Revista escolar 2013 14 ceip escultor acunha
-
Upload
juan-rodriguez -
Category
Documents
-
view
224 -
download
3
description
Transcript of Revista escolar 2013 14 ceip escultor acunha
1
A VOZ DO
MARISCAL
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26
CURSO 2013/2014
Revista escolar nº 26
2
AXUDAS VISUAIS
Estamos rodeados de axudas visuais. Forman parte da nosa vida cotiá aínda que
non sempre sexamos conscientes. Axúdannos a obter información de distin-
ta índole, a situarnos, a comprender o que ocorre ao noso arredor e a que todo
funcione de maneira adecuada. Imaxinades as estradas sen elas? Sería un caos non?,
estaríamos desorientados, confusos, inseguros.
Algo así é o que lles ocorre ás persoas que teñen autismo. Necesitan que se lles
indique dunha maneira visual moitas cousas, así conseguen comprender mellor o mundo
que lles rodea. Os apoios visuais axúdanlles a saber que, como ou cando teñen que fa-
cer algo, así mesmo danlles moita tranquilidade porque con eles poden coñecer qué vai
ocorrer con anticipación.
Tamén no Colexio Escultor Acuña estamos a utilizar axudas visuais con pictogra-
mas, porque así todos o entendemos mellor e facemos que o noso cole sexa mais acce-
sible.
AXENDA DIARIA AULA
CALENDARIO PICTOS E LSE
ELEXIR
SEÑALIZACIÓN ESPAZOS
SEÑALIZACIÓN MATERIAL
HORARIO VIAXEIRO
SECUENCIA ACTIVIDADE AULA
EXPLICACIÓN SAÍDA ESCOLAR
RECADOS
3
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
ÍNDICE
Monstruosas receitas do Samaín..INFANTIL…………………………..………………………4
Taller de cociña ..INFANTIL……………………………………………….……………………...6
Os xogos das sortes..1ºA……………………………………………….………………………..12
Recitamos poemas e moito máis..1ºB………………………………………………………….15
Pequenos grandes artistas..2ºA……………………………………………………….…..…….17
Portfolio Europeo das Linguas..2ºB………………………………………..…………………...21
Autorretratos e os nosos contos..3ºA……………………………………………………….....23
Superheroes de lectura...3ºB……………………………………………….……………………26
Grazas avoa, grazas avó!..4ºA……………………………………………………………….…..29
Slogans publicitarios..4ºB……………………………………………………..…………………33
Cartas viaxeiras..5ºA……………………………………………………………..…………….….36
Lembrando o fantástico curso 13-14..5ºB…………………………………………………......37
Teatro: A lección de Ariadna..6ºA………………………………………………..………….…..39
As algas..6ºA…………………………………………………………………………..…………....42
Novidades deste curso..6ºB ………………………………………………………….………….47
Comemos san, medramos ben..6ºB ……………………………………………..…………....48
Club de lectura..6ºB……………………..………………………….……………………………...50
Heal the world..6º A/B……………………………………………………………………………..52
Convivimos coa lingua de signos………………………………………………….……….…..55
Ata logo compañeira!...........................................................................................................59
4
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
5
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
6
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
EN E.I. LEVAMOS A CABO UN TALLER
DE COCIÑA DURANTE TODO O CURSO.
CANTAS COUSAS FIXEMOS!!!
ENTRANTES, SOBREMESAS, PRATOS
PRICIPAIS….
QUE VOS APETECERÍA PROBAR?
SE NON O TEDES CLARO, ELIXIDE U N
DOS MENÚS QUEVOS PROPOÑEMOS
CON:
DOUS ENTRANTES
DOUS PRATOS PRINCIPAIS
DOUS POSTRES
IDE PENSANDO CAL VOS APETECE MÁIS.
TALLER DE COCIÑA
EDUCACIÓN INFANTL
7
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
4º de Infantil: queredes probar?
8
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
5º de Infantil: mirade qué
boa pinta
9
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
6º de Infantil: por se aínda quedades con fame...
10
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
11
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
SOBREME-
SA
12
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
OS XOGOS DAS SORTES
Este ano os nenos e nenas de 1º A fixemos un traballo de investigación so-bre “Xogos das sortes”. Estes eran os xogos que facían antes os rapaces para es-coller quen formaba parte de cada equipo e que equipo comezaba antes.
Consultamos libros que trataban dos Xogos Populares de Galicia escritos
por xente que sabe moito do tema e tamén miramos en Internet. Despois falamos
entre nós e escollemos os mellores, mellor dito, os que máis nos gustaron a nos.
Tamén os había nos que tiñan que contar. Velaquí uns cantos:
A Sorte dos pés: dous nenos
que fan de capitáns comezan a
andar un cara o outro pegando
os pes ó andar a vez que van
dicindo “prata” e “ouro” . Quen
o remate diga “Monta e cabe”
pode escoller primeiro.
