QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis...

24
XIV Edición Carreira Escolar: Quilómetros de Solidariedade a prol dos dereitos dos rapaces e rapazas en Sudán do Sur. Guía didáctica. Curso 2017-2018 DE SOLIDARIEDADE QUILÓMETROS

Transcript of QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis...

Page 1: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

XIV

Ed

ició

n C

arr

eira

Esc

ola

r: Q

uiló

met

ros

de S

olid

arie

dade

a p

rol d

os d

erei

tos

dos

rapa

ces

e ra

paza

s en

Sud

án d

o Su

r. G

uía

didá

ctic

a. C

urso

201

7-20

18

DE SOLIDARIEDADEQUILÓMETROS

Page 2: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

2

Dirección:

Marisol Paniagua

Colaboración:

Mª Luisa Ortega del Val

Arte e maquetación:

Germán Gullón (VALBHY)

Edita:

Save the Children España

Depósito legal:

M-29017-2017

DOSSIEREsta guía didáctica

está composta por un dossier e propostas de

actividade paraas distintas fases de ensinanza. Pretende ser unha ferramenta

útil para o mestre que complemente o seu

labor de sensibilización achegándolle datos,

información e coñecemento doutras

realidades para apoiar a educación en valores

como a solidariedade, o respecto, a cooperación

e a responsabilidade.

Page 3: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

3

O QUE NOS ENSINARON 99 ANOS SALVANDO VIDASSave the Children naceu en 1919 e, durante este tempo, amais de atender cativos e cativas en situación de vulnerabilidadee condicións de vida moi difíciles, centrámonos en sensibilizar a sociedade sobre a situación de desnutrición que sofren milleiros de cativos e cativas no mundo. O noso obxectivoé acadarmos mudanzas duradeiras e profundas na vida dos menores. Grazas ao noso éxito contando o que é a desnutrición e que poden facer as persoas para axudármonos a acabar con ela, fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo.

Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas e convertémonos nunha organización de referencia nos dereitos da infancia. Participando na carreira Quilómetros deSolidariedade, contribúes en ambos sensos a este labor, tanto coa axuda material por medio dos fondos recadados coma mediante a sensibilización por medio da busca de patrocinadores no contexto da escola.

Grazas por este apoio.

Foto: Mustafa Saeed/Save the Children Foto de portada: Louis Leeson/Save the Children

Page 4: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

4

Cada ano morren case que 3 millóns de cativos por desnutrición. Porén, aos que sobreviven non lles agarda unha vida feliz e de éxito, pois a desnutrición pode deixar danos irreversíbeis e evitar que desenvolvan todo o seu potencial.

Cada ano a desnutrición – cando un cativo está en perigo por non consumir as calorías ou nutrientes precisos – fai que morran 3 millóns de cativas en todo o mundo. Isto representa case que o 50% de todas as mortes infantís.

• A desnutrición aguda grave (tamén chamada SAM) é a máis perigosa de todas, dado que deixa os cativos e cativas ó bordo da morte. En todo o mundo afecta a 19 millóns de menores de 5 anos e provoca 400.000 mortes de cativos cada ano.

• Case que 155 millóns de menores de 5 anos sofren atrasos no crecemento, o que representa 1 de cada 4 cativos dese grupo de idade.

• Os pequenos que sofren desnutrición aguda grave teñen 9 veces máis posibilidades de morrer cós nenos que reciben unha alimentación axeitada.

• O número de menores de 5 anos que sofre atraso no crecemento pasou do 32,7% no ano 2000 ao 22,9% en 2016. Pode parecer un descenso escaso, porén representa 43 millóns de menores. Estes avances acadáronse por medio da, entre outras cousas, concienciación e apoio da sociedade civil.

• No entanto, este descenso non é suficientemente rápido porque, se non facemos nada por evitalo, no ano 2030 aínda haberá 129 millóns de menores con atraso no crecemento.

• Acabar coa desnutrición infantil non só implica salvarlle a vida a nenos e nenas, tamén implicaría un aumento de ata o 12% do PIB de países en desenvolvemento, aumentando o tamaño, a forza e as capacidades dos traballadores: algo que beneficiaría a todos.

FAME EN ÁFRICA

Nacións Unidas declarou a fame nalgunhas rexións de Sudán do Sur e advirte que Somalia, Nixeria e Iemen están nunha situación crítica. A fame en África recrúa cada día. A falta de choivas, coa consecuente seca, e os conflitos que devastan estes países deixaron máis de 1,4 millóns de cativos ao bordo da fame. As causas desta crise alimentaria son moi variadas, mais as súas consecuencias seguen a ser as mesmas: os cativos e as súas familias tentan sobrevivir namentres seguen en risco de sufrir desnutrición. O mundo deulle as costas aos cativos famentos, mais aínda pode haber esperanza se actuamos axiña para salvarmos as súas vidas.

