O deporte en oleiros

98
Servizo Municipal de Deportes

description

DEPORTE

Transcript of O deporte en oleiros

Page 1: O deporte en oleiros

Servizo Municipal de Deportes

Page 2: O deporte en oleiros

Telf. Concello de Oleiros: 981 610 000www.oleiros.org

Documentación e textos:Luís Hernández AlvedroSaúco Fernández Martínez

Deseño e maquetación:Carmen Blanco González

Edición e corrección lingüística:Lucía Filloy López

Fotografías:Santiago Casal

Edita:Concello de Oleiros

Depósito legal:C 2846 - 2010

Imprime:Alva Gráfica

Page 3: O deporte en oleiros

Índice1

2

3

4

5

67

As instalacións deportivas municipais1.1 As piscinas municipais1.2 Os pavillóns polideportivos cubertos1.3 As instalacións náuticas1.4 Pistas polideportivas cubertas1.5 Pistas polideportivas descubertas1.6 Pistas descubertas nos centros de ensino1.7 A pista de monopatín de Bastiagueiro1.8 Os campos de fútbol1.9 Os rocódromos municipais1.10 Os campos de chave1.11 As pistas de tenis1.12 Os espazos naturais

Os programas deportivos municipaispara escolares2.1 A Liga Escolar de Judo2.2 A Liga Escolar de Futbito2.3 O Torneo Escolar de Balonmán2.4 Escolas acuáticas municipais2.5 Escolas Deportivas Municipais2.6 Programa complementario de Educación

Física nos centros escolares2.7 Programa de dinamización dos xogos

populares nos centros de ensino2.8 Cursos de iniciación ao surf e body-board

As competicións deportivas municipais3.1 Torneo de Fútbol 113.2 Bandeira de Traíñas3.3 Trofeo de Patinaxe Artística3.4 Tríatlon de Oleiros3.5 Torneo de Tenis de Mesa3.6 Torneo de Chave3.7 Liga Municipal de Fútbol Sala

Os programas deportivos recreativos de verán

O Programa municipal deexercicio físico para a saúde

Os deportistas oleirenses

57

1117202325272834363840

43

4547474849

50

5253

5557585960616263

65

69

73Os clubs deportivos de Oleiros 89

Page 4: O deporte en oleiros
Page 5: O deporte en oleiros

O DEPORTEOleiros

O deporte sempre foi para o Goberno que presidoun asunto prioritario e por iso, sentímonos moiorgullosos da alta participación e da cualificaciónacadada pola nosa mocidade e por aquelas persoasnon tan novas nas múltiples prácticas deportivasque en Oleiros se levan a cabo.

Froito dunha acción coordinada entre o Concello,deportistas e clubs, onde contamos con directivosque interpretan á perfección un xeito de ser, depensar e de inspirar xeracións sas e con futuro,xorden deportistas entregados á persecucióndunha meta: chegar, e se é posible, máis lonxe,máis alto, máis forte.

A publicación que tedes nas vosas mans é unhahomenaxe a todos eles polo seu esforzo, polo seuafán de superación e polo prestixio que lle dan aOleiros e aos clubs nos que participan. E quereser tamén un recoñecemento ao excepcional tra-ballo que os diferentes colectivos están a levar acabo que redunda na preparación física e incidepositivamente na saúde das persoas contribuíndoá convivencia e á mellora das relacións sociaisentre a cidadanía.

Page 6: O deporte en oleiros

As instalaciónsdeportivas municipais

1

Page 7: O deporte en oleiros

1As instalacións deportivas

municipais

Concello de Oleiros é cons-ciente desde hai moitos anos daimportancia que ten para a socie-dade o deporte e a actividadefísica. Deste xeito, e tras máis de20 anos de traballo e investimen-tos, na actualidade Oleiros dispóndunha ampla e completa rede deinstalacións e espazos deportivosque o sitúan entre os municipiosde España cun maior índice desuperficie construída para usodeportivo por habitante.

As instalacións deportivas e osnumerosos espazos abertoshabilitados para facer deporte,como parques, sendeiros, praiasou carrís bici, forman as pezasfundamentais na engrenaxe dosistema deportivo oleirense. Adistribución territorial destesequipamentos ao longo do muni-cipio facilita a accesibilidade detoda a poboación á actividadefísica.

O

6

Teresa Vázquez MasedaConcelleira de Deportes

Page 8: O deporte en oleiros

Complexo deportivo de Oleiros: rúa Miguel Hernández, 17, Oleiros

Os complexos deportivos que albergan as piscinas municipais sonverdadeiros centros de saúde, xa que ademais dos vasos para actividadesacuáticas, contan cunhas completas instalacións. Os catro centros cosque conta o municipio na actualidade complétanse con salas nas quemonitores deportivos imparten actividades programadas, salas paradesenvolver traballo cardiovascular e de musculación equipadas cunhaampla variedade de aparatos, así como saunas e uns cómodos vestiarios.

1.1 As piscinas municipais

7

Page 9: O deporte en oleiros

Complexo deportivo de Perillo: rúa da Canteira s/n, Perillo

Piscina municipalda Fábrica:rúa do Inglés, 3, Perillo

Complexo deportivo de Dorneda: rúa do Moucho, 3, Dorneda

8 9

Page 10: O deporte en oleiros

10

O modelo de xestión e a políticade prezos públicos que leva a caboo Goberno municipal facilita aaccesibilidade de todos os veciñosa estas instalacións. Ademais, oConcello encárgase de habilitar estes espazos para que os clubsdeportivos do municipio que así o desexen poidan utilizar as piscinaspara desenvolver a súa rutina diaria de adestramentos e albergarcompeticións. Este é o caso do Club Acuatic Coruña, que desenvolvea súa actividade na piscina municipal de Perillo.

O Acuatic Coruña é un club denatación sincronizada. Na actua-lidade conta con 40 nadadoras detodas as idades, na súa maioríaveciñas do noso municipio. Aolongo da súa historia este equipoconseguiu importantes logros

deportivos a nivel autonómico econta con varios campionatosgalegos en categoría infantil, unsubcampionato xuvenil e undestacado terceiro posto acadadopor Claudia Otero no campionatogalego de nivel figuras.

Page 11: O deporte en oleiros

11

Os pavillóns polideportivos cuber-tos de Oleiros están situados deforma estratéxica dentro dos re-cintos escolares ou moi pretodeles. Deste xeito, o Goberno localposibilita o seu uso para o desen-volvemento dunha educaciónfísica e deportiva de calidade, apráctica de actividades extraes-colares, o desenvolvemento decompeticións internas e outro tipode actividades promovidas polospropios centros escolares. O Con-cello de Oleiros conta cun servizode conserxería e limpeza paratodos os polideportivos cubertosque inclúe a instalación náuticade Bastiagueiro e que supón uninvestimento anual de 155.000euros.

1.2 Os pavillóns polideportivos cubertos

Polideportivo municipal de Perillo:avenida Valle Inclán, 26

Polideportivo municipal de Bastiagueiro:rúa Uxío Novoneira, 7

Polideportivo municipal Arsenio Iglesias:praza Arsenio Iglesias, 7

Polideportivo municipal da Rabadeira:rúa do ensino, 3

Polideportivo municipal de Canide: avenida María Pita, 27

Page 12: O deporte en oleiros

Entre os clubs deportivos que desenvolven a súa actividade nos polide-portivos cubertos municipais encóntrase o Club Baloncesto As Torres,que habitualmente adestra e compite no polideportivo municipal dePerillo. Ademais, esta asociación deportiva pode presumir do xogo deClaudia Calvelo, convocada pola Selección Española de Baloncesto encategoría sub-18. Tamén como equipo de baloncesto desenvolve a súaactividade nos polideportivos municipais o Club Valle Inclán. As xogadorasdo Valle Inclán foron campioas de liga na categoría júnior feminina esubcampioas alevín na tempada 2008-2009.

Así mesmo, de luns a venres, des-de as 18.00 ata as 23.00 horas, enas fins de semana, o Concelloxestiona directamente o uso des-tas instalacións para permitir queclubs deportivos oleirenses e gru-pos de veciños poidan desenvolvera súa actividade diaria de adestra-mentos e competicións. Ao con-trario do que sucede en moitosconcellos, os clubs oleirensesutilizan gratuitamente estas ins-talacións, o que supón unha gran-de axuda para as entidades econtribúe á creación de novas so-ciedades deportivas no municipio.

12

Page 13: O deporte en oleiros

No polideportivo da Rabadeira,adestra o Club Patín Rabadeira.Trátase dun club deportivo que sededica á patinaxe na súa modali-dade de velocidade. Na actualidadeconta cun total de 57 deportistas,desde os 3 aos 30 anos de idade,e que compiten en todas as cate-gorías. O Club Patín Rabadeiraacadou nas últimas tempadasvarios triunfos nos campionatosgalegos de patinaxe de velocidade.O patinador Adrián Suárez logrouo ouro nos 10.000 metros por eli-minación, mentres o seu compañeiro David Garrido logrou a segundaposición. Na competición feminina destaca Míriam Veiras, quen logroua medalla de prata en catro categorías distintas.

