Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións...

84

Transcript of Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións...

Page 2: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

OBELISCO

ÓCULO

ODEÓN

ÓLEO

ORDE

ORDE COMPOSTA

ORDE CORINTIA

ORDE DÓRICA

ORDE TOSCANA

ORDE XÓNICA

ORDE XIGANTE

OURIVERÍA

Page 3: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Obelisco: Monumento pétreo, elevado, cuadrangular e rematado en pirámide.

Óculo: Ventá de forma circular.

Page 4: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais.

Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante oleoso como o aceite de liñaza. O óleo emprégase por primeira vez na pintura flamenca no século XV e será con posterioridade a técnica máis utilizada en pintura polas súas vantaxes técnicas.

Page 5: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Orde: En arquitectura, conxunto formado por columna e entaboamento dispostos segundo módulos e canons máis ou menos

fixos.

Orde composta: Fusión de elementos xónicos e corintios realizada na época romana.

Page 6: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Orde corintia: Os elementos son similares ós da orde xónica, diferenciándose polo capitel da

columna, formado por follas de acanto con catros volutas nos seus ángulos superiores, chamados calículos.

Orde dórica: Carece de base. o fuste é

acanalado (acanaladuras de aresta viva), e seu capitel consta de dúas partes: equino e ábaco., A arquitrabe é lisa e o friso divídese en triglifos e metopas.

Page 7: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Orde toscana: Interpretación romana da orde dórica.

Orde xónica: A columna posúe base, formada por dous toros e unha escocia. O fuste ten vintecatro estrías. O capitel está formado por volutas. A arquitrabe presenta tres bandas en saínte e o friso é corrido.

Page 8: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Orde xigante: Caracterízase polas columnas que terán unha altura de máis de un piso do edificio.

Ourivería: Traballo artístico sobre metais preciosos.

Page 9: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

PALETA

PAN DE OURO

PANTOCRÁTOR

PARAMENTO

PARIETAL

PARTELUZ

PATHOS

PÁTINA

PEAÑA

PECHINA

PEDESTAL

PEITORIL

PENTECOSTÉS

PERISTILO

PERPIAÑO

PERSPECTIVA

PERS. A VISTA DE PAXARO

PERS. AÉREA

PERS. CABALEIRA

PERS. LINEAL

PERS. XERÁRQUICA

PETROGLIFO

PIAR

PIEDADE

PIGMENTO

PILASTRA

PAISAXE

Page 10: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

PILONO

PILOTES

PINÁCULO

PINCEL

PINTURA

PIRÁMIDE

PLAN BASILICAL

PLAN CENTRAL

PLANTA

PLANTA CRUZ GREGA

PLANTA CRUZ

LATINA

PLASTICISMO

PLEIN AIR

PLEMENTOS

PLINTO

POLICROMÍA

POLÍPTICO

PÓRTICO

PRESBITERIO

PRIMEIRO PLANO

PROMOTOR

PROPORCIÓN

PSEUDOPERÍPTERIO

PUNTILLISMO

PUTTI

PUNTO DE FUGA

Page 11: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Paisaxe: Pintura ou dibuxo que representa un espazo natural.

Page 12: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Paleta: Útil sobre o que o pintor coloca

as cores para mesturalas. Conxunto de

cores empregadas por un pintor.

Pan de ouro: Ouro en láminas moi finas que se

aplican para dourar toda clase de obxectos artísticos.

Page 13: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Pantocrátor: Imaxe de Cristo sentado en Maxestade,

en actitude de bendicir coa man dereita e portando o Evanxeo coa esquerda.

Paramento: Aspecto ou disposición dos elementos dun muro.

Page 14: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Parietal (arte): Arte realizada nas paredes.

Parteluz: Columna que divide en dous o oco dunha porta ou ventá. Mainel.

Page 15: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Pathos: Concepto grego que designa as expresións de emoción ou de paixóns extremas. É o contrario de ethos

Pátina: Especie de verniz ou ton suave que adquiren os obxectos co paso do tempo e que altera levemente o seu aspecto superficial.

Page 16: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Peaña: Soporte ou asento dunha estatua.

Pechina: Un dos catro triángulos curvilíneos sobre os que se sustenta unha cúpula. Serven para pasar da planta cadrada á circular.

Page 17: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Pedestal: Apio de columnas, efixies, esculturas, etc.

