Programación VERÁN 2010 no MARCO - Vigohoxe.vigo.org/pdf/axenda/veranmarco2010.pdf ·...

6
Programación VERÁN 2010 no MARCO O verán acaba de comezar e, durante os dous próximos meses, a programación do MARCO continúa con actividades que se suman ás exposicións recentemente inauguradas. O programa estival inclúe obradoiros infantís, visitas guiadas, os concertos do festival Via Stellae, e o ciclo de cinema ‘Centroamérica e O Caribe’ da Bienal de Pontevedra, entre outros eventos: un amplo programa cultural con actividades gratuítas para todos os públicos. Outros servizos como a tenda-libraría e o MARCO restaurante&café —durante estes meses con terraza ao aire libre— completan a refrescante oferta deste verán para os visitantes. Horarios Martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 21.00 Domingos, de 11.00 a 15.00 ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA Información e visitas O persoal de salas está a disposición do público para calquera consulta ou información relativa ás exposicións, ademais das visitas guiadas habituais: Todos os días ás 18.00 Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900/11 MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo FUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Caixanova, Ministerio de Cultura Rúa Príncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com 1

Transcript of Programación VERÁN 2010 no MARCO - Vigohoxe.vigo.org/pdf/axenda/veranmarco2010.pdf ·...

Page 1: Programación VERÁN 2010 no MARCO - Vigohoxe.vigo.org/pdf/axenda/veranmarco2010.pdf · Programación VERÁN 2010 no MARCO O verán acaba de comezar e, durante os dous próximos meses,

Programación

VERÁN 2010 no MARCO

O verán acaba de comezar e, durante os dous próximos meses, a programación do MARCO continúa

con actividades que se suman ás exposicións recentemente inauguradas. O programa estival inclúe

obradoiros infantís, visitas guiadas, os concertos do festival Via Stellae, e o ciclo de cinema

‘Centroamérica e O Caribe’ da Bienal de Pontevedra, entre outros eventos: un amplo programa cultural

con actividades gratuítas para todos os públicos. Outros servizos como a tenda-libraría e o MARCO

restaurante&café —durante estes meses con terraza ao aire libre— completan a refrescante oferta

deste verán para os visitantes.

Horarios

Martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 21.00

Domingos, de 11.00 a 15.00

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA

Información e visitas

O persoal de salas está a disposición do público para calquera consulta ou información relativa ás

exposicións, ademais das visitas guiadas habituais:

• Todos os días ás 18.00

• Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900/11

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoFUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Caixanova, Ministerio de CulturaRúa Príncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com

1

Page 2: Programación VERÁN 2010 no MARCO - Vigohoxe.vigo.org/pdf/axenda/veranmarco2010.pdf · Programación VERÁN 2010 no MARCO O verán acaba de comezar e, durante os dous próximos meses,

EXPOSICIÓNS TEMPORAIS

‘VOANDO CARA Á TERRA / FLYING DOWN TO EARTH’Proxecto gañador do Premio MARCO/FRAC Lorraine para novos comisarios

• 21 maio – 29 agosto 2010

• Salas de exposición do 1º andar

• Comisario: Inti Guerrero

• Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de

Vigo / FRAC Lorraine, Metz, Francia

VOANDO CARA Á TERRA foi o proxecto gañador da máis recente convocatoria do Premio para novos comisarios,

que en 2009 foi convocado conxuntamente polo MARCO de Vigo e o FRAC Lorraine de Metz, Francia. Trátase

dunha proposta do comisario Inti Guerrero (Bogotá, 1983), residente en Ámsterdam, que mostra traballos de

artistas que abordan procesos e formas de relixiosidade en relación coa política, a memoria colectiva e a

cultura popular.

Marilyn Bridges, Flávio de Carvalho, Taller E.P.S. Huayco, Cristina Lucas, Ossama Mohammed, Valérie Mréjen,

José Alejandro Restrepo, Alan Schneider/Samuel Beckett, Mona Vătămanu & Florin Tudor, Alexandre Vogler

‘89 Km. Colección CGAC’Selección de fondos do Centro Galego de Arte Contemporánea

• 9 xuño – 19 setembro 2010

• Salas de exposición da planta baixa

• Comisaria: Virginia Torrente

• Coprodución: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de

Vigo / CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea,

Santiago de Compostela

Unha selección dos fondos da Colección del Centro Galego de Arte Contemporánea, comisariada por Virginia

Torrente. Un conxunto de 84 obras de 63 artistas, que inclúe pezas en distintos soportes —pinturas, debuxos,

fotografías, vídeos, instalacións, esculturas, maquetas, etc.—, moitas delas descoñecidas para o público, que

viaxan a Vigo con ocasión desta mostra.

