Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

23
Vivir en Oleiros Número 54 Xaneiro 2017 Toda a actualidade en: www.oleiros.org Comeza a segunda fase do carril bici entre Mera e Santa Cruz Páxina 4 Páxina 7 Os veciños e veciñas cortan o tráfico para esixir as melloras que tanto precisa a N-VI A Escola Municipal de Teatro estará preparada para o vindeiro curso O tanque de tormentas de Santa Cruz e o sifón da Pasaxe culminan a rede de saneamento O Concello adquire un edificio para a Facenda municipal O novo regulamento da auga libera a veciñanza de importantes gastos O Pazo de Arenaza converterase nun importante centro de investigación n O Concello de Oleiros asinou un convenio coa Deputación da Coruña segundo o cal lle cede o uso do Pazo de Arenaza ao organismo provincial para crear un centro co-working para novos emprendedores e científicos, que terá capacidade para 50 persoas investigadoras. Grazas ao acordo acadado, a Deputación tamén financiará con 250.000 euros a restauración e adecuación do pazo para o seu novo fin. Unha vez realizadas as obras, que se tratarán nas próximas semanas, a Deputación convocará unhas bolsas para os posibles candidatos e candidatas e seleccionará o persoal necesario para a posta en marcha deste centro, chamado a ser unha referencia no Estado. Páxina 8 Páxina 10 Páxina 4 Páxinas 12 e 13 Os centros de ensino público, as ANPA e as entidades culturais, deportivas e veciñais do municipio están a recibir as subvencións anuais correspondentes ás actividades que desenvolveron ao longo de 2016. As ANPA e os centros de ensino público recibirán a metade destes fondos. A Deputación financia con 250.000 euros as obras de adecuación

Transcript of Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

Page 1: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

Vivir en Oleiros Número 54Xaneiro 2017Toda a actualidade en:www.oleiros.org

Comeza asegundafase docarril bicientre Merae Santa CruzPáxina 4Páxina 7

Os veciños e veciñascortan o tráfico paraesixir as melloras quetanto precisa a N-VI

A Escola Municipal de Teatro estará preparada para o vindeiro curso

O tanque detormentasde SantaCruz e osifón daPasaxeculminan arede desaneamento

O Concelloadquire unedificio paraa Facendamunicipal

O novoregulamentoda augalibera aveciñanzadeimportantesgastos

O Pazo de Arenaza converterase nunimportante centro de investigación

n O Concello de Oleiros asinou un convenio coa Deputación da Coruña segundo o cal lle cedeo uso do Pazo de Arenaza ao organismo provincial para crear un centro co-working para novosemprendedores e científicos, que terá capacidade para 50 persoas investigadoras. Grazas ao acordoacadado, a Deputación tamén financiará con 250.000 euros a restauración e adecuación do pazo para oseu novo fin. Unha vez realizadas as obras, que se tratarán nas próximas semanas, a Deputación convocaráunhas bolsas para os posibles candidatos e candidatas e seleccionará o persoal necesario para a postaen marcha deste centro, chamado a ser unha referencia no Estado.

Páxina 8

Páxina 10

Páxina 4

Páxinas 12 e 13

Os centros de ensino público, as ANPA e as entidades culturais, deportivas e veciñais do municipioestán a recibir as subvencións anuais correspondentes ás actividades que desenvolveron ao longode 2016. As ANPA e os centros de ensino público recibirán a metade destes fondos.

A Deputación financia con 250.000 euros as obras de adecuación

Page 2: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

Os espazos desta páxina de opinión aberta, foron asignados segundo a representatividade de cada grupo, inspirada na Lei de bases de réxime local.

Alternativa dos Veciños

Hai uns días o alcalde e a conselleira deMedio Ambiente Beatriz Mato presentabanpublicamente en Oleiros o chamado“sifón” da Pasaxe, unha infraestruturamoi importante para completar o sanea-mento das augas da nosa ría, xunto cotantas veces comentado tanque detormentas de Santa Cruz, cuxas obrasdeberían ter comezado xa, e evitar de

maneira definitiva os vertidos que arruínana calidade das augas.Falando de vertidos, o BNG ve precisolembrar que segue habendo problemasde saneamento en Oleiros que non se dansolucionado. Falamos dos que desde haimáis dunha década padece a veciñanzada zona da Gándara, na parroquia de Nós,cunha rede de pluviais pola que son ver-

tidos residuos industriais do PolígonoIndustrial do Espírito Santo e que en mo-mentos puntuais desborda de tal formaque eses vertidos atravesan a calzada,chegan ás portas das casas e contaminanas augas dos regos da zona, que ao finalacaban na ría. Os concellos de Cambre eOleiros veñen de presentar un proxectopara modernizar unha rede de saneamento

que está obsoleta, mais a Xunta de Galizarexeitou en xullo a súa imprescindíbelcolaboración no proxecto.De nada valen fotos propagandísticas paraas obras faraónicas se proxectos moitomáis sinxelos técnica e economicamentetardan en tratarse máis dunha década.Proba, como sempre, da insensibilidadedas administracións con quen as mantén.

Bloque Nacionalista Galego / Voceiro do Grupo Municipal do BNG no Concello de Oleiros

Partido Popular de Oleiros / Grupo Municipal do PP no Concello de Oleiros

BENESTAR, con maiúsculas

Por unha solución definitiva aos vertidos na Gándara, en Nós

A palabra benestar é un desestermos que perdeu contido paraa sociedade pola súa banaliza-ción debido ao seu repetitivouso nas mensaxes políticas.Gobernos e representantespúblicos empregan continua-mente esa palabra e preséntan-se ante a cidadanía comoauténticos farsantes. Fan dasfalacias e da mentira o seu sinalde identidade, mentres nondeixan de privatizar e recortarservizos públicos básicos.

Asistimos a unha espiral queatenta gravemente contra osdereitos dos cidadáns e cidadás.Infames leis amparan as deci-sións dos gobernos, dun edoutro signo, que só beneficianás grandes multinacionais -quetan ben acubillan despois aosministros-. Desde as cadeirasdo Congreso e do Parlamento

lexitiman o negocio dunspoucos, sen importarlles o máismínimo as graves consecuen-cias que teñen esas decisiónspara a maioría da poboación.

Malia ás numerosas imposi-cións das administraciónssuperiores, en Oleiros conse-guimos crear un lugar agrada-ble para a convivencia, cheo deinfraestruturas e servizospúblicos de calidade. As cober-turas sociais que ofrece o Con-cello de Oleiros non existiríancun deses gobernos monicre-ques, que nuns casos estánpor estar e noutros están porroubar. A clara ideoloxía de Al-ternativa dos Veciños tradúcesenun proxecto político que, cuntraballo serio e responsable ecunha xestión rigorosa e eficaz,procura que a poboación acadeo maior benestar posible, inde-

pendentemente do seu estadoeconómico.

Feitos e accións son o que nosdistingue. A atención ás per-soas maiores ou dependentes,o coidado dos que coidan, oacceso en igualdade á cultura,ao deporte ou á educación, asaxudas ás familias en dificulta-des ou con problemas, a apostapola igualdade e o respecto, apromoción do emprego… sonnumerosas as actuacións dirixi-das ao benestar dos veciños eveciñas de Oleiros e taméndoutras latitudes, nas que sedesenvolven distintos progra-mas de cooperación. A distri-bución que realizamos dosrecursos económicos, desti-nando máis da metade doorzamento municipal a este tipode cuestións, fan posible resol-ver todas estas necesidades.

A política non é un fin, é o ins-trumento para acadar un mundomáis xusto. Por iso, as nosasdecisións sempre están orienta-das a resolver problemas, a darservizos, a protexer o de todose de todas, a garantir a igualda-de… Somos conscientes deque, en ocasións, non somostan áxiles como deberíamosnin chegamos ata onde nosgustaría. En calquera caso, otraballo está aí: parques, biblio-tecas, casas do pobo, zonasverdes, ordenación do territorio,servizos sociais, actividadesdeportivas, cultura, xestióneconómica, ensino…, todo istoorientado a que os veciños e asveciñas de Oleiros teñan o maiorbenestar posible. Este é o nosocompromiso, isto é facerPOLÍTICA, isto é BENESTAR.

Os socialistas de Oleiros aprovei-tamos estas liñas para desexar @snos@s veciñ@s o mellor para oano que se achega repleto de novosretos para todos.Botando os ollos atrás lembrare-mos un 2016 gris, no que o gober-no de Alternativa profundou aíndamáis na liña do totalitarismo e a

política de rodillo ao amparo damaioría absoluta da que gozan.Lembraremos tamén, con tristurae inquedanza, os fondos perdidospara os veciñ@s (as axudas dostemporais, fondos EIDUS, e os23.500 euros dunha parcela que oConcello nin coñecía…).En Oleiros somos todos ricos, di o

alcalde…, as contas sinalan cuan-tiosos superávits, pero todos vemosque os tributos municipais seguensubindo, os comedores dos colexiosseguen a recibir vergoñentas mise-rias do Concello, entre outras moitasinxustizas, e os prexudicados sem-pre son os mesmos, os que nonsomos ricos.

Neste novo ano, os socialistas com-prometémonos unha vez máis aintensificar os nosos esforzos paraacadar un concello máis xusto, máissolidario, máis libre, e sobre todo,máis democrático, sen totalitarismos,sen absolutismos. En definitiva, senmedo. Boas festas, que teñades unbo ano e grazas pola vosa confianza.

Grupo Municipal Socialista / Grupo Municipal PSdeG - PSOE no Concello de Oleiros

2 Vivir en Oleiros Nº 54 Un concello vivoXaneiro 2017

Page 3: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

l É hora de feitos e non de enganosEDITORIAL

Despois de anos de consensos e políticasconstrutivas no ámbito do Consorcio das Mariñas,no que están integrados os nove concellos das co-marcas da Coruña e Betanzos, as augas comezan abaixar turbias. Hai quen pretende romper os leitospolos que transcorrían os caudais que contribuían aese grande encoro do que todos nos beneficiabamoscon servizos e melloras sociais que redundaban nosveciños e veciñas de todos os municipios.

