revista galega de pensamento feminista A/B@@I prezo: E euros 51.pdf · Malabaristas da vida en...

60
revista galega de pensamento feminista 1/2009 prezo: 5 euros

Transcript of revista galega de pensamento feminista A/B@@I prezo: E euros 51.pdf · Malabaristas da vida en...

revista galega de pensamento feminista1/2009 prezo: 5 euros

Editorial

Denuncias e comentos

«Volverán las oscuras golondrinas...»

Isaura Graña

A trata de seres humanos

Comunicación de Andaina ao Foro Social Galego

Acto de homenaxe de Andaina a Lidia Senra

Presentación da revista Andaina na Universidade

Carlos III de Madrid

Anna Amorós i Pons

Cando todo era posíbel. Desmemoria de Andaina

Ana Gloria Blanco Orviz

A presente crise económica desde unha

perspectiva de xénero

María do Carme García-Negro

[ENTREVISTA] Anna Pruckamayer

Idoia Elfstrüm

Malabaristas da vida en tempos de crise

Zélia Garcia

Ciberfeminismo: As redeiras da web

Saleta de Salvador Agra

Técnicas de mercado de guerrilla ou pasarela Cibeles

Ana Suárez

O amor con nome de muller

Guillermina Domínguez Touriño

Exeria: Corrector de linguaxe sexista en software libre

Estrela Villaverde

Lembranzas

María, unha vida servindo

Patricia e Angélica Comesaña

[LIBROS] Fabricado por mulleres

Dalila Dopazo

[REVISTAS] Semata: Un punto de encontro para os estudos

de xénero

Isabel Martínez

54

46

43

39

35

27

03

20

16

12

10

08

04

17

57

51

52

Revista Galega de Pensamento Feminista

Primeiro cuadrimestre, 2009

Apdo. 1058 Santiago de Compostela

[email protected]

Consello de redacción

Nadia Álvarez FernándezAna ArellanoPatricia Arias ChacheroCelia Balboa GuerraDalila DopazoZélia GarciaLaura Gómez LorenzoPilar Pérez ReySaleta de SalvadorNanina SantosIria VázquezEstrela Villaverde

Colaboran neste número

Isaura GrañaAnna Amorós i Pons Ana Gloria Blanco OrvizMaría do Carme García-NegroIdoia ElfstrümZélia Garcia Saleta de Salvador AgraAna Suárez Guillermina Domínguez TouriñoEstrela Villaverde Patricia e Angélica ComesañaDalila DopazoIsabel Martínez

Portada: Momento da instalación de Dinerode Montse Rego na «Zona C» (a instalación estará ata o 14 de xuño de 2009 na rúa san Domingos de Bonaval, 1 en Santiago de Compostela)

Fotografía da portada: Uqui Permui

Deseño gráfico: Cebra

Imprime: Grafisant, S.L.

D.L.: C-1.146-88

Andaina non se identifica necesariamente coas opinións dos artigos que aparecen nesta revista

sumario

Iniciamos unha nova primavera, a vidatranscorre por riba dos nosos afáns,non se enteira da crise, nin dos cam-bios de gobernos, nin sequera da de-sesperanza que se acumula nas filas doparo… Ao abrigo desta inquietude cá-lida que renova a natureza, podemosabrir os armarios das nosas vidas e re-pasar con calma a historia que leva-mos acumulada, ver con que nos que-damos e que novidades nos temos queprocurar para seguir avanzando… Asmulleres que hoxe abrimosas páxinas desta revista che-gamos ata aquí coa bagaxedunha historia, somos her-deiras daquelas sufraxistasque reclamaban o dereito aovoto das mulleres, e taméndas que se manifestaron polodereito ao divorcio ou a de-cidir sobre os nosos corpos,pola igualdade salarial, po-la equidade no reparto das tarefas domésticas e nos postos de decisión... Ao longo destes anos con-seguimos facernos visibles, gañar es-pazo nas rúas, nos despachos, nas ca-sas... pero sobre todo gañamos espazono noso interior. Co transcurso de to-das estas loitas e discusións feminis-tas nos desprendemos dese bonito vestido de muller doce, submisa, ase-xual e abnegada e tiramos ao lixo oscontos de fadas que nos prometían unpríncipe azul para reconstruír os no-sos soños sobre unha realidade, tal vezmáis gris e máis dura, pero tamén máislibre e máis ampla.

Hoxe nos reivindicamos como per-soas e cidadáns, mesmo antes que co-mo mulleres, con iguais dereitos e de-beres que o resto da cidadanía. Nosasumimos como seres sexuais, antesque lesbianas ou hétero, ou trans, coaúnica fronteira que marca o respectoa quen nos acompañe... Nos recoñe-cemos como traballadoras con capa-cidade de xerar riqueza, antes que como reprodutoras e coidadoras. Re-xeitamos o papel de vítimas pasivas

da violencia machista que nos outor-gan os medios para reclamamos par-te activa na procura da nosa propiaseguridade, física, pero tamén vital...,queremos camiñar tranquilas de noi-te e de día, na rúa e na casa, no traba-llo e no lecer. E, por suposto, nos sa-bemos con igual capacidade paraasumir responsabilidades e poder que os homes, a pesar de que hoxe se-xan maioritariamente eles os que odetentan.

Pero no balbordo desta crise que éeconómica, aínda que tamén de va-lores, xorden voces que desde os púl-pitos, desde a rúa ou desde osmedios, intentan poñer cotoaos nosos desexos de liber-dade, ao espazo que temosgañado e ao que aínda nosfalta por ocupar. Voces quecuestionan o noso dereito a deci-dir sobre a maternidade –de-reito ao aborto libre e gratuíto,diciamos e seguimos dicindo–ou que non protestan contanta forza ante os despidosde mulleres coma os dos homes,voces que despois de facerda violencia machista case unreality show non compren-den que nos manifestemoscontra esa malévola concep-ción da xustiza que reclama cadea per-petua para os asasinos de mulleres,pero non considera punible o asasi-nato dun homosexual ou non reco-ñece que exista violación cando a de-nunciante é unha prostituta...

Non sabemos o que nos depararáo futuro, seguro que non serán pou-cos os atrancos con que nos atopare-mos, os que veñen de vello e os quexurdan ao paso do noso avance, pe-ro camiñamos coa seguridade que nosdá saber de onde vimos e coa miradaposta no futuro cara a onde quere-mos ir, un futuro no que as diferen-zas de sexo, de raza, de lingua ou derelixión non marquen xerarquías, se-nón que se recoñezan e valoren co-

mo fontes de riqueza... Sendúbida é unha utopía, pe-ro hoxe, cando o medo e adesconfianza avanzan co-mo unha onda imprevisi-ble, convén tamén sacar doarmario as utopías e con-frontalas co camiño que le-vamos. Sen metas, sen mar-cas, sen retos, co noso díaa día de traballo e reflexiónfeminista, construímos es-

ta andaina na que sumamos as nosasvoces a todas aquelas outras que so-ñan co renacer desa primavera. �

3

4

denuncias e comentos

Entroido de Huelva, 1963

Un grupo de oito mozos saen disfrazados de xitanas, de Carmen Miranda… celebrar o domingo de Entroido,logo de estar de festa na casa dun deles. Unha parella dapolicía armada detívoos pola denuncia dun veciño e docura da barriada de Las Colonias. Puxéronos en coiros emetéronos no calabozo. «Cogidos en la vía pública nocon el atuendo propio del sexo masculino», aplicándollesa Ley de Vagos y Maleantes.Algúns non queren nin lembralo sequera.Juan Rodríguez Sampedro, daquela con 19 anos, foi condenado a seis meses de cadea –dous meses no cárcerede Huelva e catro por diversos penais até rematar en Valencia– e un ano de desterro sen poder pisar Huelva.O cárcere de Huelva nos anos sesenta recibe de xeitobastante organizado presos pola súa orientación sexual e nos setenta especialízase nisto.Nunha visita ao cárcere (o centro pechou en 1997), aover o número da cela botou a chorar lembrando aquelEntroido que marcou a súa vida.O artigo 4 da Lei de Memoria Histórica (Declaración dereparación e recoñecemento persoal) pode darlle unhaindemnización e está ben que o faga, aínda que sexatardísimo porén. �

Johanna Sigurdardottir, ex-azafata, 66 anos, casadacon outra muller desde 2002, é dicir, abertamente lesbiana, é desde o mes de febreiro primeira ministra de Islandia (capital Reykjavik).Durante oito anos foi ministra de Asuntos Sociais e, após a dimisión de Geir Haarde a finais de xaneiro, xefa de Goberno.É a primeira xefa de Goberno abertamente homosexual. �

Unha presenza ben sobranceira das señoras, se cadra, se cadra listas cremalleira.Para que non veñan as feministas dicindo que as mulleres non están onde hai poder e cartos! �

Os españois + ricos

Sabedes quen son os españois máis ricos segundo a listaxe deste ano da revista Forbes?

1º Amancio Ortega (posto 10 dos máis ricos do mundo)2ª Rosalía Mera (posto 246)3º Isak Andic (posto 296) 4ª Alicia Koplowitz (posto 318)5º Manuel Jove (posto 376)6º Florentino Pérez (posto 397)7ª Esther Koplowitz (posto 430)

Rosalía Mera Alicia Koplowitz Esther Koplowitz

Un invento útil

Si señora, un invento útil, simpático, colorista, práctico eque participa deses tres R tan de moda: reciclar, reducir,re-usar. E ideado por unha muller.Xa sabedes, non é preciso ir a Lidl, IKEA, Leroy Merlinou outros centros comerciais que enchen as superficiesurbanas. É cousa de enxeñar e ser quen de ver os moitosusos das cousas.

(Foto: MádeP)

5

Unha familia de orixe portuguesa asentada enMilagro (Navarra) tiña un negocio de contrataciónde man de obra (22 compatriotas) aos que mantiñan en réxime de escravitude.Contratáronos en Portugal para ir á vendima coa promesa de cobrar 50 €/día, descontando dos mesmos 10 € por gastos de manutención e aloxamento, en semanas de luns a sábado e xornadas de 10 horas. Un conseguiu fuxir. O seu relato: os agricultorespagábanlles en cheque a razón de 80 €/día e cotizabanpor eles na Seguridade Social. O clan arrebatáballes ostalóns e cobrábanos nos seus nomes. Polas noites e os domingos fechábanos na vivenda e só se lles permitía ir para a rúa so a atenta mirada dun membro do clan.Coaccións, ameazas e mesmo algunha agresión física.Os cartos totais que cobraron por catro meses detraballo ascenderon a 380 € (un euro e medio/díacontando domingos).A agricultura é un dos sectores nos que prácticassemellantes á escravitude ou servidume con fins deexplotación laboral teñen presenza. �

Mulleres bispos

O Sínodo da Igrexa Anglicana aprobou na primeirasemana de febreiro (68,8% dos votos) unhas medidas queabren a porta á reforma do Canon Anglicano, de xeito que as mulleres poidan ser bispos. Marca o comezo dunhanova fase. O grupo Mulleres na Igrexa (Watch) leva promovendo esta e outras reformas. Desde 1992 permite á muller ser sacerdote e xa se ordenaron máis de 2000.Daquelas, uns cincocentos clérigos marcharon para aIgrexa católica, que non ten que soportar semellantesveleidades. Eles non estaban dispostos a aceptar a autori-dade feminina. Non parece que agora vaia haber tantasdesercións, aínda que Christina Rees do grupo Watch dique un 15% do clero oponse ao bispado feminino de xeitotaxativo; en destaca os evanxélicos tradicionais que citan aSan Paulo nunha carta a Timoteo: «Non permito á mullerensinar, nin exercer dominio sobre o home, só debe estaren silencio».Aí… aí é, xusto, onde se encontran coa Igrexa católica. O xefe desta igrexa estima que é moi relevante que Deussexa varón, que se teña encarnado en ser humano varóne que isto é o que marca a liña. �

Grisélidis Réal, xa está no cemiterio dos reis, comoquería, entre afamados e famosos, á beira de Calvino,por exemplo.Grisélidis, prostituta, escritora, activista a prol dosdereitos das traballadoras do sexo, protagonista do filmeMuerte de una puta de Harmonia Carmona (2006),conseguiuno.Denunciou a hipocrisíadunha sociedade quecondena ás putas mentresusa os seus servizos. �

A Barbie

Esa boneca que serviu de modelo a xeracións demulleres, naceu un 9 de marzo de 1959.50 velas soprou este 2009 a creación de Mattel –o maior fabricante de xoguetes do mundo–, aínda que a idea, a invención da boneca, foi de Ruth Handlercasada con Elliot H., co-fundador de Mattel.A Barbie coñeceu unha chea de profesións, ate 108!,candidata presidencial incluída (en ningún casobanqueira, compositora, prostituta, mariñeira de altura ou pobre de solemnidade).Por suposto que lle saíu un noivo (o famoso [?] Kenentre 1961-2005) e tamén tivemos a oportunidade decoñecer a Barbie-nai.Até chegou as capas de Andaina e ás camisetas deMilenta.Esa icona calada de sexismo á que os tempos taménzarandearon.Algunhas que se consideran de culto andan polos 2699 $e máis! �

denuncias e comentos

6

Stieg Larsson (1954-2004). Xornalista comprometido,experto na extrema dereita e as súas conexións coa granindustria sueca.O fenómeno editorial de Millenium é asombroso. Unhatriloxía publicada en España por Destino con seguintestítulos Los hombres que no amaban a las mujeres (literal:hombres que odian a mujeres); La chica que soñaba conuna cerilla y un bidón de gasolina (literal: La chica quejugaba con fuego) e o terceiro tomo está en preparación,a punto de saír co título La reina en el palacio de lascorrientes de aire. �

Soraya Sáez de Santamaría nunha entrevista narevista Elle, di que ela é «forte, moi forte… A min nonme ve chorar nin o meu marido».Sorpréndeme, e moito, que nestas alturas alguénidentifique fortaleza con que ninguén o/a vexa chorar.Esa idea tradicional que identifica virilidade = fortaleza= os homes non choran.E agora que as mulleres vanse incorporando a tarefasantes masculinas deben comportarse como aqueleshomes que son fortes, non expresan sentimentos e nonchoran, que se o fan son uns nenazas??Que peniña, Soraya, non poder chorar para ser forte! �

For Lisbeth Salander!

Ese personaxe fabuloso da triloxíaMillenium de Stieg Larsson. Esa mozaque soñaba cun mixto e un bidón degasolina (será preciso recorrer a Freudpara explicar este soño?). Se cadra estatradución tráena a conto pola canciónque Lisbeth Salander escoita na radio do seu ToyotaCorolla cando disfrazada de Irene Nesser corre caraGotemburgo: Putting out fire with gasoline de DavidBowie que ela non coñece, porén parécenlle proféticas as palabras da canción.Lisbeth Salander non é NADA politicamente correcta,NADA de vítima desa sociedade sueca á que o seucreador pertence e que retrata, sen dúbida.Activa, capaz, decidida a poñerse sobre os seus pés eresolver os asuntos que lle concirnen, mesmotomándose a xustiza pola man.Unha co-protagonista física e psicoloxicamente singular.Entre Pipi Calzaslargas e Lara Croft, da que os servizossociais suecos contan e informan unhas cousas que ennada casan coa descrición doutras persoas para as queLisbeth Salander realiza algúns traballos certamenteespecializados.Trama de novela negra, cunha acción sempreascendente, intensa, inesperada, tecendo á par un tapiznada amable da sociedade sueca e até demoledora dopoder corrupto.O atractivo deste personaxe talvez resida en que nosafasta desa imaxe feminina de dependencia, da falta de valor e poder, de debilidade e falta de enxeño. Ten a capacidade, ademais, de vingarnos simbolicamente dos agravios e oprobios padecidos polo segundo sexo. �

denuncias e comentos

7

denuncias e comentos

VOTA TESTOSTERONA

Durante a campaña electoral estivo nas marquesiñas deSantiago un cartel moi rechamante que proclamaba«VOTA TESTOSTERONA». Tratábase do anuncio dunhaobra de teatro creada por Patricia de Lorenzo, NataliaOuteiro e Xesús Ron, que puidemos ver eses días na Sala Nasa. Dita obra é a continuación dun proxecto do grupoChévere, que comezou en xullo do 2008 cuns obradoirosparateatrais dirixidos a mulleres, chamados «Ser homepor un día».En Vota testosterona, dunha maneira orixinal e divertida,na que se mestura o teatro, a actuación musical endirecto, a performance, o transformismo, a proxección devídeos… as súas protagonistas fixéronnos reflexionar evisualizar a artificialidade da división en sexos dasociedade e a súa maleabilidade e posíbeltransformación. �

O veredicto do xurado no caso do crime da rúaOporto de Vigo deu lugar nas últimas semanas anumerosos comentarios nos medios de comunicaciónsobre a maldade da institución e a incapacidade docidadán para o axuizamento dos seus iguais (do cidadángalego, cómpre entender, dado que os cidadáns doutrosmoitos países da nosa contorna, nos que o axuizamentoa través do xurado ten longa tradición histórica, nonsemellan ter tales eivas).O xurado aparece configurado na Lei Orgánica 5/1995con dúas características básicas: a de ser un instrumentopara a participación dos/as cidadáns/ás naAdministración de Xustiza (como indica o art. 125 da Constitución) e a de servir como unha «escola decidadanía» (de fomento da responsabilidade social eparticipación de cada membro da comunidade nasociedade á que pertence). Resulta clara, pois, a fondurademocrática da institución.Tamén é evidente que o número taxado de delitosaxuizados a través desta vía (art. 1 da LOTX), a súa escasacomplexidade técnico-xurídica e a función que realizanos membros do xurado (declarar a existencia ouinexistencia de determinados feitos, a culpabilidade ounon do denunciado e as razóns que conducen a talconvicción) son cuestións accesíbeis a calqueracidadán/á de intelixencia media. Por outra banda, a resolución pronunciada atendendo ádecisión do xurado pode ser obxecto de recurso (igualque calquera outro tipo de resolución xudicial) o queimplica a existencia de mecanismos de corrección dosposíbeis erros dentro do propio sistema. En todo caso,tampouco os erros do xurado son tantos como secacarexa dende diferentes sectores. De feito, dos 24xuízos que se celebraron con este sistema no ano 2008,só se produciu unha anulación e unha revogación(parcial) da sentenza ditada inicialmente. Máis ben semella que nos atopamos ante un chanzomáis da deriva dos medios cara a demagoxia, oamarelismo periodístico e o fomento da manifestaciónirreflexiva de opinións sobre cuestións de políticalexislativa por parte de quen nada sabe nin, ás veces, lle interesa ou compensa saber. �

8

ISAURA GRAñA�

«Volverán las oscuras golondrinas…»

Póñome a facer unha nota sobre aseleccións galegas do 1 de marzo, o no-vo goberno, o novo parlamento e nonsei por que me acorda este verso de Bécquer.

Volverán? Escuras? Andoriñas?O subconsciente é particular e as aso-

ciacións de ideas non sempre teñen ex-plicacións.

Non volverán. Volveron por maio-ría absoluta e teremos outra vez –casenunca deixamos de ter aquí neste lindopaís– goberno do Partido Popular.

Podo expresar a rabia dun país quenon me gusta, porque na miña opinióncarece maioritariamente de sentido cí-

vico e cidadán. As leis importan un cane o que ten interese é que ti fagas o quequeiras. Eu, no meu, fago o que me peta.A convivencia non parece esixirnos a ca-da un o cumprimento das leis (adminis-tracións incluídas) e a razoable regra deouro: Non fagas a outros o que para ti nondesexas.

Podo expresar a rabia dun gober-no –o bipartito– que espertou soños e ex-pectativas en sectores nada despreza-bles e que non soubo, non quixo, non foiquen de satisfacelos e si de defraudarnos,

empoleirados no goberno créndose quensabe qué e distanciados do común, con-fundíndose a eles coa realidade.

