Que fai deus na cruz
-
Upload
nuria-m-nunez-elissetche -
Category
Documents
-
view
194 -
download
3
Transcript of Que fai deus na cruz
José Antonio PagolaMúsica:Luz que vence la sombra-Present: B.Areskurrinaga
Segundo o relato evanxélico, os que pasaban ante Xesús crucificado sobre a colina do Gólgota
burlábanse del e, rindo da súa impotencia, dicíanlle: «Se es Fillo de Deus, baixa da cruz».
Xesús non responde á provocación.
A súa resposta é un silencio cargado de
misterio. Precisamente porque é
Fillo de Deus permanecerá na cruz ata
a súa morte.
As preguntas son inevitablesComo é posible crer nun Deus crucificado polos homes?
Decatámonos do que estamos dicindo?
Que fai Deus nunha cruz?
Como pode subsistir unha relixión fundada nunha concepción tan absurda de Deus?
Un "Deus crucificado"
constitúe unha revolución e un
escándalo que nos obriga a
cuestionar todas as ideas que os humanos nos
facemos dun Deus ao que
supostamente coñecemos.
O Crucificado non ten o rostro nin os trazos que as relixións atribúen ao Ser Supremo.
O "Deus crucificado" non é un ser omnipotente e maxestoso, inmutable e feliz, alleo ao sufrimento dos humanos, senón un Deus impotente e humillado que
sofre connosco a dor, a angustia e ata a mesma morte.
Coa Cruz, ou acaba a nosa fe
en Deus, ou nos abrimos a
unha comprensión nova e sorprendente
dun Deus que, encarnado no noso
sufrimento, nos ama de manera incrible.
Ante o Crucificado empezamos a intuír que Deus, no seu último misterio, é alguén que sofre connosco. A nosa miseria aféctalle.
O noso sufrimento salpícao.
Non existe un Deus cuxa vida transcorre, por dicilo así, á marxe das nosas penas, bágoas e desgrazas. El está en todos os calvarios do noso mundo.
Este "Deus crucificado" non permite unha fe frívola e egoísta nun Deus omnipotente ao servizo dos nosos
caprichos e pretensións.
Con este Deus encontrámonos cando nos acercamos ao sufrimento de calquera
crucificado.
Este Deus ponnos mirando cara ao
sufrimento, o abandono e o
desamparo de tantas vítimas da injustiza e
das desgrazas.
Os cristiáns seguimos dando toda clase de rodeos para non atoparnos co "Deus crucificado".
Aprendemos, incluso, a erguer a nosa mirada cara á Cruz do Señor, desviándoa dos
crucificados que están ante os nosos ollos.
Con todo, a maneira máis auténtica de celebrara a Paixón do Señor é avivecer a nosa compaixón.
Sen isto, dilúese a nosa fe no "Deus crucificado" e ábrese a porta a toda clase de manipulacións.
Que o noso bico ao Crucificado nos poña sempre mirando cara aos que, cerca o lonxe de nós, viven
sufrindo.