Proxecto mínimo viable

3
PROYECTO MÍNIMO VIABLE: "A NOSA BRETOÑA" ¿QUE É A "MATERIA DE BRETAÑA"? [email protected] MODALIDADE E ETAPA EDUCATIVA Está pensado para alumnos do primeiro ciclo diso en réxime diurno nas materias de Educación para a cidadanía, Educación Plástica, Música e Lingua galega. PERFIL DOS ALUMNOS Estudantes ( 140 alumnos de 1º e 2º de ESO - tres primeiros e catro segundos- pertencentes ao Proxecto Abalar con ordenadores para cada

Transcript of Proxecto mínimo viable

Page 1: Proxecto mínimo viable

PROYECTO MÍNIMO VIABLE: "A NOSA BRETOÑA"

¿QUE É A "MATERIA DE BRETAÑA"?

[email protected]

MODALIDADE E ETAPA EDUCATIVA

Está pensado para alumnos do primeiro ciclo diso en réxime diurno nas

materias de Educación para a cidadanía, Educación Plástica, Música e

Lingua galega.

PERFIL DOS ALUMNOS

Estudantes ( 140 alumnos de 1º e 2º de ESO - tres primeiros e catro

segundos- pertencentes ao Proxecto Abalar con ordenadores para cada

Page 2: Proxecto mínimo viable

un e EDI na aula. Motivados e cunha pequeñísima experiencia de

traballo por proxectos.

DESCRICIÓN DO PROXECTO

Este é un proxecto suscitado na materia de Lingua galega e xorde no

contexto da celebración da Semana dás Letras Galegas. Os alumnos de

1º de ESO teñen que traballar no currículo, durante a 3ª avaliación o

texto poético e o texto narrativo. A idea é que o traballen en grupos e en

torno a un tema unificador: a "Materia de Bretaña", o que lles permitirá

traballalo tamén na materia de Educación Plástica. Buscando socios

propóñollo ao profesor de Lingua galega de 2º . Os alumnos de 2º teñen

que traballar no seu currículo "Como se fai unha presentación de

traballos" e o "texto de tipo académico". A profesora que imparte

Educación para a cidadanía e Música en 2º quere aportar o seu traballo

para a celebración das Letras Galegas. Esta parte é a que vexo de máis

difícil integración. Son catro cursos de 2º nos que a mesma profesora

imparte dúas materias diferentes. A súa proposta é traballar o mito

artúrico desde o campo dos valores (autonomía, fidelidade,

solidariedade); creo que é un bo símbolo para axudar a configurar unha

identidade social nos alumnos que están buscando o seu Graal. E con

isto intento crear o meu proxecto.

A cuestión suscitada é: Que é a Materia de Bretaña? Como se

manifesta? A primeira parte do traballo no aula dedicareilla á poesía e a

segunda á narrativa.

PRODUTO FINAL

O produto final sería unha antoloxía comentada de textos poéticos.

No comentario incluímos:

- Argumento

- Idea principal

- Tema

- Figuras literarias

Os textos seleccionaranse de dúas bibliotecas virtuais:

http://bvg.udc.es/

Page 3: Proxecto mínimo viable

http://sondepoetas.blogspot.com.es/

En 2º da ESO, a tarefa final será un traballo de investigación sobre os

autores e o contexto histórico-xeográfico dos mesmos autores que

traballan os alumnos de 1º. Expoñerán os traballos en formato de

cartolina no hall do centro, xunto co debuxo, pintura,...alusivo ao mito

artúrico; o profesor de Plástica suscitarao como unha recreación dun

cadro/imaxe/cartel... que aporto nun taboleiro de Pinterest.

http://www.pinterest.com/isabelmbs/a-materia-de-bretaña/

E finalmente, para esta exposición, xunto coas pinturas, un poema-

pedra cos textos que comentaron. Neste último traballo colaboran

tamén os alumnos de Cidadanía.

Os alumnos poden enviar os seus traballos a un DOCUMENTO

compartido en Google Drive:

https://docs.google.com/document/d/1uA7ZbNoSzOZRVjCRfRnKbnet0

EV8YMZw9pk9mvO5W4/edit

RELACIÓN CO CURRÍCULO

Traballarán practicamente todas as competencias, salvo a matemática.