Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

54
Informe para BUGALICIA BIBLIOTECA 2.0 Realizado por: - Catuxa Seoane - GALINUS, Comunicación en Internet

description

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia dentro do proceso de actualización da súa web para adaptala ós requirimentos de accesibilidade e usabilidade, e buscando a integración de novos servizos no eido da Biblioteca 2.0, ven de publicar na súa web o proxecto de estudo desenvolvido pola empresa Galinus e Catuxa Seoane que recolle o estado do arte nesta materia.

Transcript of Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Page 1: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

BIBLIOTECA 2 .0[ Informe para BUGALICIA ]

Realizado por:

- Catuxa Seoane

- GALINUS, Comunicación en Internet

I n f o r m e p a r a B U G A L I C I A

BIBLIOTECA 2.0

Realizado por:

- Catuxa Seoane

- GALINUS, Comunicación en Internet

I n f o r m e p a r a B U G A L I C I A [2 /2]

Realizado por:

- Catuxa Seoane

- GALINUS, Comunicación en Internet

Informe para BUGALICIA [2/2]

Realizado por:

- Catuxa Seoane

- GALINUS, Comunicación en Internet

AS NOVAS WEBS DE BUGALICIAEspecificacións funcionais, Arquitectura

da Información e Diagramas de páxina

AS NOVAS WEBS DE BUGALICIAEspecificacións funcionais, Arquitectura da

Información e Diagramas de páxina

AS NOVAS WEBS DE BUGALICIA

DOCUMENTACIÓN

Especificacións funcionais

Mapa do sitio

Wireframes

p2 - p6

p7

p8 - p22

p23 - p26

p27

p28 - p40

Especificacións funcionais

Esquema AI bugalicia.org

Wireframes

bugalicia.org

cbug.es

Page 2: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Proxecto BUGALICIA

1. A Web 2.0 nas bibliotecas universitarias

2. O sitio web ideal dunha biblioteca universitaria 2.0

3. Servizos bibliotecarios baseados na Web 2.0

a. Barras de ferramentas

b. Plugings de integración

c. RSS e sindicación de contidos

d. Blogs e microblogging (Twitter)

e. Marcadores sociais para texto (Del.icio.us, CiteUlike) imaxe (Flickr) e video (Youtube)

f. Redes sociais

g. Outras ferramentas Web 2.0: Plataformas mobiles, mensaxeria instantánea e referencia virtual

h. Opac social

4. Estado da arte e casos de éxito da Biblioteca 2.0.

5. Conclusións e valoracións finais

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

http://del.icio.us/ebugalicia

Page 3: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

1. A Web 2.0 nas bibliotecas universitariasSe a Web 1.0 caracterízase pola democratización no acceso á

información, a Web 2.0 supuxo a democracia da participación ("todos temos algo que dicir, e todos podemos facelo").

Toda a literatura e filosofía que envolve ao novo concepto de biblioteca, a Biblioteca 2.0 busca fundamentalmente remover a tradicional pasividade e elitismo dos bibliotecarios, demostrando que coa axuda e colaboración dos usuarios consíguense servizos máis acordes ás necesidades destos e demostrando con numerosos exemplos de bibliotecas universitarias estadounidenses as virtudes do uso de ferramentas sociais (blogs, wikipedia, Flickr, Meebo, Bookmarking, etc…) para a construción do modelo de biblioteca 2.0 .

Como afirma Meredith Farkas (Bibliotecaria da Universidade de Norwich, autora do libro Social Software in Libraries: Building Collaboration, Communication and Community Online), son os usuarios o obxetivo a partir do cal débense desenrolar servizos da biblioteca. O bibliotecario ten que adaptarse ás novas necesidades informativas dos usuarios, confiar neles, esquecerse da perfección (a catalogación ten que deixar de ser o fundamento das súas vidas), ser conscientes das novas oportunidades que ofrecen as tecnoloxías emerxentes e buscar fora do mundo das bibliotecas novas fontes de inspiración.

Hai que cambiar por tanto a actitude dos profesionais da biblioteca universitaria:

• Desenrolar unha cultura do aprendizaxe: o bibliotecario ten que aprender o uso das novas ferramentas e ser áxiles para introducilas rapidamente. Un bo exemplo é o programa “Learning 2.0″ da Public Library of Charlotte & Mecklenburg.

• Desenrolar unha cultura de tolerancia aos riscos: Tentar probar sen medo a nova tecnoloxía social.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Web 1.0 Web 2.0

Page 4: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

• Estar aberto ás aportacións e contribucións que todo o persoal bibliotecario pode proporcionar; as boas ideas poden proceder de calquera persoa, que non ten porque estar necesariamente ligada nin a unha escala nin a un estamento profesional determinado.

• Ser transparente de cara ao usuario e aberto a súa evolución.As bibliotecas universitarias atópanse nunha posición única para

aplicar os conceptos da Web 2.0., esto é debido a que os seus usuarios están máis predispostos a participar na creación de contido web e a colaboración social na rede por tratarse na maior parte dos casos de nativos dixitais os cales nalgún momento, publicaron contidos na rede, descargado música ou videos, e aloxado algunha imaxe de maneira sinxela e son usuarios habituais de servizos de chat e mensaxería instantánea.

2. O sitio web dunha biblioteca universitaria 2.0 idealA maioría dos sitios web de bibliotecas seguen sen sacar partido a

todas as ferramentas da web 2.0, e por tanto non responden ás necesidades dos investigadores de hoxe en día.

O sitio Web dunha Biblioteca universitaria 2.0 debe facilitar que:

• Os usuarios participen na creación de listas de recursos nas áreas dos seus temas de interese ou investigación.

• Os servizos ofertados de maneira presencial poden ser aproveitados tamén no mundo virtual, ao estilo de servizos 24/7.Os usuarios comenten los servizos bibliotecarios utilizando para elo

medios como os blogs, de maneira que poidan opinar e mellorar a utilización de diferentes servizos e ferramentas: catálogo en liña, préstamo interbibliotecario, sistema de reservas, etc.

O portal ideal da biblioteca universitaria 2.0 por tanto, contén:

• Busca baseada en Ajax. É especialmente útil para os títulos das revistas e sería fantástico para recuperar todo tipo de información do catálogo. Consiste en que a medida que imos tecleando na caixa de busca do noso catálogo, o propio sistema "adivina" o que estamos buscando e desprega unha lista de títulos que conteñen esas letras, anticipándose á busca.

• Busca personalizada. Unha combinación das características de Rollyo e Eurekster Swicki sería o mellor. Poder seleccionar as fontes e sitios específicos sobre os que queres buscar, designar as verbas clave que queremos aplicar ás buscas, marcar fontes como prioritarias en cada busca, xerar nubes de etiquetas que poderían modificarse baseándose nas buscas doutros usuarios, citas, descargas... 

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Page 5: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

• Entradas do usuario: retroalimentación. Comentarios, notas, discusión en blogs, chat, etc.

• Tags. Os usuarios poden etiquetar os items, e as tags resultantes serán navegables.

• Tag clouds. Que deben ser personalizables, incluídas por disciplina ou temática.

• Xeradores bibliográficos: Como con PennTags, os usuarios poden construir e taggear as bibliografías e elaborar outras, coa opción de compartilas.

• Notificacións RSS de novas incorporacións ao fondo da biblioteca e as novidades incorporadas na web: moitos portales ofrecen xa isto.

• Ligazóns a marcadores sociales, como Delicious, apuntando a tags relativas ás materias que abarca a bibloteca.

• Contidos relacionados: sobre buscas, recursos consultados, etc. ao estilo do que xa fai Amazon.

3. Servizos bibliotecarios baseados na Web 2.0¿Como pode o concepto x integrarse nos nosos servizos, melloralos ou

crear un novo? ¿que conceptos da Web 2.0 pódense implementar na Web do Consorcio? ¿están os usuarios do Consorcio familiarizados con estos conceptos? ¿qué sector deses usuarios poderían aproveitarse destos servizos?

