proxecto biblio 3

20
0 R/ Federico García Lorca, nº 18 Vigo (Pontevedra) C.P. 36210 ,Vigo (Pontevedra) TF: 986 238043 Fax: 986 203721 Email: [email protected]

description

proxecto biblioteca pintor laxeiro definitivo

Transcript of proxecto biblio 3

Page 1: proxecto biblio 3

0

R/ Federico García Lorca, nº 18 Vigo (Pontevedra)

C.P. 36210 ,Vigo (Pontevedra)

TF: 986 238043

Fax: 986 203721

Email: [email protected]

Page 2: proxecto biblio 3

1

GUIÓN

TÍTULO DO PROXECTO::”UNHA ILUSIÓN COMPARTIDA”

0. XUSTIFICACIÓN.

1. ANÁLISE DA SITUACIÓN DE PARTIDA E O SEU CONTEXTO.

2. ANÁLISE DAS NECESIDADES DE RENOVACIÓN E ACTUALIZACIÓN DOS FONDOS

DOCUMENTAIS.

3. OBXECTIVOS.

4. TIPO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO.

5. ACTUACIÓNS POR TRIMESTRE.

A. XESTIÓN TÉCNICA E ORGANIZACIÓN.

B. DINAMIZACIÓN.

Formación de usuarios.

Fomento da lectura e escritura.

Apoio ao desenvolvemento do Proxecto Lector de centro e outros

programas/proxectos de aula/centro.

Educación para o acceso á información (tratamento da información e competencia

dixital).

Apoio ao estudo ou outras actividades desde a biblioteca para a compensación das

desigualdades sociais.

Difusión dos recursos dispoñibles na biblioteca.

Accións para a integración da cultura impresa/cultura dixital.

6. HORARIO PREVISTO DE ATENCIÓN ESPECÍFICA (RESPONSABLE E INTEGRANTES

DO EQUIPO DE APOIO).

7. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN.

Page 3: proxecto biblio 3

2

1. XUSTIFICACIÓN.

Este proxecto xurdiu da experiencia destes últimos anos e responde á pregunta: que biblioteca

queremos?. A resposta nola dan os alumnos/as que día a día asisten e traballan nela: levando libros en

préstamo, gozando coas animacións lectoras e os conta – contos, demandando máis servizos,

axudando e colaborando na organización e na xestión; o profesorado, colaborando para levar á

práctica os programas e actividades que desenvolve e fomentando no seu alumnado o pracer que

causa a lectura; e as familias, indo cos seus fillos á biblioteca para ler en familia; o Equipo Directivo,

que sen o seu apoio non sería posible transformar a biblioteca nun espazo vivo.

Entendemos a Biblioteca como un centro de recursos e un entorno de aprendizaxe útil para a

realización de intervencións didácticas relacionadas con todas as áreas curriculares, para ser eficaz e

ser significativa e así conseguir obxectivos claros e definidos, fundamentalmente no que se refire ás

prácticas lectoras, escritoras e as habilidades intelectuais do noso alumnado.

Temos unha biblioteca con un aceptable espazo físico e con bos materiais, pero ademais queremos

seguir na liña desenvolvida: que sexa un medio dende o que o profesorado, alumnado e familias

estean dispostos a seguir transformándoa con compromiso, colaboración, autocrítica.

O noso ámbito de acción se concreta en:

Xestión e dispoñibilidade dos recursos documentais.

Articulación de servizos e programas.

A promoción e comunicación dos seus recursos e programas.

A cooperación e a coordinación co equipo docente.

Page 4: proxecto biblio 3

3

2. ANÁLISE DA SITUACIÓN DE PARTIDA DA BIBLIOTECA E O SEU CONTEXTO.

O C.E.I.P. Pintor Laxeiro está situado na zona da Florida, en Vigo, preto da zona comercial de

Travesas. É un centro de 18 unidades: 6 de Educación Infantil e 12 de Educación Primaria.

Conta ademais con aulas específicas: 2 Aulas de apoio – P.T. e A.L.-, Departamento de

Orientación, Aula de Psicomotricidade, Ximnasio, Aula de Música, Aula de Relixión, Aula de

Audiovisuais, Biblioteca, Aula de Informática e 2 aulas de Lingua Inglesa.O seu alumnado

procede da zona e conta con alumnado inmigrante.