A rabia deses sectores críticos deesquerda prestos a castigar co seu mise-rable voto a quen amosou inexperien-cia, sectarismo, actitudes chulas e pre-potentes, sen medir ben as súas tripase alén as súas tripas. (Daralles igual quegoberne Bush que Obama?)

9

Dá o mesmo. A rabia. Iso é o que te-ño. Rabia, consternación e riso. Taménriso para exorcizar este sabor acre e aci-barado do país que somos e do poucoque damos cambiado, malia as mensa-xes, as grandes palabras, a…

Volverá instalarse con valor deexemplo desde a Administración esaidea de que as leis se poden saltar por ri-ba se se me acomoda: ti fai un galpón, tinon cumpras a sentenza de derrubo, ti move a extrema do monte, ti non

contestes a un escrito en debida for-ma, ti non escoites a cidadanía,

ti acosa á xente molesta queche toca no traballo, un

chiringuito na praia

é moi agradable, a ti que che importa oque…, dálle aos eucaliptos en mo -nocultivo e polo demais mentiras, go-berno sen especiais prácticas demo -cráticas e con redes clientelares queestiveron, mesmo durante o bipartito,perfectamente engraxadas e aceitadas.Ademais mete a man no saco do públi-co e favorece a parentes, amigos e outrosfieis que mesmo tendo deberes profe-sionais que cumprir, prefiren compor-tarse como estómagos agradecidos elouvar a berenxena se ao patrón lle gus-ta e a eles non.

E así. Outra vez, este PP renovado, xaen pouco parecido ao de Manuel Fra-ga,1 apoiando este bilingüismo Mars-hall (que simpáticos e que exemplo paraas accións reivindicativas, sociais e po-líticas os «ridiculistas»!), aos intelectuaisdo Opus que teiman en chamar persoaao feto humano, a unha Igrexa –a deRouco Varela– afastada de toda espiri-tualidade e apegada ao ouro, as rique-

zas, ao poder e a vangloria, sen con-tar esa cara de caghapouquiño

representando ao seu deus

castigador e severo co que fustrigan eameazan a fieis e infieis.

Pesimista. Non polo PP, que segui-rá traballando as súas redes, os seusapoios, senón por iso que podemos cha-mar esquerda, denotadamente os seusdirixentes –malos dirixentes– que á mí-nima de cambio abandonaron o seuprincipal capital, O HUMANO, incapa-ces de reflexionar sobre o seu purísimosectarismo. Marca e carimbo que vénde lonxe e que ninguén está disposto a pulir e nada digamos a abandonar.Nin individual nin colectivamente. Nonvaia ser que o do lado (mesmo dentrodas propias filas) saque un pouco máisa cabeza, créndose que serán famosos,terán incenso e irán á morte coroadosde loureiro. E que a verdade téñenaeles. Eles son o dispensador da verdade.

Este país de minifundio e de miseriamoral! Falto de xenerosidade en todo(sempre hai algunha excepción): nas ac-tividades artísticas, sociais, culturais, deportivas, laborais, económicas, polí-ticas, escolares, científicas.

É o país que somos. Ás veces somos capaces de outras

cousas (lembrades o Prestige?), porénsempre ten que aparecer alguén a verse parasita as cousas marabillosas quesomos capaces de expresar e facer lem-brándonos de novo que non podemosmáis que volver ao rego. �

1 Manuel Fraga Iribarne, quen aínda tenque pedir perdón polos 5 asasinatos e 150feridos de bala en Vitoria en marzo de 1976,sendo vicepresidente do Goberno e minis-tro da Gobernación do goberno presididopor Arias Navarro.

10

A trata deseres humanosComunicación de Andaina ao Foro Social Galego celebrado do 5 ao 7 dedecembro de 2008 en Compostela

Andaina presentou ao Foro Social Galego, do 5 ao 7 de decembro de 2008 sobre a TRATA DE SERES

HUMANOS. A TRATA DE SERES HUMA-

NOS (TSH) con fins de explotaciónlaboral (na industria do sexo, naagricultura, pesca, téxtil, minas,servizo doméstico, mendicidade,restaurantes), tráfico de órganos,matrimonios servís, noivas-escra-vas, nen@s soldado en situaciónsde escravitude ou prácticas seme-llantes á escravitude ou servidumeé unha violación dos dereitos humanos.É un negocio lucrativo para as redes criminais que se beneficiando traballo e os servizos forzadosque ocupa o terceiro posto atrásdos negocios das redes.

11

A Trata de Seres Humanos (TSH)con fins de explotación laboral (na in-dustria do sexo, agricultura, pesca, cons-trución, talleres téxtiles, minas, servizodoméstico, mendicidade, restauran-tes…), tráfico de órganos, matrimoniosservís, novias-escrava, adopción, nen@ssoldado, en situacións de escravitu -de ou prácticas semellantes á escravi-tude, servidume é unha violación dosDereitos Humanos.

A Trata de Seres Humanos é un ne-gocio lucrativo para as redes criminaisque se benefician do traballo e os ser-vizos impostos e forzados situándoa no terceiro posto atrás dos negocios dedrogas e armas.

A Trata de Seres Humanos retén amilleiros de persoas en contra da súavontade, mulleres adultas e nenas ennúmero moi sinalado, coa violencia in-trínseca que tal situación carrexa.

A Trata de Seres Humanos e o Trá-fico de Seres Humanos non son a mes-ma cousa. O tráfico refírese ao paso irre-gular de fronteiras transnacionais para o

CONVENIO 197 DO CONSELLO DE EUROPA

Artigo 4

a) A expresión TRATA DE SERES HUMANOS designa a contratación, o transporte, o traslado, o aloxamento ou a acollida de persoas mediante ameazas de recorrer á forza, recurso á forza ou calquera outra forma de obriga, mediante rapto, fraude, engano, abuso de autoridade ou dunha situación de vulnerabilidade ou mediante a oferta ou a aceptación de pagos ou vantaxes para obter o consentimento dunha persoa que teña autoridade sobre outra con fins de explotación. A explotación incluirá, como mínimo, a explotación da prostitución allea ou ben outras formas de explotación sexual. O traballo ou os servizos forzados, a escravitude ou prácticas similares á escravitude, a servidume ou a extracción de órganos.b) O consentimento dunha vítima da trata de seres humanos […] considerarase irrelevante cando se utilice un calquera dos medios enunciados no parágrafo.c) A contratación, o transporte, o traslado ou a acollida dun neno con fins de explotación terán a consideración de trata de seres humanos aínda que non apelen a ningún dos medios enunciados no parágrafo a).d) O termo neno designa a toda persoa menor de dezaoito anos de idade.e) O termo vítima designa a toda persoa física sometida á trata de sereshumanos tal e como se define no presente artigo.

que moitos seres humanos teñen que re-correr a redes de traficantes para con-seguir alcanzar o país ao que querenchegar aspirando a mellorar a súa vidae a das súas familias. Non todas as redesque axudan a pasar fronteiras son mafias.

Na denuncia das situacións de trataé moi relevante o uso acaído da lin-guaxe non confundindo situacións deabusos nos que seres humanos se en-contran a milleiros coa TRATA. Fracofavor faremos as vítimas de TRATA seas confundimos con persoas que usanredes de tráfico para chegar aquí, exer-

cen a prostitución, ou persoas que pa-decen abusos na súa vida laboral, fa-miliar, etc. Neste sentido parécenos queestá ben a definición que de Trata deSeres Humanos fai o Convenio 197 epodemos facelo noso.

Na prevención e combate da trata ea protección das persoas vítimas e osseus dereitos cremos que o Estado es-pañol debería ratificar xa o Convenio197 do Consello de Europa –Conve-nio de Varsovia– de loita contra a Tra-ta de Seres Humanos que entrou en vigor en xaneiro de 2008 e que o Go-

berno español asinou o 9 de xullo de2008 e, en consonancia con esta sinatu-ra e ratificación que pedimos, unifiquea linguaxe e os principios de non-discri-minación entre homes e mulleres queo Convenio 197 establece nas leis, planse normativas que elabore sobre a cues-tión da Trata de Seres Humanos, enparticular no Plan Nacional de Trata deSeres Humanos co fin de ExplotaciónSexual. Na protección das vítimas detrata –igual que con calquera outra ví-tima– é de todo punto inadmisible quese esixa contrapartida algunha. �

12

Lidia Senra

A revista ANDAINA celebrou o pasa-do día 28 de marzo un encontro-char-la-cea de agasallo, recoñecemento e ca-riño a LIDIA SENRA polo seu traballo aolongo dos anos de loita polos dereitosdas mulleres labregas, a defensa da te-rra e da soberanía alimentaria, así co-

Acto de homenaxe de Andaina a

mo o seu liderado exemplar á fronte doSindicato Labrego Galego (SLG), comodirixente do mesmo e para amosar oapoio á continuidade do seu labor.

Lidia foi convidada por Andainapara dar unha charla sobre soberaníaalimentaria nos locais da asociación A

13

Lidia foi convidada por Andaina para dar unha charlasobre soberanía alimentarianos locais da asociación A Gentalha do Pichel…

Fotografía da páx. esquerda: No VII Congreso do Sindicato Labrego Galego, a nova secretaria xeral,Carme Freire, entrégalle a Lidia un agasallo co cariño e recoñecemento da afiliación

Fotografía da páx. dereita: Zélia Garcia na mesa conLidia Senra durante a charla de soberanía alimentaria

Lidia Senra, Pencha Santasmarinas e Ana Luis Bouza, nos previos a ceaCelia Balboa no momento da súa intervención en nome de Andaina

Gentalha do Pichel e compartir unhacea con produtos traballados, culti-vados e cociñados polas mulleres deAMORODO.

Amorodo é o nome dun proxectoque pariu o Sindicato Labrego Galego(SLG) para a comarca compostelá, coobxectivo de valorizar as pequenas ex-plotacións, os alimentos sans e a rela-ción directa labregas/os consumido-ras/es.

Apostan por apoiar os produtos fres-cos, respectar os ciclos naturais e o con-sumo de produtos estacionais non tra-

tados con pesticidas e abonos quími-cos e a procura dun prezo xusto paralabregas e labregos que pague o valorreal dos produtos logrados co seu tra-ballo (http://www.proxectoamoro-do.org).

Na sobremesa, un breve comunica-do descubriu para Lidia o carácter dehomenaxe do acto lembrando a súa tra-xectoria, a súa combatividade, resisten-cia, coherencia e proximidade. A con-tinuación proxectouse un vídeo feito para a ocasión que podedes ver na pá-xina web de Andaina e na de Gz vídeos.

14

Na sobremesa, un breve comunica-do descubriu para Lidia o carácter dehomenaxe do acto lembrando a súa tra-xectoria, a súa combatividade, resis-tencia, coherencia e proximidade. Acontinuación proxectouse un vídeo fei-to para a ocasión que se poderá ver enbreve na páxina web de Andaina e doSLG.

Intervención de Celia Balboa en nome de Andaina

Os anos setenta eran anos de entu-siasmo, todo estaba por conseguir e osdiscursos aínda se axustaban a golpesde realidade. Eran os anos en que unamuller moi nova percorría as parroquiasde Monforte para animar ás labregas e labregos a non pagaren a cota em-presarial. Lidia Senra, labrega, estabaafiliada ao Sindicato Labrego Galegodende 1976. En 1989 accedeu ao car-go de secretaria xeral dese sindicato.Até esa data o Sindicato Labrego re-sistía timidamente como pouco máisque unhas siglas vencelladas ao mundonacionalista.

Neste últimos vinte anos o SLG lo-grou consolidarse como a primeira for -za sindical agraria, desprendéndose detutelas e gañando autonomía e inde-pendencia. Creou discursos económi-cos e políticos innovadores que nos anosoitenta supuxeron a única voz sindicaldenunciando unha reconversión agra-ria brutal e silenciosa. Pero tamén fo-ron discursos que non esqueceron a ne-cesidade de incorporar os pensamentosfeministas, fomentando a organizacióne participación das mulleres labregas;discursos que non deixaron de antici-parse na reflexión sobre a necesidadede crear vínculos internacionais inte-grándose na Coordinadora Labrega Eu-

Neste últimos vinte anos o SLG logrou consolidarse como a primeira

forza sindical agraria, desprendéndose de tutelas e gañando autonomía

e independencia

Acto de homenaxe e loita contra a cota empresarial a comezos dos noventa

15

ropea e no Movemento Vía Campesina,que agrupa máis de 40 millóns de per-soas afiliadas. Agora o SLG volve tomara iniciativa apostando polo control daprodución gandeira e pola agro-ecolo-xía, denunciando outra forma de im-perialismo económico e reivindicandoa soberanía alimentaria dos pobos, a se-guridade alimentaria.

Sobre todo, eu, de Lidia resaltaríaunha traxectoria de rebeldía e honesti-dade, rebeldía por non silenciar nuncaa denuncia necesaria ante ningún opor-tunismo político, ante o neoliberalismoatroz que nos abafa, ante a ofensiva dossectores máis conservadores da nosa so-ciedade, ante a zancalilla sectaria con-

tra as persoas e organizacións que re-sisten. A honestidade de non esqueceras necesidades das persoas que confor-man o medio rural, das pequenas ex-plotacións, das mulleres do agro.

No ano 2007 Lidia deixou de ser se-cretaria xeral do SLG e podemos com-probar como axudou a construír unpro xecto esperanzador que se enrique-ce das dúbidas e dos discursos que in-corpora. Estamos seguras de que Car-me Freire está a continuar coas súaspropias iniciativas esta traxectoria.

É xusto recoñecer a dureza da loi-ta das mulleres labregas e das dirixen-tes do sindicato, que merecen o nosoapoio, o noso aplauso e o noso cariño. �

Lidia con Tareixa Navaza durante a entrevista que se publicou en Andaina, núm. 6 da segunda época (1993)

16

O pasado decembro, a revista An-daina foi presentada académicamentena Universidade Carlos III de Madrid,dentro dos relatorios do «I CongresoMujer y Periodismo. En homenaje a Jo-sefina Carabias». Baixo o título «Pren-sa feminista: 25 anos da revista Andai-na» fixose un percorrido da publicaciónna súa longa traxectoria no eido edito-rial galego. A conferencia centrouse encatro ámbitos de análise: no primeirofixose unha aproximación ao(s) con-texto(s) da súa orixe; no segundo, unestudo das diferentes etapas da súa evo-lución; no terceiro, unha reflexión dosseus contidos temáticos e os cambiossociais, políticos e culturais aconteci -dos na sociedade galega e española; e,finalmente, unha análise do deseño grá-fico, onde diversos estilos brotan dassúas portadas como unha fonte ines-gotable de creatividade.

O congreso foi dirixido pola cate-drática de xornalismo Pilar Diezhandi-no e a profesora titular Teresa Sando-val e coordinado por Clara Sainz de

Baranda e estivo organizado polo gru-po de investigación PASEET (Periodis-mo y Análisis Social: Evolución, Efec-tos y Tendencias), conxuntamente coDepartamento de Xornalismo e Co-municación Audiovisual da UC3M. Nelrendiuselle homenaxe, no centenariodo seu nacemento, á figura da xorna-lista republicana e socialista Josefina Ca-rabias (1908-1980). Esta muller é consi-derada a percursora do xornalismofeminino español. Profesional do xor-nalismo escrito e radiofónico e, ade-máis, escritora. Durante a segunda Re-pública foi cronista parlamentaria dosxornais Ahora y La Voz; colaboradorano programa informativo radiofónicoLa palabra de Unión Radio; ao rematara guerra civil traballou no xornal Infor-maciones e, a partir do ano 1954, foi asúa corresponsal en Washington; en1959, e durante nove anos, foi corres-ponsal en París para o xornal Ya; des-pois, ao voltar a España incorporousecomo redactora a este xornal durantetrece anos, ata a súa morte. Durante un

período da súa etapa profesional comoxornalista, nos anos corenta, utilizou opseudónimo Carmen Moreno. Moreuaos 72 anos.

O Encontro «Mujer y Periodismo»durou tres días e a temática centrouseen tres eixes: a función da muller noxornalismo, a visibilidade da muller nainformación mediática e o xornalismode Josefina Carabias. A conferencia inaugural correu a cargo de Magis Igle-sias de FAPE (presidenta da Federaciónde Asociaciones de Periodistas de Es-paña). No congreso participaron taménMaite Alcaraz (redactora xefe de ABC),Indira García (xerente da sección In-ternacional e Corresponsalías dos Ser-vizos Informativos de Antena 3), Car-mina Jaro (directora do programa diariode actualidad social Corazón de TVE),Fernando García Romanillos (Vocen-to), as xornalistas e escritoras Isabel SanSebastián e Judy Bustamante, CharoIzquierdo (directora de Yo Dona), Cris-tina Pérez Fraga (directora xeral daAxencia de Comunicación de XéneroAmecoPress), Iñaki Gabilondo (Presen-tador de Noticias Cuatro 2), CatherineSaupin (Universidade de Nantes-Fran-cia), Mercedes Rico Carabias (embai-xadora de España en Irlanda) e Fernan-do González Urbaneja (presidente daAsociación da Prensa de Madrid).

Os actos tiveron lugar no Salón deGraos e na Aula Magna do Edificio daReitoría da Universidade Carlos IIIde Madrid, no Campus de Getafe, du-rante os días 10, 11 e 12 de decembro de2008. �

* Profesora Titular de ComunicaciónAudiovisual e Publicidade na Universidadede Vigo e relatora no Congreso coa comu-nicación «Prensa feminista: 25 anos da re-vista Andaina (1983-2008)».

ANNA AMORóS I PONS*�

Presentación da

Revista Andaina na Universidade Carlos III de Madrid

17

Santiago

Seguramente aqueles foron dos me-llores anos da miña vida, pero xa nonos recordo ben. As imaxes son confu-sas e non reflicten un tempo real, se-nón que mesturan acontecementos, da-tas, persoas: seis anos como estudanteson moitos anos. Incluso terminei coasensación de fastío, aínda que sempreme encanta volver a pisar as súas rúase sempre sinto que eu tamén pertenzoa esta cidade.

A tradición di que en Santiago osbos anos sempre foron os anterioresaos da túa chegada: as grandes folgasde estudantes, as grandes movidas, ascaceroladas.

Esfórzome por rescatar os recordosgardados durante vinte e tantos anosnalgún lugar da memoria, como vellasfotografías nunha caixa de galletas: pi-

sos compartidos por estudantes en San-tiago de Chile (e o seu gran patio inte-rior), Alférez Provisional, Loureiros…O sentimento de estar facendo historiadentro da familia como muller univer-sitaria. As tardes de sol no campus, so-bre a herba. Seguro que foron poucas.Entón chovía en Santiago. O camiñoata a Facultade de Filoloxía na praza deMazarelos, subindo pola rúa das Orfas.As reunións nos pisos. Os meus debu-xos imposíbeis. Os primeiros amores.As comidas baratas. A praza Roxa. A visita do Papa e o triunfo do PSOE. O23-F. O desenredado do pelo antes devolver a casa por vacacións. O tempoperdido para o estudo. As escapadas acomer unha tortilla en Cacheiras. A sen-sación de respirar liberdade, de vivircon liberdade por primeira vez.

Cando todo era posíbel: Desmemoria de Andaina

ANA GLORIA BLANCO ORVIZ�

Ana Gloria Blanco1982, a arrogancia dos 20 anos

18

Recordo o madrugón (quenon sería tal) das mañas de

domingo para ir ao Touralcoa mesa e as mercadorías:

os carteis, os libros, as pegatinas, as chapas,

as follas de recollidas de firmas. Eramos as indias.

Admirabamos a militancia entregada

enderezo familiar, a preocupación de-les, o orgullo noso de ter feito algo con-tra o sistema que aínda saía do longoperíodo de ditadura.