Nun café rifaron un gato
tocaralle ó que lle toque,
tocaralle ó número catro
un, dous, tres e catro
Rei, rei,
¿cantos anos vivirei?
Vintecinco, non o sei,
un,dous,tres,catro,cinco,
seis.
Pelo,
gato,
vinte,
catro,
un,
dous,
tres,
catro
13
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
Algúns eran poesías que os capitáns Ían recitando mentres escollían ós
nenos de cada equipo.
Unha , dole, trele, candela
semana bagana, currimpín, currimpés
conta ben que son dez:
unha, duas, tres, catro, cinco, seis…
Papel de estraza,
cada un pra a súa casa,
papel de cartón ,
cada un pra o seu caixón.
RIA, RIA
chabarría,
trai tres sapos
na barriga:
un canta,
utro pía,
e outro di:
mala cria.
Unha vella moi revella
que de vella se casou,
con un vello moi revello
que de vello se morreu.
Periquito moño
metido nun saco,
sae para fóra,
cara de macaco.
14
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
Por último había algún destes xogos que se facía con materiais:
A sorte das Pedriñas na que se agochaba unha pedra nunha man e se sorteaba onde estaba cunha canción.
A sorte das palliñas que se empregaba para elixir ó capitán, o que sa-case a palliña máis longa gañaba e comezaba a escoller.
E ata aquí o noso traballo. Agora somos uns expertos en xogos de sorte e cando xogamos sempre empregamos algún deles. Esperamos que vos tamén.
Nenos e nenas de 1º A
Rabo de boi Rabo de besta Dixo meu pai Que estaba nesta
15
Recitamos poemas
para os nenos e
nenas de infantil
das clases de tres
anos B e cinco
anos B
Dimos charlas, recitamos
poemas e contamos contos ao
longo do curso .
Fixemos saídas: “Os
días dos dinosaurios”
no IFEVI, a obra de
teatro “Bon apetit” e
o Parque dos sentidos
en Marín.
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
16
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
Estudar neste colexio
É un grande privilexio
Os alumnos de infantil
Levan todos un mandil
Os alumnos de primeiro
Teñen goma e lapiceiro
Os alumnos de segundo
Son os mais trasnos do mundo
Os alumnos de terceiro
Colgan todo no percheiro
Os alumnos de cuarto
Queren navegar en barco
Os alumnos de quinto
Pérdense nun laberinto
E os alumnos de sexto
Vanse de viaxe nun cesto
PAREADOS Debuxados 1º B
Me llamo Lia
Y empiezo el día
Con alegría
Se divierte mucho Lucas
Poniéndose una peluca
Lo que más le gusta a Diego
Es comerse caramelos
Cuando al cole llega Carlota
Siempre juega con su pelota
Como yo me llamo Carmen
Me gusta mucho la carne
Al carnaval fue Yanira
Disfrazada de vampira
Cuando Ángela va a la escuela
Merienda pan con canela
Cuando tiene hambre Mara
Come sopa con cuchara
En un libro encontró Laura La historia de una centaura
La abuela de Jorge Villaverde Tiene un perro que a los niños malos
muerde.
En el parque está Xabela
De la mano de su abuela
Como me llamo Sidonia,
Como mucha macedonia.
Mi amiguito Santiago
Ha conocido a un gran mago.
Siempre está jugando Ana
Y a la pita siempre gana.
Cuando molesta la luz a Diana
Ella baja la persiana.
Cuando cantaba Gabriel
Todos cantaban con él.
Siempre nos invita Aroa
A comer queso y anchoas.
Cuando se enfadó Joel
Nadie juegaba con él.
Lo que le gusta a Lucía
Es leer poesía.
En su cumpleaños, Claudia,
Invitó a Jorge y a Laura.
Se fue de excursión Mauro
A ver a los dinosaurios.
Le gusta mucho a Anabel
Pintar cuadros con pincel.
Cuando vigilaba Brais
Nos dijo: no os movais.
PRoposta De Expresión
escrita
17
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
18
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
19
“ Pequenos grandes artistas”
Ao longo do curso, os alumnos e alumnas de 2º A descubrimos as obras de
importantes artistas.
Comezamos con Van Gogh e a súa famosa obra “A habitación de Van
Gogh en Arles”. Gustounos tanto o orixinal, que decidimos facer o noso, pero
un pouco máis grande e máis colorido. A verdade e que nos quedou moi ben,
va que si? Pero, quen queda co cadro?
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
20
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
O seguinte gran artista que coñecemos foi Andy Warhol. Como xa
quedou claro que nos encanta a cor e que cada un quería un cadro para
levar a casa, cando encontramos as súas serigrafías pensamos: Se esa
tal Marilyn ten un, porque non imos a ter nós o noso?
Se queredes coñecer estas obras e outras máis, quedades invitados
a pasar pola nosa pequena galería de arte na aula de 2ºA.
