ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL€¦ · RIO SIL RI O CA BE A. S A N M A T E O DESCRICIÓN A rede...

7
ESTUDO DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO. Aprobación Definitiva -9- ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL VEXETACIÓN AUTÓCTONA Localización GUNDIVOS A SOBREIRA A AIREXA CANCELAS FONDON SAS VILANOVA SANTA MARIÑA DESCRICIÓN Destaca a superficie arborada localizada nas inmediacións do núcleo da Sobreira. Trátase dunha ampla extensión de especies autóctonas situadas entre núcleos rurais e prados. As especies predominantes pertencen ao xénero Quercus que se mesturan con numerosas especies de ribeira como ameneiros e bidueiros. É difícil atopar unha zona con vexetación autóctona de gran calidade xa que o normal é que estean deterioradas pola presenza de especies alóctonas ou normalmente limítanse ás marxes dos cursos de auga. Neste caso a presenza de especies de coníferas é case anecdótica. FRAXILIDADES A principal fraxilidade é a debida a actuacións antrópicas que supoñan a degradación e eliminación da cuberta vexetal e a perda de valores ambientais, paisaxísticos e ecolóxicos. Tamén alteracións no réxime hídrico do río ou na calidade das augas afectarían a devanditos valores. PROTECIÓN A protección dos espazos forestais circunscríbese ao perímetro delimitado no Plano Nº III.1. Non entanto algunhas zonas forestais e os seus contornos inmediatos conforman tamén ámbitos de valor paisaxístico polo que ambas proteccións quedan superpostas e ampliadas. Tamén, de conformidade co establecido na Lei de Augas e na Lei de Ordenación Urbanística e Protección do medio Rural de Galicia os ecosistemas acuáticos e as súas ribeiras quedan suxeitos a protección de augas. A zona de protección establecida esténdese 100 metros a cada lado da canle. ACCIÓNS OU INTERVENCIÓNS QUE PODEN PROVOCAR IMPACTOS - Ocupación dos terreos ou do seu contorno por edificacións, viais o instalacións industriais - Prácticas forestais inadecuadas, expansión de especies de fauna e flora alóctonas... - Sobreexplotación dos recursos naturais, sobre pastoreo, actividades extractivas - Riscos naturais, incendios, procesos erosivos - Falta de planificación do uso turístico e recreativo.

Transcript of ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL€¦ · RIO SIL RI O CA BE A. S A N M A T E O DESCRICIÓN A rede...

ESTUDO DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO. Aprobación Definitiva -9-

ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL

VEXETACIÓN AUTÓCTONA

Localización

GUNDIVOS

A SOBREIRA

A AIREXA

CANCELAS

FONDON

SAS

VILANOVA

SANTA MARIÑA

DESCRICIÓN

Destaca a superficie arborada localizada nas inmediacións do núcleo da Sobreira. Trátase dunha ampla

extensión de especies autóctonas situadas entre núcleos rurais e prados. As especies predominantes

pertencen ao xénero Quercus que se mesturan con numerosas especies de ribeira como ameneiros e

bidueiros. É difícil atopar unha zona con vexetación autóctona de gran calidade xa que o normal é que estean

deterioradas pola presenza de especies alóctonas ou normalmente limítanse ás marxes dos cursos de auga.

Neste caso a presenza de especies de coníferas é case anecdótica.

FRAXILIDADES

A principal fraxilidade é a debida a actuacións antrópicas que supoñan a degradación e eliminación da cuberta

vexetal e a perda de valores ambientais, paisaxísticos e ecolóxicos. Tamén alteracións no réxime hídrico do río

ou na calidade das augas afectarían a devanditos valores.

PROTECIÓN

A protección dos espazos forestais circunscríbese ao perímetro delimitado no Plano Nº III.1. Non entanto

algunhas zonas forestais e os seus contornos inmediatos conforman tamén ámbitos de valor paisaxístico polo

que ambas proteccións quedan superpostas e ampliadas. Tamén, de conformidade co establecido na Lei de

Augas e na Lei de Ordenación Urbanística e Protección do medio Rural de Galicia os ecosistemas acuáticos e

as súas ribeiras quedan suxeitos a protección de augas. A zona de protección establecida esténdese 100

metros a cada lado da canle.

