PROXECTO EDUCATIVO 2016

72
PROXECTO EDUCATIVO IES GARCÍA BARBÓN  2016  

Transcript of PROXECTO EDUCATIVO 2016

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 1/72

PROXECTO

EDUCATIVO IES GARCÍA BARBÓN  

2016 

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 2/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

1

ÍNDICE

1. INTRODUCCIÓN 3

2. CONTEXTO 3

2.1. MARCO LEGAL 3

2.2. CARACTERÍSTICAS DO ENTORNO XEOGRÁFICO 5

2.3. CONTEXTO SOCIOECONÓMICO E CULTURAL 7

2.4. CONTEXTO FAMILIAR 8

3. VALORES E OBXECTIVOS 11

4. MEMORIA ADMINISTRATIVA 13

4.1. INSTALACIÓNS 13

4.2.ORGANIGRAMA PERSOAL 14

4.3. ÓRGANOS DE GOBERNO 15

4.3.1.UNIPERSOAIS 15

4.3.2. ÓRGANOS COLEXIADOS: 18

4.3.3. ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE 20

4.4.COMISIÓN DE CONVIVENCIA 25

4.5. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA 27

4.6. BIBLIOTECA 30

4.7. CLUBES DE LECTURA 31

4.8. COORDINACIÓN DE FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO 32

4.9. ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS 34

4.10. CAFETARÍA 34

5. HORARIO XERAL DO CENTRO 34

6. OBXECTIVOS, RESULTADOS E XESTIÓN. MARCO TEMPORAL E ACTIVIDADES 35

6.1. CENTRO 35

6.2.DOCENCIA 37

6.3. CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN 38

6.4. TRATAMENTO TRANSVERSAL DA EDUCACIÓN EN VALORES 40

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 3/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

2

7. ORIENTACIÓN 41

7.1. OBXECTIVOS XERAIS 41

7.2. ACCIÓN TITORIAL 42

7.3. PLAN DE ACCIÓN TITORIAL 45

7.4. PLANIFICACIÓN XERAL E DEFINICIÓN DE ACCIÓNS PRIORITARIAS 46

7.4.1 ESTRATEXIA DE INTERVENCIÓN PROPOSTA 47

8. TIC 48

9. PFPP 52

10. CONCRECIÓN DO CURRÍCULO 53

10.1. CURRICULO 55

11. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 66

12. AVALIACIÓN DA LABOR DOCENTE 68

13. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 69

13.1. PROGRAMA DE ACTIVIDADES 70

14. AVALIACIÓN DO PE 71

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 4/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

3

1. 

INTRODUCCIÓN

O Proxecto Educativo do IES García Barbón recolle os valores, obxectivos e prioridades de

actuación da súa comunidade educativa, considerando as características do entorno social e cultural no

que se desenvolve a súa actividade. Adoita como valores fundamentais os principios de non

discriminación e de inclusión educativa.

O marco lexislativo ó que se acolle este documento remítese ós principios e obxectivos recollidos

nas sucesivas Leis educativas dende a Lei Orgánica 8/1985, de 3 de xullo, Reguladora do Dereito á

Educación, ata a actual Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro que modifica parcialmente a Lei Orgánica

2/2006, de 3 de maio, de Educación.

A longa traxectoria deste centro, consolidada ó longo dos últimos 38 anos, trata de ofrecer

unha educación persoal, integral, de calidade, estable e diversificada. Nas súas formulaciónspedagóxicas afronta os desafíos científicos e tecnolóxicos do futuro, a pesar do incremento das

desigualdades e as dificultades económicas. A educación no noso centro convértese na ferramenta

para que as persoas e a sociedade poidan avanzar cara os seus ideais. A educación que practicamos

ten como obxectivo permitir que todos, sen excepción, teñan a oportunidade de frutificar e

desenvolver as súas capacidades e expectativas. Isto leva a que cada individuo aprenda a

responsabilizarse de si mesmo, realizándose a través do seu proxecto persoal e aprendendo a

cooperar cos demais.

2.  CONTEXTO

O IES García Barbón comeza a súa actividade no curso escolar 1977-1978 como Instituto de Formación

Profesional. Na actualidade é un centro de Ensino Secundario Postobrigatorio, Formación Profesional,

Educación de Adultos e alberga a sección da Escola Oficial de Idiomas de Verín, así como os cursos a

distancia da Aula Mentor.

2.1. MARCO LEGAL

A actividade educativa do noso centro réxese polas leis do ordenamento xurídico estatal e polas

leis da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aplícase o establecido na Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro para a mellora da calidade

educativa (B.O.E. Nº 295, de 10 de decembro de 2013), que modifica parcialmente a Lei Orgánica 2/2006,

de 3 de maio, de Educación (B.O.E. Nº 106, de 4 de maio de 2006).

Norma específica Bacharelato 

- Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e

do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galiza (DOG 29 de xuño 2015)

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 5/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

4

- Real Decreto 1105/2014, do 26 de decembro, polo que se establece o currículo básico da Educación

Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato.

- Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración

autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e

bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta.

Norma específica Ciclos Formativos

- Lei Orgánica 5/2002 de 19 de xuño das Cualificacións e da Formación Profesional .

- Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación

 profesional do sistema educativo. 

- Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación

académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

- Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional dosistema educativo de Galiza.

- Lei Orgánica 1/1990, de 3 de octubre de 1990, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo.

Formación Profesional Básica

- Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional

básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galiza e se establecen vinte e un

currículos de títulos profesionais básicos.

- Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na

Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas. 

- Orde de 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional da FCT da formación profesional

inicial .

- Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación

Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación

 profesional do sistema educativo no curso 2015/16. 

Norma específica Educación de Adultos 

-Lei 9/1992, do 24 de xullo, de educación e promoción de adultos. 

- Decreto 88/1999, do 11 de marzo, polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de

 persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros. Modificación dada polo Decreto 126/2008 , de 19 de

xuño.

- Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se regula a Educación básica para as Persoas adultas e se establece

o seu currículo en Galiza. 

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 6/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

5

2.2. CARACTERÍSTICAS DO ENTORNO XEOGRÁFICO

O noso instituto está no concello de Verín. A vila está situada no cuadrante sudoriental da

provincia de Ourense, lindando polo sur coa fronteira portuguesa. Ten unha superficie de 93,9

quilómetros cadrados e unha poboación de 14.107 habitantes.

Localizada no corazón da fértil comarca do Val de Monterrei, apareceu ó pé dunha importante

fortaleza medieval, e constitúe un dos principais e máis prósperos núcleos urbanos da provincia de

Ourense.

É ademais, paso obrigado cara a Portugal e Castela e tradicional lugar de veraneo pola calidade

das súas augas medicinais de Fontenova, Cabreiroá e Sousas. Situado na depresión de Verín, o relevo

deste municipio mostra dous sectores diferentes: un formado polo val do río Támega e o outro polos

relevos montañosos que o circundan ao oeste, onde a altitude chega aos 940 metros no Alto deValdeagua. Tamén atravesa o municipio unha falla denominada Creba da Corga, pola que flúen moitos

mananciais de augas minerais.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 7/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

6

En canto ó emprazamento do I.E.S García Barbón, atópase situado no casco urbano da vila de

Verín, concretamente na Rúa Antonio Fernández Pérez s/n.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 8/72

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 9/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

8

- Servizos Sociais da Mancomunidade de Municipios do Val de Monterrei.

- Oficina Municipal de Información ó Consumidor.

- Punto de Información Xuvenil (PIX).

A oferta cultural é outro dos elementos esenciais da vida social da comarca. Verín conta cun

abano amplo de ofertas deportivas, entre as que destacan as actividades promovidas polo Pavillón

Municipal de Deportes, a Piscina Climatizada, as Piscinas Municipais ó aire libre e as Escolas Deportivas

Municipais.

Outros servizos a destacar son: Xulgados de Primeira Instancia, Centro de Saúde, Hospital de

Verín, Oficina do INEM, Delegación de Facenda e a Delegación de Seguridade Social.

2.4. CONTEXTO FAMILIARNo estudo realizado da procedencia dos alumnos do instituto compróbase que

aproximadamente a metade procede de Verín, e o resto das zonas rurais dos arredores.

Os fogares dos que proveñen os nosos alumnos caracterízanse pola escasa formación

académica das familias. Tan só un 3% dispón de estudos universitarios no caso dos pais, e un 2% no

caso das nais. Resulta representativo o importante número de alumnado que declina a opción de

contestar á pregunta sobre a formación académica das súas familias. A maioría do alumnado provén

de fogares cun nivel de estudos medio-baixo.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 10/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

9

O nivel formación inflúe directamente na ocupación e no tipo de profesións desempeñadas

polos proxenitores do noso alumnado.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 11/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

10

Á vista dos resultados pódese constatar un porcentaxe de paro superior, case en dez

puntos, á media nacional no caso dos pais; case o 50% das nais non traballa.

En canto a profesión dos pais dos alumnos ponse de manifesto que a maior ocupación

é a de traballador por conta allea, seguida de pequenos autónomos (comerciantes,

transportistas, panadeiros, etc). Tamén se constata, no caso das nais, que a ocupación

maioritaria é ama de casa.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 12/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

11

3.  VALORES E OBXECTIVOS

O obxectivo primordial deste Centro é o desenvolvemento pleno das dimensións física, intelectual,

afectiva, ética e social do noso alumnado.

O conxunto de valores e obxectivos do centro están baseados no labor de ponte que exercemos, dada

a dispersión poboacional propia da comarca, entre a Galicia rural e a urbana. Somos conscientes do

amplo impacto potencial que as actividades xeradas dende o centro, poden chegar a acadar entre o noso

alumnado e o seu entorno.

Non só consideramos o contexto inmediato como o noso marco de traballo, senón que temos como

un dos nosos obxectivos manter o principio de comunidade educativa, recordando sempre que esta

comunidade está integrada por docentes, alumnado, as súas familias e o persoal non docente. Todos

formamos parte, nalgunha medida, do proceso educativo no sentido máis amplo da expresión, que

abrangue dende a competencia en calquera das materias curriculares ata o respecto ás persoas e ás

instalacións nas que todos traballamos.

Tamén se pretende unha educación da persoa baseada nos principios de:

- Coeducación, que potencie a igualdade de xénero.

- Integración, valorando calquera tipo de diferenzas no alumnado como unha riqueza, e non como un

problema.

- Compensación, que nivele ó máximo as desigualdades entre o alumnado por factores sociais,

económicos, culturais ou de calquera outra índole.

Buscamos acadar un estilo educativo que promova:

1- O desenvolvemento pleno da personalidade do alumnado.

2- A formación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais.3- A apreciación da diferenza como un valor.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 13/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

12

4- A adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo.

5- O coñecemento, apreciación e defensa das peculiaridades de Galicia, incluíndo o seu idioma propio.

6- A preparación para a participación activa na vida social e cultural.

Polo tanto, poderíamos enumerar os seguintes obxectivos principais:

Formar ao noso alumnado para o pleno desenvolvemento da súa personalidade e das súas

capacidades. Estimular no alumnado a idea de formación permanente e de uso educativo das novas

tecnoloxías ao longo da vida, xa que nunha sociedade cambiante, non se pode entender a formación

como un proceso temporal limitado, senón como unha actividade para aprender de maneira

continua.

Desenvolver a actividade académica nun clima de convivencia democrática baseada na

participación, o pluralismo, a tolerancia, o respecto e a aceptación mutua.

Promover a educación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, na igualdade dedereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das

persoas con discapacidade.

-  Fomentar unha comunicación permanente e fluída entre alumnos e profesores, tanto nas aulas

como nas titorías. Potenciar o uso dunha metodoloxía activa que asegure a participación do

alumnado nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Coa colaboración e asesoramento do Departamento de Orientación, potenciaremos a

orientación como axuda no proceso de maduración da personalidade de cada alumno concreto e

da elección do seu camiño para a vida; e como non, impulsar a acción titorial, tanto individual

como de grupo.

-  Fomentar a implicación de todos os axentes educativos, profesores, pais e nais e empresas, nas

actividades programadas polo centro.

-  Estimular a cooperación entre os diferentes Seminarios e Departamentos en proxectos e

actividades educativas comúns.

Procurar unha estreita relación de colaboración co entorno social, económico e cultural.

Para a consecución de todos estes obxectivos o centro contará co apoio do equipo directivo e a

implicación dos integrantes do claustro. Así mesmo, o centro destinará os recursos económicos á

súa disposición, así como as súas instalación, para favorecer o cumprimento destes obxectivos.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 14/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

13

4.  MEMORIA ADMINISTRATIVA

4.1. INSTALACIÓNS

O centro está situado nas aforas do casco urbano de Verín, na rúa Rúa Antonio Fernández

Pérez s/n. A entrada principal está situada nesta rúa, e posúe outra entrada lateral situada a carón da

antiga casa dos conserxes, na actualidade designada como sede do Viveiro de Empresas da localidade,

aínda en proxecto.

Na parte posterior do edificio principal atópase unha antiga pista de deporte que na

actualidade se emprega como zona de aparcamento. Ó carón do edificio tamén están as instalacións

deportivas municipais (piscina, campo de fútbol, pistas de tenis, pádel e pavillón). Enfronte do edificio

principal do centro atópase o IES Xesús Taboada Chivite, o outro centro de primaria da localidade, oCEIP Princesa de España.

O acceso ó edificio para peóns faise a través do patio dianteiro situado fronte á entrada

principal, que conta con escaleiras e rampla de acceso para persoas con dificultades de mobilidade. O

acceso con vehículos faise pola porta lateral que leva á zona de aparcamento posterior.O acceso

interior do edificio está facilitado con escaleiras, ascensor de acceso á planta superior, e ramplas de

acceso á zona de talleres.

As dependencias do centro inclúen aulas, seminarios, titorías, despachos, talleres e laboratorios

distribuídos en dúas plantas. Na planta baixa, nas proximidades do hall, atopamos unha aula xenérica

(50m2), cafetería (35m2), sala de titoría de familias(12m2), conserxería (18m2), administración (26m2),

biblioteca (80m2), baños de alumnado(40m2) e almacén(50m2). Na ala dereita (140m2) desta mesma

planta atópase a sala de profesores xunto cos despachos de Dirección, Vicedirección, Secretaría e

Xefatura de Estudos, así como varios departamentos didácticos e baños de profesorado. Na ala

esquerda desta primeira planta atópase o taller e a aula polivalente de Coidados Auxiliares de

enfermería (161m2) e o salón de actos (150m2).

Seguindo o corredor central atópanse tres aulas de informática (dúas de 50m2

 e outra de 80

m2). Neste corredor tamén se atopa a sala de caldeiras (30m2). A través del accédese polo interior ó

anexo construído a carón do edificio principal que alberga seis talleres coas súas respectivas aulas

polivalentes, así como a sala de reunións do profesorado (1200 m2).

Na primeira planta atópanse 9 aulas xenéricas (50m2 cada unha), dous laboratorios (un de física

e química (50m2) e outro de Bioloxía (70 m2)), a aula de debuxo e tecnoloxía (108 m2) e dúas aulas de

informática de grupo (50m2). Ademais están as dependencias doutros departamentos didácticos e o

despacho de Orientación(35 m2).Tamén nesta planta existe unha aula polivalente de reducidas

dimensións (12m2) e unha zona de baños común (24m2)

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 15/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

14

A capacidade do centro para albergar tódalas ensinanzas que se imparten é reducida, polo que

durante o curso 2014-2015 se proxectaron obras de reforma para habilitar novas aulas que puidesen

albergar ó alumnado dos novos cursos de Formación Profesional Inicial creando novos espazos. Un

destes espazos é unha moderna aula de informática de 126m2.

A capacidade das aulas polo que atinxe ás súas dimensións é suficiente para albergar ó número

de alumnos matriculados por grupo que é un máximo de 30 no caso do Bacharelato, Educación de

Adultos e Escola Oficial de Idiomas, e entre 15 e 20 no caso dos programas de Formación Profesional

dos distintos niveis de competencia.

4.2.ORGANIGRAMA PERSOAL

Os docentes do IES García Barbón son na súa maioría persoal provisional (73 %) que se

renova anualmente. Tén un número reducido de persoal definitivo asignado . Destes, algúns nonocupan praza no centro, por atoparse desfrutando de comisións de servizo noutros postos. Por este

motivo, resulta difícil abordar proxectos que esixan o compromiso do persoal a medio ou longo prazo.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 16/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

15

4.3. ÓRGANOS DE GOBERNO

4.3.1.UNIPERSOAIS

DIRECTOR

As Competencias do director na LOMCE aparecen recollidas no CAPITULO III. Apartado

Oitenta e un. Artigo 132. Tamén serían de aplicación para algunhas das competencias o apartado

Oitenta. Artigo 127. e o apartado Setenta e sete. Artigo 122bis.

