Programa 2ºeso

20
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA GALEGA 2º ESO Prof. Sofia Rama Lorenzo [email protected] unta.es Curso 2010-11 GUIÓN I. AVALIACIÓN INICIAL II. OBXECTIVOS III. CONTIDOS IV. COMPETENCIAS BÁSICAS V. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN VI. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN VII. CRITERIOS DE AVALIACIÓN VIII. MÍNIMOS EXIXIBLES PARA ACADAR UNHA AVALIACIÓN POSITIVA AO FINALIZAR 1º ESO IX. PROXECTO LECTOR E PLAN TICs X. PROGRAMAS DE AULA A aprendizaxe dunha lingua progresa en espiral, o que significa que a adquisición

Transcript of Programa 2ºeso

Page 1: Programa 2ºeso

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA LINGUA E LITERATURA GALEGA

2º ESOProf. Sofia Rama [email protected] unta.es

Curso 2010-11

GUIÓN

I. AVALIACIÓN INICIALII. OBXECTIVOSIII. CONTIDOSIV. COMPETENCIAS BÁSICAS V. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓNVI. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓNVII. CRITERIOS DE AVALIACIÓNVIII. MÍNIMOS EXIXIBLES PARA ACADAR UNHA

AVALIACIÓN POSITIVA AO FINALIZAR 1º ESOIX. PROXECTO LECTOR E PLAN TICsX. PROGRAMAS DE AULA

A aprendizaxe dunha lingua progresa en espiral, o que significa que a adquisición de novas habilidades debe ir paralela ao mantemento das xa adquiridas. Por iso, os contidos, as competencias, os criterios de avaliación e os obxectivos para cada un dos catro cursos da ESO só se distinguirán no grao de profundidade en que sexan traballados polo docente e no grao de autonomía que deberá mostrar o alumnado en función da súa madureza.

Page 2: Programa 2ºeso

I. AVALIACIÓN INICIAL

Nos primeiros días do curso, tras as presentacións, realizarase unha Avaliación Inicial para observar o grao de desenvolvemento das Competencias Básicas do alumnado. De aí que o importante desa avaliación non sexa lembrar os contidos traballados no curso anterior senón as habilidades para poñer en práctica eses contidos. O modelo desa avaliación inicial será semellante en todos os cursos, cambiarán só os instrumentos de avaliación, é dicir, os filmes, os textos literarios e os xornais dixitais sobre os que traballará o alumnado, pois serán elixidos segundo o seu grao de dificultade en relación ao nivel de aprendizaxe no que se atopa cada alumno/a. O guión para esa Avaliación inicial será o que segue para todos os cursos da ESO:

1. CUESTIÓNS PERSOAIS

2. CUESTIONARIO

3. AVAL. CONTIDOSa) Cuestións sinxelas sobre os contidos impartidos en cursos anteriores.

4. AVALIACIÓN DA COMPETENCIA COMUNICATIVA (compr.-expr. Oral)a) Proxección filme. Recollida notas / apuntamentos. Explicación oral do recollido.b) Lectura en voz alta do primeiro texto do curso. Explicación oral do entendido na

lectura.c) Respostas breves en torno a un cuestionario sobre o filme.

5. AVALIACIÓN DA COMPETENCIA COMUNICATIVA (compr.-expr. Escrita)a) Elaboración do argumento do filme.b) Elaboración dun esquema da lectura.c) Respostas breves en torno a un cuestionario sobre a lectura.

6. AVALIACIÓN DAS OUTRAS COMPETENCIAS BÁSICAS:

C. para Aprender a Aprender

C. Dixital C. na Iniciativa Persoal

C. Social e Cidadá C. Artística e Cultural

-A través da lectura do texto e do esquema sobre o mesmo.-A través da exposición oral do argumento do filme.-A través da capacidade de autocorrección e autoavaliación.

-A través da busca na rede dun xornal dixital e da súa lectura, destacando as novas importantes da xornada.

-A través da busca na rede dun xornal dixital e da súa lectura, sendo quen de manter una actitude crítica ante a información recibida.

-A través da actitude crítica ante as manifestacións sexistas e os valores contrarios á democracia que xurdan das informacións recibidas nos distintos filmes e textos.

-A través da relación entre os textos literarios e as proxeccións cinematográficas ou as audicións musicais.

II. OBXECTIVOS

Tal e como se enumeran no Anexo II do Decreto 133/2007, onde se desenvolve o currículo da materia de Lingua Galega e Literatura, así presentamos os obxectivos xerais da área:

1. Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade social, cultural e académica.2. Expresarse oralmente de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural, adoptando mediante o diálogo actitudes de respecto e de colaboración cos demais.3. Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural.4. Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e analizar información e máis para redactar ou expoñer textos propios do ámbito académico.