Ferramentas Web 2.0 aplicables á Web dunha Biblioteca Universitaria:

• Barras de ferramentas. • Plugins para integrar o catálogo nas barras de navegación. • Uso do RSS para sindicar os propios contidos e para aglutinar novas e

información doutras fontes. • Blogs e microblogging (Twitter). • Marcadores sociais para texto (Del.icio.us, CiteUlike) imaxe (Flickr) e

vídeo (Youtube). • Redes sociais (Facebook, Ning).• Plataformas móbiles: alertas ao móbil de novos números de revistas,

novas, etc.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Page 6: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Barras de ferramentas e plugins de busca no catálogo:

Unha das formas elementais de promoción dos servizos e recursos do Consorcio é a difusión destes por medio da creación dunha barra de ferramentas propia e dun plugin de busca no catálogo dos fondos dispoñibles integrado na barra e no navegador.

Na actualidade, son moitas as bibliotecas que xa contan con isto:

• Forbes Library Toolbar1.

• Browser's Toolbar with Shrewsbury Public Library2.

• J.Hugh Jackson Library. Standfor Graduate School of Business3.

• Maryland Library Toolbar4.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

1 http://www.forbeslibrary.org/toolbar/install.shtml

2 http://www.shrewsbury-ma.gov/library/

3 http://www.gsb.stanford.edu/library/toolbar/

4 http://www.esrl.lib.md.us/toolbarMD/install.html

Page 7: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

A barra permite integrar o acceso ao catálogo no navegador dos usuarios, a posibilidade de consultar e renovar préstamos, acceder as últimas novas vía RSS, etiquetar os artigos e recursos e integralos nun xestor de social bookmarking (como Delicious), acceder a seccións destacadas da web do Consorcio (ligazon co blog …).

Na rede atópanse distintos servizos para crear estas tollbars, as opcións máis salientables son: Conduit5 e Best toolbars6.

Outra boa opción é a disponibilidade do catálogo dos fondos dentro do navegador, no caso de Firefox isto é posible co plugin OpenSearchFox7 que permite engadir un robot de busca da nosa web accesible dende o navegador Firefox.

Un dos mellores exemplos desta utilidade atopámola na Biblioteca Pública de Muskiz que grazas a este plugin permite o acceso directo dende calquera ordenador con Firefox ao catálogo colectivo das bibliotecas de Euskadi8:

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

5 http://accounts.conduit.com/wizard/?ref_id=HomePage

6 Ten unha sección adicada excluidamente as bibliotecas http://www.besttoolbars.net/library.php

7 http://opensearchfox.uptodown.com/

8 http://www.muskiz-liburutegia.org/firefoxbilaketa.html

Page 8: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

RSS e sindicación de contidos

A filosofía do uso do RSS baséase en compartir e difundir información, unha das tarefas básicas de toda biblioteca, por ese motivo as bibliotecas teñen que adoptar esta tecnoloxía, empregala e sacarlle partido, para uso interno e externo.

A navegación directa de web en web esixe un gran esforzo e unha maior inversión de tempo, pero afortunadamente hoxe temos ao noso alcance ferramentas e tecnoloxías que nos permiten enteirarnos de cando se actualizou unha web ou cando se incorporou información de noso interese nunha base de datos, nun repositorio ou nun catálogo dunha biblioteca sen ter a obriga de visitar as páxinas para comprobalo. A idea é que non sexas ti quen vai a buscar a información senón que sexa esta quen chegue a ti en forma de alerta.

Informarse sen molestarse en comprobar “qué hai novo sobre xxxx” é posible grazas a sindicación de contidos9:

A sindicación web é unha forma de distribución de información mediante a cal parte dunha páxina web ponse a disposición para o seu uso desde outras páxinas. Isto pode ser simplemente licenciando o contido para que poidan usalo outras persoas. En xeral, a sindicación web refírese a ofrecer unha fonte web desde unha páxina web para proporcionar a outras persoas unha lista actualizada do seu contido (por exemplo, os últimos comentarios nun foro). Isto tivo a súa orixe nas páxinas de novas e os blogs, pero cada vez utilízase máis para sindicar calquera tipo de información. As dúas principais familias de formatos de sindicación web son o RSS e o Atom.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

9 Colaboradores de Wikipedia. Sindicación web [en liña]. Wikipedia, La enciclopedia libre, <http://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Sindicaci%C3%B3n_web&oldid=10746567>. [Consulta: 20 /01/2008]

Page 9: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Ilustración 2: Sindicación de contidos: alertas de novidades en novas, buscas, blogs, etc

Sindicación de contidos e bibliotecas

Entre as vantaxes da sindicación de contidos en bibliotecas, ademais

de permitirnos estar alerta da actualización das webs que nos interesan sen

molestarnos en visitalas, compre destacar o seu uso e aplicación nos

catálogos e OPACS. Cada vez son máis as bibliotecas que ofrecen a

posibilidade de sindicar os seus OPACS, un bo exemplo e a Biblioteca da

Australian National University10:

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

10 http://anulib.anu.edu.au/epubs/innopacnewbooksRSS.html

Page 10: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Ilustración 1. Uso do RSS na Biblioteca da Australian National University

Formas de usar RSS nas bibliotecas do Consorcio

1. Crear canles de RSS na web do Consorcio, dacordo as áreas temáticas de interese dos usuarios. 2. Crear canles RSS por temáticas para coñecer automáticamente as novas incorporacións aos catálogos. 3. Crear canles RSS dos índices de contidos das revistas recibidas nas bibliotecas do Consorcio.4. Crear unha canle RSS para notificar os novos programas e eventos publicados na web da Biblioteca.5. Crear unha canle RSS dos novos recursos da biblioteca, convenios de colaboración ou alianzas con proveedores de bases de datos, Amazon, etc.6.  Crear unha canle RSS para comunicados de prensa e outros medios de comunicación de advertencias e alertas (cambios de horario, peches de bibliotecas, etc).7. Suscribirse a canles RSS, como os sitios web de novas de interese para as bibliotecas do Consorcio, e compartir esos contidos na web da biblioteca. 7. Suscribirse a feeds RSS profesionais e compartilos con persoal da biblioteca na intranet da biblioteca.

Un dos mellores exemplos da utilización da sindicación de contidos nunha biblioteca, atopámolo na Hennepin County Library11, que emprega o RSS como medio de difusión dos seus contidos e novidades da súa web entre os seus usuarios.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

11 http://www.hclib.org/

Page 11: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Entre as canles RSS12 que ofrecen na súa web destaca: “library news”, “subject guides” y “books lists”.

Ilustración 2. Canles RSS dispoñibles na Hennepin County Library

Blogs e microblogging

Os blogs son unha das mellores ferramentas para establecer unha relación cos usuarios e a biblioteca, ademais de crear comunidade con outros profesionais, que comparten tarefas e inquietudes noutros lugares e onde podemos comunicar e intercambiar as nosas experiencias e retroalimentarnos das demais, permítenos:

• Comunicación cos usuarios. • Comunicación co persoal.

Os weblogs ofrecen infinitas posibilidades ás bibliotecas, dotándoas dunha excelente ferramenta de comunicación, áxil e sinxela, para

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

12 http://www.hclib.org/pub/search/RSS.cfm

Page 12: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

promocionar os seus servizos, difundir as últimas novidades, ampliar os servizos de referencia e de alfabetización informacional, etc.

Pero así como os blogs dedicados á Biblioteconomía e Documentación, ou os blogs ligados a bibliotecas e actividades bibliotecarias no mundo anglosaxón tiveron unha importante repercusión e son numerosos a nivel hispano, os primeiros blogs que apareceron (a principios do 2003) son iniciativas persoais de profesionais de información que publicaban (e publican) nos seus blogs as súas experiencias e coñecementos profesionais e novas e recursos relevantes para a profesión: Trucos de Google13, Bibliotecario Desordenado (hoy Catorze.blog14), Deakialli DocuMental15, Barbol, El opinador de la profe, Bido (hoy Bibliometría16) y Biblioblog17 (hoxe nun novo aloxamento e baixo o paraugas institucional da Fundación Germán Sánchez Ruipérez).

