PREGO modelo obras ABERTO - IGVS -...

36
1 PREGO MODELO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NO PROCEDEMENTO ABERTO MULTICRITERIO PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATOS DE OBRAS, SEN ADMISIÓN DE VARIANTES, E ESIXENCIA DE CLASIFICACIÓN EN CONTRATOS NON HARMONIZADOS. 1.- Réxime xurídico do contrato. 2.- Disposicións xerais. 2.1.- Obxecto do contrato. 2.2.- Valor estimado e orzamento do contrato. 2.3.- Existencia de crédito. 2.4.- Prazo de execución das obras. 2.5- Prazo de garantía. 2.6- Revisión de Prezos. 3.- Cláusulas especiais de licitación. 3.1.- Licitadores. 3.2.- Unións de empresarios 3.3.- Clasificación e solvencia 3.3.1.- Solvencia económica e financeira 3.3.2.- Solvencia técnica 3.3.3.- Clasificación dos licitadores 3.4.- Presentación de proposicións. 3.5.- Contido das proposicións. 3.5.1.- Sobre A.Documentación administrativa. 3.5.2.- Sobre B. Oferta técnica. criterios. 3.5.3.- Sobre C. Proposición económica 3.6.- Constitución e funcionamento da Mesa. 3.6.1.- Criterios de valoración das ofertas. 3.7.- Adxudicación. 3.7.1.- Adxudicación Provisional 3.7.2.- Documentación a esixir antes da adxudicación definitiva 3.7.3.- Adxudicación Definitiva 4.- Formalización do contrato. 4.1.- Documentación. 4.2.- Garantía definitiva. 4.3.- Notificación e publicación da adxudicación definitiva.

Transcript of PREGO modelo obras ABERTO - IGVS -...

Page 1: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

1

PREGO MODELO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NO PROCEDEMENTO ABERTO MULTICRITERIO PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATOS DE OBRAS, SEN ADMISIÓN DE VARIANTES, E ESIXENCIA DE CLASIFICACIÓN EN CONTRATOS NON HARMONIZADOS. 1.- Réxime xurídico do contrato. 2.- Disposicións xerais. 2.1.- Obxecto do contrato. 2.2.- Valor estimado e orzamento do contrato. 2.3.- Existencia de crédito. 2.4.- Prazo de execución das obras. 2.5- Prazo de garantía. 2.6- Revisión de Prezos. 3.- Cláusulas especiais de licitación.

3.1.- Licitadores. 3.2.- Unións de empresarios 3.3.- Clasificación e solvencia

3.3.1.- Solvencia económica e financeira 3.3.2.- Solvencia técnica 3.3.3.- Clasificación dos licitadores

3.4.- Presentación de proposicións. 3.5.- Contido das proposicións. 3.5.1.- Sobre A.Documentación administrativa. 3.5.2.- Sobre B. Oferta técnica. criterios.

3.5.3.- Sobre C. Proposición económica 3.6.- Constitución e funcionamento da Mesa.

3.6.1.- Criterios de valoración das ofertas. 3.7.- Adxudicación. 3.7.1.- Adxudicación Provisional 3.7.2.- Documentación a esixir antes da adxudicación definitiva 3.7.3.- Adxudicación Definitiva 4.- Formalización do contrato.

4.1.- Documentación. 4.2.- Garantía definitiva. 4.3.- Notificación e publicación da adxudicación definitiva.

Page 2: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

2

4.4.- Documentación de formalización. 5.- Execución do contrato.

5.1.-Comprobación da implantación 5.2.- Programa de traballo 5.3.- Sinalización das obras 5.4.- Accesibilidade e supresión de barreiras 5.5.- Dereitos e obrigas das partes

5.5.1.- Abonos ao contratista. 5.5.2.- Obrigas do contratista.

5.5.2.1.- Plan de control de calidade 5.5.2.2.- Dirección das obras 5.5.2.3.-Obrigas laborais e sociais. 5.5.2.4.- Autorizacións e licencias. 5.5.2.5.- Execución das obras e responsabilidade do contratista. 5.5.2.6.- Cumprimento do prazo e penalidades por mora. 5.5.2.7.- Gastos esixibles ao contratista 5.5.2.8.- Cumprimento do prazo e penalidades por mora

5.5.2.9.- Propiedade e explotación dos traballos 5.6.- Risco e ventura 5.7.- Deber de sixilo

6.- Cesión e subcontratación. 6.1.- Cesión e subcontratación da obra

7.- Modificación do contrato. 7.1.- Modificación do contrato 7.2.- Suspensión das obras

8.- Extinción do contrato. 8.1.- Conclusión do contrato 8.2.- Recepción e liquidación. 8.3.- Conservación das obras. 8.4.- Despexe final das obras. 8.5.- Devolución e cancelación das garantías definitivas. 8.6.- Responsabilidade posterior do contratista. 8.7.- Resolución do contrato. 8.8.- Obras accesorias ou complementarias

9.- Anexos. 10.- Cláusula adicional I.

Page 3: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

3

PREGO MODELO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NO PROCEDEMENTO ABERTO MULTICRITERIO PARA A ADXUDICACIÓN DE CONTRATOS DE OBRAS, SEN ADMISIÓN DE VARIANTES, E ESIXENCIA DE CLASIFICACIÓN EN CONTRATOS NON HARMONIZADOS. 1.- RÉXIME XURÍDICO DO CONTRATO. O contrato ao que se refire o presente Prego ten carácter administrativo e ámbalas dúas partes quedan sometidas expresamente á Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público (en adiante LCSP), ó Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Contratos das administracións públicas (en adiante RXLCAP), na medida en que non se opoña a dita Lei, así como á Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración Pública Galega, e á normativa de desenvolvemento das ditas normas. Tamén estarán sometidas, no non previsto no presente prego, ó de Cláusulas Administrativas Xerais para a contratación de Obras do Estado aprobado polo Decreto 3854/ 1970, do 31 de decembro, en canto non se opoña ó disposto na Lei ou no Regulamento e disposicións citadas no paragrafo anterior. O órgano de contratación ostenta a prerrogativa de interpretar o contrato e resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento. Igualmente poderá modificar por razóns de interese público o contrato e acordar a súa resolución e determinar os efectos de esta, dentro dos límites e con suxeición aos requisitos e efectos sinalados na LCSP e polo RXLCAP, na medida en que non se opoña á dita Lei. Os acordos que dite o órgano de contratación, previo informe da Asesoría Xurídica nos casos en que proceda tal informe, no exercicio das súas prerrogativas de interpretación, modificación e resolución do contrato serán inmediatamente executivos. As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos deste contrato serán resoltas, previa audiencia do contratista, polo órgano de contratación. Os seus acordos porán fin á vía administrativa. Fronte aos ditos acordos poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo conforme ao disposto na Lei reguladora da dita xurisdición, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer recurso potestativo de reposición, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común. 2.- DISPOSICIÓNS XERAIS. 2.1. Obxecto do contrato. O presente Prego ten por obxecto a contratación da execución da obra que se describe no Cadro de Características con suxeición ao proxecto de edificación, integrado polos documentos enumerados no artígo 107 da LCSP, incluídos todos os documentos que as normas legais ou regulamentarias esixan. No dito cadro de características se especifican as necesidades administrativas a satisfacer por medio do contrato e os factores de toda orde a ter en conta polos posibles licitadores e adxudicatario. O código da nomenclatura da Clasificación Nacional de produtos por Actividades (CPA-2002) correspondente ao obxecto do contrato así coma o código relativo á nomenclatura Vocabulario Común de Contratos ( CPV ) da Comisión Europea será o sinalado no Cadro de Características. O presente Prego de Cláusulas Administrativas Particulares, tódolos planos, o Prego de Prescricións Técnicas Particulares, os cadros de prezos, e a Memoria do proxecto licitado, nos aspectos sinalados no artigo 128 do RXLCAP, na medida en que non se opoña á LCSP terán carácter contractual; así mesmo, será contractual o Programa de Traballo que resulte aceptado pola Administración, segundo as condicións do presente Prego, e unha vez aprobado polo órgano de contratación. Consecuentemente todos os ditos documentos deberán ser asinados, en proba de conformidade, polo adxudicatario no acto de formalización do contrato.

Page 4: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

4

As Bases Técnicas deste procedemento aberto, cantos requisitos se esixan e datos complementarios existan e se estimen de interese pola Administración, estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, na Oficina Técnica dos Servizos Centrais do IGVS durante o prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborais durante as horas hábiles de oficina, así como no perfil do contratante. Así mesmo, aos efectos do artigo 42 da LCSP, o perfil deste órgano de contratación poderá consultarse na seguinte páxina web:

http:// www.conselleriavivenda.xunta.es/web/paraquen/busca-publicacions De conformidade co establecido no artigo 129.3 da LCSP cada licitador non poderá presentar máis dunha (1) única proposición en relación co obxecto do contrato. Tampouco poderá suscribir ninguna proposta en unión temporal con outros se xa o fixo individualmente ou figurar en máis dunha unión temporal. Serán rexeitadas todas as ofertas que superen o valor máximo do prazo de execución fixado. 2.2. Valor estimado e orzamento do contrato. De conformidade co establecido no artigo 76 da LCSP o valor estimado do contrato virá determinado polo importe total, sin incluir o Imposto sobre o Valor Engadido, pagadeiro segundo as estimacións do órgano de contratación. O presuposto do contrato virá determinado no Cadro de Características, contía que representará o gasto máximo a realizar pola Administración en virtude do contrato de obras. Para estes efectos, o presuposto aprobado pola Administración ascende á cantidade e distribución de anualidades que se indican no Cadro de Características do Contrato. Igualmente, entenderase que o orzamento aprobado pola Administración comprende tódolos gastos directos e indirectos que o contratista deba realizar para a normal execución da obra contratada, as taxas pola prestación dos traballos de inspección e dirección das obras e calquera outras que resulten de aplicación segundo as disposicións vixentes, así como toda clase de impostos, directos ou indirectos, e taxas por licenzas e autorizacións tanto municipais, provinciais e estatais (que non poderán ser presentadas como partidas independentes). Na contratación destas obras entenderase que os contratistas, ao formular as súas propostas económicas, incluíron nelas o importe do imposto sobre o valor engadido que poida corresponder, sen prexuízo de que o importe deste imposto, en todo caso, deba figurar como partida independente, de conformidade co disposto nos artigos 75.2 e 129.5 da LCSP e sempre referido ao tipo vixente na data de subscrición da proposición económica. O prezo do contrato será o que resulte da adxudicación deste quedando limitado o gasto real ó que resulte da selección da proposición máis vantaxosa. Igualmente, sinálase que o contrato ten carácter global, incluíndo a totalidade da obra a executar, quedando excluída a posibilidade da súa licitación e adxudicación mediante lotes. 2.3. Existencia de crédito Existe o crédito adecuado e suficiente nos orzamentos do IGVS para atender as obrigas económicas que deriven do cumprimento e execución do contrato, na aplicación que se indica no cadro de caracterísiticas. No caso de que o contrato obxecto do presente prego estableza a súa execución, exclusivamente en anualidades posteriores ao presente exercicio económico, e sen prexuízo da súa formalización, a adxudicación definitiva do contrato queda sometida á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas derivadas deste, de conformidade co