Destacan entre outras:

- Ostentar a representación do centro, representar á Administración educativa no mesmo e

facerlle chegar a esta as formulacións, aspiracións e necesidades da comunidade educativa.

- Dirixir e coordinar todas as actividades do centro, sen prexuízo das competencias atribuídas aoClaustro do profesorado e ao Consello Escolar.

- Exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a

consecución dos obxectivos do proxecto educativo do centro.

- Garantir o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes.

- Exercer a xefatura de todo o persoal adscrito ao centro.

- Favorecer a convivencia no centro, garantir a mediación na resolución dos conflitos e impoñer

as medidas disciplinarias que correspondan aos alumnos e alumnas, en cumprimento da normativa

vixente, sen prexuízo das competencias atribuídas ao Consello Escolar no artigo 127 desta Lei orgánica.

A tal fin, promoverase a axilización dos procedementos para a resolución dos conflitos no centro.

- Impulsar a colaboración coas familias, con institucións e con organismos que faciliten a relación

do centro coa contorna, e fomentar un clima escolar que favoreza o estudo e o desenvolvemento de

cantas actuacións propicien unha formación integral en coñecementos e valores dos alumnos e

alumnas.

- Impulsar as avaliacións internas do centro e colaborar nas avaliacións externas e na avaliación

do profesorado.

- Convocar e presidir os actos académicos e as sesións do Consello Escolar e do Claustro do

profesorado do centro e executar os acordos adoptados, no ámbito das súas competencias.

- Realizar as contratacións de obras, servizos e subministracións, así como autorizar os gastos de

acordo co orzamento do centro, ordenar os pagos e visar as certificacións e documentos oficiais do

centro, todo iso de acordo co que establezan as Administracións educativas.

- Propoñer á Administración educativa o nomeamento e cese dos membros do equipo directivo,

previa información ao Claustro do profesorado e ao Consello Escolar do centro.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 17/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

16

- Aprobar os proxectos e as normas aos que se refire o capítulo II do título V da presente Lei

Orgánica.

- Aprobar a programación xeral anual do centro, sen prexuízo das competencias do Claustro do

profesorado, en relación coa planificación e organización docente.

- Decidir sobre a admisión de alumnos e alumnas, con suxeición ao estabelecido nesta Lei

Orgánica e disposicións que a desenvolvan.

- Aprobar a obtención de recursos complementarios de acordo co estabelecido no artigo 122.3.

- Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas Administracións

locais, con outros centros, entidades e organismos.

- Calquera outra que lle sexa encomendada pola Administración educativa.

VICEDIRECTORASon competencia da vicedirectora:

- Substituír ao director en caso de ausencia ou enfermidade.

- Organizar, conxuntamente co director e xefa de estudos, os actos académicos.

- Coordinar a realización das actividades complementarias e extraescolares.

- Coordinar, se é o caso, o programa de formación en centros de traballo do alumnado que cursa

ciclos formativos.

- Aquelas funcións que o director lle encomende dentro do ámbito da súa competencia.

XEFA DE ESTUDOS

O IES García Barbón conta con dúas xefas de estudos: Xefa de estudos de Réxime Ordinario e Xefa

de estudos de ensinanzas de adultos.

É competencia das xefas de estudos:

- Exercer, por delegación do director e baixo a súa autoridade, a xefatura do persoal docente en

todo o relativo ó réxime académico.

- Nos centros nos que non exista vicedirector, substituílo director en caso de ausencia ou

enfermidade.

- Coordinar e velar pola execución das actividades de carácter académico e de orientación de

profesorado e alumnado, en relación co proxecto educativo do instituto e a programación xeral anual.

- Elaborar, en colaboración cos restantes órganos unipersoais, os horarios académicos de

alumnado e profesorado de acordo cos criterios aprobados polo claustro e co horario xeral incluído na

programación xeral anual, así como velar polo seu estrito cumprimento.

- Coordinar as actividades dos xefes de departamento.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 18/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

17

- Coordinar e orientar a acción dos titores, coas achegas, se é o caso, do departamento de

orientación e de acordo co plano de orientación académica e profesional e do plano de acción titorial.

- Coordinar a participación do profesorado nas actividades de perfeccionamento, así como

planificar e organiza-las actividades de formación de profesores realizadas polo instituto (misión

asumida polo coordinador de formación do profesorado, segundo a modificación introducida pola

disposición derradeira do Decreto 245/1999, do 29 de xullo (DOG do 1 de setembro), polo que se

regula a formación permanente do profesorado que imparte ensinanzas de niveis non universitarios).

- Coordinar a actividade docente do centro, con especial atención ós procesos de avaliación,

adaptación curricular, diversificación curricular e actividades de recuperación, reforzo e ampliación.

- Facilitar a organización do alumnado e impulsar a súa participación no instituto.

- Estabelecer os mecanismos para corrixir ausencias imprevistas do profesorado, atención a

alumnado accidentado ou calquera eventualidade que incida no normal funcionamento do centro.- Organizar a atención do alumnado nos períodos de lecer.

- Calquera outra función que lle poida ser encomendada polo director dentro do ámbito da súa

competencia.

SECRETARIO

É competencia do secretario:

- Ordenar o réxime administrativo do instituto, de conformidade coas directrices do director.

- Actuar como secretario dos órganos colexiados de goberno do instituto, levantar acta das

sesións e dar fe dos acordos co visto e prace do director.

- Custodiar os libros e arquivos do instituto.

- Expedir as certificacións que soliciten as autoridades e os interesados.

- Realizar coa colaboración dos xefes de departamento o inventario xeral do instituto e mantelo

actualizado.

- Custodiar e dispoñer a utilización dos medios audiovisuais, material didáctico, mobiliario ou

calquera material inventariábel.

- Coordinar, dirixir e supervisar, por delegación do director, a actividade e funcionamento do

persoal de administración e de servizos adscrito ó instituto.

- Elaborar o anteproxecto de orzamento do instituto de acordo coas directrices do Consello

Escolar e oída a comisión económica.

- Ordenar o réxime económico do instituto, de conformidade coas instrucións do director,

realizar a contabilidade e render contas ante o Consello Escolar e as autoridades correspondentes.

- Velar polo mantemento material do instituto en tódolos seus aspectos, de acordo coas

indicacións do director.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 19/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

18

- Dar a coñecer e difundir a toda a comunidade educativa a información sobre normativa,

disposicións legais e asuntos de interese xeral ou profesional que se reciba no centro.

- Presidir, se é o caso, e por delegación do director, a comisión económica.

- Calquera outra función que lle encomende o director dentro do seu ámbito de competencia.

4.3.2. ÓRGANOS COLEXIADOS:

Segundo a LOMCE (art. 119), os centros terán polo menos os seguintes órganos colexiados:

Consello Escolar e Claustro do profesorado, coas funcións que se indican nesta Lei:

CONSELLO ESCOLAR. (LOMCE)

O consello escolar do IES GARCÍA BARBÓN está composto polo director como presidente, axefa de estudos de diúrno, a xefa de estudos de adultos, un representante do concello, un

representante dos empresarios (con voz pero sen voto) e o secretario (con voz, pero sen voto). Inclúe

tamén sete representantes do profesorado e tres representantes de pais/nais, catro representantes do

alumnado e un representante do persoal de administración e servizos.

O Consello Escolar do centro terá as seguintes competencias:

a) Avaliar os proxectos e as normas aos que se refire o capítulo II do título V da LOMCE.

b) Avaliar a programación xeral anual do centro, sen prexuízo das competencias do Claustro do

profesorado, en relación coa planificación e organización docente.

c) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

d) Participar na selección do director do centro, nos termos que a LOMCE estabelece. Ser informado

do nomeamento e cese dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus

membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do director.

e) Informar sobre a admisión de alumnos e alumnas, con suxeición ao estabelecido nesta Lei Orgánica

e disposicións que a desenvolvan.

f) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar por que se ateñan á normativa vixente. Cando

as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que

prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais, nais ou

titores legais, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, no seu caso, as medidas oportunas.

g) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e

mulleres, a igualdade de trato e a non discriminación polas causas a que se refire o artigo 84.3 da

presente Lei Orgánica, a resolución pacífica de conflitos, e a prevención da violencia de xénero.

h) Promover a conservación e renovación das instalacións e do equipo escolar e informar a obtención

de recursos complementarios, de acordo co estabelecido no artigo 122.3.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 20/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

19

i) Informar das directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas Administracións

locais, con outros centros, entidades e organismos.

 j) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os

resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

k) Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración competente,

sobre o funcionamento do centro e mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueloutros

aspectos relacionados coa calidade da mesma.

l) Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa.

CLAUSTRO  (artigo 129 da LOE).

O claustro de profesores é o órgano propio de participación destes no goberno do centro e ten a

responsabilidade de planificar, coordinar, decidir e, se é o caso, informar sobre tódolos aspectosdocentes do mesmo.

O claustro estará integrado pola totalidade dos profesores e profesoras que presten servizo no

centro e será presidido polo director do centro.

Son competencias do claustro:

a) Formular ao equipo directivo e ao consello escolar propostas para a elaboración dos proxectos do

centro e da programación xeral anual.

b) Aprobar e avaliar a concreción do currículo e todos os aspectos educativos dos proxectos e da

programación xeral anual.

c) Fixar os criterios referentes á orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos.

d) Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación

do profesorado do centro.

e) Elixir os seus representantes no consello escolar do centro e participar na selección do director nos

termos establecidos por esta lei.

f) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

g) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os

resultados das avaliacións internas e externas en que participe o centro.

h) Emitir informe sobre as normas de organización e funcionamento do centro.

i) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e a imposición de sancións e velar por que estas se

ateñan á normativa vixente.

 j) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro.

k) Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa ou polas respectivas normas de

organización e funcionamento

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 21/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

20

4.3.3. ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE

No IES García Barbón existen os seguintes órganos de coordinación docente:

4.3.3.1.COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA

A Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP) é o órgano colexiado encargado de coordinar as

ensinanzas e peza fundamental no procedemento de toma de decisións. Coordina de forma habitual e

permanente as labores docentes do profesorado, dos ciclos, dos titores e especialistas, das actividades

lectivas: docentes, complementarias, extraescolares...

Coordina todos os traballos académicos e a actividade lectiva do Centro. A CCP debate asuntos

pedagóxicos. Os temas tratados lévanse aos Departamentos para a súa análise, que poden volver a serdebatidos noutra CCP.

As súas propostas elévanse ao Claustro e Consello Escolar para a súa aprobación, segundo

corresponda. Este procedemento posibilita a participación de todo o profesorado na toma de

decisións.

Equipo Directivo → CCP ↔ Departamentos → Claustro → Consello Escolar 

A comisión de coordinación pedagóxica ten as seguintes competencias (Decreto 324/1996, do

26 de xullo):

- Velar para que a elaboración do plano de orientación académica e profesional e do plano de acción

titorial se realice conforme ós criterios estabelecidos polo claustro.

- Asegurar a coherencia entre o proxecto educativo do instituto e a programación xeral anual.

- Estabelecer as directrices xerais para a elaboración das programacións didácticas dos departamentos,

do plano de orientación académica e profesional, do plano de acción titorial, así como das adaptacións

curriculares.

- Proporlle ao claustro a planificación xeral das sesións de avaliación e cualificación e o calendario de

exames ou probas extraordinarias, de acordo coa xefatura de estudos.

- Canalizar as necesidades de formación continuada do profesorado cara ó Centro de Formación

Continua do Profesorado.

- Proporlle ao director os profesores titores que han formar parte do departamento de orientación.

- Propor os profesores e profesoras que han formar parte do equipo de normalización lingüística.

A CCP está integrada polo director, que é o seu presidente, o xefe ou xefa de estudos do

Réxime Ordinario e os xefes de departamento. Actúa como secretario da comisión, o profesor de

menor idade, designado polo director, ouvidos os restantes membros.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 22/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

21

4.3.3.2. TITORES

A Titoría e a orientación do alumnado forman parte da función docente. Cada grupo de

alumnos e alumnas terá un titor/a. O Xefe/a de Estudos coordinará o traballo e manterá as reunións

periódicas cos titores e titoras individualmente ou en grupo. De xeito semanal, manterase unha

reunión entre a Xefatura de Estudos, o Departamento de Orientación e os titores da FP Básica.

O Departamento de Orientación, en colaboración co profesorado titor, debe desenvolver o

Plan de Acción Titorial, do que se informa a principio de curso a toda a comunidade educativa, e que

inclúe os seguintes temas:

-Favorecer a acollida, integración e participación do grupo. Dar a coñecer as normas de convivencia e

de funcionamento, estratexias de estudo, proceso de avaliación e orientación académica e profesional.

- Solicitar a reunión do equipo docente en caso de necesidades específicas: programa de integración,conflitos, etc.

- Coordinar a avaliación do grupo e desenvolver as seguintes funcións:

- Presidir as sesións de avaliación e completar a documentación que a xefatura de estudos

Ile entrega na carpeta de titores do USB.

- Manter reunións cos alumnos previas ás sesións de avaliación.

- Manter reunión cos alumnos logo das sesións de avaliación.

-Facilitar a integración dos alumnos e fomentar a súa participación a través de entrevistas persoais e

realización de sesións destinadas a este fin.

- Orientar e asesorar sobre as saídas académicas e profesionais en coordinación coa vicedirección e

co departamento de orientación.

- Canalizar as demandas do grupo a través dos delegados e mediar ante o profesorado e dirección nos

problemas que se susciten.

- Ser escoitado en reunións da comisión de convivencia que afecten ao grupo.

- Trasladar a niveis superiores as suxestións do grupo.

- Informar aos pais/nais e aos alumnos/as en relación coas actividades docentes e o rendemento

académico telefonicamente ou en persoa. En ámbolos dous casos, deberá encher a ficha de

información á familia que se entrega no USB, e da que tamén hai copias na sala de reunións. No caso

das chamadas telefónicas deberá ademais deixar consignados os seguintes datos no libro de rexistro

de chamadas que se atopa na conserxería: data, hora, familia e motivo da chamada.

- Manter unha reunión inicial a comezo do curso cos pais/nais do grupo para informar sobre horarios,

control de faltas, normas de convivencia, horas de titoría, etc.

- Controlar os xustificantes das faltas de asistencia e reflectilos na aplicación XADE respectando os

prazos de xustificación de faltas recollidos no NOF.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 23/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

22

- Imprimir o boletín de faltas e envialo aos pais/nais dos alumnos/as mensualmente.

- Xestionar o envío da documentación correspondente a apercibimentos e perdas de avaliación

continua.

- Recoller no casilleiro, asinar e selar os boletíns de cualificacións e entregalos trimestralmente

- Conservar o material anterior.

- Recibir visitas de pais na hora fixada para a titoría.

- Manter reunións con pais/nais en casos necesarios, a xuízo da xefatura de estudos ou da maioría de

profesorado do grupo.

- Presidir as xuntas extraordinarias de avaliación en caso de reclamacións, así como recibir

información do resultado das mesmas.

- No caso dos Ciclos Formativos, o titor ou titora responsabilízase de organizar o período de Formación

en Centros de Traballo, elaborar o programa formativo, realizar o seguimento, tanto na empresa comonas sesións presenciais no centro, e a avaliación deste período formativo.

Toda esta labor ten o seu reflexo na valoración feita en abril de 2016 polo alumnado do

centro que se amosa maioritariamente satisfeito do coñecemento que os titores teñen dos problemas

do alumnado e dos esforzos que os titores fan por tratar de axudalos.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 24/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

23

4.3.3.3. DEPARTAMENTOS

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 

O departamento de Orientación iniciou as súas actividades coa aplicación da Orde publicada o

24 de xullo de 1998 na que se estabelece a organización e funcionamento da orientación educativa e

profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 120/1998 de 23 de abril).

Está formado polo xefe de departamento de Orientación, o xefe de departamento de FOL, un

profesor de Ciclos Formativos e un profesor de Bacharelato.

O Departamento de Orientación facilita un servizo de información na rede composto por un

blog (http://orientacion.blogia.com) creado en 2005 e unha páxina en Facebook

(https://www.facebook.com/iesgarciabarbon) .

DEPARTAMENTOS DIDÁCTICOS 

Os departamentos didácticos son os órganos básicos encargados de organizar e

desenvolver as ensinanzas propias das áreas, materias ou módulos profesionais correspondentes, e as

actividades que se lles encomenden, dentro do ámbito das súas competencias. Os departamentos

didácticos están compostos por todos os profesores e profesoras que impartan o ensino propio das

áreas, materias ou módulos profesionais asignados ao departamento.

