Receptores e efectores - oupe.es€¦ · sensoriais provistas de cilios e cubertas por unha masa...

18
1. Para que serven os órganos dos sentidos? Que ocorrería se non existisen? 2. Onde se recibe a información visual que procede do ollo? 3. Que estímulos detecta o oído? 4. De onde procede a orde que provoca o movemento muscular? 5. Que relación existe entre ósos e músculos? CUESTIÓNS Receptores e efectores

Transcript of Receptores e efectores - oupe.es€¦ · sensoriais provistas de cilios e cubertas por unha masa...

1. Para que serven osórganos dos sentidos? Queocorrería se non existisen?

2. Onde se recibe ainformación visual queprocede do ollo?

3. Que estímulos detecta ooído?

4. De onde procede a ordeque provoca o movementomuscular?

5. Que relación existe entreósos e músculos?

CU

EST

IÓN

S

Receptores e efectores

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 10:47 Página 104

Os receptores sensoriais

Como sabes, no mundo que nos rodea prodúcense cambios (estímulos)aos que temos que adaptarnos para sobrevivir. Para iso necesitamos, en pri-meiro lugar, captar eses estímulos. Os receptores sensoriais son os encarga-dos de percibir a información e de convertela nun impulso nervioso, que éconducido a un centro nervioso superior onde se orixina o que chamamossensación.

Os receptores sensoriais poden ser, simplemente, terminacións nerviosasou, con máis frecuencia, células especiais, que adoitan agruparse para cons-tituír órganos sensoriais ou órganos dos sentidos.

Os receptores sensoriais pódense clasificar segundo o tipo de estímuloque son capaces de recibir. Deste modo, podemos distinguir:

� Fotorreceptores. Detectan estímulos luminosos e localízanse nosollos.

� Mecanorreceptores. Estimúlanse por cambios mecánicos, como pre-sións, contactos ou ondas sonoras. Inclúense neste grupo variosreceptores da pel, dos músculos e as articulacións e os receptoresauditivos.

� Quimiorreceptores. Captan información dos cambios químicos. Osreceptores do gusto e do olfacto pertencen a este grupo.

� Termorreceptores. Detectan cambios de temperatura. Inclúenseentre eles algúns receptores da pel.

Actividades

Cita un órgano que conteña quimiorreceptores e outro que conteña meca-norreceptores.

Existen receptores sensoriais que detectan estímulos internos, é dicir, quenon proceden do exterior do organismo. Para que serven? Cita algún exemplo.2

1

1

Receptores e efectores 105

In t e r ésache sabe r

Para que un estímulo consiga excitarun receptor cómpre que teña unhaintensidade mínima, denominada limiar de intensidade, por debaixoda cal non hai impulso nervioso.

Cando o estímulo é persistente, osreceptores sensoriais deixan de en-viar impulsos nerviosos ou ben o fancon menor intensidade, pois adáp-tanse a el.

sensacións táctiles (tacto, calor, frío, dor e presión)

lóbulo olfactivo

lóbulo temporal

mucosa da cavidade nasal

lóbulo frontal

quiasmaóptico

troncocerebral

cerebelo

medula espiñalcanles

semicirculares

caracol

lingua

retina

olfacto gusto

sensacións, posición e movemento visiónaudición e equilibrio

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 10:47 Página 105

O ollo

Cada ollo está constituído polo globo ocular e por unha serie de órganosaccesorios.

2

106 UNIDADE 6106

O globo ocular é unha estruturaesférica oca, aloxada nunha cavida-de do cranio que se chama órbita.

O globo ocular

Os órganos accesorios

CoroideSegunda capa do globo ocular. É de cornegra, pero no iris (detrás da córnea) pre-senta unha coloración diferente para cadapersoa (azul, verde, marrón,…). No cen-tro do iris existe un orificio, a pupila oumeniña, cuxo diámetro é variable.

RetinaCapa máis interna do globo ocular. Nela atópanse as células fotorre-ceptoras, que poden ser de dúas clases: bastóns e conos.Os bastóns excítanse con calquera clase de luz visible, pero non di-ferencian as cores. Pola contra, os conos, dos que existen tres tipos,son capaces de distinguir as cores, pero necesitan unha intensidadede luz maior.

Fóvea ou mancha amarelaZona da retina onde a visibilidadeé máxima e hai unha grande abun-dancia de conos.

vaso sanguíneo

Punto cegoZona da retina por onde sae o nervio ópti-co e na que non hai visión porque nonexisten células fotorreceptoras.

Nervio ópticoConxunto de prolongacións das célulasnerviosas que se comunican cos conos eos bastóns.

CristalinoÓrgano transparente e elás-tico con forma de lente bi-convexa que se suxeita á pa-rede interna do globo ocularpor medio duns músculosdiminutos. O cristalino sepa-ra dúas cámaras: a anteriorestá ocupada por un líquidosemellante á auga (humoracuoso) e a posterior conténunha substancia máis visco-sa, aínda que tamén trans-parente (humor vítreo).