Xunto co Club Patín Rabadeira, Oleiros conta conoutro club de patinaxe pero en modalidade artística,o Club Patinaxe Oleiros, que desenvolve a súa ac-tividade no polideportivo municipal Arsenio Iglesias,en Santa Cruz. O Patinaxe Oleiros foi fundado en1993. Na actualidade conta con 90 patinadores epatinadoras de idades comprendidas entre os 2 e

os 18 anos. Nos últimos anos destacou a figurado patinador Pablo Vasallo, que se pro-

clamou campión e subcampión galegoen varias competicións e logrou un

máis que meritorio oitavo posto no Campionato de

España.

13

Page 14: O deporte en oleiros

14

Ademais dos clubs de patinaxe, éhabitual ver adestrar nos polide-portivos de Oleiros os equipos deximnasia. Na actualidade o muni-cipio conta con dous, o Club deXimnasia Rítmica Acordes e oClub Cabi de ximnasia deportiva.Entre as dúas entidades sumanmáis de 150 deportistas. Ambosos dous levan a cabo a súa rutinade adestramentos no polideportivomunicipal de Bastiagueiro, ondecomparten instalacións co ClubVoleibol Oleiros.

Page 15: O deporte en oleiros

O Club Voleibol Oleiros naceu en2008 para satisfacer as inquietudesdun grupo de mozas e de mozosque, logo dunha serie de anosgozando do voleibol en distintosequipos, deciden xuntarse paracrear un proxecto de futuro. Aolongo do seu segundo ano de vida, o equipo oleirense creou unha escolade novos talentos desde a que pretenden vertebrar o seu crecementocomo entidade deportiva. Esta escola está composta integramente pornenos e nenas do municipio.

Xunto coa ximnasia, o volei-bol e a patinaxe, o fútbol salaé unha das disciplinas máispracticadas nos pavillónspolideportivos de Oleiros.Ademais da liga local, na queparticipan equipos formadospor veciños, Oleiros conta contres equipos federados quecompiten en distintas cate-gorías. Trátase do Club MeraFútbol Sala, a Unión De-portiva Libertad, e o Club

Spórting Valle Inclán. O equipo máis vello é o UD Libertad que foifundado no ano 1998. Desde o ano 2000 xoga na Liga Provincial daCoruña, onde as últimas catro tempadas quedou clasificado en cuartolugar logrando xogar a copa.

15

Page 16: O deporte en oleiros

Pola súa parte, o Club Mera Fút-bol Sala fundouse no ano 2000.Na súa primeira tempada compe-tiu na Liga Provincial, na que lo-grou terminar en primeira posi-ción e ascender de categoría.Ademais, ese mesmo ano, gañoua copa. Desde o primeiro ascenso,no ano 2001, logrou subir de ca-tegoría ata converterse nun fixoda Primeira Nacional. Conta conequipos inferiores desde o ano

2004 e anualmente celebra uncampus de fútbol sala para nenos.Pero sen dúbida, o equipo máisnovo é o Spórting Valle Inclán,que xorde no ano 2008 por inicia-tiva dun grupo de pais que desexaque os seus fillos sigan relacio-nándose a pesar de estudar endistintos centros. Nos seus dousanos de historia logrou o campio-nato nos torneos Liceo e Cala-sanz.

16

Page 17: O deporte en oleiros

Aberto ao mar, Oleiros non es-quece o potencial que ten comoconcello marítimo, cunha costacase virxe e onde as actividadesnáuticas atopan un escenarionatural inmellorable. Nestecontorno naceron as dúas enti-dades que na actualidade sebenefician do uso das instalaciónsmunicipais náuticas, o Club deRegatas de Perillo e o Centro De-portivo Mariñeiro de Mera. Naactualidade máis de 80 deportis-tas practican algunha modalidadede remo no Club de Regatas dePerillo. Este equipo naceu en1970, cando comezou a dar osseus primeiros pasos nos campio-natos de España de traíñas ebateis e logrou o título galego nasdúas modalidades en diferentesanos. Nos anos 80 comezan a

practicar as disciplinas de bancomóbil e participan nos primeiroscampionatos estatais. Na décadados 90 foi cando comezaron aacumular os títulos e medallas,pero sen dúbida o logro máis im-portante do Club de Regatas dePerillo foi o acadado pola tripula-ción da súa traíña en 2002, candolograron un histórico segundoposto na Bandeira da Concha deSan Sebastián, a competiciónmáis prestixiosa que existe nestatradicional modalidade.

1.3 As instalacións náuticas

17

Page 18: O deporte en oleiros

Instalación náutica de Sta.Cruz: Igual que a instalaciónde Bastiagueiro, utilízasepara actividades náuticasmunicipais como o kaiak demar.

Instalación náutica de Bastiagueiro:Utilizada para actividades municipaisde surf, body-board e kaiak de mar.As persoas abonadas da instalaciónpoden gardar o seu material e utili-zar as duchas e os vestiarios.

Instalación náutica de Sta. Cristina: Trátase dunsensacional local de 400 m2 utilizado polo Club deRegatas de Perillo para gardar as embarcacións deremo de banco fixo, bateis, traíñas e traiñeiriñas.Conta con vestiarios e duchas.

Instalación náutica de Mera: O club que usa habitualmente estainstalación é o Centro Deportivo Mariñeiro de Mera. A súa historiacomeza nos anos corenta do pasado século. Era unha agrupaciónformada principalmente por xente do mar, mariñeiros profesionaisque competían coas confrarías veciñas. Nos anos cincuenta comezaa competir nas regatas estatais e xa nos anos sesenta logra os seusmaiores éxitos deportivos. En 1961 logra a medalla de prata nocampionato de España de traíñas e a medalla de bronce no debateis. Na actualidade, é un club de canteira que compite nasdisciplinas de banco fixo en batel e traiñeiriña. Conta con 25 remeirosnas categorías sénior e cadete. Proximamente espera incorporarunha tripulación de categoría infantil.

18

Ademais dos clubs deportivos,as instalacións náuticasmunicipais son usadas porgrupos de veciños e posibilitano desenvolvemento dosdistintos programas deportivosque pon en marcha o Concello.

19

Instalación náutica da Fábrica:Tamén utilizada polo Club de Rega-tas de Perillo para o funcionamentoda súa modalidade de remo olímpi-co (banco móbil) e a súa escola deaprendizaxe. Tamén teñen lugarnesta instalación todas as activida-des municipais de remo que orga-niza o Servizo Municipal de Deportescos centros escolares e cursos deverán. Hai que destacar que estainstalación conta cun peirao flotantepara facilitar a saída á auga daspersoas usuarias.

Page 19: O deporte en oleiros

1.4 Pistas polideportivas cubertas

O Goberno local, dentro da súapolítica de dotar o municipiodunha ampla rede de instalaciónsdeportivas, traballa para achegarestas infraestruturas ás distintasvilas e núcleos de poboación.Deste xeito, ao longo dos anos, foisituando estratexicamente unhacompleta rede de pistas polide-portivas cubertas que posibilitana práctica deportiva ao longo de

todo o ano e baixo condicións cli-máticas adversas. Ademais, osdispositivos de iluminación cosque contan estas canchas cuber-tas amplía o seu horario de uso.Oleiros dispón na actualidade denove instalacións deste tipo espa-lladas polo municipio, de formaque practicamente toda a po-boación oleirense ten preto da súacasa un polideportivo cuberto. Pista exterior cuberta de Iñás:

rúa da Vila, 48

Pista exteriorcuberta de Nós:

praza daLiberdade, 1

Pista exterior cuberta de Rialta:rúa do Moucho,1

Pista exterior cuberta de Meixonfrío: rúa Manuel Gutiérrez Mellado, s/n

Pista exterior cuberta dos Regos: rúa Río Eume, s/n

Pista exterior cuberta de Lorbé: rúa do Golfiño, 36

20 21

Page 20: O deporte en oleiros

Pista exterior cuberta de Dexo: avenida Jiménez Herrero, 91

Pista exterior cuberta de Perillo: avenida II República, 5

Pista exterior cuberta do IES Miraflores: avenida Miguel Hernández, 8

22

Page 21: O deporte en oleiros

1.5 Pistas polideportivas descubertas

Como complemento ás pistascubertas, o Concello de Oleirosdispón dunha rede de pistas poli-deportivas descubertas. Estas ins-talacións, aínda que con menoresprestacións que as cubertas, sonmoi numerosas e encóntransenun bo estado de conservación.Estas pistas completan dunha for-ma inmellorable a rede municipalde polideportivos e o seu uso émoi elevado debido principalmen-te á súa distribución e proximida-de aos veciños.