Peitoril: Peche inferior dun van.

Page 18: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Pentecostés: Festa cristiá que conmemora a chegada do Espírito Santo sobre os Apóstolos. As obras de arte con esta temática soen representar ós Apóstolos e á Virxe co Espírito Santo, en forma de pomba, voando sobre as súas cabezas.

Peristilo: Patio (ou galería) rodeado de columnas.

Page 19: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Perpiaño: Pedra, xeralmente en forma de paralelepípedo e sección

rectangular, que se emprega en construcción (sillar).

Perspectiva: Xeito de representar nunha superficie os obxectos de maneira que aparezan na forma e disposición na que se amosan á vista na realidade.

Page 20: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Perspectiva a vista de paxaro: Aquela que resulta da observación do obxecto dende un vista superior. Perspectiva militar.

Perspectiva aérea: Intenta representar a atmosfera que envolve ós obxectos, debuxando ós do fondo máis desvaidamente para conseguir unha sensación real de distancia.

Page 21: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Perspectiva cabaleira: A que se obtén dende un punto de vista semellante ó dun xinete.

Perspectiva lineal: As liñas das figuras son converxentes cara o fondo, cada vez máis pequenas a medida que se desexa presentalas afastadas do espectador. Diminúen de acordo coas liñas de fuga que converxen cara o punto de fuga.

Page 22: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Perspectiva xerárquica: Consiste en representar ás personaxes de diferentes tamaños, en función da súa

relevancia social.

Petroglifo: Incisión en pedra de época prehistórica.

Page 23: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Piar: Elemento sustentante de sección cuadrangular, rectangular ou poligonal. Sei ó piar se lle unen columnas ou semicolumnas, denomínase piar composto.

Piedade: Representación artística de Cristo morto sobre o regazo da Virxe María.

Page 24: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Pigmento: Substancia de distintas orixes que colorea as superficies sobre as que se aplica.

Pilastra: Piar adosado a un muro.

Page 25: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Pilono:Cada unha das obras troncopiramidais que forman a entrada do templo exipcio.

Pilotes: Soportes que elevan unha construcción sobre o chan deixando

a parte inferior do edificio libre.

Page 26: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Pináculo: Final apuntado dun chapitel.

Pincel: Útil do pintor. Mango rematado nunha serie de pelos que forma feixe, de moi diversos tamaños e calidades co que se aplica a pintura.

Page 27: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Pintura: Arte de aplicar as cores sobre unha superficie.

Pirámide: Monumento exipcio, en forma de pirámide, feito en pedra, que servía de sepultura monumental ós faraóns exipcios na Antigüidade.

Page 28: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Plan basilical: Edificios con muros exteriores non equidistantes con respecto a un punto central.

Plan central: Edificios con muros exteriores equidistantes con respecto a un punto central.

Page 29: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Planta: Plan. Representación gráfica da proxección horizontal dun edificio.

Planta de cruz grega: Edificio con forma de cruz cos brazos iguais.

Page 30: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Planta de cruz latina: Edificio con forma de cruz cos brazos desiguais.

Plasticismo: Modo pictórico de

pincelada fina que resalta fortemente as calidades formais.

Page 31: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Plein Air: Pintura realizada ó aire libre.

Plementos: Cada un dos panos dunha bóveda de cruzaría.

Page 32: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Plinto: Peza cadrada sobre a que repousa unha columna. Pedestal*

Policromía: Dise dunha obra decorada con diversas cores. Oponse a monocromía.

Page 33: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Políptico: Pintura formada por varias táboas

que poden dobrarse ou pecharse.

Pórtico: Lugar cuberto e columnado situado á entrada dun edificio e xeralmente apoiado nel.

Page 34: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Presbiterio: Nas igrexas é o lugar reservado ós sacerdotes, onde se atopa o altar maior.

Primeiro plano: En pintura, a parte da obra que parece máis próxima ó espectador.

Page 35: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Promotor: Persoa que promove ou impulsa a creación dunha obra de arte.

Proporción: Relación ordenada, correspondencia harmónica na medida que gardan as partes entre si e co todo.

Page 36: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Pseudoperíptero: Templo con fachadas laterais nas

que aparecen as columnas inseridas ou pegadas no muro.

Puntillismo: Técnica pictórica que se basea nunha pincelada en forma de puntos que se xustapoñen.

Page 37: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Putti: Anxiños alados e de formas infantís.

