Revista AMSGO! nº 3

24
A XOGADORA DA S.D. MILLADOIRO DEBUTA COA SUB -17 E PERFÍLASE COMO SEGUIDORA DA ESTELA DE VERO BOQUETE REVISTA GRATUÍTA MENSUAL / Abril 2015 / Nº 3 LÉVAME SON GRATIS ! NURIA, NA SELECCIÓN [REPORTAXE] Perfil dos candidatos de PP, PSOE e Iniciativa Cidadá Ames Novo [TENDENCIAS] Tempo de celebracións

description

Abril 2015

Transcript of Revista AMSGO! nº 3

Page 1: Revista AMSGO! nº 3

A XOGADORA DA S.D. MILLADOIRO DEBUTA COA SUB -17 E PERFÍLASE COMO SEGUIDORA DA ESTELA DE VERO BOQUETE

REVISTA GRATUÍTA MENSUAL / Abril 2015 / Nº 3

LÉVAME

SON GRATIS !

NURIA, NA SELECCIÓN

[REPORTAXE]Perfil dos candidatos de PP, PSOEe Iniciativa Cidadá Ames Novo

[TENDENCIAS]Tempo de celebracións

Page 2: Revista AMSGO! nº 3

2 Abril 2015

REPORTAXE

REVISTA DE ACTUALIDADE DE AMES Abril 2015 / Número 3

SUMARIOREPORTAXE 2

ESTÁ DE ACTUALIDADE 10

TENDENCIAS 14

CULTURA E LECER 16

DEPORTE 18

MOTOR 20

SINATURAS 21

COLABORAWEB 22

SERVIZOS 23

AMSGO!Revista de actualidade de Ames

Edita: LIBRE EXPRESIÓN DE MEDIOS DE GALICIA

Dirección: Carolina CarballedoComercial: Ana SeijasDiseño y maquetación: Juan Feáns

[email protected]éfono: 620 96 75 [email protected]éfono: 629 34 67 08f : revistaAMSGOt : @revistaAMSGO

Imprime: Galicia Editorial, S.L.Depósito legal: C 331-2015

Son xa varios os candidatos que deron un paso ao frente nas últimas semanas coa intención de gobernar Ames os vindeiros catro anos, nun momento no que o actual equipo de goberno viviu un novo sobresalto.

Porque tras a saída de Bernardo Moar -ao dar positivo nunha proba de alcoholemia nun control rutinario- e de Eugenia Martín -que aludiu a asuntos persoais- o alcalde, Santiago Amor, está a gobernar con tres concelleiros (dos once que conseguira nas urnas e dos que perdeu primeiro cinco tras a escisión en bloque de varios dos seus compañeiros, agora en Pacto x Ames).

REFORZOS, EN ABRILEste ‘goberno a tres’ é provisional e Amor estima que será a mediados do mes de abril cando o seu equipo traia reforzos con máis concelleiros da lista electoral coa que o PP concorrira ás urnas en 2011. O primeiro incorporarase tras o pleno de marzo e os outros dous o farán previsiblemente antes do día 15 para encarar esta recta final de mandato.

Amor foi rapidamente respaldado polo seu partido que lle trasladou publicamente “todo o apoio do

PP, PSOE, Iniciativa Cidadá Ames Novo, Pacto x Ames, BNG, UpyD, Ciudadanos e Contigo Podemos xa teñen os seus candidatos para as municipais. Presentan os seus proxectos nun final de lexislatura especialmente controvertido, no que as dúas novas baixas no equipo de Amor deixaron o goberno con tan só tres concelleiros. Os reforzos virán en abril Texto: C. C.P.

Obxectivo:24 de maio

partido” confirmando así a súa continuidade como candidato á alcaldía.

Esta dimisión de dous concelleiros do Partido Popular, para o BNG, deixou ao Concello nunha “grave situación de desgoberno absoluto e sen alternativas ata as eleccións municipais do 24 de maio”. Por iso, os nacionalistas cren que “actualmente tanto o alcalde, como o PP e os seus ex-compañeiros de Pacto por Ames están deslexitimados para ter a confianza dos veciños e veciñas de Ames, por moito que traten de vender “normalidade”, critican.

Pola súa parte, o voceiro dos que foran os seus compañeiros de

partido e agora militan en Pacto x Ames, Ramón Argibay asegurou tamén publicamente que todo o sucedido dalle a razón a el e ao resto de compañeiros cando marcharon do equipo de goberno e instou a Amor a que acelerase o proceso para a incorporación destes novos representantes.

Tamén opinan desta situación interna no goberno o propio alcalde, Santiago Amor, e os voceiros de PSOE, Xosé Miñones; e Ames Novo, Pilar Candocia neste mesmo número de AMSGO! na que é a primeira rolda de entrevistas que realizaremos aos candidatos á alcaldía de Ames antes das eleccións do 24 de maio.

Page 3: Revista AMSGO! nº 3

3Abril 2015

Case non chegamos a maio.

Ferve a Casa Consistorial. A piques de soar a campá e salvar o derradeiro asalto, o alcalde Amor atopouse con un “espadazo” que lle causou unha baixa máis que significativa e importante e cunha “puñalada” inesperada que indica que en política, coma noutras ordes da vida, hai que estar ollo no prato e ollo no gato.

Case non chegamos a maio, coas listas dos principais partidos esgotadas ou a piques e recorrendo a concelleiros que nin se presentaran ás eleccións. Cun goberno popular que, aínda que viñera a arranxar o que a arrogante maioría socialista desfixera, non tardou moito en demostrar que o equilibrio entre as parellas é materia delicada. Os que se presentaran como a indestrutible alianza contra o mal, Batman e Robin, logo demostraron máis parecido con Kramer contra Kramer.

E así se foi configurando un novo escenario político. Axudado sen dúbida polos acontecementos a escala nacional. A cidadanía reméxese e decide dar un paso adiante. Aos partidos tradicionais, PP e PSOE e BNG temos que sumar a Pacto por Ames, Iniciativa Cidadán Ames Novo, UPyD e os colectivos que se sumaron ás siglas de moda: Cidadáns e Contigo Podemos. As eleccións celebradas recentemente en Andalucía puxeron en evidencia a fortaleza dos partidos de sempre, que aínda así deixáronse un 20% de apoios polo camiño. Son convocatorias e territorios moi diferentes, pero o comportamento andaluz convida á reflexión.

Os andaluces votaron sen ter en conta a chuvia fina de noticias sobre a presunta corrupción dos que o gobernaron os últimos 30 e moi-tos anos. Botando contas e mirando alternativas. O optimismo de Podemos foi demasiado e a humildade de Cidadáns obtivo a máis alta recompensa.

Agora tócanos a nós. A procura dun goberno local que nos sitúe de novo na senda do crecemento, o emprego e sobre todo nos devolva á referencia en servizos sociais en que se tiña convertido este concello, o que ten a poboación media máis nova e mellor preparada, polo tanto, por onde obrigatoriamente pasará o futuro de Galicia.

Por: JAVIER CARNOTA

Page 4: Revista AMSGO! nº 3

4 Abril 2015

REPORTAXE

Comezou o seu mandato con maioría e vai rematalo con seis concelleiros. Confesa que a saída en bloque de varios membros do seu equipo -agora en Pacto x Ames- e a recente dimisión de dous concelleiros fixo que estes catro anos fosen especialmente “duros e difíciles”, pero lonxe de tirar a toalla e “pedindo perdón aos veciños polos erros cometidos”, xa ten claros os seus retos para os vindeiros 4 anos.

