibás

1º BAC

Breves

“A vía do tren pode ser infinda, a lectura tamén. “

Kevin Bellas

“A lectura é o mellor billete para viaxar no tempo... e regresar.”

“Atrévete a soñar outros mundos posibeis e atrévete a ler. “

Blanca Agulló

ANIMACIÓN Á LECTURA

1º ESO

30

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

O home é un animal de cerimonias, en todas as culturas. Ritualiza certas actividades e ademais atribúelles certas calidades e certos efectos en todos os ámbitos da vida e da morte.

O mundo de ultratumba produce respecto polos que morreron, medo ao descoñecido, conflito emocional pola afectividade que se perde coa morte das persoas queridas, sentimento de obrigación con aqueles que sentíndose agradecidos ao defunto, entenden que en vida non puideron demostrarllo. Necesitan achegar a súa xenerosidade e solidariedade ao servizo de axudar a que a “ánima” teña o que necesite para atopar a paz no mundo eterno de ultratumba.

A interacción do fondo cristián que establece o purgatorio como antesala do ceo e que asegura que aos “purgantes” pódeselles socorrer (para os católicos con misas, esmolas, etc..) , contribuíu a reafirmar o convencemento de que podemos e debemos socorrer aos mortos.

En cada cultura este concepto toma a súa propia peculiaridade e en Galicia, son os mortos os que seguen organizando o mundo dos vivos . Interveñen, sobre todo, na parroquia, que é a célula social

integradora. Aquí prodúcese a cohesión de grupo cun sistema de colaboracións e axudas mutuas firmemente establecido no seu modo de entender a vida e tamén no seu modo de entender a morte.

As tradicións e prácticas ritualizadas en torno ao momento da morte dun veciño, teñen un significativo valor afectivo e humano, e están destinadas a asumir ese momento, a aliviar a dor da familia e a fortalecer os lazos que unen aos membros da parroquia.

Con todo a cultura urbana occidental oculta todo aquilo que ten relación coa morte. Considera a morte como un suceso privado, de modo que, despois dun breve período de “duelo” espérase que a persoa afectada compórtese coma se non pasase nada. A vestimenta de loito vese como un anacronismo e o pranto interprétase como unha debilidade, como un xesto que hai que reprimir e non como necesidade psicolóxica.

Na medida que se perde a simboloxía que incumbe á morte, o individuo ten que afrontar a dor da morte

“Un libro é como un tren, ten as portas abertas para quen o queira coller. “

Alicia Noche

Page 31: REVISTA NAVEGANTES 2012

Breves“Cada libro que les é unha viaxe que nunca remata… ou si.”

Miguel Piñeiro

“Ler é como viaxar… historias, aventuras e afundirnos nelas.”

María Picos

”A lectura é como un tren que non ten destino fixo.”

Javier Huertas

31

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

polos seres queridos, procurando as súas propias solucións.

Nas comunidades menos urbanizadas, a pesar de que tamén se vai debilitando a simboloxía en torno ao fenómeno, aínda se manteñen na sensibilidade colectiva moitas das estratexias tradicionais. Diferéncianse no ritual e nas crenzas tres fases que convén distinguir :

1-A morte prevista (avisos)

2-A morte presente (velorios)

3-A morte que retorna (aparecidos, “Compaña”)

A MORTE PREVISTA

A xente que vive nas cidades prefire a morte repentina e indolora. No mundo rural prefírese a morte na que se mantén a conciencia até o último momento, de maneira que o moribundo poida cooperar cos que están ao acompañar e asistíndoo.

Exemplo: Nunha agonía difícil, cando os que asistían á moribunda xa non sabían que facer, ela, dirixíndose a todos, díxolles: “Esquecéstesvos de abrir a ventá , por iso a alma non pode saír” (“A morte: Marcial Gondar Portasany”)

Contado por un párroco que asegura que foi rigorosamente certo:“Cando cheguei a aquilo de “sal deste corpo alma cristiá e ven a unirche ao pai que che creou”, o vello abriu os ollos e dixo:“Alma, non fagas caso a contos e déixate estar”(“A morte:M.Gondar”)Este exemplo pon de manifesto que a normalidade do feito era tal, que había un breve espazo para o humor.

A MORTE PRESENTE

Cando a morte chega, o primeiro paso é o velorio que tamén presenta os seus trazos particulares: acciónanse todas as vías de información para que ninguén na parroquia descoñeza o acontecemento. Todo o mundo acode a

velalo: familia, coñecidos, veciños e até aqueles que tiveron diferenzas en vida, nesa situación esquécenas, aínda que unha vez pasada, volvan as tensións. Esta situación ten na Galicia tradicional un ritual establecido que se resolve nos seguintes pasos:

A entrada. Procúrase manter a privacidade da casa a pesar da cantidade enorme de xente que a visitará. As visitas poden exceder o lugar onde se vela o morto e chegar á cociña, pero nunca entrarán noutras estancias da casa. A intimidade da casa é algo moi arraigado entre todos os veciños.

A leria. Mentres acompañan á familia é necesario pasar o tempo. Fase charlando : nos primeiros momentos sobre como foi o deceso, logo por cuestións máis xerais e a partir das 10 ou das 11 da noite chancéase e xa de madrugada introdúcense xogos propios destes acontecementos. Dos xogos sempre son protagonistas os máis novos, e interprétase con dobre intencionalidade: por unha banda, a mocidade debe enfrontarse á morte, con ánimo de burlala e por outra banda e en certo xeito fase partícipe ao defunto,

Peto de ánimas na parroquia de Santa María de Cenlle, no concello de Cenlle

“Monta no tren da lectura para viaxar no mundo do coñecemento.”

María Machuca

Page 32: REVISTA NAVEGANTES 2012

Home fronte unha cruz no cemiterio de Santaia de Liáns, Oleiros

Breves

“Se non te subes ao tren dos libros a tua imaxinación descarrilará.” Adrián Vigo

32

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

“no velorio estase toda a noite, os homes estamos abaixo na cociña e falamos de todo, as mulleres tamén fala de todo arriba (xa se sabe que onde se xuntan ). No primeiro momento sempre se comeza a falar do difunto, como foi y como non foi. Despois cambiase de conversación, a política ou as vacas, ou o que sexa. Pero o más divertido é cando se empeza cos contos . Pasabamolo moi ben e faciamos fojeiras cando era no inverno e todo o mundo arredor das fojeiras. Alá nas Carrochas (Rianxo) cando morreu miña avoa era polo mes de Decembro todo o mundo arredor da lareira e todo o mundo a cantar ao pé da lareira .Si, había parrandas, había. Contábanse contos, pero contos de pillería, niso había máis humor ca hoxe pois o da rapaza que era pretendida por un mozo que a ela non lle justaba e como el insistía, ela aconsellada por unha tía súa díxolle :- Eu non podo casar porque teño a campanilla rompida, Nós, bueno, todo o mundo, ri que ri, pero ela tan serena Pero todos os contos que contaban eran con pillería. Pois bueno, seguindo co conto, el contestoulle:-Bueno, muller, pois se tes a campanilla rompida para min é o mesmo. Porque, mira, somos de perrancha larja porque de casta nos ven e eu, como son caralludo, a min todo me está ben. Afartámonos de rir con todos eses contos, e todos os contos xa eran para rir”

Enténdese que estes contos, sempre con contido erótico, son unha estratexia para rebaixar tensións, tanto do grupo familiar como dos acompañantes que teñen que estar coa familia todas as horas até o enterro e moitos deles, tamén despois do enterro. Bromas e xogos. Na actualidade o único xogo que se mantén nos velorios é o da baralla, pero até fai moi pouco tempo eran variados. “Ata as dez ou as 11 había un pouco de respeto ao cadáver .todo consistía en que o que fora ao velatorio que non durmira; o chiste estaba aí. E había moitas formas de entreterse: xojábase á baraxa, xojábase ao burro, xojábase á man quente, e tamén se xojaba ao xojo da zapatila e ao avión. O xojar a zapatilla consiste en que uns cantos rapaces e rapazas, bueno, homes e mulleres (que nunca os homes fan a festa solos nin as mulleres tampouco), entón fan unha roda, colócanse sentados coas cachas pousadas no chan e as pernas dobradas para que por debaixo se poida pasar a zapatila. O que se trata é que todos disimulan para que o que está castijado no medio da roda non poida saber por onde está pasando a zapatilla. O chiste está en que o do medio poida coller a zapatilla. Cando o castijado era un mozo sempre procuraba esperar a que a zapatilla estivese nas mans dunha moza para collela. Daquela as mulleres non usaban pantalón e entón el aproveitábase para mirar o que levaban por debaixo e se podía aljo máis” A broma ao morto é un intento de romper a oposición vivo/defunto . O sentimento de temor ao morto debilítase facendo participar ao defunto no mundo dos vivos, e a integración debe ser lúdica, a través do xogo. En certo sentido está a violarse un tabú, que en principio merecería un castigo. Con todo o castigo descúlpase porque os actores sempre son os mozos, e non parece unha casualidade.

“Este tren viaxa e viaxa para levarnos ao país dos nosos soños”

Natalia Roca

“O mundo das palabras é infinito, como as vías do tren.”

Nuria Pérez

“Os libros son como un tren que viaxa pola vida ata un mundo de imaginación.”