21
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
Neste curso os rapaces e rapazas de 2º B traballamos moito co Portfolio Europeo das Linguas. Tódolos venres na hora de ler nos parábamos a reflexionar o que aprenderamos nas diferentes linguas da escola: galego, castelá, inglés e lingua de signos. Ademais aprendimos a autoavaliarnos, a saber o que sabemos.
Traballando co Portfolio puidemos investigar as diferentes linguas que conviven nas nosas familias e aprendimos un pouquiño de portugués, euskera, valenciano, inglés, etc.
22
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
Tivemos a sorte de poder contarnos viaxes que fixemos a outros lugares de España e do mundo e intentamos lembrar e investigar sobre as linguas que se falaban neses lugares.
Por último fixemos un traballo sobre os contos populares do mundo. Investigamos xunto coas nosas familias sobre os contos populares e cada rapaz e rapaza trouxemos un conto a clase e fixemos unha lectura para nosos compañeiros e compañeiras.
23
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
OS NOSOS AUTORRETRATOS
3ºA
24
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
Dille un señor a outro:
-Onte chamoume a miña sogra.
-E que te chamou?
-¡De todo!
Ía un señor despistado, conducindo en sentido contrario
e lle di un policía:
-Non ve as frechas ou que?
-Non vexo aos indios, como para ver as frechas!
25
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
26
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
27
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
28
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
29
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
4ºA
30
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
31
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
32
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
33
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
34
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
35
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
36
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
37
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
13 – 14
Neste curso sabíamos que iamos tocar a mestra con fama de ser
a máis mala do colexio: Virxinia. Ela mesma o aclarou no seu
discurso de benvida.
No primeiro trimestre fixemos traballos individuais e fomos á
Fundación Novacaixa Galicia , e trouxémonos dous recordos que
aínda gardamos. E rematamos o trimestre co festival de Nadal.
No segundo trimestre comezamos co día da Paz. E máis tarde co
Entroido no que fomos disfrazados de froitas e bailamos “In the
Summertime”.
En marzo, xa coa calor, visitamos o Verbum cunha exposición da
Reconquista. E ao rematar, xogamos na praia!
Fai pouco fomos ó Liste. Xogamos no parque e xa entramos,
aprendimos moitísimo.
E xa a semana anterior á Semana Santa, apadriñamos a uns
nenos de tres aniños, eran monísimos!
Espero que este 3º trimestre, sexa igual de emocionante.
No entroido fomos de froitas, polo proxecto deste ano, pero …
cando vai poder cada un disfrazarnos do que queiramos?
Nós, como íamos de froitas, bailamos a versión para o “Just Dan-
ce 2014” de “In the Summertime”.
Só tivemos, dende o luns ata o venres, pero quedounos xenial.
Ismael 5º B
38
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
Na parte de atrás do museo Liste había un precioso recinto
que parecía sacado dun conto de fadas.
Na dereita, había un pequeno labirinto, que estaba feito de
arbustos.
Na esquerda, hai unha pequeno moi grande que dá moita
sombra para os días de calor.
Un pouco máis abaixo, víase un canastro feito de pedra, e
antigamente servía para gardar o millo.
Se seguimos baixando, hai unha morea de árbores, eu
contei máis de dez .Parece un bosque.
O recinto está moi limpo,e hai moitas papeleiras.
Ao final de todo o xardín hai un pequeno parque,
que ten moitas cores.
E aquí remata a descrición conto de fadas.
Xardín do museo Liste
-Vigo- 5ºB
39
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
(OBRA DE TEATRO)
A Lección de Ariadna.
ANFITRITE: Señoras e señores, eu son Anfitrite, filla de Poseidón, o deus do mar. Estamos nos
albores da civilización chamada Occidental. Os homes pasan moito tempo creando problemas.
As mulleres, outro tanto, tratando de solucionalos. Ah! Que non me cren? Vexan esta historia:
Velaquí os personaxes:
Ariadna e Teseo protagonistas tráxicos ou pode que cómicos
Exeo que nesta obra deixa sen nome ao mar de Grecia
Minotauro: encadeado ao seu corpo de home e cabeza de touro
Hermes: O meu compañeiro do Olimpo, o correo dos deuses, O cotilla, vamos!!! Axudarame a
narrar esta historia.
Hermes: Xa empezamos!!! A faltar e a querer deixarnos mal.
Hermes: (Coa trompeta) ”tutururututuuu”
Damas e cabaleiros a princesa Ariadna e o príncipe Teseo, ¡Derrotaron ao Minotauro! Parece im-
posible, pero é verdade! Derrotaron ao Minotauro!!!
Os dous namoradiños foron o Labirinto …
Ariadna: ¡Xa chegamos Teseo! Imos derrotar ao Minotauro.
Teseo: Sí cariño, pero … Creo que necesito un cambio de panos menores.