EscleróticaCapa máis externa do globoocular. É de cor branca e na par-te dianteira vólvese transparen-te e forma a córnea.

córnea

iris

pupila

PálpebrasDobras da pel que protexen o globoocular. Na parte máis interna están ta-pizadas pola conxuntiva, unha capaque tamén cobre a parte frontal doglobo. Glándulas lacrimais

Segregan bágoas que manteñen hú-mida a parte dianteira do globo ocu-lar para evitar que seque. Ademais,conteñen unha substancia que matacertas bacterias.

CellasDesvían a suor da fronte para protexero ollo.

PestanasPelos situados na beira das pálpe-bras que filtran a luz e a fan máis di-fusa.

Músculos ocularesMoven o globo ocular para arriba,para abaixo ou lateralmente, para di-rixir a vista cara ao obxecto que sequere mirar.

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 10:47 Página 106

Funcionamento do olloDunha forma simplificada, a función do globo ocular consiste en permi-

tir que a luz excite os conos e os bastóns da retina, os cales producen unimpulso nervioso que é transmitido ao cerebro polos nervios ópticos.

A imaxe que se forma na retina está invertida, pero o cerebro interpre-ta a información que recibe e fai que a vexamos na posición real. Nonesquezas que os órganos sensoriais, incluídos os ollos, son simples trans-formadores de estímulos en correntes nerviosas. O sistema nervioso é o que realmente analiza e interpreta toda a información recibida a travésdos órganos sensoriais.

Antes de que chegue á retina a luz atravesa o globo ocular e nese perco-rrido teñen lugar dous procesos:

� Regulación da intensidade da luz. Se esta é excesiva, é posible que seproduzan lesións nas células fotorreceptoras e, se é moi pobre, o pro-ceso visual non se poderá realizar. Neste mecanismo de regulaciónintervén a pupila, que se abre máis ou menos, segundo sexa a intensi-dade da luz, mediante a contracción ou a relaxación duns músculosmoi pequenos situados no iris.

� Enfoque das imaxes. Para que a luz reflectida por un obxecto nonorixine unha imaxe borrosa, este debe enfocarse correctamente naretina. Isto conséguese grazas á modificación do grosor do cristalino,que actúa como unha lente: aplánase para enfocar obxectos afastadose arquéase cando están próximos. Un ollo normal enfoca adecuada-mente obxectos que se atopen a unha distancia comprendida entre15 cm e 65 m, aínda que, coa idade, o cristalino perde elasticidade eesta marxe redúcese.

Receptores e efectores 107

Actividades

Que ocorrería se o noso globo ocular non tivese pupila?E se non tivese cristalino?

Que tería de particular a retina dun animal que non pui-dese diferenciar as cores e cuxa visión fose exclusivamenteen branco e negro?

En que capa se atopa a mancha amarela? Que particu-laridade ten esta zona?

Ordena as seguintes partes do globo ocular seguindo opercorrido que realiza a luz nel: cristalino, retina, pupila, cór-nea, humor vítreo, humor acuoso.

6

5

4

3

Cambios no ollo durante a acomodación distante (A) e próxima (B).

Visión estereoscópica

A visión humana é estereoscópica,é dicir, percibe as imaxes en tresdimensións, aprecia o tamaño e orelevo dun obxecto e calcula adistancia á que este se atopa. Isoé posible porque as imaxes quechegan ao cerebro procedentesde ambos os dous ollos se super-poñen na mesma zona cerebral,o cal crea a sensación espacial.

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 10:47 Página 107

O oído

Os oídos son órganos sensoriais que están aloxados nunhas cavidades dosósos temporais localizadas nas tempas. Estes órganos captan, en zonas dife-rentes, dous tipos de estímulos distintos: sons e cambios de posición docorpo (equilibrio).

Como se produce a audición?

As ondas sonoras son producidas polas vibraciónsdas moléculas do aire ou de calquera obxecto. Candoesas ondas chegan ao tímpano, este comeza a vibrar etransmítelle a vibración á cadea de osiños. Canto maiorsexa a intensidade do son, maior será a vibración. O últi-mo osiño (estribo) transf írelle a vibración á ventá oval,na cal se apoia. Esta, á súa vez, provoca a vibración daperilinfa do oído interno e, como consecuencia diso,prodúcese a excitación de determinadas células que seatopan no interior do caracol e constitúen o denomina-do órgano de Corti. Xérase, así, unha corrente nerviosaque viaxa a través dun nervio ata o cerebro, onde seinterpreta a información.

3

108 UNIDADE 6108

Partes do oído

Oído externoFormado polo pavillón auricular (orella)e polo conduto auditivo, que penetra noóso. Neste conduto hai unhas glándulasprodutoras de cera protectora. O condutoauditivo remata nunha membrana elás-tica, o tímpano.