Silvia Lorenzo

Page 33: REVISTA NAVEGANTES 2012

Breves

33

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Aínda convén considerar outro factor que axuda á desculpa: lembremos que nos velorios, cómese, cóntanse contos e bébese. Non se entende un velorio sen alcol e ten, neste caso, a función de tranquilizar o agravio , rebaixa nos actuantes a coerción social. Ademais de rebaixar a tensión dos alí presentes, ten outra función que a mocidade asuma esta tarefa. O ritual de pasar de mozo a adulto implica superar algunhas probas fundamentais, asumir algún problema grave, e na antropoloxía galega, os mortos son unha das causas máis importantes e é aí, onde deben demostrar o seu valor. O Pranto. É elemento de ligazón ante a unidade inseparable vida-morte. Hai dous temas recorrentes en todos os “prantos”: as boas accións do defunto e o necesario que era para os seus (dimensión de pasado) e a enorme perda que suporá tanto para a súa familia como para os seus veciños (dimensión de futuro). Expresa a loita vivida entre a vida e a morte, con triunfo da morte que se vive como negación. Non se tenta esquecela nin ocultala, senón todo o contrario. O “pranto” vai crecendo en intensidade e vólvese desgarrador cando o morto abandona a casa. O banquete. Xa explicamos que nos velorios mantíñase un ambiente festivo. Un dos medios era o banquete

que contén dous valores fundamentais: a abundancia da casa e a voracidade dos vivos, asimilando a comida coa saúde fronte á morte. En ocasións comíase despois do enterro (toda a veciñanza na casa familiar). Outras veces comíase antes do enterro, diante do morto, reafirmando a saúde dos asistentes. É sorprendente o seguinte testemuño: “Moitas veces a xente facía barbaridades; cando eu era rapaz morreron afogados aquí un pai e un fillo, que andaban no mar. Eran dos máis pobres do pobo A viuda tiña na casa un porquiño que criara, e o día do enterro empeñouse en vendelo para poder sacar cartos para o banquete Despois os vecinos fóronlle dando durante o ano cada un o que podía, unas patacas, unas fabas. Se non fora por eso morría á fame” O enterro. Tamén nisto distínguese moito o ritual para os mozos. Nalgunhas comarcas, recentemente constátase en Ribadavia, consérvase o costume de enterrar aos nenos cunha banda de música que seguía ao féretro tocando marchas alegres, á vez que no traxecto disparábanse foguetes. Cando o acompañamento era a unha persoa nova (mozo ou moza, solteiros) , ocupábase unha banda de música interpretando marchas fúnebres. a

Cemiterio de Goiriz, Vilalba (Lugo)

“Non viaxes polas historias sentirás a vertixe do baleiro.”

Javier Ortega

“Sube ao tren e viaxa por un raíl de historias.”

Víctor Porto

“Ler é a chave para entrar no mundo da imaxinación, do terror e da aventura.”

Erika Bouzamayor

“A literatura é un bó compañeiro de viaxe.”

Javier Ortega

“Se queres viaxar no tempo merca un billete literario, o tren traerate de volta cando decidas... “

Marta Leira

Page 34: REVISTA NAVEGANTES 2012

Representación alemá de finais do século XIX dunha hoste antiga, derivación da Cazaría

Salvaxe como é a Santa Compaña galega

Breves

"O cura de san Andrésnon ten camisa lavada;viva o noso cura de Aresque ten trinta na colada." (JPB1, páx. 42.)

"Pasei o mar de Ferrol, ferrolá, para te ver,pasei o mar de Ferrola piques de me perder." (JPB1, páx. 124.)

"Pola pena da Marola,adeus, miña queridiña!polas illas das Sisargas,como se nunca te vira." (JPB1, páx. 124.)

"Indo para san Andrésescorrín, caín nun toxo,adeus, toxo regalado,adeus, regalado toxo!" (JPB1, páx. 168.)

"A san Andrés de Teixidofun coa cesta na cabeza;fun por mar e vin por terra,o santiño mo agradeza. (JPB1, páx. 195.)

CANTAREASDE

FERROLTERRA

34

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

MORTE QUE RETORNA : COMPAÑAS E APARECIDOS

Na Galicia tradicional a vida non termina coa morte, a alma segue existindo despois da desaparición do corpo, e ademais a vida das almas desenvólvese sobre todo neste mundo. A cultura galega non concibe aos seus mortos do mesmo xeito que a Teoloxía oficial, non os relega ao Purgatorio, ao Inferno ou ao Ceo, considerando estes como lugares, aínda que se se dá na comunidade a condición de crentes. Os mortos son interlocutores na vida dos vivos, e cun rango moito máis elevado, na vida cotiá. “Os aparecidos”, “as compañas” e “as roldas” son algo que se respira no ambiente e que son motivo de comentario en moitas reunións, sobre todo nas noites de reunión ao redor do lume, tamén son motivo de temor cando pasan pola noite por diante dun cemiterio, ou por un cruzamento de camiños. As aparicións poden ser individuais ou colectivas. “En Terra Chá dise que o que cambia un marco entre dúas leiras roubando terra ao veciño ten que volver despois de morto a pór ben o marco ou a pedir a un familiar que o faga. Tamén se di que o que rouba terras a un

veciño , está condenado a que despois se afunda a súa sepultura e fáltelle terra para quedar ben cuberto.”(Antropoloxía cultural de Galicia. C . Lisón Tolosana) No cruceiro de Castiñeiras, pon aceite cunha luz durante nove días.. Cando alguén volvía á súa casa pola noite, daba unha volta moi grande para non pasar por diante do cruceiro. No caso das aparicións colectivas o máis frecuente é que necesiten que un vivo os acompañe para que lles leve a cruz. “Un rapaz que viña dunha festa pola noite atopouse coa compaña e como non sabía que era a Compaña acercouse xunta eles e puxéronlle a man nun ombro. Desde aquel día tivo que saír tódalas noites ás doce e ía coa Compaña levando a cruz en procesión pola comarca “ A “Compaña” normalmente aparece para anunciar a morte dun vivo e axudarlle a que o tránsito se realice nas mellores condicións. Segundo o seguinte testemuño: “Din que a Compaña cando vai visitar ao que vai morrer dálle de comulgar e rezan alí. Din que lle fan todo o que despois de morto lle van facer os vivos Tres mozas que dormían xuntas, eran irmás, estando durmindo un día na cama, dúas espertaron ao oír un ruído raro e outra seguiu durmindo. As que estaban espertas sentiron como entraba na habitación un tropel de xente e oíronos rezar, déronlle de cmulgar á que durmía, ela columgou e marcharon. Para o outro día morreu a que o día antes estaba durmindo” “A Compaña” respectada e temida, sempre pola noite, aparécese frecuentemente nos espazos que máis habitan os vivos, para as festas, para as feiras ou para os encontros que facilitan calquera trato.

Page 35: REVISTA NAVEGANTES 2012

Breves"Indo para san Andrésaló na punta do cabodíxome unha pousadeira:-Romeira, ti qués o caldo?" (JPB1, páx. 195.)

"Fun ao santo san Andrésaló no cabo do mundo,so por te ver, meu santiño,tres días hai que non durmo! (JPB1, páx. 195.)

"Ao santiño san Andréseste ano aló non voupola falta do diñeiro,canta xente se quedou!" (JPB1, páx. 196.)

"Madre de Deus de Chanteiro,déanos o vento en popaque somos os mugardeses, levamos a vela rota." (JPB1. páx. 197.) (DB2, 1866)

"Meu santiño san Andrés,que aló estades en Teixido,eu ofrezo ir a vervos,xa de morto ou xa de vivo." (DB2, 2952)

35

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

ROMARÍAS E PEREGRINACIÓNS(asociadas á “Compaña” e aos “aparecidos”) Os vivos e os mortos relaciónanse a través dun ritual, con dramatización formal, establecen unha ponte entre eles. Aos mortos lémbraselles e conmemora e fáiselles presentes. Outra das manifestacións relevantes é a das romarías. En Galicia, son moi abundantes. Nalgunhas acoden os vivos cos seus propios féretros. Consérvanse en Rianxo (a do Nazareno) e especialmente , a de San Andrés de Teixido. A de San Andrés é salientable porque existe a crenza de que alí debe ir de morto o que non haxa ir de vivo. Moita xente ofrécese a cambio de saúde, pero pola dificultade que ofrecía o camiño e o acceso inmediato, moi pendente, de difícil baixada e máis difícil aínda para subir, moitas promesas quedaron sen cumprir.(Necesitaron pedir a un vivo que cumprise a promesa por eles, ou tiveron que metamorfosearse para asistir).( Transfórmanse en animais pequenos, ás veces ratos ou lagartiñas. Se se lles ve polo camiño non se lles pode danar, porque ben podería ser unha persoa morta que tomou forma de can, sapo. Poden contarse numerosas historias sobre mortos transformados que establecen un diálogo cos vivos que ao facer algo por eles, permítenlles saír dese estado de”alma en pena” En canto resolvan as súas contas pendentes, pasar a mellor estado. Aquí seleccionamos as seguintes:“Unha familia coñecida de todos, acode á romaría de San Andrés, atópase un sapo no camiño, o marido apártao e colócao nun lugar máis seguro e cando sentiu a salvo de posibles pisotones, o sapo falou e dixo: - Deus cho pague, que hai vintecinco anos que estou pelexando aquí - e dito esto, desapareció.”

“Outra alma en pena parece ser que chegou ao santuario en forma de pequeno óso, transportado nunha vara por un peregrino. Ao entrar no santuario desprendeuse do bastón, bailou por toda a igrexa ante o respecto de todos os presentes e logo, saíu e desapareceu. A señora que presenciou o suceso e que o refire, engade: - Podía ser dun animal, pero tamén podían ser as cinzas dun cristián.” As ánimas que necesitan axuda para ir a un santuario, asócianse ás aparicións nas cruces de camiños, polas noites, e as almas son sombras negras. Teñen voz e danse a coñecer:“Son fulano, e tes que ir comigo a facer unha romaría a San Andrés.Como queres ir, a pé, ou polo aire?. Como vaias máis a gusto.” Isto ocorría en Cedeira, no lugar de Vilacacín, onde viviu o enterrador, e o que o require para ir a San Andrés, fora enterrado por el dous días antes. A sombra descríbelle como será o seu ritual: “Ao chegar a San Andrés estará as igrexas aberta e o cura clebrando misa, queda na porta (o dintel da porta é a fronteira entre os dous mundos) e cando vexas que o cura bota a bendición, bótache fóra se non queres quedar dentro da igrexa.”

OUTRAS MANIFESTACIÓNS SIMBÓLICAS Tamén simbolizan a premonición da morte (os agoiros), un grupo de aves diversas

Cruz nun cemiterio dunha parroquia rural

Page 36: REVISTA NAVEGANTES 2012

O Nazareno - As Mortallas en Pobra do Caramiñal

Breves"Fun a san Andrés de Lonxe,romaría a contra gusto,merquei un carto de felgaspara durmir ao meu gusto." (DB2, 3247)

"Indo para san Andrés,alá no Porto do Cabo,dixéronme as Caldapeiras: (caldupeira)1

romeiras tomai o caldo.” (DB2, peza nº 3503; JPB2, páx, 288)

“Meu divino san Andrés,tellas do voso tellado,elas de lonxe parecenouro fino amartelado.” (JPB2, páx. 288).

