RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

51

description

Guións de Radio Faladora do 2º trimestre do curso 2009-10

Transcript of RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

Page 1: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10
Page 2: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

Curso 2009/2010. 9ª Emisión Radio Faladora. 14/01/10

1. Sintonía inicial

2. Saúdo

TODOS/AS: BENVIDOS OUTRO XOVES MÁIS Á NOSA RADIO FALADORA!!!

CAMILO: Hoxe seremos locutores desta novena emisión do curso:

Alex, Diego, Jorge e Camilo.

TODOS/AS: Somos de 6º B de Educación Primaria:

ALEX: Eu son Alex.

DIEGO: Eu son Diego.

JORGE: Eu son Jorge.

CAMILO: Eu son Camilo.

ALEX: Moi boas a todos e todas. Que tal as festas? E os Reis Magos?, que tal se portaron?

DIEGO: Seguro que moi ben, verdade? Porque sodes moi bos, a que si?

JORGE: A emisión de hoxe é moi especial, xa que se trata da emisión número 40 da NOSA RADIO FALADORA!!.

CAMILO Pois si, como o oídes, xa levamos emitidos CORENTA PROGRAMAS DE RADIO!

ALEX: Levamos feitos tantos programas como anos ten o noso cole: CORENTA.

DIEGO: Pero, ao igual que os anos do cole, o número de programas emitidos tamén aumentará.

JORGE: E, coa vosa axuda, faremos un montón de programas moi interesantes e divertidos.

CAMILO: E agora pasaremos ao TEMPO DE NOVAS, pero antes, como sempre:

Page 3: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

TODOS/AS: TEMPO DE RISAS!!

ALEX:: ¿Por qué algúns nenos poñen azucre debaixo da almofada? Para ter doces soños.

DIEGO: ¿Cal é o colmo dun carpinteiro? Clamarse Armando Mesa.

3. Sintonía Noticias

TODOS/AS: TEMPO DE NOVAS: RADIOXORNAL FALADORA!!

JORGE; Xa temos nas nosas aulas a revista feita por todos nos, na que podemos atopar os traballos realizados polos compañeiros e compañeiras do cole.

CAMILO: Podemos consultala sempre que queiramos, xa que tamén a temos á nosa disposición na biblioteca.

ALEX: Nela aparecen contos, lendas, chistes, adiviñas, actividades e moitas cousas máis.

DIEGO: E falando da biblioteca, hoxe, na nova sección de lectura, imos contar un conto moi divertido para os nenos e nenas de Educación Primaria.

JORGE: Como xa sabedes, todos estes libros están á vosa disposición na biblioteca do cole.

CAMILO: Leva por título: “O coelliño branco”, e comeza así:

ALEX: Éranse unha vez un coelliño branco. Un día foi buscar coles á horta para facer un caldiño.

DIEGO: Cando o coelliño volveu á casa, atopou a porta pechada e petou.

JORGE: Quen é?_ preguntou un vozarrón desde dentro.

CAMILO: Son eu, o coelliño branco, que veño de coller coles e vou facer un caldiño.

ALEX: Pois eu son a cabra cabresa e, como non marches, sáltoche encima da cabeza.

DIEGO: O coelliño foise de alí correndo á presa.

JORGE: Andando, andando, o coelliño atopou un boi e pediulle axuda.

Page 4: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

CAMILO: Eu son o coelliño branco e fun buscar coles á horta. Volvín á casa para facer un caldiño, pero nela está a cabra caburra que me salta encima e me espaturra. Queres vir comigo?.

ALEX: E entón… queredes saber que lle contestou o boi ao coelliño branco?

DIEGO: Pois xa sabedes, acercádevos á biblioteca do cole e saberedes que lle dixo o boi ao coelliño e que sucedeu despois.

JORGE: Conseguiría o coelliño entrar na súa casa e facer o caldiño coas coles da súa horta?

CAMILO: Recordade que na biblioteca podedes conseguir este e outros moitos libros moi divertidos.

Música

ALEX: Rematamos con algunhas noticias relacionadas coas: “COUSAS DE PONTEAREAS”, para saber un pouco máis sobre a nosa comarca.

DIEGO: Hoxe falaremos dalgúns lugares de interese que podemos atopar en Ponteareas.

JORGE: Como por exemplo a Ponte Romana, que segundo algúns estudios é a que lle da nome a Ponteareas.

CAMILO: Tamén compre destacar a “Pena dos namorados”, situada na parroquia de Arcos, e que forma parte dun conxunto natural de restos de rochas graníticas que merecen ser coñecidas.

ALEX: Ou a “Pena do equilibrio”, que forma parte do conxunto de rochas graníticas ás que tamén pertence a "pena dos namorados". Destaca por ser un enorme pedrusco situado sobre outro, en total equilibrio, sen axuda de ningún tipo.

DIEGO: O Castelo de Sobroso, do que xa falamos en edicións pasadas, situado no Concello de Mondariz e propiedade do Concello de Ponteareas. Destaca pola súa arquitectura medieval e por ser escenario de importantes sucesos ao longo da Idade Media. Hoxe as súas estancias albergan o Centro de Recuperación de Cultura Popular, cunha exposición permanente sobre a indumentaria tradicional de gran interese cultural.

JORGE: E, como non, o Castro de Troña, que é un dos principais enclaves da cultura castrense de Galicia, destacado polo seu privilexiado enclave e as súas importantes defensas.

Page 5: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

CAMILO: Tamén é lugar de interese o Río Tea, que pasa pola vila e en A Freixa conta cunha praia fluvial.

ALEX: E con toda esta información sobre algúns dos lugares destacados e de visita obrigada de Ponteareas, rematamos o programa desta semana.

DIEGO: Esperamos que fose do voso agrado.

TODOS/AS: UN SAÚDO E QUE TEÑADES UN BO DÍA!!

4. Sintonía de despedida e fin da emisión

Page 6: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

Curso 2009/2010. 10ª Emisión Radio Faladora. 21/01/10

1. Sintonía inicial

2. Saúdo

TODOS/AS: BENVIDOS OUTRO XOVES MÁIS Á NOSA RADIO FALADORA!!!

CRISTIAN: Hoxe seremos locutores desta décima emisión do curso:

Silvia, Joel, Brais e Cristian.

TODOS/AS: Somos de 6º B de Educación Primaria:

SILVIA: Ola!, eu son Silvia.

JOEL: Boas!, eu son Joel.

BRAIS: Que tal?, eu son Brais.

CRISTIAN: Como estades?, eu son Cristian.

SILVIA: Hoxe, no tempo de novas, daremos a coñecer, ademais dos gañadores e gañadoras do concurso de Fito, algunha información sobre as...”COUSAS DE PONTEAREAS”, así que estade ben atentos!.

JOEL: Tamén leremos un conto da biblioteca para os nenos e nenas de Educación Primaria.

BRAIS: Pero, antes de nada, e coma sempre, chega o…:

Page 7: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

TODOS/AS: TEMPO DE RISAS!!

CRISTIAN:

- Ola!, eu me chamo Bollicao, e ti?.

- Eu María.

- Ja, ja!, te chamas como as galletas!

SILVIA: - Papá., papá, no colexio me chaman distraído

- Pero neno, eu non sou o teu pai.

3. Sintonía Noticias

TODOS/AS: TEMPO DE NOVAS: RADIOXORNAL FALADORA!!

SILVIA: Hoxe, na nova sección de lectura, imos contar un conto moi divertido para os nenos e nesa de Educación Primaria.

JOEL: Como xa sabedes, todos estes libros están á vosa disposición na biblioteca do cole.

BRAIS: O que imos leer hoxe, leva por título: “Misterio na horta”, e comeza así:

CRISTIAN: O ático era escuro. Case nunca subía ninguén. Soamente Xan.

SILVIA: Encantáballe explorar o ático, que estaba cheo de cousas curiosas: pantallas de lámpadas, chapeus vellos…

JOEL: Nun recuncho escuro había un baúl de madeira que pertencera aos avós de Xan.

BRAIS: Xan soñaba que o baúl era duns piratas, e que estaba cheo de tesouros.

CRISTIAN: Súa nai sempre lle dicía que tivese coidado porque calquera día podían regresar… na procura do tesouro.

SILVIA: Un día Xan abriu o baúl e dentro descubriu unha lupa.

Page 8: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

JOEL: As cousas parecían máis grandes cando miraba a través dela.

BRAIS: Un cravo semellaba un mastro, unha moeda parecía unha pelota de baloncesto…

CRISTIAN: Xan baixou as escaleiras, atopou a súa nai que estaba na cociña, e díxolle: Son un detective!

SILVIA: A nai contestoulle: - Pois eu necesito un detective porque alguén me anda a coer as verduras na horta!

JOEL: E foi buscar pistas. Buscou detrás das coles, debaixo das berenxenas, entre as follas verdes das cenorias e dos ravos que asomaban na terra;

BRAIS: Buscou incluso entre os tomates, que aínda estaban verdes.