Cando nun departamento se integren profesores e profesoras de máis dunha das

especialidades estabelecidas, a programación e impartición das áreas, materias ou módulos de

cada especialidade corresponderalles aos profesores respectivos.

É competencia dos departamentos didácticos:

- Formular propostas ó equipo directivo e ó claustro relativas á elaboración do proxecto educativo

do instituto e a programación xeral anual.

- Elaborar en prazo, antes do comezo do curso académico, a programación didáctica  das

ensinanzas correspondentes ás áreas, materias e módulos integrados no departamento, baixo a

coordinación e dirección do seu xefe ou xefa, e de acordo coas directrices xerais estabelecidas pola

comisión de coordinación pedagóxica.

- Promover a investigación educativa e propoñerlle á xefa de estudos actividades de

perfeccionamento do profesorado.

- Manter actualizada a metodoloxía didáctica.

- Colaborar co departamento de orientación na prevención e detección temperán de problemas de

aprendizaxe, así como na programación e aplicación de adaptacións curriculares, actividades de

reforzo, ampliación e actividades de recuperación para os alumnos e alumnas que o precisen.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 25/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

24

- Organizar e realizar actividades complementarias en colaboración co departamento

correspondente.

- Organizar e realizar as probas necesarias para os alumnos e alumnas de bacharelato ou de ciclos

formativos con materias ou módulos pendentes e, se é o caso, para os alumnos e alumnas libres.

- Resolver as reclamacións derivadas do proceso de avaliación que os alumnos e alumnas lle

formulen ó departamento e ditar os informes pertinentes.

- Elaborar, a fin de curso, unha memoria na que se avalíe o desenvolvemento da programación

didáctica e os resultados obtidos.

- Propor materias optativas dependentes do departamento, que serán impartidas polos profesores

ou profesoras do mesmo.

De acordo coas ensinanzas impartidas no IES García Barbón existen os seguintesdepartamentos didácticos:

FP BACHARELATO

Orientación

Administración Bioloxía e Xeoloxía Inglés

Automoción Debuxo Lingua Castelá e Literatura

Coidados Auxiliares de Enfermaría Economía Latín e Grego

Formación e Orientación Laboral Educación Física Lingua Galega e Literatura

Mantemento Electromecánico Filosofía Matemáticas

Física e Química Xeografía e Historia

Francés Relixión Católica

Cada departamento didáctico terá o seu xefe ou xefa de departamento, que será designado polo

director ou directora do instituto e nomeado pola Xefatura territorial da Consellería de Cultura,

Educación e Ordenación Universitaria, desempeñará o seu cargo durante catro cursos académicos,

renovábeis, de ser o caso.

Segundo o R.O.C. de secundaria (Decreto 324/1996, do 26 de xullo. DOG09-08-96) a xefatura

de departamento será desempeñada por un profesor ou profesora do mesmo que estea en situación

de servizo activo no corpo de catedráticos de bacharelato á entrada en vigor da Lei orgánica 1/1990,

do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. No caso de que haxa máis dun, o director

ou directora do centro, oído o departamento, nomeará un deles.

Para as disciplinas nas que non haxa funcionarios que reúnan os requisitos enunciados no

parágrafo anterior desempeñará a xefatura de departamento un funcionario do corpo de profesoresde ensino secundario coa condición de catedrático adquirida.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 26/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

25

Cando nun departamento haxa mais dun profesor ou profesora coa condición de catedrático

adquirida, a xefatura do mesmo será desempeñada polo profesor ou profesora coa condición de

catedrático adquirida que designe o director ou directora, oído o departamento.

Cando nun departamento non haxa ningún profesor ou profesora coa condición de catedrático

adquirida a xefatura será desempeñada por funcionarios de carreira do corpo de profesores de ensino

secundario ou, se é o caso, do corpo de profesores técnicos de formación profesional, con destino

definitivo no centro, que designe o director ou directora, a proposta do departamento.

É competencia do xefe ou xefa de departamento:

- Representar ao departamento na comisión de coordinación pedagóxica.

- Responsabilizarse da redacción e supervisión da programación didáctica das áreas, materias

ou módulos que se integran no departamento.

- Dirixir e coordinar as actividades académicas do departamento.- Convocar e presidir as reunións ordinarias do departamento e as que, con carácter

extraordinario, fose preciso celebrar.

- Responsabilizarse de que se levante acta de reunión do departamento e de que se elabore a

memoria de final de curso.

- Darlles a coñecer ós alumnos é alumnas a información relativa á programación, con especial

referencia aos obxectivos, ós mínimos exixibles e ós criterios de avaliación, elaborados polo

departamento.

- Realizar as convocatorias, cando corresponda, dos exames para os alumnos e alumnas libres,

alumnos e alumnas de bacharelato ou ciclos formativos con materias ou módulos profesionais

pendentes, así como as probas extraordinarias, sempre en coordinación coa xefatura de estudos.

Presidir a realización dos exercicios correspondentes e avalialos en colaboración cos membros do

departamento.

- Realizar o seguimento da programación didáctica do departamento, velando polo seu

cumprimento e a correcta aplicación dos criterios de avaliación.

- Resolver as reclamacións de final de curso que afecten ó seu departamento, de acordo coas

deliberacións dos seus membros, e elaborar os informes pertinentes.

- Coordina-la organización de espazos e instalacións e velar pola correcta conservación do

equipamento específico do departamento.

- Colaborar co secretario ou secretaria na elaboración e actualización do inventario do centro. 

4.4.COMISIÓN DE CONVIVENCIA

A comisión do IES García Barbón de convivencia créase ó abeiro do artigo 10 da Lei 4/2011, de

30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, desenvolvido posteriormente no

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 27/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

26

DECRETO 8/2015, de 8 de xaneiro, [...] de convivencia e participación da comunidade educativa en

materia de convivencia escolar. 

Esta comisión é a responsable de elaborar un plan de convivencia que se incluirá no PE e que

recollerá e desenvolverá os fins e principios establecidos no artigo 3 da Lei 4/2011 e os regulados nas

leis orgánicas sobre a materia.

É un órgano de planificación, xestión e avaliación da convivencia que se ocupa de canalizar as

iniciativas de todos os sectores da comunidade educativa para mellorar a convivencia e promover a

cultura de paz e a resolución pacífica dos conflitos no centro.

É un órgano consultivo que actúa por delegación do Consello Escolar. Ocúpase da

planificación, xestión e avaliación da mellora da convivencia escolar, e de velar pola correcta aplicación

do disposto na lexislación e nas normas de organización e funcionamento do centro. É un equipo que

promove a mediación na xestión dos conflitos.A comisión de convivencia está integrada polo director ou directora, que exercerá a

presidencia, a xefa de estudos, dous profesores, dúas profesoras, un pai e unha nai ou dous

representantes legais do alumnado, un alumno e unha alumna e un P.A.S.

Está presidida pola persoa titular da Dirección do centro e un dos seus integrantes actúa como

secretaria ou secretario, quen levantará acta das súas reunións.

O nomeamento das persoas integrantes na Comisión de convivencia nos centros educativos

corresponde ao director por proposta dos colectivos representados. Os seus membros poden coincidir

cos do Consello Escolar, pero non teñen que ser os mesmos, necesariamente.

As reunións da Comisión de Convivencia celebraranse polo menos de unha vez por trimestre.

A Comisión de convivencia exercerá por delegación do Consello Escolar as seguintes funcións:

- Dinamizar todos os sectores da comunidade educativa, incorporando as súas iniciativas no

procedemento de elaboración, desenvolvemento, seguimento e revisión do Plan de convivencia do

centro.

- Adoitar as medidas preventivas necesarias para garantir os dereitos de todos os membros

da comunidade educativa e o cumprimento das normas de convivencia do centro.

- Impulsar accións dirixidas á promoción da convivencia, especialmente o fomento de

actitudes para garantir a igualdade entre mulleres e homes, a igualdade de trato de todos os membros

da comunidade educativa e a resolución pacífica de conflitos.

- Propor ao Consello Escolar as medidas que considere oportunas para mellorar a

convivencia, así como dar conta a este, cando menos dúas veces ao longo do curso, das actuacións

desenvolvidas e das correccións e medidas disciplinarias impostas.

- Propor, de ser o caso, ao director do centro persoas que poidan formar parte do equipo

de mediación.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 28/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

27

- Coñecer o cumprimento efectivo das correccións e medidas correctoras nos termos que

foran impostas e informar ao Consello Escolar sobre o grao de cumprimento da normativa vixente.

- Realizar o seguimento dos compromisos de convivencia subscritos no centro.

- Elaborar unha memoria anual sobre a análise da convivencia e conflitividade no centro, no

que se reflictan as iniciativas a nivel centro sobre a materia. Este informe será trasladado ao Consello

Escolar do centro e ao correspondente servizo territorial de inspección educativa.

- Aqueloutras que lle sexan encomendadas polo Consello Escolar do centro docente ou polo

órgano da administración educativa con competencias na materia.

O Plan de Convivencia do IES García Barbón integra o principio de igualdade entre homes e

mulleres e estabelece, sobre a base dun diagnóstico previo, as necesidades, obxectivos, directrices

básicas de convivencia e actuacións incluíndo a mediación na xestión de conflitos e contén tamén

actuacións preventivas, reeducadoras e correctoras.Para a constitución da comisión de convivencia o IES García Barbón tívose en conta o recollido nos

artigos 4, 5 e 6 do DECRETO 8/2015, de 8 de xaneiro. Tamén se considerou o indicado na Sección 1ª

artigo 11,12 e 13 do mesmo decreto.

4.5. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Constituíuse ó abeiro do recollido no Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no

ensino non universitario de Galicia, ancorado no decreto 124/2007 do 28 de xuño, polo que se regula o

uso e a promoción do galego no sistema educativo.

Créase este equipo de dinamización para ‘ potenciar o uso da lingua galega nos centros sostidos

con fondos públicos’. Será nomeado e supervisado pola dirección do centro e estará formado por dous

docentes, un alumno, un P.A.S e o profesor coordinador do Equipo de Dinamización. 

O Dinamización da Lingua Galega será o responsable de deseñar e pór en práctica un programa de

promoción e dinamización da lingua no centro.

O galego no IES García Barbón

No estudo sociolingüístico feito observamos que o noso centro se atopa nunha zona onde o

castelán ten unha importante presenza, pois a pesar de que Verín ten raíces rurais, é unha vila situada

na estrada principal que une Galicia e a meseta, que sempre foi un elemento castelanizante. Ademais,

nela están localizados varios centros burocráticos (Facenda e xulgados), e un hospital, ámbitos estes -o

administrativo e o sanitario- que contribuíron ó espallamento do castelán. Outro factor castelanizador,

histórico, foi o dominio que os Alba exerceron na comarca, un dominio vinculado tamén a prevalencia

do castelán.

Na contorna do IES García Barbón pretendemos levar a cabo actividades nas que colaboren

institucións, organismos e colectivos da contorna, ou que polo menos teñan difusión fóra do centro,

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 29/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

28

para así afianzar a nosa lingua nesas relacións externas burocráticas, institucionais, profesionais e

familiares.

Dentro do profesorado hai un reparto no uso do castelán e galego moi equitativo, e moitos e

moitas están facendo un curso de novas tecnoloxías no que están usando como lingua vehicular o

galego (falamos, por exemplo, dos blogs, ferramenta usada pola meirande parte dos nosos docentes).

Ademais, constatamos que aínda sendo castelán falantes usan o galego para divulgar as actividades

feitas co alumnado.

O noso centro recolle moito alumnado do rural. Moitos destes rapaces e rapazas, dende o

punto de vista lingüístico, usan nas súas casas o galego, pero no centro existe a tendencia a falar

castelán cos compañeiros e compañeiras. Non o fan por prexuízos lingüísticos, senón porque se

acostumaron. Pola contra, os castelán falantes non soen falar en galego, e inda coa docente de Lingua

galega cústalles. Podemos dicir, xa que logo, que o castelán está moi asentado no alumnado, e vemosque hai alumnos e alumnas que para falar na nosa lingua teñen que ir traducindo mentalmente,

cometendo grandes erros, e sen seren capaces de facer un discurso fluído.

Poderíase definir a situación lingüística do centro considerando que a pesar de todos os

aspectos negativos comentados, se fai un uso pleno do galego nas actividades realizadas e na

divulgación destas (carteis, pancartas, etc ). Igualmente, é o galego a lingua usada en todo o

relacionado coa burocracia: documentación interna ou dirixida a docentes, alumnado, familias,

contorna, institucións e organismos colaboradores. 

Obxectivos

Os obxectivos marcados para o centro inclúen conseguir que o galego siga sendo a lingua

empregada no funcionamento e actividades do centro: actas, comunicados, anuncios, letreiros,

carteis, vídeos, relatorios, actividades internas e de proxección ó exterior, etc. Tamén, potenciar a

eliminación de prexuízos lingüísticos na comunidade escolar, e trasladar isto a toda a contorna.

En canto ó profesorado pretendemos axudar aos docentes do centro para que utilicen a nosa

lingua nas aulas, facilitándolle todo tipo de material en galego que demanden, co gallo de potenciar e

facilitar o achegamento e uso da nosa lingua nas súas aulas. Tamén é un obxectivo fomentar a

presenza do galego nas novas tecnoloxías.

Por último, no que atinxe ó alumnado queremos lograr que se desenvolvan con soltura no noso

idioma, tanto a nivel oral como escrito e, se se dera o caso, axudalos a superar o complexo de

inferioridade que poidan chegar a ter pola discriminación que sofre o galego na nosa sociedade.

Tamén queremos fomentar a presenza do galego nas novas tecnoloxías, para que así se afiance o

uso da lingua no contexto TIC, unha achega que tan boa imaxe pode dar para o noso idioma pola

importancia que este ten na sociedade actual, tan tecnoloxizada. Por último, queremos consolidar a

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 30/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

29

fórmula galego=plena lingua de cultura facendo uso desta en tódalas actividades realizadas polo

alumnado (certames, celebración de festividades, etc.).

Actividades propostas

Plurianuais 

 

Proxecto Salvavidas: actividade aberta ó conxunto do alumnado, levada a cabo polo ciclo de

Coidados Auxiliares de Enfermaría. Consistirá en facer debates sobre o transplante e doazón de

órganos, enquisas sobre a opinión e coñecemento do tema entre a poboación, charlas, vídeos dos

alumnos abordando o tema, creación de blog para subir materiais, e marcha a pé ou en bicicleta

con dorsais que publiciten a doazón.

 

Actividades co IES Castro de Baroncelli e Xesús Taboada Chivite relacionadas co Entroido e Letras

Galegas.

 

Xornadas de Información Académica e Orientación para o emprego. Os obxectivos desta actividadeson: - Publicitar a oferta formativa de Formación Profesional en Galicia  – con fincapé na

comarca de Verín- e as súas posibilidades de emprego.

- Dar a coñecer experiencias de emprendemento na comarca de Verín.

- Informar sobre os organismos de apoio e asesoramento ao emprego e ao

emprendemento.

- Facilitar o asesoramento e o consello de antigos estudantes  –universitarios e de

formación profesional- no ámbito académico e laboral.

- Asesorar sobre as posibilidades das oposicións como sistema para buscar emprego.

- Entender o papel da aprendizaxe de linguas estranxeiras no futuro profesional.

Publicitar a oferta formativa de Formación Profesional en Galicia- con fincapé na comarca de Verín-

e as súas posibilidades de emprego.

 Actividades con integración específica de TIC

  Blogs, onde se suba o material elaborado por profesorado e alumnado.

 

Vídeos feitos polo alumnado, e colgados na rede.

 

Facebook e páxina web do centro, na que se está a traballar dende varios departamentos.

Outras actividades

  Colaboración coa Garda Civil na elaboración dun vídeo sobre as drogas

 

Excursión ó Courel, se hai presuposto: encontro co alumnado do centro courelán, e recital poético

ó redor da figura de Manuel María. Visita á casa de Uxío Novoneyra, sempre e cando o fillo nos poida

atender, e ruta de sendeirismo.

  III CONCURSO FOTONTROIDO. A importancia etnográfica do Entroido na nosa vila é un feito

salientable, e atopamos nel unha oportunidade para a dinamización lingüística. Recollendo e

continuando a experiencia iniciada hai dous cursos, organizaremos novamente o III Concurso

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 31/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

30

Fotográfico Entroido de Verín. Os rapaces enviarán ao enderezo electrónico

[email protected]  as fotografías tiradas durante o Entroido 2016. Achegan, para

cada imaxe, un texto orixinal relacionado coa fotografía, e que non supere os 140 caracteres.

Subiremos as fotografías e os textos recibidos a: blog (http://normacigarron.blogspot.com.es/).

