Programa xogando co pensamento

35
PROGRAMA “XOGANDO CO PENSAMENTO” PLAN DE ACCIÓN TITORIAL “Unha vez espertado o pensamento non volve dormitar” - (Thomas Carlyle) DEPARTAMENTO DE ORIENTACION

Transcript of Programa xogando co pensamento

Page 1: Programa xogando co pensamento

PROGRAMA “XOGANDO CO PENSAMENTO” PLAN DE ACCIÓN TITORIAL “Unha vez espertado o pensamento non volve dormitar” - (Thomas Carlyle) DEPARTAMENTO DE ORIENTACION

Page 2: Programa xogando co pensamento

PROGRAMA “XOGANDO CO PENSAMENTO”

2

1. INTRODUCIÓN

2. OBXECTIVOS

3. CONTIDOS

4. ACTIVIDADES E TEMPORALIZACIÓN

5. MATERIAIS

6. AVALIACIÓN E SEGUEMENTO

Page 3: Programa xogando co pensamento

PROGRAMA “XOGANDO CO PENSAMENTO”

3

1. INTRODUCIÓN

Unha preocupación constante nos centros educativos é a calidade do pensamento do seu alumnado: cómo se chega aos niveis do bo pensamento. Aínda que o pensamento desexable foi caracterizado de moitos xeitos (produtivo, racional, lóxico, etc.), o termo máis empregado é pensamento crítico. O pensamento creativo ou inventivo é un segundo tipo de pensamento que se debe fomentar nas aulas. Considerase que o pensamento crítico é, primordialmente, pensamento avaliativo e o pensamento creativo, xenerativo. Unha diferenza entre ambos radica en que o crítico emite xuízos de avaliación baseados nun razoamento lóxico (Piette, 1998). Pero os dous tipos de pensamento non son contrarios, compleméntanse e comparten moitos atributos. Os pensadores críticos xeran maneiras de probar as súas afirmacións; os pensadores creativos examinan pensamentos xerados recentemente para avaliar a súa validez e utilidade. Tanto un coma outro caracterizan un tipo de pensamento de orden superior, que é a esencia da comprensión e evita a aplicación repetitiva de coñecementos ou habilidades mecánicas.

Dende a psicoloxía cognitiva vense traballando na mellora do pensamento por medio de estratexias ou programas específicos, como son os de Feuerstein, Lipman, Gardner, co propósito de “ensinar a pensar” ao alumnado dentro do contexto escolar. Dende esta perspectiva do “ensinar a pensar” xenáronse algúns modelos orientados a desenvolver estratexias de pensamento. Os supostos básicos destes modelos os podemos resumir nos puntos seguintes:

A ensinanza directa de habilidades de pensamento xunto aos contidos curriculares xera coñecemento e axuda a profundizar cada vez máis na aprendizaxe.

A organización da información mediante representacións mentais é esencial para a integración do coñecemento.

A reflexión sobre o aprendido ou metacognición axuda a controlar e avaliar o propio pensamento.

A aplicación do aprendido (transferencia) axuda a interiorizar a aprendizaxe.

Por outra banda, as actividades lúdicas resultan altamente atractivas para traballar co alumnado, posibilitando na intervención educativa conxugar axeitadamente unha aprendizaxe construtivo-creativa. Sen dúbida, incrementa ou activa o campo do interese do alumnado, favorecendo a adquisición de coñecementos significativos. Nikitin (1988) manifesta que os xogos desenvolven diferentes cualidades intelectuais: atención, memoria, representación espacial, imaxinación, observación, clasificación, sistematización, combinación, etc. É dicir, é un bo mecanismo para impulsar situacións e vivencias ricas de aprendizaxe significativa.

Page 4: Programa xogando co pensamento

PROGRAMA “XOGANDO CO PENSAMENTO”

4

Ensinando a pensar

Sir Ernest Rutherford, presidente da Sociedade Real Británica e Premio Nobel de Química en 1908, contaba a

seguinte anécdota: Hai algún tempo, recibín a chamada dun colega. Estaba a piques de pór un cero a un

estudante pola resposta que dera nun problema de física, a pesar de que este afirmaba con rotundidade que a

súa resposta era absolutamente acertada. Profesores e estudantes acordaron pedir arbitraxe de alguén

imparcial e fun elixido eu. Lin a pregunta do exame e dicía: "Demostre como é posible determinar a altura dun

edificio coa axuda dun barómetro". O estudante respondera: "leva o barómetro á azotea do edificio e átalle

unha corda moi longa. Descólgao até a base do edificio, marca e mide. A lonxitude da corda é igual á lonxitude

do edificio". Realmente, o estudante expuxera un serio problema coa resolución do exercicio, porque

respondera á pregunta correcta e completamente.

Doutra banda, se se lle concedía a máxima puntuación, podería alterar a media do seu ano de estudos, obter

unha nota mais alta e así certificar o seu alto nivel en física; pero a resposta non confirmaba que o estudante

tivese ese nivel. Suxerín que se lle dese ao alumno outra oportunidade. Concedinlle seis minutos para que me

respondese a mesma pregunta pero esta vez coa advertencia de que na resposta debía demostrar os seus

coñecementos de física.

Pasaran cinco minutos e o estudante non escribira nada. Pregunteille se desexaba marcharse, pero

contestoume que tiña moitas respostas ao problema. A súa dificultade era elixir a mellor de todas. Escuseime

por interromperlle e rogueille que continuase.

No minuto que quedaba escribiu a seguinte resposta: colle o barómetro e lánzao ao chan dende a azotea do

edificio, calcula o tempo de caída cun cronómetro. Despois aplícase a formula altura = 0,5 pola por T2. E así

obtemos a altura do edificio. Neste punto pregunteille ao meu colega se o estudante podíase retirar. Deulle a

nota mais alta.

Tras abandonar o despacho, reencontreime co estudante e pedinlle que me contase as súas outras respostas á

pregunta. Bo, respondeu, hai moitas maneiras, por exemplo, tomas o barómetro nun día asollado e mides a

altura do barómetro e a lonxitude da súa sombra. Se medimos a continuación a lonxitude da sombra do

edificio e aplicamos unha simple proporción, obteremos tamén a altura do edificio.

Perfecto, díxenlle, e doutra maneira? Si, contestou, este é un procedemento moi básico: para medir un

edificio, pero tamén serve. Neste método, tomas o barómetro e sitúaste nas escaleiras do edificio na planta

baixa. Segundo sobes as escaleiras, vas marcando a altura do barómetro e contas o numero de marcas ata a

azotea. Multiplicas ao final a altura do barómetro polo numero de marcas que fixeches e xa tes a altura. Este é

un método moi directo.

Por suposto, se o que quere é un procedemento mais sofisticado, pode atar o barómetro a unha corda e

movelo coma se fose un péndulo. Se calculamos que cando o barómetro está á altura da azotea a gravidade é

cero e se temos en conta a medida da aceleración da gravidade ao descender o barómetro en traxectoria

circular ao pasar pola perpendicular do edificio, da diferenza destes valores, e aplicando unha sinxela formula

trigonométrica, poderiamos calcular, sen dúbida, a altura do edificio.

