REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque...

34
REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO

Transcript of REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque...

Page 1: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E

MARISQUEO

Page 2: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

A Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 5 de marzo de 2014, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento. A orde do día é a seguinte : Punto 1. Elección da/o vicepresidenta/e da Comisión Punto 2. Proposicións non de lei en Comisión 2.1 18918 (09/PNC-001543) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Fajardo Recouso, Juan Manuel Sobre o establecemento pola Xunta de Galicia de axudas económicas

extraordinarias para paliar as perdas ocasionadas ao sector pesqueiro polos temporais rexistrados nos últimos meses

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 240, do 19.02.2014 Punto 3. Preguntas orais en Comisión 3.1 16957 (09/POC-002361) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Val Alonso, José Ramón e Gallego Lomba, José Manuel Sobre o Plan de reordenación da zona portuaria do concello de Foz Publicación da iniciativa, BOPG n.º 225, do 20.01.2014 3.2 17202 (09/POC-002425) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis Sobre as repercusións que vai ter no ámbito marítimo-pesqueiro a

redacción que presenta o Anteproxecto de lei de parques nacionais en relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese pesqueiro de Galicia

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 230, do 04.02.2014 3.3 17203 (09/POC-002426) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis Sobre os datos referidos á posta en marcha do servizo unificado de

mantemento eléctrico nas instalacións portuarias de competencia

Page 3: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

autonómica, a valoración de Portos de Galicia do seu funcionamento e o aforro medio acadado con este sistema

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 230, do 04.02.2014 3.4 17249 (09/POC-002443) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Martínez García, María Consuelo Sobre as razóns da non inclusión do acordo acadado en febreiro de 2013

entre o sector e a Administración e o cambio de criterio respecto da volanta e do palangre na Orde AAA/1307/2013, do 1 de xullo, pola que se establece un plan de xestión para os buques dos censos do caladoiro nacional do Cantábrico noroeste

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 230, do 04.02.2014 3.5 17580 (09/POC-002513) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodas Chapela, Daniel Sobre os datos referidos ao mexillón foráneo importado nos últimos dez

anos, as medidas que está a levar a cabo a Xunta de Galicia para a súa diferenciación do de orixe galega e a avaliación da Consellería do Medio Rural e do Mar das repercusión desta práctica para o sector, así como as medidas previstas ao respecto

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 231, do 05.02.2014 3.6 19050 (09/POC-002769) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Rodas Chapela, Daniel e Prado Cores, María Montserrat Sobre as medidas previstas pola Consellería do Medio Rural e do Mar en

relación coa paralización da actividade, as perdas sufridas e a falta de ingresos do sector pesqueiro para afrontar as obrigas económicas contraídas

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 240, do 19.02.2014 3.7 19170 (09/POC-002789) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Val Alonso, José Ramón e 2 máis Sobre as actuacións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia para evitar

no futuro os problemas que ocasionan ao sector galego do cerco os criterios de repartición de cota do xurelo e da xarda, así como para o establecemento dunha diferenciación do stock da xarda que posibilite a defensa diante da Unión Europea dun aumento das posibilidades de pesca no futuro

Page 4: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 240, do 19.02.2014 Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento. O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión. Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2014

Javier Jorge Guerra Fernández Presidente da Comisión

Page 5: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO

Mesa

Vogais

Page 6: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 05.03.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1. Elección da/o vicepresidenta/e da Comisión

Page 7: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 05.03.2014 Hora: 10:30

Orde do día

2. Proposicións non de lei en Comisión

Page 8: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 05.03.2014 Hora: 10:30

Orde do día

2.1 18918(09/PNC-001543)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Fajardo Recouso, Juan Manuel

Sobre o establecemento pola Xunta de Galicia de axudas

económicas extraordinarias para paliar as perdas ocasionadas

ao sector pesqueiro polos temporais rexistrados nos últimos

meses

Publicación da iniciativa, 240, 19.02.2014

Page 9: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través

do seu voceiro e a iniciativa dos seu deputado Juan M. Fajardo Recouso, ao

abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a

seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comision

Exposición de Motivos

Durante os últimos meses a adversidade meteorolóxica ten provocado que a

nosa flota pesqueira apenas puidese saír a faenar, situación que unida a xa

dramática realidade económica do sector, fai que a día de hoxe a xente do mar

esteña case na bancarrota, os dous meses que suman sen ingresos e os

custes fixos os que teñen que facer fronte con independencia dos días de mar,

fan que a situación seña dramática e moitos esten pensando xa en abandonar

este medio de vida.

