A DESCRICIÓN II.notebook -...

34
A DESCRICIÓN II.notebook 1 May 29, 2011 maio 1411:30 A DESCRICIÓN II

Transcript of A DESCRICIÓN II.notebook -...

Page 1: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

1

May 29, 2011

maio 14­11:30

A DESCRICIÓN II

Page 2: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

2

May 29, 2011

maio 14­23:46

TIPOS DE DESCRICIÓN SEGUNDO O TEMA DA DESCRICIÓN• Descrición de persoas: pódese facer de varias formas, e atendendo ós trazos descritos ou datos incluídos na descrición recibe distintos nomes:

- Prosopografía: descríbese a imaxe externa da persoa, é dicir, os trazos físicos e vestimenta. A prosopografía é unha descrición, polo tanto debemos seguir os pasos adecuados:§ Observar atentamente á persoa.§ Seleccionar os trazos caracterizadores

máis importantes do seu físico (faciana, aspecto xeral e vestimenta).

§ Organizar os datos seleccionados seguindo unha orde, comezando polo aspecto xeral e logo polos detalles particulares ou viceversa.

§ Situar os elementos que necesitemos con precisión.

§ Redactar de acordo cun obxectivo (describir os seus movementos se queremos que tome vida, reflectir os nosos sentimentos cara á persoa ou personaxe, darlle un ton serio, divertido, irónico, triste...)

§ Utilizar recursos expresivos para darlle forza e viveza a descrición (comparacións, metáforas, enumeracións...)

§ Comprobar a claridade da descrición (substantivos, adxectivos, verbos, sintaxe, cohesión, puntuación e ortografía).

Page 3: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

3

May 29, 2011

maio 14­23:58

Levaba unha grande pamela con papoulas de raso, cereixas de vidro, longa brida. Era branca, moi loura, curta de nariz, os ollos gacios; beizos grosos, pálidos.

Camiñaba case sen pousar, tal se esvarase sobre os zapatiños cor limón; a saia verde murcho; branca a chambra, bordada de tons lixeiros, asallosos; luvas amarelas; as mans entretidas en acenos para o lonxe, sinalando, ou no revoar gracioso do abano.

E. BLANCO AMOR. “O estreno”. Os biosbardos.

Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura” e “La mujer en el cine” na páxina http://86400.es

Page 4: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

4

May 29, 2011

maio 17­21:07

ACTIVIDADES:

1. Imaxina que estás empezando a escribir unha novela na que aparecen varios personaxes. Debes describir ao personaxe principal da obra, ou ben a calquera outro personaxe que selecciones e que vaia aparecer no libro, redactando unha prosopografía.

Page 5: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

5

May 29, 2011

maio 15­0:05

- Etopea: descrición dos trazos psicolóxicos e morais (costumes, sentimentos, ideas, carácter...) que configuran o carácter dunha persoa. Recorda seguir os pasos adecuados (ver prosopografía) para elaborar a etopea.

Page 6: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

6

May 29, 2011

maio 15­0:11

Pedriño, o fillo máis vello de Farruco, veu vivir coa tía Ádega. El era manso, doce, alabeeiro; pero tamén lacazán, pousafoles, e máis que nada comellón e lambateiro.

Endexamais podía comer sen pedir parte, e moitas veces daba noxo velo tan devecido sempre, tan famento, inda que tivese o fol estoupado de comida.

CASTELAO. Os dous de sempre.

Page 7: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

7

May 29, 2011

maio 15­0:14

- Retrato: descrición completa dunha persoa que contén ó mesmo tempo trazos físicos e vestimenta (prosopografía) e trazos psicolóxicos e morais (etopea). Ó elaborar un retrato, seguindo os pasos xa vistos, para que sexa o máis completo posible teremos en conta:§ Observar e seleccionar os trazos máis distintivos (só os máis característicos) tanto físicos como psicolóxicos e morais.§ Seguir unha orde na descrición dos trazos: primeiro os físicos e despois os psicolóxicos.§ Situar ó personaxe nun ambiente para que resulte máis crible.§ Buscar as palabras axeitadas e utilizar recursos expresivos para que o retrato resulte claro, vivo e con forza.

Page 8: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

8

May 29, 2011

maio 15­0:23

…ía don Merlín vestido de negro, agás unha gran bufanda colorada, e xa daquela tiña o meu amo a baba branca. (...) Por don Merlín non pasaban anos, e disto queixábase coma dunha horamá, pero poucas veces, que o ser del era aparentar franco e aberto, contento co mundo e parrafeador, e sorría moi doado: axudábanlle a ser franco os ollos claros, e aquela súa fronte levantada e señora, e ata o aquel que tiña de aloumiñala coa man dereita cando che falaba. Era de poucas carnes, pero moi estribado no seu e garrido, e moi andador.