Punto de fuga: Punto no horizonte no que parecen converxer todas as liñas horizontais paralelas nun plano.

Page 38: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

RECEBADO

REFECTORIO

RELEVO

RELEVO PICTÓRICO

RELEVO PLÁSTICO

RELEVO SCHIACCIATO

REPINTE

REPUXADO

RETÁBULO

REVIVAL

ROCALLA

ROLEOS

ROSETÓN

ROTONDA

RUPESTRE

RETRATO

Page 39: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Recebado: Revestimento de xeso, morteiro, etc. que se dá a un muro antes do seu enlucido.

Refectorio: Comedor dun convento ou mosteiro.

Page 40: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Relevo: Escultura non exenta, é dicir, labrada só sobre unha das superficies dun bloque.

Relevo pictórico: Relevo con efectos de perspectiva.

Page 41: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Relevo plástico: Aquel no que predomina a compoñente volumétrica sobre a pictórica.

Relevo schiacciato: Relevo que amosa pouca profundidade, aquel que está feito a base de incisións moi lixeiras.

Page 42: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Repinte: Pintura que se engade a un cadro cando se restaura.

Repuxado: Traballo realizado martelando o metal por detrás para obter relevo polo anverso.

Page 43: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Retábulo: Obra de arte que cobre o muro que cerra o altar, feita en madeira, pedra ou metal, con pinturas e/ou esculturas e que presenta a seguinte disposición típica:

-Banco: Pedestal. -Rúas: Son divisións verticais, ás veces separadas entre si por outras máis estreitas chamadas “entrerrúas”. Se a central se prolonga e sobresae no derradeiro piso denomínase ático. -Corpos: Cada unha das divisións horizontais. -Gardapó: Enmarca, en saedizo, ó retábulo

para protexelo. -Portas: En ocasións dispúñanse no laterais, decoradas polo exterior e polo interior, estas portas para pechar e protexer o retábulo.

Retrato: Representación, con máis ou menos detalle, dunha persoa ou dun grupo de persoas da realidade

Page 44: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Rocalla: Decoración recargada propia do reinado do rei Luís XV, caracterizada pola introducción de motivos en forma de cuncha.

Róleos: decoración a base de motivos enrolados, de volutas, que se enrolan sobre si mesmas.

Revival: Volta ás formas artísticas do pasado con intención de recuperalas.

Page 45: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Rosetón: Ventá ou van en forma circular. Normalmente están decorados con vidreiras.

Rotonda: Construcción de planta circular.

Page 46: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Rupestre: Feito sobre rocha. Especialmente as pinturas e gravados prehistóricos do paleolítico superior.

Page 47: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

SALMER

SARTEGO

SCRIPTORIUM

SECCIÓN

SECCIÓN ÁUREA

SERPENTINATA SAETEIRA

SFUMATO

SIMBOLISMO

SIMETRÍA

SISTEMA ARQUITRABADO

SOGEADO

Page 48: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Salmer: É a primeira doela dun arco

Saeteira: Fiestra de pequeno tamaño e moi estreita. Serve para disparar por ela e ó mesmo tempo protexerse.

Page 49: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Scriptorium: Estancia dedicada ó traballo intelectual nos mosteiros cristiáns.

Sartego: Sepulcro de inhumación.

Page 50: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Sección: Debuxo que reproduce o aspecto que presentaría un obxecto

se fose cortado segundo un plano, comunmente horizontal ou vertical.

Sección áurea: Unidade de medida que interrelaciona de forma proporcional e harmónica as distintas partes dun edificio.

Page 51: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Serpentinata:Composición en forma de xiro violento sobre si mesmo, moi habitual no Manierismo. Liña serpentinata*.

Sfumato: Esfumado*.

Page 52: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Simetría: Disposición dos elementos que se corresponden con perfecta analoxía a dereita e esquerda. A simetría apórtalle á composición un rigoroso equilibrio.

Simbolismo: Calquera tendencia que na Arte usa frecuentemente símbolos, buscando o coñecemento intelectual e a expresión conceptual.

Page 53: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Sistema arquitrabado: Sistema arquitectónico que emprega

elementos de peche horizontais.

Sogeado: Decoración característica da arte asturiana, que recibe ese nome por semellar no seu debuxo unha corda grosa.