Recordo o madrugón (que non seríatal) das mañas de domingo para ir aoToural coa mesa e as mercadorías: oscarteis, os libros, as pegatinas, as cha-pas, as follas de recollidas de firmas.Eramos as indias. Admirabamos a mili-tancia entregada. A vida militante. A admiración polas que sabían. A súa preocupación por transmitir, por sen-sibilizar, por…

Reuniámonos en casa de Nanina oude María Xosé. Discutiamos sobre a do-bre militancia, a visibilización das les-bianas (formamos a primeira –mini–comisión de lesbianas), a participacióndos varóns nas reclamacións feminis-tas… Conviviamos con outros gruposde mulleres e con outros puntos de vis-ta. Había que estudar, leer, debater, discutir.

Tíñamos a sensación de participar,de influír no rumbo das cousas.

Foi fácil con Nanina e María Xosé eAna e Sonia e Elena e Tareixa e Encar-na e Lupe…, esquécenseme os nomes.Con Bego, pero esta é outra historia.Todo era novo e todo era interesante.

Os 8 de marzo. Deles, sobre todo dos primeiros, gardo un recordo moiespecial.

Andaina

Palabra polisémica. Estación de pasopara min. A confianza que outras per-soas che outorgaban para que fixesesalgo por ti mesma e a inseguridade napropia capacidade.

Non recordo moi ben como xurdiua idea de Andaina. Unha revista femi-nista en galego froito da eclosión de aso-ciacións e de militancia da transición.Existía a necesidade de formalizar dal-gunha maneira o que estaba pasando:escribir para reflexionar e para que ou-tras reflexionaran, para discutir, paraconvencer, para reunir, para dar voz,para denunciar, para crear.

AGM

Eu nacín en Langreo (Asturies). Criei-me nunha comunidade mineira que non perdera a súa ancoraxe co campo erespectaba os seus ritos, aínda profun-damente machistas, onde as mulleresalcanzaran o seu estatus de esposas eamas de casa e quizais complementa-ban o sustento familiar con pequenostraballos de modistas en casa ou coi-dando unha pequena facenda. O mes-mo lugar onde moitas avoas viúvas daguerra tiveran que facer todo tipo detraballos para manter a súa numero -sa descendencia: lavar carbón, cargarvagonetas… Pero onde as mulleres tampouco perderían a oportunidade defacerse valer sostendo as folgas, mani-festándose pola auga ou formando par-te das primeiras asociacións de veciñosda transición. Cando tamén todo pare-cía posíbel.

Dalí, no curso 1980-1981, cheguei aSantiago, despois do meu paso pola La-boral de Vigo, que tamén deixou en mina súa impronta.

Creo que o anuncio da primeira reu-nión de AGM á que acudín vino pola rúaou na facultade. Creo que tamén na-quel tempo estaba disposta a todo, in-cluso a pequenas aventuras nocturnasco spray na man a pesar da miña con-dición cobarde e pouco dada ás emo-cións fortes. Como o peche no conce-llo a favor da lei do aborto, tan deactualidade que hoxe volvemos a re-cuperar os vellos lemas para a mani-festación do 8 de marzo deste 2009, ea multa posterior que chegou o meu

Persoalmente foi a historia do co-mezo dun camiño, truncado e conti-nuado máis tarde por razóns nunca de-bidamente xustificadas. O que máis meinteresa destacar é a aprendizaxe, o co-ñecemento de persoas implicadas ata amedula na sociedade da súa época, xe-nerosas co seu esforzo, crentes no cam-bio social desde abaixo. Cando todo eraposíbel.

Andaina número 0. Vexo a porta-da e sorrío. Dentro do exemplar queconservo do número 2, aínda hai unanaco do papel vexetal que usabamospara copiar algúns debuxos e títulos e pegalos sobre os folios nos que ma -quetabamos a revista. A portada donúmero 0 non a podo repudiar. A ver-dade é que ao volver a mirala con dete-mento reconcíliome con ela. Comopouco poderíamos cualificala de com-posición naif, con todos os seus errosde perspectiva e a mestura de esti-los –se se lles pode chamar así–. E esesol, porque non recordo se era unhalúa ou un sol, que queima o camiño ouque o ilumina. A moza leva un pan eunhas rosas nos brazos, que conste,porque as rosas non se ven. Pan e rosas.E parece unha muller de principios doséculo XX, pero fóra de lugar. O que xanon sei é o significado do bicho, posi-belmente un morcego. Un monstroque asexa na escuridade? Inxustiza, vio-lación, violencia? Un monstro que hoxe

segue sendo enorme en gran parte domundo.

Copiábamos debuxos de ilustrado-ras feministas da época e nin sequeralles poñiamos a autoría. Tampouco sefirmaban os artigos nos primeiros nú-meros. A partir do número 5 desapa-receu da portada o símbolo coa mullerco puño levantado e as portadas co-mezaron a ter un aspecto profesional.Por aquel entón eu xa me afastara domovemento feminista, ao menos, co-mo militante.

É extraordinario comprobar a forta-leza do proxecto Andaina, a de Naninae Ana, que lograron a súa permanenciaao longo de vinte e seis anos, sempreen constante evolución e enriquecén-dose coas sucesivas colaboradoras.

É un lugar común aceptar que esta-mos obrigadas a aprender de todos oserros e a non arrepentirnos nunca denada do que decidiramos facer nun mo-mento dado da nosa vida. Sen embar-go, eu sempre me arrepentín de ter dei-xado aquela aventura e sempre gardeio seu recordo con agarimo. Tardei moi-to tempo en entender o que pasara e enchamar ás cousas polo seu nome. Aín-da que quizais esa no sexa máis que outra historia reinventada.

Hoxe, xa no século XXI, cando aíndanon deixei de tinxir as canas e despoisde volver a casa, traballo en Xixón comoprofesora de adolescentes, sigo crendo

19

Tíñamos a sensación de participar, de influír no rumbo das cousas.[…] É un lugar común aceptar que estamos obrigadas a aprender de todos os erros e a non arrepentirnos nunca de nada do que decidiramos facer

que a coeducación1 é posíbel e, nestesúltimos anos, dediqueime á educaciónafectivo-sexual2 dos e das mozas.

Nunca deixei de comprar a revista edesde fai anos a recíboa por subscrición.O azar fixo que coñecese a Saleta haiuns meses e que o seu entusiasmo porencontrar a unha «fundadora» prehis-tórica abrira a porta a estes recordos.Agradézovos moito esta oportunidadede regresar a un tempo do que todasformades parte.

1 Colaboración no blog: Coeducación, es-pacio para educar en igualdad.

2 VVAA (2007): Ni ogros ni princesas. Guíapara la educación afectivo-sexual en la ESO.Consejería de Salud y Servicios Sanitarios,Oviedo. Descargábel desde a rede.

Unha mirada á historia do capita-lismo permítenos, nunha primeira ob-servación, coñecer como a súa evolu-ción deseña condicións de crecementoeconómico desiguais, asimétricas e/oudiversas para os distintos países, os di-ferentes sectores e subsectores econó-micos, os diversos estratos de clase tra-balladora. O exame á luz da perspectivade xénero tamén fará precipitar dife-rentes diagnoses e mais propostas deacción na política encamiñada ao logrodo cambio social.

Nun primeiro exame do conxunto,si é observábel a existencia de desigual-dade entre clases sociais. O que resultadoado esquecer é que o modo de se de-senvolver o sistema crea ao mesmo tem-po que máis riqueza, máis desigualda-de. O abano das diferenzas amplíase amedida que se crea maior capacidadede producir e, polo tanto, de crecemen-to. Así mesmo no mercado de traballoá vez que se dan novas incorporacións(no noso caso examinamos o mercadode traballo desde as mulleres) non fo-

ron derrubadas as bases da desigualda-de: de incorporación, de salario, de pro-moción, de representación e de xubi-lación, por citar só algúns dos chanzosda vida laboral dos traballadores. Se-mella, pola contra, que a medida quese dá a incorporación das mulleres aomercado de traballo ao mesmo tempodanse avances no campo da lexislaciónlaboral, na identificación das discrimi-nacións, na denuncia da opresión e naexhibición de logros evidentes, póden-se observar precarización, diferenzas

20

MARíA DO CARME GARCíA-NEGRO�

A presente crise económica desdeunha perspectiva de xénero

21

[…] si é observábel a existencia de desigualdade entre clases sociais. O que resulta doado esquecer é que o modo de se desenvolver o sistema crea ao mesmo tempo que máis riqueza,máis desigualdade

salariais, inseguridade, condicións detraballo ilegais e relacións laborais mes-mo ilexítimas. Cohabitan situacións es-pléndidas para exhibir como logros conoutras que (era esperábel) deberían es-tar superadas polo propio devir en evo-lución da historia da humanidade.

Así estabamos –refírome a un tem-po cronolóxico de comezos do séculoXXI– cando case de súpeto fáisenos evi-dente o estourado da crise presente que,sabemos, mudará para peor as condi-cións de acceso e permanencia das mu-lleres no mercado de traballo.

22

Se o principal problema do presenteé recoñecer, identificar e crear posiciónsde defensa ante a crise presente, podeser útil comezar por unha análise da na-tureza e síntomas da presente crise.

A crise

Trátase dunha crise do sistema, é(como as anteriores) unha crise propiado capitalismo. Dito doutra forma: ocapitalismo é un sistema económico doque podemos predicar entre as súas características estruturais o feito de se desenvolver de forma cíclica, de ma-neira que os períodos de auxe econó-mico conducen a un boom que se vecontinuado por outros períodos deachatamento até desembocar nunhacaí da: caí da das vendas, caída da pro-dución, caída dos investimentos, au-mento do paro, caída do consumo, caí da do aforro e dos investimentos epolo tanto recesión. Esta ringleira desecuencias –non necesariamente nesaorde– conforma o panel de síntomas decalquera crise e se, como a presente,para chegar ao plano da economía realdebemos comezar por comprender o

papel xogado pola parte financeira daeconomía non facemos máis que agran-dar o tamaño da fonte dos problemas.

A posibilidade das crises desde a ori-xe do capitalismo fundamentouse nasmesmas leis de funcionamento: bas-ta con que os vendedores de mercado-rías non atopen clientes con capacida-de de pago para que se produza unhacrise de sobreprodución. O crédito é ávez un instrumento de acercamento entre vendedor e comprador e taménunha fonte de crise. Depende de quemomento do ciclo examinemos podeser favorábel á separación económicae favorábel á creación de quebras eco-nómicas coa conseguinte caída de pro-dución e aumento de paro.

No capitalismo presente é domi-nante o capital financeiro ou dito dou-

O capitalismo do tempo presente é mundial. Mundial é a produción, mundial o comercio de bens (mercadorías e servizos) e mundial tamén as relacións financeiras

gastos da economía real– como merca-do do diñeiro polo diñeiro, sen controlpúblico mundial de ningún tipo, arrom-baron como unha onda xigante (estivoben o precedente do Katrina do ano2005 e a crise asiática de 1997) con todaa economía real por diante. Quen pre-vía que a GM podería estar seriamentecomprometida por culpa das subprime?

O comezo deste proceso podemosdatalo nos anos setenta, xusto no mo-mento en que os problemas da cri-se –daquela crise– esixían toda a aten-ción e dedicación para solucionar agrave crise industrial. Houbo cambiodo modelo de acumulación e xunto conoutros moitos sucesos o máis relevan-te para o noso caso presente deuse noplano das relacións monetarias inter-nacionais. O día 15 de agosto de 1971,Nixon declarou unilateralmente, e vio-lando as normas do FMI, a non conver-

tibilidade do dólar en ouro. Entre ou-tras consecuencias, este feito supuxo a desaparición do Sistema MonetarioInternacional, o abandono de facto detoda norma e control público no mer-cado internacional do conxunto de es-tados que tiñan o peso máis relevantena economía mundial capitalista e o pa-so, polo tanto, a un réxime monetarioe financeiro mundial privado. O carác-ter non público nin suxeito a autorida-de mundial constitúe non só unha dascaracterísticas máis destacadas deste novo réxime financeiro, senón que ta-mén é a fonte máis grande de vulne -rabi lidade, inestabilidade, risco e mes-mo catástrofes. Vulnerábel porque asúa debilidade é tan grande como o éo tamaño alcanzado polas relacións financeiras: dado que no mercado fi-nanceiro global véndense todo tipo deprodutos (antigos coñecidos, novos edescoñecidos, e a mestura de todos eles)basta que prenda a chama da insolven-cia e/ou de caída de ganancia nun sódeles para que contamine ao resto. Asísucedeu nos anos oitenta coa crise dedébeda dos grandes países latinoame-

23

Mesmo os segmentos sociais das denominadas clases medias que vincularon os seus aforros aos vaivéns da bolsa, sofren empobrecemento relativo

tra forma: a natureza do capital nes-ta etapa é financeira, quer dicir todas as formas do capital adquiren nature-za financeira no seu propio desenvol-vemento. Non hai, xa que logo, nin-gunha forma de capital libre de se de-senvolver segundo a racionalidade (e/ou irracionalidade caótica) do mercadofinanceiro.

O capitalismo do tempo presente émundial. Mundial é a produción, mun-dial o comercio de bens (mercadorías eservizos) e mundial tamén as relaciónsfinanceiras. Ademais é característico dodesenvolvemento do capitalismo con-temporáneo ese protagonismo exhi -bicionista e esmagador do mercado financeiro global. No escenario da eco-nomía mundial o protagonismo das relacións financeiras –agora xa desvin-culadas da súa función de financiamen-to dos investimentos e dos restantes

ricanos. A súa débeda era en divisas aentidades financeiras privadas, con ti-pos de interese e condicións libres enrelación aos préstamos do FMI, pero ti-ña acadado tal tamaño que supoñía pa-ra os debedores unha verdadeira hipo-teca de toda a produción nacional. Noneran os maiores debedores, xa que oprimeiro posto correspondía, e seguecorrespondendo, á débeda dos EE. UU.,pero si eran os maiores endebedadosda periferia e significaba en relación aoPNB de México, Brasil, Arxentina, Chi-le, Bolivia, Costa Rica... entre o 50% eo 120% do seu PNB. A manifestaciónde vulnerabilidade deste réxime finan-ceiro privado deuse no momento enque México (1982) declaraba a non po-sibilidade de facer fronte ao servizo dadébeda. Nese momento espállase o pá-nico entre os acredores e o exemplo denon acudir ao pago polos debedores.O verdadeiro problema para os paí-ses capitalistas da parte central da eco-nomía mundial viña dado pola caídade confianza no funcionamento finan-ceiro mundial e non polo tamaño dadébeda ou pola onda de pobreza e mar-xinalidade subsecuente nos países de-bedores coa economía paralizada. Poresta razón, cando se atopan solucións,son para os prestamistas, para as enti-dades financeiras privadas. Os presta-meiros adaptaron as súas economíasás solucións de menor pago e maior pra-zo que, finalmente (fins da década dosoitenta) se produciron en forma de plansindividuais por países. Non obstante,neste camiño quedou posta de mani-festo a inestabilidade do novo réximefinanceiro mundial. É tremendamentepropagador de vulnerabilidade, porquearrastra á caída, á pobreza e á marxi-nalidade a conxuntos de traballadoresdenantes integrados nunha economíacon crecemento económico. A vulne-rabilidade do sistema propiciada poloréxime financeiro non se manifesta só en datos, como son o valor en bolsadas sociedades cotizadas, o asombrodunha caída de valor ao 50% (en mar-zo de 2009 as sociedades españolas quecotizan en bolsa valen a metade que en

2008), senón o significado que este da-to ten para o conxunto dos traballado-res. Estes non teñen posibilidade al-gunha de intervención nin de soluciónspara a caída de produción, o desinves-timento, o aumento de deslocalización,o paro e o empobrecemento. Mesmoos segmentos sociais das denominadasclases medias que vincularon os seusaforros aos vaivéns da bolsa, sofren em-pobrecemento relativo.

A súa natureza de privado, sen au-toridade pública algunha, sen normaalgunha, máis ca de perseguir a máxi-ma ganancia que rexe nos negocios pri-vados, convertía calquera novo nego-cio financeiro mundial nun depósitode inestabilidade, xa que, o grao de de-senvolvemento económico e de sensa-tez, no negocio extraterritorial de to-dos os intervintes do mundo, é moi disímil. Non existe homoxeneidade entre a estrutura económica e as insti-tucións dos vellos países capitalistas ti-tulares de moedas fortes, e a economíade países novos industrializados, emer-xentes ou mesmo tigres asiáticos (fixé-monos na identificación co felino, a quenos recorda: forte, fero, musculoso, ve-loz, depredador, avisado, dominante...).A extensión das relacións financeirasabranguendo a todos eles (todos os ca-paces de comprar e vender diñeiro) ele-vou en termos exponenciais o risco e ainestabilidade. Así quedou de manifes-to noutro episodio de crise financeiraprecursora da presente: a de 1997 enTailandia. O impacto deixouse sentirfortemente en todo o sueste asiático e no Xapón, pero nin Europa nin os EE.UU. viron afectadas as súas economías.Non obstante, as aprendizaxes que da-quela se podían ter tirado caeron total-mente en saco roto. Foi preciso agar-dar a unha crise orixinada no interiorda economía americana, e rapidamen-te propagada por todo o mundo, paraque se tomase en conta a debilidade domercado financeiro mundial. Debili-dade agora manifestada en que unhavez prendida a chama de insolvencia oincendio propágase de forma rápida,segura, sen control nin bombeiros. Ve-

xamos. No Sistema Monetario Inter-nacional que rexía o FMI existía unhacorrespondencia entre o peso relativoda economía dos membros do fondono conxunto de integrantes do mesmo.As relacións financeiras, en tanto quemonetarias, rexíanse por regras asumi-das por todos os pertencentes ao fon-do e a posibilidade do negocio do di-ñeiro polo diñeiro non era coñecida nasúa dimensión autónoma de economíareal. No presente existe un mercado fi-nanceiro mundial, autónomo, extrate-rritorial, onde se compra e vende di-ñeiro sobre diñeiro en cantidades nonimaxinábeis, en forma de produtos fi-nanceiros de terceira, cuarta ou quinta

24

xeración, que perderon calquera rela-ción e sentido desde a perspectiva definanciar crecemento económico real...e ademais suxeito á clasificación de ca-tegoría financeira de sociedades cla -sificadoras privadas que forman partede forma amoral, ou cando menos non sensata, do negocio.

Por iso é tan doado para nós asumirsen sorpresa o nacemento e evoluciónda crise presente. Calquera episodio,mesmo con aparente pequena impor-tancia, pode –e así foi– constituírse encombustible para un lume en espera.As chamadas hipotecas subprime teñennesta ocasión a honra de ser o detonanteda presente crise. Un suposto eixe nocálculo de tendencia de evolución dosprezos dos bens inmobiliarios e a im-

previsión de concesión de préstamoscon menor garantía da sensata, foronsuficientes para levar ao traste unha boaépoca de crecemento económico real ede supercrecemento financeiro no mer-cado mundial. Como é sabido, é impo-síbel controlar despois de desbocado otropel das finanzas e é tamén sabido queé tremendamente difícil separar pro-dutos financeiros bos (solventes) dos

As mulleres no mercado de traballo presente. Efectos da crise

No noso país, cuxa economía formaparte da economía mundial, a presen-za de mulleres na produción foi sempreun feito incuestionábel: o grao de de-senvolvemento económico do pasadopróximo non acadou o nivel necesariopara chegar a observar un colectivo de

a crise vai provocar nas mulleres en tan-to que traballadoras.

Para intentar comprender como vanser os efectos da crise nas mulleres nomercado de traballo, partimos das hi-póteses seguintes que nos achegan ámaneira de funcionamento do merca-do de traballo no capitalismo actual.

