Que é un microrrelato

16
Que é un microrrelato? Unha construción literaria narrativa caracterizada pola súa brevidade. Tamén se denomina minificción, microconto, nanoconto ou miniconto.

Transcript of Que é un microrrelato

Page 1: Que é un microrrelato

Que é un microrrelato?

Unha construción literaria narrativacaracterizada pola súa brevidade. Taménse denomina minificción, microconto,nanoconto ou miniconto.

Page 2: Que é un microrrelato

É posible atopar diversas ficcións breves aolongo da literatura de todas as épocas een variadas tradicións culturais, tales como:fábulas, parábolas, epigramas, aforismos,haikus , epitafios…

Page 3: Que é un microrrelato

Na actualidade estamodalidade narrativa está aexperimentar un importanteauxe en relación coas novastecnoloxías que difundencontidos breves (mensaxes,twitter…) A sociedade actualcrea lectores con poucotempo e con gusto poloestímulo inmediato. Todoisto contribúe a poñer demoda a minificción. Osconcursos, blogs e libroscolectivos de microrrelatosson cada vez máis habituais.

Page 4: Que é un microrrelato

Trazos caracterizadores

• Extensión caracterizada pola brevidade

• Mestura de xéneros (narración, ensaio e poesía)

• Secuencia narrativa incompleta (elipse dedeterminados elementos )

• Utilización de recursos relacionados cos dobressentidos das palabras

• Intertextualidade (relación con outros textos oraisou escritos) e interactividade (o lector participa coasúa interpretación)

• Final sorprendente ou inesperado

Page 5: Que é un microrrelato

Un exemplo de microrrelato

Esta é unha narración dun escritor hondureñochamado Augusto Monterroso. Está consideradocomo un dos mellores microrrelatos do mundo.

O dinosauro

Cando espertou, o dinosauro aínda estaba alí.

.

Page 6: Que é un microrrelato

Análise

• Este microrrelato presenta unha estrutura tradicionalde presentación, nó e desenlace. A peculariedadedesta narración é que o autor omitiu as dúas primeiras.

• Presentación: alguén quedou durmido.

• Nó: soñou cun dinosauro.

• Desenlace: cando espertou, este elemento presente nosoño seguía alí.

• O lector debe imaxinar, a partir desa simple frase, osfeitos que preceden o acontecimento, así como asconsecuencias despois do descubrimento do dinosauroe o simbolismo deste.

Page 7: Que é un microrrelato

Máis microrrelatos

Ernest Heminway é autor doutro famosominiconto. Só vinte e seis letras, mais pordetrás delas hai toda unha historia de traxediafamiliar:

Véndense zapatos de bebé, sen uso

Page 8: Que é un microrrelato

A Marquesiña

Chámanlle a “Marquesiña” e os seus peíños endexamais se

calzaron.

Vaí á fonte, depelica patacas e chámanlle a “Marquesiña”.

Non foi á escola por non ter chambra que pór e chámanlle a

“Marquesiña”.

Non probou máis lambetadas que unha pedra de zucre e

chámanlle a “Marquesiña”.

A súa nai é tan probe que traballa de xornaleira na casa do

Marqués.

¡E aínda lle chaman a “Marquesiña”!

CASTELAO

Page 9: Que é un microrrelato

O drama do desencantado…o drama do desencantado que setirou á rúa desde o décimo piso, e amedida que caía ía vendo a través dasventás a intimidade dos seus veciños,as pequenas traxedias domésticas, osamores furtivos, os breves instantes defelicidade, dos cales as noticias nonchegaran nunca ata a escaleira común,de modo que no instante derebentarse contra o pavimento da rúacambiara por completo a súaconcepción do mundo, e chegara áconclusión de que aquela vida queabandonaba para sempre pola portafalsa valía a pena de ser vivida.

GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ

Page 10: Que é un microrrelato

Nada pola mañáQuedara durmido. Guindou as mantas dun golpee saíu disparado da cama. Menos dez. Vestiuselixeiro, só tiña tempo de lavar a cara. Non é quetivese moita clientela polo de agora, pero seempezaba así, ía perdela toda. Mollou a cara elimpouse na toalla sucia, pasou lixeiro un cepillopolo pelo. Merda de vida. Papou un iogur de pé eguindou o vasiño de plástico no lixo, que caía porfóra. Pasoulle unha ollada á cociña, tiña que facerlimpeza un día destes. Xa habería tres meses queo deixara Rosa. Puxo a bufanda e o chaquetónazul e abriu a porta.Ficou parado e coa boca aberta. Non habíaparedes nin escaleira nin nada. Só a nada. ¿Seríaa Nada? Saíu pechando a porta.

SUSO DE TORO

Page 11: Que é un microrrelato

A ovella negra

Nun afastado país houbo hai moitos anos unhaovella negra. Foi fusilada. Un século despois, orabaño arrepentido levantoulle unha estatuaecuestre que quedou moi ben no parque.Así, no sucesivo, cada vez que aparecían ovellasnegras eran rapidamente pasadas polas armas paraque as futuras xeracións de ovellas comúns ecorrentes puidesen exercitarse tamén na escultura.

AUGUSTO MONTERROSO

Page 12: Que é un microrrelato

Lavado en quenteCando me abandonaches tiven que facer a coada. Utilizaba unprograma de auga quente, e os meus pantalóns e xerseis encollíantanto que parecían de bebé. Un día esquecín un billete decincuenta euros. Despois do centrifugado converteuse nun decinco. O día que deixei o móbil recollín un celular diminuto, dotamaño dun polgar. Noutra ocasión a lavadora converteu un balónde regulamento nunha boliña insignificante. Decidín meter unhanovela. Collín unha ao chou do andel: Parque Xurásico de MichaelCrichton. Tras o programa de lavado saíu o conto do dinosauro deMonterroso. Hoxe metinme eu dentro da lavadora. Escríboche anota co corazón encollido: xa superei o noso.

MANU ESPADA

Page 13: Que é un microrrelato

O pozo

Meu irmán Alberto caeu aopozo cando tiña cinco anos. Foiunha desas traxedias familiaresque só alivian o tempo e acircunstancia da familianumerosa. Vinte anos despoismeu irmán Eloy sacaba augaun día daquel pozo ao queninguén xamais volvera aasomarse. No caldeirodescubriu unha pequenabotella cun papel no interior."Este é un mundo coma outrocalquera", dicía a mensaxe.

LUIS MATEO DÍEZ

Page 14: Que é un microrrelato

Como escribir un microrrelato

• Toma como punto departida un feito, anécdotaou reflexión.

• A experiencia debe ter unsignificado oculto, un dobresentido… máis que contarhai que suxerir.

• Escolle o título tendo enconta o seu papel esencial.

• O obxectivo esencial ésempre sorprender aolector.

Page 15: Que é un microrrelato

• Decide as partes da historia quequeres contar e as que queressuxerir.

• Pensa en como sorprender aolector, sobre todo no final.

• Limita o número de personaxese simplifica a acción, o tempo eo espazo.

• Escolle ben os detallescaracterizadores dos elementosmencionados antes.

Page 16: Que é un microrrelato

mbcentoiraIES de Curtis