“Meu señor san Andresiño,que está na alta ribeira,véñolle pedir, meu santo,a salvación verdadeira.” (JPB2, páx. 288).

“Meu santiño san Andrés,non lle pido pan nin queixo;pídolle un rapaz bonitocomo aquel que agora deixo.” (DB2, 3504)

36

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

En Combarro escoitan paxaros pola noite que con berros abatidos ( “uuuú” alagan a parroquia e levan a unha persoa aos poucos días. “Todas as noites púñase un paxaro. Tirabámoslle até pedras. Pois, ao tres días, morreu un mozo” Outra señora dá testemuño da presenza de “a lavandeira” como premonición da morte da súa irmá. Tamén se constata a presenza de “urraca” ou de cans que aúllan cando presenten a morte.. Tamén se interpreta así o toque dunha campá sen que ninguén o toque. “En Oulego (Rubiana, Ourense), unha vez amortajado o defunto, tocan as campás para que o pobo decátese e vaian visitarlle e rezarlle. Cando chega o cadáver ao cemiterio redobran as campás ou tocan máis rápido ao entrar no camposanto”.

Page 37: REVISTA NAVEGANTES 2012
Page 38: REVISTA NAVEGANTES 2012

Paces PosibeisAntón Cortizas

Breves

38

CANTAREAS DEFERROLTERRA

“No convento de Caaveirohai un frade moi alegre;dálle por confesar ás mozasque coas vellas non se entende.”(DB2, 3511)

“Pasei a Ponte do Porco,paseille a man polo lombo;meu divino san Andrés,o voso camiño é longo.” (DB2, 1695)

“Fun ao santo san Andrés,aló no cabo do mundo;sólo por te ver meu santo,tres días hai que non durmo.” (DB2, 1859)

“Os arrieiros non son homes,que non van a san Andrés;vivan os da miña terraque o van a ver cada mes.” (DB2, 2258)

“Adeus muelle de Ferrol,que dentro queda unha rosa,eu non a podo ir verporque está a mar perigos.” (DB2, 1982)

AAAAA AAAAAA AA

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 39: REVISTA NAVEGANTES 2012

Andreea Gheorghe 2º ESO

Breves

39

“Adeus muelle de Ferrol,a espalda che vou mirando,a miña cara vai rindo,o meu corazón chorando.” (DB2, 2526)

“Adeus, Ferrol, vento en popa,con todos seus arsenales,eu vou para a miña terraa curar todos meus males.” (DB2, 2571)

“Miren se xa corrín terraque estiven no Inferniño,entrei pola Porta Novasaín pola de Canido.” (DB2, 2572)

“Houbo unha festaen Esteiroe co bieiteironon se vía o sol.se quitaras a perrera chica ferrolá fórache mellor.-A perrera non a quito,nin tampouco o paletóata que quiten os homesa cadea do reló.” (JPB2, páx 60.)

“San Antonio da Cabanaten unha pipa no montep’ra que os homes beban viñoe elas auga da fonte.”(JPB2, páx. 64).

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 40: REVISTA NAVEGANTES 2012

Tomás Manso 2º ESO

Breves

40

“Adeus parque de Ferrol,dentro me queda unha rosa,e non a podo ir a verporque está a mar perigosa.”(JPB2, páx. 115)

“Velo aí vai pola muralla,velo aí vai o mugardés,velaí che vai embarcadoe nese barquiño inglés.” (JPB2, páx. 118)

“Vaite á merda. vaite á merda,vaite á merda a Cervás,que tamén mandei a ela a un fato de lacazás.” (JPB2, páx 122)

“En Redes hai boas nenas,en Ares, a flor delas,en Mugardos recugallo,non hai quen case con elas.” (JPB2, páx. 152.)

“Meu señor san Andresiño,que está dereito na porta:sonlle do Porto1 darriba onde cantan as gaivotas.” (JPB2, páx. 154)

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 41: REVISTA NAVEGANTES 2012

Breves

41

“Non te cases en Cariñoque é terra de moita area,que aos tres días de casadairás ao monte por leña.” (JPB2, páx. 156).

“Ao pasar pola Marolapúxenme a aferrar o foquee acordáronseme as papasque están fervendo no pote. (JPB2)

“Catorce botes do Seixopasaron a Porta Nova,en busca dun gato negroque foi morrer á Marola.” (JPB2)

“Hai un baile en Esteiroque por cinco cartosse baila ata as deze disque o dá un zapateiroque é coxo dun brazoe manco dos pés. “(JPB2, páx. 247).

“Na Porta de Canidopisáchesme o pé,chuscáchesme un ollo,xa che sei o que é. “(JPB2, páx. 251).

COVARDES

Chamábase David,pero lle dicían zanahoria.

Era bo rapaz,pero se metían con el.

Era moi estudoso,pero nunca quería ir ao colexio.

Era moi simpático,pero ninguén se decatou.

Foi un neno moi pacífico,pero a cambio recibía malleiras.

Comezou como unha broma,pero un día alguén pasouse da raia.

Chamábase David,e a súa morte marcounos moito.

.MALTRATO ESCOLAR: LOITEMOS PARA

QUE DESAPAREZA(imaxe tirada da internet)

Claudia Gallego Sixto

3ºESO

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 42: REVISTA NAVEGANTES 2012

Breves“Quéreme a min, nena,quéreme a min sol,quéreme a min, nena, que son de Ferrol.” (JPB3, páx, 18).

“O can, o can,o demo do can,comeulle as cirolasao meu ferrolán.Ai, que llas pegan,ai, que llas dan,ai que llas pegan,ao deño do can!”(JPB3, páx. 26).

“Había un baile en esteiro,no cento cincuentana calle do Sol,onde se come baratona cunca e no cazocaldo de melón.”(JPB3, páx. 44)

42

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Antía Losada Pereira 4ºESO

Page 43: REVISTA NAVEGANTES 2012

43

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

A paz dende a cociña

Xoana detestaba as guerras, os conflitos internacionais, as mortes por bombardeos e cría que os políticos non facían máis ca enredalo todo. Aquela mañá volvía enfadada da escola, non obtivera a cualificación esperada nunha proba, rifara cunha amiga, e ao parecer “todos os profesores tíñanlle manía”. Cando camiñaba cara á súa casa, pensaba nos conflitos que tiñan lugar no mundo enteiro e coidaba que ela podería solucionalos só con falar con toda aquela xente importante que movía o mundo. Xa estaba decidida, sería ela quen remataría coas disputas e as bombas, quizais ata lle darían un Nobel ou algo similar, nunha desas galas, con discursiño e todo. Si, perfecto, era a súa misión, ela cambiaría o mundo...! Non, non só o mundo, quizais pola súa ampla misión como pacificadora, ata a mandaban como mediadora a Marte, sería fantástico conversar cos extraterrestres, non si? Para que comprendades esta historia, debedes saber que a nosa protagonista ten tan só uns dez anos e unha visión simplificada do mundo no que vivimos. Ben, feita esta aclaración podemos continua

Cando entrou pola porta, Xoana atopou á súa irmá Lola xogando cos seus bonecos favoritos. Entón, sen pensalo dúas veces, arrebatoullos deixando a pequena nun mar de bágoas. A súa nai correu para ver a que se debía todo aquel alboroto e, cando atopou aquela escena, non puído evitar rifar a Xoana polo

seu comportamento coa súa irmá, ao que ela respondeu que as mediadoras interplanetarias tiñan os seus bonecos propios. Como consecuencia, Xoana quedou na habitación enfadada ata á hora do xantar. Cando chegou seu pai, Xoana preguntou se mercara aquelas lambetadas de amorodo que pedira. Cando seu pai dixo que fóra a tenda e non quedaban aqueles doces, Xoana comezou a berrar e patexar ata quedar sen forzas, “ E que ninguén comprendía que unha pacificadora mundial tiña que ser compracida? “. O día pasou sen cambios no humor de Xoana que seguía irascible e anoxada coa súa familia. Cando foi hora de deitarse, a Xoana custoulle conciliar o sono e, tras moito reflexionar, deuse ben de conta de que ninguén pode acadar a paz mundial sen acadala primeiro na súa propia cociña. E por isto mesmo, á mañá seguinte, Xoana pediulles desculpas a todos polo seu mal comportamento, deixoulle a Lola algunhas das súas bonecas, axudou á súa nai a colocar a compra do supermercado e botoulle unha man ao seu pai nas tarefas do fogar. E así, Xoana comezou a súa carreira como pacificadora interplanetaria.

Marina González Estévez

3ºESO

Page 44: REVISTA NAVEGANTES 2012

Breves

44

“Quéreme a min, nena,quéreme a min sol,quéreme a min, nena, que son de Ferrol.”(JPB3, páx, 18).

“O can, o can,o demo do can,comeulle as cirolasao meu ferrolán.Ai, que llas pegan,ai, que llas dan,ai que llas pegan,ao deño do can!”(JPB3, páx. 26).

“Había un baile en esteiro,no cento cincuentana calle do Sol,onde se come baratona cunca e no cazocaldo de melón.”(JPB3, páx. 44)

Sara Souto Amado4º ESO

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 45: REVISTA NAVEGANTES 2012

Breves

45

“Quen me dera estar tan altocomo está a estrela do nortepara ver o que se pasadentro Ferrol esta noite.” (JPB3, páx. 100)

“Adeus, cárcere real,e o paseo da Chinela,esquina do murallóncasa de María Andrea.” (JPB3, páx. 128)

“Adeus, meu campo da Leña, (O autor di que é Coruña) adeus, esquina do Parque,moitos suspiros me debesesquina do baluarte.” (JPB3, páx. 128.)

“As rapaciñas da Graña,as de Ferrol e as de Neda,anque non teñan diñeiro, bon zapato e boa media!” (JPB3, páx. 130.)

O CORAZÓN DO MEDO

O medo pode ser prexudicial,

pode ser maléfico e inxusto,

pode ser branco ou negro.