A BIBLIOTECA.

1. Organización do espazo.

1.1 Biblioteca central. Está situada na primeira planta do edificio escolar e conta con 60 metros

cadrados de superficie. Ten dous espazos: un dedicado a educación Infantil e Primeiros

Lectores, e outra para o resto do alumando.

1.2. Outros espazos. Todas as aulas dispoñen de bibliotecas de aula, a maioría ben dotadas e con

bo funcionamento. Os seus fondos aínda están sen catalogar na Biblioteca Central así coma

outros fondos que están na Sala de Profesores e que son fundamentalmente libros para adultos,

revistas e xornais.

Na Aula de Audiovisuais está todo o material correspondente a esta área. Na actualidade está

todo inventariado mais tamén está pendente de que estes recursos estean centralizados no

programa de xestión MEIGA. Falta tamén por inventariar e catalogar o material da Aula de

Informática. Nesta aula atopamos programas educativos para as diferentes áreas curriculares.

2. Organización do tempo:

A partir do curso 2.008/2.009 a Biblioteca conta cun equipo para xestionala e dinamizala. Este

encárgase de xestionar, e xunto con profesorado colaborador, realizamos tamén actividades de

animación lectora e conta - contos. Este equipo dispón dun horario fixo semanal. Unha vez á

semana a coordinadora reúnese coas coordinadoras de Normalización Lingüística e de

Page 5: proxecto biblio 3

4

Actividades Extraescolares e Complementarias. Un martes de cada mes reúnese para dar

cumprimento ao programa establecido e avaliar as actividades desenvolvidas.

Todas as titorías dispoñen dun horario fixo á semana. Cada titora realiza actividades de lectura

co grupo, de animación lectora e/ou de conta – contos, segundo o Proxecto Lector de centro.

O Plan Proa tamén dispón dun horario polas tardes para todas aquelas actividades xa reflectidas

na memoria.

O servizo de préstamo e devolución de libros e outros materiais realízase en horario lectivo

polas titoras, e en horario de tarde polo profesorado que estea de garda. Todo o profesorado

realiza esta función seguindo o programa de xestión da biblioteca.

3. Recursos:

O Fondo.

No curso 2.008/2.009 fíxose un segundo expurgo dos fondos e materiais didácticos. O fondo de

libros catalogado está principalmente na Biblioteca, mais hai outro que está distribuído na Sala

de Profesores e na Aula de Audiovisuais. Os libros das diferentes bibliotecas de aula e diversos

materiais curriculares están sen catalogar de forma centralizada na biblioteca, polo que é un

obxectivo a traballar o próximo curso.

Traballamos co programa de xestión BIBLIO, moi básico, e co programa MEIGA que xa está

instalado nun dos dous ordenadores de que dispoñemos. Empezamos a introducir a base de

datos no curso actual.

A Biblioteca conta na actualidade con 5.489 libros organizados en andeis por cores. Neste

curso, estamos adaptando a CDU coas cores. A maioría son libros de literatura infantil e xuvenil

orientados ao alumando, dominando a narrativa. Tamén para o alumnado está as seccións de

Ciencias Naturais, historia e banda deseñada.

Page 6: proxecto biblio 3

5

Contamos con libros e materiais didácticos específico de lingua galega, recompilados ao longo

dos anos e relacionados con Normalización Lingüística; dicionarios de lingua galega e castelá,

enciclopedias e diversos libros de consulta, tanto para o profesorado como para o alumnado.

Os Soportes.

Todo os libros atópanse en andeis baixos para o alumnado de infantil. O resto está distribuído en

andeis altos: andeis antigos e xa vellos e seis andeis enviados pola Consellería o curso

2.007/2.008. Como a biblioteca está dividida en dous espazos, no medio deles hai un expositor

móbil e dúas mesas que serven para a exposición de novidades.