Page 3: Programa 2ºeso

5. Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as Bibliotecas, os medios de comunicación social e as TIC , para obter, interpretar, elaborar e valorar informacións de diversos tipos e opinións diferentes.6. Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico para comprender textos orais e escritos e máis para escribir e falar con adecuación, coherencia e corrección.7. Comprender as circunstancias que condicionaron a historia social da lingua galega, afirmándoa como propia de Galiza, así como as que hoxe condicionan o seu uso, de xeito que se estea en disposición de superar as que supoñen obstáculos para a súa utilización en calquera contexto e situación.8. Coñecer e respectar a realidade plurilingüe e pluricultural do Estado Español, de Europa e do mundo actual, facerse consciente da riqueza que representa e entender as situacións que provoca o contacto de linguas.9. Analizar os diferentes usos sociais das linguas Para evitar os estereotipos que supoñan xuízos de valor e prexuízos clasistas, racistas ou sexistas.10. Ler con fluidez, consolidar o hábito lector e facer da lectura fonte de pracer, de enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo.11. Comprender textos literarios utilizando os coñecementos sobre as convencións de cada xénero, os temas e motivos da tradición literaria e os recursos estilísticos.12. Aproximarse ao coñecemento do patrimonuio literario e valoralo como un xeito de simbolizar a experiencia individual e colectiva en diferentes contextos histórico-culturais.

III. CONTIDOS

Bloque 1. Comunicación oral. Escoitar e falar.A) Comprensión de textos.

Tema 1: O acto comunicativo.-Comprensión de textos orais utilizados no ámbito académico, como presentación de tarefas, instrucións para a súa realización ou exposicións orais de temáticas variadas.-Desenvolvemento de habilidades de escoita activa. Actitude de interese, de cooperación e de respecto ante as intervencións dos que falan diante de nós, sobre todo en exposicións do profesorado ou do alumnado e mais no traballo colaborativo.-Valoración das producións orais emitidas cunha fonética galega correcta e actitude crítica ante os prexuízos que se poidan asociar a ela.

Tema 2: Os medios de comunicación.-Comprensión de novas de actualidade e de informacións de crónicas e de reportaxes procedentes dos medios de comunicación audiovisual.-Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que supoñan calquera tipo de discriminación, con especial atención ás procedentes dos informativos dos medios de comunicación.

B) Produción de textos.Tema 1: O acto comunicativo.

-Participación activa en situacións propias do ámbito académico (aclaracións, opinións, exposicións, conclusións...)-Coherencia entre comunicación verbal e non verbal na produción de discursos e nas presentacións orais.-Participación en situacións de comunicación reais ou simunladas propias da vida cotiá do alumnado adoptando o rexistro adecuado.-Valoración do diálogo como medio de resolución de conflitos. Intervencións orais respectuosas con quen nos rodea.-Interese por producir enunciados correctos.

Tema 2: Os medios de comunicación.-Exposición planificada, clara e ordenada coa axuda das TIC, de informacións da actualidade que interesen ao alumnado tomadas dos medios de comunicación.

Bloque 2. Comunicación escrita. Ler e escribir.A) Comprensión de textos.

Tema 3: Os textos e os seus tipos.

Page 4: Programa 2ºeso

-Comprensión de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais en ámbitos próximos á experiencia do alumnado (chat, correo electrónico...)-Comprensión de textos do ámbito académico (instrucións, exposicións, webs educativas, informacións de dicionarios e enciclopedias en diversos soportes).-Detección do tema e dos subtemas de narracións. Análise do contido de textos escritos (subliñado das ideas principais, elaboración de esq uemas, e creación de resumos).-Utilización progresivamente autónoma da biblioteca e das TIC como fonte de información e de modelos para a composición escrita.-Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo correctos, incidindo especialmente na adecuación aos patróns fonéticos galegos e aos signos de puntuación.

Tema 4: Os xéneros xornalísticos.-Compresión e análise de textos dos medios de comunicación. Coñecemento da estrutura dun xornal e atención ao lugar que na mesma ocupan a información dos feitos e os elementos paratextuais. Distinción das noticias e das crónicas.-Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que supoñan calquera tipo de discriminación, con especial atención ás procedentes das informacións dos xornais.

B) Produción de textos.Tema 3: Os textos e os seus tipos.

-Produción de textos propios da vida cotiá (diarios, cartas persoais, solicitudes...)-Composición de textos propios do ámbito académico (conclusións sobre aprendizaxes realizadas, probas escritas, resumos, esquemas, exposicións, ...)-Composición de narracións e descricións.-Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos, con respecto polas normas gramaticais e ortográficas... e con adecuación á temática, fins e destinatarios do escrito.

Tema 4: Os xéneros xornalísticos.-Composición de textos propios dos medios de comunicación impresos ou dixitais, especialmente noticias (artigos xornalísticos).-Uso das TIC para elaborar textos escritos aproveitando as posibilidades dos procesadores de textos, dos correctores ortográficos e de determinados programas informáticos que axudan a presentar adecuadamente os traballos.

Bloque 3. Funcionamento da lingua.Tema 5: A ortografía.

-Uso reflexivo da puntuación e das normas ortográficas, con aprecio dos seus valores funcionais e sociais.- Reflexión básica acerca daqueles aspectos da fonética e da fonoloxía do galego onde poidan producirse interferencias. Práctica mediante a lectura de textos).

Tema 6: O léxico.-Uso dun léxico suficientemente amplo e preciso, con incorporación de fraseoloxía e de vocabulario temático a partir de campos identificados nos textos traballados na aula.-Interpretación e aproveitamento das informacións lingüísticas que ofrecen os dicionarios e as obras de consulta.