As últimas eleccións municipais trouxeron un cambiosubstancial na comarca. Certas forzas políticas víronseafastadas do poder e ante este novo panorama deci-diron pór en marcha determinados xogos políticos,carentes de calquera beneficio para a cidadanía, cosque pretenden recuperar a calquera prezo os lugaresdos que foron apartados polos electores.

As maiorías existentes en moitos concellos diluíronsedespois desa última cita nas urnas. As políticas depactos non están a funcionar xa que intereses alleosá cidadanía están a converter nunha auténtica polvo-reira moitas desas corporacións. A maldade dedeterminados concelleiros, mal chamados popularesnuns casos e socialistas noutros, provocan continua-mente situacións esperpénticas.

Mesmo en casos como o de Arteixo, nos que si existemaioría, estanse a converter no tótem para desesta-bilizar o Consorcio querendo independizarse -ver paracrer, o PP falando de independencia!-. Detrás desemovemento do Partido Popular está a man do que“fue a Castilla y perdió su silla”. Pero como o que

ten bo padriño bautízase, déronlle outro asento conpel de coiro no Parlamento de Galicia, cun bo soldoe con tempo para conspirar na procura de retomaro trono perdido da Deputación.

Ademais, o descoñecemento e o afán de protagonismodalgún grupo de recente creación está a agravar estacomplicada situación. Pasan os meses, seguen senatopar o norte pero tampouco escoitan sabios con-sellos. Mala pinta ten o seu futuro.

As políticas desenvolvidas por uns e outros están aretrasar os necesarios acordos para constituír unente metropolitano que revitalice a comarca e sirvapara crear novas infraestruturas viarias, mellorar otransporte público, traer investimento público paraos parques industriais, mellorar e garantir a submi-nistración da auga e o saneamento...

O Partido Popular non pode ter unha política positivapara Vigo, onde impuxo a Área Metropolitana, e outranegativa para A Coruña. Hai que facer política conmaiúsculas e colocar a cidade herculina e a súacomarca no lugar que lle corresponde. Debemoscrear unha área metropolitana competitiva, con ser-vizos e infraestruturas, con empresas que creen esetraballo tan necesario para a xente nova e non tannova que está a sufrir os desgobernos deste país.

É hora de feitos e non de enganos, nin de ambiciónspersoais nin de demagoxias. Todos estamos obrigadosa tirar do carro. Como di o dito: a quen Deus lla dea,San Pedro lla bendiga.

Vivir en Oleiros 3Nº 54 Un concello vivo Xaneiro 2017

Page 4: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

O carril bici desde a ríada Pasaxe ata Mera seráunha realidade antes dovindeiro verán Adxudicáronse definitivamente por 813.709,05 euros as obrasda segunda fase da construción da beiravía e do carril bici entre SantaCruz e Mera. Este novo tramo discorrerá desde Augarrío ata a casa dopobo de Dorneda, principalmente pola marxe esquerda da estrada -direcciónMera-. No treito desde Arillo ata Mera, que xa se realizou unha gran partedo traballo na primeira fase da obra, procederase a axardinar e aglomeraro firme para crear o carril bici e a beiravía peonil. Tamén se vai incluírneste proxecto, o pintado e a sinalización de todo o carril bici existentedesde a ría da Pasaxe ata Santa Cruz.

Sae a contratación por2,1 millóns de euros o

sifón da ponte da Pasaxee o novo colector

A Consellería de Medio Ambiente sacou a contratación aconstrución dun sifón e dun gran colector que permitirá diminuírsignificativamente os alivios á ría e incrementar a eficiencia enerxéticado sistema posibilitando un importante aforro nos custos enerxéticosdo actual bombeo de fecais situado baixo a ponte da Pasaxe. Con estaactuación, que a Xunta de Galicia contratará en 2017, o Concello deOleiros reducirá a súa factura eléctrica en máis de 72.000 euros anuaisao poder enviar por gravidade desde Nirvana ata A Coruña as augasresiduais que proceden da zona norte e de Santa Cruz.

Despois dos numerosos atrancos e incumprimentos impostosao longo de varios anos pola Dirección Xeral de Costas, o Concello deOleiros conseguiu contratar definitivamente por 375.584 euros as obrasde creación da senda costeira que prolongará o paseo marítimo de Meraata a zona verde de Canide. As obras, que estarán en marcha nos vindeirosdías, fináncianse con cargo a un plan provincial, segundo o que aDeputación achegará o 80% dos cartos e o Concello o 20%.

n Está previsto que as obras comecen nos próximos días

n A nova tubaxe irá desde o monumento de Che Guevara ata o bombeoda ponte da Pasaxe

Comeza a construción dotanque de tormentas deSanta Cruz Os traballos de construción do tanque de tormentas de SantaCruz, na zona dos xogos infantís do parque Luís Seoane, están a comezarnestes días. Esta actuación, en combinación coa creación do sifón daPasaxe e novo colector da avenida Che Guevara, completará o proxectode saneamento da ría da Pasaxe iniciado hai máis de 20 anos. As obrasdo tanque de tormentas foron contratadas pola Xunta por 3,6 millónsde euros. O 80% do financiamento procede da Unión Europea e o 20%restante achégao a Consellería de Medio Ambiente.

n As obras contemplan a renovación do parque infantil que se atopaenriba do actual bombeo

Adxudicada aconstrución da sendade Santa Ana a Canide

4 Vivir en Oleiros Nº 54 Un concello vivoXaneiro 2017

Page 5: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

Iniciouse aampliaciónda EscolaMunicipalde Danza eTeatro As obras de ampliación da EscolaMunicipal de Danza estanse a desenvolvera moi bo ritmo. Con esta actuación vaiaumentarse a superficie desta instalaciónpública que conta cun uso moi elevado porparte de centos de persoas que participannas actividades municipais. Cando rematenos traballos crearase tamén unha escolade teatro no soto do edificio. O custo destaactuación é de 229.053 euros. n Está previsto que o acondicionamento do soto estea rematado para o vindeiro curso 2017-2018

Un muro pechará a Finca Tenreiro

As obras do muro de peche do ámbito do parque públicoda Finca Tenreiro, que alberga no seu contorno o Colexio Juana deVega de Nós, comezarán de xeito inminente. O custo desta novaconstrución é de 60.792,24 euros, que se pagan cos fondos procedentesdo superávit económico colleitado pola xestión do Goberno municipalen 2015. Con este muro preténdese garantir a seguridade dos relevanteselementos arquitectónicos existentes no interior do recinto.

Mellora a seguridade viaria nos accesosao Colexio Juana de Vega coa creacióndun paso de peóns en Salvador Allende

A petición da ANPA do Colexio Juana de Vega e da Asociaciónde Veciños de Nós, o Concello de Oleiros realizou os trámites pertinentesdiante da Xunta de Galicia para proceder ao pintado dun paso de peónsna avenida Salvador Allende. Así mesmo, o Concello tamén sinalizou epintou outro paso na rúa Manuel Murguía que empregan os nenos enenas que viven nas proximidades do centro.

Tamén se está a completar a restauración, por parte do alumnadodo Obradoiro de Emprego que financia a Consellería de Traballo con179.134,20 euros, da antiga vivenda dos caseiros da finca. Un totalde 26 persoas en situación de desemprego están a realizar diversostraballos de acondicionamento neste gran parque municipal.

Vivir en Oleiros 5Nº 54Un concello vivo Xaneiro 2017

Page 6: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

Unha grada cuberta completará a renovacióndo campo de fútbol municipal de Iñás

Están a realizarse nestes días os trámites para a contratacióndas obras de construción dunha grada cuberta no renovado campo defútbol municipal de Iñás. A actuación, de 156.250 euros, finánciase através dun convenio coa Deputación da Coruña mediante o que oorganismo provincial achega o 80% dos cartos e o Concello o 20%

restante. Esta obra, xunto coas outras que están a finalizar estes días-instalación de céspede artificial, peche do recinto, iluminación,ampliación de vestiarios e pavimentación dos accesos-, porá fin aoequipamento total de infraestruturas deste campo de fútbol. A instalaciónserá utilizada polo Club Atlético San Pedro e outros clubs do municipio.

Os solares urbanos que o Concello de Oleiros ten á venda pódense adquirir a un prezo máis económico despois da última revisiónrealizada polos técnicos municipais. A rebaixa oscila entre o 10% e o 40%, dependendo da situación do terreo. Ademais, para facilitar a compradestes terreos foron eliminadas algunhas cláusulas como as que obrigaban aos compradores a construír no primeiro ano ou a que impedíaa posterior venda da parcela. Aínda así, incorporáronse novas condicións que imposibilitan a especulación. As persoas que puidesen estarinteresadas poden consultar máis información na web municipal ou na Secretaría Xeral do Concello.

Está previsto que nos vindeiros días dean comezo os traballosde ampliación da casa do pobo de Mera. As obras foron contratadasno mes de decembro por 106.417,65 euros e ademais da creacióndunha nova sala implicarán o pintado de toda a fachada, o cambio dasfiestras por unhas novas de carpintería de aluminio e a instalación dunnovo sistema centralizado de calefacción a gas cunha caldeira decondensación de alto rendemento.

O investimento na ampliaciónda casa do pobo de Merasupera os 100.000 euros

Flexibilízanse as condicións para adquirir as parcelas municipais á venda

n A casa do pobo de Mera ten un uso moi elevado por parte das entidadesdas parroquias de Serantes e Maianca.

n Recreación da futura grada que se construirá no campo de Iñás

A xunta de compensación de propietarios da urbanización de Xaz, formadapor máis de 160 particulares, adxudicou as obras de urbanización de todoo ámbito á empresa López Cao, que tamén realizará a construción docampo de golf. A superficie total que abrangue o Plan parcial de Xaz é de1.100.000 metros cadrados. Grazas ás políticas urbanísticas desenvolvidaspolo Goberno municipal, máis de 300.000 metros de todo ese solo pasarána ser públicos e destinaranse a zonas verdes e equipamentos.