Aplicacións dos blogs nas bibliotecas:

Entre as moitas posibibilidades que teñen os weblogs nas bibliotecas, compre salientar algúns posibles usos:

• Novas e eventos: publicar facilmente as novidades e novas que vaian xurdindo sen necesidade de dispor dunha web institucional ou ter que esperar a que o informático actualice a web. A interactuación cos usuarios por medio dos comentarios, facilitan o coñecemento de actividades que doutro xeito poderían pasarse por alto.

• Grupo de discusión sobre libros e lecturas: recensións e críticas de libros, e a través dos comentarios e da lectura doutros blogs podemos tecer unha rede de blogs que comparten a discusión sobre unha obra en concreto, enriquecéndonos cos comentarios e ligazóns.

• Web-bibliografias: recomendación de recursos, sitios web, películas, libros que facilitan a elaboración e actualización de bibliografías baseadas en recursos web, achegándoas aos usuarios e mellorándoas cos seus comentarios.

• Actividades bibliotecarias: comunicación entre o persoal dos diferentes procesos técnicos da biblioteca: catalogación, mostrador de referencia, formación de usuarios18.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

13 Serrano-Cobos, Jorge. Arbildi, Iñigo. Trucos de Google [en liña] <http://trucosdegoogle.blogspot.com>

14 Leiva, Javier. Catorze [en liña] <http://www.catorze.com>

15 Barrero, Vanesa. Seoane, Catuxa: Deakialli DocuMental [en liña] <http://www.deakialli.com>

16 Roldán, Álvaro. Bibliometria [en liña] <http://www.bibliometria.com/>

17 Fundación Germán Sanchéz Ruipérez. Biblioblog [en liña] <http://www.interreg-eet.info/weblogs/biblioblog/index.html>

18 A biblioteca da Escola de Arquitectura da Universidade de A Coruña ademais de dispor dun blog enfocado ós usuarios (http://bloguetsa.blogspot.com/) , onde publican novas, actividades, bibliografías, novidades, etc, teñen tamen un blog de uso interno para facilitar a comunicación entre o persoal (Para que no te olvides).

Page 13: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

• Servizos de alerta e DSI: filtrado de información, seguimento de temáticas predefinidas, avisos de novas adquisicións, etc.

• Desenvolvemento profesional: permite compartir cos usuarios da bibliotecas o que sabemos, o que lemos, os temas que nos interesan e nos que estamos traballando e sobre todo, axuda a seguir aprendendo!

As bibliotecas universitarias deben mirar non só a calidade da súa páxina web senón que é imprescindble difundir os seus contidos, fondos e servizos, así como a propia institución e unha boa forma de facelo é a través de blogs, que se encadren dentro da estructura da sua política de difusión.

Nancy Dowd, especialista en “marketing” na Biblioteca do Estado de New Jersey, expón en The “M” World-Marketing Libraries19 10 puntos básicos para incorporar os blogs nos plans estratéxicos da Biblioteca:

1. Ter claro o que a biblioteca pode ofrecer. Transparencia da institución de cara ós usuarios, o que engade credibilidade e confianza na institución.

2. O blog como ferramenta máis de difusión, que non sustitúe a outro tipo de ferramentas xa empregadas nas bibliotecas.

3. Definir a política editorial do blog: frecuencia, contidos, aspecto físico, etc.

4. Ter en conta os contidos que se incluirán: tendencias, temas de actualidade, entrevistas, posición da biblioteca en canto a esas tendencias, novidades, reseñas de libros, de recursos en Internet, estudos de casos, intercambio de experiencias, ligazóns, descargas que poderían ser importantes para os usuarios, etc.

5. Compartir ideas: a información valiosa compartida revertirá de forma positiva na organización.

6. Ser unha fonte de información creíble.

7. Decidir quen ou quenes escribirán no blog, manteñendo un equipo reunións onde decidirase sobre que se vai a escribir en liñas xerais.

8. Elexir as ligazóns planificadamente, estos contituirán futuros lectores do noso blog, configurándose un cruce de información mutua.

9. Aprender a “captar” aos nosos lectores. O éxito dun blog depende dos seus lectores e na medida que saibamos motivalos, volverán unha e outra vez. Aconséllase unha boa organización do blog, en temas e subtemas, e introducir de vez en cando algo de humor.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

19 http://themwordblog.blogspot.com/2007/10/blogging-for-purpose.html

Page 14: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

10. Saber que é o que interesa aos lectores do blog. Compartir o que sabemos e coñecemos, incluindo experiencias.

Usos do blog nas Bibliotecas do Consorcio

O uso que podemos dar dos blogs20 nas bibliotecas do Consorcio é tan amplio como queiramos. Os mais salientables son os seguintes:

� Medio de publicidade e información sobre encontros e actividades.

� Involucrar aos usuarios formando pequenas comunidades de interese e aproveitar o seu coñecemento.

� Involucrar aos usuarios en actividades das bibliotecas e documentar o seu traballo.

� Proporcionar recursos e información para os usuarios.

� Dar aos usuarios un lugar no que compartir as suas voces e opinións.

� Crear cobertura sobre temáticas de interese para os usuarios.

� Atraer a potenciais usuarios.

E ¿porque un blog e non somentes unha web?

� Escribir un blog e actualizado é tan fácil como escribir un correo electrónico: non é necesario coñecer HTML polo que non dependemos dun webmaster para actualizar e crear contidos. Esto permite implcarse a todo o persoal.

� É unha fonte de información actualizada e barata.

� Permite saber o que outros opinan a través dos comentarios.

� Pode ser visto como un acto de innovación.

� Atrae á biblioteca ao público máis novo.

� E sobre todo, os blogs fomentan a conversación e a interacción entre os alumnos e os profesores e bibliotecarios, favorecen o diálogo e o espíritu crítico ademais de que os usuarios, os nenos, deixan de ser consumidores pasivos para converterse en editores de información.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

20 En Liswiki ( http://liswiki.org/wiki/Weblogs ) atopamos un listado de Blogs empregados en bibliotecas.

Page 15: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Exemplos e casos de éxito de blogs en bibliotecas universitarias

Os weblogs de bibliotecas universitarias son numerosos en todo o mundo21, aínda que en España estamos a anos luz de contar cun gran abano de weblogs nas bibliotecas de carácter xeral, e o panorama aínda é mais negro nas bibliotecas universitarias (paradoxicamente, nos centros univesitarios onde o I+D+i é o núcleo do seu traballlo, os blogs son aínda unha rara avis).

Un dos pioneiros é a Biblioteca da Escola de Arquitectura da Universidad de A Coruña que, ademais de dispor dun blog enfocado aos usuarios (http://bloguetsa.blogspot.com/), onde publican novas, actividades, bibliografías, novidades, etc, teñen tamén un blog de uso interno para facilitar a comunicación entre o persoal. Eles o chaman: Para que no te olvides.

Ilustración 3. Blog da Biblioteca da Escola de Arquitectura da UDC

No ámbito dos Consorcios de bibliotecas, as Bibliotecas das Universidades do Consorcio Madroño manteñen o blog “Open

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

21 Wiki dos blogs das bibliotecas universitarias de todo o mundo: http://liswiki.org/wiki/Weblogs_-_Academic_Libraries

Page 16: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Access” (http://weblogs.madrimasd.org/openaccess/) co obxeto de divulgar, analizar e debatir os temas relacionados co acceso aberto na Ciencia e no coñecemento. Este blog está patrocinado pola Comunidade de Madrid:

Los editores del blog están implicados en el desarrollo de los repositorios institucionales de sus respectivas Universidades y quieren compartir los problemas con los que se están encontrando en su trabajo cotidiano, desde la actitud de muchos autores que desconocen las ventajas del “open access” y su influencia en el impacto y aumento de citas, hasta la escasa implicación de sus instituciones en el desarrollo de políticas que fomenten el autoarchivo de los contenidos científicos producidos por los docentes e investigadores.