Page 5: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

5

establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998 sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas Ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, mais o previsto no artigo 94.2 da LCSP. 2.4. Prazo de execución das obras. O prazo máximo previsto pola Administración para a execución das obras será o fixado no Cadro de Características e terá en todo caso carácter de prazo máximo. Así mesmo no cadro de características establecerase un prazo mínimo cuxa redución non se valorará. Os prazos parciais serán os que se fixen na aprobación do Programa de Traballo. No Cadro de Características poderanse especificar os prazos parciais que darán motivo ás recepcións parciais a que se refire o artigo 218.5 da LCSP. Os anteditos prazos comezarán a contarse a partir do día seguinte ó da subscrición da Acta de Comprobación da implantación. A devandita Acta e os prazos parciais que poidan fixarse ao aprobar o Programa de Traballos, cos efectos que nesta aprobación se determinen, entenderanse integrantes do contrato, para os efectos da súa esixibilidade. 2.5.- Prazo de garantía. O prazo de garantía das obras será o que se expresa no Cadro de Características, computándose a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro do prazo de quince (15) días anteriores ao cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras cos efectos sinalados nos artigos 218.3 da LCSP e 169 do RXLCAP, na medida en que non se opoña o establecido na dita Lei. Durante o prazo de garantía o contratista é responsable dos defectos que na construción poidan advertirse e queda obrigado, en todo caso, á conservación e policía das obras segundo o previsto no prego de prescricións técnicas particulares e nas instrucións que dite o facultativo da Administración. Cando as obras non estean en estado de ser recibidas farase constar na acta de recepción e o director das obras sinalará os defectos observados e as instrucións impartidas para a súa corrección, fixando un prazo para remediar aqueles. Se transcorrido dito prazo, o contratista non o fixera, poderá concedérselle outro novo prazo improrrogable ou declarar resolto o contrato, segundo establece o artigo 218.2 in fine da LCSP. Se se descoidase a conservación e dera lugar a que perigue a obra executaranse pola Administración e a costa do contratista os traballos necesarios para evitar o dano (artigo 167 do RXLCAP na medida en que non se opoña ao establecido na LCSP). Tódolos gastos que se ocasionen pola conservación das obras durante o período de garantía serán de conta do contratista, non tendo dereito a ningunha indemnización por este concepto, excepto nos casos de forza maior, (artigo 167 do RXLCAP na medida en que non se opoña ao establecido na LCSP) entendéndose por forza maior os supostos exclusivamente previstos no artigo 214 da LCSP. No suposto de que por razóns excepcionais de interese público debidamente motivadas no expediente o órgano de contratación acorde a ocupación efectiva das obras ou a súa posta en servizo para o uso público, aínda sen o cumprimento do acto formal de recepción, estarase ó establecido no artigo 218.6 da LCSP. 2.6. Revisión de prezos.

Page 6: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

6

Ao presente contrato seralle de aplicación o disposto nos artigos 77 a 82 da LCSP, e o establecido nos artigos 104 a 106 do RXLCAP, na medida que non se opoñan aos ditos artigos da LCSP. Segundo o establecido na disposición transitoria segunda da LCSP en tanto non se aproben as fórmulas tipo para a revisión de prezos, seguirán aplicándose as aprobadas polo Decreto 3650/1970, do 19 de decembro, complementado polo Real Decreto 2167/1981, do 20 de agosto, sendo a fórmula de revisión de prezos a establecida no Cadro de Características. En todo caso, transcorrido un ano dende a entrada en vigor da LCSP sen que se teñan aprobado novas fórmulas a aplicación das actualmente vixentes efectuarase con exclusión do efecto da variación dos prezos da man de obra. Cando a revisión non proceda farase constar así no Cadro de Características. Asemade, dita circunstancia deberá constar igualmente mediante resolución motivada no expediente de contratación. 3.- CLÁUSULAS ESPECIAIS DE LICITACIÓN 3.1.- Licitadores Poderán presentar proposicións as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que tendo plena capacidade de obrar e demostrando a súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional, requisito este último que será substituído pola correspondente clasificación nos casos nos que de acordo coa LCSP sexa esixible, non se atopen comprendidas en calquera das prohibicións para contratar coa Administración, sinaladas no artigo 49 da LCSP. A proba por parte dos empresarios, de non estar incursos nas prohibicións para contratar coa Administración sinaladas no artigo 49 da LCSP, así como na redacción establecida pola Lei 5/2006, do 10 de abril, de regulamento dos conflitos de intereses dos membros do Goberno e dos Altos Cargos da Administración Xeral do Estado, e na Lei 9/96, de 18 de outubro,de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración Autonómica poderá realizarse mediante testemuño xudicial ou certificación administrativa, segundo os casos, e cando ditos documentos non poidan ser expedidos pola autoridade competente, poderá substituírse por unha declaración responsable, outorgada ante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado. As condicións de aptitude das empresas determinaranse de acordo co establecido no artigo 43 da LCSP. A mesa de contratación comprobará a documentación administrativa requirida aos licitadores, sen prexuízo do dereito da Administración a efectualo en calquera outro momento previo ou posterior á adxudicación do contrato. As empresas estranxeiras non comunitarias deberán ter ademais sucursal aberta en España, con designación de apoderados ou representantes para as súas operacións e estar inscritas no Rexistro Mercantil, de acordo co establecido no artigo 44 da LCSP. A presentación de proposicións presume por parte do licitador a aceptación incondicionada das cláusulas do prego.

3.2.- Unións de empresarios Poderán, así mesmo, presentar proposicións as unións de empresarios que se constitúan temporalmente para o efecto, de conformidade co disposto no artigo 48 da LCSP. Cada un dos empresarios que compoñen a agrupación, deberá demostrar a súa capacidade de obrar e a solvencia económica, financeira e técnica ou profesional, conforme aos artigos 51 e seguintes é 63 e seguintes da LCSP e aos artigos 9 a 16 RXLCAP, na medida en que non se opoñan ao establecido na LCSP.

Page 7: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

7

Consonte prescribe o artigo 48 da LCSP, para que durante a fase previa á adxudicación do contrato a unión temporal sexa eficaz fronte Administración será necesario que os empresarios que desexen concorrer integrados na dita unión temporal indiquen en documento privado os nomes e circunstancias daqueles que a subscriban, a participación de cada un deles, e que asumen o compromiso de constituírse formalmente en Unión Temporal de Empresas, no caso de resultar adxudicatarios. Dito escrito deberá designar a persoa que durante a vixencia do contrato ostenta a representación de todos eles fronte á Administración. A duración da unión temporal de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. Non será necesaria a formalización da unión temporal de empresas en escritura pública ata que se efectuase a adxudicación do contrato ao seu favor. 3.3. Clasificación e solvencia. De non esixirse clasificación, a proba da solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional efectuarase polos medios precisados de seguido neste prego, ó tempo que se expresarán no Cadro de Características e no anuncio de licitación. Malia o anterior, de posuír o licitador a clasificación axeitada ao obxecto do contrato (Grupos, Subgrupos e categorías que se precisan no anuncio de licitación) a xustificación documental de tal extremo eximirá da presentación dos documentos aos que se refiren os parágrafos seguintes. 3.3.1.- Solvencia económica e financeira MEDIOS DE PROBA

A solvencia económica e financeira poderá probarse por un ou varios dos seguintes medios: 1) Declaración apropiada de institucións financeiras ou, no seu caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, segundo se establece no artigo 64.1.a) da LCSP

Reputarase solvente o licitador que achegue unha declaración apropiada dunha

institución financeira que se pronuncie expresamente sobre a súa solvencia económica para a realización do obxecto contractual relacionado no Cadro de Características.

No suposto de presentar un seguro de indemnización de riscos profesionais,

considerarase solvente o licitador que xustifique ter subscrito dito seguro cunha entidade aseguradora por un capital equivalente ó orzamento base licitación multiplicado por 1,5.

2) Declaración sobre o volume global de negocios e, no seu caso, sobre o volume de negocios no ámbito de actividades de que é obxecto o contrato, correspondente como máximo aos tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario , na medida en que se dispoña das referencias de dito volume de negocios, segundo se establece no artigo 64.1.c) da LCSP No caso de presentar unha declaración da cifra de negocio da sociedade, reputarase solvente aquela que teña un volume de negocio superior ó do orzamento base de licitación multiplicado por tres.

No seu caso, e para un contrato determinado, o empresario poderá basearse nas capacidades doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas. En tal caso, deberá demostrar ante o órgano de contratación que disporá dos medios necesarios, por exemplo, mediante a presentación do compromiso de ditas entidades a tal efecto. Nas mesmas condicións, as agrupacións de empresarios poderán basearse nas capacidades dos participantes nas agrupacións ou doutras entidades.

Page 8: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

8

Segundo establece o artigo 64.2 da LCSP, se por unha razón xustificada o empresario non está en condicións de presentar as referencias solicitadas, autorizaráselle a demostrar a súa solvencia económica e financeira por medio de calquera outro documento que se considere apropiado polo órgano de contratación. 3.3.2.- Solvencia técnica MEDIOS DE PROBA

A proba da solvencia técnica será xustificada por parte do empresario a través dos seguintes medios:

1) Presentación da lista das obras executadas no curso dos últimos cinco anos, avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes. Estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución e se precisará si se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo término.

De acordo con isto, e en relación coa solvencia técnica e profesional o licitador deberá achegar e asinar o seguinte cadro que se incluirá no sobre A:

Cadro 1. Artigo 65 a) da LCSP

Relación de contratos de obras nos últimos cinco anos

Denominación Importe Data Beneficiario

Neste suposto reputarase solvente aquela persoa física ou xurídica que declare ter executado en conxunto traballos similares que representen un volume anual de negocio igual ou superior ao do orzamento base licitación. Para os efectos do presente procedemento, entenderanse traballos semellantes aqueles que, estean incluídos no mesmo grupo ou subgrupo ao do obxecto contractual.

2) As titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal directivo da

empresa, e, en particular do persoal responsable da execución do contrato, segundo se establece no artigo 65 c) da LCSP. En concreto, esíxese o seguinte persoal que debe reunir, como mínimo os seguintes requisitos de titulación e experiencia:

• Un Delegado/a na dirección de obras cun mínimo de 3 anos de experiencia na

participación de obras de natureza análoga á do contrato

• Un Xefe/a de obra, arquitecto/a técnico ou superior, cun mínimo de 3 anos de

experiencia en obras de natureza análoga

• Un titulado en grao superior de prevención de riscos laborais cun mínimo de 1 ano

de experiencia

Así mesmo o licitador deberá demostrar a identidade e titulación destes responsables mediante un compromiso debidamente asinado. Deberase incluir no sobre A o seguinte cadro asinado polo licitador:

Cadro 2. Artigo 65 c) da LCSP

Títulos académicos e profesionais do empresario, directivos da empresa e responsable/s das

obras adscritos á obra

Nome e apelidos Títulos académicos ou Tarefa / cargo

Page 9: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

9

profesionais

No seu caso, e para un contrato determinado, o empresario poderá basearse nas capacidades doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas. En tal caso, deberá demostrar ante o órgano de contratación que disporá dos medios necesarios, por exemplo, mediante a presentación do compromiso de ditas entidades a tal efecto.

