Revista MOEMIA VIRTUAL novembro 2012

13

description

Revista elaborada por los usuarios del Aula Ocupacional de NN.TT. de Fingoi Lugo

Transcript of Revista MOEMIA VIRTUAL novembro 2012

Page 1: Revista MOEMIA VIRTUAL novembro 2012
Page 2: Revista MOEMIA VIRTUAL novembro 2012

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Índice

O Artigo

Deportes

Recuncho Literario

O Noticiero

Carteleira

Enlaces de interese

Poesía

Edita:

COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.

Consello de Dirección:

Directora:

Rosa M. Pías Salgado

Coordinadora:

Purificación Salvador Rebolo

Maquetación:

Enrique Sanmartín

Redactores de sección:

Juan Antonio García

José Manuel Ramil

José Luis Vázquez

Luis Fernández Trinidad

Enrique Sanmartín

Ana Varela

Jose Rodiño

Roberto Camba

Manuel Paz

Francisco Gullón

Ricardo Lamazares

Nieves Gayoso

Antonio Fernández

Ana Cristina Piñeiro

Manuel Rosón

Óscar Vigo

Jose Luis López

José Carlos Vázquez

Luis Alberto García

Ramón Veiga

Miguel Regueiro

Arturo Fojón

Francisco J. Solana

Gustavo Latorre

Manuel Álvarez

Colaboración Externa:

José Ángel Vázquez

Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.

COGAMI - CRD-FINGOI

Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI

3

5

8

10

11

12

12

4

7

8

10

11

12

12

Entrevista 9 9

Page 3: Revista MOEMIA VIRTUAL novembro 2012

3 ARTIGO

A colaboración entre as dúas entidades iniciou en 2010 e consolídase a través do apoio institucional de Cooperación

Galega da Xunta de Galicia.

O proxecto de colaboración para o desenvolvemento que leva a cabo COGAMI a favor da Asociación de apoio e

promoción excepcional Yankana Huasy do Perú ten por finalidade contribuír á formación académica do alumnado con

discapacidade do distrito de San Juan de Lurigancho.

Para que esta formación sexa eficiente é preciso capacitar aos docentes a través dunha adecuada preparación que lles

permita defenderse optimamente na educación do alumnado con necesidades especiais, respectando a interculturalidade,

os dereitos humanos, a equidade de xénero e a sustentabilidade ambiental.

Por iso, dende COGAMI e dende a súa experiencia en formación e trato con persoas con discapacidade, estase a

colaborar nesta formación de docentes do país andino.

Un primeiro proxecto de colaboración entre COGAMI e Yankana Huasy destinouse o uso das TICs, dotando á entidade

con nove computadores con software especializado para poder poñer en marcha unha rede de colaboración máis directa

coas/os propios docentes. Este proxecto, financiado pola Deputación da Coruña e desenvolto en colaboración con

COGAMI, rematou a finais de 2011 cuns excelentes resultados.

O proxecto actual ten por finalidade a posta en marcha dun novo servizo no centro de recursos para persoas con

discapacidade e grande discapacidade.

Os profesionais van poder formarse, coñecer e acceder a diferentes recursos existentes como son o material

avaliativo, os programas específicos segundo as características evolutivas do alumnado e tamén van poder intercambiar

coñecementos e recursos. Hai que sinalar que no Perú non existe unha formación específica para docentes de alumnado

con discapacidade.

A entidade andina Yankana Huasy localízase no Pueblo Joven Huáscar, na xurisdición da Parroquia Señor da esperanza

do distrito San Juan de Lurigancho, na provincia de Lima, unha zona das máis poboadas do país, con case un millón de

habitantes e que está cualificada como zona de pobreza e pobreza extrema.

Segundo os índices do Instituto Nacional de Rehabilitación, estímase que no distrito vivan máis de 280.000 persoas

con discapacidade, algunhas delas causadas pola situación extrema de pobreza e insalubridade na que vive a poboación.

A única institución social que hai na zona, que existe dende hai trinta anos, é Yancana Huasy, que atende a persoas con

discapacidade e as súas familias, tanto a través da rehabilitación física integral, atención temperá, como na prevención da

discapacidade (o 80% das discapacidades podíanse prever), educación, inclusión e sensibilización da poboación en xeral

e/ou a inserción laboral.

COGAMI apoia a unha entidade peruana de discapacidade dentro dun programa de cooperación para o desenvolvemento

Ana Mª Varela

Page 4: Revista MOEMIA VIRTUAL novembro 2012

4 ARTIGO

COGAMI- Cocemfe Galicia uníronse á marcha SOS Discapacidade do 2 de decembro en Madrid

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) entidade representante en Galicia de Cocemfe

(Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) estivo presente na marcha pola discapacidade

'SOS Discapacidade - Dereitos, Inclusión e Benestar a Salvo' que percorreron as rúas de Madrid o 2 de decembro.

Miles de persoas con discapacidade, familiares,

profesionais, persoas voluntarias e simpatizantes de entidades

sociais sairon á rúa o Día Internacional e Europeo da

Discapacidade que se celebrou o 3 de decembro, SOS

Discapacidade saiu da Calle de Goya esquina Príncipe de

Vergara, baixou toda a calle de Goya, cruzarou Serrano e

finalizou nos Jardines del Descubrimiento. Alí leeuse un

manifesto no que se pediu a protección das persoas con

discapacidade e as súas familias.

