PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os...

33
PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO

Transcript of PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os...

Page 1: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

PARTE II

DESCRICIÓN

DETALLADA DO

TERRITORIO

Page 2: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

10

3. O SISTEMA TERRITORIAL

Trátase daquel sistema formado polos elementos e procesos do ambiente biofísico tal e como

se encontran na actualidade: o clima, o solo, a vexetación, a fauna, a paisaxe, as formas, o

aproveitamento dos recursos e a utilización do solo.

Con este estudo do medio físico preténdese obter unha síntese do potencial de

desenvolvemento do Territorio en función dos recursos naturais dos que dispón. Os obxectivos

da análise e diagnose do medio físico son os seguintes:

- Coñecemento das características naturais do Territorio.

- Comprensión das formas en que se emprega o Territorio.

- Degradacións e ameazas que actúan sobre el.

- Valoración do Territorio en termos de méritos de conservación.

- Estimación da potencialidade do Territorio en termos de oportunidades que ofrece en canto a

recurso, soporte e receptor de residuos.

- Estimación da fraxilidade ou vulnerabilidade do Territorio para ditas actividades.

- Determinación da capacidade de acollida do Territorio para as actividades.

Para determinar a capacidade de acollida das actividades compre coñecer o medio físico con

detalle; isto conséguese mediante a elaboración dun inventario do medio. A idea prioritaria que

debe rexer a realización do inventario, é a representación da realidade físico - biolóxica do

Territorio.

3.1. Xeoloxía

A composición xeolóxica das rochas inflúe de maneira destacada na paisaxe, non só nos

afloramentos rochosos e nas formas do relevo, si non tamén nos materiais de construción

empregados, no tipo de solos que se formen en polo tanto no tipo de vexetación.

Page 3: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

11

Materiais, formas e procesos xeolóxicos interveñen na análise do medio físico tanto dende o

punto de vista dos recursos que albergan coma dos condicionantes que supoñen á hora da

localización das actividades.

A area de estudio localízase dentro do Macizo Hespérico no que se atopan os materiais máis

antigos da Península Ibérica. Dende un punto de vista paleoxeográfico, atópase incluído dentro

da zona Asturoccidental-Leonesa e a zona Centro-Ibérica. Dentro de esta última corresponde á

subzona de dominio Manto de Mondoñedo, definida por MATTE (1968).

Dentro do Manto de Mondoñedo os materiais que predominan sobre o substrato de rochedo

son distintos tipos de lousa ou xisto entre os que afloran algúns macizos graníticos e bandas

máis estreitas de diferentes rochas (cuarcita, pedra de grao e nalgúns lugares rocha calcárea).

Materiais de orixe xeolóxica moi antiga. No fondo dalgunhas depresións tectónicas son

abundantes os materiais sedimentarios (distintos tipos de area, de arxila etc.) de orixe terciaria

e nos fondos de val abundan os depósitos aluviais bastante recentes (cuaternarios). Dentro dos

macizos graníticos, ligados dende a orixe á oroxenia herciana, aparece na zona o grupo da

granodiorita tardía, ocupando unha ampla extensión en boa parte dos concellos, emprazándose

en parte na unidade do “Domo de Lugo” (Serie de Vilalba).

Os depósitos aluviais atópanse principalmente nas beiras do ríos Miño, Neira, Narla, Tórdea... e

a continuación atopamos a capa de arxilas, areas e gravas os tipos de solo que se forman sobre

estes substratos, conforman sen dúbida os terreos máis aptos para o desenvolvemento de

actividades agrícolas.

Os materiais presentes na zona son un conxunto de depósitos que abarcan, case

ininterrompidamente, dende o Cámbrico Inferior ata o Silúrico, se ben os materias do Ordovícico

e o Silúrico atópanse xa practicamente fora da comarca, cara Baleira.

Todas esta sucesión paleozoica atópase apoiada sobre materiais de idade precámbrica. Existen

ademais diversos materiais cuaternarios repartidos pola área, así como un área de rochas

graníticas hercínicas (ígneas) que predomina na parte suroccidental.

Estructuralmente, como se dixo, a comarca forma parte do Manto de Mondoñedo e está

esencialmente ocupada por un gran pregamento deitado, e no leste unha serie de sinclinais e

anticlinais apertados, dispostas en bandas lonxitudinais aliñadas N-S.

Page 4: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

12

3.1.1. Estratigrafía

3.1.1.1. Precámbrico

Poden aflorar dúas series, a de Alba e a de Vilalba. A segunda atópase sobre a primeira (cuxos

afloramentos son máis escasos). A serie de Vilalba está formada por unha potente e monótona

secuencia de esquistos micacíticos (de gran máis fino que os anfibólicos e esquistosidade mellor

marcada), gneis pelíticos con granates e lentellóns intercalados de gneis anfibólicos. En xeral é

menos moscovítica que a Serie de Alba, e a moscovita en grandes follas non adoita aparecer. A

biotita, xeralmente moi abundante, atópase en cristais tabulares orientados.

3.1.1.2. Cámbrico

Pódese atopar na zona a seguinte sucesión cámbrica: Cuarcita de Cándana Inferior, Lousas e

calcarias de Cándana Medio, Cuarcita de Cándana Superior, Serie de Tránsito (todos eles do

cámbrico inferior), así como Calcaria de Vegadeo (Cámbrico inferior-medio) no límite oriental

da comarca.

3.1.1.3. Cuaternario

Trátase exclusivamente de depósitos aluviais, formados xeralmente por limos e arxilas con

cantos subredondeados polixénicos e heterométricos. A proporción relativa dunha e outra

fracción é moi variable, constituíndo en certas zonas gravas lavadas e noutras arxilas limosas sen

cantos grosos.