Os propietarios contratan asobras de urbanización de Xazpor 14,5 millóns de euros

6 Vivir en Oleiros Nº 54 Un concello vivoXaneiro 2017

Page 7: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

Centos de veciños cortan a N-VI para esixirllea Fomento a glorieta de Beiramar-Agramar eos pasos elevados no Seixo

O pasado 26 de novembro un grupo importante de veciños procedentes de diversos lugares do concello, xunto con algúns da zona máisafectada, manifestáronse na N-VI para demandar as obras da intersección de Beiramar-Agramar, así como a construción de pasos de peóns na zonado Seixo. Os veciños tomaron a decisión de levar a cabo esta acción nunha asemblea aberta celebrada na Fábrica na que deixaron patente o seu profundomalestar pola situación que padecen debido ás graves deficiencias que presentan as infraestruturas viarias entre a ponte da Pasaxe e o linde con Cambre.O Concello ten previsto unha nova actuación reivindicativa para o mes de xaneiro. O Goberno municipal está a planificar este novo acto que tería lugarnese mesmo sitio, no que os atascos son diarios.

A Xunta segue sen abrir á circulación o acceso ao porto de Lorbé Incomprensiblemente, máis de dous meses despois de ter

rematada a obra de conexión da vía Ártabra co porto de Lorbé a estradasegue pechada á circulación. Ademais, a Xunta de Galicia ten pendentea ordenación do aparcadoiro das inmediacións do peirao cuxos terreosforan expropiados polo organismo autonómico para completar os accesosa un dos portos con maior importancia de todo o norte de Galicia.

A Xunta de Galicia tamén ten pendente a conexión da vía Ártabra coa AP-9. Neste momentos, estase a redactar o proxecto xa que o Gobernoautonómico pretende facer a conexión nun punto distinto ao previstoinicialmente: en Pravio -Cambre- baixando cara a Regueiro escuro, xana localidade de Nós.

n O corte de tráfico prolongouse durante 4 minutos, para prexudicar o menos posible os condutores, xa bastante castigados

n Este tramo da vía Ártabra, en Lorbé, atópase preparado para ser utilizado

Este sería o tipo de paso elevado que o Ministerio de Fomentoten previsto instalar entre a intersección de Beiramar-Agramare O Seixal. Un estaría situado á altura do Mercadona e outrona zona da Citroën. Os responsables do Ministerio de Fomentocomprometéronse co alcalde de Oleiros para construílos en2017. O Goberno central tamén adquiriu o compromiso dedestinar un partida dos orzamentos do Estado deste ano ainiciar as obras da glorieta e do paso subterráneo de Beiramar-Agramar, que se executarían durante os tres vindeirosexercicios. Agardemos que cumpran.

Vivir en Oleiros 7Nº 54Un concello vivo Xaneiro 2017

Page 8: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

O Goberno municipal inviste 200.000 eurosna nova sede do Servizo de Emerxencias

O Concello destinará dúas das naves que posúe no polígonode Iñás á nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e ProtecciónCivil de Oleiros. As obras de adecuación da nave van supoñer un investimentopróximo aos 200.000 euros e serán contratadas nos vindeiros días. Naactualidade, a sede deste servizo público, imprescindible para a seguridade

cidadá, atópase nas dependencias da antiga escola das Pedras, entrePerillo e Montrove. Este recinto resulta insuficiente a día de hoxe paraalbergar os numerosos medios técnicos existentes, que nos últimos mesesse viron incrementados cun novo camión de bombeiros e unha novaembarcación para empregar nas urxencias marítimas.

O Concello adquire por550.000 euros un edificiono centro de Oleiros para

a Facenda Municipal

O Concello adquiriu por 550.000 euros o edificio, propiedadedo Banco Pastor, que está situado no centro urbano de Oleiros, nasinmediacións da Casa do Concello. Este inmoble, que será destinado áÁrea de Economía Municipal, acollerá todas as dependencias da Facendamunicipal. Nos vindeiros meses trasladaranse a este edificio as oficinasde Recadación que na actualidade están en Perillo, nun local que foraprestado por Caixa Galicia. Esta nova instalación municipal consta debaixo e 4 plantas, ten unha superficie de máis de 1.000 metros cadradose atópase en perfecto estado de conservación para a súa inmediatautilización.

A nova situación facilitará os trámites administrativosaos veciños e veciñas, ao centralizar as dependenciaspúblicas arredor da Casa Consistorial

O Concello contratou unha parte do servizo de limpeza viaria do municipio que afecta a diversas localidades. Son distintas as empresas queestán a realizar este servizo, en diferentes zonas. Esta fase en concreto ten un custo total de 1.916.000 euros e o acordo estará vixente 4 anos, coaposibilidade de amplialo outros dous máis. O Goberno estipulou para este novo contrato unha ampliación das zonas de limpeza en todas as localidadese un incremento da frecuencia dos traballos.

n A nova situación do servizo posibilita uns tempos de resposta menores ao dispoñer de mellores comunicacións viarias

n Os trámites administrativos pasarán a estar concentrados nocentro de Oleiros

Un dos contratos de limpeza viaria do municipio renóvasepor 1,9 millóns de euros

8 Vivir en Oleiros Nº 54 Un concello vivoXaneiro 2017

Page 9: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

A actuación do Goberno municipal permitedesbloquear o derrubamento de dúas vivendas

A demolición de dúas casas en ruínas no centro de Oleirospuido completarse grazas a que o Concello de Oleiros retirou os cablesda fachada. O propietario, que fora requirido para derrubar as construcións,viuse imposibilitado a facelo debido ao espolio que se pretendía cometerpor parte de Gas Natural Fenosa, que quería cobrarlle 11.700 euros porretirar os cables. Á compañía eléctrica constáballe que as obras dacanalización necesarias para o soterramento xa estaban feitas polo Concellodesde hai máis dun ano e, dada esta situación, estaba obrigada a realizar

a actuación sen ningún custo para o dono da vivenda.Debido a que só se atopaban en pé as fachadas das dúas vivendas, o riscode derrubamento sobre a vía pública era moi elevado. Dada a urxencia dasituación, o Concello de Oleiros procedeu a retirar os cables o que permitiuque se puidese completar a demolición destas casas. Gas Natural Fenosaterá agora que asumir o custo da actuación municipal e soterrar de xeitodefinitivo os cables.

n Contraste entre o antes e o despois da demolición destas dúas vivendas na avenida Francisca Herrera

As queimas controladas de grandes parcelas que se atopaninvadidas de plumachos comezaron con éxito hai unhas semanas nopolígono de Iñás. Este novidoso método de eliminación da herba da pampaé unha alternativa moi eficaz para aqueles lugares nos que nin se podenusar herbicidas nin é posible realizar rozas con tractores.A herba da pampa é unha planta invasora que está a arrasar coa vexetaciónautóctona galega. O Concello de Oleiros leva anos denunciando e loitandocontra este grave problema medioambiental que debido ao abandono dasdemais administracións públicas está a provocar unha situación de altorisco natural. Ademais das campañas de concienciación que se realizannas radios e as denuncias ante as demais administracións para queprocedan a eliminar os plumachos, o Concello está a cortar e arrincar estaplanta por todo o municipio. Nas fincas privadas, os seus propietariostamén están obrigados a eliminalas.

Fenosa pretendía cobrarlle 11.700 euros ao propietario por retirar os cables da fachada

n Operarios municipais procederon á queima da herba da pampa en Iñás

A loita contra osplumachos non cesa

Un veciño da rúa da Xustiza podou salvaxemente tresárbores situadas na beirarrúa, diante do seu domicilio, o que supónun grave ataque contra o patrimonio público natural. Ningunhapersoa pode actuar sobre a vía pública nin os seus elementos.

A poda das árbores que se atopan na vía pública non pode serrealizada por ningún cidadán. De repetirse outros casos como oacontecido en Nós, os infractores terán que afrontar unhas sanciónseconómicas exemplarizantes.

Un veciño tomaatribucións que non llecorresponden en Nós

n Así quedaron as tres árbores atacadas na rúa da Xustiza

Vivir en Oleiros 9Nº 54Un concello vivo Xaneiro 2017

Page 10: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

O Concello de Oleiros inaugura oficialmentea rúa Concelleiro Alfredo Novoa

O pasado 10 de decembro decenas de amigos e compañeiros de Alfredo Novoa Gil participaron no acto oficial no que se lle puxo o seu nomeá rúa que dá acceso ao Colexio de Nós, entre a avenida Salvador Allende e a rúa Alexandre Bóveda, dous grandes loitadores. O Goberno municipalprocuraba unha vía singular para outorgarlle o seu nome e que mellor que a rúa do colexio da localidade na que o ex concelleiro reside desde hai máisde 30 anos.Alfredo Novoa Gil é un destacado político que formou parte dos gobernos municipais desde 1987 ata 2007. Dedicou unha grande parte da súa vida áxestión e ao desenvolvemento do concello e foi unha persoa clave na posta en marcha e consecución do singular modelo político e social existente enOleiros. Tamén presidiu o Fondo Galego de Cooperación durante 15 anos e desenvolveu un importante traballo como sindicalista de Comisións Obreiras.

n Alfredo Novoa recibiu unha réplica da placa da rúa que leva o seu nome.