En neste mesmo estilo de sistema, atas o barómetro a unha corda e descólgalo dende a azotea á rúa. Usándoo

como un péndulo podes calcular a altura medindo o seu período de precesión. En fin, concluíu, existen outras

moitas maneiras. Probablemente, a mellor sexa tomar o barómetro e golpear a porta da casa do conserxe.

Cando abra, dicirlle: señor conserxe, aquí teño un bonito barómetro. Se vostede dime a altura deste edificio,

regálollo. Neste momento da conversación, pregunteille se non coñecía a resposta convencional ao problema

(a diferenza de presión marcada por un barómetro en dous lugares diferentes proporciónanos a diferenza de

altura entre ambos os lugares) evidentemente, dixo que a coñecía, pero que durante os seus estudos, os seus

profesores tentaran ensinarlle a pensar.

O estudante chamábase Niels Bohr, físico danés, premio Nobel de Física en 1922, máis coñecido por ser o

primeiro en propor o modelo de átomo con protóns e neutróns e os electróns que o rodeaban. Foi

fundamentalmente un innovador da teoría cuántica. Á marxe do personaxe, o divertido e curioso da anécdota,

o esencial desta historia é que LLE ENSINARON A PENSAR…

Page 5: Programa xogando co pensamento

PROGRAMA “XOGANDO CO PENSAMENTO”

5

2. OBXECTIVOS

Fomentar o pensamento hipotético-dedutivo a través de resolución de casos.

Aprender a manexar e valorar a información aportada.

Empregar o xogo como unha ferramenta para a aprendizaxe.

3. CONTIDOS

28 casos detectivescos:

20 casos do inspector Sánchez

8 casos da inspectora Noemí

4. ACTIVIDADES E TEMPORALIZACIÓN

Os diferentes casos distribuiranse en coincidencia os grupos de 1º e 3º e os grupos

de 2º e 4º.

1º Trimestre

1º e 3º da ESO Casos do inspector Sánchez: 1, 2, 3, 4, 5, 6.

2º e 4º da ESO Casos do inspector Sánchez: 7, 8, 9, 10, 11, 12

2º Trimestre

1º e 3º da ESO Casos do inspector Sánchez: 13, 14, 15, 16 Casos da inspectora Noemí: 1, 2, 3, 4

2º e 4º da ESO Casos do inspector Sánchez: 17, 18, 19, 20 Casos da inspectora Noemí: 5, 6, 7, 8.

5. MATERIAIS

- Documento de cada caso.

- Solucionario para o profesorado.

- Imaxes impresas a cor para o profesorado.

6. AVALIACIÓN E SEGUEMENTO

Ao remate do programa pasarase ao alumnado e ao profesorado-titor unha enquisa

para valorar o seu grao de aproveitamento e disfrute.

Page 6: Programa xogando co pensamento

A ALFOMBRA Jorge Salazar e Méndez, era o único herdeiro da

gran fortuna familiar e, probablemente, última

persoa que levaría tan prestixioso apelido, xa que no

seu matrimonio non se puideron ter descendentes.

Nestes momentos estaba sendo interrogado pola

policía debido a que Paula, a súa esposa, fora

asasinada e el era o único acusado.

Fermín e Clotilde, o matrimonio que se encargaba

dos labores do servizo na casa, declararon que

presenciaron o crime cometido polo señor Méndez a

través dunha cristaleira, sen que este désese conta

de que estaba sendo observado tras a vidreira do salón.

Na súa declaración dixeron que golpeou á súa esposa cunha pesada figura de bronce e

que trasladou o cadáver ao faiado e que xusto nese momento soou o timbre da entrada.

Eran os invitados da festa que ían dar esa mesma noite. Como o chan do salón

manchouse de sangue, o señor Méndez precipitadamente e sen dubidalo, arrastrou a

alfombra que había debaixo dunha mesa e tapo con ela a mancha de sangue que só uns

segundos antes derramase a súa esposa.

Cando entraron os primeiros invitados díxolles que subiría a avisar á súa esposa da súa

chegada, pero uns minutos despois baixou as escaleiras con xesto preocupado dicindo

que Paula non estaba arriba.

O matrimonio do servizo doméstico, pasado un tempo pensou que debían chamar á

policía e contar o que viran. Deste xeito o señor Méndez estábase vendo acusado do

crime da súa esposa, pero sen dubidalo negou todas as acusacións.

Con todo cando a policía buscou pola casa, o cadáver apareceu no faiado, tal como

dixeron o matrimonio encargado do servizo doméstico. Así mesmo, a figura de bronce,

con que golpeou a Paula, estaba manchada de sangue. Tamén se atoparon manchas de

sangue na escaleira do salón e

baixo a alfombra.

Non cabía dúbida, todas as

pistas acusaban ao esposo e

aínda que se empeñaba en

negar o que parecía evidente, a

policía empezou a lerlle os seus

dereitos á vez que o esposaba.

Con todo cando o inspector ía

saír do salón, detívose, virouse

de novo e mirando fixamente a

alfombra do salón, pediu aos

policías que soltarán ao señor

Méndez e que esposarán ao

matrimonio encargada do

servizo, acusándoos do

asasinato da señora Paula. Acababa de darse conta dun detalle que demostraba que

mentían na súa declaración.

Page 7: Programa xogando co pensamento

A solución a este enigma pode estar no texto ou no debuxo. Para axudarche a

pescudalo, segue estes consellos.

1.- Le atentamente todo o texto.

2.- Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.

3.- Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.

4.- Se non logras atopar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.

A resposta é:

Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non che desanimes no próximo pon

máis atención na lectura e verás como o logras.

Actividade sacada da páxina web de actiludis

Page 8: Programa xogando co pensamento

“A FRECHA”

As relacións familiares non sempre son as que un

pode esperar que sexan: amorosas, afables,

amigables, sentimentais,… e sobre todo cando hai

diñeiro de por medio, pero as relacións se poden

complicar aínda máis, volvéndose envexosas,

mesquiñas, traidoras,… se cando do que se trata non

é simplemente diñeiro; se non dunha extremada e

considerable fortuna. Nestes casos as relacións ás

veces son realmente moi, moi complicadas.

O primeiro fin de semana posterior á morte de

Alfredo, patriarca da familia Gómez, ía ter lugar a

esperada e desexada lectura testamento do ancián defunto. A reunión non podía

considerarse normal na familia Gómez e o certo era que, segundo anunciou el mesmo en

vida, algúns dos seus herdeiros tiñan reservada unha sorpresa.

Todos se deron cita no vello caserón, tradicional residencia familiar. Nas súas mentes

estaba unha idea: o único que podía esperar algo do vello era Teodoro, o fillo menor,

que sempre estivo moi unido ao seu pai, dende o seu nacemento e ata o último día da

súa longa vida.

Aquela noite tras a silenciosa cea que compartiu co resto dos seus familiares, Teodoro

retirouse temperán ao seu dormitorio alegando encontrarse moi canso. Pechou co

ferrollo a porta do seu dormitorio e o primeiro que lle chamou a atención foi unha folla

de papel sobre o escritorio.