Tema 7: A gramática.-Recoñecemento e uso reflexivo dos mecanismos de cohesión textual (deíxe persoal, nexos e conectores temporais e explicativos).-Recoñecemento da diferenza entre palabras flexivas e non flexivas. Recoñecemento das categorías gramaticais básicas (substantivos, adxectivos, pronomes, verbos, adverbios).-Comprensión das regras de concordancia e das funcións sintácticas básicas no seo da oración.-Uso das estratexias de autoavaliación e autocorrección, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe.

Bloque 4. Lingua e sociedade.Tema 8: Dúas linguas nunha sociedade.

-Coñecemento xeral das lenguas minorizadas e das lenguas internacionais, valorando positivamente o plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade. (A diversidade lingüística).

Page 5: Programa 2ºeso

-Coñecemento da realidade lingüística de Galiza. Observación da situación socilingüística en canto a usos e actitudes no contorno máis próximo. (Os preuízos lingüísticos).-Consciencia das potencialidades de enriquecemento persoal e colectivo do uso

normalizado da lingua galega, afirmando o plurilingüismo. (A loita contra os prexuízos lingüísticos).

-Observación das principais diferenzas entre as variedades xeográficas da lengua galega. (Os bloques lingüísticos).-Coñecemento da nosa legislación no relativo á Toponimia e á Antroponimia.

Bloque 5. Educación literaria.Tema 9: Literalúdica.

-Comparación entre textos pertencentes aos subgéneros literarios.-Selección guiada e lectura orientada das obras adecuadas á idade do alumnado.-Lectura expresiva e comprensiva e audición de poemas.-Lectura expresiva e comprensiva e audición de relatos breves.-Lectura dramatizada e comprensiva e visionamento de obras de teatro.-Creación de textos de intención literaria partindo dos modelos lidos e traballados na aula.-Coñecemento doutras linguaxes estéticas: a canción.-Aproveitamento da biblioteca escolar. Coñecemento das bibliotecas virtuais.

IV. COMPETENCIAS BÁSICAS

COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN

Utilización da linguaxe como instrumento de comunicación, oral e escrita.

1. COMPRENSIÓN:-Saber escoitar.

- Saber escribir.2. EXPRESIÓN:

-Saber falar. -Saber ler.

ACTIVIDADES: Comentarios de texto: orais e escritos -libres -críticos -literarios: poéticos e narrativosFONTES:-Prensa e medios de comunicación en xeral. -Textos ensaísticos.-Textos literarios.

COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER

Utilización da linguaxe para a construción de coñecementos (instrumento de acceso a novos coñecementos). 1. Ler comprensivamente. 2. Elaborar resumos e esquemas que organicen as ideas. 3. Interpretar as informacións lingüísticas dos dicionarios. 4. Expor conclusións sobre tarefas académicas... 5. Autocorrección. 6. Autoavaliación e coavaliación.

ACTIVIDADES: Lecturas (con apoio do dicionario) e informes sobre as lecturas.FONTES:-Relatos e poemas seleccionados polo docente.-Obras recollidas no PL.

COMPETENCIA DIXITAL E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN

Utilización da linguaxe para desenvolver destrezas para a busca e selección de información relevante, así como para a súa reutilización na elaboración de textos orais e escritos propios. 1. Uso de dicionarios. 2. Uso de correctores ortográficos. 3. Uso de enciclopedias.

ACTIVIDADES:Traballo de investigación con elaboración dunha presentación en power-point para

Page 6: Programa 2ºeso

4. Uso de xornais dixitais. 5. Produción de textos propios tras a selección, análise crítica, esquematización e síntese da información. 6. Uso de soportes electrónicos para a exposición de traballos de investigación e para o desenvolvemento do Plan TIC.

expor na aula.FONTES:-Manuais da Biblioteca.-Páxinas web indicadas-Libro de texto / apoio.

COMPETENCIA NA AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL

Utilización da linguaxe para a regulación da propia actividade con progresiva autonomía. Aprender a usar a lingua para aprender a analizar e resolver problemas, trazar plans e tomar decisións. 1. Manter unha actitude crítica ante as mensaxes recibidas. 2. Localizar a información. 3. Fomentar a autoestima lingüística. 4. Ser quen de realizar unha lectura dramatizada de obras literarias. 5. Ser quen de usar autonomamente os medios de comunicación social (lectura do xornal) 6. Ser quen de servirse das TIC para o propio proceso de aprendizaxe.

ACTIVIDADES:-Comentarios críticos.-Selección de lecturas voluntarias.-Uso da Sala de Prensa, da Biblioteca e da Sala de Informática fóra das horas de docencia directa.

COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ

Utilización da linguaxe como instrumento de representación, interpretación e comprensión da realidade. Aprender Lingua é aprender a comunicarse cos outros, a comprender o que estes transmiten e aprender a aproximarse a outras realidades.

1. Analizar criticamente os usos discriminatorios da linguaxe mediante os cales se transmiten prexuízos e imaxes estereotipadas do mundo.