3.3.3.- Clasificación dos licitadores A clasificación do licitador, no suposto de resultar esixible consonte establece o artigo 54 da LCSP, expresarase no Cadro de Características. Se é o caso de esixirse clasificación, os empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea que non estean clasificados, deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica polos medios descritos nos artigos 64 e 65 da LCSP, así como a súa inscrición no Rexistro ó que se refire o artigo 73 da LCSP, na forma que se indica a continuación: Ditos licitadores deberán demostrar unha solvencia equivalente á esixida aos demais empresarios para a obtención da clasificación correspondente ao obxecto do contrato.Así, xustificarán a súa solvencia económica, financeira e técnica a través dos medios establecidos nos artigos 64.1.letras a), ou c) e 65, letras a) e c) da LCSP, coas especificacións esixidas nos artigos 47 e seguintes do RXLCAP, na medida en que non se opoñan ao establecido na dita LCSP. Para apreciar dita solvencia en relación co contrato obxecto de licitación, a mesa de contratación procederá de acordo co previsto nos artigos 26 e seguintes do RXLCAP, na medida en que non se opoñan ao establecido na LCSP. No suposto de agrupación de empresas, a clasificación verificarase mediante acumulación, nos termos regulamentarios procedentes, das características de cada un dos asociados expresadas nas súas respectivas clasificacións. En todo caso, e ó abeiro do disposto no artigo 56.5 da LCSP será necesario para a acumulación das citadas características que tódalas empresas que concorran na unión temporal á licitación do contrato obtivesen previamente a clasificación como empresa de obras en relación co contrato a que opten agás cando se trate e empresas non españolas de Estados membros da Comunidade Europea, caso no que, para a valoración da súa solvencia concreta respecto da Unión Temporal, estarase ó disposto nos artigos 64, 65 e 72 da LCSP e nos parágrafos anteriores. Non poderán concorrer á presente contratación aquelas empresas que participasen na elaboración das especificacións técnicas a que se refire o presente contrato, sempre que dita participación puidese provocar unha restrición á libre concorrencia ou supoñer un trato privilexiado con respecto ao resto de empresas licitadoras. 3.4. Presentación de proposicións. As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Vivenda e Solo (Polígono de Fontiñas, Area Central , s/n. 15781-Santiago de Compostela- Fax núm: 981 541 600) dentro do prazo sinalado no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial do Estado e, de selo caso, no Diario Oficial da Unión Europea, ou enviaranse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío anunciándoo ao IGVS mediante burofax, telegrama, no mesmo día, e nun só envío. Neste último caso, sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora de finalización do prazo sinalado no anuncio.Transcorridos, non obstante, dez (10) días naturais seguintes á indicada data sen terse recibido a proposición, esta non será admitida en ningún caso. Naqueles supostos nos que o último día hábil para a presentación de solicitudes coincida en sábado poderanse presentar as ofertas no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, no edificio administrativo de San Caetano, debendo comunicar ao órgano de contratación a presentación da oferta no Rexistro Xeral mediante telegrama ou burofax, no mesmo día ou no día hábil seguinte.

Page 10: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

10

A presentación de proposicións presume por parte do licitador a aceptación incondicionada das cláusulas deste Prego e da declaración responsable de que reúne todas e cada unha das condicións esixidas para contratar coa Administración. 3.5. Contido das proposicións. As proposicións constarán de tres (3) sobres pechados e asinados polo LICITADOR ou persoa que o represente. No exterior de cada un, deberán figurar os datos que se detallan nas cláusulas seguintes. Así mesmo, e no seu interior, deberá figurar unha relación dos documentos incluídos en cada un dos sobres. 3.5.1.- Sobre A. Documentación administrativa. No exterior do sobre, en forma ben visible e sen que sexa necesaria a súa apertura, consignarase o seguinte:

Sobre A: Documentación xeral Título do proxecto Referencia completa do expediente segundo consta no anuncio de licitación do Diario

Oficial de ... Licitador: (Nome e C.I.F./N.I.F) Número de teléfono Número de fax Enderezo de correo electrónico (no caso de dispoñer del) Número de inscrición do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma (de ser

o caso) Data e sinatura

CONTIDO: Tódolos licitadores deberán presentar mediante orixinais ou copias compulsadas por funcionario da Xunta de Galicia ou Notario público, os documentos que a continuación se relacionan:

I-A) Para as solicitudes formuladas por españois:

Fotocopia compulsada do NIF ou CIF. Documento ou documentos que demostren a personalidade do empresario, mediante a

presentación -suposto de persoas xurídicas- da escritura de constitución ou modificación, de se-lo caso, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable.

Se non fose unha persoa xurídica, mediante a presentación da escritura ou documento de constitución e de modificación, de se-lo caso, dos estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, de se-lo caso, no correspondente Rexistro Oficial.

No caso de empresarios individuais, copia compulsada do Documento Nacional de

Identidade, ou o que, de se-lo caso, o substitúa regulamentariamente. Cando dúas ou máis empresas presenten unha oferta conxunta de licitación, esta

deberá cumprir o sinalado na cláusula 2.1.1. do presente prego de cláusulas administrativas particulares.

Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro deberán presentar poder

bastanteado ó efecto, mediante dilixencia estendida por letrado de Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia. Así mesmo, e en calquera caso, deberán aportar copia compulsada do DNI da persoa que asine a proposición económica.

Page 11: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

11

Declaración responsable outorgada ante autoridade administrativa, notario público, ou organismo profesional cualificado de non estar incurso o licitador en ningún dos supostos de prohibición para contratar previstos no artigo 49 da LCSP, así como na nova redacción establecida pola Lei 5/2006, do 10 de abril, de regulamento dos conflitos de intereses dos membros do Goberno e dos Altos Cargos da Administración Xeral do Estado e na Lei 9/96, de 18 de outubro,de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración Autonómica.

A dita declaración comprenderá expresamente a circunstancia de atoparse ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa facenda estatal, de non ter débedas de natureza tributaria coa Comunidade Autónoma de Galicia, de estar dadas de alta no Imposto sobre Actividades Económicas (IAE), na forma prevista no artigo 13.1 a) do RXLCAP, no que non se opoña ao establecido na LCSP, e de atoparse ó día no cumprimento das obrigas da Seguridade Social. Malia o anterior, poderán presentar os certificados administrativos de proba do cumprimento das citadas obrigas, agás no caso do IAE, respecto do cal a súa xustificación efectuarase mediante a presentación do alta, referida ó exercicio corrente, ou do último recibo deste, completado cunha declaración responsable de non haberse dado de baixa na matrícula do citado Imposto, consonte regula o artigo 15.1 do RXLCAP, no que non se opoña ao establecido na LCSP. Sen prexuízo da obriga de acreditar o alta no citado imposto, no suposto de atoparse nalgunha das exencións reguladas no artigo 82.1, apartados b), e) e f) do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, deberá xustificarse mediante unha resolución expresa da concesión da exención da Administración competente, ou unha declaración responsable de ter unha cifra de negocios inferior a un millón de euros (1.000.000 euros), respecto dos suxeitos pasivos enunciados na letra c) do artigo 82.1 da citada norma legal, coa excepción das persoas físicas. Os suxeitos pasivos os que se refire o artigo 82.1 apartados a), d), g) e h) do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, non estarán obrigados a presentar declaración de alta na matrícula do imposto.

O achegamento dos citados documentos eximirá da súa ulterior presentación, no caso de resultar adxudicatario do contrato, salvo no suposto de que se atoparan caducados, para o que deberán presentar a oportuna renovación destes.

As empresas e sociedades deberán xustificar mediante a oportuna certificación expedida polo seu órgano de dirección ou representación competente, que non forman parte dos seus órganos de goberno ou administración, persoa ningunha ás que se refiren a Lei 5/2006, de 10 de abril, de regulación de conflitos de intereses dos membros do Goberno e dos altos cargos da Administración Xeral do Estado, e a Lei 9/96, de 18 de outubro, de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración, a Lei 53/1984, do 26 de decembro, sobre incompatibilidades de persoal ao servizo das Administracións Públicas e a Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de réxime electoral xeral.

Dita prohibición alcanza igualmente aos cónxuxes, independentemente do réxime económico matrimonial, ou persoas que convivan en análoga relación de afectividade, aos fillos dependentes e ás persoas tuteladas polos titulares dos cargos aos que se refire o parágrafo anterior.

Certificado de clasificación expedido polo Rexistro Oficial de Empresas Clasificadas do Ministerio de Facenda, ou testemuño notarial deste, probatorio de estar clasificado nos grupos, subgrupos e categorías que se especifica no Cadro de Características, acompañándoo dunha declaración xurada da súa vixencia e das circunstancias que serviron de base para o seu outorgamento.

Page 12: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

12

De non esixirse clasificación, xustificarse a solvencia financeira, económica e técnica, de acordo co previsto na cláusula 3.3.1.e 3.3.2 do presente prego.

Documento xustificativo de ter constituída a garantía provisional de indicarse no cadro

de características a súa esixibilidade.

I-B) Para as solicitudes formuladas por estranxeiros: Os licitadores estranxeiros, a maiores da documentación esixida no apartado anterior, deberán achegar a seguinte documentación:

No caso de esixirse clasificación, os empresarios non españois de Estados membros

da Comunidade Europea que non estean clasificados, deberán probar a súa solvencia económica, financeira e técnica consonte se prescribe na cláusula 2.1.2.3 do presente prego.

Os contratistas non españois de estados membros da Unión Europea ou asinantes do

acordo sobre o espazo económico europeo probarán a súa capacidade de obrar mediante a inscrición nos rexistros ou presentación das certificacións que se indican no anexo do RXLCAP, na medida en que non se opoña ao establecido na LCSP, en función dos diferentes contratos.

Os contratistas de Estados non membros da Comunidade Europea e dos non

asinantes do acordo sobre o espazo económico europeo probarán a súa capacidade de obrar mediante a presentación dos seguintes documentos (artigo 44 da LCSP):

- Informe expedido pola Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar de domicilio da empresa, no que se faga constar, previa demostración pola empresa, que figura inscrita no Rexistro local, profesional, comercial ou análogo ou, no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local, no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. - Informe da Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral do Comercio Exterior do Ministerio de Economía sobre a condición de Estado signatario do Acordo sobre contratación pública da Organización Mundial do Comercio, sempre que se trate de contratos de contía igual ou superior á prevista no artigo 125 da LCSP ou, no caso contrario, o informe de reciprocidade a que se refire o artigo 44 da LCSP. - Tratándose de empresas de contratistas de obras será necesario, ademais, que demostren ter aberta sucursal en España, con designación de apoderados ou representantes e inscritas no Rexistro Mercantil.

Declaración solemne de sometemento á xurisdición dos xulgados e tribunais españois

de calquera orde para a resolución de calquera incidencia que puidera xurdir na formalización e execución dos contratos, con renuncia expresa, de se-lo caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante.

Os contratistas estranxeiros presentarán os documentos que deben achegar traducidos de forma oficial para os idiomas galego ou castelán. II De atoparse o licitador inscrito no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma,

estarase ó disposto no Decreto 262/2001, do 20 de setembro, polo que se refunde a normativa reguladora do dito rexistro.

III Deberá achegarse unha relación dos documentos que figuren neste sobre A, para os efectos

previstos no artigo 81.1 do RXLCAP, no que non se opoña ao establecido na LCSP.

Page 13: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

13

IV O licitador ou, de ser o caso, o seu apoderado ou representante, deberá presentar unha declaración xurada onde se indique o número de traballadores discapacitados que a empresa teña no seu cadro de persoal expresado en tanto por cen.

V De ser o caso , xustificante de ter implantado un plan de igualdade ou de ter a Marca Galega

de Excelencia en Igualdade de acordo co establecido na Lei 2/2007, de 28 de marzo, do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia.

VI Inescusablemente, todas as empresas licitadoras que pertenzan ou non pertenzan a un

mesmo grupo empresarial, entendendo por grupo empresarial aquelas que se atopen nalgún dos supostos previstos no artigo 42.1 do Código de Comercio ou sociedades nas que concorran algún deses supostos, deberán presentar unha declaración xurada na que se faga constar dita circunstancia así coma o suposto do mencionado artigo no que se atopen incursas, para os efectos do disposto no artigo 136 da LCSP e 86 do RXLCAP, no que non se opoña ao establecido na LCSP, segundo o modelo que se acompaña coma ANEXO II.

VI I Deberá formalizarse a Presentación do licitador que figura como Anexo III ó presente Prego.