_¿Pódese gobernar con tres concelleiros?

_Si. Desde o primeiro momento primamos os intereses dos cidadáns aos persoais e iso sumado a un traballo intenso fai posible que coa axuda dos traballadores e técnicos municipais a xestión diaria, aínda que é dura e con momentos de tensión, poida levarse a cabo.

_Non opina o mesmo a oposición, que durante todos estes anos sempre lle viñeron reclamando máis diálogo...

_Dende o goberno buscamos o consenso coa oposición. Aí están os plans de obras e servizos, os diferentes acordos aos que chegamos no pleno e sempre buscamos o consenso para seguir avanzando estivesemos gobernando en maioría absoluta ou en minoría.

_¿Ata que punto alterou a xestión municipal a saída de membros do seu grupo, agora en Pacto x Ames?

_No momento no que seis concelleiros que foron na lista do PP abandonan a disciplina de partido e se integran no grupo de non adscritos redoblamos os esforzos.

Eu renunciei a seguir na Deputación da Coruña porque a situación me obrigaba a centrarme na actividade municipal e os concelleiros que abandonaron a disciplina de partido continuaron o periplo en solitario.

Penso que o correcto deberá ser entregar a súa acta de concelleiro e deixar que puidesen entrar outras persoas comprometidas que quixesen defender os intereses dos veciños.

Foron anos duros e difíciles, por iso e tamén pola situación económica. Collimos un Concello con quebra técnica importante e tivemos que reconducilo a base de rigor, control do gasto e moitos esforzo. Goberne quen goberne, a nosa herdanza será a estabilidade económica.

_¿Pero que pasou realmente para que o seu equipo chegase a esa situación?

_Penso que o tempo pon a cada un no seu sitio e as ambicións persoais fixeron iso, que os concelleiros se marcharan e no seu momento non estiveran comprometidos co que pedía a cidadanía.

_¿Atopou vostede sempre o respaldo do Partido Popular?.

_Sempre. Desde o primeiro momento o partido -tanto a nivel local como provincial e rexional- sempre pechou filas entorno á persoa que entenden que debería seguir liderando este proxecto.

_¿Nunca pensou en marchar?

_En ningún momento. Entendín o compromiso que adquirín en 2011 cando a maioría dos veciños de Ames decidiron co seu voto que o PP gobernara e que eu fose alcalde. Ese compromiso o mantiven a pesar das situacións.

Cando un está en política faise con bo agrado precisamente por esa reponsabilidade que entendín que debía manterse a pesar dos contratempos e vicisitudes que pasei.

_Repite agora como candidato, ¿sente respaldo veciñal?

_De pouco valen os sondeos porque a mellor enquisa é a

propia votación do 24 de maio. O que me transmite a xente é que o Concello continúe funcionando e xestionando como se veu xestionando ata agora con total normalidade, recuperando a estabilidade económica e o futuro deste Concello. Queremos estabilizar a situación económica e se un Concello ten as contas saneadas, vai ter futuro.

_¿Está a ter dificil atopar candidatos para a súa lista?

_A xente está respondendo á petición que facemos e cando sexa o momento adecuado se presentará. Estou tendo a comprensión e apoio da xente á que lle estou pendindo que me acompañe neste novo proxecto e será unha lista comprometida co Concello, que vai mellorar a lista coa que nos presentamos en 2011 e solicitar á xente que volva a confiar en nós en catro anos que esperemos que vaian a ser mellores que os catro anos que pasamos

_¿A escisión no seu grupo pasaralle factura?

_Hai circunstancias a nivel local que poden pesar á hora do resultado electoral, pero tamén hai outras situación da coxuntura política a nivel nacional que tamén poden pasar factura. a todos pero entendo que a

“Goberne quen goberne, a nosa mellor herdanza é a estabilida-de económica que acadamos”

Santiago Amor [Alcalde de Ames e candidato do PP]

Pese a que esta foi para el unha lexislatura complicada á fronte do goberno, repite como candidato e xa traballa en crear un novo equipo que “mellorará” a lista de 2011 cunha candidatura “comprometida con Ames” TEXTO: Carolina Carballedo

Page 5: Revista AMSGO! nº 3

5Abril 2015

xente valorará que o Concello seguiu xestionando os servizos, e proxectos que tiña por diante. Presentaremos un balance desta xestión destes catro anos pedindo perdón á xente polos erros que cometín pero tendo en conta sempre que intentamos

facer o mellor para o Concello e traballando o maior número posible de horas para pasar os proxectos adiante e solucionar problemas e outras veces non se puido solucionar.

_¿Seguiría na oposición se non

chega á alcaldía?

_ Eso non o plantexo. O que me plantexo é que o PP gañará as eleccións e a partir de aí seguir traballando tendo en conta que primeiro son os vecinos por riba dos intereses persoais. Se nos

dan a confianza, os vindeiros anos será nos que a recuperación se verá, se verán novas infraestructuras e equipamentos que precisa sen deixar atrás os servizos de conciliación e os programas de inserción laboral e emprego.

1Se o 24 de maio é alcalde

a súa primeira decisión será... Seguir xestionando o Concello con continuidade e a outro nivel. Nesta lexislatura incrementaremos as esixencias que ten Ames como Concello xoven e seguir xestionando o día a día centrándonos nas infraestructuras e o social

2Fusión Santiago-Ames-Teo. ¿si ou non? Eu sempre

manifestei que apostamos pola mancomunidade e me sorprende como o alcalde nacionalista de Teo e agora candidato para Santiago fale de fusión cando nunca se manifestara a favor ao respecto. Eu sería o primeiro que me sentaría co alcalde de Teo ou con outros alcaldes para falar de fusión pero sempre partindo da base de que a nosa política dende que chegamos é mancomunar servizos cos concellos vecinos. Mentres non haxa lei que nos obligue a fusionarnos esa será a liña.

3O Ames futuro debe ser... Temos que

seguir traballando polas infraestructuras que necesitamos completar no ámbito deportivo, cultural -ampliando as casas de cultura-, sanitario co novo centro de saúde do Milladoiro ou mesmo educativos.

En claveelectoral

Page 6: Revista AMSGO! nº 3

6 Abril 2015

REPORTAXE

O socialista Xosé Miñones foi o primeiro en formalizar a súa candidatura porque, di, agora máis que nunca é momento de amosar a “garantía de estabilidade” do seu equipo como aval.

Aposta por unha candidatura na que está rodeado de persoas procedentes do asociacionismo amesán ademais de ser a primeira vez que se presenta unha lista cremalleira, é dicir o mesmo número de mulleres que de homes e en postos alternos.

_¿Que lectura política fai o PSOE desta lexislatura?

_ Foi sempre de parálise absoluta pero agora, tras a nova dimisión de dous concelleiros no equipo de goberno, xa falamos de estancamento. É algo evidente que cando quedaron cinco concelleiros era imposible a xestión deste Concello. Nós estivemos no goberno e sabiamos xa sendo once cales eran as dificultades de levar a cabo todo o que queríamos. Con tres persoas é imposible e o estamos vendo é que é un goberno parado, sen ideas nin proxectos.