A paz no mundo é mellor

co medo nos distintos corazóns

que espertan nun mundo de terror.

Cada día se espera

que no mundo haxa paz

que no corazón non haxa medo

de sempre tanto loitar.

Laura Pérez Bahamonde

1ºESO

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 46: REVISTA NAVEGANTES 2012

Breves

46

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

“Hei de facer unha pontede Mugardos a Ferrol,para que por ela paseo ben do meu corazón.” (JPB3, páx. 134.)

“Fermoso areal de Ares,cantos suspiros me levas;se che foran grans de trigosementara toda a terra.” (JPB3, páx. 134.)

“Nosa señora de Ois e a virxe de Cabalar,nosa señora das Neves,habédesme de gardar.” (JPB3, páx. 135.)

“Pola pena da Marolavai un gato dando berrosque lle cortaron o rabopara pillar os xurelos.” (JPB3, páx. 138.)

“Pola pena da Marola,pola da Marola pena,pola pena da Marola,rema, barqueiriño, rema”. (JPB3, páx. 138.)

Erika Buozamayor Santiago

1º ESO

Page 47: REVISTA NAVEGANTES 2012

47

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

A PAZA paz chea de ledicia

chega ata o noso corazón,cantando e amando

a todo o que está ao redor.

A paz ama e perdoa,o odio pelexa e mata.

Sempre é así?

Non loitamos contra os demais.A paz é boa xogando co amor,

o odio é bo xogando coas armas.

Deixamos de xogar cos corazóns?

A paz por sempre

Natalia Roca Rey

1ºESO

Sadako Sasaki e as mil grúas

Era seis, era agosto, era

mil novecentos corenta e cinco...

Naquela cidade, a xente bulía coa actividade. Os

innumerábeis xardíns de ximnastas afeccionados,

os taboleiros de go expectantes por ver quen virá

hoxe disputar as partidas. Coitadiños! Aínda

non sabían que os de hoxe non serían adultos:

presentían, turbados a visita do pequeno rapaz

, Little Boy, . Cando de repente viron o avión dos

americanos no ceo, todo o mundo empezou a

correr, pero non serviu de nada correr e 140.000

persoas morreron por culpa da bomba que tiraron.

Sadako Sasaki vivía a 1,5 km de onde caeu a

bomba. Varios anos máis tarde ... Sadako Sasaki

tiña doce anos, estaba en ximnasia e desmaiouse,

pensaran que fora polo esforzo que fixo, pero

desmaiouse máis veces. Daquela, levárona ao

médico e descubríronlle leucemia. Sadako Sasaki estivo ingresada e dentro de

pouco morrería. Un día foina visitar unha amiga e

recordoulle que se facía 1.000 grúas de papel podería

pedir un desexo. Cada grúa que facía era un gramo

de esperanza que alimentaba a posibilidade da súa

curación significaba a liberación. Pero o que foi é

que cando rematou a grúa 644 Sadako morreu. Os

seus amigos fixeron as que faltaban e enterrárona

coas 1.000 grúas.

Mª Carmen Barja Cernado

1ºESO

Page 48: REVISTA NAVEGANTES 2012

Breves

48

“Unha palabra me deches xunto ás árbores do dique,por testemuñas puxechesaqueles álamos tristes.” (JPB3, páx. 142.)

“Véñome para Coruñaa tomar novo querer,porque as nenas de Ferrolnon saben corresponder.” (JPB3, páx. 143)

“Vexo mar e vexo terra,vexo a pena da Marola,vexo soldados de Franzano campo xogando á bola.”(JPB3, páx. 143.)

“Vexo Vigo, vexo Vigo,tamén vexo Redondela,vexo a pena da Marola,cousiñas da miña terra! 1

Sadako e as mil grúas

Era seis, era agosto, era mil novecentos corenta e cinco ... Naquela cidade, a xente bulía coa actividade. Os innumerábeis xardíns ateigados de ximnastas afeccionados, os taboleiros de go expectantes por ver quen virá hoxe disputar as partidas. Coitadiños !! Aínda non sabían que os de hoxe non serían adultos; presentían turbados a visita do pequeno rapaz “Litlle Boy”. Ás once e cuarto da mañá, unha bomba atómica aterrou en Hiroxima arrolada dende un avión estadounidense, que mandou tirar o presidente Harry Truman, nese intre miles de persoas morreron, concretamente cento corenta mil. Unha nena de dous anos chamada Sadako Sasaki presenciaba aquela inmensa destrución a tan só 1,5 quilómetros da zona cero. Nove anos despois, Sadako Sasaki atopábase correndo unha maratón, cando de súpeto desmaiou, ela estivo varios días consecutivos desmaiándose cando os seus pais a levaron ao hospital onde lle detectaron leucemia, un cancro de sangue, ou tamén chamado enfermidade da bomba A. A súa mellor amiga Chizuko Hamamoto contoulle a lenda das mil grúas de papel. Díxolle que se facía mil grúas de papel os deuses concederíanlle un desexo do corazón. Entón, Chizuko fixolle a primeira grúa cun papel dourado e díxolle : “Aquí tés a prime ira grúa “. . Esa mesma noite atopouse un neno que estaba no hospital pola mesma causa e entón ela contoulle a historia das

grúas, e o neno díxolle: “Non quero facer as grúas, sei que morrerei esta noite “, e Sadako púxose un pouco triste. Entón decidiu que se remataba as mil grúas de papel desexaría que toda a xente afectada pola bomba e que tivera leucemia puidérase recuperar. Ao día seguinte Sadako deuse conta de que o neno morrera e ela púxose rapidamente a facer as grúas, porque sabía que a ela tampouco lle quedaba moito tempo de vida. Facía as grúas cos papeis dos medicamentos e con cousas que ía atopando. Un ano e dous meses despois, cando Sadako tiña tan só doce anos morreu chegando ás 644 grúas de papel. A súa amiga Chizuko estaba moi afectada pola morte, e os demais quixeron animala dicíndolle que rematarían as grúas que faltaban e soterrarían a Sadako con elas. Cando remataron as grúas de papel, soterraron a Sadako con elas e fixeron unha estatua no seu honor que era unha bomba atómica con Sadako enriba suxeitando unha grúa de papel dourado que simbolizaba a primeira grúa que lle fixo a súa amiga. Agora cada ano chegan miles de grúas de institutos e colexios de todo o mundo a Hiroshima en honor de Sadako Sasaki.

Alma Couce Lorenzo

1ºESO

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 49: REVISTA NAVEGANTES 2012

Breves

49

Alicia Noche Arozamena

1ºESO

“Vaite chuvia,vente sol,polos campos de Ferrol,que te chama teu padriño para arrolar o meniño,que che ha de dar pan e viño.”

“Fun ao santo san Andrésfun alá e hei volver;quedoume a miña mantillano seu altar por coller.”

“Fun ao santo san Andrés,fun coa miña empanada;anque o santo é milagrosoé amigo da foliada.”

“Tres días hai que non como,tres días hai que non durmo,para ir ao san Andrésque está no cabo do mundo.”

Mikaela Roselle

Hai moitos anos en Rusia houbo unha explosión nuclear que

estragou a metade do país. Ao leste do país vivía unha nena chamada

Mikaela Roselle que xustamente ese día cumpría tres anos. A explosión

non sucedeu nesa metade do país; por sorte non lle pasou nada.

Pasaron nove anos e Mikaela estaba en clases de canto coas

súas amigas e de repente desmaiouse. Non era nada grave, pero unha

semana despois volveulle pasar o mesmo, e os médicos dixéronlle que

tiña sarampelo e antigamente non se podía curar.

Mikaela estaba en urxencias. Unha prima foina visitar e regaloulle

un libro de mitos antigos e encantoulle, e encantoulle, empezou a mirar

o libro e encontrou un mito que dicía: “Un desexo queres ter pois mil

grous pero xa era demasiado tarde a nena morreu pola enfermidade.

Os seus amigos remataron de facer os 1000 grous e metéronos

na tumba con Mikaela.

Moralexa: Nunca deixes de intentar algo por imposíbel que pareza.

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 50: REVISTA NAVEGANTES 2012

Breves

50

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Ricardo Xosé Díaz Lorenzo

1º ESO

“Pescadores mugardeses,a onde ides pescar?-A quince leguas da costadas Sisargas a Ortegal. “ AI3. páx 224.

“Caracol, col, col,bota os cornos ao solque o teu pai e a túa naixa llos botan en Ferrol”.

“Heiche de contar un contoque se non cho conto morro:as rapaciñas de Esteirometen aos mozos no forno.”

“Santa Marta de Ortigueiraa muller que come a tonanon se sorte da manteiga.”

“Cando chove e fai solanda o demo por Ferrolcunha caixa de alfinetesp’ra pinchar no cu as mulleres.”

1000 Grúas para a paz

Era seis, era agosto, era mil novecentos corenta e cinco. Aquela cidade bulía coa actividade, os inmensos e innumerábeis xardíns ateigados por ximnastas afeccionados, os taboleiros de “go” expectantes por ver quen viría hoxe disputar as partidas. Coitadiños, aínda non sabían que os de hoxe non serían adultos. Presentían turbados a presenza do pequeno rapaz, “Little Boy”. Os avisos de emerxencia chegaron tarde, o pequeno rapaz, “Little Boy”, caeu sen que ninguén puidese reaccionar. Máis de cen mil persoas xa non tiveron máis preocupacións, para os que sobreviviron, acababan de empezar. De repente, un inmenso fungo de fume e morte alzouse no ceo esparexendo o seu veleno e terror sobre o Xapón, e máis tarde sobre o mundo. Dez anos máis tarde unha nena chamada Sadako Sasaki estaba na clase de educación física e desvaneceuse, pensaron que simplemente sería polo esgotamento da maratón do día anterior, pero equivocábanse e moito,

porque cando a levaron ao hospital diagnosticáronlle leucemia (cancro do sangue) e ingresou. Un día, a súa mellor amiga contoulle unha lenda que consistía en facer mil grúas de papel e así os deuses concederíanlle un desexo. No hospital coñeceu a un neno que estaba alí pola súa mesma enfermidade, e díxolle: -Fai os grous comigo e pediremos o desexo para nós e o resto de persoas que están enfermas. E dixo: -Para que, se total sei que morrerei esta noite. Sadako quedou calada e seguiu a facer as grúas, cando ía polas seiscentas corenta e catro, faleceu. Os seus amigos, acabaron as grúas e soterráronas con ela, os seus amigos recadaron fondos e fixéronlle un monumento no que está Sadako enriba dunha bomba atómica suxeitando a primeira grúa, que foi a que lle deu a súa mellor amiga. Dende aquela, de tódolos institutos do mundo chegan miles e miles de grúas en honor de Sadako Sasaki, e hoxe en día o noso, o IES Canido, pensa facer o mesmo, mandar outras mil grúas para Xapón.

