Revista gandarela nº 8

72

description

Xornal escolar do Ceip Virxe da Soidade de Lugo. Curso 2014-15

Transcript of Revista gandarela nº 8

Educación ambiental 4-7 Estamos de Magosto 8-9 Pequenos chefs 10-11 Primavera 12-13 As nais contacontos 14-15 Obradoiro de contos 16-17 Policía local 18-19 Contacontos Día do libro 20-22 Contacontos OQO 23 Celebramos os maios 24 Día da muller 25 Acabemos coa violencia 26 Magosto 27-28 Axenda 21 20-30

Sotavento 31 Museos 32 Obradoiro de igualdade 33-34 Almorzos saudables 35 Concerto didáctico 36-37 Educación Vial 38-39 Día da Paz 40-41 A nosa excursión 42 Lugomáxico 43 Europa á carta 44 Cociña de contos 45-46 El Quijote 2º 47-49 El Quijote 4º 50-51 Obradoiro Edelvives 52 Ensalada de contos 53-54 Obradoiro de contos 4º 55-58 Poemas e caligramas 4º 59 Inventamos trabalenguas 60 Sendeirismo 61-62 Pola ruta das aceas en Sarria Viaxe a Coruña 63-64 Letras galegas 65-66 O noso paso polo colexio 67 Graduacións 68-69 Contarportada 70

Xa tedes aquí o oitavo número da revista escolar GANDARELA. Como o ano anterior esta é dixital, e aínda que sabemos que unha revista en papel é moito máis atractiva apuntámonos a fomentar a sostibilidade , que de isto saben moito os alumnos de 5º e 6º que este ano traballaron na Axenda 21. 70 páxinas dan moito de si para expoñer moitos dos traballos e actividades que fixemos co noso alumnado durante o curso 2014-15 pero temos que dicir que moito mais foi feito aínda que non está reflictido na revista, festas, festivais, visitas de escritores, cooperantes de ongs, concursos... Aínda que si vos pasades pola nosa web de seguro encontraredes moitos máis contidos. www.edu.xunta.es/centros/ceipvirxesoidade/ Agardamos que disfrutedes a visualización tanto da revista como dos videos que contén o DVD e que vos gusten. Ata o ano que ven

O horto é unha experiencia na que se pode participar en calquera etapa da vida, pero é, nas primeiras etapas educativas, onde a estimulación e o desenvolvemento dos sentidos é tremendamente importante, polo que esta actividade supón un recurso educativo de grande interese, xa que permite, que nenos e nenas de curta idade, poidan vivir, experimentar e gozar do traballo no contorno natural, intervindo nel, dun xeito consciente e responsable.

4

5

6

7

8

Fixemos cestiños con caixiñas decoradas

para gardar as nosas castañas asadas. As profes disfrazáronse e celebramos festa

das castañas no patio com todos os

compañeiros de primaria.

9

10

11

12

13

A nai de Claudia veu ao cole e contounos a qué sabía a lúa. Por certo, puidemos probala, e está moi rica.

14

Tiago axudou á súa nai a contar o conto

A nai de Tiago contounos o conto da toupiña. Pode pasarlle a calquera, pero un día saíu do tobo e alguén lle puxera algo moi feo na cabeza e moi enoxado dicide ir na procura do autor daquelo, para poñerlle as cousas claras.

15

Os nenos de 4 anos fixemos un obradoiro de contos infantiles. Un deles foi Riciños de Ouro. Construímos títeres cos personaxes do conto e fixemos un libro ilustrado para cada un de nos.

16

17

Esta visita forma parte das distintas actividades que se levan a cabo no cole para o fomento da Educación Vial . Durante máis dunha hora un axente da policía local mostrou aos máis pequenos a importante labor que realiza o corpo de axentes locais e como prestan axuda á toda a poboación de Lugo.

18

Os nenos e nenas escoitaron atentamente as explicacións do policía sobre seguridade vial, cruzar as rúas polos pasos de peóns, os semáforos… como viaxar nos coches nas sillas especiais para nenos e o cinto de seguridade entre outras cousas. Tamén disfrutaron enormemente subindo ao coche de policía

19

OS MAIORES CONTAN CONTOS A OS PEQUENOS DE INFANTIL

20

21

Os de 4º disfrazáronse para contar contos; Cenicienta, Caperucita e o lobo, magos, princesas…

22

Os alumnos de infantil escoitaron o conto Sopa Verde

23

NON PARAMOS. Os peques de Infantil das Gándaras tamén adicamos un tempiño da nosa xornada para festexar os Maios

24

Os alumnos de Infantil, e de 1º e 2º curso de Primaria ficeron un retrato dunha muller da súa vida, Noa, a curmá de Antón, Lidia, a irmá de Paula, Reme, a avoa de Miriam... e sobre todo moitas nais dos nenos que son as mulleres das súas vidas a quen lles rendemos homenaxe nesta data.