Unha zona está dedicada a educación infantil e primeiros lectores. Conta co chan cuberto, mesas

redondas, un teatro de monicreques. Zona preparada para a realización de actividades de

animación lectora e conta - contos. A outra zona está deseñada para o resto do alumnado e para

o traballo do profesorado e conta con cinco mesas rectangulares e as súas cadeiras. Nesta zona

sitúase a mesa co ordenador de xestión do programa BIBLIO e outra mesa con outro ordenador

co programa MEIGA.

Outros elementos.

A Biblioteca está decorada con cores vivos e complétase con outros elementos decorativos:

bonecos, cestos, un pequeno baúl…O Equipo Directivo dotounos cunha pantalla e un canón.

Dispoñemos de tres cortizas (xa explicado o seu uso na Memoria).

4. Persoas.

Cando falamos de persoas relacionadas coa Biblioteca referímonos a todos os que participan nas

actividades do colexio: o Equipo Directivo, o profesorado, o alumnado, e as familias, que tanto

poden axudar á creación do hábito lector; escritores, editoriais…

Page 7: proxecto biblio 3

6

Equipo de Biblioteca.

O Equipo de Biblioteca elabora ao principio de curso a Programación de Biblioteca que se

incorpora á P.X.A. Os nosos esforzos céntranse na implementación de distintas actividades que

articúlanse para todo o centro en colaboración con todo o profesorado.

As súas funcións e responsabilidades están reflectidas nas Normas de Biblioteca.

Dispoñemos dun horario específico e que se reflicte na P.X.A.

Durante o actual curso escolar o Equipo de Biblioteca está constituído polas

seguintes profesoras:

Coordinadora: Mª Dolores Crespo Couselo.

Membros: María Araújo Rodríguez ; Mª Berta Franco Chouza; Mª Isabel García Vázquez; Mª

Dolores González Torres; Mª Begoña Jara Segura; Mª del Carmen Otero Campos.

En total sete profesoras das diferentes etapas e ciclos que constitúen uns recursos humanos que

en número son imprescindibles para xestionar e dinamizar as actividades, distribuíndo as

funcións para que o traballo sexa máis operativo e áxil.

3. ANÁLISE DAS NECESIDADES DE RENOVACIÓN E ACTUALIZACIÓN DOS FONDOS

DOCUMENTAIS.

Fondos con soporte multimedia, de imaxe e de son.

Subscricións a revistas infantís, e a revistas para o profesorado.

Aumentar o fondo de lingua inglesa.

CDS en lingua galega e lingua inglesa.

Page 8: proxecto biblio 3

7

4. OBXECTIVOS.

Como queda reflectido na xustificación deste proxecto, concibimos a Biblioteca como un centro de

recursos e un entorno de aprendizaxe útil, ademais de funcionar como unha biblioteca tradicional cos

seus materiais impresos e/ou de todo tipo. Neste sentido facemos nosos os obxectivos que a

UNESCO establece :

Organizar e xestionar os recursos para que sexan máis accesibles, facilmente identificables e

utilizables.

Ampliar os recursos documentais da biblioteca e equilibrar o fondo.

Establecer mecanismos de coordinación co profesorado e cos equipos docentes para a escolla

de materiais e outros recursos.

Proporcionar un continuo apoio ao proceso de ensino – aprendizaxe e así impulsar o cambio

educativo.

Apoiar ao profesorado no desenvolvemento do Proxecto Lector e Escritor do centro.

Difundir os fondos da biblioteca e facer que circulen.

Conseguir que a biblioteca sexa un referente na vida do centro.

Recompilar todos os documentos repartidos en diferentes dependencias.

Apoiar e complementar o traballo de aula.

Elaborar proxectos puntuais e apoiar os que se propoñan por outros equipos docentes.

Promover a dinamización cultural.

Promover o uso da biblioteca escolar e as bibliotecas de aula segundo o Proxecto Lector.

Establecer canles de comunicación estables que permitan accións de difusión e promoción.

Promover a cooperación e coordinación con organismos externos.

Page 9: proxecto biblio 3

8

5. TIPO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO.

Para lograr os obxectivos anteriores seguiremos desenvolvendo as acción destes cursos pasados

intentando avanzar e mellorar a nosa práctica educativa e que sintetizamos así:

Aplicación do Proxecto de Biblioteca que vimos desenvolvendo dende cursos pasados e

adaptarnos aos cambios que xorden coa práctica.

