Programación 2ºESO

29
CIENCIAS SOCIAIS XEOGRAFÍA E HISTORIA 2º ESO PROGRAMACIÓN CURSO 2008-09 DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA IES MARÍA SARMIENTO-VIVEIRO

description

Educación secundaria

Transcript of Programación 2ºESO

Page 1: Programación 2ºESO

CIENCIAS SOCIAIS

XEOGRAFÍA E HISTORIA 2º ESO

PROGRAMACIÓN CURSO 2008-09

DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

IES MARÍA SARMIENTO-VIVEIRO

Page 2: Programación 2ºESO

1

I. INTRODUCCIÓN

Polas características de parte do alumnado, atopámonos con dificultades para que o rendemento académico sexa o desexado. Para minimizar estas dificultades axudarémonos de : medidas de reforzo, adaptacións curriculares., fomento da lectura,….

I.1. O CURRÍCULO

A aprobación e publicación da Lei Orgánica (2/2006,BOE do 4 de maio do 2006) significou un cambio no sistema educativo que comezou coa posta en marcha nos cursos de 1º e 3º, continuando no presente curso cos trocos en 2º e 4º da ESO. A LOE ven definida no seu preámbulo, máis especificado no Título Preliminar, pola consecución de tres principios básicos:

• educación de calidade para todo o alumnado en todos os niveis. • implicación de todos os compoñentes da comunidade educativa nun

esforzo compartido cara á consecución dos obxectivos.

• converxencia cos principios educativos marcados e compartidos pola UE (aprendizaxe ó longo de toda a vida, flexibilidade no tránsito formación-traballo,…)

Os elementos pedagóxicos que integran o novo currículo son:

• Competencias básicas. Aparecen como eixo vertebrador de todo o currículo.

• Obxectivos • Criterios de avaliación • Contidos

A materia de Ciencias Sociais de 2º da ESO é como unha ponte entre as vivencias que se van dando día a día, e os acontecementos que suceden ao longo de vários séculos da nosa historia. Trátase de que o alumno non só memorice os feitos, debe intentar “ poñerse no lugar de”.Ser crítico pero comprensivo e tolerante. I.2. PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN A presente programación ten pois como fundamento a LOE, quen define currículo como o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación (Cap.III.art.6), mais a normativa específica dictada pola Xunta de Galicia:

Page 3: Programación 2ºESO

2

• Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria (DOG, 13/7/07)

• Orde do 6 de setembro de 2007 pola que se desenvolve a implantación da educación secundaria obrigatoria (DOG, 12/9/2007)

Na realización da programación seguirémo-las directrices curriculares do decreto xa citado que fixa as ensinanzas mínimas. Engadímo-los apartados correspondentes a metodoloxía e recursos, así como os aspectos de avaliación referidos a procedementos e a baremación.

Tendo en conta o nivel de desenvolvemento psicolóxico e a idade mental dos alumnos, 12-13 anos de idade cronolóxica, podémonos iniciar procesos de conceptuación e abstracción, o que se plasma fundamentalmente no método de traballo, procedementos, con distintos materiais: mapas, textos, imaxes, etc

No 2º curso o currículo céntrase na análise histórica da Idade Media e do Renacemento. E tamén na análise demográfica e dos recursos humanos: poboación, migracións, sectores de producción

Page 4: Programación 2ºESO

3

II. CONTRIBUCIÓN Á CONSECUCIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

As competencias, concibidas como o conxunto de habilidades cognitivas, destrezas e actitudes, son referente en paralelo cos obxectivos educativos de cada materia.

As competencias, concibidas como o conxunto de habilidades cognitivas, destrezas e actitudes, é unha das novidades que presenta a LOE. Enténdense como un elemento básico para que os alumnos e alumnas que rematan o ensino obrigatorio logren a súa realización persoal, poidan exercer a cidadanía activa e se incorporen á vida adulta de xeito activo,

Son referente en paralelo cos obxectivos educativos, de tal modo que tódalas materias contribúen á súa consecución, e conforman un núcleo organizador da etapa. A súa valoración terá como referencia os criterios de avaliación. Deste xeito, o currículo por competencias configura unha aprendizaxe integradora e orientada á aplicación dos coñecementos adquiridos.

A materia de CCSS, Xeografía e Historia en 1º curso contribuirá á consecución das oito competencias básicas por medio dos coñecementos, destrezas e actitudes. Unhas son máis propias da área (competencias 1, 2 e 3) e outras máis xerais (as restantes). 1. Contribución á competencia social e cidadá : • Tomando conciencia de que os cambios no espacio e tempo son o

resultado das actuacións persoais e sociais nun pasado mías ou menos lonxano, do mesmo xeito que as accións do presente son os condicionantes do futuro.

• Favorecendo o desenvolvemento de aprendizaxes reflexivas, funcionais e significativas para a formación de cidadáns autónomos e responsables.

• Coñecendo os trazos que caracterizan a sociedade na que vivimos para asumir os valores democráticos e de tolerancia que a definen, o que conleva respecto doutras identidades alleas.

• Traballando en equipo, colaborando e acadando acordos, favorecendo a resolución de problemas por medio do diálogo.