155 millóns de cativos e cativas de menos de 5 anos padecen un atraso no crecemento.

Sofren desnutrición crónica.

Page 5: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

5

Os primeiros 1000 días, que van dende o comezo do embarazo ata que o cativo ou cativa cumpre dous anos, son vitais para o desenvolvemento do cerebro e corpo. A falta de acceso aos nutrientes necesarios nese momento pode facer que os menores nunca cheguen a desenvolverse tanto mental como fisicamente e serán máis susceptíbeis a contraer doenzas.

Os nosos estudos amosan que a desnutrición afecta aos nenos mesmo cando parece que se recuperaron:

• Cústalles moito esforzo acadar resultados mínimos na escola, o que provoca un abandono escolar prematuro.

• As súas opcións profesionais redúcense no futuro, chegando a ter peores salarios de adultos.• Dos 10 países con peores resultados académicos, nove están na rexión do Sahel, en África.

Sudán do Sur, o país máis novo do mundo, é o peor deses países: 2 de cada 3 nenos non van ao colexio.

Moitas familias viven atrapadas nun círculo de pobreza. Nais desnutridas que son propensas a ter fillos desnutridos. Comunidades e países enteiros tamén sofren, posto que é moito máis difícil loitar para mellorar as condicións económicas dun país cando a poboación case non ten que comer.

En Save the Children traballamos nos lugares máis pobres, perigosos e afastados do mundo. Tratamos de maneira áxil os nenos desnutridos con tratamentos terapéuticos que salvan vidas. Tamén evitamos a desnutrición, protexendo así os cativos máis vulnerábeis e axudando as súas comunidades a saíren do círculo da pobreza.

A desnutrición infantil non é só a falta de nutrientes, tamén existen micronutrientes cuxa carencia afecta o desenvolvemento infantil e provoca problemas graves na saúde dos menores. «Fame oculta» Segundo a OMS, as deficiencias en micronutrientes máis comúns e as consecuencias desta deficiencia, alén do atraso no crecemento, son:

Vitamina A ………Cegueira nocturna (imposibilidade de ver con pouca luz).Ferro ……………. Anemia.Iodo . .……………Bocio e cretinismo.

Máis de 254 millóns de cativos e cativas en idade escolar carecen de vitamina A segundo a propia Organización Mundial da Saúde.

DÍAS

3. SISTEMA INMUNITARIO 4. POTENCIAL DE CRECEMENTO

Os primeiros 1000 días son críticos para o futuro dos cativos.

MIL

1. CRECEMENTO SAUDÁBEL 2. DESENVOLVEMENTO DO CEREBRO

Page 6: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

6

COMO AFRONTAMOSA DESNUTRICIÓN INFANTIL?Os programas de desnutrición en Save the Children queren abordar tanto as causas inmediatas:

• Alimentacióninsuficiente.• Faltadeaccesoaaugapotábel.• Sistemasdesaúdefebles.• Naisdesnutridas.

Coma as que provoca a desnutrición a longo prazo:

• Pobreza.• Conflitos.• Estadosfráxiles.• Faltadeaccesoáeducación

A nosa resposta é global e non só busca dar un prato de comida hoxe. Por iso é que traballamos a detección prematura, para previrmos e apoiarmos as comunidades, para que elas mesmas poidan darlle resposta a situacións difíciles e recorrentes. Traballamos en catro enfoques:

1. Intervencións directas.

• Ofrecémoslles solucións inmediatas en saúde e nutrición directamente aos menores en risco e ás súas familias.

• Existen diferentes tipos de intervencións que poden salvar vidas fácil e economicamente, segundo o estado nutricional do menor.

• Intervencións con alimento terapéutico: tratamento para menores con desnutrición aguda grave.

• Enriquecemento de alimentos básicos: engadindo vitaminas e minerais como iodo e cinc.

• Fomento de hábitos de saúde: por medio de actividades como lavar as mans.

50 millóns de cativos e cativas menores de 5 anos presentan un peso baixo para a estatura que teñen. Sofren desnutrición aguda.

Page 7: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

7

2. Protexer as familias da pobreza.

• Para moitas familias que están en situación de pobreza, os cativos sofren desnutrición porque non poden mercar alimentos. Os nosos informes amosan que hai unha proporción significativa de familias en países coma Etiopía e Quenia que non poden permitirse o luxo de alimentar as súas familias cos nutrientes precisos, mesmo aínda que gastasen todo o seu salario en mercar comida.

• Neste tipo de casos é fundamental darlles ás familias a asistencia financeira, apoio alimentario ou axuda para sobrevivir e romper o círculo da pobreza.