ACCIÓNS OU INTERVENCIÓNS QUE PODEN PROVOCAR IMPACTOS

- Ocupación dos terreos ou do seu contorno por edificacións, viais o instalacións industriais

- Prácticas forestais inadecuadas, expansión de especies de fauna e flora alóctonas...

- Sobreexplotación dos recursos naturais, sobre pastoreo, actividades extractivas

- Riscos naturais, incendios, procesos erosivos

- Falta de planificación do uso turístico e recreativo.

ESTUDO DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO. Aprobación Definitiva -10-

ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL

REDE HÍDRICA

Localización

RIO SI

L

RIO PORTIZO

RIO

PO

USA

VED

RA

RIO NEIRAS

ARROYO FERREIRAS

RIO SIL

RIO

CABE

A. S

AN M

ATEO

DESCRICIÓN

A rede hidrográfica do municipio organízase en torno aos ríos Sil e Cabe nos que verten as súas augas

numerosos arroios como o Camilo, Sante ou o de Portizó. O maior interese ambiental destes cursos radica no

seu valor ecolóxico como xeradores de hábitats fluviais, aptos para numerosas especies, e na importancia da

vexetación das súas ribeiras.

FRAXILIDADES

A principal fraxilidade é a debida a actuacións antrópicas que supoñan alteracións no réxime hidrolóxico ou a

degradación e eliminación da cuberta vexetal e polo tanto a perda de valores ambientais, paisaxísticos e

ecolóxicos.

PROTECIÓN

De conformidade co establecido na Lei de Augas e na Lei de Ordenación Urbanística e Protección do medio

Rural de Galicia os ecosistemas acuáticos e as súas ribeiras quedan suxeitos a protección de augas. A zona de

protección establecida esténdese por norma xeral á zona de policía definida pola Lei de Augas (100 metros a

cada lado da canle).

Na zona de policía quedan sometidas a autorización administrativa as seguintes actividades e usos do solo: as

alteracións substanciais do relevo natural, as extraccións de áridos, as construcións de todo tipo, e calquera

outra actividade que supoña un obstáculo para a corrente en réxime de avenidas ou que poida ser causa do

dominio público hidráulico.

ACCIÓNS OU INTERVENCIÓNS QUE PODEN PROVOCAR IMPACTOS

- Alteracións hidrolóxicas, cambios na conca hidrográfica, alteracións na calidade do auga por vertido de

residuos, eutrofización das augas tanto superficiais como subterráneas...

- Prácticas forestais inadecuadas, expansión de especies alóctonas...

- Sobreexplotación dos recursos naturais, actividades extractivas...

- Falta de planificación do uso recreativo e turístico, deportes acuáticos, pesca, etc.

ESTUDO DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO. Aprobación Definitiva -15-

ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL

ENCORO DE SAN ESTEVO

Localización

O ARROXO

EMBALSE DE SAN ESTEBAN

DESCRICIÓN

Este encoro localízase na zona sudoeste do río Sil ao seu paso por este municipio. Esta próximo á

desembocadura do río Cabe e ao núcleo de O Arroxo desde onde se accede. Trátase dun dos encoros máis

antigos e importantes de Galicia. Supón unha zona artificial de almacenamento de auga que constitúe un

hábitat idóneo para numerosas especies de flora e fauna.

FRAXILIDADES

A principal fraxilidade é a debida a actuacións antrópicas ou riscos naturais que supoñan alteracións no réxime

hidrolóxico, ou a degradación e eliminación da cuberta vexetal e xa que logo a perda de valores ambientais.

PROTECIÓN

De conformidade co establecido na Lei de Augas e na Lei de Ordenación Urbanística e Protección do medio

Rural de Galicia os ecosistemas acuáticos e as súas ribeiras quedan suxeitos a protección de augas. A zona de

protección establecida esténdese por norma xeral á zona de policía definida pola Lei de Augas (100 metros a

cada lado da canle).