Ademais, dende a nosa conta de Twitter difundiremos cada unha desas imaxes co seu texto. Resultará

gañadora aquela que acade máis retuiteos.

  Conmemoración do Día das Letras Galegas: Os IES Xesús Taboada Chivite, García Barbón e Castro

de Baronceli realizaremos unha homenaxe conxunta ao poeta Manuel María para festexar o Día das

Letras, en colaboración cos respectivos Departamentos de Lingua e Literatura Galega. A actividade

consistirá en ilustrar poemas do homenaxeado.

  Club de lectura en galego: actividade na que poderán apuntarse tanto alumnos como profesores. É

anual, e nela promoverase a lectura de libros en galego.  Concurso de calacús: Elaboración de calacús, que poderán incluír mensaxes en galego. O cartel das

bases estará feito en galego. No concurso poderá participar toda a comunidade educativa.

  A árbore dos desexos: Nunha árbore feita polos do ciclo de mantemento toda a comunidade

educativa colgará os seus desexos en galego para o ano 2016

  A caixa dos parabéns: Toda a comunidade educativa estará invitada a depositar os seus parabéns

nela. Condición: deben facerse en galego, e poden ir dirixidos a calquera membro da comunidade

educativa. O último día de clase serán repartidos ós seus destinatarios, previa censura da dirección.

 

Proxección dos vídeos feitos polo alumnado

  Actividade para o Día do Libro: pendentes de confirmar por Biblioteca, coordinadora da actividade.

  Charla sobre a violencia de xénero a cargo de servizos sociais.

 

Elaboración de folletos, formato revista, en liña, e nos que se informará de actividades e traballos

do centro. Por exemplo, o que publicita as actividades de Nadal.

  Concurso tarxetas de Nadal 

 

Elaboración de vídeos-documentais de variadas temáticas: Violencia de xénero. As relacións

tóxicas.O consumo de drogas. Traballos de investigación: O estudo da nosa natalidade. A orografía

galega.

4.6. BIBLIOTECA

De acordo coa lexislación vixente, no instituto funciona un Equipo de dinamización da

Biblioteca.

A distribución horaria fíxose en función das necesidades do centro e tendo en conta a

dispoñibilidade. Soamente temos persoal na biblioteca durante os recreos, para facer solicitude ou

devolución de materiais didácticos.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 32/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

31

A orde do 17 de xullo de 2007 (DOG de 24/07/2007), no seu artigo 10º, establece que son

funcións do dinamizador da Biblioteca:

- Elaborar, en coordinación co profesorado colaborador, o proxecto anual de biblioteca escolar

e a memoria final.

- Coordinar, seguindo as directrices da consellería, a elaboración e posta en práctica do

proxecto lector de centro, coa participación de todo o profesorado.

- Realizar o tratamento técnico dos fondos (seleccionar, organizar, clasificar e catalogar).

- Informar ó claustro das actividades da biblioteca e integrar a súas suxestións.

- Difundir os fondos existentes e as súas posibilidades de consulta entre toda a comunidade

escolar.

- Definir os criterios para o préstamo e atender o servizo xunto co equipo colaborador.

- Asesorar ó profesorado en técnicas de animación á lectura, estratexias de dinamización,formación de usuarios e traballo documental. Seleccionar e elaborar materiais, xunto co resto do

profesorado, para a formación do alumnado nestes aspectos.

- Coordinar o equipo colaborador da biblioteca escolar.

- Representar o equipo de biblioteca na Comisión de Coordinación Pedagóxica.

- Aqueloutras funcións que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

estableza na súa normativa específica sobre bibliotecas escolares.

4.7. CLUBES DE LECTURA

Dentro das actividades relacionadas co traballo de biblioteca comezamos este ano coa

experiencia dos clubs de lectores, de todo o alumnado do centro. Achegalos á lectura non é unha

tarefa sinxela, pero cando somos quen de crear, sempre en torno á lectura, un clima de afectividade e

entusiasmo, semella moito máis sinxelo. A finalidade primordial dos nosos clubs de lectura é fomentar

o gusto pola lectura como forma de diversión e aprendizaxe. Ler axiliza a intelixencia, fomenta a

capacidade de pensar e o sentido crítico das persoas. A lectura é un instrumento esencial no

desenvolvemento intelectual e humano dos/as adolescentes, e ademais estimula a curiosidade

intelectual o mellora os coñecementos. No caso do club de lectura/conversa en inglés queremos

axudar ó alumnado a superar as dificultades coa lingua estranxeira mellorando a competencia

lingüística, o vocabulario e a ortografía.

A dinámica de funcionamento establecida para os clubs consiste en acordar lecturas, temas e

actividades trimestrais que son postos en común nas reunión feitas mentres se comparte un xantar ou

ben pola tarde. Estas reunións compleméntanse con outros materiais (audiovisuais, textuais, etc.)

achegados polos profesores responsables das coordinacións dos clubs.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 33/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

32

O calendario de actividades é sempre negociado e adaptado ás necesidades de cada grupo e as

necesidades das actividades desenvolvidas.

4.8. COORDINACIÓN DE FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO

O módulo profesional de Formación en Centros de Traballo, coñecido como FCT, é un bloque de

formación específica no que os obxectivos están constituídos por un conxunto de capacidades

terminais elementais. Estas actividades formativas constitúen os contidos que o alumnado debe

realizar nun centro de traballo.

Ten carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos. Desenvolverase procurando aplicar as

competencias profesionais adquiridas no centro educativo e complementándoas con aquelas

previamente identificadas entre as actividades produtivas do centro de traballo.

Posibilitará avaliar os aspectos máis relevantes da competencia profesional do alumnado econstituirá a última fase de formación.

A realización da FCT require a colaboración estreita entre o centro educativo e as empresas,

formalizada mediante un Convenio entre ambas institucións.

Neste convenio, ámbalas entidades comprométense a designar o/a responsable por parte da

empresa e o titor ou titora do centro educativo, para o adecuado seguimento e posterior avaliación do

alumnado. Tamén acordan un programa formativo coas actividades que fará o alumnado na empresa.

A duración da FCT nos ciclos do IES García Barbón é:

CS Administración e Finanzas - 384 horas

CM Mantemento electromecánico - 410 horas

CM Electromecánica de vehículos -410 horas

CM Xestión Administrativa – 410 horas

CM Coidados Auxiliares de Enfermaría 440 horas

FPB Servizos Administrativos – 320 horas

FPB Mantemento de Vehículos – 320 horas

Os períodos de realización da FCT dos alumnos de 2º curso de ciclos son:

CS Administración e finanzas: de abril a xuño en primeira convocatoria.

CM Mantemento Electromecánico: de abril a xuño en primeira convocatoria.

CM Electromecánica de vehículos: de abril a xuño en primeira convocatoria

CM Xestión Administrativa: de abril a xuño en primeira convocatoria.

CM Coidados Auxiliares: de setembro a decembro en primeira convocatoria.

FPB Servizos Administrativos: de abril a xuño en primeira convocatoria.

FPB Mantemento de Vehículos: de abril a xuño en primeira convocatoria.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 34/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

33

O desenvolvemento da FCT esixe a elaboración dun Plan Individualizado, que consiste no

conxunto de actividades formativo-produtivas, ordenadas no tempo e no espazo, que debe realizar o

alumnado durante as horas estabelecidas para tal fin no centro de traballo.

Os Plans Individualizados que se aplican en cada centro de traballo son elaborados entre a

titora ou o titor do ciclo formativo (axudado polo equipo docente) e os/as responsables das empresas.

Procúrase que os contidos dos programas de prácticas sexan o máis axeitados ao currículo do ciclo e

que se adapten perfectamente á organización e produción da empresa.

Na xestión do módulo de FCT son obrigatorios, ademais, os seguintes documentos:

- Convenio específico que recollerá a relación do alumnado por cada centro de traballo. A

duración do convenio específico de colaboración será a prevista para o período de desenvolvemento

do módulo da FCT, que se considerará improrrogábel.

- Carpeta de seguimento e avaliación da FCT, documento individual para cada alumno/a queincluirá: o Plan Individualizado e follas semanais para o seguimento das actividades realizadas polo

alumnado.

O/A titor/a do centro educativo estabelecerá canles de comunicación co/a responsable do

centro de traballo para realizar tarefas propias de titoría que garantan o seguimento e avaliación do

alumnado.

Á parte das visitas previas de xestión, o/a titor/a do centro educativo estabelecerá dúas visitas

mínimas para observar as actividades que o alumnado realiza, e rexistrar o seu propio seguimento.

Este calendario poderase completar con cantas visitas ou mecanismos de contacto se consideren

oportunos.

A avaliación do módulo da FCT ten por obxecto determinar a competencia profesional,

entendida esta como a habilidade para realizar papeis ou postos de traballo aos niveis requiridos de

emprego. A avaliación corresponde ao profesor titor do centro educativo e colaborará a persoa

responsábel designada polo centro de traballo para o seguimento del.

Obxectivos

- Mediante a formación que se realiza na empresa, os alumnos e alumnas poden observar e

desenvolver as actividades e funcións propias da súa profesión dunha maneira real.

- O alumnado pode coñecer tamén a organización dos procesos produtivos ou de servizos e a

realidade cotiá das relacións laborais.

- En todo momento, o alumnado está orientado e asesorado polos responsábeis designados a

tal fin pola empresa e polos titores/as do centro educativo. Deste modo, aumenta a implicación

empresarial na formación do alumnado.

- Este módulo realízase, con carácter xeral, ao finalizar os módulos impartidos no centro

educativo, unha vez que o alumnado adquiriu as capacidades básicas para desenvolver a profesión.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 35/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

34

Temos un docente coordinador da FCT e á súa vez cada grupo de 2º curso de FPB, CM e CS conta cun

titor de FCT.

O coordinador de formación en centros de traballo asesora ós titores dos ciclos naqueles

aspectos que lle son propios, para o que manterá as reunións periódicas necesarias con eles.

É competencia da coordinadora de FCT:

- Supervisar e dirixir o programa de formación en centros de traballo.

- Encargarse, por delegación do director ou directora, das relacións coas institucións

empresariais, laborais, etc., que poidan estar interesadas no programa.

- Difundir o programa a nivel interno e externo.

- Controlar, supervisar e valorar as actividades levadas a cabo polos titores e titoras dos ciclos

formativos convocando, polo menos, unha reunión mensual con eles.

- Aqueloutras funcións que a Consellería de Educación estabeleza na súa normativa específica.

4.9. ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

A administración do centro depende do secretario, baixo a responsabilidade da dirección. As

funcións principais que inclúe son tres: oficina, conserxería e limpeza.

Para as funcións de administración (abarcando dende matriculación, certificados,

correspondencia, rexistros de entrada e saídas de documentos oficiais, etc.) contamos cunha auxiliar

administrativa.

No servizo de conserxería dispoñemos de dúas persoas (unha en horario de mañá e outra en

horario de tarde) encargadas de apertura e peche de portas, atención e distribución de chamadas,

entrega e reposición de partes de faltas de asistencia, servizo de reprografía, etc.

No servizo de limpeza contamos con dúas persoas que traballan en horario de tarde.

4.10. CAFETARÍA

Existe no centro unha cafetaría que funciona en réxime de concesión, que se rexe polas

directrices que se especifican na convocatoria pública.

5. 

HORARIO XERAL DO CENTRO

O horario do centro réxese pola normativa da Consellería en que se aproba o calendario

escolar para o curso académico nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade

Autónoma de Galicia para a Educación Secundaria, o Bacharelato e a Formación Profesional. Para o 2º

curso de bacharelato a actividade lectiva ordinaria acabará de acordo coas datas previstas para as

probas de aptitude para o acceso á universidade e para os grupos de 2º de Ciclos Formativos de

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 36/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

35

tódolos graos (básico, medio e superior) rematarán no mes de abril para aquel alumnado que realiza a

FCT en primeira convocatoria.

O centro, a proposta do claustro de profesorado, elixe dous días non lectivos, por conveniencia

ou tradición pedagóxica segundo as normas que marque a Consellería de Cultura, Educación e O.U. No

caso do noso centro coinciden normalmente coa celebración de festividades locais relacionadas co

Entroido.

Os días lectivos distribúese en xornadas partidas con horario de apertura das instalacións ás

8.30 horas e peche ás 21.30 horas. As sesións de clase teñen unha duración de 50 minutos, agás nas

ensinanzas de adultos, cunha duración de 45 minutos.

Tódalas ensinanzas agás a Educación de Adultos inicia a xornada matinal ás 8.50 horas e

prolóngase ata 14.20 horas.

No caso dos grupos de Bacharelato e Formación Profesional Básica Inicial esta xornadaesténdese ós luns pola tarde con dúas sesións en horario de 16.35 horas ata as 18.15 horas.

No Ciclo Superior e nos Ciclos Medios tamén teñen clase os luns e os martes pola tarde con

tres sesións en horario de 15.45 horas a 18.15 horas.

A xornada lectiva dos grupos de Educación de Adultos iníciase ás 16.45 horas ata as 21.30

horas.

As sesións da Escola Oficial de Idiomas distribúense ó longo da tarde de 16:00 horas ata as

21.30 horas.

O horario de verán é en Xullo de 09:00 a14:00 horas e en Agosto de 10:00 a 13:00 horas.

6.  OBXECTIVOS, RESULTADOS E XESTIÓN. MARCO TEMPORAL E ACTIVIDADES

6.1. CENTRO

Os obxectivos específicos de centro, así como os resultados agardados e os responsables da súa

xestión amósanse no seguinte cadro resumo que abrangue o período 2013-2017.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS MEDIDAS A DESENVOLVER RECURSOS DISPOÑIBLES MPORALIZACIÓN 

1.- Aumentar a matrícula do centro.

- Promoción da oferta formativa nos nosos

blogs.

- Informar de todas as actividades do centro nas

contas de Facebook.

- Visitas guiadas de todos os centros da comarca.

- Información das nosas actividades no xornal

mensual BARRIOS.

- Envío de información por correo postal e correoelectrónico aos centros -Verín e outras zonas-

- Equipo Directivo.

- Departamento

de Orientación.

Mensual

Quincenal

Anual

Mensual

Trimestral

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 37/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

36

e outras entidades.

-Participación cun stand informativo na Feira

do Lázaro

- Profesorado de

Ciclos e Bacharelato.

- Equipo Directivo.

Anual

2.- Mellorar o uso educativo das TIC .

- Promover o coñecemento e o uso dos

nosos recursos en Internet.

http://app.emaze.com/552060 

http://goo.gl/anWJXZ 

- Dotación de novos equipos informáticos

- Equipo Directivo

- Profesorado

- Departamento

de Orientación

- Dotación económica

dispoñible.

Semanal

Anual

3.- Fomentar a implicación do

profesorado nas actividades

administrativas (XADE)

- Uso da aplicación Xade para poñer as faltas de

asistencia e as notas en cada avaliación.

Consulta de datos básicos do grupo no que

se imparte docencia.

- Habilitar ao profesorado

para as tarefas

anotadas.

Semanal

4.- Fomentar a implicación do

profesorado no coidado de

ordenadores

e no funcionamento de Internet

- Normas básicas a ter en conta.

- Problemas técnicos de conexión e solucións.- Protocolo para resolver

incidencias básicas.

Trimestral

Semanal

5.- Fomento da cultura avaliativa

no centro (avaliación da satisfacción

do alumnado).

- Realización de dúas enquisas de avaliación

da satisfacción do alumnado (xaneiro e maio).

- Elaboración de informes e comunicación

de resultados.

- Publicación en Internet de datos cuantitativos.

- Departamento de

Orientación

Anual

6.- Elaboración do Proxecto

Educativo (PE)- Elaborar o PE. - Equipo Directivo Anual

7.- Revisión e actualización das

Normas de Organización e

Funcionamento (NOF)

- Revisar e actualizar as NOF. - Equipo Directivo Anual

8.- Mellora xeral da convivencia

no centro.

- Continuar e mellorar o proxecto de titorías

individualizadas.

- Potenciar a titoría entre iguais (mediación)

- Fomentar a realización

actividades extraescolares.

- Departamento

de Orientación

- Titorías-Profesorado

Semanal

TrimestralSemanal

9.- Axuda académica ao alumnado. - Continuar e mellorar o proxecto de titorías

individualizadas.

- Departamento

de Orientación

- Titorías

-Profesorado

Semanal

10.- Orientación académica e laboral

do alumnado.

- Coñecemento e uso dos nosos recursos

de orientación en Internet.

http://app.emaze.com/552060 

- Continuar e mellorar o Proxecto ATEI

- Departamento de

Orientación

- Titorías

-Profesorado

- Departamentos de

Semanal

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 38/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

37

de orientación académica e laboral.