2. Comentar de xeito crítico distintos tipos de textos (procedentes dos medios de comunicación, orais ou escritos)

3. Exercicio dos valores democráticos e dos dereitos civís.

ACTIVIDADES:-Comentarios críticos.-Exercicio do diálogo e do respecto polo que discrepa.FONTES:-Prensa e medios de comunicación en xeral. -Linguaxe non sexista. CIG-ensino.

COMPETENCIA ARTÍSTICA E CULTURAL

Utilización da linguaxe para valorar a riqueza cultural, a diversidade lingüística e a expresividade popular dun patrimonio literario e uns temas recorrentes que son expresión de preocupacións esenciais do ser humano.

1. Relacionar as manifestacións literarias con outras manifestacións artísticas: pintura, música, cinema...

2. Participar nas saídas didácticas a museos.

3. Participación en concertos.4. Asistencia a representacións tetarais.5. Desenvolver a capacidade creativa.

ACTIVIDADES:-Participar activamente en todas as saídas didácticas incluídas na programación da materia.-Creación de textos (ou calquera outra manifestación artística) xurdidos das aprendizaxes previas ou dos modelos utilizados.FONTES:-Saídas didácticas.-Posta en marcha dunha obra de teatro?

Page 7: Programa 2ºeso

V. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Todos os cursos da ESO reparten o seu labor en catro apartados, que constitúen os instrumentos de avaliación (recollidos nas Programacións de Aula, no apartado 6.- Secuenciación e Temporalización dos Contidos):

Labor diario na aula e actitude cara ao mesmoTraballo de investigaciónLecturas (mínimo dúas)Exame

O Desenvolvemento desta Materia rexerase pola distribución da mesma do seguinte xeito:

Exposición, explicación e debate dos contidos conceptuais (dotemario) na aula, coa axuda do Libro de Texto / Libro de Apoio e do material aportado polo profesor/a. A avaliación dos mesmos realizarase a través dun exame por Avaliación, así como dunha Recuperación (se o profesor/a a cre conveniente ou se o alumno/a así o demandase) unha vez realizada a Sesión de Avaliación.

Elaboración e Exposición, na aula cada trimestre dun Traballode Investigación, sobre a Historia da Lingua en 3º e 4º ESO e sobre Cultura e Tradicións Galegas en 1º e 2º ESO, que o alumnado realizará a través da súa investigación persoal e individual coa axuda dos recursos sinalados pola docente e o material do que se poida servir na Biblioteca, no centro ou na súa propia casa. Para a investigación e exposición deste traballo será imprescindíbel o manexo das novas tecnoloxías da información e a comunicación. (PTIC)

Realización de variadas Lecturas por trimestre sobre as quese irá informado ao profesor/a a través do correo-e ou do Blogue de aula mediante a realización de informes, comentarios ou creacións literiarias que imiten o texto lido, e que servirán de instrumento para a avaliación deste apartado da materia. Tratarase sempre de fomentar a realización de Lecturas Voluntarias para as que non pode haber un "exame" ao finalizar a devandita lectura, posto que perderían a súa función pracenteira. O “control de lectura” será só preceptivo no caso das Lecturas Obrigatorias. (PL)

A Educación Secundaria Obrigatoria, como o seu nome indica, é unha etapa obrigatoria, polo tanto a asistencia a clase, as adecuadas posturas e formas na clase, así como o interese pola materia e a atención a compañeiros/as e profesores/as, será tan importante ( ou máis, pois estamos educando en valores, formando persoas, antes que ningunha outra cousa) que un exame Trimestral ou Final.

Avaliarase a actitude do alumno/a cara a materia e cara ao proceso de ensino-aprendizaxe no día a día, mediante a realización continuada de todo tipo de exercicios que nos axuden a poñer en práctica os conceptos explicados na aula.

Este apartado, o Traballo diario na Aula e a actitude ante o mesmo, suporá, em relación á nota global de cada Avaliación.

VI. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

DE CUALIFICACIÓN PARA 2º ESO

Cada avaliación o alumno/a será avaliado polo seu labor cotián na aula e a súa actitude cara ao mesmo. Este apartado suporá 1/5 no cómputo global da materia ao finalizar a avaliación. É dicir, suporá até 2 puntos sobre 10.

Page 8: Programa 2ºeso

Cada avaliación o alumnado realizará dúas lecturas obrigatorias, unha lectura na aula (guiados pola profesora) e as lecturas voluntarias da súa preferencia. Cada unha desas lecturas será avaliada a través de distintos procedementos (especialmente o informe) e suporá 2/5 no cómputo global da materia ao finalizar a avaliación. É dicir, suporá até 4 puntos sobre 10.

Cada avaliación o alumnado realizará un traballo de investigación sobre a Cultura e Tradición Galega, para o cal deberá servirse das TIC. Este apartado suporá 1/5 no cómputo global da materia ao finalizar a avaliación. É dicir, suporá até 2 puntos sobre 10.

Cada avaliación o alumnado realizará un exame sobre os contidos conceptuais traballados na aula. Este apartado suporá 1/5 no cómputo global da materia ao finalizar a avaliación. É dicir, suporá até 2 puntos sobre 10.