CRISTIAN: E…sabedes que atopou?, pois para sabelo tedes que buscar na biblio o libro: “Misterio na horta”, que está moi, moi interesante.

SILVIA: Recordade que na biblioteca podedes conseguir este e outros moitos libros moi divertidos.

Música

JOEL: Agora, no tempo de “AS COUSAS DE PONTEAREAS”, pasaremos a falar das características climáticas, hidrográficas e de relevo da nosa comarca.

SILVIA: Clima.- Pola súa situación latitudinal, a súa posición xeográfica en Galicia, a

proximidade co Atlántico e unha altitude media sobre o nivel do mar inferior aos 250m,

lle corresponde a Ponteareas un clima que poderíamos considerar como mediterráneo

húmido, oceánico mediterraneizado ou ben subtropical húmido.

BRAIS: Como todos sabemos, no inverno é habitual a presenza de moita néboa.

CRISTIAN: E moito frío!!

JOEL: No tocante ao relevo é de destacar que o marco físico de Ponteareas

caracterizase por un relevo moi diversificado.

SILVIA: Podemos distinguir altitudes moi variadas, como son as do Galleiro con seus

744 metros, Salgueirón de 621 metros e O Castelo de 543 metros, cúpulas rochosas

como O Cabernouro ou San Cibrán de 430 metros, ou as propias estribacións do castelo

de Sobroso ou da Picaraña.

Page 9: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

BRAIS: Hidrografía.- A rede hidrográfica de Ponteareas está xerarquizada polo río

Tea e os seus afluentes, que son o Cillarga, o Xinzo e o Cristiñade pola súa marxe

dereita, e o Uma pola súa esquerda.

CRISTIAN: O Tea recibe tamén as augas do Borbén en Ponte Caneiro nas parroquias

de Pías e Fozara, regando a comarca de norte a sur.

JOEL: E con toda esta información sobre Ponteareas rematamos o tempo de novas

desta semana

SILVIA: Esperamos que fose de voso agrado e interese

TODOS/AS: UN SAÚDO E QUE TEÑADES UN BO DÍA!!

4. Sintonía de despedida e fin da emisión

Page 10: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

Curso 2009/2010. 11ª Emisión Radio Faladora. 28/01/10

1. Sintonía inicial

2. Saúdo

TODOS/AS: BENVIDOS OUTRO XOVES MÁIS Á NOSA RADIO FALADORA!!! MANUEL: Hoxe seremos locutores desta undécima emisión do curso: Iván, Adrián, Miguel e Manuel. TODOS/AS: Somos de 6º C de Educación Primaria: IVÁN: Ola!, eu son Iván. ADRIÁN: Boas!, eu son Adrián. MIGUEL: Que tal?, eu son Miguel. MANUEL: Como estades?, eu son Manuel. IVÁN: Hoxe, no tempo de novas, daremos a coñecer aos gañadores e gañadoras do concurso de Fito e falaremos das actividades que se van a realizar con motivo da celebración do tan importante Día da Paz. ADRIÁN: Para iso están con nós alumnas de 2º curso de Educación Primaria, que nos lerán unhas mensaxes de paz moi bonitas. MIGUEL: Tamén falaremos do novo concurso do recuncho viaxeiro, que nos amosará as tradicións de lugares remotos, e non tan remotos, do mundo. MANUEL: Pero, antes de nada, e coma sempre, chega o…: TODOS/AS: TEMPO DE RISAS!! IVÁN: Cal é o animal que gaña todas as carreiras?. O que chega primeiro. ADRIÁN: Un neno lle di a outro neno: se adiviñas cantas canicas teño regáloche as dez.

3.3.3.3. Sintonía Noticias

TODOS/AS: TEMPO DE NOVAS: RADIOXORNAL FALADORA!! IVÁN:: Comezamos o tempo de novas dando a coñecer un comunicado de Fito que di así:

Page 11: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

ADRIÁN:: Ola, amiguiñas e amiguiños! Fito, o detective verde, quere anunciarvos que, como xa chegamos ao xogo número 10, haberá premio especial. Así que, aquelas e aqueles que acerten o meu xogo número 10 recibirán, ademais do premio de costume unha chapa co seu personaxe favorito, a elixir entre máis de cen diferentes.

MIGUEL: Pois, ánimo e... a xogar! Quero ver moitas respostas no meu buzón e, ademais as miñas cámaras secretas están desexando ver aos meus axudantes vixiando o patio.

MANUEL: Recorda.... este lema: “Se desperdicios vas tirar non te esquezas de reciclar”

IVÁN: E agora daremos a coñecer aos gañadores e gañadoras do concurso de Fito desta semana: ADRIÁN: As detectives verdes son: Raquel Álvarez, Aleixane Labajos, Ana María Álvarez e Noelia Estévez, todas de 6º A de Educación Primaria. MIGUEL: Os e as axudantes de detectives son: Érika Meiriño e Nuria Fernández, de 4ºB, Daniel Costa e Lucas Alonso de 2ºA, Omar Goris de 1ºB, Pablo Costa e Ahrón Carballo de 4º A, e Verónica Vázquez de 6ºB. MANUEL: Noraboa aos gañadores e gañadoras. TODOS/AS: SORTE E… A PENSAR!!! IVÁN: Ademais do concurso de Fito, no cole estanse a realizar outros concursos e actividades moi divertidas e de gran interese. ADRIÁN: Como xa saberedes, comezou de novo o recuncho do sabichondo, no que estades todos convidados a participar. MIGUEL: Tamén comezou un novo concurso para os nenos e nenas do terceiro curso, o do recuncho viaxeiro. MANUEL: Como vos comentabamos ao principio da emisión, esta nova iniciativa elaborada dende o Seminario Intercultural, vainos dar a coñecer a cultura e tradicións doutros países. IVÁN: Vai ser moi interesante e divertido, e vamos aprender un montón!! ADRIÁN: Ademais, nos recreos dos luns e dos mércores, faremos xogos tradicionais deses lugares e pasarémolo moi ben. MIGUEL: Estes xogos, para aqueles que non o saiban, vanse practicar no ximnasio MANUEL: O país que estase a traballar este mes é o de Marrocos, situado ao Norte de África. IVÁN: É por iso que nos recreos sona unha música típica do país de Marrocos, como a que imos escoitar a continuación:

Música

Page 12: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

ADRIÁN: Un ano máis estades todos e todas convidados á celebración do acto do día da paz 2010 que terá lugar o 29 de xaneiro no noso cole. MIGUEL: Unidos manifestaremos os nosos desexos de paz para o mundo enteiro. MANUEL: Poremos todos e todas da nosa parte para acadar a paz. IVÁN: Merecemos un mundo sen guerras e cheo de bos sentimentos onde desaparezan as desigualdades, a discriminación, o egoísmo... ADRIÁN: E só poderemos facer que este soño se faga realidade se todos e todas loitamos por el. MIGUEL:O 29 de xaneiro reivindicaremos todos estes soños de paz. MANUEL: Lerase un manifesto de paz así como distintas mensaxes de paz que cada clase preparou con moito entusiasmo. IVÁN:Tamén cantaremos xuntos a canción “Que canten os nenos” ADRIÁN: E estaremos unidos por unha mesma meta, acadar a paz para todos e todas. MIGUEL:Tres nenas de 2ºA, Alba, Lorena e Santiago, lerán mensaxes de paz: ALBA: Desexamos que todos os nenos e nenas do mundo teñan dereito á educación e a ser tratados con cariño LORENA: Desexamos que ninguén sexa discriminado. SANTIAGO: Desexamos que rematen as guerras e que non haxa malos sentimentos nos corazóns das persoas. MANUEL:E con estas mensaxes tan bonitas, despedimos o programa desta semana IVÁN: Esperamos que fose do voso agrado. TODOS/AS: UN SAÚDO E QUE TEÑADES UN BO DÍA!!

4.4.4.4. Sintonía de despedida e fin da emisión

Page 13: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

Curso 2009/2010. 12ª Emisión Radio Faladora. 04/02/10

1. Sintonía inicial

2. Saúdo

TODOS/AS: BENVIDOS OUTRO XOVES MÁIS Á NOSA RADIO FALADORA!!!

DANIEL: Hoxe seremos locutores desta duodécima emisión do curso:

Pedro, Enmanuel, Cristian e Daniel.

TODOS/AS: Somos de 6º C de Educación Primaria:

PEDRO: Eu son Pedro.

ENMANUEL: Eu son Enmanuel.

CRISTIAN: Eu son Cristian.

DANIEL: Eu son Daniel.

PEDRO: Moi boas a todos e todas.

ENMANUEL: Hoxe, no tempo de novas, falaremos do Entroido que se está a celebrar no cole, leremos un conto para os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria e saberemos un pouco máis das “COUSAS DE PONTEAREAS”.

CRISTIAN: Pero antes chega o:

TODOS/AS: TEMPO DE RISAS!!

PEDRO: Cómo se di “estropeouse a moto” en chino?: Xamiñamoto Noncamiña.