3. Creando unha rede de seguridade.

• Desenvolvemos programas de reparto de cartos en efectivo que actúa como unha rede de seguridade durante os momentos máis difíciles e protexe os cativos e as súas familias dos peores efectos da pobreza. Sabemos por experiencia que estes programas axudan a reducir a desnutrición global pois están dirixidos ás persoas con máis risco, nais embarazadas, lactantes e menores de dous anos. Asegurámonos de que reciben os nutrientes precisos durante o momento máis crítico para o seu desenvolvemento: os 1.000 primeiros días.

4. Mellorar o sistema de alimentación.

• Mellorar este sistema de alimentación non é só aumentar a produción. Debemos de mellorar as dietas dos cativos, algo que polo xeral comeza coa agricultura en pequena escala e as mulleres.

• Sabemos que 3 de cada 4 pequenos que sofren desnutrición en África viven en pequenas explotacións e que o 43% do traballo agrícola realízano as mulleres. Por iso enfocamos o noso apoio económico e de formación a estes grupos, para que sexan quen de producir alimentos máis nutritivos.

STUNTED gROwTh wORLDwIDEChILDREN UNDER 5 hAVE4

MENORES DE 5 ANOS EN TODO O MUNDO SOFREN ATRASO NO CRECEMENTO

DE CADA

Page 8: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

8

SUDÁN DO SUR: O PAÍS MÁIS NOVO E MÁIS VULNERÁBELO territorio de Sudán, coma moitos outros lugares de África, é unha rexión con moitos recursosnaturaismaisconcontinuosconflitosarmadosduranteséculos.O6dexuñode2011estalouundestesconflitosrepetidosentreSudándoNorteeSudándoSurantesdequeeste último proclamase a súa independencia após dun referendo no que o 98% da poboación decidiuaseparaciónconorte.Porén,istononsolucionouosconflitoseosenfrontamentosseguiron, aínda que o 14 de xullo Sudán do Sur converteuse no país máis novo do mundo. Aínda existen moitos asuntos que resolver, como os recursos petrolíferos, pois estímase que un 80% do petróleo de Sudán procede do sur.

Estesprimeirosanosdevidadopaísestánmarcadosporconflitosarmadostaménentrevarios grupos étnicos por mor da falta de recursos económicos, o que ten unhas consecuencias devastadoras para a poboación. Unha poboación que se calcula en algo máis de 9 millóns, en 2015 calculábase unha poboación de 11 millóns, o que dá un resultado de 2 millóns de persoas que perderon a vida por mor da guerra. Hai 4 millóns de persoas desprazadas e refuxiadas en países veciños como Uganda, Quenia, Etiopía ou Sudán.

Sudán do Sur ten as proporcións máis altas do mundo de cativos fóra da escola, peor ca Siria. Máis de 800 escolas foron destruídas, máis de 600.000 cativos e cativas precisan de asistencia humanitaria para sobreviviren.

Atodaestasituaciónúneseunhacriseeconómicaprovocadapoloconflitoeacaídadosprezosdopetróleo,principalexportacióndeSudándoSur,coqueainflaciónmedrouconsiderablemente. Isto ten un impacto nos prezos e nos salarios, por exemplo, un garda de seguridade cobra máis ca un mestre, o que está a obrigar aos mestres a abandonar a escola en busca doutras fontes de ingresos para manteren as súas familias.

A desnutrición tamén aumentou considerabelmente: calcúlase que máis de 250.000 cativos e cativas sofre desnutrición, en 2016 declaráronse 19.000 casos de cólera no país e máis de 15.000 menores foron separados das súas familias co consecuente risco de sufriren violencia, matrimonios forzosos e recrutamento por parte das milicias.

A situación do país máis novo da terra é tamén a situación dun dos países máis vulnerábeis, ocupa o posto 181 de 188 países no Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). No tocante aos cativos e cativas do país, podemos dicir que a infancia de Sudán do Sur está a ser moi difícil.

Page 9: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

9

O noso obxectivo é chegar a todos os cativos e cativas que viven nas situacións máis difíciles para acadar que as mudanzas nas súas vidas sexan duradeiras e lles permitan ter máis oportunidades de futuro.

Atención completa aos menores en situación de emerxencia ora porestarenzonasdeconflitooraporvivirenenzonasdopaísquerecibiron gran cantidade de desprazados internos por mor destes conflitos.Estaatenciónfornécesepormediode:alimentos, artigos non alimentarios, cartos en efectivo, cupóns de nutrición proteica.

Activar a economía das familias máis vulnerábeis, por medio de sementes, ferramentas, gando e activos pesqueiros co fin de reducir os déficits alimentarios e nutricionais e aumentar os ingresos para contribuír á recuperación e resiliencia. Na medida do posíbel estas axudas acádanse nos mercados locais, pois deste xeito revívense os mesmos e contribúese a mellorar o país.

