Resumo programación didáctica Física e Química · Resumo programación didáctica Física e...

24
Resumo programación didáctica Física e Química Curso 2015-2016 Departamento de Física e Química I.E.S. “Salvador de Madariaga” A Coruña

Transcript of Resumo programación didáctica Física e Química · Resumo programación didáctica Física e...

Resumo programación didáctica

Física e Química

Curso 2015-2016

Departamento de Física e Química

I.E.S. “Salvador de Madariaga”A Coruña

Índice

Física e química 3º ESO.............................................................3Temporización por unidades didácticas.....................................................................................3Concreción do grao mínimo de consecución dos estándares de aprendizaxe............................4Instrumentos de avaliación e de recuperación...........................................................................6Recuperación da materia pendente.............................................................................................6

Ámbito científico do programa de mellora de 3ª de ESO...........7Concreción do grao mínimo de consecución dos estándares de aprendizaxe............................7Instrumentos de avaliación.........................................................................................................8

Física e Química 4º ESO............................................................9Contidos mínimos......................................................................................................................9Instrumentos de avaliación e de recuperación...........................................................................9

Física e Química 1º Bacharelato..............................................11Grao mínimo de consecución dos estańdares de aprendizaxe avaliables................................11Instrumentos de avaliación e de recuperación.........................................................................13Instrumentos de avaliación e de recuperación. Bacharelato de adultos...................................14Recuperación da materia pendente...........................................................................................14

Proxecto de investigación de Física e Química (materia libre configuración 1º Bacharelato).................................................15Grao mínimo de consecución dos estańdares de aprendizaxe avaliables................................15Instrumentos de avaliación.......................................................................................................15

Química 2º Bacharelato...........................................................16Contidos mínimos....................................................................................................................16Instrumentos de avaliación e de recuperación.........................................................................19Instrumentos de avaliación e de recuperación. Bacharelato de adultos...................................19

Física 2º Bacharelato...............................................................20Contidos mínimos....................................................................................................................20Instrumentos de avaliación e de recuperación.........................................................................20Instrumentos de avaliación e de recuperación. Bacharelato de adultos...................................21

Módulo IV ESA: Ámbito científico-tecnolóxico..........................22Contidos mínimos....................................................................................................................22Instrumentos de avaliación.......................................................................................................23

2

Física e química 3º ESO

Temporización por unidades didácticas

Bloque Unidade Contidos

Tem

po

raliz

ac

ión

Pri

mei

ro tr

ime

stre

1.- A actividade científica 1 – O método científico

O método científico: etapas

Magnitudes físicas e a súa medida

Traballo no laboratorio

As TIC e o traballo científico

2.- A materia

2 – A natureza da materia

Os estados físicos da materia

O estado gasoso

As leis dos gases

O modelo cinético molecular

3 – A materia e os

elementos

A materia

O átomo

Os elementos

A táboa periódica

4 – O enlace químico

¿Que é o enlace químico?

Masas atómicas e moleculares

Formulación de compostos binarios

Substancias de especial interese

Se

gun

do

trim

est

re 3.- Os cambios 5 – As reaccións químicas

¿Que é unha reacción química?

Velocidade dunha reacción química

Cálculos estequiométricos

Química, sociedade e medio ambiente

4.- O movemento e as forzas

6 – O movemento

O movemento e as súas características

A velocidade

Os cambios na velocidade

7 – As forzas e as

máquinas

As forzas e o seu equilibrio

Efectos das forzas

Maquinas simples e o seu funcionamento

Ter

ceir

o t

rim

est

re

8 – As forzas na natureza

Tipos de forzas na natureza

A forza da gravidade

A forza de rozamento

A forza eléctrica

A forza magnética

5.- A enerxía

9 – Electricidade e

electrónica

A electricidade

Circuítos eléctricos

Magnitudes dun circuíto eléctrico

Cálculos en circuítos eléctricos

Transformacións de enerxía nun circuíto

eléctrico

Aplicacións dos circuítos eléctricos

10 – Uso racional da

enerxía

¿Que é a enerxía?

¿Como se intercambia a enerxía?

Conservación e degradación da enerxía

Fontes de enerxía

Produción de enerxía para o consumo

Transporte, almacenamento e consumo da

enerxía.

3

Concreción do grao mínimo de consecución dos estándares de aprendizaxepara superar a materia nas distintas unidades mediante os indicadores decompetencias:

• Apreciar a importancia da investigación científica no avance da ciencia, a

tecnoloxía e a sociedade a través dos seus descubrimentos e aplicacións.• Relacionar as magnitudes coas súas unidades no SI e expresar correctamente

os datos mediante a notación científica nos traballos de investigación.

• Recoñecer os pictogramas de seguridade presentes nas etiquetas, así como o

material de laboratorio, que manexa correctamente.• Interpretar os estados físicos da materia e os cambios de estado segundo o

modelo cinético - molecular da materia e describir as súas propiedades.

• Resolver problemas empregando as leis dos gases.

• Aplicar os coñecementos científicos adquiridos en situacións da vida cotiá.

• Manexar datos gráficos e numéricos para interpretar os cambios de estadodunha substancia.

• Describir a estrutura íntima da materia, as características e localización das

partículas subatómicas e deducir as propiedades de certos elementos.

• Describir o concepto de isótopo, analizar a utilidade dos isótopos radiactivos ecoñecer a problemática dos residuos orixinados e o seu almacenamento.

