PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

23
PROGRAMACIÓN DE CULTURA CLÁSICA 4º DE ESO IES DA TERRA CHÁ, JOSÉ TRAPERO PARDO Castro de Ribeiras de Lea, Casto de Rei, Lugo ©Lorenzo Fraga Montero

Transcript of PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

Page 1: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

PROGRAMACIÓN DE

CULTURA CLÁSICA4º DE ESO

IES DA TERRA CHÁ, JOSÉ TRAPERO PARDO

Castro de Ribeiras de Lea, Casto de Rei, Lugo

©Lorenzo Fraga Montero

Page 2: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

ÍNDICE

01.INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

02.CONTRIBUCIÓN AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS.

03.OBXECTIVOS.

04.CONTIDOS

05.TEMPORALIZACIÓN E SECUENCIACIÓN.

06.CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

07.MÍNIMOS ESIXIBLES.

08.CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN.

09.PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN.

10.INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.

11.TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA.

12.TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC.

13.METODOLOXÍA DIDÁCTICA.

14.MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS.

15.PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS. [PENDENTE]

16.MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE.

17.ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

Page 3: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

01.INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

A programación de Cultura Clásica de 4º da ESO forma parte do proxecto

curricular do centro IES Da Terra Chá, José Trapero Pardo, ubicado en Castro de

Ribeiras de Lea, Castro de Rei. O grupo está integrado por 5 alumnos e 1 alumna, que

non presentan ningunha necesidade educativa especial, nin adaptación curricular. O

centro está situado nun entorno rural e vese afectado por unha preocupante

diminución no número de alumnos/as.

O marco lexislativo a aplicar, dentro da normativa estatal que corresponda, é:

➢ Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da

educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

➢ Orde do 6 de setembro de 2007, pola que se desenvolve a implantación da

educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

➢ Orde do 21 de decembro de 2007, pola que se regula a avaliación na educación

secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

➢ Orde do 30 de xullo de 2007, pola que se regulan os programas de

diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria.

02.CONTRIBUCIÓN AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS.

➢ Competencia en comunicación lingüística. As contribucións desta materia á

competencia en comunicación lingüística son importantes. A través da lectura

comprensiva de textos variados, da busca e tratamento da información obtida,

así como a síntese para a expresión oral e escrita, contribúe á adquisición da

competencia en comunicación lingüística.

A lectura comprensiva dunha realidade certamente afastada do contorno do

alumno, a comprensión duns conceptos totalmente novos e a necesidade

ineludible de aprender a expresalos dunha forma ordenada ten un valor moi

estimable. Pero se por algo destaca esta materia no eido da lingua é por ser un

instrumento inmellorable para a adquisición dun vocabulario pasivo e activo

Page 4: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

baseado nos termos que se expliquen ao longo do curso, incluídos os seus

compoñentes e as regras de combinación. A introdución breve ao estudo

diacrónico das linguas, incluído entre os obxectivos, contribuirá a unha

percepción máis matizada do que é un sistema lingüístico.

➢ Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. A percepción do

contorno propio como o único posible limita a capacidade do alumnado de se

facer preguntas que poidan levalos a unha relación co contorno máis produtiva e

gratificante. O contacto con culturas dotadas doutras inquedanzas, doutros

valores e doutras relixións fará que relativicen as súas propias certezas e

sexan quen de analizalas criticamente. Máxime nestas que, en tantos aspectos

xeográficos, económicos, artísticos e organizativos, seguen a estar presentes

no mundo actual, servindo de nexo entre a meirande parte dos países do mundo

que nos rodea. O coñecemento de como se serviron do contorno, de como

aproveitaron os recursos naturais, de como os transformaron, posibilitará unha

meirande facilidade para o coñecemento e a interacción co mundo físico.

