Presentación2

30

description

A vida nos ríos galegos

Transcript of Presentación2

Page 1: Presentación2
Page 2: Presentación2
Page 3: Presentación2
Page 4: Presentación2

Departamento de Ciencias Naturais(Decembro 2010)

Page 5: Presentación2
Page 6: Presentación2

ÍNDICE

Os ríos en xeral:

•Flora

•Fauna

•Solo

Page 7: Presentación2

O río Tambre:

•Flora

•Fauna

•Solo

Proxecto PRI, 1º da ESO viaño Pequeño - Trazo

Page 8: Presentación2

A VIDA DO RÍO Sabemos que da auga procedente das precipitacións, unha parte evapórase, outra filtra no solo e outra arroia no terreo.Nos climas húmidos os cursos de auga chegan a ser permanentes. A isto contribúen as augas de escorrentía das abundantes choivas e auga infiltrada que aflora a superficie nas fontes ou mananciais. Fórmanse entón os ríos.

Os ríos son pois correntes permanentes de auga que discorren por un leito fixo, a miúdo organizadas en redes. Os ríos de escaso volume chámanse regatos ou regueiros.

Os ríos desembocan ou verten as súas augas no mar, completando o ciclo da auga na biosfera. Aínda que hai ríos que non chegan ao mar xa que desembocan en lagoas ou noutros ríos.

O curso do río é o percorrido desde o seu nacemento ata a súa desembocadura.

O curso alto é a zona próxima ao seu nacemento. Nel as augas descenden rapidamente. pode haber impetuosas correntes e augas moi osixenadas.

O curso medio de augas máis remansadas, con maior caudal e menor osixenación. Aquí as augas do río discorren máis lentas ao atravesar terreos máis chans.

O curso baixo é próximo a desembocadura, non leva apenas corrente, o río toma un carácter cada vez máis mariño polas súas augas salobres.

Algúns ríos forman esteiros na súa desembocadura. Os esteiros son grandes espazos de terreo de características especiais, por estar sometidos a cambios constantes de nivel das augas e salinidade; fórmanse cando un río desemboca en mares abertos ou en zonas de correntes, debido as correntes hai acumuladas grandes cantidades de sedimentos, e os sedimentos non sobresaen da auga porque o mar arrástraos, como é o caso do Tambre.

A conca fluvial é o conxunto de terreos que verten as augas nun río, e levan o nome do río correspondente

Page 9: Presentación2

Os ríos, ademais de cursos de auga e poderosos axentes xeolóxicos, son tamén un conxunto de ecosistemas de grande riqueza e complexidade, e teñen unha decisiva importancia para a conservación da biodiversidade.

Son moitas as especies vexetais e animais que dependen do río para a súa supervivencia.

Nos ecosistemas establécense varias cadeas tróficas:

• Productores primarios: son os que sintetizan materia orgánica como as algas microscópicas e macroscópicas, outras plantas e restos de vexetais

• Consumidores primarios: os que se alimentan dos productores primarios e están formados por pequenos crustáceos e insectos.

• Consumidores secundarios: integrado por insectos, anfibios e os peixes

• Depredadores: rematan a pirámide os grandes depredadores, lontras, musgaños, picapeixes e anátidos.

Page 10: Presentación2

FLORA:

Os vexetais que se poden atopar no cauce do río:

1. Aboiando libremente:

1.1 Microorganismos vexetais e animais microscópicos que compoñen o plancto.

1.2 as lentellas de auga

1.3 A utricularia

2. Suxeitas e mergulladas:

2.1 Algunhas algas e brións, espigas de auga, miriofilio, oucas e outros ranúnculos.

3. Na beira medran comunidades anfibias como a gliceria.

4. Xa en terra firme medran os xuncos, o pé de boi, a chantaxe de auga, a herba centella, a menta de lobo, as espadainas, violetas e outras.

Prememos na dirección que sinala a frecha e vemos os vexetais do cauce do río

http://photopeach.com/album/146l50t

Page 11: Presentación2

Máis o que indica a presenza dun río é o bosque de ribeira, que se estende ata onde chega a influenza da auga. Organízanse dúas liñas de árbores:

• Na primeira liña, na mesma beira, hai distintas variedades na que destacan salgueiros e ameneiros: son árbores de fondo enraizamento de grande importancia para a protección e fixación do solo das ribeiras.