Page 51: REVISTA NAVEGANTES 2012

51

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Nunca volverán Nunca volverán aqueles fríos decembros na rúa 36, cargados de neve manchada polo lodo. O barro que os nenos pisaban ao xogar cando pasaban correndo coas súas caras frías. Caras escuálidas, porque o frío e a fame intentaba aferrarse a eles e demostrarlle ás súas pobres e indefensas almas que eran incombatibles. Pero eles eran máis fortes, sempre cos seus sorrisos, mostrando a forza coa que, inexplicablemente, resistían á penuria na que vivían e intentaban que a tristura non fora máis forte ca eles. Alomenos eu tiña unha casa e unha familia, unha cama na que poder descansar a diario e unha mesa na que xantar coa miña familia, aínda que non me valese de moito. De feito por esa cuestión non me sentía un rapaz con máis sorte que a metade daqueles. A ventá estaba manchada, a Henn custáballe demasiado esforzo limpala unha vez á semana e acabaran reducindo a súa tarefa a tan só unha vez ao mes. Se o resto da casa lla mandasen limpar a ela tamén, a saber que sería de nós nese preciso intre. E é que Henn non é unha nena moi normal. Henn é unha nena preguiceira, lerda, algo gordecha e cunhas pencas que fan da súa cara de panoca un bosque de puntiños alaranxados no que é imposíbel atopar fin... ata que se ven as súas enormes orellas, claro. Dúas orellas? Non, esas pas de tenis non poden ser orellas. O único bó de Henn son precisamente as orellas, porque dese modo pode escoitar mellor as numerosas burlas que lle fan os seus compañeiros. Os seus ollos non sei de que cor son; sinceramente, tampouco me parei a preguntalo algunha vez, porque francamente, non me interesan esas dúas boliñas colocadas estratexicamente nunha cara fea e gordecha, pero deixando de lado os meus

Gala Dacosta Dielh

2º ESO

intereses, son dunha cor moi indescritible que nunca souben aclarar se eran verdes ou azuis. Ademais do seu aspecto físico, como antes ben dixera, Henn non é moi normal, e é que prefire ler libros deses que len os vellos porque non teñen outra cousa que facer ou pintar cadros do que ve dende as sucias ventás da casa e anotar no seu caderno quen sabeque tolemias, antes que xogar a babecadas de nenas normais. O que darían moitas rapazas coma ela para vivir nunha boa casa como a que ten e gozar das facilidades que obtén. De súpeto, unha sombra saltareira me sorprendeu, e a súa voz aguda e impertinente sacoume das miñas cavilacións: -Ola, Frankie. -Ola, Henn... -dixen sen deixar de mirar pola ventá, coa miña voz típica de cando alguén me está molestando. -Non estarei estorbando, verdade? -preguntoume. En ocasións parecíame menos parva, quizais finxise selo para que eu montase en cólera e os meus pais me castigasen. Non respondín. Din media volta, mireina fixamente e boquexei diante da súa face.Esperei a que o meu alento chegase ás súas fosas nasais, e que, na súa cabeza, cada recuncho do seu diminuto cerebro se decatase perfectamente de que intentaba que marchase. -Ah, hoxe almorzaches bacon. Pero non lavaches os dentes-dixo ela cun inocente sorriso. Espero que non se me notase demasiado como abrín a boca de asombro, porque a mandíbula se me desencaixaría de tan incrédulo como quedei.

Page 52: REVISTA NAVEGANTES 2012

Breves

52

“Cando chove e fai solanda o demo por Ferrole con ducias de alfinetespara picar ás mulleres.”

“Cando chove e quenta o Solanda o demo por Ferrolcun saquiño de alfinetespara pinchar ás mullerese outro de tenedorespara pinchar aos señores.” (oral)

“Cando chove e quenta o Solanda o demo por Ferrolcun saquiño de alfinetespara pinchar ás mullerese un saquiño de agullaspra pinchar ás criaturas.” (Xuvia. Oral)

“Cando chove e quenta o Solanda o demo por Ferrolcunha caixiña chea de alfileres pra pinchar no cu ás mulleres.”(Covas. Oral.)

Pode que Henn sexa unha parva, pero sabe como quentarme ata que se me avermellen as orellas. Esa noite non conseguía durmir. Dende logo, non pensedes que fose pola miña insoportable irmá, senón porque o día seguinte tiña lugar un “acto” moi importante. Na miña familia estaban seguros do que acontecería. Loxicamente, non me deixarían tomar partido nas súas conversas de adultos, pero en ocasións acudía ás agachadas ao despacho de papá cando celebraba esas reunións cos seus amigos e socios ata altas horas da noite, e espreitaba dende detrás da porta as súas conversacións. “Levarannos a todos”, dicía o gordo socio de papá mentres paraba para, seguramente, inflarse de whisky e volver a casa dando voltas aos farois e saltando cada vez que soltaba un “hip”. Outro, un home de frac negro e brillante bigote, afirmaba: “Meréceno, non podemos admitir a esas ratas noxentas contaminando as nosas beirarrúas. Ademais, están mellor neses campos antes que revirarse no lixo dos seus barrios marxinais. Canto antes os metan a todos en trens directos a Auschwitz, mellor”. Estaba seguro. Eu só tiña doce anos, pero era suficientemente maduro como para comprender que falaban dos xudeus, aos que reportarían en pouco tempo.

Algunha vez escoitara falar do campo de concentración de Auschwitz.Ao parecer, era o máis duro de todos. Un compañeiro meu escoitoulle ao seu pai dicir que ás mulleres e aos nenos ou anciáns débiles metíanos en pouco tempo nas cámaras de gas tóxico, enganándoos mentres dicían que os ducharían. Sen embargo, aos homes fortes levábannos, cando tiñan moita sorte, púñannos a traballar case vintecatro horas e case non lles daban comida. Os xudeus non podían usar o bus, nin bicicletas, nin teren coche propio, nin estaren na rúa despois dunha determinada hora da noite, nin faceren a compra mentres había outras persoas presentes, nin iren a casa de persoas que non fosen xudías. Esas foron unhas das primeiras miles de normas que impuxeron a esas pobres persoas. Ao día seguinte, segundo un dos do grupo do meu pai contara, ían pasar pola cidade e deportarían aos xudeus de determinados barrios e aos que os intentasen esconder nas súas casas. Un veciño do noso barrio fora sancionado por esconder a unha familia xudía no soto da súa casa. A miúdo me cruzaba con algún neno xudeu mentres me levaban á escola.A miña nai mandábame mirar a outro lado, mentres el nos miraba inquedo cos seus ollos asustados. Todos os xudeus estaban obrigados a levar unha estrela na súa

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 53: REVISTA NAVEGANTES 2012

Breves

53

“Vaite chuvia, vente sol,polas rúas de Ferrol,pola miña e pola túapola do Noso Señor.” (MFC. Tui.)

“Vaite chuvia,vénte, sol,pol-os campos de Ferrol,que te chamao teu padriñopara arolál-o miniño;que ch’ha de dar pan e viño. “(JPB3, páx. 184)

“Cando chove e fai solanda o demo por Ferrol,axotando ás mullerescon agullas e alfinetes ““(JT. Páx. 96.)

“Había un barrio en Esteiroque con neboeiro non se vía o solse cortaras a perrera,cochina, marrana,fórache mellor.” (oral)

roupaxe, para identificalos como se fosen vacas ou cabras. Esa estrela é a estrela de David, o símbolo dos xudeus. Mentres estaba pensando, escoitei un forte ruído que zumbaba nos meus oídos. Era como unha mosca, pero voaba moi rápido, moi forte e moi lonxe. Como a escoitaba, entón? Cando me din conta, mirei pola ventá, unhas fortes luces me cegaron, o ruído fíxose constante. Era un avión. Era a guerra. Comecei a ter medo. Durante quince minutos, hipnotizado, miraba os avións alemáns que pasaban pola cidade. Non me podía despegar do cristal (sempre sucio) da ventá.

Despois, un estrondo terrible. Ao lonxe, vin unha enorme explosión. Unha bomba.

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 54: REVISTA NAVEGANTES 2012

Breves

54

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

JPB1: José Pérez Ballesteros. Cancionero Popular Gallego. Tomo 1.

DB2: Domingo Blanco. A poesía popular en Galicia. Tomo 2.

AI3. Antonio de la Iglesia, El Idioma Gallego, su antigüedad y vida. Tomo III. 1886. Ed. facsimilar, La Voz de Galicia, 1977.

JT: Jesús Taboada. Folklore de Verín. Las creencias y el saber popular. Ed. La Región, 1961.