Os mecanismos de ancheamento(crecemento da demanda) do mercadode traballo responden a:

� A evolución do mercado de traba-llo vén marcada polo proceso de acu-mulación do capital en marcha (enon á inversa)

� O mercado de traballo muda nosseus comportamentos (referímonos

25

aos movementos na composición daforza laboral) ao longo do tempo co-mo un proceso histórico que non tenporque ser lineal: avances sucéden-se de estancamentos e retrocesos� Como consecuencia do anterior, acomposición do exército de reservavén dada pola caída da demanda detraballo no interior da economía dunpaís e pola evolución cara a fóra de-sa mesma economía (que podemosidentificar coa internacionalización)Quérese dicir que son os movemen-

tos de capital os que marcan o camiñoe a evolución do mercado de traballo.A participación, inserción, promocióne desaparición das mulleres no mercadode traballo derívase, polo tanto, en pri-meiro lugar e de forma determinante

Para intentar comprender como van ser os efectos da crise nas mulleres no mercado de traballo […] O mercado de traballo muda nos seus comportamentos (referímonosaos movementos na composición da forza laboral)…

malos (contaminados de insolvenciae/ou exclusivamente especulativos),polo que o padecemento da economíareal é seguro. Unha vez iniciado o pro-ceso de caída da confianza e da capaci-dade solvente de execución das vendasno mercado financeiro, o parón do cré-dito e do funcionamento da súa co-rrente financeira á economía real é uncontinuum. E unha vez que se produceo parón ao crecemento, mesmo até che-gar a recesión, é difícil e longo o pro-ceso de recuperación que –ademais– vaisupor fondas modificacións, tanto naesfera produtiva como na financeira ena institucional.

mulleres amas de casa superior ao detraballadoras. Sería matizábel se esta-ban recoñecidas, visualizadas e/oucomputadas como partícipes no mer-cado de traballo, pero o que si é inne-gábel é a participación maioritaria dasmulleres galegas na economía real.

Nas últimas décadas produciuse ungrande cambio na estrutura económi-ca galega e con el, do mercado de tra-ballo. Tamén a participación das mu-lleres galegas no mercado presente éequiparábel á de calquera outro país donoso ámbito. As condicións xa non sonequiparábeis no mesmo sentido que onúmero. Segundo sexa o lugar relativoda situación nese mercado e as condi-cións do posto de traballo ocupado, asíserán as consecuencias e afectación que

dos movementos de demanda de tra-ballo no interior da nosa economía querealiza quen emprega aos traballado-res, é dicir o capital.

É relevante examinar como ten si-do a inserción das mulleres galegas nomercado de traballo: atopamos un gran-de abano de asalariadas en case todosos estratos da produción, pero –sospei-tosamente– formando parte dos seg-mentos de traballadores en sectores deactividade que reúnen as condicións de temporalidade elevada, salario bai-xo, cualificación (do posto, non da tra-balladora) medio baixo e polo tanto pos-tos de traballo intercambiábeis e/ou osprimeiros prescindíbeis. Serían os gru-pos produtivos de industria téxtil e de confección, alimentación, plástico,auxiliares de automoción, industria doautomóbil, restaurantes, cafeterías, hos-talería, servizo doméstico, servizos aempresas, comercio polo miúdo, sanea -mento e servizos financeiros. Na Ad-ministración pública, en sanidade, edu-cación, servizos culturais, transportedanse situacións que van desde o em-prego feminino maioritario, cuns ni-veis de educación de postos de alta cualificación, ata a convivencia con em-pregos (públicos e/ou privatizados co-mo os servizos de limpeza) de máis bai-xa cualificación do posto e das restantescondicións.

Dado que a inserción e o mante-mento deste estatus de participaciónestá hoxe pendente da dinámica xeraldo proceso de acumulación do capital,é tamén esperábel que aqueles proce-sos de peches, desinvestimento e des-localización afecten ao conxunto doscompoñentes do aparato produtivo con

facilidade para o recambio e/ou por de-saparición en termos absolutos. Así, porexemplo, a industria de confección queresulte afectada pola caída da demandae da crise pode resistir (ou desaparecer)de dúas maneiras: deslocalizándose ecambiando a produción para un mer-cado de traballo máis barato aínda emanter unha pequenísima entidade pro-dutiva en Galiza (pequeno número depostos de traballo probablemente só de administración e deseño) ou sim-plemente desaparecer por non resistiraos envites da crise. En calquera dosdous casos o corolario é a caída de em-prego feminino.

Noutros casos como, por exemplo, ocomercio polo miúdo é probábel que aonda de caída do consumo remate coadesaparición dun bo número de peque-no e mediano establecemento e co con-seguinte paro das traballadoras, sen po-sibilidades a curto prazo de recambio,porque as grandes superficies que abran-guen cada vez máis unha cota superiorde mercado son demandadoras de moipequeno número de traballadoras.

No caso da Administración públicatodo vai depender da aplicación de me-didas de política económica anti-criseque promovan a ampliación de gastopúblico en actividades directamenteprodutivas ou dos servizos persoaismáis aló da sanidade, así como noutrasactividades económicas creadoras dedemanda de traballo de forma indirec-ta. De momento non parece que estasaccións conformen parte das acciónsde política do Goberno central e no pla-no autonómico está por chegar.

A pregunta final, por que somos asmulleres as que máis imos padecer en

carne propia os efectos da crise? Por-que a nosa situación relativa no mer-cado de traballo é máis débil ca dos ho-mes, entendidos os dous colectivos noseu conxunto. As mulleres chegamosmáis tarde, ocupamos peores postos,cobramos salarios inferiores, estamosinfrarrepresentadas nos postos onde éhabitual tomar decisións que afectan aofuturo dos traballadores, temos de for-ma colectiva menos experiencia na loi-ta sindical, temos menos autoestima laboral e ademais (e non menos im-portante) cargamos con responsabili-dades extra mercado que nos conver-ten en aínda máis vulnerábeis. Estaringleira describe unha situación, noné un listado de feitos inamovíbeis. Ocambio social forma parte, de maneiracolectiva, dos proxectos das mulleres,en primeiro lugar en beneficio propio,pero, tamén, como premisa impres-cindíbel do cambio social.

Consultar:ÁLVAREZ ALEDO, Carlos (1996): El impacto

de la contratación temporal sobre el sistemaproductivo español: Relaciones entre seg-mentación laboral y productiva, Madrid,Consejo Económico y Social de España,1996.

BRAVERMAN, Harry (1974): Labor and Mono-poly Capital, Nova York/Londres: Mon-thly Review Press.

FMI: Informes Anuais.

MANDEL, Ernest (1975): Tratado de economiamarxista, Lisboa, Delfos.

MICHALET, C. A. (1998): Le capitalisme mon-dial, París, Quadrige/PUF.

SOROS, George (1999): La crisis del capitalis-mo global. La sociedad abierta en peli-gro,Madrid, Debate (Temas de Debate).

26

Tamén a participación das mulleres galegas no mercado presente é equiparábel á de calquera outro país do noso ámbito

Anna Pruckamayer ten un bar en Venecia,preto da Ferrovia dei Santa Lucía. No transcurso da entrevista demostra que coñece moi ben a cidade (é veneciana de nacemento así como o son os seus pais e o seu apelido é unha herdanza dun feito histórico, a invasión dos austríacos) e fálanos dos últimos cambios que sufriu a mesma, así como das novas propostas e outras realidades puramente venecianasque son moi afastadas e á vez moi próximas ás doutros lugares que non contan con estas peculiares características.

Enderezo: Bar Chiodo Fisso, San Polo 2465/f , Venecia

IDOIA ELFSTRüM�

Anna Prucka-mayer

Entrevista a

27

28

1. En que aspectos notaches a crise en Venecia?

AP: Máis que sentir a crise en Venecia, percibina a tra-vés das persoas, eu fago un traballo de comerciante epor iso coñezo tantos comerciantes, Venecia é unhacidade de comerciantes… Eu sinceramente non noto acrise, nótoa porque sinto esta axitación, este medo, estasensación, este temor, a través de todas as persoas ás

que vexo, ás que escoito. Hai situacións que coñezo de cerca, de persoas, que desgraciadamente, viviron o seu aspecto máis grave, persoas que forondespedidas dos seus traballos. Cando son persoas da miña idade (35 anos) ou maiores, os problemasempezan a ser serios.

—Como afectou ao turismo?

AP: Seguramente diminuíu, pero sinceramente, os momentos do ano cando Venecia se baleira de turistas, vivinos xa. É só desde hai poucos anos queocorre que Venecia ten a mesma cantidade de turistasen outubro, novembro, xaneiro... que en SemanaSanta, verán.

—E, ao bar?

AP: A min persoalmente, na miña situación privada,afectoume relativamente, porque teño un bar desde hai

[…] no meu caso, estou a aumentar o número de clientela, entón, teño menos entrada de diñeiro, porque cada persoa gasta menos, pero a nivel de cantidade de persoas que frecuentan o bar, está a aumentar

2. Con que problemas se enfronta o sector da restauración?

AP: Si que está a afectar ao sector. Porque no momentono que a xente ten que pensar nunha economía men-sual, non gasta tanto. Os turistas, no canto de comprara botella de auga no bar, cómprana no supermercado,no canto de comer cada un un bocadillo, cómeno entredous, chegamos a este punto...Hai un turismo máis ca europeo, do leste de Europarespecto dos turistas habituais, de Inglaterra, Francia,España... e nótase tantísimo, sobre todo nunha cidadeturística como é Venecia. Xa que Venecia vén descritae considerada como un sitio turístico, pero non paratodos, é considerada como unha cidade cara. Por iso, oturista que vén debe estar atento a determinadas cou-sas, porque é verdade que os prezos están fóra de lugar,vexo que aquí existe un espírito de comerciantes que émoi forte, máis que noutras cidades.

pouco, hai dous anos e medio, e o meu traballo está amedrar, aínda que pareza absurdo, exponencialmente;vexo que cada cliente habitual, que antes se podía permitir o café, a comida, e á tarde o aperitivo, agorasó se pode permitir unha de todas estas cousas. Pero no meu caso, estou a aumentar o número de clientela,entón, teño menos entrada de diñeiro, porque cadapersoa gasta menos, pero a nivel de cantidade de persoas que frecuentan o bar está a aumentar.

—Son estranxeiros, turistas...?

AP: Eu coa xente que traballo máis non é venecianaespecificamente, senón xente que traballa aquí, enVenecia, estudantes.

—Estudantes?

AP: Os estudantes ocupan unha alta porcentaxe, digamos que un 50% da miña clientela.

29

30

no canto de ir a un bar, a un supermercado, a un restaurante a comprar algo para beber, vai a unhafonte, enche a botella de auga e ten a posibilidade de beber. Outra iniciativa do alcalde, parece ser, quechegou a un acordo coa Coca-Cola, coa idea de introducir 50, 60 distribuidores por toda a cidade.Segundo el, é un modo de combater o gasto excesivo ao que se ve forzado o turista.

—Así que se favorece ao turista pero non ao traballador, porque isto claramente prexudícavos?

AP: Persoalmente, non me permito emitir un xuízo respecto diso, porque creo que o traballo do alcalde é moito mais complexo do que eu sei. Pero debemosde estar atentos a estas cousas, no sentido de que me parece esaxerado considerar que o turista é

Debido a este traballo coñezo a cantidade de donos,traballadores de bares, restaurantes... e non fago máisque ouvir a xente que se lamenta, que se lamenta...pero é que falamos de perdas do 40, 50, 60%, non do10, 20, 30%.

3. Consideras que existen moitas leis que vos prexudican? Cales, por exemplo?

AP: Creo, no relacionado con Venecia, que hai cousas que cambiaron. Unha, que na miña opinión é equivocada: o custo do transporte público, é demasiado, moi moi caro. Din que o alcalde de Venecia quere deseñar un novo mapa de Venecia para os turistas, dando a cada un que entra na cidadebotellas de plástico baleiras e un mapa coa localizaciónde todas as fontes de Venecia; de modo que o turista

É unha actuación inherente á cuestión daseguridade laboral, o problema deste último período, é que polo que parece, Italia resulta ser o país europeo onde máismortos hai por cuestións laborais, o quenon ten nada que ver coa crise

31

castigado a pasar fame porque debe gastar 2,50 eurosnunha botella de Coca-Cola, creo que é moito máis grave gastar 6,50 no vaporetto que 2,50 norefresco. Porque aínda que Venecia é unha cidade que se coñece a pé, tamén é verdade que un turistaquererá ver e coñecer Burano, Murano, Torcello... que son as illas e ás que evidentemente non se pode ir a pé.

4. Existen unha serie de cursos obrigatorios, de que tipo son? Son de pago, paréceche unha medidaxusta? Sérvenche ou máis ben faiche perder tempo e diñeiro?

AP: Este é un problema que ocorre en toda Italia e estes cursos son relativamente novos, lévanse a cabodesde 1994.

—Antes da crise

AP: Si, antes da crise. É unha actuación inherente á cuestión da seguridade laboral, o problema desteúltimo período, é que polo que parece, Italia resulta ser o país europeo onde máis mortos hai por cuestiónslaborais, o que non ten nada que ver coa crise. Si tenque ver, en cambio, o feito de que no canto de infor-mar á xente para facer estes cursos de seguridadelaboral, elevaron o prezo das multas. Por iso, se agora aunha persoa que non fixo os cursos fanlle un control enon ten os papeis que demostran que asistiu, penalí-zana con 24.000 euros.Creo que hai escasa consideración sobre como debenaplicarse; por exemplo, eu debo asistir ao mesmo cursode seguridade que unha empresa que ten moitos em-pregados. A diferenza entre a miña realidade e estoutra

situación, significa que eu vou en calidade de titular enon cun responsable dos empregados que o vén a facercomigo. Ademais os riscos que teño no meu posto detraballo son pequenos. Algúns cursos son útiles, porexemplo o curso antiincendios (hai cursos de pouco,medio e máximo risco, cada un ten un prezo distinto,tamén cambia a duración, o perigo de cada lugar, un teatro é máis perigoso en caso de incendio que un barpequeno) ou o caso dos cursos de primeiros auxilios,sérvenme. Pero no meu caso particular, facer o cursode primeiros auxilios non está relacionado cos perigosno meu posto de traballo, senón que está máis relacio-nado cunha conciencia común, por exemplo se meatopo cunha persoa na rúa que ten un problema, sei cales son as tres nocións que, aínda que non me servi-rán para salvarlle a vida, poderán axudala. Pero creoque deberían aplicarse doutra maneira. Non digo que debesen ensinarse nas escolas, pero si creo que o serhumano debería ser educado para ter unha concienciade solidariedade.E considero que máis ca dos traballadores é unha necesidade de todos.Ademais resultan moi caros, porque pérdese o tempoda asistencia aos cursos, pérdese diñeiro para pagar aunha persoa que che substitúa e a isto hai que engadir o custo do curso. Así que, ao final, a xente, no canto deasistir e permanecer catro horas, queda só dúas, porquelle basta a firma que demostra a asistencia.Estas iniciativas son moi seguidas pola xente, porquehai un gran número de mortos laborais, así que creceuo control de seguimento e no caso de non realizalosexisten sancións económicas fortes.

5. Aféctache a normativa do horario de apertura e peche do bar e a terraza?

AP: No caso de Venecia trátase seguramente dunhacuestión política, e seguramente tamén da intoleranciado cidadán. Debido ás estruturas desta cidade, máis queexistir unha axuda, unha apertura de miras para vencerdun modo creativo o problema da crise, créanse impe-dimentos. Se eu, por exemplo, creo iniciativas para o

32

bar, como un pequeno concerto, só pode durar até asonce, é dificilísimo que o concello me dea os permisos,debo pedilos polo menos cun mes de anticipación, debopedir non só os permisos, porque se trata dun espazopúblico, senón tamén permiso á SGA italiana.

6. Como afectou a apertura de tantos negocios de inmigrantes nos negocios locais?

AP: Estou segura de que as múltiples culturas, nondanan o comercio, estou contentísima desta realidade,xa que creo que nesta variedade está a alma do comer-cio, porque méteche en xogo. Eu creo que en Veneciahai demasiado poucos, no relacionado cos negocios.Un bar rexido por un chinés, por un árabe... eles teñenun modo de tratar ao turista que é completamente dife-rente do estilo dun veneciano.

—Cal é a diferenza?

AP: O veneciano mantén unha venecianidade (agora parece que falo dos venecianos coma se fosen uns santos...), a xente que coñezo realiza o seu traballocunha certa ética, aínda que tamén hai cantidade de venecianos que non a teñen... O problema do extraco-munitario, dos chineses, por exemplo, é que ten a nece-sidade de facer diñeiro, por iso compórtase co turistadunha maneira distinta, quizais baixa a calidade, peroaumenta os ingresos. Ten un modo de comportarse coturista americano que é idéntico ao que ten cos vene-cianos, que están habituados desde hai trinta anos a to-mar o spritz1 nos típicos bares. Trata a todos do mesmoxeito, que desde un punto de vista é xustísimo, sobe oprezo para todos, non é que o baixe para todos, senónque o sobe para todos.

—Ocorre que en xeral o veneciano paga menos que o turista?

AP: Non é iso, non é que pague menos, senón que haiun pouco máis de... Quizais sexa que o veneciano sabecales son os bares que non son tan turísticos... Os vene-cianos, en xeral, non van aos bares que rexentan oschineses, os árabes (son as etnias que máis presenzateñen aquí), porque os prezos son máis altos que noutros sitios. Se vas, pagas máis.

1 Bebida típica da rexión do Véneto que consiste nunha com-binación de prosecco (viño escumoso), Campari e auga con gas. Bé-bese habitualmente á hora do aperitivo, ao mediodía, ou á tardesobre ás sete.

O problema do extracomunitario, dos chineses, por exemplo, é que ten a necesidade de facer diñeiro, por iso compórtase co turista dunha maneiradistinta, quizais baixa a calidade, pero aumenta os ingresos

—Que orientación lle deches? Podería considerarse veneciano? Pola comida, as bebidas?

AP: Non diría que ten un sinal tipicamente veneciano,porque o bar tipicamente veneciano é a osteria, e a oste-ria por antonomasia non fai o servizo de café, polo quenon o podería considerar así.

—É a única diferenza?

AP: Non, en realidade, a osteria, é a que che vende oscicchetti,3 pídeslle un ombra,4 e comes un cicchetti, perodebes pagalo. Este costume está, desgraciadamente,morrendo un pouco, xa que é difícil atopar o equilibrioxusto entre a posibilidade de preparar o cicchetto e asnormas hixiénico-sanitarias desde que entramos naComunidade Económica Europea; porque o cichettodebería de estar nunhas condicións de refrixeraciónpara o mantemento sanitario do alimento que vai encontra do que necesita o cichetto para estar bo. Nonpodes vender a xiba fría, debes de utilizar o fornomicroondas para quentalo e claro, todas estas cousasalteran o sabor orixinal. E o custo do produto sobe,polo que a xente consómeo menos.

8. Como che afecta o horario de apertura/peche?

AP: Unha actividade comercial pode abrir 13 horas aodía, agora podes traballar 7 días sobre 7. O que máis sepersegue non son as horas de traballo senón o horariode peche, porque desgraciadamente, Venecia é unhacidade particular. Se por exemplo hai un local públicoque abre até as dúas da mañá, seguramente o veciñoque vive encima, non dorme. E aquí son pouco tolerantes.

—Protéxese moito ao cidadán?

AP: Non o sei, porque eu tamén son cidadá e ninguénme esta protexendo cando veñen controlar se cumprocoas normativas.

—Pero trátase de facer prevalecer a tranquilidade da cidade?

AP: Si, de feito se eu abro fóra dos horarios permitidos,se os axentes descobren que abro até tarde máis dunhavez, ao final quítanme a licenza.

33

7. Anteriormente, que tipo de bar era este? Agora, considérase un bar tipicamente veneciano? Que orientación lle deches agora?