Ante esta situación a administración non pode mirar para outro lado os milleiros

de galegos e galegas que viven do mar merecen a adopción de medidas

urxentes que palíen a actual situación de forma que se poidan compensar

economicamente as perdas e situación social afectada.

Nos últimos días os moitos mariñeiros que denuncian as presións das

entidades financeiras que queren cobrar os seus créditos igual sen importarlles

a situación do sector, e polo tanto son centos senón miles no litoral galegos as

persoas que están en risco de perder os seus medios de vida, barcos ou

incluso as súas vivendas, ante esta dramática situación que parece non

importar ao Sr Feijoo e á Sra Quíntana, máis preocupados de tapar as

vergonzas da Pokemon que de ofrecer alternativas o país.

Page 10: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda formula a seguinte

Proposición non de lei, para o seu debate en Comisión

O Parlamento de Galicia insta o goberno galego a articular as axudas

económicas extraordinarias para paliar as perdas económicas ocasionadas

polos continuos temporais o conxunto do sector do mar de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2014.

Asdo.: Juan M. Fajardo Recouso

Deputado do G.P. da AGE.

Xosé M. Beiras Torrado

Portavoz do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

Juán Manuel Fajardo Recouso na data 07/02/2014 12:32:02

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 07/02/2014 12:32:12

Page 11: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 05.03.2014 Hora: 10:30

Orde do día

3. Preguntas orais en Comisión

Page 12: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 05.03.2014 Hora: 10:30

Orde do día

3.1 16957(09/POC-002361)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Val Alonso, José Ramón e Gallego Lomba, José Manuel

Sobre o Plan de reordenación da zona portuaria do concello de

Foz

Publicación da iniciativa, 225, 20.01.2014

Page 13: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Partido dos Socialistas de Galicia

1

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Ramón Val Alonso e José Manuel Gallego Lomba, deputados pertencente

ao Grupo Parlamentario Socialista, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa

resposta oral en comisión.

O pasado 31 de decembro o alcalde do Concello de Foz, facía pública a través

dos medios de comunicación a inminente presentación no pleno municipal do

Plan de reordenación da zona portuaria.

Esta noticia transcendeu logo dunha reunión entre o rexedor local e o presidente

de Portos de Galicia.

Falase que entre as melloras que suporá a recualificación da zona está a creación

unha zona comercial, ademais da ampliación do número de amarres, e mesmo

chegouse a firmar que hai varios grupos empresariais interesados na actividade.

Este foi o tema estrela co que o PP concorreu ás eleccións municipais, e desde

entón o único que se está a facer é dar pasos para xustificar diante dos cidadáns

que se traballa nesa dirección, iso si, sen dicir que para iso se xoga e se utilizan

recursos públicos de todos os galegos e mesmo se utilizan con fins partidistas as

propias institucións.

O Grupo Socialista entende que é preciso acometer melloras nas instalacións

portuarias, pero xórdennos moitas dúbidas con este plan de reorganización da

zona portuaria do concello de Foz, polo que formulamos as seguintes cuestións.

1ª) En que consiste o plan de reorganización da zona portuaria de Foz?

2ª) Existe dotación económica para levalo a diante?

3ª) Que prazos manexa o Goberno galego para a súa finalización?

Page 14: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Partido dos Socialistas de Galicia

2

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

4ª) Que significan as declaracións do rexedor afirmando que existen grupos

empresariais interesados na actividade?