3.5.2. Sobre B. Oferta técnica. Criterios. No exterior do sobre, en forma ben visible, e sen que sexa necesaria a súa apertura, consignarase o seguinte:

Sobre B: Oferta técnica. Criterios Título do proxecto Referencia completa do expediente segundo consta no anuncio de licitación do Diario

Oficial de ... Licitador: (Nome e N.I.F/ C.I.F.) Número de teléfono Número de fax Enderezo de correo electrónico (no caso de dispoñer del) Número de inscrición do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma (de ser

o caso) Data e sinatura

CONTIDO 1) Programa de construción das obras: Que asegure a súa execución no prazo proposto, ó tempo que implique unha distribución de anualidades contractuais respectuosas coas establecidas na Cadro de Características do prego, agás naqueles supostos en que de xeito xustificado poda variarse dita distribución sen vulnerar a normativa orzamentaria en materia de contratación. O programa redactarase de acordo coas seguintes instrucións: O licitador realizará unha planificación da obra, tendo en conta os equipos humanos e materiais ofertados adscritos a cada unha das actividades descritas na memoria, debendo xustificar os rendementos medios previstos que garantan o prazo ofertado. En concreto o licitador facilitará a información seguinte:

Xustificación dos rendementos medios previstos que garantan o prazo ofertado.

Diagrama de Gantt ou diagrama de barras con desenvolvemento das unidades de obra,

con indicación das actividades que condicionan dita obra ó derivarse de actividades críticas, con indicación dos investimento mensuais previstos.

Page 14: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

14

Esta documentación poderá ser completada con toda a información gráfica que o licitador considere oportuna. No caso de que o licitador oferte unha solución na que se modifique o prazo establecido no Cadro de Características, as anualidades que resulten no programa proposto deberán ser respectuosas coas establecidas na Cadro de Características do prego, agás naqueles supostos en que de xeito xustificado poida variarse dita distribución sen vulnerar a normativa orzamentaria en materia de contratación. En tal caso, os licitadores presentarán un novo orzamento ofertado, así como unha memoria na que se indiquen as razóns que xustifique esta oferta. Tamén presentarase un programa de construción das obras.

Por razóns de imposibilidade técnica non se terá en conta unha redución do prazo maior o que se estableza como mínimo na cadro de características do contrato.

Cando a Administración acepte a proposta con modificacións a devandita proposta pasará a ser contractual. 2) Memoria descritiva do proceso de execución e incremento dos recursos humanos mínimos:

A memoria descritiva servirá para explicitar as bases en que se fundamenta o Programa de Traballo.

Describirá os procesos de execución das actividades importantes da obra e reflectirá un enfoque e programación correctos e realistas do conxunto da obra coherente cos medios propostos. Das unidades complexas (estruturas, instalacións, etc.) a memoria conterá unha análise completa do proceso de realización. Ademais incluirase, de ser o caso, o incremento dos recursos humanos mínimos referidos no apartado 3.3.2.2) relativo aos medios de proba da solvencia de carácter técnico, para o desenvolvemento dos traballos. A memoria deberá conter, como mínimo:

Organigrama do persoal. Fichas de dimensionamento dos equipos de traballo participantes.

Relación das fontes de subministración de materiais e validación das mesmas, no seu caso.

Análise das necesidades de acopios e de instalacións auxiliares.

Análise dos condicionantes existentes (externos e climatolóxicos).

Desvíos provisionais e reposicións de servizos coas súas medidas de sinalización e

seguridade previstas. 3) Plan de mantemento e actuacións posteriores á entrega: O licitador poderá achegar os seguintes compromisos:

- Compromiso de prestación dun servizo posterior á entrega da obra ou vivendas aos adxudicatarios, coa presenza física dun equipo de persoal axeitado segundo as características da obra e das instalacións ( un electricista, un fontaneiro e un albanel...)

Page 15: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

15

que atenda as reclamacións que poidan producirse durante o prazo que na súa oferta indique. Achegará unha breve memoria descritiva do protocolo de actuación.

- Compromiso de prestar un servizo de mantemento do edificio por o período que o licitador

considere oportuno, a contar dende a data de sinatura da acta de recepción da obra. Achegará tamén unha breve memoria descritiva das actuacións de mantemento correctivo e preventivo do edificio, voluntariamente proposto polo licitador.

3.5.3.- Sobre C. Proposición económica e outros aspectos avaliables por medio de fórmulas.

No exterior do sobre, en forma ben visible, e sen que sexa necesaria a súa apertura, consignarase o seguinte:

Sobre C: Proposición económica e outros aspectos avaliables por medio de fórmulas Título do proxecto Referencia completa do expediente segundo consta no anuncio de licitación do Diario

Oficial de ... Licitador: (Nome e N.I.F./C.I.F.) Número de teléfono Número de fax Enderezo de correo electrónico (no caso de dispoñer del) Número de inscrición do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma (de ser

o caso) Data e sinatura

CONTIDO:

-Prazo de execución

-Garantía: Poderase achegar un documento no que de forma expresa se faga constar se o licitador se compromete a ampliar os prazos de garantía previstos neste cadro de características indicando expresamente o prazo total ofertado. -Plan de control de calidade da obra: Porcentaxe, entre o 1 e o 3 por cento, do orzamento de licitación que o licitador se compromete a adicar ao control de calidade da execución da obra, axustado ao seguinte modelo D/Dª........en nome e representación da empresa............comprométese a destinar ao plan de control de calidade o.....%(entre o 1 e o 3%) sobre o tipo de licitación da obra cuxa denominación é a seguinte.......... a plan de control de calidade. -Prezo A proposición será formulada estritamente conforme ao modelo que figura no anexo I ao presente Prego.

A proposición presentarase escrita a máquina e non se aceptarán aquelas que teñan omisións, erros ou borranchos que impidan coñecer claramente o contido da oferta a xuízo da Administración.

Cada licitador non poderá presentar máis que unha proposición referida á totalidade das obras obxecto do contrato.

O empresario licitador, en unión temporal con outros empresarios, non poderá presentar simultaneamente unha proposición individual e outra coa dita unión temporal, nin figurar en máis

Page 16: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

16

dunha unión de empresarios participante na licitación. O incumprimento destas obriga implicará a non admisión de todas as ofertas por el subscritas.

En canto ao rexeitamento de proposicións estarase ó disposto no artigo 84 do RXLCAP na medida en que non se opoña ao establecido na LCSP. 3.6. Constitución e funcionamento da Mesa de Contratación.

-Exame e cualificación da documentación incluída no sobre A

Ao abeiro do previsto nos artigos 135 e 144 da LCSP e no artigo 81 do RXLCAP, no que non se opoña ao establecido na LCSP, a Mesa de Contratación examinará a documentación xeral (sobre A) correspondente aos licitadores. Se como resultado de tal exame a Mesa de Contratación observase defectos ou omisións subsanables na documentación presentada, comunicarállelo verbalmente ao interesado mediante comunicación telefónica ao número indicado polo ofertante no sobre A, procedéndose, así mesmo, á notificación por fax ou telegrama ao número ou dirección igualmente indicados, e no mesmo día da publicación no taboleiro de anuncios do IGVS, concedéndose un prazo non superior a tres días hábiles para que o licitador corrixa ou emende os defectos ante a propia Mesa de Contratación, mediante escrito no que constará que vai dirixido á secretaría de dita Mesa, IGVS, e presentado no Rexistro xeral do mencionado Instituto.

A Mesa, unha vez cualificada a documentación anterior e subsanados, de ser o caso, os defectos ou omisións observados na documentación presentada, procederá a determinar cales son as empresas que se axustan aos criterios de selección previstos no presente Prego con pronunciamento expreso dos admitidos á licitación, dos rexeitados e as causas de tal rexeitamento. Para os efectos previstos nos artigos 61 e seguintes da LCSP e de acordo co disposto no artigo 22 do RXLCAP, no que non se opoña ao establecido na LCSP, o órgano e a Mesa de contratación poderán recabar do empresario aclaracións sobre certificados e documentos presentados ou requirilo para a presentación doutros complementarios, o que deberá cumprimentar no prazo de cinco (5) días, sen que poidan presentarse despois de declaradas admitidas as ofertas, conforme ao disposto no artigo 83.6 RXLCAP, no que non se opoña ao establecido na LCSP. - Exame e avaliación do contido do sobre B Logo de deteminar cales son os licitadores admitidos, a Mesa de contratación ordenará a apertura do sobre B e examinará a documentación contida no sobre B das ofertas admitidas, avaliara as ofertas segundo a cláusula 3.6.1 podendo solicitar cantos informes técnicos considere necesarios para tal fin. A avaliación do contido do sobre B realizarase en todo caso antes da apertura do sobre C e da valoración da oferta económica, deixándose constancia de elo, segundo se establece no artigo 134.2 in fine da LCSP - Apertura do sobre C A Mesa de contratación, constituída para o efecto no acto público de apertura de proposicións no lugar, data e hora sinalados no anuncio correspondente, procederá de acordo co disposto no artigo 83 do RXLCAP, no que non se opoña ao establecido na LCSP. De acordo co establecido no artigo 71 da LCSP, a Mesa de contratación antes de formular a súa proposta de adxudicación poderá solicitar cantos informes técnicos considere precisos e se relacionen co obxecto do contrato. Ao abeiro do disposto nos artigos 11 e 19 da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo e igualdade das mullleres de Galicia, as empresas que implantaran un Plan de Igualdade ou que obtivesen a Marca Galega de Excelencia en Igualdade terán preferencia na adxudicación do contrato, sempre que as proposicións presentadas igualen nos seus termos ás máis vantaxosas dende o punto de vista dos criterios obxectivos de adxudicación. De se manter a igualdade na puntuación,

Page 17: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

17

aplícarase o disposto na disposición adicional sexta, parágrafo primeiro, da LCSP e prevalecerá a empresa que, no momento de acreditar a súa solvencia técnica, teña no seu cadro de persoal a maior porcentaxe de traballadores discapacitados, sempre que non sexa inferior ao 2 por cento. 3.6.1.- Criterios de valoración das ofertas. Para a valoración das proposicións, a Mesa de Contratación poderá solicitar cantos informes técnicos estime oportunos e, en todo caso, terase en conta o seguinte baremo de puntuación referido ao contido dos sobres B (Oferta técnica. Criterios) e C (Proposición económica).

1- Proposta económica ata 40 puntos 2- Programa de construción das obras ata 12 puntos 2.1- Enumeración e descrición das actividades a realizar debendo xustificar os rendementos medios previstos que garantan o prazo ofertado. ata 4 puntos

2.2- Diagrama de Gantt con desenvolvemento das unidades de obra, indicando as actividades que condicionan dita obra ao derivarse de actividades críticas

ata 4 puntos

2.3- Redución do prazo de execución sen sobrepasar o mínimo fixado no cadro de características

P p = 4 ⎟⎟⎠

⎞⎜⎜⎝

me

ie

PPPP

∀ P i

Dónde:

Pp = puntuación prazo Pe = prazo estimado para o contrato Pi = prazo da oferta a valorar Pm = menor prazo ofertado

ata 4 puntos

3- Memoria descritiva do proceso de execución e incremento dos recursos humanos mínimos.

ata 12 puntos

3.1- Persoal que se adscribe ao contrato e características adicionais do mesmo ás mínimas esixidas no prego segundo os criterios de distribución da puntuación que se sinalen no cadro de características

ata 5 puntos

3.2.- Organigrama funcional do persoal adicado ao contrato ata 2 puntos

3.3- Fichas de dimensionamento dos equipos de traballo adicados ao contrato.

ata 1 punto

3.4- Relación das fontes de subministro de materiais, validación destas, no seu caso e análise das necesidades de acopios e de instalacións auxiliares.

ata 1 punto

3.5- Análise das necesidades de acopios e de instalacións auxiliares. ata 1 punto

3.6- Análise dos condicionantes existentes (externos e climatolóxicos) ata 1 punto

3.7- Desvíos provisionais e reposicións de servizos coas súas medidas de sinalización e seguridades previstas.

ata 1 punto

4- Garantía: ata 12 puntos 4.1- Incremento do prazo de garantía respecto do previsto no prego, de acordo coa seguinte formula:

Pg = 12 * ⎟⎟⎠

⎞⎜⎜⎝

⎛−

eMAX

ei

GGGG

Dónde: Pg: Puntuación garantía

Page 18: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

18

Ge: Garantía estimada Gi: Garantía da oferta a valorar GMAX: Maior garantía ofertada