ÁLVARO CUNQUEIRO. Merlín e familia.

Page 9: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

9

May 29, 2011

maio 15­12:44

- Autorretrato: é o retrato dunha persoa feita por ela mesma. Pode ser:

Pictórico: o autor píntase a si mesmo, podendo aparecer de corpo enteiro, mostrando o busto ou mostrando a cabeza (estes últimos son os máis comúns). Os trazos máis salientables van ser a mirada e o tratamento do rostro (tamaño, luces, sombras, color, liñas rectas ou sinuosas...).Literario: o autor descríbese a si mesmo desde un punto de vista persoal, polo tanto, é unha descrición subxectiva.

Page 10: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

10

May 29, 2011

maio 15­12:52

Son bandido - indesexable - tolo - (...) alumeado de cínifes - meto as mans nos sobacos - e arrinco morangos de chocolateque lambo chupando os dedos -tunante - malparido sinvergonza - fillo ríspido da rata (natural)que odia o fascismo por ser home -e ama as flores con corazónde gusano - así - pegado o que é meu e saná fiestra - CAGHO - hago caca -

Pexegueiro, Autorretrato.

Page 11: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

11

May 29, 2011

maio 17­11:58

ACTIVIDADES:

1. Observa detidamente os seguintes autorretratos de Salvador Dalí e responde as seguintes cuestións:

A. Indica cal che parece o autorretrato máis obxectivo razoando a resposta.

B. Elixe un deles e redacta unha descrición breve de dous parágrafos. No primeiro describe o que ves, no segundo comenta o que che suxire a observación do cadro sendo o máis imaxinativo posible..

Page 12: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

12

May 29, 2011

maio 15­21:12

- Caricatura: descrición que pretende destacar, esaxerando ou deformando, as características físicas e de personalidade máis relevantes dunha persoa coa intención de ridiculizar, deformar ou facer unha loanza. A pesar da esaxeración ou deformación o personaxe real é recoñecible. A caricatura pode ser gráfica ou literaria.

Page 13: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

13

May 29, 2011

maio 15­21:14

Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semellan que botan unto derretido; ás nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo.

O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro.

Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Celidonio. Se lle escachasen a testa, tiña que ser con pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesada había atopar un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento).

Vicente Risco. O porco de pé.

Caricatura de Charles Darwin que salienta a súa barba, cellas e calvicie ao tempo que lle dá trazos de mono. Os primeiros son trazos físicos e o último fai referencia á súa teoría da evolución.

Page 14: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

14

May 29, 2011

maio 17­14:17

ACTIVIDADES:

1. Observa as seguintes caricaturas gráficas e explica o proceso de transformación:

2. Describe a seguinte caricatura gráfica.

3. Pensa nun personaxe popular (político, actor, deportista, escritor...) e realiza a súa caricatura literaria. Decide se a vas facer coa intención de ridiculizar, loar, deformar...

4. Poderíase cualificar a seguinte imaxe de caricatura gráfica. Razoa a resposta.

Page 15: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

15

May 29, 2011

maio 15­21:27

- Retrato robot: descrición obxectiva dunha persoa a partir dos trazos físicos que dá quen a coñece ou a viu. Utilízase habitualmente para investigacións policiais, co fin de poder identificar a delincuentes ou a persoas desaparecidas. Actualmente existen programas informáticos que dispoñen dun repertorio exhaustivo de cada trazo facial (nariz, ollos, beizos, queixo, fronte, cabelos, ollos, cellas, boca) e de posibles elementos complementarios (lentes, barba, bigotes, cicatrices, verrugas, pendentes, tatuaxes) que facilitan este labor.

Page 16: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

16

May 29, 2011

maio 15­21:57

Publican o retrato robot do posible raptor de Maddie

Baséase no testemuño dunha turista e coincide coa descrición da amiga da familia que viu un home cargando unha nena O debuxo, elaborado en carbón por unha especialista formada no FBI, mostra un home de pel

branca, rostro delgado, pelo longo e negro, mostacho, cellas espesas e grandes dentes. Cunha idade de entre trinta e corenta anos.

Fala un inglés con moito acento e crese que podería ser español ou do norte de África. A turista describiuno como un home estraño, desagradable, pálido e desaliñado.