2. Contribución á competencia no coñecemento e inte racción co mundo

físico • Interpretando os espacios xeográficos e as formas en que se representan • Analizando a interacción do ser humano sobre as paisaxes naturais • Asumindo a importancia do uso razoable dos recursos naturais, a

conservación do medio ambiente e da diversidade na Terra. • Interpretando e representado informacións xeográficas desde diferentes

fontes 3. Contribución á competencia cultural e artística

Page 5: Programación 2ºESO

4

• Coñecendo as diferentes manifestacións artísticas para acadar unha actitude de defensa e preservación do patrimonio

• Analizando as mostras artísticas e culturais • Promovendo habilidades perceptivas e de sensibilización que posibilite o

interese pola expresión artística en distintos contextos de espacio e tempo. • Aproximándoo á linguaxe audiovisual cunha actitude aberta, respectuosa e

crítica. 4. Contribución á competencia en comunicación lingü ística • Adquirindo e empregando un vocabulario específico propio das materias a

traballar • Desenvolvendo a lectura comprensiva • Poñendo en valor a lingua galega • Comunicando a información xerada en distintos contextos de xeito

adecuado • Empregando a argumentación de xeito oral e escrito para fundamentar as

propias ideas 5. Contribución á competencia matemática • Utilizando correctamente as ferramentas matemáticas para a análise de

gráficos estatísticos • Manexando aspectos cuantitativos e especiais da realidade a través de

operacións sinxelas coma porcentaxes, proporcións ou escalas numéricas e gráficas

• Adquirindo unha actitude positiva baseada no respecto á verdade e na busca da certeza a través do razoamento.

6. Contribución á competencia no tratamento da info rmación e á

competencia dixital • Promovendo a busca, selección e comunicación de información para

conformar novos coñecementos significativos • Interpretando información en linguaxe non verbal (información icónica e

cartográfica) • Favorecendo unha adecuada alfabetización no uso das TIC 7. Contribución á competencia para aprender a apren der • Organizando información para facilitar a súa recuperación en diferentes

contextos (sínteses, mapas conceptuais, liñas do tempo,...) • Dando protagonismo no proceso de aprendizaxe • Favorecendo a curiosidade e o interese pola formación continua 8. Contribución á competencia para a autonomía e in iciativa persoal • Fomentando o traballo cooperativo, a toma de decisións e o manexo de

habilidades sociais • Promovendo a avaliación da información xerada para convértela en

coñecemento • Favorecendo a aprendizaxe a partir dos propios erros Podemos consideralas referidas a tres grandes ámbitos:

Page 6: Programación 2ºESO

5

1.Expresión e comunicación *Competencia en comunicación lingüística,(comunicarse,conversar,debatir….) *Competencia matemática, (ferramentas matemáticas para analizar gráficas, datos de séculos pasados…..) *Competencia cultural e artística,(arquitectura,artes plásticas,música….) *Competencia no tratamento da información,(usando enciclopedias,novas tecnoloxías, internet,….) 2.Relación e interacción *Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico, (espazos xeográficos ) *Competencia social e cidadá,(promove a adquisición das habilidades para tentar comprende os conflictos, que provocan os diferentes valores, crenzas, intereses….) 3.Desenvolvemento persoal *Competencia para aprender a aprender, (dispor de habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser quen de continuar cada vez máis de maneira autónoma, .....) *Competencia na autonomía e iniciativa persoal,(coñecemento de si mesmo, estima, crítica, control emocional, creatividade….)

Page 7: Programación 2ºESO

6

III.OS OBXECTIVOS XERAIS Seguindo o DOG,13/7/2007, esta materia ten como finalidade o desenvolvemento das capacidades que habiliten o alumnado para acadar os obxectivos básicos.

Son un total de dezaseis obxectivos, comúns para toda a etapa, que han de contribuír á consecución das competencias. Veñen definidos como capacidades posto que a LOE modifica o enfoque do ensino obrigatorio: transformar a ensinanza en aprendizaxe.

Da súa análise podemos sacar as seguintes consideracións:

1. o ser referidos ós catro cursos da etapa e a súa longa redacción xa da indicio da complexidade e da amplitude de miras que implican.

2. Están formulados en relación a distintos tipos de capacidades:

• coñecementos aqueles que veñen definidos por coñecer, comprender ou identificar (obxectivos 2, 3 ou 5)

• destrezas aqueles que veñen definidos por obter, comprender, relacionar, resolver (obxectivos 11 ou 13)

• actitudes aqueles que veñen definidos por promover sentimento, valorar, participar (obxectivos 1, ou 12).

Ó mesmo tempo un só obxectivo pode incluír varios tipos de capacidades, así o indican algunhas formulacións: identificar, localizar e analizar que aparece por exemplo nos obxectivos 2 e 3, ou coñecer e valorar no obxectivo 8.

3. Maioritariamente son de carácter interdisciplinar partindo sempre dunha realidade poliédrica que conecta política, sociedade, medio ambiente, cultura, xeográfica

4. Perseguen tanto finalidades para o individuo en tanto tal como para o individuo en canto forma parte dun grupo e traballa en grupo, así o reflicte por exemplo o obxectivo 13.

5. Polas posibilidades pedagóxicas e o grao de madurez intelectual dos alumnos priorizamos, sen que isto implique exclusión dos outros, os obxectivos referidos ás capacidades cognitivas de coñecemento e de destrezas.

Para 2º curso destacaremos por temas os seguintes: TEMA 1

* Coñecer e identificar as características de cada un dos pobos xermánicos que foron importantes nos comezos da Idade Media. Valorar tamén a influenza do islam e dos normandos. *Comprender os trazos básicos da sociedade feudal e saber describila. * Explicar un feito da época , “as cruzadas”.

Page 8: Programación 2ºESO

7

TEMA 2 * Coñecer as transformacións que tiveron lugar na agricultura nos séc.XI-XII,valorando as consecuencias para a poboación. * Recoñecer e valorar a importancia do comercio e renacer das cidades “os burgos”. Tamén a función que tiveron “os gremios”. * Identificar as causa e consecuencias dos problemas que xorden nos séc.XIV e XV.

TEMA 3

*Valorar a singularidade da historia na nosa península con respecto ao resto de Europa. *Coñecer e valorar as características do dominio musulmán,así como as paulatinas conquistas dos cristiáns. * Localizar e identificar os diferentes reinos peninsulares, a súa evolución.Prestar especial atención ao reino de Galicia. * Coñecer as dificultades demográficas e sociais da época.Un exemplo “revolta dos irmandiños”.

TEMA 4

* Coñecer os trazos da cultura medieval en Europa, España e Galicia: O ROMÁNICO e O GÓTICO. * Valorar a significación do Camiño de Santiago como peregrinación e tamén como intercambio de ideas e mercadorías.