Page 54: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

TAMBOR

TALLA

TAPIZ

TÉCNICA PANOS MOLLADOS

TEJAROZ

TEMPLE

TEMPLETE

TENEBRISMO

TERCELETES

TERMAS

TESTEIRO

TETRAMORFOS

THEÓTOCOS

TÍMPANO

TINTA

TINTA PLANA

TONDO

Page 55: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

TON

TOQUE

TORO

TORSO

TRACERÍA

TRAMPANTOLLO

TRÉPANO

TRES CUARTOS

TRIBUNA

TRIFORIO

TRIGLIFO

TRÍPTICO

TRITÓN

TROMPA TRASDÓS

Page 56: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Tambor: Anel sobre o que se asenta unha cúpula.

Talla: Escultura en madeira.

Page 57: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Tapiz: Labor de tecido no que as figuras que a decoran forman parte da trama, a diferencia do bordado.

Técnica de panos mollados: Práctica escultórica ideada por

Fidias que consiste en presentar os panos, as vestimentas, das figuras pegadas ós corpos, tal e como se estivesen mollados.

Page 58: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Tejaroz: Telladiño voado sobre

unha portada.

Temple: Técnica pictórica que se emprega para decorar muros ou táboas. As cores van mesturadas con auga temperada entre outras substancias aglutinantes, como o ovo ou a cola.

Page 59: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Templete: É unha pequena arquitectura que imita vagamente a forma dun templo. Da mesma forma, define tamén un elemento decorativo en forma de

templo.

Tenebrismo: Técnica pictórica que emprega grandes contrastes de luz e sombra, de modo que as partes iluminadas se destaquen violentamente sobre as que non o están.

Page 60: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Terceletes: Nervios das bóvedas estreladas que, partindo dos mesmos puntos que os diagonais, forman un ángulo na mesma bisectriz na que o fan estes, chamándose dita bisectriz, no seu percorrido ata a clave ligadura.

Termas: Baños romanos que constaban de tres partes: frigidarium, tepidarium e caldarium.

Page 61: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Testeiro: Cabeceira.

Tetramorfos: Conxunto de símbolos representativos dos Evanxelistas: San Mateo “ Home alado”; San Marcos “León”; San Lucas “ Touro” e San Xoán “Aguia”.

Page 62: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Theótocos: Representación da Virxe co neno.

Tímpano: Espacio delimitado polo lintel e as arquivoltas nas portadas das igrexas.

Page 63: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Tinta: Cor coa que se cobre unha figura.

Tinta plana: En pintura, aquela que enche unha silueta cunha soa cor, sen cambios na tonalidade.

Page 64: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Tondo: Adorno circular refundido nun paramento.

Ton: En pintura, a maior ou menor intensidade dunha cor.

Page 65: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Toque: Cada un dos golpes de pincel que se utilizan na realización dun cadro.

Toro: É unha moldura en forma de semicírculo convexo.

Page 66: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Torso: Escultura que representa a unha persoa carente de pernas, brazos e cabeza.

Tracería: decoración arquitectónica formada por combinacións de figuras xeométricas, que crean un calado na pedra. Elemento ornamental moi habitual nos vans góticos.

Page 67: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Trampantollo: Designa unha ilusión óptica espacial en pintura, de xeito que parece real o que só é pintado. Engano. Trompe-lóeil.

Trasdós: Plano superior, extremo e convexo dun arco ou bóveda.

Page 68: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Trépano: Instrumento que serve para producir incisións estreitas e profundas nunha escultura. Unha obras escultórica feita a trépano, é a que presenta profundas incisións, para dar efecto de gran relevo

ou claroscuro.

Tres cuartos: Posición dunha figura entre o perfil e a fronte.

Page 69: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Tribuna: Galería sobre a nave lateral dun templo onde se poden aloxar os fieis.

Triforio: Serie de ventás ornamentais,

partidas por maineis, practicadas no groso dos muros da nave central, por riba das arcadas que dan ás naves laterais.Non debe confundirse coa tribuna, que posúe unha anchura igual á da nave lateral sobre a que está construída.

Page 70: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Tríptico: Obra en tres táboas, lenzos ou follas de material duro, de xeito que as laterais se dobren sobre a central.

Triglifo: Motivos decorativos dos frisos dóricos que se dispón en alternancia cas metopas. Son pequenos piares espaciados regularmente e que na súa fronte ofrecen dúas acanaladuras ou glifos e

media acanaladura sobre cada aresta, a dereita e esquerda. Estas acanaladuras están separadas por filetes de igual ancho.