25

O día 25 de Novembro celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e os alumnos de primaria fixeron un mural. Tiñan que continuar a frase que estaba a dicir unha muller Se me queres...

26

O 30 de Octubre celebramos o MAGOSTO. Fixo moi boa temperatura e puidemos degustar as castañas no patio. Houbo actuacións musicais e xogos populares

27

28

29 29

30

O día 24 de Outubro os alumnos de 4º e 5º de

Primaria visitamos o parque eólico de Sotavento. Alí

puidemos observar como se obteñen as diferentes

fontes de enrerxía renovables. Esta visita axudounos a valorar a importancia da enerxía

nas nosas vidas e a necesidade do uso

responsable da mesma.

31

Os alumnos de 5º e 6º de primaria visitamos no Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) a

exposición ‘Panem romanorum. Artesanía do pan na Antiga Roma’ que reúne medio centenar de pezas relacionadas coa arte da elaboración

do pan polos romanos. Alí puidemos ver cribas, balanzas, recipientes de cerámica e unidades de

medida da época e incluso un forno para a cocción industrial do pan.

Provincial e CENTRAD

32

Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º fixemos un Obradoiro de Igualdade

polo Día da Muller Traballadora.

Aprendemos a pasar o ferro e dobrar a roupa 33

Homes e mulleres somos iguais cos mesmos dereitos e responsabilidades.

34

Varremos, fregamos, estendemos a roupa, poñemos a mesa. Axudamos na casa coas tarefas.

35

O día 9 de Marzo tivemos os "Almorzos Saudables" que organiza o Concello de Lugo. Explicáronnos a maneira de almorzar de xeito saudable para chegar ao colexio cheos de enerxía.

36

A Banda Municipal de Lugo visitounos cunha viaxe pola historia da música dende o canto gregoriano ata as músicas de películas mais actuais pasando pola época medieval, Mozart o Beethoven. Os alumnos coa profesora de música Ana a fronte interpretamos cada peza ataviados según a época que correspondía. Pasámolo xenial. Grazas á BANDA MUNICIPAL que

cada ano se superan.

37

Os alumnos de cuarto, quinto e sexto fixemos as prácticas de Educación Vial.

Montamos nos Karts e tamén nas bicicletas e

percorrimos o circuito. Na pista puxemos en práctica o

aprendido no curso teórico. Xa sabemos diferenciar un

Stop dun Ceda o paso, sabemos circular polas

rotondas, sinalizar que imos xirar, circular pola dereita

e adiantar pola esquerda.

38

39

Infantil

Homenaxe a Malala Yousafzai, Premio Nobel da Paz 2014.

40

41

Liboira, Pastoriza Castro de Viladonga 42

Todo o alumnado do colexio acudimos ao Auditorium Municipal para ver a gala infantil de Lugo Máxico. Pásámolo moi ben con todas as actuacións dos magos que viñeron de distintos lugares do mundo

Os de 3º e 4º posamos como os artistas no photocall 43

A partires dun conto tradicional o alumnos de 5º e 6º fixemos unha viaxe virtual coa que coñecimos a gastronomía de diferentes países europeos e, deste xeito, tamén a súa cultura. Organizámonos en grupos e, a través dun xogo fixemos menús de 5 países diferentes

44

45

Os alumnos de 3º e 4º participaron nun obradoiro da Editorial OQO chamado "Cociña de contos" no que ademáis de escoitar un conto aprenderon como se fai o pan e a procedencia dos seus ingredentes. O conto que ilustraron pan foi "Maruxa" que narra a historia da protagonista, Maruxa que farta de facerlle o pan todos os días a Pepiño dicide darlle unha lección e amosarlle que o traballo é cousa de dous.

46

47

48

49

50

Como me gusta el libro ilustrado que hicieron de mi novela los alumnos de 4º

51

Dulcinea del Toboso salió del Quijote para contarnos la historia del ingenioso hidalgo desde vista desde su punto de vista. Los niños le ayudamos a contar la historia y nos disfrazamos

52

53

54

Os alumnos de 4º creamos contos en galego no noso Obradoiro. Animádevos a leelos. Son moi chulos.