- Realización de cuestionarios de Orientación.

- Entrega de carpetas informativas.

- Charlas grupais.

-Organización das Xornadas de Orientación

Laboral

-Participación na plataforma de orientación

online UVENI

-Seguimento do alumnado no convenio de

Portas Abertas para alumnado de Bacharelato

que participan en breves estancias profesionais

en empresas

- Seguimento do programa de pre-inserción labora

Portas Abertas

para alumnado de Formación

Profesional Básica Inicial

Formación Profesional.

Anual

Mensual

Anual

Anual

Anual

Anual

11.- Participación do centro

nun Plan de Formación Permanente

do Profesorado (PFPP)

- Participación no PFPP 2015/2017 co proxecto

 A integración didáctica das TIC no uso para

o traballo cooperativo en rede a través de

espazos virtuais. Educación Dixital .

- Equipo Directivo. Bianual

12.- Participación en Programas

Europeos

- Solicitar a nosa participación no Programa

Erasmus +KA1

- Equipo Directivo. Anual

13.- Potenciar as medidas de aforro

enerxético

- Continuar a renovación do sistema de

iluminación.

- Estudar a posta en práctica de medidas de

aforro na calefacción do centro.

- Equipo Directivo.

- Departamento de

Mantemento

Electromecánico.

Anual

14. Posta en práctica das

recomendacións do Plan de Mellorada Inspección Educativa

-Actualización dos documentos organizativos

do centro (NOF e PE).

-Establecemento de vías de comunicación coa

comunidade educativa.

-Redución do absentismo en bacharelato

-Elaboración de informes de avaliación final en

Bacharelato para o alumnado que non acade

unha valoración positiva.

-Equipo directivo

- Titores-Orientación

Anual

Semestral

Anual

6.2.DOCENCIA

No IES García Barbón ofrécense as ensinanzas de Réxime Ordinario: Bacharelato, Ciclos

Formativos de grao medio e grao superior e Formación Profesional Básica Inicial. Tamén se ofertan as

ensinanzas de Adultos e Aulas Mentor, así como unha sección da Escola Oficial de Idiomas.

Dentro dos obxectivos de docencia consideramos:

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 39/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

38

A conseguir no alumnado:

- Ensinanza que promova valores coma a solidariedade e a non discriminación.

- O estímulo do espírito critico no colectivo estudantil, educando persoas tolerantes.

- A defensa da educación na liberdade, no pluralismo e na convivencia, respectando as diferenzas

entre os pobos e os individuos.

- O fomento do interese pola aprendizaxe, creando as condicións e ambientes nos que o noso

alumnado se vexa motivado para investigar, indagar e aprender.

- O coñecemento, respecto e colaboración co entorno natural.

- A integración do instituto no noso entorno social, económico e cultural, favorecendo a

incorporación e inserción activa dos alumnos/as no mesmo.

- A transmisión de coñecementos para tentar conseguir que o alumnado teña unha actitude aberta

e receptiva aos cambios que o progreso e a técnica nos aportan.- Desenvolver o maior número posíbel de aprendizaxes das materias en galego.

- Propor un maior número de actividades extraescolares para o coñecemento da nosa cultura.

- Crear un entorno propicio, favorecedor da comunicación na nosa lingua.

- Fomento da multiculturalidade, valorando o coñecemento doutras rexións, países e as súas

culturas.

- Inquedanza pola investigación nos distintos eidos do saber.

- Capacitación para a incorporación ao mundo laboral.

- Concienciación sobre a mobilidade xeográfica no traballo.

- Un tratamento axeitado a diversidade, potenciando a aprendizaxe dos alumnos/as en función das

súas capacidades. Potenciación dos intercambios culturais.

A conseguir no profesorado:

- Fomentar o traballo en equipo e o seu protagonismo social, así coma a súa promoción científica.

- Crear un ambiente de traballo grato, tanto no aspecto humano coma no de medios, tentando

conseguir unha colaboración no uso deles.

6.3. CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN

CRITERIOS DE PROMOCIÓN EN BACHARELATO

Promocionan a 2º de Bacharelato:

- O alumnado que consiga avaliación positiva en todas as materias cursadas.

- O alumnado con avaliación negativa nunha ou dúas materias.

- O alumnado que conseguise a promoción a 2º curso con materias avaliadas negativamente deberá

cursalas ao longo do ano. O centro organizará as actividades de recuperación e avaliación das materias

pendentes.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 40/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

39

CRITERIOS DE TITULACIÓN NO BACHARELATO

- Ao rematar o segundo curso de Bacharelato, os alumnos e alumnas que obteñan avaliación positiva

en todas as materias, obterán o título de Bacharel.

- Poderase permanecer escolarizado en Bacharelato durante catro cursos académicos no réxime

ordinario.

- A Matrícula de Honra en 2º de Bacharelato será para os estudantes que obtivesen no 2º curso de

bacharelato unha nota media igual ou superior a nove puntos. A dita mención concederáselle a un

número de alumnos non superior ao 5% do total de alumnado deste curso. En caso de empate, terase

en conta a media das cualificacións obtidas no conxunto dos dous cursos de Bacharelato.

CRITERIOS DE PROMOCIÓN EN CICLOS

Nos ciclos formativos LOE o alumnado promocionará a segundo curso cando teña superadotódolos módulos do primeiro curso ou se a suma da duración do módulo ou módulos pendentes non

supera as 300horas.

Nos ciclos formativos LOE e LOGXE o alumnado accederá á FCT no segundo curso cando teña

superado tódolos módulos profesionais cursados no centro.

Na Formación Profesional Básica Inicial promocionarán a segundo curso aqueles alumnos que

superen a totalidade dos módulos de formación do primeiro curso ou aqueles nos que os módulos

profesionais asociados a unidades de competencia pendentes non superen o 20% do horario semanal

e superasen o módulo de Comunicación e Sociedade ou o módulo de Ciencias Aplicadas.

CRITERIOS DE TITULACIÓN EN CICLOS FORMATIVOS

Nos Ciclos formativos LOE, LOMCE e LOGXE o alumnado titulará cando teña superado tódolos

módulos profesionais e obteña unha cualificación positiva no período de Formación en Centros de

Traballo (FCT).

A Matrícula de Honra en Ciclos formativos será para os estudantes que obtivesen unha nota final de

ciclo igual ou superior a nove puntos. A dita mención concederáselle como máximo a dous alumnos.

No caso de que o alumnado con opción a titular sexa inferior a vinte só se poderá conceder unha

matrícula de honra.

CRITERIOS DE PROMOCIÓN EN ADULTOS

Na Educación Secundaria de Adultos a promoción de nivel será levada a cabo por ámbito de

xeito independente. Ó superar un ámbito o alumno poderase matricular do seguinte nivel. De xeito

excepcional, cando un alumno matriculado no Módulo I ou III dun só ámbito, non supere este na

convocatoria ordinaria, poderá realizar matrícula do Módulo II ou IV respectivamente dese mesmo

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 41/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

40

ámbito, condicionado a aprobar o módulo I ou III na proba extraordinaria de Maio. De non superalo,

no poderá presentarse ás probas de avaliación do Módulo IV.

CRITERIOS DE TITULACIÓN EN ADULTOS

O alumnado matriculado nas ensinanzas de adultos obterá a titulación unha vez superados

tódolos ámbitos do módulo IV.

6.4. TRATAMENTO TRANSVERSAL DA EDUCACIÓN EN VALORES

A Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (BOE, 10 de

decembro de 2013), en relación aos principios da educación, destaca a transmisión e posta en práctica

de valores que favorezan a liberdade persoal, responsabilidade, a cidadanía democrática, a

solidariedade, a tolerancia, a igualdade, o respecto e a xustiza, así como os que axuden a superarcalquera tipo de discriminación.

A través das programacións didácticas, o plan de acción titorial e actividades formativas

(obradoiros, conferencias,..) o centro propón desenvolver as seguintes obxectivos:

- Potenciar nos nosos alumnos a participación activa, a colaboración solidaria, o respecto por

outras formas de pensar e actuar e o rexeitamento de actitudes e ideas que supoñan discriminación

cara a outros en situacións de inxustiza e desigualdade.

-  En canto á educación cívica pretendemos valorar positivamente a diversidade humana, impedindo

o xurdimento de condutas xenófobas e intolerantes. Intentando fomentar nos alumnos e alumnas

unha valoración positiva da diversidade cultural do mundo, como factor de enriquecemento persoal.

-  A educación para a saúde desenvolverase traballando conxuntamente para que os nosos alumnos

adquiran modos de vida saudable (para previr hábitos de drogodependencia, alcoholismo e

tabaquismo), hixiene, esforzo, atención, compromiso e autocrítica.

-  A educación para a paz facémola a través do estudo dos pobos e sociedades doutros lugares do

planeta como contidos conceptuais de diversas materias, o que nos permite realizar actividades que

aviven o interese dos alumnos e alumnas polo coñecemento e comprensión de pobos e culturas

distintas da nosa.

-  A educación non sexista traballarase intentando evitar a discriminación por motivo sexual, que

aínda persiste na nosa sociedade.

A educación ambiental levarase a cabo mediante a descrición dos diversos medios naturais da Terra

e a análise das relacións do ser humano e o medio natural. Os contidos están orientados cara a esta

temática e dan as pautas para a análise de problemas ambientais concretos: espazos; problemas;

transformación do medio e os seus límites éticos; desenvolvemento sustentable … 

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 42/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

41

7. 

ORIENTACIÓN

No eido da Orientación distinguiremos tres niveis: profesorado, titor e o departamento de

Orientación.

-  Profesorado: O profesor/a debe aportar toda a información e orientación didáctica no campo da

súa materia.

Profesor-titor: Seguir os obxectivos do plan de acción titorial sen esquecer a propia iniciativa na

procura da orientación individualizada que se lle solicite.

O Plan de Orientación do IES García Barbón ten a súa base principal na lectura e análise das

Memorias dos cursos anteriores.

Procuramos dar continuidade ás distintas propostas de intervención potenciando de maneira

planificada e decidida o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación como eficaz

ferramenta para mellorar os procesos de información académica e profesional do alumnado.O Plan de Orientación pretende continuar e mellorar o traballo xa realizado, é dicir, dar

resposta de maneira necesariamente colaborativa, ás necesidades educativas do alumnado, o

profesorado e as familias.

Tendo en conta as distintas modalidades de ensinanzas, o Departamento de Orientación quedará

formado polos seguintes membros: o xefe do departamento e Orientador, o xefe de departamento de

FOL, un profesor de bacharelato e outro de ciclos.

7.1. OBXECTIVOS XERAIS

- Promoción de accións de colaboración e de coordinación entre os servizos de orientación no

ámbito educativo (entre orientadores/as dos centros de secundaria da comarca) e laboral -Servizo

Galego de Colocación, Servizo de Emprego do Concello de Verín e Departamento de F.O.L.-.

- Facilitar asesoramento psicopedagóxico especializado á Comisión de Coordinación

Pedagóxica- especialmente nas medidas de atención á diversidade e no que se refire á acción titorial-.

Manter reunións de coordinación co equipo directivo quincenalmente.

- Colaborar co equipo directivo na realización das visitas que fai o alumnado doutros centros

para coñecer a nosa oferta formativa e as nosas instalacións.

- Orientar ó alumnado no ámbito académico, profesional e laboral. Atención preferente ao

alumnado que finaliza un ciclo medio ou superior, Formación Profesional Básica, alumnado con

necesidades educativas especiais e educación de persoas adultas. Colaborar co equipo directivo na

organización das actividades das Xornadas de Información Académica e Orientación para o emprego. 

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 43/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

42

7.2. ACCIÓN TITORIAL

A acción titorial pódese definir como o conxunto de accións educativas que se deseñan e

realizan nun centro educativo para favorecer no alumnado a aprendizaxe, a socialización, a toma de

decisións e o desenvolvemento pleno da súa personalidade. Por esta razón débese considerar que a

acción titorial está intimamente relacionada co desenvolvemento da función docente.

Pártese dos seguintes principios:

1.- A totalidade do equipo educativo e non só o profesor/a titor/a é responsable de apoiar ó alumno/a

no seu proceso de aprendizaxe e orientación.

2.- O profesor/a titor/a debe actuar como canalizador das aportacións dos profesores/as do seu grupo

e como coordinador das intervencións de orientación escolar, persoal e profesional.

3.- A función titorial é unha tarefa colaborativa, na que deben intervir a totalidade do profesorado do

grupo de alumnos/as.4.- O orientador asesorará e apoiará ó profesorado no desenvolvemento da función titorial.

Os obxectivos xerais que se perseguen a través da acción titorial serían:

1.- Favorecer a integración do alumnado no seu grupo e no centro, xerando un clima de convivencia,

tolerancia e colaboración.

2.- Potenciar o desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado.

3.- Contribuír a personalizar a relación educativa, fomentando a confianza entre alumnos/as e

profesores á hora de tratar as posibles dificultades e canalizar a axeitada atención e resposta ós

intereses, suxestións e necesidades do alumnado.

4.- Axudar e orientar ó alumnado sobre os seu rendemento académico, colaborando na ensinanza de

habilidades de traballo e na adquisición de hábitos de estudio eficaces.

5.- Coordinar os procesos de avaliación do grupo e posta en marcha das medidas educativas para dar

resposta ás necesidades detectadas.

6.-Proporcionar ó alumnado información e asesoramento en relación coas diferentes opcións

académicas e profesionais.

7.- Potenciar a información e comunicación permanente coas familias.

Dentro das tarefas e actividades da titoría considérase unha acción inicial a principio de

curso que consistirá en:

1.- Proporcionar ós pais ou titores legais a seguinte información: horario do curso, nome do titor/a,

hora e día dedicado a titoría e teléfono do centro. Das faltas de asistencia: xustificación e influencia na

cualificación da avaliación.

Cando un alumno/a falte a unha ou varias clases reiteradamente porase en coñecemento dos pais

ou titores legais de inmediato, nun principio por carta e, se non hai resposta, a través do teléfono.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 44/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

43

2.- Nos primeiros días do curso informará ós alumnos/as das Normas de Organización e

Funcionamento do Centro.

3.- Coordinar a elección de delegado/a de curso (na primeira quincena de outubro).

Trimestralmente os titores encargaranse de:

1.- Organizar e presidir as sesións de avaliación do seu curso.

2.- Facer a valoración trimestral do seu grupo.

3.- Cubrir os documentos oficiais relativos ó grupo.

Ó longo do curso os titores serán os encargados de:

1.-Velar polo bo estado da aula: orde, limpeza, coidado de material e instalacións. Tomará as medidas

pertinentes para que se atope en perfecto estado. Calquera dano ou situación anómala que se detecte

poras en coñecemento do equipo directivo.

2.- Facilitar a integración do alumno/a no grupo.3.- Informar ó equipo de profesores/as do grupo, dos problemas específicos que presenten os

alumnos/as.

4.- Animar e motivar ó grupo a que participe nas actividades complementarias e extraescolares.

5.- Asistir ás reunións convocadas pola Xefa de Estudios e o Departamento de Orientación.

6.- Recoller información dos profesores/as que imparten clase no seu curso. As queixas, problemas e

opinións transmitiránselle ós alumnos/as e posteriormente á Xefa de Estudios.

Por ensinanzas poderíamos artellar a seguinte clasificación cos obxectivos específicos

Bacharelato 

1.- Facilitar información e asesoramento en relación co acceso á Universidade e a Formación

Profesional de grao superior.

2.- Proporcionar información e asesoramento sobre as distintas opcións de estudos universitarios e de

Formación Profesional de grao superior.

3.- Colaborar na avaliación das variables que condicionan o rendemento académico, especialmente no

relacionado coa metodoloxía de estudio.

4.- Colaborar na prevención e atención das dificultades persoais e de adaptación.

5.- Coordinar o proceso de orientación académica e profesional.

6.- Fomentar as relacións familia-titor/a. 

Ciclos Formativos de Grao Medio 

1.- Proporcionar información sobre o acceso ós Ciclos de grao Superior e en relación coas posibilidades

de incorporación ó mundo laboral.

2.- Colaborar na avaliación das variables que condicionan o rendemento académico, especialmente no

relacionado coa metodoloxía e os hábitos de estudio.

3.- Colaborar na prevención e atención das dificultades persoais e de adaptación.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 45/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

44

4.- Colaborar co titor/a da Formación en Centros de Traballo e o profesorado de Formación e

Orientación Laboral no proceso de orientación profesional e nas prácticas en empresas.

5.- Fomentar as relacións familia-titor/a. 