• Relacionar as propiedades dos elementos coa súa posición na TáboaPeriódica, recoñecéndoos polo seu símbolo.

• Comprender o tipo de enlace de algunhas substancias de interese para poderdeducir e interpretar a s súas propiedades.

• Calcular a masa molecular de compostos cotiáns a partir das súas masasatómicas con corrección e rigor para realizar cálculos químicos.

• Describir as entidades constitutivas de certas substancias de uso frecuente eindicar se son elementos ou compostos.

• Formular e nomear adecuadamente os compostos químicos binarios seguindoas normas da IUPAC.

• Identificar as reacciones químicas cos procesos cotiáns nos que se produce atransformación dunhas substancias químicas en outras.

• Describir unha reacción química mediante a teoría de colisións co fin deinterpretar as reacciones químicas a nivel molecular.

• Valorar a importancia da química na mellora na calidade de vida das persoas.

• Coñecer a industria química actual para analizar criticamente as súasimplicacións na sociedade e no desenvolvemento sostible.

• Distinguir entre velocidade media e instantánea a partir de gráficas espazo /tempo e velocidade / tempo.

4

• Deducir o valor da aceleración utilizando as gráficas velocidade / tempo eespazo / tempo.

• Obter, mediante aplicacións virtuais interactivas ou no laboratorio, o valor davelocidade instantánea e da aceleración dun móbil.

• Coñecer o concepto de forza e a súa relación coa deformación ou aalteración do estado de movemento dun corpo, identificando exemplos nanatureza e na vida cotiá.

• Comprender o efecto que producen os corpos nun dinamómetro e a súaaplicación na medida de forzas, expresándoas nas unidades adecuadas.

• Analizar o funcionamento das máquinas simples e a súa utilidade natransformación dun movemento en outro diferente e recoñecer o seu uso navida cotiá.

• Determinar o efecto multiplicador da forza e a redución do esforzo necesariopara facilitar o traballo humano que producen as máquinas mecánicas ecomprender a súa relación cos avances tecnolóxicos.

• Coñecer a forza gravitatoria e a relación entre as variables das que depende,co fin de recoñecer o seu papel no mundo físico.

• Identificar a forza de rozamento na vida cotiá, relacionándoa cos mecanismosde desprazamento.

• Analizar situacións cotiás nas que interveñen fenómenos electrostáticos evalorar as aplicacións prácticas da electricidade na sociedade.

• Coñecer a forza eléctrica e as variables das que depende, identificando a súafunción na constitución da materia e as súas similitudes e diferenzas coa forzagravitatoria.

• Coñecer a relación entre forza magnética, corrente eléctrica e os fenómenosreais da natureza.

• Coñecer o fenómeno da corrente eléctrica e as súas magnitudes,relacionándoo co movemento das cargas eléctricas no interior dos condutores.

• Analizar os elementos dunha instalación eléctrica e os instrumentos eléctricoscotiáns para relacionalos cos compoñentes básicos dos circuítos eléctricos eelectrónicos.

• Manter unha actitude crítica ante o consumo desmesurado e irresponsabledos servizos, bens e produtos.

• Coñecer as principais fontes de enerxía e distinguir entre renovables e nonrenovables para situalas no contexto económico, medioambiental e xeopolítico.

• Identificar a eficiencia enerxética dos electrodomésticos e máquinas paravalorar a importancia dun consumo responsable, de acordo coas vantaxes einconvenientes de cada unha de elas.

• Recoñecer cómo chega a electricidade ás industrias, fogares... desde ondese xera para interpretar as fases que teñen lugar durante a súa xeración,transporte, almacenamento e utilización.

5

Instrumentos de avaliación e de recuperación

No noso centro fanse tres avaliacións trimestrais, unha avaliación final no mes dexuño, e, no caso de non superar a materia, unha avaliación en setembro.As cualificacións trimestrais obtéñense do seguinte xeito:

1. Un 10% da nota corresponde á actitude e comportamento do alumno naclase.

2. Un 10% da nota dedúcese das preguntas en clase e da valoración do traballona aula.

3. Un 80% da nota obtense da cualificación do exame trimestral. No caso deter realizadas dúas ou máis probas, farase a media das notas conseguidas.

En cada avaliación trimestral farase unha proba de recuperación para osalumnos que non consigan o aprobado. A cualificación final farase achando amedia das cualificacións trimestrais.No caso de non ter aprobado por curso, o alumno fará un exame de recuperación nomes de xuño. De non ter aprobado en xuño, o alumno realizará unha proba escritano mes de setembro.

Recuperación da materia pendente

Os alumnos con Física e Química de 3º pendente terán unha hora de clasesemanal. Nesa clase explicaranse os contidos mínimos que se esixirán noexame escrito, indicaranse, tamén, as actividades que debe facer o alumno nasúa casa, e corrixiranse ditas actividades unha vez realizadas.Os alumnos con materias pendentes terán dúas avaliacións. A materiadividirase en dúas partes equivalentes que se repartirán en cada unha dasavaliacións.A nota de cada avaliación será a suma da nota do exame escrito (un poravaliación) e da nota correspondente ao traballo realizado polo alumno(asistencia as clases de recuperación, realización das actividades indicadas).A nota final obtida polo alumno será a media das notas das dúas avaliacións. Se anota dunha avaliación fose inferior a un 3 ou se a media fose inferior a un 5, oalumno terá que facer un exame final de recuperación da parte ou partessuspensas.