TEMA 5

* Coñecer e valorar a transformación que se produce en Europa cos movementos do Humanismo e do Renacemento. * Valorar a actuación dos Reis Católicos en España e en Galicia. Respostas dos dirixentes galegos. * Trocos que supuxo a viaxe “As Indias” de Cristóbal Colón. * Coñecer e valorar os acontecementos nos reinados de Carlos I e Filipe II.

TEMA 6

* Coñecer e valorar a perda progresiva da hexemonía da Monarquía hispánica a favor de Francia. * Analizar as características e diferencias dos dous modelos políticos da época: a Monarquía absoluta e o Parlamentarismo. * Coñecer e valorar os acontecementos máis destacados da Galicia do séc. XVII.Os pazos galegos. * Identificar os trazos da ciencia moderna,tamén os avances científicos.

TEMA 7

* Coñecer,analizar e comparar os trazos máis significativos dos estilos renacentista e barroco. *Valorar a influencia da relixión nas manifestacións artísticas,destacando as diferenzas entre os países protestantes e os católicos. * Coñecer a obra de algúns artistas xeniais,por exemplo: Miguel Anxo.

Page 9: Programación 2ºESO

8

Obxectivos xerais para todos os temas anteriores, todos de contido histórico:

1 Deducir información a partir de fontes textuais,cartográficas e iconográficas. 2 Analizar e traballar con mapas históricos. 3 Desenvolver actitudes positivas con respecto á conservación do patrimonio artístico e cultural. 4 Elaborar e comentar diferentes tipos de gráficas.

TEMA 8

* Coñecer a evolución da poboación mundial. * Explicar as causas da súa irregular distribución e dos movementos naturais. * Diferenciar os réximes demográficos e a súa evolución. * Coñecer a estructura da poboación segundo a súa idade e xénero.Pirámides de poboación * Diferenciar a estructura da poboación segundo a actividade que desempeñe.

TEMA 9

* Coñecer e explicar os tipos de migracións da poboación e as causas principais. * Valorar o crecemento real da poboación. * Describir os principais movementos migratorios do mundo actual.Analizar o que pasa en Europa, en España e en Galicia. * Analizar e comentar gráficas e mapas ao respecto. * Desenvolver actitudes comprensivas e tolerantes cos emigrantes,apreciando o enriquecemento cultural que supón o coñecemento doutras culturas.

TEMA 10

* Identificar os elementos que caracterizan a cidade. * Coñecer a evolución histórica do proceso de formación e crecemento das cidades * Valorar o impacto da cidade no seu territorio e as relacións establecidas co mundo rural próximo. * Analizar os diferentes tipos de problemas que se orixinan na cidade actual, sobre todo a eliminación de residuos. * Desenvolver actitudes positivas para reducir todo tipo de contaminación.

TEMA 11

* Coñecer o proceso de urbanización español e galego. * Describir o tipo de cidades españolas e a súa xerarquización. * Explicar o modelo en que se gobernan e administran as cidades en España. * Coñecer os tipos de poboamento galego. * Coñecer as principais cidades de Galicia e a súa xerarquización.

TEMA 12

Page 10: Programación 2ºESO

9

* Explicar o concepto de sociedade, e os trazos básicos que caracterizan as sociedades humanas. * Identificar as grandes áreas culturais do mundo e a súa localización. * Analizar a conflitividade do mundo orixinada polas desigualdades: económicas, étnicas, culturais e relixiosas. * Valorar criticamente a globalización cultural,reflexionando sobre os efectos que pode ter nas culturas locais. * Caracterizar a sociedade europea, e a galega en particular, destacando algúns dos seus trazos máis característicos.

Obxectivos xerais a todos os temas de Xeografía :

1 Identificar as fontes de información de cada un dos temas. 2 Elaborar resumos esquemas e sínteses. 3 Deducir información a partir de fontes textuais, planimétricas, cartográficas, estatísticas, gráficas e iconográficas.

Page 11: Programación 2ºESO

10

IV OS CONTIDOS IV.1.CONSIDERACIÓNS XERAIS Preséntanse agrupados en tres bloques, que se irán intercalando progresivamente ao longo do curso

� Bloque 1 : contidos comúns no que se inclúen destrezas, aplicación de coñecementos, comunicación. Organizado en cinco unidades

� Bloque 2 : as sociedades preindustriais Organizado en sete unidades

� Bloque 3 : poboación e sociedade Organizado en cinco unidades

Vemos pois que o bloque tres correspondería con contidos tradicionais de Xeografía e o bloque dous con contidos máis tradicionais históricos, pero en ambos casos se suman contidos das áreas que conforman as Ciencias Sociais. Bloque de HISTORIA : A Europa feudal. Renovación e crise no mundo feudal. A península Ibérica na Idade Media.O reno de Galicia. Cultura e arte na Europa feudal.O Camiño de Santiago. A época do Renacemento. A Europa do Barroco. A arte renacentista e barroca. Bloque de XEOGRAFÍA : A poboación mundial. Os movementos migratorios. Un mundo de cidades. A urbanización do territorio español e galego. Cambio e continuidade nas sociedades. IV.2.EXPLICITACIÓN, SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN A secuenciación está estructurada en tres partes,que normalmente coincidirán cos tres trimestres e coas tres avaliacións. Non coincide a orde dos temas do texto (A Nosa Terra) co que imos dar en cada trimestre.Trátase de intercalar Historia e Xeografía en cada avaliación.