55

56

57

58

59

60

Sendereismo pola ruta das ACEAS en Sarria

O xoves catro de xuño, o alumnado de 5º e 6º fixemos unha viaxe en tren ata Sarria. Saímos da estación de Lugo ás once da mañá nun tren ALVIA (moitos de nós era a primeira vez que subiamos ao tren). Despois dunha viaxe moi curta (menos de media hora) chegamos á estación de Sarria, atravesamos a vila ata o Malecón, xunto ao río Sarria, aquí atopamos o Camiño de Santiago e fomos por el.

Na área recreativa do Chanto tomamos algo de merenda, tiñamos que coller forzas para a ruta! Cara ás doce puxémonos en marcha ata o estadio da Sarriana e desde alí seguindo as frechas chegamos ao inicio da senda, había dúas posibilidades e Antonio (o profesor de E. Física, o noso guía) decidiu poñer a proba a nosa resistencia, fomos pola máis difícil e todas e todos pasamos a proba con éxito. A ruta discorre por unha paixe rural moi fermosa, con varediade de flora e fauna, fixemos moitas fotos.

61

Atravesamos a aldea de Fafián, con casas abandonadas e outras moi ben coidadas e con moitas flores; a igrexa ten un campanario do barroco rural galego e no ceminterio chamounos a atención un panteón en forma de hórreo. Xunto ao río a senda é moi sombreada grazas aos carballos, aveleiras, bidueiras, salgueiros… que se atopan ás súas beiras. Alí están os muíños que lle dan nome á ruta.

Ás tres da tarde, con máis de 30ºC de temperatura, voltamos esgotados á área do Chanto para xantar: tortilla de patacas, empanada de atún, bocatas de chourizo e salchichón, platano e biscoito e para refrescarnos un delicioso xelado. Os rapaces intentamos xogar un partido de fútbol nun campo que hai alí, pero tivemos que deixalo pola calor. Entón, rapaces e rapazas xogamos ás cartas e ao escondite ata que a tormenta fixo que nos refuxiáramos nun cobertizo e cando parou voltamos á estación para coller o tren que traía quince minutos de retraso. Ao chegar a estación de Lugo estaban a esperarnos os nosos pais coma se foramos famos, non paraban de facernos fotos ao baixar do tren. Foi un día moi feliz para nós, pasámolo moi ben! 62

63

64

Este ano se lle adica o Día das Letras Galegas a este

escritor pontevedrés que foi tamén historiador,

arqueólogo e profesor.

Escribiu moitas obras entre as que destacan “Os

nenos”, “Quintana viva” ou “Agromar”.

LIBRO ELABORADO POLOS ALUMNOS DE 4º CURSO

LETRAS GALEGAS 2015

XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE

(1906-1996)

65

Mural conmemorativo do Día das Letras Galegas

Así ven a Filgueira os nenos de Infantil

Os oficios na obra de Filgueira Alumnos 3º

65

Obras

Biografía

Filgueira en Lugo

66

O NOSO PASO POLO COLEXIO.

Fai case nove anos chegamos por primeira vez ao colexio.Tiñamos un

pouco de medo, algúns choraban pero a profe Isabel conseguiu que nos

foramos adaptando. En infantil aprendemos a compartir, a ser autónomos,

a ler, a escribir, os números…

Pronto tivemos que pasar a primaria e outra vez estabamos preocupados

por como sería. E alí estaba Lourdes que con moito cariño e dozura nos

axudou a pasar o primeiro ciclo.

Sen darnos conta iamonos facendo maiores e no segundo ciclo recibiunos

Conchita que nos acompañou durante dous anos nos que aprendemos e

desfrutamos.

E por fin chegamos ós últimos cursos da primaria. Ignacio asustábanos un

pouco pero ó coñecelo mellor vimos que non é tan fero como o pintan. Con

el tamén aprendemos moitas cousas.

Non nos podemos esquecer dos outros profesores que tamén nos

axudaron a medrar como persoas: Gloria, Àngeles, Elvira, Gemma, Nélida,

Ana Pérez, Ana Álvarez, Antonio…

Nestes anos houbo compañeiros que marcharon e dos que aínda nos

acordamos. Outros compañeiros fóronse incorporando ao longo dos anos e

todos foron ben recibidos.

Agora que nos enfrentamos ao reto da secundaria miramos atrás e vemos

que foron nove anos maravillosos nos que desfrutamos dos xogos no

recreo, das clases de ximnasia, dos ensaios de música, das festas, das

excursións, das actividades da biblioteca.

Marchamos do noso colexio cun pouco de pena pero tamén coa ilusión de

seguir medrando e aprendendo.

Victoria 6º

67

Actuacións:

68

69

70