6

Ámbito científico do programa de mellora de 3ª de ESO

Concreción do grao mínimo de consecución dos estándares de aprendizaxe

• Saber clasificar os números e representar os números nunha recta. Ordenación

dos números.

• Divisibilidade e descomposición de números en factores primos.

• Cálculo do máximo común divisor e o mínimo común múltiplo de dous ou máis

números.

• Saber realizar operacións de suma, resta, produto e división de números enteiros.

• Saber traballar con potencias de números enteiros e operacións combinadas con

números enteiros.

• Saber traballar con números fraccionarios e recoñecer fraccións equivalentes.

Saber sumar, restar, multiplicar e dividir fraccións, así como realizar o cálculo dapotencia dunha fracción de expoñente natural.

• Cálculo de razóns e proporcións.

• Recoñecer magnitudes directamente proporcionais e magnitudes inversamente

proporcionais.

• Regra de tres simple.Regra de tres composta.

• Cálculo de porcentaxes.

• Usar letras para representar números fixos e variábeis.

• Saber utilizar expresións alxébricas para expresar enunciados.

• Saber calcular, en casos sinxelos, o valor numérico dunha expresión alxébrica:

operacións con monomios: suma, resta, produto e cociente. E operacións conpolinomios: suma, resta multiplicación de polinomios e división dun polinomioentre un monomio.

• Interpretar a discontinuidade dos sistemas materiais á luz da teoría atómica.

• Estabelecer a natureza eléctrica da materia e distinguir as partículas constituíntes

do átomo.

• Aplicar os conceptos de número atómico e número másico para calcular o

número e tipo de partículas compoñentes de isótopos e ións.

• Coñecer a estrutura da táboa periódica e situar os elementos máis importantes.

• Explicar as características da unión entre átomos a través dun enlace químico e

interpretar as diferencias entre moléculas e cristais.

• Coñecer a célula e a súa estrutura.

• Coñecer a importancia de cada tipo de nutriente presente nos alimentos e a

necesidade dunha dieta equilibrada.

• Analizar as diferentes transformación que experimentan algúns produtos, que nos

serven de alimentos, desde o seu lugar na Natureza ata a súa comercialización edistribución.

7

• Recoñecer o grao dunha ecuación e os termos que a compoñen e solucións.

• Resolución de ecuacións con parénteses e denominadores.

• Resolución de problemas mediante ecuacións de primeiro grao; comprobación da

validez da solución.

• Sistemas de ecuacións de primeiro grao de dúas ecuacións con dúas incógnitas.

Métodos de resolución de sistemas: redución, igualación e substitución.

• Problemas que se resolven mediante sistemas de ecuacións.

• Ecuacións de segundo grao.

• Recoñecer e nomear polígonos.

• Recoñecer polígonos regulares.

• Calcular os lados dun triángulo mediante o teorema de Pitágoras.

• Calcular perímetros de triángulos, cuadriláteros, polígonos regulares e polígonos

irregulares sinxelos. Perímetros de figuras compostas.

• Calcular áreas de triángulos, cuadriláteros, polígonos regulares e polígonos

irregulares sinxelos. Áreas de figuras compostas.

• Tomar datos posición-tempo dalgúns movementos, ordenalos en táboas e

gráficas e saber interpretar as mesmas.

• Realizar cálculos sinxelos que relacionen as principais magnitudes do

movemento rectilíneo uniforme.

Instrumentos de avaliación

Para obter a nota de cada avaliación teranse en conta:

Probas escritas

As probas escritas en cada bloque de contidos do ámbito e unha recuperaciónpara aqueles alumnos que non acadaran avaliación positiva.A nota media destas probas representa o 80 % da nota de cada avaliación.

Obsevación do traballo diario do alumno

1. Pucritude no caderno diario, que debe incluír tódalas actividadesrealizadas na aula.

2. Interese pola materia3. Traballos na clase e na aula.4. Prácticas de laboratorio.

Estes aspectos representan o 20 % da nota global.

A calificación global será a media das calificacións das tres avaliacións.

8

Física e Química 4º ESO

Contidos mínimos COÑECER E/OU MANEXAR:

• Clasificación dos movementos atendendo a súa traxectoria • Cálculo das magnitudes velocidade media e aceleración media• Representación de movementos rectilíneos uniformes e uniformemente variados • Definición de forza atendendo as súas características de magnitude vectorial e

derivada • Peso dun corpo. Centro de gravidade• Principio de inercia• Principio fundamental da dinámica• Aplicacións do segundo principio (ecuación fundamental da dinámica, definición

de Newton, relación entre masa e peso dun corpo)• Principio de Pascal• Cálculo da presión hidrostática. Presión atmosférica• Emprego das unidades do SI, da atmosfera e do mm Hg • Traballo e enerxía• Características da enerxía potencial, enerxía cinética e enerxía mecánica • Principio de conservación da enerxía• Calor. Perdas en forma de calor • Potencia• Empregaranse as unidades do SI e a caloría • Características fundamentais dos movementos periódicos • Xeneralidades sobre os tipos de ondas de forma cualitativa • Xeneralidades sobre o son e a luz• Espectro electromagnético• Elementos representativos e metais de transición. Localización na táboa • Formulación inorgánica de óxidos, hidróxidos, hidruros, ácidos e sales • Definición de reacción química• Reaccións de combustión • Reaccións de neutralización• Reaccións endotérmicas e exotérmicas • Axuste das reaccións químicas. Cálculos estequiométricos con moles • Propiedades fundamentais do carbono. Hidrocarburos• Compostos orgánicos osixenados.