A marcha SOS Discapacidade foi a única actividade na que

estivo presente COGAMI con motivo do Día Internacional da

Discapacidade. Normalmente o día 3 de decembro dende a

Confederación leese un manifesto e programanse actividades

específicas para conmemorar esta data que lembra ao

3 DE DECEMBRO:DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

COGAMI suspendeu os actos conmemorativos do Día Internacional das persoas con discapacidade e acudiu á Marcha

SOS DISCAPACIDADE celebrada en Madrid o día 2 de decembro.

Ante a inquietante situación pola que atravesan as persoas con discapacidade e as súas familias, agravada pola crise e

as decisións políticas, en tódolos ámbitos e planos, de regresión de dereitos e de debilitamento do precario nivel de

cohesión e protección sociais alcanzado por España, o movemento da discapacidade representado polo CERMI pasou a

unha estratexia de contestación activa que persigue outorgar máis presenza na axenda política do referido á inclusión das

persoas con discapacidade e contrarrestar con medidas de toma de conciencia e accións directas a deriva de retrocesos ó

que nos estamos vendo abocados.

Esta estratexia activa de contestación, denominada SOS Discapacidade, se manterá mentres perdure a crise, pero

dada a proximidade do Día Internacional das Persoas con discapacidade -3 de decembro-, decidiuse dar inicio á mesma

coincidindo con esta data simbólica. Así, suspéndense tódalas celebracións festivas do día e cámbianse por accións de

contestación activa, nos distintos planos territoriais. Na esfera nacional, preparase un programa de actividades que se está

concretando.

A acción do CERMI non é de belixerancia contra un Goberno ou unha Administración, senón de maior presenza e

visibilidade pública para evitar o colapso dos sistemas e dispositivos de promoción e protección das persoas con

discapacidade e as súas familias.

Page 5: Revista MOEMIA VIRTUAL novembro 2012

5 NOTICIEIRO

Presentado polo CERMI o modelo español

de seguimento da Convención

da Discapacidade de Nacións Unidas

Durante o II Foro de Traballo sobre a Aplicación da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, a delegada do CERMI Ana Sastre expuxo a experiencia deste, como organismo independente de seguimiento do tratado no ámbito de protección dos dereitos das persoas con discapacidade. O referido Foro organizado pola Comisión Europea congrega a máis de douscentos expertos dos países que ratificaron a Convención e que desempeñan labores relacionados coa aplicación ou a supervisión do tratado no ámbito nacional, europeo ou internacional. O CERMI presentou o labor de orientación xurídica, asesoramento e litigación estratéxica como liña de acción para a promoción dos dereitos protexidos na Convención. Mostrouse como boas prácticas, a Guía de Autodefensa e as Aplicacións para dispositivos móbiles que permitan ás vítimas de violacións obter unha orientación en liña para presentar as súas queixas.

Doutra banda presentouse a Rede de Defensa Legal da Discapacidade que agrupa a profesionais do movemento asociativo como outra das boas prácticas que o CERMI desenvolve; esta plataforma de traballo permite mellorar os coñecementos e compartir experiencias entre avogados implicados na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade. Esta convención facilitou a presentación aos asistentes dos resultados obtidos desde a entrada en vigor da Convención no noso país que mostra un maior activismo das persoas e entidades na defensa individual e colectiva dos seus dereitos.

Luis Alberto

A Casa Encendida e como actividade paralela á IV Bienal de Arte Contemporánea de Fundación ONCE, contou co X Ciclo Artes Escénicas e Discapacidade. Entre as actividades que se programaron tivo o seu particular espazo o flamenco. O espectáculo de flamenco non era un espectáculo de flamenco convencional. Quen tivo a oportunidade de ver a actuación en directo de María Ángeles Narváez Anguita, coñecida pola “La Niña de los cupones”, no seu espectáculo “Sorda”, puido presenciar unha actuación de flamenco puro en lingua de signos. É unha creación artística baseada na identidade e a traxectoria da artista. O seu estreo coincidiu coa aceptación da lei en relación co uso da lingua de signos no Parlamento de Andalucía, un logro social que significa un notable respaldo á comunicación oral coas persoas con discapacidade auditiva.

Aos 6 anos María Ángeles perdeu a audición, o que non lle imposibilitou perfeccionar o seu curso de danza española en 1999, logrando ser a primeira persoa con discapacidade auditiva en España titulada nesa disciplina polo Conservatorio de Sevilla. María Ángeles afirma que ter esta dicapacidade non lle incapacita para o flamenco, senón ao contrario, déixalle comunicar entusiasmo desde a superación, a forza, a constancia e o amor. Na obra representada acompañáronlle os cantores e músicos

José L. Vázquez

Flamenco en lingua de signos

na Casa Encendida

Juan García

EMT ensaia una tecnoloxía en lingua de signos

A Empresa Municipal de Transporte de Madrid está efectuando ensaios cun método experimental de conversión e xeración automática de lingua de signos. Esta simulación estase realizando no transporte público e na atención a clientes con discapacidade auditiva. Estas accións e outras máis se enmarcan no proxecto “ConSignos”, no que a empresa madrileña participa desde fai dous anos. O obxectivo deste proxecto experimental é o de crear un avatar en 3D que recoñeza a voz e interprétea á lingua de signos española.

