Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como...

40
REUNIÓN DA COMISIÓN 4.ª, EDUCACIÓN E CULTURA Día: 17.02.2016 Hora: 16:30

Transcript of Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como...

Page 1: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura

Día: 17.02.2016 Hora: 16:30

Orde do día

1. Designación da Ponencia do Proxecto de lei do patrimonio

cultural de Galicia

Page 2: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura

Día: 17.02.2016 Hora: 16:30

Orde do día

2. Preguntas orais en Comisión

Page 3: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura

Día: 17.02.2016 Hora: 16:30

Orde do día

2.1 45449(09/POC-006684)

Grupo Parlamentario Mixto

Iglesias Sueiro, Carmen e Martínez García, María Consuelo

Sobre as razóns da amortización no curso 2015-2016 de tres

postos de traballo na Escola Infantil Galiña Azul de Carril,

no concello de Vilagarcía de Arousa, así como da desaparición

da figura da parella educativa na Rede galega de escolas

infantís

Publicación da iniciativa, 586, 21.01.2016

Page 4: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | POC

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O G. P. Mixto, a iniciativa das súas deputadas, Carmen Iglesias Sueiro e

Consuelo Martínez García, ao abeiro do establecido no regulamento desta

cámara, presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta na Comisión 4ª

Educación e Cultura sobre as razóns da amortización no curso 2015-2016 de

tres postos de traballo na Escola Infantil Galiña Azul de Carril, no concello de

Vilagarcía de Arousa, así como da desaparición da figura da parella educativa

na Rede galega de escolas infantís .

A Escola infantil “Galiña azul” de Carril pertence á rede de Escolas Infantís de

Galicia xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e

Benestar.

Dende a súa posta en marcha a Escola Infantil de Vilagarcía de Arousa

contaba, ao igual que todas as escolas que forman parte da rede, con parella

educativa en todas as súas liñas.

Na propia páxina web do Consorcio móstrase este método de ensino como

ferramenta para conseguir o seu obxectivo principal: “A aposta pola calidade

vertébrase arredor de dous elementos fundamentais: a redución da ratio de

alumnos/as por educador/a e a formación continua. Para facer posible o

primeiro, apóstase pola parella educativa, isto é, a presenza de dúas persoas

educadoras por cada aula, o que permite unha atención óptima ás crianzas ao

tempo que obriga a elaborar un traballo en equipo constante”.

Porén, o pasado mes de xullo a escola infantil “Galiña Azul”, recibe notificación

a través da dirección da escola que para o vindeiro curso 2015-2016 procédese

a amortizar tres prazas nese centro educativo: unha de mestra que nunca se

chegara a cubrir, unha de educadora e outra de persoal de servizos xerais.

Page 5: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | POC

2

A Escola Infantil de Vilagarcía non veu reducido o número de alumnado, de

feito conta con lista de agarda en dúas das tres liñas coas que conta.

A escola ten constancia que a política de amortizacións non só afecta a súa

escola se non que, neste curso 2015-2016, afecta a 35 escolas nas que se

amortizan un total de 51 prazas. Ademais disto, en moitas Escolas de nova

creación, a parella educativa desaparece.

Dende a ANPA “O año Pitaño” procedeuse a unha recollida de sinaturas onde

máis de 3.500 persoas mostran a súa desconformidade coa política de

amortización levada a cabo polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e

Benestar.

O pasado mes de xullo o Concello de Vilagarcía veu de aprobar pola

unanimidade dos seus concelleiros e concelleiras unha moción na que se

manifestan en contra das amortizacións levadas a cabo na Escola Infantil de

Vilagarcía ao tempo que se solicita o mantemento da parella educativa como

piar fundamental da Rede Galega de Escolas Infantís de Galicia.

Polo exposto, formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta en

Comisión:

Cales son os motivos que xustifican a amortización de tres prazas na

Escola Infantil “A Galiña Azul” de Vilagarcía cando a mesma non viu

reducido o seu número de alumnado e mesmo conta con lista de

agarda?

A que se debe a política xeneralizada de amortizacións de prazas nas

Escolas infantís e como se xustifican?

Por que está a desaparecer a figura da parella educativa nas Escolas

cando o propio Consorcio a recoñece como unha medida fundamental

para apostar pola calidade?