➢ Competencia cultural e artística. A competencia na expresión cultural e

artística foméntase mediante o coñecemento dos fundamentos da literatura

clásica, da arquitectura, da escultura, da arte en xeral que debe dar un leve

sustento teórico ao que é o comezo do aprecio e do goce da arte como produto

da creación humana e como testemuño da historia. O coñecemento dos restos

arqueolóxicos do contorno debe axudar a aprender a valorar as obras do pasado

e a apreciar os esforzos pola súa conservación. Cóntase, así, con referencias

para facer unha valoración crítica de creacións artísticas posteriores

inspiradas na cultura e na mitoloxía grecolatinas, ou das mensaxes difundidas

polos medios de comunicación que, en moitos casos, toman a súa base icónica do

repertorio clásico.

➢ Competencia social e cidadá. Contribúe a adquisición da competencia social e

cidadá o coñecemento das institucións e o modo de vida dos gregos e romanos

Page 5: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

como referente histórico de organización social, participación dos cidadáns na

vida pública e delimitación dos dereitos e deberes dos individuos e das

colectividades, no ámbito e no con torno dunha Europa diversa unida en moitos

aspectos pola cultura grecolatina. Paralelamente, o coñecemento das

desigualdades existentes nesa sociedade favorece unha reacción crítica ante a

discriminación pola pertenza a un grupo social ou étnico determinado, ou pola

diferenza de sexos. Implícase así o alumnado nunha actitude de valoración

positiva da participación cidadá, da negociación e da aplicación de normas iguais

para todos como instrumentos válidos na resolución de conflitos. Doutra parte,

se o traballo é cooperativo, impúlsase o respecto pola diferenza de criterios e

pola liberdade de expresión.

➢ Tratamento da información e competencia dixital. O uso crítico da rede como

fonte de información, o emprego de aplicacións informáticas para a elaboración

de documentos de aula, servirán para completar a achega da cultura clásica á

adquisición da competencia no tratamento da información e competencia dixital.

As actividades relativas á recollida, selección e análise da información, a

aplicación de técnicas de síntese, a identificación de palabras clave e a

distinción entre ideas principais e secundarias achegan instrumentos básicos

para a adquisición desta competencia, tan relacionada con destrezas para a

continua formación persoal.

➢ Competencia para aprender a aprender. O estudo dos elementos básicos das

linguas grega e latina, na medida en que propicia a disposición e a habilidade

para organizar a aprendizaxe, favorece as destrezas de autonomía, disciplina e

reflexión, exercita a recuperación de datos mediante a memorización e sitúa o

proceso formativo nun contexto de rigor lóxico, inciden no logro da competencia

de aprender a apren der.

➢ Autonomía e iniciativa persoal. Contribúe ao desenvolvemento da competencia

de autonomía e iniciativa persoal na medida en que se utilizan procedementos

Page 6: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

que exixen planificar, seleccionar, avaliar distintas posibilidades e tomar

decisións. O traballo cooperativo e a posta en común dos resultados implica

valorar as achegas doutros compañeiros, aceptar posibles erros, comprender a

forma de corrixilos e non se render ante un resultado inadecuado. En definitiva,

achega posibilidades de mellora e fomenta o afán de superación.

03.OBXECTIVOS

1. Localizar no tempo e no espazo os procesos e acontecementos históricos máis

relevantes das culturas grega e latina.

2. Recoñecer e identificar aspectos diversos da cultura grecolatina relativos á

lingua, á literatura, á filosofía, á ciencia, a técnica, ao dereito, a Administración

do Estado, ao urbanismo, á arquitectura, ás artes plásticas, valorando a súa

unidade e, ao mesmo tempo, a diversidade.

3. Valorar a mitoloxía clásica, especialmente a grega, como elemento unificador da

cultura grecolatina e inspirador da cultura ao longo da historia europea.

Identificar en formas de relixiosidade actuais elementos que estean presentes

nos mitos ou ritos propios da relixión grecorromana.

4. Valorar a conciencia de pertenza a un contorno social e cultural, identificando

elementos de continuidade da cultura clásica na propia, respectando a

diversidade de identidades culturais.