Ilustración 4: Blog do Consorcio Madroño adicado ao Open Access

Máis alá do blog, os fotoblogs, audioblogs e videoblogs

Aínda que os blogs naceron nun principio en formato textual na actualidade o texto convive con outras formas de difusión da información e é habitual a presenza de audio, vídeo e imaxes nos weblogs, ben para acompañar o texto ou ben como único medio de publicación.

� Fotoblogs: son blogs feitos integramente con imaxes, cada nova publicación corresponde cunha nova imaxe. Hai numerosas

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Page 17: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

plataformas gratuitas22 para dar soporte os fotoblogs e son moitas as bibliotecas que teñen un fotoblog como complemento ao blog da biblioteca23.

� Audioblogs: é outra variante dos blogs, onde o peso da publicación o levan os arquivos de audio (audiopost ou podscast24), o autor graba as historias coma se de capítulos ou programas de radio se tratara. Nas bibliotecas25 son un bo recurso para ofrecer na web ou blog audiopost dunha visita guiada pola biblioteca, un relato ou un anaco dun libro, unha entrevista cun investigador ... que o usuario pode descargarse en formato mp3 e escoitar no seu reproductor.

� Videoblogs: outra variante do formato blog, onde a publicación faise en formato video (videopost), é habitual que os blogs incorporen videopost nos seus contidos para ampliar información ou contar actividades, incluso é unha boa forma de notificar as novidades e últimas incorporacións ao catálogo da biblioteca26.

Microblogging

Twitter27 é o icono do microblogging, naceu en marzo de 2006 aínda que a súa popularidade comezou a principios de 2007. A idea é sinxela: unha caixa de texto con espazo para escribir 140 caracteres e unha pregunta: que estás facendo?

Ademais de publicar as túas mensaxes, en Twitter podes seguir os doutras persoas (following) e outras persoas poden seguir os teus (folllowers). Ao principio foron poucos os entusiastas do sistema, xa que se vía como unha banalización total na publicación de contidos: a quen pode interesar que eu estea preparando unha tortilla francesa ou que me vaia ao baño? Pero o tempo, a posibilidade de integrar Twitter noutros espazos da web, o feito de que se poida actualizar e consultar a través de mensaxería instantánea ou do teléfono móbil e as múltiples aplicacións que se lanzaron aproveitando a súa API asentaron o concepto e viuse que é algo tan flexible que permite case calquera uso que se lle queira dar: transmisión de eventos,

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

22 http://www0.fotolog.com/

23 http://www.fotolog.com/libraries

24 Colaboradores de Wikipedia. Podcasting [en liña]. Wikipedia, La enciclopedia libre, 2008 <http://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Podcasting&oldid=11649369> [Consulta 20/02/2008]

25 Un bo ejemplo é Voces da biblioteca pertencente a biblioteca do IES As Mariñas <http://anosabeta.blogspot.com/>

26 A biblioteca municipal de Muskiz ofrece na sua web grabaciones da mesa de novidades da biblioteca <http://www.muskiz-liburutegia.org/novedades.html>

27 http://twitter.com/home

Page 18: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

información meteorolóxica, información do tráfico a tempo real grazas ás actualizacións dos propios conductores, debates, novas curtas sobre un servizo que non merecen un espazo maior na web corporativa... case todo aquilo que está pasando pódese vincular dalgún modo grazas a Twitter.

Pero aínda que Twitter sexa a ferramenta máis coñecida, non é o único servizo que permite facelo e nin sequera é o máis completo. Hai outros que intentan tamén obter o favor dos usuarios e dos cales poderíamos destacar os seguintes (debido ao seu éxito, case todos eles permiten que ao enviar novo contido este actualícese tamén automaticamente en Twitter): Jaiku, Pownce, Twitxr, Jisko, Tumblr, Seesmic ...

O bo de usar Twitter nunha organización, non é só que che permite publicar anuncios/mensaxes/novas tan rapidamente como surxen, (máis rápido que escribir un post, un correo electrónico ou facer unha chamada por teléfono) senón que ademais esa información distribúese automaticamente vía RSS e xa que logo todos os interesados poden subscribirse a ela, e ata recibila en forma de SMS nos seus teléfonos móbiles.

Aplicacións de Twitter nas Bibliotecas do Consorcio28:• Publicar pequenas informacións prácticas na web institucional e que ao

mesmo tempo os usuarios recíbannas por SMS, cambios de horarios, novidades nos fondos, avisos, (recordade que o xoves empeza a exposición de ?)

• Enviar documentos complementarios ao grupo de usuarios que asistiu a un taller e que quere profundar no tema.

• Recibir feedback inmediato dos nosos usuarios sobre un asunto en particular ou sobre o funcionamento xeral do servizo que lle ofrecemos.

• Permitir que os nosos usuarios axúdennos a construír o noso espazo en internet desde os seus propios espazos.

• Comunicación con outras bibliotecas. Ágora profesional (mellor non mesturar con contas publicas para os usuarios, pódense facer varias contas. Unha para usuarios e outra para profesionais).

• Comunicación interna de empregados (anuncios, ligazóns, etc, visible a todos os compañeiros. Utilizaríase como unha ferramenta tipo intranet, onde engadir comunicacións privadas).

• Montar un servizo de DSI.• Integración coa Web 2.0, é moi fácil de engadir nunha web.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

28 Mais exemplos na Guía de Twitter para bibliotecarios http://oedb.org/blogs/ilibrarian/2007/a-guide-to-twitter-in-libraries/

Page 19: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Como sucede con outras ferramentas 2.0, polo de agora temos poucos exemplos en España do uso de Twitter en bibliotecas29, destacan a Biblioteca Municipal de Muskiz30 e a Biblioteca Escolar As Mariñas de Betanzos31, que empregan Twitter para notificar novidades literarias, premios, avisos e actividades nas súas bibliotecas, etc.

Pero se miramos cara ao exterior, atopamos moitos e bos exemplos do uso de Twitter en bibliotecas universitarias. Un dos mellores casos de éxito é o da Yale Sciencie Libraries32:

Ilustración 5. Conta de Twitter da Yale Science Libraries

Wikis

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

29 Better Practices From the Field.Micro-Blogging for Science & Technology Libraries. http://eprints.rclis.org/archive/00012752/02/Murphy_Microblogging.pdf

30 http://twitter.com/bibmus

31 http://twitter.com/antonioxalonso

32 http://twitter.com/yalescilib

Page 20: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Os Wikis son sitios web nos que os usuarios poden crear, editar, borrar ou modificar os contidos de forma fácil e rápida desde calquera navegador, creándose así un espazo idóneo para a colaboración.

Ilustración 6: Cómo traballan os wikis

Os Wikis son por tanto sitios webs colaborativos levados adiante polo continuo traballo colectivo:

• Calquera persoa pode editar os seus contidos, aínda que sexan creados por outra, ademais de engadir, modificar e borrar.

• Permiten ver todos os borradores ou modificacións do texto ata ter a versión definitiva.

A principal utilidade é que permiten crear e mellorar as páxinas de forma instantánea, dando unha gran liberdade ao usuario, e por medio dunha interfaz moi simple.

Wikis nas bibliotecas do Consorcio

Do mesmo xeito que sucede cos blogs, os wikis presentan un gran potencial de uso en bibliotecas e en educación dende dúas vertentes:

1. Ferramenta profesional: Para o intercambio de experiencias ademais de como recurso enciclopédico nunha área profesional.

2. Recurso para os usuarios: creando contidos para os usuarios e cos usuarios.

Podemos plantexar algúns posibles usos:• Elaboración de bibliografías, glosarios, dicionarios, libros de texto,

manuais, repositorios de aula (wikis interclase), etc.• Organización e planificación de eventos.• Publicar notas e apuntes de clases e outras actividades.• Desenvolvemento de proxectos.• Mantemento dun sistema de axuda e referencia, as famosas FAQS ou

preguntas frecuentes.• Compartir e enriquecer un repositorio de coñecemento.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Page 21: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

• Xerar estructuras de coñecemento colaborativo compartido, que potenciará a creación de "círculos de aprendizaje”.

• Integración dentro dos edublogs. Aínda que distintos na súa concepción, son complementarios.

