Recursos na Internet para o tradutor de galego

30
RECURSOS NA INTERNET RECURSOS NA INTERNET PARA O TRADUTOR PARA O TRADUTOR DE GALEGO DE GALEGO Ana Hermida Ruibal Ana Hermida Ruibal Universidade de Vigo Universidade de Vigo [email protected] [email protected] http://www.anahermida.com Maio de 2004 Maio de 2004

Transcript of Recursos na Internet para o tradutor de galego

Page 1: Recursos na Internet para o tradutor de galego

RECURSOS NA INTERNET RECURSOS NA INTERNET PARA O TRADUTORPARA O TRADUTOR

DE GALEGO DE GALEGO

Ana Hermida RuibalAna Hermida RuibalUniversidade de VigoUniversidade de Vigo

[email protected]@uvigo.eshttp://www.anahermida.com

Maio de 2004Maio de 2004

Page 2: Recursos na Internet para o tradutor de galego

1. Obxectivo1. Obxectivo

Ofrecer unha visión global dos diferentes recursos cos que poden contar os tradutores que traducen de e para galego, só por teren acceso á Internet.

Page 3: Recursos na Internet para o tradutor de galego

2. Estrutura2. EstruturaOs recursos estarán divididos en: Material terminolóxico Revistas virtuais galegas de tradución Roldas de correo Páxinas web con recursos para tradutores de galego Asociacións galegas de tradutores Programas informáticos útiles para tradutores:

– Tradutores automáticos– Memorias de tradución– Correctores ortográficos– Programas para traducir páxinas web– Programas de localización de software– Outros programas

Todos estes recursos centraranse nas combinacións lingüísticas que teñan o galego como lingua orixinal ou lingua termo.

Page 4: Recursos na Internet para o tradutor de galego

3. Recursos terminolóxicos3. Recursos terminolóxicos

Na Rede pódense consultar de balde unha chea de recursos terminolóxicos (vocabularios, léxicos, dicionarios, libros de estilo, bases de datos e corpus lingüísticos) que inclúen o galego. Ao se atoparen en formato electrónico, o acceso á información que conteñen é moito máis doado e rápido.

A seguir figuran algúns recursos terminolóxicos en galego dispoñibles na Internet.

Page 5: Recursos na Internet para o tradutor de galego

3. Recursos terminolóxicos3. Recursos terminolóxicos

o Diccionario da Real Academia Galega e Diccionario de pedagoxía: http://www.edu.xunta.es/diccionarios/

Page 6: Recursos na Internet para o tradutor de galego

3. Recursos terminolóxicos3. Recursos terminolóxicoso Servizo de Normalización Lingüística da

Univ. de Santiago de Compostela (http://www.usc.es/~snlus/vocab.htm):o Vocabulario de química (galego-español-

inglés)o glosario de orientación escolar e

profesional (galego-español-inglés-francés-alemán)

o 131 termos básicos de educación social (galego-español-inglés-francés-alemán)

o léxico de xeografía (castelán-galego)o léxico de arqueoloxía (castelán-galego)o vocabulario de matemáticas (galego-

castelán-inglés-portugués)o léxico básico das ciencias naturais

(castelán-galego)o vocabulario de historia (castelán-galego) o léxico editorial (castelán-galego) o léxico panlatino de Internet (catalán-

español-francés-galego-italiano-portugués-romanés):

Page 7: Recursos na Internet para o tradutor de galego

3. Recursos terminolóxicos3. Recursos terminolóxicos Seminario de Lingüística Informática

(Universidade de Vigo): http://webs.uvigo.es/sli/

– glosario da Internet (galego-inglés-castelán-portugués)

– vocabulario das artes gráficas (galego-español-inglés)

– glosario de xermanismos– vocabulario de informática (galego-inglés-

castelán)– base de datos plurilingüe de títulos

cinematográficos (galego-castelán-inglés-francés-alemán-italiano)