Achegouse a ela e puido ler que nela lle pedían que acudise nese mesmo instante ao

Xardín detrás do invernadoiro, a uns cincuenta metros da casa, onde alguén lle esperaba

para darlle unha información importante.

Na nota non indicaba quen lle facía semellante petición, pero a curiosidade fíxolle baixar

sen facer ruído e

rodeou a casa

camiñando preto da

parede. Ao separarse

desta non tivo tempo

de camiñar máis, xa

que unha frecha se

cravou nas súas

costas.

Ningún dos tres

parentes tiña

coartada xa que

declararon

encontrarse sos

cando aconteceu o

asasinato. Cando

chegou o inspector

Sánchez, Pedro

díxolle encontrarse

no salón xunto á cheminea, Lois informoulle que saíu a dar un paseo polo lado oposto

Page 9: Programa xogando co pensamento

onde apareceu o cadáver, polo que non o viu, e Xoán declarou encontrarse no seu cuarto

do piso superior descansando. Tras examinar o cadáver e as declaracións de cada un, o

inspector non o dubidou e detivo como sospeitoso de asasinato a Xoán.

Sabes cal foi o detalle que lle permitiu supoñer ao inspector Sánchez que Xoan era o

asasino?. A solución pode estar no texto e no debuxo.

Le atentamente e observa o escenario dos feitos narrados. Para axudarche a descubrilo,

segue estes consellos.

1. Le atentamente todo o texto.

2. Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.

3. Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.

4. Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.

A resposta é:

Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo pon

máis atención na lectura e no debuxo e verás como o logras.

Actividade sacada da páxina web de actiludis

Page 10: Programa xogando co pensamento

“A ESCALEIRA”

Rosalía e Fernando formaban un matrimonio sinxelo

cunha vida tranquila e feliz. Ambos os dous

xubiláranse facía escasamente uns meses e fóranse a

vivir a unha casiña no campo no pobo que os viu

nacer. Dende a súa volta á localidade recuperaran as

amizades de cando eran novos e adoitaban reunirse

unha vez á semana, para recordar os vellos tempos e

organizar paseos polos arredores.

En xeral tratábase dunha vida tranquila na que o

único obxectivo diario que formulaban era gozar os

días da súa xubilación que tiñan por diante, sen

buscarse excesivas complicacións e sen deixar pasar aqueles momentos para poder

gozalos en compañía dos amigos.

Para o Inspector Sánchez, este tipo de vida tan apracible era o que non comprendía e lle

impedía ver a razón que empurrara á señora Rosalía a poñer fin á súa vida daquela

forma tan desagradable. Aquela mañá aparecera morta no salón da súa casa de campo

colgada da lámpada cunha corda.

O seu marido foi quen a encontrou, colgando a máis dun metro do chan. No chan

estaban as súas zapatillas e unha pequena escaleira de dous chanzos que fora utilizada e

que se encontraba pechada e caída xunto ás zapatillas. A escena do salón supuxo unha

forte impresión

para o marido, da

cal aínda non se

puidera repoñer.

Cando avisou á

policía, en poucos

minutos se

encheu toda a

casa e non

pararon de

facerlle todo tipo

de preguntas,

que non parecían

ter respostas

abondo. Declarou

que aquela mañá

se levantara moi

temperán, sen

espertar a súa

esposa, e que a

pasara arranxando as rosas do xardín, e que sobre as dez da mañá, crendo que xa

estaría esperta a chamou, para que vise como estaban a quedar as roseiras, pero ao non

recibir contestación comezou a preocuparse. Tras entrar na casa descubriuna tal e como

a encontraría posteriormente a policía, xa que segundo declarou non tivo forza para

baixala, debido á súa avanzada idade e ao peso da súa muller, esperando sen máis

remedio ata que chegase a policía.

Page 11: Programa xogando co pensamento

Un rexo axente de uniforme foi quen a descolgara subindo á mesma escaleira que

utilizou a vítima, necesitando a axuda dun compañeiro, xa que debido á altura á que

estaba o corpo non podía suxeitala ben. Rematada a operación o Inspector Sánchez fixo

saír o marido do salón e pediulle que o acompañase para asinar unha declaración de

trámite. O home tiña uns ollos inexpresivos e parecía que por primeira vez empezaba a

preguntarse por que a súa esposa se suicidara. Vendo o rostro daquel home asustado,

ninguén podía pensar que dous días máis tarde sería detido por asasinato, por un

pequeno detalle que non previra.

Sabes cal foi ese detalle que lle escapou?. A solución pode estar no texto e no debuxo.

Le atentamente e observa o escenario dos feitos narrados. Para axudarche a descubrilo,

segue estes consellos.

1. Le atentamente todo o texto.

2. Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.

3. Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.

4. Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.

A resposta é:

Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo pon

máis atención na lectura e no debuxo e verás como o logras.

Actividade sacada da páxina web de actiludis

Page 12: Programa xogando co pensamento

“O CABALO”

A señora Berta sentía un amor especial polos

cabalos. Dende nena criárase entre eles e sempre

acudira cos seus pais á casa de campo propiedade da

súa familia. Nela contaban con cortes con varios

fermosos exemplares de pura raza.

Gustáballe presumir de ter aprendido a montar a

cabalo antes de botar a andar e que nunca

renunciara ao seu paseo diario nalgún dos seus

cabalos, nin sequera cando facía mal tempo.

Pedro o mozo de cortes, sabía que todos os días ás oito en punto da mañá, o cabalo da

señora, debía de estar a punto fronte á porta principal da casa, aínda que a mañá

amencese fría e o ceo anubrado ameazase chuvia. Non obstante esperaba que aquel día

a señora renunciase ao seu paseo, pero ao igual que todos os demais, á hora prevista

apareceu pola porta coas súas botas de montar, as súas luvas, o seu pano ao pescozo,

un chuvasqueiro e a fusta na súa man dereita preparada para montar.

Pedro, por moito que lle molestase aquela situación, baixou os ollos e resignouse a

esperar na porta da casa o regreso da señora, como facía diariamente. A pesar de

intenso frío o paseo prolongouse máis do habitual, o cal empezou a preocupar a Pedro, e

mesmo o fixo presaxiar que algo desagradable puidese acontecer.

O frío empezaba a calarlle os ósos e aínda que non paraba de moverse dun lado para

outro para combatelo, a situación cada vez parecíalle mais desapracible. Poucos minutos

despois empezou a oír o ruído producido polo cabalo, que xa podía empezar a distinguir

entre a néboa que saía do bosque, e que ao galope con grandes zancadas chegaba á

casa.

De pronto algo pareceu chamar a atención da señora Berta que volveu a cabeza sen

decatarse que neses momentos o cabalo pasaba baixo unhas árbores con ramas baixas.

O forte golpe en pleno

rostro lanzouna facía

atrás, caendo o seu

corpo boca abaixo, xa

sen vida, no frío e

húmido chan.

Cando o Inspector de

policía Sánchez

chegou ao terreo

puido comprobar que

no chan, xunto ao seu

corpo, se encontraron

os seus lentes, a

fusta, unha das súas

luvas, un pano que

sempre levaba ao

pescozo, un pasador

que adornaba o seu

pelo e as pegadas

Page 13: Programa xogando co pensamento

xuntas do cabalo ao seu paso por alí.

