Razas autóctonas galegas

29

Transcript of Razas autóctonas galegas

Page 1: Razas autóctonas galegas
Page 2: Razas autóctonas galegas

Galicia conta desde tempos remotos cunha variada riqueza de razas gandeiras adaptadas ás condicións ambientais do noso medio que constitúen ademais un patrimonio histórico e cultural da nosa comunidade, onde ademais de axudar na xestión do territorio e na modelaxe das distintas paisaxes da nosa terra serven como exemplo de gandería sostible.Moitas estiveron en perigo de extinción e nos últimos anos estase a facer un importante traballo para a súa conservación e recuperación.

RAZAS GANDEIRAS AUTÓCTONAS

A Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), constituída en 2001, agrupa a criadores de razas de vacún (limiá, caldelá, vianesa, frieiresa e cachena), ovella e cabra galega e galiña de Mos.Ademais existen agrupacións de criadores de vaca rubia galega, porco celta e cabalo galego.

Page 3: Razas autóctonas galegas

Rubia ou vaca do paísÉ a máis común das razas autóctonas de Galicia e máis numerosa da Península Ibérica. Os machos miden 1,45 m e poden pesar máis de 1.000 kg. As femias son algo máis pequenas. Ten a pel fina e crara, coas zonas espidas de cor rosada, e o pelo curto de cor uniforme rubia vermella que pode variar dende moi craro, sen chegar a branco, ata vermello escuro sen facerse pardo.

VACAS

Os machos enteiros teñen os cornos curtos e horizontais, e as femias e os bois (machos capados) téñenos máis longos, case horizontais ao principio, abertos, e logo dirixidos cara adiante, arriba e atrás.Os machos son adultos a partir dos 18 meses. As femias comezan a criar aos tres anos e poden ter 15 partos durante a súa vida que é duns 20 anos de media. Os xatos nacen con 35 a 40 quilos de peso e maman durante 90 a 100 días, aínda que xeralmente destétanse antes. A “SUPREMA DE TENREIRA GALEGA” mama ata que se vende con 7-8 meses.

Page 4: Razas autóctonas galegas

A rubia é unha raza de aptitude triple que se usa para producir carne e leite, e como animal de traballo. A mecanización do agro case as fixo desaparecer como forza de traballo e a introdución das razas de vacas leiteiras de alta produtividade tamén a está apartando da produción de leite, aínda que a súa produción media é de máis de 2.500 litros ao ano.Na actualidade críase case exclusivamente para producir carne, pola súa calidade e o bo rendemento (os becerros machos engordan máis de 1 kg cada día). Atópase por toda Galicia e tamén nas zonas próximas de León, Zamora e Norte de Portugal. Nalgunhas serras hai mandas en estado semisilvestre.

Page 5: Razas autóctonas galegas

As rubias de tono escuro chámanse Vermellas e as craras Marelas.

Existe unha asociación de criadores e un centro técnico para a protección e o desenvolvemento da rubia galega que se adican ao seu control e á súa mellora.

Page 6: Razas autóctonas galegas

RAZAS MORENASEn Galicia existen cinco razas de vacas morenas autóctonas (morenas do Noroeste) que están en risco de desaparecer. Son vacas resistentes e rústicas que aproveitan os pastos pobres, e boas para a cría. A conservación e recuperación destas razas é fundamental para manter o patrimonio xenético e a biodiversidade, para aproveitar o potencial gandeiro de comarcas rurais de baixo rendemento, co que tamén se contribúe a manter a poboación nas zonas de montaña e axuda a fixar a poboación ao medio.

En Fontefiz (Ourense) hai un CENTRO DE RECURSOS ZOOXENÉTICOS que depende da Xunta de Galicia onde se traballa na conservación e recuperación de Razas Autóctonas nun programa con familias colaboradoras para introducir exemplares no seu hábitat natural a través da cesión gratuíta de reses aos gandeiros. No centro de recuperación consérvase semen e embrións.