• Na segunda liña aséntanse bidueiros, freixos, chopos, negrillos, abelairas, lamigueiro…, e en terreos máis secos os carballos, pradairos e outras árbores.

• Nos sotobosque medran arbustos como o sabugueiro, sanguiño, silvas e plantas rubideiras como a hedra, madreselva, lúpulo, saltasebes e valdeba.

• Nun estrato inferior desenvólvense plantas herbáceas como buños, fentos (dentabrú, fento macho e fento femia), fenta, lirios, herba pulgueira, salgueiriños, xaro, amenta de auga, amarelles…

(Imaxes bosque de ribeira)http://photopeach.com/album/e2gauh

(imaxes sotobosque)

http://photopeach.com/album/12v1ex4

Page 12: Presentación2

FAUNA

O cauce e a ribeira do río acolle moitísimos animais. Os máis numerosos son:

1. Os invertebrados:

1.1 Vermes:

Outros habitantes fluviais son as samesugas ou sambesugas, pequenos vermes planos pertencentes ao grupo dos platihelmintos.

1.2 Moluscos:

Como o ancylus un pequeno caracoliño que se alimenta de algas que medran sobre as pedras, e o mexillón de río cada vez máis escaso

1.3 Arácnidos:

Hai distintas familias de arañas e algún alacrán, cada vez vense menos.

1.4 Crustáceos:

A maioría polo seu pequeno tamaño pasan desapercibidos. Os máis visibles son os cangrexos de río, e actualmente introducíronse nalgúns cursos perigosos competidores: os cangrexos americanos.

1.5 Insectos:

No seu desenvolvemento algúns sofren metamorfose e outros non. En canto a súa alimentación algún son vexetarianos,hainosomnívoros, zugadores e predadores.Os que máis chaman a atención polas súas cores son os cabaliños do demo ou libeliñas, e os gaiteiros ou os distintos xéneros de percebellas que vemos camiñando pola superficie da auga.Doado de observar nos remansos dos ríos son os dísticos, escaravellos muiñeiros que son voraces depredadores.

Tamén hai mosquitos, moscas e tabáns, non pasan desapercibidos pois as súas femias pican.

Page 14: Presentación2

2. Os Vertebrados:

2.1 Peixes:

Nos ríos galegos viven ao redor de 15 especies de peixes, e todas elas migran, uns do río ao mar como é o caso das anguías. As anguíasviven en todos os nosos ríos a excepción na canle media do Xallas e Tambre. Cruza o atlántico para reproducirse no mar dos Sargazos. As larvas son transportadas pola corrente do Golfo e os ventos do Oeste ata as Costas Europeas nunha travesía que dura tres anos.

Entre os peixes que emigran do mar a auga doce (anádromos), remonta aos nosos ríos o salmón, que se pode pescar nos coutos do Ulla, Landro, Masma e Eo, no camiño cara as nacentes do río para desovar; e a lamprea que co mesmo fin penetra nos cursos inferiores do Miño, Ulla, Tambre, Anllóns, Mandeo, Masma e Eo.

Outros peixes viaxeiros son o sábalo e a zamborca que sobe polo Miño e o Ulla.

O reo e troita mariña ascenden no verán desde o mar, e van polo curso da maioría dos ríos galegos.

Outra subespecie é a troita común, que é sedentaria e endexamais emigra ao mar, e atopámola en case tódolos ríos e regatos. O mesmo fan a boga ou escalo, a vermella, o cacho ou escalo, ou o pequeno espiñento que mide pouco máis de 5 cm. Nas concas do baixo Miño tamén podemos atopar barbos.

Recentemente introducíronse nos nosos ríos especies alleas, como a perca americana, a troita americana e a gambusia. Outras son asiáticas como a carpa e o carpín, e no curso baixo do Miño introduciuse o lucio.

Page 15: Presentación2

• 2.2 Anfibios:

Reparten a súa existencia entre a terra e a auga. Os máis abundantes son as ras. Nos nosos ríos viven tres especies: a ra verde, a ra patilonga e a ra vermella.