A biblioteca dispón dun espazo agradable – aínda que mellorable - , con fondos axeitados

e con materiais curriculares que están a disposición do profesorado.Dispón de elementos

organizativos do espazo físico: sinalización dos andeis por cores.Realizamos o tratamento

de rexistro – informatizado - , selado e forrado.

Dispoñemos de presuposto do centro para a adquisición de materiais.

Hai un horario específico á semana para todas as titorías e contemplado na P.X.A.

Funciona un Equipo de Biblioteca cun horario específico para xestionala e dinamizala.

O alumnado ten un carné lector e colabora na organización e na dinamización.Os pais/nais

acompañan aos seus fillos (Educación Infantil e Primeiro Ciclo) á Biblioteca polas tardes

para ler e/ou coller libros en préstamo.

As Normas da Biblioteca xa están elaboradas e aprobadas. Mantemos a carteleira

actualizada con información ao profesorado, alumnado e ás familias

Colaboramos con outros equipos en actividades e proxectos, e coa revista do colexio.

Colaboramos coas editoriais, co Concello e con Fundacións con sesións de conta – contos

e de animación lectora.

Coordinamos o Proxecto Lector e Escritor do centro.

Aportamos información ao profesorado das novas adquisicións, de lecturas e/ou

coleccións recomendadas: sobre todo referidas a valores, ou a materias curriculares.

Publicamos Boletíns de Biblioteca e Guías de Lectura trimestrais, e as difundimos ás

familias.

Page 10: proxecto biblio 3

9

6. ACTUACIÓNS POR TRIMESTRE.

A/. XESTIÓN TÉCNICA E ORGANIZACIÓN:

1. XESTIÓNAR E ORGANIZAR OS RECURSOS PARA QUE SEXAN ACCESIBLES, IDENTIFICABLES E UTILIZABLES. INICIAIVA

ACTIVIDADES

RESPONSABLES

TEMPO

1. Mellorar o espazo físico.

1.1. Solicitaremos inversión para cambiar o mobiliario.

Equipo de

Biblioteca.

Dende o

primeiro trimestre.

2. Poñer o texuelo aos libros catalogados no programa Meiga.

2.1. Aplicaremos os criterios adaptados a nosa biblioteca. 2.2. Distribuiremos os materiais por categorías.

Equipo de Biblioteca.

Titores/as para as biblioteca de aula.

Primeiro

trimestre.

3. Informatizar as novas adquisicions. 4. Reorganizar os fondos seguindo a CDU

3.1. Rexistro. 3.2. Selado. 3.3. Colocación do texuelo. 3.4. Forrado. 4.1. Reorganizaremos os andeis seguindo a CDU adaptada.

Equipo de Biblioteca.

Profesorado colaborador

Alumnado do 3º ciclo colaborador

Equipo de Biblioteca..

Todo o curso.

Primeiro trimestre.

5. Seleccionar os materiais seguindo as suxestións do profesorado e do alumnado

5.1. Nas reunións de ciclo. 5.2. Confección dun cartel con LIBROS – LAPA (libros inseparables).

Profesorado. Alumnado. Equipo de Biblioteca.

Cada trimestre. O Equipo de biblioteca

Page 11: proxecto biblio 3

10

B/. DINAMIZACIÓN.

Formación de usuarios.

1.Formar usuarios independentes no uso da información. INICIATIVAS

ACTIVIDADES

RESPONSABLES

TEMPO

1. Coñecer a biblioteca.

1.Realizar visitas guiadas. 2. Xogos de simulación para ensinar a ubicación, organización, clasificación e as Normas

Equipo de Biblioteca. Titores e especialistas

Primeiro trimestre.

2. Buscar e localizar información.

2.1 Contar un conto a partir dun personaxe ou ilustración. 2.2.Redactamos entre todos un texto coas impresións, despois da visita. 2.3. Interpretamos os texuelos.

Titorías. Equipo Biblioteca. Especialistas.

Primeiro trimestre.

3. Usar os documentos.

3.1.Seleccionamos libros con imaxes cotiás. 3.2. Opinamos sobre as imaxes dun libro. 3.3. Describimos a imaxe dun libro. 3.4.Distinguimos tipos de informacións nun libro (gráficos, fotos,mapas…)

Titorías. Equipo biblioteca. Especialistas.