5- Plan de mantemento e actuacións posteriores a entrega ata 12 puntos

5.1- Servizo posterior á entrega da obra coa presenza física. ata 8 puntos

5.2- Servizo de mantemento do edificio. ata 4 puntos 6- Plan de control de calidade 6.1- Incremento da porcentaxe mínima (1% do tipo de licitación) adicada ao plan de control de calidade, de acordo coa seguinte fórmula: a) Para licitación con 5 ou menos ofertas admitidas:

Pc = 12 ⎟⎟⎠

⎞⎜⎜⎝

M

i

CC n

1 ∀ C i

b) Para licitación con máis de 5 ofertas admitidas:

Pc= 12 ⎟⎟⎠

⎞⎜⎜⎝

M

i

CC 21

∀ C i

Dónde:

Pc: Puntuación control de calidade Ci: Porcentaxe de incremento sobre o 1% do control de calidade da oferta a valorar CM: Maior porcentaxe ofertada adicada ao control de calidade n: Número de ofertas admitidas

ata 12 puntos

O contrato será adxudicado o licitador que obteña a maior puntuación segundo resulte da aplicación do baremo anterior e para acadar a antedita puntuación seguirase o seguinte proceso: En función da proposición económica, as ofertas puntuaranse entre 0 e 40 puntos de acordo cos criterios que de seguido se indican: a) Para licitacións con 5 ou menos ofertas admitidas:

n

e

iE

BBP

1

40 ⎟⎠⎞

⎜⎝⎛= ∀ Bi

b) Para licitacións con máis de 5 ofertas admitidas:

2

1

40 ⎟⎠⎞

⎜⎝⎛=

e

iE

BBP ∀ Bi

Sendo:

PE : Puntuación económica: De 0 a 40 puntos Bi : Baixa da oferta para a que se quere determinar a puntuación. Be : Baixa da oferta máis económica de tódalas admitidas. n : Número de ofertas admitidas.

Page 19: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

19

Na aplicación destas fórmulas, entenderase por “baixa dunha oferta”, a porcentaxe que represente a diferenza entre o orzamento base de licitación (IVE excluído) e o orzamento da oferta presentada (IVE excluído), expresado en tanto por cento sobre do orzamento base de licitación (IVE excluído). Consideraranse desproporcionadas as proposicións cunha Bi que exceda en catro ou máis unidades ó valor da “baixa de referencia” Br. Para a obtención de Br requírese previamente a definición de Bm “baixa media”:

n

BiB

n

im

∑== 1

Os efectos de establecer esta media terase en conta que cando as empresas que formen parte dun mesmo grupo, segundo os supostos do artigo 42.1 do Código de Comercio, presenten distintas proposicións, tomarase unicamente a oferta máis baixa de todas as do grupo a) Para licitacións con 5 ou menos ofertas admitidas:

Br = Bm

b) Para licitacións con máis de 5 ofertas admitidas:

Determinarase inicialmente a “desviación típica” das baixas ofertadas:

( )n

BBn

imi∑ −

== 1

2

σ

Para o cálculo de Br elixiranse, entre todas as ofertas tan solo aquelas cuxa baixa estea comprendidas no intervalo Bm ± σ

( Bm – σ ) ≤ Bi ≤ ( Bm + σ )

Finalmente establecerase o valor da “Baixa de referencia” Br como a “media aritmética” das baixas das ofertas que cumpran a condición anterior. Cando se identifique unha proposición como desproporcionada ou anormal seguirase o procedemento sinalado no artigo 136. 3 e 4 da LCSP. Para a valoración das proposicións sumaranse os puntos obtidos nos apartados 2 a 6 para obter a puntuación técnica PT e obterase a puntuación final de acordo coa seguinte fórmula: P= Pt+Pe Resultará adxudicataria aquela empresa licitadora que obteña a maior puntuación da total posible segundo a aplicación do baremo anterior, sempre e cando na puntuación dos criterios técnicos (PT) obteña un mínimo de 25 puntos da puntuación técnica máxima. 3.7. Adxudicación

3.7.1. Adxudicación provisional. O órgano de contratación, previos os informes de técnicos correspondentes, e de conformidade co previsto no artigo 145 da LCSP, adxudicará provisionalmente o contrato no prazo máximo de dous meses a contar dende a apertura das proposicións, agás se indique outro prazo distinto neste

Page 20: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

20

prego. De non ditarse a adxudicación provisional no dito prazo o empresario ten dereito a retirar a súa proposición e a que se lle devolva a garantía depositada. A adxudicación provisional acordarase polo órgano de contratación en resolución motivada que deberá notificarse aos licitadores e publicarse no perfil do contratante. A adxudicación provisional non xera dereito a favor do empresario proposto fronte á Administración mentres non se dite a adxudicación definitiva polo órgano de contratación. O órgano de contratación non poderá declarar deserta a licitación cando exista algunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran neste prego. En canto ás ofertas con valores anormais ou desproporcionadas estarase ao disposto nos artigos 136 da LCSP e 85 do RXLCAP, en todo o que non se opoña ao establecido na LCSP. Para os efectos de considerar as ofertas económicas efectuadas polos licitadores como ofertas anormais ou desproporcionadas estarase ao disposto no artigo 136. 3 e 4 da LCSP. 3.7.2- Documentación a esixir antes da adxudicación definitiva. De conformidade co disposto no artigo 135.4 da LCSP, a elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince (15) días hábiles, contados dende o seguinte a aquel en que se publique a dita adxudicación provisional nun diario oficial ou no perfil do contratante do órgano de contratación. Durante o dito prazo de quince días, o adxudicatario, nos termos previstos nos artigos 13 e 14 do RXLCAP, deberá presentar a seguinte documentación: Certificación de atoparse ó día no cumprimento das obrigas tributarias coa facenda estatal.

Certificación de non ter débedas de natureza tributaria coa Comunidade Autónoma de Galicia,

expedida pola Consellería de Economía e Facenda. Certificación de atoparse ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.

Presentación da alta referida ao exercicio corrente ou do último recibo do Imposto de

Actividades Económicas, completado cunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto, segundo o disposto no artigo 13.1º a) en relación co artigo 15.1, ámbolos dous do RXLCAP. Proba da efectiva disposición dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á

execución do contrato que lle reclame o órgano de contratación, así como de ter constituída a garantía definitiva que no seu caso sexa procedente e das obrigas asumidas na proposta do adxudicatario que se tiveran en conta para definir os criterios e adxudicación, consonte ao establecido no artigo 134.6 da LCSP. Xustificante de ter aboados os gastos derivados da publicación do anuncio de licitación nos

Diarios Oficiais. Resgardo de ter depositado na Caixa Xeral de Depósitos da Tesourería da Consellería de

Economía e Facenda, a garantía definitiva e, se é o caso, complementaria que se xustificará conforme ao sinalado polo artigo 83 da LCSP. De non presentarse a documentación sinalada en forma e prazo, a empresa que resultara adxudicataria provisional quedará excluída e a Administración poderá efectuar unha nova adxudicación provisional de conformidade co establecido no artigo 135.5 da LCSP. 3.7.3 Adxudicación definitiva.

Page 21: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

21

A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran os anteditos quince (15) días hábiles, contados dende o seguinte a aquel en que se publique a dita adxudicación provisional nun diario oficial ou no perfil do contratante do órgano de contratación. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez (10) días hábiles seguintes a aquel no que expire o prazo sinalado no parágrafo anterior, sempre que o adxudicatario presentara a documentación solicitada e constituíra a garantía definitiva. Cando non proceda a adxudicación definitiva do contrato ao licitador que resultara adxudicatario provisional por non cumprir este as condicións necesarias para tal adxudicación definitiva, a Administración, antes de proceder a unha nova convocatoria, poderá efectuar unha nova adxudicación provisional ao licitador ou licitadores seguintes a aquel pola orde na que quedaran clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fora posible e que o novo adxudicatario prestara a súa conformidade, en cuxo caso se lle concederá un prazo de quince (15) días hábiles para cumprimentar o sinalado na cláusula 3.7.2 deste prego. A adxudicación definitiva do contrato, que en todo caso deberá ser motivada, notificarase aos licitadores. segundo se indica na cláusula 4.3 deste prego. 4.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. 4.1.- Documentación. Antes da formalización do contrato, o adxudicatario deberá presentar ante o órgano de contratación: Orixinal ou copia debidamente autenticada do poder notarial e do D.N.I. da persoa facultada

para a sinatura do contrato. Inscrición no Rexistro de Terceiros da Comunidade Autónoma. Este requisito so deberá ser

xustificado no caso de que o adxudicatario non tivese contratado en ningunha ocasión coa Xunta de Galicia, ou ben, tendo sido adxudicatario doutros contratos, os seus datos bancarios ou sociais experimentasen variacións dende a última contratación. Resgardo do pagamento da totalidade dos anuncios publicados nos diarios ou boletíns oficiais

cuxa contía total non excederá do importe máximo sinalado no cadro de características, cumprimentando o impreso establecido ao efecto e que lle será proporcionado en calquera das oficinas bancarias de Caixa Galicia, así como nas delegacións provinciais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia. No caso de empresas agrupadas, ademais dos anteriores requisitos, deberán xustificar a

constitución da agrupación achegando a correspondente escritura pública nos termos do artigo 48 da LCSP, así como o seu C.I.F. No documento de formalización do contrato deberá figurar a declaración responsable de non variación das circunstancias reflectidas no correspondente certificado do Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou comunitario de clasificación segundo establece no artigo 130.3 da LCSP. 4.2.- Garantía definitiva. Publicada a adxudicación no perfil do contratante, o adxudicatario provisional estará obrigado a constituír, no prazo de quince (15) días hábiles, unha garantía definitiva equivalente ao 5 por 100 do orzamento base de licitación, IVE excluído. A garantía poderá constituírse en calquera das formas establecidas no artigo 84 LCSP, cos requisitos establecidos no artigo 55 e seguintes do RXLCAP ou mediante a garantía global cos requisitos establecidos no artigo 86 LCSP.

Page 22: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

22

De non constituirse a garantía definitiva no prazo sinalado no artigo 135.4 da LCSP (15 días hábiles contados dennde o seguinte ao de publicación da adxudicación provisional) por causas inmputables ao adxudicatario provisional o órgano de contratación declarará decaída a adxudicación provisional ao seu favor e aplicarase o disposto no artigo 135.5 da LCSP. A garantía definitiva responderá dos conceptos mencionados no artigo 88 LCSP. A devolución e cancelación da garantía efectuarase de conformidade co disposto nos artigos 90 LCSP e 65.2 e 3 do RXLCAP. No suposto de que se estableza o sistema de garantía complementaria do artigo 83.2 da LCSP, farase constar no Cadro de Características que se inclúe ao comezo deste Prego. Así mesmo, se é o caso de que se tivera en conta para definir os criterios e adxudicación o incremento do prazo de garantía, a devolución e cancelación terá lugar logo da finalización do prazo total ofertado. A Administración, aprobada a liquidación do contrato, se non resultasen responsabilidades das que facer fronte con cargo á garantía definitiva, procederá de oficio á devolución desta mediante acordo que deberá adoptarse e notificarse ao interesado no prazo de dous meses dende a finalización do prazo de garantía. 4.3. Notificación e publicación da adxudicación definitiva De acordo co artigo 137 da LCSP, a adxudicación definitiva do contrato, que en todo caso deberá ser motivada, notificarase aos candidatos ou licitadores. Segundo o artigo 138.1 da LCSP, cando a contía do contrato sexa superior ás cantidades indicadas no artigo 122.3 da LCSP (50.000 euros) a adxudicación definitiva do contrato publicarase no perfil do contratante do órgano de contratación. Cando a contía do contrato sexa igual ou superior a 100.000 euros, a adxudicación definitiva deberá publicarse ademais no DOG un anuncio no que se dea conta de dita adxudicación, nun prazo non superior a corenta e oito días a contar dende a data de adxudicación do contrato. 4.4.- Documento de formalización. O adxudicatario queda obrigado a subscribir dentro do prazo de dez (10) días hábiles, a contar dende o seguinte ao da notificación da adxudicación definitiva, o correspondente documento administrativo de formalización do contrato. Tal documento deberá conter os requisitos esixidos polo artigo 26 da LCSP e formalizarase de acordo co sinalado no artigo 140 da dita lei. O contrato poderá formalizarse en escritura pública cando así o solicite o contratista sendo ao seu cargo os gastos derivados do seu outorgamento. O prego de prescricións técnicas, os cadros de prezos,o programa de traballo revestirán carácter contractual polo que deberán ser asinados, en proba de conformidade polo adxudicatario, simultaneamente á formalización do contrato no que se recollerán as obrigas asumidas na oferta Cando por causa imputable ao adxudicatario non puidese formalizarse o contrato dentro do prazo sinalado, o órgano de contratación poderá acordar a súa resolución con incautación da garantía provisional, no caso en que fora esixible a súa constitución, de acordo co establecido no artigo 140.3 da LCSP. Se as causas da non formalización fosen imputables á Administración estarase ao disposto no páragrafo 2 do mencionado artigo 140.3. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización, agás nos casos previstos nos artigos 96 e 97 da LCSP. 5.- EXECUCIÓN DO CONTRATO