3.1.2. Petroloxía

3.1.2.1. Rochas ígneas

Page 5: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

13

Aparece na zona o grupo da granodiorita tardía, ocupando unha ampla extensión no centro da

comarca, emprazándose en parte na unidade do “Domo de Lugo” (Serie de Vilalba) e en parte

no dominio do Sinclinal de Baralla.

A súa facies común está constituída por unha rocha agrisada, dura e compacta, de gran medio a

groso, na que diferéncianse megacristais de feldespato potásico de ata 6 cm.

Está formada esencialmente por cuarzo, feldespato potásico, plaxioclasa e biotita, con apatito e

circón como minerais accesorios máis abundantes. É unha formación poshercínica

3.1.2.2. Rochas metamórficas

− Serie de Alba

Diferéncianse dous tipos petrolóxicos: os esquistos moscovíticos con estaurolita e as cuarcitas

ou cuarcitas micáceas.

− Serie de Vilalba

Os tipos petrolóxicos máis correntes son: esquistos micacíticos con granates, gneis micáceos con

granates e anfibolitas.

− Serie de Cándara Inferior

Constituída por cuarcitas (cor pardento ou azulado, textura granoblástica, formadas sobre todo

por cuarzo e clorita) e esquistos moscovíticos (verdosos, textura lepidoblástica, formados por

cuarzo e biotita ou sericita).

− Serie de Cándara Medio

Page 6: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

14

Presenta os tipos petrolóxicos seguintes: esquistos moscovíticos (verdosos, textura

lepidoblástica, formados sobre todo por cuarzo, moscovita e clorita), mármore dolomítico

(textura granoblástica que ás veces contén estructuras de algas ou restos, formado sobre todo

por dolomita) e semiesquistos (cor marrón, textura clástica, cuxos minerais principais son

cuarzo, sericita e moscovita.

− Serie de Cándara Superior

Constituída por cuarcitas (cor clara, ás veces agrisada, de gran fino, e con presencia maioritaria

de cuarzo) e alternancias de areniscas e lousas (textura pizarrosa orientada ou clástica nas

areniscas, formadas principalmente por cuarzo e sericita).

− Serie das Alternancias

Poden aparecer: lousa sericítica (agrisadas, de gran fino e textura lepidoblástica, os seus

compoñentes principais son cuarzo, moscovita e sericita), esquistos micáceos (agrisados, textura

lepidoblástica, formados sobre todo por cuarzo e moscovita), mármore de calcita (rochas

negruzcas con vetas e zonas blanquecinas, textura granoblástica, sendo a calcita a súa

compoñente principal) e semiesquistos ou “grit” areoso (gris-marrón, textura lepidoblástica,

formados principalmente de cuarzo e moscovita).

Pódese observar a disposición espacial dos materiais no territorio do GDR-4 nos seguintes mapas

da provincia de Lugo:

Page 7: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

15

3.1.3. Xeoloxía económica

3.1.3.1. Canteiras e minas

En canto á minería presente na comarca, destacar a presencia dalgunha canteira de extracción

de áridos empregados para a construcción e obras públicas, especialmente centrada en rochas

graníticas. Existen ademais varios casos de canteiras abandonadas.

Page 8: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

16

A través do mapa anterior podemos interpretar que actualmente atópanse canteiras ou zonas

de extracción nos concellos de Friol, Outeiro de Rei, Lugo e Castroverde, as cales ocupan no total

do territorio unha superficie de 2,01 Km2 .

3.1.3.2. Hidroxeoloxía

Existen claramente diferenciados tres tipos de terreos con diferentes características

hidroxeolóxicas:

- Terreos cuaternarios

- Terreos precámbricos e paleozoicos (neste caso cámbricos)

- Terreos granodioríticos

Os primeiros son os que deberían ter maiores posibilidades dende ó punto de vista

hidroxeolóxico, aínda que os acuíferos que alberguen serán sempre asociados a cursos de auga,

que é onde se atopan estes materiais na comarca.

Page 9: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

17

A impermeabilidade dos materiais precámbricos e paleozoicos fai que as posibilidades de

acuíferos sexan moi escasas, existindo unicamente unha permeabilidade por fisuración.

Case o mesmo ocorre coas granodioritas, semipermeables, pero con recubrimentos permeables,

onde unicamente poden existir posibilidades nas zonas moi meteorizadas.

O maior interese hidrolóxico céntrase nos niveis calcarios (no de Cándara, xa que o de Vegadeo

apenas ten presencia na comarca). Isto débese á intensa karstificación que hai nestes niveis, o

que podería servir, ocasionalmente, de almacén para a auga.

3.2. Unidades xeomorfolóxicas

3.2.1. Os montes exteriores

A chaira luguesa aparece delimitada na marxe leste polos primeiros aliñamentos que constitúen

o grande conxunto montañoso das serras orientais lucenses, orientadas en xeral de norte a sur,

e ó outro lado destas encóntranse as cabeceiras dos vales do Eo e do Navia.

A medida que nos desprazamos cara o sur, as serras van ascendendo en altitude e o límite

oriental da chaira de Lugo faise menos nítido, xa que podemos distinguir nel varios niveis

montañosos sucesivos, separados por vales fluviais pequenos.

3.2.2. As superficies de aplanamento

Están constituidas por superficies de erosión extensas, elaboradas ó longo do terciario sobre

materiais antigos, e lixeiramente basculadas en sentido ascendente cara o sur. Nelas podemos

diferenciar dous niveis: a superficie superior esóxena, da primeira metade do terciario, e máis

outra inferior denominada finioligocena ou aquitaniense, de principios da segunda metade desa

mesma era xeolóxica. Ambas están separadas por un desnivel aproximado de 80 metros. Os

movementos tectónicos da segunda metade do terciario e o conseguinte ascenso e descenso de

bloques desnivelaron ou bascularon lixeiramente estes dous conxuntos. Ademáis hai un ascenso

xeral destas superficies a medida que nos desplazamos hacia o sur da meseta luguesa.