OBSERVACIÓN IMPORTANTE: NON SERÁ POSIBLE APROBAR A UN ALUMNO/A QUE NUN OU VARIOS DOS APARTADOS ANTERIORES OBTIVESE UN CERO OU ABANDONASE ESE LABOR.

MODELO DE EXAME

I. TEXTOII. CUESTIÓNS SOBRE O TEXTO

1. Explicación do contido do texto (resumo e/ou esquema, selección dun título adecuado)

2. Definición de termos do propio texto3. Cuestións de Gramática:

a) Clasificación e análise de palabras do textob) Formación do plural e/ou do femininoc) Análise das distintas partes dun enunciado

4. Cuestións de Sociolingüística:a) Corrección de castellanismos e

hipergaleguismosb) Interpretación dalgunha tira cómica

5. Exercicio de ortografía6. Identificación das imaxes literarias nun poema

breve7. Redacción dun tema sobre algún autor ou época

literaria traballado na aula

Page 9: Programa 2ºeso

VII. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. O alumno/a debe ser quen de narrar, describir e expoñer oralmente sucesos, informacións, valoracións, etc. con corrección lingüística, respecto ás regras sociocomunicativas e actitude dialogante e atenta ás expresións e opinións dos demais. O alumno/a debe ser quen de reproducir, oralmente e por escrito, o asunto de textos oídos (noticias, instrucións, exposicións...).

O alumno/a debe ser quen de escoitar e falar corecta e comprensivamente para desenvolver a súa competencia comunicativa.

2. O alumno/a debe ser quen de comprender e resumir contos, noticias, mensaxes electrónicas, informacións de enciclopedias, reportaxes, crónicas, etc. Tamén debe ser quen de recoñecer o tema principal separándoo dos temas secundarios, a través da xerarquización das ideas dun texto expresadas a través dun esquema. O alumno/a debe ser quen de demostrar que é capaz de escribir textos breves e sinxelos (noticias, reportaxes, crónicas, mensaxes de correo electrónico, contos, resumos...) e de coidar a súa presentación (marxes, sangrados, tamaños de letra, subliñados, ilustracións...) aproveitando as posibilidades, por exemplo, dos procesadores de texto.

O alumno/a debe ser quen de ler e escribir correcta, comprensiva e expresivamente para desenvolver a súa competencia en comunicativa.

3. O alumno/a debe ser quen de manexar, de maneira progresivamente autónoma, textos en distintos soportes para tirar deles informacións precisas para a elaboración dun traballo de investigación.

O alumno/a debe ser quen de buscar e seleccionar información para desenvolver a súa competencia no tratamento da información e na habilidade dixital.

4. O alumno/a debe ser quen de servirse das estratexias de autoavaliación e autocorrección, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe.

O alumno/a debe ser quen de aprender a aprender para desenvolver a súa competencia neste aspecto.

5. O alumno/a debe ser quen de poñer en práctica as regras lingüísticas, que deba asimilar nesta etapa, mediante o uso da propia lingua e dunha terminoloxía necesaria para seguir as explicacións e as actividades da aula.

O alumno debe ser quen de demostrar competencia gramatical, léxica e ortográfica para desenvolver a súa competencia en comunicación lingüística.

6. O alumno/a debe ser quen de utilizar a lingua galega con normalidade, é dicir, comprender o contexto sociolingüístico, rexeitar a presenza de prexuízos e adoptar actitudes positivas cara o uso normalizado do galego. O alumno/a debe ser quen de recoñecer a riqueza que supón a diversidade lingüística do mundo en xeral e de España en particular, como un reflexo do dereito dos pobos e dos individuos á súa identidade.

O alumno/a debe ser quen de coñecer o funcionamento da lingua en sociedade e colaborar na normalización da lengua para desenvolver a súa competencia social e cidadá.

7. O alumno/a debe ser quen de ler con regularidade obras literarias adecuadas á súa idade, desenvolvendo criterio lector. Debe ser quen de recoñecer os trazos literiarios así como de expoñer unha opinión persoal dun texto a través dun comentario. O alumno/a debe ser quen de crear textos de intención estética seguindo modelos dados polo profesor/a na aula.

O alumno/a debe ser quen de descubrir a Literatura como unha fonte de pracer e enriquecemento persoal para desenvolver a súa competencia cultural e artística.

O alumno/a debe ser o actor e protagonista na aula. A súa actitude, a súa capacidade para reutilizar as aprendizaxes recibidas e o seu labor como lector constituirán o soporte básico do seu proceso de avaliación, no cal a asimilación de contidos conceptuais serán só un banzo máis na escaleira da adquisición e

Page 10: Programa 2ºeso

desenvolvemento da competencia comunicativa.

VIII. MÍNIMOS EXIXIBLES PARA ACADAR UNHA CUALIFICACIÓN POSITIVA AO FINALIZAR 2º ESO

1. Comprensión de textos orais e escritos utilizados no ámbito académico, como presentación de tarefas, instrucións para a súa realización ou exposicións orais de temáticas variadas.