O novo regulamento daauga libera os veciñosde importantes cargaseconómicas

Os dous cambios máis destacables introducidos no regula-mento liberan os particulares de varios gastos importantes. A empresasubministradora do servizo de auga pasa a asumir as avarías que seproduzan nas canalizacións que van desde a rede xeral ata os domicilios.A concesionaria tamén asumirá a responsabilidade sobre os contadores,eliminando posibles custos para os veciños, e terá que cambiar todosos existentes no municipio nun prazo de 10 anos. Para que o Concellode Oleiros poida asumir eses custos engadidos, o recibo da augaincrementarase en 41 céntimos ao mes. Ademais, establécense taxaspara unha serie de manobras e operacións que o regulamento anteriornon contemplaba e que son moi frecuentes a día de hoxe.

O pleno municipal aprobou na sesión de novembro unnovo regulamento de subministración domiciliaria de auga quevén a actualizar o que estaba en vigor ata hoxe. O novo documento,ademais de adaptarse ao marco legal existente, regula o servizoda auga potable tendo en conta a profunda transformaciónexperimentada no concello nos últimos 40 anos.

10 Vivir en Oleiros Nº 54 Un concello vivoXaneiro 2017

Page 11: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

Por un Oleiros limpo O cumprimento por parte de toda a cidadanía das normas relacionadas co lixo é imprescindible para unha mellor convivencia. A

separación dos residuos para a súa reciclaxe, o respecto dos horarios estipulados e a utilización do punto limpo son obrigas que permitenconservar o noso municipio da mellor maneira posible. Naqueles casos nos que se incumpra a normativa, o Concello adoptará medidassancionadoras contra os infractores. Ningunha persoa ten dereito a degradar o contorno no que vivimos.

Nas zonas de Perillo, Santa Cruz e Oleiros nas que existen contedoressubterráneos é habitual que algúns cidadáns incívicos e algúnshostaleiros non introduzan as súas bolsas nos depósitos de lixo, o cal,ademais de ofrecer unha pésima imaxe, ocasiona problemas de hixienepública.

Este tipo de comportamentos incívicos serán sancionados con multas dun mínimo de 300 euros

O lixo só pode tirarse de domingo a venres, desde as 21:00 ata as 8:00horas. Nos casos nos que non se están a respectar estes horarios, ocasiónaseun grave prexuízo ás persoas que teñen os seus domicilios nas proximidadesdos contedores. Ningunha persoa ten que tolerar as condutas incívicasduns poucos, que emporcan de xeito considerable as rúas de Oleiros.

O papel e o vidro deben depositarse nos contedores habilitados. Nocaso do papel e do cartón, debe ser dobrado e pregado. En ningúncaso pode quedar fóra dos depósitos.

Está prohibido deixar podas, mobles ou electrodomésticos nos contedoresdo lixo ou nos seus contornos. Todos estes residuos teñen que levarseao Punto Limpo.

A utilización do Punto Limpo é gratuíta. Está situado no polígono comercialde Iñás e está aberto de luns a sábado. No Punto Limpo do Concello deOleiros recíclanse, entre outras cousas, aceite, pilas e baterías, podas,escombros de obras menores, mobles, electrodomésticos e aparelloselectrónicos, pneumáticos, palés ou colchóns.

O lixo debe introducirse dentro dos contedores, en bolsas pechadas,respectando as normas de reciclaxe, separando os residuos orgánicose inertes. Non está permitido baleirar bidóns con desperdicios, nindeixar restos espallados polas inmediacións ou no interior dos recintosque albergan os contedores.

Vivir en Oleiros 11Nº 54Un concello vivo Xaneiro 2017

Page 12: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

n As asociacións de veciños traballan arreodurante todo o ano para ofertar unha amplísimavariedade de opcións culturais, festivas e de ocio.

Dada a importancia que ten no Concello de Oleiros o asociacionismo veciñal, educativo, cultural, xuvenil e deportivo, oGoberno municipal impulsa todos os anos unha liña de axudas económicas directas dirixidas ás entidades sen ánimo de lucro. Oobxectivo que se persegue é fomentar a participación activa e creatividade no tempo de lecer, contribuíndo a promover a difusión e aposta en valor da cultura galega, tendo tamén unha especial atención coas actividades deportivas que traballan coas categorías base.

Ademais destas importantes subvencións, o Concello de Oleiros pon a disposición das entidades infraestruturas, equipamentos erecursos humanos para o desenvolvemento das diferentes actividades. A conservación e mantemento das instalacións públicas queempregan as diferentes asociacións e os clubs deportivos supoñen un importante gasto económico para as arcas municipais. O mesmoacontece cos recursos humanos que o Concello pon a disposición dos diferentes colectivos para levar a cabo as súas actividades. Todaesta colaboración que se presta desde a administración supera con creces os máis de 200.000 euros que se conceden anualmente.

O Concello concede 214.796,27 eurospara as actividades das entidades

A Xunta de Goberno local aprobou a concesióndas subvencións solicitadas polas distintasentidades, asociacións e clubs do municipio senánimo de lucro, atendendo ás normas de

concorrencia competitiva determinadas nas basesda convocatoria. En total repártense 214.796,27euros entre 63 entidades. As ANPA e os centrosde ensino público reciben a metade dos cartos.

12 Vivir en Oleiros Nº 54 Un concello vivoXaneiro 2017 Vivir en Oleiros 13Nº 54Un concello vivo Xaneiro 2017

Page 13: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

Ata sempre comandante

Fidel Castro Ruz, falecido recentemente, é o revolucionariomáis importante da historia da humanidade.  Un cubano – galegouniversal, concelleiro honorífico de Oleiros, que nunca sucumbiu anteos continuos ataques perpetrados polo imperialismo. O seu lideradopermitiu que a República de Cuba acadase importantes conquistas sociaispara converterse no país máis culto e educado do mundo. Castro taménfoi un gran libertador e xunto co pobo cubano levou a independencia amoitos países do mundo que se atopaban subxugados aos colonizadorese aos gobernos asasinos.

O Concello de Oleiros apoiou a Cuba, principalmente, á raíz da caída domuro de Berlín. Foron numerosos os programas de cooperación co paíscaribeño e as accións de apoio e divulgación do sistema cubano pararomper o bloqueo perpetrado por Estados Unidos, os países da antigaURSS e os estados europeos.

O Goberno municipal creou unha intensa rede de cooperación conconcellos e ONG. O alcalde enviou decenas de empresarios a investir enCuba e contribuíu á realización da viaxe do presidente Manuel Fraga.Desde Oleiros tamén se organizaron encontros con alcaldes galegos naHabana; publicáronse os libros “A idade de ouro” de José Martí e “Ahistoria absolverame”, en galego, contando coa colaboración do ilustreescritor Neira Vilas; promovéronse intercambios entre universidades doEstado e a universidade da Habana e trouxéronse a centos de artistascubanos para facer proselitismo.

O Goberno municipal pretendía render homenaxe á relevante figura deFidel Castro outorgándolle o seu nome ao Parque das Galeras. A vontadedo líder da revolución cubana de que no se construíse ningún monumentona súa honra nin que tampouco se lle puxese o seu nome a ningunhapraza, rúa, parque ou institución impediuno.

n Fidel Castro recibe un agasallo do alcalde de Oleiros nun encontro con alcaldes galegos na Habana

Os médicos da ONG Solidariedade Galega completaron conéxito o proxecto sanitario desenvolvido nun hospital rural de Chiapas.A expedición formada entre outros por Cecilia Vecillas, atendeu a253 persoas e practicou 41 intervencións quirúrxicas. O Concellode Oleiros cofinanciou este proxecto con 8.700 euros.

O Concello de Oleiros, en colaboración coa Fundación Fundanova,acaba de realizar o envío de pupitres e bicicletas para o alumnado dun colexioguatemalteco da localidade de Champerico, unha remota localidade da costado Pacífico. Os pupitres foron doados por unha persoas particular e asbicicletas, un total de 17, levaban máis de dous anos sen ser reclamadasno depósito de obxectos perdidos da Policía Local.O colexio Centro Experimental del Pacífico atópase en proceso de serabsorbido pola administración. Máis de 500 nenos e nenas cursan primariae secundaria neste centro, xunto cun elevado número de adultos queaprenden a ler e escribir nestas instalacións.

Un colexio de Guatemalarecibe pupitres e bicicletas

n Graduación dun grupo de estudantes deste centro

14 Vivir en Oleiros Nº 54 Un concello vivoXaneiro 2017

Page 14: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

A festa do Entroido será o venres 3 de marzo

n Un dos grupos que participou no concurso de disfraces do pasado ano

O Concello de Oleiros segue a apostar pola atención áspersoas maiores e dependentes e ás súas familias a través doServizo de Axuda no Fogar, prorrogando o contrato actual pordous anos máis e incrementando as horas de atención das 39.500horas anuais actuais ás 61.000 horas anuais de servizo para osdous próximos anos. En total, destinaranse 1.104.200 eurosanuais nos orzamentos municipais deste 2017.

Este programa, no que o ano pasado foron atendidas 212 persoas,oferta apoios e atencións persoais ás persoas con dependenciae ás súas familias, ademais dunha serie de servizoscomplementarios como telefarmacia, préstamo de axudas técnicas,fisioterapia, perruquería, podoloxía… Un conxunto de atencióne servizos destinados a apoiar a permanencia das persoas maioresnas súas casas todo o que sexa posible, evitando internamentosinnecesarios que se poden resolver cun pequeno apoio.

O programa Descubrindo Emocións, iniciado en 2009,procura mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras ereducir a aparición de trastornos psicolóxicos motivados polatarefa de coidar. O benestar emocional destas persoas é unobxectivo prioritario para o Concello de Oleiros, de aí o desen-volvemento deste programa de apoio a persoas coidadoras.

A partir do 25 de xaneiro celébranse sesións terapéuticasquincenais nas que as persoas coidadoras conectan con outrasen circunstancias similares e adquiren habilidades para enfron-tarse aos seus problemas diarios. Tamén se pretende fomentare establecer unha rede de apoio social para esas persoas, asícomo un soporte emocional estable.