Instrumentos de avaliación e de recuperación

No noso centro fanse tres avaliacións trimestrais, unha avaliación final no mes dexuño, e, no caso de non superar a materia, unha avaliación en setembro.As cualificacións trimestrais obtéñense do seguinte xeito:

1. Un 10% da nota corresponde á actitude e comportamento do alumno naclase.

2. Un 10% da nota dedúcese das preguntas en clase e da valoración do traballona aula.

9

3. Un 80% da nota obtense da cualificación do exame trimestral. No caso deter realizadas dúas ou máis probas, farase a media das no tas conseguidas.

En cada avaliación trimestral farase unha proba de recuperación para osalumnos que non consigan o aprobado. A cualificación final farase achando amedia das cualificacións trimestrais.

No caso de non ter aprobado por curso, o alumno fará un exame de recuperaciónno mes de xuño.

10

Física e Química 1º Bacharelato

Grao mínimo de consecución dos estańdares de aprendizaxe avaliables

Unidade inicial: O método científico e a medida

- Coñecer as etapas do método científico.- Coñecer as magnitudes fundamentais e as súas unidades no SI.- Coñecer e aplicar as equivalencias entre múltiplos e submúltiplos.- Recoñecer o carácter aproximado das medidas.- Establecer o número de cifras significativas dun número.

Unidade 1: A materia e as súas propiedades

- Disolucións: formas de expresar a concentración, preparación e propiedades coligativas.

- A materia e a súa composición.

- Métodos actuais para a análise de sustancias: espectroscopía e espectrometría.

- Diferenciar entre mestura, homoxénea e heteroxénea, e substancia pura.- Coñecer dous métodos de separación de mesturas, homoxéneas e

heteroxéneas.- Identificar as disolucións como mesturas homoxéneas e coñecer a súa

clasificación.- Coñecer e utilizar os conceptos de solubilidade e saturación.

- Calcular a concentración dunha disolución a partir dos datos de masas evolumes de soluto e disolvente, tanto en porcentaxe por cento como en masa desoluto e volume de disolución.

- Explicar a variación das propiedades coligativas entre unha disolución e o disolvente puro.

Unidade 2: Leis fundamentais da química

- Leis fundamentais das reaccións químicas.

- Revisión da teoría atómica de Dalton.- Leis dos gases. Ecuación de estado dos gases ideais. - Teoría cinético-molecular dos gases.- Determinación de fórmulas empíricas y moleculares.

- Identificar masa e volume como propiedades xerais da materia.- Recoñecer as diferenzas fundamentais entre o tres estados de agregación.- Coñecer os nomes dos cambios de estado progresivos e os regresivos.- Coñecer e representar as leis dos gases.- Interpretar co modelo cinético as leis dos gases.

Unidade 3: Reaccións químicas

- Concepto de reacción química. Ecuacións químicas. Tipos de reaccións químicas.- Estequiometría das reaccións. Reactivo limitante e rendemento dunha reacción.- Química e industria: materias primas e productos de consumo. Procesos

industriais de sustancias de especial interese.

11

Unidade 4: Termodinámica

- Sistemas termodinámicos.- Primeiro principio da termodinámica. Enerxía interna.- Segundo principio da termodinámica. Entropía.

Unidade 5: Enerxía e espontaneidade das reaccións químicas- Entalpía. Ecuacións termoquímicas.- Lei de Hess.- Factores que interveñen na espontaneidade dunha reacción química.- Enerxía libre de Gibbs.- Consecuencias sociales e medioambientais das reaccións químicas de

combustión.

Unidade 6: A química do carbono

- Enlaces do átomo de carbono.

- Compostos de carbono: hidrocarburos. Aplicacións e propiedades.

- Formulación e nomenclatura IUPAC dos compostos de carbono.

- O petróleo: procesos industriais, aplicacións e repercusións económicas e medioambientais.

- Formas alotrópicas do carbono e a revolución dos novos materiais: grafeno, fullereno e nanotubos de carbono.

Unidade 7: Grupos funcionais e isomería

- Compostos de carbono: compostos nitroxenados e osixenados. Aplicacións epropiedades.

- Formulación e nomenclatura IUPAC dos compostos de carbono.

- Isomería estructural.

Unidade 8: O movemento

- Sistemas de referencia inerciais.

- Principio de relatividade de Galileo.

-Traxectoria, posición e desprazamento.

- Velocidade.

- Aceleración.

Unidade 9: Movemento nunha e dúas dimensións

- Revisión dos movementos rectilíneo e circular uniforme.

- Estudio do movemento circular uniformemente acelerado.

- Composición dos movementos rectilíneo uniforme e rectilíneo uniformementeacelerado.

Unidade 10: Forzas- A forza como interacción.- Composición e descomposición de forzas.- Momento dunha fuerza. Equilibrio.

