PROXECTO Un espazo natural - Santillana...3 PRIMARIA Un espazo natural PROXECTO O proxecto Un espazo...

5
PRIMARIA 3 Un espazo natural PROXECTO O proxecto Un espazo natural para o 3. o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana M.ª Guerra Cañizo. Na súa elaboración participou o seguinte equipo: TEXTO Begoña Barroso Nombela Daniel Masciarelli García EDICIÓN Daniel Masciarelli García EDICIÓN EXECUTIVA Begoña Barroso Nombela DIRECCIÓN DO PROXECTO Antonio Brandi Fernández DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero Ciencias da Natureza

Transcript of PROXECTO Un espazo natural - Santillana...3 PRIMARIA Un espazo natural PROXECTO O proxecto Un espazo...

Page 1: PROXECTO Un espazo natural - Santillana...3 PRIMARIA Un espazo natural PROXECTO O proxecto Un espazo natural para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada

PRIM

ARI

A3 Un espazo natural

PROXECTO

O proxecto Un espazo natural para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana M.ª Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

TEXTO Begoña Barroso Nombela Daniel Masciarelli García

EDICIÓN Daniel Masciarelli García

EDICIÓN EXECUTIVA Begoña Barroso Nombela

DIRECCIÓN DO PROXECTO Antonio Brandi Fernández

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIAMaite López-Sáez Rodríguez-Piñero

Ciencias da Natureza

Page 2: PROXECTO Un espazo natural - Santillana...3 PRIMARIA Un espazo natural PROXECTO O proxecto Un espazo natural para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada

Índice

Temos unha idea ........... 4

Organizámonos .............. 6

Poñémonos en marcha ........................ 10

Revisamos ........................ 14

Na natureza viven moitos seres vivos, tanto animais coma plantas.

Hai zonas salvaxes, zonas protexidas e tamén lugares que as persoas construíron para cultivar plantas ou criar animais.

En todas elas pódense aprender moitísimas cousas moi interesantes… Atréveste?

Page 3: PROXECTO Un espazo natural - Santillana...3 PRIMARIA Un espazo natural PROXECTO O proxecto Un espazo natural para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada

Podemos escoitar os sons que realizan algúns animais, como o chío dos paxaros ou o voo dos insectos.

Podemos observar os animais e coñecer os seus costumes.

Podemos observar as plantas e aprender a identificalas.

Temos unha idea

As actividades ao aire libre poden ser moi divertidas. Na natureza podemos andar ou ir en bici por carreiros, subir ata lugares altos desde onde poder contemplar a paisaxe ou bañarnos nun río.

Pero, ademais, podemos aprender moitas cousas interesantes, sobre todo se quedamos en silencio e observamos con atención o que nos arrodea.

4

Page 4: PROXECTO Un espazo natural - Santillana...3 PRIMARIA Un espazo natural PROXECTO O proxecto Un espazo natural para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada

1 Formade grupos de catro ou cinco persoas. Imaxinade que tedes que preparar unha saída a unha zona natural próxima ao voso centro escolar.

Que tipo de lugar credes que se representa en cada unha das fotografías?

2 Para elixir o lugar, podédesvos fixar nestes aspectos:

É unha zona protexida ou non?

Credes que ides encontrar bastante variedade de animais e plantas?

Ten fácil acceso desde o voso centro escolar?

Hai algunha actividade humana na zona?

Ten áreas para poder comer e descansar?

A

C

B

D

5

Page 5: PROXECTO Un espazo natural - Santillana...3 PRIMARIA Un espazo natural PROXECTO O proxecto Un espazo natural para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada

1 Buscade información sobre o lugar elixido.

Anotade en que lugares podedes encontrar animais e plantas para realizar as vosas observacións.

Conseguide un mapa da zona ou debuxádeo vós.

Planificade unha ruta sobre o mapa.

Mirade se hai camiños sinalados ou pequenas rutas xa establecidas e, se non é así, comprobade que a ruta que elixistes é accesible para vós.

Comprobade se o lugar está dotado de colectores do lixo ou papeleiras. Lembrade que nunca debedes deixar restos nin lixo nestes espazos.

Para preparar adecuadamente unha saída a un espazo natural, cómpre ter en conta moitos detalles diferentes. Para que este traballo non recaia nunhas poucas persoas, todo o mundo ten que colaborar. Para facelo:

• Nomeade un representante en cada grupo e expoñede as vosas decisións na clase para todos os compañeiros e compañeiras.

• Repartide as seguintes tarefas por grupos.

Organizámonos

Xa sabemos o lugar a onde queremos ir para facer a nosa observación de animais e plantas.

Moi ben, agora ímonos organizar!

Que cres que significan estes sinais?

6