O Goberno municipaldestinará máis dun millón deeuros á atención de persoasmaiores e dependentes

Un curso ensinará a realizar un uso seguro das redes

O día grande do Entroido oleirense retrásase este ano un pouco e será o primeiro venres demarzo, despois do martes de Entroido e xusto o día anterior ao sábado de piñata. Como é habitual,a polideportiva Arsenio Iglesias de Santa Cruz, xunto ao colexio Parga Pondal, acollerá a partir

das 19:00 horas a tradicional festa que incluirá música en directo, chocolatada, concurso de disfraces e a actuación sorpresa de todos os anos.

No concurso de disfraces haberá categoría individual e de grupos. En total, repartiranse máis de 3.000 euros en premios para recoñecer osmellores disfraces e tamén os máis simpáticos nun certame que é unha referencia dentro da comarca.

Coidando dos que coidan

No próximo mes de marzo, en colaboración co equipo informático da Garda Civil, vai impartirse un curso sobre o uso seguro de internetdirixido especialmente ás persoas maiores que acoden aos cursos de formación en informática organizados pola Concellería de Servizos Sociais dentrodas Actividades 60+. As persoas interesadas en participar deberán dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais: 981 610 000 ou [email protected].

Difrázate e participa!!!

Nº 54Xaneiro 2017

Page 15: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

A tenista Uxía Martínez, veciña de Montrove, venceu o MutuaMadrid Open Sub16, o Torneo Cidade de Vigo, o Trofeo Ifevi e foi subcam-pioa do Torneo Open Mutua Madrid en Santander. Con tan só 15 anosocupa a posición número 70 na clasificación de tenistas absolutas españolas.Estes prometedores resultados fan de Uxía Martínez unha das tenistascon máis proxección e unha firme candidata a dar o salto ao circuítointernacional nun breve período de tempo.

Uxía Martínez triunfa en2016 e apunta ao máisalto do tenis internacional

A taekwondista de Montrove Sara García foi convocada polaselección española para participar no reputado programa “Puente dela excelencia”, que lle permitirá adestrar durante unha semana no CARde Barcelona xunto aos mellores loitadores do Estado. Sara García,que o pasado ano se proclamou campioa de España, conta con seriasopcións de participar nos próximos Xogos Olímpicos que se celebraránen Tokio en 2020.

Mónica Casteloproclámase campioade Europa de Rugby

A gran deportista oleirense Mónica Castelo, veciña da localidadede Nós, proclamouse recentemente campioa de Europa de Rugby coaselección española. Castelo xa é unha habitual das convocatorias daselección española, coa que acumula preto de 10 partidos como xogadorainternacional. Ademais, xoga na División de Honra co CRAT da Coruña,título que tamén conquistou en 2015.

O equipo sénior de ximnasia estética da Escola Ximnasia Acordes de Oleiros proclamouse campión da Copa de España que se celebrou enCartaxena grazas a un extraordinario exercicio das mulleres oleirenses. En novembro, na Copa de España de ximnasia rítmica, os equipos alevíns einfantís do Acordes tamén completaron unha fantástica actuación ocupando o sexto e o quinto posto, respectivamente, nas clasificacións finais destamultitudinaria modalidade deportiva.

O Acordes gana a Copa de España de ximnasia estéticae tamén destaca na Copa de España de rítmica

Sara García participa noprestixioso programa

“Puente de la excelencia”

16 Vivir en Oleiros Nº 54 Un concello vivoXaneiro 2017

Page 16: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

Hai máis de tres anos que a Escola Municipal de Hóckey botou a andar. O obxectivo inicial de que esta escola fose o xerme dun futuroclub de hóckey no concello está xa cumprido coa creación do Club Hóckey Oleiros, polo que a continuidade dos nosos rapaces e rapazas unhavez rematen a súa etapa na escola están garantidas.

A Escola Municipal de Hóckey ofrece unha iniciación a este deporte, para nenos e nenas de 5 a 7 anos. A actividade desenvólvese todos os martese xoves de 17:00 a 18:00 horas. Aínda existen prazas para os nenos nados entre os anos 2009 e 2011. As persoas que puidesen estar interesadaspoden solicitar máis información no Servizo Municipal de Deportes do centro cultural A Fábrica ou no correo electrónico [email protected].

A Escola Municipal de Hóckey conta con prazasdispoñibles para nenos e nenas de 5 a 7 anos

A Escola Municipal de Surf comeza un novo curso con 40 rapaces e rapazas. Os mozos que participen nesta actividade disporán de monitoresespecializados e de todo o material necesario para practicar este deporte.

A actividade terá lugar no centro deportivo municipal da praia de Bastiagueiro desde febreiro ata xuño, coincidindo sempre co calendario escolar. Aíndaque o prazo de inscrición xa está pechado, as persoas que puidesen estar interesadas poden contactar co Servizo Municipal de Deportes do centrocultural A Fábrica ou no correo electrónico [email protected].

Un total de 40 rapaces e rapazas gozan dosurf na escola do Concello de Oleiros

O vindeiro 25 de xaneiro arranca unha nova edición da Ligade Judo que organiza o Concello de Oleiros en colaboración co JudoClub Oleiros. Participan un total de 23 equipos de toda Galicia e Asturiasnas categorías sub 11, sub 13, sub 15 e sub 18. Ademais desa primeiraxornada o día 25, haberá competición os días 11 e 18 de febreiro e o25 de marzo. Os combates comezan todos os días ás 9:00 horas eterán lugar no pavillón de Canide.

O pavillón José AntonioLópez Nieto acolleunha nova edición daLiga de Judo

Vivir en Oleiros 17Nº 54Un concello vivo Xaneiro 2017

Page 17: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

Nas vindeiras semanas botan a andar novamente os obradoiros de olería infantil, xuvenil e de adultos, que organiza o Concellode Oleiros. Con estes cursos preténdese que o alumnado acade unha visión xeral das posibilidades que ofrece a olería nas súas diferentestécnicas, aprecie o feito artesán e o identifique cos valores culturais do municipio, fomentando actitudes de respecto polos oficios dobarro e pola artesanía en xeral. As persoas interesadas nesta actividade poden solicitar información no centro cultural A Fábrica, noteléfono 981 636 598 ou no enderezo electrónico [email protected].

O Concello de Oleiros, a peti-ción da Asociación de Veciños de Nós,designou co nome de Juana de Vega ocolexio da localidade, que se atopa inmersoxa no segundo curso da súa historia aca-démica. O Goberno municipal, que comu-nicara esta decisión hai meses, estabaagardando pola confirmación da Conselleríade Educación.

Juana de Vega foi unha importante activistapolítica, unha ilustre escritora liberal eunha benfeitora na localidade. Candofaleceu cedeu o Pazo da Carballeira paraque se convertese en escola e deixou osseus cartos para os seus empregados epara a formación e a educación dos nenose nenas da zona.

Os obradoiros de olería infantil, xuvenil e de adultos

O coro de Oleiros levou a súa música á cidade de Roma hai varias semanas. Os coralistas oleirenses cantaron unha misa naBasílica do Vaticano e tamén ofreceron un concerto na praza de España.

O colexio de Nós denomínase oficialmenteCEIP Juana de Vega

Tres estudantes do municipio recibi-ron nas pasadas semanas importantes pre-mios académicos polos seus extraordinariosresultados. Sara Escudero Rubio, que rema-tou en 2015 Arquitectura, foi distinguida coPremio Extraordinario Fin de Carreira queoutorga a Xunta de Galicia aos melloresexpedientes universitarios. Olaya Cea Fon-tenla, que tamén completou en 2015 osestudos de Enxeñería de OrganizaciónIndustrial, recibiu o mesmo recoñecemento.Pola súa parte, Nuria Mexuto Bautista recibiuo premio extraordinario da ESO, un galardónque reciben cada curso os mellores 20estudantes de secundaria de toda Galicia.Todos estes premios veñen a recoñecer otraballo, a dedicación e a gran capacidadeque teñen estas mulleres e a calidade doscentros de ensino público do noso municipio,pois estas tres brillantes estudantes procedendo IES María Casares.

18 Vivir en Oleiros Nº 54 Un concello vivoXaneiro 2017

Sara Escudero, Olaya Cea e Nuria Mexutoreciben importantes premios académicos

n Sara Escudero - Olaya Cea - Nuria Mexuto

Page 18: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

A Rede de Bibliotecas Municipais de Oleiros organizadiferentes actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensinopúblico do municipio co obxectivo de conseguir novos e melloreslectores e lectoras que contribúan a crear unha sociedade máis culta,libre e solidaria; así como que coñezan algunhas das bibliotecas mu-nicipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecennos seus respectivos centros de ensino. Máis de 3.200 alumnos ealumnas de infantil, primaria, ESO e bacharelato participarán nestaprogramación que se levará a cabo desde xaneiro ata xuño.

En total ofértanse 45 actividades diferentes para que o profesoradode cada un dos centros de ensino público de Oleiros seleccione asque mellor se adaptan á súa programación escolar. En función da idade,do curso e da selección de cada centro de ensino, o alumnado poderágozar con contacontos, espectáculos de música e baile, recitais depoesía, obradoiros de ilustración e de banda deseñada, encontros con

escritores e escritoras, conferencias sobre a mitoloxía galega, ou visitas á biblioteca central para aprender a realizar buscas no catálogo bibliográfico.Desde as bibliotecas públicas municipais tamén se pretende que os escolares se acheguen á produción literaria de autores como Rosalía deCastro, Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole, Emilia Pardo Bazán, Xosé Miranda, Antonio Machado, Pedro Salinas, Federico García Lorca, Edgar AllanPoe, Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz e Roald Dahl.

O Concello de Oleiros está a desenvolver un cursopreparatorio para a obtención do título de graduado en ESO. As persoasasistentes a estas clases serán preparadas academicamente para quesuperen as probas libres para maiores de 18 anos que convoca a Xuntade Galicia para a obtención do título en ESO.