Page 6: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | POC

3

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2016

Asdo.: Carmen Iglesias Sueiro Consuelo Martínez García Vicevoceira e Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia Asinado dixitalmente por: Carmen Iglesias Sueiro na data 14/01/2016 10:47:08 María Consuelo Martínez García na data 14/01/2016 10:47:18

Page 7: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura

Día: 17.02.2016 Hora: 16:30

Orde do día

2.2 45784(09/POC-006773)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Vázquez Blanco, Emilio e 3 máis

Sobre as razóns do posible incumprimento das condicións

establecidas no prego de cláusulas e prescricións técnicas do

concurso para a prestación do servizo de información e

atención ao público da Cidade da Cultura de Galicia pola

empresa adxudicataria

Publicación da iniciativa, 591, 28.01.2016

Page 8: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Emilio Vázquez Blanco, José Antonio Sánchez Bugallo, Vicente Docasar Docasar e

María Concepción Burgo López, deputados e deputada pertencentes ao Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa

resposta oral na Comisión 4ª.

O pasado mes de xuño comezou o concurso para o servizo de información e atención ao

público da Cidade da Cultura de Galicia. A este concurso presentáronse 9 empresas e foi

resolto no mes de agosto coa adxudicación definitiva a Brócoli, unha empresa de

Málaga, tras a renuncia das dúas primeiras empresas, comezando os seus servizos o 7 de

outubro.

Chama a atención, que a empresa Brócoli, é unha empresa de servizos de limpeza,

desratización e mantemento de piscinas, entre outras cousas. E que non ten ningunha

experiencia previa na xestión cultural, nin de edificios culturais, nin museos. Ademais,

curiosamente na mesma época, esta empresa gañou tamén o concurso de limpeza na

mesma Cidade da Cultura.

Antes do 7 de outubro, o persoal que estaba traballando no servizo de información e

atención ao público desenvolvía o seu traballo na empresa Eulen, dende o 13 de marzo,

data na que comezou a exposición “O Camiño: A Orixe”, que finalizaba o 13 de

setembro, xusto 6 meses despois. O curioso é que o día 10 de setembro, dende Eulen se

lle comunicou aos traballadores dese servizo que o día seguinte, o 11 de setembro, sería

o último día efectivo de traballo por producirse a extinción do contrato entre a Cidade

da Cultura e Eulen.

Este dato cobra relevancia xa que ao cumprirse 6 meses de contrato, produciríase a

subrogación, e polo tanto a nova adxudicataria do servizo, tería que facerse cargo do

persoal no mesmo posto que xa tiñan. A consecuencia deste feito, a Cidade da Cultura

quedouse sen traballadores para clausurar a última fin de semana da exposición, tendo

que percorrer ao persoal da propia Fundación Cidade da Cultura para rematar a

exposición.

Despois disto, atopámonos ademais con varias queixas de que a empresa Brócoli non

está a cumprir algunhas das cláusulas dos pregos cos que gañaron o concurso de

información e atención ao público da Cidade da Cultura:

Page 9: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

- Na páxina 7 apartado 4.2 relativo ao informe das prescricións técnicas, pon

expresamente que “o contratista non pode utilizar en ningunha prenda ou elemento a

disposición ou á vista dos usuarios, a súa propia imaxe (logos, marca...), salvo

autorización expresa da Fundación”. Cousa que se incumpre de xeito flagrante xa que

todo o persoal leva un uniforme no que á altura do peito leva o logotipo da cidade da

cultura e debaixo, ao mesmo tamaño, o de Brócoli e polas costas, aínda máis grande, as

dúas marcas.

- Outro incumprimento é que Brócoli non designou un “coordinador” ou “responsable”

dentro do persoal que actualmente traballa no servizo de atención e información ao

público, polo que se dá o paradoxo de que o persoal actualmente nese servizo podería

exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cidade da Cultura por recibir ordes

directas da propia Cidade da Cultura. Ademais isto está perfectamente explicitado no

prego de prescricións técnicas na páxina 6 no apartado 3.6.1 Prestación do servizo e

funcións.