Page 12: Programación 2ºESO

11

PRIMEIRA AVALIACIÓN No mes de setembro adicaranse as sesións da primeira semana a conectar coa materia: autovaliación inicial para que vexan o que recordan do pasado curso, diálogos sobre os temas que imos tratar, lecturas sobre persoeiros da Idade Media, …. >Tema 1. A EUROPA FEUDAL

Os inicios da I.Media. O feudalismo. A explotación do territorio e o réxime señorial. A pirámide feudal. A monarquía feudo-vasalática. Nº de sesións 10

>Tema 2. RENOVACIÓN E CRISE NO MUNDO FEUDAL

Renovación agraria e crecemento demográfico. O desenvolvemento comercial. O renacer urbano. A consolidación das monarquías. As dificultades dos ss. XIV e XV. Nº de sesións 9

>Tema 8. A POBOACIÓN MUNDIAL

A poboación e as fontes demográficas. A distribución da poboación mundial. Os movementos naturais da poboación. Os réximes demográficos. A estructura da poboación. Nº de sesións 7

>Tema 9. OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS

Os desprazamentos da poboación. As correntes migratorias no mundo actual. A evolución dos movementos migratorios en Europa. Os refuxiados. Consecuencias dos movementos migratorios. Nº de sesións 10

SEGUNDA AVALIACIÓN >Tema 3. A PENÍNSULA IBÉRICA NA IDADE MEDIA. O REINO DE GALICIA

O dominio musulmán. A expansión cristiá. Sociedade e monarquía feudal. Desenvolvemento rural e urbano. A Galicia medieval. Nº de sesións 9

>Tema 4. CULTURA E ARTE. O CAMIÑO DE SANTIAGO

Mosteiros,escolas catedralicias e universidades. O Camiño de Santiago. A estética medieval: o Románico e o Gótico. Igrexas románicas e catedrais góticas. A decoración, escultura e pintura. Nº de sesións 9

>Tema 10.UN MUNDO DE CIDADES

O espacio urbano. A morfoloxía urbana. O proceso de urbanización. A cidade no seu territorio. A vida nas cidades. Nº de sesións 9

Page 13: Programación 2ºESO

12

>Tema 11.A URBANIZACIÓN DO TERRITORIO ESPAÑOL E GALEGO O proceso de urbanización en España e Galicia. O sistema urbano español. O goberno das cidades. O poboamento rural e urbano en Galicia. As sete cidades galegas. Nº de sesións 9

TERCEIRA AVALIACIÓN >Tema 5. A ÉPOCA DO RENACEMENTO

Humanismo e Renacemento. O reinado dos Reis Católicos. A ampliación do mundo coñecido.Reforma protestante e Contrarreforma católica.A supremacía hispánica.

Nº de sesións 10 >Tema 6. A EUROPA DO BARROCO

Monarquía hispánica no s. XVII. A monarquía absoluta de Luís XIV. O parlamentarismo inglés. A Galicia dos fidalgos e foreiros. A revolución científica. Nº de sesións 8

>Tema 7. A ARTE RENACENTISTA E BARROCA

Estética renacentista e barroca. Tradición e innovación na arquitectura. Serenidade e dramatismo na escultura. Perspectiva e claroscuro na pintura. O barroco galego. Nº de sesións 8

>Tema 12.CAMBIO E CONTINUIDADE NAS SOCIEDADES

As sociedades humanas. A diversidade social e cultural das sociedades. Desigualdades e conflictos. Cara a unha cultura global. A sociedade europea. Nº de sesións 6

IV.3. CONTIDOS MÍNIMOSPARA UNHA AVALIACIÓN POSITIV A

-Tema 1. Os inicios da I.Media. O imperio de Carlomagno. As relacións da sociedade feudal.

-Tema 2. Renovación agraria e crecemento demográfico.

O desenvolvemento comercial. O renacer urbano. As dificultades dos séculos XIV e XV.

-Tema 8 A poboación e as fontes demográfica

A distribución da poboación mundial. Os movementos naturais da poboación. A estrutura da poboación e as actividades humanas.

-Tema 9 Os desprazamentos da poboación.

Movementos migratorios actuais e consecuencias.

Page 14: Programación 2ºESO

13

-Tema 3 O dominio musulmán na nosa península. A expansión cristiá. Desenvolvemento rural e urbano. A Galicia medieval.

-Tema 4 O Camiño de Santiago.

Estilos Románico e Gótico: mosteiros, igrexas, catedrais, pontes... A catedral de Santiago de Compostela.

-Tema 10 O espazo urbano.

Proceso de urbanización. A vida nas cidades e no seu entorno. Principais problemas.

-Tema 11 Proceso de urbanización en España e Galicia.

Sistema urbano español e goberno das cidades. Os tipos de poboamento en Galicia: as sete cidades e as vilas.

-Tema 5 Novas ideas do Renacemneto e do Humanismo.

O reinado dos Reis Católicos. C. Colón e a ampliación do mundo coñecido.

-Tema 6 Monarquía hispánica no séc. XVII.

Galicia nos séc. XVI e XVII. A revolución científica.

-Tema 7 Arte renacentista e barroca.

O barroco galego. -Tema 12 As sociedades humanas.

A diversidade social e cultural das sociedades. Conflictos. Cara a cultura global . a sociedade europea.

Page 15: Programación 2ºESO

14

V. PLAN LECTOR E PLAN TIC

TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA Como apoio ó Proxecto Lector intentarase elaborar un dossier de relatos curtos relacionados cos contidos tratado para ser lidos na aula. En cada tema fanse lecturas históricas referidas a el, aparte diso recoméndase a lectura de libros relacionado co tema. A comezo do curso fanse varios xogos e dáse explicación aos alumno da ordenación da Biblioteca para que poida desenvolverse na búsquea de libros e na selección do tipo de libros. Coincidindo coa época vacacional fanse visitas organizadas á biblioteca para que o alumno leve para a casa libros de lectura. Aparte diso na aula hai diccionarios xeográficos e algún libro para consulta. TRATAMENTO DO FOMENTO DAS T.I.C. Para cada tema utilízanse medios audiovisuais: canón de vídeo, DVD, anacos de películas e tamén ó final de cada tema dáse unha relación de enderezos de páxinas web onde pode consultar aspectos relacionados con el. Na aula de audiovisuais trabállanse algúns temas directamente con programas como Google Earth ou Seterra e tamén moitas veces mándaselle ó alumno buscar información sobre un tema en internet. É preciso subliñara que no momento no que elaboramos esta programación non se deseñaron ningún dos dous planes.