Page 7: Razas autóctonas galegas

CaldeláDe cor escura cunha liña máis crara ou algo vermella polo lombo e co fuciño case branco. Cornos grosos en gancho e estirados cara a fora nas femias, orellas de tamaño mediano, horizontais e con abundante pelo de cor crara. Son de temperamento tranquilo, moi aptas para o traballo (especialmente os bois domados) e para a produción de carne.Atópase nas Serras Orientais de Ourense (Castro Caldelas, Manzaneda, Maceda,...) e sur de Lugo

Page 8: Razas autóctonas galegas

Vianesa:De cor castaña, case negra nos machos, co fuciño craro. A cabeza é pequena cos cornos en gancho, curto nos machos e máis separados nas femias, as orellas grandes e peludas. Moi adaptada á montaña, boa produtora de leite e apta para o traballo.Atópase en Viana do Bolo, A Veiga, Vilariño de Conso... Existen distintas variantes dentro da raza en tamaños e aptitudes, que dependen das zonas nas que viven (as da montaña son máis pequenas), do tipo de alimentación que reciben e da selección que se vai facendo.

Page 9: Razas autóctonas galegas

LimiáDe tamaño grande, cor castaña co fuciño máis craro. A cabeza é mediana, cos cornos en gancho, curtos nos machos e máis longos nas femias, e as orellas grandes e peludas. É boa para producir leite e carne e para o traballo.É a raza autóctona máis escasa. Atópase en Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, Allariz, Rairíz da Veiga, Baltar, Cualedro ...

Page 10: Razas autóctonas galegas

Frieiresa De cor castaña lavada, máis escura nos machos, co pelo longo na testa, cabeza pequena e corta, frente e fuciño anchos e cornos longos. Moi mansa e apta para o traballo e a produción de carne.Atópase na comarca da Frieira (A Gudiña, Vilardevós), Verín, Laza, Monterrei...

Page 11: Razas autóctonas galegas

Cachena ou pisca:É a raza máis pequena de Galicia. Os machos miden 1,30 e pesan 500 kg, as femias 1,20 m e non pasan dos 300 kg. De proporcións moi armónicas, de cor castaña crara, máis escura na rexión do pescozo, de pelo curto e cunha perrera na testa, e orellas e rabo con pelo abundante. A cabeza é pequena, de perfil cóncavo, cos ollos oblícuos e os cornos grandes en forma de lira alta. Son boas produtoras de leite e carne, paren ben e son moi aptas para o traballo en medios difíciles.Atópase na serra do Xurés, (en Entrimo, Lobios, Padrenda...).

Page 12: Razas autóctonas galegas

Ten un tamaño bastante variado. As das zonas baixas son máis grandes e as da montaña son máis pequenas. O seu peso varía entre 25 e 40 kg. É de cor branca, ben proporcionada, ten a cabeza pequena co perfil recto, as patas finas e os pezuños duros. Os machos teñen cornos. A súa la é de calidade media (entrefina) e cada ovella produce, segundo o seu tamaño, de 1 a 2 kg por ano.É un animal moi fértil e prolífico. É corrente que teña dúas crías e ás veces tres.

A ovella galega

Page 13: Razas autóctonas galegas

Carneiro

Page 14: Razas autóctonas galegas

É a única raza caprina autóctona galega.É un animal rústico con gran capacidade de adaptación ás zonas que ocupa, onde aproveita uns pastos que dificilmente poderían manter a outros animais. Procede da Capra aegagrus con posibles influencias dun tronco máis antigo. Nos petroglifos galegos aparecen representacións de cabras.É unha cabra de tamaño medio, de 60 a 80 cm de altura na cruz e 40 a 70 kg (os machos son os de maior tamaño). O pelo é curto de cor vermella.No século XVIII pasaba do 600.000 exemplares. A raza conservouse nas zonas de montaña das provincias de Lugo (Os Ancares) e Ourense (Baixa Limia). A asociciación Capriga conta con cincuenta socios que tentan recuperar a raza.

Cabra Galega

Page 15: Razas autóctonas galegas

Ata comezos do século XX era a raza maioritaria en Galicia. Despois de estar a piques de desaparecer durante os anos oitenta, comezouse a recuperar a partir de 1999, coa creación da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL) para conservar o patrimonio xenético da raza e promover a súa cría e difusión.Está incluído no Catálogo Oficial de Razas de Gando de España como raza autóctona española de protección especial o en perigo de extinción polo Real Decreto 1682/1997.O tronco celta procede do cruce Sus Scrofa Ferus co subxénero Striatosus.