Educación, apoiando o sistema educativo do país por medio da formación dos mestres e buscando unha mellor educación que permita que Sudán do Sur supere as baixísimas taxas de alfabetización, menores ao 30% e que os cativos e cativas terminen polo menos o ciclo de educación primaria.

Save the Children tamén busca capacitar a mocidade desfavorecida con habilidades de emprego baseadas no mercado e oportunidades de autoemprego. Isto inclúe o fomento da alfabetización financeira e boas prácticas de aforro para reforzar a empregabilidade.

Saúde e nutrición. Save the Children buscar reducir nun 15% as mortes de menores de cinco anos por causas evitábeis como o xarampón, a malaria ou a diarrea e reducir tamén o atraso no crecemento dos pequenos. Coidando a nutrición da nai, o acabado de nacer e os menores de cinco anos con alimentos terapéuticos, suplementos de micronutrientes e fomento da alimentación do lactante e sempre ligando o coidado ás estruturas comunitarias para chegar ás poboacións máis necesitadas. Atendendo tamén á nutrición da nai para poder romper co ciclo nai desnutrida-nena desnutrida.

O traballo realizado en lugares tan vulnerábeis como Sudán do Sur ten que ter un enfoque global: saúde, nutrición, educación e protección; sempre contando co apoio das comunidades e dos gobernos locais para deste xeito obter resultados duradeiros e significativos que melloren a vida dos menores a curto prazo e nun futuro.

RESPOSTA DE SAVE THE CHILDREN EN SUDÁN DO SUR

Page 10: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

10

Artigo escrito por David del Campo, director de Cooperación e Axuda Humanitaria de Save the Children e publicado orixinalmente en elperiodico.com

419 puntos leva esta tempada Loul Deng, ala do equipo de baloncesto de Los Ángeles Lakers. Loul Deng naceu no que hoxe é Sudán do Sur. Hai tres anos contábanos en Save the Children a súa historia: «Sei o que significa que a guerra che roube a túa infancia. Cando tiña cinco anosestalouoconflitoenSudán,amiñafamiliaeeufomosdosafortunadosquepuideronfuxira Exipto. Catro anos despois, conseguimos asilo no Reino Unido. O día no que Sudán do Sur acadou a independencia foi se callar un dos máis felices da miña vida. A nación máis nova de África – o meu fogar – rebordaba optimismo e esperanza. Eu estaba alí, en Freedom Square, nacapital,Juba.Maisnoterceiroaniversariodopaís,arealidadedunconflitocadavezmáisarraigado converteu o optimismo e a esperanza en desesperación e medo. Após décadas de guerra, sabía que o camiño que tiñamos por diante non sería doado, mais nunca imaxinei que sería así».

Deng falaba así en 2014. Agora, en febreiro de 2017, declarouse a situación de fame en Sudán do Sur, no estado de Unity. Nos próximos meses, 4,9 millóns de persoas, case a metade da poboación do país, encontraranse sumidos nunha crise alimentaria. A poboación que pasou de estar en situación de risco extremo medrou nun 36%. No tocante á infancia máis do 40% dos cativos sofren desnutrición aguda. Esta realidade provoca un tránsito rápido cara a morte. Calquera doenza leve, como unha diarrea ou o xarampón acompañado de desnutrición aguda convértese en mortal.

Sumémoslleaestecontextoarealidadedunpaísenconflitopermanenteecunhaescaladabrutal dos prezos. Máis dun terzo do país é inaccesíbel para organizacións humanitarias como Save the Children e os prezos dos alimentos básicos como o arroz, aceite ou fariña multiplicáronse por dez. Onte paguei nunha tenda de Madrid 1,70 euros por un quilo de arroz. Imaxinámonos pagar polo mesmo 17 euros? Isto é o que acontece en Sudán do Sur, un país con 658 euros de renda por persoa ao ano. En España temos unha renda por persoa ao ano de 23.290 euros. En Sudán, cunha renda 35 veces inferior, os seus habitantes pagan 17 veces máis por un quilo de arroz. Este relato acompáñase de dúas secas extremas que devastaron o seu feble sistema produtivo.

SEI O QUE SIGNIFICA QUE A GUERRA CHE ROUBE A TÚA INFANCIA

millóns de persoas veransesumidas nunha crise alimentaria en Sudán do Sur.

4,9

Page 11: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

11

Declarar a fame nunha parte do país é un berro dentro dun proceso de agonía. O que denunciamos hoxe non é novo, agás unha nota da Oficina Nacional de Estatística do país que prové de oficialidade a cruel realidade de que 100.000 persoas están en altísimo risco de morte. Deles, a metade son menores. Ocorre nun país con capacidade para producir380.000 barrís de petróleo ao día, que representa o 90% dos ingresos do país.