12

Unidade 11: Forzas e movemento- Forzas de contacto.- Dinámica de corpos ligados.- Sistemas de dúas partículas.- Conservación do momento lineal e impulso mecánico.- Dinámica do movemento circular uniforme.- Forzas centrais. Momento dunha forza e momento angular. Conservación do

momento angular.

Unidade 12: Interaccións gravitatoria e electrostática

- Leis de Kepler.

- Forzas centraís.

- Momento dunha forza e momento angular.

- Conservación do momento angular.

- Lei de gravitación universal.

- Interacción electrostática: lei de Coulomb.

Unidade 13: Traballo e enerxía

- Enerxía mecánica e traballo.

- Sistemas conservativos.

- Enerxía cinética. Teorema das forzas vivas.

- Enerxía potencial: gravitatoria, elástica e eléctrica.

- Diferencia de potencial eléctrico.

Unidade 14: Movemento harmónico simple

- Cinemática do movemento harmónico simple.

- Dinámica do movemento harmónico simple.

- Enerxía cinética e potencial do movemento harmónico simple.

- Exemplos de osciladores harmónicos.

Instrumentos de avaliación e de recuperación

A cualificación da avaliación obterase do seguinte xeito:- O 90% da nota corresponde á media aritmética das notas dos exames, encaso de haber máis dun.- O 10% da nota corresponde ao traballo na clase e ao comportamento.

Ó rematar a parte de química haberá unha recuperación no caso de non teraprobado nos exames de avaliación.O aprobado implica unha media mínima de 5 nas tres avaliaciónsAo rematar o curso farase unha proba de recuperación no mes de xuño para osalumnos que non alcanzaran o aprobado. O exame final dividirase en dousbloques, un bloque de química e un bloque de física. Dependendo das notasdas avaliacións os alumnos terán que facer un ou os dous bloques.

13

O exame extraordinario de setembro constará de dúas partes, unha de química eoutra de física. Todos os alumnos terán que facer as dúas partes.

Instrumentos de avaliación e de recuperación. Bacharelato de adultos

A cualificación da avaliación obterase do seguinte xeito:- O 90% da nota corresponde á media aritmética das notas dos exames, encaso de haber máis dun.- O 10% da nota corresponde ao traballo na clase e ao comportamento.Os alumnos que non aproben a avaliación terán unha proba de recuperación.Ao rematar o curso farase unha proba de recuperación no mes de xuño para osalumnos que non alcanzaran o aprobado.O aprobado implica unha media aritmética mínima de 5 nas tres avaliacións.O exame final dividirase en 2 bloques, un bloque de química e un bloque defísica. Dependendo das notas das avaliacións os alumnos terán que facer unou os dous bloques.

O exame extraordinario de setembro constará de dúas partes, unha de química eoutra de física. Todos os alumnos terán que facer as dúas partes.

Recuperación da materia pendente

Os alumnos con Física e Química de 1º pendente terán unha hora de clasesemanal. Nesa clase explicaranse os contidos mínimos que se esixirán noexame escrito, indicaranse, tamén, as actividades que debe facer o alumno nasúa casa, e corrixiranse ditas actividades unha vez realizadas.Os alumnos con materias pendentes terán dúas avaliacións. A materiadividirase en dúas partes equivalentes que se repartirán en cada unha dasavaliacións.A nota de cada avaliación será a suma da nota do exame escrito (un poravaliación) e da nota correspondente ao traballo realizado polo alumno(asistencia as clases de recuperación, realización das actividades indicadas).A nota final obtida polo alumno será a media das notas das dúas avaliacións.

Farase un exame final de recuperación da parte ou partes suspensas.

14

Proxecto de investigación de Física e Química (materia libre configuración 1º Bacharelato)

Grao mínimo de consecución dos estańdares de aprendizaxe avaliables

– Elaborar o croquis do laboratorio atendendo aos criterios marcados polo/a profesor/a.

– Debuxar o nomear os equipos e o instrumental máis habitual do laboratorio.– Coñecer os grupos de reactivos químicos.– Coñecer e respectar as normas de seguridade.– Interpretar correctamente etiquetas e pictogramas.– Manter a limpeza e a orde no traballo de laboratorio.– Entender o concepto de reactivo químico e diferenciar as características

fundamentais de cada grupo de reactivos.– Cumprir as normas de clasificación e manipulación dos diferentes reactivos

químicos.– Aplicar as normas de prevención de riscos e de actuación no caso de accidentes.– Comprender o concepto de residuo e diferenciar o tipo de residuos do laboratorio.– Facer unha xestión adecuada dos residuos do laboratorio.– Cumprimentar correctamente os procedementos normalizados de traballo (PNT)

que propoña o/a profesor/a.– Realizar o informe de diagnose do noso laboratorio.– Traballar en grupos cooperativos.– Cumprimentar, segundo indicacións previas, os procedementos normalizados de

traballo (PNT) para cada experiencia de laboratorio.– Realizar adecuadamente as experiencias de laboratorio da unidade.– Entender o concepto de cambio químico e as leis polas que se rexen.– Realizar con rigor as experiencias de reaccións químicas.