Ciclo Formativo de Grao Superior 

1.-Proporcionar orientación sobre as condicións de acceso á Universidade e dos requisitos para

continuar outro tipo de estudios, así como das opcións laborais en coordinación coa profesora de

Formación e Orientación Laboral.

2.- Colaborar na avaliación das variables que condicionan o rendemento académico, especialmente no

relacionado coa metodoloxía e os hábitos de estudio.

3.- Colaborar na prevención e atención das dificultades persoais e de adaptación.

4.- Colaborar co titor/a da Formación en Centros de Traballo e co profesorado de Formación e

Orientación Laboral no proceso de orientación profesional e nas prácticas en empresas. Formación Profesional Básica 

A acción titorial e a orientación académica e profesional terán un papel significativo en cada un dos

cursos para guiar ao alumnado na transición ao mundo laboral ou académico. As actividades

centraranse fundamentalmente nos seguintes aspectos:

1.- Técnicas de estudo e organización do traballo.

2.- Resolución de conflitos.

3.- Fomento da responsabilidade individual e da autoestima.

4.- Habilidades comunicativas.

5.- Traballo en grupo.

6.- Destrezas que permitan programar e xestionar o futuro educativo e profesional.

7.- Información e orientación que garantan ao alumnado unha adecuada toma de decisións sobre o

seu itinerario educativo e profesional ao termo do ciclo de formación profesional básica. 

Educación de adultos 

1.- Colaborar na avaliación das variables que condicionan o rendemento académico, especialmente no

relacionado coa metodoloxía e os hábitos de estudio.

2.- Favorecer a ensinanza de hábitos de estudio e técnicas de traballo intelectual, potenciando

programas específicos.

3.- Colaborar na prevención e atención das dificultades persoais e de adaptación.

4.- Promover actitudes positivas en relación coa disciplina e a responsabilidade na aula.

5.- Proporcionar información e asesoramento sobre as diferentes opcións académicas e profesionais,

favorecendo a toma de decisións axeitadas.

6.- Coordinar o proceso de orientación académica e profesional.

7.- Fomentar as relacións familia-titor/a.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 46/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

45

7.3. PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

O Plan de Acción Titorial (PAT) constitúe a guía do labor titorial no centro educativo, estabelecendo

as actuacións necesarias e os recursos para levalas a cabo. Será o referente dos profesores-titores e

máis do Departamento de Orientación. Terá un carácter aberto e flexíbel, para adaptarse as

características dos grupos de alumnos e profesores e poder ser modificado en calquera momento que

se considere oportuno para adaptarse así as novas necesidades que se presenten no noso centro ou

no contorno. Consideramos a función titorial inseparábel da función docente, de tal xeito que todo o

profesorado participará nela, aínda que recaerá sobre os profesores -titores e o Departamento de

Orientación a responsabilidade de levar a cabo este plan e coordinar as actuacións de todos.

Ao remate do curso realizarase unha avaliación do PAT, tendo en conta as respostas dos

alumnos, e a valoración dos Titores, Profesores, Xefatura de Estudos e Departamento de Orientación.Os obxectivos

- Colaborar e asesorar ós/as titores/as na planificación e desenvolvemento da función titorial,

entre outras, coas seguintes medidas:

- Avaliación de necesidades de información académica e profesional e cuestionario sobre

Hábitos e Técnicas de Estudo. Colaborar na realización da avaliación inicial do alumnado.

- Coordinar as actividades de titoría, facilitar ó profesorado medios para tal traballo e

colaborar cos/cas titores/as, o profesorado e as familias.

-Potenciar a realización de actividades relacionadas coas habilidades sociais, autoestima,

resolución pacífica de conflitos e igualdade entre homes e mulleres.

- Ofrecer información ó alumnado sobre itinerarios formativo profesionais, a través da

utilización de medios informáticos específicos  –programa Orienta 2015- e do Blog do Departamento

Guía de Información Académica e Profesional, 

Potenciación do uso da rede social Facebook

http://www.facebook.com/barbonblog.verin 

Publicación da información na rede social Twitter

http://twitter.com/#!/barbonblog 

Recursos de orientación en NETVIBES

http://www.netvibes.com/guia-de-informacion-academica-e-profesional#Xeral 

- Asesorar, informar e difundir entre o alumado as ensinanzas de réxime especial.

- Colaborar co titor/a e o profesorado para detectar e previr  –atención temperá- dificultades,

problemas de aprendizaxe ou altas capacidades que presenten os/as alumnos/as e intervir

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 47/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

46

conxuntamente para tratar de adaptar a resposta educativa. Realizar, en colaboración co equipo

educativo correspondente, as avaliacións psicopedagóxicas que se demanden.

- Facilitar asesoramento psicopedagóxico ás familias e potencia-la cooperación entre o centro e as

familias. Informalos das funcións do Departamento de Orientación. Orientar ás persoas interesadas

sobre o procedemento do recoñecemento, avaliación e acreditación de competencias.

- Colaborar co profesorado no afianzamento de hábitos e técnicas de estudo, procurando poñer en

marcha un programa específico sobre mellora de hábitos e técnicas de estudio coa axuda do

profesorado interesado. Potenciar e dinamizar a participación dos equipos docentes en proxectos e

programas de innovación.

- Facilitar, en forma e prazo, a información que se demanda na aplicación informática

DRDORIENTA.

7.4. PLANIFICACIÓN XERAL E DEFINICIÓN DE ACCIÓNS PRIORITARIASÓ longo do curso académico 2015/2016 tentaremos traballar planificadamente, atendendo  – 

entre outras- ás seguintes accións prioritarias:

1.- Colaborar e asesorar ós/as titores/as na planificación e desenvolvemento da función

titorial, entre outras, coas seguintes medidas:

- Avaliación de necesidades de información académica e profesional e cuestionario sobre

Hábitos e Técnicas de Estudo.

- Coordinar as actividades de titoría, facilitar ó profesorado medios para tal traballo e

colaborar cos/cas titores/as, o profesorado e as familias. Levar adiante un proxecto de titorías

individualizadas que nos permita guiar e axudar ó alumnado de maneira continuada.

- Ofrecer información ó alumnado sobre itinerarios formativo profesionais, a través da

utilización de: medios informáticos específicos (programa Orienta 2016), e distintos recursos en

Internet (blog, rede social Facebook, Twitter, netvibes, mister-wong). Asesorar, informar e difundir

entre o alumado as ensinanzas de réxime especial.

2.- Orientar ó alumnado no ámbito académico, profesional e laboral. Atención preferente ao

alumnado que finaliza un ciclo medio ou superior, formación profesional básica, alumnado con

necesidades educativas especiais e na educación de persoas adultas. Organizar actividades sobre a

cultura emprendedora e o autoemprego.

3.- Colaborar co profesorado no afianzamento de hábitos e técnicas de estudo, procurando

poñer en marcha un programa específico sobre mellora de hábitos e técnicas de estudo coa axuda do

profesorado interesado. Potenciar e dinamizar a participación dos equipos docentes en proxectos e

programas de innovación.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 48/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

47

4- Promoción de accións de colaboración e de coordinación entre os servizos de orientación no

ámbito educativo (centros de secundaria e bacharelato da comarca) e laboral (Servicizo Galego de

Colocación e entidades relacionadas).

5.- Colaborar co titor/a e o profesorado para detectar e previr  –atención temperá-dificultades,

problemas de aprendizaxe ou altas capacidades que presenten os/as alumnos/as e intervir

conxuntamente para tratar de adaptar a resposta educativa. Realizar, en colaboración co equipo

educativo correspondente, as avaliacións psicopedagóxicas que se demanden.

6.- Facilitar asesoramento psicopedagóxico ás familias e potencia-la cooperación entre o

centro e as familias. Informalos das funcións do Departamento de Orientación.

7.- Posta en marcha dun Programa “experimental” de titoría específico entre o alumnado que

chamamos “O estudante titor”. Os mozos/as voluntarios maiores realizan  –previa formación- tarefas

de axuda e guía doutros adolescentes mais novos. Estratexias de intervención. 

Os plantexamentos de intervención orientadora teñen que ser necesariamente colaborativos e

deben incluír estratexias baseadas na planificación por programas específicos e estratexias asentadas

no asesoramento individual.

- Estratexias de intervención xerais

Asesoramento psicopedagóxico especializado e colaboración coa Comisión de Coordinación

Pedagóxica .

Colaboración pedagóxica e asesoramento especializado nas reunións de  avaliación

trimestrais.

Charlas que se ofrecen a grupos de alumnos/as, impartidas polo orientador ou por persoas

externas ó centro (orientación laboral, académica ou persoal).

Entrevistas individuais co alumnado, profesorado e/ou familias.

- Estratexias de intervención específicas.

Asesoramento e orientación académica, profesional e laboral ó alumnado e as súas familias.

Asesoramento psicopedagóxico ó profesorado.

Avaliación psicopedagóxica.

Realización de informes específicos.

Reunións quincenais con titores/as. 

7.4.1 ESTRATEXIA DE INTERVENCIÓN PROPOSTA

A proposta do Departamento de Orientación para levar a cabo calquera modalidade de

intervención orientadora sinala ó TITOR ou TITORA como o principal protagonista  –ou ben o equipo

educativo-, ó propio Departamento de Orientación como colaborador e asesor na intervención e á

familia como compoñente indispensable. 

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 49/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

48

Criterios de avaliación do Plan de Actuación. 

O proceso avaliativo que se vai realizar consta de dúas estratexias complementarias. Por unha

banda, faremos unha avaliación interna -por parte dos membros do Departamento de Orientación-, e,

por outra banda, solicitaremos a opinión do alumnado.

Os criterios avaliativos que empregaremos derívanse do grao de cumprimento dos obxectivos

xerais que se propoñen no Plan de Orientación. 

Os cuestionarios específicos que empregaremos no ámbito da avaliación inicial:

1. Cuestionario propio de avaliación de necesidades de información académica e profesional.

2. Cuestionario de hábitos e técnicas de estudo DIE 3.

3. Cuestionarios diversos do Proxecto de Titoría de Orientación Académica e Profesional

individualizada.

4. Cuestionario sobre a satisfacción do alumnado. 

8. 

TIC

A integración curricular das TIC levarase a cabo dende tres perspectivas distintas:

-Como o conxunto de destrezas e competencias que supoñen o uso das TIC para profesores e

alumnos.

- Como recurso en mans do profesorado, medio eficaz e motivador de presentación e tratamento da

información orientado a fomentar procesos de organización do coñecemento do mundo que ten o

alumnado.

- Como axente de cambio, polo impacto que supoñen respecto dos modos de acceder ao

coñecemento, ao intercambio de información e á metodoloxía dos procesos de ensino aprendizaxe.

Esta práctica comportará actuacións docentes distintas, que abarcan desde a elaboración de

materiais curriculares até o seu ensaio na práctica, avaliación e posterior implementación.

É necesario que este proceso sexa planificado; deseñando situacións mediadas de aprendizaxe

concretas, nas que interveñan como elementos do proceso: o deseño, a análise, a selección, aplicación

e avaliación dos recursos tecnolóxicos centrados na aprendizaxe.

Para conseguir levar a cabo unha alfabetización real en TIC no noso centro consideramos esencial

prestar atención ós seguintes elementos: 

- Á formación do profesorado. Que reciban orientacións curriculares que supoñan unha verdadeira

integración das TIC, que signifiquen a adecuación das prácticas educativas ás novas contornas, medios

e formatos. Todo isto deberá materializarse nun auténtico deseño curricular das TIC encapsulado no

resto do currículo.

- A elaboración de materiais en distintos soportes para desenvolver ao máximo as súas

potencialidades. 

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 50/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

49

Os obxectivos do plan de integración das TIC referidos ó alumnado inclúen: 

1. Desenvolvemento de capacidades dirixidas a construír o coñecemento mediante contornas que

faciliten unha aprendizaxe significativa, o traballo en equipo, situacións comunicativas, creatividade e

autonomía (capacidade para resolver problemas e actuar autonomamente).

2. A adquisición de destrezas e habilidades relacionadas coa procura, selección, análise e organización

da información e o dominio funcional das tecnoloxías da información e a comunicación.

3. O uso racional, crítico e participativo das TIC capacitando o alumnado para acceder á información,

tratala e experimentar con ela, estabelecer relacións e asociacións, ademais de expresarse con ela.

Obxectivos do plan de integración das TIC referidos ó profesorado:

1. Poñer a disposición do profesorado espazos de reflexión sobre o uso das TIC que lle leve a identificar

con claridade os modelos pedagóxicos e didácticos sobre os que quere aplicar estas tecnoloxías.

2. Mellorar a competencia do profesorado na utilización de TIC para organizar, incorporar edesenvolver estratexias de ensino no novo contexto da sociedade da información a través do PFPP.

3. A utilización das TIC como un medio eficaz e motivador de presentación e tratamento da

información orientado a fomentar procesos de organización do coñecemento do mundo que ten o

alumnado.

Obxectivos referidos á xestión do centro e recursos:

- Fomentar e desenvolver unha comunicación exterior, é dicir coa contorna en xeral coa Comunidade

Educativa en particular; e interior, isto é, a través do acceso e xestión de datos, documentos, servizos e

en xeral da xestión administrativa global do centro.

- Facilitar unha mellor organización e xestión de servizos e recursos. Trátase de dispor no centro de

auténticos especialistas en deseñar, aplicar e avaliar estratexias de intervención educativa

(planificación, organización, orientación…) que consideren a utilización de recursos tecnolóxicos e, á

súa vez, organizar e planificar os recursos tecnolóxicos das institucións educativas para o seu máximo

aproveitamento. 

Obxectivos referidos ao currículo:

1. Integrar as TIC en cada área instrumental de forma transversal.

2. Confeccionar un deseño curricular das TIC que supoña o desenvolvemento curricular das TIC, dende

a perspectiva transversal ás áreas instrumentais, que debería tender a contemplar os seguintes

aspectos:

- Unha fundamentación teórica ou marco teórico común.

- Selección e secuenciación de contidos e relación cos contidos das áreas instrumentais.

- Criterios de tratamento.

- Temporalización.

- Supostos metodolóxicos.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 51/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

50

- Criterios de organización espazo-temporal.

- Establecer os materiais didácticos a utilizar.

- Deseño de actividades.

- Avaliación.

As necesidades reais son as seguintes:

• Desenvolver o currículo das distintas materias.

• Facilitar o labor do profesorado na elaboración de materiais didácticos e de organización académica.

• Desenvolver a xestión administrativa do Centro.

• Estabelecer canles de comunicación entre os diferentes estamentos (pais/nais, profesorado,

alumnado).

• Facilitar o acceso ás TIC do alumnado en todas as categorías.• Garantir a impartición dos contidos referidos ás TIC nas concrecións curriculares de todas as

materias.

• Estabelecer unha zona Wifi en todo o centro.

• Asegurar que se dispoñen dos recursos necesarios para que se cumpra o disposto nas programacións

referido ás TIC.

• Incorporar as TIC ás necesidades do profesorado.

• Actualización dos programas instalados.

• Xestión dos recursos.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 52/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

51

Recursos de promoción das TIC no IES García Barbán

O IES GARCÍA BARBÓN EN INTERNET 

WEB  http://iesgarciabarbon.es/ 

BLOG  http://garciabarbonverin.blogspot.com.es/ 

FACEBOOK  https://www.facebook.com/iesgarciabarbon?ref=hl 

TWITTER  https://twitter.com/iesgbarbonverin 

PINTEREST  https://www.pinterest.com/verinbarbon/ 

THINGLINK + SYMBALOO  http://goo.gl/TioyWJ 

TODA A INFORMACIÓN automáticamente ACTUALIZADA PODES CONSULTALA EN 

http://goo.gl/anWJXZ 

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 53/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

52

9. 

PFPP

O Programa de Formación Permanente do Profesorado abrangue o periodo 2015-2017. Neste prazo

o persoal docente de centro traballará sobre a Integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo

cooperativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital. 

Coa liña de formación proposta neste programa, preténdese lograr o manexo de diferentes

ferramentas que proporciona a web 2.0 (Symbaloo, Netvibes e Google Drive -entre outros-) e

implementar os recursos e materias na nosa práctica educativa servíndonos para compartilos de

espazos vituais (blogs, páxinas web e aula virtual)

As fases e finalidade do programa inclúen as seguintes: 

- Uso educativo de aplicacións da web 2.0  (curso)  O uso educativo das TIC: recursos e

metodoloxías para a súa integración na aula.

-Uso educativo na aula de aplicacións da web 2.0 (Seminario) O uso educativo das TIC: recursos emetodoloxías para a súa integración na aula.