Non tan coñecidos como as ras son oslimpafontes ou tritóns, e atopamos tres especies: o común o palmeado e o verde.

Merecen mención especial a saramaganta (Chioglossa lusitánica)que so se atopa en Galicia e norte de Portugal.

Tamén hai dúas especies de cobras, a sapeira e cobra de colar, ámbalas dúas son inofensivas a pesares da mala fama que teñen por parecerse as serpes

• 2.3 Réptiles:

Nas silveiras das beiras do río viven os lagartos das silvas, e nos ríos do interior da zona de Ourense é posible atopar sapoconchos ou tartarugas acuáticas, alá polas ribeiras dos ríos Louro e Lérez.

http://photopeach.com/album/17qgqkd

Page 16: Presentación2

• 2.4 Aves

Os parrulos como o alavanco real e a pita da auga, que atopan nas ribeiras con abondosa vexetación e escasa corrente, o hábitat ideal para a súa supervivencia

Entre os paxaros temos o picapeixe, veloz e magnífico pescador, e o merlo Pieiro capaz de buscar e andar por debaixo da auga na procura de pequenos invertebrados que é dos que se alimenta.

Na Ribeira tamén son habituais as lavandeiras que camiñan inquedas á captura de insectos, mentres que polo ceo son as andoriñas e cirrios os que polo verán voan polo aire cazando insectos.

Tamén a beira do río vive p reiseñor de auga e a fulera amarela e no bosque de ribeira escoitamos o bulicio dos ferreiriños ou o canto do ouriolo que nos visita no verán procedente de África ou Asía Menor; e no inverno visítanos o ubalo que vén de Europa central ou oriental

http://photopeach.com/album/8t5vp0

Page 17: Presentación2

2.5. Mamíferos:

Entre os mamíferos que viven no cursos fluviais galegos temos que destacar a Lontra, vense especialmente nos ríos de Ourense e Pontevedra e menos nas áreas de Coruña e Ferrol.

A lontra gusta de augas limpa e non alteradas, pois ten problemas coa contaminación, cos encoros e coas áreas que están densamente poboadas.

Nalgúns ríos convive coa lontra o visón americano, introducido por accidente ao fuxir das granxas nas que se cría pola alta cotización da súa pel.Nas concas do Miño, Ulla Tambre ou Navia vive o auganeiro, un mamífero insectívoro, cazador subacuático, estraño e esquivo animal exixente de augas limpas e osixenadas.

Cítase en certos puntos de Galicia a presenza do murgallo patibranco un micro mamífero bastante abundante no nordeste do pais.

Non esquezamos que mamíferos tamén somos as persoas

http://photopeach.com/album/127bxwp

Page 18: Presentación2

XEOLOXÍA• O solo, que varía segundo a natureza da rocha, que polo

carácter de penechaira de Galicia é, maioritariamente, granito. As rexións nas que aflora o granito teñen solos pobres. Porén, nas depresións acumúlanse os sedimentos, polo que teñen bos solos para a agricultura, xa sexan solos areosos ou arxilosos. Nas rexións montañosas aflora o granito. Nesta rexión son moi habituais as ladeiras con bancais para o seu aproveitamento agrícola.

• A natureza dos terreos polos que discorre o río influirá nos distintos aspectos dos mesmos. Levará máis ou menos materia sólida segundo as rochas sexan máis ou menos duras. E os compoñentes das mesmas condicionarán a cor das súas augas.

• Da permeabilidade do terreo dependerá en grande parte a regularidade do caudal. os terreos permeábeis moderan o réxime ao almacenar parte da auga das precipitacións, que logo irán drenando máis lentamente.

• Nos terreos impermeábeis os ríos terán grandes contrastes, pois toda a auga que cae mentres duran as precipitacións, transcorre pola superficie, quedando despois practicamente secos.

• Por outra banda o material litolóxico que configura o territorio galego sufriu unha intensa fracturación acompañada dunha estruturación en bloques durante o período cuaternario. A extensa rede de fracturas e responsable do camiño seguido polos ríos e da marcada fragmentación das numerosas concas fluviais

http://photopeach.com/album/dv5d15

Page 19: Presentación2
Page 20: Presentación2

. Río Tambre a su paso po Sigüeiro-Oroso

Page 21: Presentación2

CURSO DO TAMBRE

O Río Tambre pertence a conca das rías baixas.