Ignasi Aballí, Lara Almarcegui, Efrain Almeida, Francis Alÿs, Martí Anson, Alexander Apóstol, Lars Arrhenius,

Txomin Badiola, David Bestué y Marc Vives, Vicente Blanco, Botto & Bruno, Fernando Bryce, Leda Catunda,

Mauro Cerqueira, Raimond Chaves & Gilda Mantilla, Salvador Cidrás, José Damasceno, Denmark, Eugenio

Dittborn, Elmgreen & Dragset, Suso Fandiño, Ângela Ferreira, Ceal Floyer, Pauline Fondevila, Anna Bella Geiger,

Liam Gillick, Amaya González Reyes, Rubén Grilo, Mona Hatoum, Hans Hemmert, Jonathan Hernández, Arturo

Herrera, Thomas Hirschhorn, Ana Jotta, Gabriel Kuri, Daniel Lara, Jac Leirner, Tonico Lemos Auad, Thomas

Locher, Ken Lum, Fran Meana, Jordi Mitjà, Jonathan Monk, Gabriel de la Mora, Teresa Moro, Zwelethu Mthethwa,

Iván Navarro, Álvaro Negro, Rivane Neuenschwander, June Bum Park, Juan Pérez Agirregoikoa, Adrian Piper,

Allen Ruppersberg, Bülent Şangar, Diego Santomé, Yann Sérandour, Roman Signer, Melanie Smith, Mladen

Stilinović, Wolfgang Tillmans, Rui Toscano, Azucena Vieites, Erwin Wurm

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoFUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Caixanova, Ministerio de CulturaRúa Príncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com

2

Page 3: Programación VERÁN 2010 no MARCO - Vigohoxe.vigo.org/pdf/axenda/veranmarco2010.pdf · Programación VERÁN 2010 no MARCO O verán acaba de comezar e, durante os dous próximos meses,

‘JOSE DÁVILA. Espazo continuo’PUNTOS DE ENCONTRO V

• Ata o 29 de agosto 2010

• Espazo Anexo

• Comisaria: Agar Ledo Arias

• Producción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de

Vigo

A obra do artista Jose Dávila (Guadalajara, México, 1974), prorrogada ata o 29 de agosto, pecha o ciclo ‘Puntos

de encontro’ no Espazo Anexo. A súa proposta é unha escultura sen principio nin fin que se desliza fóra dos

límites arquitectónicos, convertendo o Espazo Anexo nunha extensión da rúa e modificando o contorno ata

converterse, por contaminación, en mobiliario urbano.

DIDÁCTICA

‘RUTA 89’Obradoiros infantiís de veránPara nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas

• Do 6 ao 30 de xullo 2010

• Laboratorio das Artes (1º

andar) e salas de exposición

• Martes, mércores, xoves e

venres, de 12.00 a 14.00

• ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA

ata completar aforo

Un ano máis, o MARCO pon en marcha os seus talleres infantís de verán; un programa de actividades para

público infantil que este ano xiran en torno á mostra ‘89 Km. Colección CGAC’. Seguindo o fío dos eixes

temáticos da exposición, as propostas para os máis pequenos, que combinan talleres no ‘Laboratorio das Artes’

e visitas a salas, teñen que ver coa interpretación do cotián, a mensaxe e os seus significados, a vida na

cidade, o debuxo como medio artístico, a percepción e a transformación do espazo. Tomamos como punto de

partida obras de artistas como Mona Hatoum, Lars Arrhenius, Iván Navarro, Vicente Blanco, Botto & Bruno,

Álvaro Negro ou Txomin Badiola, entre outros, para distintos xogos e experimentos creativos.

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoFUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Caixanova, Ministerio de CulturaRúa Príncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com

3

Page 4: Programación VERÁN 2010 no MARCO - Vigohoxe.vigo.org/pdf/axenda/veranmarco2010.pdf · Programación VERÁN 2010 no MARCO O verán acaba de comezar e, durante os dous próximos meses,

CONCERTOS E FESTIVAIS

VIA STELLAE 2010V Festival de Música de Compostela e os seus CamiñosCiclo ‘MÚSICA Y ARTE. Tardes de música e visitas guiadas en espazos singulares’

• 9 e 10 de xullo 2010

• Salón de actos e salas de exposición

• Horario: ás 19.00 e 21.00 (concertos) e ás 20.00

(visitas guiadas)

• Promove e organiza: S. A. Xestión Plan Xacobeo.

Consellería de Cultura e Turismo, Xunta de Galicia

• ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo

O Festival Via Stellae extende as súas actividades polas vilas e cidades de Galicia situadas nas rutas de

peregrinación que conducen a Compostela. Por segundo ano consecutivo, o Via Stellae recala en Vigo, nesta

ocasión co ciclo ‘MÚSICA E ARTE. Tardes de música e visitas guiadas en espazos singulares’, que no caso do

MARCO combina concertos de música contemporánea e música barroca con visitas guiadas ao edificio do

Museo.