Page 10: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

18

O primeiro nivel atópase ó pe das serras que delimitan a chaira polo norte e polo oeste, sendo

cara o oeste onde alcanza a súa maior extensión: a partir da serra da Loba e do Cordal de

Montouto, prolóngase pola parte máis occidental do concello de Xermade e pola totalidade do

de Guitiriz ata chegar ó val do río Labrada. A altitude deste nivel está entre os 540 e os 580

metros e nela pódense distinguir algúns relevos residuais, todos eles por encima dos 600 metros

de altitude, entre os que destaca o pequeno cordal montañoso, orientado de norte a sur, que

separa o concello de Guitiriz dos de Vilalba e Begonte (as alturas máis destacadas son a Pena da

Cruz (645 m), a pena do Mirador (695 m) e o penedo da Portela (662 m). Máis hacia o sur, na

parte meridional dos concellos de Guitiriz e Friol, este nivel de aplanamento cara o leste, polo

extremo meridional do concello de Begonte, por Outeiro de Rei e Lugo ata chegar ó curso do

Miño nas proximidades da capital provincial, extendéndose despois cara as serras orientais

polos concellos de Castroverde, Castro de Rei e Pol.

Nas proximidades das serras orientais, algúns autores distinguen outro nivel de aplanamento

superior, arredor dos 700 metros de altitude, xunto a Meira e Castroverde e que se estende de

maneira discontinua ata a depresión de Sarria, onde quedaría parte de O Corgo, que fai de

transición coas superficies de aplanamento de máis o sur, onde sitúanse preto dos 600 metros

de altitude nos concellos de Guntín, Portomarín, Láncara e O Páramo.

Canto máis ó sur máis se incrementa este nivel, chegando éste a unha altura preto dos 700

metros de novo nos concellos de Taboada, Chantada e Carballedo.

3.2.3. Os vales fluviais

Os numerosos cursos de auga que forman a bacía do alto Miño axudaron a degradar os distintos

niveis das superficies de aplanamento, trazando vales de vertentes suaves e pouco profundos,

Page 11: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

19

divagando sen encaixarse apenas polo fondo das depresións terciarias, para irse entalando máis

a medida que imos cara ó sur, cando a chaira luguesa se vai elevando en altitude.

O abundante enervamento fluvial acada a súa máxima representación a través dos seus 5

grandes cursos: o río Miño, o río Ladra, o Río Narla, o río Ferreira, o río Neira, o río Chamoso e o

río Tórdea.

Page 12: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

20

Na actualidade a rede fluvial da comarca está xestionada pola Confederación Hidrográfica Miño-

Sil (CHMS), tal e como se pode apreciar no seguinte mapa:

3.3. Fisiografía

As formas do terreo son o resultado da acción dos procesos xeodinámicos sobre os materiais da

cortiza terrestre. Esto vai a condicionar tanto os lugares escollidos para os asentamentos

humanos coma as actividades que sobre el se desenvolvan, unha forte pendente pode ser un

factor determinante á hora de realizar traballos mecanizados, a altitude limitará o uso de

determinados cultivos e especies forestais e a orientación influirá na cantidade de radiación que

Page 13: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

21

chegue á superficie terrestre, e por tanto á temperatura. Por todo isto, para determinar a

capacidade de acollida do solo, debemos considerar estes tres factores.

Orientacións Pendentes

3.4. Edafoloxía

O solo é principal e fundamentalmente un elemento do ambiente, que segundo ós seus valores

e cualidades, é susceptible de utilización desde varias perspectivas, cumprindo distintas funcións

e conseguintemente, véndose afectado polas accións e reaccións derivadas das mesmas.

É un elemento do medio físico dunha importancia sobresaínte, das súas características e

produtividade depende a economía de amplas zonas do medio rural galego. Foi e seguirá a ser

o soporte das actividades agropecuarias, e da súa conservación dependerá a pervivencia dun

sector de gran importancia en Galicia.

Na Conferencia Europea de Ministros responsables da Ordenación do Territorio (C.E.M.A.T.)

púxose de manifesto que o territorio repártese en torno a tres compoñentes, de proporción

variable e grados diversos:

En primeiro lugar, o solo é soporte de actividades, no que é utilizada a superficie como medio

de extensión do hábitat humano, das actividades económicas non agrícolas e de ocio. En

segundo lugar, o solo como espacio agrícola e forestal, na que se explota a súa “profundidade

nutricia”, e en terceiro lugar, o solo como espacio natural, o cal é preservado das actividades

Page 14: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

22

humanas, por necesidades de conservación de ecosistemas, habitas, paisaxes etc, dende unha

perspectiva antropocéntrica.

A estas tres compoñentes poderíaselles engadir a perspectiva do solo como recurso mineral ou

xeolóxico, dende a cal o solo non so cumpre como soporte da actividade, senón como obxecto

da explotación, e a do solo como paisaxe que, non está composto exclusivamente por elementos

físicos ou naturais, senón que tamén participan del elementos culturais e históricos.

Un dos factores que máis van a condicionar a edafoloxía será precisamente o material sobre o

que se formen os solos. Os tipos de solos que atopamos na comarca son ácidos, por formarse

sobre rochas de este tipo e pola intensa lavadura a que foron sometidos a causa das

precipitacións abundantes.