5. Identificar as raíces clásicas de valores actuais nos ámbitos da educación, o

pensamento, o dereito, a política, valorando os elementos que hai que preservar

e os elementos que hai que revisar.

6. Recoñecer e valorar as pegadas da cultura clásica en contextos artísticos,

lingüísticos e científico-técnicos, entre outros, tanto na cultura occidental

como noutras culturas pasadas e presentes.

7. Coñecer os xéneros literarios grecolatinos máis importantes.

8. Identificar, agrupar e comprender os rastros das linguas clásicas nos

Page 7: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

diferentes eidos da lingua actual.

04.CONTIDOS.

➢ Grecia e Roma como civilizacións históricas singulares.

O mito fronte á razón: o espazo xeográfico mítico fronte ao real. A lenda

fronte á historia. O pensamento mítico fronte ao lóxico. O heroe fronte ao

home.

Polis e civitas: o home da areté e o home da virtus. As sociedades grega e

romana e as súas manifestacións artísticas e culturais: literatura, filosofía,

arquitectura, política, relixión, arte; o espazo público; o exército; a política;

a xustiza; a economía.

O individuo: o espazo privado. Clases sociais. Costumes e afeccións; o

traballo; o vestido e a hixiene; a comida; as viaxes; relacións privadas. A

familia; a educación.

As fontes: as literaturas grega e romana: características xerais.

Semellanzas e diferenzas. A literatura clásica e a súa continuidade en

Europa. Os principais xéneros.

A arqueoloxía. Os restos máis importantes; o seu valor artístico, cultural e

documental. Os restos no noso contorno.

➢ A herdanza da cultura clásica.

Romanización de Europa: historia dun proceso. A supervivencia da cultura

indíxena: ritos ligados aos ciclos da natureza, festas, topónimos, tradicións...

As pegadas do mundo clásico: que é romano; que é grego. (literatura, arte,

dereito, ciencia, obras públicas, técnica, filosofía ...).

A mitoloxía e a súa presenza na cultura occiden tal.

A organización e o cómputo do tempo.

A civilización grecorromana como elemento rexeitado ou reivindicado: os

Page 8: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

renacementos.

A herdanza clásica como elemento unificador de Europa. Estudo crítico.

➢ Iniciación aos elementos básicos das linguas de Grecia e Roma.

Do alfabeto ao abecedario. Breve historia da escritura. Signos e materiais.

As familias lingüísticas. O indoeuropeo. As linguas romances.

As linguas flexivas.

A evolución das linguas. O latín como orixe de galego e castelán.

O vocabulario. Palabras patrimoniais, semicultismos, cultismos, latinismos,

helenismos, prefixos, sufixos. Palabras procedentes doutras linguas: razóns

lingüísticas, históricas e culturais.

05.TEMPORALIZACIÓN E SECUENCIACIÓN.

➢ 1ª Avaliación.

U.D.00: Introdución.

Presentación da asignatura; método de traballo, criterios de avaliación,

etc.

Avaliación inicial.

Explicación dos materiais precisos; libros, programas, etc.

U.D.01: Grecia e Roma. Marco xeográfico e histórico.

O territorio da Grecia antiga.

Períodos históricos da Grecia antiga.

Orixe de Roma e marco xeográfico do seu imperio.

Períodos históricos da Roma antiga.

A conquista romana de Hispania. A romanización.

A herdanza da cultura clásica.

Page 9: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

Empuries e Itálica.

U.D.02: O grego e o latín.

Do indoeuropeo ó grego.

O alfabeto grego.

O latín e as linguas románicas.

O alfabeto latino.

A herdanza da cultura clásica.

Soportes da escritura.

O panteón de Agripa.

U.D. Lectura:

A Asemblea das Mulleres, de Aristófanes.

➢ 2ª Avaliación.

U.D.03: A sociedade grega e a sociedade romana.

Formas de goberno na polis grega.

Órganos de goberno en Roma.

A estrutura social en Grecia e en Roma.

A familia en Grecia e en Roma.