Pódense salvar vidas, podemos salvar moitas. Save the Children e outras organizacións que traballamos sobre o terreo dende hai moito tempo seguirémolo tentando. Podemos seguir denunciando, tamén o faremos. No entanto, namentres non haxa paz e estabilidade en Sudán do Sur que permita que a riqueza que teñen baixo os seus pés sexa unha oportunidade e non unha ameaza mortal, nada mudará. Namentres as economías de moitos países sigan baseando parte da súa estabilidade e prosperidade na inestabilidade doutros, seguiremos no mesmo relato, gritos de agonía pola fame que salvarán algunhas vidas mais que non mudarán nada.

Convidámosvos a verdes este vídeo no que David del Campo explica o noso traballo e responde a preguntas que todos nos facemos sobre a cooperación internacional.

goo.gl/Jn2qJX

Page 12: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

12

Os obxectivos

• Dar a coñecer a situación de cativas e cativos que sofren desnutrición infantil, en países como Sudán do Sur.

• Fomentarareflexiónsobreanecesidadedevidasaudábel para todos os cativos e cativas do mundo.

• Facilitar procesos de participación a prol da igualdade de dereitos e o axeitado desenvolvemento de cativas e cativos.

Contidos

Desnutrición infantil, emerxencias humanitarias, Sudán do Sur, dereitos da infancia, alimentos sans, saúde, xustiza e inxustiza, economía de subsistencia, éxodo, desenvolvemento sostíbel.

As competencias

• Escoita, asimilación e análise• Creatividade e expresión• Interese, empatía e comprensión• Traballo en grupo, negociación e cooperación• Experiencia, responsabilidade e resolución

No deseño das actividades téñense en conta tres procesos metodolóxicos que se axustan á aprendizaxe curricular dos diferentes niveis educativos:

– COÑECER: pproceso de percepción, descubrimento e comprensión da información.

– REFLEXIONAR: proceso de análise sobre a información ofrecida, para extraer conclusións individuais e/ou grupais.

– PARTICIPAR: proceso de acción colectiva responsábel a prol dos dereitos humanos e dereitos de cativas e cativos.

ACTIVIDADESNeste mundo global fica

evidente a necesidade de parármonos a

reflexionar sobre o desenvolvemento do

mundo e como podemos contribuír dende a nosa propia acción. Coñecer

nas nosas aulas como é a vida en lugares de

máxima carencia, onde a crise, a violencia e a

desnutrición destrúe as posibilidades de futuro

dos países e as persoas que viven neles.

O material didáctico

proposto achégalle á comunidade educativa

outras realidades do mundo actual e busca apoiar os procesos departicipación a prol da xustiza, a igualdade de dereitos e a dignidade.

Page 13: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

13

PROPOÑÉMOSTE

Realizar con cativas, cativos e familias un mural de alimentos onde se salienta a necesidade de comer san e se precisan os alimentos saudábeis para a vida e o dereito a unha alimentación equilibrada para o bo desenvolvemento de todos os cativos e cativas do mundo. Após finalizar, a mestra expón unha imaxe sobre o alimento empregado nas emerxencias humanitarias perante a desnutrición infantil (ex. en exposición).

PRECISAS

Recortes de revistas (alimentos), papel continuo, pegamento, pintura para pegadas, rotuladores, exposición (galería de imaxes do CD), fotografías de alimentos para a desnutrición en emerxencias (ex. imaxe de Plumpy-Nut).

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Decorar o mural (15 min)

Procuramos alimentos nas revistas para realizarmos un mural (serven todos os alimentos) recortamos e pegamos os alimentos.

Deixar as pegadas (10 min)

Xuntámonos en círculo, situamos o mural no medio e revisamos os alimentos que se expuxeron no mural. A profesora di a frase... «Cando teño fame... a miña cabeza pensa en...» e convida a que as nenas e nenos deixen a pegada do seu dedo (a modo de selo) nos alimentos nos que pensa cando ten fame.

40 min

Educación Infantil «CANDO TEÑO FAME… A MIÑA CABEZA PENSA EN…»3-6 anos

Page 14: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

14

Completar o mural (15 min)

A mestra ponlle este título ao mural «Todos os cativos e cativas teñen dereito a comer san». Os alumnos decoran o título e o mestre explícalles e sinálalles cun círculo os alimentos sans e saudábeis para medrar. Após finalizar a actividade, a mestra cola no mural a foto dos únicos alimentos que adoitan tomar os cativos e cativas nun país no que hai un problema de desnutrición infantil.

SUXERENCIAS

A modo de tarefa previa, as familias poden traer alimentos recortados da casa para colar no mural.

O tempo investido nas diferentes fases da actividade (decoración, pegadas, mural, preguntas finais...) é orientativo, pódese ampliar ou acurtar segundo o criterio da/do docente.