- Tamén se está a producir un incumprimento que se pode ver na nota aclaratoria no

concurso enviada o día 2 de xullo, onde se di expresamente que o convenio que rexerá o

concurso é o II Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións

culturais de Galicia. E neste convenio especifícanse claramente as categorías

profesionais do persoal. Isto tamén se está incumprindo xa que o persoal do museo, que

fai visitas guiadas e visitas didácticas, está no Grupo IV cando segundo o convenio

teñen que estar no III como recepcionistas de museo ou monitores didácticos. E o

coordinador do equipo tería que estar no Grupo II como xefe de equipo cando nin

sequera o teñen no cadro de persoal.

Ante esta situación os deputados e a deputada que asinan formulan as seguintes

preguntas:

1ª) Cales son as razóns polas que se están a incumprir, por parte da empresa

adxudicataria, as cláusulas do Prego de Condicións do Servizo de Información e

Atención ao Público da Cidade da Cultura de Galicia?

2ª) Está a Xunta de Galicia a velar polo cumprimento das cláusulas dos concursos de

empresas adxudicatarias que prestan servizos na Administración pública ou entes

dependentes dela?

3ª) Coñece a Xunta de Galicia por que dende a adxudicataria da exposición “O

Camiño: A Orixe”, se lle comunicou aos traballadores -48 horas antes de que rematase a

Page 10: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

dita exposición- o remate dos seus servizos, tendo que acudir ao persoal da propia

Fundación Cidade da Cultura?

Pazo do Parlamento, 20 de xaneiro de 2016

Asinado dixitalmente por:

Emilio Vázquez Blanco na data 21/01/2016 12:48:31

José Antonio Sánchez Bugallo na data 21/01/2016 12:48:40

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 21/01/2016 12:48:54

María Concepción Burgo López na data 21/01/2016 12:49:04

Page 11: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura

Día: 17.02.2016 Hora: 16:30

Orde do día

2.3 45787(09/POC-006774)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 2 máis

Sobre a valoración polo Goberno galego da posibilidade de

aproveitamento dos recursos humanos dos centros que imparten

formación profesional en Galicia para a busca activa de

emprego para a xuventude

Publicación da iniciativa, 591, 28.01.2016

Page 12: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Ricardo Vicente Docasar Docasar, Emilio Vázquez Blanco e María Concepción Burgo

López, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de

Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante

esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 4ª.

Galicia conta a día de hoxe cunha boa Formación Profesional, unha Formación

Profesional que ten na actualidade máis prestixio do que nunca tivo na nosa historia,

que conta cunha porcentaxe moi alta de matriculacións e tamén, e así hai que

recoñecelo, que asegura, a pesar da crise, un alto grao de inserción laboral en relación

con outros tipos de estudos.

O Grupo Parlamentario Socialista ten tamén moi claro que o noso sistema de FP non ten

que sentir envexa de ningún outro sistema de formación profesional que poida existir

noutros lugares do noso entorno económico e cultural, pois trátase dun sistema que está

perfectamente incardinado no noso tecido produtivo.

Dase asemade a circunstancia positiva que o sistema educativo galego conta cun

profesorado altamente cualificado tanto nos IES que imparten a Formación Profesional

como nos C.I.F.P., centros e profesionais que veñen colaborando intensamente dende hai

moitos anos co sector empresarial para levar adiante, no seu día, as denominadas

prácticas en alternancia, e xa máis recentemente a formación en centros de traballo

(F.C.T).

Todos e todas sabemos tamén que na actualidade o noso país ten lamentablemente un

gran problema de paro xuvenil, un paro que resulta insoportable e que debe ser

abordado con grande determinación por parte das diferentes institucións, se non

queremos quedarnos sen futuro deixando sen expectativas ou mandando directamente á

emigración a xeración de mozos e mozas mellor formada da nosa historia.

Neste contexto que vimos de expoñer, entendemos que sería tremendamente útil

aproveitar todos os recursos cos que conta a nosa comunidade autónoma e poñelos a

disposición deste enorme reto de país.

Entende igualmente o Grupo Parlamentario Socialista que eses recursos humanos

deben estar perfectamente coordinados,e que esa coordinación debe facerse respectando

escrupulosamente as competencias que teñen uns organismos e outros nesta importante

Page 13: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

cuestión, e por iso os deputados e a deputada que asinan preguntan:

Contempla o Goberno galego a posibilidade de aproveitar os recursos humanos

existentes nos IES e CIFP que imparten Formación Profesional en Galicia, e poñelos a

disposición da busca activa de emprego para a nosa xuventude?