351 PALABRAS Mirou cara ao ceo, respirou fondo e volveu mirar agora cara a abaixo. Veu as augas correr por debaixo desa ponte, a ponte onde doce anos atrás decidiu cambiar a súa vida. Pechou os ollos e comezou a lembrar... Doce anos antes ela ía conducindo, todo estaba escuro, apenas se podía ver a estrada, e por encima as bágoas facíanlle ver todo menos claro. Doíanlle as pernas e os brazos, os pómulos corados, que pronto cambiarían a un morado intenso e atormentador. Sentía ira, odio, non comprendía como aquilo lle puidera ter sucedido outra vez, unha máis de tantas. Por que confiara nel de novo? Ela sabía que non ía cambiar. Odiouse a si mesma por ser tan inxenua, por ter crido unha vez máis o conto da lealdade. Nos ollos azuis daquel home xa se vía o engano, pero ela só podía ver a esperanza que o seu corazón lle facía sentir. Mentres conducía, sen saber moi ben cara a onde, recordou como a súa man firme golpeáballe as meixelas, como a empurraba contra a parede ao tempo que lle gritaba violentamente. Lembrou o seu cheiro a alcohol, o seu non saber estar, o case nin poder manterse firme. Mirou

e veu aquelas criaturas durmindo na parte traseira do volkswagen azul marino. Mirouno a el e decatouse do rápido que o facían medrar, veu como con apenas sete anos xa coñecía a cara ruín da vida; el, que vira a súa nai chorar tantas noites como días de vida que tiña, el, que vira como a maltrataban e sentíase impotente por non poder facer nada. Logo mirouna a ela, a princesa do monstro, inxenua pero chea de vida, ela que tamén vira moitas situacións que doen pero acorde con seus catro anos, pensaba que era un xogo. Por fin, decidiuse, detivo o coche na beira da estrada e apeouse. Saíu do vehículo e comezou a andar atravesando por unha longa ponte. En canto se cansou, subiuse á varanda, mirou cara a abaixo e viu como a auga batía contra os piares que mantiñan a ponte firme. Notou o vento na súa cara, respirou profundamente e no momento no que estaba apunto de impulsarse, de acabar de vez con toda aquela dor, algo fixo que dera marcha atrás. Mirou cara o coche e lembrou as noites nas que o seu fillo, despois de oír a porta pecharse bruscamente, levantábase da cama e ía cara a ela, que choraba nun canto do cuarto, e sen dicirlle nada ía abrazala como só el sabía facelo. Recordou as tardes de nai e filla, recordou o gracioso

Page 55: REVISTA NAVEGANTES 2012

55

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Marta Brage

4º ESO

son do riso da súa pequena e a súa

incrible capacidade de facer que alguén

sorrise sen apenas ter forza para facelo.

Notou unha forte brisa na cara, mirou

cara a abaixo, logo cara ao ceo e a pesar

de que ninguén podía oíla exclamou:

Acabouse!. Baixou da varanda da

ponte e comezou andar cara ao coche.

Cando entrou mirou a os seus fillos

inda durmidos na parte traseira, sacou

unha cámara fotográfica da guanteira e

fotografounos para ter unha lembranza

eterna do día no que, grazas a eles, deu

marcha atrás e comezou a paz.

Alicia Noche Arozamena

1º ESO

Page 56: REVISTA NAVEGANTES 2012

56

O LÉXICO DA PAZ

Para chegarmos á formación da palabra paz (en latín, pax) poderiamos seguir unha vía que parte do verbo “pangere”, que significa cravar na terra.

PANGERE: Cravar na terra, establecer solidamente.

A partir de aí, a palabra vai cobrando significados máis amplos, tales como:

plantar,determinar,fixar,trazar, fixar unhas lindes,concluír e pactar [un tratado, a tregua, a paz]

O “N” de pangere non forma parte do lexema, aínda que o pareza. Temos un exemplo claro na palabra “vencer”, que ten como lexema “vec,vic”; que o “n” non forma parte do lexema, demóstrase na palabra “vitoria”. Como exemplos de palabras nas que o “n” non forma parte do lexema poderiamos destacar: delinquir - delito, tanxible - tacto.

O lexema “pag” deu a palabra palus (*pag-s-los)

Pacto PacíficoPacificar ApracibleImpacto EmpateCompacto PáxinaCompaxinarPagar PropagarPago PaísPayense ApaisadosPagán PAX

PACIENCIA, sen embargo non vén desta raíz, senón de PADECER A paz (pax) atribúese a os paus dos que colgaban as viñas nos pagus, transmitindo esa sensación de apracibilidade e tranquilidade das aldeas. Ademais, poderiamos deducir que a paz (pax) prodúcese no momento no que se deixa firma, se confirma, un tratado. Daniel Rodríguez López

Martín Varela Salido

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 57: REVISTA NAVEGANTES 2012

57

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 58: REVISTA NAVEGANTES 2012

58

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 59: REVISTA NAVEGANTES 2012

59

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 60: REVISTA NAVEGANTES 2012

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

60

Page 61: REVISTA NAVEGANTES 2012

61

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 62: REVISTA NAVEGANTES 2012

E tí que sabes facer?Daniel Rodríguez López 4º ESO

Breves

“Esta obra axuda a que a xente vexa como os

galegofalantes non sofren ningún mal nin enfermidade e invítaos a falar

esta lengua.”

ALEXANDRE DACOSTA

“Gustoume que se lle amose á

xente que o galego pode perderse por prexuízos que non

teñen sentido.”

UXÍAOTERO

PELOS NA LINGUA

TALIA TEATRO

62

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Mentres uns confeccionaban as postais do nadal, que más tarde se intercambiarían, algo sucedía no salón de actos.

Por primeira vez no centro, organizouse un concurso de talentos no que todos os alumnos podían participar e dar a coñecer as súas dispares habilidades. Danza, canto, beatbox, humor... todo nun mesmo divertido espectáculo que esperemos que se repita nos vindeiros anos. Un festival que por falta de aforo fíxose dúas veces na mesma mañá! Todo un reto.

Ao comezo do espectáculo, Andrea Georgiana Gheorghe de 2º ESO B escolleu a alumnos do público e maquillounos durante a gala. Ao final, comprobamos o magnífico resultado da xove artista.

Rompendo o xeo, Alicia Noche Arozamena de 1º ESO B interpretou a canción Blanco e Negro de Malú.

De seguido, Jonathan Rivas Chao e Francisco Ferro Álvarez de 1º e 3º da ESO (respectivamente), deleitáronnos con uns divertidísimos diálogos sobre a navidade e as comidas familiares nos que o raro era o que non ría.

A continuación, estudantes de 1º e 2º da ESO bailaron a canción S & M de Rihanna.

Como convidado adicional, tivemos a Yanko e ao seu grupo de canto coral, que entonaron diversas canciones mentres animaban ao público a participar.

E por último, pero non por elo menos importante, Nicolás Esteiro Leira (4º ESO) e Anxo Caeiro (2º BAC) explicáronnos o que era un Didgeridoo e demostraron que podíase fusionar perfectamente co beatbox, unha actuación inolvidable.

A gala non podería haber sido posible sen a coordinación de Celia Díaz de 4º da ESO e sen a presentacións de Celia Estévez de 3º da ESO. A parte técnica de imaxe e sonido foi traballo dun servidor e de Cristóbal “Pipo” Blanco. Dar tamén ás grazas á ANPA do IES Canido, que pechou o acto coa charla das Tres Raíñas Magas.

Page 63: REVISTA NAVEGANTES 2012

Rafael Tapia Leal e José Zar Varela

63

Como facer una grúa de papel

1-Coller un cadrado de papel e pregalo pola diagonal.

2-Dobrar o triángulo resultante pola metade.

3-Desdobrar ata o paso un, pregar ambas metades do cadrado e afundir a metade de cada triángulo para dentro como se ve na imaxe.

4-Coller o triángulo pola súa apertura e premer cara a fóra ata dobralo.

5-Repetir o mesmo paso nas outras tres caras.

6-A figura resultante queda como na imaxe.

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 64: REVISTA NAVEGANTES 2012

64

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

7-Estirase a figura.

8-Estirase a figura.

9-Coller o triángulo pola súa apertura e premer cara a fóra ata dobralo.

10-Estirase a figura.

11-Coller o triángulo pola súa apertura e premer cara a fóra ata dobra-

12-Estirase a figura.

13-Coller o triángulo pola súa apertura e premer cara a fóra ata dobra-

14-Estirase a figura.

Page 65: REVISTA NAVEGANTES 2012

Mil grúas para Hiroshima

Claudia Gallego Sixto 3º ESO

65

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Paz. Soño de moitos. Destruído por algúns. Conta unha lenda xaponesa que se logras elaborar 1.000 grúas de origami se che concede un desexo. O que ti queiras. Hai 57 anos unha nena de doce chamada Sadako Sasaki , supervivinte da bomba atómica de Hiroshima, morría nun hospital arrodeada de 644 grúas de papel. Morría de leucemia, tamén chamada “enfermidade de bomba A”. Sadako tentaba elaborar as mil grúas para poder volver correr, vivir., pero morreu antes de conseguilo. Os seus compañeiros da escola remataron o seu traballo pregando as 1000 grúas. Pouco a pouco, a historia de Sadako foise estendendo, e na actualidade ademais de ter unha praza cunha estatua en Hiroshima no seu honor e no de todos os rapaces mortos por esa traxedia; ocasionou un fenómeno mundial. Un fenómeno no que xente de todo o mundo envía grúas de papel a Hiroshima na súa lembranza. Pero non só, por iso. As persoas que elaboramos as grúas tamén temos un desexo, como Sadako. A nosa arela é, a PAZ. Neste instituto queremos colaborar, quixemos apostar pola paz. A idea xurdiu, do noso vicedirector, Antón Cortizas, quen, todo hai que dicilo, sempre ten unha fermosa actividade que propornos. Pareceunos unha magnífica idea, e a clase de 3º de ESO A coordinou a actividade. Participou todo o instituto, fabricándoas nos recreos e en horas que nos deixaban os nosos profesores.

Non sabíamos como comezar pero Rafael Tapia, un alumno de 3º A era un gran experto en papiroflexia gracias ao seu avó. Así creamos unha cadea, ensinándonos uns a outros, aprendendo dos demais. Fixemos un contador para ir comunicando aos nosos compañeiros cantas grúas faltaban e iniciamos unha colecta de cartos sen moito éxito, (hai que mencionar os fracasos). Ao final, non houbo problema xa que o noso instituto asumiu o resto dos gastos. Despois de ensartadas as grúas en tiras e de pasar un tempo colgadas nos nosos corredores foron metidas nunha caixa e enviadas a Hiroshima.

A vez, pola conmemoración do Día da Paz, iniciamos o concurso de redacción de textos a favor da paz chamado “Paces posibles”, os cales saen nesta edición da revista.

A conclusión deste proxecto é que xuntos puxemos o noso propio gran de area, para tentar non ser deses algúns, que destrúen o soño de moitos: a PAZ.