Todo o curso.

4. Elaborar un proxecto a longo prazo para o uso da biblioteca en proxectos de aprendizaxe formais e informais (Terceiro ciclo de primaria).

4.1.Actividades para desenvolver contidos instrutivos: a orde alfabética, ordenación e clasificación, selección, organización e representación das ideas principais…

Equipo Biblioteca en coordinación cos Equipos de Ciclo e os especialistas. Comisión Coordinación Pedagóxica.

Terceiro Trimestre.

Page 12: proxecto biblio 3

11

Fomento da lectura e escritura.

1. Transformar a biblioteca nun centro de recursos para apoia a aprendizaxe activa de todas as áreas e niveis. INICIATIVAS

ACTIVIDADES

RESPONSABLES

TEMPO

.1. Favorecer cambios organizativos e metodolóxicos.

1.1.Elaborar un calendario de uso da biblioteca –como estes anos- tendo en conta as programacións de cada nivel.

Todo o profesorado

Primeiro Trimestre.

2.Accións que unan ao alumnado coa biblioteca.

2.1. Carné da biblioteca. 2.2. Carné lector. 2.3.Elaboraremos materiais – recordo da biblioteca (pegatinas, pins, diplomas…) 2.4.Axudantes de biblioteca (terceiro Ciclo). 2.5. Creacións colectivas de libros, contos, cómics.. 2.6. Servizo de préstamo. 2.7.Realizacións plásticas relacionadas cn algún autor, tema, conmemoración, proxecto… 2.8.Maleta viaxeira (Ed.Infantil). 2.9.Actividades para o mes do libro: O Retrato lector (agasallo). 2.10. Escribir poemas, citas, notas, debuxos…no libro “EU QUERO CONTAR”.

Equipo Biblioteca. Equipo de biblioteca

en coordinación co profesorado e equipos.

Equipo de biblioteca

Todo o curso.

Terceiro trimestre.

Todo o curso.

3.Accións de uso habitual da biblioteca.

3.1.Apertura diaria en horario lectivo e pola tardes. 3.2. Servizo de préstamo. 3.3.Actividades de Animación lectora para compartir experiencias lectoras. 3.4.Club de lectores. 3.5. Préstamos en bloque a un curso/nivel.

.Equipo de biblioteca. Profesorado.

Todo o curso.

Page 13: proxecto biblio 3

12

Apoio ao desenvolvemento do Proxecto Lector e Escritor de centro e a outros

programas/proxectos de aula/centro .

1. Potenciar un novo estilo docente ofrecendo recursos ao libro de texto. INICIATIVAS

ACTIVIDADES

RESPONSABLES

TEMPO

1. Procurar que o alumnado constrúa proxectos de lectura con motivación variada.

1.1. Relacionadas coa lectura por pracer, por deber, por interese e por necesidade.

Titorías. Equipo de Biblioteca (asesorando)

Todo o curso.

2. Realización de actividades puntuais.

2.1.Participación en actividades programadas: conta – contos, encontros con escritores. 2.2.Participación nas conmemoracións nas que participa o centro e que coordinan os diferentes equipos (P.X.A.).

Equipo de Biblioteca. Equipo de Biblioteca. Outros equipos de coordinación docente.

Repartidas nos tres trimestres.

3. Realización de producións escritas.

3.1. Realización de DIARIOS DE SAÍDAS culturais realizadas durante todo o curso. Logo podemos encadernalos e formar parte da biblioteca. 3.2. LIBRO VIAXEIRO.

Equipo de Biblioteca en coordinación coas titorías.

Equipo de Biblioteca.

Nos tres trimestres.

Segundo e terceiro trimestre (rematado no mes de abril).

4. Exposición. Cada aula escolle un libro (Itinerarios Lectores). As clases traballan sobre el, elaboran un mural, escriben algo significativo e realizan algún traballo plástico. Reúnese todo, e no mes de abril expoñemos todo.

Aulas. Equipo de Biblioteca.

Segundo e terceiro trimestre.