ENMANUEL: Era un señor tan feo, tan feo, tan feo, que mandou a súa foto por Internet e pensaron que era un virus.

DANIEL: Como se di dedo índice en chino? Saka moko

Page 14: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

3. Sintonía Noticias

TODOS/AS: TEMPO DE NOVAS: RADIOXORNAL FALADORA!

Comezamos o Tempo de Novas dando a coñecer aos gañadores e gañadoras do concurso de Fito desta semana.

Como detectives verdes:

Como axudantes de detectives:

Noraboa a todos e todas!

Son moi afortunados, xa que este era o concurso número 10 do curso, e o premio por acertar as pistas foi unha chapa personalizada!

Que sorte!, a investigación e o traballo ben feito sempre teñen premio!

A resposta correcta era: a pala que esta traballar enfronte ao cole.

Non era nada fácil!

Música

Pasamos agora a falar do Entroido.

Ao longo da semana os nenos e nenas do noso cole, incluíndo os profes e profas, fixemos caso das ordes do Meco.

Si, o luns trouxemos uns calcetíns, pero un distinto en cada pé!

O martes, ademais dos calcetíns diferentes, trouxemos un mandil.

E o mércores unha garabata.

Hoxe, xoves, vimos disfrazados con moitos disfraces diferentes, cada un co disfrace que máis lle gusta.

E hai de todo: meigas, superheroes, piratas…

Mañá tocará desfilar polas rúas de Ponteareas, xunto con outros coles da comarca.

Imos ir todos moi guapos e guapas.

O temática deste ano é a dos oficios.

Page 15: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

Haberá de todo: cociñeiros, camareiros, xardineiros, bailarinas… e ata ministros!!

Pero como vamos a ir pola rúa hai ter moito coidado e facerlle sempre caso ás mestras e mestres que nos acompañan, sen separarse nunca do grupo.

Seguro que o pasamos moi ben!

Música

ENMANUEL: A semana pasada celebramos o Día da Paz.

CRISTIAN: Foi un acto moi bonito, pena que comezara a chover xusto cando estabamos preparados para cantar.

DANIEL: Pero ao final cantamos entre todos e quedou moi ben.

PEDRO: Si, e a canción era moi emotiva, pero o que mais nos gustou dese día foron as charlas das nais dalgúns dos alumnos e alumnas do cole.

ENMANUEL: Nos falaron de Brasil, Romanía e Venezuela.

CRISTIAN: Foi moi interesante e aprendemos cosas moi curiosas, como que en Romanía non se celebra o Entroido, que en Venezuela se xoga moito ao béisbol, e que en Brasil fai moita calor durante todo o ano!

DANIEL: E moitas cousas máis!!

PEDRO: Así que damos as grazas ás nais que tan amablemente se prestaron voluntarias para vir ata o cole e falarnos sobre o lugar onde naceron e viviron durante moitos anos.

ENMANUEL: E tamén agradecer que isto fose posible ao equipo de actividades extraescolares e complementarias, ao equipo de convivencia e igualdade e ao Seminario Intercultural do cole.

CRISTIAN: Cando se traballa en equipo saen estas cousas tan bonitas e interesantes.

Música

DANIEL: Hoxe, na sección de lectura, imos contar un conto moi divertido para os nenos e nenas de Educación Primaria e de Educación Infantil.

Page 16: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

PEDRO: Como xa sabedes, todos estes libros están á vosa disposición na biblioteca do cole.

ENMANUEL: Leva por título: “Renato”, o seu autor é Manolo Hidalgo e comeza así:

CRISTIAN: Renato púñase moi contento cando chegaba o inverno.

DANIEL: Que divertido era xogar coa neve!

PEDRO: Pero esvarar no seu vehículo dáballe algún problema.

ENMANUEL: Os seus amigos facían burla del.

CRISTIAN: E Renato estaba triste.

DANIEL: Un día, camiño da cidade, tivo unha idea.

PEDRO: E mercou un serrón para recortar os cornos.

ENMANUEL: Máis cando ía de volta…

CRISTIAN: VAIA DESASTRE!!!

DANIEL: Queredes saber que lle pasou a Renato?

PEDRO: Pois xa sabedes, acercádevos á biblioteca do cole e saberedes que lle pasou a Renato e aos seus amigos.

ENMANUEL: Que lle pasaría?

CRISTIAN: Recordade que na biblioteca podedes conseguir este e outros moitos libros moi divertidos.

Música

DANIEL: Rematamos con algunhas noticias relacionadas coas: “COUSAS DE PONTEAREAS”, para saber un pouco máis sobre a nosa comarca.

PEDRO: En edicións anteriores falamos do patrimonio histórico-arquitectónico de Ponteareas.

ENMANUEL: Hoxe falaremos do seu patrimonio natural

CRISTIAN: Pola súa situación xeográfica, Ponteareas conta con lugares de interese para poder visitar ou percorrer.

Page 17: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

DANIEL: Comezamos co río Tea: este é un curso fluvial que nace nas Serras do Suído e desemboca no río Miño no concello de Salvaterra de Miño.

PEDRO: Hai que destacar que este río forma parte da "Rede Natura 2000" da Unión Europea.

ENMANUEL: Entre a súa fauna destacan as especies migratorias como o salmón, a lamprea ou a anguía.

CRISTIAN: Entre a fauna asociada non é difícil observar o paso do "picapeixe" ("martín pescador" en castelán), do merlo reiro, do azor, do gabián, ou mesmo a londra ("nutria" en castelán).

DANIEL: Destacan nas súas beiras diversas variedades de árbores: especialmente os amieiros, moi estendidos, así como o bidueiro, sabugueiro, freixo, carballo, castiñeiro, etc.

PEDRO: Sobre o río sitúanse dúas pontes importantes:a dos Remedios e a das Partidas.

ENMANUEL: Tamén atopamos en Ponteareas muíños tan antigos como os das Xastras, os do Medio e do Ferreiro, na parroquia de Pías, o do Pinto, os do Canto, os da Ponte Caneiro e ata máis dun centenar que se contabilizaron neste municipio.

CRISTIAN: Os nosos avós posiblemente se acorden dos muíños que desapareceron, uns polo seu alto custo de mantemento, outros polo seu abandono e outros substituídos por muíños eléctricos instalados nas súas casas por cuestións de traballo, tempo e comodidade.

DANIEL: Os muíños soían ser ademais centros de relación entre persoas de distintos lugares, as cales se atopaban neles co fin de moe-lo seu gran, intercambiando de paso novas e comentarios, servindo en ocasións como punto de encontro para os máis diversos fins, todo o cal contribuía a consolidala identidade e a integración dunha determinada zona.

PEDRO: No municipio aínda moen algúns muíños, recentemente restaurados.

ENMANUEL: E, como non, compre falar tamén da diversidade de praias fluviais con que contamos na nosa comarca.

CRISTIAN: A praia da Freixa, a “Dos Remedios” en San Roque, “A Moscadeira”, “As Partidas” e a de “Nogueira”

DANIEL: Vale a pena ir a visitar todos estes lugares de gran riqueza paisaxística.

PEDRO: E con toda esta información sobre algúns dos lugares naturais mais bonitos de Ponteareas, rematamos o programa desta semana.

ENMANUEL: Esperamos que fose do voso agrado.

Page 18: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

TODOS/AS: UN SAÚDO E QUE TEÑADES UN BO DÍA!!

4. Sintonía de despedida e fin da emisión

Page 19: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

Curso 2009/2010. 13ª Emisión Radio Faladora. 11/02/10

1. Sintonía inicial

2. Saúdo

TODOS/AS: BENVIDOS OUTRO XOVES MÁIS Á NOSA RADIO FALADORA!!!

NICOLÁS: Hoxe seremos locutores desta décimo terceira emisión do curso:

Nerea, Andrea, Noelia, Adriana e Nicolás.

TODOS/AS: Somos de 6º C de Educación Primaria:

NEREA: Eu son Nerea.

ANDREA: Eu son Andrea.

NOELIA: Eu son Noelia.

ARIANA: Eu son Adriana.

NICOLÁS: Eu son Nicolás.

NEREA: Moi boas a todos e todas.

ANDREA: Hoxe, no tempo de novas, falaremos do Entroido que se está a celebrar no cole, leremos un conto para os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria e saberemos un pouco máis das “COUSAS DE PONTEAREAS”.

NOELIA: Pero antes chega o:

TODOS/AS: TEMPO DE RISAS!!

ARIANA: Que lle di o ovo á tixola? – Xa me tes frito!

NICOLÁS: Que é unha tarta que non fala? – Unha “tartamuda”

NEREA: Como se di “chover” en alemán?: Gotascaen

ANDREA: Que lle di o timbre ao dedo?: Non me toques, que che grito.

Page 20: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

3. Sintonía Noticias

TODOS/AS: TEMPO DE NOVAS: RADIOXORNAL FALADORA!

NOELIA: Comezamos o Tempo de Novas dando a coñecer aos gañadores e gañadoras do concurso de Fito desta semana.