_¿Dificil facer oposición esta vez?

_Como grupo municipal nós seguimos tendo os seis

representantes. Somos a estabilidade, garantía diso e de progreso. Que nestes anos houbera dez concelleiros e concelleiras non adcritos dificultou, e moito, o día a día. Durante meses as comisións de goberno para debates de asuntos que ían a pleno se dificultaron moito.

_¿E o PSOE estivo unido?

_Si. Tamén tivemos a nosa progresión de feitos que nunca os ocultamos porque cando quedamos na oposición e sabendo que neste mandato non había dedicación exclusiva algunha, houbo xente que o tiña que compaxinar co seu traballo e non podía.

Cando collín a portavocía sempre dixen que a xente que esté estea para traballar. Esa renovación creo que foron os deberes que tiñamos que facer, os fixemos, e agora xa non só temos unha candidatura senón un grupo de traballo.

_¿Que lograron como oposición

_Sei que o traballo da oposición non chega á xente, pero cando en 2014 o goberno decidiu levar unha suba nun porcentaxe dos impostos e decidimos que non era o momento e conseguimos a conxelación. Froito diso, en

2015, xa non o fixo e conxelou. Tamén estivemos ao lado da xente dende o día seguinte de perder as elección, axudando no problema do lixo, fixemos propostas de modificacións de ordenanzas que finalmente este goberno non quixo levar a cabo, sempre defendemos as escolas deportivas... Hai outras moitas iniciativas pero moitas non ven a luz por non estar no goberno.

_Precisamente para chegar a el, xa é o candidato socialista ¿por que tanto peso do asociacionismo no seu equipo?

_Levamos catro anos vivindo o sentir da rúa e creíamos que tocaba trasladar a xente da rúa ao termo político. Entendimos que había moitas persoas que podían incluirse na nosa candidatura, que xa está implicada cos problemas dos amesáns. Falamos con eles e a receptibiade foi absoluta.

_¿Ata que punto pode ser ou non un aval os oito anos de gobernó socialista anteriores?

_Debe ser un aval. Creo que a xente ten a obriga de comparar e non olvidar. Hai que aprender dos erros e intentar non volver cometelos e nós somos os primeiros en saber admitilos pero tamén poñer en valor todo o que se fixo. Cando tivemos a primeira xuntanza da candidtura,

a xente nos dicía que con volver a conseguir os servizos que tiñamos antes xa é un logro, aqueles servizos sociais e nós temos que apostar por esa vía.

_De todos os xeitos, o PSOE perdeu apoios entre os amienses nos últimos comicios. ¿Serán capaces de recuperalos agora?

_O grupo socialista sae a estas eleccións a gañar. Imos a por esa mayoría porque temos un equipo capaz de dar resposta as necesidades que pide a xente que non é outra que estabilidade. Nós somos garantía desa estabilidade e iso ten que volver a Ames.

As percepcións son moi boas porque non chegamos novos, porque levamos catro anos traballando. Nos tempos políticos nos que estamos creo que non é momento de facer probas.

É momento de establidade e esa estabilidade é necesaria porque estamos a ver en distintos concellos que eso levou a unha xestión cero.

_¿E estarían dispostos a reeditar pactos do pasado ou incluso coas novas forzas?

_Non é algo que vaiamos a descartar. Sei que o discurso da dereita é o da lista máis votada pero prefiro falar do que

“É necesario volver abrir o Concello aos veciños escoitando a todos e dando respostas”

Xosé Miñones [voceiro e candidato do PSOE]

Cun goberno “parado, sen ideas e sen proxectos” remata esta lexislatura segundo o candidato socialista. A súa aposta pasa por levar consigo un equipo que blinde, ante todo, os servizos sociais TEXTO: Carolina Carballedo

Page 7: Revista AMSGO! nº 3

7Abril 2015

represente máis aos vecinos e veciñas de Ames. Se eso ao final o consigues con dous partidos como foi o bipartido en 2003 pois pode ser. Hai que saber dialogar, chegar a acordos, independientenmente de que haxa mayoría ou non. A pena é non ter a bola para saber o futuro

(sorrí), pero temos que intentar acadar o máximo Se se pode con a maioría e estamos abertos a representar aos vecinos con Ames, e se eso pasa por pactar, o faremos dende logo.

_¿E mantén o compromiso de continuar na oposición se non

conseguen a alcaldía?

_ O que lle pedín a cada membro do equipo é que este sexa un compromiso de futuro e que o fagan, se gana ou se perde, pero son consciente de que despois cada un ten a súa situación persoal.

1Se o 24 de maio é alcalde a súa primeira decisión

será... O primeiro sería escoi-tar. e centrarnos na blindaxe de servizos sociais e educati-vos. Queremos ver que obxec-tivos alcanzar a catro anos vista porque non se pode go-bernar mes a mes.

Por iso apostaremos dende o principio pola transparencia e volver a abrir o Concello. Escoitar e dar resposta.Que-remos ter a axenda aberta do alcalde onde a xente poida saber onde vai estar e se pode recibir cita e non depende da situación económica, senon da política.

2Fusión Santiago - Ames-Teo. ¿si ou non? Xa cando

estivemos no goberno soupe-mos que é necesaria a coope-ración entre Concellos. A tive-mos en drogodependencias entre Ames, Brión e Negreira, pero o PP o eliminou, como outras moitas cousas man-comunadas que se levaron a cabo.

Ames é Ames e queremos que siga sendo Ames. Apoiamos a fusión de servizos e compe-tencias entre concellos que se tocan físicamente pero de ai a un macroconcello, nós non es-tamos nesa idea.

3O Ames futuro debe ser... Debe ter blindados os ser-

vizos sociais e que o Concello se abra á xente. Ademais, te-mos un comercio moi activo que debemos aproveitar.

En claveelectoral

Page 8: Revista AMSGO! nº 3

8 Abril 2015

“Sentimos que a xente quere que sexamos nós o motor do cambio polo que clama Ames”Aposta por un tempo novo na política municipal e por iso encabeza un proxecto liderado pola cidadanía. Non idea un novo goberno de grandes obras e si nun mandato centrado no social TEXTO: Carolina Carballedo

Pilar Candocia [candidata de Iniciativa Cidadá Ames Novo]

Pilar Candocia encabeza a lista de Iniciativa Cidadá Ames Novo tras lograr trescentos apoios nas primarias abertas nas que se rexistraron máis de 500 votos.

Despois de escindirse do BNG durante esta lexislatura na oposición, a súa nova aposta para os vindeiros catro anos pasa agora por propoñer un proceso liderado pola cidadanía na que elaborarán un programa electoral participativo no que xa están a traballar.

_¿Como foi esta lexislatura para Ames Novo?

_ Desde o minuto este un foi un goberno de maioría absoluta incapaz de manter as súas promesas á cidadanía. Ao ano xa se esparelou en dous grupos sen dar explicacións con claridade de que tiña pasado e co interés de que o partido tivese as cotas de poder levaron ao Concello de Ames á ruina porque é un desgoberno absoluto con incapacidade total de atender o día a día. A situación que se atopará o novo goberno, sexa quen sexa, será unha situación de deterioro dos servizos, da vida e da institución en definitiva.

_O principal erro...

_O PP tiña que ter reaccionado e non o fixo e preferiu os seus

dereitos de partido. A lexislación para isto defende moito as cúpulas dos partidos entón nos encontramos co absurdo de que cinco concelleiros gobernan nunha corporación de 21.