Page 17: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

17

May 29, 2011

maio 17­20:15

ACTIVIDADES:

1. Pensa nun personaxe famoso, compañeiro/a de clase ou profesor/a, logo escribe os trazos físicos que darías para facer o seu retrato robot. Crea tamén o seu retrato robot gráfico coa ferramenta Ultimate Flash Face que atoparás no internet.

Page 18: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

18

May 29, 2011

maio 15­22:30

• Descrición de seres da natureza, máxicos e obxectos: explicar os trazos característicos (forma, tamaño, impresión producida...) e enumerar e detallar ordenadamente as diferentes partes. Tamén podemos facer a descrición comparada, ben a través de trazos diferenciadores (características que distinguen uns obxectos ou seres doutros), ben a través de trazos comúns (características semellantes); a comparación debe ser ordenada: primeiro as semellanzas e despois as diferenzas ou ó revés. Na tradición literaria galega, tanto culta como popular, é constante a presenza destes elementos, frecuentemente con significados simbólicos, xerando obras que se inclúen no ámbito do fantástico e marabilloso. Así temos:

o O Graal e os tesouros.o Seres míticos de aparencia humana ou animal:

lobishome, trasno, mouros, fadas, sereas, xacias, nubeiros, sacaúntos, home do saco, coca...

o Seres de ultratumba: Santa Compaña.o Fauna máxica: animais híbridos resultado da

mestura das características de varios seres.

Page 19: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

19

May 29, 2011

maio 15­22:39

“El Señor foi servido, descendo do seu trono,encher de craridade as tebras do meu sonoe faguerme mandado de que os limpos de malterán de ir, penitentes, conquerir o SANT GRIAL,o cáliz do misterio, a copa milagreiraonde a tráxica noite da Cea Derradeira,ardendo en lume sagro, aceso polo amor,súa sede de martirio apagou El Señor”.

RAMÓN CABANILLAS, Na noite estralecida.Dicían que Wotan, o Demo Negro, tiña os ollos de lume, o

corpo invisíbel ás miradas e que unha negrume ocupaba o baleiro que este deixaba. Dicían tamén que saía dacabalo as noites de invernía dende o Mundo Subterráneo cos seus cans. Que saía, si, de caza, coa compaña dos feros cadelos que perseguen e degoan canto atopan. O Demo e a manda de sabuxos á caza eternamente.

AGUSTÍN AGRA, Cazaría salvaxe.A preeira de Cotobade

En Burela houbo unha preeira que gardaba os lobos nunha cova de Caveiro. Era a sétima filla dun matrimonio que non tivera ningún varón no medio. De cando en vez andaba polas casas pedindo: “Non me dan unha esmoliña para os meus bichiños?”. Tiña unha vara de ferro e vestía unha roupa toda esfarrapada das poutadas que lle daban as feras nos días de fame.

(...) Alí estaba a preeira, acompañada de cinco ou seis lobos, arredor do lume. Os animais regañaron os dentes, pero a muller ordenoulles que estiveran quietos. O camiñante puido saír do monte sen recibir ningunha molestia.

X. R. MARIÑO FERRO, Lobos, lobas e lobishomes.

Un pai e mais un fillo, que xa era home, volvían de noite dunha viaxe e tiveron a desgraza de seguir, sen decatarse, un camiño que pasaba preto do adro dunha igrexa. O seu descoido levounos a atoparse nunha revolta coa Santa Compaña que, como tódalas noites, saía ás doce para face-la súa rolda. Viron, arrepiados, as luciñas verdeais dos fachicos que portaban as almas en pena, e oíron o borboriñar das súas pregarias.

Quixeron fuxir a escape, mais non o lograron. (...) Ningún dos dous tivo forzas nin saber para riscar no chan o circo, poñerlle no medio a cruz e meterse dentro, como é costume para librarse das cousas do outro mundo.

O pai, de fociños no chan, sentiu como os defuntos da Santa Compaña lle tripaban o corpo, deixándoo esmendrellado. Con moito esforzo ergueu un chisco a cabeza e buscou ó fillo coa mirada. (...) Pensou que, sen dúbida, o levara a Santa Compaña para porta-la cruz, o caldeiro da auga bendita e o hisopo. Logo, perdeu o acordo.

Volveu en si ó abrir do día. (...) Cando chegou, perdida a cor e agoniado, que máis ben semellaba un defunto, o fillo aínda non volvera.