A educación en Grecia e en Roma.

O deereito.

A muller en Grecia e en Roma.

Os xogos panhelénicos.

U.D.04: A vida cotiá en Grecia e en Roma.

Etapas da vida: do nacemento á morte.

A xornada dun cidadán.

Page 10: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

O vestido, o calzado e o peiteado.

As comidas e a vaixela.

A casa e o mobiliario.

A herdanza da cultura clásica.

Pompeia, a cidade sepultada.

U.D.05: Relixión e mito.

A relixión grega.

Mitos gregos (I): os deuses olímpicos.

Mitos gregos (II): outros deuses.

Mitos gregos (III): os heroes.

A relixión romana.

A mitoloxía, fonte de inspiración artística.

Os oráculos.

As illas afortunadas.

U.D. Lectura:

Ilíada de Homero, cantos I e VI.

➢ 3ª Avaliación.

U.D.06: Literatura e ciencia.

A literatura grega.

Xéneros literarios en prosa en Grecia.

A literatura latina.

Xéneros literarios en prosa en Roma.

A ciencia en Grecia.

A técnica en Grecia e en Roma.

Page 11: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

A herdanza da cultura clásica.

O teatro clásico: Epidauro e Mérida.

U.D.07: A arte grega e a arte romana.

Características da arte grecorromana.

O urbanismo grecorromano.

Obras públicas.

As artes plásticas (I)

As artes plásticas (II)

Vestixios arqueolóxicos na Península Ibérica.

A herdanza da cultura clásica.

O coliseo.

O circo de Tarraco.

U.D. Lectura.

Poesía lírica grega.

06.CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

1. Identificar en textos traducidos de autores clásicos e modernos, despois de

resumilos, aspectos históricos ou culturais.

Con este criterio preténdese comprobar a capacida de do alumnado para

extraer a información relevante sobre aspectos históricos e/ou culturais,

previamente traballados, en textos variados.

2. Localizar no tempo e no espazo as etapas básicas das culturas grega e romana e

os seus feitos máis relevantes, os elementos de cambio e continuidade e as

relacións con outras culturas coetáneas.

Con este criterio preténdese comprobar a capacidade de identificar en textos

e situar no espazo e no tempo, feitos relevantes da historia das culturas

Page 12: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

clásicas, previamente traballados.

3. Identificar as formas básicas de organización social e política de Grecia e de

Roma e a súa continuidade no mundo de hoxe.

Preténdese comprobar se o alumnado é quen de comprender a organización

sociopolítica de Grecia e de Roma, así como establecer comparacións coa

existente na actualidade.

4. Localizar no espazo xeográfico as civilizacións grega e romana, así como

recoñecer os elementos relevantes do patrimonio arqueolóxico e artístico na

Gallaecia e Hispania.

Preténdese comprobar a capacidade para localizar en mapas o espazo das

civilizacións antigas, así como recoñecer e situar os restos máis relevantes na

Galicia e na España actual.

5. Distinguir nas diversas manifestacións literarias, artísticas e, incluso,

científicas de todos os tempos, a mitoloxía clásica como fonte de inspiración.

Preténdese comprobar se as alumnas e os alumnos, despois de traballar na clase

os mitos máis salientables, son quen de identificalos en manifestacións

literarias e doutro tipo, adecuadas á súa idade.

6. Identificar elementos do legado lingüístico común das linguas románicas actuais.

Recoñecer o vocabula rio grecolatino nas linguas modernas.

Búscase comprobar se o alumnado, acudindo ás aprendizaxes xa adquiridas nas

outras linguas, é quen de recoñecer elementos comúns a todas elas no

vocabulario.

7. Recoñecer os trazos esenciais de cada xénero literario.

Preténdese comprobar se o alumnado coñece os elementos básicos dos xéneros

literarios clásicos, acudindo ás aprendizaxes xa adquiridas nas outras linguas.

8. Identificar aspectos significativos da achega da cultura clásica á civilización

Page 13: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

occidental no campo do pensamento, da ciencia e da técnica.