Exemplos e casos de éxito do dos Wikis en bibliotecas

Ademais da famosa Wikipedia atopamos unha gran cantidade de Wikis de interese para a docencia e as bibliotecas:

• LisWiki, pretende converterse nunha enciclopedia especializada en biblioteconomía: http://www.liswiki.com.

• Wikisource unha biblioteca en liña de textos orixinais que sexan publicados cunha licenza GFDL ou se atopen en dominio público: http://é.wikisource.org.

• Wikilibros: un proxecto de wikimedia para crear de forma colaborativa libros de texto, tutoriais, manuais de aprendizaxe e outros tipos semellantes de libros que non son de ficción: http://é.wikibooks.org/wiki.

• Library Success, a best practices wiki: O seu obxectivo é intercambiar ideas e experiencias exitosas entre os bibliotecarios http://www.libsuccess.org/index.php?title=Main_Page.

• NEMLA directory of Music Library Collections (Seedwiki) http://www.seedwiki.com/wiki/nemla_directory_of_music_libraries_draft/.

• University of Minnesota Libraries Staff Website. (PmWiki): Wiki para uso interno do persoal da biblioteca. http://wiki.lib.umn.edu/Staff/HomePage.

• Ohio University Libraries Biz Wiki (MediaWiki): Guías de investigación nas que os investigadores poden editar o seu contido con novas experiencias e coñecementos. http://www.library.ohiou.edu/subjects/bizwiki/index.php/Main_Page.

• USC Aiken Gregg-Graniteville Library (PmWiki): xestión completa dun sitio web a través dun wiki. http://library.usca.edu/index.php/Main/HomePage.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Page 22: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Ilustración 7: Wiki do persoal das Bibliotecas da Universidade de Minnesota https://wiki.lib.umn.edu/

En España as Bibliotecas da Universidade de Sevilla empregan os wikis para elaborar guías temáticas das diferentes materias impartidas nas suas facultades33:

Ilustración 8: Guía temática de Bioloxía feita nun Wiki http://fama2.us.es:8080/wikibus/index.php/Historia

Marcadores sociais para texto (Del.icio.us, CiteUlike) imaxe (Flickr) e video (Youtube)

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

33 http://bib.us.es/aprendizaje_investigacion/guias_tutoriales/wikis-ides-idweb.html

Page 23: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Unha das últimas tendencias e un dos pilares da famosa Web 2.0 é a confianza plena no saber colectivo, o aproveitamento da sabiduría das multitudes para describir e clasificar a información mediante etiquetas (tags ou verbas clave) de maneira que axuden a un mesmo e a calquera interesado a recuperar a información que resulta de interese.

A descripción e clasificación de contidos de maneira colectiva (o etiquetado social) recibe o nome de folksonomía34.

“folksonomy” = folks + taxonomy Clasificación do pobo A folksonomía é un sistema de autoclasificación de contidos onde son

os propios usuarios, consumidores de información, quenes clasifican os contidos por medios de etiquetas, verbas claves.

O concepto gañou moitos adeptos entre os bloggers que utilizan a etiquetaxe para facilitar a procura de información no vigoroso subespacio de comunicación, pero a folksonomía cumpre ademais outras funcións:

• Para uso persoal e social: axuda a describir contidos (imaxes, documentos, videos).

• Para representar visualmente os contidos (dunha web, un catálogo, un blog, unha base de datos) a través da nube de etiquetas, tamén chamadas tagclouds.

En relación ao uso persoal, a folksonomía é moi útil na procura de

información (propia e allea) xa que as verbas claves (tamén chamadas tags) que engadimos e que engaden os demais usuarios axudan a buscar por termos relacionados de cara ao usuario e a recuperación por un amplio campo semántico de cara ao sistema de busca.

Pola contra, en relación a representación visual dos contidos, a folksonomía ten a posibilidade de ofrecer, a través das verbas claves engadidas por todos, nubes de tags35 ou de verbas claves que representan nun só debuxo os contidos dunha web, catálogo, base de datos, etc

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

34 Colaboradores de Wikipedia. Folcsonomía [en liña]. Wikipedia, La enciclopedia libre, 2007 <http://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Folcsonom%C3%ADa&oldid=11445855>[consulta 20/09/2007].

35 Nube de etiquetas, nube de tags, tag cloud. Colaboradores de Wikipedia. Nube de etiquetas [en liña]. Wikipedia, La enciclopedia libre, 2007 <http://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Nube_de_etiquetas&oldid=11184080> [Consulta 20/09/2007].

Page 24: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Ilustración 7: Nube de etiquetas dos contidos dunha web

Canto mayor é a verba clave (tag) indica que hai más contidos dese tema na web, catálogo ou base de datos.

Entre as ferramentas de socialbookmarking máis coñecidas destacan Delicious e CiteUlike para textos, Flickr para imaxes e Youtube para vídeos.

Aplicación do etiquetado social en bibliotecas:

1. Simplificar as listas de distribución de bibliografías e documentos en xeral. Os usuarios poden velas en calquera parte e describilas, achegando o seu coñecemento especializado.

2. Elaborar servizos de "ligazóns recomendados", en base a temas de continxencia. Ademais os usuarios poderían agregar os seus propios recursos.

3. Compartir con outros usuarios os recursos (sitios web, papers, etc) que se están utilizando no desenvolvemento dunha investigación.

4. Manter unha serie de recursos especializados para usuarios que participen de temas de investigación comúns, co valor agregado que se atopan clasificados e dispoñibles en liña.

A biblioteca da Universidade de Pennsylvania36 implementou un servizo de etiquetado social onde se destacan as principais temáticas e os recursos dispoñibles.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

36 http://tags.library.upenn.edu/

Page 25: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

A Universidade de Harvard también experimentou a implementación de ferramentas de ligazóns cooperativos37.

Del.icio.us

Del.icio.us38 é un dos mellores exemplos de bookmarks sociais, unha nova xeración dos tradicionais “favoritos” que gardamos no navegador do noso ordenador.

Ademais representa un dos principais métodos para organizar información en internet, permitindo xestionar os nosos favoritos, telos accesibles dende calquera ordenador e describilos mediante folksonomías, engadindo etiquetas aos recursos para recuperalos e compartilos.

Del. icio. us = gardar + compartir + recuperar + descubrir

Para gardar calquera recurso temos que engadir a url e un título, temos a posibilidade de engadir algunha nota ou texto aclaratorio, e as tags, verbas claves que consideramos que describen a temática e contido do recurso e que nos axudarán a recuperalo no futuro:

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

37 http://h2obeta.law.harvard.edu/64211

38 http://del.icio.us/

Page 26: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Ilustración 16: Inclusión dun recurso en Del.icio.us

Del.icio.us nas bibliotecasAs bibliotecas están comenzando a engadir nos seus catálogos

clasificacións folksonómicas que permiten representar o contido dos catálogos en forma de nube de etiquetas39:

Ademais da utilización de Del.icious como uso persoal, para gardar os nosos favoritos ou atopar outras de interese, esta ferramenta é realmente útil para facer bibliografías en líña, destacar determinados recursos na web da biblioteca, recomendar recursos ou enriquecer os catálogos das nosas bibliotecas, así hai xa moitos exemplos de bibliotecas que fan uso de Del.icio.us, ou de outros bookmarks sociais para difundir recursos e ligazóns, pero como sucede cos blogs40, a maior parte dos exemplos corresponden a bibliotecas de Norteamérica:

• A Grange Park Library: http://del.icio.us/LaGrangeParkLibrary. • Lansing Public Library na sua páxina web41 destaca a conta de

Del.icio.us: http://del.icio.us/lansingpubliclibrary. • Maui Community College Library: http://del.icio.us/mauicclibrary. • San Mateo Public Library, organiza os seus favoritos imitando a

clasificación de Dewey: http://del.icio.us/SanMateoLibrary.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

39 Seoane Garcia, Catuxa. Integrando la folksonomía en los catálogos de las bibliotecas [en liña] Deakialli DocuMental <http://www.deakialli.com/2005/06/13/integrando-la-folksonomia-en-los-catalogos-de-bibliotecas/> [Consulta 20/09/2007]

40 Seoane Garcia, Catuxa. Bibliotecas que bloquean [en liña] Deakialli DocuMental <http://www.deakialli.com/2006/03/20/bibliotecas-que-bloguean/ > [Consulta 20/09/2007]

41 http://www.lansing.lib.il.us/

Page 27: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

• Seldovia Public Library: http://del.icio.us/seldovia.library. • Thomas Ford Memorial Library, destacan na sua páxina web42 as súas

ligazóns en Del.icious: http://del.icio.us/thomasford.• Nashville Public Library, destaca na portada da sua web43 a sección en

Del.icio.us: http://del.icio.us/nashpubya. • University of Georgia Library, catalogan ademais os seus recursos en

Del.icio.us. http://del.icio.us/catresources.

