Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL

13
PDC 3 (1º CURSO) OBXECTIVOS XERAIS A Área Lingüístico-Social debe ter como obxectivo fundamental a formación de cidadáns informados, capaces de interpretar a realidade social de forma reflexiva e crítica, e de comunicarse e relacionarse cos demais empregando correctamente os códigos da cultura social e xunto á consecución dese obxectivo primordial tamén se establecer outros cinco grandes obxectivos xerais: ● Coñecer e apreciar a diversidade espacia l, cultural e lingüística do mundo e de Galicia, manifestando respecto e tolerancia cara aos pobos e culturas diferentes. ● Comprender a comunicación como un proceso básico da vida social e apreciar as dúas linguas oficiais de Galicia, entendendo as circunstancias que inflúen no seu uso e na súa evolución.

Transcript of Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL

Page 1: Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL

PDC 3 (1º CURSO)

OBXECTIVOS XERAIS

A Área Lingüístico-Social debe ter como obxectivo fundamental a

formación de cidadáns informados, capaces de interpretar a realidade social

de forma reflexiva e crítica, e de comunicarse e relacionarse cos demais

empregando correctamente os códigos da cultura social e xunto á

consecución dese obxectivo primordial tamén se establecer outros cinco

grandes obxectivos xerais:

● Coñecer e apreciar a diversidade espacial, cultural e lingüística do mundo

e de Galicia, manifestando respecto e tolerancia cara aos pobos e culturas

diferentes.

● Comprender a comunicación como un proceso básico da vida social e

apreciar as dúas linguas oficiais de Galicia, entendendo as circunstancias

que inflúen no seu uso e na súa evolución.

Page 2: Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL

● Identificar e analizar as interaccións das sociedades co medio, e facerse

conscientes das consecuencias medio-ambientais máis importantes.

● Apreciar os dereitos e liberdades das persoas como unha conquista das

sociedades avanzadas, e rexeitar situacións de inxustiza e discriminación.

● Valorar o patrimonio histórico, cultural e artístico da humanidade en

xeral e de Galicia en particular como ben común que debemos respectar e

transmitir ás xeracións futuras.

Nesta reformulación e aglutinación dos obxectivos das áreas de Lingua

Galega e Castelá e Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, outórgaselle

unha especial importancia ás capacidades e actitudes que constitúen o cerne

do ámbito, entendendo que a educación non consiste só en apropiarse de

certos contidos informativos, senón tamén en desenvolver os valores e as

capacidades que forman parte esencial da cultura da que participamos. Esta

formulación dos obxectivos non supón en ningún caso unha substitución

dos propios das tres áreas, senón un tratamento integrado para facilitar a

súa reinterpretación e desenvolvemento.

Page 3: Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL

CONTIDOS/UNIDADES DIDÁCTICAS:

PDC 3 (1º CURSO)

1) A terra I:

-O relevo galego

-As comarcas de Galicia

-A orixe da lingua galega

-Vocabulario relacionado coa terra (galego e castelán)

Page 4: Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL

-Regras de acentuación do galego e do castelán

-O til diacrítico en galego e castelán.

-Os tipos de textos: a descrición

2)A terra II:

-A poboación, o poboamento e actividades económicas de Galicia.

-As regras de puntuación.

-Vocabulario relacionado coa terra (galego e castelán)

Page 5: Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL

-As clases de palabras en galego e castelán: o substantivo e o adxectivo.

-Os tipos de textos: os textos dialogados.

3) A auga:

-Os ríos e as rías galegas.

-As contraccións en galego e castelán

-Vocabulario relacionado coa auga (galego e castelán)

-As regras de formación do xénero e do número.

-Os determinantes e os pronomes.

-Os tipos de textos: a narración.

Page 6: Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL

4) A diversidade:

-As comunidades autónomas do Estado español e as súas capitais.

-O relevo da Península Ibérica.

-As regras ortográficas.