Preténdese comprobar se o alumnado é capaz de relacionar as achegas do

mundo clásico nos eidos do pensamento, ciencia e técnica, ao mundo actuais.

9. Valorar criticamente a herdanza dos clásicos e as posibilidades de influencia no

mundo actual, establecendo relacións entre algúns dos valores, disposicións e

costumes.

Con este criterio preténdese comprobar se o alumnado, coa axuda do

profesorado, é quen de analizar a permanencia do legado clásico na actualidade,

así como a evolución co paso do tempo.

10. Empregar recursos que permitan elaborar, coa axuda do profesorado, un

traballo temático sinxelo sobre calquera aspecto da produción artística e

técnica, a historia, as institucións, ou a vida cotiá en Roma.

Preténdese comprobar a capacidade do alumnado para elaborar un pequeno

traballo sobre algún dos aspectos do legado do mundo clásico e a capacidade de

exposición posterior na aula. Valorarase o grao de planificación e a selección da

información, que se debe facer acudindo a fontes variadas, así como a

presentación clara e ordenada e a utilización dos medios informáticos.

07.MÍNIMOS ESIXIBLES.

Ó remata-lo curso os/as alumnos, para poderen acadar unha cualificación de

aprobado na materia de cultura clásica terán que ser quen de:

• no eido dos contidos conceptuais:

◦ ubicar temporal e xeográficamente o mundo grego e romano

◦ coñecer os aspectos máis salientables:

▪ da historia

▪ da literatura

▪ da vida cotiá

Page 14: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

▪ da sociedade e formas de goberno

▪ da arte

▪ da relixión e mitoloxía de Grecia e Roma.

◦ coñecer das linguas gregas e latina

▪ o alfabeto / abecedario

▪ a orixe indoeuropea

▪ o carácter de linguas flexivas

▪ a procedencia do galego e castelán do latín:

• que son palabras patrimoniais, cultas, semicultismos e latinismos e

algúns exemplos de cada unha

▪ a importancia do grego na formación das linguas científicas e exemplos

concretos.

• no eido dos contidos procedimentais:

◦ Elaborar un resumo a partir dun texto.

◦ Elaborar unha presentación nun programa específico na que se recollan os

elementos fundamentais dalgún aspecto do mundo clásico.

◦ Elaborar actividades de consolidación e reforzo sobre un aspecto do mundo

clásico cun programa específico.

◦ Poñer a disposición dos/as compañeiros e da comunidade escolar en xeral os

recursos en formato electrónico xerados polo/a alumno/a (presentacións,

actividades, reflexións persoais, etc.), a través dalgúns dos recursos que

para isto ofrece a internet.

◦ Redactar textos nos que desenvolvan dun xeito comprensible unha reflexión

persoal que tome como punto de partida algún aspecto do mundo clásico en

comparanza co mundo actual. O texto poderá ser escrito en galego ou

Page 15: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

castelán, e deberá estar libre de faltas de ortografía, estar correctamente

puntuado e utilizar unha sintaxe que faga comprensibles as ideas do/a

alumno/a.

• no eido dos contidos actitudinais:

◦ Mostrar curiosidade polo mundo clásico.

◦ Mostrar interese pola relación existente entre o noso mundo e cultura e o

mundo greco-romano.

◦ Mostrar sentido crítico polos aspectos máis controvertidos dos mundos

clásico e actual.

◦ Mostrar interese e curiosidade polas novas tecnoloxías da información e

comunicación (TICs).

08.CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN.

Para determina-la cualificación dos/as alumnos/as establécense os seguintes

criterios:

➢ os contidos conceptuais aportarán o 40% da cualificación. Para a súa valoración

hanse ter en conta:

a calidade dos contidos dos traballos realizados polo/a alumno/a.

as intervencións do/a alumno/a na aula.

as redaccións sobre aspectos do mundo clásico en comparanza co mundo

actual.

o grao de acerto na realización e resolución das actividades.