Forma unha conca alongada de 1.531 km². Nace nos montes de Bocelo,

parroquia de Porta no municipio de Sobrado, e transcorre polos municipios

de Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso,

Órdes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A

Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos. Noia e Lousame O Tambre discorre lentamente no seu curso alto para encaixarse

lixeiramente no seu curso medio e ir fondamente encaixado no tramo final

do seu percorrido ou curso baixo.

Na desembocadura forma un esteiro, (os esteiros é as xunqueiras son

depuradoras naturais dos ríos porque neles viven unha grande cantidade de

organismos descompoñedores).

O maior caudal preséntase de decembro a marzo, e estíase en agosto.

Imos a dividir para o seu estudio o percorrido en tres parte, e faremos fincapé en aspectos concretos do seu percorrido

• Conca alta do río: Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía.

• Conca media: Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Órdes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela.

• Conca baixa ata a súa desembocadura: Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame.

Page 22: Presentación2

CONCA ALTA DO TAMBRE

Na conca alta do Tambre destacamos a Lagoa de Sobrado que recolle augas do Tambre, e está considerada unha das zonas húmidas con importancia europea, status do que gozan só 17 espazos ou humidais en toda España.

A Lagoa ten unha orixe artificial froito da construcción dun dique de contención de augas construído no ano 1500. Nos anos 50 do noso século foi ampliado e reforzado dándolle a Lagoa, que se sitúa sobre depósitos sedimentarios, o aspecto actual.Hoxe en día pertence a Sociedade galega de Historia natural, nela localízanse plantas acuáticas que se consideran singulares. Tamén está declarada como coto de caza e pesca regulada.As principais ameazas son os verquidos incontrolados de lixo, a recollida de plantas para colección e a perturbación das aves en época de cría. Ten un observatorio ornitolóxico.

Flora e vexetación:

Hai que salientar as plantas de interese europeo, unha é un isoete de orixe mediterránea, “isoetes velatum”, parente próximo dos fentos e a outroa é unha alga. “nitella flexilis”, sendo ata agora o único lugar de España onde se cita.

Outras plantas importantes que viven mergulladas na auga son as “ceratophyllum demersum”, con follas divididas en finas cintas de cor verde escura e con talos ou follas mergulladas ou aboiantes. As herba lameiriñas, a herba do maná, a lentella de auga que poden formar verdadeiros tapices sobre a superficie, con follas numerosas finamente divididas. O ambroíño de río, con follas acorazoadas na base e flores brancas illadas un longo pedúnculu; as espigas de auga, os ranúnculos acuáticos de flores brancas como as herbas da prata, e tamén hai raras plantas carnívoras como a “Utricularia Australis”, que capturan os organismos planctónicos dentro de pequenas vesículas chamadas utrículos colocadas sobre as follas que tamén lles aseguran o aboiamento no momento da floración.

Dentro das de carácter anfibio que viven na beira da Lagoa temos “baldellia ranunculoide”, extremadamente rara en Galicia, con flores de tres pétalos brancos ou rosáceos..

Nas proximidades da Lagoa vese vexetación arbórea típica de zonas húmidas (ripisilvas) como salgueiros ameneiros, freixos, bidueiros, carballos, castiñeiros, piñeiros bravos e eucaliptos

Page 23: Presentación2

Fauna:

Na Lagoa destacan avescomo o alavanco real e a cerceta real, patos nadadores que se limentan en augas pouco profundas. Tamén se poden atopar patos mergulladores como o parrulo chupón, o parrulo cristado común, o parrulo caribranco.

Outras aves presentes son a garza real o somorgullo pequeño e o somorgullo cristado, o martiño peixeiro e apillara dourada grande.

Como aves de presa temos o azor e o miñato común.

Entre os anfibios atopamos a estroza, a ra verde, a saramaganta e os pintafontes.

Os réptiles están representados pola cobra de colar e a víbora de Seoane entre outros

Tamén hai peixes, destaca unha importante comunidade de troitas por iso é un Couto de pesca importante.