Con esta tecnoloxía facilitarase o acceso das persoas con discapacidade auditiva ao transporte público e aos diferentes servizos turísticos.“ConSignos”, é unha iniciativa que arrincou en 2010 derivada do Plan Avanza 2010-2012 do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

José L. Lago

Nace unha rede para informar sobre o estado de saúde

Manuel Anxo Lozano, xornalista, foi o creador desta i n i c i a t i va que s e f i xo s i t i o en i n t e r ne t : www.esperanzae.com, unha rede social gratuita capaz de establecer lazos de comunicación permanente, directos e privados entre familiares e amigos dunha persoa que nese momento este hospitalizada e en proceso de convalecencia.

Ao ter un ámbito universal, esperanzae.com é unha ferramenta perfecta para todas as persoas que teñen familiares e amigos repartidos por todo o mundo. A iniciativa ponse en marcha antes ou despois de dita operación, cando un mesmo ou alguén autorizado se rexistra en www.esperanzae.com e abre un perfil co nome do enfermo. Para iso hai que reencher un sinxelo formulario onde se atopa a historia e no hospital en que se estará ingresado.

Así se crea automáticamente un diario virtual dende o cal pódese contar como evoluciona día a día o estado de saúde. Dende esta mesma pantalla tense a oportunidade de invitar á familia e amigos a que se conecten ao perfil e para recibir futuras notificacions. Só hai que introducir os seus correos electrónicos, dar a enviar e deste xeito recibirán unha invitación a que se rexistren en esperanzae.com e poidan acceder ao diario da persoa enferma.

Segundo Lozano, a idea xurdiu a raíz dun derrame cerebral sufrido pola sua sogra, residente en Estados Unidos e foi cando percibiu a verdadeira dificultade de acompañala nesa situación. Descubriu que en Estados Unidos existían modelos de comunicación “online” cando se producen este tipo de situacións. Deste xeito traballou co fin de crear en España unha ferramenta destas características e adaptala á nosa sociedade.

Page 6: Revista MOEMIA VIRTUAL novembro 2012

6 NOTICIEIRO

Esíxese a accesibilidade aos medios de transporte das persoas con discapacidade

No parlamentario luxemburgués, Georges Bach realizou un informe aprobado polo Parlamento europeo, no que se esixe ás empresas de transporte que cumpran coas normativas existentes para facilitar o movemento das persoas con discapacidade; solicitando ás empresas que melloren a asistencia aos pasaxeiros, a través de puntos de información e mostradores de axuda en todas as terminais, así como liñas de axuda telefónica.

O persoal presente na terminal de portos, aeroportos ou estacións, debería ser capaz de tomar decisións inmediatas con respecto a desvíos e segundas reservas, así como procurar asistencia en caso de anulación, atraso, perda ou problemas coa equipaxe e atender as reclamacións. Bach destacou a necesidade da existencia de formularios de reclamación en todos os idiomas da Unión Europea accesibles a todos os viaxeiros incluídas as persoas cegas. O informe tamén defende unha maior protección dos pasaxeiros en caso de creba da empresa de transporte, considerando que os billetes de volta deberían ser válidos, aínda que o viaxeiro non utilizase o billete de ida.

Antonio Fenández

Nieves Gayoso

O CERMI solicita novos marcadores sobre discapacidade para a enquisa

sobre violencia de xénero

Próximamente realizarase unha enquisa monográfica

sobre a percepción social da violencia de xénero que vai

elaborar o CIS, atendendo ao mandato do Ministerio de

Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. O CERMI dirixiuse

á Delegada do Goberno sobre Violencia, Branca

Hernández, para pedirlle que a citada enquisa inclúa

indicadores sobre discapacidade. É de vital importancia

incluír a discapacidade, segundo o CERMI, de forma

efectiva como indicador en todos os informes oficiais,

estudos e investigacións que se realicen, co fin de visibilizar

a violencia exercida contra as mulleres con discapacidade.

Esta é unha medida demandada polo sector como camiño

para previr e reparar a violencia de xénero e que as medias

adoptadas sexan máis eficaces co fin de previr e reparar a

violencia contra a muller.

O CERMI confía en que esta solicitude poida ser apoiada

polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade,

no marco dunha colaboración permanente coa Delegación

do Goberno, na defensa dos dereitos e intereses das

mulleres e nenas contra a Violencia de Xénero.

Estudan na UNED case a metade das persoas

con discapacidadeNa 2 de televisión española emitiuse recentemente un

reportaxe que co titulo de “inclusión laboral das persoas con discapacidade”, mostrou a realidade con que se encontra este colectivo en canto aos estudos e as súas perspectivas de futuro. Os datos recollidos en diferentes estudos non dan lugar a dúbidas, as persoas con alguna discapacidade teñen desventaxe duns 40 puntos de taxa de emprego. O Director Xeral de Políticas de Apoio a Discapacidade, Ignacio Tremiño, destacou que se debe continuar coa discriminación positiva desde tódolos estamentos públicos, e recoñece neste senso, que o papel desenvolvido pola UNED é clave para a formación. A confirmación do anterior, e que nun porcentaxe que se achega o 50% os estudantes universitarios con discapacidade cursan os seus estudos na UNED, xa que as barreiras do transporte seguen sendo unha limitación importante en moitos casos.

Álvaro Jarillo, Vicerreitor de Estudantes e Cultura da UNED, afirma que nesta Universidade cursan estudos 8000 estudantes con algún tipo de discapacidade polo que en este momento débese realizar un maior esforzo en canto a empregabilidade dos títulos, e particularmente naquelas que cursan as persoas con discapacidade. Jarrillo recalcou que este plantexamento entra no principio de igualdade e que un dos propósitos da entidade a que representa e facilitar o acceso deste colectivo a un emprego cualificado en igualdade en relación aos méritos e capacidades.