– vocabulario da fauna mariña (galego-inglés-castelán-latín)

– Corpus Paralelo CLUVI (Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo): dende o enderezo http://sli.uvigo.es/CLUVI/ pódense realizar pescudas do seu contido. O CLUVI abrangue varios corpus:

Corpus literario TECTRA (inglés-galego) Corpus literario FEGA (francés-galego) Corpus xurídico LEGA (galego-español) Corpus xurídico LEGEBIDUN (vasco-

español) Corpus literario (inglés-portugués) Corpus literario (inglés-español)

Page 8: Recursos na Internet para o tradutor de galego

3. Recursos terminolóxicos3. Recursos terminolóxicos

Diccionario galego de termos médicos da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia (870 páxinas): http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/diccmedico.pdf

Page 9: Recursos na Internet para o tradutor de galego

3. Recursos terminolóxicos3. Recursos terminolóxicos

Galego.org: http://galego.org/biblioteca.html– terminoloxía do fútbol– glosario de urbanismo– vocabulario de comunicación

comercial– táboa comparativa de formas do

léxico comercial– siglas de textos legais e

regulamentarios– glosario básico sobre a Internet

Page 10: Recursos na Internet para o tradutor de galego

3. Recursos terminolóxicos3. Recursos terminolóxicos

o Compilación de terminoloxía xurídica castelán-galego: http://sal.avogacia.org/CursoOptima/compiterm/compiterm.html e http://sal.avogacia.org/CursoOptima/compiterm/compiterm.pdf

Page 11: Recursos na Internet para o tradutor de galego

3. Recursos terminolóxicos3. Recursos terminolóxicos

o TILGA | Tesouro Informatizado da Lingua Galega, do ILG (http://www.ti.usc.es/TILG/): corpus constituído por once millóns de palabras galegas, recollidas de distintos textos publicados dende 1612 ata a actualidade.

Page 12: Recursos na Internet para o tradutor de galego

3. Recursos terminolóxicos3. Recursos terminolóxicos

o Corpus CORGA (Corpus de Referencia do Galego Actual): http://corpus.cirp.es/corga/ Contén unha colección de textos de diversa procedencia, representativos do galego actual (dende 1995 ata 2004), en formato electrónico.

Page 13: Recursos na Internet para o tradutor de galego

3. Recursos terminolóxicos3. Recursos terminolóxicos

o Libro de estilo do xornal O Correo Galego: http://www.elcorreogallego.es/periodico/manual_estilo/

Page 14: Recursos na Internet para o tradutor de galego

3. Recursos terminolóxicos3. Recursos terminolóxicos

o ... E moitos outros que, por falta de espazo e tempo, só poderemos describir nas actas.

Page 15: Recursos na Internet para o tradutor de galego

4. Revistas virtuais galegas 4. Revistas virtuais galegas de traduciónde tradución

Viceversa: a única revista de tradución existente só en galego. Ten páxina web (http://webs.uvigo.es/webatg/viceversa/viceversa.htm), aínda que nela, neste momento, só están dispoñibles algúns artigos do nº 1 e o índice de todos os números.

Page 16: Recursos na Internet para o tradutor de galego

5. Roldas de correo5. Roldas de correo

Son un servizo da Internet mediante o cal o correo electrónico que chega a un determinado enderezo se reenvía a todos os membros inscritos no servizo, para poderen discutir temas determinados.