Pista recreativa do Carballido:avenida de Valle Inclán s/n

Pistas polideportivas do Condús:rúa Condús, 6 e rúa Repetida, 7

Pista polideportiva da casa do pobo de Dorneda:avenida República Arxentina, 88

Pista de baloncesto de Fonte do Espiño, Romardeiro: rúa Antón Fraguas, s/n

23

Page 22: O deporte en oleiros

24

Pista polideportiva do Seixal:rúa o Lameiro 11A

Pista polideportiva de Cividáns: Cividáns s/n Pista polideportiva do Carballo: rúa Maside, 19

Pista polideportiva de Xoez:rúa Castro da Groba, s/n

Pista polideportiva do Pazo da Carballeira:avenida Salvador Allende s/n

Pista recreativa de Icaria: rúa Ícaro s/n Pista de fútbol sala da Cova dos Bois:rúa Miguel Servet s/n

Pista polideportiva de Sta. Cruz:rúa Rafael Dieste, s/n

Page 23: O deporte en oleiros

Pista descuberta do CEIP A Rabadeira: rúa do Ensino, 3, Oleiros

25

Ademais destas pistas cubertas,o Concello de Oleiros dispóndunha serie de instalacións noscentros escolares. Aínda que depropiedade municipal, estas pistasson de uso exclusivamente esco-lar e o concello encárgase do seumantemento. As instalaciónssitúanse nos centros escolares doCEIP Valle Inclán en Perillo, oCEIP Luís Seoane en Canide, oCEIP Isidro Parga Pondal en SantaCruz e o CEIP A Rabadeira enOleiros. Así mesmo, o IES MaríaCasares en Bastiagueiro, o IESNeira Vilas e o IES Miraflores ta-mén contan cunha pista polide-portiva de titularidade municipal.

1.6 Pistas descubertas nos centrosde ensino

Pista descuberta do CEIP IsidroParga Pondal: rúa do Saber, 2, Liáns  

Pista descuberta do CEIP Luís Seoane:avenida Morro de Canide, 8, Maianca 

Page 24: O deporte en oleiros

26

Pistas descubertas do IES Xosé Neira Vilas: rúa Xosé Neira Vilas, 3, Perillo 

Pista descuberta do IES Miraflores:rúa Miraflores, 7, Oleiros

Pista descuberta do IES  María Casares:avenida Ernesto Che Guevara, 140, Liáns

Pistas descubertas do CEIP Valle Inclán: avenida Valle Inclán , 26, Perillo 

Page 25: O deporte en oleiros

1.7 A pista de monopatín de Bastiagueiro

A pista de monopatín do Concellode Oleiros é unha moderna e com-pleta instalación integrada noparque de Liáns, fronte á praia deBastiagueiro. A execución desteproxecto xurdiu do interese doGoberno local por promover apráctica das disciplinas deportivaspreferidas polos máis novos do-tando o municipio dun espazohabilitado para iso, e evitando adeterioración doutros espazospúblicos. Trátase dun parque depatinaxe único en Galicia pola súaextensión e o seus equipamentos,que o sitúan entre os mellores detoda España. A súa estrutura ofre-ce a posibilidade de desenvolverdiversas disciplinas de patinaxe,o que posibilita a execución datotalidade dos xestos técnicos.Ademais esta moderna pista depatinaxe conta con iluminación,aparcadoiro e acceso a través docarril bici.

27

Page 26: O deporte en oleiros

12

1.8 Os campos de fútbol

A historia do deporte en Oleirosestá vinculada á historia do fútbol.Como noutros moitos lugares dopaís, o fútbol foi unha das primei-ras disciplinas deportivas quecomezou a introducirse entre osxogos tradicionais a principios doséculo XX. A ancestral relación deOleiros co mundo do mar fixo queeste deporte chegara ao noso mu-nicipio moi cedo a través dosmariñeiros que viñan das illas bri-tánicas. A praia de Bastiagueiro

servía entón de campo. Lonxe da-queles partidos improvisados,Oleiros conta na actualidade con8 campos de fútbol, xestionadose utilizados polos clubs locais, queteñen subscritos diversos conve-nios de colaboración co Concello.Milleiros de nenos, mozos e adul-tos oleirenses xogan ao fútbolnestas instalacións como xogado-res dos oito clubs de fútbol domunicipio.

28

O campo de herba artificial Eugenio Pardo Conchado, situado en Oleiros,é neste momento a instalación referente pola súa modernidade e polacalidade do terreo sintético, pero non é a única instalación municipal.Ademais, o Goberno local está a traballar na construción de dous novoscampos de fútbol de céspede sintético que estarán situados en Mera een Dorneda.

Page 27: O deporte en oleiros

O Eugenio Pardo Conchado é utilizado na actualidade polo Club Obrerode Oleiros. Este equipo xorde no ano 1930, cando a xente más humildeda zona que non tiña a posibilidade de incorporarse ao club de Oleirosda época, o desaparecido Miraflores, crean o Spórting Obreiro. Trasunha interrupción de 4 anos provocada pola Guerra Civil, o club retomaa actividade en 1940. É entón cando, debido á prohibición dos anglicismosa nivel nacional, cambia o seu nome polo de Deportivo Obrero de Oleiros.Ao longo da súa historia logrou importantes triunfos deportivos a nivellocal, como a Copa da Coruña de 1978 e o Mini Teresa Herrera de 1982.Na actualidade, conta con catro equipos nos que participan máis de 80deportistas.

O Marino de Mera é unha das entidadesmáis antigas da comarca, xa que conta con84 anos de historia. Foi fundado no ano 1924co nome de Spórting Mera, pero en 1930cambia o nome e pasa a ser Marino de Mera,xa que a maioría dos seus compoñentesestaban relacionados co mundo do mar emáis ao tratarse dunha vila mariñeira. Noano 1943 comeza a participar en competi-cións oficiais. Nestes primeiros anos militouen categoría rexional e en primeira e se-gunda división das Mariñas. Entre os prin-cipais logros deportivos acadados, destacaa famosa final da Copa da Coruña disputadaen 1951 contra o Oza Xuvenil, que o Marinoperdeu con polémica arbitral tras dousigualados enfrontamentos. Na actualidade,conta con máis de 120 deportistas federadose disputa os seus partidos no Campo deFútbol do Xabrón, aínda que o Goberno localxa está planificando o novo campo de fútbolda zona norte do municipio.

29

Page 28: O deporte en oleiros

12

Outro dos clubs históricos do mu-nicipio é o Unión Campestre deMontrove, que comparte o campode fútbol de Montrove co AtléticoPerillo. O Unión Campestre F.C.fundárono en 1908 dous dos mo-zos que disputaron os primeirospartidos en Bastiagueiro. O equipogañou a primeira Liga das Ma-

riñas en 1940. Desde entón e ataagora, o Unión Campestre acadouvarios logros deportivos a nivellocal como o campionato de Se-gunda División da Liga dasMariñas na tempada 1972-1973ou o Trofeo Concello de Oleirosen categoría xuvenil na tempada2000-2001.

30

Actualmente, o club conta conequipos en todas as categorías defútbol, o que lle asegura seguircultivando éxitos no futuro. Polasúa parte, o Atlético Perillo foirefundado no ano 2005, logo demáis de 20 anos sen actividade.O proxecto do club de Perillo pasana actualidade por proporcionaraos rapaces e mozos da parroquiaunha estrutura para xogar ao

fútbol. Conta con tres equipos encategorías inferiores. Ademais,puxo en marcha un interesanteproxecto de obra social quepretende axudar nos estudos aosnenos das súas categorías inferio-res. Para iso, puxeron a disposi-ción de todos os xogadores unhasaulas totalmente gratuítas nasque os cativos reciben apoio es-colar.

Page 29: O deporte en oleiros

O Dorneda foi fundado en 1943. Desde entón o club leva competindo dexeito ininterrompido 67 anos nas diferentes ligas da Federación Galegade Fútbol. Na actualidade conta con máis de 200 deportistas federadosque defenden as súas cores. O primeiro equipo compite desde hai trestempadas na Liga Preferente Norte, onde existe un alto nivel competitivo.Ademais, a Sociedade Recreativa Dorneda conta cunha escola de fútbolcreada hai máis dunha década, que actualmente conta con máis de 150nenos. O equipo de Dorneda será un dos beneficiarios da construcióndo novo campo de fútbol que o Goberno local planifica na parroquia.

31

Na parroquia de Nós existendous equipos, o Atlético SanPedro e o Hércules de SanPedro. O Hércules utiliza ocampo municipal de San Pe-dro, mentres ca o Atléticodispón do seu propio campo.O Hércules é un dos equiposmáis antigos da comarca, xaque se fundou en 1912. Ungrupo de veciños da parroquiareuniuse na coñecida casa doLobo e decidiu formar unequipo. O club foi campión daCoruña por primeira vez nosanos corenta. En 1944 xogouunha final que perdeu, pero ao ano seguinte logrou saír campión contrao desaparecido Fábrica de Armas, converténdose no primeiro club dasMariñas en gañar esta competición. Na actualidade, e con case unséculo de historia, o Hércules conta con 200 persoas socias. O principalreto a curto prazo é ascender de categoría e crear equipos de fútbolbase que garanta a continuidade do club no futuro.