Page 23: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

23

5.1.- Comprobación da implantación. Nun prazo non superior a un mes dende a data de formalización do contrato, agás supostos excepcionais, procederase, en presenza do contratista, a efectuar a comprobación da impplantación efectuada previamente á licitación, consonte se dispón no artigo 212 da LCSP e estenderase a correspondente acta do resultado. A comprobación da implantación realizarase a partir da adxudicación definitiva, nos supostos de expedientes de contratación seguidos baixo a tramitación urxente. A comprobación do implantación á que se refire o artigo 212 da LCSP suxeitarase ás seguintes regras : 1.- Se o contratista non acudira, sen causa xustificada, ao dito acto de comprobación, estarase ao disposto no artigo 196.6 da LCSP. 2.- Cando o resultado da comprobación demostre, a xuízo da dirección de obra e sen reserva por parte do contratista, a dispoñibilidade dos terreos e a viabilidade do proxecto, darase por aquel a autorización para inicialas, facéndose constar este extremo explicitamente na acta que se estenda, de cuxa autorización quedará notificado o contratista polo feito de subscribila, e empezándose a contar no prazo de execución das obras dende o día seguinte á sinatura do contrato. 3.- Cando se trate da realización de algunha das obras ás que fai referencia o artigo 110.3 da LCSP estarase ao disposto nese artigo en canto á dispoñibilidade de terreos. 4.- Cando non resulten demostradas as circunstancias ás que se refire o parágrafo anterior ou a dirección da obra considere necesaria a modificación das obras proxectadas, quedará suspendida a súa iniciación, facéndose constar na acta, e ata que o órgano de contratación adopte a resolución procedente en virtude das facultades que lle atribúe a lexislación de contratos das administracións públicas. En tanto non sexa ditada esa resolución quedará suspendida a iniciación das obras dende o día seguinte á sinatura da acta, computándose a partir de dita data o prazo de seis meses a que se refire o artigo 220 parágrafo b) da LCSP, sen prexuízo de que, se foran superadas as causas que impediron a iniciación das obras, se ditase acordo autorizando o seu comezo, notificándoselle ao contratista e computándose o prazo de execución dende o día seguinte ao de tal notificación. 5.- O disposto no parágrafo anterior aplicarase igualmente cando o contratista formulase reservas no acto de comprobación da implantación. Non obstante, se tales reservas resultasen infundadas a xuízo do órgano de contratación, non quedará suspendida a iniciación das obras nin, en consecuencia, será preciso ditar novo acordo para a súa iniciación sen que se modifique o cómputo do prazo para a execución. 6.- A acta de comprobación da implantación reflectirá a súa conformidade ou disconformidade respecto dos documentos contractuais do proxecto, con especial e expresa referencia ás características xeométricas da obra, á autorización para a ocupación dos terreos necesarios e a calquera punto que poda afectar ao cumprimento do contrato. - Á vista dos seus resultados procederase nos termos previstos nos apartados anteriores. No caso de que o contratista, sen formular reservas sobre a viabilidade do proxecto, fixera outras observacións que puideran afectar á execución da obra, a dirección da obra, logo de consideradas tales observacións, decidirá iniciar ou suspender o comezo da obra, xustificándoo na propia acta. - Un exemplar da acta remitirase ao órgano de contratación, outro entregarase ao contratista e un terceiro á dirección. - A acta de comprobación da implantación formará parte integrante do contrato aos efectos da súa esixibilidade.

Page 24: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

24

7.- Se como consecuencia da comprobación da implantación dedúcese a necesidade de introducir modificacións no proxecto a dirección redactará no prazo de quince días, sen prexuízo da remisión inmediata da acta, unha estimación razoada de ditas modificacións. 8.- Se o órgano de contratación decide a modificación do proxecto, a tramitación de dita modificación axustarase ás normas xerais da LCSP e do RXLCAP, en tanto non se opoñan a dita Lei, acordando a suspensión temporal, total ou parcial da obra, ordenando neste último caso a iniciación dos traballos naquelas partes non afectadas polas modificacións previstas no proxecto. 5.2.- Programa de traballo. Se é o caso de que a obra se execute en máis dunha anualidade o adxudicatario está obrigado a presentar nun prazo non superior a trinta días dende a formalización do contrato, un programa de traballo no cal se incluirán tódolos extremos que se indican no artigo 144 do RXLCAP (na medida de que non se opoñan ao establecido na LCSP) e de conformidade co disposto na cláusula 27 do prego de cláusulas xerais aprobado por Decreto 3854/1970, de 31 de decembro. A acta de comprobación da implantación e os prazos parciais que procedan fixarse ao aprobar o programa de traballo entenderase como integrantes do contrato aos efectos da súa esixibilidade. 5.3.- Sinalización das obras. O contratista está obrigado a instalar pola súa conta os sinais precisos para indicar o acceso á obra, a circulación na zona que ocupan os traballos e os puntos de posibles perigos debido á marcha daqueles, tanto na dita zona como nos seus lindeiros ou inmediacións, de conformidade co disposto no Código da Circulación e normativa de Prevención de Riscos Laborais, e a adoptar todas as precaucións precisas desde o comezo das obras ata a súa total terminación, sendo persoalmente responsable dos accidentes motivados por incumprimento desta cláusula. Asi mesmo está obrigado a cumprir as ordes e sufragar os gastos aos que se refire a cláusula 23 do Prego de Cláusulas Administrativas Xerais. De acordo coas instrucións do Instituto Galego da Vivenda e do Solo e atendendo ás características da obra, o contratista situará nesta os carteis que por aquela se lle indiquen. A súa subministración e a colocación correrá a cargo do contratista dentro do orzamento de adxudicación das obras. 5.4.- Accesibilidade e supresión de barreiras. Deberá terse en conta o establecido na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia e no Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da mencionada Lei. (DOG do 29/02/2000). 5.5- Dereitos e obrigas das partes. 5.5.1.- Abonos ao contratista. O contratista terá dereito ao aboamento, de conformidade cos prezos pactados, das obras que realmente execute con suxeición ao contrato outorgado e ás súas modificacións, se as houbese.

Para os efectos do pagamento, a Administración terá a obriga de aboar o prezo dentro do prazo dos sesenta (60) días seguintes á data da expedición das certificacións da obra, sen prexuízo do prazo establecido no contrato, en consonancia co réxime de anualidades establecido, e de conformidade ao previsto no artigo 218 da LCS . A este respecto, expedirá mensualmente, nos primeiros dez (10) días seguintes ao mes que correspondan, as certificacións que comprendan a obra executada durante dito período de tempo. Os aboamentos ao contratista resultantes das certificacións expedidas teñen o concepto de pagos a conta, suxeitos ás rectificacións e variacións que se produzan na medición final e sen supoñer de ningunha forma aprobación e recepción das obras que comprende.

Page 25: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

25

Nos supostos nos que a Administración se demore no pagamento estarase ao disposto no artigo 200.4 da LCSP, coas seguintes precisións: - O tipo pactado de xuro de demora que a Administración estará obrigada a pagar será o resultante de sumar ao tipo de xuro aplicable polo Banco Central Europeo á súa máis recente operación principal de financiamento efectuada antes do primeiro día do semestre natural de que se trate o 50% do dito tipo de xuro.

TX = txBCE + [txBCE / 2] - O xuro de demora calcularase sobre o importe da obriga pecuniaria principal, excluído o IVE e os demais tributos que graven a operación. O contratista poderá desenvolver os traballos con maior celeridade que a precisa para executar as obras no prazo ou prazos contractuais, agás que a xuízo da dirección das obras existisen razóns para estima-lo inconveniente. Malia o anterior, non terá dereito a percibir en cada ano calquera que sexa o importe do executado ou das certificacións expedidas, maior cantidade que a consignada na anualidade correspondente. Polo tanto, os dereitos que os artigos 200 e 215 da LCSP e a cláusula 53 do Prego de Cláusulas Administrativas Xerais lle conceden ó contratista, non se aplicarán partindo das datas das certificacións como base para o cómputo do tempo de demora no pagamento, senón da época na que debeu ser satisfeito. Poderanse verificar abonos a conta, previa petición do contratista, por instalacións, acopios de materiais e equipos de maquinaria pesada adscritos á obra, nas condicións e coas garantías que se determinan nos artigos 200 e 215 da LCSP e 155 a 157 RXLCAP, no que non se opoña ao establecido na LCSP, e de acordo coas cláusulas 54 a 58 do Prego de Cláusulas Administrativas Xerais. Coa primeira certificación de obra o contratista deberá achegar o xustificante de pagamento de tódalas taxas e impostos que sexan necesarios para a execución do contrato, de xeito tal que non se procederá ao pagamento desa certificación en tanto non se cumpra con dita obriga. Dentro do prazo de tres (3) meses contados a partir da recepción, o órgano de contratación deberá aprobar a certificación final das obras executadas, que será aboada ó contratista a conta da liquidación do contrato. Segundo se establece no artigo 201 da LCSP, os contratistas que, conforme ao previsto no artigo 200 da LCSP, teñan dereito de cobro fronte á Administración poderán cede-lo conforme a Dereito. Para que a cesión dese dereito de cobro teña plena efectividade fronte á Administración, será requisito imprescindible a notificación fehaciente á Administración do acordo de cesión. A eficacia das segundas e sucesivas cesións dos dereitos de cobro cedidos polo contratista quedará condicionada ao cumprimento do disposto no parágrafo anterior. Unha vez que a Administración teña coñecemento do acordo de cesión, o mandamento de pagamento haberá de ser expedido a favor do cesionario. Antes de que a cesión se poña en coñecemento da Administración, os mandamentos de pagamento a nome do contratista ou do cedente producirán efectos liberatorios. 5.5.2.- Obrigas do contratista. 5.5.2.1.- Plan de control de calidade. O adxudicatario está obrigado a cumplir, como mínimo, co plan de control de calidade establecido polo IGVS polo importe do un por cento do tipo de licitación.