Pazo do Parlamento, 19 de xaneiro de 2016

Asinado dixitalmente por:

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 21/01/2016 13:12:30

Emilio Vázquez Blanco na data 21/01/2016 13:12:40

María Concepción Burgo López na data 21/01/2016 13:12:47

Page 14: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura

Día: 17.02.2016 Hora: 16:30

Orde do día

2.4 45898(09/POC-006798)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Baamonde Díaz, Agustín e 7 máis

Sobre o encaixe das actuacións que está a levar a cabo a

Xunta de Galicia en materia lingüística dentro do marco das

recomendacións reflectidas no IV Informe do comité de

expertos da Carta europea das linguas rexionais e

minoritarias

Publicación da iniciativa, 595, 04.02.2016

Page 15: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

A Mesa do Parlamento Agustín Baamonde Díaz, Hipólito Fariñas Sobrino, Moisés Blanco Paradelo, Javier Dorado Soto, César Fernández Gil, Antonio Mouriño Villar, Maite Cancelo Márquez e Ramón Santos Pérez, deputados e deputada do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 4ª, Educación e Cultura. A mediados do mes mes de xaneiro, os membros do comité de expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (CELRM), deron a coñecer o seu 4º informe de seguimento analizando a “ saúde” destas línguas rexionais europeas. Este informe, referido ao período 2010-2013, e sendo o primeiro que avalía a situación do galego, conclúe falando dunha “mellora considerable” da situación en España, recalcando ademais o “moi elevado nivel de protección" que teñen as linguas rexionais e minoritarias no noso país a través do traballo dos gobernos autonómicos, aínda que tamén sinalan certas carencias no uso das cooficiais na Xustiza ou a asistencia sanitaria. Entre os aspectos positivos que destaca en Galicia, atópase o incremento do número de medios de comunicación audiovisual privados que emiten parte da súa programación na lingua propia da Comunidade. O galego é a lingua maioritaria de Galicia como apareceu reflectido no último informe do Instituto Galego de Estatística, cun grao de coñecemento moi por riba da media do resto de linguas minoritarias europeas, pero somos todos conscientes que a súa protección, uso e fomento son fundamentais para a nosa lingua como elemento fundamental de unión, de identidade do noso pobo. A maiores da avaliación, o Comité de Expertos fai 6 recomendacións referidas ás linguas rexionais en España, entre as que cómpre resaltar a de animar as autoridades a “continuar asegurando que a oferta de educación trilingüe non afecta negativamente á protección e promoción das linguas minoritarias”. Por todo o exposto, os deputados asinantes, formulan a seguinte pregunta en Comisión: En qué medidas as actuacións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia en materia lingüística están enmarcadas nas recomendacións realizadas polo comité de expertos da CELMR ?

Page 16: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2016 Asinado dixitalmente por:

Agustín Baamonde Díaz na data 25/01/2016 14:04:03

Hipólito Fariñas Sobrino na data 25/01/2016 14:04:15

Moisés Blanco Paradelo na data 25/01/2016 14:04:26

Javier Dorado Soto na data 25/01/2016 14:04:38

César Manuel Fernández Gil na data 25/01/2016 14:04:49

Antonio Mouriño Villar na data 25/01/2016 14:04:58

María Teresa Cancelo Márquez na data 25/01/2016 14:05:11

Ramón Santos Pérez na data 25/01/2016 14:05:33

Page 17: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura

Día: 17.02.2016 Hora: 16:30

Orde do día

2.5 45919(09/POC-006800)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre a valoración e as actuacións previstas pola Xunta de

Galicia en relación coas recomendacións reflectidas no novo

informe do Comité de Expertos da Carta europea das linguas

rexionais e minoritarias en relación coa lingua galega

Publicación da iniciativa, 595, 04.02.2016

Page 18: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

formula a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, sobre as

actuacións que vai desenvolver a Xunta de Galiza en cumprimento das recomendacións

do Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas.

O Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas,

ven de publicar o novo informe de seguimento do cumprimento da mesma. Por segunda

vez desde a chegada de Núñez Feijóo á presidencia da Xunta, este comité instou á

Xunta e ao Estado a modificar as políticas contrarias ao disposto neste marco normativo

alertando de incumprimentos. De feito nestas recomendacións reclaman a dotación dos

medios para garantir o cumprimento da Carta en todos os aspectos e, dun xeito especial

no ámbito do ensino, sinalando que os obxectivos Decreto de Plurilingüismo entran en

contradición e incumpren o contemplado na Carta. Neste ano, por primeira vez ,é o

propio Consello de Ministros quen sinala nas súas recomendacións que a introdución

dunha terceira lingua non pode ir en detrimento da propia. Isto significa que o propio

Consello de Europa sumase ás voces plurais e diversas que na Galiza reclaman un novo

decreto.

Hai, ademais, un paso importante por parte do Consello de Europa xa que por

primeira vez é o propio Consello de Ministros quen sinala nas súas recomendacións que

a introdución dunha terceira lingua non pode ir en detrimento da propia.

O informe do Comité de Expertos chama a atención sobre os problemas para

utilizar o galego na xustiza, destacando que nos procedementos xudiciais o programa

Page 19: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

informático creado pola Xunta non permite o uso do galego e critica que no acceso á

carreira xudicial en Galiza non se contempla o coñecemento de galego.

No relativo á administración, o informe sinala a inexistencia de impresos e

documentación en galego e que “en xeral os servizos públicos da administración

española non garanten servizos en galego”. Critican o peche de un terzo dos Servizos de

Normalización Lingüística nos Concellos e sinálase como principais eivas que a

privatización de servizos non garante a oferta en galego na atención ao público.

No tocante medios de comunicación este informe demanda ao goberno galego a

impulsar canles de TV, radio, e xornal impreso integramente en galego, para corrixir o

desequilibrio de oferta en lingua galega. Así mesmo solicitan información e animan a

impulsar acordos que permiten o intercambio das transmisión de Radio e Televisión

entre Galiza e Portugal.

Finalmente, mencionar que o Comité de Expertos tamén sinala o retroceso na

oferta de galego en documentación, atención e formularios de Abanca en relación aos

pasos que xa estaban a dar as antigas caixas e alertan sobre problemas de pacientes no

SERGAS para seren atendidos en galego, instando ás autoridades a cambiar esta

situación de discriminación.

Polo dito formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral en

comisión:

-Que valoración lle merece ao Goberno Galego o último informe de seguimento

do Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas?

-Ten previsto a Xunta de Galiza aplicar estas recomendacións?

Page 20: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Que actuacións concretas van desenvolver para dar cumprimento a estas

recomendacións?

-Inclúe entre estas actuacións a elaboración dun novo decreto para a

normalización da lingua galega no ensino obrigatorio?

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2016

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

Deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 25/01/2016 18:32:28

Page 21: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura

Día: 17.02.2016 Hora: 16:30

Orde do día

3. Proposicións non de lei en Comisión

Page 22: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura

Día: 17.02.2016 Hora: 16:30

Orde do día

3.1 45756(09/PNC-003792)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pombo Rodríguez, Cosme Eladio

Sobre a necesidade de ampliación do aulario do CPI Conde de

Fenosa por parte da Consellería de Cultura, Educación e

Ordenación Universitaria

Publicación da iniciativa, 590, 27.01.2016

Page 23: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa do

deputado Cosme Pombo Rodríguez, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa á

necesidade de ampliación do aulario do CPI conde de Fenosa por parte da Consellería

de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Con data 30 de Abril de 2012 asinábase un convenio de colaboración entre a

Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta, o Concello de

Ares e a Deputación de A Coruña que tiña como obxectivo abordar a ampliación do CPI

“Conde de FENOSA” de Ares.

Nese documento estipulábanse os compromisos que correspondían a cada unha

das administracións, figurando no caso da Consellaría os seguintes:

1º.- A aprobación do proxecto básico e de execución para a ampliación do

aulario do CPI Conde de Fenosa.

2º.- A iniciación da tramitación para a contratación, licitación, dirección e

execución das obras.

No debate dos orzamentos galegos (xa no exercicio do 2014) incluíuse unha

partida de tan só 20.000 euros que, supostamente, tería como finalidade abordar o

proxecto de ampliación do CPI.