Afotosobreoalimentoterapéuticoparareflectiraofinaldaactividadepódelaacharnaexposición (fotogalería) do CD adxunto.

Dar a coñecer a exposición (fotogalería) á comunidade educativa é moi interesante para contextualizar o motivo da participación na iniciativa.

PREGUNTA AO REMATAR

Que alimentos son sans para todos os cativos e cativas do mundo?Todos os nenos e nenas do mundo comen cando teñen fame?Que acontece cos pequenos e pequenas cando non comen san?

Page 15: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

15

PROPOÑÉMOSTE

Traballar por grupos mensaxes secretas que informan sobre a importancia da nutrición axeitada en nenos e nenas. Cada grupo traballa o seu letreiro. É importante traballalo tamén dende unha perspectiva estética, con cores, formas distintas, materiais variados, para dese xeito facer que a actividade sexa máis divertida.

Despois, ese mesmo grupo, crea as pistas para que outros compañeiros descubran novos«letreiros» e os identifiquen na galería de imaxes do CD no que se expón o contexto de alarma no corno de África.

PRECISAS

Tarxetas para crear grupos, unha frase secreta por grupos, follas, cartolinas, papel continuo, bolígrafos, pinturas, rotuladores, galería do CD.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Crear letreiros e frases por grupos (15 min)

O/A docente reparte tarxetas co nome dos grupos:Ex.- grupo 1 – Chimpancés Rosas, grupos 2 – Porcos Vermellos, grupo 3 – Xirafas Azuis, grupo 4 – Elefantes Verdes, grupo 5 – Monos Laranxas, (calquera nome simpático serve).

Dálle a cada grupo unha frase:

«Os chimpancés rosas» teñen a frase: «O alimento san evita doenzas».«Os porcos vermellos» teñen a frase: «Sufrir desnutrición é moi grave».«As xirafas azuis» teñen a frase: «Ter boa saúde convida a sorrir»«Os elefantes verdes» teñen a frase: «A auga limpa é prioritaria para a vida».«Os monos laranxas» teñen a frase: «As nenas e nenos precisan coidados para viviren»

Dar pistas (15 min)

Cada grupo recolle material, crean os «letreiros secretos» e definen-anotan tres pistas sobre o seu letreiro (ex. pistas: ten 5 palabras, cada letra é dunha cor, aparece a palabra «san», predomina a cor «x»...).

Todos os grupos deixan os letreiros nun espazo do centro escolar (que delimita a mestra).

Educación Primaria

7-10 anos 55 min

«DESCUBRIMOS LETREIROS»

Page 16: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

16

Investigación e posta en común en grupo (20 min)

Cada grupo léelle en orde as súas pistas ao resto, e teñen 3 minutos para buscaren a mensaxe, anotala e volver ao punto de saída (ex. os chimpancés rosas dan as súas pistas e o resto dos grupos saen a buscar o letreiro).

Descubertos todos os letreiros, cada grupo observa a exposición (fotogalería) e escolle o texto que considera máis axeitado para acompañar as imaxes, asina como grupo a mensaxe e engade debaixo os letreiros.

SUXERENCIAS

Aconsellamos cinco participantes por grupo para maior dinamización.

Cos grupos máis pequenos, a profesora pode axudar na proposta de pistas.Os grupos de maior idade poden tomar nota das pistas de todos os grupos e buscar todos os letreiros ao mesmo tempo.

É importante facer a sinatura de grupo nos letreiros e, após finalizar a actividade, deixalos na aula durante o curso para telos presentes.

PREGUNTA AO REMATAR

Todos os nenos e nenas precisan comer san?, por que cres que é importante?, o dereito a medran san é real para todos os cativos e cativas do mundo?, que sentimentos che fixo espertar esta actividade?

Page 17: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

17

PROPOÑÉMOSTE

Que o alumno colla contacto coa desnutrición infantil por medio da experiencia, empregando cintas medidoras de brazo que atoparedes entre os materiais, pois é unha das ferramentas empregadas para diagnosticar a desnutrición en menores de cinco anos.

Areflexión,oconsensoeointercambionogruposonosmotoresdaactividade.

PRECISAS

Cinta medidora de costura, cintas medidoras do perímetro do brazo, pinturas, bolígrafos, rotuladores, folios e papel continuo.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Tarefa previa

O día anterior á actividade cada participante de clase ten a tarefa de medir a contorna media do brazo dun neno ou nena menor de cinco anos do seu entorno próximo. Pode facelo cunha cinta de costura. Anota para levar a clase o nome, a idade e os centímetros que mide a contorna do brazo.