ARIANA: Como detectives verdes: de 6ºA, Aleixane, Ana María, Elisabeth, Noelia e María Teresa. De 6ºB: Victoria Gándara. De 4ºB: Erika Meiriño e Tania Iglesias. E de 1ºB: Omar Goris Perez.

NICOLÁS: Como axudantes de detectives: De 1ºB: Ainhoa Pérez, Alexandre García, Belén Fernández, Claudia García, Flavia, Iria Iglesias, Jean Pierre e Vanesa Freitas. De 2ºA: Inés Carballido. De 2ºC: Laura Silva, Cristina Sánchez e Alba Rodríguez. De 3ºB: Zaira Soliño. De 4ºA: Pablo Costa. De 4ºB: Laura Infante e Nuria Fernández. De 4ºC: Graciela Pellón e de 6ºB: Verónia Fraile.

NEREA: Noraboa a todos e todas!

ANDREA: Son moi afortunados, xa que este era o concurso número 10 do curso, e o premio por acertar as pistas foi unha chapa personalizada!

NOELIA: Que sorte!, a investigación e o traballo ben feito sempre teñen premio!

ARIANA: A resposta correcta era: a pala que esta a traballar enfronte ao cole.

NICOLÁS: Non era nada fácil!

NEREA: A continuación tamén daremos a coñecer aos gañadores e gañadoras do recuncho do Sabichondo.

ANDREA: Estes son: de 3ºA Álex Estévez, Antonio e Andrés.

NOELIA: De 3ºB: Zaira Soliño.

ARIANA: De 4ºB: Uxía.

NICOLÁS: De 4ºC: Esther Porrit, Sana e Paris.

NEREA: De 5ºB: Loida Novoa e Borja García Fuentes.

ANDREA: De 6ºA: Ana María Álvarez, Raquel Cea, Aleixane, Noelia Estévez, María Teresa, Sara Méndez e Silvia Guisada.

NOELIA: De 6ºC: Nicolás.

Page 21: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

ARIANA: Seguimos falando de concursos: a mascota do recuncho viaxeiro XA TEN NOME!!!: Este é:

NICOLÁS: Gústavos? É moi bonito, non si?

NEREA: E por último informar de que no cole formouse o primeiro “CLUB DE LECTURA”, no que participan nenos e nenas de 6º curso.

Música

NEREA: Pasamos agora a falar do Entroido.

ANDREA: Ao longo da semana os nenos e nenas do noso cole, incluíndo os profes e profas, fixemos caso das ordes do Meco.

NOELIA: Si, o luns trouxemos uns calcetíns, pero un distinto en cada pé!

ARIANA: O martes, ademais dos calcetíns diferentes, trouxemos un mandil.

NICOLÁS: E o mércores unha garabata.

NEREA: Hoxe, xoves, vimos disfrazados de xeito diferente, cada un co disfrace que máis lle gusta.

ANDREA: E hai de todo: meigas, superheroes, piratas…

NOELIA: Mañá tocará desfilar polas rúas de Ponteareas, xunto con outros coles da comarca.

ARIANA: Imos ir todos moi guapos e guapas.

NICOLÁS: O temática deste ano é a dos oficios.

NEREA: Haberá de todo: cociñeiros, camareiros, xardineiros, bailarinas… e ata ministros!!

ANDREA: Pero como vamos a ir pola rúa hai que ter moito coidado e facerlle sempre caso ás mestras e mestres que nos acompañan, sen separarse nunca do grupo.

NOELIA: Seguro que o pasamos moi ben!

Música

Page 22: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

ARIANA: Hoxe, na sección de lectura, imos contar un conto moi divertido para os nenos e nenas de Educación Primaria e de Educación Infantil.

NICOLÁS: Como xa sabedes, todos estes libros están á vosa disposición na biblioteca do cole.

NEREA: Leva por título: “Claudia e o touro”

ANDREA: Os seus autores son Ignacio Sanz e Mariona Cabassa.

NOELIA: Comeza así:

ARIANA: No alto do outeiro, recortado no ceo, víase o touro.

NICOLÁS: Miraba desafiante os coches que corrían pola estrada.

NEREA: Claudia pasaba por alí cos pais todas as semanas, camiño dunha cabana que tiñan nas montañas.

ANDREA: ¡Sempre miraba con atención ó touro!

NOELIA: Unha tarde o coche avariouse cando subían o outeiro, e houbo que chamar un guindastre.

ARIANA: Entón Claudia dixo: ¡Quero ir ver o touro!

NICOLÁS: Conforme se achegaba, medraba o seu asombro ante a silueta xigante do touro.

NEREA: De cerca, parecía máis bravo.

ANDREA: E só, moi só.

NOELIA: Claudia deu unha volta ao arredor e viu que estaba suxeito polas patas cuns ferros.

ARIANA: Gabeando por aqueles ferros, Claudia chegou á altura do corpo e cun xiz empezou a pintarlle un corazón.

NICOLÁS: No momento que pechou a liña, o touro moveu a cabeza e bufou contra o chan.

NEREA: Claudia baixou á présa, un pouco asustada…

ANDREA: E o touro sacudiu unha mosca co rabo.

NOELIA: Queredes saber que pasou co touro, agora que ten vida e pódese mover?

Page 23: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

ARIANA: E Claudia, que faría Claudia?

NICOLÁS: Pois xa sabedes, acercádevos á biblioteca do cole e saberedes que lle pasou a Claudia e ao touro.

NEREA: Recordade que na biblioteca podedes conseguir este e outros moitos libros moi divertidos.

Música

ANDREA: Rematamos con algunhas noticias relacionadas coas: “COUSAS DE PONTEAREAS”, para saber un pouco máis sobre a nosa comarca.

NOELIA: Na emisión da semana pasada falamos do patrimonio natural de Ponteareas.

ARIANA: Hoxe falaremos un pouco máis do seu patrimonio arquitectónico tradicional.

NICOLÁS: No concello de Ponteareas coñécense 174 monumentos populares do patrimonio arquitectónico tradicional galego.

NEREA: Estes clasifícanse en 79 cruceiros, 28 cruces, 13 cruces sobre muro, 18 cruces sobre portalón e 36 petos de ánimas.

ANDREA: A pesar da constancia deste importante número de monumentos, o certo é que na actualidade moitos deles xa non existen ou están en situación de abandono.

NOELIA: O monumento conservado máis antigo pertence ao século XVII, datado en 1632.

ARIANA: Trátase do cruceiro do Torreiro erguido na parroquia de Angoares.

NICOLÁS: Síguelle en antigüidade a Cruz do Viso, emprazada en Xinzo desde 1688.

NEREA: E con toda esta información sobre algúns dos lugares naturais mais bonitos de Ponteareas, rematamos o programa desta semana.

ANDREA: Esperamos que fose do voso agrado.

TODOS/AS: UN SAÚDO E QUE TEÑADES UN BO DÍA!!

4. Sintonía de despedida e fin da emisión

Page 24: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

Curso 2009/2010. 14ª Emisión Radio Faladora. 18/02/10

1. Sintonía inicial

2. Saúdo

TODOS/AS: BENVIDOS OUTRO DÍA MÁIS Á NOSA RADIO FALADORA!!!

NAIMA Hoxe seremos locutoras desta décimo cuarta emisión do curso:

Beatriz, Wardia, Denilson, Carlos, Naima e como coordinadora da emisión: Ana Claudia.

TODOS/AS: Somos de 6º C de Educación Primaria:

BEATRIZ: Eu son Beatriz.

WARDIA: Eu son Wardia.

DENILSON: Eu son Denilson.

CARLOS: Eu son Carlos.

NAIMA: Eu son Naima.

BEATRIZ: Moi boas a todos e todas.

WARDIA: Hoxe, no tempo de novas, falaremos un pouco destes días de Entroido e leremos un conto para os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria.

DENILSON: Tamén falaremos das “COUSAS DE PONTEAREAS”

3. Sintonía Noticias

TODOS/AS: TEMPO DE NOVAS: RADIOXORNAL FALADORA!

CARLOS: Esta semana, como comezamos as clases onte xoves, aínda non hai gañadores ou gañadoras do concurso de Fito, xa que non deu tempo a poñer máis pistas.

Page 25: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

NAIMA: Pero hai que animarse a participar, xa que é importante que haxa vixiantes verdes no noso patio, coidando do mesmo e evitando que estea sucio ou que algúns nenos ou nenas se porten mal.

BEATRIZ: O labor dos vixiantes é moi importante e estes teñen gran responsabilidade.

WARDIA: Grazas a eles o noso patio pode estar ben coidado e vixiado, sen que ninguén poida facer trasnadas.

DENILSON: Falando do patio e o recreo, queremos recordar que haberá días nos que se celebren os xogos doutros países no ximnasio do cole.

CARLOS: Os xogos do país que estibemos a traballar ata o de agora eran os de Marrocos.

NAIMA: Eran un xogo de bolas que se practica tamén en Galiza e o xogo das gomas, que é un xogo moi entretido e que se pode xogar usando simplemente unhas gomas elásticas moi fáciles de conseguir.