_No seu caso comezaron como BNG e rematan como Ames Novo, acrecentando o número de non adscritos, algo que os socialistas critican pola falta de operatividade que iso supuña para a toma de decisións...

_É certo que dificulta que haxa concelleiros non adscritos, pero non creo que fose porque nós marchásemos do BNG. En todo caso son situacións distintas á do PP. Nós fomos o único grupo que non tivo ninguna baixa en todo o mandato. Outros agotaron a lista, como o caso do partido socialista, e outros case a agotan, como o caso do Partido Popular. A este grupo pódese dicir pouco. Tiñamos o mandato de estar e estivemos, outra cousa é que no partido houbese unha crise interna e o partido rompeu.

_¿Que conseguiu Ames Novo na oposición?

_Co deterioro que hai en Ames é difícil dicir que se conseguiu algo, pero si logramos que alguna proposta que era unha desfeita que a desfeita fose menor. Pero sobre todo,

logramos que a cidadanía tivese voz, que a sociedade se enterara das propostas porque as trasmitíamos, como pasou co caso do lixo, e se lles permitiu reaccionar e co caso dos comedores escolares aínda que non era a mellor posición a que se conseguiu pero era a que a xente cría que era o máximo ao que se podía aspirar.

_É candidata de Ames Novo despois de primarias abertas con gran participación...

_Iso demostra por unha parte que non é certo que a cidadanía esté de costas á política. Á cidadanía si que lle interesa e cando se lle da opción é capaz de responder, pero non queren ser soldados esperando ordes de cando se ten que ir ou non. Queren opinar cando consideran que poden opinar.

_¿Que precisa Ames?

_Ames clama por un cambio e o feito de que participaran máis de 500 persoas no noso proceso de primarias abertas fainos ver que a xente ve con bos ollos que haxa alternativas distinas que representan a unha ampla parte da sociedade na que todo o mundo poda participar.

_Apostan por un programa participativo no que contarán coa

axuda cidadá, ¿en que consiste?._Queremos facer un programa de goberno e sentimos que a xente quere que sexamos o motor do cambio polo que clama Ames. Nesa medida estamos facendo un programa pero non vamos a facer promesas. Queremos que das propostas que fai a xente estean avaladas por un grupo de expertos en cada campo que digan que eso é factible e que se pode facer na administración local. Por iso nas comisións de traballo haberá expertos que nos axudarán a pechar ese programa.

_Co actual escenario político en Ames caracterizado pola ampla fragmentación ¿Vese a si mesma como a primeira alcaldesa de Ames, pero en solitario?

_Nós queremos liderar o cambio e vamos loitar por eso.

_¿Aberta a pactos?

_O día despois xa se verá e a asamblea cidadá dirá que se fai pero nós cremos que o obxectivo é botar fóra ao partido popular, á dereita, e é posible pero hai que traballalo. Nada está feito, e porque haxa un sentimento de asqueo da política provisional e da mala xestión do goberno, eso non quere dicir que estea ganado. Si que é certo que hai un grado de empatía suficiente como para poder gáñalo.

REPORTAXE

Page 9: Revista AMSGO! nº 3

9Abril 2015

1Se o 24 de maio é

alcaldesa a súa primeira decisión será... Que ninguén pase necesidade. Este mandato é o da área do social. Hai nenos que se desmaian na escola porque non comen e hai un goberno insensible incapaz de atender eso. Nós propuxéramos que no verán, todos os casos que se detectasen se mandaran de oficio á Escola de Verán para evitar o problema de que se lles estigmatice, porque alí ninguen sabe por que vas nin o que pagas nin o que non. O primeiro que fariamos sería esa atención ás necesidades básicas da xente.

2Fusión Santiago-Ames-Teo. ¿si ou non? Para nós

é evidente que hai moitas cousas que hai que entendelas de maneira metropolitana. Hai moitos servizos nos que se pode colaborar e chegar a acordos. Antes de chegar a unha proposta de fusión total hai que facer un esforzo por ter propostas en común e sempre ten que ser a xente que decida se quere iso. Pero non pode ser con grupos políticos nin alcaldías, senón refrendado e apoiado polos cidadáns.

3O Ames futuro debe ser... Debería de ser de todos e de

todas. Non pode ser que haxa un Concello, como institución, por un lado e que a cidadanía vaia por outro. Hai que implicar á cidadanía porque iso signigficaría cambios moi grandes. Este non creo que vaia ser o mandato das grandes obras, aínda que non quere dicir que non loitemos polo que necesitamos e nos corresponde, pero tamén somos moi deficitarios con servizos a xente maior e dependentes e loitaremos por mellorar nese sentido.

En claveelectoral

Page 10: Revista AMSGO! nº 3

10 Abril 2015

ESTÁ DE ACTUALIDADe...ESTÁ DE ACTUALIDADE...

O Club Financeiro propón a integración dos municipios dormitorio con SantiagoO Club Financeiro de Santiago aposta pola integración da área me-tropolitana  e demanda dos responsables políticos que asuman a existencia dun  Santiago  que desborda os seus límites munici-pais, e, como consecuencia, aposten por xuntar vontades entre os municipios e conformar unha grande unidade cunha operación de reestruturación e articulación que beneficiaría a toda a área.

O Club Financeiro compostelán leva tempo madurando esta inicia-tiva, que chama 13 C, e na que formula en primeiro lugar a adhesión con Santiago de Ames, Teo, Boqueixón e Oroso.

E nunha segunda fase, de  Brión,  Vedra, ou O Pino e  Val  do  Du-bra. Apostan por unha xestión menos localista, que beneficia-ría en maior medida á poboación que emprega os municipios da área metropolitana “como dormitorio”, pero que “viven e pa-decen en Santiago, onde a maioría desempeña o seu traballo,”. Agustín Hernández, candidato do PP a renovar a alcaldía de Santia-go, xa se manifestou a favor desta iniciativa.

O candidato socialista á alcaldía de Ames, Xosé Miñones, mantivo unha xuntanza de traballo co colectivo de comerciantes, hosteleiros de Ames no Pazo da Peregrina ao que asistiron representantes da ACB, AEMI e particulares que tiveron a ocasión expoñer ao cabeza de lista do PSdeG as súas opinións sobre a situación do municipio. Miñones tomou boa nota das propostas dos comerciantes e remitiuse ao programa electoral, en elaboración, para concretar nas súas propostas, si ben manifestouse partidario de ampliar a plantilla e o esforzo municipal en promoción económica.

Os comerciantes insistiron na necesidade de facilitar as compras, a través de aparcamentos, eliminar trámites burocráticos e reducir a carga impositiva.

O socialista manifestou que o desenvolvemento do comercio e a industria serían prioridades do seu goberno, pero advertíu que, de ser elixido,prestaría unha atención inmediata ós servizos sociais, cuia degradación durante o mandato popular veñen denunciando.

Reunión de Miñones co comercio e a hostelería

O Concello de Ames conmemorou o Día Forestal Mundial cunha plantación de quince castiñeiros na parte posterior do IES do Milla-doiro. Ao acto acudiron a conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, o Secretario Xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, o alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Medio Ambiente, Alfredo Taboada, a edil de Xuventude, Ana Ruso, os concelleiros so-cialistas, José Miñones e Blas García, e o director do instituto, Rafael Baliñas.