O porco celta

Page 16: Razas autóctonas galegas

O porco celta ten a cabeza grande, coas orellas grandes e caídas e o fuciño longo, lombo curvo e patas longas. Hai tres variedades dentro da raza: no norte de Galicia, pola zona de Bergantiños predomina o ecotipo Carballino que se caracterizan por manchas negras brillantes ou rubias. No sur aparece o ecotipo Santiagués, con dúas variedades, a Branca e a Barcina, con manchas negras contra o seu tercio posterior.

Os porcos celtas son animais de tamaño grande, austeros, rústicos e moi adaptados a súa explotación en réxime extensivo alimentándose de recursos naturais estacionais como landras, castañas e agromos vexetais dos bosques autóctonos galegos.

Page 17: Razas autóctonas galegas

As testemuñas máis antigas da presenza do cabalo en Galicia atópanse nos petróglifos da Idade do Bronce. Crese que foi traído polos pobos celtas nos séculos VII e VI a.C. Co paso do tempo fóronse producindo mestizaxes e introducindo novas razas, pero unha parte permaneceu en estado de libertade nos nosos montes ata actualidade. En 2.001 establecéronse os caracteres e creouse o libro xenealóxico da raza galega.

O cabalo

Petróglifos en Campo Lameiro

Page 18: Razas autóctonas galegas

Cabalo galegoTen entre 120 e 140 cm de alzada, perfil recto ou subcóncavo, e a capa negra ou castaña cos extremos escuros e as crinas e rabo negros, con cerdas longas e abundantes. Ten orellas pequenas e pelo abundante, ás veces con barbela e mostachos. As patas son curtas, finas e fortes. O casco é escuro, pequeno e duro.

Page 19: Razas autóctonas galegas

Garrano ou cabalo do monteChamado tamén poni celta ou poni atlántico (Equus ferus atlanticus), un animal moi antigo. Nos montes galegos, en especial na Groba, o centro e norte de Galicia, consérvanse poboacións de cabalos salvaxes ou semisalvaxes, posiblemente unha das poucas que existen no mundo. Teñen unhas características que os diferencian dos cabalos domésticos pola súa adaptación á vida no monte en condicións duras: escasa alzada, corpo relativamente longo, extremidades fortes, cascos moi duros, orellas pequenas e fortes mostachos para protexerse dos toxos entre os que viven e dos que se alimentan. Teñen unha gran capacidade reprodutiva.

Page 20: Razas autóctonas galegas

En Galicia, onde os cabalos se crían en libertade, existe unha tradición convertida nalgúns lugares en festa: A RAPA DAS BESTAS. Nunha época determinada do ano, normalmente no verán, despois de que as égoas pariran, xúntanse nun recinto pechado (curro) os animais para recortarlles as crinas, marcar os novos e apartar algúns exemplares que se venden, se son novos para criar como animais de traballo ou para carne, e se son vellos só para carne.

Amil (Moraña)

Page 21: Razas autóctonas galegas

Burro fariñeiro galegoÉ un animal pequeno, un metro de media na cruz e de ata 200 kg.Ten a cabeza grande coas orellas longas. As patas son delgadas, con cascos pequenos, e o rabo longo e cun mechón na punta.O pelo no corpo é curto e suave, de cor torda (escura, case negra), co fuciño e o ventre brancos.

Page 22: Razas autóctonas galegas

Galiña de MosÉ unha raza autóctona galega, unha das máis antigas da Península Ibérica. O nome da raza débese á parroquia de San Xiao de Mos (Castro de Rei-Lugo), xa que foi nesta zona onde se comezou o proceso de selección para a recuperación da raza orixinal que estaba en perigo de desaparecer. En 1935, coa creación da Estación Pecuaria Rexional de Lugo, o veterinario Blas Martínez Inda iniciou o traballo de recuperación publicando ese mesmo ano o primeiro patrón da raza. En 1942 o veterinario Juan Rof Codina estudou e promocionou a galiña de Mos. Na década de 1960 coa aparición das explotacións instensivas estivo a piques de desaparecer de novo e a partir do ano 2000 comezou de novo a recuperación da raza.

Page 23: Razas autóctonas galegas

A galiña de Mos é unha raza robusta, de cor castaña crara e crista en piña ou chícharo. O peso dos galos acada ata 4 quilos mentres que o das galiñas chega aos 3 quilos. Adáptase con facilidade a condicións climatolóxicas adversas. É boa produtora de carne e moi boa nai. É a raza que cría os capóns de Vilalba.