Ariadna: Bah!, só é un Minotauro. Toma átate un anaquiño de fío ao vana, e o resto dámo a min.
Minotauro: ¡Voute matar!
Teseo: ¡E eu a ti!
Hermes: (Coa trompeta)”tutururututuuu”
Damas e cabaleiros a princesa Ariadna e o príncipe Teseo, ¡Derrotaron ao Minotauro! Parece im-
posible, pero é verdade! Derrotaron ao Minotauro!!!
Os dous namoradiños foron o Labirinto …
Ariadna: ¡Xa chegamos Teseo! Imos derrotar ao Minotauro.
40
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
Ariadna: Bah!, só é un Minotauro. Toma átate un anaquiño de fío ao van, e o resto dámo a min.
Minotauro: ¡Voute matar!
Teseo: ¡E eu a ti!
ANFITRITE: despois dunha fragosa batalla, gañou Teseo.
Hermes: O espíritu apareceu o espírito do Minotauro.
Minotauro: Grazas por matarme. Quería saír de alí desde que me encerraron .
ANFITRITE: despois dunha fragosa batalla, gañou Teseo.
Hermes: O espíritu apareceu o espírito do Minotauro.
Minotauro: Grazas por matarme. Quería saír de alí desde que me encerraron .
Teseo: (Indo cara Ariadna) Mateino meu amor. (Pensando) Aínda que te vou a deixar aquí.
Ariadna: Ola, ¿estás ben? ¿Fíxoche dano?
Teseo: Non, tranquila, estou ben. Ímonos desta illa, aínda que antes necesitamos provisións para a
viaxe. Vainas buscar ti.
Ariadna: Vale aí vou. (Indo cara o bosque) Mirábame con cara de …” voute deixar aquí”, pensa que
son parva e equivócase así que, será el quen quede aquí.
Hermes: Foi o barco colleuno e marchou sen máis.
Anfitrite: Estalle moi ben a Teseo, porque ao fin e o cabo é guapo e forte, pero parvo e machista, tal e
como dixo Ariadna.
Mentres, na viaxe …
Ariadna: (Falando soa) Non sei se fixen ben en deixalo alí pero, meréceo así que o vou a maldicir
(maldicindo) sol, estrelas, lúa e nubes … lóstregos, treboada, vento e néboa, desexo maldicir ao prínci-
pe Teseo por ser … (Pensando) Moi malo: (néboa, lóstregos, treboada, moito vento)
Anfitrite: De repente aclarouse o ceo.
Cando Ariadna chegou a seu pobo esperábaa o rei Exeo, pai de Teseo.
Exeo: Benvida, princesa. ¿E o meu fillo?
Ariadna: Ola! … Mire as velas, están brancas!
Exeo: Si, si pero … Non o vexo!
41
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
Ariadna: Verá o seu fillo é … (Rapidamente) Un egoísta, parvo, machista, guapo e cagado.
Exeo: ¿Qué fixo esta vez?
Ariadna: Verá, intentou deixarme na illa, pero … ¿non se enfada comigo?
Exeo: Non, o meu fillo foi sempre así pero se morre non podería vivir sen el.
E cinco días despois, apareceu Teseo no mar “Sen nome”, encontrouno o Rei.
Exeo: Fillo, ¿non estabas na illa?
Teseo: (Tusindo) Si, pero … decidín vir nadando.
Así que foron ao pazo pai e fillo.
Exeo: Hai unha preciosa princesa que quere falar contigo.(Aparece Ariadna.)
Ariadna: Bos días Teseo, ¿quedaches contento coa maldición?
Teseo: Ja, ja como me río! Pois non, pero todo se arranxa con un bico, ¿non?
(Intentando bicala)
Ariadna: ¿Pois sabes qué? Que o mereces, pecha os ollos. (Colle un peixe cru e lle da un bico co peixe e
márchase correndo)
ANFITRITE:O mar Exeo, quedou sen nome porque o pai de Teseo, non se botou ao mar. E Teseo quedou
composto e sen noiva, por parvo e machista.
Hermes: E iso é o que pasou!
( esfúmase.)
Mara García Barreira.
6ºA. Colexio “Escultor Acuña, 2013-2014.
42
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
.“Fáiseme a boca auga”
AS ALGAS.
Este ano o proxecto documental de centro é a Alimentación.
Na nosa clase decidimos estudar e traballar sobre as algas, porque son un alimento moi bo, moi
san e moi rico. Ademais Galicia é un dos principais produtores de algas de toda Europa.
As algas, coma vexetais que son , están na pirámide dos alimentos a carón das froitas e das ver-
duras.
Utilízanse tamén coma conservantes naturais, emulsionantes, espesantes e xelificantes.
Algunhas persoas alérxicas a algúns alimentos utilizan as algas coma substitutos destes alimentos
polo seu gran valor nutritivo.
Tamén se utilizan en beleza, farmacia e medicina.