Oído medioConstitúe unha cavidade do óso tem-poral que comeza no tímpano e chegaata unhas pequenas membranas quese denominan ventá oval e ventá re-donda.Contén no interior tres ósos pequenos,que reciben o nome de cadea de osi-ños, que son o martelo, a bigornia e oestribo. O martelo está apoiado no tím-pano, e o estribo, na ventá oval.

Oído internoParte máis profunda, formada polo labirinto membranoso, un conxuntode membranas que ocupan unha seriede complexas cavidades do óso tem-poral, que constitúen o labirinto óseo.Entre os dous labirintos localízase un lí-quido, a perilinfa, e no interior do labi-rinto membranoso hai outro líquidoque se chama endolinfa.O labirinto membranoso está constitu-ído por varias partes. Unha de elas, ocaracol, encárgase de detectar sons, eoutra, o aparato vestibular, é a res-ponsable do control espacial e doequilibrio. O aparato vestibular estáformado, á súa vez, por tres condutosou canles semicirculares e por dúasvesículas, o utrículo e o sáculo.

Sección transversal do caracol. No órgano de Corti prodúcese aaudición.

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 10:47 Página 108

Como se percibe o equilibrio?O sentido do equilibrio infórmanos, por un lado, da posición do noso

corpo e, por outro, dos movementos que realizamos.� O coñecemento da posición do corpo ou percepción do equilibrio

estático prodúcese no utrículo e no sáculo. Así, detectamos a nosaposición cando estamos quietos (de pé, sentados ou agachados, bocaarriba ou boca abaixo, rectos ou inclinados…).

� A detección do movemento ou percepción do equilibrio dinámicorealízase nas canles semicirculares. Grazas a iso podemos desprazar-nos polo espazo sen caer: camiñar, correr, bailar… As tres canlessemicirculares están orientadas nas tres direccións do espazo e istopermítenos percibir calquera tipo de movemento.

No sentido do equilibrio interveñen, ademais do oído, a vista, os meca-norreceptores dos músculos e as articulacións e os receptores táctiles dasplantas dos pés.

Actividades

Clasifica as seguintes estruturas segundo participen no sentido da audi-ción ou no do equilibrio: utrículo, caracol, tímpano, endolinfa, cadea de osi-ños.

En que se diferencia o equilibrio estático do dinámico? Onde se detecta cadaun deles?

Que estruturas constitúen o labirinto membranoso?

Que nos ocorre cando damos unha serie de voltas rápidas? Por que?10

9

8

7

Receptores e efectores 109

Percepción do equilibrio estáticoNo interior do utrículo e do sáculo existen unhas célulassensoriais provistas de cilios e cubertas por unha masaxelatinosa que contén unhas pequenas partículas mine-rais. Cando cambia a posición da cabeza, estas partícu-las orixinan un cambio na posición dos cilios e isto xeraun impulso nervioso que é conducido a través duns ner-vios ao cerebelo, órgano que recibe a información doequilibrio.

Percepción do equilibrio dinámicoCando nos movemos, tamén se moven a cabeza e os oídos.Con todo, a endolinfa do oído interno permanece inmóbilpor inercia durante uns instantes. Desta forma, prodúceseun movemento relativo entre ela e certas células existentesno interior do aparato vestibular. Estas células están cuber-tas por unha masa xelatinosa e posúen uns cilios que sedobran, o cal xera unha corrente nerviosa que se transmiteao cerebelo.

O oído e o equilibrio

canlessemicirculares

aparato vestibular

cabeza horizontal

cabeza inclinada

ventáoval

ventáredonda caracol

nervioauditivo

utrículo

sáculo

movementoda cabeza

movementoda endofilina

ampola

a cúpulainclínase

nervio

célulasciliadas

canle semicircular

A vertixe

Cando o sentido do equilibrio se so-breexcita pode aparecer a vertixe,unha sensación desagradable deinestabilidade e de movementoaparente dos obxectos circun-dantes.

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 10:47 Página 109

A pel, o órgano do tacto

Na pel atópanse receptores sensitivos que captan estímulos moi diversosque, en conxunto, coñecemos como tacto. O tacto non é un sentido único,pois permite percibir distintos tipos de sensacións:

� O tacto propiamente dito, que informa sobre a forma, o aspecto e atextura que teñen os obxectos.

� A presión que ocasionan as sensacións táctiles intensas.� A calor ou temperaturas máis altas do habitual.� O frío ou temperaturas máis baixas do habitual.� A dor.

Actividades

Por que as terminacións nerviosas que detectan o tacto fino abundan nasxemas dos dedos?

Cando te metes paseniñamente no mar, en que partes do corpo sentes maiorsensación de frío? Xustifica a resposta.

Que diferenza hai entre as terminacións nerviosas libres e os corpúsculosdérmicos? Existe algunha semellanza entre as dúas?