Page 16: Programación 2ºESO

15

VI. METODOLOXÍA E RECURSOS V.1. PRINCIPIOS PEDAGÓXICOS O mesmo currículo indica as liñas metodolóxicas xerais:

• Saber interpretar fontes de diversa tipoloxía • Comprender a multicausalidade e a intencionalidade na interpretación

dos procesos históricos • Usar e manexar adecuadamente a información

Podemos engadir outros trazos neste mesmo senso:

• Fomentar a participación, a reflexión, tanto individual como grupal • Operar non só sobre o concreto senón tamén sobre os conceptos e

ideas • Fomentar a formulación de hipóteses • Fomentar a confrontación clara, respectuosa dela • Insistir na ordenación de ideas, comparación e xerarquización • Elaborar percorridos ordenados, lóxicos desde a formulación de

hipóteses á comprobación dos resultados • Expresar correcta, clara e ordenadamente os resultados • Comprobar noutros contextos diferentes aos utilizados para o traballo • Relacionar os saberes aprendidos nas distintas materias

Consecuentemente tratarase de fomentar a correcta aprendizaxe, a execución de destrezas e a participación do alumno no desenvolvemento das clases. Para conseguir estes obxectivos seguiranse unha serie de pautas:

1. Ademais da metodoloxía expositiva utilizada normalmente, pero especialmente entendida con valor significativo, empregaremos as que na reforma se denominan estratexias de indagación, que consisten en proporcionar ó alumnado material suficiente para que reflexione diante dun problema calquera que lle presentemos, utilizando unha serie de procedementos básicos (lectura, comentario de textos, interpretación de gráficos.... ) que iremos traballando ó longo do curso. Así mesmo, empregaranse variadas técnicas didácticas, como grupos de traballo, debates, xogos de simulación, comentarios.... En todos os casos débese incitar ó alumnado a actuar con responsabilidade.

2. Dado que o máis importante é a comprensión de conceptos básicos da Xeografía, débense utilizar unha serie de actividades que faciliten esta tarefa. Algunhas delas poderían ser as seguintes:

� Coñecemento e emprego de fontes primarias e secundarias. � Plantexamento de problemas simples da súa realidade inmediata

que axuden a entender as distintas variables que interveñen nun acontecemento � Coñecemento do patrimonio galego e a súa utilización para

comprender a diversidade cultural do mundo

Page 17: Programación 2ºESO

16

� Realización de saídas planificadas polo profesor cun plan de traballo establecido previamente � Plantexamento de actividades que cheguen a poñer ó alumno en

situación de comprender os distintos temas, como debates, xogos de simulación, dramatizacións, comentario de películas, traballo coa prensa...

Trátase de fomentar a correcta aprendizaxe,a execución de destrezas e a participación do alumno no desenvolvemento das clases. V.2. O TRABALLO DIARIO NA AULA 1 Comezárase con preguntas e conversas para poder decatarse dos coñecementos previos que teñen de cada tema 2 Despois da explicación ou proxección dos contidos observar con simples preguntas o grao de comprensión que acadaron destes contidos. 3 Realización individual ou en equipo de exercicios e pequenos traballos, tamén debates. 4 Corrección deses exercicios e traballos, buscando as mellores respostas, de forma dialogada. 5 As actividades realizaranse na aula ou na casa como complemento, Tamén a busca de material para traballos, entrevistas, prensa, lecturas … 6 Ademais da aula asignada ao grupo,e en función dos aspectos que se queiran traballar, usaranse algunhas veces a Biblioteca, aula de ordenadores,o Salón de Actos…..

V.3. ESPACIOS Ademais da aula de cada grupo-clase e en función da natureza dos aspectos a traballar, usáranse outros espacios como a Biblioteca, a aula de ordenadores e canon proxector (se non o houbera na súa propia aula) ou o Salón de Actos. V.4. OS MATERIAIS E OS RECURSOS � Como material base empregarase o texto de Sociais 2º “A nosa terra” de

Consorcio editorial galego. � Como medidas de REFORZO “Materiais de reforzo educativo”,da mesma

editorial.

� Adaptacións curriculares aos alumnos avaliados con esta finalidade polo Departamento de Orientación.

Page 18: Programación 2ºESO

17

Outros materiais de apoio son:

- Mapas e biblioteca de aula. - Recursos da Biblioteca como enciclopedias ou atlas. - Plan de integración das T.I.C.Internet para búsqueda de certos temas

que se lles indicará previamente. Nesta materia é moi importante a visión de certas películas,tanto na aula como a nivel individual, para afianzar ou recuperar certos contidos de forma mais vivencial. - Tratamento do FOMENTO DA LECTURA.En cada tema fanse lecturas

referidas a el.Tamén se lles indica unha selección de obras axeitadas para a súa idade. A prensa usarase ocasionalmente,cando interesen certas novas,ou cando haxa reportaxes sobre temas que nos interesen, (cruzadas, emigración,vida nos Castelos,…)

Un aspecto fundamental é o propio CADERNO DO ALUMNO, e será imprescindible que conteña as actividades corrixidas e secuenciadas para acadar unha avaliación positiva.

A normativa neste curso fixa estas medidas:

- Será tipo dossier, específico da materia.

- As follas serán con cuadrícula e iguais en tamaño (preferiblemente A4). Non se admitirán follas arrancadas de libreta.

- A primeira folla será a portada na que se incluirá o nome da materia e nome e curso do alumno.

- As follas deben levar número de páxina, o que se fará a medida que se precise (non antes). De ter que intercalar follas, estas levarán o número da páxina anterior e a palabra bis.

- Cada tema comezará en folla diferente e estará encabezada polo título.