Son un produto galego de grande valor e nós quixemos coñecelas un pouquiño máis.
Quixemos publicar parte do noso traballo para que se estenda o seu coñecemento e aprecio
Velaquí un resume do noso traballo.
Galicia, o Reino das algas.
Introdución:
As algas na planeta Terra
A nosa planeta, apareceu hai uns 4.600 millóns de anos.
Tiveron que transcorrer 1.400 millóns de anos máis para a aparición dos primeiros organismos
fotosintéticos.
A fotosíntese permitiulles sintetizar materia orgánica, base da alimentación de todo ser vivo, a
partir de compostos inorgánicos, e aportou osíxeno permitindo os seguintes pasos da evolución.
Entre estes pioneiros áchanse as algas máis primitivas, cunha constitución unicelular precaria.
Son as coñecidas coa denominación de Cianofitas ou algas verde-azuladas.
Estas foron as primeiras. Fóronse complicando, perfeccionando, cambiando … ata chegar a pro-
ducir algas máis grandes: as macroalgas que son as que nós estudamos.
43
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
Que é unha alga?
As algas son organismos unicelulares ou pluricelulares pertencentes ao reino vexetal e que dependen
da auga para o seu desenvolvemento, polo que habitan na auga. No mar onde conseguen acadar unha
maior diversidade.
Estes vexetais mariños están menos evolucionados ca os vexetais terrestres.
Os individuos unicelulares constitúen o denominado fitoplancto que vive nas augas superficiais e com-
pón en boa medida, a base da cadea alimenticia mariña.
Mentres, as algas pluricelulares- algas visibles ó ollo humano- viven fixas ó substrato, preferentemen-
te rochoso, e presentan unha gran variabilidade morfolóxica, oscilando o seu tamaño dende uns pou-
cos cm ata os mais de 50 m da Macrocystis, un xénero do Pacífico.
As algas son seres vivos que se cultivan e se venden como alimento. Mediante a fotosíntese, as algas
como calquera outra planta, comen CO2 (dióxido de carbono) e expulsan O2 (osíxeno) o gas que respi-
ramos, e nos é necesario.Tamén serven para alimentar a animais mariños, porque sedimentan detri-
tus (restos de seres vivos orgánicos).
Como as usamos? As algas utilízanse para moitas cousas:
Usos farmacéuticos: utilízanse na medicina oriental por o seu poder xelificante, antioxidante e antitu-
moral.
Usos alimentarios: Na cociña oriental, sobre todo as algas pardas e tamén as algas vermellas. Agora
quérense introducir as algas na dieta europea. En Galicia hai xa empresas que as comercializan e em-
pézanse a utilizar.
Usos agropecuarios: utilízanse como fonte de abono nos cultivos porque estimulan o crecemento ve-
xetal e impide o crecemento das malas herbas; a produción de fariña de algas para a dieta do gando
polos minerais que conteñen.
Na restauración medioambiental.
As algas utilízanse na cosmética dende o século XX.
Usos médicos: Axudan a adelgazar saudablemente; axudan a ter sans o cabelo, as unllas, os ósos e
os dentes; son boas para as persoas que son alérxicas a carne ou o peixe. Tamén se utilizan para facer
biomateriais
44
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
Onde viven?
O HABITAT DAS ALGAS
As algas son habitantes de todos os ambientes , non solo en corpos de auga estables senón tamén en
aqueles expostos a desecamento: sobre todo rochas núas, fontes termais,(onde soportan altas tempe-
raturas), neves e glaciares. É común encontralas en lugares con pouca luz e a grande s profundidades.
Cando se forma un novo hábitat as primeiras especies que colonizan son as algas.
A intensidade e calidade de luz, o tipo de substrato e o grao de exposición a ondada son algún dos ele-
mentos que determinan a súa distribución na costa. Así, un medio rochoso é prioritario para a fixación,
mais esta colonización so terá lugar ata fonduras onde exista luz suficiente para o proceso fotosintético,
que nas costas galegas chega a profundidades de -20 a -30m.
Vanse distribuír seguindo o que en ecoloxía se denomina zonación.
No referente ao hidrodinamismo – acción exercida pola forza da auga en movemento-, a parte externa
das mesmas está formada por acantilados onde as olas rompen con forza. Considéranse zonas expos-
tas, e poucas son as algas que alí viven. Xa na Ría, adoitan estar expostas a acción dos ventos dominan-
tes, denominándose zonas semiexpostas.
Os seres vivos que habitan nestes ecosistemas teñen variados habitas e poden elixir o mellor para o
seu estilo de vida por exemplo os peixes que viven nas laminarias (chamados cientificamente epífitos
epi: sobre fito:planta).
FRAGAS SUBMARIÑAS Nas costas rochosas do litoral galego atópase doadamente unha paisaxe única constituída por unhas
algas que, superando os 2m de altura, chegan a formar verdadeiros bosques.