Manuel PazJosé Rodiño

Na nova regulación dos desahucios o CERMI solicita que as situacións de discapacidade

se teñan en contaÁ hora de abordar a nova regulación dos desahucios de

vivendas como consecuencia de execucións hipotecarias,

cuxo número disparouse pola crise, o CERMI (Comité

Español de Representantes con Discapacidade), suscitou

ás forzas políticas e aos grupos parlamentarios que teñan

en conta as situacións de discapacidade.

Para o CERMI calquera modificación, que debe ser de

carácter urxente, do réxime legal dos desahucios, tomará

en consideración a singular situación das persoas con

discapacidade e das súas familias nas que están integradas

para ofrecerlles en todo caso unha especial protección

fronte aos efectos adversos dos procesos de desahucio de

vivendas e aloxamentos.

Esta posición de reforzo, xustificada na maior

precariedade das persoas con discapacidade e as súas

familias, debe non só comprender as situacións individuais,

senón que ha de abarcar e estenderse tamén aos casos de

vivendas ou aloxamentos colectivos de persoas con

discapacidade, como poden ser os pisos de apoio ou para a

vida independente, dos que son titulares organizadores

sen ánimo de lucro do Terceiro Sector da discapacidade.

Estase elaborando un documento de posición con

propostas articuladas sobre este tema, que se fará chegar

aos grupos parlamentarios para que sexan analizadas e

tomadas en consideración na reforma que finalmente se

leve a cabo.

Page 7: Revista MOEMIA VIRTUAL novembro 2012

7 NOTICIEIRO

Gala Benéfica a favor da asociación

Asem-Galicia A Asociación Galega contra as Enfermidades

Neuromusculares (Asem Galicia) conmemorou o día nacional desta doenza cunha gala benéfica o pasado 10 de novembro, no Auditorio do Centro Cívico de Teis en Vigo (Camino Maceiras). A gala, foi inaugurada pola presidenta da entidade, Mª Carmen Álvarez, e polo director e guionista Ángel de la Cruz. Logo houbo teatro, música, sesión de maxia, recital de poesía e actuación de música tradicional. Outra das actividades programadas por Asem Galicia estaban relacionadas coa instalación de mesas informativas nos principais hospitais galegos. O 13 de novembro estiveron no Hospital POVISA de Vigo de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 e no Hospital Clínico de Santiago de 9:00 a 14:30. O 15 as mesas informativas estiveron no Hospital do Meixoeiro de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 e no Hospital de A Coruña (CHUAC) de 9:00 a 14:00.

O 16 os hospitais Arquitecto Marcide de Ferrol e o Provincial de Pontevedra, en horario de 9:00 a 14:00 horas acolleron os puntos de información sobre o que son as enfermidades neuromusculares. ASEM Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que nace en 1994, como Delegación Galega da Asociación Nacional de Enfermedades Neuromusculares. En 2003 convértese en Federación e as delegacións en asociacións autónomas, momento no que nace a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares. Está formada por afectados, famil iares e outras persoas que, desinteresadamente, levan a cabo a tarefa de apoiar e orientar ás persoas que padecen algunha enfermidade neuromuscular.

Francisco Solana

Vintecinco persoas con discapacidade de Ourense rematan cursos de formación

que lles impartiu COGAMIA estos cursos, acudiron veciños dos concellos de

Ourense, Barbadás, O Carballiño e Xinzo de Limia. As dúas accións formativas iniciaronse a finais do mes de xuño e remataron en novembro. A primeira delas, de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, formáronse un total de 12 alumnos (7 homes e 5 mulleres). Estes estiveron acudindo durante as 448 horas ás instalacións que COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ten en Ourense (Rúa da Farixa, Finca Sevilla). O segundo curso, foi de Operación de gravación e tratamento de datos e documentos, e nel formáronse un total de 13 persoas (7 homes e 6 mulleres) durante 458 horas presenciais distribuídas de luns a venres en horario de 15:00 a 20:00 horas. Estes cursos denomínanse como AFD (Accións Formativas dirixidas principalmente a desempregados) e están subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

Ademais de acudir ás clases teóricas, o alumnado tivo a oportunidade de realizar prácticas laborais en empresas ourensás que colaboran co Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI, co fin de que o noso colectivo se prepare adecuadamente para conseguir canto antes unha oportunidade laboral. Todas as persoas que iniciaron estes cursos tiñan que estar inscritas no Servizo Público de Emprego sendo usuarias do Servizo de Intermediación Laboral (SIL) de COGAMI. As dúas accións formativas foron impartidas por profesoras inscritas na bolsa de emprego que ten COGAMI e que actualmente conta con 25.799 persoas con discapacidade subscritas como demandantes de emprego.

Miguel Regueiro

Concerto benéfico dos MadisonEn novembro, Os Madison ofreceron un concerto en

que participaron, Los Secretos, Miguel Ríos, Mikel Erentxun e M Clan. O concerto celebrouse nos Teatros del Canal de Madrid. A recaudación deste concerto estaba destinada á Fundación Special Olympics, dedicada á integración de nenos e mozos con discapacidade. “Compás de Espera” é o terceiro disco da banda madrileña, que verá a luz o próximo ano en forma de disco directo + DVD. Os Madison estarán acompañados tamén por músicos amigos como César Pop (teclados), Toni Brunet (guitarras), Edu Ortega (violín) ou Rolfi Calahorrano (saxo).