Cita unha estrutura da pel que sirva como protección contra o frío.14

13

12

11

4

110 UNIDADE 6110

A sensibilidade da pelAgás os receptores da dor, que son simplemente terminacións nerviosas libres,os demais receptores localízanse en corpúsculos dérmicos constituídos porunha prolongación nerviosa cuberta por células protectoras en forma de cara-pucha; é dicir, trátase de terminacións nerviosas encapsuladas.

A distribución dos corpúsculos dérmicos na pel non é uniforme, xa quedependendo das zonas predominan uns tipos ou outros. Así, os receptores dotacto fino son máis abundantes nas xemas dos dedos, mentres que os da pre-sión se atopan en maior cantidade nas palmas das mans.

I n t e r ésache sabe r

Ademais de receptores sensoriais, napel localízanse outras estruturas quedesempeñan varias funcións. Entreelas destacan as seguintes:

� Melanocitos. Trátase de células queconteñen un pigmento escuro (mela-nina) que protexe o corpo das radia-cións solares nocivas.

� Panículo adiposo. É unha capa decélulas con graxa, localizada na partemáis profunda da pel, que serve paraamortecer os golpes, illar o organis-mo das baixas temperaturas e comoreserva enerxética.

� Glándulas sudoríparas. Excretan asuor, e así contribúen a arrefriar a su-perficie do corpo cando é necesario ea eliminar substancias de excreción.

� Pelos. Cobren toda a superficie cor-poral agás as palmas das mans, asplantas dos pés e as mucosas. A súaprincipal función é a protección contrao frío.

� Glándulas sebáceas. Segregansubstancias que lubrican a pel e ospelos.

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 10:47 Página 110

O gusto e o olfacto

No ser humano, os sentidos do gusto e do olfacto están pouco desenvolvi-dos e están moi relacionados entre si.

O gustoO sentido do gusto permítenos detectar as substancias químicas disoltas

na saliva, procedentes dos alimentos que tomamos.As sensacións producidas constitúen os sabores e, aínda que existe unha

enorme variedade, todos son o resultado da combinación de catro saboresbásicos: doce, salgado, ácido e amargo. Cada un deles localízase, funda-mentalmente, en zonas específicas da lingua.

Os receptores do gusto son células agrupadas en botóns gustativos oscales, á súa vez, forman as papilas gustativas, que se atopan no interior daboca, sobre todo na lingua.

O olfactoO sentido do olfacto permítenos detectar as moléculas gasosas que chegan

ao nariz.No interior das fosas nasais, nunha zona denominada pituitaria

amarela, atópanse as células olfactivas, que se agrupan no bulboolfactivo.

A estimulación das células olfactivas produce a sensación do olor. O serhumano pode detectar preto de 3 000 olores distintos. Pénsase que todoseles son o resultado da combinación de sete olores básicos ou primarios:alcanfor, almiscre, flores, menta, éter, acre e podre.

5

Receptores e efectores 111

Zonas sensibles a cada sabor básico.

epitelio lingual

papila gustativa

botón gustativo

glándula

célula de sostén

poro gustativo

célula gustativa

cilios

fibras nerviosas

fosasnasais

nervioolfactivo

bulbo olfactivo seo frontal

aire

nervio olfactivo

célula de sostén

célula olfactiva

cilios olfactivos

Actividades

Poderá ser detectada polo gusto ou polo olfacto unhasubstancia sólida insoluble? E unha substancia sólida soluble?

Que son os botóns gustativos? Onde se atopan? Querelación teñen co bulbo olfactivo?1615

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 10:47 Página 111

Órganos efectores: a locomoción

Os movementos do noso corpo son posibles grazas á relación entre unselementos activos, os músculos, e outros pasivos, os ósos.

Os músculos encárganse de provocar cambios na posición dos ósos e istoorixina os movementos.

6.1. Os ósosOs ósos conteñen sales de calcio que lles proporcionan dureza. Ademais

destes compostos inorgánicos posúen, coma os demais tecidos, células vivasque lles permiten medrar e soldar tras unha rotura.

Están formados por tecido óseo que pode ser de dous tipos: tecido óseoesponxoso, que presenta cavidades que lle dan un aspecto característico, etecido óseo compacto, macizo e sen espazos interiores.

Actividades

Investiga que importantes funcións teñen a medula ósea vermella e a medu-la ósea amarela.

É correcto dicir que o tecido óseo é un tecido vivo?18

17

6

112 UNIDADE 6112

Ósos longosDe forma alongada, presentan tecido óseo esponxoso nos extremos (epífise)e óseo compacto na parte central (diáfise). Proporcionan apoio e movemento.Son exemplos deste tipo os ósos das extremidades.

Ósos curtosDe forma redondeada, están formadospor tecido óseo compacto por fóra eesponxoso no interior. As vértebras e osósos do pulso son curtos.