Page 66: REVISTA NAVEGANTES 2012

Un pie de foto ha de llenar por lo menos el 75% del espacio ocupado por la fotografía y describir la

CHARLES DARWINAndrea Romeu e Borja Rivera

1º BAC

BrevesCANTAREAS

DEFERROLTERRA

66

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Charles Robert Darwin: (12 de febreiro de 1809 ? 19 de abril de 1882)

Naceu en Sherewsbury, Inglaterra, en o seo dunha acomodada e sofisticada familia. Estudou medicamento na Universidade de Edimburgo pero abandonou esta carreira e ingresou en a Universidade de Cambridge co fin de converterse en Ministro da Igrexa de Inglaterra, onde coñeceu influentes personalidades como John Stevens Henslow, quen inculcou a Darwin a necesidade de ser meticuloso esmerado nas tarefas científicas. Tras graduarse, embarcou no H.M.S. Beagle (buque da mariña real británica) en calidade de naturalista.

Darwin sentou as bases da moderna teoría evolutiva ao afirmar que todas as formas de vida mediante un lento proceso de selección natural. O seu traballo influíu decisivamente en diferentes disciplinas científicas e, en xeral, sobre o pensamento moderno.

A súa viaxe a bordo do Beagle:O seu traballo como naturalista

a bordo do Beagle deulle a oportunidade de observar formacións xeolóxicas en distintos continentes e illas así como unha ampla variedade de fósiles e organismos vivos.

Naquela época, a maioría dos xeólogos defendía a teoría das creacións sucesivas, que mantiña que as especies da Terra eran o resultado dunha sucesión de creacións da vida animal e vexetal, e que cada unha de elas fora destruída por unha catástrofe repentina. O xeólogo inglés Charles Lyell someteu a unha forte crítica este punto de vista xa que el defendía a teoría da uniformidade, que considera que a superficie terrestre está sometida a un cambio constante como resultado de forzas naturais que actúan uniformemente durante un longo período de tempo.

Darwin descubriu que moitas das súas observacións encaixaban na teoría de Lyell. Ademais, durante a súa viaxe por Sudamérica, observou gran diversidade de plantas, animais e fósiles. Nas illas Galápagos observou especies estreitamente relacionadas que diferían na súa estrutura e hábitos alimenticios e concluíu que esas especies emigraran cara a as Galápagos procedentes do continente e, como consecuencia, adquiriran trazos distintos ao adaptarse a distintos hábitats.Nese momento non se deu conta de

“Houbo unha festaen Esteiroe co bieiteironon se vía o sol.se quitaras a perrera chica ferrolá fórache mellor.-A perrera non a quito,nin tampouco o paletóata que quiten os homesa cadea do reló. “(JPB2, páx 60.)

“San Antonio da Cabanaten unha pipa no montep’ra que os homes beban viñoe elas auga da fonte.” (JPB2, páx. 64).

“Adeus parque de Ferrol,dentro me queda unha rosa,e non a podo ir a verporque está a mar perigosa.” (JPB2, páx. 115)

“Velo aí vai pola muralla,

Page 67: REVISTA NAVEGANTES 2012

Breves

67

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

que os animais das distintas illas do arquipélago pertencían a especies distintas.As illas Galápagos:Nesta inhabitadas illas do Pacífico, moi distantes das costas de Sudamérica, sorprendeuse ao descubrir lagartos xigantescos, supostamente extinguidos, desmesuradas tartarugas, cangrexos descomunais, gavilanes sen malicia que se deixaban derrubar dunha árbore cunha vara e tórtolas amigables que se pousaban sobre o ombreiro do perplexo Charles. Ao cambiar dunha illa a outra, aínda que o clima e a xeoloxía non variaban, a fauna era inexplicablemente distinta. Parecía que o Creador actuara con caprichosa e inútil versatilidade en cada un daqueles pequenos territorios. Sospeitaba que o medio no que se desenvolve a vida permite, de forma implacable, sobrevivir soamente aos máis aptos.

As súas observacións xeolóxicas sobre os arrecifes de coral foron recollidas en varios libros. A viaxe foi decisivo porque orientou definitivamente a súa vida e a súa actividade polo camiño da ciencia. Dez anos despois da súa viaxe publicou as súas experiencias do mesmo. En 1839 aparecía o seu Journal, que, do mesmo xeito que a súa obra anterior A

Naturalist's Voyage Round the World in H.M.S. Beagle faríase clásica como libro de viaxes. A súa capacidade de traballo foi considerable a pesar dos danos que causaron á súa saúde os rigores da súa longa viaxe. Foi superior ao resto dos seus contemporáneos en observar cousas que se escapan xeralmente á atención. "Foi o acontecemento máis importante da miña existencia. A esta viaxe débolle a primeira educación do meu carácter. Un verdadeiro adestramento porque tiña que dedicar a atención a diversas ramas da historia natural e isto obrigoume a mellorar e a intensificar as miñas facultades de observación".

Charles Robert Darwin soubo desde o principio que a súa Teoría da Evolución ía caer como unha irreverente bomba sobre as dogmas establecidos da fe cristiá. Non é de estrañar, por tanto, que se pasase máis de dúas décadas dándolle voltas ao que o filósofo Daniel Dennett bautizou como a súa «perigosa idea», ata que finalmente atreveuse a publicar ‘A Orixe das Especies’.

Pouco antes de que esta ousada obra vise a luz, nunha carta que escribiu ao seu amigo Joseph Hooker, Darwin confesou que sentía «como un home a piques de confesar un crime». Non era para menos. Na Inglaterra vitoriana do século XIX, a idea de que todas as especies vivas "incluíndo o ser humano" non foran procreadas dun día para outro pola man de Deus,

“Velo aí vai pola muralla,velo aí vai o mugardés,velaí che vai embarcadoe nese barquiño inglés. (JPB2, páx. 118)

“Vaite á merda. vaite á merda,vaite á merda a Cervás,que tamén mandei a ela a un fato de lacazás.” (JPB2, páx 122)

“En Redes hai boas nenas,en Ares, a flor delas,en Mugardos recugallo,non hai quen case con elas. (JPB2, páx. 152.)

“Meu señor san Andresiño,que está dereito na porta:sonlle do Porto1 darriba onde cantan as gaivotas.” (JPB2, páx. 154)

“Non te cases en Cariñoque é terra de moita area,que aos tres días de casadairás ao monte por leña.” (JPB2, páx. 156).

Page 68: REVISTA NAVEGANTES 2012

68

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

senón que evolucionaran durante millóns de anos mediante un proceso de selección natural, supuña unha insolente blasfemia. Para comprender até que punto Darwin era perfectamente consciente da polémica que as súas ideas ían desencadear, hai que ter en conta a súa propia traxectoria persoal e intelectual. Á fin e ao cabo, na súa mocidade o 'pai da evolución' estudou teoloxía na Universidade de Cambridge coa intención de converterse en sacerdote da Igrexa Anglicana, e non cuestionaba a validez da Biblia como fonte sacra para explicar a orixe do mundo. Con todo, ao longo dos anos, e sobre todo tras a experiencia transformadora que viviu durante a súa aventura científica a bordo do Beagle, a fe de Darwin foise erosionando ante o cúmulo de evidencias que contradicían todas as verdades supostamente incuestionables do Libro da Xénese. O crecente escepticismo do naturalista fronte á relixión converteuse nunha dolorosa fonte de tensión coa súa devota esposa Emma, sobre todo desde que en 1849 deixou de ir a misa os domingos, e decidiu dedicar o intre que a súa familia pasaba na igrexa a pasear polo campo para seguir reflexionando sobre as súas ideas. Dous anos despois, a morte da súa adorada filla Annie, como consecuencia dunha tuberculose que acabou coa súa vida aos 10 anos,

foi a puntilla que lle fixo perder definitivamente a fe. Para Darwin, a crueldade e o sufrimento dun mundo onde el comprobara como algunhas avespas alimentábanse dos corpos vivos dos vermes na dura loita pola supervivencia, ou onde morrían nenos inocentes como o seu queridísima Annie, non parecían compatibles coa existencia dun Deus omnipotente que se preocupase polas súas criaturas. Con todo, a pesar de todo, Darwin nunca quixo definirse publicamente como ateo, e deixou escrito que «o agnosticismo é unha descrición máis correcta da miña postura». Como era de esperar, a publicación de 'A Orixe das Especies' en 1859 desatou un escándalo descomunal na sociedade británica, e Darwin tivo que sufrir a humillación de ver o seu inconfundible rostro barbudo caricaturizado sobre o corpo dun mono. Ao mesmo tempo, as autoridades eclesiásticas da Igrexa Anglicana denunciaron que a Teoría da Evolución constituía a visión máis degradante do ser humano xamais concibida, e algún mesmo chegou a compararlle coa serpe do Xardín do Edén, por tentar perverter á sociedade británica coas súas «ideas perversas». A Darwin toda esta polémica non debeu sorprenderlle demasiado, xa que coñecía de primeira man, dentro do seu propio fogar, os conflitos relixiosos que podían provocar as súas teorías. O que sen dúbida lle chocou moito máis é descubrir que 150 anos despois, as chamas desta controversia aínda non se apagaron no mundo do século XXI.

Page 69: REVISTA NAVEGANTES 2012
Page 70: REVISTA NAVEGANTES 2012

Un debate, unha experiencia

Marina González Estevez

Breves

70

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Debater, falar, opinar, pensar, razoar, defender, expresar, e, sobre todo iso,expresarnos, que á fin e ao cabo é o que fai falta, non? Despois de tanta televisión, de tantos números no rexistro, de tantas veces que nos dixeron que esta xeración non vai a ningunha parte, é o que fai falta, o que realmente necesitamos, expresarnos...E que nos escoiten, que nos ouzan, que nos discutan, que nos fagan dubidar, que non nolo poñan fácil, que nos fagan loitar e que o fagamos con todas as nosas forzas. Que non nos limitamos a facelo por unha recompensa, que saísemos aí sen medo, seguros de que pase o que pase isto serviu para algo.Sería moi fácil non asistir a ese debate, si,sería un aforro de horas, de esforzo, de tinta, de traballo. Sería moi fácil non forxar nosa propia opinión, deixarnos levar polas maiorías, deixarnos dirixir polas grandes masas, sería moi fácil, pero tamén moi perigoso. Que fariamos sen opinión? De que serviría a nosa voz se non tivésemos nada que dicir? Seica teriamos sequera algo polo que esforzarnos? Algo polo

que loitar? Algo que realmente merecese a pena. Ou sempre imos deixar que decidan por nós? Non, claro que non, pero para iso fan falta unhas ideas, uns principios, fai falta información, e saber manexar e, claro que non todos seremos presidentes, nin deputados, nin concelleiros, por suposto que non. Pero é ese motivo suficiente para non tentalo? Se non cremos en nós, quen vai facelo? Quen vai facerse ouvir por nós? Quen nolo vai a dar todo feito? Quen vai mellorar a nosa situación? Quen sabe mellor que nós o que necesitamos? Ninguén, e velaí o porqué dese debate, desas horas, dese esforzo...Porque non seremos presidentes, pero somos cidadáns.