Pazo do Parlamento, 8 de xaneiro de 2014

Asinado dixitalmente por: José Ramón Val Alonso na data 08/01/2014 12:20:13

José Manuel Gallego Lomba na data 08/01/2014 12:20:22

Page 15: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 05.03.2014 Hora: 10:30

Orde do día

3.2 17202(09/POC-002425)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis

Sobre as repercusións que vai ter no ámbito marítimo-

pesqueiro a redacción que presenta o Anteproxecto de lei de

parques nacionais en relación co Parque Nacional Marítimo-

Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de

interese pesqueiro de Galicia

Publicación da iniciativa, 230, 04.02.2014

Page 16: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Á Mesa do Parlamento

José Manuel Balseiro Orol, Hipólito Fariñas Sobrino, Vidal Martínez-Sierra López, Berta Pérez Hernández, Marisol Piñeiro Martínez, Javier Guerra Fernández e María Herminia Pouso Maneiro, deputados e deputadas do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara presentan, ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión. O pasado ano 2013 o Consello de Ministros estudou un informe sobre o anteproxecto de Lei de Parques Nacionais a través do que o Executivo central busca garantir o axeitado estado de conservación destes espazos que contan coa máxima protección medioambiental. Entre as medidas incluídas na nova proposta normativa está a posibilidade de ampliar Parques Nacionais xa declarados, con áreas mariñas exteriores lindeiras, algo que non recolle a normativa actual, así como a integración dos habitantes da contorna dos Parques e dos titulares de dereitos no seu interior. En Galicia declarouse no ano 2002 o “Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas” que comprende as illas galegas de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. A maiores, na costa galega, existen dúas Reservas Mariñas de Interese Pesqueiro, que son a Reserva de “Os Miñarzos” na Costa de Lira (Costa da Morte), creada en 2007 e a “Ría de Cedeira” no litoral Cantábrico, creada en 2009. Co obxecto de coñecer máis polo miúdo a repercusión que esta nova normativa terá no ámbito marítimo-pesqueiro e, en relación con este asunto, os deputados asinantes, formulan as seguintes preguntas:

Page 17: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

1. Que repercusión no ámbito marítimo-pesqueiro vai ter esta nova normativa en relación co parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia?

2. Cales son as repercusión que no ámbito marítimo-pesqueiro

vai a ter a nova normativa en relación coas Reservas Mariñas de Galicia?

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2014

Asinado dixitalmente por:

José Manuel Balseiro Orol na data 14/01/2014 10:22:10 Hipólito Fariñas Sobrino na data 14/01/2014 10:22:19

Vidal Martínez-Sierra López na data 14/01/2014 10:22:29 Berta Pérez Hernández na data 14/01/2014 10:22:36

María Soledad Piñeiro Martínez na data 14/01/2014 10:22:43 Javier Jorge Guerra Fernández na data 14/01/2014 10:22:52

Maria Herminia Pouso Maneiro na data 14/01/2014 10:23:00

Page 18: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 05.03.2014 Hora: 10:30

Orde do día

3.3 17203(09/POC-002426)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis

Sobre os datos referidos á posta en marcha do servizo

unificado de mantemento eléctrico nas instalacións portuarias

de competencia autonómica, a valoración de Portos de Galicia

do seu funcionamento e o aforro medio acadado con este

sistema

Publicación da iniciativa, 230, 04.02.2014

Page 19: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Á Mesa do Parlamento

José Manuel Balseiro Orol, Hipólito Fariñas Sobrino, Vidal Martínez-Sierra López, Berta Pérez Hernández, Marisol Piñeiro Martínez, Javier Guerra Fernández e María Herminia Pouso Maneiro, deputados e deputadas do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara presentan, ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

O pasado ano Portos de Galicia puxo en marcha o servizo unificado de mantemento eléctrico nas instalacións portuarias de competencia autonómica.

Esta medida implica a contratación do servizo de conservación e reparación do alumeado de forma conxunta para varios portos dunha determinada franxa litoral.