A chuvia deslucíu o acto e os máis pequenos quedaron sen planta-ción. A decepción foi medianamente sofocada polo alcalde e a con-celleira de Xuventude, que entregaron aos escolares sementes de árbores aromáticas.

15 castiñeiros para o día forestal mundial

Vellas glorias do Real Madrid, veteranos do Obradoiro e os integran-tes do Milladoiro XL participaron no pavillón municipal de Bertami-ráns na sexta edición do partido benéfico de baloncesto Concello de Ames.

Os equipos disputaron un torneo triangular e os fondos foron para a Fundación Andrea, de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración.

Antes, houbo exhibición de patinaxe dos clubs locais Omega e Sa-rela, un encontro de baloncesto infantil do Basquet Ames e baile a cargo do colectivo Danzaya.

Basket vintage a favor de la Fundación Andrea

Page 11: Revista AMSGO! nº 3

11Abril 2015

Juan Cabrejo ficha por Pacto por Ames coa intención de levar ao concello a primeira divisiónDesde esta formación anuncian a súa aposta pola cultura e o deporte dende unha posición transversal con dous grandes especialistas nesta materia como son Manuel Ferreiro e Juan Cabrejo que dinamizarán e potenciarán a cultura e o deporte do concello coa poboación máis nova de Galicia.

Os máis siareiros lembrarán a Cabrejo polo seu paso

pola Primeira División coa camiseta do Compostela. Con anterioridade xogou no Eibar, no Elche e no Cartagena. Na actualidade milita no Ordes CF e colabora activamente co Milladoiro Sociedade Deportiva.

Juan Cabrejo Pasantes naceu en 1975, está casado e ten dous fillos. É diplomado en Maxisterio e especialista en Educación Infantil.

Iniciativa Cidadá Ames Novo pechará o programa cun acto o 11 de abril

O 13 de abril remata o prazo para a participación na décima edición do certame literario do Concello de Ames

A candidatura que encabeza Pilar Candocia celebrará o sábado, 11 de abril, unha reunión de traballo aberta á sociedade e á que convidou a expertos en distintas áreas co fin de rematar a elaboración das liñas programáticas coas que se presentará ás eleccións a Iniciativa Cidadá Ames Novo.

A idea desta candidatura, segundo explicou a súa candidata, non é “ir ao fácil e poñer ao detalle unha obra ou unha farola”, senón un programa “social e participativo”.

O Certame Literario de narrativa e poesía, que convoca de forma anual o Concello de Ames, chega á súa décimo segunda edición.

Trátase dun concurso que conta cun amplo número de participantes de todo o territorio galego e mesmo de fóra de Galicia.

Poderá participar calquera persoa que presente textos

inéditos escritos en lingua galega. O prazo de recepción dos traballos remata o 11 de abril.

Ademais, convócase a sétima edición do Certame artístico-literario “Intercentros” para o alumnado amesá.

Neste caso o prazo para presentar os traballos estará aberto ata o 13 de abril.

Page 12: Revista AMSGO! nº 3

12 Abril 2015

Page 13: Revista AMSGO! nº 3

13Abril 2015

Page 14: Revista AMSGO! nº 3

14 Abril 2015

TENDENCIAS

Co coidado e a protección que merecen os pés máis delicados da casa, ao tempo que mantendo a resistencia aos seus inquedos

pasos pola vida. Así é o calzado de Coquilí. E tamén á última moda para celebracións, como os da ilustración, ou para o día a día. Tes máis mostras na súa páxina www.facebook/coquilicoquili

En este acolledor salón de té poderás encargar os teus doces para calquera ocasión especial ou degustalos no propio local. Tamén realizan cursos de repostería e cumpreanos. www.facebook.com/bluebakery. Tlf.: 981937515

Feitas con agarimo por mans artesás, as coroas de flores vense incorporando como un complemento esencial a un coidado peiteado para asistir a celebracións ou

eventos tanto de día como de noite. Para coñecer máis sobre esta tendencia podes mirar a páxina www.facebook.com/coronasparaelpelo

Celebracións con clase

Plaza Manuel Murguía, 7 bajo.Milladoiro - Ames

Rosalía de Castro, 23 portal 1 Milladoiro - Ames

Page 15: Revista AMSGO! nº 3

15Abril 2015

Coa primavera chegan as festas, eventos e celebracións, por iso, para esta temporada os deseñadores pensaron en cores

luminosas, en vestidos sinxelos e lixeiros que estilicen á muller, proxectando a súa beleza. Vestidos como estes os atoparás na súa tenda en Bertamiráns, ou a través de www.facebook.com/conchi.vallina

Elegantes bolso barrel e tote cadrado da marca que agora representa Pilar Rubio en charol

con grabado da M da marca. Imprescindible acompañalo da súa carteira a xogo. Podes mirar outros estilos en www.facebook.com/cousalinda

Rúa Ameneiral, nº 10 - Bertamiráns

Centro Comercial NovomilladoiroMilladoiro - Ames

Rúa Alcalde Lorenzo, 9 - Bertamiráns

Últimas tendencias en moda española

Achégase maio e con este mes a BBC (bodas, bautizos e comunións), ao igual que na moda de rúa, na moda máis formal poderemos

atopar cores vivas sobre as que atoparemos bágoas de cristal ou decoracións florais en dourado. Atopa estes modelos e outros moitos en www.facebook.com/moos.moda

Page 16: Revista AMSGO! nº 3

16 Abril 2015

CULTURA / LECER

¿Non coñeces Amor en alpargatas?É a última novela do profesor e escritor Manuel Portas que acaba de saír ao mercado e na que as loitas no nacionalismo galego dun determinado momento histórico son telón de fondo dunha historia de amorAs librerías contan dende hai uns días cun novo título, ‘Amor en alpargatas’ obra do profesor e escritor Manuel Portas. Trátase da súa cuarta novela, na que sitúa as loitas no nacionalismo galego dun determinado momento histórico como telón de fondo dunha historia de amor.

“Situeino como telón de fondo dunha maneira intencionada e, salvo moi contadas ocasións, non fago referencias concretas ao contexto político no que se sitúa porque, para min, o máis importante desta obra son as historias de amor e paixón que se reflicten nela”, explícanos Portas.

CUARTA NOVELA Porque, ‘Amor en alpargatas’ “non é unha historia real, aínda que podería selo”, indican na editorial Xerais. Todo arranca cando no medio dun cemiterio deserto, as lembranzas selectivas do amor de Sara e de Lucía eríxense na particular despedida que lle tributan a Senén, un nacionalista anónimo.

É neste contexto temporal e político se desenvolve a que é xa a súa cuarta novela. Deuse a coñecer como novelista en 2010, con ‘Denso recendo a salgado’, novela á que lle seguiron ‘Un dedo manchado de tinta’ en 2011 e despois, ‘Faneca Brava’ en 2013, que foi finalista do Premio Xerais de Novela.

Facendo memoria, Portas confésanos que, dende que hai seis anos comezase a escribir despois dunha etapa profesional ben diferente -foi concelleiro en Santiago durante oito anos- descobreu que a súa intención non é outra que “a xente disfrute lendo e comprenda que de nós mesmos tamén se pode falar e se pode converter en literatura”.