Tras escoitar minuciosamente o relato dos feitos pola única testemuña do accidente, un

pequeno detalle fíxolle sospeitar que o mozo de cortes mentira na súa declaración e

mandou detelo.

O constante mal clima da zona, o frío das mañás de inverno e o gusto polos cabalos do

seu xefe, que non perdoaba, un só día sen o seu paseo, causara efecto no mozo, que

perdeu a razón e asasinou á señora Berta, ideando unha coartada que non conseguiu

enganar ao Inspector Sánchez.

Sabes cal foi ese detalle que lle escapou?. A solución pode estar no texto e no debuxo.

Le atentamente e observa o escenario dos feitos narrados. Para axudarche a descubrilo,

segue estes consellos.

1.- Le atentamente todo o texto.

2.- Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.

3.- Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.

4.- Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.

A resposta é:

Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo pon

máis atención na lectura e no debuxo e verás como o logras.

Actividade sacada da páxina web de actiludis

Page 14: Programa xogando co pensamento

"O CALENDARIO"

Aquel día Elisa levantárase moi feliz e decidira ir a

visitar o seu ancián tío aquela mesma noite. En

realidade a Elisa non lle faltaban motivos para selo, xa

que dende había varias semanas pasaba a ser a única

herdeira da fortuna do seu tío Don Pedro. Un gran

terrateniente propietario dun terreo de miles de

oliveiras que todos os anos lles reportaba suculentas

ganancias da venda do aceite. Ademais era propietario

do muíño de aceite e posuía unha flota de vinte

camións cisterna e unha fábrica de embasado do prezado ouro verde, na que daba

traballo a case todas as persoas que vivían no pobo.

Non obstante Elisa e o seu tío, nunca se levaron ben xa que ao seu tío lle gustaba que

todos cantos lle rodeaban sempre tivesen algún motivo para sentirse preocupado e

desconfiados. Era unha persoa túzara e desconfiada, tanto que levaba persoalmente

toda a contabilidade da súa fortuna, xa que cría que calquera empregado podía ser un

potencial delincuente. Don Pedro non tiña fillos xa que xamais chegou a casar, nin

sequera se lle coñeceu pretendente algunha, aínda que isto non lle estrañaba a ninguén

debido á súa personalidade tan complicada.

Debido á súa idade, uns anos atrás, decidiu redactar o seu testamento, pero como era

de esperar amolando todo o que puido, como a el gustáralle durante toda a súa vida. No

testamento deixaba toda a súa fortuna á súa única sobriña, Elisa, pero coa condición de

que ela tivese cumprido os dezaoito anos e alcanzase a maioría de idade antes do

momento da súa morte, pola contra toda a súa fortuna pasaría ás mans de persoas

anónimas que nada tiveran que ver con el en toda a súa vida.

Elisa acudiu á casa do seu tío, para darlle a gran noticia de que a pesar dos seus intentos

de deixala co mel nos labios xa era maior de idade. Facía varias semanas que non o

visitaba e ao entrar se estraño do silencio que había na casa e do olor nauseabundo que

o fixo conter a respiración. Ao entrar no escuro salón a súa impresión foi enorme. O seu

tío estaba morto, sentado nunha cadeira de brazos coa cara iluminada polo reflexo

dunha luz procedente dunha nutrida peixeira onde os rápidos e xoguetóns movementos

dos peixes parecían dar movemento ao rostro inerte do seu tío.

A policía descubriu que a morte foi por paro cardíaco había máis de tres semanas, sen

poder precisar exactamente o día.

Page 15: Programa xogando co pensamento

Sen embargo no despacho púidose

comprobar a data exacta en que morrera

polo calendario de notas que había sobre a

súa mesa e que sinalaba xustamente un día

despois do aniversario de Elisa. O inspector

de policía tras dar as ordes oportunas tomou

do brazo a Elisa e levouna a un lugar

apartado onde lle preguntou en voz moi

baixa: O seu tío morreu antes da data do

seu aniversario, verdade?. Cal foi o detalle

polo que o inspector Sánchez descubriu que

Elisa estivera na casa varias veces antes

dese día?.

A solución a este enigma pode estar no texto ou no debuxo. Para axudarche a

descubrilo, segue estes consellos.

1. Le atentamente todo o texto.

2. Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.

3. Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.

4. Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.

A resposta é:

Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo pon

máis atención na lectura e verás como o logras.

Actividade sacada da páxina web de actiludis

Page 16: Programa xogando co pensamento

"O CANDIL"

Estebo morreu como sempre quixo; na súa casa. Aínda

que polo que parecía non foi dunha morte natural, se

non que tivo que axudarse abrindo a chave do gas

deixándoo saír libremente mentres durmía.

Vivía nunha humilde casa aos arredores da cidade,

xunto a un vertedoiro. A vivenda era dunha soa planta

e tiña dous únicos cuartos, ambas as dúas de reducidas

dimensións, onde se almacenaban obxectos vellos moi diversos que Estebo fora

gardando pouco a pouco, coma se se tratase dun pequeno tesouro ao que consideraba

dalgún valor, aínda que a verdade calquera outra persoa tería pensado que os recollera

do vertedoiro próximo.

O defunto tiña varios amigos que como el se dedicaban a recoller ferralla polas rúas coa

cal conseguir unhas moedas para ir tirando na vida. O Inspector de policía Sánchez,

localizou axiña dous deles. Un foi o que esa mesma noite lle chamara á comisaría para

informar da sorte do seu amigo, pero coidouse de non dar o seu nome e colgou sen

identificarse. Chamábase Lucas e era demasiado mozo para pensar que xa fose

vagabundo e que se dedicase á recollida de ferralla. Ao parecer, Lucas encontrou o

cadáver de Estebo porque, segundo contou o Inspector, acudiu á súa vivenda co

propósito de recoller unhas ferramentas que lle prestara uns días antes. Dixo que se

viran a mañá anterior e quedaron citados na súa casa pola noite. Cando chegou a porta

estaba pechada, pero sen o ferrollo botado, polo tanto, só tivo que empurrala para

entrar. Dentro notou que o aire era irrespirable, e na escuridade total da noite, a luz da

súa lanterna permitiulle ver levemente o rostro de Estebo, cunha estraña cor

característica dos que morren por asfixia.

Estaba tendido sobre o seu sucio catre e antes de deitarse debeu de coidarse de pechar

moi ben as dúas únicas ventás da súa vivenda para evitar que o gas saíse do cuarto.

Un asubío constante indicou ao

mozo que a bombona de gas do

cuarto aínda estaba aberta, deixou

a gardaba canto recollía pola rúa

que puidese ter algún valor;

pechou a chave de gas e abriu as

ventás para airear a casa.

Aproximadamente á mesma hora

pasou polo lugar, Manuel, o outro

amigo de Estebo que compartía con

el moitos días de soidade. Era un

home duns cincuenta anos que

vestía unha sucia cazadora azul.

Igualmente confirmou ao Inspector

que entrou na casa cun pequeno

candil e que ao ver o seu amigo sen vida sobre a cama fuxiu para non se ver

involucrado.