Ósos planosCon forma de placa, están formados por unhacapa interna de tecido óseo esponxoso limitadapor dúas capas de óseo compacto. A súa funcióné protectora, coma a dos ósos do cranio e a omo-plata.

Os ósos segundo a forma

tecido óseoesponxoso

medula vermella tecido óseocompacto

medulaamarela

epífise diáfise epífise

fémur

vértebra

omoplata

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 10:47 Página 112

A unión dos ósos: as articulaciónsOs ósos únense uns a outros formando as articulacións, que poden ser de

tres tipos: fixas, móbiles e semimóbiles.� Fixas. Tamén chamadas suturas, estas articulacións impiden o move-

mento dos ósos. Como exemplo deste tipo de articulación podencitarse os ósos do cranio.

� Móbiles. Permiten o cambio de posición relativa dos ósos; entre elesexiste unha estrutura que contén un líquido lubricante, o líquidosinovial, que evita o rozamento. Neste tipo de articulacións, ademais,hai uns ligamentos que manteñen unidos os ósos. Pertencen a estegrupo as articulacións do cóbado, o ombro e mais o xeonllo.

� Semimóbiles. Só permiten o movemento limitado dos ósos, comoocorre coas vértebras.

As funcións dos ósos son as seguintes:� Permiten a ancoraxe dos músculos e, polo tanto, actúan como órganos

pasivos do sistema locomotor.� Teñen función esquelética, xa que constitúen o apoio do organismo e

serven de armazón para o corpo.� Protexen algúns órganos delicados (encéfalo, medula espiñal,…).� Son un almacén de calcio, que pode ser liberado ao sangue cando o

organismo o necesite.� No interior dalgúns deles (na medula vermella) fabrícanse células san-

guíneas.

Receptores e efectores 113

As cartilaxesO esqueleto tamén consta de cartilaxes, estruturas menos duras ca os ósospois non conteñen sales de calcio. As cartilaxes localízanse nas orellas, naparte anterior do nariz e entre as vértebras, e forman o esqueleto dosembrións.

Moitos ósos dos neonatos están constituídos por tecido cartilaxinoso que,posteriormente, se vai calcificando e transformando en tecido óseo. Os ósoslongos presentan durante moito tempo zonas cartilaxinosas que permiten ocrecemento lonxitudinal. Cando estas zonas se calcifican por completo, oindividuo para de medrar.

Actividades

Investiga que son as fontanelas.19

fémur

bolsasinovial

rótula

cartilaxes

ligamentoda rótula

peroné

cartilaxes

vértebra

discotibia

articulación fixa (cranio)

articulación móbil(xeonllo)

articulación semimóvil(intervertebral)

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 10:47 Página 113

114 UNIDADE 6114

O sistema esqueléticoO esqueleto do ser humano está constituído por 206 ósos.

Actividades

Explica que función desempeñan estes ósos:

a) Clavícula. c) Esterno.

b) Úmero. d) Rótula.

Cita un óso de cada un destes tipos:

a) Plano do cranio. c) Curto das extremidades.

b) Plano do tórax. d) Longo das extremidades.

2120

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 10:47 Página 114

6.2. Os músculosOs músculos están compostos por grupos de paquetes musculares que,

á súa vez, están integrados por un conxunto de células musculares de formaalongada.

A contracción muscularA contracción dos músculos consiste no seu engrosamento e acurtamen-

to. Para iso é necesaria a acción dun nervio motor sobre un músculo e a pro-dución de enerxía nas células musculares. Esta enerxía obtense a partir darespiración celular aerobia, que require unha molécula enerxética (xeral-mente glicosa) e mais osíxeno.

Para que a contracción muscular orixine o movemento axeitado debeproducirse de forma coordinada en varios músculos á vez. Os músculos quecooperan para realizar un único movemento denomínanse músculos ago-nistas. Os músculos antagonistas, pola contra, actúan en sentidos opostos:cando un se contrae, o outro reláxase. Este é o caso do bíceps e do tríceps,que moven os ósos do brazo:

Receptores e efectores 115

vasosanguíneo

óso

tendón

nervio

feixes de fibrasmusculares

fibras muscularesestriadas

Tanto os paquetes muscularescoma o músculo completo es-tán recubertos por envolturasprotectoras.

Cando se reúnen as envolturas pro-tectoras conforman os tendóns, queconstitúen o punto de unión dosmúsculos cos ósos.

Os tendóns son moi resistentes ao estarricamento e, por esta razón, can-do o músculo se contrae é cando lletransmiten o movemento ao óso.

bícepscontraído

bícepsrelaxado

trícepsrelaxado tríceps

contraídoAcción antagónica do bíceps e o tríceps.

Músculos estriados e lisos

Os músculos que se unen aosósos e son responsables dos mo-vementos destes denomínansemúsculos de fibra estriada, debi-do ao aspecto das súas células.Son de contracción voluntaria, rápida e non persistente e presen-tan células de gran tamaño convarios núcleos.