- Indicadores de avaliación da aplicación e impacto nas aulas 

Utilizan o blog para integrar unha boa parte

das ferramentas explicadas

Empregan as ferramentas da Web 2.0 para

crear e xestionar materiais didácticos

Aparecen as actividades propostas nos diferentes Blog

- Indicadores de avaliación do impacto na aula 

O profesor emprega o blog como punto

de encontro cos alumnos

Elabora unidades didácticas e actividades

empregando as ferramentas da Web 2.0

Aumenta o número de alumnos que empregan as TIC para realizar tarefas e aprender

Avaliación da actividade de Formación.

Para o seguimento e avaliación do plan propóñense os seguintes criterios:

- Aumento do emprego de ferramentas da Web 2.0 na creación de materiais didácticos

- Integración na metodoloxía de aula de recursos TIC

- Emprego do blog na aula como espazo común cos alumnos

- Enquisas de valoración e satisfacción do profesorado sobre a formación e emprego das TIC.

Aplicación na aula ou no centro

- As medidas propostas para valorar a aplicación na aula e no centro son as seguintes:

- Presenza de recursos TIC nas programacións didácticas

- Aumento de materiais creados polos profesores empregando ferramentas da Web 2.0- Número de visitas e comentarios nos blogs creados

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 54/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

53

- Aumento do alumnado que emprega recursos TIC para aprender nas distintas materias.

- Realización de enquisas de satisfacción do alumnado (motivación e aprendizaxe acadado)

- Enquisas de valoración e satisfacción no emprego das TIC 

Relación detallada de materiais que se pretenden elaborar e documentos que se van entregar 

- Presentacións e outros documentos didácticos elaborados e publicados polo profesorado.

- Guía de recursos pedagóxicos en Internet por materias elixidos polo profesorado e alumnado.

- Promoción e integración dos blogs creados na web, blog e redes sociais do centro de maneira

habitual.

10. 

CONCRECIÓN DO CURRÍCULO

A oferta formativa do IES García Barbón inclúe:

Bacharelato:  Humanidades

 

Ciencias Sociais

  Ciencias

Ciclo Formativo de Grao Superior:

  Administración e Finanzas

Ciclos Formativos de Grao Medio:

  Coidados Auxiliares de Enfermería

 

Electromecánica de Vehículos Automóbiles

  Instalación e Mantemento Electromecánico de Maquinaria e Condución de Liñas

  Xestión Administrativa

Formación Profesional Básica:

Servizos Administrativos

Mantemento de Vehículos

Educación Permanente de Adultos:

 

Nivel I (Alfabetización)

  Nivel II (Formación Básica)

  Nivel III (Educación Secundaria Obrigatoria)

Escola Oficial de Idiomas (Inglés) Nivel Básico I -II

Nivel Intermedio I-II

Nivel Avanzado I-II

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 55/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

54

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 56/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

55

10.1. CURRICULO

BACHARELATO

O Currículo de Bacharelato foi tratado para o seu desenvolvemento de xeito monográfico na Comisión

de Coordinación Pedagóxica que tivo lugar o día 15 de xuño de 2016. Finalmente, a proposta de oferta

formativa de Bacharelato 2016/2017 foi aprobada en Claustro extraordinario o día 22 de xuño de 2016. 

PRIMEIRO DE BACHARELATO

Comúns

  Educación física (2h)  Lingua estranxeira I (Inglés) (3h)  Lingua galega e literatura I (3h)  Lingua castelá e literatura I (3h)  Filosofía (3h)

HUMANIDADES CIENCIAS SOCIAIS

Propias deModalidade

(troncais de opción)(4h)

 

Historia do mundo contemporáneo 

Latín I  Grego I

 

Historia do mundo contemporáneo 

Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais I  Economía

OPTATIVAS (Elixe unha opción) 

   O   P   C   I    Ó   N    1

Numera do 1 ó 3 por orde de preferencia:(3horas)

Numera do 1 ó 3 por orde de preferencia:(2 horas)

□ Relixión __ Anatomía Aplicada __ Debuxo Artístico

 __ Tecnoloxía Industrial

 __ Antropoloxía __ Francés

 __ Tic

   O   P   C   I    Ó   N    2

Numera do 1 ó 3 por orde de preferencia:(3horas)

Numera do 1 ó 2 por orde de preferencia:(2 horas)

□ Taller lectoescritura __ Anatomía Aplicada __ Debuxo Artístico __ Tecnoloxía Industrial

 __ Francés __ Tic

   O   P   C   I    Ó   N    3

Numera do 1 ó 3 por orde de preferencia (2 horas): Escoller unha das materias: (4 horas)

 __ Francés __ Tic

□ Literatura Universal

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 57/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

56

PRIMEIRO DE BACHARELATOCIENCIAS

MATERIAS

 

Educación física (2h)  Lingua estranxeira I (Inglés) (3h)  Lingua galega e literatura I (3h)  Lingua castelá e literatura I (3h)  Filosofía (3h) 

CIENCIAS A  CIENCIAS B 

Propias de Modalidade(Troncais de opción)

(4h)

  Matemáticas I  Física e Química  Debuxo Técnico I

  Matemáticas I  Física e Química  Bioloxía e Xeoloxía

OPTATIVAS (Elixe unha opción) 

   O   P   C   I    Ó   N    1

Numera do 1 ó 3 por orde de preferencia:(3horas)

Numera do 1 ó 3 por orde de preferencia:(2 horas)

□ Relixión __ Anatomía Aplicada __ Debuxo Artístico __ Tecnoloxía Industrial

 __ Antropoloxía __ Francés __ Tic

   O   P   C   I    Ó   N    2

Numera do 1 ó 3 por orde de preferencia:

(3horas)

Numera do 1 ó 2 por orde de preferencia:

(2 horas)

□ Taller lectoescritura __ Anatomía Aplicada __ Debuxo Artístico __ Tecnoloxía Industrial

 __ Francés __ Tic

Oferta curricular de 2º: Entre os meses de febreiro - marzo realizarase un estudo ó alumnado

de 1º sobre as súas preferencias para segundo. Poderán escoller entre todas as materias de

opción. Estes datos serán utilizados para pechar o máximo posible os itinerarios que se

ofreceran no sobre de matrícula. Do resultado final serán informados o claustro e os alumnos.

Os itinerarios pecharanse cos seguintes criterios:

1º. Elección do alumnado. 2º. Posibilidade de impartir a materia por parte do centro.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 58/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

57

SEGUNDO DE BACHARELATOCIENCIAS

Materias troncais obrigatorias Troncais de opción

▪Historia de España (3h)▪Lingua estranxeira II (Inglés) (3h)▪Lingua galega e literatura II (3h)▪Lingua castelá e literatura II (3h)▪Matemáticas II

□CIENCIAS A □

CIENCIAS B

FísicaDebuxo técnico

BioloxíaQuímica

OPTATIVAS

OPCIÓN 1: CURSARASE UNHA MATERIA DE CADA CADRO(Enumerar por preferencia)

3 horas 3 horas 2 horas

 ___Tecnoloxía Industrial II

 ___Psicoloxía ___Fundamentos da Administración e

Xestión

 ___TICS II (3H)

 ___Debuxo Artístico II (3H) ___Ciencias da Terra e do

Medio Ambiente(3H) ___ Francés (3H)

 ___ Métodos estatísticos e numéricos

 ___ Ética e filosofía do dereito  ___ Literatura galega do século XX 

 ___ Filosofía da ciencia e da tecnoloxía 

 ___ Xeografía e historia de Galiza 

OPCIÓN 2: CURSARASE UNHA MATERIA DE CADA CADRO(Enumerar por preferencia)

4 horas 3 horas (elixe unha materia dos cadrosanteriores)

1 hora

 ___Xeografía ___Historia da filosofía 

 ___Relixión ___Reforzo lingua/taller lectura 

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 59/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

58

SEGUNDO DE BACHARELATOHUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS 

Materias troncais obrigatorias Troncais de opción

▪Historia de España (3h)▪Lingua estranxeira II (Inglés) (3h)▪Lingua galega e literatura II (3h)▪Lingua castelá e literatura II (3h)

□HUMANIDADES □CIENCIAS SOCIAIS Escoller 1(Enumerar)

Latín II Matemáticas aplicadas ás CC.SS II

Grego II______Economía_____Xeografía____Historia da Filosofía____Historia da Arte _____

OPTATIVAS

OPCIÓN 1: CURSARASE UNHA MATERIA DE CADA CADRO(Enumerar por preferencia)

3 horas 3 horas 2 horas

 ___Tecnoloxía Industrial II ___Psicoloxía ___Fundamentos da Administración e

Xestión

 ___TICS II (3H) ___Debuxo Artístico II (3H) ___Ciencias da Terra e do

Medio Ambiente(3H) ___ Francés (3H)

 ___ Métodos estatísticos e numéricos ___ Ética e filosofía do dereito 

 ___ Literatura galega do século XX 

 ___ Filosofía da ciencia e da tecnoloxía 

 ___ Xeografía e historia de Galiza 

OPCIÓN 2: CURSARASE UNHA MATERIA DE CADA CADRO

(Enumerar por preferencia)4 horas 3 horas (elixe unha materia dos cadrosanteriores)

1 hora

 ___Xeografía ___Historia da filosofía ___Historia da arte 

 ___Relixión ___Reforzo lingua/taller lectura 

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 60/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

59

FORMACIÓN PROFESIONAL

CICLO MEDIO DE TÉCNICO EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARIA (C.A.E.) (LOXSE) 

OBXETIVOS XERAIS DE C.A.E.

Proporcionar coidados auxiliares o paciente/cliente e actuar sobre as condicións sanitarias do

seu contorno como membro dun equipo de enfermería nos centros sanitarios de atención

especializada e de atención primaria, baixo a dependencia do diplomado de enfermería e, se é o caso,

como membro dun equipo de saúde na asistencia sanitaria derivada da práctica do ejercicio liberal,

baixo a supervisión correspondente.

CAPACIDADES PROFESIONAIS EN C.A.E.

  Capacidades técnicas:

Interpretar e comprende-la información e a linguaxe asociadas ós distintos procesos de atenciónsanitaria relacionados co exercicio da súa actividade profesional.

Realizar tarefas administrativas e de organización dunha consulta, polo xeral do sector privado,

avalia-las necesidades de produtos e materiais funxibles ou non, dentro de seu ámbito de

competencias.

o  Promover, ó seu nivel, a humanización da asistencia sanitaria ó paciente/cliente utilizando técnicas

de apoio psicolóxico e de educación sanitaria.

o  Realiza-las tarefas de axuda e instrumentación nos equipos/gabinetes de saúde bucodental.

Aplicar técnicas hidrotermais básicas, manexando, regulando e secuenciando os equipos e

instalacións correspondentes, observando os procedementos establecidos e rexistrando e informando

das incidencias e anomalías que se produzan durante a realización da terapia.

 

Capacidades para afrontar continxencias.

o  Actuar en condicións de emerxencia, transmitindo con celeridade e serenidades os sinais de alarma

e aplicando os medios de seguridade establecidos.

 

Capacidades para a dirección de tarefas.

Posuír unha visión de conxunto e coordinada das distintas condicións sanitarias dos pacientes/

clientes, dos coidados auxiliares de enfermería para realizar, do instrumental e do material utilizado

nas distintas consultas, unidades e/ou servizos

Potencia-lo coñecemento, actitudes e hábitos preventivos e hixiénico sanitarios na poboación.

Valorar, ó seu nivel, a interrelación das persoas coa saúde/enfermidade e os seus aspectos

preventivos, asistenciais e rehabilitadores.

  Capacidades para adaptarse ó medio.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 61/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

60

Colaborar cos membros do equipo de traballo no que está integrado, asumindo as

responsabilidades conferidas a el, cumprindo os obxectivos asignados e mantendo o fluxo de

información adecuado.

o  Posuír unha visión global e integrada do sistema sanitario nos seus aspectos organizativos,

funcionais, sociais e administrativos.

Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia das innovacións tecnolóxicas e

organizativas introducidas na súa área laboral. 

AS UNIDADES DE COMPETENCIA PROFESIONAL

1. 

Prepara-los materiais e procesa-la información da consulta/unidade, nas áreas da súa competencia.

2. 

Aplicar coidados auxiliares de enfermaría ó paciente/cliente.

3.  Coida-las condicións sanitarias do contorno do paciente e do material/ instrumental sanitario utilizado

nas distintas consultas/ unidades/servizos.4.  Colaborar na prestación de coidados psíquicos ó paciente/cliente, realizando, ó seu nivel, a aplicación

de técnicas de apoio psicolóxico e de educación sanitaria.

5.  Realizar tarefas de instrumentación en equipos de saúde bucodental. 

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS

Módulos Horas

Formación e orientación laboral 55

Formación en centros de traballo 440

Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material 160

Horas á disposición do centro 55

Operacións administrativas e documentación sanitaria 55

Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente 130

Relacións no equipo de traballo 55

Técnicas básicas de enfermaría 320

Técnicas de axuda odontolóxica e estomatolóxica 130

TOTAL  1400 

CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

11. PERFIL PROFESIONAL: Xestión contable, administrativa e de persoal dunha empresa

utilizando os medios informáticos dispoñibles. Capacitación para desempeñar postos de

responsabilidade na empresa.ENSINANZAS: 2000 horas. 

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 62/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

61

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS

Módulos Horas 

Comunicación e atención á clientela 160

Formación e orientación laboral 107

Inglés 160

Ofimática e proceso da información 240

Proceso integral da actividade comercial 133

Recursos humanos e responsabilidade social corporativa 80Xestión da documentación xurídica e empresarial 80

Contabilidade fiscalidade 157

Formación en centros de traballo 384

Proxecto de administración e finanzas 26

Simulación empresarial 140

Xestión de recursos humanos 105

Xestión financeira 123

Xestión loxística e comercial 105

TITULACIÓN: Técnico Superior en Administración e Finanzas. 

SAÍDAS LABORAIS:  Técnico/a administrativo tanto na empresa pública como na privada. Asesor/a

contable, laboral e fiscal (autónomo ou por conta allea). 

SAÍDAS ACADÉMICAS: Acceso directo ós estudios universitarios de: Mestre/a (tódalas especialidades),

Diplomaturas de Biblioteconomía e Documentación, Traballo Social, Relacións Laborais, Turismo,

Ciencias Empresariais, Educación Social, Xestión e Administración Pública e Estatística. Enxeñería

Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñería Técnica en Informática de Xestión. 

CICLO MEDIO DE ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS AUTOMÓBILES(LOE) 

12. 

PERFIL PROFESIONAL: Realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e

transformacións do vehículo na área de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade.

ENSINANZAS: 2000 horas

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 63/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

62

Módulos Horas 

Circuítos de fluídos: suspensión e dirección 213

Circuítos eléctricos auxiliares do vehículo 175

Empresa e iniciativa emprendedora 53

Formación en centros de traballo 410

Formación y orientación laboral. 107

Mecanizado básico 107

Motores 133

Sistemas auxiliares do motor 245

Sistemas de carga e arranque 213

Sistemas de seguridade e confortabilidade 157

Sistemas de transmisión e freada 187

TITULACIÓN: Técnico en Electromecánica de Vehículos (imprescindible para abrir un taller ou

transferilo de pais a fillos). 

SAÍDAS LABORAIS: Mecánico  –  electricista de automóbiles, de vehículos pesados, de maquinaria de

obras públicas e de motocicletas. Mecánico de equipos diésel. Mantemento de turismos e vehículos

pesados. Representante de maquinaria e utillaxe, tendas de repostos e xefe de ventas.

SAÍDAS ACADÉMICAS: Ciclo Superior e Bacharelato. 

CICLO MEDIO DE MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO(LOE)

13. PERFIL PROFESIONAL: Realiza-lo mantemento e reparación de maquinaria e equipo

industrial, montar automatismos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos e facer montaxes

electromecánicos de maquinaria e de equipo industrial.

ENSINANZAS: 2000 horas

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS

Módulos Horas 

Automatismos pneumáticos e hidráulicos 240

Electricidade e automatismos eléctricos 240

Formación e orientación laboral 107

Técnicas de fabricación 240

Técnicas de unión e montaxe 133

Empresa e iniciativa emprendedora 53

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 64/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

63

Formación en centros de traballo 410

Montaxe e mantemento de liñas automatizadas 175

Montaxe e mantemento eléctrico-electrónico 192

Montaxe e mantemento mecánico 210

TITULACIÓN: Técnico de Mantemento Electromecánico. 

SAÍDAS LABORAIS: Montaxe e mantemento de instalacións. Metalurxia e fabricación de produtos

metálicos. Industrias de construción de maquinaria, servozos, téxtil, alimenticias, vehículos e equipo

mecánico. Reparación de maquinaria e equipo industrial.