Preparouse un repertorio e unha posta en escena, acordes a un teatro, onde o contacto co público é máis directo e íntimo. Este concerto foi especial, porque os fondos servirán para financiar o programa “Grandes deportistas da Fundación Special Olympics. A entidade naceu en España presidida pola Infanta Elena e os seus fins son fomentar o desenvolvemento e a integración social de nenos e mozos a través do deporte. Este concerto, é un exemplo máis de como esta fundación traballa para conseguir financiamento para programas dirixidos aos seus atletas con discapacidade.

Ana PiñeiroManuel Álvarez

Persoas con discapacidade aprenderon con COGAMI a buscar traballo

de Chantada

Nove persoas con discapacidade de Chantada preparáronse para saber afrontar unha entrevista de traballo. As instalacións do Telecentro de Chantada (rúa Ribeira Sacra, nº12) acolleron un curso de Acción Grupal de Técnicas de Busca de Emprego que lles impartiu o Servizo de Intermediación Laboral (SIL) que ten a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Dirixido a persoas con discapacidade recoñecida e/ou incapacidade permanente total para a profesión habitual, o curso tratou temas relacionados coa situación do mercado laboral no sector servizos, como debe presentarse a unha entrevista de traballo, como se elaboran unha carta de presentación, un currículo ou como se buscan a través de Internet as ofertas de emprego.

Un total de 9 persoas (7 homes e 2 mulleres) foron as que formaron parte desta formación en técnicas de busca de emprego, sendo todas elas usuarias do SIL de COGAMI en Lugo. Durante os tres días que durou este curso que foi impartido pola orientadora laboral de COGAMI ,Tania Castro Lozano, as persoas participantes tiveron a oportunidade de asimilar conceptos e pautas básicas que debemos seguir cando queremos buscar un emprego.

Page 8: Revista MOEMIA VIRTUAL novembro 2012

8 DEPORTES

J. Carlos Vázquez

Fundación Realmadrid impulsa a escola

de baloncesto inclusivoCo obxectivo de promover a práctica do baloncesto

entre mozos e mozas de diferentes discapacidades. A Fundación Real Madrid poñerá en marcha unha escola de baloncesto inclusivo. Con este proxecto inténtase garantir a súa futura inclusión no resto de escolas de baloncesto da Fundación. A Fundación Realmadrid ten como finalidade facilitar a todos os nenos e nenas de contextos desfavorecidos ou con discapacidades intelectuais ou físicas do mundo, a práctica deportiva, aportando ademais valores educativos que favorezan o crecemento persoal. Como parte desta filosofía iníciase a escola de baloncesto inclusivo para favorecer a actividade física entre mozos e mozas con diferentes capacidades, para iso cóntase ademais da Fundación Realmadrid coa colaboración de FEAPS e Fundación Síndrome de Down.

Outro dos obxectivos fundamentais, é o da inclusión de alumnos doutras escolas de baloncesto da Fundación para realizar actividades ao mesmo nivel que os seus compañeiros. Para a realización destas actividades contaranse coas instalacións de La Masó de Madrid desde outubro a xuño con adestramentos para nenos e nenas a partir dos 12 anos dous días á semana.

Teresa Perales, Gran Cruz da Real Orden do Mérito Deportivo

Foi aprobada recientemente polo Consello de Ministros a concesión da Gran Cruz da Real Orde do Mérito Deportivo á nadadora paralímpica Teresa Perales, a proposta do Ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert. Trátase da máxima distinción estatal no ámbito deportivo. En Londres 2012 converteuse na deportista española con maior número de medallas nos Xogos Paralímpicos, cun total de 22 (6 de ouro, 6 de prata e 10 de bronce), igualando ademais o número de metais do olímpico Michael Phelps.

Foi así mesmo, nos mencionados xogos, a abandeirada do Equipo Español na Cerimonia de Inauguración. Ademais, durante o transcurso destes a nadadora española foi reelixida como membro do Consello de Deportistas do Comité Paralímpico Internacional, o órgano de representación dos atletas de élite con discapacidade. Puxo o broche final aos xogos sendo a deportista máis destacada da delegación nacional, xa que logrou seis medallas paralímpicas (unha de ouro, tres de prata e dúas de bronce). A Teresa Perales Fernández (Zaragoza, 29 de decembro de 1975) a súa paraplexia non lle impediu desenvolver unha brillantísima carreira deportiva. Aos 19 anos a zaragozana perdeu a mobilidade desde a cintura por mor dunha neuropatía. Tras uns meses moi duros, asimilou que perdera a capacidade de andar e adaptouse á súa nova situación. Teresa aprendeu a nadar e en cuestión dun ano empezou a competir. En 1998 debutou internacionalmente como nadadora no Campionato do Mundo de Nova Zelanda e desde entón participou nos Xogos Paralímpicos de Sidney 2000, Atenas 2004, Pekín 2008 e Londres 2012.

