Respostas xoves

3
LEONOR DE AQUITANIA (1122-1204) Leonor foi descendente dos nobres gobernantes do gran territorio de Aquitania, situado ó sur de Francia. Creceu baixo o amparo de titores que a dotaron do amor polas belas artes e de inmediato mostrou dotes para a música e as linguas. Á morte do seu pai, Guillerme X de Poitiers, herdou o ducado de Aquitania. Casou co que en pouco tempo foi o rei Luís VII de Francia, co que participou na Segunda Cruzada (1147-1149); un cronista da época conta que Leonor participou activamente na contenda e que mesmo poderíase situala entre as lanzas e os escudos, montando no seu cabalo como calquera varón. Antes da partida promoveu torneos para recadar recursos, recolleu doazóns e foi a todas as abadías a pedir a bendición. Acompañou o seu marido na expedición, así como outras damas da nobreza, mais ela, contaba co título de líder feudal do exército de Aquitania en pé de igualdade con outros dirixentes. No 1152 o matrimonio é anulado; pouco despois casou co que sería o rei Henrique II de Inglaterra, unindo os seus dominios en Francia cos que xa posuía o seu novo marido. Deste matrinonio naceron oito fillos, cinco varóns e tres mulleres. Na súa corte, en Poitiers, tivo un grande auxe a literatura cabaleiresca, sendo mecenas de moitos trobadores. Todos recibían a protección da raíña o que influíu tamén na súa filla María de Francia, escritora de poesía amorosa e protectora de Chrètien de Troyes, o primeiro escritor de relatos artúricos tal como hoxe os coñecemos. Morreu na abadía de Fuentevraud onde está soterrada xunto co seu home Enrique II Plantagenet e o seu fillo Ricardo.

Transcript of Respostas xoves

Page 1: Respostas xoves

LEONOR DE AQUITANIA

(1122-1204)

Leonor foi descendente dos nobres gobernantes do gran territorio de Aquitania, situado ó sur de Francia. Creceu baixo o amparo de titores que a dotaron do amor polas belas artes e de inmediato mostrou dotes para a música e as linguas.Á morte do seu pai, Guillerme X de Poitiers, herdou o ducado de Aquitania. Casou co que en pouco tempo foi o rei Luís VII de Francia, co que participou na Segunda Cruzada (1147-1149); un cronista da época conta que Leonor participou activamente na contenda e que mesmo poderíase situala entre as lanzas e os escudos, montando no seu cabalo como calquera varón. Antes da partida promoveu torneos para recadar recursos, recolleu doazóns e foi a todas as abadías a pedir a bendición. Acompañou o seu marido na expedición, así como outras damas da nobreza, mais ela, contaba co título de líder feudal do exército de Aquitania en pé de igualdade con outros dirixentes. No 1152 o matrimonio é anulado; pouco despois casou co que sería o rei Henrique II de Inglaterra, unindo os seus dominios en Francia cos que xa posuía o seu novo marido. Deste matrinonio naceron oito fillos, cinco varóns e tres mulleres. Na súa corte, en Poitiers, tivo un grande auxe a literatura cabaleiresca, sendo mecenas de moitos trobadores. Todos recibían a protección da raíña o que influíu tamén na súa filla María de Francia, escritora de poesía amorosa e protectora de Chrètien de Troyes, o primeiro escritor de relatos artúricos tal como hoxe os coñecemos. Morreu na abadía de Fuentevraud onde está soterrada xunto co seu home Enrique II Plantagenet e o seu fillo Ricardo. 

Page 2: Respostas xoves

ANA Mª MATUTE

(1926) 

Naceu en Barcelona no seo dunha familia pertencente á pequena burguesía catalana, conservadora e relixiosa. Durante a súa nenez viviu en Madrid e en Mansilla de la Sierra, un pobo pequeno nas montañas rioxanas. Tiña dez anos de idade cando comezou a Guerra Civil Española. A violencia, o odio, a morte, a miseria, a angustia e a extrema pobreza que seguiron á guerra marcaron fondamente a súa persoa e a súa narrativa.

Novelista española, membro da Real Academia, onde ocupa o asento K, é a terceira muller que recibe o Premio Cervantes (2010). É tamén profesora invitada en moitas universidades norteamericanas. Matute é considerada por moitos como a mellor novelista da posguerra española. Cultiva a novela, o relato curto e os contos para nenos. Existe un premio literario que leva o seu nome e os seus libros foron traducidos a 23 idiomas.

Su obra é unha combinación de denuncia social e de mensaxe poética, ambientada con frecuencia no universo da infancia e da adolescencia da España da posguerra. Moitos críticos consideran que a súa mellor obra é a triloxía Los Mercaderes. Escribe a súa primeira novela Pequeño Teatro aos 17 anos de idade. En 1949, escribe Luciérnagas e queda semifinalista do Premio Nadal, non obstante, a censura impide a súa publicación. En 1984 obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil coa obra Sólo un pie descalzo. En 1996 publica Olvidado Rey Gudú e é elixida académica da RAE. En 2007 recibiu o Premio Nacional das Letras Españolas ao conxunto do seu labor literario.

 

Page 3: Respostas xoves

Mercedes Vieito Bouza 1887 - 1960

Filla de José Vieito Freire e Rosa Bouza Maseda, inmigrantes das Somozas (A Coruña) naceu en Cuba en 1887. A identidade galega dos seus proxenitores vai ser fonte de sólidos principios e do seu futuro quefacer literario.A súa inquietude vocacional levouna de moi nova a iniciar os seus primeiros pasos como periodista na revista Galicia, en 1903, nunha sección titulada "Rápidas", onde escribe baixo o pseudónimo de Zoraida, que manterá até 1905. Obtivo os seus maiores logros como periodista entre 1910 e 1930, nas revistas Galicia e Eco de Galicia; nesta última aparece como directora desde 1934 até o seu peche en 1936.A defensa dos sectores máis humildes da rexión galaica foi expresada en diversos artigos. Impulsou a creación de escolas e bibliotecas nas aldeas natais polas sociedades comarcais existentes e impulsou, con gran combatividade, o movemento agrarista da década de 10 de século XX, contra a oligarquía e o caciquismo.Tivo unha participación activa na sociedade "La Aurora de Somozas" promovendo diversas actividades na defensa da identidade cultural galega. O seu amor cara á terra dos seus proxenitores levouna, xa en datas próximas ao seu falecemento, a querer que o seu corpo fose sepultado no panteón desta sociedade, feito acaecido o 3 de xaneiro de 1960 en Cuba, cando tiña 73 anos.En 1918 casou co somozano José López y López, co que tivo 4 fillos. Reincorporouse á revista Eco de Galicia e ao mesmo tempo exerce de mestra. Creou a súa escolla "La Aurora" no barrio de Luyanó para o ensino primario de nenos de ambos os sexos. Nela impartía as súas leccións co recordo unhas veces da amada Galicia e outras co das loitas dos cubanos na súa historia. Foi unha fervente difusora do pensamento do apóstolo de Cuba, José Martí.Tivo dous momentos de grande impacto e significación emocional na década dos 20: coñecer a amada terra galega cos seus tres fillos pequenos e a homenaxe de recoñecemento á súa vida fecunda que diversas sociedades da colonia galega lle brindaron en 1923.