Distinguindo os tipos de solo segundo o material xeolóxico sobre o que se formaron, atopamos

que sobre os macizos graníticos o solo ten en xeral unha textura granulométrica grosa e unha

capacidade escasa para reter a auga. Os elaborados a partires de lousa e xisto teñen unha

textura máis fina, contendo maior porcentaxe de arxilas, e reteñen mellor a auga. A cantidade

de materiais finos e a capacidade de reter a auga acadan o máximo nivel nos solos desenvolvidos

sobre os materiais sedimentarios.

Os solos máis pobres e menos aptos para a agricultura son os formados sobre bandas estériles

de cuarcita. En canto ó grado de desenvolvemento dos solos os máis delgados e fráxiles, con

presencia de rocha, só aptos para soster formacións de mato moi pobres, son os litosoles

presentes nos cumes máis altas das montañas.

Máis desenvolvidos, aínda que non de moita profundidade, son os solos de tipo ranker de

distinta variedade. Atópanse en cumes máis baixas e ladeiras. Son aptos para soster formacións

de matogueira máis desenvolvidas e para repoboación forestal, especialmente con coníferas.

Pódense transformar en pastos, pero traballar terreos tan pouco profundos implica perigos de

erosión.

O cambisol ou terras pardas posúe maior profundidade e aparece nas ladeiras das montañas

con pendente suave ou moderada. Sobre el localízase a vexetación tradicional de caducifolias

frondosas e terras de cultivo xa que soportan perfectamente o traballo agrícola.

Page 15: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

23

A fertilidade varía polas características da rocha de que proceden: os máis pobres son os

cambisoles dísticos formados sobre rochas graníticas, son algo máis fértiles os cambisoles

éutricos que derivan de rochas menos ácidas, como xisto arxiloso.

Os solos máis aptos para a agricultura son os fluvisoles ou solos de veiga, formados sobre

aluvións recentes nas proximidades dos cursos fluviais.

3.5. Clima

A importancia do clima é tan elevada e alcanza tantos aspectos da vida humana, que a súa

consideración resulta imprescindible nos estudios do medio físico. O clima determina en alto

grao o tipo de solo e vexetación, e inflúe, polo tanto, na utilización da terra.

De maneira xeral, o clima afecta á actividade física e material do home, estimulándoa ou

diminuíndoa, e ás actuacións que o home poida desenvolver.

O tipo de clima que reina na chaira luguesa é algo difícil de definir, xa que non corresponde ás

caraterísticas típicas do oceánico da Galicia litoral ou occidental, nin ás do claramente

suboceánico que prevalece na parte meridional.

Para a realización do estudio climático utilizáronse os datos da estación metereolóxica de Rozas,

en Castro de Rei. A razón de utilizar esta estación é porque é a estación máis próxima a área de

estudio que posúe unha relación de anos máis ampla tanto en precipitacións como en

temperaturas (o período estudado é o comprendido entre 1985 e 2010), ademais de atoparse a

unha altitude similar á da zona de estudio.

A localización xeográfica de dita estación é a seguinte:

• Lonxitude: 7º 27’ 27’’ W

• Latitude: 43º 6’ 41’’ N

• Altitude: 445 metros

Page 16: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

24

3.5.1. Precipitación

Unha característica fundamental dos climas cálidos oceánicos é a abundancia de chuvia, Galicia

e a chaira luguesa non son unha excepción. Sen embargo, a nivel de Galicia obsérvase unha certa

diferencia entre as terras do interior e as da parte máis occidental. Así na chaira dáse unha

menor precipitación debido á influencia dos montes septentrionais e occidentais que producen

o chamado efecto abrigo.

No ciclo anual de precipitacións observamos que se da un mínimo estival nos meses de xullo e

agosto con valores moi semellantes, 34 e 36 mm de precipitación media mensual/anual. Pola

contra os valores máximos alcánzanse nos meses de outubro, novembro e decembro con

precipitacións superiores ós 133 mm. Como podemos observar, entre os meses máis chuviosos

e os máis secos hai unha diferencia lixeiramente superior ós 100 mm de precipitación. Con todo

esto a precipitación media anual para o periodo de referencia acada un valor de 1.052 mm.

O número de días de precipitación varía dos 4,6 ou 5,2 días nos meses de xullo e agosto ós 14

de xaneiro ou abril e 14,3 de novembro, o que fai un total anual de 126,3 días de chuvia.

En comparanza, o número de días de neve ao ano (6 de media) é escaso, xa que os mínimos

térmicos soen ir acompañados de ceos despexados.

3.5.2. Temperatura

Ó alonxarnos do litoral e debido á altitude media, entre 400 e 450 metros, as condicións

oceánicas dan paso ó aumento da continentalidade e a unha maior oscilación térmica estacional

e diurna.

A temperatura media anual sitúase nos 12 ºC, sendo xaneiro o mes máis frío cunha temperatura

media de 6,2 ºC, e o mes máis caluroso xullo, cunha temperatura media de 18,5 ºC.

Se nos fixamos nas temperaturas mínimas, tanto as medias como as absolutas, podemos ver

que no caso das absolutas rexístranse valores máis baixos entre os meses de novembro e abril

(de 6,2 ºC a 10 ºC respectivamente), o que nos indica que hai risco de xeadas neste período.

Page 17: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

25

Estas temperaturas mínimas están reforza das polos fenómenos de inversión térmica e pola

presencia de néboas.

3.5.3. Diagrama ombrotérmico

Unha vez estudiadas as precipitacións e as temperaturas imos analizar se a chuvia caída cubre

as necesidades dos cultivos. Para facer dita análise utilizamos o diagrama ombrotérmico que nos

serve para identificar o periodo de seca e a súa distribución.