Page 24: Razas autóctonas galegas

Nalgúns lugares de Galicia críanse os capóns, polos machos capados que reciben unha alimentación e un coidado especial e son moi apreciados para as festas. Como di o refrán “Capón de oito meses, comida para mesa de reises”.Uns cuarenta días antes de matalos, son encerrados nas capoeiras, pequenas gaiolas onde apenas poden moverse, que normalmente están dentro das casas, ao pé das lareiras, para que estén quentes. Durante este tempo son “embicadados”, obrigados a comer unha pasta de millo triturado mollada en viño branco ou en leite, para que collan graxa.

En Vilalba (Lugo) celébrase todos os anos, en datas próximas ao Nadal, a feira dos capóns.

Page 25: Razas autóctonas galegas

Can de palleiroChámase tamén can do gando, can das vacas, can da casa, can lobo ou can lobeiroÉ un can de orixe antiga que procede do tronco indoeuropeo antepasado das principais razas de cans pastores de Europa.É rústico e rexo, de tipo lupoide, de perfil recto, de tamaño medio, duns 60-62 cm de altura na cruz. A cor é xeralmente uniforme variando de castaña crara a negra. O pelo é espeso, tupido e curto.É un can que se emprega como garda ou pastor (xeralmente de vacas).É moi intelixente e estable e moi fidel cos amos.

CANS

A recuperación da raza comeza no ano 1999 e en 2001, publícase o estándar oficial da Raza que é recoñecida oficialmente polo Ministerio de Agricultura como raza autóctona de Galicia.

Page 26: Razas autóctonas galegas

Can guicho ou quisqueloDe orixe indoeuropea, posiblemente sexa unha das razas máis antigas da Península Ibérica, traída probablemente polos pobos precélticos atlánticos e os celtas.Animal de tipo lupoide, de perfil recto, de pequeno tamaño, duns 30-42 cm de altura na cruz, coas orellas guichas. Capa de cor variable (area, amarela, canela, chocolate...) uniforme ou mesturada. O pelo é denso, tupido e de lonxitude media. Ten un carácter inquedo e vivaz que, xunto coa súa rusticidade, combatividade, bravura, coraxe, axilidade, resistencia e tenacidade sobre o terreo galego (é un can totalmente adaptado aos toxos, silveiras e monte baixo) e a súa particular forma de furar as toxeiras, fano inmellorable na caza do coello de monte en Galicia. Pode ser empregado tamén para a detección do xabaril.

Page 27: Razas autóctonas galegas

Podengo galegoComparte un mesmo tronco común cos restantes podengos da área mediterránea.Este tipo de can xa estaba presente no antigo Exipto (IV milenio a. C.); procedía moi probablemente do antigo can neolítico das sabanas saharianas. Can de tipo primitivo, de tamaño mediano (de 42 a 52 cm de altura na cruz), lixeiro, moi rústico, austero, sobrio, áxil, con gran capacidade olfactiva, auditiva e visual. As orellas son anchas na base e moi movibles. Son animais moi uniformes, de tamaño mediano, de capa de cores variables de area a canela ou vermella, uniforme ou manchada.O pelo é semicurto groso e denso. É un can de caza, levantador e cobrador, astuto, incansable, especializado no coello e o raposo, apto tamén para a caza de pluma.

Page 28: Razas autóctonas galegas

Perdigueiro GalegoAs súas orixes remóntanse ao tipo antigo de braco italiano que, orixinariamente, chegou a Hispania, hai séculos, cos romanos.Can de tamaño mediano, ben proporcionado, de aspecto rexo, con peito amplo e con estrutura sólida, de cabeza ancha e orellas caídas, trotador, de movementos flexibles, forte e resistente. Alzada á cruz: de 50 a 60 cm; machos 55-60 cm; femias de 50-55 cm. Capa: branca ou manchada en castaño, laranxa, canela e negra. Pelo: curto, groso, moi denso, liso e áspero.De carácter dócil, obediente e agarimoso, cazador valente, con moi bo olfacto, buscador activo e minucioso. É un can de mostra, ideal para a caza de pluma, que tamén se pode adestrar para a caza de pelo.

Page 29: Razas autóctonas galegas

Decembro 2014