“Ao pasar pola Marolapúxenme a aferrar o foquee acordáronseme as papasque están fervendo no pote. (JPB2)

“Catorce botes do Seixopasaron a Porta Nova,en busca dun gato negroque foi morrer á Marola.” (JPB2)

“Hai un baile en Esteiroque por cinco cartosse baila ata as deze disque o dá un zapateiroque é coxo dun brazoe manco dos pés.”(JPB2, páx. 247).

“Na Porta de Canidopisáchesme o pé,chuscáchesme un ollo,xa che sei o que é.”(JPB2, páx. 251).

“Quéreme a min, nena,quéreme a min sol,quéreme a min, nena, que son de Ferrol.” (JPB3, páx, 18).

CANTAREAS DE

FERROLTERRA

Page 71: REVISTA NAVEGANTES 2012

Marta García Martínez

Breves

71

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Algunhas persoas maiores pensan que as xeracións de hoxe en día xa non podemos tratar temas de importancia, opinar sobre eles ou levalos a cabo na nosa vida cotiá, como a política. Cando mencionamos esta palabra, acoden ás súas cabezas unha enchente de ideas sobre gobernos, esquerda, dereita, sufraxio, decisións a niveis globais… Con este debate quixemos demostrar que a política non só é iso, senón que se presenta en moitos máis ámbitos, como o local, e que nós, a pesar de ser “as xeracións de hoxe en día” tratamos e axudamos a desenvolver (que mellor exemplo que o propio debate); e, por suposto, aprender sobre este tema deixando xa aparte o traballo, o esforzo e tempo tanto de profesores como de alumnos, de maneira divertida e entretida. O evento desenvolveuse o día 24 de Marzo no Carballo Calero. Os centros presentámonos alí ás 9:30 da mañá, facéndonos madrugar a todos. Repasamos un chisco os apuntes e os últimos arranxos cos nosos titores e, posteriormente, entramos todos ó salón de actos. O ambiente de rivalidade mesturado co de tensión e simpatía respirábase xa. Procedemos a recoller a papeleta que, ó chou, nos diría de que lado nos posicionabamos. En contra! Primeiro debate: Canido en contra; Monte Caxado a favor. Subimos a dar unha última lectura rápida ós datos

en contra, e, pasados os dez minutos, baixamos de novo. Escenario, cadeiras, organización de papeis sobre as mesas e carraspeos dos oradores que sairían a falar dun momento a outro. Un grolo de auga e ó estrado. Os turnos desenvolvéronse sen demasiados incidentes nin penalizacións, e as ideas e gráficos escoitábanse por dúas bandas diferentes. Remataron os 35 minutos, rematou o primeiro debate. Satisfeitos, abandonamos os nosos postos. Observamos ós rivais debater tamén. Sobre as 13:15 dirixímonos ó hotel Hesperia (a uns pasos de onde nos atopabamos) a comer, doentes de fame. Atopamos un buffet libre onde cadaquén tomou o que quixo, coincidindo todos nunha cousa: o delicioso pan que nos encantou! Rematada a comida, outro repasiño máis e un descanso nas mesmas butacas que alí se atopaban mentres que o terceiro debate discorría xa no Carballo. Voltamos a polo noso segundo debate, que sería xa o cuarto e último do día, outra vez en contra debido á sorte e cara o colexio de As Pontes. Este avanzou como o anterior e, unha vez rematado, apertóns de mans e a esperar a decisión dos xuíces. A tardanza rematou co berro de “A sentarse!”. Tomamos asento e, dende o último posto, comezaron a xurdir dende o micrófono os resultados: “As Pontes, 4º posto”, o seu representante e o titor acompañándoo recolleron o regalo, recibiron a noraboa e posaron para todas as fotos; “IES de Canido, 3º posto!”, fixemos o propio, recollendo as bolsas e sorrimos para as cámaras; “Saturnino Montojo, 2º posto”; e o gañador é… Monte Caxado! Voltamos a casa con 300 euros que aínda non investimos, libros, amigos novos, bolos de pan que collimos do buffet para merendar, orgullosos e con moitísimas ganas de madrugar de novo un Sábado se é para repetir unha experiencia coma esta.

“O can, o can,o demo do can,comeulle as cirolasao meu ferrolán.Ai, que llas pegan,ai, que llas dan,ai que llas pegan,ao deño do can!”(JPB3, páx. 26).

“Había un baile en esteiro,no cento cincuentana calle do Sol,onde se come baratona cunca e no cazocaldo de melón. “ (JPB3, páx. 44)

“Había un baile en Esteiroque co neboeironon se vía o sol;se quitaras a perrera,cochina, marrana,fórache mellor.A perrera non a quitonin tampouco o polisón,mentres gastenos homes campanastan frouxas e anchasno seu pantalón. “(JPB3, páx. 45).

“Quen me dera estar tan altocomo está a estrela do nortepara ver o que se pasadentro Ferrol esta noite”. (JPB3, páx. 100)

Page 72: REVISTA NAVEGANTES 2012

72

Flores, a beleza capturada

1º Premio:

Contemplaba o seu reflexo no cristal, e assuas perlas de rocío como ollos deleitábansena sua beleza anónima. Flor sen nome que

ainda non sendo narciso observaba orgullosaque era flor e non home.

Ángela Placer Espiñeira 2º ESO

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 73: REVISTA NAVEGANTES 2012

73

Flores, a beleza capturada

2º Premio:

Volvín a miña terra verdee xa non estaba,xa non estaba a terra,marchárase.Coa augadeica o mar

Sabela Rodríguez Brañas 2º BAC

marchárase.Espesamiña nai,trémulos e vastos bosques,provincias montañosas,terra e fragancia e humus.

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 74: REVISTA NAVEGANTES 2012

74

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Flores, a beleza capturada

3º Premio:

Aínda que murcha, fermosa.Un home, cunha caligrafía exquisita, redactaba o seu novo libro, nunha noite escura. Fixouse nun caravel murcho. Seguía sendo fermoso a pesar dos anos. Coma

Xulia. Riscou o anterior e escribiu un novo título: Xulia

Claudia Gallego Sixto 3ºESO

Page 75: REVISTA NAVEGANTES 2012

75

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Flores, a beleza capturada

3º Premio:

¡Como recordo meu onte! Pasado como un sono,o canto do vento pulsaba as flores,

o silencio do monte poboado de trinos.Miñas flores, miñas rosas, todo, eu era un neno,

Aquelas flores eran miñas .

Miriam Blanco Ruiz 1º ESO

Page 76: REVISTA NAVEGANTES 2012

A ilusión do gato

Tic tac, corría o outonoe no peitoril o pimpínsentía o miau miaudun gato vadío...

Paseaba a gatapagada de si,no rabo unha fitae un axóuxere, clin, clin.

Mirrouse a miradado vadío gato, bom, bom, sen alentoao ver o seu garbo.

Caeu nunha poza,chof, chof... Malpocado!

Peiteou os bigotesna auga e no ar,clin, clin, miña xoia!

Sen ar, sen alentoficou, coitadiño!No seu pensamentounha sombra, unha gata,e unha fita...dourada.

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

76

Page 77: REVISTA NAVEGANTES 2012

O SOL E MÁIS A LÚA

O Sol asubiou un suave silenciocantándolle o seu lene canto ao vento,un canto cantado de cántigas vellas.

As palabras espilidasforon saíndo do mar,contestaron un asubíopara facer un cantar.

O silencio dos seus soños entoaba melodíasprocuraba a realidade,verso a verso, na poesía.

Moumeando melodías engaiola a Lúa ao Solmainamente, emocionado polo bico que lle douO babión enche o silencio e moumeando di... AMOR.

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

77

Page 78: REVISTA NAVEGANTES 2012

AS FRAGAS DO EUME

78

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 79: REVISTA NAVEGANTES 2012

79

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 80: REVISTA NAVEGANTES 2012

80

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 81: REVISTA NAVEGANTES 2012

81

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 82: REVISTA NAVEGANTES 2012

82

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Page 83: REVISTA NAVEGANTES 2012

83

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

Tomás Manso FragaAdrían López SeijasSofía Vega Santalla

2ºESO

Page 84: REVISTA NAVEGANTES 2012

84

Hoy miro vuestras caras, veo que la vida pasa. Re-cuerdos que en palabras acompañan, nos atrapan... Fue como nuestra casa, tantas tardes en esa plaza. Pasamos mil historias, siempre juntos y hasta ahora. Y qué caro es el tiempo, que me pone contra la pa-red. Y si digo que miento, me estaré escondiendo otra vez. Perdona si digo que quiero seguir siendo lo de ayer… Un niño sin miedo que regala su cariño, y no sabe por qué. Recuerdo de esas caras, todo llega, todo pasa. Y veo aquellas fotos del verano, de la playa. Secretos que uno guarda de esa chica que aún te encanta. Canciones que te atrapan, que recuerdan, que acompañan. Y qué caro es el tiempo, que me pone contra la pa-red. Y si digo que miento, me estaré escondiendo otra vez. Perdona si digo que quiero seguir siendo lo de ayer… Un niño sin miedo que regala su cariño, y no sabe por qué.

“El canto del loco”

Revista Navegantes Nº15IES CANIDO

DESPEDIDA 2º BACHARELATO

Page 85: REVISTA NAVEGANTES 2012
Page 86: REVISTA NAVEGANTES 2012