Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a...

18
Programa de Educación Familiar I

Transcript of Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a...

Page 1: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

Programa de Educación Familiar I

Page 2: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

En que podemos axudar para que o noso fillo/a

estude mellor?

1ª Sesión

Hábitos e Técnicas de Estudo

Page 3: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

Hábitos e Técnicas de Estudo

Os costumes, normas e estratexias que fan posible mellorar o rendemento escolar do alumnado dedicándolle o mesmo ou menor tempo e esforzo ao seu traballo como estudante.

= ou < Tempo e Esforzo + Rendemento

Page 4: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

Manuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito. Traballaba moito, cando ía subliñar todo lle parecía importante e cando memorizaba trataba de recordar ata os puntos e as comas.

Con que situacións nos podemos atopar?

Óscar nunca atopaba o momento axeitado para sentarse a estudar; os amigos e amigas, o xogo, a TV, o ordenador e algunha que outra escusa mal xustificada eran argumentos suficientes para non enfrontarse aos libros. Óscar non sabía organizar o seu tempo.

María tiña un bo hábito, todos os días se pechaba na súa habitación durante máis de dúas horas disposta a estudar, pero non lograba facer gran cousa: distraíase, íaselle o santo ao ceo e non había maneira. Como ela mesma recoñecía, non podía concentrarse.

Page 5: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

Alexandre estudaba moitísimo pero non lograba ter boas notas nos exames; é dicir, o seu rendemento era moi inferior ao esforzo realizado. Non sabía estudar.

Con que situacións nos podemos atopar?

Sonia, na clase, non conseguía atender ao profesor/a, mentres este explicaba, ela estaba nas verzas e non se daba de conta de nada.

Sara lía con tal lentitude que era imposible seguir o ritmo do curso no que estaba atrasándose cada vez máis coa sensación de fracaso e frustración.

Page 6: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

FACTORES QUE INFLÚEN NO ESTUDO EFICAZ

Ambientais

• Orde Física

• Orde Psíquica Persoais

Page 7: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

Ambientais Cando a miña nai ou o meu pai me di que me poña a estudar, contéstolle que no meu cuarto fai moito frío, calor ou que coa luz da lámpada non vexo moi ben, que estou moi incómodo, etc.

O meu cuarto parece unha leoneira: roupa amoreada, libros enriba e debaixo da coma ou da mesa, papeis por todas partes, os CDs e outras cousas máis. Así que cando decido pórme a traballar váiseme a metade do tempo buscando os cadernos, bolígrafos, libros, etc.

Non podo facer os deberes porque os meus irmáns non paran de moverse e de falar, molestándome constantemente.

Page 8: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

Ben iluminado Lámpada articulada con bombilla axeitada de 60W. A luz debe entrar

polo lado contrario do que estamos a escribir.

Silencioso

O máis afastado posible da radio, TV, salón,…

Lugar tranquilo

Que non sexa zona de paso, nin no que se celebren reunións,….

Sempre o mesmo lugar de estudo

Adquirirán hábitos e aforrarán esforzos innecesarios

Page 9: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

Limpo e ordenado Que non teñan cousas innecesarias que poidan distraer.

A orde aforra tempo e fai o traballo máis eficaz

Mobles axeitados

Mesa ampla, cadeira, estantería e taboleiro de cortiza

Boa ventilación

Evitar un ambiente cargado

Temperatura media

Sobre os 20 grados centígrados, que non faga frío nin calor

Cánsense máis

Page 10: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

• Orde Física Persoais

Durmir

Alimentación racional

Exercicio físico

Page 11: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

Durmir

Entre 7 e 9 horas para conseguir un bo rendemento intelectual

Fixar e respectar a hora de irse á cama e a hora de erguerse

Facemos o propósito firme

de durmir

Temos solucionado os problemas e preocupacións

Sono tranquilo e pracenteiro

Page 12: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

Alimentación racional

Axeitarse ás necesidades do organismo, segundo a idade e a actividade física e mental

Alimentación rica en proteínas, vitaminas, en sales minerais e, de maneira especial, en ferro, calcio e fósforo

Evitar as comidas copiosas

Unha dieta inadecuada pode afectar tanto ao comportamento como ao rendemento.

Evitar as graxas, os doces e as conservas

Almorzar forte, comer simplemente ben, merendar algo e cear pouco

Os hábitos sedentarios aconsellan

Page 13: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

Favorece o mantemento dun bo estado físico e mental.

Exercicio físico

Mellora a circulación do sangue e, polo tanto, a aportación de osíxeno ao cerebro.

Facilítase a claridade e axilidade da mente

Tonifica e relaxa o sistema neurovexetativo Condicións óptimas para

retomar o estudo

Desconectamos das preocupacións, eliminamos tóxinas, liberamos enerxía,….

Relaxación e concentración

Mellora o bo estado físico e a resistencia á fatiga

Contribúe a manter o peso ideal

Page 14: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

• Orde psíquica

Persoais

Ausencia de preocupacións e ansiedades

Bo nivel de autoestima

Actitude receptiva, curiosidade e interese por aprender

Page 15: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

Prelectura

Lectura comprensiva

Notas á marxe

Subliñado Esquema

Resumo

Memorización

O MÉTODO

Page 16: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

- Traballarán diariamente. - Evitarán o “a última hora“. - Adquirirán hábitos e estratexias de orde e organización. - Distribuirán adecuadamente todas as materias a estudar. - Economizarán esforzos, e optimizarán tempos e recursos. - Gañarán en seguridade e mellorarán o seu autoconcepto (os pequenos éxitos reforzan a conduta nas actividades posteriores).

A ORGANIZACIÓN E PLANIFICACIÓN DO TEMPO DE ESTUDO

Page 17: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

-Valorar o esforzo e a dedicación: non obsesionarse cos resultados. -Empuxar ao estudo sen que se note: insistir nunha mensaxe cos adolescentes é contraproducente. -Non centrar toda a valoración nas notas: miralo/a como persoa, non só o seu rendemento académico. -Resaltar os progresos: lembrar que os éxitos son peza chave para manter o interese. -Ser pacientes: os verdadeiros cambios non se producen a curto prazo. - Non por metas demasiado afastadas no tempo porque conducen ao desánimo: son máis eficaces os pactos familiares sobre aspectos concretos.

Que podemos facer como pais e nais?

Page 18: Programa de Educación Familiar I - usc.es fileManuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito.

Programa de Educación Familiar

Universidade de Santiago de Compostela

Grupo ESCULCA

http://www.usc.es/esculca/