SAÍDAS ACADÉMICAS: Ciclo Superior e Bacharelato. 

CICLO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA(LOE) 14. PERFIL PROFESIONAL: Rexistro e proceso das operacións administrativas da empresa con

medios informáticos. Capacitación para a comunicación con terceiros (atención ós clientes,

provedores,...).

ENSINANZAS: 2000 horas

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS

Módulos Horas 

Comunicación empresarial e atención á clientela 123

Empresa e administración 123

Empresa na aula 156

Formación e orientación laboral 107

Formación en centros de traballo 410

Inglés 160

Operacións administrativas de compravenda 133

Operacións administrativas de recursos humanos 123

Operacións auxiliares de xestión de tesouraría 160

Técnica contable 133

Tratamento da documentación contable 105

Tratamento informático da información 267

TITULACIÓN: Técnico en Xestión Administrativa. 

SAÍDAS LABORAIS: Auxiliar administrativo tanto na empresa pública como na privada. 

SAÍDAS ACADÉMICAS: Ciclo Superior e Bacharelato.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 65/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

64

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA DE MANTEMENTO DE VEHÍCULOS (LOMCE)

PERFIL PROFESIONAL 

Realizar operacións básicas de mantemento electromecánico e carrozaría de vehículos, desmontando

e montando elementos mecánicos, eléctricos e amovibles do vehículo, e executando operaciónsbásicas de preparación de superficies, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de

prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e

por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira. 

ÁMBITOS DE TRABALLO

No sector do mantemento de vehículos, nomeadamente en talleres de reparación e concesionarios de

vehículos privados, industriais, agrícolas e de obras públicas. 

DURACIÓN: 2000 horas

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS

Módulos Horas 

Amovibles 208

Ciencias aplicadas I 175

Comunicación e sociedade I 206

Mecanizado e soldadura 175

Preparación de superficies 146

Ciencias aplicadas II 162

Comunicación e sociedade II 135

Electricidade do vehículo 165

Formación en centros de traballo 320

Mecánica do vehículo 246

TITULACIÓN: Título profesional básico en Mantemento de vehículos. 

CAPACITACIÓN PROFESIONAL: Axudante na área de carrozaría; auxiliar de almacén de recambios;

operario/a en empresas de substitución de cristais; axudante na área de electromecánica; operario/a

de taller de mecánica rápida. 

SAÍDAS ACADÉMICAS: Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá

preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio

das familias profesionais de:

Edificación e obra civil

Electricidade e electrónica

Enerxía e auga

Fabricación mecánica

Industrias extractivas

Informática e comunicacións

Instalación e mantemento

Madeira, moble e cortiza

Marítimo-pesqueira

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 66/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

65

Química Transporte e mantemento de

vehículos 

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS (LOMCE) 

PERFIL PROFESIONAL Tarefas administrativas e de xestión básicas, con autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal,

operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais, de seguridade e de hixiene no

traballo, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha

lingua estranxeira. 

AMBITOS DE TRABALLO 

En centros, oficinas, despachos e departamentos administrativos ou comerciais de calquera tipo de

empresa ou entidade de carácter privado ou público, en todos os sectores produtivos. 

DURACIÓN: 2000 horas 

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS

Módulos Horas 

Arquivamento e comunicación 146

Ciencias aplicadas I 175

Comunicación e sociedade I 206

Técnicas administrativas básicas 179

Tratamento informático de datos 204

Aplicacións básicas de ofimática 240

Atención á clientela 58

Ciencias aplicadas II 162

Comunicación e sociedade II 135

Formación en centros de traballo 320

Preparación de pedidos e venda de produtos 113

TITULACIÓN: Título profesional básico en Servizos administrativos. 

CAPACITACIÓN PROFESIONAL 

Auxiliar de oficina; auxiliar de servizos xerais; auxiliar de arquivo; ordenanza; auxiliar de

información; telefonista en servizos centrais de información; clasificador/ora e/ou repartidor/ora de

correspondencia; gravador/ora - verificador/ora de datos; auxiliar de dixitalización; operador/ora

documental; auxiliar de venda; auxiliar de dependente de comercio; operador/ora de cobramento ou

caixeiro/a.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 67/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

66

SAÍDAS ACADÉMICAS: Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá

preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio

das familias profesionais de: 

Administración e xestión

Artes gráficas

Comercio e marketing

 Téxtil, confección e pel

Vidro e cerámica 

EDUCACIÓN DE ADULTOS

ALFABETIZACIÓN

12 sesións semanais de Lecto-escritura (6 sesións) e Calculo Matemático (6 sesións).

EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS 

Consta de catro módulos de duración cuadrimestral. Cada un organízase en tres campos de

coñecemento:

ESA 1 (MÓDULO I- II) 

- Ámbito de comunicación (8 sesións semanais)

-Ámbito de sociedade (3 sesións semanais)

-Ámbito científico-tecnolóxico. (8 sesións semanais)

-Oferta curricular do centro. (1 sesión semanal)

ESA 2 (MÓDULO III-IV)

- Ámbito de comunicación (6 sesións semanais)

-Ámbito de sociedade (4 sesións semanais)

-Ámbito científico-tecnolóxico.(8 sesións semanais)

-Oferta curricular do centro.(1 sesión semanal)

11.  ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A tipoloxía de ensinanzas e de profesionais que están presentes no IES García Barbón fan

que a atención á diversidade teña que recaer necesariamente nos titores, ó non dispoñer de

profesorado de apoio.

O primeiro paso será sempre a identificación das necesidades do alumnado. Será tarefa

prioritaria da persoa titora e de todo o profesorado implicado na detección temperá das dificultades

para, unha vez detectadas, tomar as decisións máis axeitadas para superalas. A detección precoz das

necesidades educativas posibilita ao alumnado a superación das súas dificultades e permite unha

mellor planificación do centro no que respecta aos recursos humanos. Os instrumentos, así como as

fontes de información dos que nos servimos para coñecer, en xeral, ao alumnado e detectar, en

particular, as necesidades educativas aparecen a continuación.

Os obxectivos propostos para unha atención á diversidade eficaz están baseados en:

1. Colaborar co titor/a e o profesorado para detectar e previr  –atención temperá-dificultades,problemas de aprendizaxe ou altas capacidades que presenten os/as alumnos/as e intervir

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 68/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

67

conxuntamente para tratar de adaptar a resposta educativa. Realizar, en colaboración co equipo

educativo correspondente, as avaliacións psicopedagóxicas que se demanden.

2. Colaborar co profesorado no afianzamento de hábitos e técnicas de estudo, procurando poñer

en marcha un programa específico sobre mellora de hábitos e técnicas de estudio coa axuda do

profesorado interesado. Potenciar e dinamizar a participación dos equipos docentes en proxectos e

programas de innovación.

As accións prioritarias enfocaranse de cara a:

1-  Facilitar asesoramento psicopedagóxico ás familias e potencia-la cooperación entre o centro e

as familias. Informándoos das funcións do Departamento de Orientación.

2-  Profundar no coñecemento e tratamento das necesidades reais do alumnado a través das

titorías individualizadas realizadas en tódolos trimestres polos membros do departamento de

orientación.

Nun primeiro momento incidirase na obtención de información sobre os coñecementos previos

do alumnado en cada unha das materias, no grao de desenvolvemento das competencias básicas e no

análise dos informes persoais da etapa ou curso anterior, completada coa información obtida a través

da persoa titora de niveis de ensinanza previos en reunión de coordinación cos centros da comarca

que se realizan a principio de curso.

Igualmente terase en conta a información aportada pola familia e outras institucións,

organismos: inspección educativa, servizos sociais, profesionais da saúde, asociación para valorar as

necesidades reais do alumnado.

Realizado o proceso de detección de necesidades levarase a cabo o apoio ou reforzo educativo

que sexa posible tendo en conta os recursos do centro.

Medidas específicas de atención á diversidade en bacharelato, Formación Profesional Específica e

Formación Profesional Básica (RD 943/2003, do 18 de xullo e Orde do 27 decembro de 2002):

Bacharelato: O alumnado con NEE poderá cursar o bacharelato fragmentado. Este alumnado poderá

estar escolarizado todo o horario recibindo atención adaptada as súas necesidades. Poderán aumentar

a súa escolarización neste nivel ata dous anos máis con respecto á norma xeral. 

FP: O alumnado con NEE poderá cursar a FP fragmentada por módulos. Poderase autorizar unha

repetición máis das dispostas. 

FP Básica

Promoveranse medidas metodolóxicas de atención á diversidade que permitan:

  Unha organización das ensinanzas adecuada ás características dos alumnos e das alumnas.

  Especial atención á adquisición das competencias lingüísticas contidas nos módulos

profesionais de Comunicación e sociedade I e II para o alumnado que presente dificultade

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 69/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

68

na súa expresión oral, sen que as medidas adoptadas supoñan unha minoración da

avaliación das súas aprendizaxes.

  Flexibilización modular.

O alumnado con sobredotación poderá adiantar un ano a súa escolarización no ensino postobrigatorio.

12. 

AVALIACIÓN DA LABOR DOCENTE

O profesorado, ademais de avaliar os aprendizaxes dos alumnos, avaliará os procesos e a propia

práctica docente en relación coa consecución dos obxectivos do currículo.

Os Departamentos analizarán e valorarán os resultados obtidos polos alumnos ao remate do curso,

despois da terceira avaliación, e reflectirán esta valoración na Memoria Final de Departamento. Nela

irá incluída unha valoración da metodoloxía empregada, así como dos materiais curriculares e

didácticos empregados, sen esquecer as propostas de mellora sobre a organización e aproveitamento

dos recursos do centro.

TABOA DE AVALIACIÓN DO PROCESO DA LABOR DOCENTE NO IES GARCÍA BARBÓN 

ASPECTO A AVALIAR RESPONSABLES DOCUMENTO

1. O cumprimento xenérico do PE

-Consello Escolar

-Claustro

-Equipo Directivo

Memoria Final

2. A organización do Centro

3. Aproveitamento dos recursos de centro

-Equipo Directivo

-DepartamentosMemoria Final

13.  A coordinación entre os órganos colectivos e

persoais encargados do labor docente: equipo

directivo, claustro, departamentos e titores

-Equipo Directivo

-CCP

- Orientación

Memoria final

5. A aplicación dos criterios de cualificación

6.Metodoloxía empregada

7.Materiais didácticos empregados

8.Reforzos e apoio empregados

Departamentos Memoria Final

9.A oferta de materias optativas

10. A convivencia: estado das relación entre os

distintos sectores da comunidade educativa

Equipo Directivo Memoria Final

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 70/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

69

11. A orientación educativa e profesional

12. As relacións coas familias e representantes

legais do alumnado

-Equipo directivo

-Orientación

-Titores

Memoria Final

13. 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Existe o compromiso do centro de organizar ou colaborar na organización de diferentes

actividades extraescolares, sempre e cando se adecúen a criterios pedagóxicos e ó cumprimento das

programacións didácticas e non obstaculizen o normal desenvolvemento das actividades diarias do

centro.

 

Estas actividades faranse cando a participación do profesorado e do alumnado sexa significativa(un mínimo do 60 % por cada grupo), con preferencia por grupos completos. O alumnado que non

participe na actividade terá clase normal no seu horario habitual.

  Estas actividades poden ser propostas por cada un dos Seminarios e/ou Departamentos do centro

en tanto cumpran cos requisitos anteriormente citados, para o que terán que realizar unha previsión

anual ó comezo de curso que se comunicará á Vicedirección (visitas a feiras, museos, representacións

teatrais, cine … etc).

  Estas actividades poden xurdir a proposta de organismos ou institucións externas ó centro. Neste

caso valorarase con tempo a conveniencia de aceptar a nosa participación.

  Proporase a reedición de actos celebrados en cursos anteriores sempre que o clima de

colaboración e participación, tanto do alumnado como do profesorado, así o aconselle.

  Todas as actividades extraescolares deberán ser avaliadas polo Consello Escolar.

  A vicedirección coordinará, en colaboración con Seminarios e Departamentos, diferentes viaxes

pedagóxicas que cumpran cos requisitos xa expostos. A previsión de gastos para este tipo de

actividades estará dedicado exclusivamente a aquelas organizadas ou coordinadas pola Vicedirección.

 

Segundo acordo de Claustro o reparto dos gastos derivados das viaxes pedagóxicas e actividades

organizadas polos Seminarios e Departamentos é como sigue:

-25% dos gastos de desprazamento a cargo do instituto.

-25% a cargo de Seminarios e Departamentos.

-50% a cargo dos alumnos.

O desenvolvemento do procedemento e prazos a respectar para a organización destas actividades

recóllense no documento das Normas de Organización e Funcionamento do centro.

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 71/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

70

13.1. PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Ó longo do ano desenvólvense actividades culturais, pedagóxicas e deportivas organizadas

por departamentos didácticos do propio centro ou institucións alleas ó mesmo.

Son habituais as saídas do centro de duración variable dos alumnos de tódolos niveis

educativos para facer visitas directamente relacionadas co programa de contidos das materias

impartidas.

Igualmente son numerosas as actividades que se realizan no propio centro de temática

variada.

As actividades deportivas en días especiais, como as xornadas organizadas antes das

vacacións de Nadal realízanse nas instalacións do concello situadas a carón do centro (polideportivo e

canchas de fútbol e pádel)

En canto ás actividades con continuidade destacamos que durante o curso 2013-2014 seinstitucionalizou a organización da “Semana da Saúde” onde toda comunidade educativa se involucra

co alumnado de Coidados Auxiliares de Enfermaría para profundaren aspectos que nos afectan

diariamente no coidado de corpo e mente, inclúe sempre unha xornada de doazón en colaboración co

Centro de Transfusión de Galicia.

Tamén se institucionalizou durante o curso 2014-2015 a organización das Xornadas

informativas e formativas de “Emprendemento e orientación laboral” para o alumnado do noso

centro e dos outros centros da comarca, así como para organizacións empresariais de toda a provincia.

Durante o curso 2015-2016 iniciouse unha actividade máis de difusión da oferta formativa do centro

que se completa con un par de xornadas de portas abertas que se viña realizando de xeito continuado

dende hai anos e que agora se realiza durante a fin de semana da celebración da Feira do Lázaro en

Verín.

Na vertente deportiva contamos cun nutrido número de alumnos que forma parte do

equipo “Arqueiros de Verín” especializados na participación en diversas competicións de tiro con arco.

Como centro preocupado polas novas tecnoloxías e activo nas redes sociais organizamos anualmente

dende o curso 2007-2008 un concurso de creación de blogs no que participa toda a comunidade

educativa.

Contamos tamén co Proxecto “  A.T.E.I” de orientación académica e laboral no que se

organizan actividades para que antigos alumnos compartan a súa experiencia académica ou laboral

unha vez que abandonan o centro, amosando de primeira man a realidade á que inevitablemente se

achega o noso alumnado.

O García Barbón outorgóuselle durante o curso 2013-2014 a carta Erasmus de Educación

Superior que nos permite tramitar a realización de estancias profesionais dos nosos alumnos de Ciclo

Superior en distintos países da Unión Europea a través da acción clave 1 (KA1)

7/25/2019 PROXECTO EDUCATIVO 2016

http://slidepdf.com/reader/full/proxecto-educativo-2016 72/72

PROXECTO EDUCATIVO

IES GARCÍA BARBÓN 2015-2016 

Formamos parte tamén do Consorcio da asociación de Profesores Técnicos e de Ensino

Secundario de Automoción de Galicia para o Proxecto ERASMUS+ de mobilidade de profesores e

alumnos (KA1) con propostas renovadas anual ou bianualmente.

14. 

AVALIACIÓN DO PE

A avaliación do Proxecto Educativo é un proceso continuado, e polo tanto sensible a modificacións

no mesmo proceso da avaliación. A tal fin, estableceranse xuntanzas na Comisión de Coordinación

Pedagóxica coa periodicidade que sexa precisa, co obxectivo primordial de analizar e revisar o

funcionamento do Proxecto Educativo.

Así mesmo, estudarase e farase unha valoración das propostas e suxestións que os membros da

comunidade educativa fagan chegar ó Equipo directivo. Ao remate do curso, elaborarase unha

memoria final, na que se contemple un balance global da aplicación práctica do PE, e onde se recollanposibles propostas de modificación, que serían de aplicación no vindeiro curso académico, unha vez

avaliadas polo Claustro de Profesores e o Consello Escolar e aprobadas polo Director.

Ao tratarse dun documento aberto e dinámico que está sometido aos cambios que se producen

tanto na lexislación, na contorna e no propio centro, este PE deberá ser sometido a revisión cando

menos con carácter bianual ou cando así sexa solicitado pola maioría absoluta do Consello Escolar.