- Os contidos estarán diferenciados claramente baixo epígrafes distintos:

a. Exercicios. Indicarase o título e o nº de páxina, deixando un pequeno espacio libre para posibles correccións.

b. Apuntamentos.

c. Diccionario.

- Presentación. Á hora de escribir non se pode esquecer:

a. Deixar os marxes precisos.

b. Non se permite empregar lapis (agás nas gráficas) ou tippex para as correccións.

c. Uso de cores. Utilizar negro ou azul, só se poderán empregar outras cores para destacar títulos, epígrafes,... pero de facelo hase manter a norma para todo o caderno.

- A lingua utilizada será a galega

Do mesmo xeito fixamos normas a seguir na presentación dos traballos

Page 19: Programación 2ºESO

18

- Empregar sempre a lingua galega

- Escritos con procesador de textos, a máquina ou man. Neste caso coidar a caligrafía.

- Xustificar os parágrafos

- Deixar marxes: 3 cm arriba, 2 cm abaixo, a dereita e a esquerda

- Elaborar unha portada que recolla:

Título do traballo (en maiúsculas)

Nome e apelidos, número de orde e curso do autor (se son varios, colocaranse por orde alfabético do primeiro apelido)

Ano académico

Estes dous últimos datos irán preferiblemente no lado inferior dereito

- Engadir unha contraportada en branco

- Numerar as páxinas, comezando despois da contraportada

- A primeira folla levará o índice. Incluirá os apartados e o seu número de páxina

- De se incluír imaxes, han levar pé en alusión ós contidos tratados e a fonte

- Non se admiten tachaduras ou tippex

- Na derradeira folla, antes da contraportada, irá a bibliografía: libros, revistas, prensa,.... O xeito correcto das referencias bibliográficas é como segue:

- Bibliografía de formato papel:

Libros:

Autor/s (separados por punto e coma) comezando polos apelidos. Título (subtítulo se o hai), sempre en cursiva. Editorial, cidade, data. Exemplo: Jakson, G. “La República española y la guerra civil”. Editorial Crítica, Barcelona, 1976

Enciclopedias: Ó tratarse dunha colección indicaremos o número de volumes e o número do/s utilizados

Ex.: “Historia Universal del Arte”. Volume 3. Edit. Planeta, Barcelona, 1.990. 10 volumes

Artigos de prensa ou revistas:

Autor. Título do artigo. Titulo da publicación, páxina e data. Ex.: Ambrós, I.. "La creación de una zona de libre cambio con EE.UU. divide a la UE". La Vanguardia, páx 10, 1995.

- Bibliografía de formato dixital, sexa en liña, CD-rom ou DVD:

Título. Autor. Data. De tratarse de páxina web engadiremos a dirección. Exemplo: Biblioteca Nacional. Exposiciones virtuales. Cartografía española de los siglos XVI a XIX. <http://www.bne.es/esp/cartografia-fra.htm

- Se facemos citas textuais, estas han ir entrecomilladas e relacionadas cunha chamada a pé de páxina por medio dun número (en superíndice 1). No pe da páxina indicamos o documento do que procede a cita, sinalando o número de páxina.

- En determinadas circunstancias será posible entregar o traballo en soporte dixital (disquete, CD). Consulta ó profesor.

Page 20: Programación 2ºESO

19

VII.- AVALIACIÓN Fixa o currículo nove criterios referidos ó grao de consecución das competencias e capacidades que se desexa acaden os alumnos -é dicir, os obxectivos-, en relación cos contidos tratados. As capacidades que recollían os obxectivos son as de comprensión, aplicación, valoración e desenvolvemento que, aplicadas ós feitos xeográficos, van parellas coas de observar, comparar e interpretar. O mesmo que no caso dos obxectivos, insiste no ámbito cultural de Occidente. Diferenciamos tres tipos de avaliación:

• Inicial para coñecer os coñecementos previos, as capacidades e as actitudes a partir das calas se porá en marcha o proceso de ensino-aprendizaxe

• Continua: en tanto que se desenvolve ó longo do curso por medio de probas e observacións.

• Final para cotexar o cumprimento dos obxectivos xerais En tódolos casos debe ter carácter integrador, ter valor formativo e estar contextualizada. VII.1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN TEMA. 1

* Caracterizar a situación de Europa occidental no comezo da I. Media. * Valorar o nacemento do islam e coñecer os seus principios básicos. * Analizar e valorar as achegas do imperio de Carlomagno. * Identificar e relatar as bases do sistema feudal, as súas características sociais.

TEMA. 2

* Explicar causas e consecuencias das transformacións agrarias do mundo feudal. * Explicar a renovación do comercio e da vida urbana ,así como a importancia dos gremios nos últimos séc.da I. Media. * Describir as principais dificultades dos séculos XIV e XV.

TEMA. 3 * Identificar as características do dominio musulmán, destacando o esplendor alcanzado no emirato e califato. * Valorar o nacemento dos primeiros núcleos de resistencia cristiá como xerme dos futuros reinos, prestando especial atención ao reino de Galicia. * Analizar e valorar un conflicto político e social específico de Galicia: a revolta dos irmandiños.

TEMA. 4

* Valorar a significación do Camiño de Santiago como vía de peregrinación e de intercambio de ideas e mercadorías.

Page 21: Programación 2ºESO

20

* Identificar as características máis destacadas do Románico e do Gótico,analizando e comparando. * Comentar o conxunto escultórico do Pórtico da Gloria.

TEMA. 5

* Caracterizar o Humanismo e o Renacemento. * Valorar a actuación dos Reis Católicos en xeral. Tamén en Galicia. * Enumerar os principais acontecementos dos reinados de Carlos I e Filipe II. * Describir o proxecto de C. Colón e as consecuencias para Europa deste descubrimento

TEMA. 6

* Caracterizar a evolución da Monarquía hispánica durante o s.XVII, valorando a progresiva perda da hexemonía. * Analizar e comparar as bases dos modelos políticos da época: a Monarquía absoluta do rei francés Luís XIV, e a Monarquía parlamentaria de Inglaterra. * Caracterizar os trazos da ciencia moderna,así como os avances científicos importantes * Describir os acontecementos máis destacados da Galicia do séc. XVII.