E nestes tempos, ¿faltan lectores en galego? “Igual que na literatura española faltan lectores en español, na catalana faltan lectores en catalán e poderíamos continuar en todas...”, resposta axiña recoñecendo que a situación da literatura galega é “un pouco paradóxica” porque, di, “hai unha literatura de alta calidade e ao mesmo tempo un volume de vendas inferior ao que lle correspondería por poboación”, lamenta.

A GALICIA MEDIEVALComo bo escritor, é un afanado lector. De feito, anda a ler nos últimos meses varias obras á vez, algunhas en galego, como ‘Conduce rápido’ de Diego Ameixeiras; pero tamén relee a Barne ou Eça de Queirós. Como escritor, xa ten en mente o contexto do que podería ser o seu próximo traballo porque opina que a Galicia Medieval é un tema que non está suficientemente explotado “e é algo no que me gustaría poder traballar no futuro”, recoñece.

AMIENSE DE ADOPCIÓN, MOI IMPLICADO NA VIDA LOCAL

Manuel Portas é todo un amiense de adopción. Aínda que traballa en Santiago -é director do IES Xelmírez I- aquí reside dende hai anos, sen-do moi activo na vida local do municipio. Vinculado dende hai anos coa política non dubida en opinar sobre a realidade política local na que fala de “alternativas moi ilusionantes como a encabezada por Pilar Candocia en Ames Novo”, explica recordando que un dos seus puntos fortes pasa pola proposta de “proxecto participativo” que representa. “É toda a xente que se move arredor desa candidatura aberta de Ames Novo, que aporta un aire fresco que pode axudar a que todo eso se desenvolva e nos da certa ilusión aos veciños”, explica Portas.

Texto: Carolina Carballedo

Page 17: Revista AMSGO! nº 3

17Abril 2015

Buscando a Osa MaiorO mellor lugar de Ames para observar planetas, constelacións e estrelas fugaces non é outro que o alto de San Marcos. Así o asegura o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo para quen “é unha das zonas coas condicións máis óptimas en Ames, pola súa altura e situación, e nas que mellor se realizan as observacións que programamos”, asegura Docobo.

Porque o Concello amesán está incluido no programa TodoCosmos, organizado polo Observatorio e que pretende levar a astronomía a toda a sociedade mediante diferentes actividades por varios concellos galegos. O pasado mes estiveron no paseo fluvial de Bertamiráns e, como asegura Docobo, está previsto que actividades como esta se repitan

durante todo o ano en diversos puntos do Milladoiro e Bertamiráns, dos que, como explica o director do Observatorio se informará a través da súa páxina web www.usc.es/proxectos/todocosmos.

MÁIS ECLIPSESNas observacións, da man de traballadores do centro. poderase aprender a empregar o planisferio e a identificar planetas e constelacións.

E tras a eclipse de sol do 20 de marzo, ¿que mais fenónemos se producirán este ano? Como nos conta Docobo dende Ames -e se as condicións meteorolóxicas o permiten- se poderá ver unha eclipse de Luna o vindeiro 28 de setembro.

Pasada a eclipse de sol, aínda quedan moitas cousas por ver este ano no firmamento. ¿O mellor lugar para converternos en aprendices de astrónomos? O alto de San Marcos é lugar recomendado polo Observatorio Ramón María Aller Texto: Carolina Carballedo

Page 18: Revista AMSGO! nº 3

18 Abril 2015

DEPORTES

Nuria Rábano forma xa parte dunha nova xeración de futbolistas e, aos seus 15 anos, promete dar moito xogo. E é que esta xo-gadora do SD Milladoiro está a converter-se nunha baza importante para a se-lección española coa que debutou estes días en partido oficial coa sub-17, a das máis pequenas de ‘La Roja’.

Xogou para a Ronda Élite en Sochi (Rusia) clasificatorio para o Europeo de Islandia, xogando contra Rusia, Rumanía e Bélxica.

Aínda que esta era a primeira vez que participaba en parti-do oficial, non era nin moito menos, a primeira que era chamada pola selección. Cóntanolo o seu pai, Javier Rábano quen explica que nos últimos anos xa formou parte da sub-16 convocada para varios adestramentos e parti-dos amistosos.

XOGANDO CON NENOS

¿E como chegou ata aquí? Precisamente o seu pai ten moito que ver xa que el for-mou parte do SD Milladoiro e el mesmo a levaba ao pavi-llón.

Mentres el adestraba co equipo ela xa lle daba ao balón con tan só tres anos mentres o esperaba. Pero ofi-cialmente o seu primeiro contacto co fút-bol foi con 5 anos, “aínda que non compe-tía porque na zona de Santiago non había competicións para esa idade”, indica Rába-no.

Toda a súa vida deportiva a leva competindo con nenos, ata o día de hoxe que é cadete de segundo ano. “Probablemente a próxi-ma temporada Nuria se pase ao fútbol feminino se xorde algunha proposta de

algún proxecto convincente, xa que seguir en Xuvenís cos nenos e máis sendo de primeiro ano, tanto á nai como a min nos parece ex-cesivo”, explica Javier.

E ¿cal é o seu forte? É extremo esquerdo e é zurda. Os seus adestradores des-

tacan dela a súa “rapidez” e “boas asistencias” e despunta na súa vi-sión de xogo, velocidade de des-borde a técnica e, como explica o seu pai, está perfeccionando o seu “xogo aéreo” e a súa “ca-pacidade de presión á hora de defender”.

Tamén pode actuar en posi-cións máis centradas inclu-so como dianteira buscan-do as costas e os espazos do rival.

Xa o ano pasado se procla-mou campiona do Torneo de Desenvolvemento Sub-16 sendo unha das xogadoras máis destacadas, acumulan-do cinco goles e varias asis-tencias.

ESPLÉNDIDO DEBUT CON LA ROJA

O seu bo palmarés sitúana ca-miño a seguir a estela de grandes

deportistas como Vero Boquete, á que admira e coñece, pero, como indi-ca o seu pai, “ten quince anos e moito traballo por diante, e hai que ir vendo como evoluciona pouco a pouco”

De momento, o seu debut en Rusia con La Roja non foi nada mal. Participou da primeira victoria de España contra Rusia nun partido no que entrou como suplente e no que, depois dunha moi boa asistencia, á súa compañeira Lu-

cía converteu a xogada no terceiro gol do encontro sepultando a Rusia nun contundente 0-3.

A máis internacionalNuria Rábano, do SD Milladoiro, está no punto de mira do mellor fútbol feminino e comeza a ser das fixas na selección española. Estes días debutou en partido oficial coa sub-17 TEXTO: C. Carballedo

Page 19: Revista AMSGO! nº 3

19Abril 2015

O FC Agrón, Bertamiráns FC, Ortoño CF, Biduído SR e Bugallido FC xa están comenzando a preparar o XXXIV Trofeo de Fútbol Concello de Ames, que se celebrará antes de que finalice a temporada e nela par-ticiparán todos os equipos federados do Concello.

Aínda que non hai data concreta -está previsto que sexa entre maio e xuño- xa se decidiu que en abril o campo municipal do Milladoiro acollerá a liga de grupos entre catro equipos.

Despois celebraranse as semifinais que enfrentarán aos tres gañado-res desta liga co Bertamiráns FC e, por último, se disputará a gran fi-nal. Para participar no Trofeo de Fútbol Concello de Ames, cada club poderá inscribir un máximo de 25 xogadores.