ACCIÓNS OU INTERVENCIÓNS QUE PODEN PROVOCAR IMPACTOS

- Alteracións hidrolóxicas, cambios na conca hidrográfica, alteracións na calidade do auga por

vertido de residuos, eutrofización das aguas tanto superficiais como subterráneas...

- Catástrofes naturais, desprendimentos de terras, inundacións, procesos erosivos

- Falta de planificación do uso recreativo e turístico.

ESTUDO DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO. Aprobación Definitiva -14-

ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL

SUPERFICIE FORESTAL

Localización

DESCRICIÓN

Trátase de zonas cun elevado valor ambiental , formadas por especies arbóreas autóctonas relativamente ben

conservadas malia que na maioría das ocasións vense deterioradas pola presenza de especies alóctonas,

normalmente piñeiro e eucalipto. A especies máis abundantes son do xénero Quercus aínda que tamén son

numerosos os exemplares de bidueiros e loureiros. En menor medida pódense localizar sotos de castiñeiros

sobre todo na metade este de o municipio. Os bosques asociados a cursos de auga están formados

principalmente por especies de ameneiros e bidueiros que se caracterizan por constituír un tipo de formación

especial en galería, lineal que adoita acompañar o curso do río en ambas marxes. As zonas mais importantes

no referente a estas formacións son as que proporcionan os ríos Sil e Cabe.

FRAXILIDADES

A principal fraxilidade é a debida a actuacións antrópicas que supoñan a degradación e eliminación da cuberta

vexetal e a perda de valores ambientais, paisaxísticos e ecolóxicos.

PROTECIÓN

A protección dos espazos forestais circunscríbese ao perímetro delimitado no Plano NºIII.1. Non entanto

algunhas zonas forestais e as súas contornas inmediatas conforman tamén ámbitos de valor paisaxístico polo

que ambas proteccións quedan superpostas e ampliadas. De conformidade co establecido na Lei de Augas e

na Lei de Ordenación Urbanística e Protección do medio Rural de Galicia os ecosistemas acuáticos e as súas

ribeiras quedan suxeitos a protección de augas. A zona de protección establecida esténdese por norma xeral á

zona de policía definida pola Lei de Augas (100 metros a cada lado da canle).

ACCIÓNS OU INTERVENCIÓNS QUE PODEN PROVOCAR IMPACTOS

- Ocupación dos terreos ou do seu contorno por edificacións, viais o instalacións industriais

- Alteracións hidrolóxicas, vertido de residuos contaminantes, aproveitamento do auga para regadíos,

industrias ou consumo urbano.

- Prácticas forestais inadecuadas, expansión de especies de fauna e flora alóctonas, incendios...

- Sobreexplotación dos recursos.

- Falta de planificación do uso turístico e recreativo.

- Riscos naturais, incendios, procesos erosivos

ESTUDO DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO. Aprobación Definitiva -13-

ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL

LAGO DE VILAESCURA

Localización

ROSENDE

VILAESCURA

VAZ

DESCRICIÓN

Trátase dun lago de orixe artificial localizado entre os núcleos de Vilaescura e Rosende. Nas súas marxes

desenvolvéronse numerosas especies propias de ecosistemas acuáticos que xunto co contorno no que se

atopa proporciona un hábitat idóneo para numerosas especies de aves.

FRAXILIDADES

A principal fraxilidade é a debida a actuacións antrópicas que supoñan alteracións no réxime hidrolóxico ou a

degradación e eliminación da cuberta vexetal e polo tanto a perda de valores ambientais.

PROTECIÓN

De conformidade co establecido na Lei de Augas e na Lei de Ordenación Urbanística e Protección do medio

Rural de Galicia os ecosistemas acuáticos e as súas ribeiras quedan suxeitos a protección de augas. A zona de

protección establecida esténdese por norma xeral á zona de policía definida pola Lei de Augas (100 metros a

cada lado da canle).