Nos mamíferos cabe destacer a lontra e a luria de auga.

Xeoloxía

A Lagoa de Sobrado e a súa conca atópanse sobre rochas de granito ebiotita.Tamén atópanse nestas zona xistos e gneis atravesados por anfibolitas e ecloxitas formando bolos.

Page 24: Presentación2

CONCA MEDIA DO TAMBRE

No estudio da conca media ímonos centrar na Fraga de Chaián por estar preto do colexio Viaño Pequeño do Concello de Trazo, e polo tanto moi coñecida por todos nós.

FLORA:

A fraga de Chaián esta situada no fondo do val do río Tambre. Esta fraga amosa unha carballeira relativamente nova, pero hai restos dunha máis antiga donde abonda un rico sotobosque.As especies árboreas que máis sobresaen son os carballos e os castiñeiros.

No límite entre a ribeira da auga do río, viven os xuncos e as xuncas, o dentabrú, o fento femia e macho e os pés de boi; e na canle do río ollamos a herba de ouro ou bugallóns, de fermosas tonalidades no verán.Segundo avanzamos pola beira do Tambre, podemos ver o bosque mixto de freixos e ameneiros, e preto deles hai zonas de prado.

Na fraga de Chaián destaca o estrato árboreo, formada por varias especies autóctonas como os carballos, bidueiros, abelaeiras, ameneiros, salgueiros e freixos.Debaixo das árbores hai gran proliferación de mofos, e escamentas ou ouricelas. Estes forman en conxunto o sotobosque, onde destacan tamén as plantas de maior porte como as silvas macho.Nalgúns puntos do Couto, debido a cora e aos incendios hai plantas coma o fento común, as xestas, queirugas, abrótegas e bilitroques ou estralotes, típicas de áreas recen queimadas.

CADEA DE VEXETACIÓN NO RÍO TAMBRE. COTO DE CHAIÁN

Page 25: Presentación2

A carballeira esta mermando día a día, debido a estrada que vai de Chaián a Pontealbar e á construcción de pistas que na marxe esquerda do río conducen ata ela. Ademáis o emprego da área como zona de recreo non lle favorece a súa conservación.

Ollando Chaián podemos darnos unha idea do que foi Galicia hai uns séculos cos seus mestos bosques que hoxe son moi escasos, e no seu lugar están a medrar o mato e os piñeiros e eucaliptos.

Lugares semellantes a Chaián son a zona de Pontealbar, a Sionlla.

Na zona de Pontealbar, a flora é moi parecida a da zona de Chaián. Aquí destacan as especies:

Pé de boi a espiga de auga, a peculiar herba lameira, a lentella de río, a herba de prata e ouro, o fento chamado dentabrú, a espadana de hermosas cores amarelas os xuncos e xuncas.

Entre as árbores e arbustos atopamos o salgueiro zao, o freixo de folla pequena, o bidueiro, a abelaira, a pereira brava o escambrón e o sanguiño, árbores típicas das ribeiras dos ríos.

No contorno de Sigüeiro, pola presenza do río Tambre, ten un gran valor florístico, xa que medra as marxes do río unha fermosa formación de árbores e vegetación asociada a unión do río Lengüelle co Tambre.

Page 26: Presentación2

FAUNA:Curiosamente no Tambre non abonda a presenza de peixe de río, moi abondoso noutros ríos Galegos como o Miño e os seus afluentes. É abondosa a troita común, a boga e o escalo. Faltan a anguía, o reo, e a troita marisca que non remontan este río, debido á presenza do encoro de Barrié da Maza moi preto da desembocadura, pero si remontan o río Ulla porque o encoro de Porto de Mouros está a moitos kilómetros da foz do río. Outro peixe prexudicado pola presenza do encoro e a falta de remontes, é o salmón, que non pode subir ata Chaián; pola contra hai anos unha presa máis antiga si permitía o seu ascenso.

Dentro das aves predomina o grupo das páridas, pequenos paxaros insectíveros, moi inquedos, representadas polo ferreiriño bacachís, único do grupo coas ás, curota e rabo de cor azul viva, o abelleiro, o ferreiriño subeliño.