Para realizar este diagrama lévanse en abscisas os meses do ano, con dúas ordenadas, nunha

delas representamos as precipitacións (en mm) e na outra as temperaturas medias (en ºC). A

escala elíxese de xeito que os valores da temperatura se correspondan co dobre dos da

precipitación, por exemplo o valor de 5ºC coincidirá con 10 mm de precipitación.

0

5

10

15

20

25

30

Xa

ne

iro

Fe

bre

iro

Ma

rzo

Ab

ril

Ma

io

Xu

ño

Xu

llo

ago

sto

Se

tem

bro

Ou

tubro

Nove

mbro

Dece

mbro

Te

mp

era

tura

ºC

Diagrama de Temperaturas

Temperatura media mensual/anual (°C)

Media mensual/anual de las temperaturas máximas diarias (°C)

Media mensual/anual de las temperaturas mínimas diarias (°C)

Page 18: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

26

Considérase que un mes é seco cando a precipitación é inferior ó dobre da temperatura media,

é dicir, cando no gráfico a curva da precipitación queda por debaixo da de temperatura. No caso

do clima desta zona hai un periodo de seca mínimo, que se deixa notar no verán, entre os meses

de xullo e agosto. Este dato danos unha primeira aproximación, xa que tamén haberá que ter en

conta outros factores que tamén interveñen na evapotranspiración (ETP), como son a

velocidade do aire, a humidade ou a evaporación. Unha vez calculadas as perdas de auga

podémolas comparar coa precipitación e así determinar cal é o período seco. Pero, como xa

dixemos con anterioridade, este non é un dos fins deste proxecto polo que nos quedaremos ca

análise do diagrama ombrotérmico.

Seguindo coa análise do diagrama, considérase que un mes é moi húmido cando o valor da

precipitación supera seis veces ó da temperatura, e que un mes é humido cando o valor da

precipitación oscila entre catro e seis veces o da temperatura. Cando esta relación se mantén

entre dous e catro o mes sería subseco (Mounier, 1979).

Según esta clasificación temos como meses moi húmedos xaneiro, novembro e decembro; como

meses húmedos febreiro, abril e outubro; como meses subsecos marzo, maio, xuño e setembro

e, tal e como se comentou anteriormente, os meses secos correspóndense con xullo e agosto.

0

20

40

60

80

100

120

140

0

10

20

30

40

50

60

70

Xa

ne

iro

Fe

bre

iro

Ma

rzo

Ab

ril

Ma

io

Xu

ño

Xu

llo

Ag

osto

Se

tem

bro

Ou

tubro

Nove

mbro

Dece

mbro

Pre

cip

ita

ció

n (

mm

)

Te

mp

era

tura

ºC

Diagrama ombrotérmico

Precipitación mensual/anual media (mm)

Temperatura media mensual/anual (°C)

Page 19: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

27

3.5.4. Índice de aridez de Martonne

Este índice calcúlase a partir da seguinte fórmula:

onde Im é o índice de Martonne, P é a precipitación media anual en mm, T é a temperatura

media anual en ºC.

polo tanto encontrámonos nunha zona húmida ou moi húmida; xa que falaríamos de aridez no

caso de que Im<20.

3.5.5. Clasificación UNESCO-FAO

Este organismo fai a clasificación climática en función dos seguintes parámetros:

Temperaturas

En canto a este parámetro considera:

-Meses cálidos: cando a súa temperatura media é superior a 20ºC.

-Meses temperados: cando a súa temperatura media está comprendida entre 0 e 20ºC.

-Meses fríos: cando a temperatura media é inferior a 0ºC.

Neste caso tódolos meses atópanse no rango de temperados.

Segundo a temperatura media do mes máis frío establécense tres grupos climáticos:

Page 20: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

28

-Grupo I: inclúe os climas onde a temperatura do mes máis frío é superior a 0ºC. Serían os climas

temperados, temperado-cálidos e cálidos.

-Grupo II: serían aqueles onde nalgún mes a temperatura media é inferior a 0ºC. Serían os climas

temperado-fríos e fríos.

-Grupo III: cando a temperatura media de tódolos meses do ano é inferior a 0ºC. Serían os climas

glaciares.

Neste caso estaríamos nun clima do Grupo I, xa que a temperatura media do mes máis frío é

superior a 0ºC (xaneiro con 6,2ºC).

3.6. Vexetación

A vexetación dun territorio é sen dúbida un dos máis importantes indicadores das condicións

naturais dunha zona, e das influencias antrópicas recibidas. É un elemento clave na paisaxe, e a

base das comunicacións faunísticas.

As especies autóctonas predominantes non territorio son os carballos (Quercus robur) e os

castiñeiros (Castanea sativa); aínda que as carballeiras son as formacións máis abundantes, de

feito as series de vexetación potencial corresponden a carballeiras de Quercus robur. A

continuación móstranse as especies das dúas series de vexetación potencial do territorio.

− Serie colina galaico-portuguesa acidófila do carballo (Quercus robur): Ruscus aculeatus-

Querceto roboris sigmetum.

Corresponde no seu óptimo estable a unha carballeira densa de Quercus robur (roble gallego

ou carballo), que pode levar unha certa cantidade de Quercus pyrenaica (rebollo ou

cerquiño), Ilex aquifolium (acebo ou acivro), Laurus nobilis (laurel ou loureiro) e Quercus

suber (alcornoque ou sobreira), este último máis frecuente nas zonas pedregosas e solainas.

No sotobosque da carballeira, ademais dun bo número de herbáceas nemorales, existe un

estrato arbustivo.