Descobren a cinta medidora do perímetro do brazo. (20 min)

A mestra crea grupos de traballo de cinco participantes por grupo. A cada grupo dálle unha «cinta de medir o perímetro do brazo» incluída no material (se non son suficientes, os propios alumnos poden facer unha e a aprendizaxe así será máis significativa). A mestra explica que é un indicador útil, sinxelo e rápido para detectar a desnutrición infantil, aínda que non é o único. Utilízase na poboación menor de cinco anos en países onde existe unha emerxencia humanitaria porque os nenos e nenas non toman nutrientes abondo para medrar sans. Lugares como Sudán do Sur.

Cada grupo sinala na cinta os centímetros de cor vermello, que significan desnutrición aguda grave. Os centímetros de cor amarelo significan desnutrición moderada e os centímetros de cor verde significan estado nutricional axeitado.

Os grupos comparan as medidas tomadas a cativos da súa contorna e comproban os seus estados nutricionais.

Cada grupo pensa durante cinco minutos unha definición de desnutrición infantil e anótaa para expor.

Etapa de Primaria

10-13 anos 55 min

«QUE É A DESNUTRICIÓN INFANTIL?»

Page 18: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

18

Posta en común sobre a desnutrición infantil. (20 min)

Cada grupo expón a súa definición e a mestra acompaña a exposición coa seguinte frase: «A desnutrición infantil é o resultado da falta de alimento san, de atención axeitada e a causa da aparición de doenzas infecciosas por debilidade. Un menor desnutrido ve afectada a súa vida, desenvolvemento corporal, sensitivo e intelectual. Esta é unha situación inxusta».

Unimos forzas para actuar (10 min)

A mestra pon no encerado a frase: «A inxustiza queima, mais habemos soprar tan forte que_________________________». Cada grupo ten cinco minutos para completar a frase con aquilo que estime importante e expono na aula como referencia dos valores que impulsan os alumnos e alumnas da aula.

SUXERENCIAS

Após a actividade, é importante coñecermos a galería de imaxes do CD e contextualizar de maneira gráfica o motivo da participación na iniciativa.

PREGUNTA AO REMATAR

Que situacións de inxustiza coñecedes?, por que se di que a inxustiza queima?,considerades que unir forzas axuda a superar as inxustizas?

Page 19: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

19

PROPOÑÉMOSTE

Dar a coñecer información demográfica e política sobre a realidade actual de Sudán do Sur e traballaroconceptodedignidadepormediodareflexión,aanáliseeacomprensióndoutrasrealidades.

PRECISAS

Mapamundi, folios, bolígrafos, rotuladores, papel continuo e acceso a Internet.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Análise demográfica e cálculo (20 min)

O mestre explica que Sudán do Sur é o país máis novo do mundo, ten unha poboación aproximada de 9 millóns de persoas. As 6 cidades máis poboadas de Sudán do Sur son: Yuba, a capital cuns 370 000 habitantes a comezos do conflito, Rumbek con 181.000, Wau con 164.000, Malakal con 141.000, Yei con 130.000 e Yambio con 124.000 habitantes.*

Omestrereflicteosdatosnoenceradoedeixa5minutosparaqueosalumnoscalculen:cantas persoas viven no mundo rural en Sudán do Sur?, que porcentaxe de poboación é?

Dado que a súa economía se basea na subsistencia, buscar en internet de que sobrevive a poboación rural e cales son os datos socioeconómicos do país.

Etapa de Secundaria

13-18 anos 55 min

«CLAVES POR DESCUBRIR»

Page 20: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

20

Análise situacional (10 min).

O mestre explica que Sudán do Sur é o estado soberano máis novo do mundo, a independencia foi proclamada no ano 2011, co apoio do 98,83% da poboación.

A constitución do país establece que Sudán do Sur é unha «república democrática, entidade multiétnica, multicultural, multilingüe, multirrelixiosa e multirracial». Establece tamén a separación entre igrexa e estado, e a igualdade de dereitos entre homes e mulleres.

Sudán do Sur ten importantes recursos minerais, especialmente petróleo. O país leva en guerra civil dende 2013. 2,3 millóns de persoas escolleron o éxodo masivo, houbo algo que os empurrou a deixar atrás as súas casas.

O docente pregúntalle a toda a clase en choiva de ideas (respostas espontáneas na aula).Que credes que empurrou as persoas a abandonaren as súas casas e mesmo os seus países?, cales poden ser os destinos das persoas que abandonan as súas casas?, como lle afecta isto ós menores? Recóllense todas as respostas, debemos de tentar que non se queden só nas respostas obvias.

Reflexión e análise por medio do debate (25 min).

Após contestar as preguntas, o mestre expón cales sería as claves para unha vida con dignidade e convida a cada alumno a pensar e escribir de maneira anónima nun papel unha «clave» que considera esencial para viviren con dignidade. Despois de recollelas, lense.

O mestre realiza grupos de traballo que teñen cinco minutos para acordaren tres claves das compiladas,expóñense,debátenseereflíctensenunmuralparatelaspresentesduranteoano.