Os seres vivos que habitan nestes ecosistemas teñen onde elixir, entre os múltiples hábitats existentes.
Non faltan tampouco os peixes que con frecuencia axexan entre as Laminarias en procura de alimento.
Isto danos unha idea dos miles de individuos que podemos atopar nestes bosques. Entre eles, o depre-
dador das algas, o ourizo, sendo visto habitualmente zonas desprovistas de algas e cheas de ourizos,
situación que aproveita as algas calcarias para tapizar o substrato e formar un novo hábitat. A abundan-
cia de alimento nestes bosques permite aos depredadores comer pequenos peixes como lorchos e xu-
lias.
45
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
A NOSA COSTA, AS NOSAS ALGAS A costa pódese dividir en tres zonas:
A supralitoral , que so recibe as salpi-
caduras das ondas. A falta de humida-
de impide a colonización de algas
algas verdes
A mediolitoral ou intermareal, que atinxe en Galicia de tres a catro me-tros, está a merced das mareas, e é moi rica en algas verdes, encarnadas e pardas.
algas pardas
A infralitoral: sitúase por debaixo do
límite da baixamar, chegando ata on-
de a luz penetra coa suficiente intensi-
dade para que poida desenvolverse a
fotosíntese, e, por tanto, a maior pro-
fundidade a que poden aparecer al-
gas, que serán pardas ou encarnadas.
Algas encarnadas
46
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
QUEN AS DESTRÚE?
As algas son moi importantes para o bo funcionamento dos sistemas acuáticos pero a abundancia delas
pode ter efectos negativos, como por exemplo, as mareas vermellas (algas microscópicas). As macroal-
gas en abundancia son perigosos para os moluscos, o aporte de auga doce dos vertidos urbanos axuda
a proliferación destas especies que se multiplican a partir de fragmentos dos seus talos.
Tamén é un problema que se introduzan especies de outros sitios que traerían consigo seguramente
enfermidades é poderían desprazar as especies propias do lugar. Por exemplo a “Sargassum muticum”
que foi introducida pola ostra Xaponesa. Esta alga multiplícase moi rápido e interfire no desenvolve-
mento da flora Galega, e estraga aparellos de pesca.
A forma máis eficaz de erradicala son os métodos mecánicos.
Se queredes saber máis consultade a páxina WEB do colexio
Alumnado de 6º A.
Colexio “Escultor Acuña”
47
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
Novidades deste curso
A Lingua de Signos Española foi unha materia nova, que tivemos a sorte de aprender neste curso, aínda que xa en quinto tivemos algunhas clases no último trimestre. Nós, os nenos e nenas de 6ºB, estabamos moi implicados porque este ano veu para a nosa clase Mina, una nena unha nena xorda, e, grazas a lingua de signos, puidemos falar con ela. Esperamos con entusiasmo os venres , cando temos a clase de lingua de signos. A mes-tra Eva aprendeunos moito vocabulario sobre o material escolar, a descrición persoal, a familia, a roupa, verbos, frases, comidas, etc, … e varias cancións , dalgunhas gravamos vídeos e outras representámolas no festival de Nadal, no día da Paz ou nas Letras Galegas. Este ano celebrouse en Vigo o primeiro Festival da Canción en Lingua de Signos e, por todo o traballo realizado, convidaron ao centro a participar. Un grupo de nenas e nenos do colexio cantamos a canción “ Quérote máis”, que aprendemos para o día da Paz. Antes houbo un concurso para elixir o cartel anunciante de festival. Carla Castro, da miña clase, gañou o primeiro premio, e eu, o segundo . Na véspera visitou o colexio o grupo musical “El beso de Klimt”, creadores da canción “ Ven, Acércate” que fala dos problemas da xordeira, e Carmen Cañada, una muller xorda e cega que signou unha canción e participou no festival. Os mércores durante o recreo na aula de lingua de signos, un grupo de xente de 5º e 6º gravamos uns vídeos do vocabulario que damos na clase. Durante o segundo trimestre, dentro do proxecto Portfolio das linguas, na clase de lin-gua, recitamos e signamos un poema elixido por nós. En inglés imos facer un traballo sobre orientación, que tamén presentaremos en lingua de signos. Grazas Eva, mestra de lingua de Signos, e Carolina, intérprete, por todo o que aprende-mos con vós este ano.
Irene 6ºB
48
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
COMEMOS SAN, MEDRAMOS BEN
Ter unha boa alimentación consiste principalmente en tomar as cantida-
des axeitadas de cada alimento, procurando que sexan o máis variados posibles. Comer cada día verduras e froitas, non abusar dos doces e esquecernos da bo-laría industrial.
A mala alimentación é cando comemos soamente o que máis nos gusta, abusamos dos doces , da comida rápida ou precociñada e non tomamos os nu-trientes necesarios para o noso corpo. Se temos unha mala alimentación prexu-dicamos a nosa saúde.