Page 21: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

29

− Serie montana galaico-portuguesa acidófila do carballo (Quercus robur): Vaccinio myrtilli-

Querceto roboris sigmetum

Esta serie sitúase por encima da anterior a partir dos 600-700 m. Ocupa o piso montano e

parte do colino superior (submontano). Estas carballeiras desenvólvense sobre solos

silíceos, pobres en bases (terras pardas oligotrofas), frecuentemente podsolizados, proceso

que se acentúa nas etapas de degradación (toxeiras, queirugais). Na súa etapa clímax, o

bosque sería unha carballeira densa con abundantes arbustos e vivaces (IZCO SEVILLANO,

1987). O sotobosque está constituído por arbustos como o arando (Vaccinium myrtillus) e

herbáceas como Saxifraga spathularis y Melampyrum pratense. Frecuentemente aparecen

castiñeiros (Castanea sativa) e bidueiras (Betula alba). Na súa etapa de degradación

aparecen matogueira da alianza Cytisenion striati (xesteiras), na que son frecuentes Cytisus

scoparius ssp.scoparius, Genista florida ssp. polygaliphylla. En estadíos máis avanzados de

degradación, as xesteiras son sustituidas polos queirogais (Calluna vulgaris, Erica

aragonensis, Erica umbellata) e toxeiras (Ulex europaeus, Ulex minor y Ulex gallii).

Como vexetación azonal nas ribeiras dos ríos e regatos atópanse fragmentos de bosques galería,

vexetación riparia correspondente á asociación Senecio bayonensis-Alnetum glutinosae. Estes

fragmentos de bosques riparios contan no estrato arbóreo con amieiros (Alnus glutinosa),

bidueiras (Betula alba) e salgueiros (Salix atrocinerea), e no herbáceo presentan Senecio

nemorensis ssp. bayonensis e Carex broteriana.

Este bosque primixenio, é substituído nas terras de val por prados e cultivos, pero o bosque

mantense nas zonas onde o val se estreita.

As repoboacións con piñeiros, eucaliptos e chopos están comezando a aparecer nesta comarca,

pero aínda non teñen un peso moi importante (sobre todo as dúas últimas).

3.7. Fauna

A fauna é un dos eslabóns máis fráxiles e sensibles do medio natural, xa que está intimamente

relacionado e depende, en gran medida, do resto de elementos que compoñen os ecosistemas.

Page 22: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

30

A riqueza faunística cobra interese na actualidade debido á gran presión á que está sometida, á

diminución dos seus efectivos e á gran regresión dos biotopos adecuados para o seu

mantemento fronte á gran expansión das áreas alteradas.

A conservación, cás súas connotacións sociais, económicas e culturais, é o nexo máis directo

entre os estudios faunísticos e os estudios do medio físico.

Actualmente o enfoque práctico do estudio da fauna camiña cara unha integración desta dentro

dos demais elementos do medio con fin de conseguir datos manexables e de fácil comprensión,

que poidan estructurarse de tal maneira que o producto definitivo resolva os conflictos entre

características ambientais e actuacións humanas con suficiente flexibilidade para adaptarse ós

cambios.

A fauna que podemos atopar no territorio do GDR-4 é, ó igual que acontecía cá vexetación, moi

variada e, sobre todo, moi interesante. Variada debido a que posúe unha grande diversidade de

hábitats: carballeiras, áreas fluviais, mosaicos agrícolas-pastizais, monte, etc., que son

propiciados a súa vez pola variedade xeomorfolóxica e xeográfica.

Das especies incluídas no catálogo faunístico destacar aquelas que aparecen frecuentemente en

listados de especies protexidas, como é o Catálogo Nacional de Especies Ameazadas ou o

Convenio de Berna de Protección de Animais e Plantas.

Entre os mamíferos cabe sinalar a existencia de especies de alto interese ecolóxico como a

laverca (Lutra lutra) e a garduña (Martes foina). Destacar tamén a existencia de especies de

grande interese cinexético como a lebre (Lepus capensis), o corzo (Capreolus capreolus) e o

xabarín (Sus scrofa).

Tamén se atopan reptiles e anfibios de grande interese ecolóxico, igualmente protexidos, como

a píntega (Triturus boscai), a patilonga (Rana ibérica) ou píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica)

dentro dos anfibios; e o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) a lagartixa galega (Podarcis

bocagei) entre os reptís.

Das aves subliñar que a maioría das especies presentes no territorio (60%) están catalogadas

como comúns (Cuculus canorus, Streptopelia turtur, etc.), o 30% catalogadas como moi comúns

(Buteo buteo, Motacilla alba, etc.) e un 10% das especies son pouco comúns ou raras entre as

aves galegas (Hirundo rupestris, Alcedo atthis, etc.).

Page 23: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

31

En xeral, é complicado sinalar enclaves de especial valor ecolóxico dende o punto de vista

faunístico dentro dos 7 municipios; nembargantes hai que sinalar o interese que presenta o

territorio de Lugo e as zonas adxacentes ó mesmo, dado que as diferentes poboacións que

habitan na área se moven ocupando unha zona máis ou menos extensa, en función da especie.

Compre indicar que a maioría do territorio atópase na bacia do río Miño, na que están presentes

Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) e zonas incluídas na Rede Natura 2000, como son o

LIC Ladra - Parga - Támoga ou as Lagoas de Cospeito. A pesares de que estes espazos localízanse

xeográficamente no territorio do GDR-2 en plena Terra Chá, a comarca de Lugo eríxese como

lugar de transición onde moitas das aves migratorias, que elixen estes lugares para pasar as

épocas do ano máis cálidas do hemisferio sur, fan unha parada antes de achegarse á Chaira

(casos das Lagoas de Monciro en Castroverde por exemplo).