SUXERENCIAS

É importante situar no mapa a localización de Sudán do Sur ao comezo da actividade.

O profesorado adáptalle ao grupo a información, o tempo e o proceso metodolóxico no desenvolvemento das distintas fases da actividade.

Após a actividade, é importante coñecermos a galería de imaxes do CD e contextualizar de maneira gráfica o motivo da participación na iniciativa.

PREGUNTA AO REMATAR

Cremos que dignidade é unha palabra clave para os seres humanos?, vivimos con dignidade?,en todo o planeta?

*(Osconflitoscontinuoseosdesprazamentosmasivosdapoboaciónimpidenaexactitudedosdatosdemográficos,asíque exporemos cifras aproximadas).

Page 21: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

21

PROPOÑÉMOSTE

Coñecerunhaexposiciónquereflictedemaneiragráficaocontextosituacionaldealertae vulnerabilidade da infancia no mundo. E, como proceso, completar un mural de apoio á nutrición infantil sa, onde o xogo lúdico deportivo da «carreta» serve para favorecer a colaboración, a identidade grupal e o traballo conxunto.

PRECISAS

Galería de imaxes do CD, letras realizadas con diferente material reciclado, papel continuo e rotuladores de cores.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Preparación previa

Profesorado y alumnado realizan letras con material reciclado duro que encuentren en casa o en el centro escolar: (15 A / 1 B / 7 C / 4 D / 14 E / 2 G / 3 H / 12 I / 6 L / 3 M / 8 N / 9 O / 4 P / 8 R / 8 S / 6 T / 3 U / 3 V / 2 Y).

Etapa de Primaria e Secundaria

Educación Física 30 min.

«LETRAS POLA NUTRICIÓN»

Page 22: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

22

Identidade de grupo (10 min)

Amestrapreparaaexposición(fotogalería)presentadanoCDeexpónunmuralondereflictepalabras ligadas á nutrición axeitada e ao desenvolvemento de cativos e cativas:

«Supervivencia – Desenvolvemento – Alimentos – Atención – Saúde - Crecemento – Vida – Resistencia– Apoio – Auga – Saneamento – Hixiene – Hospitais – Dereitos – Apoiar – Colaborar».

Omestrereflictegruposdetraballodeseisparticipantesedispersaasletrasrealizadaspolochan.

Cada grupo escolle unha palabra do mural que se identifica coa nutrición sa para todos os nenos e nenas do mundo.

Completamos xuntos a exposición pola nutrición (15 min)

A mestra indica que os grupos teñen que pórse por parellas «en carreta» e ir buscar letras para completaren a palabra escollida. Após completar a palabra, o grupo «lígaa» na exposición de imaxes presentada no CD.

Logo de completar unha palabra con todas as letras e de ligala na exposición, o grupo escolle outra palabra, ata completar o mural entre todos.

SUXERENCIAS

Cada mestra elixe a forma lúdico deportiva de ir buscar letras os equipos (carreta, a burro, a cegas, atados, á pata coxa...).

Segundo a idade dos participantes, a mestra pode adaptar o número de palabras que hai que buscar no mural e o número de letras.

Perante as trampas dos equipos, paralízase o grupo «en carreta» durante a busca dunha palabra.

Os mestres organizan a realización das letras, como traballo para casa, na aula de plástica, despois de clase...

PREGUNTA AO REMATAR

Apoiástesvos para facer o mural?, como colaborastes?, que é a desnutrición infantil?, credes que a colaboración é importante para loitar contra a desnutrición?

Page 23: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

23

A C/C na que podedes ingresar o recadado na actividade é Banco Santander ES55 0049 1837 5620 1024 9000

Recorda indicar no concepto o nome do centro, deste xeito poderémosche enviar un diploma para que poidas informar a toda a comunidade educativa.

Se tes algunha dúbida sobre o ingreso ou calquera outro tema ponte en contacto con nós no 91 513 05 00.

Se non podes facer o ingreso no Banco Santander podes facelo noutro banco, mais, por favor, avísanos e facilitarémosche a conta correspondente.

Moitas grazas!

Hedinn Halldorsson/Save the Children

Page 24: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE Quilómetros de Solidariedade ... · fomos quen de acadar máis fondos, mais isto todo non é abondo. Agora somos quen de chegar a máis cativos e cativas

24

SAVETHECHILDREN.ES

Colaboran:

Quilómetros de Solidariedade é unha proposta educativa que lles achega aos escolares a situación de vulnerabilidade dos cativos e cativas en países empobrecidos do continente africano co obxectivo de acadar fondos para os proxectos de supervivencia infantil que Save the Children realiza e coñecer os dereitos da infancia a través das propostas didácticas presentadas nesta guía.

SOBREVIVIRAPRENDERESTAR PROTEXIDO