EXCEPCIONALMENTE, en caso de que o/a alumno/a non estivera de acordo

coa valoración do profesor, acudirase a unha proba escrita convencional, na

que se avaliarían os contidos conceptuais explicados na clase durante a

avaliación.

➢ os contidos procedimentais aportarán o 40% da cualificación. Para a súa

Page 16: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

valoración hanse ter en conta:

a calidade dos traballos elaborados cos programas informáticos

a facilidade para usa-lo recursos da internet que permiten poñer a

disposición dos compañeiros e demais comunidade educativa os recursos

xerados polos/as alumnos/as.

a calidade das redaccións; caligrafía, ortografía, puntuación, sintaxe, etc.

a boa conservación, coidado e limpeza do caderno de clase do/a alumno/a.

➢ os contidos actitudinais aportarán o 20% da cualificación. Para a súa valoración

hanse ter en conta:

a participación e traballo na aula.

a participación e traballo no blog/foro de CCL, ou calquera outro recurso

telemático da asignatura.

Estes criterios hanse aplicar para a determinación da cualificación de cada

avaliación. Para a determinación da cualificación final aplicarase a seguinte fórmula:

((cualif. 1ª aval.) + (cualif. 2ª aval. x 2) + (cualif. 3ª aval. x 3)) / 6

Para aproba-la asignatura é preciso obter, polo menos, 5 puntos, trala aplicación

desta fórmula.

09.PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN.

Procederase á avaliación dos/as alumnos/as a través dos instrumentos de

avaliación recollidos no aparatado INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.

10.INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.

Para a avaliación inicial dos/as alumnos/as utilizaranse os seguintes

instrumentos:

• cuestionario relativo ás motivacións para cursa-la asignatura, as súas

espectativas, os seus coñecementos xerais sobre o mundo clásico e o seu

Page 17: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

dominio de recursos das TICs.

Os instrumentos previstos para a avaliación ordinaria dos/as alumnos/as son os

seguintes.

• O caderno de clase.

• Os traballos elaborados polos alumnos/as:

◦ resumos (que se recollerán no caderno de clase).

◦ presentacións.

◦ actividades en formato electrónico.

• A participación activa no desenvolvemento da asignatura a través da

participación:

◦ no blog ou foro da asignatura

◦ na aula

◦ na páxina web

• A realización das actividades.

• As probas escritas que se efectúen.

◦ Estas probas consistirán nunha redacción na que o/a alumno/a relacione o

coñecemento sobre algún aspecto do mundo clásico traballado na aula con

algún problema ou aspecto concretos da realidade actual.

◦ Excepcionalmente poderán consistir en exames de tipo convencional.

11.TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA.

Para o fomento da lectura está previsto adicar polo menos unha das tres horas

de clase á semana á lectura en voz alta na aula. Ademais está programada a lectura

dunha obra clásica, ou fragmentos, en cada avaliación.

12.TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC.

Para o fomento das TIC nesta asignatura está previsto:

Page 18: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

• a utilización habitual de recursos informáticos para que os/as alumnos/as

elaboren os seus traballos

• a utilización de recursos da internet para que os/as alumnos/as poñan a

disposición do resto da comunidade educativa os seus traballos

13.METODOLOXÍA DIDÁCTICA.

O obxectivo que se busca nesta asignatura é que o/a alumno/a aprenda ó tempo

que elabora materiais para facilita-la aprendizaxe ós outros compañeiros. Desta

maneira o/a alumno/a deixa de ser un elemento pasivo para se-lo axente do proceso de

aprendizaxe.

Cada avaliación cada alumno/a ou grupo de alumnos/as terá coma obxectivo

preparar uns contidos da programación para llos explicar ós compañeiros/as nunha

exposición oral e pública.

Para chegar a esta exposición o/a alumno/a deberá:

• le-lo material de referencia

• elaborar un resumo-esquema

• elaborar unha presentación en soporte informático como apoio para a exposición

oral na aula

• elaboración en formato electrónico dunhas actividades de consolidación e

repaso dos contidos expostos

• colgar este material na internet para que estea á disposición dos/as

compañeiros/as.

