Relatos do alumnado de 6º A primaria
-
Upload
ceip-sigueiro-oroso -
Category
Documents
-
view
245 -
download
0
description
Transcript of Relatos do alumnado de 6º A primaria
![Page 1: Relatos do alumnado de 6º A primaria](https://reader036.fdocuments.ec/reader036/viewer/2022082211/568bf49b1a28ab89339eae71/html5/thumbnails/1.jpg)
![Page 2: Relatos do alumnado de 6º A primaria](https://reader036.fdocuments.ec/reader036/viewer/2022082211/568bf49b1a28ab89339eae71/html5/thumbnails/2.jpg)
6º A
• RECORDANDO A MICHAEL de Carme Cerdeiro
Vidal e Arturo Fraga Novoa
• O MISTERIO DA XENTE HIPNOTIZADA de
Abilio José Antunes Jogo e Carlos Bermúdez Cid
• OS CANTANTES FAMOSOS de Mirian Boquete
Sixto e Marta Amigo Regueiro
• AMANTES DO RAP de Alberto Fernández Fuentes e
Carmen Fernández Taboada
• NICO E O ENCONTRO COA CLAVE DE SOL de
Adrián González Jiménez e Xoel Cambeiro Tajes
• TRIO MUSICAL de Valeria Bello Balado e María Grela
Suárez
• GUITARRABOT de Andrea e Alex
![Page 3: Relatos do alumnado de 6º A primaria](https://reader036.fdocuments.ec/reader036/viewer/2022082211/568bf49b1a28ab89339eae71/html5/thumbnails/3.jpg)
RECORDANDO A MICHAEL
Un día Carme e Arturo estaban na casa de Carme xogando a X-BOX. Oíuse un ruído e
viron, pola ventá, que todo o mundo se convertera en zombis. Foron á casa de Arturo e
colleron uns paus de hóckey para defenderse.
Cando saíron da casa oíuse unha música e Carme dixo:
-Oíches iso?
-Si,é thriller de Michael Jackson, contestou Arturo.
-Ven do cemiterio, dixo Carme.
-Está moi lonxe, teremos que coller un coche, respondeu Arturo.
Foron a ver se algún coche tiña as chaves postas, pero, pasaron dez minutos e non
encontraron ningún. De repente oíuse un ruído, pero non era música, era un zombi.
Carme e Arturo correron pero o zombi era moi rápido.
-Temos que defendernos, comentou Arturo.
-Tes razón, asentiu Carme.
Pegáronlle cos paus de hóckey e o zombi caeu ao chan. Despois diso correron cara o
cemiterio. Cando chegaron Arturo dixo:
-Temos que ver de onde ven a música.
-Xa o sei, pero non vexo a ninguén.
![Page 4: Relatos do alumnado de 6º A primaria](https://reader036.fdocuments.ec/reader036/viewer/2022082211/568bf49b1a28ab89339eae71/html5/thumbnails/4.jpg)
De repente empezaron a chegar zombis e Carme e Arturo non sabían que facer, os
zombis empezaron a perseguilos.
-Corre Arturo!,dixo Carme.
-Imos a aquela casa, contestou Arturo sinalando unha casa moi vella.
Entraron correndo na casa, pecharon a porta cunha táboa de madeira e inspeccionaron a
casa para ver se había zombis, pero non encontraron nada. Polas ventás viron a Michael
Jackson cantando, el tamén era un zombi. Decidiron preguntarlle porque hipnotizaba á
xente. El dixo:
-Quero conquistar Galicia.
-Pero que faremos os que vivimos aquí?, preguntou Carme.
-Converterédesvos nos meus escravos.
-Nin falar, faremos un trato: non convertes ás persoas en escravos e deixámosche cantar
nos concertos que queiras.
-Trato feito.
En dous días todo volveu á normalidade e o presidente da Xunta de Galicia felicitounos
pola súa actuación e concedeulles a cousa que eles quixeran. Decidiron que organizarían
as festas de Oroso.
CARME CERDEIRO VIDAL 6ºA
ARTURO FRAGA NOVOA 6ºA
![Page 5: Relatos do alumnado de 6º A primaria](https://reader036.fdocuments.ec/reader036/viewer/2022082211/568bf49b1a28ab89339eae71/html5/thumbnails/5.jpg)
O MISTERIO DA XENTE HIPNOTIZADA
Case toda a clase de 6º A foi a un concerto de BobMarley. Non foron nin Carlos nin
Abilio. Ao día seguinte cando chegaron ao colexio encontráronse con que todos os
compañeiros e compañeiras estaban hipnotizados. Souberon que fora no concerto de
BobMarley e informáronse de cando sería a súa próxima actuación.