No referente as actividades piscícolas destacar a importancia dos ríos Miño, Neira, Ferreira e

Narla pola súa riqueza troiteira. No caso da pesca das anguías, destacan os diversos caneiros ou

“pesqueiras” onde se atrapan ao longo paso do Miño no seu transcorrer entre os concellos do

Corgo e Guntín de Pallares, sendo un dos puntos máis coñecidos as “pesqueiras de Francos”.

3.8. Usos do solo

O uso do solo é o uso que os seres humanos fan da superficie terrestre. O uso do solo abrangue

a xestión e modificación do medio ambiente natural para convertelo nun ambiente construído

tal como campos de sementeira, pastos, asentamentos humanos, produción e explotación

forestal ou extracción e verquidos.

A través dunha zonificación móstranse a continuación os distintos usos da superficie

correspondente ao territorio de actuación do GDR-4 segundo a Base de datos SIOSE 2011

(Sistema de Información de Ocupación do Solo en España):

Page 24: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

32

Como dato complementario, amósanse a continuación as distribucións superficiais dos distintos

tipos de uso clasificado, coa intención de poder realizar a análise da súa representatividade no

territorio.

32%

19%17%

10%

8%

5%5%4%

Cultivos e pradosMosaico de cultivos e especies arbóreasMestura de especies arbóreasConíferasMato e especies arbóreasMosaico de agrícola e matoEspecies caducifoliasMato

Page 25: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

33

Como podemos observar, a maior parte da superficie do territorio do GDR-4 está adicada á

cultivos e prados xunto coa plantación de especies arbóreas, ocupando entre elas o 60% da

superficie total.

A tipoloxía de “Cultivos e prados” (31,55%) fai referencia principalmente aos cultivos forraxeiros

en maioría e a outros cultivos asociados á produción de vacún de leite (25,66%), e en menor

proporción (5,89%) ao resto de cultivos forraxeiros asociados a outros tipos de produción

agrogandeira, como pode ser o de vacún de carne (3,17%) ou outros cultivos anuais (1,55%).

A categoría de “Mosaico de cultivos e especies arbóreas” (18,48%) abrangue aos cultivos

forraxeiros e caducifolias asociados á produción de vacún de leite e de carne (17,55%) e os

prados en maioría cultivos anuais e caducifolias (0,93%), chegando a ser a segunda clasificación

con maior superficie.

A tipoloxía “Mestura de especies arbóreas” (16,82%) fai referencia ás plantacións de

caducifolias, piñeiro e eucalipto (en menor medida), e supón a terceira maior superficie de

ocupación.

En menor medida destacan a plantación de “Coníferas” (10%) obedecendo principalmente á

produción de piñeiro, e a composición de “Mato e especies arbóreas” (7,60%)

correspondéndose a superficie de mato xunto con especies madeireiras (5,40) ou caducifolias

(2,21%).

A través destes datos, pódese concluír que o sector primario é fundamental na ocupación e

desenvolvemento do territorio.

3.9. Figuras de protección medioambiental

No territorio do GDR-4 conviven catro figuras de protección medioambiental:

- Reserva da Biosfera Terras do Miño. - Rede Natura 2000. - Áreas prioritarias de protección de avifauna.

Page 26: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

34

- Árbores senlleiras de Galicia.

3.9.1. Reserva da Biosfera Terras do Miño

A superficie total dos 7 concellos deste GDR abrangue a maior parte da metade sur da Reserva

da Biosfera Terras do Miño. Xunto coa de 19 municipios máis da zona central da provincia de

Lugo, suman un total de 363.668,90 hectáreas.

A Reserva da Biosfera Terras do Miño foi a primeira declarada en Galicia pola UNESCO o día 8 de novembro de 2002. As augas do Miño son a súa alma. Este río, o máis importante e longo de Galicia, atravesa esta rexión, proporcionándolle unha maxia palpable nas súas augas, nas que se reflicte a historia e o pasado máis ancestral dos seus poboadores. Unha paisaxe dominada pola auga que flúe libre desde as serras que rodean a Reserva para, despois, cruzar o territorio ao ritmo imposto pola escasa pendente desta paisaxe mesetaria coñecida como Terra Chá. Unha orografía que favorece a formación de valiosos ecosistemas ligados á abundancia de recursos hídricos. É esta unha das principais características da Reserva da Biosfera Terras do Miño, o que a converte na segunda máis extensa de todas as declaradas na Península Ibérica, ocupando un 39% da provincia de Lugo. É, ademais, unha das de maior densidade de poboación, pois no seu territorio se encontran importantes núcleos urbanos. Asentamentos humanos que deixaron a súa pegada na rexión, en forma de sobresaíntes valores patrimoniais, testemuñas dunha longa historia. Terras do Miño é a única Reserva da Biosfera da Península Ibérica que conta no seu territorio cunha capital de provincia.