TEMA. 7

* Comparar as características máis destacadas do Renacemento e do Barroco. * Analizar e comparar obras de arte renacentistas e barrocas. * Coñecer, valorar e comentar unha selección da obra de Miguel Anxo.

T.8 * Identificar os trazos xerais da evolución da poboación mundial. * Describir os trazos que caracterizan os movementos naturais da poboación. * Localización das áreas máis e menos poboadas razoando as causas. * Describir a estructura da poboación segundo a súa idade, xénero, actividade …

TEMA. 9 * Describir os tipos de migracións. Explicar causas e factores.

* Definir o crecemento real dunha poboación. * Identificar os principais movementos migratorios no mundo actual. Casos de Europa, España e Galicia. * Valorar as consecuencias das migracións para os países emisores e para os receptores. * Valorar as causas que prov0can a existencia de campos de refuxiados.

TEMA. 10

* Coñecer a evolución hitórica do proceso de formación e crecemento das cidades. * Valorar o impacto da cidade no seu territorio, tamén a xerarquización. * Analizar as cidades actuais e os seus problemas.

Page 22: Programación 2ºESO

21

* Analizar e comentar planos urbanos. TEMA. 11

* Coñecer o proceso de urbanización español e galego. * Explicar como se gobernan e administran as cidades españolas. * Caracterizar o poboamento rural e urbano galego. *Coñecer as principais cidades de Galicia.

TEMA. 12

* Identificar e caracterizar as grandes áreas culturais do mundo e a súa localización. * Valorar a lingua e a relixión como elementos destacados da diversidade cultural. * Analizar a conflitividade no mundo orixinada pola desigualdade económica, étnica, e social. * Valorar criticamente a mundialización da cultura.

Hai criterios de avaliación comúns ou xerais que serán utilizados en cada tema:

1 Empregar correctamente o vocabulario específico correspondente. 2 Definir conceptos relacionados con cada un dos temas. 3 Emparellar conceptos e datos 4 Analizar e comentar textos, mapas, gráficas e imaxes relacionados cos aspectos traballados en cada unidade. 5 Elaborar eixes cronolóxicos. 6 Mostrar actitudes críticas pero respectuosas coas formas de vida de épocas pasadas. 7 Emparellar obras, artistas e estilos. 8 Mostrar actitudes críticas pero respectuosas cos diferentes gustos estéticos. 9 Mostrar actitudes críticas pero respectuosas co pensamento relixioso doutras culturas. 10 Deducir información a partir de fontes cartográficas, iconográficas, estatísticas,…. 11 Identificar a verdade e a falsidade de formulacións presentadas e corrixir as falsas.

VII.2. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS A avaliación,ten unha función reguladora,pero sobre todo un valor formativo e de diagnóstico.Así como os contidos deben ser traballados de múltiples maneiras,para que sexa máis doado interiorizalos, tamén deben ser avaliados de diversas formas para que o profesor comprenda a capacidade e os intereses de cada alumno. Os procedementos de avaliación serán:

• Observación na clase, atención, laboriosidade, toma de apuntes,

colaboración…

Page 23: Programación 2ºESO

22

• Probas específicas,para observar a adquisición dos conceptos,pero tamén para avaliar as capacidades instrumentais que adquiriu co seu traballo.

• Análise do traballo dos alumnos,como é o caderno das actividades, valorando a posta ó día, a orde, os contidos, as correcións… • Análise dos traballos en equipo, nos que contará a presentación,

metodoloxía e o esforzo de cada un….

Todas estas observacións estarán recollidas no caderno do profesor,de todos estes datos sairá a cualificación de cada avaliación, despois de ter en conta a baremación acordada para este nivel no departamento. VII.3. BAREMACIÓN

A baremación acordada polo Departamento de Xeografía e Historia para este nivel, será a seguinte:

1. Exames escritos e/ou orais, traballos de investigación individuais ou grupais, e calquera outra proba que o profesor poida considerar en función dos temas tratados. Contribuirá cun 70% á cualificación.

2. Traballo na aula que incluirá actividades de lectura, visionado de películas e documentais, elaboración de materiais dentro do Plan TIC, o caderno do traballo diario, elaboración de mapas, exposición de temas, visitas e actividades sobre as mesmas, .... Inclúense neste apartado os rexistrados do profesor referentes a comportamento, participación, atención, laboriosidade, interese, voluntariedade, ... . Contribuirá cun 30% á cualificación.

A baremación completa non se aplicará:

o Sen a presentación do caderno de traballo e, se os houbera, os traballos obrigatorios que así se sinalen

o Con cualificación inferior a 3 puntos en calquera dos dous apartados (exames e traballo)

o En caso de que o alumno teña copiado nalgún exame ESPECIFICACIÓNS � Os exames e/ou probas escritas poderán ir seguidas da correspondente

contrastación oral sempre que o profesor o considere oportuno, por exemplo se hai sospeita de que un alumno teña copiado. Esta proba oral se realizará nun prazo non superior aos catro días despois da dita proba escrita.

� Ortografía: terase en conta en tódolos materiais escritos, os erros (especialmente graves como uso de maiúsculas ou confusión b/v) restarán puntuación, a 0,1 cada un e ata un máximo de 0,5 puntos por actividade.

� O alumno que non se teña presentado o día de exame só terá a opción de facer ese exame na recuperación. Só se exceptúan desta norma os casos excepcionais.