Page 14: proxecto biblio 3

13

Educación para o acceso á información (tratamento da información e competencia dixital).

1. Localizar información. INICIATIVAS

ACTIVIDADES

RESPONSABLES

TEMPO

Planificar o traballo de busca.

Comprender, analizar e interpretar criticamente os resultados dunha busca.

Identificar e seleccionar a información relevante.

Aplicar criterios para valorar a calidade da información: fiabilidade, actualización.

Comparar información de diversas fontes.

Reflexionar sobre a validez dos procesos de busca realizada.

Profesorado.

Todo o curso

Apoio ao estudo ou outras actividades desde a biblioteca para a compensación das

desigualdades sociais.

1. Colaborar co profesorado do Programa PROA INICIATIVAS

ACTIVIDADES

RESPONSABLES

TEMPO

1.Busca de información.

Redacción de artigos.

Profesorado do proxecto PROA.

Todo o curso (en horario de tarde)

2. Traballo con libros da biblioteca: comprensión lectora, expresión oral…

Redaccións Lectura colectiva. Opinións.

Profesorado do proxecto PROA.

Todo o curso (en horario de tarde)

3. Publicar as producións no blog: [email protected]

As producións escritas son supervisadas polo profesor para a súa publicación.

Profesorado do proxecto PROA

Todo o curso (en horario de tarde)

Page 15: proxecto biblio 3

14

Difusión dos recursos dispoñibles na biblioteca

1. Dar a coñecer á comunidade educativa o traballo desenvolvido. INICIATIVAS

ACTIVIDADES

RESPONSABLES

TEMPO

1. Boletíns trimestrais de biblioteca.

Información á Comunidade Educativa das actividades desenvolvidas.

Equipo de Biblioteca

Un por trimestre.

2. Guías de Lectura.

Información á C.E. de lecturas recomendadas.

- Equipo de Biblioteca.

Un por trimestre.

3. Información ao profesorado das novidades..

Información ao profesorado das novidades que vai incorporando a Biblioteca, en especial aquelas que estean relacionadas cos temas transversais.

- Equipo de Biblioteca.

Unha vez por trimestre (cando incorporemos o material dentro da xestión informática).

4. Escribir para a revista escolar ENCONTROS.

Escribiremos sobre temas relacionados coa lectura, os libros e/ou as actividades desenvolvidas na Biblioteca.

Equipo Biblioteca. Equipo das TICS.

Terceiro trimestre.

Page 16: proxecto biblio 3

15

Accións para a integración da cultura impresa/cultura dixital.

1. Utilizar medios impresos como medios para difundir a literatura infantil e xuvenil. INICIATIVAS

ACTIVIDADES

RESPONSABLES

TEMPO

1. Mantemento da cortiza exterior actualizada.

Recompilamos seccións culturais dos xornais que teñan referencias á literatura infantil e xuvenil.

Equipo Biblioteca.

Todo o curso

2.Creación do Blog da Biblioteca.

Publicaremos creacións propias.

Equipo Biblioteca.

Coordinadora Biblioteca.

Todo o curso

. 4.Creación de dossieres de prensa.E confeccionar listados de páxinas web.

Busca, clasificación

de artigos relacionados na prensa escrita.

Recompilación de ditos artigos en forma de murais, dossieres, libros, pósters…

Equipo Biblioteca.

Alumnado.

Todo o curso

Page 17: proxecto biblio 3

16

7. HORARIO PREVISTO DE ATENCIÓN ESPECÍFICA (RESPONSABLE E INTEGRANTES

DO EQUIPO DE APOIO).

HORARIO EQUIPO DE BIBLIOTECA

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

2º Dinamización ( Isabel García e Loli Crespo)

Dinamización ( Begoña Jara e Loli Crespo)

4º Dinamización (María Araújo)

Dinamización (Carmen Otero)

5º COORDINACIÓN EQUIPOS

Recreo: De luns a venres todo o Equipo de biblioteca fai quendas de recreo para a atención da biblioteca. HORARIO DA BIBLIOTECA (HORARIO LECTIVO)

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

1º PR 6º A PR 3º A IF 3 ANOS A

2º PR 4º B PR 5º A

3º PR 4º A

PR 5º B

PR 1º B PR 6º B

4º IF 5 ANOS A PR 3º B IF 5 ANOS B IF 4 ANOS B IF 3 ANOS B

5º IF 4 ANOS A PR 2º B PR 1º A PR 2º B

Page 18: proxecto biblio 3

17

8. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN.