Ilustración 8: Catalogación de recursos no Del.icio.us da University of Georgia Library

No noso país podemos atopar:

• Biblioteca Universitaria de Sabadell (UAB), que ten blog e conta en Del.icio.us http://del.icio.us/busuab/empresarials.

• Biblioteca de Humanidades, Universidade de Sevilla: http://del.icio.us/BibHuma.

• A biblioteca do Centro Oceanográfico de Vigo: http://del.icio.us/bibcovigo.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

42 http://www.fordlibrary.org/links/

43 http://www.library.nashville.org/teens/teenweb.asp

Page 28: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Ilustración 20: Web da biblioteca pública de Nashville cunha nube de etiquetas, representando as temáticas dos seus recursos

CiteUlike o Del.icio.us dos investigadoresCiteULike44 é un servizo gratuíto que axuda a académicos a compartir,

almacenar e organizar os artigos que van lendo, extrae automaticamente os detalles da cita, así que non fai falta escribilos de novo. Ademais, pódese compartir a biblioteca con outras persoas e saber quen está lendo os mesmos artigos que ti. Doutra banda, póde axudar a descubrir a literatura que é relevante para o teu campo.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

44 CiteUlike <http://www.citeulike.org>

Page 29: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Ilustración 9: Captura dun rexistro sobre Arquitectura en CiteUlike http://www.citeulike.org/user/zwang/article/2000868

Flickr

Flickr45 engloba os sete conceptos dos servicios Web 2,0. Permite aos usuarios aloxar, organizar, compartir e comentar as fotos. O máis destacado é a posibilidade de etiquetar as imaxes e categorizalas para máis tarde recuperalas por diferentes puntos de acceso. Ademais, tanto as constas propias de cada usuario en Flickr, como as diferentes etiquetas (tags) levan o seu propio RSS polo que é moi sinxelo e automático descubrir constantemente imaxes do propio interese.

Por tanto, o uso de Flickr na Web do Consorcio podería englobar dúas funcións:

Ferramenta de marketing. É útil para publicar fotos dos eventos patrocinados polas bibliotecas do Consorcio, das actividades e servizos bibliotecarios das diferentes bibliotecas, reforzando a imaxe corporativa mediante a exposición de instalacións, equipos, etc. Ademais, permite que os usuarios discutan e compartan fotos texéndose unha rede social.

Ferramenta de apoio o servizos de referencia. É unha fonte de información máis a ter en conta para responder as demandas de información.

Michael Stephens, profesor da Graduate School of Library and Information Science at Dominican University in River Forest, Illinois, afirma que de todas as ferramentas da Web 2.0, Flickr é a sua favorita, e suliña as cousas que Flickr pode facer polas bibliotecas:

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

45 Flickr <http://www.flickr.com>

Page 30: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

• Colocarnos dentro da "movida", formar parte de eso que chamamos Web 2.0: compartir!

• Conseguir un sistema de almacenamento de imaxes enorme e completo.

• Crear una atmósfera dinámica para etiquetar, comentar e fomentar esa cultura da colaboración.

• Razóns para ter unha conta en Flickr:

          Para exhibir de maneira sinxela un sistema rotativo das fotos da biblioteca.

Para promover as actividades dos usuarios e da biblioteca. Para crear coñecemento e promover talleres, actividades, en

conxunto con todas as bibliotecas do Consorcio. Para compartir imaxes do traballo diario do persoal e transmitir

transparencia nas nosas tarefas. 

Stephens recopila varias maneiras de empregar Flickr nas bibliotecas46:

• Dar publicidade a todos os acontecimentos da biblioteca con fotos das actividades e participantes.

• Mostrar unha colección de fotografías históricas da cidade, dos habitantes, dos edificios máis singulares, da universidade, e incluso das propias bibliotecas.

• Destacar todos aqueles servizos bibliotecarios extras como, por exemplo, bibliobuses, préstamo a domicilio para enfermos ou discapacitados, servizos á carta, etc e engadir fotos de todo o persoal implicado.

• Mostrar os libros e recursos máis singulares dos fondos das bibliotecas.

• Facilitar unha visita virtual a todas as instalacións da biblioteca.

• Poñer a vista unha galeria de fotos do persoal da biblioteca.

¿Como sacar partido de Flickr nas Bibliotecas do Consorcio?

Hai moitas imaxes que non encaixan ben colgalas no sitio web da biblioteca, estarían fora de lugar dedicarlles un espacio para elo, pero en cambio poden ser un bo complemento que os usuarios poidan acceder a

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

46 Stephens, Michael. Steal this Idea: Flickr for Librarians en Tame the Web [en liña] <http://tametheweb.com/2006/09/steal_this_idea_flickr_for_lib.html> [Consulta 20/01/2008]

Page 31: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

unha colección de fotos da biblioteca, do persoal, das actividades e conferencias, exposicións, etc a través da conta en Flickr.

Aquí é onde Flickr pode ser de gran utilidade, empregándoo para colgar fotos de:

• Cambios no espazo físico (señalizacións, mobiliario, reorganización...)

• Acontecementos: visitas, exposicións, firma de libros, récords de usuarios, etc

• Cousas que queremos destacar: algunha obra en xeral, novidades e recén chegados, espazos de estudo, un novo servizo, unha nova base de datos de consulta...

Non podemos esquecer que a aplicación de todo isto ten como fin o poder compartir todo o noso universo ao resto do mundo, a calqueira, en calquera sitio e en calquera momento. Isto é ser unha biblioteca 2.0.

Exemplos de Bibliotecas Universtarias que usan Flickr

Entre as bibliotecas universitarias que empregan Flickr de maneira exemplificante, destacan:

• Dewey Graduate Library - University at Albany47.• Queen's University Library48.• Georgia State University Library49.• School of Library and Information Science at the University of South

Carolina50.• Valley Library - Oregon State University51.• Coe Library - University of Wyoming Coe Library52.• ELTE Egyetemi Könyvtár University of library53.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

47 http://www.flickr.com/photos/ualibraries/

48 http://www.flickr.com/photos/qul_photos/

49 http://www.flickr.com/photos/gsulibrary/

50 http://www.flickr.com/photos/15368932@N04/

51 http://www.flickr.com/photos/osuvalleylibrary/

52 http://www.flickr.com/photos/coelibrary/

53 http://www.flickr.com/photos/konyvtar/

Page 32: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

• Kent Library Southeast Missouri State University54.• DiMenna-Nyselius Library - Fairfield University55.• Curtin University Library56.• Bethel University Library: Your portal for academic resources57.• Health Sciences Library Stony Brook University58.• University of Texas Health Science Center59

Ilustración 10. Exemplo de álbum en Flickr da Valley Library

Youtube

YouTube é un sitio web que permite aos usuarios subir, ver e compartir clips de vídeos. Tivo un gran impacto na cultura popular, gañando o premio ao “invento do ano” no 2006 e xa se convertiu nun medio de difusión indispensable para a difusión de fenómenos en internet.