As clases desenvolveranse no Centro Municipal de Formación IsaacDíaz Pardo e comezarán a finais de xaneiro. Aínda que as prazas xaestán cubertas na súa totalidade, as persoas interesadas en apuntarsepoden informarse no teléfono 981 636 598, no centro cultural A Fábricaou no enderezo electrónico [email protected].

Máis de 3.200 alumnos e alumnas dos centros deensino público participarán nas actividades de

promoción da lectura

O programa municipal de reforzo escolaraxuda os estudantes fóra do horario lectivo

O curso de preparaciónpara obter o graduado enESO xa está en marcha

O Concello de Oleiros volve poñer en marcha o programa de reforzo escolar dirixido ao alumnado doscentros de ensino público de Oleiros de primaria e secundaria. O obxectivo principal desta acción é previr o fracasoescolar entre os escolares e garantir a igualdade de oportunidades para todo o alumnado. As clases desenvólvensena casa da cultura de Perillo, na casa do pobo de Nós, no centro social de Rialta e no centro cívico de Santa Cruz.

Aínda que este programa xa está en marcha, existe a posibilidade de realizar novas inscricións. Os estudantes quese apunten agora e non dispoñan de prazas pasarán á listaxe de agarda, á espera de formar novos grupos. Paraobter máis información, as persoas interesadas deberán dirixirse á Fábrica: [email protected] ou 981 636 598.

O vindeiro 16 e 17 de febreiro o alumnado de 3º e 4ºde primaria dos centros de ensino público do municipio asistiránao Auditorio Gabriel García Márquez para ver a obra Valados, deAgustín Fernández Paz, interpretada por Artestudio. Unha homenaxetamén ao magnífico escritor de novela xuvenil, para estudar a súaobra e promover a lectura.

Este espectáculo narra a historia de dous amigos inseparables,Helena e Xoel, que viven na mesma vila, pero os seus barrios sondiferentes. Unha mañá, unha reixa metálica érguese para dividirunha poboación da outra e os dous amigos quedan separados.Terán que idear distintas estratexias para poder estar en contacto.

O alumnado de Oleirosreflexionará sobre a crisedos refuxiados a travésda obra Valados deAgustín Fernández Paz

Vivir en Oleiros 19Nº 54Un concello vivo Xaneiro 2017

n O alumando do IES Neira Vilas durante unha das actividades literariasorganizada polo Concello de Oleiros

Page 19: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

l BIBLIOTECA MANUEL MARÍA. Oleiros

l BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA. PERILLO

l BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO. Santa Cruz

l BIBLIOTECA Mª JOSÉ TRINCADO. Mera

l BIBLIOTECA XOGRAR MENDIÑO. Lorbé

l BIBLIOTECA ÁNXEL FOLE. Nós

l BIBLIOTECA Mª JOSÉ RUSO. Dorneda

ACTOS LITERARIOS

Febreiron Día 8 (18:30 horas): O paseo do elefante con SoledadFelloza, para nenos e nenas de 1 a 3 anos.n Día 15 (18:30 horas): Viaxe a África con Lilí Gruyère,para nenos e nenas de 4 a 6 anos.n Día 22 (17:30 horas): obradoiro de máscaras de entroido, para nenos enenas maiores de 5 anos.

Marzon Día 8 (18:30 horas): Branca como a lúa, morena como a terra con PaulaCarballeira, para nenos e nenas de 4 a 6 anos.n Día 15 (18:30 horas): A durmir con Ramiro Neira, para nenos e nenas de1 a 3 anos.n Día 22 (18:30 horas): obradoiro de maxia con Chrystyan Magic, para nenose nenas de 7 a 10 anos.n Día 29 (18:30 horas): Onde está a risa de Lúa? con Charo Pita, para nenose nenas de 1 a 3 anos.

Febreiron Día 10 (18:30 horas): Pío, pío con Ramiro Neira, para nenos e nenas de 1a 3 anos.n Día 24 (17:30 horas): obradoiro de máscaras deentroido, para nenos e nenas maiores de 5 anos.

Marzon Día 10 (18:30 horas): Érase outra vez: contos para cambiar o conto con SoledadFelloza, para nenos e nenas de 4 a 6 anos.n Día 24 (18:30 horas): Bos días! con Ramiro Neira, para nenos e nenas de1 a 3 anos.

Febreiron Día 16 (18:30 horas): En branco con Ramiro Neira, paranenos e nenas de 4 a 8 anos.

Marzon Día 2 (17:30 horas): obradoiro de máscarasde entroido, para nenos e nenas maiores de 5 anos.n Día 23 (18:30 horas): Contos da primavera que todo oaltera con Caxoto, para nenos e nenas de 4 a 8 anos.

Durante os vindeiros meses as bibliotecas municipais continúan a ofertarunha ampla oferta de contacontos e obradoiros. Ademais, da programación habitual,no mes de febreiro haberá obradoiros de máscaras en todas as localidades. Paraparticipar en calquera das actividades é preciso reservar praza. Pode facerse desdedez días antes en cada unha das bibliotecas ou a través dunha chamada de teléfono.

Contacontos e obradoiros nas bibliotecaspara os máis pequenos

l Xoves 16 de febreiro, ás 19:00 horas - Biblioteca Rosalía de Castro, Santa CruzPresentación do poemario Limaduras de prata, de Luisa Abad. A obra recolle unha serie de poemassobre as experiencias e emocións da autora durante o tratamento dun linfoma.l Xoves 9 de marzo, ás 19:00 horas - Teatro das Torres, Santa CruzEspectáculo Aldaolado, con Lucía Aldao e María Lado. Trátase dun recital de poemas de humor acompañadosde música en directo.

Febreiron Día 9 (18:30 horas): Os ratiños da caixa con O rato Fuco, para nenos e nenasde 4 a 6 anos.n Día 16 (18:30 horas): Unha de bechos con Charo Pita, para nenos e nenas de 1 a 3 anos.n Día 23 (17:30 horas): obradoiro de máscaras de entroido, paranenos e nenas maiores de 5 anos.

Marzon Día 2 (18:30 horas): Contos para bebés con Pavís Pavós,para nenos e nenas de 1 a 3 anos.n Día 9 (18:30 horas): obradoiro de cómic con Asociación Participa, paranenos e nenas de 8 a 12 anos.n Día 16 (18:30 horas): obradoiro Biotecnólogos na biblioteca con Efervescencia,para nenos e nenas de 7 a 10 anos.n Día 23 (18:30 horas): O ratiño presumido con Lilí Gruyère, para nenos enenas de 4 a 6 anos.n Día 30 (18:30 horas): Unha granxa diferente con Soledad Felloza, para nenose nenas de 1 a 3 anos.

Febreiron Día 6 (18:30 horas): Quen quere un rinoceronte barato? Eoutras historias de animaliños incribles con Soledad Felloza,para nenos e nenas de 4 a 6 anos.n Día 20 (17:30 horas): obradoiro de máscaras deentroido, para nenos e nenas maiores de 5 anos.

Marzon Día 6 (18:30 horas): Azul con Ramiro Neira,para nenos e nenas de 1 a 3 anos.n Día 20 (18:30 horas): Contamos en igualdade con Caxoto,para nenos e nenas de 4 a 6 anos.

Febreiron Día 17 (18:30 horas): O ratiño presumido con Lilí Gruyère,para nenos e nenas de 4 a 8 anos.n Día 24 (17:30 horas): obradoiro de máscaras de entroi-do, para nenos e nenas maiores de 5 anos.

Marzon Día 17 (18:30 horas): Fábulas do bercecon Charo Pita, para nenos e nenas de 1 a 3 anos.n Día 31 (18:30 horas): Contos para toda a catizumbacon Paula Carballeira, para nenos e nenas de 4 a 8 anos.

Febreiron Día 7 (18:30 horas): A saúde afectiva con Trinke Trinke,para nenos e nenas de 4 a 8 anos.n Día 21 (17:30 horas): obradoiro de máscaras deentroido, para nenos e nenas maiores de 5 anos.

Marzon Día 7 (18:30 horas): A raíña de Turnedó eoutras cousas de mulleres da historia conSoledad Felloza, para nenos e nenas de 4 a 8 anos.n Día 21 (18:30 horas): Contos de aquí e de acolácon Ramiro Neira, para nenos e nenas de 4 a 8 anos.

Xaneiro 201720 Vivir en Oleiros Nº 54 Un concello vivo

Page 20: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

AbrilMarzol Sábado 4, ás 20:30 horasAuditorio Gabriel García Márquezde MeraMaría Barcala protagoniza Helena, xuízoa unha lurpia. Unha obra de teatro clásico,dirixida por Xúlio Lago, que reflexiona edenuncia ao redor do drama da mullercontemporánea e tamén de moitas dasdramáticas circunstancias polas quetransita a nosa civilización.n As entradas poñeranse á venda ás19:30 horas, ata completar a capacidadeda sala.

l Venres 28 e sábado 29, ás 20:30 horasAuditorio Gabriel García Márquez de MeraLuis Davila e Carlos Blancocombinan novamente enxeñose artes para atopar o cóctelperfecto. Desta volta viaxan aBroadway. Cos sachos, claro.E bailan claque e todo. As risasnesta comedia, que contarácon dous pases, están ase-guradas… e debuxadas.n As entradas poñeranse á venda ás 19:30 horas, ata completar acapacidade da sala.

l Sábado 8, ás 20:30 horasAuditorio Gabriel García Márquez de MeraNormas para saber vivir na sociedademoderna, de Sarabela Teatro, presentabaixo a forma dun divertimento irónico unhacrítica feroz á sociedade. As actrices eactores que participan son Fina Calleja,Sabela Gago, Fernando Dacosta, Elena Seijoe Vadzim Yuknevich.n As entradas poñeranse á venda ás 19:30horas, ata completar a capacidade da sala.

l Sábado 25, ás 20:30 horasAuditorio Gabriel García Márquezde MeraKulunka Teatro presenta Solitudes, unhaobra na que un ancián pelexa polos seusdesexos con determinación e dignidade.E isto, claro, terá as súas consecuencias.Garbiñe Insausti, José Dault e Edu Cár-camo forman o elenco desta obra.n As entradas poñeranse á venda ás19:30 horas, ata completar a capacidadeda sala.

l Sábado 22, ás 20:30 horasAuditorio Gabriel García Márquez de MeraA cabeza do Dragón, incluídapor Val le-Inclán nunhacolección de farsas, conta aviaxe ao corazón do dragónque se narra en todas asculturas do mundo. Ana SanMartín, Víctor Mosqueira, IvánMarcos, Patricia Vázquez,Josito Porto, Yelena Molina,Marcos Orsi e Quico Cadavalrecrean esta fantasía deProducións Teatrais Excéntricas.n As entradas poñeranse á venda ás 19:30 horas, ata completar acapacidade da sala.

l Sábado 11, ás 20:30 horasAuditorio Gabriel García Márquezde MeraO espectáculo Resaca, de IlmaquinarioTeatro, é unha celebración da vida e daamizade de cinco amigos que decidenxuntarse para reconstruír a súa memoriaxeracional. Melania Cruz, Fernando Gon-zález, Fran Lareu, Laura Míguez e VadimYukhnevich dan vida a esta historia.n As entradas poñeranse á venda ás19:30 horas, ata completar a capacidadeda sala.