Existen, ademais, outros músculos,chamados de fibra lisa, que for-man parte de órganos internos. Estes músculos son de contraccióninvoluntaria, lenta e duradeira, e assúas células teñen un único núcleo.

O bíceps achega o brazo ao antebrazo; o seu músculo antagónico, o tríceps afasta o antebrazo do brazo.

Estrutura dun músculo.

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 10:47 Página 115

O movementoOs músculos non son capaces de realizar ningún movemento de seu.

Para logralo cómpren, ademais, os ósos e as articulacións. En conxunto, o sistema actúa coma unha panca.

Lembra que en calquera panca se distinguen tres elementos:� O punto de apoio (A), onde se sustenta a panca e sobre o que actúan

dúas forzas opostas.� O punto de potencia (P), onde se aplica a forza que favorece o move-

mento.� O punto de resistencia (R), onde se aplica a forza que se opón ao

movemento.

116 UNIDADE 6116

Fusiformes ou alongadosInterveñen, polo común, na realiza-ción dun movemento. Son fusiformeso bíceps e o tríceps.

PlanosEn xeral, recobren e protexen os órganos. Son exemplos deste tipo opeitoral e o recto do abdome.

Circulares ou esfínteresPechan ou abren unha cavidade ou unconduto. Atópanse, por exemplo, nosollos e mais nos labios.

Os músculos segundo a forma

Panca de primeiro graoPermite unha gran variedade de ac-cións e mobilidade. Asegura efectosde posición e equilibrio.

Panca de segundo graoNon permite grandes desprazamen-tos, pero consegue vencer grandesresistencias.

Panca de terceiro graoPermite desprazamentos extensos,aínda que non vence resistencias im-portantes.

Pancas do corpo humano

A: punto de apoio P: punto de potencia R: punto de resistencia

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 11:41 Página 116

Receptores e efectores 117

Actividades

Que ocorrería se os tendóns fosen elásticos en lugar deresistentes ao estarricamento?

Explica que son e como funcionan os músculos antago-nistas. Cita un exemplo de músculos antagonistas nas extre-midades inferiores.

Coa axuda dos debuxos desta páxina, indica que múscu-los se contraen cando xiramos o pescozo e cales cando esti-ramos unha perna.

Existe algún músculo que non interveña nun movemento?Se a resposta é afirmativa, cita algún exemplo.

25

24

23

22

O sistema muscularO corpo humano está formado por preto de 500 músculos.

Músculos máis importantes do corpo humano.

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 10:47 Página 117

118 UNIDADE 6118

Os receptores sensoriais� Os cambios externos e os que proceden do interior doorganismo producen estímulos que son recollidos polosórganos dos sentidos.

� Cando un estímulo chega a un receptor, xérase nel uncambio eléctrico que constitúe un impulso nervioso, e é transmitido ao sistema nervioso.

O ollo� O ollo está formado polo globo ocular e uns órganosaccesorios. A parede do globo ocular está constituída portres capas, a máis interna das cales, a retina, contén célulasfotorreceptoras que se excitan coa luz. Para que o procesovisual sexa correcto, a cantidade de luz que entra no ollo éregulada pola pupila e o enfoque das imaxes prodúcesegrazas á modificación do grosor do cristalino.

O oído� O oído alóxase nunha cavidade do óso temporal. Captadous tipos de estímulos: ondas sonoras (audición) e posicióne movementos do corpo (equilibrio). Os primeiros transmí-tense ao cerebro e os segundos, ao cerebelo.

A pel, o órgano do tacto� A pel ten numerosas terminacións sensitivas queconstitúen o sentido do tacto e isto permite percibir dis-tintos tipos de sensacións: dor, calor, frío, presión e tactofino.

O gusto e o olfacto� Outros sentidos menos desenvolvidos son o do olfacto eo do gusto, que captan a presenza de substancias no aire ena boca, respectivamente.

Órganos efectores: a locomoción� No sistema nervioso intégranse todas as informaciónsrecibidas e elabóranse as respostas axeitadas, que podenser de dous tipos: produción de movementos ou secreciónde hormonas por parte de glándulas.

� O sistema nervioso envíalles ordes aos músculos paraque se contraian. Estes, á súa vez, provocan cambios naposición dos ósos para producir movementos.

� Os ósos e as articulacións son os órganos pasivos domovemento, xa que son movidos polos músculos.

� Os ósos teñen outras funcións: constitúen unha reser-va de calcio, producen células sanguíneas e serven comoestruturas protectoras dalgúns órganos e como sistemade soporte de todo o organismo.

� A contracción muscular necesita a enerxía producidapola respiración celular, que require glicosa e osíxeno.

� Existen dous tipos de músculos: voluntarios e involun-tarios. Os primeiros moven os ósos e son rexidos polo siste-ma nervioso central; producen unha contracción rápida epouco duradeira. Os segundos forman parte de órganosinternos e dependen do sistema nervioso autónomo; levana cabo contraccións lentas e duradeiras.