Incluso foi empregado por personalidades como Tony Blair para enviar a súa mensaxe de felicitación ao novo Presidente de Francia Nicolas Sarkozy.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

54 http://www.flickr.com/photos/kentlibrary/

55 http://www.flickr.com/photos/dnlibrary/

56 http://www.flickr.com/photos/curtinuniversitylibrary/

57 http://www.flickr.com/photos/bulibrary/

58 http://www.flickr.com/photos/hslibrary/

59 http://www.flickr.com/photos/uthscsalibrary/

Page 33: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

As bibliotecas universitarias deben integrarse no entorno social que as rodea, e implicarse e servir á comunidade no máis amplio sentido do termo, e con Youtube temos nas mans unha exitosa ferramenta para dar visibilidade as bibliotecas universitarias, máis alá da propia universidade, levar os nosos servizos a sociedade na que vivimos, etc.

Youtube nas bibliotecasO uso de Youtube está ao alcance de calquera, e os videos subidos a

plataforma teñen gran impacto nos medios de comunicación, entón, ¿por que non aproveitar o videoblog nas bibliotecas universitarias?

Posibles aplicacións de Youtube en bibliotecas

• Charlas sobre libros.• Orientación bibliográfica.• Exposicións.• Entrevistas.• Películas sobre acontecementos.• Tutoriais (do tipo ¿como empregar o catálogo?, ¿como se fai unha

bibliografía?).• Traballo cotidiano nas bibliotecas, que os usuarios non ven e que é

recomendable mostrar.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Page 34: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Ilustración 11: Youtube como ferramenta explicativa: guías de usuario de bases de datos, buscas bibliográficas, uso do catálogo, etc

Exemplos de bibliotecas que usan Youtube• Bibliotecas da Universidade de Sevilla60. • Wiliams College Library61.• Orange County Library System62.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

60 Video promocional: http://www.youtube.com/watch?v=pdtc3YvKO_M&eurl=http://smsevilla.wordpress.com/2008/02/26/biblioteca-universitaria-de-sevilla/

61 Tour virtual http://es.youtube.com/watch?v=i-t0LHnw-fc

62 http://youtube.com/watch?v=t7Ux0sHxa4Q

Page 35: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Redes sociaisUnha rede social é aquel servizo web que, no marco da chamada web

social ou web 2.0, permite aos individuos construír un perfil público ou semi-público dentro dunha plataforma en liña a través da cal é posible comunicarse de diversos xeitos.

Esta plataforma é capaz de mostrar ademais as relacións con outros usuarios en forma de grafo. Este mesmo termo emprégase tamén en referencia a aqueles sitios da web social que tamén incorporan a posibilidade de crear redes de contactos, aínda que non sexa esta o seu principal obxectivo, como Flickr, del.icio.us ou YouTube.

Existen dous tipos de redes sociais segundo o obxecto dos seus contactos: de carácter persoal ou profesional. Redes sociais de carácter fundamentalmente persoal, aínda que o seu uso pode ser moi variado, serían MySpace1, Orkut2, Facebook3, Friendster4, etc. Redes de carácter profesional son LinkedIn5, Xing6 e Neurona7, esta última propiedade de Xing.

Aínda que o seu uso no noso país non está aínda tan popularizado como noutros países (en Alexa a primeira no ranking español, MySpace, ocupa a posición número 16, seguida de Facebook no 18), móstrase unha certa presenza de profesionais que as empregan máis ou menos activamente.

Uso das redes sociais en BibliotecasO seu uso por parte dos bibliotecarios é dobre: os bibliotecarios poden

establecer contactos con outros colegas e crear grupos a través das redes profesionais ou outras, e desde a biblioteca é posible empregalas como unha plataforma a través da cal manter contacto cos usuarios.

Un exemplo son algunhas bibliotecas estadounidenses que, dada a gran popularidade de MySpace entre os adolescentes do seu país, decidiron

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

1 http://www.myspace.com/

2 http://www.orkut.com

3 http://www.facebook.com/

4 http://www.friendster.com/

5 http://www.linkedin.com/

6 http://www.xing.com/

7 http://www.neurona.com/

Page 36: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

achegarse a eles creando o seu propio perfil, como a Hennepin County Library8 e outras9.

Ilustración 12: MySpace da Hennepin County Library

As posibilidades son moitas: maior visibilidade, pois a biblioteca dispón dun espazo máis no que mostrarse; aumenta a comunicación en ámbalas direccións, dando así aos usuarios a posibilidade de comunicarse connosco; intercambio de información en distintos formatos: imaxes, vídeos, texto (é posible a creación de blogs), e un longo etcétera.

¿Por que deben as Bibliotecas do Consorcio ter un perfil nas redes sociais?

• Para estar onde están os seus usuarios.• Para publicitar os seus servizos e actividades.• Para obter feedback dos usuarios.• Porqué “mola”, é cool, está de moda.

As bibliotecas de Ciencias da Universidade Yale, teñen gran presenza nas redes sociais máis coñecidas: Facebook, Twitter, MySpace, Flickr... e incluso dipoñen dunha sección na súa web chamada Social Networking:

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

8 http://www.myspace.com/hennepincountylibrary

9 http://www.libsuccess.org/index.php?title=MySpace_%26_Teens

Page 37: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Tamén atópanse exemplos da inclusión das bibliotecas en redes sociais de marcado colaborativo de lugares favoritos: restaurantes, museos, locales de moda... como sucede en 11870:

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Page 38: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Ilustración 13: OBA Bibliotheken Openbare recomendada en 11870 http://11870.com/pro/63322

FacebookFacebook é o gran éxito na creación de redes de servizos sociais

destinado aos estudantes universitarios, proporciona pistas sobre como as bibliotecas académicas poden aplicar os servizos da Web 2.0 nos seus organismos.

Cun alto porcentaxe dos estudantes usando Facebook en moitas universidades, o efecto de rede é moi forte. Ademais, Facebook está alimentado polas contribucións de usuarios. Os usuarios non só crean perfís persoais, tamén poden alentar a subir fotos e etiquetas, comentar os perfís doutros usuarios, crear grupos, e xestionar invitacións e eventos.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Page 39: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Ilustración 14: Espazo en Facebook da Biblioteca Universitaria de Ciencias da Saúde da Universidade de Stony Brook

Ning e aplicacións para crear software social

Ning é un servizo online que permite crear, personalizar e compartir redes sociais. A diferencia co resto de servizos aquí descritos é que nós somos o que creamos e xestionamos a rede social.

As posibilidades que abre esta ferramenta son moitísimas. Un exemplo é a creación dunha rede pechada de profesionais das bibliotecas que permita o intercambio privado de información entre ese colectivo ademais de fortalecer os seus vínculos comúns.

Ademais de Ning, na rede dispoñemos dunha grande cantidade de aplicacións de software libre que nos permiten crear as nosas propias ferramentas de software social. No seguinte enderezo (http://w w w . m a x k i e s l e r . c o m / i n d e x . p h p / w e b l o g / c o m m e n t s /40_downloadable_open_source_social_software_applications) hai un listado de 40 aplicacións Open source para ese propósito.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Page 40: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Mensaxería instantánea

O servizo e referencia tradicional ofertado polas bibliotecas, ten agora na Web 2.0 novas oportunidades para renovarse e ampliar a súa oferta grazas a mensaxería instantánea e o chat.

No noso país seis Bibliotecas da Universidade de Sevilla12 téñenno implementado dentro do apartado “Pregunte al bibliotecario” da súa web. O seu éxito radica fundamentalmente en que os estudiantes, que de modo natural móvense e comunícanse a través de Internet por medio de servizos de mensaxería tan difundidos como o Messenger, ven moito máis fácil, rápido e cómodo, lanzar as preguntas ou dúbidas aos bibliotecarios, sen necesidade de ter que desplazarse fisicamente á biblioteca, ou de cubrir un formulario.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

73 http://www.library.yale.edu/science/textmsg.html12 http://bib.us.es/servicios/pregunte/index-ides-idweb.html

Page 41: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Ilustración 15: Pregunte al bibliotecario. Universidade de Sevilla

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Page 42: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Outras ideas 2.0 para bibliotecas

Plataformas móbiles

Cada vez son máis os usuarios que dispoñen dun teléfono móbil, todos, ou case todos, temos o móbil dispoñible a maior parte do día e a noite e esa baza poder ser aproveitada polas bibliotecas para prestar servizos a través desta plataforma. O envío de novas, alertas, avisos da chegada dun documento solicitado, o cambio de horario da biblioteca, o vencimento dos préstamos, o aniversario dun científico, etc por medio dun SMS ao usuario é algo fácil e barato que xa se está a facer en moitas bibliotecas10. Este servizo é fácil levalo a práctica de maneira gratuita, por medio de Twitter.