Page 30: O deporte en oleiros

Pola súa parte, o grande rival do Hércules,o Atlético San Pedro, creouse no ano 1952cando un grupo de mozos da parroquia quenon tiñan praza para xogar no Hérculesdecidiu fundar unha nova escuadra. Nosmáis de 50 anos de historia, o Atlético SanPedro logrou grandes fazañas deportivascomo o ascenso á primeira división do fútbolmodesto coruñés, acadado no ano 1973, oua recente xesta de chegar ata as semifinaisda copa da Coruña na tempada 2009-2010.O Atlético está considerado polos seus pro-pios integrantes coma algo máis ca unequipo de fútbol, xa que a amizade e o com-pañeirismo que une os xogadores son assúas principais motivacións.

32

Campo de fútbol de Dorneda:avenida Emilia Pardo Bazán, 54

Campo de fútbol de San Pedro:avenida Salvador Allende, 87

Campo Municipal de Fútbol de Montrove: rúa Minerva, 15

Campo Municipal de Fútbol Eugenio Pardo Conchado: rúa Condús, 6

Campo Municipal de Fútbol de Santa Cruz: rúa Río Eume, 62

Campo de fútbol do Xabrón:rúa do Xabrón, 10

Campo Municipal de Fútbol de Iñás:rúa de Mandín, 12

Tamén en Iñás existe unha longa tradiciónde fútbol, o campo municipal desta parroquiafoi utilizado durante décadas polo club local,o Mercurio, hoxe xa desaparecido, pero quedurante moito tempo competiu en terceira,segunda e primeira división do fútbol mo-desto da comarca.

Campo Municipal de Fútbol deSan Pedro: rúa de Anido s/n

33

Page 31: O deporte en oleiros

1234

1.9 Os rocódromos municipais

O Goberno local preocupouse porcrear infraestruturas habilitadaspara practicar escalada deportiva.Sempre foi unha actividade moiinteresante para os centros esco-lares, dada a súa grande adapta-bilidade e os recursos para aeducación física. O Concello deOleiros dispón de tres rocódromosonde se programan actividadesmunicipais e onde os escaladorespoden manter a súa preparaciónen época invernal.

Page 32: O deporte en oleiros

Os últimos froitos da aposta por esta actividade é a creación en Oleirosdo primeiro club de montañismo, o Club de Montaña Pico do Castro,que desenvolve a súa actividade na instalación de Perillo, onde planificae adestra para as súas habituais saídas. O Club de Montaña Pico doCastro está formado por mozos e mozas oleirenses que gozan coaescalada e co contacto coa natureza.

35

Rocódromo do pavillón de Perillo

Rocódromo do pavillón de Canide

Rocódromo do pavillón de Bastiagueiro

Page 33: O deporte en oleiros

Campo de chave de Perillo: parque Nelson Mandela, rúa Etiopía s/n

1.10 Os campos de chave

Os xogos populares en Oleiros teñen o seumaior referente no xogo da Chave. Sendúbida a disciplina tradicional máis practi-cada no concello e que conta cun altonúmero de equipos que participan nas com-peticións locais. Na actualidade Oleiros contacon cinco clubs de chave que compiten deforma regular. Son o Club A Nova Chave deOleiros, o Club de Chave de Perillo, o Clubde Chave de Oleiros, Club de Chave S.R.Perillo e o Club O Peio de Santa Cruz.Estes equipo poden desenvolver a súa acti-vidade durante todo o ano xa que, na actua-lidade, todas as parroquias oleirensesdispoñen do seu propio campo de chave.Trátase de novas infraestruturas ou de vellasinstalacións recuperadas e restauradas poloconcello onde, tanto a xente nova como osmáis vellos da vila, manteñen viva unhatradición centenaria. O Goberno localimplícase na conservación deste deportetradicional e promove a súa transmisiónxeracional.

Campo de chave de Santa Cruz:parque do Emigrante,avenida Concepción Arenal, 49

Campo de chave de Dorneda:avenida República Arxentina, 88

Campo de chave de Nós: praza da Liberdade, 12

Campo de chave de Oleiros: praza de Galicia, 1

Campo de chave do Seixal: rúa o Lameiro, 11 A

Campo de chave de Lorbé:rúa do Golfiño, 36 Campo de chave de Iñás: rúa da Vila, 48

36 37

Page 34: O deporte en oleiros

1.11 As pistas de tenis

Oleiros conta na actualidade contres pistas de tenis municipais,públicas e de uso gratuíto. Estasinstalacións, utilizadas por veciños,visitantes e en ocasións polos clubslocais, están situadas nos contornosde espazos naturais e recreativosque permiten compaxinar a prácticado tenis con outras actividades deocio. A instalación máis utilizada éa de Bastiagueiro. Está situada noparque deste areal e as súas dimen-sións permiten a práctica do tenisdun xeito recreativo. Outra das pistasmunicipais de tenis está no contornodo paseo marítimo da Ría, en Perillo,moi preto da urbanización Hábitat.A terceira, e a máis nova de todas,é a situada nas inmediacións da igre-xa de Nós, xunto ao pazo da Carba-lleira, nunha nova pista deportivahabilitada para a práctica do tenis,pero tamén do baloncesto.

Pista de tenis de Perillo Pista de tenis de Nós

Pista de tenis de Bastiagueiro

38

Page 35: O deporte en oleiros

O municipio conta nestes momen-tos con tres clubs de tenis que,nalgúns casos tamén fan a fun-ción de escolas deportivas. Esteé o caso da Escola de Tenis Cana-bal, fundada co formato actual noano 2000. Esta escola compaxinaa función docente e recreativa dotenis e do pádel coa participaciónen competicións federadas.Actualmente ten equipos en cate-goría alevín, infantil, sénior e ve-teranos. Ademais, nas ligas depádel organizadas pola federa-

ción, compite cun equipo femini-no, en segunda división, e dousmasculinos, en segunda e tercei-ra. Entre os logros máis recentescómpre resaltar o campionatogalego conseguido por AnselmoMenéndez no 2008, o campionatogalego en categoría cadete aca-dado por Jorge Couceiro e o des-tacado papel de Carla Rodríguez,gañadora de varias probas docampionato de España de pádel.

Outros dos clubs de tenis de Olei-ros é o Club de Tenis Maianca.Esta entidade foi fundada por ungrupo de amigos e desde os seuscomezos participan no Campiona-to Veteranos Júniors. Ademais,anualmente organizan dous tor-neos que puntúan para a clasifi-cación nacional. No mes de xulloo Torneo Social CT Maianca e ensetembro, o Torneo FundacionalCT Maianca. Actualmente contacon dez xogadores federados. Omaior logro deste club é o seulabor social, cuxo obxectivo étransmitir a amizade e o espíritodeportivo.Ademais dos clubs de Maianca eCanabal, Oleiros conta co Club deTenis de A Coruña. Esta entidade,igual que as outras, subvencio-nada polo Concello de Oleiros,desenvolve a súa actividade enSan Pedro de Nós. O club foi fun-dado en 1966 e actualmente contacunha base social de 720 sociose socias. Neste club de Nós mili-taron importantes tenistas docircuíto autonómico como DavidSuárez Fábregas, campión gale-go e Nuria Sanjurjo, subcampioaabsoluta do campionato galegoen 2009.

39

Page 36: O deporte en oleiros

1.12 Os espazos naturais

40 41

A práctica da actividade física enOleiros non se limita unicamenteás instalacións convencionais, osespazos naturais do noso concelloson un marco excepcional parapracticar deporte en contacto coanatureza. Deportistas de toda acomarca visitan Oleiros de formahabitual para adestrar. O Concelloconta con enclaves naturais ideaispara o desenvolvemento da acti-vidade física, como a praia de Bas-

tiaguerio onde se practican todotipo de deportes ou a ruta de SeixoBranco moi utilizada por ciclistase corredores. Ademais, Oleirosdispón de 123 parques, 34 delescon máis de 5000 m2 de superficie,que contan con equipamentos eespazos deportivos. Ao redor de 8quilómetros de paseos marítimospara correr, camiñar e andar eoutros tantos quilómetros de carrilbici ao longo de todo o Concello.

Ademais ao longodos últimos anos oGoberno local ins-talou parques bio-saudables equipa-dos con aparatoscardiovascularesespeciais para omantemento dasaúde entre os no-sos maiores.

Parque das Galeras

Parque biosaludable en Perillo

Senda peonil das GalerasRuta do Seixo Branco

Praia de Bastiagueiro

Carril bici en Bastiagueiro

Instalacións para ximnasia no Bosque dos Veciños

Page 37: O deporte en oleiros

Os programas deportivosmunicipais para escolares

2

Page 38: O deporte en oleiros

2Os programas deportivosmunicipais para escolares

Goberno local do Concello deOleiros sempre entendeu comoprioritario na súa política depor-tiva a implicación e o investimentono deporte en idade escolar, xaque é consciente da súa impor-tancia como parte fundamentalna formación da xente nova. Odeporte en idade escolar é parti-cipativo, integrador, complemen-tario, san, seguro e sobre todoeducativo a estas idades, onde oimportante non é gañar se non oproceso de aprendizaxe e o des-envolvemento persoal e colectivo.