Page 17: Recursos na Internet para o tradutor de galego

5. Roldas de correo5. Roldas de correo

o Tradgal: rolda dedicada á tradución de/para galego onde se poden tratar temas como dúbidas terminolóxicas (ou doutro tipo) relacionadas co galego, problemas de tradución específicos entre o galego e outras linguas, a tradución en Galicia, novidades interesantes, etc. Pódese escribir en calquera lingua, aínda que se recomenda que sexa en galego. Creouse o 27/05/2002: http://www.elistas.net/lista/tradgal/

o Terminoloxía: rolda do Consello da Cultura Galega que botou a andar en maio de 2003, especializada en terminoloxía galega. Diríxese aos especialistas que traballen con temas de terminoloxía, terminografía, tradución e linguaxes de especialidade sobre calquera lingua e, especialmente, en lingua galega: http://www.culturagalega.org/temadia.php?id=2942

Page 18: Recursos na Internet para o tradutor de galego

6. Páxinas web con recursos 6. Páxinas web con recursos para tradutores de galegopara tradutores de galego

- O Traductor Virtual (por Nuria Andión): http://webs.uvigo.es/sli/virtual/titulo.htm

- Blanca Rodríguez:

http://www.blanca-rodriguez.com/- Ana Hermida:

http://www.anahermida.com/

Page 19: Recursos na Internet para o tradutor de galego

7. Asociacións galegas de 7. Asociacións galegas de tradutores tradutores

- AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Traducción e da Interpretación): http://www.agpti.org/

ATG (Asociación de Traductores Galegos): http://webs.uvigo.es/webatg/

Está centrada na tradución literaria e na súa páxina web inclúe a Biblioteca Virtual de Traducións ao Galego (Bivir).

Page 20: Recursos na Internet para o tradutor de galego

8. Programas informáticos útiles 8. Programas informáticos útiles para tradutorespara tradutores

A meirande parte deles, malia non seren gratuítos, permiten realizar algunhas probas de balde antes de se tomar a decisión de mercar un ou outro programa.

Page 21: Recursos na Internet para o tradutor de galego

8.1. Tradutores automáticos8.1. Tradutores automáticos

Son aplicacións informáticas que traducen textos dunha lingua natural para outra sen intervención humana. Ao ser efectuada por unha máquina, ten as súas limitacións. Se unha palabra está mal escrita no orixinal, non a recoñecerá; por iso, cómpre corrixir o texto orixinal antes de pasalo por un tradutor automático.

Page 22: Recursos na Internet para o tradutor de galego

8.1. Tradutores automáticos de galego8.1. Tradutores automáticos de galego

Tradutor castelán-galego A Taiga: http://www.interbook.net/personal/ataiga/tradutor.htm. Desenvolto por André Ventas. Segue a normativa de mínimos.

o TraduZa-g (sistema de tradución español-galego): http://www.dimensiona.com/traduza/. Desenvolto por Dimensiona. Segue a antiga normativa do ILG/RAG (a anterior á normativa de concordia que se aprobou en xullo de 2003).

o Es-Ga (tradutor automático castelán-galego): http://www.cirp.es/prx/prx/prxTrad2000.htm. Proxecto do Centro Ramón Piñeiro, comezado en 1998. Dirección de Guillermo Rojo.

o Por2Gal: http://por2gal.elpiso.org/index.html. Segundo o seu autor, Alberto Garcia, é o tradutor portugués-galego máis pequeno do mundo: ocupa menos de 2 Kb. Lanzado en novembro de 2003.

o Paxariña: http://www.geocities.com/paxtranslator/. É un programa co que se pode crear un tradutor entre dous idiomas que se coñezan.

Page 23: Recursos na Internet para o tradutor de galego

8.2. Memorias de tradución8.2. Memorias de tradución

Son bases de datos lingüísticas de textos paralelos en que se almacena un conxunto de textos orixinais e as súas traducións, divididos en unidades que reciben o nome de segmentos. Cando se está a traducir unha unidade exacta ou semellante xa traducida, o programa “lembra” cómo se traduciu.