-Vocabulario: toponimia e os principais xentilicios en galego e castelán.

-O uso e colocación dos pronomes persoais nas oracións.

-Os tipos de textos: a narración fantástica.

-A diversidade lingüística no Estado español.

Page 7: Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL

5) O camiño:

-A Unión Europea: características, estados e principais capitais.

-Os ríos, mares e océanos de Europa.

-As regras ortográficas.

-Vocabulario: as vías de comunicación.

-As clases de palabras: os verbos regulares.

-Os tipos de textos: a exposición.

-As linguas de Europa: orixe, características e situación

Page 8: Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL

6) A viaxe e a emigración:

-Os outros continentes: Asia e África (características de relevo, países e

principais capitais).

-As regras ortográficas.

-Vocabulario: os medios de transporte.

-As clases de palabras: os verbos irregulares.

-Os tipos de textos: a argumentación.

-As linguas do mundo.

Page 9: Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL

7) A viaxe e a emigración:

-Os outros continentes (características de relevo, países e principais

capitais).

-As regras ortográficas.

-Vocabulario: os anglicismos e outros préstamos no galego e castelán.

-As perífrases verbais.

-Os tipos de textos: os textos administrativos.

-A linguaxe literaria e o nacemento da literatura.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Os criterios de avaliación suxeridos para o conxunto do programa sinalan

os niveis de aprendizaxe que deben acadar os estudantes en congruencia

Page 10: Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL

coa selección e organización dos contidos e coa forma de desenvolver o

proceso de ensinanza.

Nestes criterios téntase condensar e integrar as principais aprendizaxes

sociais e lingüísticas do ámbito:

● Identificar e localizar a diversidade de pobos do planeta sinalando algúns

trazos do seu medio natural, das actividades humanas, da cultura, da lingua

e das relacións de poder que os caracterizan, entendendo a situación actual

como o resultado dun proceso histórico.

● Identificar e caracterizar as Comunidades Autónomas de España e as

linguas e culturas do territorio español. Comprender a situación

sociolingüística que se produce en Galicia produto do contacto entre as

dúas linguas.

● Recordar os grandes movementos e desprazamentos da poboación ao

longo da historia, con especial referencia a Galicia e España; analizar

algunhas das súas consecuencias sociais, culturais e lingüísticas máis

destacadas.

● Localizar as grandes áreas urbanas do mundo e describir a xerarquía

urbana en Galicia e en España. Comentar os principais problemas que

afectan ao modo de vida urbano nos aspectos ambiental, social, cultural e

comunicativo.

● Localizar as principais zonas desenvolvidas e subdesenvolvidas do

mundo, e explicar os desequilibrios económicos, políticos e culturais

existentes entre elas.

● Analizar algúns riscos e problemas medioambientais máis graves en

Galicia, en España e no mundo ocasionados polas actividades humanas, e

sinalar prácticas e comportamentos cotiáns que poden contribuír á

preservación do medioambiente.

● Recoñecer os principios e as institucións característicos dos réximes

políticos democráticos en xeral, e en España en particular, e apreciar os

dereitos e liberdades das persoas e dos pobos como conquistas das

sociedades avanzadas.

● Identificar en textos orais e escritos de diverso tipo e ámbito de uso,

imaxes e expresións que denoten distintos tipos de discriminación por

Page 11: Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL

razón de raza, sexo, relixión, condición social ou cultural, etc., e buscar

alternativas que eviten o seu uso.

● Obter de distintas fontes (orais, escritas, cartográficas, estatísticas, etc.)

informacións que sexan relevantes desde distintas perspectivas e

intencións, e mostrar a súa comprensión mediante a paráfrase verbal e o

resumo escrito.

● Completar, contrastar e integrar informacións procedentes de distintos

medios de comunicación coa finalidade de elaborar unha síntese ou

informe que reflicta datos e os puntos de vista principais , así como as

propias.