2. Participación activa en situacións propias do ámbito académico (aclaracións, opinións, exposicións, conclusións...)

3. Valoración do diálogo como medio de resolución de conflitos. Intervencións orais respectuosas con quen nos rodea.

4. Detección do tema e dos subtemas de narracións. Análise do contido de textos escritos (subliñado das ideas principais, elaboración de esquemas, e creación de resumos).

5. Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo correctos, incidindo especialmente na adecuación aos patróns fonéticos galegos e aos signos de puntuación.

6. Composición de textos propios do ámbito académico (conclusións sobre aprendizaxes realizadas, probas escritas, resumos, esquemas, exposicións, ...). Composición de narracións e descricións.

7. Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos, con respecto polas normas gramaticais e ortográficas... e con adecuación á temática, fins e destinatarios do escrito.

8. Interpretación e aproveitamento das informacións lingüísticas que ofrecen os dicionarios e as obras de consulta.

9. Recoñecemento da diferenza entre palabras flexivas e non flexivas. Recoñecemento das categorías gramaticais básicas (substantivos, adxectivos, pronomes, verbos,

adverbios).

10. Coñecemento da realidade lingüística de Galiza. Observación da situación socilingüística en canto a usos e actitudes no contorno máis próximo. (Os preuízos lingüísticos).

11. Comparación entre textos pertencentes aos subxéneros literarios.

12. Uso das estratexias de autoavaliación e autocorrección, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe.

Non poderá promocionar de 2º a 3º curso de ESO un alumno/a que non posúa as habilidades mínimas de comprensión e expresión oral e escrita, así como un sentido crítico e autocrítico que o axude a madurar.

Page 11: Programa 2ºeso

IX. PROXECTO LECTOR E PLAN TICs

LECTURAS OBRIGATORIAS

1ª AVALIACIÓN 2ª AVALIACIÓN 3ª AVALIACIÓN

As flores radiactivasAgustín Fdez. Paz

Ed. Xerais

Cando petan na porta pola noite

Xavier DocampoEd. Xerais

RapazasAgustín Fdez. Paz

Ed. Xerais

O misterio das badaladasXavier Docampo

Ed. Xerais

Amor dos quince anos, Marilyn

Agustín Fdez. PazEd. Xerais

O contador de estrelasJaureguizar

Ed. Alfaguara

Lectura na aula: Historia da Lingua

Pepe CarreiroBD

Lectura na aula: Cousas Castelao

Ed. Galaxia

Lectura na aula: Cantares GallegosRosalía de Castro

Ed. Galaxia

LECTURAS VOLUNTARIAS

1. Memorias dun neno labrego Neira Vilas2. Ameaza na Antártida Ramón Caride3. Palabras de Caramelo Gonzalo Moure4. As flores radiactivas Agustín Fernández Paz5. Cos pés no aire “6. Mutacións xenéticas Fina Casalderrei7. O misterio das badaladas Xabier Docampo8. Catro cartas “9. A chave das noces “10. As horas de cartón Lois Pereira11. Expediente Artieda Carlos Reigosa.12. Tres pegadas Marilar Aleixandre13. Bala perdida Manuel Rivas14. Os Megatoxos Anxo Fariña15. Arredor do meu nome Alicia Vieira16. Os escaravellos voan á tardiña. María Gripe17. Asterix e Obelix BD18. As aventuras de Tintin “19. Das cousas de Ramón Lamote Paco Martín20. Cartas a Lelo Neira Vilas 21. O portal dos elfos Herbie Brennam

AS TIC E OS RECURSOS DIDÁCTICOS

1. Libro de Apoio: Lingua Galega e Literatura 1. Editorial Anaya2. Libros de lectura.3. Prensa cotiá.4. Dicionarios dixitais.5. Páxinas web suxeridas polo docente.6. Presentacións sobre distintos temas.7. Blogue de aula: http://marlou.blogaliza.org/

Page 12: Programa 2ºeso

8. Correo electrónico: [email protected] X. PROGRAMAS DE AULA

PROGRAMACIÓN DE AULA PARA 2ºESO (1ª AVALIACIÓN)

I. TRABALLO E ACTITUDE NA AULA (Libro de Apoio: Lingua Galega e Literatura 2. Editorial Anaya) (A súa Cualificación suporá 1/5 da nota global do trimestre, é dicir, até 2 puntos sobre 10)

0. Avaliación Inicial. 1. Comunicación oral: O acto comunicativo. (Tema 1)2. Comunicación escrita: Os textos e os seus tipos. (Tema 3)3. Funcionamento da lingua: Ortografía, (T-5). Léxico, (T-6). Gramática, (T-7)4. Lingua e sociedade: Dúas linguas nunha sociedade. A diversidade lingüística. (Tema 8)5. Educación literaria: Literalúdica. Literatura popular. Xéneros e recursos literarios. (Tema 9)

II. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A CULTURA GALEGA (PTIC) (A súa Cualificación suporá 1/5 da nota global do trimestre, é dicir, até 2 puntos sobre 10)

TÍTULO: A cultura celta e o mito de Breogán1. Elaboración dun tema (máximo 25 liñas) partindo dos resumos feitos de artigos da prensa cotiá e das páxinas web indicadas polo docente.2. Realización dun traballo mediante o uso das TIC que ilustre os contidos recollidos no tema escrito.3. Exposición oral do tema na aula co apoio instrumental das TICDATAS: Entrega: último día de Novembro. Exposición: primeira semana de Decembro.