O fillo atopárono logo os veciños. Apareceu durmido ó pé do cruceiro da parroquia collendo nunha aperta o talo da cruz. O pai a penas se tardou tres días en morrer. O fillo durou algún tempo máis, pero ben pouco foi. Ninguén conseguiu que dixese cousa, porque o que vai cos defuntos, aínda que queira, non pode dicir nin o que ve nin o que lle mandan facer. Tampouco pode vira-la cabeza para ver quen leva detrás. Por iso nunca ninguén dá razón. O único recurso que lle queda ó que vai coa Santa Compaña é, se se sabe dar xeito, poñerlle nas mans a un desventurado que atope no camiño a cruz, o caldeiro da auga bendita e o hisopo. Así líbrase el desa obriga e pásalla ó outro.

X.R. MARIÑO FERRO, Aparicións e Santa Compaña.

Page 20: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

20

May 29, 2011

maio 16­0:42

Comezamos a vestirnos. Para dicilo mellor, fómonos envolvendo en cadansúa saba branca. Logo saímos caladiños. Pousamos nunha banda da corredoira. Era media noite. Non tardarían en pasar os do Pedrouzo. Ás doce remataban sempre a xogueta. Non se vía chisco. Niso veuse enfiando o balbordo dunhas falas. «Son eles», dixemos todos. Cando chegaron preto de nós, Tamboril acendeu un facho e os demais botamos a abanear unhas cadeas que levaramos. Os do Pedrouzo quedaron abraiados. Non deron chío. Camiñaban de présa, e nós por fóra da corredoira seguiamos par deles en ringleira. O facho diante e as cadeas de arrastro tanguendo detrás. E enriba de todo aquilo, cando entran na volta do camiño baten co noso espantallo, o melón alumeado. Quedaron coma espetos. Medo sobre medo. Fixeron intento de recuar, pero nós baixamos á corredoira. Foi nesa cando liscaron coma lebres. Alancaban a máis non poder. E nós tras deles. Boa escorrentadura. Coido que han tardar en esquecela. Disto xa hai ben días. Ata hoxe non volveron á taberna. Non teñen dito polo que, mais xa se rosma algo na aldea. Fálase da Carballeira do Rei e das pantasmas.

X. NEIRA VILAS, Cartas a Lelo.

O bolimarte é algo así como unha salamántiga; outros din que o que semella é un alacrán. Ten crista roxa, como de galo, na cabeza. Medirá unha media cuarta, e o máis do seu corpo é rabo. Pon un ovo cada sete anos, e precisamente no niño do moucho; os ovos do moucho son brancos, e o do bolimarte, mouro; pero o moucho non se decata. (...)

O bolimarte vese poucas veces, pero cando se ve é que vai haber eclipse de sol. O bolimarte tenlle medo á fin do mundo, e na ocasión bótase a procurar a compañía do home. Para que un home o reciba na súa casa en vésperas de eclipse total de sol, o bolimarte dá calquera cousa; é dicir, dá ouro ou di onde o hai. Recibido na casa, hai que alimentalo ben: dous pitos por día. Abonda con desplumalos, que os come crus. (...)

O bolimarte, por derriba do corpo, trae unha camiseta, e entre a camiseta e o corpo, ouro en fío; este dállo a quen o sirve.

ÁLVARO CUNQUEIRO, Escola de menciñeiros.

Como a maioría de vostedes xa sabe, o entomodelfo é un mamífero ovíparo orixinario de Grenlandia. Coñecido cientificamente como marsupíctero marsupíctero, non sería esaxerado dicir que é algo desgraciado nos seus primeiros tempos de vida, pois a nai, despois de poñer o único ovo cuadrienal, vese instintivamente forzada a emigrar ao suroeste asiático, polo que deixa a cría abandonada á súa sorte. Isto supón o primeiro trauma para o entomodelfo, posto que é un animal mamífero. Mais a vida é a vida e o noso entomodelfo non pode máis ca procurar a mantenza pola súa conta, mantenza que atopa na castaña cocida, que será para sempre o seu principal alimento... Do antedito podemos tirar que o animal obxecto da miña disertación é un mamífero que non mama. A cousa é que a castaña pode ser considerada como a súa base alimentaria (...).

Na época de celo asubía, moi afinadamente, retallos de coñecidas composicións musicais. E agora debo dar conta do trazo máis característico do animal de que ando a falar... O entomodelfo asubía e canta, dispensando, polo cu...

PACO MARTÍN, Das cousas de Ramón Lamote.