Decidiron ir e, cando chegaron, Carlos dixo:
- Abilio, creo que os hipnotiza grazas ao seu colgante.
- É certo - contestou Abilio.
Ao día seguinte ían paseando e encontráronse con BobMarley.
Os dous idearon unha trama, cavaron un burato e o cantante caeu nel. Pouco despois
preguntáronlle por que hipnotizaba á xente. Contestoulles:
- Un día din un concerto e saíume mal, despois daquilo a xente apupábame. Co desgusto
empecei a drogarme e por iso hipnotizo á xente. Para curar ás persoas tedes que facer
unha poción con unllas de gato e cola de rato.
Ao día seguinte déronlles a poción aos seus compañeiros e todo o mundo volveu ao
normal. O cantante estaba triste por ir ao cárcere. Pero polo menos podería cantar e o
público, que serían os presos, aplaudiríanlle.
Ao final todo rematou ben, e ninguén volveu a hipnotizar á xente nun concerto.
ABILIO JOSÉ ANTUNES JOGO – 6ºA
CARLOS BERMÚDEZ CID – 6º A
![Page 6: Relatos do alumnado de 6º A primaria](https://reader036.fdocuments.ec/reader036/viewer/2022082211/568bf49b1a28ab89339eae71/html5/thumbnails/6.jpg)
OS CANTANTES FAMOSOS
Érase unha nena que se chamaba Sara. Tiña 12 anos e gustáballe a música , pero
como ela cantaba fatal decidiu apuntarse a clases de canto.
O primeiro día de clase aparecíanselle cantantes na súa mente . Ela imaxinaba que o seu
profesor era MICHAEL JACKSON.
Tamén cría que os seus compañeiros eran cantantes famosos.Todo lle saía mal pola súa
imaxinación.
Cando contaba estas historias a xente pensaba que estaba tola, mais se lle pedían algo
tiña vergoña de falar con eles.
Ó chegar a súa casa contoulle aos seus pais o que lle pasou na academia de canto.
- Mamá, na clase de canto xuraría que vin cantantes famosos,dixo ela.
- Pero filla estas tola!,contestou a nai.
- Todos din iso, non e xusto!
Foise correndo para o seu cuarto.
Alí estivo pensando no que lle pasou.
- Non pode ser,como vai haber famosos na miña clase de canto.
Ao dia seguinte pasoulle o mesmo,pero falou con eles sen ter vergoña, porque quería
acabar con isto, xa.
Pouco a pouco foron saíndo da súa mente os cantantes famosos mentres cantaba,
porque a canción dáballe os ánimos suficientes para conseguir sacar aos famosos da súa
cabeza.
Entón curouse.
MIRIAN BOQUETE SIXTO 6ºA
MARTA AMIGO REGUEIRO 6ºA
![Page 7: Relatos do alumnado de 6º A primaria](https://reader036.fdocuments.ec/reader036/viewer/2022082211/568bf49b1a28ab89339eae71/html5/thumbnails/7.jpg)
AMANTES DO RAP
Esta é a historia de dous nenos que se chamaban, Dani, que se alcumaba J. B, e outro
que se chamaba Marcos, e de alcume Kitos.
Kitos coñeceu a un rapeiro que ía rapear esa noite, e regaloulle dúas entradas para o
concerto.
Kitos foi correndo á casa de J. B para dicirlle que tiña dúas entradas para o concerto de
rap e que o invitaba a ir con el.
Xa no concerto viron rapear ao amigo de Kitos, despois houbo competicións e eles
participaron.
Kitos e J. B gañáronlle a un rapeiro inexperto. Na final tíñanse que enfrontar entre eles.
Kitos comezou a cantar:
- Vouche gañar chaval
e ese chándal voucho quitar.
Seguiu J. B:
- Este chándal é o dos ánimos
e agora cala Kitos.
Enfadáronse entre eles. Kitos tivo éxito no rap, en cambio J. B non.
Había un novo concurso, no centro da cidade, e participaron novamente.
Kitos foi subindo postos e J. B tamén. Os dous chegaron á final e perdoáronse.