BEATRIZ: Moitas veces, con moi pouco material pódense facer xogos moi interesantes.

WARDIA: E sempre será mellor xogar a algo divertido que estar todo o día mirando a televisión.

DENILSON: Pois, como dicíamos, os xogos que faremos nalgúns recreos estes días serán doutro país, cal será ese país?

CARLOS: Haberá que adiviñalo, xa que o concurso do ratiño viaxeiro vai a comezar moi pronto.

NAIMA: E outra cousa importante: os nenos e nenas de Educación Infantil, aínda que non practiquen estes xogos no recreo, si o farán na hora de psicomotricidade.

BEATRIZ: Si, unha ou dúas veces ao mes practicarán xogos do país que se estea a traballar no recuncho do viaxeiro.

Música

WARDIA: Pasamos agora a falar do Entroido.

DENILSON: Que tal esta semana de Entroido?

CARLOS: A que foi bonito o desfile doutro día?

Page 26: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

NAIMA: A min gustoume moito, os pequenos de infantil ían moi simpáticos disfrazados de pinches, cociñeiros e camareiros.

BEATRIZ: E as profes tamén!

WARDIA: No Primeiro ciclo foron de pescadoras e xardineiras; no segundo de bailarinas e magos e no terceiro de ministros e ministras.

DENILSON: Estábamos todos e todas moi guapos e guapas!!

CARLOS: A min tamén me gustou moito do Entroido do cole o día das sobremesas.

NAIMA: Si, ese día pasámolo moi ben.

BEATRIZ: Os nosos pais e as nosas nais trouxeron ao cole un montón de doces que estaban boíííííííííííísimos.

WARDIA: Había de todo: filloas, flores de Entroido, chulas, orellas, biscoitos, tortas, galletas…

DENILSON: E todo estaba para chupar os dedos!!

CARLOS: Tamén había doces dos pais e nais estranxeiros, e tamén estaban moi, moi ricos.

NAIMA: Así que todos os nenos e nenas do cole queremos dar as grazas a todos os pais e nais que tanto traballaron para facer eses postres tan ricos e que tanto nos gustaron.

BEATRIZ: Esperamos poder repetilo para o ano que ben.

Música

WARDIA: Hoxe, na sección de lectura, imos contar un conto moi divertido para os nenos e nenas de Educación Primaria e de Educación Infantil.

DENILSON: Como xa sabedes, todos estes libros están á vosa disposición na biblioteca do cole.

CARLOS: Leva por título: “Igor”

NAIMA: As súas autoras son Charo Pita e Carmela Mayor.

BEATRIZ: Comeza así:

WARDIA: Aos seus catro anos, Igor xa se comportaba coma un home.

Page 27: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

DENILSON: Era quen de subir ás árbores.

CARLOS: Podía ver o mundo cos ollos dos corvos.

NAIMA: Buscaba o descoñecido.

BEATRIZ: Metíase en selvas escuras con escasas provisións.

WARDIA: Emprendía misións arriscadas.

DENILSON: Coidaba do seu irmán, o anano, aloumiñábao e ata lle daba a papa.

CARLOS: Metíase no bandullo da auga.

NAIMA: Era un peixe, ¡e non morría!

BEATRIZ: Lía libros de 5 quilos.

WARDIA: Facía torta de cenoria nun barco pirata.

DENILSON: Levantaba ferros cos seus músculos de aceiro e tamén...

CARLOS: Queredes saber que máis cousas podía facer Igor?

NAIMA: Pois, como xa sabedes, na biblioteca do cole atópanse este e outros moitos libros divertidísimos.

Música

BEATRIZ: Rematamos con algunhas noticias relacionadas coas: “COUSAS DE PONTEAREAS”, para saber un pouco máis sobre a nosa comarca.

WARDIA: Na emisión da semana pasada falamos do patrimonio arquitectónico tradicional.

DENILSON: Hoxe o programa versará sobre algúns dos seus personaxes ilustres.

CARLOS: Falaremos de Delio Rodríguez, Emilio Rodríguez e Álvaro Pino.

NAIMA: En posteriores emisións falaremos tamén de Fermín Bouza Brey, Reveriano Soutullo, Gavino Bugallal, Rogelio Groba, Silverio Rivas e Manuel Domínguez Benavides.

BEATRIZ: Comezamos pois con Delio Rodríguez.

WARDIA: Delio Rodríguez Barros foi un ciclista profesional entre os anos 1936 e 1950, durante os cales logrou 87 vitorias, a maior parte delas en competicións nacionais.

Page 28: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

DENILSON: Foi un corredor moi veloz, o que lle serviu para lograr numerosos triunfos de etapa en distintas probas do panorama nacional, como a Volta a Asturias, a Volta a Burgos, a Volta a Galicia, a Volta a Valencia ou a Volta a Cataluña.

CARLOS: É o ciclista que máis triunfos parciais conseguiu na Volta Ciclista a España, totalizando nada menos que 39 triunfos de etapa.

NAIMA: A Volta a España é precisamente a vitoria máis célebre de Delio Rodríguez, lograda no ano 1945.

BEATRIZ: Emilio Rodríguez Barros, irmá de Delio Rodríguez, foi tamén un ciclista profesional durante os anos 1940 e 1950.

WARDIA: Pertenceu a unha familia de tradición ciclista e foi o único dos irmáns que acudiu ao Tour de Francia.

DENILSON: O maior éxito da súa carreira deportiva logrouno no 1950, ao adxudicarse a Volta ciclista a España.

CARLOS: Tamén foi campión de España de ruta no ano 1954.

NAIMA: Álvaro Pino Couñago, outro ciclista profesional entre os anos 1981 e 1991.

BEATRIZ: Afeccionado á mecánica, Álvaro Pino iniciouse no mundo do ciclismo grazas a unha bicicleta extraviada que lle regalaron.

WARDIA: A súa especialidade foi as etapas de montaña.

DENILSON: No Tour de Francia, o seu mellor resultado foi un oitavo posto, que logrou no 1986 e 1988.

CARLOS: Foi vencedor da Volta Ciclista a España 1986 co equipo BH.

NAIMA: Tras retirarse do ciclismo profesional, continuou ligado ao mundo da bicicleta, converténdose no director deportivo e pasando polos equipos Kelme, Phonak e Karpin Galicia.

BEATRIZ: E con esta información sobre algúns dos personaxes máis ilustres de Ponteareas, rematamos o programa de hoxe.

WARDIA: Esperamos que fose do voso agrado.

TODOS/AS: UN SAÚDO E QUE TEÑADES UN BO DÍA!!

4. Sintonía de despedida e fin da emisión

Page 29: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

Curso 2009/2010. 16ª Emisión Radio Faladora. 04/03/10

1. Sintonía inicial

2. Saúdo

TODOS/AS: BENVIDOS OUTRO XOVES MÁIS Á NOSA RADIO FALADORA!!!

DANIEL: Hoxe seremos locutores desta décimo sexta emisión do curso: Edgar, Adrián, Blas e Daniel.

TODOS/AS: Somos de 6À A de Educación Primaria:

EDGAR: Ola!, eu son Edgar.

ADRIÁN: Boas!, eu son Adrián.

BLAS: Que tal?, eu son Blas.

DANIEL: Como estades?, eu son Daniel.

TODOS/AS: Moi boas a todos e todas!!

EDGAR: No tempo de novas aos gañadores e gañadores do concurso do “Recuncho Viaxeiro”.

ADRIÁN: Tamén leremos un conto da biblioteca do cole.

BLAS: E remataremos dando algunha información sobre as... “COUSAS DE

PONTEAREAS”.

Page 30: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

3. Sintonía Noticias

TODOS/AS: TEMPO DE NOVAS: RADIOXORNAL FALADORA!!

ADRIÁN: En canto ao concurso do “Recuncho Viaxeiro” dende o seminario Intercultural agradécese a colaboración de todos os rapaces e rapazas.

BLAS: Non só é moi divertido isto de facer investigacións sobre un país, senón que ademais apréndese un montón.

DANIEL: E, como non, todo esforzo ten un premio.

EDGAR: Neste caso os premiados por contestar as respostas correctamente e sen faltas

de ortografía foron:

ADRIÁN: Aroa Carballido Nogueira e María del Mar Lorenzo Barrera.

BLAS: As dúas de 3º A.

DANIEL: Noraboa!!

Música

EDGAR: Hoxe, no tempo de lectura, imos contar un conto moi divertido.

ADRIÁN: Como xa sabedes, estes libros están a esperar por vós na biblioteca.

BLAS: O que imos ler hoxe, leva por título: “O libro dos porcos”

DANIEL: O seu autor é: Anthony Browne

EDGAR: O seu título orixinal é: “Piggybook”.

ADRIÁN: E comeza así:

BLAS: O señor Porcón vivía cos seus fillos, Miguel e Antón, nunha bonita casa cun bonito xardín, e cun bonito coche nun bonito garaxe.

DANIEL: Dentro da casa estaba a súa muller.