O

O investimento directo que se fai desde o Servizo Municipal de Deportespara programas escolares é de máis de 96.000 euros anuais, ao quehai que engadir o importe económico que por medio de subvenciónsreciben do Concello de Oleiros todas as ANPA dos centros públicos deensino para o desenvolvemento das súas actividades extraescolares.Este investimento supón 93.100 euros, que sumado ao investimento enprogramas escolares supón unha cantidade global de investimento endeporte escolar de 189.100 euros anuais.

44

Page 39: O deporte en oleiros

O Concello de Oleiros leva a cabounha liga anual onde participantodos os nenos e nenas quepractican judo nas casas do pobode Oleiros e doutros centrosescolares da comarca, o que en-riquece o nivel deportivo daactividade. Máis de 300 nenos enenas danse cita neste encontrono que amosan ano tras ano osseus avances deportivos e edu-cativos. Para o desenvolvementodesta competición o Concelloconta coa colaboración do JudoClub Oleiros.

2.1 A Liga Escolar de Judo

45

Page 40: O deporte en oleiros

46

Na actualidade conta con 220 de-portistas. Na última tempadadestacan os logros deportivos deDaniel Cebeira Rodil, que se pro-clamou campión galego cadete.Pola súa parte, na categoría femi-nina, a judoka Laura Salomónrematou en segunda posición ocampionato infantil en menos de57 quilos de peso. Ademais, a nivelcolectivo ao longo do 2009, o JudoClub Oleiros logrou o triunfo noprestixioso torneo Vila de Avilésen categoría alevín.

O Judo Club Oleiros nace coobxectivo fundamentalde difundir este de-porte no municipio de

Oleiros. A idea inicial foiimpartir clases desta

disciplina nas casas do pobo deforma que os nenos e as nenastivesen acceso ao judo preto da

súa casa. Deste xeito implan-touse o judo na casa do pobo

de Perillo, Santa Cruz, SanPedro e máis tarde na

de Dorneda, tamén seimpartiu clase noscentros escolaresda Rabadeira e de

Canide. Co paso do tempo comezaron a xurdir inquedanzaspor parte dos judokas oleirenses, que querían coñecer o seu

nivel deportivo. Deste xeito, o club comezou a participar en competiciónse deu un xiro dentro da súa política afondando máis no adestramentodeportivo, pero sen abandonar o ámbito recreativo e educativo en ningúnmomento.

Page 41: O deporte en oleiros

2.2 A Liga Escolar de Futbito

A Liga Escolar de Futbito é unhaactividade programada para queos máis de 100 nenos e nenas quepractican futbito nas actividadesextraescolares dos centros deensino teñan a posibilidade dedisputar encontros. Para isto, odepartamento de Deportes utilizao carácter motivador da competi-

ción para conseguir reforzar o se-guimento desta práctica deportiva.Nesta liga é obrigatorio que todosos nenos e nenas participen nosencontros un mínimo de tempo,de xeito que se consiga a travésda competición a integración e aparticipación de todos.

47

2.3 O Torneo Escolar de Balonmán

Esta competición dispútase entreequipos configurados desde as es-colas do Club Balonmán Oleirose equipos procedentes de clubs ecolexios da comarca da Coruña, o

que fai maior a participación e au-menta o interese na actividade. Aorganización desta liga está a ani-mar a que moitos rapaces xoguenao balonmán en Oleiros.

Page 42: O deporte en oleiros

2.4 Escolas acuáticas municipais

As escolas acuáticas municipaisson probablemente un dos pro-gramas máis importantes que seleva a cabo desde o departamentode Deportes do Concello de Olei-ros. O motivo desta relevancia éa importancia que ten para todosos nenos e as nenas o contactoco medio acuático. As actividadesdesenvólvense nas distintaspiscinas municipais. Entre osbeneficios que proporcionan a

participación nas distintas activi-dades das Escolas Acuáticasmunicipais destaca o desenvolve-mento motriz no medio acuáticodos rapaces e rapazas. Ademais,as sesións axudan a proporcionarseguridade e autonomía aos ne-nos xa que aprenden a nadar edesenvolven de forma correcta assúas capacidades básicas, comoa forza, a resistencia ou a flexibi-lidade.

O curso pasado, máis de 475 rapaces e rapazas de todos os centrospúblicos de ensino e de todas as idades participaron neste programa,dispoñendo ademais dun servizo de transporte gratuíto proporcionadopolo Concello e que facilita a accesibilidade ás piscinas municipais.

48

Page 43: O deporte en oleiros

2.5 As escolas deportivas municipais

O Concello de Oleiros é coñecedorda problemática social que supónos elevados índices de obesidadeinfantil e xuvenil, do sedentarismo,e das dificultades que ás vecesatopa a nosa mocidade para reali-zar actividades físicas e deportivasdun xeito regular. Por este motivo,puxo en marcha hai xa tres anos

as escolas deportivas municipaisdirixidas a rapaces e rapazas deentre 12 e 17 anos. Os deportescomo o surf, o baloncesto, a nata-ción e o bádminton son as activi-dades habituais. Ao longo do curso2009-2010 participan máis de 138rapaces.

49

O eixos básicos do modelo educa-tivo que propón o Concello conestas escolas son a diversión e ogusto pola práctica da actividadefísica e o deporte, proporcionar áxente nova hábitos saudables, eaproveitar os valores que trans-mite o deporte. Ademais estas

escolas perseguen o obxectivo dedesenvolver as capacidades físi-cas e motrices, mellorar a dispo-sición ao esforzo persoal e facilitaras relacións sociais, o traballo enequipo, a solidariedade, a toleran-cia e o xogo limpo.

Page 44: O deporte en oleiros

1.9

Remo. CEIP Luis Seoane

Bádminton. IES Mª Casares

50

2.6 Programa complementario deEducación Física nos centros escolares

Este programa é un dos máis solicitadospolos centros escolares. Consiste en incor-porar á materia de Educación Física noscentros de ensino de secundaria e primaria,actividades que complementen a propiamateria, e que na maior parte dos casos ospropios centros non poderían realizar por simesmos. Todas as actividades incluídas nesteprograma son gratuítas para o alumnado.Xogos acuáticos, natación, remo, kaiak,escalada deportiva, body-board, e hóckeyson algunhas das actividades que o ServizoMunicipal de Deportes propón aos centrosescolares para realizar en horario lectivo,achegando monitores, transporte e todo omaterial necesario. Durante o ano pasadoforon máis de 1100 rapaces e rapazas quepasaron por algunha das actividades desteprograma. Un auténtico luxo para o alumna-do dos nosos centros no que o concelloinviste 16.000 euros.

Estas actividades extraescolaresestán organizadas e financiadasdesde o Servizo Municipal de Edu-cación e o Servizo Municipal deDeportes. O programa de activi-dades extraescolares do CEIP Isi-dro Parga Pondal, desenvólvesedurante todo o curso escolar e

está formado por un bloque deactividades deportivas e outro deactividades culturais. O investi-mento anual é de 30.000 euros enesta actividade poden participartodos os rapaces do centro que odesexen.

Actividades extraescolares municipais no CEIPIsidro Parga Pondal

Surf.IES Mª Casares

Body board.CEIP Valle Inclán

Patinaxe no IES Neira Vilas

Kaiak de mar. IESMª Casares

Kaiak de mar. CEIP A Rabadeira

51

Page 45: O deporte en oleiros

O Goberno local, coñecedor daimportancia educativa que tenconservar o noso legado cultural,pretende dar a coñecer e promo-ver a práctica dos xogos popularesmáis destacables do noso país coneste programa itinerante en cadaun dos centros públicos de Olei-ros. Practícanse xogos como achave, a ra, o peón, os zancos, osbolos celtas, tiro da corda, o pano,entre outras. Durante o pasadoano máis de 500 rapaces de varioscentros de ensino gozaron dunretorno ás orixes dos xogos, doque esperamos que non só sexaque este percorrido se convertanunha posibilidade real de lecer,no perigoso mundo da tecnoloxíamal empregada.

52

2.7 Programa de dinamización dos xogospopulares nos centros de ensino

Page 46: O deporte en oleiros

2.8 Cursos de iniciación ao surf e body-board

Un concello aberto ao mar non pode esquecer a fabulosaplataforma litoral que é a praia de Bastiagueiropara practicar surf e body-board. Por este motivo,o concello organiza todos os anos e para maioresde 14 anos, 13 cursos intensivos de iniciacióne aprendizaxe básica do surf e body-boardcun total de 195 prazas ofertadas.O obxectivo é o de iniciar a máismozos nas técnicas básicaspara o dominio das disci-plinas, e que lle sirvanposteriormente para unhapráctica autónoma, segura e lúdica.A dispoñibilidade do local náutico deBastiagueiro permitirá aos mozos eas mozas deixar gardado o seu propiomaterial sen necesidade de ter quedesprazalo desde o seus domicilios.