Instrumentos de avaliación

A cualificación global é a suma das cualificacións parciais que se realizan de formacotiá, asignando un 60 por 100 da nota global ao traballo realizado cada día e un 40por 100 ás probas escritas. Ao longo do curso faranse tres probas escritas, unha porcada avaliación. A posibilidade de recuperación no día a día márcaa o profesor. Arecuperación de probas escritas é unha por cada avaliación. Os alumnos que nonconseguisen ter aprobado terán en xuño a oportunidade dunha proba global, queconstará de dúas partes: 1) contidos teóricos; 2) proba manipulativa que acredite assúas habilidades na realización de experiencias. En setembro preséntase unhaproba relativa a contidos teóricos (parte 1, co 50% da nota) e unha proba decontidos prácticos (parte 2, co 50% da nota).

15

Química 2º Bacharelato

Contidos mínimos

Unidade 1.- Estructura atómica e propiedades periódicas

• Orixes da teoría cuántica. Hipótese de Planck. Efecto fotoeléctrico.Espectros atómicos.

• Modelo atómico de Bohr.• Orbitais atómicos. Números cuánticos.• Configuracións electrónicas. Principio de Pauli e Regra de Hund.• Sistema periódico e clasificación periódica dos elementos. Variación

periódica das propiedades dos elementos.• Cuestións relacionadas cos valores dos números cuánticos e o seu

siñificado, configuracións electrónicas e variación das propiedades periódicas.

Unidade 2.- O enlace químico

• Enlace iónico. Propiedades das substancias iónicas. Concepto de enerxía derede. Ciclo de Born-Haber.

• Enlace covalente. Propiedades das substancias covalentes.• Teorías do enlace covalente. Estructuras de Lewis. Enlaces simples e

múltiples.• Parámetros moleculares. Hibridación de orbitais atómicos.• Forzas intermoleculares.• Enlace metálico. Teorías que explican o enlace metálico.• Cuestións sobre tipo de enlace, enerxía de rede e propiedades dos

compostos iónicos.• Cuestións sobre estruturas de Lewis, forma e polaridade das moléculas e

hibridación de orbitais.• Cuestións relacionadas con estruturas moleculares de especies que

conteñan arredor do átomo central un número máximo de catro pares deelectróns.

Unidade 3.- Gases, disolucións e estequiometría

• Composición centesimal dun composto.• Determinación da fórmula dun composto por análise elemental: fórmula

empírica e molecular.• Mesturas. Mesturas homoxéneas: mesturas de gases, disolucións líquidas.• Formas de expresar a concentración dunha disolución: porcentaxe en peso,

molaridade, molalidade, fracción molar.• Comportamento dos gases en condicións ideais. Ecuación de estado, lei de

Dalton das presións parciais.• Determinación da masa molecular dun gas a partir dos valores de

magnitudes relacionadas coa ecuación de estado.• Cálculos estequiométricos: reactivo limitante, reaccións nas que participan

gases e/ou substancias en disolución, reactivos cun determinado grao de

16

pureza, rendemento dunha reacción.• Práctica de laboratorio de preparación de disolucións sólido-líquido e líquido-

líquido.

Unidade 4.- Enerxía das reaccións químicas

• Concepto de entalpía.• Entalpía de reacción. Entalpía de formación. Entalpía de combustión. Entalpía

de enlace. Cálculo de entalpías de reacción a partir de entalpías de formación edas entalpías de enlace.

• Lei de Hess.• Segundo principio da termodinámica. Concepto de entropía. Entropía e

desorde.• Enerxía libre e espontaneidade das reaccións químicas-• Práctica de laboratorio de comprobación da lei de Hess mediante a medida de

calores correspondentes a diferentes procesos.• Problemas correspondentes a Qp e Qv.• Determinación de entalpías de reacción a partir de entalpías de enlace.• Problemas da lei de Hess.• Cuestións relacionadas coa espontaneidade da reacción.

Unidade 5.- Cinética química

• Aspecto cinético das reaccións químicas. Concepto de velocidade dereacción.

• Ecuacións cinéticas. Orde de reacción.• Mecanismo de reacción. Molecularidade.• Teoría das reaccións químicas.• Factores dos que depende a velocidade dunha reacción. Catalizadores: tipos e

utilización en procesos industriais.• Práctica de laboratorio de variación da velocidade de reacción en función da

concentración dos reactivos.

Unidade 6.-. Equilibrio químico

• Concepto de equilibrio químico. Características.• Cociente de reacción e constante de equilibrio.• Formas de expresar a constante de equilibrio: Kc e Kp. Relacións entre as

constantes de equilibrio.• Grao de disociación.• Termodinámica e equilibrio: relación entre Kp e ΔG.• Factores que modifican o estado de equilibrio. Principio de Le Chatelier.

Importancia en procesos industriais.• Problemas numéricos sobre asconstantes de equilibrio e grao de disociación.• Cuestións relacionadas co principio de Le Chatelier.

Unidade 7.- Reaccións de transferencia de protóns

17

• Concepto de ácido-base segundo as teorías de Arrhenius e Brönsted-Lowry.• Concepto de pares ácido-base conxugados.• Fortaleza relativa dos ácidos e grao de ionización.• Equilibrio iónico da auga. Concepto de pH.• Volumetrías de neutralización ácido-base. Indicadores ácido-base.• Estudio cualitativo da hidrólise.• Estudio cualitativo dos disolucións reguladoras.• Práctica de volumetría de neutralización dun ácido forte cunha base forte.• Problemas de ácidos ou bases fortes e débiles, cálculos de pH, constantes de

acidez e basicidade, grao de ionización.• Problemas de valoracións ácido-base.