AP: Non o coñecía moi ben, só entrei un par de veces.Era... estruturalmente era exactamente igual, a decora-ción cambieina ao 100%. Facía exactamente o mesmoca min, é dicir, tiña un servizo de comida fría, de boca-dillos, de tramezzini2... Pero antes de ser un bar, foradurante anos un negocio de ultramarinos, e de aí pasoua ser un bar en 1986, pero sen licenza de alcol. Cando ocomprei eu fíxenme coa licenza para alcol. O anteriorpropietario, que o tivo por un período de cinco anos,non soubo evolucionar, polo que todos os meus clien-tes dinme del: era un tendeiro. Seguramente por iso,fixóuselle esta mentalidade. Por iso non era moi frecuentado.

2 É un pincho moi típico exclusivamente veneciano parecidoao sándwich.

3 É o nome que reciben as tapas en Venecia (pero páganse),máis parecido aos pintxos vascos.

4 Palabra dialectal que provén do costume que existía de tomaro viño á sombra no verán, ombra en italiano significa sombra e porextensión chámase ombra ao viño.

Unha actividade comercial pode abrir 13 horas ao día, agora podes traballar 7 días sobre 7. O que máis se persegue non son as horas de traballo, senón o horario de peche […]

Podes pór música clásica por exemplo, pero se ao teuveciño lle molesta esta música, débeste aguantar e qui-tala; non é que exista unha lei exclusiva contra a músicaclásica que se pon ás sete da tarde, pero chegan osaxentes e pregúntanche por todo tipo de permisos.Anteriormente tiña un restaurante, e gustábame moitoorganizar concertos que, en xeral, comezaban ás noveda noite para acabar ás once. Son unha persoa que sabede educación cívica, polo que era música jazz (non moiruidosa), sen batería, e se chamaba alguén chegaban osaxentes e como estás a molestar pregúntanche polalicenza, polo libro sanitario, se o contrato dos teus tra-balladores está en orde... Non se toma en consideracióno teu dereito ao traballo, nin che dan a posibilidade decrealo; só se toma en conta á persoa que se queixa, senpensar que quizais sexa unha persoa de todo intole-rante. Ás veces, eran os do restaurante de en frontequen chamaban.

9. Existe algunha autoridade municipal que vos axude a combater todas estas normativas? Algún tipo desindicato a quen protestar? Quen vos representa?

AP: Temos unha asociación, a asociación de comerciantes.

—Ti pertences a esta asociación?

AP: Non, non me interesa. Pero non sei se é máis ben para defender os nosos dereitos ou máis ben paramanternos informados. Coa recente construción daPonte de Calatrava, veu un titular doutro bar pararecoller sinaturas dos dous barrios máis afectados:Santa Croce e San Polo, queriamos que se pedise aoconcello que se dotase á cidade dunha sinalética adecuada que axudase a que todo o fluxo de turistas de Venecia non cambiase, xa que desde a existencia dedevandita ponte todos os turistas chegan ao centro dacidade sen pasar por aquí, alterou o tráfico dos turistase iso evidentemente, afectounos moito. Pero non serviu de nada.

10. Din os expertos que non é que esteamos en crise, senón en precrise, suponse que a auténtica crise comezará a mediados do 2010, e que durará até o 2070! Como ves o panorama?

AP: Eu creo que é probable, pero non sei canto durará acrise, se até o 2070, 2050... Pero creo que no 2010 esta-remos mellor, porque nos afaremos [risas], na miñaopinión esta é unha crise económica producida porunha especulación que se iniciou hai anos e non face-mos máis que vivir as consecuencias, non só pola eco-nomía, pero este é un discurso moi longo... Espero quepolo menos sirva para cambiar os obxectivos de todasas persoas. Fálase de crise económica, pero creo que é porque se errou o obxectivo que se lle debe dar á xente. Porque asociamos a calidade da vida ao deusdiñeiro, é dicir, ao consumismo. Quizais pareza quedigo unha barbaridade, pero paréceme que esta crisetraerá consigo unha renovación moral. Un pouco deética. Quen non chegan a fin de mes son os obreiros, os camareiros... non é o caso dos taxistas e gondoleirosvenecianos que no canto de gañar 30.000 euros ao mes,gañan 15.000, aínda que tamén se queixan, non ven asituación de gañar ao mes só 1000 euros, este é odrama.

11. Tamén se augura que o Estado perderá poder como figura e que serán as grandes corporacións as que controlen o mundo, como imaxinas este futuro?

AP: É unha visión que vai demasiado adiante no futuro. Dáme un certo medo, porque significa quehaberá unha forte privatización, en Italia xa se fala daprivatización da Seguridade Social, e paréceme moiperigoso, moi perigoso...Quizais o Estado teña un punto de vista máis social e as grandes empresas só un económico. Paréceme que aqueles que teñen o poder só pensan no beneficio,teño a impresión de que están todos podrecidos, peroesperemos que non... Esperemos que non! �

35

ZÉLIA GARCIA�

Malabaristas da vida

en tempos de crise

O 8 de marzo deste ano estivo dedi-cado á crise. As mobilizacións da Mar-cha Mundial das Mulleres fixeron refe-rencia a «como nos afecta ás mulleresesta crise de dimensións múltiples: detraballo, de acceso aos alimentos, ener-

xética, medioambiental e financeira,consecuencia do sistema capitalista edo neoliberalismo, da avaricia sen lí-mites, da falta de transparencia e de control social que configuran a reali-dade financeira mundial».

Falamos con Natividad López, eco-nomista da CIG, sobre a situación labo-ral no noso país, da que salienta que «demomento as estatísticas non permitenfalar desde a mera cuestión numéricadunha maior afección da crise ás mu-lleres que aos homes». De facto, na Ga-liza hai máis ocupadas no terceiro tri-mestre do 2008 que hai un ano, porquede momento onde caeu máis o empre-go foi na construción e agora comezana automoción, que son sectores moi

Mulleres protagonistas das mobilizacións operarias

Amelia destaca a relación que se xe-rou nesta batalla constante e é que «estabamos moi unidas, era unha rela-ción de moitos anos xuntas, algunhasdesde os 15 anos, pasamos moitas ho-ras de complicidade», e avalía positiva-mente o papel destacado das mulleres nasúa loita, xa que «en todo momento asmulleres fomos as protagonistas destahistoria, e eu creo que tamén foi porquesomos máis habilidosas e decisivas, eisto mirouse nas manifestacións e nasasembleas. Nunca nos sentimos asus-tadas cando tivemos a posibilidade nes-tas mobilizacións de que houbera re-presión policial ou calquera tipo decoacción, mesmo por parte da empresa,e aí rachamos todos os tópicos».

Grazas á mobilización conseguironcatro anos máis de produción e activi-dade para esta empresa, e maiores in-demnizacións das que contempla a lei.Na actualidade «pasamos a estar na em-presa máis grande de todas: o INEM.Ademais, como somos mulleres e conmáis de 45 anos, pois o temos moi difí-cil para ter traballo. Somos mulleresque non temos oficio, porque hoxe endía o noso traballo o realizan países conman de obra máis barata, e aquí ese ti-po de traballo xa non hai ningunha op-ción para o encontrar», remata Amelia.

Outra das ameazas que sobrevoa avida das mulleres con esta situación eco-nómica e social da crise é o recorte dopouco que fica do estado do benestar,polo recorte dos orzamentos.

Ademais, estase a manifestar un au-mento dos despedimentos nos últimosmeses do 2008, detectados na comarcade Vigo polas centrais sindicais, que re-sultan nulos de seren denunciados noxulgado, por situacións de embarazo,postparto, redución da xornada, e quena maioría dos casos se solucionan a través de compensacións económi-cas, afastando ás mulleres do mercadolaboral.

O sector servizos tamén está a notarfortemente a caída do consumo, e sen-do este un dos sectores máis feminiza-

dos, isto conleva graves consecuencias.Así o demostra o caso de Natalia, de 27anos, que traballa desde nova no co-mercio, con ampla experiencia e mes-mo con postos de responsabilidade, quedesde o pasado mes de setembro nonvolveu traballar. Ademais ela subliñaque influíron outros factores nisto denon atopar emprego e é que «gañei algo de peso, e aínda que non sexa al-go determinante, si que nas tendas deroupa, que é onde máis anos traballei,pois cada vez solicitan que se cumpran unhas tallas máis estritas e que todas se-xamos iguais». A perda do emprego emesmo na actualidade da prestaciónque estaba a cobrar impediu que mar-chara da casa dos pais, onde continúa avivir, no barrio vigués de Lavadores.

Unha crise distinta: as mulleres cabezas de familia

Aínda así, o momento que estamosa vivir ten unhas connotacións total-mente distintas ás crises anteriores, pormoitas razóns, e entre elas, que o papelda muller é totalmente distinto ao dehai vinte anos. Así, Natividad López su-bliña que «hai vinte anos o número defamilias onde as mulleres fosen cabezasde familia era insignificante, polo quese ficabas no paro, e o teu salario eraconcibido como unha axuda familiar,pois non tiña a mesma repercusión queten hoxe, cando hai un número cadavez maior de familias onde a cabeza éunha muller».

Esta é a situación de Xiana, que tra-balla como xornalista e publicista na se-de central de Caixanova en Vigo, e quedesde hai algo máis de dous meses é aúnica persoa con traballo da súa casa.A empresa de rotulación para a que tra-ballaba o seu compañeiro despediu ámaior parte do persoal por falta dechoio. Os dous rondan os trinta, e te-ñen unha filla de pouco máis dun ano.

Xiana explica a súa situación e reco-ñece ter «unha sensación de frustración,porque vés que ti es a que traballas, den-tro e fóra da casa; a outra persoa taméncolabora, baixo pautas e supervisión,pero non tes a forza de vontade de bo-

36

Outra das ameazas que sobrevoa a vida das mulleres con esta situación económica

e social da crise é o recorte dopouco que fica do estado do

benestar, polo recorte dos orzamentos

masculinizados, «mais isto só está a co-mezar» adianta a economista.

Do sector do automóbil son as mu-lleres de Valeo, unha empresa de ca-bleado, situada no Porriño, e que pro-tagonizaron unha das loitas máis longascontra esta multinacional que levou desde o 2004 até o de agora a continú-as folgas e a unha incansábel demandado mantemento dos seus postos de tra-ballo e loita contra a deslocalización.

Amelia foi até este mes de marzo de2009, no que pechou definitivamentea empresa, a presidenta do comité daempresa, e relata como foi este atípicoconflito nunha empresa do metal, daque algo máis do 64% eran mulleres:«Foi un proceso moi duro, porque ti-ñas que atender o conflito e tiñas ou-tras cuestións na casa, porque había mulleres novas, con fillos pequenos, eoutras moitas que estaban separadas e con situacións difíciles».

37

«As mulleres labregas galegas sofren de maneira máis agresiva a crise actual»

Falamos con Isabel Villalba, Secretariada Muller do SLG, para coñecer máis polo miúdo unha realidade que parecera invisíbel, mais é unha parte fundamental do noso país: o mundo rural e as mulleres que traballan nel, e as súas condicións propias neste momento económico

Isabel Villalba

tarlle nada en cara do que antes lle po-días dicir, porque parece que lle estás adicir que non traballa, e agora tragomáis do que podía tragar antes».

A cuestión da maternidade é outracontradición para Xiana, e sinala que«se non fose nai, preferiría ser eu a quecurrara e el o que ficara na casa, maissendo nai ás veces síntome frustrada,porque se fose eu a que estivese no seulugar non estaría con ese ánimo e seríatodo fabuloso, seguro, porque eu esta-ría encantada coa nena e el estaría con-tento traballando, e ao ser ao revés a elnon lle chega con atender á nena, e mes-mo me teño que preocupar da nena eu.Para min, se fose á inversa, tristemen-te sería mellor, supoño que por estereo -tipos e costumes que psicoloxicamen-te afectan ao que desexamos. Taménme sinto culpábel, pola nena e por el,por ser eu quen traballa e ter que tra-garme moitas movidas, e vexo que ascousas van ir a peor, porque se só condous meses sen traballo está así deamargado, non sei que pode pasar nospróximos meses».

En resumo, coa crise, as posibilida-des de emprego e protección social re-dúcense para todos e todas, ademais dascuestións de presión mediática, psico-lóxica e social, mesmo culturais, quepodan influenciar en como nos afectaesta crise.

Segundo María Pazos (a diferenza ra-dica en que as mulleres xa estaban enposicións máis vulnerábeis e desprote-xidas, aínda que estas situacións pasa-ban máis desapercibidas. Homes e mu-lleres van ao desemprego, mais cando un home está afectado por un ERE ha-bilítanse medidas especiais; cando unhaempregada doméstica é despedida nonten ningún dereito e ninguén se escan-daliza da súa situación.

Nestas liñas, a través das historiasdestas mulleres, queriamos lanzar pre-guntas, non quedar só nas historias e irmáis alá: saber que é o que está a acon-tecer en tempos de crise, criticar as pre-cariedades, do mundo do traballo, maisque tamén son de vivenda, e voz, decoidados, de recoñecemento, de espazo,que son parte das vidas das mulleresdunha ou doutra maneira.

As mulleres sempre fomos auténti-cas malabaristas da vida, a miúdo conrendas baixas, con horarios delirantes,multipresenzas e contabilidades creati-vas. E ademais non gustamos de nos la-mentar, ou ás veces si. Podemos facerda nosa condición un desafío, tecendoredes que amortezan as posíbeis caídas,e sobre todo que nos quiten o medo acaer.

Así, fica na man e no traballo das or-ganizacións sociais, e nomeadamentedas feministas, poder subverter a actualcrise económica e convertela nunha boaoportunidade para repensar o modelode organización social e transformar asituación de desigualdade entre homese mulleres.

E quen concilia agora?

A conciliación e a promoción daigualdade foron temas da actualida-de nas empresas do noso país, des-pois da aprobación da Lei Orgánica 3/2007 de 22 de marzo para a IgualdadeEfectiva de Mulleres e Homes. Esta leideixaba moitas cuestións abertas parao seu desenvolvemento na negociacióncolectiva, e axudou a que nas empresasse criara un ambiente propicio, xa quemesmo a opinión pública se posiciona-ba a prol destes novos dereitos.

Polo endurecemento das condiciónsde traballo estes temas da conciliación,que parecerá de novo que son cousas

privadas e que cada unha amañe como po-da, volveron pasar a ser temas de se-gundo ou terceiro plano. De feito, osorganismos que deberán valer por es-tes dereitos (Inspección de Traballo eas administracións en xeral) están a au-mentar a permisividade coa súa vulne-ración, primando levar o mellor posíbel acrise.

A: A crise afecta dun xeito especial ás mulleres labregas?

IV: Esta crise afecta en maior graoou con maior incidencia aos colectivosmáis vulnerábeis. É obvio que este é ocaso das mulleres labregas galegas, aoter menos remuneración cós homes evivir nun ámbito con menos servizos,nunha época na que ademais baixan osingresos e soben os custos de produ-ción, esta crise aféctalles en máis graos.Parten de situacións de dificultade, so-fren de maneira máis agresiva a criseactual.

Ao respecto da comparativa entremulleres do rural ou das cidades, ato-pamos unha contrapartida. No mediorural hai unha especie de colchón: o au-toconsumo das casas, que pode ser nes-te momento un valor en positivo fron-te á xente que vive nas cidades.

Mais esta opción na produción de ali-mentos tampouco garante unhas faci-lidades claras. Neste momento apún-tase como gran solución que algúnsalimentos baixen prezos, non se fala derecortar marxes comerciais, senón pa-gar menos aos produtores/as, obri-gándolles a vender por baixo dos cus-tes. Nós, que non temos nada que vernesta crise, froito da especulación ban-caria, imos pagala. �

38

En resumo, coa crise, as posibilidades de emprego e protección social redúcense para todos e todas, ademais

das cuestións de presión mediática, psicolóxica e social,mesmo culturais, que podan influenciar en como nos

afecta esta crise

Entrelazar os fíos da gran tea do ci-berfeminismo condúcenos inexorabel-mente a unha diversidade en continuomovemento que nace e se reproduceno firmamento inestábel de Internet.Na nova Telépolis,1 na cidade edificadasobre o aire que sen territorio fixo arras-tra consigo unha transformación nasnovas formas de comunicar e de inte-rrelacionármonos, é onde se sitúan asfeministas ciber. A súa arañeira emerxee propágase enroscada no dobre mo-vemento do tecer e do destecer, do fa-cer e do desfacer. Como se dunha má-quina tecedora se tratase, o seu tecleo nocomputador,2 que comezaba alá polos

anos noventa do pasado século na ci-dade australiana de Adelaine, confec-ciona un proxecto de dobre cara quebusca tecer igualdade, utilizando a redepara a causa feminista, e destecer a de-sigualdade, utilizando o ciberespazocomo lugar dende onde denunciar e des-mitificar a dominación patriarcal. Ocu-par o espazo público da rede, reapro-piarse socialmente das tecnoloxías –naliña d@s partidari@s do software libre–como espazo de acción é o lema que se-guen moit@s d@s activistas cibers, en-tre @s que se atopan as ciberfeminis-tas. Habitar a Worl Wide Web implicarápara elas non só a posibilidade de dar

39

Ciber-feminismo

SALETA DE SALVADOR AGRA�

As mulleres sempre fiaron, cardaron e teceron, aínda que anonimamente. Sen nome. Para sempre. En todas partes e enningunha... alí é onde a nosa historia se enmaraña.

Sadie PLANT: Ceros + uns (1998)

1 Termo acuñado por Javier Echeve-rría, co que quere subliñar o resultado da revolución tecnolóxica que nos levou aabandonar o que el denominou o Primeiro Entorno, o natural, e o Segundo Entorno,a cidade, para acabar no Terceiro Entor-no sustentado nun estar fóra da terra, fó-ra dunha estrutura estática que nos «des-territorializa».

2 Cabería facer unha chamada de aten-ción sobre a importancia do tacto neste no-vo modelo. Autoras como Sadie Plant venaquí unha asociación entre os labores tra-dicionais femininos e o tacto fronte á pre-ponderancia da visión masculina: «O queantes era comunicación cara a cara circulaentre as xemas dos dedos desfibradas a tra-vés do mundo, e todos os elementos dos

As redeiras da Web

conta da non neutralidade semánticadas tecnoloxías, senón que tamén comoseres puramente lingüísticos, seres sencorpo, desprégase un novo camiño naprodución da subxectividade.

O feminismo en liña ten a súa datade nacemento en 1991, cando as que se-rían precursoras do net.art feminista sereunían para formar o grupo VNS (Ve-nus) Matrix. Josephine Starrs, JuliannePierce, Francesca da Rimini e VirginiaBarratt eran as integrantes do primeirocolectivo de aliadas coas máquinas decomputación. No seu Manifesto da Zo-rra/Mutante, con ton irónico e paródi-co, anúncianse como «o virus do novodesorde mundial». Conscientes da im-portancia da comunicación como fe-rramenta de empoderamento, fan usoda ‘política da parodia’ para reinventarunha canle como Internet, que dendeas súas orixes –nada na guerra Fría e li-gada a obxectivos militares– foi cam-

biando á par que cambiaba a socieda-de. Con ironía e cunha estética clara-mente transgresora e anárquica, as «sa-botadoras do Gran Papa Mainframe»,3

como así se autodenominan, instálan-se nas redes electrónicas na procuradunha nova alianza entre mulleres emáquinas. A necesidade de ir tecendoa rede dende dentro e a suposta liber-dade que, en certos aspectos, caracte-riza a este medio, lévalles a denunciara asociación homes-tecnoloxía á vezque incitan ás mulleres a espertar do le-targo dixital para rachar coa fenda di-xital de xénero.