Na nosa clase este curso traballamos no proxecto sobre alimentación. Ao longo do curso fixemos moitas actividades.
No primeiro trimestre empezamos polo almorzo. Despois de comentar o que almorzaba cada un e investigar a importancia desta primeira comida do día, na clase de informática, en parellas, fixemos uns carteis para animar aos nosos compañeiros a almorzar ben. Ademais, tivemos a sorte de que nos invitaron a participar nun obradoiro de almorzos saudables organizado polo Concello na AAVV de Valadares. Alí, primeiro aprendemos a facer espetos (brochetas) e dife-rentes figuras con froitas e a continuación comemos de todo o que máis che po-de apetecer para almorzar: froita, zumes, chocolate, doces, emparedados, etc.
49
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
Construímos unha pirámide de alimentación para a entrada do colexio. Nela mostramos a frecuencia coa que debemos tomar os diferentes alimentos. Na parte baixa están os d consumo diario e no cume os que debemos evitar.
No mes de febreiro, visitamos o Alcampo para coñecer o almacenamento e a manipulación dos alimentos e recoller información sobre o produto, que tocara a cada equipo. Este foi o inicio do traballo, que continuamos tanto no colexio como na casa. Unha vez rematado, tivemos que expoñelo ao resto da clase. Os alimentos es-tudados foron o peixe, os lácteos, o arroz, as froitas e o azucre.
En resume, non resultou fácil porque ás veces os equipos non se entendían
moi ben, pero quedamos moi contentos co resultado final.
Jacobo e Carlos 6ºB
50
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
CLUB DE LECTURA
No curso pasado a nosa profesora, Aurora, suxeriunos facer un club de lectura. A
min encantoume a idea porque me gusta moitísimo ler e así tiña a posibilidade coñecer máis libros.
Ao principio apuntámonos doce nenas, pois os nenos da clase, aínda que a moi-tos lles gusta tamén ler, non querían perder un minuto do recreo. Este curso decidimos facelo soamente na hora de ler e uníronse catro nenos.
Reunímonos na Biblioteca os venres, cada quince días ou tres semanas segundo nos veña ben. Alí o que máis facemos é falar. Empezamos comentando os últimos libros que leramos cada un e que tipo de lecturas nos gustaban.
Despois a nosa profesora presentaba un libro para todos. Sempre nos insistía en que tiñamos que coidalo moito porque eran prestados doutras bibliotecas. Na seguinte reunión cada un comentaba o que lle chamara máis a atención. Para cada libro dedica-mos tres ou catro sesión para poder falar tamén do autor, do tema, lugar da historia, etc.
51
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
Aurora quería mostrarnos outros libros distintos aos que solemos ler e sempre iamos alternando un libro en galego e outro en castelán. O primeiro foi O Principiño, e tamén vimos un pouco da película.
Gustáronme todos os libros, lembro o de Lúa do Senegal de Agustín Fernán-dez Paz; trata sobre a emigración. Koedi, unha nena senegalesa vén a vivir a Vigo, ten que adaptarse a outro mundo novo e o único que se levou do Senegal foron a súas historias e a Lúa.
Outro libro que me gustou foi O carteiro de Bagdag de Marcos Calveiro que trata sobre a guerra e como viven as persoas nesa situación.
Eu recomendaría todos os libros : O principiño, Kafka y la muñeca viajera, Pin-tor do sombreiro de malvas, aínda que este resultounos un pouco complicado polo vocabulario.
En conclusión o club de lectura gustoume moito porque ademais de ler e des-cubrir outros autores que non coñecía, tiñamos un rato para falar de libros.
Nuria 6ºB
52
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
No segundo trimestre deste curso 2013/14, o alumnado de 6º traballamos na clase
de inglés una canción de Michael Jackson titulada “Heal the World”(Coidar o mun-
do)
A actividade foi deseñada par o Portfolio Europeo das Linguas que se leva a cabo
no noso cole.
Esta canción aprendémola en inglés e tamén en lingua de signos. Foi una experien-
cia interesante e moi divertida. Carolina, a intérprete de LSE axudounos a signar
correctamente cada una das estrofas.
Como remate da actividade, gravamos a canción e a súa interpretación en LSE coa
axuda de Eva, a nosa profe de LSE. Foi xenial. Para esa ocasión tivemos que vestir-
nos cunha camiseta branca, pantalón negro e luvas negras.
O vídeo quedounos fenomenal e a experiencia esperamos repetila no futuro. Todos
os nenos e nenas puxemos moita ilusión neste proxecto, desfrutando tanto da can-
ción como da interpretación
53
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
54
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
55
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
Este curso, grazas a ter coñecementos de lingua de signos,
puidemos ter momentos especiais de convivencia con toda a
comunidade educativa!!!