José M. Ramil

Alentis integra á súa plantilla ó primeiro atleta paralímpico que se beneficia do programa ADOP Emprego 2012-2014

öscar Vigo

Alentis acaba de integrar no seu equipo ao primeiro deportista de élite paralímpico que se beneficia do Programa ADOP Emprego-PROAD 2012-2014, que subscribiron o pasado mes de abril a Fundación ONCE e o Comité Paralímpico Español e ao que se afiliou esta compañía. Enrique Floriano naceu en Lorca (Murcia), pero trasladouse a vivir a Badajoz cando contaba só cun mes, polo que se considera extremeño. É un nadador que participou con notable éxito en catro edicións dos Xogos Paralímpicos (Sidney 2000, Atenas 2004, Pekín 2008 e Londres 2012). No seu palmarés conta con: nove medallas en Xogos Paralímpicos, 40 medallas en Campionatos do Mundo e máis de 30 en Campionatos de Europa; ademais de innumerables récords do Mundo e de Europa.

Floriano acaba de ingresar na área de Limpeza e Medio Ambiente de Alentis, na que se lle encomendou a xestión do persoal das rutas de limpeza de cristais. O compromiso de Alentis por facilitar aos deportistas paralímpicos o seu desenvolvemento profesional e a súa integración laboral unha vez finalizada a súa carreira deportiva, plasmouse nun convenio de adhesión subscrito o pasado mes de abril pola compañía coa Fundación ONCE e o Comité Paralímpico Español (CPE), entidades promotoras da iniciativa. O protagonista, Enrique Floriano opina que o programa ADOP permite unha saída profesional a deportistas como el, que pasaron case un cuarto da súa vida adestrando para manterse na élite do deporte paralímpico.

Paco Gullón

Entidades que forman parte de COGAMI compiten en Outes a través do baloncestoPersoas usuarias de Adisbismur de Muros, Ámbar de

Ribeira, Avante de Val do Dubra, Amarai de Arzúa e Misela de Noia son as que participarón. Hai doce anos que a asociación muradá Adisbismur organiza estas xornadas deportivas. A través do deporte, aparte de practicar unha actividade saudable, permítese a socialización e relación do colectivo das persoas con discapacidade. O pasado, 13 de novembro no polideportivo do concello de Outes, deron comezo as XII Xornadas Deportivas que organiza a Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (Adisbismur).

Esta xuntanza deportiva xuntou a través da competición a cinco entidades que forman parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Ademais da anfitrioa Adisbismur, tamén participaron a Asociación Ámbar de Persoas con Diversidade Funcional de Ribeira, a Asociación Avante de Persoas con Discapacidade de Val do Dubra, a Asociación Amarai de persoas con discapacidade da Comarca de Arzúa e Terra de Melide e a Asociación Misela de Noia. Preto de 180 persoas, todas elas con discapacidade física e/ou intelectual, competiron entre si por entidades, obtendo o grupo gañador un trofeo como recordo deste día que rematou cun xantar colectivo no restaurante O Peto no Cruceiro de Roo. Con este tipo de xornadas o que se pretende é xuntar a varias entidades sociais para poder pasar un día de convivencia e tamén para potenciar o deporte entre as persoas con discapacidade. Inténtase que sexa unha convivencia máis que unha competición, aínda que todas as persoas participantes o que queren é gañar.

Page 9: Revista MOEMIA VIRTUAL novembro 2012

ENTREVISTA DO MES

ENTREVISTA DO MES: Entrevista a Ricardo Lamazares, usuario da Aula Ocupacional de Novas Tecnoloxías COGAMI- CRD- Fingoi (Lugo)

Cantos anos levas en COGAMI?

Sete anos.

Porque decidiches incorporarche a COGAMI?

No ano 2005 cheguei a Lugo, e gustábame a Informática e en COGAMI atopei o que quería.

Que aprendiches na aula de novas tecnoloxías?

Moitas cousas interesante: o Deseño, a Revista e coñecer xente

encantadora.

A que che dedicabas antes de incorporarte á aula de novas

tecnoloxías?

Aquí en Lugo, a nada. Pero eu nacín en Barcelona alí, estiven en

AUXILIA, nun centro especializado.

Que che gusta facer no teu tempo libre?

Escoitar música, esaír.

Qué temática de libros gústache ler?

Non son afeccionado á lectura.

Cal foi o último libro que liches?

Non recordo.

Que serie ou película che guata ver na

televisión?

Son pouco de ver televisión. Pero gústanme os

informativos e o deporte.

Cando foi a última vez que fuches ao cine?

Fai uns meses.

Que película fuches a ver?

Intocable. Fun con COGAMI.

Cal é o teu equipo de fútbol favorito?

O meu equipo favorito é F.C. Barcelona.

Cal é o teu grupo musical ou música, favorito?

O meu grupo musical favorito é Presuntos Implicados.Enrique Sanmartín y Nieves Gayoso

9

Page 10: Revista MOEMIA VIRTUAL novembro 2012

10 CARTELEIRA

SIN TREGUA

Argumento: Dous novos policías de Los Ángeles, e Zavala dedícanse

a patrullar nas rúas máis humildes do sur da cidade.

As súas vidas poñeranse en perigo logo de confiscar un alixo de diñeiro e armas dun cártel da droga, durante un control de tráfico.

Ficha TécnicaDirector: David Ayer

Reparto: Jake Gyllenhall, Michael Peña, Natalie Martinez, Anna Kendrick, David Harbour, Frank Grillo, America Ferrera, Cody Horn, Shondrella Avery

Ramón Veiga

Argumento: Kevin James é Scott Voss, un profesor de bioloxía dun

instituto norteamericano moi preocupado pola educación

dos seus alumnos e, sobre todo, polo exiguo orzamento

que o goberno dedica ás actividades extraescolares.