Neste trofeo estará permitido xogar con cadetes maiores de 15 anos, aínda que o club non dispoña de equipo en categoría xuvenil. Haberá trofeos para o equipo campión e subcampión e como novidade este ano tamén recibirán galardón o máximo goleador e porteiro menos goleado.

Conta atrás para o XXXIV trofeo de fútbol Concello de AmesOs equipos federados xa están preparando a gran cita deportiva que terá lugar entre os meses de maio e xuño

1CON 14 ANOS ESTRENOUSE COA SELECCIÓN. En xaneiro de 2014 foi a primeira vez que xogou coa selección. Naquel caso coa

sub-16 para entrenos en las Rozas (Madrid) en en abril foi de novo aínda que neste caso para o Torneo da UEFA en Serbia e quedou como máxima goleadora. Con 5 goles dos 22 que anotaron por 0 recibidos. En maio repetiu para adestrar en Las Rozas

2. E CHEGOU A OPORTUNIDADE COA SUB 17. En setembro do ano pasado foi convocada por vez primeira pola Sub-17 para

entrenos en Las Rozas. Tamén continúa coa selección galega sub-16, da que foi capitana por antigüedade.

3. A POLO ASCENSO. Ademais das súas oportunidades coa selección, Nuria continúa co Milladoiro SD, co que esta

temporada ten moitas posibilidades de conseguir xogar a Fase de Ascenso a Liga Galega Cadete.

Dende os 14

Page 20: Revista AMSGO! nº 3

20 Abril 2015

MOTOR

Dous buques insignia presentados en XenebraO DS5, un reestiling do modelo de 2011, servirá á marca francesa para sacudirse os chevrones e funcionar como marca premium do grupo. Xa non se chamará Citroen e no seu frontal só lucirá o logo de DS. O Superb supón un punto de inflexión na traxectoria da marca checa. TEXTO JCL

A sinais de identidade máis destacadas do Superb son un deseño renovado, novos sistemas de seguridade, motores máis eficientes e maior conectividade. Esteticamente, a ber-lina adoptou as liñas de deseño do prototipo Skoda VisionC. No frontal destacan, sobre todo, a ampla grella e os grupos ópticos. O lateral aposta polo dinamismo, mentres que a zaga exhibe luces LED coa xa característica forma de C.

O tradicional cocido de EG4 reuniu ao mundo do motor de CompostelaComo vén sendo tradicional, EG4 Motor, co seu xerente Enrique González á fronte, organizou un ano máis o tradicional cocido cos seus amigos e colaboradores. Alí coincidiron diversas persoas do mundo do motor de Santiago de Compostela. Puidemos compartir “mesa e mantel”, cos manxares propios do porco e as típicas filloas e orellas, cunha representación, entre outros, de Recambios Balsa, Talleres Pontevea ou Acar (xestión de frota). Unha gastronómica reunión que serviu para cambiar impresións do motor e escoitar distintas versións de como pode ser o futuro neste sector. Na do próximo ano verase quen acertou máis no seu prognóstico de como serán os próximos meses no mundo da automoción.

Entre o equipamento dispoñible para o restyling do DS 5 hai que des-tacar a presenza duns asentos dianteiros con axustes eléctricos e fun-ción de masaxe, o sistema de acceso e arranque sen chave ou o novo arsenal de elementos de seguridade activa, que inclúe unha morea de tecnoloxías.

Page 21: Revista AMSGO! nº 3

21Abril 2015

SINATURAS CONVIDADAS

Tivo que acontecer precisamente en mar-zo, cargado de simbolismo feminista, xa que nos trae á memoria o recordo de que unhas mulleres se inmolaron para dar voz ao resto. Por iso neste caso a afronta parece maior. A caída da última favorita redescobre e trae ás primeiras páxinas do conto veciñal o que foi un segredo a voces durante os tres anos e medio de goberno municipal, unha guerra de favoritas e de poder na Corte Municipal con toques de despotismo, propio igualmente da barbarie e dun tremendo descoñecemento do terreo que se pisa.

Destaca de entre as primeiras vítimas dos círculos de confianza do emperador Mónica- muller destacada e destacable polo seu tra-ballo e dedicación ao partido-, que sufriu as intrigas da hoxe caída. Segou a herba baixo os seus pés coas artes propias dunha muller no harén do sultán; máis tarde e coma se da sul-tana Aixa se tratase, partiu en dous o grupo, non sabe para maior gloria de quen, porque

o seu labor non gustou ao pobo, nin ao par-tido, nin ao xefe da Casa do Concello nin tan sequera a si mesma, cuxas ansias de poder quedaron definitivamente truncadas.

Antes levouse por diante á pobre Soraya, que non facía mal a ninguén, e de doado con-formar con que se lle tivese en conta para o protocolo. Ese parecido coa esposa dun sha, vénlle pola serenidade do seu portazo.Pero como a emperatriz, ela non baduou na prensa. Sabía que o día a día e o boca a boca chegan máis e causan máis efecto. O seu afán conciliador distínguea das demais e hoxe vol-ve gozar dos favores do Imperio. O que non deixou de ser o seu obxectivo.

E quédanos Fhara Diva, si esa nena de ollos azuis, que parecía Cincenta e que se descu-briu como unha avantaxada autodidacta, capaz de aprender con rapidez e de transfor-marse física e formalmente nunha boa conce-lleira, se as súas emocións non a traizoan e se

a súa intelixencia natural a pon ao servizo do bo facer e mellor pensar. Ela é a nosa última esperanza para non seguir pensando que ás mulleres non se nos pode deixar en postos de responsabilidade porque nos esnaquizamos unhas a outras. Seguindo co paralelismo, po-las altas esferas confíase en que se se perde o bastión, recupérese en catro anos.

Pero coidado, porque pode acontecer que como na saída do Sha, o Concello se trans-forme nunha sede do radicalismo que como en Persia algúns consideraron flor dun día e levan gobernando máis de trinta anos.

A marca Coca-Cola non sempre é sinónima de triunfo, polo menos non en política. Me-morizamos a historia pero non a analizamos, por iso estamos condenados a cometer os mesmos erros...

Son homes os que toman as grandes deci-sións, será por iso.

As favoritas do Sha

Foto: Concello de Santiago

QUERES SAÍR EN AMSGO! ?ANÚNCIATE! OPINA! PARTICIPA!f www.facebook.com/revistaAMSGO t www.twitter.com/revistaAMSGO

[email protected] Teléfono: 620 96 75 49

Por: Pomba Alba

Page 22: Revista AMSGO! nº 3

22 Abril 2015

COLABORAWEB

www.galletasparamatilde.com

INGREDIENTES

• 70 gr. MANTEIGA• 250 gr. CHOCOLATE 70% CACAO• 100 gr. AZÚCRE• 2 OVOS• 1 CULLEIRIÑA DE ESENCIA DE VAINILLA• 200 gr. FARIÑA• 1 PIZCA DE SAL• 1/2 CULLEIRIÑA DE LEVADURA (Tipo Royal)• AZÚCRE GLASS PARA REBOZAR• PAPEL DE FORNO• PAPEL TRANSPARENTE

RACIÓNS: 40 ud.DIFICULTADE: BaixaTEMPO: 30 minutos + 1,5 hora de frigo

As galletas crinkles de chocolate son un tipo de bocaditos de delicio-so e intenso sabor a puro chocolate. O seu nome significa agretado, engurrado en inglés, e de aí o uso do vocábulo para denominalas, as galletas quedan como agretadas unha vez enfornadas. Ademais de orixinais, parécenme un recurso ideal para facer nun momento, queres preparar algo e non tes moito tempo ou poucas ganas de gastalo. Trátase dunhas galletas ou pastas crocantes por fóra e su-per melosas por dentro, a medio camiño entre unha galleta e un bocadito de brownie de intenso sabor a chocolate, unha delicia.