O Inspector examinou o saco da vítima no que había algunhas latas de conserva, unha

Page 17: Programa xogando co pensamento

navalla, papeis de xornal e algunhas ferramentas e a continuación mandou deter un

deles por considerar que non se trataba dun suicidio.

Sabes a quen detiveron? Por que?

A solución a este enigma pode estar no texto ou no debuxo. Para axudarche a

descubrilo, segue estes consellos.

1.- Le atentamente todo o texto.

2.- Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.

3.- Non se trata dun xogo de acertar, se non de razoar.

4.- Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve a

relelo.

A resposta é:

Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo pon

máis atención na lectura e verás como o logras.

Actividade sacada da páxina web de actiludis

Page 18: Programa xogando co pensamento

"O ATROPELO" A pesar do sucedido aquela tarde de inverno, o certo

era que a casa dos Gutiérrez tiña obras de arte en

cantidade abondo como para instalar un verdadeiro

museo nela. Moitas das obras só tiñan un valor

sentimental para a familia, que as fora adquirindo e

custodiando de xeración en xeración, pero tamén

entre elas se encontraban algunhas de gran valor

económico.

Como era de esperar con tantas obras de arte na casa,

era necesario que os propietarios as tivesen aseguradas por unha cantidade de diñeiro

moi considerable e sobre todo dende que tivesen sufrido dous intentos de roubo, na súa

residencia, no transcurso do último ano.

Segundo contaron ao Inspector Sánchez, sobre as cinco da tarde dous homes

presentásense conducindo unha gran furgoneta fronte á porta principal da casa. O

enreixado do xardín, aínda que estaba encaixada como acontecía habitualmente, non

estaba pechado, polo que non lles constou nada empurrala e entrar co vehículo ata alí.

Cando chamaron á porta presentáronse como unha empresa de limpeza de chemineas e

unha vez dentro e con toda tranquilidade, ameazaron os donos, amordazáronos e

comezaron a sacar as pezas da colección, que consideraban máis importantes,

cargándoas na furgoneta coidadosamente. Pasada unha hora consideraron que o botín

era suficiente polo que antes de irse arrancaron os cables do teléfono, quitáronlles os

móbiles e partisen velozmente na súa furgoneta sen causar o menor dano aos

propietarios.

Tras atravesar o amplo xardín

velozmente, viron a figura dun gran

danés parado ante o enreixado de

saída. O can que vivía cos Gutiérrez

dende había aproximadamente 12

anos, máis que axudar á familia na

vixilancia da casa, debido á súa

avanzada idade pasábase a maior

parte do tempo durmido. Cando a

furgoneta se lle abalanzou, o vello

animal non tivo demasiado tempo

para reaccionar, sendo arrastrado de

cara polos dous delincuentes, que

saíron do terreo sen deterse e ao

esquivar o can tropezaron coa

columna dereita que suxeitaba o enreixado.

Os donos da casa presenciaron a escena aterrados, dende a entrada da casa, sen poder

auxiliar ao seu pobre can que xacía inmóbil xunto ao enreixado da entrada. Tras lograr

desatarse e empalmar os cables do teléfono chamaron á policía.

Cando os axentes chegaron explicáronlle detalladamente o sucedido ao Inspector

Sánchez, que facendo gala do seu sagaz olfacto de detective comprendeu rapidamente

que todo fora unha montaxe para cobrar da compañía de seguros a importante póliza

das obras supostamente roubadas.

Page 19: Programa xogando co pensamento

Sabes cal foi o detalle que lle permitiu descubrir a verdade ao Inspector?. A solución

pode estar no texto e no debuxo. Le atentamente e observa o escenario dos feitos

narrados. Para axudarche a descubrilo, segue estes consellos.

1. Le atentamente todo o texto.

2. Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.

3. Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.

4. Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.

A resposta é:

Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo pon

máis atención na lectura e no debuxo e verás como o logras.

Actividade sacada da páxina web de actiludis

Page 20: Programa xogando co pensamento

"ROUBO NA BIBLIOTECA"

Na pequena localidade de San Xoán era todo un

acontecemento poder contar, aínda que fose só por uns

días, cos manuscritos que anos atrás se descubriron na

abadía do pobo nos que se narraban os primeiros feitos

acontecidos na independencia do país e que por

seguridade se trasladaron á Biblioteca Nacional.

Para os habitantes de San Xoán era unha oportunidade

única poder ver os textos que lles colocaron no mapa, dándolles notoriedade desde o seu

descubrimento e convertendo a súa pequena localidade de menos de 3.000 habitantes, nun

referente na historia nacional do seu país.

Se o descubrimento do manuscrito producira moita atención O espectacular roubo na

biblioteca non tiña precedentes. Durante un mes expuxéronse ao público uns exemplares do

século XVII, cun gran éxito de asistencia de público. Debido ao valor dos manuscritos se

habían extremados as medidas de seguridade, contratouse unha compañía de vixiantes,

instalado cámaras e detectores de movemento.

O tomo máis valioso da exposición estaba sobre un armazón de madeira e protexida cunha

urna de cristal conectada mediante unha alarma á central de policía, que se puña en

funcionamento se alguén intentaba romper ou levantar o cristal.

Cando todo parecía que ía concluír cun gran éxito, o último día produciuse o roubo. O

ladrón seguramente había estado estudando, nos días previos ao peche, os sistemas de

seguridade instalados na biblioteca e en lugar de forzar o cristal, primeiro cortou os cables da

alarma, das cámaras de vídeo e despois rompeuno para apoderarse dos manuscritos.

A pesar das precaucións tomadas,

ao ladrón debéuselle pasar algún

sistema de seguridade, xa que a

policía chegou nun tempo record á

biblioteca. Alí puideron comprobar

que a pesar da súa rapidez o libro

máis valioso desaparecera,

tampouco deixara pegada, só deixou

abandonadas alí as ferramentas que

utilizou, do mesmo xeito que as

luvas que utilizou e un cigarro

fumarento.

Logo de interrogar a todos os

empregados da biblioteca que se atopaban alí, así como aos vixiantes contratados para a

exposición, e tras un minucioso exame do lugar dos feitos, o Inspector Sánchez, pediu que

Page 21: Programa xogando co pensamento

non se deixarán saír aínda a ninguén e que se pechasen todas as saídas da biblioteca xa que

estaba completamente seguro da posibilidade de que ao ladrón, logo de coller o libro e tras a

rápida chegada da policía, non lle deu tempo a escapar e que estivese aínda dentro do

edificio.

Tras montar un control na saída, polo que pasaron todos os visitantes do museo, empregados

e vixiantes, pouco despois tívose a sorte de descubrir ao ladrón co manuscrito baixo o abrigo,

tal e como supuxera o Inspector.

Sabes cal foi o detalle que lle permitiu supor á policía que o ladrón aínda estaba no

edificio?. A solución pode estar no texto e no debuxo. Le atentamente e observa o escenario

dos feitos narrados. Para axudarche a pescudalo, segue estes consellos.

1.- Le atentamente todo o texto.

2.- Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.

3.- Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.

4.- Se non logras atopar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.

A resposta é: _____________________________________________________________

___________________________________________________________________________

___________________________________________________________________________

Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non che desanimes no próximo pon máis

atención na lectura e no debuxo e verás como o logras.