Paralelamente, cada avaliación procederase á lectura dunha obra (ou

fragmentos) dun autor grego ou latino, ó que se adicará polo menos unha das tres

horas semanais da asignatura. A metodoloxía a empregar é:

• lectura en voz alta

• reflexión sobre aqueles aspectos do mundo clásico ós que se aluda na lectura (a

Page 19: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

modo de introdución ou coma repaso, segundo sexa o caso).

14.MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS.

➢ Libro de texto: Podium Cultura Clásica, L.I. Llopis Toledo e F. Sánchez Elvira,

edit. Vicens Vives.

➢ Lecturas obrigadas:

As asembleístas ou Asemblea das mulleres, de Aristófanes.

Edición recomendada:Aristófanes Los Acarnienses, Los Caballeros, Las

Tesmoforias, La Asamblea de las Mujeres, edic. de F. Rodríguez Adrados,

Madrid, 2005 (4ª edic.) en edit. Cátedra, colección Letras Universales,

nº 162 (ISBN: 84-376-1014-1)

La Ilíada de Homero, cantos I e VI.

Edición recomendada: calquera coa traducción de Luis Segalá y Estalella

(dispoñible de balde en internet).

Outras traducións:Ilíada, introducción y notas de J. Alsina, tradución en

verso de F. Gutiérrez, Barcelona, 1999, edit. Planeta (ISBN: 84-08-

03078-7).

Fragmentos dos poetas líricos Safo, Alceo e Arquíloco.

Edición recomendada: Líricos griegos arcaicos, introdución e tradución de

J. FERRATÉ, Barcelona, 2000 (ISBN: 84-95359-22-7)

➢ Recursos informáticos:

Programas:

Programa para elaborar presentacións; power point, impress.

Programa para elaborar actividades: jclic.

Recursos en rede:

Conta de correo electrónico.

Page 20: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

Utilidade para colgar presentacións: slideshare.

Blog/Foro/wiki.

Ordenadores con conexión a internet.

15.PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS.

O artigo 5.5 do R.D. 1631/2006, a propósito da organización do cuarto curso da

ESO, establece o seguinte:

Sin perjuicio del tratamiento específico en algunas de la materias de este

curso, la comprensión lectora , la expresión oral y escrita , la comunicación

audiovisual , las tecnologías de la información y la comunicación , y la educación en

valores se trabajarán en todas ellas.

Explícase seguidamente a forma na que estes eixes ou contidos transversais

incorpóranse ó currículo:

1. Comprensión lectora . Parte fundamental da actividade diaria na aula esixe a

lectura e comprensión de textos. Así pois, este contido transversal incorpórase

ó currículo a través da actividade diaria na aula e a través das actividades que

debe realiza-lo/a alumno/a na súa casa,

2. Expresión oral e escrita . Parte fundamental da actividade diaria na aula esixe

a capacidade por parte do/a alumno/a para se expresar adecuadamente de

forma oral e escrita. Isto supón que o/a alumno/a debe aprender a diferenciar

entre a forma de expresión oral coloquial e formal e, en todo caso, entre a

forma de se expresar oralmente e por escrito. Este contido transversal

recóllese na actividade diaria de clase (expresión oral) e na elaboración de

actividades e traballos (expresión escrita).

3. A comunicación audiovisual. Este departamento considera que este contido

transversal na práctica ésta subsumido ou incorporado ó apartado número 4.

4. Tecnoloxías da información e a comunicación. Este contido transversal

pretende ser traballado exhaustivamente na asignatura de Cultura Clásica de 4º

Page 21: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

da ESO.

En primeiro lugar a través da utilización de recursos en soporte informático

para realizar actividades de consolidación e repaso.