Na zona de policía quedan sometidas a autorización administrativa as seguintes actividades e usos do chan: as

alteracións substanciais do relevo natural, as extraccións de áridos, as construcións de todo tipo, e calquera

outra actividade que supoña un obstáculo para a corrente en réxime de avenidas ou que poida ser causa do

dominio público hidráulico.

ACCIÓNS OU INTERVENCIÓNS QUE PODEN PROVOCAR IMPACTOS

- Alteracións hidrolóxicas, vertido de residuos contaminantes, aproveitamento do auga para regadíos,

industrias ou consumo urbano.

- Prácticas forestais inadecuadas, expansión de especies de fauna e flora alóctonas, incendios...

- Sobreexplotación dos recursos.

- Falta de planificación do uso turístico e recreativo.

ESTUDO DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO. Aprobación Definitiva -12-

ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL

LIC RÍO CABE

Localización

A Estación

Canaval

Moradela

Campo Rairo

Sistin do Mato

DESCRICIÓN

Ten unha superficie 1787 Ha , está situado a unha altitude media de 492 m sobre o nivel do mar e abarca os

concellos Bóveda, O Incio, Monforte de Lemos, Pobra de Brollón, Pantón e Sober. Este ecosistema

proporciona unhas condicións ecolóxicas especiais que favorecen a existencia dunha gran variedade de

hábitats con predominio bosques aluviais, bosques de castiñeiro e pseudo-estepas.

FRAXILIDADES

A principal fraxilidade é a debida a actuacións antrópicas que supoñan a degradación e eliminación da cuberta

vexetal e xa que logo a perda de valores ambientais, paisaxísticos e ecolóxicos. Tamén alteracións no réxime

hídrico do río ou na calidade das augas.

PROTECIÓN

Este espazo esta integrado na futura rede de espazos protexidos (Rede Natura 2000) e catalogado pola

Directiva Hábitats, directiva comunitaria 92/43/CEE sobre a conservación dos hábitats naturais e da flora e

fauna silvestres, como Lugar de Interese Comunitario (Código L.I.C É1120016).). A Xunta de Galicia

declarouno como Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral.

ACCIÓNS OU INTERVENCIÓNS QUE PODEN PROVOCAR IMPACTOS

- Ocupación dos terreos ou de seu contorno por edificacións, viais o instalacións industriais

- Alteracións hidrolóxicas, vertido de residuos contaminantes, aproveitamento do auga para regadíos,

industrias ou consumo urbano.

- Prácticas forestais inadecuadas, expansión de especies de fauna e flora alóctonas, incendios...

- Sobreexplotación dos recursos.

- Falta de planificación do uso turístico e recreativo.

ESTUDO DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO. Aprobación Definitiva -11-

ÁREAS CON VALOR AMBIENTAL

LIC CANÓN DO SIL

Localización

DESCRICIÓN

Os profundos canóns orixinados polos ríos Sil e Cabe proporcionan unhas condicións ecolóxicas especiais que

favorecen a existencia dunha gran variedade de hábitats. Ademais esta zona conta cun microclima

mediterráneo que enriquece aínda máis a flora e fauna asociadas. Tamén cabe destacar o seu valor

paisaxístico xa que todo o curso do río desenvólvese nunha continua sucesión de paraxes fluviais escarpados

ou encanonados.

FRAXILIDADES

A principal fraxilidade é a debida a actuacións antrópicas que supoñan a degradación e eliminación da cuberta

vexetal e polo tanto a perda de valores ambientais, paisaxísticos e ecolóxicos. Tamén alteracións no réxime

hídrico do río ou na calidade das augas.

PROTECIÓN

Este espazo esta integrado na futura rede de espazos protexidos (Rede Natura 2000) e catalogado pola

Directiva Hábitats, directiva comunitaria 92/43/CEE sobre a conservación dos hábitats naturais e da flora e

fauna silvestres, como Lugar de Interese Comunitario (LIC). A Xunta de Galicia declarouno como Espazo

Natural en Réxime de Protección Xeral.

ACCIÓNS OU INTERVENCIÓNS QUE PODEN PROVOCAR IMPACTOS

.- Ocupación dos terreos ou de seu contorno por edificacións, viais o instalacións industriais