Cómpre destacar a Biblioteca Universitaria de Yale que dispón dunha sección na súa web11 adicada integramente a prestar servizos por medio de mensaxes móbiles:

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

10 http://www.bcl.jcyl.es/CORREO/plantilla_seccion.php?id_articulo=1519&id_seccion=3&RsCorreoNum=98

11 http://www.library.yale.edu/science/textmsg.html

Page 43: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Biblioteca da Universidade de Michigan1:

Ilustración 16: Pregúntenos, Universidad de Michigan: Chat, email, teléfono, en persona

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

1 http://www.lib.umich.edu/askus/

Page 44: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Bibliotecas Universitarias de Washington:

Ilustración 17: University Libraries Instant Messaging. Todo o persoal dispon dalgunha conta de IA

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Page 45: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Ilustración 18: University Libraries Instant Messaging. Todo o persoal dispon dalgunha conta de IA

Opac social: O catálogo bibliográfico na Biblioteca 2.0

A integración das tecnoloxías e a filosofía da web 2.0 nas bibliotecas ten un das súas máximas consecuencias na aparición do OPAC 2.0 ou OPAC social, "aquel que implementa as funcionalidades do software social"2, é dicir, a transformación do ríxido catálogo tradicional nun máis familiar para o usuario e no que poida participar etiquetando os seus recursos ou cos seus comentarios e valoracións, ao máis puro estilo de servizos que, como Amazon, LibraryThing ou CiteULike, aproveitan a intelixencia colectiva dos seus usuarios para incrementar o valor dos seus recursos, de forma que canto máis xente os utilice máis enriquecidos veranse.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

2 Margaix-Arnal, Dídac (2007) El OPAC Social, el catálogo en la Biblioteca 2.0. Aplicación y posibilidades en las bibliotecas universitarias. In Proceedings 10as Jornadas Españolas de Documentación, pp. 199-205, Santiago de Compostela (Spain). Dispoñible en < http://eprints.rclis.org/archive/00011103/01/final-opac-social.pdf >

Page 46: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Ilustración 19: Esquema de Didac Margaix de cómo traballa o OPAC Social

As interfaces gañan en simplicidad e facilidade de uso aproveitando a estética dos servizos 2.0, que probaron ser máis amigables e están adquirindo unha gran popularidade.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Page 47: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Ilustración 20: Prototipo de OPAC Social de Didac Margaix, exemplo dun rexistro

Michael Casey, creador do concepto library 2.0 en setembro de 2005 pide un OPAC do século XXI3:

Quero ver os meus favoritos, os meus títulos gardados, o meu historial de procura. Quero ser capaz de escribir reseñas e facer suxestións. Quero engadir amigos a miña rede social e deixarlles ver a miña reseñas e o que me gustou e non me gustou. Quero construir un agregador personalizable para facer listas, un lugar para tomar notas e gardar arquivos, e acceder a iso desde calquera computador en calquera parte do mundo, non só desde a miña biblioteca. Todo esto existe, todo esto é a Web 2.0. Mira Netvibes, Flickr, NetFlix, Backpack, e moitos outros desenvolvementos de Ajax.

Casey Bisson, autora dun prototipo de OPAC baseado en Wodpress4, defende que:

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

3 Casey, Michael. Where´s my Opac Browser? [en liña] <http://www.librarycrunch.com/2005/09/wheres_my_opac_browser.html> [Consulta 20 Febreriro 2008]

4 Bisson, Casey. Designing an OPAC for Web 2.0 [en liña] <http://maisonbisson.com/blog/post/11096> [Consulta 20 Febreriro 2008]

Page 48: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Os catálogos de bibliotecas deberían ser como WordPress. Isto quere dicir que cada entrada debe soportar comentarios, trackbacks, e pingbacks. Cada rexistro debe ter o seu propio permalink. O contido debe ser tag-able. A aparencia debe ser facilmente personalizable con distintas plantillas. Cada cousa debe estar dispoñible via RSS.

Ilustración 21: Exemplo dun rexistro bibliográfico no OPAC Social, en beta, baseado en WordPress

Algúns exemplos de OPAC social son os da biblioteca da Universidade de Pensilvania5, que permite aos seus usuarios etiquetar con tags os recursos do catálogo, a Ann Arbor District Library6, que ademais implementou a posibilidade de engadir comentarios e asignar unha puntuación, ou o WPOPAC (imaxen 23), que adopta unha estética de blog.

Estado da arte e casos de éxito da Biblioteca 2.0

Na actualidade contamos xa con alguns exemplos webs de bibliotecas7 que apostan polas ferramentas da Web 2.0 e teñen conciencia do que implica ser unha Biblioteca 2.0.

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

5 http://tags.library.upenn.edu/

6 http://www.aadl.org/catalog

7 É salientable o servizo de recomendación de sitios web “ben diseñados” de bibliotecas: http://libsite.org/

Page 49: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

� Hennepin County Library http://www.hclib.org/pub/

� Ann Arbor District Library http://www.aadl.org/

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Page 50: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

� Lamson Library http://library.plymouth.edu/

� Kelvin Smith Library http://library.case.edu/ksl/index.html

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Page 51: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

� Oberlin College Library http://www.oberlin.edu/library/reference/im.html

� Biblioteca del Congreso Nacional de Chile http://www.bcn.cl/

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Page 52: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

� Biblioteca Púbica de Phoenix: http://www.phoenixpubliclibrary.org/index.jsp

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Page 53: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

Conclusións

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane

Page 54: Proxecto de estudo BIBLIOTECA 2.0

O concepto de “Biblioteca 2.0” é o nome dado ás bibliotecas que aproveitan as ideas e aplicacións da Web 2.0: políticas e servizos para promover a participación activa da comunidade na creación de contidos (reseñas de libros), servizos de recomendacións, asignando descriptores a materiais (fotos, vídeo, texto), e bibliografía compartida (delicious).

As bibliotecas, como entes de servizos teñen agora a oportunidade de sacar partido das ferramentas tecnolóxicas dispoñibles na rede e renovar os servizos de información a través de plataformas que estimulen a participación e permitan a xestión de contornos colaborativos. Debemos entregar parte do control ao usuario: liberdade e capacidade de interactuar, fomentar e aproveitar a intelixencia colectiva.

Polo xeral as páxinas webs das bibliotecas son estáticas, sen fluxos e movementos, pero estas deben ser todo o contrario, os usuarios deben ter voz nas páxinas institucionais cheas de bases de datos, horarios, tutorías, etc, aburridas e paralizadas per se, sen capadidade para atraer as novas xeracións de universitarios que están acostumados a rapidez e fluidez das novas ferramentas de Internet.

Pero as ferramentas tecnolóxicas propias da Web 2.0 non son nada sen antes non logramos un cambio de actitude, o rol dos recursos humanos é fundamental. O soño dunha biblioteca 2.0 só é posible con profesionais bibliotecarios alfabetizados e concienzados no uso de ferramentas propias da Web 2.0: bibliotecarios capaces de adecuarse á realidade dos nosos usuarios e de evolucionar cos cambios do contorno.

Como dicía Tim Berners Lee, xa no 2004,

Internet é un espazo de colaboración onde aínda quedan unha chea de cousas por facer. A nosa única limitación é a imaxinación. Todos temos a esperanza de que o mundo poida ser un lugar mellor onde vivir e a tecnoloxía pode colaborar para que isto suceda.

Bibliografía

Toda a bibliografía consultada, así como a recomendación de recursos e ferramentas, aparece referenciada e convenientemente etiquetada na conta de Del.icio.us:

http://del.icio.us/ebugalicia

Proxecto de estudo para Bugalicia

Galinus Comunicación en Internet e Catuxa Seoane