Fácil de atopar tamén é o fermoso e rechamante paporrubio real, de atractiva cor vermella.. Tamé é típico a au da foresta das beiras do río, o ouriolo, cun Nome onomatopéico que fai alusión ao seu canto semellanta ao dun gato pequeño que lanza asubios melodiosos. O macho é dunha chamativa cor marela e a femia verdosa, ainda que nos se deixan ver con facilidade, pois viven agochadas na copa das árbores.

Mamíferos que viven preto da auga a aguaneira, animal que é unha reliquia de toupa acuática vivinte, e a luria grande que frecuenta os prados das ribeiras.Na fraga dos carballos vive a algaria de aspecto lanzal e hermoso, o leirón que se agacha nos ocos das árbores vellas, e oraposo que vai deixando as súas pegadas pòlos camiños intrincados do sotobosque.

Chaián é un ha zona rica en anfibios, xa que as chuvias do inverno deixan pozas onde eles viven. Así podemos ver a sabandixa verde, cuios machos teñen cristas de cores vistosas, e tamén a sabandixa limpafontes.

Entre os mofos e as pedras da fraga viven a píntiga común, a rá común que gosta dos remansos do río, e a ra do val que brinca por todas as zonas húmidas da área.

En canto aos réptiles o máis frecuente de ver é a cobra de río, ben sexa nas ribeiras ou nadando na canle da mesma.

Na superficie das augas concéntranse insectos como os zapateiros, e sobrevoando as augas diferentes especies de cabaliños do demo.

No fondo do río están ocupados por numerosos animaliños; entre eles os coleópteros acuáticos tipo ditiscos, larvas de cabaliños do demo e numerosos moluscos de auga doce de xénero Lymnaea.

Na zona de Pontealbar en canto aos peixes viven no río os mesmos que na zona de Chaián.Nas ribeiras vense anfibios e réptiles como a ra do val e o lagarto das silveiras. Mergulladas na auga poden verse as dúas especies de cobras da auga, e a ra común.

Page 27: Presentación2

Nas ripisilvas críanse aves como o ouriolo, o paporrubio real e o ferreiriño subeliño. Tamén pode verse na beira do rio cazando ao gabián e nalgún puntos cría o escaso azor.

O merlo Pieiro cruza as augas voando, e ás veces deixase ver o martiño pesqueiro. Nos prados preto do río poden ser visitados polos galos da braña, e nalgunha ocasión sobrevoa algunha garza real que está de paso para algún encoro.

Nas áreas onde desapareceu a vexetación arbórea medra un mesto mato onde habita o raposo e a donicela.

Preto do río bulen pola noite os ratos do monte, furóns, furafollas, trilladeiras e cortas que serven de mantenza aos carnívoros como raposos e algarias.

No monte baixo con toxos e queirugas habita o coello e nos lameiros atoparemos montóns de terra feitos polas toupas e os furados das lurias.

Preto das aldeas encóntrase o ourizo cacheiro e a toupa cega, así como ratos e ratas. A princesa dos ríos: a londra tamén vive en Pontealbar, ainda que é moi recatada nos seus costumes e non é fácil de ver.

Nos restos da fraga que vai de Pontealbar a Portomouro, vive o escaso gato fero e porco teixo, e ás veces ten feito algunha incursión o lobo que ten matado algúns cans.

Xa máis cara a Xavestre e Trazo, pódese ver a lebre.

Mámiferos de pequeño tamaño asociados ao río están o o musgaño de Cabrera e a aguaneira, ambas especies pouco frecuente e polo tanto interesantes

Na zona de Sigüeiro ademáis da fauna que se poide ver na zona de Chaián e Pontealbar, podemos destacar o escaso e fermoso Herminio, o tourón tamén raro, e cara a Lavacolla o corzo e o xabarín.

En Arzúa, cara a Dombodán, vaise a presa do encoro. A zona do encoro é idónea no inverno de lugar de repouso para aves migratorias como as garzas reais, alvanco real e algúns patos asubiadotes. Tamén esta zona é ideal para os anfibios e alía topamos a sabandixa limpafontes , a escasa sabandixa palmada , a píntiga comun, o sapo cunqueiro e a ra común.