LA MARIMORENA: aprendemos esta panxoliña xunto coas mulleres dun
xeriátrico da cidade, gravamos un vídeo con elas e viñeron a cantar ao festival do
Nadal.
56
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
QUÉROTE MÁIS: para o Día da Paz alumnado, profesorado e persoal non
docente, aprendimos esta canción do grupo “O Sonoro Maxín” Primeiro a
traballamos na aula de lingua de signos e despois a cantamos todos xuntos no
patio..
Esta canción deunos moitas ledicias ao longo do curso
57
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
VISITA DE El BESO DE KLIMT: na aula de lingua de signos estivemos
traballando os diferentes tipos de xordeira e modos de comunicación das persoas
xordas a través do videoclip VEN, ACÉRCATE do grupo vasco EL BESO
DE KLIMT.
Puxémonos en contacto con eles para contarlles todo o que faciamos no cole en
canto á educación dos rapaces/as xordos/as e a lingua de signos. Encantoulles o
noso traballo e quixeron vir a coñecernos. O 11 de abril visitaron o centro e ao
rematar obsequiáronnos cun concerto para toda a comunidade educativa.
Tamén visitounos CARMEN CAÑADA unha rapaza xordocega de Xaén que
concursaba ao día seguinte no I FESTIVAL DA CANCIÓN EN LINGUA
DE SIGNOS
58
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
I FESTIVAL DA CANCIÓN EN LINGUA DE SIGNOS: este festival
celebrouse en Vigo o 12 de abril. Os organizadores invitaron aos rapaces e rapazas do
centro a participar como grupo invitado polo traballo que están realizando en canto á
lingua de signos. Apuntáronse un grupo de 20 rapazas e rapaces que estiveron
ensaiando varios días antes para que ese día saíra todo perfecto
E así foi, unha experiencia preciosa para tódolos que estivemos alí. Poder compartir
os nosos coñecementos en lingua de signos con tódalas persoas que ese día gozaron do
festival.
59
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
Descubrindo o Norte cubriu neste curso a súa
IV edición. Trátase dun proxecto interdisciplinar no
que o Deporte de
Orientación actúa
como eixe verte-
brador.
A posta en
práctica do traballo por proxectos é un indicador do nivel de
modernización dos sistemas educativos pois vén significar o
desenvolvemento dos distintos ámbitos do coñecemento
plasmados na consecución das Competencias Básicas en situacións reais da vida cotiá, co cal
conseguimos que o noso alumnado implíquese
máis e mellor no proceso de aprendizaxe xa que
ve nel unha finalidade clara e, sobretodo, posible.
A través do proxecto Descubrindo o Norte
(conectado á súa vez co proxecto “Comemos san,
Crecemos ben” e co “Porfolio das linguas”), o noso
alumnado do terceiro ciclo integra de xeito activo
os
contidos das distintas materias que compoñen o
currículo, o cal enche o ámbito formativo e cultu-
ral; desenvolve estratexias sociais, onde os con-
ceptos de empatía, integración, responsabilidade
e solidariedade fanse realidade, co cal a autoes-
tima vese notablemente reforzada facendo que o
noso alumnado móvase e camiñe polo mundo da
intelixencia emocional; finalmente, tamén traballa
todos os aspectos aspectos relacionados coa actividade física, onde o deporte, a alimentación e
o descanso conéctannos coa vida saudable.
60
CEIP ESCULTOR ACUÑA Nº 26 A VOZ DO MARISCAL
Despois do traballo no colexio, os días
23 de maio no Campus Universitario de
Vigo (CUVI), e 30 do mesmo mes na Sie-
rra do Galiñeiro, o noso alumnado do
Terceiro Ciclo de Primaria coas súas res-
pectivas familias e mestres compartimos
a experiencia cos compañeiros do CEIP
Carballal-Cabral.
No CUVI, o alumnado de 6º, a tra-
vés do proxecto BIOCAPS, viviu e experimentou a CIENCIA en primeira liña
(quen sabe se, ao mellor, espertamos algunha vocación); coñeceu a biodiversida-
de do Campus; finalmente, compartiu unha xornada deportiva practicando a orien-
tación con familias e mestres.
No Galiñeiro, nenas e
nenos do 5º curso, practica-
ron tamén o deporte de orien-
tación ademais de expoñer os
seus coñecementos e resulta-
dos dos seus traballos de in-
vestigación sobre os petrógli-
fos e os distintos tipos de mu-
íños que hai na zona.
A V Edición Descubrindo o Norte xa nos espera o vindeiro curso
61
Ata logo compañeira!
Igual que xa ocorreu en cursos anteriores, déixanos
unha profesora que leva moitos anos connosco, unha
compañeira que sempre estivo moi
achegada á comunidade educativa.
Mª José, desexámosche moita felicidade nesta nova etapa
da túa vida. Pola nosa parte botarémoste de menos.
Co noso agradecemento, ata pronto.
62
BOA SORTE!!!