Page 21: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

21

May 29, 2011

maio 17­13:19

ACTIVIDADES:

1. Todos temos un obxecto fetiche, un recordo da nosa infancia, un regalo que nos fixeron ou algún obxecto sen máis que nos identifica ou no que nos vemos reflectidos, algo que nos gusta, algo persoal... Pensa nese obxecto que te poida representar e descríbeo (podes facelo de forma exacta, expresiva...).

2. Inventa un ser que se poida incluír na fauna máxica e descríbeo.

3. Elixe un obxecto común e descríbeo de forma orixinal e sorprendente como para crear unha adiviña. Utiliza a túa imaxinación e non deas o seu nome en toda a descrición, pois cando a leas teremos que descubrir entre todos que obxecto é.

Page 22: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

22

May 29, 2011

maio 16­11:06

• Descrición de paisaxes naturaisó describir unha paisaxe ou lugar podemos comezar dando unha visión xeral, despois localizamos no lugar os elementos claves (pobos, montes, vías de comunicación, ríos...) cos seus compoñentes más destacados (igrexa, pazo, cruceiro, variedades de árbores, arbustos, pontes, pistas, rúas, auga, fervenzas...) situándoos no espazo cos conectores locativos axeitados e transmitindo a impresión que produce o lugar (ledicia, tristura, misterio, soidade, paz, terror...).

Page 23: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

23

May 29, 2011

maio 16­12:40

Seguiu latricándolle o crego ata chegar ó pé do coto de Millarados. Dende alí adiviñábase un largantío de terras encostadas, de fondais cheos de carballeiras, boas para as noites de lobos e ladróns. Só clarexaba no serán cincento algún pazo lonxano. Cara ó nacente, cadrada e ben posta en compaña de soutos e pomares, mostrábase a alta grandeza da casa da Seara. O crego e o fidalgo detivéronse un instantiño ó pé do coto, no que comezaba unha esgrevia touza de toxal pechado, carballeiros comestos das silveiras e penedos amusgados. Non ollando ninguén seguiron por un sendeiro en baixada, pouco tripado, baixo a chuviscada miúda. Á pouca costa, entre carballos xa máis espidos, afundida no torrón mol da follateira podrecente e agarimada por un penedo disforme, había unha casiña medio desmoronada. A un sinal do crego franqueouse a porta e xurdiu un home. Case que todo o espazo estaba ateigado de leña e de molladas de sarmentos da última sazón; só quedaba o sitio da lareira, na que brillaban algunhas brasas.

OTERO PEDRAYO, Os camiños da vida.

Desde o peirao: o promontorio de Tal, as revoltas do Salto, o malecón de Laxeiras. Logo a fachada marítima da vila: as bocas abertas dos soportais, sostendo galerías brancas coma merengues; a rada cos barquiños, moitos dun branco de primeira comuñón; o mar, solemnidade estantía. Tamén o repousar do río Maior, en Esteiro, e a marisma do Bornallo: eses e xunqueiras e gamelas varadas. Mesmo, como non, Louro. A enseada dos franciscanos en forma de ferradura. A lagoa do outro lado, desde o Ancoradoiro, ateigada de parrulos. E a mole inmensa desde onde queira.

Que fermosa era a ría, a terra do meu lago, aquel Muros de alma mareira. Máis fermosa, moito máis, có moito que el me tiña dito. Quizais porque, para el, aquel territorio fermosísimo e case intacto estaba indisolublemente asociado a unha estirpe de parias sen dereito a ningunha clase de orgullo.

(...)Dedicara o tempo todo a percorrer Barcelona deixándose

abraiar pola beleza nerviosa de tantas sumas. A cidade fabril e mais a burguesa, a artesá e a monumental, a dos negocios. Mesturas que puidera albiscar desde a propia ventá do tren, na chegada, mentres facían parada en Sants. A fábrica de España Industrial, da que alguén dixo: É a fábrica téxtil meirande de España. Aquela cidade puxante prolongábase ata a cerna mesma dos bulevares, como puido ver case a diario nas Pañolerías Baró da rúa Trafalgar, tan preto da fonda. Era unha cidade fabril inserida no abraio da Barcelona que se lle deixou descubrir desde os miradoiros: as tres moles das chemineas da fábrica de gas do Paralelo en competencia coas torres centenarias da catedral e de Santa María do Mar, co modernismo da Sagrada Familia. E a presenza monumental mesturábase co enxame das rúas gremiais, no Barrio Gótico ou coas da feroz cuadrícula do Ensanche, a máis pura contemporaneidade.