Durante os anos noventa a propa-gación da voz das mulleres online co-meza a tomar corpo coa entrada de re-des feministas no ciberespazo como oWomenspace de Canadá, Les Penélo-pes de Francia, Medea de Italia, Crea-tividad Feminista de México ou Mu-jeres en Red e E-leusis de España. A

contrainformación, os espazos para odebate, visibilizar recursos e contidos feministas ou publicar opinións, con-tribúen notoriamente á difusión e á par-ticipación das mulleres na sociedade dainformación. As características da co-municación mediada por ordenador, is-to é, a horizontalidade axerárquica dacanle ou a posibilidade de ser lector/orae autor/ora –rompendo así de manei-ra radical cos parámetros estruturais seguidos por outros medios de comu-nicación– sitúan a Internet como un entorno comunicativo de acción. Perotamén, que «o corpo e os trazos sexuaisou raciais, o acento, a condición eco-nómica non se mostren, se non se de-sexa, pode significar máis liberdade para a expresión do eu e facilitar a co-municación igualitaria».4

Por aqueles mesmos anos, SadiePlant, unha das maiores defensoras danecesidade de estar e facer resistenciacultural dende a rede, publica Ceros +uns. Mulleres dixitais + a nova tecnocul-tura. Un libro onde a autora reescribea relación das mulleres coas máquinas,reivindicando o papel de Ada Lovelacee a feminización da tecnoloxía; «femi-nización non máis como debilidade,senón como acción desxerarquizada,como acción creativa e futuro… Femi-nización como subversión das forzasreprimidas da muller nas estruturasdixitais das redes».5 Para a filósofa bri-tánica a revolución dixital pode chegar

40

sistemas de coñecemento e dos medios decomunicación pulcramente ordenados exerarquicamente establecidos atópanse ca-da vez máis interconectados e entrelaza-dos» (PLANT, Sadie: Ceros + unos. Mujeresdigitales + la nueva tecnocultura, Barcelona,Destino, 1998, p. 182).

3 O Mainframe é un computador xigan-te que procesa unha grande cantidade dedatos.

4 CASTAñO, C.: Las mujeres y las tecnolo-gías de la información. Internet y la trama denuestra vida, Madrid, Alianza, 2005, p. 46.

5 ZAFRA, R.: Las cartas rotas: Espacios de igualdad y feminización en Internet, Alme-ría, Instituto de Estudios Almerienses, 2005,p. 98.

Durante os anos noventa a propagación da voz das mulleres online comeza a tomar corpo coa entrada

de redes feministas no ciberespazo como o Womenspace de Canadá, Les Penélopes de Francia…

a botar por terra a hexemonía da lóxi-ca binaria porque «de todos os mediosde computación e máquinas que apa-re ceron a finais do século XX, a redecon sidérase o compendio da nova dis-tribución non lineal do mundo. Senlímites en canto ao número de nomesque se poden utilizar, un individuopode converterse nunha explosión de-mográfica na rede: moitos sexos, moi-tas especies. Sobre o papel non existenlímites aos xogos que se poden xo-gar no ciberespazo».6 O potencial de-mocratizador e axerárquico do me dio é visto como un verdadeiro contexto de posibilidades, onde cabe modificar significados, e onde a construción daidentidade de xénero no cibermundoabre a opción de mudar as cousas coaspalabras e realizar así a utopía da ver-dadeira cidadanía de mocrática, facen -do política a través dos artefactos. Adescorporeización, a desencarnaliza-ción do corpo, viabiliza un suxeito que,sen as raíces corpóreas, podería che-gar a liberarse da determinación de xé-nero. Desembarazarse da pel como as serpes ou travestir virtualmente oxénero é posíbel porque na rede deredes a carta de presentación son ossignos lingüísticos ou os avatares (arepresentación gráfica dun mes-m@).As controversias derivadas deste temaconduciríanos a introducírmonos nuncomplexo debate que aínda está abertono propio seo do feminismo ciborg eque desbordaría os obxectivos destaspáxinas.

En 1997, seis anos despois da súaconstitución, o grupo VNS Matrix di-sólvese como colectivo o mesmo anoque ten lugar a que será a Primeira In-ternacional Ciberfeminista (a que logoseguirá unha segunda en Rotterdam,en 1999, e unha terceira en Hamburgono 2001). Da man do colectivo OldBoys Network (OBN) organízase en Kassel, Alemaña, o 20 de setembro, oDocumenta X. Alí, a través do Ciber-manifesto para o século XXI, séntanse asbases teóricas do movemento. Un es-crito, en homenaxe a Donna Harawaye o seu concepto de ciborg,7 onde fixe-ron público o que non eran. É dicir, op-tando pola non definición, por non de-terminar con claridade nin exactitudeas súas características diferenciais, pre-sentáronse por vía negativa, a través decen antíteses, coa intención de non serencaixadas baixo unha definición está-tica e manter así a idea o máis aberta

posíbel ao devir do seu uso. A pesar danon univocidade e da heteroxeneida-de que exhiben poderíanse sinalar co-mo tres as acepcións máis comúns dotermo, tal e como viñan recollidas enwww.creatividadfeminista.org (unha das

41

6 PLANT, S., ibidem, p. 52.7 A palabra ciborg, abreviación de ‘cy-

bernetics organism’ foi definida pola filó-sofa Dona Haraway como «un organismo ci-bernético, un híbrido entre máquina eorganismo, unha criatura da realidade e ta-mén da ficción [...] que vive en mundos am-biguamente naturais e artificiais», en HA-RAWAY, D.: Ciencia, cyborg y mujeres. Lareinvención de la naturaleza, Madrid, Cáte-dra, 1995, p. 253. A débeda coa filósofa aus -traliana e co seu Manifesto cyborg supón opunto de partida teórico do feminismo ci-bernético.

O potencial democratizador e axerárquico do medio é visto como un verdadeiro contexto de posibilidades, onde cabe modificar significados, e onde a construción da identidade de xénero no cibermundo abre a opción de mudar as cousas…

redes feministas que proliferon duran-te anos no cibermundo):

i) Uso dos ordenadores e Internet pa-ra propagar a causa feminista.

ii) Rama da crítica feminista que pre-tende desenmascarar os presupostosmachistas e patriarcais que hai de-trás dos ordenadores e da rede, in-tentando que Internet sexa un espa-zo útil para as mulleres.

iii) Creación de cibercomunidades eZonas Temporalmente Autónomasnas que as mulleres poidan encon-trarse a si mesmas e reconstruír a súaidentidade fóra da influenza da men-talidade patriarcal.

Como expresa Faith Wilding «o te-rritorio do ciberfeminismo é amplo. In-clúe o espazo obxectivo do ciberespa-zo, institucións de deseño industrial einstitucións de educación –territoriosnos que o proceso tecnolóxico é clasi-ficado xenericamente dunha forma queexclúe á muller do acceso aos puntosde poder da tecnocultura–».8 Pero co-mo ela mesma prosegue tampouco re-mata aí a extensión do seu territorio.Baixo o seu paraugas aglutínanse va-riados grupos e opinións onde se di -ferenza unha liña máis pragmática, re-lacionada coas recentes formas deexpresión artística, dunha máis teóricaque reflexiona acerca das repercusiónsdas novas tecnoloxías para o noso mun-do off line e onde se sitúan as cavilaciónssobre a chamada identidade virtual.Dentro das primeiras, e por citar as máisrepresentativas, destacan as cibergue-rrillas feministas: as Cybergirls, as Web-girls, as Riotgirls e as Badgirls, entre ou-tras. Tecedoras artistas do territorio webque na liña do VNS aprovéitanse dun«medio onde o corpo se (re) fai con pa-labras e códigos a gusto do usuario, non

só como máscara tecnolóxica senón ta-mén como lugar de debate e redefini-ción do xénero».9 Pero, consegue real-mente a web traspasar a dicotomía dosxéneros?, podemos entón comezar afalar dunha identidade dixital post-xe-nérica? O abano das reflexións teóricasen torno ao tema, abertas en parte po-lo escrito de Plant, tamén deixa entre-ver dúas posturas encontradas: a neto-pía das tecnófilas, que fan fincapé napotencialidade política da rede e de In-ternet como un verdadeiro laborato-rio de identidades (suxerindo, tal é co-mo recolle o título dunha das obras deRemedios Zafra,10 a necesidade de fa-cer e nacer en Internet), e a distopía dastecnofóbicas que defenden que o ciber-mundo e a tecnocultura reiteran a opre-sión e a dominación sobre as mulleres(criticando a presenza dunha imaxe dasmulleres que segue sendo fetichista ecuestionando a feminización do tele-

traballo ou a fenda económica entre países do ‘Norte’ e do ‘Sur’). Dous po-los onde hai moitos grises, pero que agrandes trazos debuxan o panorama actual das cavilacións do feminismo cibernético.

Malia todo, o que parece indiscutí-bel é que para rachar coa historia dastecedoras teremos que poboar a rede,porque de non ser así construirase sennosoutras e, como di Cecilia Castaño(2005), construirase a pesar de nós e, aluz da experiencia histórica, posibel-mente contra nosoutras. �

42

8 WILDING, F. e CRITICAL ART ENSEMBLE:«Notas sobre la condición política del Cy-berfeminismo», en www.estudiosonline.net.

9 ZAFRA, R., ibídem, p. 63.10 Refírome a obra Netianas. N(h)hacer

en Internet, Madrid Lengua de Trapo, 2005.

[…] o que parece indiscutíbel é que para rachar coa historia das tecedoras teremos que

poboar a rede […]

43

Existe un vizoso novo formato de in-cursión publicitaria no mundo das em-presas, ongs e asociacións. O seu nomeé técnicas de mercado ou publicidadede guerrilla e pretende impresionar através de mensaxes acompañadas de ac-cións singulares ou postas en escena,accións de intriga, impacto, singulari-dade e altas doses de imaxinación. Aasociación Milenta Muyeres de Astu-rias súmase a este novo formato a tra-vés dunha campaña que combina a rei-vindicación e a moda dando unha novadimensión ao concepto de home e mu-ller anuncio.

ANA SUáREZ�

Novos soportes para novas formasde comunicación nun momento no queos valados publicitarios xa non son tanefectivos e onde, cada vez máis, a xen-te busca personalizar mensaxes e rei-vindicacións. Que mellor sistema quea personalización de camisetas conmensaxes feministas, claros, directos emesmo en ocasións un pouco desver-gonzados. Se din que somos o que co-memos non cabe dubida que dados osnosos patróns de consumo somos o quevestimos e se o que vestimos expresaideoloxía e ten un punto de protesta,pois mellor que mellor.

Técnicas de mercado de guerrillaou pasarelaCibeles

Este foi o obxectivo diana dunhacam paña que toma como soporte fun-damental a camiseta, prenda que ser-viu ao longo da historia de soporte paraun amplísimo acervo de manifestaciónsculturais, sociais e artísticas e que nestemomento serve ao movemento femi-nista para deixar algunhas cousas claras.

E aínda que importante é o conti-nente, polo seu poder de identificacióne personalización, máis importante re-sulta o contido, e merece a pena facerun repaso de todas as mensaxes que através de oito modelos de camisetas po-demos coñecer.

44

Se Barbie e Piggy conformaron par-te da educación informal de toda unhaxeración, outro personaxe sen dubidainesquecible é Pippi. Para as nenas e asmulleres da actualidade, Pippi é un cla-ro modelo a seguir: orfa de nai e filladun pirata que nunca estaba na casa, aroxa das medias de cores vivía soa coseu cabalo Pequeno Tío e un sabichónmono tití chamado Señor Nilson. Pi-ppi facía basicamente... o que lle dabaa gana. Intelixente, esperta, divertida,atrevida e cunha forza sobrehumana.Unha nena de físico rotundo e sen com-plexos; unha moza audaz e valorosa quese enfrontaba a perigos como calqueracabaleiro medieval; unha boa amiga dassúas amigas que non aprendera que asmulleres debemos competir por un ma-rido; unha raíña do reciclaxe no xeitode vestir e do respecto aos animais e aomedio; unha princesa do bo humor eda liberdade, queremos rescatala do baúl dos recordos. Seguramente, se Pi-ppi levantara a cabeza nesta época xanon tería mascotas porque viaxaría moi-to, faríase okupa por dereito e por pra-cer, pasaría dos louriños Tommy e An-nika para buscar unha moza menos sosae faríase unha tatuaxe na nádega quedixera: ‘Pippi vive... e xa non aguan-ta monos’. Así que non podiamos me-nos que homenaxeala cunha camiseta.

Encararse coa silicona non é tarefafácil e a mensaxe da segunda camisetada nosa historia non deixou de ser po-lémica. «Silicona non» serviu de pro-testa ante os implantes artificiais ou acertificación de que a portadora é todanaturalidade. Iso si, porque os peitosdunha muller non son o seu centro degravidade, aínda que luzan ben.

«Barbie, estás acabada», é un berroque pretende, da man da fabulosa MissPiggy, protestar contra a perpetuaciónde modelos imposibles que martirizanás nenas e ás mulleres con imaxes ab-surdas, venden produtos cosméticos eoperacións estéticas con obxectivos mer-cantilistas e de manipulación. A rosadaPiggy é contundentemente redonda eentrañablemente ninfómana, moi fe-minina, pero con moito carácter, ecando sorrí ninguén se resiste. Hai al-guén mellor para ameazar á escuálidaloura de plástico? E o que é peor, alguéndubida da veracidade da fin da estrelade Mattel?

A Milenta Muyeres as camisetas llesserviron para homenaxear ás mulleresafganas, palestinas e bosnias con todaa admiración e o cariño que esperta orecoñecemento da dificultade que tenser muller e feminista en lugares tan du-ros, pero sobre todo estas prendas téx-tiles serviron para comunicar mensa-xes con gran sentido do humor, quefalta fai neste reconcentrado mundo dofeminismo.

Existe un vizoso novo formato de incursión publicitaria no mundo das empresas, ongs

e asociacións. O seu nome é técnicas de mercado ou

publicidade de guerrilla e pretende impresionar a través

de mensaxes acompañadas de accións singulares […]

«Esta ye la pinta d’una feminista»non supoñía unha gran novidade, xa afixeran as americanas, pero é unha ba-za indispensable na supresión de mitose estereotipos sobre o aspecto que de-be ter alguén que profese semellante re-lixión. Variadísimas perchas en infinitoabano de belezas, tamaños e grosor con-forman ao colectivo de mulleres que se identifican a si mesmas como femi-nistas e que non teñen por que ser bar-budas, desagradables ou lesbianas, co-mo reflexa a mal entendida sabedoríapopular.

45

Nunha franxa máis infantil cabe des-tacar un personaxe na liña da seduciónentre menores, é dicir entre persona-xes de pequeno tamaño de Pitufolan-dia. Pitufina sabe que os heroes que res-catan están de capa caída. Sobre todopara aquelas que xa temos decidido dei-xar de perseguir binomios imposiblesen materia masculina: sedutores, fieis,divertidos pero serios, románticos pe-ro prácticos, duros pero brandos, mis-teriosos pero de confianza... En defi -nitiva, que o príncipe azul ou destinxeou xa non fai graza, e a nosa felicida -de ou infelicidade non depende dou-tros. Non precisamos esperar a que nosrescaten, a cambio de ser submisas ecompracentes. Desde aquí queremosdestinar os nosos esforzos ao abando-no da compracencia allea e estimular apropia, porque soñar está ben, pero serprácticas está mellor. Para iso Pitufi -

na envía nos unha mensaxe impagable. Ela, que de azul sabe moito, teno cla-ro: «Cambio príncipe azul por vibra-dor en bo estado».

Ademais da nosa colección de heroí-nas pasadas ao ramo do téxtil, permití-monos travestir ao símbolo do machoespañol, o touro de Osborne, rei das es-tradas nacionais daquela España de ho-mes, homes e aproveitar para poñerllelazos, ubres e unha afirmación nos seusbeizos «Algo está cambiando». Seráverdade? �

Que mellor sistema que a personalización de camisetas con mensaxes feministas, claros, directos e mesmo en ocasións un pouco desvergonzados.Se din que somos o que comemos non cabe dubida que dados os nosos patróns de consumo…

Hai, aproximadamente, seis meses,alá polo verán do ano pasado, un primomeu, Alberto, chamoume un día pre-guntándome se eu coñecía a historia deElisa e Marcela. Como boa galega, eurespondín cunha nova pregunta, ten-tando saber para que quería sabelo; dí-xenlle que si, que facía anos que pre-tendía seguir esa historia e que sempreme tivera intrigada e curiosa, pero quenunca tiña o tempo preciso para buscar

na súa historia, porque esta si que eraunha grande historia de amor.

Cando lle preguntei por que, díxo-me que coñecía a unha persoa que es-taba a piques de publicar a realidadedestas dúas valentes, intrépidas e ousa-das mulleres, e que, tanto o editor co-mo o autor, gustaron de saber que ha-bía unha historia, de moitas supoño,similar, aínda que lonxe das dificulta-des delas, pero non exenta das mesmas.

Así, en setembro do ano pasado,Gonzalo Allegue, o editor e amigo deAlberto, púxose en contacto comigo,por ver se estaba disposta a presentar olibro1 en Santiago de Compostela, xaque primeiro se presentaría na Coruña,

46

GUILLERMINA DOMíNGUEZ TOURIñO�

O amorcon nome de muller

1 GABRIEL, Narciso de: Elisa e Marcela:Alén dos homes, Vigo, Nigratrea, 2008 (col.Libros da Brétema, 13).

[...] A Historia de tódolos tempos, e a de hoxe, especialmente, ensínanos que... as mulleres serán esquecidas se elas se esquecen de pensar sobre si mesmas.

Louise OTTO-PETERS

47

en cuxa universidade imparte clase oautor, Narciso de Gabriel, e máis tardese faría na miña cidade. Ao pouco, pre-sentouse Gonzalo Allegue en Santia -go e tivemos, creo, unha moi agrada-ble conversa, entregándome o libro,que, ao fin, tiña nas mans e podía lelocon certa calma para afrontar tama-ña empresa. Si, porque para min eraunha empresa importante e logo expli-carei o por que.

Chegou o día 26 de febreiro do anoen curso, data na que tiven a sorte depoder transmitir a un nutrido grupo de mulleres e homes, xunto co autor, oque supuxo para min atoparme cunhahistoria como a que nos ocupa.

Persoalmente aportou moito a miñaexperiencia, como muller, feminista,historiadora e lesbiana, dado que todasesas características fan que en moitosmomentos da miña vida sentise a ne-cesidade de coñecer referentes de tra-xectorias coma a miña. Ademais, pordeformación profesional, como profe-sora de Historia que son, levando comolevo toda a miña vida profesional ten-tando de lle transmitir ao meu alum-nado a Historia menos oblicua posiblee máis obxectiva, con todos os seuscompoñentes como compañeiros nodevir histórico… considerei toda unhaoportunidade excepcional contar co tra-ballo impecable e rigoroso do autor,Narciso de Gabriel, que á parte de fa-cer un aporte divulgativo, unha home-naxe a estas mulleres, fai todo un laborde exquisito rigor científico, histórico.

Dous compoñentes imprescindiblespara achegarmos á Historia e á histo-ria real das persoas que nos precede-ron; máis aínda das mulleres, agochadasmoitas das veces pola historia oficial,invisibilizadas como traballadoras, crea -

doras, científicas…, moito máis aíndano tocante á súa sexualidade… porque?, pois sinxelamente, polo feito deseren mulleres e de ser consideradas,por iso, como asexuadas; o sexo, a se-xualidade feminina, estivo sempre rela-cionada coa maternidade, non co pra-cer nin coa necesidade imperiosa demanifestar os desexos máis íntimos. Sea sexualidade, en xeral, era castigada,moito máis a das mulleres que non eraatributo de virtudes nin de pureza…

Se a todo iso lle engadimos a homo-sexualidade, a cousa empeora. É ver-dade que nin homes nin mulleres ho-mosexuais serían consideradas normais,pero ás mulleres aínda peor, xa que osatributos nomeados da pureza, a ma-ternidade, non se podían concibir nunhadexeneración e depravación semellante.