III. LECTURAS (PL) (A súa Cualificación suporá 2/5 da nota global do trimestre, é dicir, até 4 puntos sobre 10)

1ª Lectura: As flores radiactivas. Agustín Fdez. Paz. Ed. Xerais2ª Lectura: O misterio das badaladas. Xavier Docampo. Ed. Xerais(A Avaliación destas dúas lecturas realizarase a través de distintos procedementos: informes, comentarios, traballos, controis… e suporá 1/5 da nota global do trimestre, é dicir, unha Cualificación de até 2 puntos sobre 10)DATA: Finalizadas: primeira semana de Outubro e primeira semana de Novembro.

Lectura na Aula: Historia da Lingua. Pepe Carreiro. BD(A Avaliación deste labor de aula realizarase ao longo de todo o trimestre e suporá 1/10 da nota global do trimestre, é dicir, unha Cualificación de até un 1 punto sobre 10)

Outras Lecturas: Realizadas as lecturas requeridas polo profesor/a, o alumno/a escollerá libremente outra/as da listaxe que figura nesta programación. Ao longo do trimestre o alumno/a irá realizando as lecturas voluntarias que estime oportunas e dará conta delas a través dos seus comentarios depositados no Blogue do grupo-clase ou ben a través dos informes enviados ao enderezo electrónico do profesor/a. (PL) (PTIC)(A Avaliación deste labor voluntario darase por rematado o día do exame e suporá 1/10 da nota global do trimestre, é dicir, unha Cualificación de até 1 punto sobre 10)

IV. EXAME (A súa Cualificación suporá 1/5 da nota global do trimestre, é dicir, até 2 puntos sobre 10)

Seguirá o modelo da Avaliación Inicial, consistente nun texto en torno ao cal se realizarán preguntas para avaliar o grao de asimilación das aprendizaxes do trimeste. Buscarase sempre que sexa formativo e informativo, mais non sumativo nin concluínte. DATA: Realización: segunda semana de Decembro.

OBSERVACIÓN IMPORTANTE: NON SERÁ POSIBLE APROBAR A UN ALUMNO/A QUE NUN OU VARIOS DOS APARTADOS ANTERIORES OBTIVESE UN CERO OU ABANDONASE ESE LABOR.

Page 13: Programa 2ºeso

PROGRAMACIÓN DE AULA PARA 2ºESO (2ª AVALIACIÓN)

I. TRABALLO E ACTITUDE NA AULA (Libro de Apoio: Lingua Galega e Literatura 2. Editorial Anaya) (A súa Cualificación suporá 1/5 da nota global do trimestre, é dicir, até 2 puntos sobre 10)

1. Repaso do visto ao longo do 1º trimestre.2. Comunicación oral: Os medios de comunicación. (Tema 2)3. Comunicación escrita: Os xéneros xornalísticos. (Tema 4)4. Funcionamento da lingua: Ortografía (T-5). Léxico (T-6). Gramática (T-7)5. Lingua e sociedade: Dúas linguas nunha sociedade. Os hábitos lingüísticos. (Tema

8)6. Educación literaria: Literalúdica. Textos narrativos. (Tema 9)

II. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A CULTURA GALEGA (PTIC) (A súa Cualificación suporá 1/5 da nota global do trimestre, é dicir, até 2 puntos sobre 10)

TÍTULO: O Reino de Galiza1. Elaboración dun tema (máximo 25 liñas) partindo dos resumos feitos de artigos da prensa cotiá e das páxinas web indicadas polo docente.2. Realización dun traballo mediante o uso das TIC que ilustre os contidos recollidos no tema escrito.3. Exposición oral do tema na aula co apoio instrumental das TICDATAS: Entrega e Exposición: penúltima semana de Febreiro.

III. LECTURAS (PL) (A súa Cualificación suporá 2/5 da nota global do trimestre, é dicir, até 4 puntos sobre 10)

1ª Lectura: Cando petan na porta pola noite. Xavier Docampo. Ed. Xerais2ª Lectura: Amor dos quince anos, Marilyn. Agustín Fdez. Paz. Ed. Xerais(A Avaliación destas dúas lecturas realizarase a través de distintos procedementos: informes, comentarios, traballos, controis… e suporá 1/5 da nota global do trimestre, é dicir, unha Cualificación de até 2 puntos sobre 10)DATA: Finalizadas: primeira semana de Xaneiro e primeira semana de Febreiro.