Page 26: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

26

De ofertar un incremento sobre a dita porcentaxe, o licitador antes do inicio das obras presentará un plan de control de calidade para a súa validación pola Administración e unha proposta de laboratorio homologado para o seu seguimento. 5.5.2.2.- Dirección das Obras. A Administración, a través da dirección de obra, levará a cabo a inspección, comprobación e vixiancia para a completa realización da obra executada, axustándose ao establecido no RXLCAP, no que non se opoña ao establecido na LCSP, mailo disposto nas Cláusulas 4 e 21 do Prego de Cláusulas Administrativas Xerais (Decreto 3854/1970). 5.5.2.3.- Obrigas laborais e sociais. O adxudicatario contará co persoal necesario para a execución do contrato. Dito persoal dependerá exclusivamente do adxudicatario, o cal terá tódolos dereitos e deberes inherentes a súa calidade de empregador respecto deles; concretamente, está obrigado ó cumprimento das disposicións vixentes na materia laboral, de Seguridade Social e Prevención de Riscos Laborais, sendo a Administración contratante totalmente allea a ditas relacións laborais. 5.5.2.4.- Autorizacións e licenzas O contratista está obrigado ao cumprimento de tódalas disposicións vixentes relacionadas coa actividade por el desenvolvida; en especial, contará coas autorizacións administrativas, cesións, permisos, autorizacións necesarias dos titulares das patentes, modelos e marcas de fabricación correspondentes para empregar materiais, subministracións, equipos na execución do obxecto do contrato, correndo da súa conta o pago dos dereitos e indemnizacións relativas a reclamacións en materia de propiedade industrial e comercial, debendo indemnizar á Administración polos danos e prexuízos que se lle causen por tal concepto. 5.5.2.5.- Execución das obras e responsabilidade do contratista O contratista executará as obras con estrita suxeición ás estipulacións contidas no presente prego de cláusulas administrativas particulares, ó proxecto e ao programa de traballo que sirve de base ó contrato e consonte ás instrucións que, en interpretación técnica deste, dese o director de obra ó contratista. No suposto de que ditas instrucións fosen de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito a maior brevidade posible para que sexan vinculantes para as partes. En cumprimento do establecido no artigo 12 do Decreto autonómico 105/2006, do 22 de xuño (DOG do 30/06/2006), se a execución das obras se realiza en épocas de alto risco de incendios (as así declaradas pola dirección xeral competente en materia forestal) nos montes e nas áreas rurais situadas nunha franxa de 400 metros arredados daqueles e se nela se utiliza maquinaria non forestal nin agrícola ou ferramentas que poidan producir chispas ou soldaduras de calquera tipo, o contratista deberá remitirlle á dirección xeral competente en materia forestal, nun prazo de dez (10) días hábiles anteriores ao efectivo comezo das obras, unha memoria explicativa dos traballos e as medidas previstas de prevención e extinción de incendios. Se non se manifestase oposición por parte de dita dirección xeral, poderase dar comezo á obra no prazo sinalado, sen prexuízo da responsabilidade en que se poida incorrer no caso de incumprimento das medidas comunicadas. O contratista deberá executar as obras con materiais e medios de primeira calidade e nas condicións esixidas no proxecto aprobado e toda a documentación que o integra, así como de conformidade coas instrucións ou regulamentos técnicos nacionais obrigatorios, desde que sexan compatibles co dereito comunitario nos termos establecidos no artigo 101da LCSP. Así mesmo, deberá utilizar os elementos persoais e auxiliares máis cualificados nas condicións esixidas pola boa práctica da construcción. Durante o desenvolvemento das obras e ata que se cumpra o prazo de garantía, o contratista será responsable dos defectos que na construción da obra se poidan observar.

Page 27: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

27

Consonte establece o artigo 198 da LCSP, o adxudicatario será responsable de indemnizar tódolos danos e prexuízos causados a terceiros, tanto por si mesmo como polo seu persoal ou por medios dependentes dese persoal, e que sexan consecuencia da realización das operacións que requira a execución do contrato, agás que ditos danos ou prexuízos sexan ocasionados coma consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, a cal deberá constar por escrito, ou sexan producidos coma consecuencia dos vicios do proxecto elaborado pola Administración. Cando a xuízo do director da obra algunha parte da obra sexa defectuosa ou estivese mal executada o contratista esta obrigado a volver a realiza-la sen custo ningún para a Administración e responderá da execución da obra contratatada e das faltas que nela houber, sen que sexa eximente, nin lle dea dereito ningún, a circunstancia de que os representantes da administración examinen ou tivesen recoñecido, durante a construción, as partes e unidades de obra ou os materiais empregados, nin que sexan incluídos estes e aqueles nas medicións e certificacións parciais. Se se advirten vicios ou defectos na construción, ou se teñen fundadas razóns para crer que existen vicios ocultos na obra executada, a dirección de obra ordenará, durante o curso da execución, e sempre antes da devolución da garantía definitiva, a demolición e reconstrución das unidades de obra en que se dean aquelas circunstancias, ou as accións precisas para comprobar a existencia de tales defectos ocultos. Se as obras están en bo estado e con arranxo ás prescripcións previstas, a Dirección da obra representante da Administración, daraas por recibidas e estenderá a acta correspondente comezando o prazo de garantía. Se as obras non están en estado de seren recibidas a Dirección farao constar na acta e sinalará os defectos observados e detallará as instrucións para a súa corección nos termos sinalados no derradeiro parágrafo do artigo 218.2 da LCSP. Ata a aprobación da devolución das garantías o contratista deberá responder da custodia e conservación dos materiais e instalacións, sen que teña dereito a indemnización por causa de avaría, perdas ou prexuízos nos bens. Igualmente, se a obra se arruinase con posterioridade á expiración do prazo de garantía por vicios ocultos de construción, debido ó incumprimento do contrato por parte do contratista, responderá este dos danos e prexuízos durante o termo de quince (15) anos, a contar dende a recepción. 5.5.2.6.- Cumprimento do prazo e penalidades por mora. O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a realización deste, así como dos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se chegado o remate de calquera dos prazos citados, o contratista incorrese en mora por causas imputables a este, a Administración poderá optar pola resolución do contrato con perda da garantía ou pola imposición de penalidades económicas, na contía prevista no 196 da LCSP. Conforme co artigo 196.8 da LCSP, os importes destas penalidades faranse efectivos mediante dedución destes nas certificacións de obras ou, de selo caso, da garantía, e sen que a aplicación e pagamento destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito polos danos e perdas ocasionados polo retraso do contratista. A perda de garantía ou os importes das penalidades non exclúen a indemnización de danos ou prexuízos aos que poida ter dereito a Administración, orixinados pola demora do contratista. En todo caso, a constitución en mora do contratista non requirirá intimación previa por parte da Administración. Se o retraso fose producido por motivos non imputables ao contratista, estarase ao disposto no artigo 197.2 da LCSP.

Page 28: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

28

5.5.2.7.- Gastos esixibles ao contratista. Serán de conta do contratista: -Os gastos de publicación de anuncios de licitación e adxudicación sen que excedan do importe maximo sinalado no cadro de características, os da formalización do contrato, así como todos os impostos, taxas e prezos públicos, contribucións, que pesen sobre o contrato e, se é o caso, sobre o obxecto do contrato, e os derivados da prestación dos traballos facultativos da comprobación do implantación, dirección, inspección, execución e liquidación e calquera outros que resultasen de aplicación de conformidade coas disposicións vixentes e na forma e contía que estas determinen. -Tamén serán por conta do contratista as taxas de licenza de obras, fin de obra e licenca de primeira ocupación e o aboamento do imposto municipal de construcións, instalacións e obras e a realización daqueles proxectos e instalacións e equipos que se é o caso se prevexan no proxecto (electricidade, centros de transformación, aparellos elevadores, climatización etc) e a realización a súa costa das xestións precisas para o outorgamento dos documentos notariais e das inscripcións rexistrais derivados da declaración de obra nova e división horizontal, - Igualmente o contratista asumirá os gastos derivados da información ao público sobre do inicio e remate da obra. Estas actividades informativas terán lugar a través daqueles medios de comunicación que se determinen no Cadro de Características, para o que se terá en consideración a natureza da obra e o importe do investimento, e sempre circunscritas ó ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Cando concorran circunstancias que así o xustifiquen, o órgano de contratación poderá dispoñer a ampliación da difusión de determinados aspectos da execución da obra mediante outros medios. As referidas actividades deberán ser realizadas seguindo as indicacións que se proporcionen por parte da Administración. Os gastos derivados das actividades de información mencionadas nos parágrafos anteriores non poderán superar en ningún caso o un por cento (1%) do presuposto base de licitación. Tamén serán de conta do contratista os gastos de ensaio, tanto os de contraste, segundo establece a cláusula 38 do Prego de Cláusulas Administrativas Xerais, como os ofertados polo licitador no Plan de Control de Calidade da oferta, quedando suxeito a este compromiso. 5.5.2.8.- Propiedade e explotación dos traballos Tódolos documentos que se elaboren e os traballos que se realicen para a execución do contrato, serán da exclusiva propiedade da Administración contratante. O contratista non poderá facer uso de dito material, nin publicar ou divulgar ou proporcionar a terceiros, ningún dato ou documento procedente dos traballos de non mediar autorización expresa e por escrito da Administración propietaria, obrigándose a resarcir á esta polos prexuízos que se lle causen. De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e RD 1720/2007, de 21 de decembro, que aproba o Regulamento de desenvolvemento da dita lei, o contratista está obrigado a tratar os datos que lle sexan proporcionados para a realización do traballo consonte ás instrucións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de xeito tal que non os aplicará ou utilizará cun fin distinto ao que figure no contrato, nin os comunicará ou facilitará por calquera medio a persoas que non estean expresamente autorizadas para o seu coñecemento ou utilización. Asemade, unha vez cumprida a prestación contractual, os datos de carácter persoal deberán ser destruídos ou devoltos ao IGVS, así como calquera soporte ou documento nos que conste algún dato de tal carácter.

Page 29: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

29

A Administración contratante resérvase en exclusiva o dereito de explotación dos traballos encargados ao adxudicatario, ao que lle queda prohibido calquera tipo de explotación, agás cando medie autorización do órgano de contratación e nos termos nos que se recolla en dito título administrativo. 5.6.- Risco e Ventura O contrato executarase a risco e ventura do contratista sen prexuízo do disposto no artigo 214 da LCSP para o suposto de forza maior. 5.7.- Deber de sixilo O adxudicatario estará obrigado a gardar sixilo respecto aos datos ou antecedentes que, non sendo públicos ou notorios, estean relacionados co obxecto do contrato ou dos que teña coñecemento con ocasión deste, segundo dispón o artigo 112.2 do RXLACP, sempre que non se contradiga co establecido no artigo 124.2 da LCSP. Así mesmo estarase ao disposto neste artigo da LCSP con relación á confidencialidade da información obtida durante a execución do contrato. 6.- CESIÓN E SUBCONTRATACIÓN 6.1.- Cesión e subcontratación do contrato De acordo co artigo 209 da LCSP, o adxudicatario non poderá acordar con terceiros a cesión dos dereitos e obrigas derivadas do contrato sen a autorización previa e expresa da Administración contratante. Así mesmo, para que a cesión efectuada produza efectos fronte á Administración contratante deberán cumprirse, igualmente, tódolos requisitos sinalados no citado artigo. No cadro de características determinarase se se admite a subcontratación consonte ao establecido no artigo 210 da LCSP. De admitirse a subcontratación en ningún caso as prestacións parciais que o adxudicatario subcontrate con terceiros poderán exceder do 60 por cento do importe da adxudicación. A subcontratación da realización parcial da prestación do obxecto do contrato estará sometida ao cumprimento dos requisitos sinalados nos artigos 210 e 211 da LCSP. En todo caso deberá comunicar ao órgano de contratación a relación das unidades ou partes da obra que realizará baixo subcontratación e indicará a empresa ou empresas coas que se prevé subscribir dita subcontratación, así mesmo achegará o compromiso de dispoñibilidade dos subcontratistas propostos. 7.- MODIFICACIÓN DO CONTRATO 7.1.- Modificación do contrato O órgano de contratación ostenta a prerrogativa de modificar, por razóns de interese público, o contrato con suxeición ao estipulado nos artigos 202 e 217 da LCSP, así coma no RXLCAP, na medida en que non se opoñan ao establecido na LCSP. Unha vez perfeccionado o contrato o órgano de contratación so poderá introcucir modificacions por razóns de interese público e para atender causas imprevistas, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente. Estas modificacións non poderán afectar ás condicións esenciais do contrato. Non terán a consideración de modificacións do contrato as ampliacións do seu obxecto que non podan integrarse no proxecto inicial por medio dunha corrección do mesmo ou que consistan na realización dunha prestación susceptible de utilización ou aproveitamento independiente ou dirixida a satisfacer finalidades novas non contempladas na documentación preparatoria do contrato .