Unidade 8.- Reaccións de transferencia de electróns

• Concepto de oxidación e reducción. Número de oxidación. Oxidantes ereductores.

• Axuste de reaccións químicas polo método do ion-electrón.• Estequiometría das reaccións redox.• Estudio das células galvánicas. Tipos de electrodos. Potencial de electrodo.

Escala normal de potenciais. Potencial dunha pila.• Relación de E0 e ΔG. Espontaneidade dos procesos redox.• Electrólise: estudio da cuba electrolítica. Leis de Faraday. Principais

aplicacións industriais.• Práctica de laboratorio de construcción dunha célula galvánica.• Práctica de laboratorio de construcción dunha cuba electrolítica.• Problemas de axuste redox.• Problemas con potenciais de electrodo.

Unidade 9.- Reaccións de precipitación

• Solubilidade e produto de solubilidade• Práctica de laboratorio de formación de precipitados de sales pouco solubles e

separación dos mesmos por filtración.• Práctica de disolución de precipitados por modificación do pH e por

formación de complexos.• Problemas relacionados coa solubilidade, producto de solubilidade, efecto do ión

común, condicións de precipitación.

Unidade 10.- A química do carbono

• O enlace nos compostos orgánicos.• Isomería. Estereoisomería.• Grupos funcionais. Nomenclatura e formulación de compostos orgánicos.• Cuestións relacionadas coa isomería.• Exercicios de formulación e nomenclatura.

18

Instrumentos de avaliación e de recuperación

Realízanse tres avaliacións ao longo do curso.

Tódolos exames axustaranse á estrutura e sistema de puntuación das probas deacceso á Universidade.

Tódalas probas escritas que se realicen ao longo do curso incluirán a totalidade damateria desenvolvida ata ese momento.

A nota de cada avaliación obterase da media ponderada dos exames realizadosdende o principio de curso ata este momento. Xa que logo non se realizaránexames de recuperación de contidos anteriores.

A nota final será a media ponderada de tódolos exames realizados.A avaliación positiva acadarase cunha media igual ou superior a 5.

No mes de maio haberá un exame final para os alumnos que non teñanaprobado por curso.

No mes de setembro realizarase un exame extraordinario para os alumnos que nonsuperen a materia en maio.

Instrumentos de avaliación e de recuperación. B acharelato de adultos

Realízanse tres avaliacións ao longo do curso.

A nota de cada avaliación corresponde á nota do exame escrito, ou á mediadas notas dos exames escritos. No caso de non alcanzar o aprobado faraseun exame de recuperación.

A nota final corresponderá á media das tres avaliacións.

No mes de maio haberá un exame final para os alumnos que non teñanaprobado por curso.

No mes de setembro realizarase un exame extraordinario para os alumnos que nonsuperen a materia en maio.

19

Física 2º Bacharelato

Contidos mínimos

• Interpretar e analizar cualitativamente o concepto de campo, con aplicaciónconcreta aos campos gravitatorio, eléctrico e magnético. Coñecemento dasliñas de campo en casos sinxelos.

• Resolución de problemas que contemplen aspectos cinemáticos, dinámicos eenerxéticos relativos aos campos gravitatorio e eléctrico.

• Resolución de problemas de interaccións electrostáticas, campo, potencial eenerxía electrostática, xerados por cargas eléctricas puntuais.

• Comprender a importancia do teorema de Gauss no cálculo dos camposgravitatorio e electrostático xerados por distribucións non puntuais.

• Cálculo da forza magnética sobre correntes puntuais e lineais no seo duncampo magnético dado.

• Análise da lei de Faraday-Lenz, e a súa relación coa xeración de corrente.• Determinar as características e parámetros xerais do movemento harmónico

simple e función de onda, así como a relación entre eles.• Clasificar os distintos tipos de ondas en función dos diferentes criterios.• Concepto de enerxía, intensidade e amortecemento das ondas.• Entender cualitativamente o fenómeno de interferencia de ondas e a súa

relación coa difracción.• Determinación gráfica e numérica de imaxes obtidas en espellos e lentes

delgadas• Enunciar e analizar os postulados de Einstein da relatividade especial.• Xustificar a natureza cuántica da luz partindo da análise do efecto

fotoeléctrico. Resolución de problemas sobre dito efecto.• Coñecemento da importancia da relación masa-enerxía no ámbito da física

nuclear.

Instrumentos de avaliación e de recuperación

Observación do traballo diario do alumnadoO profesor estará atento ás dificultades, erros, progresos, etc. do alumno,tendo en conta, en definitiva, a súa actitude ante a exposición da materia, o seucomportamento no laboratorio e a presentación das tarefas encomendadas.O resultado de tal observación poderá ser avaliado e tido en conta nosredondeos a realizar para establecer a nota definitiva do alumno en cada bloquede contidos.

Realízanse tres avaliacións ao longo do curso. A nota de cada avaliacióncorresponde á nota do exame escrito, ou á media das notas dos examesescritos. No caso de non alcanzar o aprobado farase un exame derecuperación.A nota final corresponderá á media das tres avaliacións.No mes de maio haberá un exame final para os alumnos que non teñanaprobado por curso.No mes de setembro realizarase un exame extraordinario para os alumnos quenon superen a materia en maio.