53

Page 47: O deporte en oleiros

As competicións deportivasmunicipais

3

Page 48: O deporte en oleiros

3As competicións deportivas

municipais

Concello de Oleiros organizaanualmente un completo progra-ma de competicións deportivasque está fortemente relacionadocoa existencia dos clubs deporti-vos do municipio. O Goberno localentende que un dos melloresxeitos de axudar a estes clubs éa través da organización de tor-neos nas distintas disciplinasdeportivas nas que Oleiros tenrepresentación. Deste xeito, fóron-

se creando unha serie de torneose ligas que pretenden estar estrei-tamente ligadas coa vida dos no-sos clubs. Estas competiciónsteñen por obxectivo potenciar odeporte e contribuír a melloraros distintos equipos. O investi-mento municipal na organizacióndestes grandes eventos supón uninvestimento anual que se aproxi-ma aos 60.000 euros.

O

56

Page 49: O deporte en oleiros

A competición máis antiga quese realiza no municipio é o torneode fútbol que organiza o Concellode Oleiros. Ten lugar durante osmeses de xullo e agosto e nelparticipan todos os clubs de fútbolmodesto do municipio. Os parti-dos deste torneo serven comopreparación para a tempada decompetición. Só en concepto depremios para os clubs participan-tes, o Goberno local destina untotal 8.450 euros.

3.1 Torneo de Fútbol 11

57

Page 50: O deporte en oleiros

3.2 Bandeira de Traíñas

A Bandeira de Traíñas é unha dascompeticións deportivas tradicio-nais máis vistosas e singulares.O remo é a mestura de tradicióne deporte, de esforzo e solidarie-dade colectiva. Hoxe, en Oleiros,os remeiros non reman para che-gar antes ao porto e vender melloras capturas, se non que remanpor levar unha das bandeiras detraíñas máis prezadas de Galicia,

con 9.000 euros en premios. Noverán e no marco incomparabledo Parque de Nirvana ten lugaresta competición de remo coaparticipación do Club de Regatasde Perillo como protagonistaoleirense. A bandeira pertence áliga galega de traíñas e reúne to-dos os anos a preto de 18 traíñas,con máis de 270 remeiros parti-cipando.

58

Page 51: O deporte en oleiros

No Trofeo de Patinaxe Artística que organizaanualmente o Concello de Oleiros participan 300patinadoras e patinadores de toda Galicia. Estacita ten lugar no pavillón municipal Arsenio Iglesiasde Santa Cruz. Para organizar este evento o Concelloconta co traballo e coa colaboración do ClubPatinaxe Oleiros que ademais participa acti-vamente nesta competición a todos os niveis.O trofeo oleirense de patinaxe é unha das com-peticións locais de maior beleza e plasticidade debidoá espectacularidade dascoreografías e á ves-timenta das persoasparticipantes.

3.3 Trofeo de Patinaxe Artística

59

Page 52: O deporte en oleiros

3.4 Tríatlon de Oleiros

Oleiros é pioneiro na organizaciónde tríatlons en Galicia. Esta proba,que ten unha complexa organiza-ción, conta cunha participaciónanual aproximada de 140 atletas,tanto federados como populares.O contorno natural do municipiofai que a competición conte cungrande atractivo para os amantes

deste deporte. A praia de Mera eo seu contorno son testemuña doesforzo dos participantes que des-de hai máis de vinte anos chegande toda Galicia. A natación, o sec-tor de bicicleta e a carreira a pécompoñen esta apaixonante probade resistencia.

60

Page 53: O deporte en oleiros

O Concello de Oleiros organiza coacolaboración do Club de Tenis deMesa Breogán de Oleiros, un tor-neo de tenis de mesa que edicióntras edición estase a converter nun

referente galego deste deporte. Otorneo dispútase no polideportivomunicipal de Bastiagueiro. Máisde 250 participantes de Galicia,danse cita neste encontro anual.

3.5 Torneo de Tenis de Mesa

O Club de Tenis de Mesa Breogán Oleiros creouse no ano 2000 coaintención de abrir un espazo onde poder practicar está disciplinaolímpica. Desde entón, o club foi medrando nunha continua progresión.Na súa primeira tempada a escuadra oleirense contaba cun total de 5xogadores nun só equipo, agora, conta con 8 equipos que compiten endiferentes categorías a nivel autonómico.

61

Page 54: O deporte en oleiros

3.6 Torneo de Chave

A chave é o xogo popular por ex-celencia en Oleiros. Como xacomentamos con anterioridadeneste libro, este deporte tradicio-nal segue a ter unha grande par-ticipación no municipio. Os clubslocais, Club A Nova Chave de Olei-ros, Club de Chave de Perillo, Club

de Chave Oleiros, Club de ChaveS.R. Perillo e Club O Peio de SantaCruz, son os habituais participan-tes deste torneo no que o Concelloreparte 1500 euros en premios.Os encontros dispútanse nos dis-tintos campos de chave espalla-dos polo municipio.

62

Page 55: O deporte en oleiros

A Liga Municipal de Fútbol Salaé unha das competicións conmaior participación cidadá dasorganizadas polo Concello. Nestaliga participan máis de 200 ve-ciños repartidos en 18 equipos edúas divisións. Os encontros da

liga teñen lugar no pavillón muni-cipal de Canide. Para organizaresta complexa competición o Con-cello conta coa colaboración doClub Mera Fútbol Sala. Trátasedunha actividade en continua pro-gresión e que medra ano tras ano.

3.7 Liga Municipal de Fútbol Sala

63

Page 56: O deporte en oleiros

Os programas deportivosrecreativos de verán

4

Page 57: O deporte en oleiros

4Os programas deportivos

recreativos de verán

hega o verán e Oleiros é unfervedoiro de actividade. O perío-do vacacional dos máis novoscondiciona a oferta municipal quenesta época do ano se dirixe aodeporte recreativo e de ocio. Oscampamentos deportivos son aactividade máis demandada, asúa variedade, a inclusión detransporte desde os domicilios e

o feito de poder realizar atractivasactividades en grupo fai que sexao buque insignia da oferta deverán. Esta oferta estival com-plétase con cursos de remo naFábrica, de kaiak de mar e surfen Bastiagueiro, monopatín nanova pista de monopatín e xogosacuáticos nas piscinas públicas,completan a ampla oferta estival.

C

66

Page 58: O deporte en oleiros

No pasado ano 2009participaron neste pro-grama de verán un totalde 478 rapaces e rapazasonde o concello investiumáis de 29.000 euros.

Curso de remo na Fábrica. Perillo

Monopatín. Pista de Bastiagueiro

Xogos populares

Curso kaiak de mar Xogos acuáticos

67

Page 59: O deporte en oleiros

O Programa municipal deexercicio físico para a saúde

5

Page 60: O deporte en oleiros

5O Programa municipal de

exercicio físico para a saúde

leiros sempre foi un concellosingular e pioneiro en moitos as-pectos, en moitos eidos da nosasociedade: urbanismo, ecoloxis-mo e benestar social poderían seros alicerces fundamentais da nosaacción política e de goberno. Pre-cisamente, relacionado con este

último ámbito do benestar social,naceu un programa de actividadefísica para a saúde que pretendedar resposta ás necesidades deexercicio físico que ten a xenteque padece algún tipo de lesiónou patoloxía.

O

70

Page 61: O deporte en oleiros

Os programas actuais en marcha son oPrograma de prevención de dor de costas,o Programa de prevención dos riscos car-diovasculares, o Programa de prevencióne rehabilitación de enfermidades reumáti-cas e o Programa de tratamento de distintaspatoloxías.

Ademais, actualmente o Concello de Oleirose o Centro de Saúde de Santa Cruz teñenaberta unha interesante liña de colaboraciónentre os dous organismos para que desdeo propio centro de saúde, e unha vez diag-nosticada a patoloxía en cuestión, os propiosmédicos do centro expliquen e deriven apersoa a este programa municipal dirixidopor profesionais da actividade física, e onderecibirán un tratamento específico para asúa doenza.

Esta vía de colaboración entre o centrode saúde e o centro de actividade físicaé absolutamente pioneiro en Galicia.

71

Page 62: O deporte en oleiros

Os deportistasoleirenses

6

Page 63: O deporte en oleiros

6Os deportistas oleirenses

conxunto de entidades depor-tivas do municipio é un caldo decultivo idóneo para o xurdimentode promesas do deporte e depor-tistas de alto nivel. Ao longo dosúltimos anos foron xurdindo enOleiros un importante grupo dedestacados deportistas de todasas idades que teñen un papelrelevante nas súas respectivasdisciplinas a nivel autonómico,nacional e incluso internacional.Algúns dentro dos clubs locais ouen equipos doutras latitudes eoutros de forma autónoma, fan doseu éxito un triunfo colectivo.

O

74

Page 64: O deporte en oleiros

ÁLEX COUCEIRO FIGUEROA (pádel)

Álex Couceiro vén demostrandoser un dos máximos expoñentesdo pádel galego. Na tempada 2009foi campión masculino do TorneoASM–Nox, e acadou a vitoria nafase previa do campionato galegoabsoluto. Rematou o ano na quin-ta posición da clasificación da Fe-deración Galega de Pádel.