1.- Derretemos o chocolate coa manteiga a baño maría removendo constantemente. Se non tedes un cazo específico para iso podedes utilizar dúas cazolas de diferentes tamaños, unha dentro da outra. Reservamos a temperatura ambiente ata que o chocolate se arre-fríe.

2.- Nunha cunca mesturamos os ingredientes secos, a fariña, o fer-mento e o chisco de sal. Reservamos.

3.- Cando vexamos que o chocolate está frío continuamos a tarefa. Nunha cunca batemos o azucre cos ovos ata que a mestura se volva esbrancuxada e escume.

4.- Agregamos o chocolate derretido e mesturamos ben.

5.- Incorporamos os ingredientes secos e mesturamos ata que que-den integrados.

6.- Tapamos a cunca con papel filme transparente e deixámolo du-rante 2 horas no frigo. Outra posibilidade sería deixalo dun día para outro.

7.- Retiramos do frigo e coa axuda dunha culler imos collendo por-cións da masa e formando boliñas coas mans. Gardamos as boliñas no frigo durante 15 minutos antes de enfornar.

8.- Mentres o forno se quenta a 170º rebozamos cada boliña en azu-cre glass e colocámolas na bandexa do forno sobre un papel vexetal.

9.- Enfornamos a 170º durante 10 minutos. Se as deixamos dema-siado tempo quedarán secas no seu interior e a intención é que queden substanciosas.

Crinkles de ChoColateSandra Novo

[Blogueira]

www.galletasparamatilde.com

Page 23: Revista AMSGO! nº 3

23Abril 2015

SERVICIOS

AUTOBUSES MILLADOIRO

Destino SantiagoLuns a venres

Dende as 7:00 ata 21:45 cada 15 minutos e con parada en rúa La Rosa. Ás 8.24, 9:28, 15:24 e 19:18 con parada en estación de a autobuses (Autobuses de Calo). Tamén con parada en estación de autobuses: 7:30, 8:00, 8:10 , 9:15 , 10:40, 10:45, 12:45, 15:15 , 16:15, 16:30, 18:45, 19:45, 22:00 (excepto venres) · 22:15 (só venres) (Autobuses Castromil) e 7:38 · 8:14 · 8:34 · 9:59 · 11:24 · 12:29 · 13:25 · 14:29 · 15:25 · 16:24 · 17:29 · 18:25 · 19:29 · 20:25 · 21:29 · 22:24 (empresa Arriva).

Sábados,

7:35 · 8:35 · 9:35 · 10:35 · 11:35 · 12:35 · 13:35 · 16:05 · 17:05 · 18:35 · 19:35 · 20:35 · 22:05 · 23:00 con parada en rúa da Rosa (autobuses Calo) e con parada en estación de autobuses 8:24 · 9:28 (Calo), 9:15 · 10:40 · 11:15 · 12:45 · 15:15 · 19:45 · 22:00 (Castromil) 8:31 · 9:40 · 10:29 · 11:24 · 12:29 · 13:25 · 14:40 · 16:24 · 17:29 · 19:29 · 20:25 · 22:38 (Arriva)

Domingos e festivos

9:35 · 10:35 · 11:35 · 13:05 · 16:05 · 17:05 · 18:35 · 19:35 · 20:35 · 22:05 · 23:00 con parada en rúa da Rosa (autobuses Calo) e con parada en estación de autobuses 10:40 · 12:45 · 15:15 · 19:45 · 22:00 (Castromil) e 9:40 · 10:29 · 11:24 · 13:25 · 14:40 · 16:24 · 17:29 · 19:29 · 20:25 · 22:38 (Arriva)

Destino Bertamiráns

Luns a venress

10:00 · 11:45 · 17:30 (Autobuses Calo)

AUTOBUSES BERTAMIRÁNS

Destino Santiago

Luns a venres

7:18 · 8:18 · 9:18 · 10:18 · 11:18 · 12:18 · 13:18 · 14:18 · 15:18 16:18 · 17:18 · 18:18 · 19:18 · 20:18 · 21:18 con parada en Rua A Rosa

Sábados, Laborables:

8:05 · 9:05 · 9:34 · 10:05 · 10:32 · 10:40 · 10:48 · 11:40 · 11:48 12:05 · 12:34 · 12:40 · 12:48 · 13:40 · 13:48 · 14:05 · 14:34 · 16:05 16:48 · 17:34 · 17:48 · 18:05 · 18:48 · 19:34 · 19:48 · 20:05 · 20:48 21:34 · 21:50 con parada en Rua A Rosa

Domingos e Festivos:

9:05 · 10:05 · 12:05 · 12:34 · 14:05 · 14:34 · 15:52 · 16:05 · 16:52 17:34 · 17:52 · 18:05 · 18:52 · 19:34 · 19:48 · 20:05 · 20:52 · 21:34 ·21:50

Destino MilladoiroLuns a Venres, Laborables:

11:00 · 12:15 · 19:00

SERVIZOS

Casa do Concello Praza do Concello, 2. Bertamiráns Tel. 981 883 002

Policía Local Rúa Alcalde Lorenzo, 2 Bertamiráns Tel.: 619 767 575

Garda Civil Tel.: 981 536 405

Biblioteca Municipal de O Milladoiro Rúa Raxoeira, 14 baixo Tel.: 981 530 807

Biblioteca Municipal de Bertamiráns Praza de Chavián s/n Tel.: 981 884 829

Casa da Cultura de O Milladoiro Travesía do Porto nº 5 Tel.: 981 535 940

Casa da Cultura de Bertamiráns Praza de Chavián s/n Tel.: 981 891 017

Oficina Municipal de Voluntariado Casa da Cultura de Bertamiráns, Tel.: 662 377 044

Centro Médico O Milladoiro Agro do Medio s/n Tel.: 981 522 838

Centro de Saúde Bertamiráns Rúa Pedregal 10 Tel.: 981 890 404

Pavillón Polideportivo de Bertamiráns Teléfono 981 883 032 Avda. da Peregrina

Piscina Cuberta Municipal “A Telleira” Teléfono 981 891 081 Rúa do Camiño Novo s/n

Servizo Municipal de Augas Bertamiráns Teléfono 981 890 776 Rúa do Agrelo, 7

Servizo Municipal de Augas O Milladoiro Teléfono 981 536 315 Agro do Medio 10

Servizo Municipal de Recadación de Bertamiráns Teléfono 900 132 204 Rúa do Ameneiral, 18, baixo.

Servizo Municipal de Recadación O Milladoiro Teléfono 900 132 204 Rúa Agro do Medio

TELÉFONOS DE INTERESE

w w w . s p r i n t m o t o r . c o m

A ACTUALIDADE DO MOTOR VINTE ANOS INFORMANDO

Page 24: Revista AMSGO! nº 3