Lectura na Aula: Cousas. Castelao. Ed. Galaxia(A Avaliación deste labor de aula realizarase ao longo de todo o trimestre e suporá 1/10 da nota global do trimestre, é dicir, unha Cualificación de até un 1 punto sobre 10)

Outras Lecturas: Realizadas as lecturas requeridas polo profesor/a, o alumno/a escollerá libremente outra/as da listaxe que figura nesta programación. Ao longo do trimestre o alumno/a irá realizando as lecturas voluntarias que estime oportunas e dará conta delas a través dos seus comentarios depositados no Blogue do grupo-clase ou ben a través dos informes enviados ao enderezo electrónico do profesor/a. (PL) (PTIC)(A Avaliación deste labor voluntario darase por rematado o día do exame e suporá 1/10 da nota global do trimestre, é dicir, unha Cualificación de até 1 punto sobre 10)

IV. EXAME (A súa Cualificación suporá 1/5 da nota global do trimestre, é dicir, até 2 puntos sobre 10)

Seguirá o modelo da Avaliación Inicial, consistente nun texto en torno ao cal se realizarán preguntas para avaliar o grao de asimilación das aprendizaxes do trimeste. Buscarase sempre que sexa formativo e informativo, mais non sumativo nin concluínte. DATA: Realización: última semana de Febreiro.

OBSERVACIÓN IMPORTANTE: NON SERÁ POSIBLE APROBAR A UN ALUMNO/A QUE NUN OU VARIOS DOS APARTADOS ANTERIORES OBTIVESE UN CERO OU ABANDONASE ESE LABOR.

Page 14: Programa 2ºeso

PROGRAMACIÓN DE AULA PARA 2ºESO (3ª AVALIACIÓN)

V. TRABALLO E ACTITUDE NA AULA (Libro de Apoio: Lingua Galega e Literatura 2. Editorial Anaya) (A súa Cualificación suporá 1/5 da nota global do trimestre, é dicir, até 2 puntos sobre 10)

1. Repaso do visto ao longo do 2º trimestre.2. Comunicación oral: Comentarios críticos orais sobre mensaxes dos medios

de comunicación. (Tema 2)3. Comunicación escrita: Comentarios críticos escritos sobre artigos dos xornais. (T. 4)4. Funcionamento da lingua: Ortografía (T-5). Léxico (T-6). Gramática (T-7)5. Lingua e sociedade: Dúas linguas nunha sociedade. Os prexuízos lingüísticos. (T. 8)6. Educación literaria: Literalúdica. Textos poéticos e dramáticos. (Tema 9)

VI. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A CULTURA GALEGA (PTIC) (A súa Cualificación suporá 1/5 da nota global do trimestre, é dicir, até 2 puntos sobre 10)

TÍTULO: Galego1. Elaboración dun tema (máximo 25 liñas) partindo dos resumos feitos de artigos da prensa cotiá e das páxinas web indicadas polo docente.2. Realización dun traballo mediante o uso das TIC que ilustre os contidos recollidos no tema escrito.3. Exposición oral do tema na aula co apoio instrumental das TICDATAS: Entrega: última semana de Maio. Exposición: primeira semana de Xuño.

VII. LECTURAS (PL) (A súa Cualificación suporá 2/5 da nota global do trimestre, é dicir, até 4 puntos sobre 10)

1ª Lectura: Rapazas. Agustín Fdez. Paz. Ed. Xerais.2ª Lectura: O contador de estrelas. Jaureguizar. Ed. Alfaguara(A Avaliación destas dúas lecturas realizarase a través de distintos procedementos: informes, comentarios, traballos, controis… e suporá 1/5 da nota global do trimestre, é dicir, unha Cualificación de até 2 puntos sobre 10)DATA: Finalizadas: primeira semana de Abril e primeira semana de Maio.

Lectura na Aula: Cantares gallegos. Rosalía de Castro. Ed. Galaxia.(A Avaliación deste labor de aula realizarase ao longo de todo o trimestre e suporá 1/10 da nota global do trimestre, é dicir, unha Cualificación de até un 1 punto sobre 10)

Outras Lecturas: Realizadas as lecturas requeridas polo profesor/a, o alumno/a escollerá libremente outra/as da listaxe que figura nesta programación. Ao longo do trimestre o alumno/a irá realizando as lecturas voluntarias que estime oportunas e dará conta delas a través dos seus comentarios depositados no Blogue do grupo-clase ou ben a través dos informes enviados ao enderezo electrónico do profesor/a. (PL) (PTIC)(A Avaliación deste labor voluntario darase por rematado o día do exame e suporá 1/10 da nota global do trimestre, é dicir, unha Cualificación de até 1 punto sobre 10)

VIII. EXAME (A súa Cualificación suporá 1/5 da nota global do trimestre, é dicir, até 2 puntos sobre 10)

Seguirá o modelo da Avaliación Inicial, consistente nun texto en torno ao cal se realizarán preguntas para avaliar o grao de asimilación das aprendizaxes do trimeste. Buscarase sempre que sexa formativo e informativo, mais non sumativo nin concluínte. DATA: Realización: segunda semana de Xuño.

OBSERVACIÓN IMPORTANTE: NON SERÁ POSIBLE APROBAR A UN ALUMNO/A QUE NUN OU VARIOS DOS APARTADOS ANTERIORES OBTIVESE UN CERO OU ABANDONASE ESE LABOR.

Page 15: Programa 2ºeso

REPARTO DE ACTIVIDADES ENTRE AS HORAS LECTIVAS DO CURSO 1º ESO (3H)

1h. – obradoiro de escrita: Comprensión e Expresión Escrita e Oral1h. – gramática1h. – informática: Recursos na rede, prensa dixital, comentarios e traballos de investigación.