Actividade sacada da páxina web de actiludis

Page 22: Programa xogando co pensamento

“O ROUBO DE DIAMANTES" Don Pedro García vivía coa súa esposa nunha gran

mansión do centro da cidade rodeada dun precioso

xardín e dun muro cunha soa cancela de entrada a

este. Era moi coñecido xa que era o propietario dunha

das máis importantes xoiarías da cidade. Aquela mañá

ao erguerse realizou as mesmas actividades dun día

calquera: aseouse, tomou o seu acostumado almorzo

de café e torradas, dirixiuse ao seu despacho para

resolver os últimos asuntos da casa antes de dirixirse

ao seu establecemento e saíu como era habitual ás

9:30 am. Aquela mañá non podía imaxinarse, que unhas horas máis tarde se encontraría

en comisaría polo maior roubo de xoias que se cometera na cidade.

Don Pedro, tiña o rostro desencaixado, era un home que non estaba afeito a vivir

acontecementos que se saísen da monotonía da orde diaria da súa vida e verse en

comisaría era para el algo extraordinario á vez que inaudito. A súa casa fora asaltada,

mentres el se encontraba na xoiaría e da súa caixa forte desapareceron uns valiosos

diamantes. Aínda que puidese pensarse que o lugar máis segura era a caixa forte da

xoiaría, Don Pedro informoulle a policía que el pensaba que se nalgún momento podía

sufrir un roubo, sería máis probable que fose na tenda que non na súa casa, e que por

esta razón gardaba nela as pezas máis valiosas.

Para o ladrón, abrir a caixa forte debeu ser sumamente sinxelo xa que se trataba dunha

caixa antiga cuxo mecanismo era moi rudimentario. O autor do roubo fixo no fecho moi

poucos danos, polo que nun primeiro momento a policía descartou de que se tratasen de

ladróns profesionais, máis ben podía tratarse dun ladrón de pouca monta que se

encontrou a maior sorpresa da súa vida.

Ao parecer, o ladrón, entrou trepando a unha árbore do xardín, cuxas ramas estaban

moi preto das ventás. Varios toradas de cristal foron encontrados pola policía no chan

dun cuarto do piso superior. Tamén desapareceu un cadro de gran valor e algúns

obxectos de prata, todos eles ao igual que os diamantes estaban asegurados. Todo

parecía indicar que o ladrón saíu da casa polo mesmo lugar que entrara.

Para sorpresa do Inspector Sánchez, dous días despois do roubo chegou, nun sobre

anónimo, a comisaría unha curiosa fotografía, dun home intentando abrir o portón de

entrada ao Xardín do terreo de Don

Pedro. Cando a policía amosou aos

García a fotografía, dixeron recoñecer o

home coma un visitante que estivo na

súa casa había algún tempo, por un

asunto de pouco interese, pero que non

recordaban claramente para que.

Non obstante, o Inspector Sánchez tras

repasar todos os indicios do caso avisou

a compañía de seguros de que non

pagase nada, ao señor García, dos

diferentes obxectos roubados e foi

detido acusado de estafa contra a

compañía aseguradora.

Page 23: Programa xogando co pensamento

Sabes cal foi o detalle que lle permitiu ao Inspector de que se trataba dunha montaxe

para cobrar o seguro?. A solución pode estar no texto e no debuxo.

Le atentamente e observa o escenario dos feitos narrados. Para axudarche a descubrilo,

segue estes consellos.

1. Le atentamente todo o texto.

2. Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.

3. Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.

4. Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.

A resposta é:

Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo pon

máis atención na lectura e no debuxo e verás como o logras.

Page 24: Programa xogando co pensamento

“A CHAMADA" Don Mario era un importante home de negocios da

cidade, moitas empresas xurdiran da nada grazas á

súa gran capacidade nos negocios. Só uns anos

atrás fora nomeado "Empresario do ano", galardón

co que se premiaba a súa sagaz vista para

adiantarse aos tempos coas súas ideas innovadoras

que lle permitiran crear un pequeno imperio

empresarial e cuxo diploma colgaba orgullosamente

no seu despacho.

Aquela tarde, tras unha curta conversación

telefónica colgou o teléfono e dirixiuse amoucado e

pensativo, dende a biblioteca da súa casa ata o seu despacho, situado no outro extremo

do corredor.

Segundo contou o mordomo, o viu pasar polo corredor, e observou que algo raro lle

debía de acontecer, pero se contivo de preguntar, sabía por outras ocasións que ao seu

xefe non lle gustaba nada que se inmiscuise nos seus asuntos persoais nin de negocios.

Don Mario, segundo relatou a policía, ao entrar no seu despacho non pechou a porta tras

de si, polo que puido ver todo o que aconteceu alí.

Contou que o viu situarse de pé, ante o seu escritorio, que abriu un dos caixóns e tras

unha breve pausa extraeu un revolver e sen deixar pasar un instante apertou o gatillo. A

forza do disparo fíxolle retroceder violentamente un paso, tropezando bruscamente

contra un espello que tiña na parede xusto tras de si.

Cando o mordomo quixo reaccionar xa era demasiado tarde, conforme se achegaba a

Don Mario, puido observar como as súas pernas comezaba a afrouxarse e suavemente

se deslizaba, apoiado no espello, ata caer sentado no chan, deixando, ao esvarar, unha

gran mancha de sangue

sobre o cristal. Tras o cal,

pensou, que o único que

podía facer era tomalo o

pulso para comprobar se

morrera e avisar a policía. O Inspector Sánchez

descubriu que Don Mario

incriblemente, pasaba por

importantes

dificultades económicas.

Varios dos seus negocios,

nos que invertera todo o

seu capital, e que

emprendera ultimamente,

fixérano perder unha gran

fortuna e dende había

varios días esperaba con

impaciencia unha chamada telefónica na que algo moi importante deberon comunicarlle

para que decidise tomar aquela decisión.

Tras escoitar atentamente a declaración do mordomo o Inspector, pensou que polo

sucedido tería que localizar á persoa coa que Don Mario falou telefonicamente uns

minutos antes de tomar tan fatal decisión, ao obxecto de poder coñecer máis detalles.

Page 25: Programa xogando co pensamento

Non obstante, non foi necesario e tras o asombro do resto dos policías ordenou que se

detivese o mordomo acusado de asasinato.

Sabes cal foi o detalle que permitiu saber o inspector que o mordomo mentira na súa

declaración e que non se trataba dun suicidio?.

A solución pode estar no texto e no debuxo. Le atentamente e observa o escenario dos

feitos narrados. Para axudarche a descubrilo, segue estes consellos.

1. Le atentamente todo o texto.

2. Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.

3. Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.

4. Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.

A resposta é:

Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo pon

máis atención na lectura e no debuxo e verás como o logras.

Actividade sacada da páxina web de actiludis

Page 26: Programa xogando co pensamento

"UN DÍA DE CHOIVA"

Esperanza herdara aquel enorme terreo, Só

había dúas semanas que se instalara alí co seu

marido e a verdade é que non lamentaba en absoluto

a morte do seu tío Luis. Dende nena sabía que o

terreo sería seu e unicamente foi cuestión de tempo

posuíla, o que lles garantía un futuro tranquilo sen

problemas económicos.