Para avaliar este proxecto de mellora da nosa biblioteca recolleremos información cualitativa e

cuantitativa de todos os axentes implicados. Elaboraremos enquisas para comprobar:

A adquisición de hábitos adecuados no uso da biblioteca.

O coñecemento do sistema de organización dos materiais – segundo as idades -.

O grao de utilización da biblioteca na hora semanal de lectura.

A coordinación dos diferentes equipos e o grao de implicación para realizar proxectos

conxuntos.

Ao longo do curso escolar, elaboraremos indicadores, criterios ou referencias que nos permitan

coñecer diferentes aspectos:

1. Respecto ao Proxecto Lector:

Os apoios recibidos da biblioteca escolar para a súa implementación.

Grao de utilización do servizo de préstamo da Biblioteca.

A dinámica xerada pola Biblioteca escolar e a capacidade real que ten o

centro para organizar e utilizar os recursos bibliotecarios.

A aplicabilidade dos materiais dos materiais curriculares para o fomento da

lectura nas aulas e na Biblioteca escolar.

A información que ofrece a Biblioteca respecto ao desenvolvemento das

actividades programadas e a difusión das mesmas.

A cohesión, o grao de implicación e compromisos dos diferentes equipos.

Page 19: proxecto biblio 3

18

2. Respecto a alumnado:

O índice de lectura e o hábito creado: lecturas persoais, control de préstamo,

uso da Biblioteca e das Bibliotecas de aula.

O grao de autonomía do alumnado na formación de usuarios.

A valoración dos textos producidos por eles, así coma os procesos de

comprensión: comprender globalmente, obter información, elaborar

interpretacións, reflexionar sobre o contido do texto, reflexionar sobre a

estrutura co texto.

3. Respecto ao profesorado:

A inclusión dos plantexamentos deste proxecto e do uso da Biblioteca escolar

nas programacións de aula.

O cambio de actitude respecto ás metodoloxías, contidos, actuacións…

A integración dun tempo dedicado á promoción e comprensión lectora no

horario diario e en todas as materias.

A utilización de documentación.

Grao de colaboración e participación nas actividades complementarias

organizadas dende a Biblioteca.

As actividades de formación.

4. Respecto ao pais/nais:

A dispoñibilidade e o grao de implicación nas actividades de lectura dos seus

fillos.

O coñecemento dos obxectivos do programa lector a través da hora de titoría

ou nas reunións de principio de curso.

Os recursos humanos e materiais que podan aportar.

5. Respecto á comunidade (Concello, institucións públicas e/ou privadas):

A dispoñibilidade para facilitar medios, instalacións, actividades…

A colaboración coa Biblioteca Municipal.

Page 20: proxecto biblio 3

19

BIBLIORAFÍA.

“Gramática de la fantasía”. Gianni Rodari. Ediciones del Bronce, Barcelona.

“Disfrutar escribiendo”. Antonio García Teijeiro. “A Animación lectora “.Agustín Fernández Paz. Anaya.

“Bibliotecas y escuela”. García Guerrero, J. Junta de Andalucía.

“El deseo de leer. Propuestas creativas para despertar el gusto por la lectura”.

Moreno,V. Ed. Pamieba, Pamplona. “Como una novela”. Pennac D. Ed. Anagrama, Barcelona.

“Diez competencias básicas. Buscar para decidir”. Monereo Font C. Cuadernos de

Pedagogía nº 298. 2.001 “Estrategias de lectura”. Solé I. Ed. Graö, Barcelona.

“Bibliotecas escolares, centro de recursos educativos par ala enseñanza ye l

aprendizaje”. García Guerrero, J. www.plec.es/documentos.

www.maratondeloscuentos.org/jornadas/textos_ponencias/kepa_osoro.pdf

  http://www.fundaciongsr.es/penaranda/.

www.edu.xunta.es/biblioteca/portaleducativo/ .

EQUIPO DE BIBLIOTECA