Estaba claro, non se podía mesturara excelencia da Virxe, arquetipo docomportamento feminino, co feito deter apetencias sexuais, e moito menoshomosexuais… de acordo, pero isto erana tradición escolástica do medievo, traída a través dos séculos ate os tem-pos máis contemporáneos!!!!, isto é o que nos deixa abraiadas, a través dosséculos a orde establecida tiña as nor-mas tan estritamente impostas que aninguén se lle ocorría contradicilas aolongo de disquisicións tan importan -tes como o chamado humanismo, aIlustración, a creación do mundo con-temporáneo, os liberalismos, o propiofeminismo sufraxista…

A maioría das feministas desde Olim-pia de Gouges, e xa antes, eran transgre -soras, fillas de Lilith, desa orde estable-cida, e foron vilipendiadas, e algunhasasasinadas por ese feito… Calquera aousaba transgredir!, pensarían outrastantas…

Claro que a filosofía escolástica man-tívose por riba de todas esas teorías quepreparaban a chegada dun mundo mo-derno, dun mundo contemporáneo, perocoas normas preestablecidas dunha insti-tución coma a Igrexa, que moitas dasveces era o propio Estado.

A frase de Louise Otto-Peters indí-canos perfectamente como se nós mes-mas non pensamos sobre nós, é evi-dente que ninguén o fará. O feminismoe mulleres transgresoras coma estas fo-ron abrindo o difícil camiño da liber-dade, da cidadanía, da igualdade (resal-tado, porque ese concepto requiriríaoutro artigo, baixo o meu punto devista).

No mundo occidental, temos che-gado a cotas de liberdade envexablespara outros mundos de mulleres queaínda viven sometidas e represaliadaspolo feito de selo, nin que dicir ten quenon podemos relaxar o traballo cotiánpara permanecer e medrar dentro dostatus conseguido e, nunca, xamais, es-quecer que a metade da humanida -de segue, en moitos lugares do mun -do, sendo desprezada, maltratada. Si é así sendo heterosexual, podemosimaxi nar o que debe de ser escollendo unha orientación sexual diferente ante sociedades dirixidas polas diversas relixiosidades que afirman ser huma-nas, fraternais e que practican a cari-dade e a xustiza.

É moi importante que estas historiasse coñezan, e co rigor histórico co queestá transmitida a que nos conta Nar-ciso, xa que non podemos caer no re-lato doado e anecdótico con que a his-toria oficial ten tratado ás mulleres,raíñas ou heroínas, as poucas que tentratado, sempre son a tola (Xoana), aprostituta (María Balteira), a bruxa (Ma-

A maioría das feministas desde Olimpia de Gouges, e xa antes, eran transgresoras, fillas de Lilith, desaorde establecida, e foron vilipendiadas, e algunhas

asasinadas por ese feito…

Nin a represión nin a prohibición nos fan persoas, só o somos completas ao estarmos

libres de prexuízos e obstáculos que impidan e frustren a nosa personalidade

48

ría Soliña), e tantas outras sempre mal-tratadas por unha historia que é a me-tade da mesma, e ate fai ben pouco nonnos permitiu escoitar as voces das mulleres reais e visibilizalas. A propia denominación das etapas máis signifi-cativas da historia tradicional é enga-nosa, o século das luces, o é para os ho-mes, pois as mulleres do XVIII, pasanpor el como o século das sombras, eben escuras.

O amor entre mulleres

É polo menos curioso o feito de que,mentres son amigas que comparten fo-gar, polo da soidade e porque na épo-ca as normas que rexían cara ás mestraseran moi estritas, xa que eran mulleresque traballaban fóra da casa e exemplode rapazas e rapaces, mentres, digo, nin-guén sospeita nada ou se sospeitan, non pasa nada; é no momento no quelle dan pulo, oficializan, saen do arma-rio, como se diría hoxe, cando estala o escándalo, sobre todo o mediático.De feito estas amizades entre mullereseran catalogadas como amizades ro-mánticas, ou matrimonios bostonianos,como relata Henry James, aceptadas,toleradas socialmente, entre outras cou-sas porque ás mulleres, como xa dixe-mos, non se lles atribuía instinto sexualexpreso... eran asexuadas...

A historia destas dúas mulleres, deElisa e Marcela, non creo que sexa a pri-meira, pero si a primeira coñecida pú-blica e notoriamente, polo feito de terimplicada á institución máis sagrada do Occidente… Tamaña ousadía, a dedúas mulleres que enganaron, con pre-meditación (aquelas disputas provo-cadas na rúa…) e alevosía, non só aomundo, en xeral, senón, e o que foi de-terminante, á Igrexa.

Hai un tempo e traballando con ou-tra muller galega referente das loitas edos estragos que pasaron polo feito deser mulleres, María Soliña, comproba-ba como a Igrexa agardaba silandeira-mente o momento preciso para encau-sala a través da Inquisición… aos 70anos!!!, e todo porque ao enviuvar tiñaherdado os dereitos de presentación, que

era o que realmente lle interesaba... Poiso defecto que nos ocupa é o mesmo…,mentres non o saques á rúa, mentresnon sexa público e notorio, non trans-gredas as normas e a orde estableci-da, pode ocorrer…, o peor é que o fa-gas co descaro co que o fixeron elas…Atrevidas é pouco, ousadas e perigo-sas polo efecto de contaxio, que o au-tor nomea, como se dicía, que podíater significado.

contaxiosa polo exemplo, e que por for-tuna nas nosas provincias galegas non sónon abunda, senón que é rarísima.

Non será que ao poder androcén-trico e establecido, lle preocuparía, oupreocupa aínda ás veces, que as mulle-res poidan prescindir alegremente dosvaróns? E se, de repente, hai coma unhaepidemia e todas vólvense homose-xuais, que pasaría con ese poder do va-rón, perfectamente artellado na cultura

A dobre moral, a hipocrisía dunhasociedade que prefire a ocultación aoenfrontamento cunha realidade dife-rente, que ademais considérase a-nor-mal, rara, extravagante e, en moitos ca-sos, unha dexeneración algo enfermiza.

«Desequilibrio feroz», «dúas histé-ricas que en Galiza racharon a mono-tonía da vida pacífica dos galegos»,«dúas dexeneradas, dúas histéricas, oudúas desgraciadas»..., así eran nomea-das pola prensa diversa que se ocupoudo caso.

Dentro da polémica que o caso es-perta, hai que destacar a intervencióndos médicos. Baixo o título «Mario-Eli-sa ante a ciencia», La Voz publica o 24de xuño un artigo dun eminente dou-tor, que por razóns obvias prefire si-lenciar o seu nome. Tras dedicar o gro-so do comentario a recordar as opiniónsde soados tratadistas sobre o tema, co-mo Zucarelli, Lombroso, Chascot eTarnowsky, ao final destápase e di:

Para rematar, cremos que tanto Ma-rio-Elisa como Marcela son dúas enfer-mas, cuxa neuropatía non castigan os có-digos, pero que teñen un departamento aocupar no Manicomio de Conxo, ondequizais non logren ser curadas, pero si es-tudadas polo sabio Sánchez Freire, e polomenos alí recluídas evitaremos que se pro-pague a súa enfermidade, que adoita ser

occidental e apadriñado por instituciónstan rigorosas coma a Igrexa????

Afortunadamente hoxe en día sabe-mos que xa hai varóns que están polo la-bor de camiñar á par coas mulleres, ten-tando facer un mundo máis xusto,equitativo e libre para todas e todos, ecando digo libre, falo da liberdade enxeral, incluso a sexual, que as persoasprecisamos para ser iso, persoas… Nina represión nin a prohibición nos fanpersoas, só o somos completas ao es-tarmos libres de prexuízos e obstácu-los que impidan e frustren a nosa per-sonalidade.

Canto medo tiveron que pasar Elisae Marcela para chegar a confesar o her-mafroditismo, ou moitos dos argumen-tos que tiveron que empregar para saírindemnes da situación que levaban vi-vindo tanto tempo e que só polo fei-to de darlle pulo á súa necesidade deamarse e vivir a unha para a outra, douao traste con toda a súa vida! Que ver-goña tiveron que pasar ante a repetidahumillación daqueles exames dos ilus-tres doutores para certificaren a súaidentidade sexual!

Os estereotipos estaban perfec-tamente marcados, ate o punto de de-finir a personalidade de ambas mu-lleres, a través dos análises serios e

En realidade temos avanzado moito, moito lexislativamente falando, aínda que a lei de matrimonios homosexuais estea no Constitucional

49

rigorosos de médicos e mesmo grafó-logos, tendo unha delas as caracterís -ticas da inversión, Elisa-Mario, forte-protector-activo, e a outra, Marcela, feble-protexida-pasiva... Case similar ácomparación da filosofía escolástica medieval de EVA-AVE, a muller dísco-la, desobediente, activa, despeiteada,EVA, fronte á muller disciplinada, obe-diente, pasiva e peiteada... AVE, a Virxe(importancia do cabelo no medievo...).

Pero imos a falar do presente. Hoxeen día, aparentemente, ninguén pro-poría semellante similitude, mais quenada por non ser politicamente co-rrecto, pero é a pregunta máis directa,a de quen é o home na relación?, quené mais camioneira das dúas..., xa queaínda é moi difícil que algunha xentecomprenda, ou respecte simplemente,que outra tanta viva a súa vida comoconsidere e necesite.

En realidade temos avanzado moi-to, moito lexislativamente falando, aín-da que a lei de matrimonios homose-xuais estea no Constitucional. Pero, nasrúas?, na vida cotiá?, nos pobos, vilas ecidades que non son nin Madrid nin Barcelona, Sevilla ou Bilbao…, esas ci-dades onde a modernidade se instala de inmediato…?

Non, a realidade de moitas e moitosdos homosexuais deste noso país noné nin doada nin está normativizada, ounaturalizada como unhas vidas cotiásde calquera cidadá ou cidadán, cos pro-blemas e vicisitudes da vida cotiá de cal-quera. Exemplos varios poderíamos es-coller, desde despidos nulos, como o danosa Isabel por ter casado con Rosa, atesentenzas nada claras, homófobas, dunxurado popular absolvendo, cando me-dia a vida, cando é un paradoxo que sexa o mesmo pobo o que logo pida firmas para que se lexisle a cadea per-petua..., polo feito de amar de diferen-te xeito ao imposto pola normalidadeheterosexual.

Ata a Xustiza ten que se comportarde distinto xeito? Non é unha reivindi-cación máis o dereito a ser tratadas etratados pola mesma lei que xulga osdelitos das persoas ás que non se llescuestiona a súa sexualidade?

Profesionalmente tés que demos-trar a cotío que, á parte de ser lesbia-na, es unha profesional, es cidadá, esnai, es compañeira... Veste vixiada e atúa identidade social desaparece ante a túa identidade sexual, ser lesbiana, ásveces, perdes até o nome...! Canta im-portancia se lle da a algo que deberíaser íntimo e persoal…

Probablemente a falta de costumeda visibilidade faga estes escarnios quedebemos evitar, porque producen ungrande sufrimento, moitas dúbidas eperda de confianza e autoestima. Senánimo de comparar, non é estraño quemulleres coma Margaret Mead, ocul-taran, ou polo menos non expresaranclaramente a súa homosexualidade, bi-sexualidade ou fluidez sexual, como haipouco me dixeron que lle chaman ago-ra, por medo a que os seus importan-

tes estudos tiveran menos rigor ou nin-gún polo feito de selo...

É verdade que as nosas mozas e mo-zos viven con maior liberdade e, sobretodo, con máis naturalidade o sexo, perotamén o é que as escolas e institutos te-ñen a moitas e moitos de nós agocha-dos, ninguneados, ridiculizados, ocultase ocultos, no mellor dos casos; aíndaqueda moito por facer, por traballar acotío, por normativizar sen por iso caerna vitimización nin no pesimismo, perosempre pensando que a realidade estáarredor de nós, vivamos coma vivamosa nosa.

Cando eu casei coa miña muller, enoutubro de 2005, non en 1901, cunhalei que nos amparaba, tivemos que so-portar o desprezo e a mala intenciónpor parte dalgún medio de comunica-ción, polo feito de non querer ser foto-grafadas nese preciso momento, por-que a nosa vida non é bandeira de nada,a pesares de sentirnos moi orgullosasde poder casar na legalidade e poder reivindicar a Elisa e Marcela, ás Elisas e Marcelas que tiveron e teñen que su-frir a discriminación e o rexeitamentodunha sociedade que non é que non oacepte, que sería respectable, é que nono respecta… Tamén, o desprezo dal-gunha persoa que nos dicía que a xenteprogresista non casaba.

As frases vertidas nese periódico lo-cal, por chamarlle algo, fixeron moitodano, pois entre outras lindezas falabande nós coma dúas descastadas que ca-saramos «sen familia», cando as fillas,as tres, estaban e ben orgullosas, as so-briñas, os irmáns, todas esas persoasque tanto nos quixeron e queren e tan-to nos axudaron a sobrevivir a unha decisión que, non vou comparala co su-frimento das nosas protagonistas, pe-

50

ro na nosa medida e no noso séculocunha lei na man, polo menos produ-ciu situacións kafkianas.

O mal gusto e o mal estilo periodís-tico cebouse de novo, coma se estivé-semos no ano 1901 coa voda legal e na-da oculta de dúas mulleres, polo feitode non lle querer dar a publicidade mor-bosa que o medio precisaba…

Unha mágoa que todo, que o amor,se reduza a ter que ser un espectáculomediático… Supoño que Elisa e Mar-cela tiveron que sentirse moi mal, por-que nós con todas as diferenzas, taménnos sentimos mal, cuestionadas, vili-pendiadas e malinterpretadas.

Grazas a que nos queremos e a quetemos, mal que lle pese a quen lle pese,unha familia de verdade, transgresora e atípica, pero chea do único que aosseres humanos nos fai crecer, de amor.

Elisa e Marcela son un canto ao amorhumano, neste caso ao amor entre mu-lleres. �

Unha mágoa que todo, que o amor, se reduza a ter que ser un espectáculo mediático… Supoño que Elisa e Marcela

tiveron que sentirse moi mal, porque nós con todas as diferenzas, tamén nos sentimos mal, cuestionadas,

vilipendiadas…

Exeria foi unha muller, crese que nacida na Gallaecia, pio-neira para o seu tempo, xa que escribiu un libro da viaxe quefixo no século IV ao Oriente Próximo. Na súa honra púxo-selle o nome a unha innovadora ferramenta informática crea-da polas empresas galegas Tagen Ata e Imaxin.

A aplicación analiza os textos e ofrece alternativas paraun uso non sexista da linguaxe. Detecta os termos que po-den considerarse discriminatorios e propón diferentes so-lucións, ofrecendo varios termos para realizar a escollamáis axeitada ao texto, de forma semellante ao funcio-namento das ferramentas de corrección ortográfica ougramatical. Dentro do proxecto Exeria existe taménun buscador de termos en rede que pode resolver asdúbidas máis habituais.

O seu obxectivo inicial é servir de ferramenta deaxuda ás persoas que traballan no eido da Admi-nistración, para conseguir que os textos adminis-trativos empreguen unha linguaxe de carácter in-clusivo; se ben, a súa vocación é de xeralidade.

A selección de termos (tras a análise de maisde 129 millóns de palabras) está baseada nunuso actual da lingua apoiándose na análise dediferentes textos da Administración.

Fronte a outras ferramentas semellantesxa existentes no Estado español (Themis, T-incluye,

La lupa violeta...), Exeria destaca por ser de código aberto,polo que pode integrarse no paquete ofimático de softwarelibre openoffice.

Na páxina web www.exeria.net podemos atopar toda ainformación sobre esta innovadora ferramenta informáti -ca, facer a súa descarga para diferentes sistemas operativos easí mesmo facer comentos e suxestións para a súa mellora e ampliación. �

Exeriacorrector de linguaxe sexista en software libre

� ESTRELA VILAVERDE

51

52

Quizais, a historia de María é parecida a tantas outras quetiveron lugar en Galicia a comezos do século XX. Nacida o16 de agosto de 1926, se cadra, esta non sexa a data precisa,xa que na súa partida de nacemento consta o 23 dese mes-mo mes; e só a memoria de D. Prudencio, cura da parro-quia de Valladares, foi quen de darlle unha data de nace-mento, quizais (im)precisa.

María Dores era a pequena de tres irmáns e, xa desde moinova, non tivo máis remedio que poñerse a traballar. Consó 8 anos tivo que deixar unha escola que, lonxe de apor-tarlle coñecementos, era máis ben un pequeno taller de cos-tura, onde as nenas dedicaban gran parte do tempo a tecercalcetíns para os soldados. Esta falta de estudos, provocouque María non tivese máis remedio que ir traballar como

empregada de fogar interna. O traballo conseguiullo a súatía Aurita na casa dos seus veciños Leonor e Guillermo, unmatrimonio de idade avanzada que non tiña fillos. Con elestraballaría e viviría ata que cumpriu os 12 anos, xa que a súanai, viúva e enferma, non tiña diñeiro para manter aos seusfillos. Este matrimonio encargábase de darlle acubillo, ali-mentación e 30 pesetas mensuais a cambio do traballo quedesempeñaba na casa e na tenda de ultramarinos que re-xentaba. Malia o que se poida pensar, non son bos os recor-dos que María ten destes patróns que abusaban dela candonon era máis ca unha nena:

� PATRICIA E ANGÉLICA COMESAñA*

, unha vida servindo aos patróns

María

* Patricia e Angélica son netas de María Dores.

Con 9 anos ía cargada con 25 quilos de patacas que logo os meusxefes vendían no ultramarinos; pola noite, ás 12, obrigábanme a fregar aqueles chans de madeira. A miña xefa facíame apagar aluz para que a miña tía e o resto de veciños non me visen tan tar-de fregando…

Estivo varios anos traballando para este matrimonio ataque ambos morreron, e uns sobriños destes levárona comointerna a traballar para a súa casa. Era unha parella nova, deapenas trinta anos, Felisa e Pepe, que tiñan tres fillos pe-quenos, e que acolleron a María como un membro máis dafamilia. Destes patróns, a nosa avoa só ten palabras de aga-rimo e agradecemento:

Os primeiros xefes abusaban de min, pero, os segundos, Felisae Pepe, queríanme como a unha filla e eu a eles coma se fosen osmeus pais. Eu vivía con eles, vestíanme, educábanme e comía nasúa mesa como un máis da familia […] aínda que tivesen invita-dos! De feito, non usaba traxe de criada, nin cofia, porque non que-ría poñelo, non me gustaba, e eles non me obrigaban.

As tarefas na casa eran pesadas, María tiña que fregar, pa-sar o ferro, facer as camas, cociñar, ir aos recados e coidaraos nenos mentres os seus xefes traballaban na tenda de ma-terial de construción que rexentaban. A casa dos patróns eragrande e laboriosa, e toda a faena do fogar tiña que quedarlista antes de ir deitarse, xa que a ama era moi esixente cotraballo da casa:

Non me deixaban que quedase nada sen recoller. Tiña que quedar todo no seu sitio […] a cociña de ferro, a táboa de cortar opeixe, os cubertos de ferro e os pratos tiñan que quedar limpos co-mo a prata! A cociña tiña que fregala con Pedramol e a roupa la -vá base a man e de xeonllos na bañeira ou no pío, onde poñiamosunha táboa para poder fretar. Recordo que usabamos xabón de La-garto e unhas barras portuguesas.

Como moitas das empregadas da época, María ao vivirna casa dos patróns non tiña horario laboral:

Sempre que facía falta tiña que traballar, fose a hora que fose,porque vivía con eles. Só de cando en vez tiña algún domingo po-la tarde para saír pasear. Daquela non era coma agora, pois antesde marchar tiña que deixar todo limpo, se non, non podía saír. Aocumprir os 18 anos deixábanme ir ao cine ou a bailar o domingopola tarde, pero tiña que estar antes das nove e media na casa. Aama da casa sempre me advertía que tivese moito sentidiño, por-que se chegaba a casa con «algo» (embarazada), botaríanme maliaquererme moito.