![Page 8: Relatos do alumnado de 6º A primaria](https://reader036.fdocuments.ec/reader036/viewer/2022082211/568bf49b1a28ab89339eae71/html5/thumbnails/8.jpg)
Despois seguiron rapeando e fixeron un dúo impresionante, ata os contratou unha
empresa famosísima de América!
Actualmente chámanse Dúo Kie.
Agora teñen 17 anos e fan xiras por todo o mundo.
Kitos ademais de rapear é taxista e J. B está estudando Astronomía.
Esa noite actuaban.
- Que canción imos cantar?
- A terceira do noso novo disco, contesta J. B.
- OK.
- Esta noite vennos a ver o mellor rapeiro do mundo.
- Temos que facelo ben, dixo Kitos.
O concerto foi todo un éxito e ao mellor rapeiro do mundo gustoulle, incluso lles fixo
un contrato para toda a vida.
- Aceptádelo?, di o rapeiro.
- Non, preferimos a nosa cidade natal. Din eles.
- Ha, ha, ha …!
ALBERTO FERNÁNDEZ FUENTES 6ºA
CARMEN FERNÁNDEZ TABOADA 6ºA
![Page 9: Relatos do alumnado de 6º A primaria](https://reader036.fdocuments.ec/reader036/viewer/2022082211/568bf49b1a28ab89339eae71/html5/thumbnails/9.jpg)
N ICO E O ENCONTRO COA CLAVE DE SOL
Un día Nico foi á escola. A primeira hora tocou clase de Música e alí dixéronlle que
antigamente había un lugar no que as follas eran notas musicais, as herbas eran
pentagramas, os animais cantaban sempre ao falar e no cumio das montañas había
claves, pero só nunha estaba a clave de Sol, que che concedía un desexo.
Nico preguntoulle á profesora como entrar e ela contestoulle que no final do bosque
embruxado estaba a última árbore de notas musicais. Se lle tocabas unha melodía
especial abríache un portal a ese mundo máxico.
O neno foi ata o final do bosque embruxado e no camiño atopouse con animais
furiosos e calmounos cunha melodía da súa guitarra. Encontrou a árbore de notas
musicais. Tocoulle moitas máis cancións, pero non pasou nada. A árbore estaba
asubiando unha melodía, el tocouna e abriu o portal, entón entrou naquel mundo.
Ao chegar a ese mundo máxico viu que todo se estaba queimando, entón entrou nunha
casa de pedra. Encontrouse cun ancián, e preguntoulle que pasaba. El díxolle que a
clave de Sol estaba enferma, e deulle un mapa para encontrala.
Seguiu o mapa e a clave de Sol estaba moi enferma, pero el curouna coa súa guitarra,
ela agradeceulle concedéndolle un desexo. Nico pediu que todo volvera á normalidade
e que no seu mundo houbera todo o que hai naquel mundo máxico.
ADRIÁN GONZÁLEZ JIMÉNEZ 6ºA - XOEL CAMBEIRO TAJES 6ºA
![Page 10: Relatos do alumnado de 6º A primaria](https://reader036.fdocuments.ec/reader036/viewer/2022082211/568bf49b1a28ab89339eae71/html5/thumbnails/10.jpg)
TRÍO MUSICAL
Esta é a historia duns amigos chamados Esteban,Nico e Álex,que unha noite quedaron
citados nun bar. Alí a xente podía animarse a cantar e a bailar.
A eles encantáballe a música. Todos os días se reunían nunha cabaña próxima as súas
casas e poñíanse a tocar.
Esteban era o batería,Álex o guitarrista e Nico,o cantante e,ás veces,bailaba.
Cando era a hora de quedar, arranxáronse e foron ata o bar.Alí, o dono, preguntoulles
aos amigos se se animaban a tocar algo.Farían unha competición e, quen gañara, levaría
o móbil que quixera.
Eran cinco concursantes;Esteban,Nico e Álex eran os últimos.Presentaron unha canción
pop, chamada "Heybaby".Todos o fixeran moi ben,pero os gañadores foron eles.
Un representante dunha discográfica estaba alí e díxolle aos rapaces que o fixeran moi
ben,pero había un problema: o home quería a un deles para gravar unha maqueta.
Eles estaban moi tristes porque a canción fixérona entre todos e non lles parecía xusto
que elixiran só a un deles.
Decidiron competir.
O público do bar tiña que votar quen era o mellor.