Compre lembrar tamén o público e notorio desacordo da comunidade escolar

(que fora adoptado xa en Outubro do 2012 por unanimidade, e trasladado á Xefatura

Page 24: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Territorial da Consellaría ) contra a pretensión de desmantelamento da actual pista

polideportiva anexa ao centro para ubicar alí a ampliación; insistindo na petición de que

esta se ubicase nos terreos que se pretendían expropiar.

Lamentábelmente, no presente curso escolar todo apunta a que a situación de

provisionalidade (aulas prefabricadas) continuará, co que se pretenderá darlle carpetazo

ás demandas que se levan feito pola comunidade educativa, desde hai varios anos, para

converter en definitiva a situación.

O Grupo Parlamentar do BNG considera urxente as obras de ampliación deste

CPI e por esa razón presentamos varias emendas de adición en varios orzamentos da

Consellería de Educación durante os últimos anos. Lamentábelmente o PP votou en

contra destas emendas propostas polo BNG, polo que entendemos que demostra o seu

escaso interese polo proxecto de ampliación do CPI Conde de Fenosa de Ares.

O Grupo Parlamentar do BNG, comparte coa comunidade educativa do centro a

urxencia das obras de ampliación para garantir un servizo educativo de calidade e

acorde coa demanda existente e tamén compartimos a indignación diante dos continuos

enganos e retrasos dunhas obras tan necesarias.

Estas son as razóns polas que o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte

proposición non de lei para o seu debate en comisión:

“O Parlamento Galego insta á Xunta de Galiza a tomar canto antes todas as

medidas necesarias para garantir a execución das obras do proxecto de ampliación do

CPI Conde de Fenosa de Ares, conforme o ven reclamando a práctica totalidade da

comunidade educativa.”

Page 25: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez

Deputado do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 20/01/2016 17:20:58

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 20/01/2016 17:21:00

Page 26: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura

Día: 17.02.2016 Hora: 16:30

Orde do día

3.2 45841(09/PNC-003799)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Ron Fernández, José Javier e 5 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación co uso da lingua galega en todos os eidos da vida

social

Publicación da iniciativa, 594, 03.02.2016

Page 27: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

O Grupo Parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), por medio

dos seus deputados Xabier Ron Fernández, Ramón Vázquez Díaz, Xosé Manuel Beiras

Torrado, Eva Solla Fernández, Antón Sánchez García e Juan Manuel Fajardo Recouso,

ao abeiro do recollido no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

proposición non de lei para o seu debate na Comisión, relativa ao cumprimento das

obrigas que marca a Carta Europea das Linguas en relación co uso do galego en todos

os eidos da vida social.

Exposición de motivos

O Comité de expertos do Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas fixo

público o seu cuarto informe sobre o grao de cumprimento da Carta por parte das

autoridades públicas do conxunto do reino de España. De resultas, o consello de

ministros de Consello de Europa instou á súa vez ás autoridades galegas e españolas a

cumpriren as previsións e mandatos da Carta.

A análise crítica do informe percorre diversos aspectos da realidade social en relación

co uso da lingua galega. O informe constata que a redución da presenza do galego no

ensino derivado da imposición do decreto 79/2010 denominado para o plurilingüismo

contradí os compromisos asumidos polas autoridades públicas galegas, que deberan

garantir unha educación maioritariamente en galego e que hai que pór en relación

coa reafirmación, por parte do informe, das conclusións acadadas no terceiro informe

(publicado no ano 2012), nas que se recollía que non se cumprían as obrigas contidas

na carta Europea das Linguas.

Entre as recomendacións contidas no informe sinálase, para o ámbito da xustiza, a

necesaria emenda do marco legal de maneira que as autoridades penais, civís e

administrativas realicen os procedementos nas linguas cooficiais a solicitude de parte,

outrosí de garantir que unha proporción suficiente do persoal xudicial coñeza a nosa

lingua propia. Todo elo para garantir os dereitos da nosa cidadanía e para garantir o uso

do galego como lingua de traballo nos xulgados e tribunais radicados en Galicia.

Page 28: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

O informe sinala a necesidade de asegurar a presenza da lingua galega no conxunto

dos servizos públicos, en particular nos de carácter sanitario.