Page 30: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

30

As modificacións do contrato formaízaranse conforme ao disposto no artigo 140 da LCSP. Se é o caso de fusión de empresas nas que participe a sociedade contratista estarase ao disposto no artigo 202.4 7.2.- Suspensión das obras. Se a Administración acordara a suspensión das obras ou tal suspensión tivese lugar por aplicación do artigo 203 da LCSP, estenderase unha acta na que se consignará as circunstancias que a motivan e a situación de feito na execución do contrato coas consecuencias sinaladas nos artigos 200 e 203 da LCSP e 103, 170 e 171 do RXLCAP, en todo o que non se opoña ao establecido na LCSP. 8.- EXTINCIÓN DO CONTRATO. 8.1.- Conclusión do contrato. O contrato entenderase cumprido polo contratista cando realizase de acordo cos termos contractuais e a satisfacción da Administración, a totalidade do seu obxecto. Cunha antelación de corenta e cinco (45) días hábiles, o contratista comunicaralle por escrito á dirección de obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, co gallo de que se poida levar a cabo a súa recepción. Poderán ser obxecto de recepción parcial aquelas partes da obra susceptibles de ser executadas por fases e que poidan ser entregadas ó uso público, segundo o establecido no contrato. Consonte establece o artigo 218.6 da LCSP, sempre que por razóns excepcionais de interese público, debidamente motivadas no expediente, o órgano de contratación acorde a ocupación efectiva das obras ou a súa posta en servizo para o uso público, aínda sen o cumprimento do acto formal de recepción, dende que se produza dita ocupación efectiva ou posta en servizo produciranse os efectos e consecuencias propios do acto de recepción. 8.2.- Recepción e Liquidación. A recepción e liquidación efectuarase nos termos e coas formalidades establecidas nos artigos 205 e 218 da LCSP e 163 do RXLCAP, en todo o que non se opoña ao establecido na LCSP, e na cláusula 71 e seguintes do Prego de Cláusulas Administrativas Xerais para a contratación de obras do Estado. 8.3.- Conservación das obras. Tódolos gastos que se ocasionen pola conservación e policía das obras durante o período de garantía, ou de ampliación deste segundo o artigo 218.3 da LCSP, serán de conta do contratista, non tendo dereito a indemnización ningunha por este concepto. 8.4.- Despexe final das obras. As zonas afectadas polas obras e non ocupadas por elas volverán a restituírse a súa situación inicial antes da recepción destas. 8.5.- Devolución e cancelación das garantías definitivas. Estarase ó disposto no artigo 90 da LCSP e no artigo 65 RXLCAP, en todo o que non se opoña ao establecido na LCSP. 8.6.- Responsabilidade posterior do contratista.

Page 31: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

31

Se a obra se arruinase con posterioridade á expiración do prazo de garantía por vicios ocultos da construción, debido ó incumprimento do contrato por parte do contratista, este responderá dos danos e prexuízos durante o termo de quince (15) anos a contar dende a recepción da obra. Transcorrido dito prazo sen que se manifestase ningún dano ou prexuízo, quedará totalmente extinguida a responsabilidade do contratista. 8.7.- Resolución do contrato A resolución do contrato terá lugar nos supostos que sinalan os artigos 207 e 208 da LCSP, acordándose polo órgano de contratación, de oficio ou a instancia do contratista, mediante procedemento no que se garanta a audiencia a este e cos efectos previstos nos artigos 207 e 222 da LCSP e 110 a 113 e 172 do RXLCAP, sempre que non se opoña ao establecido na LCSP. Así mesmo, ao abeiro do establecido no artigo 206 g) da LCSP, consideraranse causas especiais de resolución do contrato: A vulneración polo adxudicatario das obrigas e limitacións que o presente prego lle impón en

materia de cesión e subcontratación. A reiterada obstrución ou falta de colaboración por parte do contratista para facer efectivas as

facultades de dirección, inspección e supervisión da obra recoñecidas á Administración no presente prego, previamente advertidas por escrito. Nos supostos de escisión, aportación ou transmisión de empresas ou ramas de actividade desta continuará o contrato coa entidade resultante ou beneficiaria, que quedará subrogada nos dereitos e obrigas dimanantes do contrato, sempre que a entidade resultante ou beneficiaria manteña a solvencia esixida ao acordarse a adxudicación.

Dita subrogación da entidade resultante nos dereitos e obrigas da adxudicataria será autorizada polo órgano de contratación, trala previa acreditación por parte da entidade resultante de manter a solvencia esixida ao acordarse a adxudicación, así coma a transmisión global do patrimonio, de xeito tal que constitúa unha rama de actividade con entidade e autonomía económica.

8.8.- Obras accesorias ou complementarias. De acordo co disposto no artigo 155.b) da LCSP, as obras que como consecuencia de circunstancias imprevistas, se teñan que realizar e non figuren no contrato nin no proxecto, deberán ser obxecto de contratación independente, agás naqueles supostos que poidan adxudicarse ao contratista inicial. Nestes supostos, a adxudicación ao contratista inicial estará sometido aos limites e condicións reguladas no artigo 155 da LCSP. 9.- ANEXOS Ó PRESENTE PREGO. Anexo I.- Modelo de proposición económica. Anexo II.- Modelo declaración grupo de empresas Anexo III.- Modelo de presentación Anexo IV.- Modelo de declaración responsable 10.- CLÁUSULA ADICIONAL I De acordarse por resolución do órgano de contratación a tramitación urxente do expediente, e de conformidade co disposto no artigo 96 da LCSP, reduciranse os prazos establecidos para a licitación e adxudicación das obras. O comezo das obras poderá acordarse aínda que non se formalizase o contrato sempre que se constituirá a garantía definitiva correspondente. Deberá

Page 32: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

32

iniciarse a execución do devandito contrato no prazo máximo de dous meses desde a súa adxudicación, resolvéndose en caso contrario, salvo que o retraso se debera a causas alleas á Administración contratante e ó contratista e así se fixera constar na correspondente resolución motivada. Este Prego informouse pola Asesoría Xurídica o ...................................... e aprobouse pola conselleira de Vivenda e Solo o

Page 33: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

33

ANEXO I

MODELO DE PROPOSICIÓN –SOBRE C

Don ......................................................................, con domicilio en ........................... provincia de

............................., rúa ........................................................ número ....... e DNI número

................................ en nome (propio), (ou da empresa que representa) .................................... con C.I.F.

........................ enterado do anuncio publicado no DOG do día ..... de ..................... de .............. e das

condicións e requisitos que se esixen para a adxudicación polo procedemento aberto das obras do

Proxecto ........................................................................................... provincia de ............................

comprométese a tomar ao seu cargo a execución destas, con estrita suxeición aos expresados requisitos

e condicións, pola cantidade que se enumera de seguido, segundo a solución seguinte:

PRAZO DE EXECUCIÓN PRAZO DE GARANTIA PORCENTAXE ADICADO A CONTROL DE CALIDADE

.....%(entre o 1 e o 3%) sobre o tipo de licitación da obra cuxa denominación é a seguinte.......... a plan de control de calidade. PREZO Cantidade en letra

...........................

...........................

....................

Cantidade en número

Sen IVE …………………..

IVE ………………………

Total ...............................

Sen IVE …………………….

IVE ………………………

Total ...............................

Para todos os efectos, a presente oferta comprende non só o prezo do contrato como tal, senón tamén o

importe do Imposto sobre o Valor Engadido, como unha partida independente, a tenor do disposto na

lexislación vixente.

Santiago de Compostela, ........... de ........................ de ...............

(Data e sinatura do propoñente)

Page 34: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

34

ANEXO II

MODELO DECLARACIÓN GRUPO DE EMPRESAS

Don....................................................................................., con enderezo para os efectos de

notificacións na provincia de......................, rúa ......................... núm. ...., e DNI núm.

......................, en nome propio (ou da persoa ou entidade que representa, especificando neste

último suposto as súas circunstancias), visto o disposto no punto V da cláusula contractual 3.5.1.

do Prego de Cláusulas Administrativas Particulares que rexe a presente contratación

administrativa así como o artigo 136 da LCSP e máis o artigo 86 do Real Decreto 1098/2001, de

12 de outubro, en relación co artigo 42.1 de Código de Comercio, emite a seguinte

DECLARACIÓN XURADA

A entidade mercantil.........................................................., para os efectos previstos no artigo 136

LCSP e máis o artigo 86 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, declara baixo xuramento

atoparse incursa/non atoparse incursa no suposto (menciónase este) previsto no artigo 42.1 do

Código de Comercio, ao pertencer ao grupo de empresas..........................., (ou, de ser o caso,

estar integrada dita sociedade por algún socio no que concorre algún dos supostos alternativos

establecidos no artigo 42.1 do Código de Comercio), respecto da cal forman parte as seguintes

sociedades:

a) (denominación social da sociedade que integra o grupo ou da sociedade na

cal concorra algún dos supostos alternativos regulados na devandita norma

legal respecto dalgún dos seus socios).

b)

Santiago de Compostela, .......... de ............................ de ..................

( Data e sinatura do propoñente )

Page 35: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

35

ANEXO III

PRESENTACIÓN DO LICITADOR

1.-Don............................................. en nome e representación da empresa

............................................................., manifesta a súa vontade de participar no contrato polo

procedemento aberto convocado para a realización

do............................................................................... polo importe sinalado na oferta económica

formulada no ANEXO I.

2.- Datos da empresa:

- Nome e apelidos do representante....................................................

- Teléfono do licitador .........................................................................

- Fax do licitador .................................................................................

- Dirección de correo electrónico, de ser o caso

- Enderezo sinalado polo licitador para os efectos da práctica de notificacións

......................................................................................

- Número de inscrición da empresa no rexistro de contratistas ................. ..........

3.- A empresa.........................................................................., de acordo co disposto no artigo 49

da LCSP, comprométese a achegar ou, se é o caso, facilitar canta información lle sexa solicitada,

no caso de pertencer a un grupo de empresas.

Santiago de Compostela, .......... de ................... de ............

(Data e sinatura do propoñente)

Page 36: PREGO modelo obras ABERTO - IGVS - Portadaigvs.xunta.gal/.../Accesibilidade/PREGO_modelo_obras_ABERTO.pdf · a partir da data de subscrición da acta de recepción destas. Dentro

36

ANEXO IV  

DECLARACIÓN RESPONSABLE   D./Dna. ........................................................., co DNI núm. ......................., en nome propio ou en representación da empresa ............................................................................................................., co NIF/CIF núm. ............................. DECLARA BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE Que tanto a compañía mercantil á que representa como os administradores e representantes desta teñen plena capacidade de obrar, de acordo co disposto no artigo 43 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopan comprendidos en ningunha das causas de prohibición nin de incompatibilidade para contratar enumeradas no artigo 49 da citada lei. Así mesmo declara que a compañía mercantil á que representa: - Esta dada de alta e ao corrente no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente ao obxecto do contrato ou se encontra nalgún dos supostos de exención regulados no artigo 82 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. - Encóntrase ao corrente do cumprimento das obrigas tributarias coa facenda estatal. - Encóntrase ao corrente do cumprimento das obrigas tributarias coa facenda autonómica galega. - Encóntrase ao corrente do cumprimento das obrigas coa Seguridade Social. ............................... , ...... de ........................ de ..….. (Sinatura e selo do licitador)