No venres seguinte farían outra competición.Ao longo da semana ensaiaron e quedaban
na cabaña para falar disto que os tiña preocupados.
Chegou o día da competición.Había moitísima xente,case toda a cidade.
Os tres rapaces estaban moi nerviosos e desexáronse moita sorte.Tiñan que interpretar
unha canción inventada por eles.
Esteban interpretaría "On thefloor",Nico "Party Rock" e Álex "I´m sexy and know it”.
Era a hora.O representante da discográfica e os outros xuíces xa chegaran alí.O primeiro
que actuou foi Esteban,o segundo Nico e o terceiro,Álex.
![Page 11: Relatos do alumnado de 6º A primaria](https://reader036.fdocuments.ec/reader036/viewer/2022082211/568bf49b1a28ab89339eae71/html5/thumbnails/11.jpg)
Levou tempo decidir quen era o gañador,porque as súas actuacións eran boísimas,foron
un éxito.Despois dun anaco decidiron someter a votación a decisión.O gañador resultou
ser....Álex!.Con gran decepción,Nico e Esteban felicitárono.
Álex gravou unha maqueta en solitario.Mentres,Nico e Esteban xa non querían
dedicarse á música.Nico quixo probar co fútbol e Esteban, co skate.
Pasado o tempo,víronse pola rúa.O primeiro que fixeron foi darse unha forte aperta e
falar da súa vida,de como lle ía despois de tanto tempo.A partir dese día, decidiron non
separarse nunca máis
VALERIA BELLO BALADO 6ºA
MARÍA GRELA SUÁREZ 6ºA
![Page 12: Relatos do alumnado de 6º A primaria](https://reader036.fdocuments.ec/reader036/viewer/2022082211/568bf49b1a28ab89339eae71/html5/thumbnails/12.jpg)
Na ciudade Paleto vivía unha familia de cucuins, que eran unhas persoas normais, pero convertíanse en zombies que exterminaban a música e os intrumentos.
A nai comía a música clásica; o pai comía a música disco;o irmán maior comía a música rock;a nena pequena comía pop, por iso MileyCirus deixou de ser HannahMontana.
A cidade dePaleto estaba aterrorizada. O goberno creou un robotguitarra que tiña escopetas que lanzaban notas músicais e funcionaba con coca-cola.Chamábase Guitarrabot .
O irmán maior e a súa nai foron a unha taberna para beber caña e tomar unha tapa de tortilla.
De repente apareceu .
O robot pescou ao irmán maior cunha corchea e encerrouno nos baños de mulleres.Había unha señora no baño que se cabreou e doulle co bolso na cabeza. A nai lanzoulle ao robot a tortilla,logo lanzoulle a caña, enborrachouno e o robot dixo:
-Esta taberna si que sabe.
Mentres estaba borracho deulle cun paraugas que o deixou con paxariños na cabeza.O robot comezou a bailar o “Pirinpinpín” e lanzoulle unha branca que a mandou ao conxelador de hamburguesas.
Foi a casa dos cucuins nun estercoleiro e cando o robot entrou no baño o pai estaba lendo unha revista de cotilleos e comezou a chorar de vergonza.
Guitarrabot volveu á súa casa para recambiar o depósito.
Cando o robot marchou,a nena pequena enterouse de que a súa familia lera oscotilleos, cousa que nunca fixeran.
![Page 13: Relatos do alumnado de 6º A primaria](https://reader036.fdocuments.ec/reader036/viewer/2022082211/568bf49b1a28ab89339eae71/html5/thumbnails/13.jpg)
A nena comezou a berrar e a destruir as cousas do seu arredor.
Guitarrabotenterouse, pero non tiña coca cola para recargarse así que probou con kas de limón. Agora lanza notas con aroma a limón e as súas armas son máis agrias.
Foi enfrontarse coa nena, e ela partiuno pola metade e bebeu o seu kas. Unha persoa que estaba por alí recolleuno e logo reparouno. El púxolle un lanzachuches musical. Volveu a loitar coa nena e lanzoulle as chuches.
A nena comeunas e fíxose tan gorda que non se podía mover, e logo vomitouno todo. O robot fixo un xiro de melena e deulle un martelazo no dedo do pé. E a nena marchou bailando salsa mentres choraba.
Cando o robot pensaba que todo acabara chegaron os cucuins, fíxolles gracia o baile da nena e comenzaron todos a danzar ao ritmo da escala musical.