Ademais, os/as alumnos/as deben familiarizarse co uso e aproveitamento da

páxina web que este departamento porá á súa disposición. Isto supón o

coñecemento básico do uso de, polo menos, un navegador de internet, un

procesador de textos e a necesidade de dispoñerer dunha conta de correo

electrónico. Ademais, hase tratar de conseguir que os/as alumnos/as usen

mínimamente un editor de html e un programa de presentacións. Pero ademais o

uso, acceso e aproveitamento dos múltiples recursos e información accesible a

través da internet supón que os/as alumnos/as deben aprender ou consolida-los

procedementos para buscar información, procesala y aproveitala.

5. Educación en valores . A falta dunha definición concreta e pechada de cales

sexan os valores que deban transmitirse e traballarse de modo transversal na

asignatura de Cultura Clásica, este departamento, tomando como referencia os

principios básicos da constitución vixente, propón traballar e incidir sobre os

seguintes valores:

1. Valores de participación democráticos. O respeto ás opinións dos demais,

o dereito a oír e ser oído, a poder soster opinións críticas e contrarias, e o

dereito a poder participar na organización e funcionamento da sociedade a

través do voto, son aspectos fundamentais que se incorporan ó currículo a

través da reflexión e o debate que de modo natural se suscita na aula a

partir da lectura e consideración dos distintos aspectos da vida e da

sociedade do mundo clásico.

2. Valores relativos aos dereitos fundamentais dos seres humanos. A

existencia dunha declaración dos dereitos humanos que cada ser humano,

polo feito de o ser, ostenta e ten dereito a esixir, é un aspecto fundamental

cando se contrastan as sociedades do mundo antigo coas modernas. De modo

Page 22: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

natural e espontáneo, ó coñecer aspectos concretos do mundo antigo, as

diferencias e avances que se produciron na sociedade han ser obxecto de

debate e consideración na aula.

3. Valores relativos á igualdade dos sexo e á violencia de xénero. Este

departamento considera que calquera tipo de violencia é reprobable e

rexeitable. Sen embargo, a especial sensibilización que a nosa sociedade

evidencia con respecto á violencia de xénero, fai que sexa necesario tratar

este aspecto dun modo diferenciado. En todo momento hase insistir no

principio básico de igualdade entre home e muller, en tanto que

detentadores duns mesmos dereitos e obrigas, aos que se debe dar unha

mesma igualdade de oportunidades que de ningún modo deben quedar

mediatizadas ou limitadas polo seu sexo. A este respecto, as sociedades do

mundo antigo, especialmente a sociedade ateniense, pero tamén dende un

punto de vista legal a romana, deben servir para contrasta-la situación de

inferioridade legal e real na que estivo a muller durante moito tempo, en

contraste coa situación actual, na que, aínda con excepcións e necesidade de

mellora, a muller xa ocupa unha situación de igualdade, polo menos legal, na

nosa sociedade.

4. Valores relativos á convivencia pacífica. Un valor fundamental das

sociedades occidentais é a necesidade dunha convivencia pacífica tanto a

nivel internacional como dentro dos propios estados e comunidades. A través

do coñecemento dos conflitos na antigüidade (tamén as súas causas e

consecuencias) os/as alumnos/as poderán considera-las orixes dos conflitos

e as súas consecuencias, establecer comparacións con situacións actuais e

tira-las conclusións orientadas a evitar estas situacións.

16.MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

Este departamento de acordo cos/as alumnos/as que así o precisen e en

coordinación co departamento de orientación, no seu caso, tomará as medidas precisas

Page 23: PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

para atender á diversidade do seu alumnado en función das características e

necesidades concretas dos/as alumnos/as, no transcurso do desenvolvemento desta

asignatura.

17.ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.

Na 2ª avaliación os/as alumnos/as de Cultura Clásica asistirán ó festival de

teatro de Lugo para ver, polo menos, unha obra de teatro clásico greco-latino.

En Castro de Ribeiras de Lea, Castro de Rei, a 25 de setembro de 2009.

Asdo.: Dr. D. Lorenzo Fraga Montero

Xefe do departamento de Latín e Grego.