A un lado, a Dereita do Ensanche, cos seus almacéns de tecidos, os edificios de oficinas e unhas vivendas confortablemente burguesas. Ó outro, separado polo Paseo de Gracia, a Esquerda do Ensanche, máis disposta a acoller hostalerías varias, con cines e bailes e tranvías. E Delio que sobe a admiralo todo desde o castelo de Montjuïc. E Delio, nada máis ca un formigo, a admiralo todo desde o Parque de Atraccións do Tibidabo. LUÍS REI NÚÑEZ, Monte Louro.

Page 24: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

24

May 29, 2011

maio 16­13:35

• Descrición de conxuntos e ambientes: explicar o conxunto de factores naturais ou artificiais que determinan a conduta dos individuos. Os factores naturais poden ser as condicións meteorolóxicas (frío, calor, chuvia...) e as catástrofes (inundacións, incendios, terremotos...); entre os factores artificiais podemos sinalar a ambientación rural ou urbana, a situación social, económica, política, os códigos de conduta, o inmoral, a violencia...). Nalgunhas obras estes elementos teñen tal relevancia que xeran novela rural, urbana, psicolóxica, social...

Page 25: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

25

May 29, 2011

maio 16­13:36

Cadro Undécimo(A escena está partida en dúas. Dunha parte encóntrase a

alcoba da casa de DON PANTALEÓN, onde están DON PANTALEÓN e LEONOR. Na outra metade están Fiz e o CAPITÁN MARTÍN, nun recanto dunha rúa, fronte a ventá desa mesma casa.

Ao comezar o cadro está escurecida a rúa e iluminada a alcoba. DON PANTALEON está a botar a medicina nunha cunca de auga pero entón entra LEONOR. Co nerviosismo bota o remedio na xerra de auga que hai a carón da cunca.)

MIGUEL ANXO MURADO, A grande noite de Fiz.

«A pensión Míguez é escura e sórdida. Unha ducia de estudantes pasamos o día deitados en camas notablemente estreitas. Polo regular cheira a suor. Santiago está cheo de pensións desta especie. O telefono está moi preto da porta do meu cuarto. Podo oír todo o que cospen os hóspedes no micro. Poucas veces é algo de interese. Moi poucas veces os 5 ou 6 milleiros de estudantes mollados, aballoados e malditos, que enchen as rúas teñen algo interesante que dicir. Pero neste intre eu estou algo nervioso.

Leva un mes chovendo. Leva un mes marcando, a campá da catedral, un tempo submarino, lento e baleiro. » (...)

Chovía e foron para o café. Eu berreilles dende o balcón:-Ya voy. Agardádeme no café. Yo ya voy. Metinme na habitación e escribín isto. Vou xogar ao chinchón.

Como a auga chega ata o terceiro piso, é dicir, ata o meu balcón, pódome botar tranquilamente, que sei nadar ben. Vou xogar a partida no café.

Non sei como non se me ten ocorrido antes botarme á rúa polo balcón, chegando como chega a auga ata enriba de todo.»

X. L, MÉNDEZ FERRÍN: “Un chinche durme no teito”. O crepúsculo e as formigas.

Na tabernaOs mozos mariñeiros da fiada lémbranse rindo alleos de coidados; cheira a aceite e pemento requeimados rustrido de xurés en caldeirada.Conta o patrón nun corro a treboada do ano setenta -historia de afogados-; e empuxándose, inando, entran mollados os bornes dunha «lancha de enviada». Pasa de man en man a xerra roibade albariño, e namentres cae a choiva e o vento fai tremer a casa enteira, detrás do mostrador clarexa o ceo nas trenzas de ouro, no mirar sereo, no sorriso de luz da taberneira.

R. CABANILLAS. No desterro.

Page 26: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

26

May 29, 2011

maio 16­14:49

• Cronografía: descrición dunha época ou cultura a partir dos elementos físicos e espirituais ca caracterizan fronte a outra anterior ou posterior. É unha descrición que implica a contraposición a través do tempo reflectida en obxectos de uso frecuente, costumes socias...

Page 27: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

27

May 29, 2011

maio 16­14:52

1855. No salón etiqueteiro da Rúa Nova, algunhas donas agardan impacientes. O coro das señoras maiores tamén agarda. Mais don Xoán non aparece. Pola porta só entran señoritas coñecidas. As de sempre. Noutro sarao, a elegancia montesía de don Xoán deixou sementadas flores de esperanza polo xardín das vidas femininas. Don Xoán, deica a mañá, deita onzas e onzas na mesa de xogo. (...) Os parasitos extreman a súa admiración. Don Xoán, (...), vai botando na mesa, en onzas como soles, centos de tegas de centeo, parellas de bois ornatos dos feirais e pasmo dos labregos, sementeiras, nabeira, toradas de vello carballo, (...) dereitos de señorío.