EDGAR: “Bule co almorzo, muller”

Page 31: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

ADRIÁN: Berraba todas as mañás antes de marchar para o seu importantísimo traballo.

Page 32: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

BLAS: “Bule co almorzo, mamá”.

DANIEL: Berraban Miguel e Antón antes de marcharen para a súa importantísima escola.

EDGAR: Cando se ían, a señora Porcón fregaba a louza.

ADRIÁN: Facía as camas.

BLAS: Pasaba a aspiradora.

DANIEL: E despois ía ao traballo.

EDGAR: “Bule coa cea , mamá”

ADRIÁN: Repetían os rapaces todas as tardes ao chegaren á casa á volta da súa

importantísima escola.

BLAS: “Bule coa cea, muller”

DANIEL: Repetía o señor Porcón todas as tardes cando chegaba á casa do seu

importantísimo traballo.

EDGAR: En canto remataban de cear, a señora Porcón fregaba os pratos.

ADRIÁN: Botaba roupa a lavar.

BLAS: Pasaba o ferro.

DANIEL: E poñíase a cociñar outra vez.

EDGAR: Unha tarde, ao chegaren da escola, os rapaces non atoparon a ninguén na casa.

ADRIÁN: “Onde esta mamá?”

BLAS: Preguntou o señor Porcón ao chegar do traballo.

DANIEL: Non atoparon a ningures.

EDGAR: Sobre a cheminea había un sobre.

ADR IÁN: O señor Porcón abriuno.

BLAS: Dentro, había unha nota.

DANIEL: Sabedes o que poñía nesa nota?

EDGAR: Para saber como remata esta interesante historia podedes alugar o libro na biblioteca do cole!!

Page 33: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

Música

ADRIÁN: Agora, no tempo de “AS COUSAS DE PONTEAREAS”, pasaremos a falar de tres personaxes ilustres da nosa comarca.

BLAS: Como anunciamos a semana pasada, estes personaxes serán Rogelio Groba, Silverio Rivas e Manuel Domínguez Benavides.

DANIEL: Rogelio Groba é un músico e compositor español.

EDGAR: Naceu en Guláns, unha das parroquias de Ponteareas.

ADRIÁN: Comezou os estudos de música con once anos.

BLAS: Aos dezasete continúaos en Vigo e os finaliza no Real Conservatorio de Música de Madrid.

DANIEL: De volta a Galicia dirixiu as bandas municipais da Estrada, Tui e Ponteareas.

EDGAR: Tras un breve paso por Ciudad Real e despois de traballar seis anos en Suíza, retornou a Galicia como director da Banda-Orquestra Municipal da Coruña.

ADRIÁN: Dirixiu, tamén, o Conservatorio, a Coral Polifónica Follas Novas e a Coral El Eco.

BLAS: Foi o fundador da Orquestra da Coruña e promotor da Orquestra Sinfónica de Galicia, da que foi compositor asociado.

DANIEL: Exerceu coma profesor de harmonía, contrapunto, fuga e composición no Conservatorio Superior de Música da Coruña, do que foi director durante vinte anos, fundando, paralelamente, numerosos conservatorios por toda a xeografía galega.

EDGAR: Autor de varios ensaios e libros, desde 1992, dedícase, exclusivamente, á creatividade musical, a cal foi recoñecida con distincións coma o Premio da Crítica Galega, Premio Xunta de Galicia da Cultura, Medalla Castelao, nomeamento como Galego do ano en 2002 e o Premio Internacional Auditorio de Galicia 2004.

ADRIÁN: É membro da Real Academia das Belas Artes de Galicia, da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, de Madrid, e do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.

BLAS: Ten máis de 500 obras catalogadas entre as que atopamos abundante música sinfónica, de cámara, coral , para piano etc...

DANIEL: Entre elas destacamos a Gran Cantata Xacobea e Corpus Christi, entre outras.

Page 34: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

EDGAR: Silveiro Rivas Alonso é un escultor galego.

ADRIÁN: Nado na localidade pontevedresa de Ponteareas, iniciou os seus estudos na Escola de Artes e Oficios de Vigo, continuándoos na de Madrid.

BLAS: Durante dous anos traballou no taller do escultor Francisco Barón.

DANIEL: No 1979 estableceuse en París, onde expón a súa obra, así coma en Bélxica e

Holanda.

EDGAR: As súas obras recorren España, chegando a Reino Unido e Alemaña.

ADRIÁN: Participa en importantes exposicións colectivas e no 1990 realiza unha obra de grandes dimensións para a Plaza de America de Vigo, chamada Porta do Atlántico, que tallou directamente en granito de Porriño.

BLAS: Está representado en museos de Galicia, noutros de provincias españolas e en importantes coleccións institucionais.

DANIEL: Silveiro Rivas é escultor e traballa a pedra, a madeira e o bronce, aínda que nesta última materia e coa que mellor se expresa.

EDGAR: Manuel Domínguez Benavides, foi un periodista, escritor e político galego.

ADRIÁN: Autodidacta, formado nas Casas do Pobo e Ateneos Populares, a carencia de

estudos non lle foi impedimento para exercer coma periodista, redactor do popular semanario La Estampa e novelista de éxito.

BLAS: Con 26 anos, gañou o premio Gregorio Pueyo.

DANIEL: Tamén escribiu unha comedia coa que obtivo o segundo premio nun concurso do diario ABC.

EDGAR: Residiu alternativamente en Madrid e Barcelona, militando no PSOE.

ADRIÁN: No 1933, publica a súa primeira novela social, “Un hombre de treinta años”.

BLAS: Un dos grandes éxitos populares da época foi “El último pirata del Mediterráneo”.

DANIEL: Na guerra civil foi comisario da flota republicana.

EDGAR: Foi secretario de redacción da revista Reconquista de España, desenvolvendo, ademais, unha incansable labor coma escritor, publicando varias novelas sobre episodios da guerra civil, entre elas, a máis coñecida, “La Escuadra la mandan los cabos”, aparecida en 1944.

ADRIÁN: Publicou cinco novelas, unha obra teatral, unha biografía e dúas reportaxes noveladas, ademais dun ensaio e un estudo histórico.

Page 35: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

BLAS: Faleceu no exilio en México, no ano 1947.

DANIEL: E con toda esta información sobre algún dos personaxes máis ilustres de Ponteareas rematamos o tempo de novas desta semana.

EDGAR: Esperamos que este ratiño de radio fose do voso agrado e interese.

TODOS/AS: UN SAÚDO E QUE TEÑADES UN BO DÍA!!

4. Sintonía de despedida e fin da emisión

Page 36: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

Curso 2009/2010. 17ª Emisión Radio Faladora. 11/03/10

1. Sintonía inicial

2. Saúdo

TODOS/AS: BENVIDOS OUTRO XOVES MÁIS Á NOSA RADIO FALADORA!!!

ERIK: Hoxe seremos locutores desta décimo sétima emisión do curso: María, Christopher, Noelia e Erik.

TODOS/AS: Somos de 6º A de Educación Primaria:

MARÍA: Ola!, eu son María.

CHRISTOPHER: Boas!, eu son Christopher.

NOELIA: Que tal?, eu son Noelia.

ERIK: Como estades?, eu son Erik.

TODOS/AS: Moi boas a todos e todas!!

MARÍA: No tempo de novas, ademais de dar a coñecer aos gañadores e gañadoras do concurso de Fito, daremos tamén un comunicado da nosa mascota Popi.

CHRISTOPHER: Leremos un conto da biblioteca do cole.

NOELIA: E remataremos dando algunha información sobre as... “COUSAS DE PONTEAREAS”.

3. Sintonía Noticias

TODOS/AS: TEMPO DE NOVAS: RADIOXORNAL FALADORA!!

Page 37: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

ERIK: Comezamos o tempo de novas dando a coñecer aos gañadores e gañadoras do concurso semanal de Fito.

MARÍA: Os detectives verdes serán: Olaia Gutiérrez de 1º A e Omar Goris de 1º B.

CHRISTOPHER: Os e as axudantes de detectives serán: de 1º A: Alexandro, Alicia, Andrea, Antía, Anxo, Eunice, Lucía, Maraya, Saray Carrera, Sarai Estévez, Yosay e Pedro

NOELIA: Noraboa a todos e todas!!!

ERIK: Algunhas das pistas eran: serven para poñer o cu, son de ferro e formica, no colexio hai moitas e con distintos tamaños.

MARÍA: E a resposta: as cadeiras.

MARÍA: No Recuncho viaxeiro, o país que vamos a traballar estas dúas semanas de Marzo é o de Romanía.

CHRISTOPHER: Ademais de aprender moitas cousas sobre Romanía tamén xogaremos a algúns dos seus xogos máis tradicionais.

NOELIA: Para rematar esta sección de concursos temos que anunciar que dende o Equipo de Normalización Lingüística vaise realizar un xogo moi divertido.

ERIK: No recuncho do galego, a partir da semana que ven, vai a aparecer unha adiviña...