O mellor teatro ao menor prezo As mellores compañías de teatro do panorama estatal estarán en Oleiros durante os vindeiros meses para ofrecer espectáculosde primeiro nivel. O Concello subvenciona unha parte importante do custo destes espectáculos para garantir a oportunidade de accesode todos os veciños e veciñas, o que posibilita que as entradas oscilen entre os 2,50 e os 5 euros.

O vindeiro domingo 29 de xaneiro, a partir das 17:00 horas, o teatrodas Torres de Santa Cruz acolle un festival solidario co pobo saharaui. Haberáespectáculos de maxia, baile, música e moitas outras actividades dirixidas atodo tipo de idades. A entidade Solidariedade Galega co Pobo Saharaui organizaeste evento en colaboración co Concello de Oleiros. A entrada é gratuíta.

Solidariedade Galega co Pobo Saharaui é unha entidade non gubernamentalque pretende mellorar as condicións de vida dos refuxiados saharauis e dapoboación residente no Sáhara Occidental, ocupado por Marrocos. Taménprocura dar resposta ás necesidades de planificación e mellora na xestióne execución da axuda humanitaria dirixida os refuxiados saharauis.

Festival solidario co PoboSaharaui en Santa Cruz

Vivir en Oleiros 21Nº 54Un concello vivo Xaneiro 2017

Page 21: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

Unha banda de primeiraNon son ningún experto en música ninmoito menos, pero si que me gustaescoitar todo tipo de xéneros. Hai unsdías tiven a fortuna de poder escoitar aBanda da Escola Municipal do Concellono festival de Nadal. A verdade é que xaos escoitara hai tempo en directo, e taménlevei posto durante unha boa tempada nocoche o CD que chegou a casa, pero aspezas que interpretaron ese día do festivalno auditorio de Mera marabilláronme.Pareceume un concerto dunha grandísimacalidade musical, cun son realmenteespectacular e que me cativou totalmente.Sorpréndeme, para ben, que esteamosdiante da banda dunha escola. Se osmúsicos que a integran aínda se atopanen etapa formativa, como tocarán candorematen os seus estudos… Por iso querotransmitirlles as miñas máis sincerasfelicitacións polo ben que o fan. E estoucompletamente convencido de que estafelicitación a comparten moitos outrosveciños e veciñas. Parabéns artistas!

Enrique Rivas-Santa Cruz

Como non serAna María EnjamioNeste país temos a desesperante maníade centrar os nosos esforzos en culpabi-lizar e fiscalizar o comportamento daspersoas que sofren agresións. Por se istofose pouco, a nosa indulxencia co agresornos casos de violencia machista é san-grante. E non educamos para cambiar asituación.Desde que coñecín a noticia do asasinatodunha muller en Vigo a mans dun com-pañeiro de traballo tras unha cea de em-presa, escoitei afirmacións do tipo «Comose lle ocorre liarse cun home con dousfillos» ou «non debería ir camiñando soaa esas horas pola rúa». Tamén se publi-caron artigos “recomendando” ás mulle-res como vestirse pola noite e que facerpara “non ser agredidas”. Demencial. Si.Pero reflexo do que somos: unha socie-dade onde o machismo foi normalizado.Imos por partes.O primeiro que nos tería que quedar claroa todos cando falamos de violencia ma-chista é que non nos referimos a un delitode violencia dun home contra unha muller.É algo moito máis profundo. Se eu mañávou pola rúa e ataco a un home pararoubarlle 20 euros, é un atraco. Se atacoa unha muller para roubarlle 20 euros, éo mesmo delito: o feito de que a vítimasexa unha muller, non o converte en vio-lencia de xénero. Un tema moi diferente

é cando se exerce a violencia contra unhamuller polo feito de selo.Neste caso, o móbil do asasinato é orexeitamento exercido por unha mullerlibre de vivir a súa sexualidade como lledea a gana. Ela pasara páxina e non teríanque facer falta máis explicacións. Nonteríamos que lamentar outro asasinatomachista. Pero resulta que o agresor nono acepta. Non acepta a liberdade de AnaMaría Enjamio de elixir, como muller ecomo persoa, con quen se deita e conquen se levanta. Non asume que, a pesarde que fora o seu xefe no ámbito laboral,non pode decidir sobre os sentimentosdela. E entón, asasínaa. Que vergonza quenesta sociedade o feito de ser unha mullersexa un factor de risco. Pero non o edu-camos para o contrario.Deberíamos comezar a interiorizar que,como homes, non temos a potestade paraelixir nin a roupa que se pon unha muller,nin a hora á que “é bo” que camiñe soapola rúa. Non temos dereito a determinaro número de persoas coas que é moral-mente aceptable que se deite nunhasemana, nin tampouco a sinalar cales sonas medidas que debe ou non tomar para“non ser violada”.En definitiva, a clave, por moito que seempeñen os medios de comunicación endemostrar o contrario, non está en comonon ser Ana María Enjamio. Está en nonasasinar a Ana María Enjamio. E para isohai que educar en consecuencia. Hai queinculcar a igualdade en todas as esferasdo social. E erradicar o machismo de raízde todas as estruturas sociais, empezan-do, como non, pola escola.Se non o facemos, seguiremos acumu-lando minutos de silencio como o de AnaMaría Enjamio.

S.C.-Liáns

Agradable sorpresaSon veciña de Oleiros desde hai seismeses. Logo duns anos vivindo na Coruña,eu son da provincia de Ourense, decidíncambiar o meu lugar de residencia. Seben é certo que teño que investir cadadía practicamente 30 minutos desde omeu piso ata o meu posto de traballo,considero que ganei en moitas outrascousas que me ofrece este marabillosolugar no que cada día que pasa estoumáis contenta.Para a miña sorpresa, hai un par de sema-nas, chamaron á miña porta para facermeentrega dunha margarita e unha preciosalámina con motivo do nacemento da miñafilla. A verdade é que non tiña nin idea deque se facía isto aquí e paréceme unhaidea boísima. A min persoalmente fíxome

moitísima ilusión e estou encantada coalámina, que me parece preciosa. Queroamosar publicamente o meu agradece-mento por este detalle, que seguro quenon supón un grande investimento paraa administración, pero que considero queten unha carga simbólica importante, máisnesta nosa Galicia que tanto necesita denenos e nenas para encher de vida cadarecuncho do país.

Lucía Rodríguez-Bastiagueiro

Os Reinos de TaifasDende hai moito tempo estase a artellarcomo entidade xurídica a denominadaÁrea Metropolitana da Coruña, de acordoá lexislación española sobre administra-ción local. Ata o de agora, e para aprovei-tar os recursos que desde a ComunidadeEconómica Europea se ofrecía para oefecto, creouse o Consorcio das Mariñas,auspiciado polo Concello de Oleiros eante a inanición do 'ínclito' Paco Vázquez(ex-alcalde da cidade da Coruña) localistae unha 'peste' para o desenvolvementodunha viabilidade fluída dos accesos ávila herculina.O dito consorcio viña a funcionar segundoo previsto con acerto, solvencia e bo xuízonas súas formulacións e necesidadessempre por unanimidade das partes im-plicadas porque primaban os interesesda cidadanía por riba de todo.Pero, a raíz das derradeiras eleccións áXunta de Galicia, o panorama politizouseradicalmente. O nomeamento do 'popular'Diego Calvo, ex-presidente da DeputaciónProvincial da Coruña, como delegado doente autonómico na provincia ordenouboicotear a asistencia dos tres alcaldesdo PP (Abegondo, Arteixo e Carral) á pri-meira xuntanza constituínte convocadaen tempo e forma, precisamente por una-nimidade, a celebrar na Coruña coa pre-senza e compromiso de Xulio Ferreiro,alcalde coruñés. Esta esperpéntica mano-bra de intentar 'abortar' os acordos damaioría, convocando o Sr. Calvo outra enparalelo, contradise coas declaraciónspúblicas do presidente Núñez Feijóo quealenta este proxecto e avoga a un rápidoconsenso.Estas manobras semellan o que pasou entempos idos no Califato de Córdoba cosfamosos 'Reinos de Taifas'. Este nomea-mento confirma o desconcerto que oca-siona Calvo dentro do seu grupo, e veciñal,onde parece que cadaquén anda por libree á súa 'bola' sen calibrar o importantecalado social que vai achegar a posta enfuncionamento da área metropolitana.Entre Calvos e Calvelos anda o xogo.