Page 71: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Tritón: Cada unha das divindades que forman o cortexo do deus Poseidón. Son metade home (corpo) e metade peixe (pernas). Xeneralmente represéntanse soprando en cunchas que lle serven de

trompa.

Trompa: Pequena bóveda semicónica, co vértice no ángulo dos muros e a parte ancha cara fóra, que

se emprega para transformar unha planta cadrada en octogonal. Sobre a planta octogonal xa é posible asentar unha cúpula.

Page 72: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

VACIADO

VAN

VELADURA

VENUS

VERNIZ

VIDRIEIRA

VISITACIÓN

VOADO

VOLUTA

VOO

VULCANO

Page 73: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Van: Oco realizado nun muro que pode ser porta, ventá, etc.

Vaciado: Baleirado. Procedemento para a reproducción de esculturas.Técnica que consiste en aplicar xeso ou resinas a unha escultura ou relevo, co fin de conseguir un molde da obra. Ese molde empregarase despois para facer as copias que se desexen.

Page 74: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Veladura: Técnica pictórica consistente en aplicar sobre as cores unha tinta transparente co fin de suavizar os tons das mesmas.

Venus: Antiga deusa romana da vexetación e dos xardíns. Asimílase á Afrodita grega, a deusa do amor e a beleza.

Page 75: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Verniz: Disolución dunha ou varias substancias resinosas nun líquido volátil, coa que se lles dá lustre ás pinturas, madeiras, etc.

Vidrieira: Bastidor con vidros para pechar portas ou ventás. A formada por vidros de

debuxos coloreados ensambladas por un enchumbado ou rede de chumbo, de sección en H para que encaixen os vidros e que siluetea os contornos das figuras para pecahar os ventanais das igrexas e outros monumentos.

Page 76: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Visitación: Pasaxe bíblica da vida da Virxe María. O Arcanxo Gabriel anunciara a María que a súa curmá Isabel, a pesares da súa idade avanzada, daría a luz a un neno: San Xoán Bautista. María visita a súa curmá para felicitala e esta visita fai que San Xoán quede libre do pecado orixinal xa antes do seu nacemento.

Voado:Elemento voado é o que sobresae do plano do muro.

Page 77: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Voluta: Adorno en forma de espiral que, en número de catro decoran o capitel xónico. A orde composta romana, mestura de corintio e xónico, tamén empregará as volutas.

Voo: Parte dunha construcción que avanza sobre a liña do muro que a sustenta e queda saínte respecto a el.

Page 78: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Vulcano: Divindade itálica do lume asimilado ó Hefesto grego. Iconograficamente é común que apareza en segundo plano, agochado nas sombras e disposto a lanzar as súas redes sobre Venus, a súa muller, e Marte. Con todo convértese nunha figura central cando se representa na súa forxa. Os seus símbolos son o martelo, as tenaces e a zafra

Page 79: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

XACENTE

XEMINADO

XAMBA

XIROLA

Page 80: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Xacente: Persoa representada morta e tendida.

Xamba:Cada unha das dúas pezas verticais que sosteñen o lintel.

Page 81: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Xeminado: Van, fiestra ou columna unidas de dúas en dúas.

Xirola: Deambulatorio.

Page 82: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

ZAPATA

ZEUS

ZIGURAT

ZÓCOLO

Page 83: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Zapata: Madeiro curto, horizontal colocado sobre un pé dereito.

Zeus: Deus supremo da mitoloxía grega. Asimílase ó Xúpiter da mitoloxía romana. Ten o poder supremo sobre todos os deuses e todos os seres humanos. Ós seus atributos son a aguia, o cetro e máis o raio.

Page 84: Presentación de PowerPoint · 2017. 9. 11. · Odeón: En grecia, teatro destinado ás audicións musicais. Óleo: Técnica pictórica que consiste en disolver as cores nun aglutinante

Zigurat: Edificio orixinario de Mesopotamia. É un outeiro artificial de forma piramidal e escalonada, con planta rectangular ou cadrada e grandes escaleiras de acceso. Na derradeira terraza, aséntase o templo.

Zócolo: Construcción na parte inferior dun edifico que crea unha superficie uniforme para que todos os baseamentos estean ó mesmo nivel.