1885. Unha oficina polo serán. Chuvia nos vidros lixados. Fedor de cabichas. Traballo extraordinario. Medo á chegada dun novo xefe. Testas encol das mesas. Don Xoán na súa. (...) Nin lle parece mal que un antigo zapateiro, que lle fixo nun tempo moi boas botas de caza, lle fale desde a mesa veciña: «Ola, Juan». (...) Don Xoán, saíndo da oficina, non quere mirar un grupo de rapazas que pasan. El ben coñece a figura da súa filla, a máis elegante. Leva ao seu carón un noivo. Un empregado de almacén. Don Xoán, cruzando diante do casino, por pouco o collen os cabalos dun coche. O cocheiro para, báixase, dille: «Señorito, dispense». Foi servidor de don Xoán. Dentro do coche, a figura do prestamista parece unha sardiña en lata. Fai que non ve a don Xoán. Ten medo dunha labazada. «Boh, o caso é que teño pazo fidalgo con escaleira de corte e escudos en Compostela», pensa agochándose como un raposo.

V. RISCO, O fidalgo e outras narracións.

O 25 de febreiro de 1934 inaugúrase Radio Coruña EAJ-41, a primeira emisora instalada en Galicia por iniciativa dunha persoa privada (...).

A programación da época incluía conferencias, informativos e orquestras, músicos, cantantes e teatro en directo. Era habitual que as emisoras solicitasen o apoio dos oíntes por un sistema de abonos. Por unha peseta, ofrecíaselles a posibilidade de participar en concursos, discos dedicados, etc. (...)

Nestes primeiros tempos da emisora, a programación tiña un forte contido cultural: conferencias, cursos de idiomas, música clásica, ópera... Tamén soaban cuplés e operetas, as cancións de Concha Piquer, Estrellita Castro, Imperio Arxentina ou La Niña de la Puebla.

ALBERTO AVENDAÑO, A radio.

Hoxe en día, a miña principal indignación atangue a Palestina, a faixa de Gaza e Cisxordania. A orixe da miña indignación é o chamamento que os israelís valentes fixeron á diáspora, pedíndolles aos seus maiores que fosen ver onde levaron o país os seus dirixentes, esquecendo os valores humanos fundamentais do xudaísmo. Fun alí en 2002, e logo outras cinco veces máis ata o 2009. É absolutamente imprescindíbel ler o informe de Richard Goldstone sobre Gaza de setembro de 2009, no cal o xuíz surafricano (...) acusa o exército israelí de cometer «actos equivalentes a crimes de guerra e, en determinadas circunstancias, a crimes contra a humanidade» durante as tres semanas da operación «Chumbo Fundido». En 2009 volvín coa miña muller a Gaza (...) visitamos os campos de refuxiados palestinos (...) onde máis de tres millóns de palestinos expulsados das súas terras por Israel agardan un regreso cada vez máis problemático. (...) Gaza, é unha prisión a ceo aberto para un millón e medio de palestinos, unha prisión onde se organizan para sobrevivir.

STÉPHANE HESSEL, Indignádevos!

Page 28: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

28

May 29, 2011

maio 16­20:32

• Descrición de procesos: explicar clara e ordenadamente as fases dun proceso, indicando que sucede, como sucede, cando sucede e por que sucede cada fase do proceso. Debemos seguir a seguinte orde:

o Sinalar o proceso que imos describir e a súa finalidade.

o Detallar os elementos, materiais, persoas, ferramentas, máquinas... que forman parte do proceso.

o Explicar o desenvolvemento do proceso (como, cando, por que, para que) dividíndoo en fases e expoñendo as operacións que se realizan en cada fase de forma ordenada, explicando para que se realiza cada operación.

Page 29: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

29

May 29, 2011

maio 17­13:53

ACTIVIDADES:

1. Infórmate sobre como se fai artesanalmente un recipiente de barro, un de vidro, un maio e unha alfombra floral. Escolle un deles e describe todo o proceso.

2. Encárgaselle á clase preparar cinco actividades lúdicas para final de curso, así que dividides a clase en cinco grupos e cada un organiza unha actividade (xogos tradicionais, concursos, audicións musicais...). Cada grupo ten que describir todo o proceso da actividade proposta.