Rita la Cantaora (Montrove)

TRIBUNA ABERTA Este é un espazo de participación cidadá onde se pode opinar sobre o tema quese desexe. Os textos son reproducidos de forma íntegra. Recorda que a extensiónmáxima debe ser de 1.000 caracteres. Se queres participar nesta sección do próximoVivir escríbenos ao enderezo electrónico [email protected]

22 Vivir en Oleiros Nº 54 Un concello vivoXaneiro 2017

Page 22: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

Teléfono do VeciñoToda a información de 8 da mañáa 8 da tarde ininterrompidamente

981 610 000

Transportes Aeroporto de Alvedro 981 187 200

Estación autobuses A Coruña 981 184 335

Estación FFCC San Cristovo 902 240 202Horarios Cal Pita1 > A Coruña> Fonteculler> O Burgo> San Pedro <

2 > A Coruña> Perillo> Montrove> Os Regos> Oleiros <

Laborables Ida 7:05 a 22:05 cada hora. Volta 7:35 a 22:35 cada horaSábados Ida 8:05 a 20:05 cada hora. Volta 8:35 a 20:35 cada horaDom+fest Ida 10:05 a 20:05 cada hora. Volta 10:35 a 20:35 cada hora

2a > A Coruña> Perillo> Montrove> Os Regos> Oleiros> Soñeiro <

Laborables Ida 7:05. Volta 7:30Sábados Ida 8:05 < 14:05. Volta 8:30 < 14:30Dom+fest Ida 10:05 < 14:05. Volta 10:30 < 14:30

2b > A Coruña> Perillo> Montrove> Os Regos> Oleiros> Pousada <

Laborables Ida 16:05. Volta 16:35Sábados Ida 16:05 < 19:05. Volta 16:35 < 19:35Dom+fest Ida 16:05 < 19:05. Volta 16:35 < 19:35

3 > A Coruña> Perillo> Nos> O Carballo> Oleiros> Sada <

Laborables Ida 6:55 a 20:55 cada hora < último ás 22. Volta 6:55 a 21:55 cada horaSábados Ida 6:55 a 20:55 cada 2 horas. Volta 7:55 a 21:55 cada 2 horasDom+fest Ida 8:55 < 10:55 < 13:05 < 14:55 a 20:55 cada 2 horas. Volta 9:55 a 21:55 cada 2 horas

Laborables Ida 6:25 a 21:25 cada hora. Volta 6:25 a 21:25 cada horaSábados Ida 6:25 < 8:25 a 20:55 cada hora < Último ás 22. Volta 7:25 a 21:25 cada horaDom+fest Ida 8:25 a 20:25 cada hora < Último ás 22. Volta 8:25 a 21:25 cada hora

4 > A Coruña> Perillo> Sta. Cruz> Arillo> Sada <

6 > A Coruña> Perillo> Sta. Cruz> Arillo> Rialta <

6a > A Coruña > Perillo > Sta. Cruz >Arillo > Rialta > Dorneda >Pousada > Oleiros > Soñeiro <

Laborables Ida a Oleiros 8 < a Soñeiro 20Volta a Oleiros 8:40 < a Soñeiro 20:40

6b > A Coruña > Perillo > Sta. Cruz >Franzomel > Dorneda >Pousada > Oleiros > Soñeiro <

Laborables Ida a Soñeiro 13:10. Volta de Soñeiro 13:50Sábados Ida a Oleiros 11 < 21:10. Volta de Oleiros 11:30 < 21:45Dom+fest Ida a Oleiros 10:20 e 13:10. Volta de Oleiros 10:45 < 13:35

VERÁN> A Coruña > Perillo > Sta. Cruz <

VERÁN> A Coruña > Perillo > Sta. Cristina <

Sábados+dom+fest Ida 10 a 21 cada horaVolta 10:30 a 21:30 cada hora

Luns a domingos Ida 10:20 a 20:20 cada horaVolta 10:50 a 20:50 cada hora

Laborables Ida 6:45 < 6:55 < 7:10 < 7:25 < 7:35 < 7:45 a 21 cada 15´< 21:30 a 22:30 cada 30´Volta 7 a 21 cada 15´< 21:30 a 22:30 cada 30´

Sábados Ida 7:10 < 7:40 < 8-22:30 cada 30´ Volta 7:30 a 22:30 cada 30´Dom+fest Ida 7:10 < 7:40 < 8 a 22:30 cada 30´ Volta 7:30 a 22:30 cada 30´

Laborables Ida 6:50 < 7:10 < 13:05 < de 7:40 a 20:40 cada hora < De 8 a 12 cada hora < De 14 a 20 cada hora< Último ás 22. Volta 7:10 a 21:10 cada hora < De 7:30 a 19:30 cada hora < 20:50 < 22:30Sábados Ida 8:50 < 9:40 a 20:40 cada hora. Volta 9:10 a 21:10 cada horaDom+fest Ida 9:40 a 20:40 cada hora. Volta 10:10 a 21:10 cada hora

O ciclo da lúaChea 12 xaneiro / 11 febreiro / 12 marzo

Mingua 19 xaneiro / 18 febreiro / 20 marzo

Nova 28 xaneiro / 26 febreiro / 28 marzo

Medra 4 febreiro / 5 marzo / 3 abril

Querida lúa

En Oleiros TAXI a domicilio no 981 243 333

Concello de Oleiros 981 610 000

Policía Local (24 horas) 981 610 001Garda Civil de Oleiros 981 610 067Garda Civil urxencias 062Xulgado 981 610 824Servizo de augas 981 610 602Mercado municipal 981 638 158Recadación municipal 981 635 603Ofic. Consumidor (Omic) 981 610 000C. Recuper. fauna salvaxe 981 626 241Urxencias médicas (24 horas) 061Centro Urxencias Sta. Cruz 981 614 901Centro Saúde Perillo 981 638 731Centro Saúde Sta. Cruz 981 626 768Centro Saúde de Oleiros 981 082 188Casa do Mar de Mera 981 628 544Protección Civil 981 636 933

Centros municipais de actividadesCentro Cultural A Fábrica 981 636 598Centro Cívico de Sta. Cruz 981 626 497Casa do Pobo de Mera 981 617 662Casa do Pobo de Iñás 981 631 240Casa do Pobo de Nós 981 664 257Casa do Pobo de Lorbé 981 618 278Centro Cultural de Montrove 981 639 422Casa da Cultura de Perillo 981 636 555Centro de Información Xuvenil 981 636 598Museo Oleiros J.M.Kaydeda 981 626 692Castelo de Sta. Cruz 981 630 618Aula do Mar / Faros de Mera 981 618 154Escola Municipal de Danza 981 639 688Escola Municipal de Música 981 639 143Centro de Lecer Portaberta 981 614 083Complexo deportivo de Oleiros 981 611 338Complexo deportivo de Perillo 981 634 030Complexo deportivo de Dorneda 981 614 430Piscina Municipal da Fábrica 981 639 506

Centros educativosCMF Isaac Díaz Pardo 981 631 706EI A Pardela / Os Regos 981 631 788EI As Galeras / Bastiagueiro 981 648 446EIM A Canteira / Perillo 981 977 921IES Neira Vilas / Perillo 881 880 858IES Miraflores / Oleiros 881 880 845IES Mª Casares / Bastiagueiro 981 626 344CEIP Luís Seoane / Mera 981 617 130CEIP Parga Pondal / Sta. Cruz 981 614 976CEIP Valle Inclán / Perillo 881 960 324CEIP A Rabadeira / Oleiros 881 960 270CEIP Juana de Vega / Nós 607 741 969

BibliotecasCentral Rialeda / Perillo 981 639 511Rosalía de Castro / Sta. Cruz 981 626 338María José Trincado / Mera 981 628 507Mª José Ruso / Dorneda 981 626 638Manuel María / Oleiros 981 610 700Ánxel Fole / Nós 981 664 257Xograr Mendiño / Dexo-Lorbé 981 618 201

ext.1274

Ata o 28 de decembro, o padrón do Concellodistribuído por parroquias é:

DEXO (Santa María) 1.353DORNEDA (San Martiño) 3.464IÑÁS (San Xurxo) 1.210LIÁNS (Santa Eulalia) 10.350MAIANCA (San Cosme) 1.374NÓS (San Pedro) 4.739OLEIROS (Santa María) 2.964PERILLO (Santa Leocadia) 8.424SERANTES (San Xulián) 1.566

TOTAL 35.444

Vivir en Oleiros 23Nº 54A axenda do concello Xaneiro 2017

Page 23: Páxina 7 Páxina 4 Vivir en Oleiros

Avenida VENEZUELA

Unha nova urbanización consolidaráo centro de Oleiros

O Concello está a ultimar o Estudo de detalle que afectaao centro urbano da localidade de Oleiros. Esta área a urbanizarabrangue todo o espazo que se atopa entre a parte traseira doactual parque que está xunto á Casa do Concello, a praza daRabadeira e o inicio da avenida Venezuela. O novo solo a urbanizar,que aparece marcado no plano, permitirá a construción de catroedificios de vivendas de baixo e dúas plantas.

Con esta actuación o Goberno municipal pretende aumentaro parque público e a praza da Rabadeira. Tamén serán amplia-das as vías existentes e crearase unha nova rúa que conectaríaa praza de Galicia coa urbanización Obelisco. Unha vez rematadaesta urbanización, consolidaríase definitivamente un centrourbano agradable, con máis zonas verdes e equipamentospúblicos.

Vivir en Oleiros Número 54Xaneiro 2017

Edita: Alcaldía do Concello de Oleiros. Depósito Legal: C-848-97Poden dirixir a súa correspondencia ao Concello de Oleiros:Alcaldía l Praza de Galicia, 1 l 15173 OleirosTamén a: [email protected] l Grazas polas súas suxestiónsToda a actualidade en www.oleiros.org

Actual PARQUECafé barTiberios

PRAZA DARABADEIRA