JORGE COUCEIRO FIGUEROA (pádel)

Jorge Couceiro é subcampión infan-til dos torneos máis importantes docircuíto galego. Ademais ao longode 2009 acadou o triunfo na faseprevia do campionato galego abso-luto de pádel, o subcampionatoinfantil. Ademais Couceiro é cam-pión galego na categoría cadete.

AMAURIS TEMÓ SEMANAT (esgrima)

Amauris foi campión ga-lego absoluto na modali-dade de espada. Os seusobxectivos a curto prazoson seguir competindo aomáximo nivel na vindeiratempada.

75

Page 65: O deporte en oleiros

76

ANTÍA RODRÍGUEZ SÁNCHEZ (voleibol)

Antía Rodríguez é unha xogadorade voleibol cun futuro promete-dor. Ao longo da pasada tempadalogrou un destacado sexto postono campionato de España cadetepor seleccións autonómicas quese realizou en Cáceres. Ademaisacadou o terceiro posto no cam-pionato galego cadete por equipose outra terceira posición no cam-pionato galego xuvenil. Antía com-paxina o voleibol coa práctica dovolei-praia, onde acadou o décimoterceiro posto no campionato deEspaña sub-17 en Xixón.

CARLA RODRÍGUEZ SÁNCHEZ (pádel)

Carla Rodríguez é a pequena dedúas irmás cunha clara vocacióndeportista. Ademais do voleibol evolei-praia, esta oleirense practi-ca o pádel onde ao longo de 2009participou no circuíto nacional cundestacado papel. Como xogadorade volei, ao longo da tempada2009-2010 Carla logrou o sub-campionato galego por equipos eun meritorio noveno posto nocampionato de España. Ademaisfoi convocada pola selección ga-lega en categoría infantil.

Page 66: O deporte en oleiros

BEATRIZ ARREGUI GARCÍA (esgrima)

A novísima tiradora oleirense é unha dasgrandes promesas galegas de esgrima. Nasúa curta traxectoria xa logrou acadar osubcampionato galego na modalidade deespada e rematou terceira na de florete.Ambas as dúas competindo en categoríaalevín. Beatriz posúe un gran potencialen destreza e habilidade para a práctica daesgrima. Estas características son o prin-cipal motivo dos seus bos resultados.

BEGOÑA DE ARRIBA BELLOGUÍN (atletismo)

Begoña de Arriba é unha atletaveterana que compaxina o mediofondo co lanzamento de peso. Aolongo da tempada 2009 logrou amedalla de ouro en lanzamentode peso no campionato galego deatletismo de veteranos en pistacuberta. Ademais conseguiu oterceiro posto na proba dos 1.500metros. Meses máis tarde, repetiu estes resultados na proba ao airelibre que tivo lugar no Barco. No campionato de España disputado enZaragoza acadou o quinto posto nas dúas probas.

CHRISTIAN PARADELA GARALOCES

Christian Paradela é campión galego deacrobacia en aeromodelismo na cate-goría F3A. Ademais este mozo deMaianca conseguiu un meritorio sétimoposto na categoría absoluta no campio-nato de España que tivo lugar en Leónen 2009.

77

(aeromodelismo acrobático)

Page 67: O deporte en oleiros

78

EVA CASTRO FERNÁNDEZ (ciclismo)

Eva Castro é unha deportista deprimeiro nivel. Os seus logros de-portivos mídense en participa-cións en eventos internacionaisen distintas disciplinas técnicasde ciclismo BMX. Eva participouen varias ocasión na Copa doMundo de Four Cross, onde aca-dou un cuarto posto na ediciónque tivo lugar en Vigo. A nivel na-cional tamén acadou actuaciónsestelares. A pasada tempadacompetiu en varias probas do cir-cuíto internacional e disputou ocampionato de España de Cruiser,onde rematou subcampioa.

JOSÉ SÁNCHEZ SÁNCHEZ (piragüismo)

José Sánchez é unhagrande promesa dopiragüismo nacional cuxameta debe estar postanunha das próximas citasolímpicas. É internacio-nal coa selección es-pañola de piragüismo, eno campionato de Españade 2009 logrou a vitoriana categoría C2 1000 eC2 500 e o segundo postoen C2 200 metros.

Deportista Galego de Alto Nivel

Deportista Galega de Alto Nivel

Page 68: O deporte en oleiros

PABLO VARELA DÍAZ (ciclismo)

Pablo Varela é un ciclista en clara pro-gresión. Na pasada tempada participouno circuíto invernal de ciclocross, e aca-dou postos destacados sendo aínda ca-dete. Ademais logrou a décimo segundaposición no campionato galego destamodalidade. A dedicación e constanciaque Pablo amosa nos seus adestramen-tos serán un factor determinante no seudesenvolvemento como ciclista.

UXÍO MARCOS NORES (fútbol)

Uxío Nores é alumno de 2º de bacha-relato do IES María Casares. A pasadatempada foi convocado para participarno IX Campionato Europeo Sub-17 deFútbol que tivo lugar en Liechtenstein.Na actualidade xoga nas categoríasinferiores do Real Club Deportivo de ACoruña e ten un prometedor futurocomo defensa central.

79

OLAYA GUNTÍN RODRÍGUEZ (patinaxe artística)

Olaya Guntín é unha destacadapatinadora artística do noso Con-cello. Ao longo de 2009 acadou odécimo sexto posto no campionatode España infantil e a pasada tem-pada logrou o vixésimo segundoposto na mesma proba, pero encategoría cadete. As próximastempadas, nas que Olaya dará osalto á categoría xuvenil, seránclaves para esta ximnasta.

Page 69: O deporte en oleiros

80

LAURA CERVELO MARTÍNEZ (pádel)

MANUEL VILLADONIGA MARTÍN (esgrima)

OLAYA CEA FONTELA (tenis de mesa)

Olaya Cea é unha grande prome-sa do tenis de mesa. Actualmen-te é xogadora de división de hon-ra co Club Arteal de Santiago deCompostela, aínda que se for-mou desde moi pequena nascategorías base do Club de Tenisde mesa Breogán de Oleiros,onde xa tivo moi bos resultadosdesde a categoría infantil.

Manuel Villadoniga ésubcampión de Españaveterano de esgrima.Este oleirense ten comoobxectivo a curto prazodinamizar a prácticadeste deporte no nosomunicipio e noutras zo-nas da comarca.

Laura Cervelo foi subcampioagalega categoría alevín depádel, formando parella conCarla Rodríguez na última edi-ción do campionato autonómi-co celebrado en setembro de2009. Ademais conta con des-tacadas participacións endiversos campionatos indivi-duais a nivel provincial e au-tonómico.

Page 70: O deporte en oleiros

JOSÉ MANUEL BAO MARTÍNEZ (atletismo)

José Manuel Bao é un dos grandescampións do municipio de Oleiros.Bao logrou ao longo da súa traxec-toria como atleta de velocidadegrandes logros deportivos. Peroquizais a súa época máis gloriosachegou como competidor na cate-goría de veterano. Onde conseguiunos últimos anos proclamarsecampión de España de 50, 60, 100e 200 metros lisos. O obxectivo deBao para a próxima tempada seráacadar unha vitoria internacionalde relevancia para sumar ao seuamplo palmarés.

81

JUAN CARLOS RODRÍGUEZ VÁZQUEZ (tenis de mesa)

Juan Carlos Rodríguez levamoitos anos practicandotenis de mesa e é un dosresponsables de que estedeporte conte con variaspromesas e cunha altaparticipación no noso con-cello a través do seu laborno club local. Nos últimosanos logrou proclamarsecampión de España destadisciplina en categoría demáis de 50 anos. JuanCarlos é un xogador de tenis de mesa incombustible. Leva moitos anoscompetindo a un alto nivel, compaxinando os seus adestramentos conoutras responsabilidades dentro do seu club.

Page 71: O deporte en oleiros

82

ANTONIO CASAL REY (tiro)

Antonio Casal é un destacadotirador a nivel galego. Aolongo da súa extensa traxec-toria nesta disciplina acadoutítulos como o campionatogalego veterano de tiro concarabina.

LUCÍA LÓPEZ LÓPEZ (ximnasia artística)

Lucía López practica ximnasia artísticafeminina desde que tiña cinco anos.Na súa longa traxectoria destaca acuarta posición que conseguiu no cam-pionato de España en solo e a quintaen barra no ano 2008. Ademais en 2009conseguiu a terceira mellor nota ensolo na proba nacional. Os resultadosdeportivos de Lucía son produto dassúas excelentes calidades, e do grannúmero de horas de adestramentosque require a ximnasia deportiva.

PABLO VASALLO RODRÍGUEZ (patinaxe artística)

Pablo Vasallo está a conseguir unimportante palmarés como pati-nador. Ao longo desta tempadaacadou o cuarto posto no campio-nato de España e, ademais, logrouunha meritoria quinta praza naCopa de Francia como patinadorna categoría júnior.