Page 24: Programación 2ºESO

23

� No caso de que un alumno sexa encontrado copiando nalgunha proba ou exame será eliminado automaticamente da mesma, tendo que recuperala na avaliación seguinte de xeito que:

a) Se copia nun exame suspenderá a avaliación e terá que face-la recuperación da dita avaliación.

b) Se copiase nun exame de recuperación, suspenderá esa recuperación e terá polo tanto que presentarse ó exame de suficiencia en xuño.

c) Se copia no exame de xuño será enviado directamente á convocatoria de setembro.

d) Se, por último, copiase nese exame de setembro tería a asignatura suspensa ata o vindeiro curso

� Recuperación. Haberá probas de recuperación por exame ou exames en cada período de avaliación, e probas especiais de recuperación de avaliacións a finais de curso para aqueles alumnos que teñan pendente máis dunha avaliación

� Para aprobar a materia é preciso aprobar as tres avaliacións. En setembro o exame incluirá todos os contidos do curso e a cualificación obtense exclusivamente da nota do exame. Os alumnos que durante o período escolar non presentaran o caderno de clase e/ou os traballos esixidos deberán presentalo o día do exame.

� A nota final non será media aritmética senón media ponderada, arredondeada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior

� Faltas de orde graves, impuntualidade, carencia reiterada do material preciso, poderán restar puntuación da nota da avaliación, ata un máximo de 1 punto, segundo as anotacións do profesor.

Page 25: Programación 2ºESO

24

VIII. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE MEDIDAS DE REFORZO Debido a que todos os alumnos non adquiren ó mesmo tempo e coa mesma intensidade os contidos tratados e de acordo co Departamento de Orientación , aseguraremos uns niveis mínimos de coñecementos que sirvan para aqueles alumnos que superen a materia con posibilidade de afondamento e ampliación noutros casos. No primeiro caso consideramos os contidos mínimos antes marcados e no segundo referirase á programación xeral. ADAPTACIÓN CURRICULAR De acordo coa equipa docente e co Departamento de Orientación fixéronse en varios casos adaptacións curriculares a alumnos que foron avaliados axeitándolle a programación ó seu nivel.

Page 26: Programación 2ºESO

25

IX. ATENCIÓN A ALUMNOS COA MATERIA PENDENTE Diante da imposibilidade de desenvolver clases específicas de recuperación, optamos pola seguinte planificación: 1. CONTIDOS. Seguirase a distribución por avaliacións xa aprobada para

cada curso, pero marcando contidos mínimos.

2. ACCIÓNS RECUPERADORAS. Quedan establecidas dúas posibilidades:

a) Exames parciais, un total de tres, e actividades trimestrais Actividades. Cada alumno recibirá un compendio de actividades seleccionadas do libro de texto e que ha presentar no momento do exame. A non presentación impedirá facer o exame. Exames. Realizaranse tres probas, as dúas primeiras na semana seguinte ao regreso de cada período de vacacións (Navidade e Semana Santa), e a derradeira no mes de maio.

b) Un único exame no mes de maio, momento no que ha presentar as actividades de todo o curso. Pode ser esta unha opción elixida libremente, pero tamén estarán obrigados os alumnos excluídos do dereito a exame parcial por non aportar as actividades, por ser expulsado do mesmo, por falta de puntualidade ou por non se presentar (non se admitirán xustificacións agás en casos excepcionais).

3. SEGUIMENTO. Os profesores do curso da materia pendente farán o

seguimento do seu traballo e resolverán as dúbidas que podan xurdir.

4. AVALIACIÓN. Aspectos a ter en conta: � Criterios de avaliación. Séguense os fixados polo currículo oficial.

pero ademais como primeiro criterio para superar a materia é a presentación dos exercicios correctamente realizados

� Elaboración das probas. Os profesores mestres encargaranse das de 1º e 2º curso, e os profesores de secundaria farano das de 3º.

� Cualificación. A cargo dos profesores antes citados e por acordo do Departamento.

� Baremación. Queda fixada unha valoración do 70% para os exames e un 30% para as actividades. Será preciso obter un mínimo de 3 puntos de cualificación en calquera das dúas partes.

� Para a avaliación extraordinaria de setembro seguirase a mesma normativa en canto contidos, actividades a presentar (no caso de non telo feito), cualificación e baremación (de telo presentado durante o curso conservaráselle a puntuación obtida).

Page 27: Programación 2ºESO

26

X.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES Dentro das saídas que se programan no departamento de Xeografía e Historia,para os alumnos de 2º curso da ESO está prevista, como cada curso, facer unha ou dúas etapas do Camiño de Santiago, posiblemente dentro do Proxecto Terra. Esta excursión está programada para o terceiro trimestre. Tamén se poden considerar complementarias outras saídas dos departamentos das linguas relacionadas coa PRENSA ou co TEATRO.

Page 28: Programación 2ºESO

27

ÍNDICE

I. CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA. INTRODUCCIÓN ...............................................................................

I.1.- O currículo

I.2.- Presentación da programación

Páx. 1

II. CONTRIBUCIÓN Á CONSECUCIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS ...........................................................................................

Páx. 3

III. OS OBXECTIVOS ................................................................... Páx. 6

IV. OS CONTIDOS .......................................................................

IV.1.- Consideracións xerais

IV.2.- Explicitación e temporalización

IV.3.- Contidos mínimos para unha avaliación positiva

Páx. 10

V. PLAN LECTOR E PLAN TIC ................................................. Páx. 13

VI. METODOLOXÍA E RECURSOS .............................................

VIII.1.- Principios pedagóxicos

VIII.2.- O traballo diario na aula

VIII.3.- Espacios

VIII.4.- Materiais e os recursos

Páx. 14

VII. AVALIACIÓN ...........................................................................

VII.1.- Criterios de avaliación por temas

VII.2.- Procedementos e instrumentos

VII.3.- Baremación

Páx. 18

VIII. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE .................................................... Páx. 23

IX. ATENCIÓN A ALUMNOS COA MATERIA PENDENTE ......... Páx. 24

X. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES .........................................................................

Páx. 25

Page 29: Programación 2ºESO

28