En relación con este asunto, os deputados asinantes, formulan as seguintes preguntas.

1. En que consistiu –máis polo miúdo- a posta en marcha do servizo unificado de mantemento nos portos galegos?

2. Que instalacións portuarias puideron beneficiarse deste sistema? ¿Con que características?

3. Que valoración fai portos de Galicia do funcionamento deste servizo unificado logo dos seus primeiros meses de funcionamento?

4. Cal foi o aforro medio acadado con este sistema?

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2014

Page 20: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Asinado dixitalmente por: José Manuel Balseiro Orol na data 14/01/2014 10:23:30 Hipólito Fariñas Sobrino na data 14/01/2014 10:23:38

Vidal Martínez-Sierra López na data 14/01/2014 10:23:46 Berta Pérez Hernández na data 14/01/2014 10:23:55

María Soledad Piñeiro Martínez na data 14/01/2014 10:24:07 Javier Jorge Guerra Fernández na data 14/01/2014 10:24:15

Maria Herminia Pouso Maneiro na data 14/01/2014 10:24:22

Page 21: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 05.03.2014 Hora: 10:30

Orde do día

3.4 17249(09/POC-002443)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Martínez García, María Consuelo

Sobre as razóns da non inclusión do acordo acadado en

febreiro de 2013 entre o sector e a Administración e o cambio

de criterio respecto da volanta e do palangre na Orde

AAA/1307/2013, do 1 de xullo, pola que se establece un plan

de xestión para os buques dos censos do caladoiro nacional do

Cantábrico noroeste

Publicación da iniciativa, 230, 04.02.2014

Page 22: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Á MESA DO PARLAMENTO

Consuelo Martínez García, deputada pertencente ao Grupo Parlamentar da Alternativa

Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,

presenta ante esa Mesa a seguinte Pregunta para a súa contestación en Comisión.

Con data 21/22 de febreiro de 2013, celebrouse reunión do Grupo de Traballo do

Caladoiro Cantábrico Noroeste, na que se debateu o Proxecto de Orde dun plan de

xestión para os buques dos censos do caladoiro nacional do Cantábrico y Noroeste.

Segundo se recolle na acta de dita reunión, entre os acordos acadados consta:

Volanta, palangre de fondo: reparto individual, en base a 50% nº barcos, 25% nº

tripulantes e 25% capturas históricas para volanta e lineal no caso do palangre de

fondo.

Sen embargo, o sector vese sorprendido cando, a pesar do citado acordo sectorial e da

propia Administración, o goberno publica a Orden AAA/1307/2013, de 1 de julio, por la que

se establece un Plan de gestión para los buques de los censos del Caladero Nacional del

Cantábrico y Noroeste, contradicindo os acordos de febreiro de 2013.

Dita Orde, recolle no seu artigo 2. “Distribución das posibilidades de pesca por caladoiros

e modalidades de pesca”:

6.- “Distribución das posibilidades de pesca de merluza por buques, para as modalidades

de palangre de fondo e volanta de fondo.

a) ... “a porcentaxe das posibilidades de pesca de merluza asignadas ás modalidades de

volanta e palangre de fondo distribuiranse de maneira individual por buque.

c) “Entre os buques de volanta autorizados a faenar en augas do caladoiro Cantábrico e

Noroeste dita distribución farase, para o primeiro ano, e comunicado por Resolución do

Secretario General de Pesca, en base a:

50% reparto lineal entre buques

25% reparto en función dos Gts de cada barco

25% reparto en función das capturas históricas

Page 23: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Polo exposto, a deputada que subscrebe, pertencente ao Grupo Parlamentar da

Alternativa Galega de Esquerda, formula a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en

Comisión:

- Por que non se respectou o acordo acadado entre Sector e Administración na

reunión celebrada en Madrid os días 21 e 22 de febreiro de 2013?

- Por que a Administración decide cambiar os criterios respecto á volanta e palangre

de fondo, en tan só 6 meses?