PROGRAMA

• VENRES 9 xullo

19.00 Quarteto Contratempus - Destinos (Lapa, Shostakovich, Lauridsen)

20.00 Visita guiada ao edificio do MARCO

21.00 Yetzabel Arias Fernández, Ars Atlántica - Manuscrito Guerra, vol. 3 (Hidalgo, Del Vado, De

Navas, Marín)

• SÁBADO 10 xullo

19.00 Alejandro Sanz, Jorge Montes - Na procura dunha nova tímbrica... (Berio, Oboe, Donadoni,

Jones)

20.00 Visita guiada ao edificio do MARCO

21.00 Gli Incogniti, Amandine Beyer - Vola, vola in altri petti: el barroco instrumental romano

(Stradella, Lonati, Corelli)

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoFUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Caixanova, Ministerio de CulturaRúa Príncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com

4

Page 5: Programación VERÁN 2010 no MARCO - Vigohoxe.vigo.org/pdf/axenda/veranmarco2010.pdf · Programación VERÁN 2010 no MARCO O verán acaba de comezar e, durante os dous próximos meses,

PROGRAMACIÓN AUDIOVISUAL

CICLO DE CINE. ‘Centroamérica e o Caribe’XXXI Bienal de Pontevedra

• Do 13 ao 30 de xullo 2010

• Salón de actos

• Horario: de martes a venres, ás 19.00

• Dirección: Rogelio Chacón e Santiago Olmo

• ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo

O Ciclo de Cine Centroamericano e Caribeño, que ten como sedes o MARCO de Vigo e o auditorio do novo

Museo de Pontevedra, constitúe unha célula complementaria dentro da programación da XXXI Bienal de

Pontevedra, achegando información e claves dende outros ámbitos creativos. Ata hai uns anos, o único país da

área cunha produción cinematográfica regular era Cuba, a considerable distancia de Nicaragua e Costa Rica.

Hoxe contamos con toda unha nova xeración de realizadores que abordan, dende o documental, a

mediometraxe e a longametraxe de ficción, aspectos da cultura popular, cuestións relacionadas coa violencia

ou retratos da vida cotiá dos barrios ou os pobos. A través destas producións cinematográficas ofrécense

lecturas que axudan ao visitante a comprender mellor o contexto do que xorde e no que se inscribe a

produción artística que compón o conxunto da exposición da Bienal. Rogelio Chacón, produtor afincado en

España e antigo director do Centro de Produción Cinematográfica de Costa Rica, dirixe esta sección xunto con

Santiago Olmo, comisario da Bienal.

PROGRAMA

• MARTES 13 xullo

Katia Lara. QUIÉN DIJO MIEDO. Honduras, 2009, documental, 108’

• MÉRCORES 14 xullo

Ernesto Doramas. LOS DIOSES ROTOS. Cuba, 2008, ficción, 96’

• XOVES 15 xullo

Katia Paradis. TRES REYES. Belice, 2007, documental, 88’

• VENRES 16 xullo

Rodrigo Rey Rosa. LO QUE SOÑÓ SEBASTIÁN. Guatemala, 2004, ficción, 83’

• MARTES 20 xullo

Arturo Torres. WET BACK. EEUU, 2005, documental, 97’

• MÉRCORES 21 xullo

Sami Kafati. NO HAY TIERRA SIN DUEÑO. Honduras, 2002, ficción, 107’

• XOVES 22 xullo

Gerardo Muyshondt/Carlos Moreno. HISTORIA DE UN GOL. El Salvador, 2009, documental, 70’

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoFUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Caixanova, Ministerio de CulturaRúa Príncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com

5

Page 6: Programación VERÁN 2010 no MARCO - Vigohoxe.vigo.org/pdf/axenda/veranmarco2010.pdf · Programación VERÁN 2010 no MARCO O verán acaba de comezar e, durante os dous próximos meses,

• VENRES 23 xullo

Julio Hernández. GASOLINA. Guatemala, 2008, ficción, 75’

• MARTES 27 xullo

Francisco Serrano. SEVA VIVE. Puerto Rico, 2008, documental, 90’

• MÉRCORES 28 xullo

Juan Carlos Cremata. PREMIO FLACO. Cuba, 2009, ficción, 95’

• XOVES 29 xullo

Jorge Dalton. ENTRE LOS MUERTOS. El Salvador, 2006, documental, 60’

• VENRES 30 xullo

Ishtar Yasin. EL CAMINO. Costa Rica, 2008, ficción, 91’

Se desexa recibir máis información, diríxase a:MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoDepartamento de Comunicación (Marta Viana ou Pilar Souto)R/ Príncipe nº 5436202 VigoTel. +34 986 11 39 08 /11 39 03 / 11 39 00Fax.+34 986 11 39 01Email: [email protected] [email protected]

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoFUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Caixanova, Ministerio de CulturaRúa Príncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com

6