Son axeitadas para textos repetitivos, novas versións dun texto, mais nunca para traducións co orixinal en papel. – Vantaxes: máis consistencia e aumento da produtividade do

tradutor– Inconvenientes: investimento alto (dependendo da memoria de

tradución escollida) e necesidade de aprendizaxe

Page 24: Recursos na Internet para o tradutor de galego

8.2. Memorias de tradución8.2. Memorias de tradución

As principais memorias de tradución do mercado son– Translation Workbench (de Trados): http://www.trados.com/ – Déjà Vu (de Atril): http://www.atril.com/ – Transit (do grupo Star): http://www.star-solutions.net/– WordFast (de Champollion WordFast Ltd.):

http://www.wordfast.net/ – SDLX Translation Suite (de SDL): http://www.sdlintl.com/– Etc.

Non son programas gratuítos pero, normalmente, posúen unha versión de proba por uns días/semanas ou outro tipo de limitacións.

Page 25: Recursos na Internet para o tradutor de galego

8.3. Correctores ortográficos de galego8.3. Correctores ortográficos de galego

– Corrector do Office XP (desenvolto por imaxin|software, co apoio da Xunta de Galicia). Xa vén incluído no Office XP: é a primeira vez que o Office inclúe un corrector de galego: http://www.imaxin.com/xp/index.htm

– 2.mil: corrector ortográfico para o paquete Office 2000, desenvolto por imaxin|software e Microsoft, coa colaboración da Dirección Xeral de Política Lingüística e o ILG:

http://www.edu.xunta.es/dxpl/ferramentas/2mil/2mil.htm http://www.imaxin.com/2mil/

– imaxin Galgo: desenvolto pola empresa imaxin|software, subvencionado pola Consellaría de Educación e distribuído de balde pola Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/dxpl/ferramentas/galgo/galgo.htm

– Corrixe: desenvolto por José F. Álvarez Rodríguez, Mª Jesús Domínguez Martínez e o ILG: http://www.usc.es/~ilgas/correcto.html

– Corrector ortográfico Cumio: primeiro corrector electrónico que permite traballar simultaneamente cun dicionario electrónico (Diccionario Cumio da lingua galega) sen ter que mudar de xanela para cada consulta: http://www.cumio.com/diccionarios.htm

– Correctores da empresa Allegue: http://www.allegue.com – The Galician dictionary for Ispell (emprega a normativa de mínimos): http://ispell-

gl.sourceforge.net/download.html

Page 26: Recursos na Internet para o tradutor de galego

8.4. Programas para traducir 8.4. Programas para traducir páxinas webpáxinas web

Un dos máis coñecidos é o WebBudget (http://www.webbudget.com/): trátase dun programa que traduce páxinas web sen modificar as etiquetas do código HTML.

Page 27: Recursos na Internet para o tradutor de galego

8.5. Programas de localización 8.5. Programas de localización de softwarede software

Os máis coñecidos, dispoñibles ao público en xeral, son: – Passolo:

http://www.passolo.com/site/us/home.htm– Catalyst: http://www.alchemysoftware.ie/

Ambos contan cunha versión de proba.

Page 28: Recursos na Internet para o tradutor de galego

8.6. Outras utilidades8.6. Outras utilidades

– Concordia 2.0: aplicación que permite a conversión automática dos textos escritos na antiga normativa ILG/RAG (1982/1995) para a normativa de concordia: http://webs.uvigo.es/h06/weba573/persoal/henr/util/concordia.htm

Page 29: Recursos na Internet para o tradutor de galego

ConclusiónConclusión

Actualmente existen profesións que se teñen que exercer coa axuda da Informática e a Internet, e a de tradutor é unha delas (¿cantos tradutores traducen a man actualmente?). Por isto, é necesario que os tradutores coñezan as ferramentas que poden empregar no seu traballo para produciren máis traducións e de mellor calidade no menor tempo posible.

Con esta comunicación, espérase axudar a atinxir ese obxectivo.

Page 30: Recursos na Internet para o tradutor de galego

Para preguntas ou dúbidas, estou dispoñible en...

http://www.anahermida.comhttp://www.anahermida.com

[email protected]@uvigo.es