- Por que a Xunta non prima os intereses de Galiza no sector da pesca, defendendo

os intereses da nosa flota e os intereses de Galiza defendendo a incorporación de

criterios como o “número de tripulantes?

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2014.

Asdo.: Consuelo Martínez García

Deputada do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

María Consuelo Martínez García na data 14/01/2014 13:56:20

Page 24: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 05.03.2014 Hora: 10:30

Orde do día

3.5 17580(09/POC-002513)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodas Chapela, Daniel

Sobre os datos referidos ao mexillón foráneo importado nos

últimos dez anos, as medidas que está a levar a cabo a Xunta

de Galicia para a súa diferenciación do de orixe galega e a

avaliación da Consellería do Medio Rural e do Mar das

repercusión desta práctica para o sector, así como as medidas

previstas ao respecto

Publicación da iniciativa, 231, 05.02.2014

Page 25: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

OFICINA PARLAMENParlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Daniel Rodas Chapela, deputado do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa ao

volume de importación de mexillón foráneo e a repercusión que está a ter nos

produtores galegos.

O sector do mexillón é un dos nosos principais sectores extractivos polo

número de viveiros flotantes: 3.300 bateas; polo número de empregos directos:

máis de 12.000 traballadores; pola actividade inducida que xera nos concellos do

litoral; e pola importancia do modelo de distribución da actividade: máis de

2.000 pequenas empresas.

A importación de mexillón foráneo está a ter graves repercusións na

acuicultura galega. O mexillón procedente doutras latitudes como Chile ou

Neozelandés, está representando a maior parte do mexillón que se elabora en

Galiza, e modificando o subministro de valva á industria conserveira galega.

Nesta última década as consecuencias das políticas da UE, despois do

tratado de libre comercio con Chile, pero tamén pola actitude que o Goberno

galego está a manter ao permitir que os intereses dunha industria conserveira non

estean vinculados aos intereses do País, abocan a este sector a unha caída

espectacular na demanda de produto galego para a conserva: 35% da produción

para a conserva, cando na década pasada alcanzaba o 60%.

Esta entrada masiva de vianda foránea orixina unha elevada

competitividade, o que provoca a caída dos prezos. No ano 2012 o prezo medio

Page 26: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

OFICINA PARLAMENParlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

do mexillón destinado a industria conserveira alcanzaba os 0,43 euros/quilo moi

lonxe dos prezos que alcanzaba no ano 2003, 0,70 euros/quilo.

A maiores observamos con preocupación como a Xunta de Galiza segue a

subvencionar con diñeiro público procedente dos Fondos Europeos (FEP ou

FEMP) a industria conserveira, sen que a cambio condicione o investimento

público coa obrigatoriedade de elaborar a materia prima das nosas instalacións de

miticultura, ou de que os produtos elaborados conten con marcas de identidade

ou denominacións de orixe claramente galegas. O Goberno galego financia

investimentos para a modernización de determinadas empresas que ocultan

información sobre a procedencia do produto e fomentan unha competencia ilegal

con respecto aos produtos galegos.

Estas son as razóns que nos levan a formular a seguinte Pregunta para a

súa resposta oral en Comisión:

1.- Que cantidade de mexillón se leva importado nos últimos 10 anos e de

que países procede, e cal é a comparativa coa produción galega?

2.- Que medidas está a levar a cabo a Xunta de Galiza para diferenciar o

mexillón que se está a introducir no noso país: conxelado, en fresco, procesado,

etc do galego?

3.- Que avaliación realiza a Consellería do Medio Rural e do Mar sobre as

repercusións que esta práctica está a ter na produción galega, no prezo dos

moluscos e na renda dos produtores galegos?

Page 27: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

OFICINA PARLAMENParlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4.- Que medidas pensa adoptar a Consellaría de Medio Rural e Mar para

que os fondos europeos destinados á industria conserveira se vinculen

directamente a que haxa información clara da procedencia do produto elaborado,

e de forma preferente se incentiven aquelas industrias que procesen produto

autóctono?