Page 72: O deporte en oleiros

LUCÍA VEIGA MOSQUERA (vela)

Lucía Veiga navega en velalixeira, na clase Snipe. Aoleirense acadou xunto coasúa compañeira de tripula-ción importantes logrosdeportivos a nivel autonó-mico, nacional e interna-cional. Na súa traxectoriadestaca o campionato deEspaña en categoría Snipe.Ademais, Lucía formou partedo equipo da clase Snipe para

o campionato do mundo xuvenil realizado en 2009 en Roquetas de Mar,en Almería.

SERGIO CASAL FIGUEROA (balonmán)

Sergio Casal ten un prome-tedor futuro como xogadorde balonmán. Foi subcam-pión de España coa selec-ción cadete de balonmán deGalicia en 2008. Despois depasar polos clubs de balon-mán de Oleiros, polo OAR epolo Culleredo, a vindeiracampaña xogará en Primei-ra División Nacional co ClubCisne Balonmano de Ponte-vedra. Co salto cualitativo aeste novo club, Sergio terá aoportunidade de competirnunha liga de gran nivel de-portivo e que lle servirá paraprogresar como xogador debalonmán.

83

Page 73: O deporte en oleiros

84

CLAUDIA CALVELO AMEIJEIRAS (baloncesto)

Claudia Calvelo é unha das máisgrandes promesas do baloncestogalego. A oleirense foi seleccio-nada pola Federación Españolapara o europeo sub 18 de balon-cesto feminino, onde logrou osubcampionato de Europa. Ade-mais no seu club ten un importan-te rol como xogadora. A estaturae as excelentes condicións físicase técnicas de Claudia recordan asdo seu pai e adestrador, o taménoleirense e ex xogador de balon-cesto en división de honra PepínCalvelo.

CRISTINA MAROÑAS LORENZO (tiro con arco)

Cristina Maroñas está adesenvolver nas últimastempadas un destacadopapel nas competiciónsautonómicas de tiro conarco. Ademais de monitoranacional desta modalidadeolímpica, esta moza olei-rense acadou este mesmoano un meritorio terceiroposto no Campionato Gale-go de Sala Recurvo SéniorFeminino. O principal desa-fío de Cristina de cara áspróximas tempadas serárealizar un bo papel nocampionato autonómico eintentar dar un salto cualitativo que lle permita ser competitiva a nivelnacional.

Page 74: O deporte en oleiros

Borja é unha das grandespromesas do remo galego.No 2009 acadou a medallade bronce no campionatode España na modalidadede catro scull. Nesta tem-pada engrosou o seupalmarés co título decampión galego en re-moergómetro, co título decampión galego en skiff ecoa medalla de bronce no campionato de España. Este remeiro oleirenseten, con 14 anos, un excelente potencial xa que combina forza e resis-tencia con flexibilidade e técnica. Ademais destaca a súa gran capacidadede esforzo e sacrificio, aspectos fundamentais para a práctica destedeporte.

FRANCISCO JAVIER GONZÁLEZ REIGADA (kárate)

González Reigada é unkarateka cunha claraproxección internacional.Este policía local de Olei-ros proclamouse en dúasocasións, ao longo da súavida deportiva, campióndo mundo de kárate namodalidade kumite nosXogos Mundiais de Poli-cías e Bombeiros. Ade-mais, Reigada posúe dis-tintos galardóns nacionaisacadados como karateka.

85

BORJA ROO BRAVO (remo olímpico)

Page 75: O deporte en oleiros

86

SILVIA LAGE RIVERA

Silvia Lage logrou a pasada tempada a medalla de bronce no campionatogalego en categoría sub 15.

Fila superior, de esquerda a dereita: Silvia Lage Rivera, Diego Fajardo Facal,Rebeca Cano Ruiz, Yolanda Fajardo Facal. Fila inferior, de esquerda a dereita:Alejandro Castro Pardo, Aitor López García, Saray Antelo Ínsua.

DIEGO FAJARDO FACAL

Diego protagonizou un excelente campionato galego cando competíaen categoría cadete logrando o terceiro posto nesta proba autonómica.

REBECA CANO RUÍZ

Rebeca Cano leva tres tempadas competindo a un altísimo nivel. En2008 logrou o subcampionato de España en categoría cadete. Ao longodo 2009 conseguiu a prata no campionato galego en categoría sub 20e este ano gañou a medalla de bronce no campionato galego sénior.

Judokas oleirenses

Page 76: O deporte en oleiros

Margalida Roig logrou a medalla deprata no sector nacional sub-23-52 kg,ademais foi segunda no campionatogalego sénior, segunda no sector docampionato de España sénior e quintano campionato de España universitario.

YOLANDA FAJARDO FACAL

Yolanda conseguiu esta tempada rematar en terceira posición docampionato galego de judo en categoría sub 15.

ALEJANDRO CASTRO PARDO

Álex Pardo protagonizou un grande campionato galego en categoríacadete, onde logrou o subcampionato autonómico.

AITOR LÓPEZ GARCÍA

Aitor é outra das grandes promesas do judo oleirense. Este mozo écampión galego en categoría sub 15 e rematou en quinta posición nocampionato de España da categoría.

87

SARAY ANTELO ÍNSUA

Saray acadou unha máis que meritoria medalla de prata no campionatoinfantil do pasado ano.

MARGALIDA ROIG CARRIÓ

Entre os judokas máis novos destacaSofía Varela, que acadou unhameritoria medalla de bronce nocampionato galego infantil de 2010.

Page 77: O deporte en oleiros

Os clubs deportivosde Oleiros

7

Page 78: O deporte en oleiros

7Os clubs deportivos de Oleiros

traballo levado a cabo polo Go-berno municipal en materia de-portiva, ao longo das últimas dé-cadas, axudou a consolidar unimportante grupo de clubs depor-tivos do municipio e impulsou acreación de novas institucións. Aconstrución de novas instalaciónsdeportivas de calidade e a crea-ción de programas municipais quepromovan o deporte e a educaciónfísica a todas as idades foron fac-tores determinantes para que

Oleiros conte na actualidade cunrico conxunto de entidades depor-tivas. Ademais, o Concello de Olei-ros subvenciona estes clubs deforma anual para garantir o seufuturo a través da realización deactividades para os máis peque-nos. Durante o ano 2009, porexemplo, o investimento munici-pal para subvencionar as entida-des deportivas a través do Orga-nismo Autónomo Municipal deCultura foi de 57.200 euros.

O

90

Page 79: O deporte en oleiros

FÚTBOL

Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva de Dorneda

Marino de Mera Club de Fútbol

91

Page 80: O deporte en oleiros

92

Hércules SDC de San Pedro

Atlético Perillo Club de Fútbol

Page 81: O deporte en oleiros

Club Atlético San Pedro

Unión Campestre de Montrove Fútbol Club

93

Page 82: O deporte en oleiros

94

Club de Fútbol Santa Cruz de Liáns

Club Deportivo Obrero de Oleiros

Page 83: O deporte en oleiros

Club Baloncesto Oleiros

Agrupación Deportiva Valle Inclán

BALONCESTO

95

Page 84: O deporte en oleiros

96

Club Baloncesto Feminino As Torres

Club Balonmán Oleiros

BALONMÁN

Page 85: O deporte en oleiros

Club Voleibol Oleiros

VOLEIBOL

97

Club de Regatas de Perillo

REMO

Page 86: O deporte en oleiros

98

Centro Deportivo Mariñeiro de Mera

Club Patinaxe Oleiros

PATINAXE

Page 87: O deporte en oleiros

Club Patín Rabadeira

99

Club de Ximnasia Rítmica Acordes

XIMNASIA

Page 88: O deporte en oleiros

100

Club de Ximnasia Deportiva Cabi

Club A Nova Chave de Oleiros

CHAVE

Page 89: O deporte en oleiros

Club de Chave de Perillo

101

Club de Chave Oleiros

Page 90: O deporte en oleiros

102

Club de Chave S.R. Perillo

Club O Peio de Santa Cruz

Page 91: O deporte en oleiros

Club de Tenis Maianca

Escola de Tenis Canabal

TENIS

103

Page 92: O deporte en oleiros

104

Club de Tenis de A Coruña

Club de Tenis de Mesa Breogán

TENIS DE MESA

Page 93: O deporte en oleiros

Unión Deportiva Libertad

Mera Fútbol Sala

FÚTBOL SALA

105

Page 94: O deporte en oleiros

106

Club Sporting Valle Inclán

Judo Club Oleiros

JUDO

Page 95: O deporte en oleiros

Club de Montaña Pico do Castro

Club Acuatic Coruña

MONTAÑISMO E ESCALADA

107

NATACIÓN SINCRONIZADA

Page 96: O deporte en oleiros

Orgullosos de vivir en Oleiros

Page 97: O deporte en oleiros

www.oleiros.org

Page 98: O deporte en oleiros

Servizo Municipal de Deportes