● Identificar manifestacións literarias e artísticas que exemplifiquen

movementos ou estilos ben definidos, sinalando os seus trazos máis

característicos e valorando a súa dimensión estética.

● Establecer relacións entre as obras, autores e movementos máis

relevantes das literaturas galega e castelá e o contexto histórico no que

aparecen, e producir textos de intención literaria seguindo unhas

determinadas pautas ou modelos.

● Producir textos orais e escritos axustándose a un plano ou guión previo, e

respectando criterios de orde lóxica, claridade expositiva, corrección

gramatical e, de ser o caso, presentación gráfica.

● Analizar e avaliar acontecementos e situacións da vida cotiá

manifestando actitude crítica ante a violencia, os abusos e as

discriminacións, e defendendo os valores da paz, a solidariedade e a

tolerancia.

● Participar en situacións de comunicación colectiva (exposicións, debates,

coloquios, etc.) sobre cuestións problemáticas da vida cotiá empregando a

linguaxe como medio de comunicación, e respectar e ter en conta as

opinións dos demais para atopar solucións de consenso.

● Planificar e desenvolver algunha investigación sinxela sobre un tema de

ámbito local ou de actualidade abordando tarefas de busca e recolleita de

información, organización e tratamento dos datos e elaboración de

informes, comunicando os resultados de forma clara e intelixible.

Page 12: Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E SISTEMAS DE

CUALIFICACIÓN

PDC 3:

-EXAMES ESCRITOS:

-número: tres por trimestre. Nos exames escritos combinaranse as cuestións

teóricas coas prácticas, aínda que se tentará dar prioridade a estas últimas.

-valoración: ata un máximo de 6 puntos. PARA QUE FAGAN MEDIA AS

NOTAS DOS EXAMES DÉBESE OBTER UNHA PUNTUACIÓN

MÍNIMA DE 2,5

-Importante: as incorreccións no emprego da lingua restarán ata un máximo

de 2 puntos, teranse en conta aspectos como a ortografía, a acentuación, a

puntuación, a construción de oracións... As faltas máis graves (erros no uso

de b/v, -c-/-cc-/-ct-, c/z,g/j, h, r, x/s, y/ll, maiúsculas /minúsculas) baixarán

0,20.

As demais implicarán a perda de 0,10 cada unha.

-LECTURA OBRIGATORIA (novela ou relatos):

-número: 2 por trimestre (unha lectura en cada unha das linguas.

-valoración: ata un máximo de 2 puntos (valorarase a comprensión dos

feitos que se contan na obra (máx. 0,75) e a expresión dos mesmos por

escrito( máx. 0,75) a partir dunhas cuestións realizadas polo profesor.

Tamén se terá en conta o dominio do vocabulario presente na obra lida

(máx. 0,5).

-EXERCICIOS:

-valoración: ata un máximo de 1 punto.

-número: dependerá dos temas e da duración dos trimestres, cunha

puntuación máxima de 0,20 cada un.

-Importante: Por cada exercicio non realizado restarase 0,20

-CADERNO:

-Valoración: ata un máximo de 1 punto.

Page 13: Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL

-Importante: terase en conta a orde do mesmo, a recollida dos

apuntamentos, a presenza de todos os exercicios realizados e a corrección

dos mesmos.

-IMPORTANTE: UNHA NOTA DE CERO NUN DOS APARTADOS

SUPÓN O SUSPENSO DA MATERIA.

-A AVALIACIÓN É CONTINUA, AÍNDA QUE, CO OBXECTIVO DE

QUE OS ALUMNOS E ALUMNAS SEXAN QUEN DE

ENFRONTARSE AOS CONTIDOS ESIXIDOS OFRECERÁSELLES A

POSIBILIDADE DE RECUPERAR A MATERIA ESTUDADA EN

CADA UN DOS TRIMESTRES POR SEPARADO NUN EXAME.