20

Instrumentos de avaliación e de recuperación. Bacharelato de adultos

Son as que tras a observación do traballo diario do alumnado, nos dan obalance final de adquisición de conceptos e procedementos.Farase un exame tras o remate dun “bloque de contidos”. Transcorrido untempo mínimo de 15 días desde a data do exame, haberá outra oportunidadepara os alumnos que non superaron a primeira, ou para aqueles que desexensubir a nota do anterior exame.A nota que figurará na avaliación correspondente será a da nota resultante doexame do bloque englobado no período de avaliación (véxase, non obstante, opunto seguinte). No caso de haber máis dun bloque por avaliación farase amedia.Para os alumnos que tras rematar a 3ª avaliación tivesen algún da totalidadedos bloques suspenso, haberá unha proba final na que será examinado tan sódos bloques non superados.

21

Módulo IV ESA: Ámbito científico-tecnolóxico

Contidos mínimos

Bloque 1

• Identificación e análise de forzas típicas da vida cotiá.• Recoñecemento do carácter vectorial das forzas• Composición gráfica das forzas• Estudio experimental do alongamento dun resorte (gráficas, táboas).• Comprobación experimental da dependencia da aceleración dun corpo coa

súa masa e a forza aplicada sobre el.• Mecánica de Newton.• Gravitación Universal• Relación entre a forza aplicada e a presión resultante nos sólidos.• Presión no interior dun fluído. Interpretación da flotación por Arquímedes.• Identificación dos efectos dos axentes xeolóxicos externos sobre as rochas e a

paisaxe.• Formación de sedimentos e transformación en rochas sedimentarias.• Recoñecemento e valoración da formación e destrución do solo.• Análise dos efectos dos axentes xeolóxicos internos.• Modelo dinámico da estrutura interna da Terra. Ciclo das rochas.• Teoría da evolución. Teorías de Lamarck e Darwin.• A biodiversidade como resultado do proceso evolutivo.• Identificación de cadeas e redes tróficas nos ecosistemas. Pirámide

ecolóxica.• Datos estatísticos, organización en táboas.• Determinación das frecuencias absoluta e relativa, normal e acumulada.• Cálculo e análise da media, moda, mediana e cuartís.• Significado das medidas de dispersión sinxelas.• Construción de gráficas adecuadas á natureza dos datos estadísticos.• Formulación de hipóteses sobre fenómenos aleatorios sinxelos.• Determinación de probabilidades usando a lei de Laplace.• Uso da probabilidade na toma de decisións. Valoración da participación en

xogos de azar. Prevención de dependencias e ludopatías.

Bloque 2

• Identificación das formas da enerxía mecánica: cinética e enerxía potencialgravitatoria.

• Utilización das expresións: Ec = ½ m v2 e Ep = mgh• Velocidade, enerxía cinética e seguridade viaria.• Conceptos de traballo e potencia e as súas unidades.• Relación P = W/t.• Construción da gráfica P/t: estudo da función de proporcionalidade inversa.• Utilización do principio da conservación da enerxía mecánica.• Valoración do papel da enerxía no mundo actual. Eficacia e aforro

enerxético.

22

• Fontes de enerxía renovables e non renovables.• Recoñecemento da utilización das máquinas simples en aparellos de uso

cotián.• Descrición básica e funcionamento dos motores térmicos e eléctricos.• Control de calidade. Importancia da normalización nos produtos industriais.• Aproveitamento das materias primas e dos recursos naturais: adquisición de

hábitos que potencien o desenvolvemento sustentable.• Impacto ambiental dunha vivenda. Integración estética no contorno.• Análise dos elementos que configuran a instalación nunha vivenda.• Efectos da corrente eléctrica.• Circuíto eléctrico: elementos básicos e simboloxía.• Corrente continua e alterna.• Potencia dunha instalación e dispositivos de medida e protección.• Comunicacións: telefonía, radio e televisión.• Combustibles: gas, gas natural e gasóleo.• Calefacción e refrixeración: paneis termosolares e fotovoltaicos, e aire

acondicionado.• Domótica.• Valoración dos gastos e das facturas domésticas. Utilización das

porcentaxes na economía. Ornamentos de obras.• Xuro simple e composto en préstamos e hipotecas. TAE e IVE.• Números reais: expresión decimal infinita non periódica.• Representación de números na recta real.• Descrición da función exponencial e a súa gráfica.• Aforro enerxético e hídrico nas vivendas: lámpadas de baixo consumo,

electrodomésticos de clase A, etc. Arquitectura bioclimática.• Importancia da evacuación dos residuos sólidos e das augas residuais en

vivendas. Depuradoras, estacións de reciclaxe.• Valoración da educación científica da cidadanía para o progreso dunha

sociedade democrática sustentable.

Instrumentos de avaliación

Para avaliar cada bloque teranse en conta:

Probas escritas

As probas escritas en cada bloque e unha recuperación para aqueles alumnosque non acadaran avaliación positiva.A nota media destas probas representa o 80 % da nota global do bloque.

Obsevación do traballo diario do alumno

1. Pucritude no caderno diario, que debe incluír tódalas actividadesrealizadas na aula.

2. Interese pola materia3. Traballos na clase e na aula.4. Prácticas de laboratorio.

Estes aspectos representan o 20 % da nota global do bloque.

23

A calificación global do módulo será a media das calificacións dos dous bloques .Se ten algún bloque sen superar, realizará unha proba do bloque no que teñaavaliación negativa.

24