María Dores traballou en casa de Felisa e Pepe moitosanos, toda a súa xuventude, ata os 24 anos,

Si, eles sempre se portaron moi ben comigo, e eu tamén coneles, nunca lles faltei ao respecto! Cando marchaban deixábanmediñeiro por se o necesitaba, pero eu nunca lles toquei nada, por-que era moi honrada, por iso queríanme moito e estiven traba-llando con eles tanto tempo, ata que casei!

Á idade de 24 anos María Dores casou e na súa voda es-tiveron Felisa e Pepe:

Si, e regaláronme unha parte do enxoval, xa que cando mecasei non tiña nin unha cadela! […], porque as 75 pesetas quegañaba dáballas íntegras á miña nai, que estaba moi doente. Poriso non puiden aforrar nadiña. Non me dá vergonza dicilo […], ninsequera tiven diñeiro para comprar un vestido de noiva e levei untraxe de vestir o día que casei!

Logo de casar, a vida de María cambiou, o seu marido xanon lle permitiu traballar máis fóra de casa:

Pasei de servir nunha familia allea que quería como propia […],porque Felisa e Pepe eran como uns pais para min e eu era tan naiou máis ca ela para os seus fillos!, a dedicarme a coidar aos novemarabillosos fillos que tiven, a unha irmá doente, toda unha vidachea de tristezas, pero tamén de pequenas e moitas alegrías! �

53

LEMBRANZAS dunha época

Unhas das manifestacións máis evi-dentes da globalización económica eda reestruturación empresarial a ela vinculada, é a do sometemento dos/as traballadores/as a condicións de in-fraemprego e, en ocasións, de cuasi-escravitude.

Tal situación pode observarse en di-ferentes sectores e afecta a todos os tra-balladores, se ben no caso das empre-sas encargadas da confección de roupae de calzado (sobre todo deportivo) aman de obra é, na súa inmensa maio-ría, feminina.

Prestando atención a esta xeralizadavulneración dos dereitos laborais dos/asempregados/as no sector téxtil, na Eu-ropa dos anos noventa do século pa-sado creouse o movemento da Cam-paña de Roupa Limpa (CRL), que tencomo obxectivo fundamental o de ser-vir de instrumento de concienciaciónda opinión pública sobre esta realidade.

No ano 2001 celebrouse un encon-tro internacional da CRL en Barcelona,no que se puxo de manifesto que, a pe-sar de que era evidente a importanciacuantitativa das mulleres neste sector

da produción, non se realizara aíndaunha análise de xénero que abranguesetanto o estudo da súa situación laboralcomo dos seus dereitos. Froito desta re-flexión é este libro publicado por vezprimeira en castelán no ano 2008.

A obra xira ao redor do tratamentode varios temas centrais como son o dasituación da muller migrante, a pro-blemática da saúde da muller traballa-dora, os novos patróns de traballo quese impoñen ás empregadas e a alterna-tiva da creación de códigos de condutapara empresas dende unha perspectivade xénero.

Migración e muller

Unha parte importante da man deobra que traballa na confección a nivelmundial está afectada polo fenómenodo traslado do lugar de residencia pormotivos laborais, xa sexa mediante oabandono do agro e o éxodo ás cidadesdentro dos seus países, xa sexa medianteo traslado a outros estados.

Esta situación afecta de modo evi-dente ás condicións de traballo e de vidados/as empregados/as dado que a man

de obra estranxeira debe enfrontarse adificultades importantes polo descoñe-cemento do idioma ou da cultura , polodesarraigo derivado do abandono da te-rra, os amigos e os familiares e, no eidolaboral, a súa, en moitos casos, baixacualificación e necesidade de obter in-gresos para alimentar ás súas familiasnos lugares de orixe implica a acepta-ción de condicións de traballo indignas,con amplísimas xornadas laborais, es-casas posibilidades de mellora no seuposto e salarios exiguos.

En relación ás mulleres migrantesque prestan os seus servizos no sectortéxtil, a situación vese agravada dadoque se trata dun tipo de man de obraespecialmente atractiva, ao percibirunha remuneración aínda menor cóshomes. Asemade, moitas de elas posúenpersoas ao seu cargo, o que supón quetenden a aceptar condicións de traballomáis flexíbeis para o empregador. Poroutra banda, cómpre ter en conta queas mulleres están sometidas ás conse-cuencias negativas dos prexuízos dassúas propias culturas, nas que, con in-dependencia da situación de necesidade,

DALILA DOPAZO�

Fabricado por mulleres

VV. AA. Fabricado por mujeres: Género, la industria de la confecciónglobal y el movimiento por los derechosde las trabajadoras, Bilbo, Editorial Campaña Ropa Limpia-Icaria, 2008, 128 páxinas

Libros

54

Saúde e muller

As condicións de salubridade das fá-bricas de confección son, en moitos ca-sos, moi deficientes, polas extenuan -tes xornadas de traballo, a escasa luz eventilación, o uso de produtos tóxicose a mala organización dos postos de traballo.

No caso das mulleres, esta situaciónagrávase por diferentes factores:

a) Os salarios máis baixos que perci-ben, o que as sitúa nunha posiciónde maior pobreza que ós seus com-pañeiros

b) A falta de ergonomía (adaptacióndas tarefas do posto de traballo aocorpo do traballador/a)

non está ben visto o traballo femininoasalariado fóra da comunidade e sen aprotección masculina, ao tempo que sesegue entendendo que a actividade la-boral á marxe da casa non é unha fun-ción propia da muller e que esa perma-nencia fóra do fogar non é algo natural.

Na obra propóñense diversas liñasde actuación coas mulleres que sofrenesta situación, cos obxectivos de que segaranta unha ampliación da protecciónlegal e social a todos os/as traballado-res/as migrantes, con independenciada súa situación regular ou irregular nopaís receptor, incentivar a conciencia-ción sobre este problema en todos ospaíses implicados (os produtores, os quecomercializan os produtos, os países deorixe dos/as inmigrantes e aqueles nosque se asentan as multinacionais) e, fi-nalmente, definir estratexias conxuntassobre os procesos de migración dendeunha perspectiva de xénero, coa finali-dade de atender ás necesidades especí-ficas das traballadoras migrantes. Todoisto supón tamén unha maior flexibi -lización das estruturas dos sindicatostradicionais.

c) A inexistencia de previsión sobrecuestións de saúde propiamente fe-mininas (garantías de hixiene durantea menstruación, adaptación do pos-to de traballo á situación de preñez...)

d) Control por parte do emprega-dor sobre a sexualidade e a saúde re-produtiva da muller, xa que o em-barazo e as cargas familiares afectande forma preferente á traballadorae, dende a empresa, considéransecomo obstáculos ao avance da pro-dución

Xunto coas condicións propiamen-te laborais, a muller traballadora nestesector vese sometida a grados maioresde acoso laboral e violencia (sexual ou

55

non) que o home, coa pretensión porparte do empregador de garantir o seusometemento a esas condicións de tra-ballo, ao tempo que a muller debe asu-mir tamén as obrigas derivadas da aten-ción á familia e ao fogar, o que supónxornadas de traballo (na fábrica e nacasa) non sempre sinxelas de conciliar.

Patróns de traballo e muller

As traballadoras da economía informal(terminoloxía introducida nos anos se-senta para diferenciar o traballo asala-riado do realizado como autónomo)afecta en maior medida á muller, enmoitos casos porque se entende que re-sulta lesivo contratala (mulleres casa-das, embarazadas, con fillos) ou por quese considera (incluso por parte da mes-ma muller) que o traballo remuneradoé algo menos importante que o autén-tico traballo feminino (o reprodutivo).

No ámbito da confección, estes pa-tróns de traballo son moi diversos, abar-cando supostos como os do traballosubcontratado a pequenos talleres outraballadores a domicilio, traballadorescontratados para actividades a curtoprazo, pero empregados por un axen-te ou outra empresa distinta á que xes-tiona a fábrica principal, supostos nosque unha nova empresa se establece

nunha fábrica xa existente e contrata atraballadores en iguais ou distintas con-dicións de traballo cos outros.

A característica común a todos os ca-sos do traballo informal é a da menorprotección do/a traballador/a (ás ve-ces sen contrato) que asume unha acti-vidade pouco remunerada e sen res-pecto algún aos seus dereitos laborais.

É indispensábel, xa que logo, quedende a actividade sindical e de dife-rentes grupos e entidades interesadasno traballo coas mulleres se force aosgobernos e ás empresas para a acabarcon este tipo de prácticas, incremen-tando o recoñecemento e protecciónsocial e legal da traballadora, fomen-tando a organización, a formación e aeducación.

Os códigos de conduta empresarial e muller

Nos últimos anos, estanse a elabo-rar códigos de conduta por parte dasempresas do sector téxtil que supoñenunha plasmación por escrito dos com-promisos empresariais coa mellora nascondicións de traballo. O problema éque tales códigos están pensados paraos traballadores empregados a tempocompleto. Cómpre, polo tanto, com-pletar estes códigos dende unha pers-

pectiva de xénero atendendo ao feitode que na maior parte dos casos os em-pregados son mulleres (e tamén a quehomes e mulleres moitas veces tam-pouco traballan a tempo completo).

A elaboración deses códigos obrigaa realizar un estudo sobre as condiciónsde traballo das mulleres en todos oschanzos da elaboración do produto (aprodución, a distribución...) e sobre ainfluencia que ten o xénero na activi-dade produtiva propiamente dita e nacombinación desa actividade coa fami-liar e persoal da muller.

Esta é unha obra coral na que se re-collen os testemuños de 17 mulleresempregadas, investigadoras, activistas,consumidoras e sindicalistas que loitandende o seu ámbito pola mellora dascondicións laborais das mulleres. Nonse trata tanto dunha publicación dirixi-da ás mulleres traballadoras como máisben a todos aqueles grupos de persoas(sindicatos, ONG, empresas...) que de-sexan ter un instrumento para abordaros cambios nas prácticas laborais exis-tentes, achegándolles canles posíbeis de actuación, técnicas de organizacióne recursos cos que abordar esta pro-blemática. �

56

57

Ao longo dos últimos anos acudi -mos a unha eclosión de produción entorno a temática do xénero. Diferentescampos, como a socioloxía, a historia,a arte ou os medios de comunicaciónde masas, centran gran parte do seu tra-ballo no desenvolvemento de estu-dos e análises neste terreo, amosandoo grande abano de posibilidades, a di-versidade de estratexias para afrontar oseu estudo e o seu carácter multidisci-plinar. A estas alturas, pódese afirmarque a perspectiva do xénero é un dosterreos onde converxen un maior nú-mero de disciplinas e, polo tanto, undos campos con maior volume de pro-dución científica.

Un claro exemplo de todo isto ofré-ceo a Revista Semata, dirixida por Jus-to Beramendi, Premio Nacional de En-saio, publicada en novembro de 2008;no seu último número, céntrase nos es-tudos de xénero. O obxectivo desta pu-blicación é analizar o punto no que ainvestigación en xénero se atopa nestesmomentos, o punto de partida dos di-ferentes estudos e as diferentes vías quelle quedan por afondar a este tipo deanálises. A variedade de propostas, asícomo as orixes dos autores, que pro-veñen de diferentes áreas das Humani-dades e das Ciencias Sociais, fan que a

ISABEL MARTíNEZ*�

Semata: Un punto de encontro para os estudos de xénero

Revistas

* Profesora de Comunicación Audiovi-sual da Universidade de Vigo.

revista non se centre nunha única dis-ciplina ou punto de vista, se non que,pola contra, amosa o carácter hetero-xéneo deste ámbito de estudo.

A revista, que xa vai polo número20, leva como título En femenino: Vo-ces, miradas, territorios e está coordina-da polas profesoras catedráticas da USC:Montserrat Vilariño Pérez, Ofelia ReyCastelao e Rocío Sánchez Ameijeiras.Dividida en tres seccións claramentediferenciadas como son a xeografía, ahistoria e a historia da arte, Semata re-compila dezanove artigos que teñen co-ma nexo común: a novidade e a orixi-nalidade dos temas expostos. Tal e comosucede no artigo de Mireia Baylina, An-na Ortiz e María Prats «Construyendopuentes teóricos entre geografías: Gé-nero e infancia», onde dous conceptoscomo a xeografía e a infancia entrecrú-zanse para abrir un novo enfoque deinvestigación, ou no de Francisco Ja-vier Pérez Rojas «Vividoras y señori-tas. Romero de Torres y Picasso en elburdel de la polémica y la vanguardia»,traballo que analiza como a prostitu-ción traspasa o terreo social para pasara formar parte da temática artística.

tura, o cine ou os medios de comuni-cación de masas.

Outra corrente que pode atoparseen Semata é o estudo de personaxes his-tóricas, como é o caso de Violante deAndrade, que serve de exemplo paraanalizar o papel que xogaron as mulle-res nobres na perpetuación das liñaxesnobiliarias galegas a comezos da IdadeModerna ou o caso de Käthte Kollwitz,que analiza Manuel Núñez no seu tra-ballo «La mujer-artista y sus circuns-tancias: Käthte Kollwitz», o cal desve-la a personalidade dunha artista moipouco recoñecida que soubo com-prender a arte coma un compromisosocial e como unha ferramenta para de-nunciar os horrores das confrontaciónsbélicas.

Por último, a revista non se esque-ce da perspectiva social, e da actuali-dade neste terreo. «Inmigración feme-nina en España y relaciones de género»de Concepción Domingo é un estudoque nos achega a realidade a través de

58

Outro exemplo do carácter multi-disciplinar e a variedade de perspecti-vas que se poden atopar na revista poderelacionarse cos distintos períodos detempo estudados, xa que o marco his-tórico dos distintos artigos é moi am-plo; pódense atopar artigos que fan re-ferencia á Idade Media, como é o casode «De la cabeza al corazón: Cuerposfemeninos, arte contemporáneo e his-toria de la cultura medieval» de RocíoSánchez, ata a actualidade, cos traballosde Anna Amorós en torno á imaxe damuller nos medios de comunicación demasas e, máis concretamente, na pu-blicidade, un dos estandartes da culturade consumo na que estamos inmersos,ou José María Folgar e Rita Martín queanalizan os diferentes roles que adop-tan as mulleres no cine de Icíar Bollaín.Tres artigos que, a pesar de tratar dife-rentes épocas, no fondo teñen unhamesma temática: a representación damuller en diferentes soportes mediáti-cos tales como son a pintura, a escul-

datos estatísticos, demográficos e la-borais, coa finalidade de poder realizarunha análise crítica da situación que vi-ven as mulleres inmigrantes en Espa-ña, tema que, en numerosas ocasións,é tratado polos medios de comunica-ción dun xeito superficial. A través dasentrevistas en profundidade, podemoscoñecer, a realidade segundo as propiasprotagonistas. Outro tema actual e pró-ximo é o referente ao envellecementoen Galicia, Julio Hernández Borge, noseu artigo «La feminización de la vejezen Galicia», analiza unha problemáticamoi nosa, como é o despoboamento eo avellentamento, así como a súa re-percusión no terreo feminino. A pers-pectiva de xénero para realizar esta aná-lise é moi interesante, xa que axuda aentender as causas, así como as conse-cuencias deste feito, que, tal e comoapunta o autor, ten consecuencias co-mo, por exemplo, nas pensións de xu-bilacións, o que contribúe á feminiza-ción da pobreza. �

PU

BL

ICID

AD

E

Nome ..................................................................................... Apelidos .................................................................................

Enderezo................................................................................ Localidade ..............................................................................

............................................................................................... Código Postal .........................................................................

Desexo subscribirme á Revista Andaina a partir do nº ........

Prezo: Tarifa normal 15 € ano Tarifa de apoio 16 € ano

Envío talón. Pago en efectivo Data .......................................................................................

Transferencia bancária á cta. de Andaina Bco/Caixa...............................................................................(Caixa Galicia CCC: 2091-0377-74-3040003301)

Domiciliación bancaria (cubrir os datos adxuntos e Oficina ...................................................................................

enviar a: Revista Andaina, apdo. 1058 de Santiago) Localidade .............................................................................

Agradecerei-lles que a partir desta data atendan con cargo a miña conta Nº CCC:

Entidade................................................................................. Oficina ....................................................................................

Dc........................................................................................... Nº de conta ............................................................................

Os recibos presentados pola revista Andaina.

Atentamente:

Nome ..................................................................................... Apelidos .................................................................................

Sinatura do/a titular da conta:

............................................................................................... PODES ATOPAR O BOLETÍN EN www.andainamulleres.org

BOLETÍN DE SUBSCRICIÓN

PU

BL

ICID

AD

E

Servicio de Asesoramento das Mulleres� CONCELLERÍA DA MULLER �

Para a atención específica

dos problemas que afectan ás

mulleres o Concello de Santiago

pon a súa disposición o Servicio

de Asesoramento das Mulleres

Para asesorarte nas túas dúbidas

e buscar unha solución ós teus

problemas familiares, laborais,

xurídicos e sociais.

Estamos a túa disposición na Prazada Constitución s/n.

� Horario de atención ó público

Tódolos días de 10 a 14 h.

Teléfono: 981 57 14 61 Concellería da Muller

A CoruñaLibrería CouceiroPraza do Libro, 12

Librería XiadaAvd. de Fisterra, 76-78

Librería LumeRúa Fernando Macias

PontevedraLibrería MichelenaRúa Michelena, 22

Librería PazPeregrina, 29

SantiagoLibrería Couceiro. Rúa do Hórreo, 9

Librería PedreiraRúa do Home Santo, 55

Baba. Área Central

Ártico. Rúa do Vilar, 49

LugoLibrería TramaAvd. da Coruña, 21 (galerías)

OurenseLivraria Torga. Rúa da Paz, 12

PUNTOS DE VENDA

De seguro moitas lembrades a conmoción e a dorprovocadas hai agora cinco anos, polo inesperado pa-samento desta singular muller galega. A versátil Luí -sa Villalta falecía moi nova, con apenas 46 anos, naCoruña, a cidade que a vira nacer e á que sempre es-tivera fonda e intimamente vencellada. Precisamentea esta localidade dedicou os poemarios En concreto(2004) e O Papagaio (2006), aparecidos postumamente.

Apaixonada violinista e profesora deste instrumento,non soubo, ou non quixo, separar dúas das súas gran-des paixóns: a música e o verso. Música reservada, apa-recido en 1991, sería precisamente o título escollidopara o seu primeiro libro de poemas, nas súas páxi-nas evidénciase unha fonda preocupación polo ritmoe a musicalidad, ao tempo que camiñan de mans da-das as formas métricas clásicas e as máis anovadorasestruturas poéticas.Catro anos despois deu ao prelo Ruído e Rota ao inte-rior do ollo, cos que consolidaba un comprometido econstante labor. Tras anos de traballo, no 2004, re-collía o premio Espiral Maior por En concreto, o xu-rado considerou naquela ocasión que o volumereflectía «un pensamento poético maduro e un equi-librio estilístico entre o conceptual e o visionario».Pese a ser voz fundamentalmente lírica, Villalta cul-tivou con acerto a narrativa, Teoría de xogos (1997) eAs chaves do tempo (2001), a dramaturxia, Concerto paraun home só (1989), O representante (1990), O paseo dasEsfinxes (1991) e As certezas de Ofelia (1999) e o ensaio.Colaborou activamente en revistas e publicacións es-pecializadas e formou parte durante algún tempo dadirectiva da Asociación Galega de Escritores. Foi ade-mais unha entusiasta participante en todo tipo de re-citais e actos de difusión da nosa poesía.Desde esta contraportada, as que facemos Andainacremos xusto lembrar a figura e a obra de quen sen lugar a dúbida foi unha clara representante da con-cepción global da arte.

Para saber máis:http://www.prazadasletras.org/letras/

autores/autor/136/luisa-villalta

GUIMARãES, Fernando Martinho: «Luísa Villalta e os descaminhos da poesia», en Actas das I Xornadas das

Letras Galegas en Lisboa, Xunta de Galicia, 1998.

Luísa Villalta