Page 30: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

30

May 29, 2011

maio 16­20:37

DESCRICIÓN CON IMAXESA descrición utiliza con frecuencia a linguaxe

verbal complementada con outras linguaxes non verbais que permiten ver dun xeito inmediato e total as características da realidade descrita. Así, na actualidade a imaxe con carácter descritivo ten cada día máis peso tanto nos medios de masas (na información, na publicidade, no cómic, no cinema...) como nos manuais científicos, escolares, guías, folletos... O habitual é a combinación de imaxe e texto (descrición icónico-verbal), pero tamén é moi frecuente o uso só de imaxes (descrición icónica).

Page 31: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

31

May 29, 2011

maio 16­21:22

Ver anuncios televisivos en lingua galega colgados en YouTube:• A badalada do ano (Eroski)• Alza a túa man contra o castigo corporal (Ministerio de Edu.)• Comercio galego (Consellería de Innovación e Industria)• Dicionario Xerais da Lingua (Editorial Xerais)• En galego tes todo por dicir (Política Lingüística)• En galego tes todo por vivir (Política Lingüística)• Galicia, destino atlántico (Consellería de Innovación e Ind.)• Galicia segue sendo única (Consellería de Innovación e Ind.)• Galicia, si, é única (Consellería de Innovación e Industria)• Froitos Secos La Reigosa (Editorial Xerais)• Palabras encadeada (Secretaría Xeral de Polít. Lingüíst., 2008)• Plan galego de lectura (Consellería de Cultura)• Vivamos como galegos! (Gadis)• Vivamos como galegos, Nadal (Gadis)• Vivamos como galegos en New York

Ver os poemas visuais de Malagon, activista gráfico en You Tube.

Page 32: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

32

May 29, 2011

maio 17­15:07

ACTIVIDADES:

1. Estes son exemplos de poemas visuais feitos por alumnos. Fai ti como mínimo dos poemas visuais.

O SILENCIO TAMÉN SE MERCA

2. En grupos de tres crear un texto con carácter publicitario para unha das seguintes imaxes. Despois facer o mesmo pero para o conxunto das imaxes. Pódese facer para un cartel publicitario, para a radio ou para a TV.

Page 33: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

33

May 29, 2011

maio 16­22:54

ÁMBITOS DE USO DAS DESCRICIÓNSO ámbito de uso é o espazo social no que

utilizamos a descrición. A descrición úsase en múltiples ámbitos en

circunstancias e situacións moi variadas:• Ámbito académico-científico: exposicións, manuais científicos, escolares, dicionarios, enciclopedias...• Ámbito xornalístico: noticias, crónicas, reportaxes...• Ámbito publicitario: publicidade en prensa, radio, TV, anuncios breves, folletos, guías...• Ámbito xurídico-administrativo: fichas, contratos, testamentos, informes...• Ámbito familiar: conversas, notas, cartas persoais, correo electrónico, diarios...• Ámbito literario: contos, novelas, lendas, poemas, teatro...

Page 34: A DESCRICIÓN II.notebook - capadetinta.wikispaces.comcapadetinta.wikispaces.com/file/view/A+descrición+II.pdf · Os biosbardos. Ver os vídeos “Retratos de mujeres en la pintura”

A DESCRICIÓN II.notebook

34

May 29, 2011

maio 17­21:54

ACTIVIDADES:

1. Fai un esquema do tema da descrición.

2. Escribe a palabra á que se refire a oración:a) Reflectir como son as persoas, obxectos...:

b) Antes de describir hai que facer algo:

c) Reflicte as cousas como son el realidade, sen sentimentos:

d) Utilízase nas descricións literarias:

e) Di os trazos psicolóxicos ou morais da persoa:

f) Describe paisaxes:

g) Fíxase nos trazos físicos da persoa:

3. Realiza unha descrición o máis completa posible de cada unha das seguintes fotos. Podes utilizar o tipo de descrición que desexes.

4. Para ter a seguridade de que dominas o tema debes ser capaz de escribir todas as ideas do mesmo. Explica as seguintes ideas do tema: a descrición, a descrición obxectiva e subxectiva, tipos de descrición.

5. Escribe un pequeno relato (mínimo 30 liñas) no que aparezan dous tipos de descrición das estudadas.

6. Redacta o teu propio autorretrato (recorda: primeiro obsérvate de lonxe e logo aporta elementos do aspecto físico, carácter, afeccións...).