Dedica o informe un apartado crítico ao respecto das obrigas públicas para coa

situación do galego nos medios de comunicación, cuxa importancia na construción do

imaxinario social resulta necesaria. Prensa, radio e televisión son referidos como

elementos clave e se advirte polo Comité de expertos a evolución negativa respecto

deste compromiso.

Outro dos terreos onde o informe sinala que son precisas actuacións de reforzo son nos

sectores económicos e sociais. Así como no pulo aos acordos bilaterais con Estados con

linguas irmás, caso do portugués.

Non deixa de anotar o informe o esborrallamento do orzamento a disposición da

secretaría xeral de política lingüística que caeu nese período (2010-2013) de 15,5 a 5,7

millóns de euros.

Polo sinalado, o grupo parlamentario da AGE presenta a seguinte proposición non de

lei para o seu debate na Comisión:

- O Parlamento Galego insta á Xunta a derrogar o decreto 79/2010 denominado

para o plurilingüismo.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a executar de maneira rigorosa todas as

medidas contidas no Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado no 2004,

que dea resposta e cumprimento ás recomendacións contidas no IV informe do

Comité de expertos do Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas.

En Compostela, a 22 de xaneiro do 2016.

Asdo. Xabier Ron Fernández

Asdo. Ramón Vázquez Díaz

Asdo. Xosé Manuel Beiras Torrado

Asdo. Antón Sánchez García

Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso

Asdo. Eva Solla Fernández

Page 29: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Asinado dixitalmente por:

Ramón Vázquez Díaz na data 22/01/2016 13:42:02

Jose Javier Ron Fernandez na data 22/01/2016 13:42:07

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 22/01/2016 13:42:13

Eva Solla Fernández na data 22/01/2016 13:42:15

Anton Sánchez García na data 22/01/2016 13:42:20

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 22/01/2016 13:42:22

Page 30: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura

Día: 17.02.2016 Hora: 16:30

Orde do día

3.3 45969(09/PNC-003809)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Vázquez Díaz, Ramón e 5 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego

para solucionar as carencias e deficiencias existentes nas

instalacións do Colexio de Educación Infantil e Primaria

Felipe de Castro de Noia

Publicación da iniciativa, 594, 03.02.2016

Page 31: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

O grupo parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), por medio

dos seus deputados Ramón Vázquez Díaz, Xabier Ron Fernández, Xosé Manuel Beiras

Torrado, Antón Sánchez García, Juan Manuel Fajardo Recouso e a deputada Eva Solla

Fernández, ao abeiro do recollido no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta

a seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Comisión, sobre os

investimentos necesarios no CEIP Felipe de Castro de Noia para o correcto

desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe e unha educación pública de

calidade.

Exposición de motivos

Alternativa Galega da Esquerda, a través de numerosas visitas realizadas aos centros de

ensino de Galicia e de diferentes iniciativas parlamentares debatidas na comisión 4ª,

vén constatando o deficiente estado de conservación da rede de centros públicos de

ensino de Galicia.

A maior parte dos centros de ensino público galegos teñen máis de 30 anos de

antigüidade, sendo a maioría orixinarios do período de concentración escolar das

décadas dos 70 e 80 en que se constituíron os Grupos Escolares. A falla de

investimentos na reparación e mantemento dos centros está a ocasionar frecuentes

problemas nas instalacións educativas que se vén agravados nos períodos de inverno,

onde as goteiras, humidades e inundacións son frecuentes.

Page 32: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Por outra banda, as condicións de hixiene, salubridade e seguridade de moitas das

instalacións educativas distan moito de cumprir cos requisitos mínimos, sobre todo no

referido a cuartos de baño, comedor escolar ...pero tamén nas aulas e espazos

deportivos e de recreo.

O caso do CEIP Felipe de Castro de Noia onde están escolarizados ao redor de 400

alumnos e alumnas é outra mostra desta grave situación. De feito, estamos a falar dun

centro construído nos anos 60 no que a falla continuada de investimentos e

mantemento fan que na actualidade existan importantes eivas e deficiencias.

Unha das principais carencias do centro atopámola nas reducidas dimensións do

Comedor Escolar, cunha capacidade para atender a 20 alumnos e alumnas como

máximo e sen os medios mais elementais requiridos para unha instalación deste tipo,

polo que resulta imprescindible a realización dunha serie de obras de

acondicionamento para un servizo tan fundamental como é o comedor escolar para as

familias e a súa conciliación familiar e laboral. Entre as prioridades que se detectan

nesta instalación sinalamos:

- A Retirada do tabique divisor entre o comedor e salón de actos habilitado nese

espazo.