Äs veces vense no inverno e de paso, bandadas de pincaouros, que ás veces veñen de lugares tan afastados como Rusia. Preto está a ponte San Xusto onde hai catro covas empregadas por morcegos grandes para invernar.

Page 28: Presentación2

XEOLOXÍA:

Tipo de solo: Os esquistos, (xistos) de Ordes predominan no sustracto litolóxico na parte máis alta, aínda que un pouco máis abaixo ao seu paso por Sigüeiro pasan a dominar os granitos de dúas micas, e o río comeza a facerse máis tortuoso. Inmediatamente augas abaixo da desembocadura do Lengüelle, que discorre por unha chaira, existían uns humedais turbosos (Braña Grande e Braña Pequena de Berreo), que eran restos dun antigo meandro; na actualidade case drenados por completo. Tamén na autoestrada do atlántico a altura de Sigüeiro, contémplanse unhas capas mouras moi compactas, que son materiais carbonatados, xa que producen efervescencia co ácido clorhídrico, de carácter marmóreo, e vense capas interestratificadas con xistos e anfibolitas.

O río Tambre ao seu paso por Pontealbar, destaca xeoloxicamente polas minas de Fecha, a chamada “Branquiña”, situada no monte Espiñeira en fronte da pena

Novais. Esta área está atravesada por un potente filón de seixo de cor leitoso, e o río Tambre pasa polo medio.

A “Branquiña de Santa Cristina de Fecha”, é un topónimo que ven seguramente da cor branca dos seixos que se extraen alí. Noutras épocas estes seixos cristalizados vendéronse a moi bo prezo; e aínda vense moito en bares ou casas particulares. Xunto co seixo pode haber anacos de silex, de tons azulados.

Tamén nesta zona pódense achar ágatas, ópalos e calcedonias, estas últimas son unha forma enmascarada do seixo que se presenta en masas en xeral de cor translúcidas e con frecuencia coloreadas dun xeito fermoso con varios tons, dando variedades que levan o nome de xaspe e ágata. Cando é traslúcida só nos bordos e de co agrisada, marela ou moura, chámase pedernal, moi frecuente en Galicia en fendeduras que enchen filóns en diferentes formacións xeolóxicas como granitos e xistos de onde o collían antigamente os paisanos para empregar como chisqueiro e acender as mechas dos mecheiros do mesmo Nome: “chisqueiros”

Dende Ponte Albar, uns centos de metros río abaixo, a auga está encorada por unha pequena presa hidroeléctrica, hoxe en desuso, chamada fábrica de electricidade de Fecha.

Page 29: Presentación2

Conca baixa do Tambre:

• A Flora e vexetación é a propia de bosque de ribeira moi semellante a da conca media.

• En canto a fauna, nos bosques próximos ao río vense o gabián, miñato, pega marza, ferreiriño común , lirio amarelo chocha perdiz . Os mamíferos están representados polos furaños , londras raposos, porcos teixos, que nesta zona chaman pirrotos, denociñas, lurias grandes, algarias, armiños, touróns, garduñas, gatos feros e escasas lebres.

Dentro dos anfibios a ras común, o sapiño comadrón, sapo cunqueiro ou común, sabandixa limpafontes e verde. Entre os peixes as troitas.

Preto de Negreira atopamos unha zona de grande interese natural, como é a cola do encoro de Barrié onde se ven no inverno aves como a garza real , merlo pieiro, lavandeira marela real, o vistoso martiño peixeiro e alavanco real.

• XEOLOXÍA:

A conca baixa do Tambre, aséntase principalmente sobre un conxunto de rochas graníticas de dúas micas, desde o monte Freito ao macizo de Negreira e tamén no sector de Muros. No Val do Dubra hai material diferente como os gabros do monte Castelo

En Ames destaca a presenza dunha arxila moi pura chamada caolín, de cor branca procedente da descomposición das rochas con moitos feldespatos. Estes caolíns Galegos son explotados dende hai máis de corenta anos, por ser os mellores da península, para ser empregados na industria cerámica, destacando os de Laxe, Santa Comba, Burela e Vimianzo.

Page 30: Presentación2

PROXECTO INTERDISCIPLINAR (PRI) COLEXIO PÚBLICO VIANO PEQUENO

DEPARTAMENTO DE NATURAIS