Non obstante, a mala fortuna cruzouse no seu

camiño, novamente aquel día amencera cunha desas mañás chuviosas que ao seu

marido tanto lle agradaban e que ela aborrecía con todas as súas forzas, xa que non

deixara de chover dende que tres días antes, pola tarde, se iniciase a tormenta.

Necesitaba tomar o aire e ver a luz do día, aínda que este fóra gris, por iso saíu ao

soportal da entrada e encheu os seus pulmóns de aire fresco. O soportal era amplo e

estaba cuberto por un tellado suxeito con dúas columnas de estilo clásico, un par de

chanzos permitían baixar a unha extensa explanada de terra avermellada que separaba a

casa das árbores e que se encontraba completamente embarrada por causa da chuvia.

Ao fondo, un home de idade que se ocupaba dos labores de xardinaría

empeñábase en protexer das chuvias unhas plantas poñendo un plástico por enriba. Ao

seu lado estaba un dos cans, un exemplar de gran tamaño que se habituara

rapidamente á súa nova dona. Apenas viuna, o animal percorreu baixo a chuvia a

distancia que o separaba da casa e chegou ata ela. Aínda non se detivera cando levantou

as súas patas dianteiras ante Esperanza. A envergadura do can contrastaba coa fraxilidade

da muller que non puido evitar caer cara a tras con tan mala fortuna que a súa cabeza

golpeou contra un moble que tiña detrás.

Unha vez no chan Esperanza apenas

moveuse e o seu cadáver quedou

tendido no chan, xunto á porta de

entrada. O animal seguía xogando ao

seu arredor cando o xardineiro

acudiu. Afastou de alí o can e avisou

inmediatamente o servizo, pero nada

puideron facer por ela.

Page 27: Programa xogando co pensamento

Cando o Inspector de policía Sánchez, escoitou a versión do xardineiro, única testemuña

do sucedido e viu o escenario, non dubidou un instante en cuestionar a historia que o

xardineiro lle contara e desbotou por completo que tivese acontecido como el contaba a

historia, desbotando rotundamente que se tratase dun terrible accidente, a pesar de que

non deixaba de repetir e afirmar que o can e só o can fora o causante do accidente.

Tras escoitar as versións do marido e do resto do servizo da casa, que

confirmaron non ter visto nin odio nada ata que lles avisaron, mandou deter o

xardineiro xa que na súa historia pasara por alto un pequeno detalle que o

desmontaba todo.

Sabes cal foi o detalle que lle permitiu descubrir a verdade ao Inspector?. A

solución pode estar no texto e no debuxo. Le atentamente e observa o escenario dos feitos

narrados. Para axudarche a descubrilo, segue estes consellos.

1.‐ Le atentamente todo o texto.

2.‐ Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.

3.‐ Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.

4.‐ Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.

A resposta é:

Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo pon

máis atención na lectura e no debuxo e verás como o logras.

Actividade sacada da páxina web de actiludis

Page 28: Programa xogando co pensamento

“A VENTÁ”

A señora Marta ocupaba unha pequena vivenda dos

arredores do pobo. En realidade tratábase dunha

zona apartada cuxa estrada de acceso remataba na

faldra da montaña, o que xustificaba que xamais se

vise por alí ningunha cara descoñecida.

O máis destacado do lugar era o aburrimento e a

falta de noticias locais, xa que nunca pasaba nada

distinto do que acontecía o día anterior. O roubo das

xoias da señora Marta representou, polo tanto, algo

histórico na localidade, pois probablemente era a

primeira vez que se producía un feito tan

extraordinario.

As circunstancias do roubo estrañaron a todos, en especial porque a anciá non abría a

porta da súa casa a ninguén, incluídos os seus propios veciños, aos cales atendía dende

unha ventá. Apenas saía á rúa, se acaso para coidar o seu xardín, e o facía tomando

toda clase de precaucións. Nin sequera se movía de casa para comprar, todo o que

necesitaba o encargaba por teléfono e o levaban a domicilio.

Aquel día, ao parecer recibiu tres visitas: o repartidor do mercado coa compra habitual,

un vendedor de libros que a visitaba todos os meses para traerlle as últimas novidades

editoriais e unha nova veciña do pobo para devolverlle unha regadeira que a anciá lle

prestara uns días antes. Calquera outro visitante que se tivese achegado á casa tería

sido visto e un gran número de persoas terían podido describir sen ningún problema a

quen se tería

achegado por alí, con

todo luxo de detalles.

Xa na casa,

o Inspector de

policía Sánchez,

comprobou que ese

día a señora Marta

recibiu do mercado

dous paquetes de

leite e algunhas

verduras levadas

dende o

supermercado da

localidade, o mozo do

repartición foi

interrogado e afirmou

que entregou o seu

pedido como todos os días sobre as doce da mañá e que como de costume lle deixo toda

a compra a través da ventá, deixándoa na anciá uns minutos máis tarde, encontrándose

perfectamente, non notando nada raro nin fóra do habitual de todos os días.

En canto ao vendedor de libros e a veciña que a visitara aquel día, ambos os dous

dixeron ter deixado en perfecto estado á señora Marta e no caso do vendedor moi

contento por venderlle cinco novelas dunha soa vez, aínda que tivese tido que atenderlle

Page 29: Programa xogando co pensamento

incomodamente a través da ventá.

A proximidade da ventá á porta fixo pensar ao inspector que o ladrón puido introducir o

brazo pola ventá e dende aí alcanzar o fecho, pero esta hipótese foi descartada de

inmediato, xa que a anciá tiña sempre a porta pechada con chave e a gardaba consigo

no peto do seu vestido. Non obstante, o Inspector non tardou moito en descubrir quen

entrara na casa, golpeado fortemente á súa dona e deixándoa inconsciente durante

varias horas e roubándolle pouco despois todas as xoias que gardaba.

Sabes quen o fixo?. A solución pode estar no texto e no debuxo. Le atentamente e

observa o escenario dos feitos narrados. Para axudarche a descubrilo, segue estes

consellos.

1.- Le atentamente todo o texto.

2.- Non deas solucións sen pensar se ten lóxica ou non.

3.- Non se trata dunha xogo de acertar, se non de razoar.

4.- Se non logras encontrar a solución mira atentamente o debuxo e volve relelo.

A resposta é:

Se o lograches sen axuda, es un fenómeno, se non, non te desanimes no próximo pon

máis atención na lectura e no debuxo e verás como o logras.

Actividade sacada da páxina web de actiludis

Page 30: Programa xogando co pensamento

1

SOLUCIONARIO

1. A ALFOMBRA

Se non saben podes axudarlles facéndolles reflexionar con estas preguntas que servirán de pista: - Segundo o que declarou o matrimonio, desde que soou o timbre e escondeu o cadáver,

pasou moito tempo?. - Cres que o sangue derramado no chan tarda moito en secarse? - Por que cres que o detective quedou parado mirando a alfombra?. - Como se deu conta o detective que mentiran?