Page 27: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

35

3.9.2. Rede Natura 2000 En canto á Rede Natura 2000 a protección desta figura no territorio do GDR-4 abrangue un total de 768,66 hectáreas, das cales 761,53 correspóndense cos os espazos comprendidos polas marxes dos ríos Ladra, Narla e Miño ao seu paso polos concellos de Rábade, Outeiro de Rei e Lugo e que pertencen á Zoa de Especial Conservación (ZEC) do antigo LIC Parga - Ladra - Támoga;

Page 28: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

36

e por 7,13 do ZEC da Serra do Careón na zona sur occidental do concello de Friol, tal e como se pode apreciar no seguinte mapa:

3.9.3. Áreas prioritarias de protección de avifauna No DOG do 21 de decembro de 2011 publícase a RESOLUCION do 28 de novembro de 2011, da Direccion Xeral de Conservacion da Natureza, pola que se delimitan as areas prioritarias de reproducion, de ali- mentacion, de dispersion e de concentracion local de aves incluidas no Catalogo galego de especies ameazadas, e se dispon a publicacion das zonas de protec- cion existentes na Comunidade Autonoma de Galicia en que seran de aplicacion medidas para a proteccion da avifauna contra a colision e a electrocucion en linas electricas de alta tension. Segundo o publicado mediante esta resolución as zonas prioritarias de protección inclúen: as zonas de especial protección para as aves (ZEPA) e as áreas prioritarias de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local das especies de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas. No territorio do GDR-4 as zonas prioritarias de protección de avifauna abranguen parte da superficie dos concellos de Rábade, Outeiro de Rei, Friol e Guntín de Pallares, tal e como se amosa no seguinte mapa:

Page 29: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

37

3.9.4. Árbores senlleiras de Galicia Recentemente publicouse o Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto

67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras.

Segundo o nel establecido, terán consideración de senlleiras as árbores ou as formacións de

calquera especie, tanto autóctona como foránea, situadas en terreos de propiedade pública ou

privada, que sexan merecedoras de medidas específicas de protección en atención ás

excepcionais características do seu porte, dendrometría, idade, rareza, significación histórica ou

cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que

as faga merecedoras dunha especial protección.

As árbores e formacións singulares que se inclúan no catálogo considéranse protexidas para

todos os efectos, o que implica a prohibición de calquera acción que poida afectar

negativamente á súa integridade, á súa saúde e á súa aparencia. Estes exemplares serán

posuidores dunha protección legal que tamén afectará ao seu ámbito inmediato, e os

propietarios, en caso de habelos, terán axuda oficial para coidalos. Esta liña de conservación

supera no seu ámbito de acción o campo estritamente biolóxico, ao incorporar o valor

antropolóxico desde o punto de vista da estética e a sensibilidade do pobo ao seu contorno.

Page 30: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

38

No territorio de actuación do GDR-4 soamente se atopan catalogados unha serie de carballos

pertencentes ao campo de golf do concello de Lugo, o cal pertence á parroquia de Cazás. No

seguinte mapa móstrase a localización xeográfica destes elementos coas coordenadas

correspondentes:

3.10. Recursos patrimoniais e turísticos

No territorio do GDR-4 podemos atopar numerosos recursos patrimoniais que a maiores do seu

valor cultural e tradicional, supoñen un atractivo turístico importante.

Debido a que igrexas, pazos, hórreos, pontes medievais, caneiros, muíños, castros, miradoiros,…

hainos con gran presenza no territorio, enténdese que é obxecto deste documento é

recoñecelos mais non relacionalos, xa que supoñen un volume de datos moi alto que pouco

axudaría a axilidade de lectura e interpretación do mesmo.

Dende a Asociación Terras de Lugo tense realizado un traballo de catalogación dos distintos

elementos patrimoniais do territorio, o cal viuse refrendado mediante o proxecto realizado no

Page 31: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

39

2015 sobre planificación interpretativa. Pódese consultar o Documento Marco elaborado para

tal fin na sección de novas da páxina web da Asociación ou a través da seguinte ligazón:

https://terrasdelugo.gal/wp-content/uploads/sites/25/2016/06/Documento-Marco-

Planificación-interpretativa-GDR4.pdf

Como referencia principal, optamos por tomar como eixos vertebradores do territorio os

camiños tradicionais e históricos que o percorren, ao redor dos cales se foron asentando, ao

longo dos séculos, numerosos núcleos de poboación. Este enervado de vías principais,

permítenos analizar a distribución actual poboacional así como a localización dos distintos

espazos e elementos con valor patrimonial asociados.

É o caso dos Camiños a Santiago, Primitivo e Norte e a Vía XIX. Estes son os máis salientables e

coñecidos, sobre todo hoxe en día dende un punto de vista turístico (no ano 2015 o Camiño

Primitivo atraeu a máis de 30.000 peregrinos), máis son cruzados por outros secundarios que

constituíron un entramado comercial de comunicacións a nivel comarcal e autonómico que

tamén foron de grande relevancia pero que hoxe en día ou están apropiados en treitos ou

atópanse nun estado pouco transitable: o Camiño Norte de Interior, camiños dos arrieiros,

camiños reais, camiños de Castela, camiños que conectaban coa chaira en dirección á costa

atlántica, camiños das feiras, etc.

Amósase a continuación a localización dos Camiños de Santiago e a Vía XIX no ámbito do

territorio de actuación do GDR-4:

Page 32: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

40

3.11. Vías de comunicación

A rede viaria do territorio do GDR-4 componse principalmente polo entramado conformado pola

autovía A-6, a estrada Nacional VI, a N-640, a LU-530, a LU-232 e a LUP-16-11 , esta última

coñecida como “o Cinturón de Lugo” xa que abraza de xeito semicircular os 7 concellos da

comarca.

Page 33: PARTE II DESCRICIÓN DETALLADA DO TERRITORIO · da análise e diagnose do medio físico son os seguintes: - Coñecemento das características naturais do Territorio. - Comprensión

41

Mediante este enervado de vías pode percorrerse con grande facilidade o territorio evitando

grandes desprazamentos tanto en lonxitude como en tempo. Así, dende os puntos máis

periféricos, pode tardarse unha media de 30 minutos en chegar á capitalidade da comarca.

Como se pode apreciar no mapa anterior, a conexión da cidade de Lugo coas capitalidades dos

concellos establécese por estradas deixando ó ferrocarril como vía alternativa para comunicar

unicamente co núcleo de Rábade.