Un día, decide tomar unha decisión drástica:

converterse nun loitador de artes marciais para gañar

diñeiro co que financiar esas actividades. En definitiva:

poderíase afirmare que Scott Voss é un profe que dá a cara

polos seus alumnos.

Ficha TécnicaDirector: Frank Coraci

Reparto: Salma Hayek, Kevin James, Henry Winkler, Reggie Lee, Greg Germann

PESO PESADO

Ricardo Lamazares

OPERACIÓN E

Argumento:José Crisanto vive na zona da selva colombiana que se

atopa ocupada polas FARC. Un día, un grupo de

guerrilleiros entréganlle un bebé recentemente nado e

obríganlle a quedarse con el. Ao cabo duns meses.

Crisanto leva ao bebé ao hospital e aí quítanlle a

custódia porque sospeitan que lle infrinxiu malos tratos.

Tres anos despois, as noticias din que unha muller e un

neno van ser liberados polas FARC. Crisanto sabe que

veñen buscar o pequeno, e non saberá como reaccionar

cando se dean conta de que non o ten.

Ficha TécnicaDirector: Miguel Courtois

Reparto: Luis Tosar, Martina García

Arturo Fojón

O CORPOArgumento:

Tras atropelar a alguén, un garda de seguridade da morgue foxe. No depósito de cadáveres, a policía descobre que a porta dunha das neveiras está aberta e o cadaleito dunha muller desapareceu.

O inspector de policía encargado da investigación conta coa colaboración do marido da defunta, aínda que non descarta a posibilidade de que estea relacionado co asunto.

Ficha TécnicaDirector: Oriol Paulo

Reparto: José Coronado, Belén Rueda, Hugo Silva, Aura Garrido, Cristina Plazas, Oriol Vila

Roberto Camba

UN BO PARTIDO

Argumento: Un Bo Partido, vira en torno a George Dryer, un antigo

xogador de fútbol profesional, que intenta rehacer a súa vida tras caer en desgraza coa súa ex muller, Stacie, e o seu fillo pequeno, Lewis. Coa intención de arranxar a súa relación con Lewis, George acepta adestrar ao equipo de fútbol do seu fillo cando o adestrador anterior resulta ser un caso inútil.

George, con todo, non podía prever o auténtico desfile de mamás burguesas atractivas que compiten de xeito agresivo pola súa atención e os seus afectos, nin que o patrocinador do equipo de fútbol, o empresario de éxito Carl King, ten os seus propios plans para George. Como poderá recuperar George o afecto do seu fillo e do seu ex muller con semellante cantidade de enredos románticos e profesionais complicándoo todo?

Ficha TécnicaDirector: Gabriele Muccino

Reparto: Gerard Butler, Jessica Biel, Dennis Quaid, Uma Thurman, Catherine Zeta- Jones, Judy Greer, James Tupper, Noah Lomax.

Luis FernándezArgumento: Esta película ofrece ao espectador unha profunda

reflexión, en clave de comedia, sobre a masculinidade. O filme estruturase en catro curtos que percorren oito historias distintas sobre a vida sentimental e amorosa dalgúns homes e mulleres que se atopan desorientados e confusos na procura da súa propia identidade.

Un puzzle que comunica aos protagonistas destas

historias a través de distintos encontros, algúns casuais e

outros non, e que investiga o cómico e o patético da vida

sen esquecer a importancia da tenrura e das emocións

humanas nela.

Ficha TécnicaDirector: Cesc cay

Reparto: Eduard Fernández, Ricardo Darín, Luis Tosar, Javier cámara, Eduardo Noriega, Alberto San juan, Candela Peña, Leonor Watling, Clara Segura

UNHA PISTOLA EN CADA MAN

Gustavo Latorre

Page 11: Revista MOEMIA VIRTUAL novembro 2012

11 RINCÓN LITERARIO

CAPÍTULO ANTERIOR: Nieves García era detective privado. Antes fora policía secreta pero tívo que deixar por unha lesión un ollo que lle produciu o Doutor Corleone. Neves repetía unha e outra vez o mesmo soño.

O doutor inxectáballe Hiconitrol un fármaco destrutivo. Nieves pedía a Corleone que se detivese, pero non foi así e ela empezaba a sentir os síntomas no seu corpo.O axudante de Corleone observou dous coches de policía na porta, polo que fuxiron deixando a Neves que se recuperou grazas á boa actuación dos seus compañeiros pero o que non puideron evitar foi a perda de visión dela.

Neves bañada en suor incorporouse. Logo de sete anos case se afixo á recurrente pesadelo.

CAPÍTULO 32: Serían as cinco da tarde, cando Enrique saíu do seu despacho,parecíase ao Doutor House só na súa forma de camiñar, colleu o seu bastón e dirixiuse ata a planta baixa, onde estaba instalada a UCI, alí encontrouse con varios compañeiros, aos cales no lles dixo nada, por non alarmar ao persoal, despois entrou dentro do habitáculo onde se encontraba Ricardo que seguía cheo de cables e monitores, logo foi a xunto da muller de Ricardo, que estaba dentro dunha sala de visitas, sentada nunha cadeira de brazos, chorando en silencio.

-Perdoe. Gustaríame falar con vostede – díxolle Enrique.

Inés estaba absorta nos seus pensamentos, levantou a cabeza e díxolle que pasara. Enrique sentouse ao lado dela.