MARÍA: Aqueles rapaces e rapazas que descubran a solución, poden facer un debuxo da mesma e introducila, xunto co seu nome, nun buzón que estará colocado debaixo do Recuncho.

CHRISTOPHER: Aqueles debuxos dos alumnos acertantes serán expostos no taboleiro do Recuncho.

NOELIA: Adornando así as paredes do noso cole.

ERIK: Esperamos que participedes todos e todas

MARÍA: Hai que poñer a traballar o noso cerebro!!!

CHRISTOPHER: A ver quen acerta máis adiviñas!!

NOELIA: Recordamos para rematar esta sección o comunicado de Popi.

ERIK: Isto é o que nos quere contar:

MARÍA: Ola Rapaces, como vai a segunda avaliación?

Page 38: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

CHRISTOPHER: Eu espero que ben.

NOELIA: Non podedes defraudar a vosa amiguiña Popi.

ERIK: Marzo é o mes da poesía e dende a biblioteca imos organizar novas edicións dos

concursos: “O xogo do sabichondo” e “Recuncho de Popi” dedicados aos poetas da nosa terra.

MARÍA: Tamén na biblioteca teremos a 1ª convocatoria do club de lectura para os maiores do cole.

CHRISTOPHER: Animádevos a participar nos concursos, haberá premios e sorpresas.

NOELIA: Graciñas a todos e todas.

ERIK: Un saúdo. Popi.

Música

MARÍA: Hoxe, no tempo de lectura, imos contar un conto moi divertido.

CHRISTOPHER: Como xa sabedes, estes contos están todos na biblioteca, esperando a que os aluguedes.

NOELIA: O que imos ler hoxe, leva por título: “¿Quen viu as tesoiras?”

ERIK: O seu autor é: Fernando Krahn.

MARÍA: E comeza así:

CHRISTOPHER: Don Hipólito, un xastre que adoraba as súas tesoiras, viu sorprendido un día como marchaban voando.

NOELIA: As tesoiras buscaban novas emocións: cortar o aire, a chuvia, as nubes.

ERIK: Sobre todo, cortar cousas que non fosen teas.

MARÍA: Sentiron que o papel lles resultaba fácil e ademais facía un ruidiño ao cortalo.

CHRISTOPHER: Ser perruqueira tampouco era difícil.

NOELIA: ¿E que tal cortar flores?

ERIK: ¿Por que non liberar animais?

MARÍA: –E recortar gravatas anticuadas!

Page 39: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

CHRISTOPHER: Cortar farois chineses era unha tentación irresistible.

NOELIA: E así foron, de tentación en tentación.

ERIK: Dona Herminia non daba crédito.

MARÍA: As tesoiras voaron a unha ventá de onde saía un son curioso.

CHRISTOPHER: O son non lles gustou e cortárono dun golpe.

NOELIA: En cambio que agradable foi cortar unha suave la.

ERIK: Pobre Diego, quedou sen papaventos.

MARÍA: ¿Que pasa aquí dentro?, preguntáronse as tesoiras.

CHRISTOPHER: E que habería hai dentro?

NOELIA: Para sabelo teredes que alugar este interesante libro na biblioteca do cole.

Música

ERIK: Hoxe, no tempo de “As Cousas de Ponteareas”, falaremos das festas típicas da comarca.

MARÍA: Ponteareas, berce de grandes compositores e bandas de música, conserva tradicións coma as danzas dos Ranchos de Reis ou a súa tradición ciclista.

CHRISTOPHER: Pero por enriba delas destaca a tradición na confección das alfombras florais.

NOELIA: Estas alfombras elabóranse na festividade do Corpus Christi, a celebración máis destacada de toda a comarca.

ERIK: E que lle serviu a Ponteareas para ser coñecida como “A Vila do Corpus”.

MARÍA: Ponteareas é un referente internacional na arte da confección de alfombras florais.

CHRISTOPHER: A súa tradición é das máis antigas do mundo, xa que está documentado alá polo 1857.

NOELIA: A colocación de elementos vexetais para o paso do Santísimo era un costume

arraigado entre os seus veciños.

ERIK: As festas de Ponteareas pódense clasificar da seguinte maneira:

Page 40: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

MARÍA: Festas gastronómicas.

CHRISTOPHER: Festas parroquiais.

NOELIA: Festas Patronais.

ERIK: O corpus.

MARÍA: As festas gastronómicas son a do bacallau, no mes de Xullo, e a do Polo asado, no mes de agosto.

CHRISTOPHER: Das festas patronais e do Corpus falaremos en próximas edicións do programa “As Cousas de Ponteareas”

NOELIA: Deste xeito damos por rematada a emisión desta semana.

ERIK: Esperamos que este ratiño de radio fose do voso agrado e interese.

TODOS/AS: UN SAÚDO E QUE TEÑADES UN BO DÍA!!

4. Sintonía de despedida e fin da emisión

Page 41: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

Curso 2009/2010. 18ª Emisión Radio Faladora. 18/03/10

1. Sintonía inicial

2. Saúdo

TODOS/AS: BENVIDOS OUTRO XOVES MÁIS Á NOSA RADIO FALADORA!!!

ALEXIANE: Hoxe seremos locutores desta décimo sétima emisión do curso: Alexiane, Elisabeth, Diego e Raquel.

TODOS/AS: Somos de 6º A de Educación Primaria:

ALEXIANE: Ola!, eu son Alexiane.

ELISABETH: Boas!, eu son Elisabeth.

DIEGO: Que tal?, eu son Diego.

RAQUEL: Como estades?, eu son Raquel.

TODOS/AS: Moi boas a todos e todas!!

ALEXIANE: No tempo de novas, ademais de dar a coñecer aos gañadores e gañadoras do concurso de Fito, daremos tamén a coñecer aos gañadores e gañadoras do concurso do Recuncho Viaxeiro.

ELISABETH: Leremos un conto da biblioteca do cole.

DIEGO: E remataremos dando algunha información sobre as... “COUSAS DE

PONTEAREAS”.

Page 42: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

3. Sintonía Noticias

TODOS/AS: TEMPO DE NOVAS: RADIOXORNAL FALADORA!!

RAQUEL: Comezamos o tempo de novas dando a coñecer aos gañadores e gañadoras do concurso semanal de Fito.

ALEXIANE: Os gañadores e gañadoras foron:

ELISABETH: Ángel Gándara, Celeste Lorenzo, Christopher de León Campo, Edgar Antonio Arteaga, Facundo Guerreiro e Jennifer González.

DIEGO: Noraboa a todos e todas!!!

RAQUEL: Algunhas das pistas eran: as hai de moitos cores, nas casa tamén as hai, no

cole hainas de diferentes tamaños.

ALEXIANE: E a resposta: as papeleiras.

ELISABETH: En canto ao concurso do Recuncho viaxeiro, os gañadores e gañadoras foron:

DIEGO: Que sorte!!, o regalo é moi bonito!!

RAQUEL: E, seguindo cos concursos, os nenos e nenas de Primaria sabedes xa cal é a

resposta da adiviña do Recuncho do galego?

ALEXIANE: E os de infantil?

ELISABETH: Se o sabedes tedes que facer un debuxo da solución e metela no buzón que hai debaixo do Recuncho.

DIEGO: Imos recordar as adiviñas.

RAQUEL: A de Primaria é: “Que animal é o que vai pola vida cos pes na cabeza?”

ALEXIANE: Que animal será ese tan raro?

ELISABETH: Seguro que é un animal pequeniño.

DIEGO: A de Infantil di así: “Orellas longas, rabo cortiño, corro e salto moi lixeiriño”

RAQUEL: E este animal, cal será?

Música

Page 43: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

ALEXIANE: Hoxe, no tempo de lectura, imos contar un conto sobre un ratiño moi peculiar.

ELISABETH: Como sabedes, os contos e libros os podedes atopar na biblioteca.

DIEGO: O que imos ler hoxe, leva por título: “Frederick”, que é o nome do ratiño protagonista do conto.

RAQUEL: O seu autor é: Leo Lionni.

ALEXIANE: E comeza así:

ELISABETH: Ao longo do prado, onde pacían as vacas e trotaban os cabalos, había un vello muro de pedras.

DIEGO: Naquel muro, no lonxe do palleiro e do graneiro, unha falangueira familia de ratos tiña o seu fogar.

RAQUEL: Pero os granxeiros marcharan, e o palleiro estaba abandonado e o graneiro parecía baleiro.

ALEXIANE: E como o inverno non andaba lonxe, os ratiños comezaron a recoller millo, noces, trigo e palla.

ELISABETH: Todos traballaban día e noite.

DIEGO: Todos menos Frederick.

RAQUEL: “Frederick, porque non traballas?, preguntáronlle.

ALEXIANE: “Eu traballo”, dixo Frederick.

ELISABETH: “Recollo os raios de sol para os fríos e escuros días do inverno”

DIEGO: E cando viron a Frederick, mirando ao prado e sentado, dixéronlle:

RAQUEL: “E agora, Frederick?”