SOLUCIÓN: Se sucedeu como contaron o matrimonio do servizo doméstico,o sangue debería estar aínda húmido cando a tapou coa alfombra, sen embargo no debuxo se ve a mancha no chan pero non na alfombra.

2. O CALENDARIO:

Se non saben podes axudarlles facéndolles reflexionar con estas preguntas que servirán de pista:

- Por que haberá tan malo olor onde estaba o cadáver do seu tío?. - Que iluminaba a cara do seu tío na escuridade do salón? - Que facían parecer o reflexo dos movementos dos peixes na cara do cadáver? - Cada canto tempo deben comer os peixes dunha

peixeira?

SOLUCIÓN: Se ninguén estivera na casa durante esas semanas, evidentemente os peixes da peixeira deberían ter morto por falta de comida. Elisa debeu descubrir a seu tío morto antes de cumprir os 18 anos e para non perder a herdanza, preparou o calendario e esperou varias semanas para que non puideran detectar o día exacto da morte do seu tío.

Page 31: Programa xogando co pensamento

2

3. O CANDIL

Se non saben podes axudarlles facéndolles reflexionar con estas preguntas que servirán de pista: - Sabes a razón pola que o gas ule tan mal?.

- Con que entrou Lucas na casa?, E Manolo?

- Un dos dous mente claramente, xa que é imposible entrar

na casa nas condicións que dicía. Por que?

SOLUCIÓN: Si Manuel entrara na casa co candil, o fogo do mesmo faría estoupar a casa pola acumulación de gas.

4. O ATROPELO

Se non saben podes axudarlles facéndolles reflexionar con estas preguntas que servirán de pista:

- Segundo os donos da casa Que fixeron os ladróns para entrar no terreo?.

- Cando atropelaron o can que lles aconteceu? - Paráronse na súa fuxida nalgún momento? - Segundo o que contestaches anteriormente fíxate ben no debuxo e que hai

que non concorda co que contaron os donos ao inspector Sánchez? -

SOLUCIÓN: Se non pararon a furgoneta na fuxida nin cando atropelaron ao can nin cando rozaron a columna da entrada da verxa, ¿como pasou a furgoneta a verxa sen abrila de todo?. Polo tanto tratábase dunha montaxe para cobrar o seguro das obras de arte.

5. ROUBO NA BIBLIOTECA

Se non saben podes axudarlles facéndolles reflexionar con estas preguntas que servirán de pista:

- Que obxectos deixou o ladrón na súa precipitada fuxida?.

SOLUCIÓN: Entre as cousas que o ladrón deixou na súa precipitada fuxida atopábase un cigarro que aínda estaba acendido e fumeando, polo que lle fixo supor ao Inspector que non debía andar moi lonxe.

Page 32: Programa xogando co pensamento

3

6. ROUBO DE DIAMANTES:

Se non saben podes axudarlles facéndolles reflexionar con estas preguntas que servirán de pista:

- Escribe a continuación os pasos que segundo o texto di que seguiu o ladrón

para entrar na casa.

- Dende onde cres que está feita a foto do presunto ladrón de diamantes? - Se a fotografía está realizada dende onde ti dixeches que a fixeron. Notas

algo estraño no portón?.

SOLUCIÓN: Se a foto se fixo dende fóra da casa, como o que enviou a carta anónima quería facer crer, esqueceu o detalle do fecho do portón, que soamente é visible dende o interior da casa. Polo tanto tratábase dunha montaxe para culpar a un inocente dun roubo finxido para cobrar o diñeiro do seguro.

Page 33: Programa xogando co pensamento

4

SOLUCIONARIO

7. A CHAMADA

Se aínda non o sabes contesta estas preguntas que che servirán de pista:

- Onde se encontraba Don Mario no momento do disparo?.

- Cantos pasos deu antes de golpearse co espello?.

- Como cres que tivo que ser o golpe que se deu antes

de esvarar e caer ao chan?.

SOLUCIÓN: Se Don Mario tan só deu un paso atrás cando se golpeou contra o espello, debía de estar moi preto del, e se o golpe, polo impulso da bala, foi tan grande como contou o mordomo, o espello debería estar roto, e non o estaba. Polo tanto se el era o único que viu a escena, e mentiu a explicación é que o asasinou e quixo aparentar un suicidio.

8. UN DÍA DE CHOIVA

Se aínda non o sabes contesta estas preguntas que che servirán de pista:

- Cantos días levaba chovendo sen parar?.

- Como estaba a explanada de terra avermellada fronte ao soportal da casa?

- Segundo o xardineiro, onde estaba o can cando saíu ao soportal

Esperanza?, e ata onde foi?.

SOLUCIÓN: Se houbera sucedido como contou o xardineiro, o pórche debería estar cheo de barro das pisadas do can, xa que tivo que chegar alí atravesando a extensión de terra vermella que pola choiva estaba embarrada.

Page 34: Programa xogando co pensamento

5

9. A VENTÁ

Se aínda non o sabes contesta estas preguntas que che servirán de pista:

- Segundo o relato, cada persoa que a visitou deixoulle algo á señora Marta.

Indica a continuación que deixou cada un. - Como sabes, a señora Marta nunca abría a porta. Segundo o que levaron cada

un iso era posible?

SOLUCIÓN: A única persoa que necesitou abrirlle a porta foi á veciña xa que a regadeira que lle devolveu non cabía entre as rexas da ventá, o resto, tanto o que lle trouxeron do supermercado coma os libros, si os puideron meter entre os barrotes.

10. A FRECHA

Se aínda non o sabes contesta estas preguntas que che servirán de pista:

- Onde declarou Xoán que se encontraba no momento dos feitos?.

- En que planta da casa estaba o dormitorio de Xoán?

- Que postura ten a frecha?, pódeche indicar algo?

SOLUCIÓN: A inclinación da frecha indica que tan só puido dispararse dende un piso alto e o único que declarou atoparse no seu cuarto do piso superior era Xoán

Page 35: Programa xogando co pensamento

6

11. A ESCALEIRA

Se aínda non o sabes contesta estas preguntas que che servirán de pista:

- Como de grande era a escaleira que supostamente usou?

- Puido o rexo axente de policía desatar a corda a Rosalía, el so?. Por que?.

- Se o policía non chegaba el so, Que cres que hai en toda a historia do marido

que non concorda?.

SOLUCIÓN: Se o fornido policía precisou axuda para baixala,

empregando a mesma escaleira que supostamente empregou ela,

porque non chegaba á altura necesaria, significa que ela

tampouco puido usar dita escaleira para o suicidio porque

tampouco tería chegado. Tratábase polo tanto dunha montaxe

para facelo parecer un suicidio.

12. O CABALO

Se aínda non o sabes contesta estas preguntas que che servirán de pista:

- Segundo o mozo de cortes como chegaba o cabalo de regreso á casa?

- A humidade do chan deixou ben marcadas as pegadas do cabalo.

Como eran estás

pegadas?.

- Segundo as dúas cuestións anteriores, como debía de ir o cabalo?.

E se era así como cres que foi o golpe

SOLUCIÓN: Se o cabalo ia ao galope as pegadas que se ven no chan

deberían de estar máis separadas e non xuntas como están, polo que

andando o golpe non puido ser mortal.