Elabora un mapa conceptual cos principais contidos da Unidade.

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 10:47 Página 118

Clara é moi afeccionada ao cinema e quedouabraiada cando leu que Marilyn Monroe e James Dean,aos que admira, son algúns dos moitos miopes quetriunfaron no mundo do espectáculo. Pensa que algúnsdestes artistas quizais non terían tanto éxito se a súavisión non fose defectuosa, xa que moitas persoas ato-pan atractivo nese xeito de «mirar sen ver», distante eperdido, que caracteriza os miopes. Clara comparte esaopinión.

Para un miope, calquera imaxe situada a máis decinco metros é percibida como borrosa.

A miopía é un defecto na estrutura dos ollos que impi-de o enfoque correcto dos obxectos que están máis lonxe.Cal é ese defecto?

Que estrutura do ollo é a encargada de enfocar osobxectos correctamente? Como o consegue?

Clara observa que a súa amiga Alexandra chisca osollos cando necesita enfocar algo que está a certa dis-tancia. Por este motivo, sospeita que é miope e cre quedebería ir ao oculista.

Por que as persoas miopes tenden a chiscar os olloscando necesitan enfocar algo que está lonxe?

Desde que a imaxe observada se forma na retinaata que é procesada na parte posterior do cerebro,interveñen varios tipos de enerxía, como a eléctrica, a química e a luminosa.

En que orde interveñen os distintos tipos de enerxíadesde que vemos un obxecto cos nosos ollos ata que o«vemos» no noso encéfalo?

Alexandra, a pesar de ser miope, baila moi ben emostra un gran sentido da estética e do equilibrio. Asis-te a clases de ballet, e Clara está convencida de que asúa amiga chegará a ser unha gran bailarina.

4

3

2

1

En que estrutura do oído se captan os estímulos queinforman sobre a posición do corpo ou do equilibrio?

O órgano que nos informa da posición do noso corpo está próximo ao que recibe os sons. Ambos osdous comparten algunhas estruturas, pero non os ner-vios que levan as informacións ao cerebro.

Por mor dun accidente, un primo de Clara lesionouos nervios auditivos e non oe os sons. Cres que taménterá afectado o sentido do equilibrio?

Tanto o órgano receptor dos sons coma o que nosinforma da posición e os movementos do noso corposon moi delicados e están moi protexidos nunha cavi-dade escavada nun óso da cabeza.

En que óso están aloxados ambos os dous órganos?

No interior destes órganos existen uns líquidos que sedesprazan cando cambiamos de posición. Que nome reci-ben e onde se atopan exactamente?

O avó de Clara está pasando por algunhas dificulta-des. Desde hai uns meses ve as cousas como se lles fal-tase luz, coma se sempre houbese néboa. Na revisiónanual, o oculista díxolle que tiña «principio de catara-tas» e que dentro de pouco tempo tería que sometersea unha intervención cirúrxica.

Que estrutura do ollo ten afectada o avó de Clara?En que consisten as cataratas?

Despois da intervención das cataratas, o avó de Clarapoderá enfocar os obxectos que queira observar igual caantes da intervención? Razoa a resposta con argumentoscientíficos.

8

6

10

9

7

5

Receptores e efectores 119

Marilyn Monroe. James Dean.

Así ve o avó de Clara.

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 10:47 Página 119

�� Se comparamos o sistema nervioso central cunordenador, a que equivalerían os órganos sensoriais?E os órganos efectores: músculos e ósos?

��� Segundo a localización, os receptores podenser exteroceptores ou interoceptores. Que informacióncapta cada un deles? Pon algún exemplo.

��� A presión social ou a suxestión poden influírnas nosas percepcións ata o punto de facernos ver ouoír algo diferente ao que veriamos ou oiriamos en con-dicións normais. Por que cres que ocorre isto?

�� O limiar de intensidade cambia dunhas persoasa outras e, incluso, nunha mesma persoa, varía segundoalgúns factores. Cita algún exemplo no que se poña demanifesto.

�� Cita as partes do globo ocular e dos órganosaccesorios que observas na imaxe. Describe brevementea función de cada unha delas.

� Cando falamos da cor dos ollos, a que parte do glo-bo ocular nos estamos a referir concretamente? A que se debe esa cor?

�� Sitúate fronte a un espello no baño, con poucaluz. Observa os ollos no espello. A continuación acendeunha luz máis potente e mira de novo os ollos.

a) Que observas?

b) Por que ocorre iso?

�� Explica por que cando nos atopamos nun sitiocon pouca luz non diferenciamos ben as cores dosobxectos.

�� Explica o que sucede cando unha persoa perdeun ollo e só pode ver co outro.

�� Por que cres que algunhas persoas non podendistinguir certas cores?

�� Que consecuencias pode ter unha lesión nolóbulo occipital do cerebro onde rematan os nerviosópticos?