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2014

Asdo.: Daniel Rodas Chapela

Deputado do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Daniel Rodas Chapela na data 20/01/2014 13:49:47

Page 28: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 05.03.2014 Hora: 10:30

Orde do día

3.6 19050(09/POC-002769)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodas Chapela, Daniel e Prado Cores, María Montserrat

Sobre as medidas previstas pola Consellería do Medio Rural e

do Mar en relación coa paralización da actividade, as perdas

sufridas e a falta de ingresos do sector pesqueiro para

afrontar as obrigas económicas contraídas

Publicación da iniciativa, 240, 19.02.2014

Page 29: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Á Mesa do Parlamento

Daniel Rodas Chapela e Montserrat Prado Cores, deputado e deputada do

Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en

Comisión, relativa á necesidade de tomar medidas contra a paralización de actividade

por mal tempo no sector pesqueiro.

Neste inverno as condicións climatolóxicas están sendo especialmente duras

para o sector marítimo-pesqueiro, o que imposibilita que a flota puidera saír a faenar

con normalidade e que está a provocar unha enorme alarma social entre os armadores e

traballadores do mar, xa que levan máis de dous meses de temporal.

Unha escasa actividade para manter as unidades produtivas, para manter as

familias e facerlle fronte as obrigas, pois, con independencia de que se poida ou non

faenar, os seguros, a seguridade social, os créditos, e o sustento de cada día hai que

procuralo e fan falla ingresos diarios para poder facerlle fronte.

Estamos falando dunha situación anómala, pois nin os máis vellos lembran que

un temporal destas características, con treboadas e cicloxéneses, tivese tal duración.

A situación é suficientemente grave para que por parte do Goberno galego se

adopten medidas de emerxencia, pois aínda por riba de permanecer amarrados, teñen

que aturar unha situación financeira que é a peor da última década na concesión de

cretos ou si os autorizan a uns intereses excesivamente caros, por no dicir

descaradamente abusivos.

Ante esta situación de emerxencia, a titular de Medio Rural e Mar ten

comprometido a utilización de fondos europeos para paliar os danos e a falla de

actividade en determinados segmentos e actividades, sempre e cando leven menos de

catro meses pechados ou as perdas acaden o 35% da produción.

Page 30: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Ata o momento nada sabemos de que se teña levado a cabo unha valoración dos

períodos de peche nin das perdas por parte da administración nin que haxa desenvolvido

algunha acción no camiño de facilitar a posibilidade de financiamento ben a través de

acordos con entidades privadas, ben a través de fondos públicos utilizando instrumentos

como o IGAPE.

Outras posibles liñas de axudas estarían encamiñadas a poder xestionar a

paralización e retraio das cotas da seguridade social ante a imposibilidade de poder

facerlle fronte. Incluso a posibilidade de condono ou subvención ao serlle imposíbel a

recuperación da renda que permitiría afrontar os gastos e impostos, dado que a mesma

non se levou a cabo e non se pode recuperar.

As liñas de apoio axudarían a que armadores e mariñeiros puideran capear esta

situación de falta de liquidez en previsión de que o tempo cambie e poidan ter labores

futuras onde poidan resarcirse desta situación e poder facerlle fronte ás obrigas

económicas contraidas.

Estas son as razóns que nos levan a formular as seguintes preguntas para a súa

resposta oral en comisión:

1.- Que medidas pensa adoptar a Consellaría de Medio Rural e Mar ante a

paralización de actividade do sector da pesca por mal tempo, as perdidas sufridas e a

falla de ingresos para poder facerlle fronte ás obrigas económicas comprometidas;

seguros, seguridade social, cretos,...?

2.- Vai tomar algunha medida relacionada coa exención, subvención das cotas

de seguridade social para aquelas actividades que non tiveron posibilidade de ingresos e

non poden afrontar dito pago?

Page 31: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

3.- Vai desenvolver as axudas comprometidas pola titular de Medio Rural e Mar

contempladas no regulamento comunitario, relativo ao Fondo de Pesca, para compensar

os casos de paralización prolongada, e as perdas que representen o 35% do total do

volume económico da empresa?