ALEXIANE: “Recollo cores”, dixo Frederick, sinxelamente.

ELISABETH: “Para o inverno gris”

DIEGO: E unha vez, Frederick parecía medio durmido.

RAQUEL: “Estás soñando, Frederick?”, preguntáronlle con reproche.

ALEXIANE: Pero Frederick dixo:

ELISABETH: “Oh, non. Estou reunindo palabras, porque os días de inverno son moitos, e longos, e esgotaranse as cousas de que falar”

Page 44: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

DIEGO: Os días de inverno chegaron, e cando caeu a primeira neve, os cinco ratiños instaláronse no seu escondite entre as pedras.

RAQUEL: Ao principio había racións para comer, e os ratos contaban historias de raposos parvos e gatos mentecatos.

ALEXIANE: Eran unha familia feliz.

ELISABETH: Pero, pouco a pouco, roeran a maioría das noces e baias, a palla foise, e o millo era so un recordo.

DIEGO: Queredes saber o que pasou entonces?

RAQUEL: Na biblioteca do cole encontraredes o desenlace desta fascinante historia.

ALEXIANE: E saberedes como saíron os ratiños da situación na que se atopaban.

Música

ELISABETH: Hoxe, no tempo de “As Cousas de Ponteareas”, continuaremos falando das festas típicas da comarca.

DIEGO: Nesta edición trataremos as festas patronais.

RAQUEL: En setembro, Ponteareas prepárase para celebrar as súas festas patronais, ás

que acode moita xente.

ALEXIANE: A nosa Señora dos Remedios o día 8, e San Miguel Arcanxo o día 29.

ELISABETH: Pero non soamente eses días son festa, senón que, unha serie de acontecementos sociais fan que Ponteareas estea en festas durante todo o mes de

setembro.

DIEGO: Celébranse a Feira Anual.

RAQUEL: O Concurso Rexional de gaitas.

ALEXIANE: O festival Folclórico do Condado.

ELISABETH: Entre outros moitos eventos.

DIEGO: Sen esquecernos que durante este mes teñen lugar festas para nenos e maiores, con xigantes e cabezudos, concertos, verbenas, competicións, etc.

RAQUEL: Son datas idóneas para darse unha volta por esta preciosa vila e gozar das súas festas populares.

Page 45: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

ALEXIANE: Na próxima edición de “As cousas de Ponteareas” trataremos a festa do Corpus, sen dúbida unha das festas máis destacadas da nosa comarca.

ELISABETH: Deste xeito damos por rematada a emisión desta semana.

DIEGO: Esperamos que este ratiño de radio fose do voso agrado e interese.

TODOS/AS: UN SAÚDO E QUE TEÑADES UN BO DÍA!!

4. Sintonía de despedida e fin da emisión

Page 46: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

Curso 2009/2010. 19ª Emisión Radio Faladora. 25/03/10

1. Sintonía inicial

2. Saúdo

TODOS/AS: BENVIDOS OUTRO XOVES MÁIS Á NOSA RADIO FALADORA!!!

FACUNDO: Hoxe seremos locutores desta décimo novena emisión do curso: Ángel, Alejandro, Igor e Facundo.

TODOS/AS: Somos de 6º A de Educación Primaria:

ÁNGEL: Ola!, eu son Ángel.

ALEJANDRO: Boas!, eu son Alejandro.

IGOR: Que tal?, eu son Igor.

FACUNDO: Como estades?, eu son Facundo.

TODOS/AS: Moi boas a todos e todas!!

ALEJANDRO: No tempo de novas, leremos uns poemas con motivo do día da poesía, que foi o pasado domingo.

IGOR: E ademais despediremos a emisión de hoxe dun xeito moi especial.

FACUNDO: Vos preguntades porqué?

ÁNGEL: Pois porque a emisión de hoxe é a número 19 do curso, pero

ALEJANDRO: TAMÉN É A NÚMERO 50 DE TODAS AS QUE LEVAMOS DESDE QUE COMEZAMOS A EMITIR O ANO PASADO!!

Page 47: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

IGOR: Así que a nosa Radio está de Noraboa.

FACUNDO: leva nin más nin menos que 50 emisións!!!.

ÁNGEL: É de agradecer a participación de todos os rapaces e rapazas que fixeron e fan posible que a nosa Radio siga funcionando cada semana.

ALEJANDRO: Grazas a radio estamos informados das cousas que suceden no noso cole.

IGOR: Así que esperamos seguir facendo moitas máis emisións por moooooooooooito tempo!!

3. Sintonía Noticias

TODOS/AS: TEMPO DE NOVAS: RADIOXORNAL FALADORA!!

ALEJANDRO: En canto ao concurso do “Recuncho do galego”, como xa sabedes, expuxéronse no taboleiro os debuxos dos rapaces e rapazas que acertaron a adiviña.

IGOR: E tamén as fotos do Entroido, nas que saímos todos moi guapos e guapas.

Música

FACUNDO: O domingo pasado, 21 de Marzo, celebrouse o día a poesía.

ÁNGEL: Por tal motivo imos ler un poema dun poeta da nosa terra e outros poemas de Miguel Hernández, xa que este ano celébrase o centenario do seu nacemento.

ALEJANDRO: Miguel Hernández foi un poeta e dramaturgo nado en Orihuela (Alicante), o 10 de outubro de 1910.

IGOR: Leremos uns fragmentos dalgúns dos seus poemas.

FACUNDO: O fragmento que imos recitar a continuación pertence ao poema: “Elegías a Ramón Sijé”, dedicado a un bo amigo do autor.

ÁNGEL: Yo quiero ser llorando el hortelano

Page 48: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

de la tierra que ocupas y estercolas,

compañero del alma, tan temprano.

ALEJANDRO: Alimentando lluvias, caracolas

y órganos mi dolor sin instrumento,

a las desalentadas amapolas

daré tu corazón por alimento.

IGOR: Tanto dolor se agrupa en mi costado,

que por doler me duele hasta el aliento.

FACUNDO: Outro poema de Miguel Hernández: “La Nana de la cebolla”, que di así:

ÁNGEL: La cebolla es escarcha

cerrada y pobre.

Escarcha de tus días

y de mis noches.

Hambre y cebolla,

hielo negro y escarcha

grande y redonda.

ALEJANDRO: En la cuna del hambre

mi niño estaba.

Con sangre de cebolla

se amamantaba.

Pero tu sangre,

escarchada de azúcar

Page 49: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

cebolla y hambre.

IGOR: Una mujer morena

resuelta en lunas

se derrama hilo a hilo

sobre la cuna.

Ríete niño

que te traigo la luna

cuando es preciso.

FACUNDO: Tu risa me hace libre,

me pone alas.

Soledades me quita,

cárcel me arranca.

Boca que vuela,

corazón que en tus labios

relampaguea.

ÁNGEL: Despois deste poema tan fermoso, escrito por Miguel Hernández dende o cárcere e para o seu fillo pequeno, leremos un de Curros Enriquez, tirado da súa obra:

“Aires da miña terra”.

ALEJANDRO: O poema leva por título: “A primavera”.

IGOR: Como a miniña tola

que sae por vez primeira

con dengue e muradana

pra festa do lugar.

Page 50: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

FACUNDO: así, xentil e aposta,

vai vindo a Primavera,

grinaldas e claveis

vertendo ó seu pasar.

ÁNGEL: xa enriba dos penedos

non berra o graxo rouco

que alá nas negras noites

as néboas espallou,

ALEJANDRO: nin funga nas troneiras,

o son do vento louco

que cántigas de bruxas

e trasnos remedou.

IGOR: Xa por último cómpre facer unhas recomendacións bibliográficas.

FACUNDO: “El secreto de hormiguero” ou “Cidade Laberinto”, ambos os dous galardoados co “Premio Ciudad de Orihuela de Poesía Infantil”.

ÁNGEL: A colección “Do berce á lúa”, o libro “Sonatinas”, con poemas de Rubén Darío, e “Poemas ilustrados de Miguel Hernández” da edictorial Kalandraka.

ALEJANDRO: Ou, da Factoría K de libros, a colección “Trece Lúas”, con poemas de Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Ramón Cabanillas.

Música

IGOR: Como dicíamos ao comezo da emisión, hoxe imos despedir dunha forma moi especial a emisión número 50.

FACUNDO: Imos pois a escoitar a continuación unha actuación musical dalgúns dos rapaces e rapazas do noso cole.

Page 51: RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE 09-10

ÁNGEL: Vannos a deleitar cunha peza musical tocada coas frautas e preparada na clase de música.

ALEJANDRO: Damos paso aos nosos compañeiros e compañeiras, esperamos que vos guste.

(ACTUACIÓN MUSICAL)

IGOR: Rematamos con esta actuación o noso tempiño de radio.

FACUNDO: Desexamos que fose do voso agrado e que nos sigades escoitando cada semana no mesmo canal e a mesma hora!

TODOS/AS: UN SAÚDO E QUE TEÑADES UN BO DÍA!!

4. Sintonía de despedida e fin da emisión