��� Cando nos expoñemos a explosións fortes éaconsellable abrir a boca. Por que?

�� Reflexiona: que é o son? Pódese falar de son can-do dúas rochas chocan nun lugar onde non existe unórgano receptor auditivo que o detecte?

�� Explica por que despois de xirarmos rapidamen-te o corpo, e unha vez que paramos, seguimos tendo asensación de xiro.

��� Que son os ultrasóns? Cres que poden oírse?Por que?

�� Explica o que sucedería se rompese un dos osi-ños que existen no oído medio.

�� Algunhas persoas aseguran que senten dor candoson estimuladas por unha luz moi intensa ou por un ruí-do a un volume moi elevado sen o esperar. É posible sen-tir dor con tales estímulos?

�� Colle un compás de debuxo e toca, coas puntaspechadas, unha zona da pel do antebrazo. A continua-ción vai abrindo as puntas e tocando na mesma zonaata que percibas dous puntos separados. Nese momen-to, anota a distancia de separación entre as puntas.Repite a experiencia noutras zonas do corpo, por exem-plo, no dorso dunha man, nun dedo, nun nocello, na pelda cara, … Á vista dos resultados obtidos, deduce asconclusións oportunas.

�� Por que cres que os seres humanos somos máissensibles ao frío ca á calor?

�� Que sucede cando un receptor dérmico recibeun estímulo durante un tempo prolongado?

�� Explica por que cando estamos arrefriados nonapreciamos ben os sabores dos alimentos.

� Onde se perciben mellor os olores, nos lugaressecos ou nos húmidos? Por que?

� Por que cres que, tras estar un anaco nun lugaronde hai mal olor, este deixa de percibirse?

� Pon algún exemplo que demostre que os senti-dos do gusto e do olfacto están moi relacionadosentre si.

�� Investiga: por que percibimos co olfacto o gasnatural e o butano se ambos os dous carecen de olor?

��� Pon un exemplo no que se destaque a impor-tancia dos seguintes sentidos para a supervivencia:

a) Tacto.

b) Olfacto.

c) Gusto.

d) Equilibrio.

25

24

23

22

21

20

19

18

17

16

15

14

13

12

11

10

9

8

7

6

5

4

3

2

1

120 UNIDADE 6120

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 11:45 Página 120

�� Copia no caderno e completa o cadro:

�� Relaciona os termos destas columnas:

� Ponlles nome aos ósos da cara e do cranio sinala-dos con letras:

a) Clasifícaos en curtos, longos e planos.

b) Observas algunha articulación? Di qué ósos unen ede que tipo son.

c) Cita tres músculos relacionados con esta parte docorpo.

�� Investiga: por que a columna vertebral ten esapeculiar forma curvada? Non sería máis eficiente se foserecta?

��� Investiga: que son os meniscos? Onde se locali-zan? Cal é a súa función?

��� Por que é importante a achega destes nutrien-tes para a constitución dos ósos?

� Calcio.

� Fósforo.

� Vitamina D.

�� A que tipo de panca corresponden as articula-cións do xeonllo e da mandíbula?

�� Na flexión do antebrazo sobre o brazo, querepresentan os seguintes elementos da panca?

a) Resistencia.

b) Punto de apoio.

c) Potencia.

�� Que son os discos intervertebrais? Onde se loca-lizan? Que función desempeñan?

�� Por que cres que antes e despois de realizar exer-cicio físico ou de practicar algún deporte é moi conve-niente facer uns estarricamentos?

� Lembra: que sistema nervioso controla os múscu-los de fibra estriada? E os de fibra lisa?

�� Indica algún músculo implicado nos seguintesxestos faciais:

� Sorrir. � Mostrar sorpresa.

�� Elixe o músculo correcto en cada caso:

a) Move a mandíbula:

Maseter – Trapecio – Ilíaco.

b) Levanta os brazos:

Tríceps – Sartorio – Xemelgo.

c) Levanta a cabeza:

Sóleo – Dorsal – Trapecio

d) Levanta a pierna:

Recto – Serrato – Deltoide

��� Investiga: que función desempeñan estes paresde tipos de músculos?

� Flexores / extensores.

� Abdutores / adutores.

� Pronadores / supinadores.

� Elevadores/ depresores.

37

C

B

D

A

H

G

FE

31

29

Tibia

Úmero

Parietal

Rótula

Cúbito

Costela

Esterno

Maxilar

Brazos

Torso

Pernas

Cabeza

26

Acto

Observarunha paisaxe

Escoitar unha sinfonía

Manterse depé sobreunha perna

Estímulo ReceptorCentro do sistemanervioso centralimplicado

Tocar augafría

Saborear un bombón

Ulir unha flor

39

38

36

35

34

33

32

30

28

27

Receptores e efectores 121

0S3BGLA_11.06_MAQUETv7.qxp 28/3/11 11:46 Página 121