- A instalación de servizo de auga quente sanitaria, mesado e fregadeiro.

- A posta a disposición de Mesas de comedor abatibles contra a parede para

unha mellor distribución do comedor.

-O acondicionamento do espazo que actualmente cumpre as funcións de salón

de actos.

Page 33: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Imaxes do actual comedor escolar

Os aseos de Educación infantil non se atopan integrados nas aulas desta etapa coas

conseguintes dificultades que isto implica, sobre todo nos procesos de ensino-

aprendizaxe dos nenos e das nenas de 3 anos.

A aula de música do centro presenta un aspecto e estado impropios do que debe ser

un espazo educativo, con evidentes problemas de humidades e ausencia de

insonorización, polo que resulta necesario proceder coa rehabilitación deste espazo.

O reducido patio interior dispoñible para os 117 nenos e nenas de Educación Infantil do

CEIP Felipe de Castro carece de illamento acústico o que provoca situacións que

dificultan a convivencia de nenos e nenas neste espazo de lecer. Por outra banda, o

chan deste patio non reúne as mínimas condicións de seguridade polo que require un

recubrimento que achegue a protección necesaria.

O único espazo dispoñible para o acceso e estacionamento dos autobuses do centro,

atópase no interior do recinto escolar e implica a invasión das beirarrúas dispoñibles

durante as manobras que realizan os vehículos de transporte escolar, co risco evidente

que este feito provoca.

Outra das necesidades urxentes do centro pasa pola creación dun polideportivo á vista

do estado actual da zona cuberta dispoñible na que se imparte a educación física, onde

as goteiras constantes e o estado dos vestiarios impiden que se devolvan as actividades

de ensino e aprendizaxe de xeito digno. A falla dun espazo cuberto implica ademais

que os nenos e as nenas non podan saír ao recreo nin levar a cabo actividades

complementarias ou festivais en espazos amplos cando se precisa.

Page 34: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

Estado do espazo cuberto e dos seus aseos

O Pleno da Corporación Municipal de Noia aprobou por unanimidade solicitar a Xunta

de Galicia a creación dun Polideportivo que dea cobertura ao centro pero tamén as

distintas actividades deportivas municipais, para elo é importante que a Xunta de

Galicia comprometa o cofinanciamento deste polideportivo xunto co Concello de Noia.

Con todo, a instalación cuberta existente precisa da realización de melloras elementais

que corrixan as eivas anteriormente descritas.

Por estes motivos o Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, presenta a

seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Comisión.

O Parlamento Galego insta ao Goberno Galego a:

1-Realizar os investimentos necesarios para acondicionar o comedor escolar do CEIP

Felipe de Castro, de xeito que poda atender a demanda de prazas existentes no centro.

2- Arranxar o Salón de Actos e a aula de música do centro.

3-Arranxar os cuartos de baños do centro incluíndo o establecemento de aseos

integrados na etapa de Educación Infantil.

4-Construción dun Polideportivo.

5-Modificación do trazado das beirarrúas existentes na entrada principal do centro de

Page 35: Reunión da Comisión 4.ª, Educación e Cultura Día: 17.02 ... · exixir, ser incorporado como persoal laboral á Cid ade da Cultura por recibir ordes prego de prescricións técnicas

xeito que garantan as condicións de seguridade de nenos e nenas e das súas familias

durante as manobras realizadas polos autobuses escolares.

En Compostela, a 26 de xaneiro do 2016.

Asdo. Ramón Vázquez Díaz

Asdo. Xabier Ron Fernández

Asdo. Xosé Manuel Beiras Torrado

Asdo. Antón Sánchez García

Asdo. Eva Solla Fernández

Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso

Asinado dixitalmente por:

Ramón Vázquez Díaz na data 26/01/2016 13:55:40

Jose Javier Ron Fernandez na data 26/01/2016 13:55:47

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 26/01/2016 13:55:52

Eva Solla Fernández na data 26/01/2016 13:55:54

Anton Sánchez García na data 26/01/2016 13:55:58

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 26/01/2016 13:56:00