-Sinto moito molestala nestes momentos… No sei como empezar –Enrique estaba case chorando –secuestraron a miña

irmá e sospeito que foi o mesmo que lle fixo isto ao seu marido, por iso necesito a súa axuda.

-Porque pensa iso?- pregunto Inés incrédula.

-A miña muller, a miña irmá e eu vimos na casa dunha xornalista uns videos -comentou Enrique -, nos cales se ve o seu

marido e outras persoas que traballan en compañías de seguros entrar no hotel Meridian, ademais déitanse coas mellores

prostitutas de luxo de Madrid e tamén lin nuns documentos que pertencía a unha organización secreta chamada o Taboleiro

Cadrado, que se dedican a extorsionar e matar os enfermos terminais para aforrar nos custos dos seguros. É isto certo?

Ela afirmou coa cabeza, e ademais comentoulle.

-Os integrantes do Taboleiro Cadrado son verdadeiros paranoicos. Tremían ante a mera sospeita de que Ricardo fose a

fiscalía a denuncialos, pero nunca se atreveu porque dicía que non tiña probas abondo para metelos a todos no cárcere, por

iso agrádame que un home como vostede se decate de todo o que fan.

-E vostede como non o denunciou, sabendo tanto como sabe? -preguntou Enrique, un pouco enfadado, aínda que

entendendo a situación.

Inés quedou en silencio uns segundos.

-Eu tampouco teño suficientes probas, segundo me dixo o meu marido, nas reunións que manteñen o segundo e cuarto

venres de cada mes, non deixan constancia de nada por escrito, aínda que tamén sei quen ten información e documentos

comprometidos con esta organización, trátase de Nieves García, foi policía nacional e agora é detective privado, ela foi a

única que me axudou ata o momento, e prométolle que se vostede lle pide axuda, tamén lla prestará. Voulle dar o seu

número de teléfono, para que poida chamala.

-Moitas grazas e pídolle perdón, por ser tan irrespectuoso -desculpouse Enrique. Vostede xa non pode facer máis do

que fai.

Inés sacou do seu bolso o seu teléfono móbil e mirou na axenda, búscoo e entregoullo nunha folla a Enrique.

-Tamén quixera dicirlle -comentou Inés, coa mirada perdida -, que o meu marido era un bo home, cando soubo os

métodos do Taboleiro Cadrado, intentou suicidarse. Hai tres meses desto e case o consegue, pero grazas a Deus non o fixo

e seguiu investigando cara a onde ían as contas da organización e moitas cousas máis que vostede xa sabe, ata que o

descubriron e agora esta case morto.

-Xa me imaxino cara a onde van esas contas -comentou Enrique, con cara seria. Bo non a molesto máis, teño que irme.

-Asegúrolle que non foi ningunha molestia charlar con vostede.

-Moitas grazas outra vez.

Enrique levantouse e saíu da pequena sala de visitas, o primeiro que fixo ao chegar ao seu despacho foi chamar a Inés.

O Último Tramo - Capítulo 32

Usuarios Aula Ocupacional CRD Fingoi - Lugo

Page 12: Revista MOEMIA VIRTUAL novembro 2012

12 POESÍA

EN INTERNET

- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:

- Proyecto Retadis:

- Polibea Turismo: e-mail:

Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:

- Canal Discapacidade:

- Información Discapacidade:

- Portal Solidario:

- Blog Amica:

- Cogami:

- Cocemfe:

- Cermi:

- Sin Barreras:

- Socialia:

- Lugo Accesible:

- Voluntariado Galego:

http://www.disincreibles blogspot.com

http://www.retadis.es

http://www.polibea.com [email protected]

http://www.fedop.org [email protected]

http://www.risolidaria.org

http://www.discapnet.es

http://www.portalsolidario.net

http://www.sotileision.blogspot.com

http://www.cogami.es

http://www.cocemfe.es

http://www.cermi.es

http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/

http://www.socialia.org

http://www.lugoaccesible.net

http://www.voluntariadogalego.org/web/

-

(Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)

Lixeira de equipaxes

Victoria Rodríguez VázquezVoluntaria Aula Ocupacional

CRD-Fingoi-Lugo

Que pouco valen os artiluxos!O que vale é o amor e os fillos.

Hai quen se cre rico, e recrea a vista mirando os seus trastos

que xa non son outra cousa, cando o amor se fixo pedazos.

Quedan uns fillos, pero non quedan, abríganse como pitos baixo as plumas da súa nai,

e esta pensa... Como os alimentarei? se vin "lixeira de equipaxe".

Unha máquina de coser, unha cama e unha dor que rompe a alma,

é toda a equipaxe dunha muller que marcha.

Algúns din. " De que vive? "" Con que paga as débedas? "

Mentres falan as malas linguas ela gaña as pesetas.

Traballa coidando enfermos que é labor humanitario e polas noites estuda

antes de irse para a cama.

Vive feliz cos seus fillos ata que a maioría alcanzan, estes formaron o seu fogar

e xa teñen nova casa cuns retoños lindos

que pola avoa chaman.

Non hai alegría eterna nin pena que non se remate

aínda que ti te foses, "lixeira de equipaxe".

Un día calquera dunha muller que atravesou dificultades.

Page 13: Revista MOEMIA VIRTUAL novembro 2012

PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013

COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA

CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR- SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL E IMPARTIDO POR COGAMI A PERSOAS CON DISCAPACIDADE