4.- Vai desenvolver algunha liña de axudas a través da colaboración con

entidades privadas a que poidan adherirse os armadores, pequenos propietarios,

industrias do sector, etc, que posibilite o aceso ao creto nunhas condicións aceptables ?

5.- Van a tomar algunha iniciativa dende o Instituto Galego de Promoción

Económica co fin de apoiar esta actividade e contribuír ao financiamento do sector

facilitando procesos de liquidez para fomentar a consolidación e competitividade do

noso sector extractivo?

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2014

Asdo.: Daniel Rodas Chapela

Montserrat Prado Cores

Deputado e deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Daniel Rodas Chapela na data 10/02/2014 19:32:45

María Montserrat Prado Cores na data 10/02/2014 19:32:51

Page 32: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 05.03.2014 Hora: 10:30

Orde do día

3.7 19170(09/POC-002789)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Val Alonso, José Ramón e 2 máis

Sobre as actuacións que está a levar a cabo a Xunta de

Galicia para evitar no futuro os problemas que ocasionan ao

sector galego do cerco os criterios de repartición de cota do

xurelo e da xarda, así como para o establecemento dunha

diferenciación do stock da xarda que posibilite a defensa

diante da Unión Europea dun aumento das posibilidades de

pesca no futuro

Publicación da iniciativa, 240, 19.02.2014

Page 33: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Partido dos Socialistas de Galicia

1

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Ramón Val Alonso, Francisco Caamaño Domínguez e José Manuel

Gallego Lomba, deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario Socialista,

ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan

ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en comisión.

Desde hai varias semanas o sector cerqueiro galego, composto por 154

embarcacións e preto de 1.500 mariñeiros permanece amarrado a porto en

sinal de protesta pola proposta de reparto da cota do xurelo e da xarda que

pretende facer o Goberno do Estado e que é claramente prexudicial para os

intereses pesqueiros galegos.

Un reparto baseado nos datos referidos aos históricos de pesca do conxunto

da flota e que está moi afastado doutros criterios obxectivos como poden

ser o número de barcos e tripulantes, o impacto económico ou a

repercusión social que pode ter nas localidades costeiras.

Con este criterio dáse o caso de que un porto galego co mesmo número de

barcos que un porto vasco ten practicamente tan só o 10 % de

posibilidades de pesca con respecto a este último.

Este grupo parlamentario xa ten presentado diferentes iniciativas neste

cámara para instar o Goberno galego a promover accións concretas co fin

de acadar unha maior e mellor rendibilidade deste sector, quedando claro

en todas elas que este non é un fin compartido polo executivo galego.

Sendo o actual modelo de reparto un grave problema, é certo que a raíz

deste conflito está no establecemento de posibilidades de pesca asignado

aos estados membros da UE por Bruxelas, onde o Goberno español e

galego non foron quen de acadar un maior TAC destas especies.

Page 34: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO - Parlamento de Galicia€¦ · relación co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e as reservas mariñas de interese

Partido dos Socialistas de Galicia

2

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Noutras comunidades están poñendo en marcha estudos científicos

encamiñados a establecer a diferenza de stocks, co fin de que Bruxelas

estableza un stock diferenciado para o Cantábrico noroeste.

Estas cuestións son as que levan a este grupo a formular as seguintes

cuestións?

1ª) Que está a facer o Goberno galego para que estes problemas non se

repitan no futuro?

2ª) Está a traballar o Goberno nalgunha iniciativa para establecer unha

diferenciación de stock da xarda e que posibilite a defensa diante da UE

dun aumento de posibilidades de pesca no futuro?

Pazo do Parlamento, 11 de febreiro de 2014

Asinado dixitalmente por: José Ramón Val Alonso na data 12/02/2014 10:42:41

Francisco Manuel Caamaño Domínguez na data 12/02/2014 10:42:54 José Manuel Gallego Lomba na data 12/02/2014 10:43:01